Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto...

8
Máis de 10.000 persoas percorreron o pasado 30 de xuño as rúas de Santiago de Compostela para amosaren o seu re- Galicia Sindical NÚMERO 10 - AGOSTO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO .. .. Máis de 10.000 persoas dixeron 'non' á reforma laboral e aos recortes sociais n Convocadas por CCOO e UGT, percorreron as rúas de Santiago de Compostela o pasado 30 de xuño DIXITAL www.galicia.ccoo.es A manifestación convocárona de maneira unitaria Comisións Obreiras e UGT como paso previo á folga xeral Desde a Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de CCOO, cualifi- caron de «rotundo éxito, especial- mente na cidade de Vigo», a resposta que deu o persoal do comercio polo miúdo do téxtil, que estivo en folga o pasado 1 de xullo. Case o 70% do sec- tor secundou a convocatoria. / Páx. 7 FOLGA DO COMERCIO POLO MIÚDO DO TÉXTIL xeitamento á reforma laboral e os recor- tes sociais impostos e os que se pretenda aplicar no futuro. Ao finalizar a marcha, os secretarios xerais dos dous sindi- catos apelaron a secundar a folga xeral do vindeiro 29 de setembro./ Páxs. 4 e 5

Transcript of Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto...

Page 1: Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto ás universidades, a Xunta continúa sen definir un plan de finan-ciamento que permita

Máis de 10.000 persoas percorreron o

pasado 30 de xuño as rúas de Santiago

de Compostela para amosaren o seu re-

Galicia SindicalNÚMERO 10 - AGOSTO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

Máis de 10.000 persoas dixeron'non' á reforma laboral e aosrecortes sociaisn Convocadas por CCOO e UGT, percorreron as rúas de Santiago de Compostela o pasado 30 de xuño

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

A manifestación convocárona de maneira unitaria Comisións Obreiras e UGT como paso previo á folga xeral

Desde a Federación de Comercio,

Hostalaría e Turismo de CCOO, cualifi-

caron de «rotundo éxito, especial-

mente na cidade de Vigo», a resposta

que deu o persoal do comercio polo

miúdo do téxtil, que estivo en folga o

pasado 1 de xullo. Case o 70% do sec-

tor secundou a convocatoria. / Páx. 7

FOLGA DO COMERCIO POLO MIÚDO DO TÉXTIL

xeitamento á reforma laboral e os recor-

tes sociais impostos e os que se pretenda

aplicar no futuro. Ao finalizar a marcha,

os secretarios xerais dos dous sindi-

catos apelaron a secundar a folga xeral

do vindeiro 29 de setembro./ Páxs. 4 e 5

Page 2: Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto ás universidades, a Xunta continúa sen definir un plan de finan-ciamento que permita

GALICIA SINDICAL N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

a prol do sector público como garantía

de dereitos.

Comisións Obreiras denuncia que a

«folla de ruta» da Consellaría de Tra-

ballo e Benestar pasa por privatizar to-

dos os servizos non asistenciais de-

CCOO denunciou recentemente que

os últimos gobernos autonómicos de-

rivaron «perigosamente» a súa xestión

cara a políticas privatizadoras dos ser-

vizos públicos. «Fóronas aplicando

pouco a pouco, pero sen pausa, che-

gando nos momentos actuais a vermos

actuacións canto menos preocupan-

tes», explican desde o sindicato.

CCOO leva xa anos a denunciar esa

«deriva», e para corrixir a situación

propúxolle á actual Xunta que nego-

ciase cos sindicatos e partidos políticos

un Pacto pola Defensa dos Servizos Pú-

blicos. Porén, non houbo resposta.

O sindicato sempre defendeu a ne-

cesidade duns servizos públicos sufi-

cientes, de calidade e de xestión pú-

blica directa para dar resposta ás

distintas necesidades que ten a cida-

danía galega, facendo un aposta clara

«Privatización masiva» dos servizosnon asistenciais por parte de Traballon Poderían verse afectados 1.228 traballadores e traballadoras

O pasado día 25 de xuño, o Pleno

da Deputación de Lugo aprobou a

apertura do Consorcio Provincial de

Emerxencias. Entrará en funciona-

mento a partir do 1 de xaneiro de

2011, e os cinco parques previstos

terán xestión privada. Para CCOO,

«confírmase que a Deputación se

prega ás esixencias da Consellaría

da Presidencia» e cambia o modelo

de xestión directa para privatizar

«definitivamente» o servizo.

A DEPUTACIÓN DE LUGOPRIVATIZA AS EMERXENCIAS

pendentes deste departamento, dei-

xando en mans privadas a xestión dos

centros sociais, complexos da xuven-

tude e outros. Esta «brutal, inconcibi-

ble, innecesaria e errática decisión»

afectaría a 1.228 postos de traballo.

Representantes de CCOO nunha conferencia de prensa para denunciar a situación

CCOO esíxelle á Xunta unpacto polos servizospúblicos

CCOO denuncia que a Lei de orde-

nación e funcionamento da Adminis-

tración xeral e do sector público de

Galicia (LOFAXGA) constitúe o instru-

mento legal co que a Xunta pretende

«intensificar a privatización dos servi-

zos públicos», mantendo a administra-

ción paralela fóra do control parlamen-

tario. Por isto, como condición previa

á aprobación da referida lei, CCOO

esixe a negociación dun pacto en de-

fensa dos servizos públicos. Segundo

CCOO, o pacto ten un dobre obxectivo.

Por un lado, acadar unha Administra-

ción autonómica «máis profesional, ac-

tiva e eficaz», e polo outro «garantir

no acceso a calquera posto de traballo

os criterios de igualdade, mérito, ca-

pacidade e libre concorrencia, con pro-

cesos de selección».

Page 3: Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto ás universidades, a Xunta continúa sen definir un plan de finan-ciamento que permita

GALICIA SINDICALN.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)

3

www.galicia.ccoo.es

En canto ás universidades, a Xunta

continúa sen definir un plan de finan-

ciamento que permita a implantación

con garantías do Espazo Europeo de

Educación Superior.

A Federación do Ensino de Comi-

sións Obreiras de Galicia dálle un «ro-

tundo suspenso» á Consellaría de Edu-

cación. Na avaliación do curso

2009-2010, CCOO denuncia que este

finalizou da mesma maneira que co-

mezou, «con pouca negociación e

moita imposición».

Para CCOO-Ensino, o «afán» da Xunta

do PP de se desmarcar das políticas

do anterior goberno galego levou a

Consellaría de Educación a entrar

nunha «carreira desenfreada» por pu-

blicar normativas sen unha negocia-

ción real cos axentes sociais, princi-

palmente co obxectivo de reducir o

gasto en educación, «o que pode che-

gar a provocar unha deterioración do

servizo público».

A Federación do Ensino de CCOO ex-

plicou que o curso comezou «cunha

serie de medidas desafortunadas»,

como unha nova normativa para as es-

colas oficiais de idiomas que empeo-

rou o funcionamento dos centros e as

condicións de traballo do persoal, a fin

da gratuidade universal dos libros de

texto e os recortes na formación do

profesorado. A pesar de insistir en que

cumpría recortar gastos, a Consellaría

modificou outra decisión do goberno

anterior e renovou os concertos edu-

cativos cos centros que escolarizan ne-

nos e nenas por separado, o que re-

presenta un custo de dezaoito millóns

de euros en catro anos.

Porén, si houbo recortes para as tra-

balladoras e traballadores do ensino

privado, que viron minguados os seus

dereitos laborais pola non aplicación

dos acordos asinados.

CCOO dálle un «rotundo suspenso»á Consellaría de Educaciónn O curso acabou como empezou, «con pouca negociación e moita imposición»

Decreto do plurilingüismo

Con ironía, desde CCOO-Ensino si-

nalan entre os «logros» da Consellaría

o de «crear tensión» na sociedade ga-

lega e na comunidade educativa co

chamado «decreto do plurilingüismo».

O texto, rexeitado por toda a comuni-

dade educativa, vai supor no vindeiro

curso un «custo engadido» ás familias,

xa que os libros de materia vixentes

polo sistema de empréstitos hai que

cambialos.

Formación profesional

Para CCOO-Ensino, a formación

profesional é «un tema de máxima

importancia», especialmente no ac-

tual contexto de crise. Para o sindi-

cato, trátase dun «instrumento fun-

damental» para o cambio de modelo

produtivo do país. Porén, produciuse

«un recorte importante na oferta de

módulos formativos para o vindeiro

curso», fundamentalmente nas pro-

vincias de Lugo e Ourense.

Machús Fernández, secretaria xeral da Federación do Ensino de CCOO

Outro conflito relevante neste

curso veu dado polo recorte no ser-

vizo de comedores escolares, que vai

supor o peche de oito comedores no

rural e a supresión de trinta e nove

postos de traballo do persoal de co-

ciña. Para CCOO, detrás destas me-

didas hai un «plan de privatización

dos servizos públicos».

No marco dunha campaña do sin-

dicato para garantir a prestación pú-

blica do servizo, CCOO entregoulle

ao Valedor do Pobo un milleiro de

sinaturas solicitando a mediación da

institución.

PIDEN A MEDIACIÓN DOVALEDOR POLOS COMEDORES

Page 4: Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto ás universidades, a Xunta continúa sen definir un plan de finan-ciamento que permita

GALICIA SINDICAL N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

Máis de 10.000 persoas percorre-

ron o pasado 30 de xuño as rúas

de Santiago de Compostela para lle

diciren ao Goberno central que

«Así, non». Deste modo, rexeitaron

rotundamente a reforma laboral e

os recortes sociais impostos.

A manifestación saíu da Alameda

compostelá, percorreu varias rúas

do ensanche de Santiago de Com-

postela e rematou na Praza das Pra-

terías, onde interviñeron os secre-

tarios xerais de UGT-Galicia, José

Antonio Gómez, e do Sindicato Na-

cional de CCOO, Xosé Manuel Sán-

chez Aguión.

Cara á folga xeral

Esta manifestación foi o primeiro

paso cara á folga xeral que terá lu-

gar o día 29 de setembro. É o dis-

paro de saída para un conxunto de

mobilizacións e asembleas nos cen-

tros de traballo con vistas a esta

folga que lle vai dar un 'non' ro-

tundo á reforma laboral e aos re-

cortes sociais impostos polo Go-

berno central.

Os secretarios xerais de CCOO e

UGT criticaron duramente unha re-

forma que non servirá para crear

emprego; que non reducirá a dua-

lidade do mercado laboral e au-

mentará a temporalidade; que fa-

cilita e abarata o despedimento;

reforza o poder empresarial para

modificar unilateralmente as con-

dicións de traballo; debilita a ne-

gociación colectiva, e privatiza a

xestión do desemprego, ampliando

o campo de actuación das empre-

sas de traballo temporal aos secto-

res de risco e ao emprego público.

Galicia prepárase para a folga xeraln Máis de 10.000 persoas déronlle un 'non' rotundo á reforma laboral e aos recortessociais na manifestación do día 30 de xuño en Santiago de Compostela

Á fronte da manifestación estiveron os secretarios xerais de CCOO e UGT

Page 5: Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto ás universidades, a Xunta continúa sen definir un plan de finan-ciamento que permita

GALICIA SINDICALN.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)

www.galicia.ccoo.es

A manifestación en imaxes

Page 6: Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto ás universidades, a Xunta continúa sen definir un plan de finan-ciamento que permita

por parte da fiscalía competente».

CCOO considera que o expresado

pola Consellaría é «de enorme gravi-

dade», e non deixa de ser unha «cons-

GALICIA SINDICAL N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Comisións Obreiras denuncia o des-

leixo de funcións por parte da Conse-

llaría do Medio Rural. Así o fai saber a

organización sindical após considerar

as manifestacións publicadas polo de-

partamento autonómico na web insti-

tucional sobre a investigación dos in-

cendios forestais, nas que se chega a

afirmar que «non existen brigadas».

Para CCOO, cando desde Medio Rural

falan da inexistencia de brigadas, «ob-

vian e relegan o excepcional traballo

realizado por todos os compoñentes

destas unidades» e, «o que é máis

grave», incorren nunha «presunta res-

ponsabilidade penal», pois abandona

«de xeito intencionado» a persecución

duns delitos públicos, «o que a todas

luces debería ser investigado de oficio

CCOO denuncia o desleixo defuncións de Medio Ruraln O sindicato lémbralle á Xunta que si existen brigadas de investigación de incendios

CCOO reclama a participación sin-

dical para as negociacións sobre

unha hipotética macrorrexión que

abranga as actuais eurorrexións Ga-

licia-Norte de Portugal e Beiras-Cas-

tela e León. Así llo fixo saber o sin-

dicato ao conselleiro da Presidencia,

Alfonso Rueda, e ao director xeral

de Relacións Exteriores e coa UE, Je-

sús Gamallo. O vindeiro día 7 de xu-

llo haberá unha reunión no Porto

(Portugal) para avanzar no proceso e

tratar as achegas realizadas polos

sindicatos.

PARTICIPACIÓN SINDICALPARA A MACRORREXIÓN

tatación de actitudes e prácticas ata o

de agora camufladas baixo formas

pouco disimuladas». A organización

sindical non descarta que poidan exis-

tir «responsabilidades de tipo penal»,

xa que se está a «omitir a obriga da

persecución dos delitos», neste caso

os incendios forestais.

O sindicato lembra que nos últimos

oito anos se promoveu a creación duns

grupos de investigación de incendios

formados por dous axentes en cada

distrito, en total dezanove brigadas en

toda Galicia. Os axentes están faculta-

dos para realizaren as investigacións

relacionadas cos delitos ambientais,

contando polo tanto a Xunta de Galicia

con 550 axentes propios para investi-

gar os incendios.

Alejandro Rodríguez Pazos, voceirode CCOO no colectivo de axentes

forestais e medioambientais

Milleiros de persoas defendena sanidade pública en Burela

A Plataforma Sanitaria da Mariña, da que CCOO forma parte, logroucongregar o pasado 26 de xuño milleiros de persoas en Burela nunha

multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública, do Hospital daCosta e do mantemento dos servizos sanitarios na comarca

Page 7: Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto ás universidades, a Xunta continúa sen definir un plan de finan-ciamento que permita

GALICIA SINDICALN.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)

7

www.galicia.ccoo.es

Asinamento

«inminente» do

convenio en Urbaser

O Comité de Urbaser anuncia o «inminente» asinamento do

convenio colectivo da empresa, o que permitirá que o persoal

comece a cobrar os atrasos e que definitivamente chegue a

«paz social» á concesionaria do servizo de recollida do lixo en

Santiago de Compostela.

O anuncio produciuse moi poucos días despois de que a re-

presentación legal das traballadoras e traballadores de Urbaser

denunciara non ter noticias da empresa para o asinamento,

ao tempo que esta «si tivo dilixencia á hora de descontar do

salario as percepcións correspondentes aos días de folga».

Desde o Comité de Empresa, presidido por CCOO, felicítanse

pola boa noticia e prevén que o asinamento sexa a comezos

deste mes de xullo.

Polas substitucións

en Caixanova

Delegados e delegadas de CCOO, CSICA, CIG e UGT concentráronse o día29 de xuño diante da sede principal de Caixanova, en Vigo, para reclamar

substitucións para o persoal con baixas ou de vacaciónse así evitar a deterioración do servizo

A Federación do Comercio, Hosta-

laría e Turismo de CCOO cualifica

de «éxito» o seguimento da folga

convocada o pasado 1 de xullo no

sector do comercio polo miúdo de

téxtil na provincia de Pontevedra.

Comisións avalía, polo tanto, de

maneira «moi positiva» o segui-

mento dunha folga que convocou

xunto con UGT e CIG.

Rosa Pérez, secretaria de Acción

Sindical da FECOHT-CCOO, fala de

«rotundo éxito, especialmente na ci-

dade de Vigo», onde ata o 70% do

persoal se sumou á convocatoria.

Durante todo o día, piquetes infor-

Gran participación na folga docomercio polo miúdo do téxtiln Ata o 70% na comarca de Vigo, segundo FECOHT-CCOO

Numerosos locais luciron aviso de «pechado por folga»

mativos percorreron as tendas expli-

cando os motivos da mobilización

tanto ao persoal como ás persoas

que se achegaban ás tendas. As ne-

gociacións do convenio colectivo le-

van dezaoito meses de atraso, e por

parte da patronal non se ve «vontade

clara de acadar acordos» en temas

salariais, quendas, nin horarios de

traballo.

Page 8: Galicia Sindical - CCOO€¦ · N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena) GALICIA SINDICAL 3 En canto ás universidades, a Xunta continúa sen definir un plan de finan-ciamento que permita

NÚMERO 10 - AGOSTO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es

O persoal do Centro de Asistencia e

Educación Especial (CAEE) Santiago

Apóstol, da Coruña, concentrouse o

pasado 1 de xullo diante do Complexo

Administrativo de San Cateano, sede

principal da Xunta de Galicia.

O motivo deste acto reivindicativo

foi a defensa do CAEE Santiago Após-

tolo como servizo público. Este centro

leva aberto máis de trinta anos, foi

pioneiro e referente no campo da edu-

cación especial en Galicia e conta por

persoal altamente cualificado.

O persoal do centro desprazouse da

Coruña ata a capital de Galicia para

reclamar solucións á difícil situación

do centro. O comité provincial coruñés

da Consellaría de Traballo, presidido

por CCOO, ten denunciado en reitera-

das ocasións a «incapacidade» do Go-

beron galego para xestionar un centro

cuxas instalacións están notablemente

deterioradas. Ademais, hai meses

anunciouse que se recortarían as peti-

cións de entrada de usuarios/as, «de-

cisión contraditoria coa lista de espera,

de máis de cincocentas persoas».

O persoal do Santiago Apóstolo leva assúas reivindicacións ata a Xunta

CCOO volve gañar naDeputación da Coruña

Por segunda vez consecutiva, a Sec-

ción Sindical de CCOO na Deputación

da Coruña gañou as eleccións sindi-

cais á Xunta de Persoal nunhas elec-

cións que contaron con máis do

61,5% de participación.

O candidato de CCOO á presidencia

da Xunta de Persoal, Juan González,

subliñou que a vitoria electoral,

cunha diferenza superior ao 22% so-

bre a segunda forza sindical, demos-

tra «o triunfo da nosa liña sindical,

baseada no traballo a coherencia e a

honradez».

Juan González agradeceu aos tra-

balladores e traballadoras da De-

putación a súa participación no pro-

ceso electoral, en especial a aqueles

que votaron a CCOO, pois «soube-

ron discernir a diferenza entre dis-

crepancias sindicais, normais entre

forzas que teñen distintos criterios

ideolóxicos e concepto de clase, e

os constantes ataques contra a

nosa Sección Sindical por parte de

quen pretendía dividir, desilusionar

e socavar a posible unidade sindi-

cal, na egoísta procura de acadar

réditos electorais».

Incremento de máis do 22%

Por outra banda, o coordinador co-

marcal do Sector da Administración

Local (SAL) de CCOO e delegado sin-

dical na Deputación, César Santiso,

afirmou que o conxunto de traballa-

dores e traballadoras da institución

provincial outorgaron a súa confianza

a Comisións, que con 123 votos in-

crementou en máis do 22% os resul-

tados dos anteriores comicios.