AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE · CURSO 2009 -2010 CEIP FELIPE DE CASTRO AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE...

3
1 CURSO 2009 -2010 CEIP FELIPE DE CASTRO AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE Este ano propoñemos, dende a Aula de Audición e Linguaxe, un divertido xogo para que nas vosas casas xoguedes cos vosos fillos e fillas. Este xogo está indicado para aqueles nenos e nenas con dificultades na articulación do son /s/, nenos/as que por exem- plo en vez de dicir “sol” din “zol” ou “fol”… O xogo chámase Memory de fonemas. O obxectivo é que os nenos e nenas xoguen e se familiaricen co son e o repitan adecua- damente. O material que precisades son estes paneis que podedes imprimir en cartulina e recortar para facer as tarxetas. ¿Como xogamos? Colocamos as tarxetas cara abaixo e debe- mos atopar as parellas. Cada vez que o neno/a levante unha tarxe- ta debe nomear a imaxe que aparece, tamén podemos pedirlle que escriba a palabra ou unha frase na que apareza a palabra nomea- da. Este xogo permítenos traballar a atención, perfeccionar a imi- tación, respetar turnos de xogo, aumentar o vocabulario (obxectos,acción…) e discriminar auditivamente o fonema /s/ en todas as súas posicións. ¡PASÁDEO MOI BEN!...

Transcript of AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE · CURSO 2009 -2010 CEIP FELIPE DE CASTRO AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE...

  • 1

    CURSO 2009 -2010

    CEIP FELIPE DE CASTRO

    AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

    Este ano propoñemos, dende a Aula de Audición e Linguaxe, un divertido xogo para que nas vosas casas xoguedes cos vosos fillos e fillas. Este xogo está indicado para aqueles nenos e nenas con dificultades na articulación do son /s/, nenos/as que por exem-plo en vez de dicir “sol” din “zol” ou “fol”…

    O xogo chámase Memory de fonemas. O obxectivo é que os nenos e nenas xoguen e se familiaricen co son e o repitan adecua-damente. O material que precisades son estes paneis que podedes imprimir en cartulina e recortar para facer as tarxetas.

    ¿Como xogamos? Colocamos as tarxetas cara abaixo e debe-mos atopar as parellas. Cada vez que o neno/a levante unha tarxe-ta debe nomear a imaxe que aparece, tamén podemos pedirlle que escriba a palabra ou unha frase na que apareza a palabra nomea-da.

    Este xogo permítenos traballar a atención, perfeccionar a imi-tación, respetar turnos de xogo, aumentar o vocabulario (obxectos,acción…) e discriminar auditivamente o fonema /s/ en todas as súas posicións.

    ¡PASÁDEO MOI BEN!...

  • 2

    CURSO 2009 -2010

    CEIP FELIPE DE CASTRO

  • 3

    CURSO 2009 -2010

    CEIP FELIPE DE CASTRO

    Aceptar os sentimentos dos nenos e nenas, non mostrar indiferencia polas suas emocións, fai que non se inhiban de expresar o que sinten. O correcto desenvolvemento emocional supón ser consciente dos propios sentimentos, estar en contacto con eles y ser capaz de proxectalos nos demáis, ademais de ser capaz de involucrarse con outras persoas de forma adecuada, relacionán-dose positivamente.Supón tamén poseer unha capacidade de empatizar cos demáis, de simpati-zar, de identificarse, de ter uns vínculos e intercambios de sentimentos satisfactorios.

    Propoñemosvos con este xogo que vos tamén vos emocionedes…!

    AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE E AULA ESPECÍFICA