Especialidade Audición e Linguaxe

17

description

Especialidade Audición e Linguaxe (EOE Galicia)

Transcript of Especialidade Audición e Linguaxe

Page 1: Especialidade Audición e Linguaxe
Page 2: Especialidade Audición e Linguaxe

1

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

Tal como se recolle no Decreto 120/1988 do 23 de abril, a especialidade deaudición e linguaxe constitúe unha das dimensións profesionais dos equipos deorientación específicos. Ten como finalidade colaborar coa comunidadeeducativa na prevención, detección, avaliación e tratamento das alteraciónsrelacionadas coa linguaxe. Na súa actuación, segundo se establece na Orde do 24de xuño do 1998, daráselle prioridade á atención a aqueles centros de infantil eprimaria que non conten con este especialista.

2.1 CONCEPTO

En xeral, cando falamos das alteracións da linguaxe referímonos a un trastornona adquisición, comprensión ou expresión da linguaxe falada ou escrita. Otrastorno pode implicar a todos ou só a algúns dos seus compoñentes:fonolóxicos, semánticos, morfosintácticos ou pragmáticos.

En canto á dicotomía fala/linguaxe, poderiamos dicir que, cando falamos dealteracións da fala, referímonos á emisión da linguaxe, xa sexa na articulación,na fluidez ou incluso no timbre, ton ou intensidade da voz. Cando falamos dealteracións da linguaxe referímonos á fonoloxía, á semántica e á morfosintaxe; édicir, á integración lingüística, aínda cando a articulación, ritmo e fluidez dafala sexan normais.

2.2 CAUSAS

Xenéticas Nun 61% dos atrasos da linguaxe hai antecedentes familiares (Debray,1978).

NeurolóxicasDisfunción cerebral (Debray,1976).Parálise cerebral infantil.

Socioculturais eafectivas

Sobreprotección ou abandono dos pais.Dificultades nas relacións afectivas entre pais e fillos.Modelos lingüísticos incorrectos.Bilingüismo mal integrado.

CognitivasDéficit na memoria a curto prazo.Déficit de atención.

AnatómicasMalformacións nos órganos fonatorios.Perda auditiva.

FisiolóxicasAfectan aos procesos fisiolóxicos dos sistemas que interveñen na emisión dapalabra, aínda que os órganos correspondentes estean en perfecto estado.

1. PRESENTACIÓN

2. ALTERACIÓNS DA LINGUAXE

Page 3: Especialidade Audición e Linguaxe

2

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

2.3 CLASIFICACIÓN

Hai distintas clasificacións das alteracións da linguaxe segundo se parta da orixe,dos compoñentes lingüísticos, dos problemas de produción, comprensión... Unhaposible clasificación é a seguinte:

Estas funcións regúlanse na Orde do 24 de xuño de 1998. Entre elas hai unhas decarácter xeral, que son comúns a todas as especialidades e que se regulan noartigo 18 da mencionada orde, e outras que teñen un carácter máis especifico eque se regulan no artigo 21.

CLASIFICACIÓN DAS ALTERACIÓNS DA FALA E DA LINGUAXE

Alteracións dafala

Articulatorias

Immadurez articulatoriaDislalia funcionalDisglosiasDisartria

Na fluidez verbalDisfemiaTaquilaliaBradilalia

Alteracións da vozDisfoníaAfonía

Alteracións da

linguaxe

Atraso na adquisición edesenvolvemento da linguaxe

Atraso simple da linguaxe

Trastorno específico da linguaxe(T.E.L.), Rapín e Allen (1983,1987)Substitúe outros termos como:

Audiomudez Xordeira verbal conxénita Afasia evolutiva Disfasia…

Dispraxia verbalTrastorno da programaciónfonolóxicaAgnosia auditivo-verbalTrastorno fonolóxico-sintácticoTrastorno léxico-sintácticoTrastorno semántico-pragmático

Afasia adquirida

Alteracións graves da comunicación asociadas a: Autismo Atraso mental Deficiencia auditiva Parálise cerebral infantil Mutismo

Alteracións da lectoescrituraAtraso lector.Dislexia.Disortografía.

3. FUNCIÓNS DO ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE DO EOE

Page 4: Especialidade Audición e Linguaxe

3

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

Destas funcións destacamos aquelas que, ao longo dos últimos anos, constituírono eixe do traballo destes especialistas:

Asesorar aos departamentos de orientación na atención ás dificultadesrelacionadas coa linguaxe.

Asesorar ao profesorado na atención ás dificultades relacionadas coalinguaxe, xa sexa a través dos departamentos de orientación, xaasesorando directamente ao profesorado correspondente.

Colaborar cos centros no deseño de programas de prevención relacionadoscoa linguaxe.

Colaborar cos centros no deseño das adaptacións curriculares para oalumnado con necesidades educativas asociadas a dificultades de audicióne linguaxe.

Colaborar cos outros membros do EOE na avaliación e na proposta dasmedidas axeitadas derivadas dela cando un/unha alumno/a tenalteracións da linguaxe asociadas a outra discapacidade.

Asesorar ás familias, xa sexa directamente, xa a través do departamentode orientación, na súa imprescindible colaboración tanto para aprevención coma para a atención temperá aos problemas de linguaxe dosseus fillos.

Recompilar, elaborar e difundir información sobre recursos que llefaciliten ao alumnado con necesidades educativas asociadas a dificultadesde audición e linguaxe o acceso ao currículo.

Colaborar coa Administración na organización dos recursos persoais e/oumateriais para dar resposta ás necesidades educativas relacionadas coalinguaxe do alumnado dos centros educativos.

En liñas xerais a intervención faise en colaboración cos departamentos deorientación dos centros. Esta intervención implica a recollida de datos, avaloración dos mesmos e a proposta de actuacións a través da familia e doprofesorado.

En canto ao proceso de intervención da persoa especialista en audición elinguaxe do E.O.E., unhas veces trátase de colaborar con outros/as membros doequipo pois a intervención implica a máis dun/dunha especialista, e outras tenun carácter individual.

Cando os problemas de linguaxe son secundarios a outra alteración,especialmente a discapacidade auditiva, discapacidade motora, ou T.X.D., a

4. INTERVENCIÓN

Page 5: Especialidade Audición e Linguaxe

4

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

intervención acostuma a facerse en colaboración coa especialidadecorrespondente do E.O.E.

Candos os problemas de linguaxe non son secundarios a outra problemática,como sucede frecuentemente nas dislalias funcionais, nas disglosias, nasdisfonías ou nos atrasos dá linguaxe, a intervención da persoa especialista enaudición e linguaxe acostuma a ser individual.

5.1.BIBLIOGRAFÍA BÁSICA RELACIONADA COA ESPECIALIDADE

MANUAIS DE LOGOPEDIAGallardo Ruiz, J.R. (1993) Manual de Logopedia Escolar. Ed. AljibePeña Casanova, J. (1990) Manual de Logopedia. Ed .Masson.Puyuelo, M. e outros (1997, 1999, 2001) Casos clínicos en Logopedia 1, 2 y 3. Ed. Masson

ATRASO DA LINGUAXEMonfort, M. y Juárez, A. (1999) El niño que habla. Ed. CEPENieto Herrera, M. E. (1990) Retraso del lenguaje. Ed. CEPE.

DISFEMIAIrwin, A. (1994) La tartamudez en los niños. Ed. Mensajero.Le Huche, F. (2000) La tartamudez. Opción de curación. Ed. Masson.

DISGLOSIASPerelló, J. (1990) Trastornos del habla. Ed. Masson.Salvador Borraás Sanchis e Vicent Rosell. (1993) Guía para la reeducación de la deglución atípicay trastornos asociados. Ed.NauNidia Zambrana e outros. (2003) Logopedia y ortopedia maxilar en la rehabilitación orofacial.Ed.Masson

DISLALIASMura, S. (1987) La Dinámica Articulatoria. Ed. Puma.Pascual García, P. (1988) La dislalia. Ed. CEPE.Seivane Cobo, Mª. P. (1998) Cicerón. Ed. CEPE.Valverde, A. M. e outros. (1992) El alumno con dislalia funcional. Ed. Escuela Española.

DISFONÍASBustos, I. (1981) Reeducación de los problemas de voz. Ed. CEPE.Quiñónez, C. (2003) Programa para la prevención y el cuidado de la voz. Ed. Praxis.

LINGUAXE NA PARÁLISE CEREBRALBustos Barcos, M. C. (1988) Reeducación del habla y del lenguaje en el paralítico cerebral. Ed.CEPE.Puyuelo, M. e outros. (1996) Logopedia en la parálisis cerebral. Ed. Masson.

PREVENCIÓN E ESTIMULACIÓN DA LINGUAXEBush, W.J. e Taylor, M.(1974) Como desarrollar las aptitudes psico-lingüisticas. Ed. MARTÍNEZROCAJea Pepper e Elaine Weitzman (2007) Hablando ... nos entendemos los dos. Ed. THE HANENCENTRERius Estrada, Mª:D. (1987) Lenguaje oral. Ed. COINERosell Clarí, V.: P.E.L.O. (1993) Programa de Estimulación del Lenguaje Oral en E.I. Ed. Aljibe.

5. RECURSOS

Page 6: Especialidade Audición e Linguaxe

5

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

Juárez Sánchez. A e Monfort M. (2001) Estimulación del lenguaje oral. Ed. EnhtaRoldal, J. A. (1982) El desarrollo del lenguaje. Ed. Médica y Técnica.

XORDEIRALafon, J.C. (1987) Los niños con deficiencias auditivas. Ed. Masson.Marchesi, A. (1983) El desarrollo cognitivo y lingüístico del niño sordo. Ed. Alianza.Huarte, A. e Manrique, M. ( ) Implantes cocleares. Ed. Masson.Torres, S. e outros (1995) Deficiencia auditiva. Aspectos psicoevolutivos y educativos. Ed.Aljive.

5.2. PÁXINAS WEB

www.aumentativa.netSistemas aumentativos de comunicación: Bimodal, Bliss, C.A.R., LSE, MISNSPEAK, PECS, PIC,PICSYM, SCHAEFFER, SPC.

www.cnice.mec.esPáxina do MEC con recursos para o profesorado, a comunidade educativa e ligazóns educativas.

www.xtec.netRede Telemática de educación en Cataluña.

www.educalia.orgRecursos en liña para alumnos/as de educación infantil primaria e secundaria. Consta de:programas, xogos, proxectos, talleres, ciberteca.Presenta temas de: alimentación e saúde, lingua e comunicación, ciencia e medio natural,sociedade, SIDA, Europa.

www.espaciologopedico.comEspazo destinado a logopedas e profesorado de Audición e Linguaxe. Conta con artigos sobre asdistintas patoloxías da linguaxe, foros e tenda con materias bibliográficos, de estimulación,xogos, dicionarios...

Page 7: Especialidade Audición e Linguaxe

6

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

www.logopedia.netComunidade online que incorpora información, recursos e oportunidades de comunicación nainternet para alumnos/as con discapacidades mentais, as súas familias e os/as profesionais quelles dan servizo e apoio.Temas: Psicoses, esquizofrenia, atraso mental.

http://acceso.uv.es/preacceso/typo/index.php/accesoini.htmlA unidade Acceso é un grupo de investigación dentro da Universitat de València. Está compostopor persoas profesionais de psicoloxía, pedagoxía, enxeñeiría e outros/as.

http://disfasiaenzaragoza.com/Páxina de axuda a pais/nais con nenos/as con dificultades de linguaxe. Consta con múltiplesrecursos: pictogramas, contos adaptados, artigos, ligazóns a outras asociacións de disfasia eoutros materiais de interese.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~cepco3/fondolector/Web da Junta de Andalucía, dirixida a alumnos/as en fase de adquisición da lectura e a todosaqueles/as que presenten dificultades de comprensión lectora. Consta de tres niveis: básico,intermedio e avanzado, graduándose a dificultade dos exercicios.

http://www.logopedasinrecursos.org/Páxina creada por Gaspar González Rus coa finalidade de servir de banco de recursos paralogopedas e profesorado de Audición e Linguaxe. Dispón de: bibliografía, estudo de casosprácticos, materiais de avaliación, software.

http://www.catedu.es/arasaac/Portal Aragonés da Comunicación Alternativa e Aumentativa. Reúne materiais, software, imaxese pictogramas que facilitan a comunicación a alumnos/as con dificultades nesta área.

Page 8: Especialidade Audición e Linguaxe

7

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

http://www.rosasalgueiro.com/index.html“Na punta da lingua”. Páxina creada por Rosa Salgueiro con actividades de lingua, literatura electura para alumnos/as de ESO e bacharelato.

http://www.educa.madrid.org/portal/web/albor/general?c=anPrograma ALBOR (Acceso Libre de Barreiras ao Ordenador). Reúne recursos de softwareeducativo, atención á diversidade, experiencias, recursos de logopedia.

http://www.tadega.net/Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación en Galicia. Páxina creada por un grupo depersoas profesionais de distintos campos relacionados coa educación. A súa finalidade éinvestigar, compartir, deseñar e adaptar ferramentas e materiais para obter un melloraproveitamento das tecnoloxías dixitais no ámbito educativo.

5.3. ALGUNHAS PROBAS PARA A VALORACIÓN DA LINGUAXE

5.3.1. Para a valoración dos niveis fonolóxico, semántico,morfosintáctico e pragmático

ITPA, Test Illinois de Aptitudes Psicolingüísticas

Samuel A. Kirk, James J.McCarthy, Winifred D. Kirk

Avaliación das funcións psicolingüísticas implicadas no proceso decomunicación e, consecuentemente, detección de trastornos deaprendizaxe.Idade de aplicación: de 2, 5 a 11 anos.

PEABODY, Test de vocabulario en imágenes

Ll. M. Dunn, L. M. Dunn y D. Arribas

Avaliación do léxico do alumno/a.Idade de aplicación: de 2 anos e medio a 90.

Page 9: Especialidade Audición e Linguaxe

8

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

Registro Fonológico Inducido

Marc Monfort Cepe (Ciencias de la Educación Preescolar y Especial))

Esta proba avalía a fonoloxía na expresión inducida e na repetición.Idade de aplicación: entre 3 e 7 anos.

PLON-R, PRUEBA DE LENGUAJE ORAL NAVARRA

G. Aguinaga, M. L. Armentia, A. Fraile, P. Olangua y N. Uriz

Test que serve de screening ou detección rápida do desenvolvemento dalinguaxe oral.Idade de aplicación: 3 a 6 anos.

ELCE. Exploración del lenguaje comprensivo y expresivo

María José López Ginés y Otros

Aporta unha visión global do nivel lingüístico, a nivel de comprensión eexpresión, do neno/a.Idade de aplicación: 2 anos e medio a 9 anos.

BLOC-S-R: BLOC SCREENING REVISADO

PUYUELO SANCLEMENTE, MIGUEL y RENOM PINSACH, JORDI

Mide 4 compoñentes básicos da linguaxe: morfoloxía, sintaxe, semántica epragmática. Non mide fonoloxía.Idade de aplicación: de 5 a 14 años.

5.3.2. Para a valoración da lectoescritura

PROLEC

Fernando Cuetos Vega, Blanca Rodríguez Díez y Elvira Ruano Hernández

Avaliación dos procesos lectores. Puntúa a capacidade lectora dos nenos/ase informa das estratexias que cada un utiliza na lectura dun texto, así comoos mecanismos que non están funcionando adecuadamente.Cursos 1º a 4º de educación primaria.

Page 10: Especialidade Audición e Linguaxe

9

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

PROLEC-SE, evaluación de los procesos lectores en alumnosdel tercer ciclo de educación primaria y secundaria

Jose Luis Ramos Sánchez, Fernando Cuetos Vega

Idade: 10 a 16 anos.

PROESC, Batería de evaluación de los procesos de escritura

Fernando Cuetos Vega, J. L. Ramos y E. Ruano

Detecta as dificultades mediante a avaliación dos aspectos que constitúen osistema da escritura, dende os máis complexos (planificación das ideas) aosmáis simples (escritura de sílabas).Idades: entre 8 e 15 anos.

T.a.l.e. (Test de Aprendizaje de la Lecto-escritura)

José Toro; Montserrat Cervera Rodón (Editorial Antonio MachadoLibros)

Proba para determinar os niveis xerais da lectura e as característicasespecíficas da lectura en calquera alumno/a nun momento da adquisiciónde tales condutas.1º a 4º de educación primaria.

5.3.3. Para a valoración de aspectos madurativos

Battelle. Inventario de desarrollo.

Jean Newborg, John R. Stock, Linda Wnek

Mide o nivel de desenvolvemento do neno/a e permite avaliar o seuprogreso en cinco áreas: persoal e social, adaptativa, motora,comunicación e cognitiva.Idade de aplicación: de 0 a 8 anos.

Page 11: Especialidade Audición e Linguaxe

10

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

K-BIT, Test breve de inteligencia de Kaufman

Alan S. Kaufman, Nadeen L., Kaufman

Proba screening que valora as funcións cognitivas a partir de dous tests,un verbal e outro non verbal, matrices. Permite a obtención dun CIcomposto.Idade de aplicación: de 4 a 90 anos.

CUMANIN, cuestionario de madurez neuropsicológicainfantil

Portellano, Mateos, Martínez Arias, Granados y Tapia

Avaliación de diversas áreas de importancia para detectar dificultades nodesenvolvemento do alumnado nas primeiras etapas de escolarización:psicomotricidade, linguaxe, atención, estruturación espacial,visopercepción, memoria, estruturación rítmico-temporal e lateralidade.Idade de aplicación: de 3 a 6 anos.

6. SOFTWARE EDUCATIVO

TÍTULO:VOCALIZA 1.1.0 para WindowsAUTORES:

Instituto de Investigación e Ingeniería de AragónColegio Público de Educación Especial AlboradaURL:

http://centros6.pntic.mec.es/cpee.alborada/cps/vocaliza/index.htmlOBXECTIVOS:

Mellorar as capacidades de comunicación: pronunciación depalabras illadas, construción de frases e asociación designificados aos vocábulos.

CONTIDOS:

Consta de dúas partes:Aprendizaxe: recoñece a voz e adáptaa e incorpóraa á base dedatos.Xogos: establece catro tipos de actuación.

Pronunciación.Adiviñas.Frases.Evocación.

ACCESO:

Precisa micrófono.DESTINATARIOS:

Alumnado con dificultades de articulación.

Page 12: Especialidade Audición e Linguaxe

11

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

TÍTULO:

Comunicador Personal Adaptable. C.P.A.AUTORES:

Rubén VelascoDaniel MuñozURL:

http://www.comunicadorcpa.com/OBXECTIVOS:

Facilitar a comunicación ás persoas con autismo e/ou dificultadesgraves de comunicación.CONTIDOS:

Vocabulario.Rutinas.Organizador do día.ACCESO:

Configuración da aplicación por ordenador. PDA.DESTINATARIOS:

Alumnado con TXD.

TÍTULO:

PRELINGUAAUTORES:

Grupo de Tecnologías de la Comunicación

URL:

http://www.educa.madrid.org/portal/web/educamadridOBXECTIVOS:

Estimulación da linguaxe infantil.CONTIDOS:

Prerrequisitos da linguaxe oral:Presenza/ausencia de voz.Control da intensidade da voz.Modulación da voz.Vocalización.

ACCESO:

Micrófono.DESTINATARIOS:

Alumnado de educación infantil.Alumnado con NEAE

TÍTULO:

PLAPHOONSAUTORES:

Jordi Lagares

URL:

http://www.xtec.cat/~jlagares/indexcastella.htmOBXECTIVOS:

Facilitar a comunicación a alumnos/as con discapacidade motora.

Page 13: Especialidade Audición e Linguaxe

12

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

CONTIDOS:

Comunicador e editor de plafóns de comunicación. Varrido.ACCESO:

Teclado.Pulsador.DESTINATARIOS:

Alumnado con discapacidade motora que non poden comunicarsemediante a voz e teñen moi limitada a súa motricidade.

TÍTULO:

JUEGOLECAUTORES:

Equipo Nuevas Tecnologías do C.P. “San Jorge”. Pamplona.

URL:

http://www.pnte.cfnavarra.es/creena/010tecnologias/programasCreenaEUS.htmOBXECTIVOS:

Axuda e reforzo da lectoescritura.CONTIDOS:

Actividade Clic. Traballa con todos os fonemas, en maiúsculas eminúsculas mediante imaxes, sons e a palabra escrita.ACCESO:

Teclado.DESTINATARIOS:

Alumnado de educación infantil e primaria.

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS

O contorno familiar non só é o ámbito natural para o desenvolvemento dacomunicación, é tamén o único que pode proporcionar unha estimulaciónintensiva ao longo dos 365 días do ano. Por outra parte, esta estimulación estáprofundamente unida ás condutas espontáneas e naturais da vida cotiá.

Dentro das actividades da vida diaria hai algunhas que, pola especialrelación que se produce entre o neno e os pais, son moi apropiadas para aestimulación da linguaxe: a comida, o baño, o vestirse, o deitarse, cando o/afillo/a xoga...

As distintas actividades da vida diaria son moi axeitadaspara estimular a linguaxe das nenas e dos nenos

6. DOCUMENTOS E EXPERIENCIAS

Page 14: Especialidade Audición e Linguaxe

13

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

Pero ademais non só se poden aproveitar estas situacións naturais eespontáneas da vida diaria para a estimulación da linguaxe do/da neno/a, taménpodemos provocar nós algunhas situacións como comprar un conto e lerllo oupolo menos mirar os debuxos, contarlle algún conto adaptado á súa idade, ir aunha feira, ao campo, ao parque... e comentar o que vemos.

ALGUNHAS ACTIVIDADES MÁIS CONCRETAS

Non darlle demasiados mecos

A sobreprotección atrasa o desenvolvemento xeral e, polo tanto, alinguaxe. Débese fomentar a autonomía, animándoo a facer cousas evalorar o que fai aínda que sexa imperfecto.

Calquera forma de comunicación é interesante

Favorecer un clima familiar agradable no que o/a neno/a experimente opracer e a necesidade de comunicarse. Esta comunicación pode ser oral,utilizando algún son ou palabra, e tamén xestual, sinalando ou indicandoalgo coa man.

Ofrecer bos modelos de expresión oral

Non falarlle á présa. Evitar a afectación e o meco ao falarlle. Articular ben. Utilizar un vocabulario adaptado ao/á neno/a, pero facendo este cada vez

máis amplo. Evitar os ruídos de fondo que dificultan a discriminación auditiva. Fomentar a conversa aínda que, por parte do/da neno/a, sexa moi

sinxela.

Favorecer a mobilidade e a axilidade dos órganos buco-faciais

Xogar a poñer caras feas, a facer movementos da lingua, a facer vibrar oslabios… e observar a cara nun espello.

Acostumar o/a neno/a a utilizar un pano cantas veces o necesite e alimpar os mocos correctamente de forma autónoma.

Page 15: Especialidade Audición e Linguaxe

14

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

Favorecer a percepción auditiva

Chamar a atención sobre algún son e pedirlle silencio para escoitarmellor, procurando que centre a atención no que oe: ”parece quechamaron á porta, ¿quen será?”, “óense voces, ¿quen chegaría?”

No campo: óese cantar un paxaro, ¿onde estará? Igualmente escoitamos asras dun estanque, o zoar do vento entre as árbores, os sons doutrosanimais, o son da choiva...

Na cociña: fixámonos no ruído da batedor, do muíño, no son rítmico debater os ovos, da auga da billa…

Cando lemos un conto ou xogamos co/coa neno/a, imitar as voces dasdistintas personaxes, enfatizando a entoación.

Imitar os sons de obxectos ou animaiscontribúe ao desenvolvemento da expresión

Xogar a adiviñar polo son o que acontece en sitios próximos: ¿a ver seadiviñas que pasa na rúa?, ¿que fai mamá na cociña?, ¿que programasemiten na tele?...

Pechamos os ollos e escoitamos un anuncio da tele intentando identificardistintos sons.

Confeccionar un “dicionario infantil” utilizando debuxos feitos polo/polaneno/a, recortes de publicidade... e ir clasificándoos pola súa letra iniciale engadindo os que vaian xurdindo.

Que fomenten a correcta articulación

Cando un neno ou unha nena ten dificultades específicas nalgún fonema,non convén que as persoas adultas fixen constantemente a súa atención ea do neno ou nena sobre este defecto. É mellor devolverllo benpronunciado, poñendo énfase na articulación correcta pero sen chamar aatención do rapaz ou da rapaza sobre o fonema mal articulado.

Que amplíen o vocabulario comprensivo e expresivo

Observar o que vemos polas fiestras da casa.

¿O pato

fai …?

Mira, está nevando

Page 16: Especialidade Audición e Linguaxe

15

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

Comentar o que vemos a través da fiestra do coche adaptándonos á idadedo/da neno/a: animais, árbores, edificacións, características dapaisaxe...

Nos contos con pouco texto e abundantes imaxes, ir nomeando o queaparece nos debuxos, fotos, láminas... segundo o seu interese.

¿Este é un ...?¿Onde está o...?

Cando facemos algunha reparación na casa -ao ordenar caixóns,armarios…- buscar a colaboración do/da neno/a e ir verbalizando o quefacemos. Da mesma maneira podemos proceder cando facemos unhaensalada, un pastel ou outra comida.

- Vou facer un pastel- Estou a bater as claras- Botamos o leite- Collemos a culler grande- Engadimos unha xema

……………………………………..

Ao saír de compras, comentar as cousas que hai na tenda. Nomear omáximo de cousas e non só o que se vai comprar.

Aproveitar a excursión ao campo ou unha saída ao parque para ampliar oseu vocabulario.

Fomentar e propiciar as situacións de diálogo . Falarlle e escoitalo/lamoito, de maneira que se estableza unha situación estimulante, desde opunto de vista lingüístico, na que o/a neno/a reciba numerosas evariadas mensaxes e sexa incitado/da a responder activamente coa súapropia linguaxe.

Responder as preguntas que faga: ¿que é?, ¿para que serve?, ¿por que?Convén que as respostas sexan sinxelas e teñan un carácter explicativo.

Comentar en voz alta o que se está a facer.

- Estás a facer un bonito crebacabezas- Colocaches o plátano- ¿Agora colocas a mazá?…………………………………………………………………………………………

Page 17: Especialidade Audición e Linguaxe

16

ESPEC

IALID

AD

ED

EA

UD

ICIÓ

NE

LIN

GU

AXE

Comezar a resposta do/da neno/a dicíndolle a primeira sílaba,palabra ou frase para que a remate: ”poñemos o panta…”, “a tesoiraserve para…”

Non importa que a resposta sexa incorrecta, como “eta” por chaqueta ou “atos” porzapatos. O importante é que se exprese. Nós reforzaremos a resposta devolvéndolle apalabra completa, pero sen corrixila de forma explícita

Recoller o enunciado que construíu mal e devolverllo aplicándollealgunha corrección e/ou ampliación. Esta técnica podemos aplicalatanto ao nivel fonético como semántico ou morfosintáctico.

- Nai: ¿que é?- Neno: u fate- Nai: un elefante grande- Nai: ¿qué é?- Neno: ote

- Nai: si, un coche vermello

FACER DA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE UN XOGO DIVERTIDONO QUE TOMAN PARTE OS NENOS E/OU AS NENAS E AS SÚAS

FAMILIAS

Agora poñemos a ...

Angora atamos os ...