Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A...

8
Ao redor de 34.000 persoas parti- ciparon en toda Galicia nas mobili- zacións do Primeiro de Maio que or- Galicia Sindical NÚMERO 6 - MAIO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO .. .. 34.000 voces polo emprego e as pensións no 1.º de Maio n A manifestación central, que tivo lugar en Vigo, congregou preto de 20.000 persoas DIXITAL www.galicia.ccoo.es Instantánea da manifestación principal do 1.º de Maio, en Vigo A Federación da Construción, Ma- deira e Afíns de Comisións Obreiras (FECOMA-CCOO) promove a realización de 60 quilómetros do Camiño de San- tiago para reclamar a xubilación anti- cipada aos 60 anos para o persoal de obra no sector da construción. Será os días 10, 11 e 12 de maio. / Páx. 6 POLA XUBILACIÓN AOS 60 ANOS NA CONSTRUCIÓN ganizaron o Sindicato Nacional de CCOO e UGT baixo o lema «Polo em- prego con dereitos e a garantía das nosas pensións». A manifestación central tivo lugar en Vigo, onde par- ticiparon 20.000 persoas./ Páxs. 3-5

Transcript of Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A...

Page 1: Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A representación legal dos traballadores e traballadoras de Auto-Res S. L. convocou

Ao redor de 34.000 persoas parti-

ciparon en toda Galicia nas mobili-

zacións do Primeiro de Maio que or-

Galicia SindicalNÚMERO 6 - MAIO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

34.000 voces polo empregoe as pensións no 1.º de Maion A manifestación central, que tivo lugar en Vigo, congregou preto de 20.000 persoas

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

Instantánea da manifestación principal do 1.º de Maio, en Vigo

A Federación da Construción, Ma-

deira e Afíns de Comisións Obreiras

(FECOMA-CCOO) promove a realización

de 60 quilómetros do Camiño de San-

tiago para reclamar a xubilación anti-

cipada aos 60 anos para o persoal de

obra no sector da construción. Será os

días 10, 11 e 12 de maio. / Páx. 6

POLA XUBILACIÓN AOS 60 ANOS NA CONSTRUCIÓN

ganizaron o Sindicato Nacional de

CCOO e UGT baixo o lema «Polo em-

prego con dereitos e a garantía das

nosas pensións». A manifestación

central tivo lugar en Vigo, onde par-

ticiparon 20.000 persoas./ Páxs. 3-5

Page 2: Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A representación legal dos traballadores e traballadoras de Auto-Res S. L. convocou

GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)

CÓMPRE SITUAR O TRABALLONO CENTRO DA SOCIEDADE

En Galicia, os efectos e a inciden-

cia da crise maniféstanse con con-

tundencia no ano 2009, pero 2010

tampouco comezou con bo pé. Se-

gundo a EPA do primeiro trimestre

deste ano, con respecto aos tres

meses anteriores perdéronse

42.000 empregos e o paro incre-

mentouse en 32.200 persoas. Ade-

mais, a taxa de desemprego sitúase

no 15,46%, o valor máis alto desde

o ano 2000. De aí que, segundo os

datos de abril, teñamos no noso

país 233.916 persoas sen em-

prego. Os fogares galegos tamén

sofren con forza os efectos da

crise, pois temos preto de 90.000

persoas desempregadas sen nin-

gún tipo de cobertura.

As causas

Como chegamos a isto? No sis-

tema produtivo imperante en Gali-

cia, claramente especulativo e que

requiría man de obra de moi baixa

cualificación e cun baixo nivel de

I+D+i, foi precisamente na constru-

ción e na industria onde se dispa-

raron as cifras de paro. O país viuse

inmerso no ano 2009 nunha espiral

de ERE, despedimentos obxectivos

e conxelacións salariais. As cifras

de traballadores e traballadoras

afectados por expedientes de re-

gulación de emprego son máximas

e afectaron no conxunto do ano a

máis de 24.000 persoas, cando o

n CARTA DO SECRETARIO XERAL

XOSÉ MANUEL SÁNCHEZ AGUIÓN

ano anterior foran por volta de

7.000.

O declive da actividade econó-

mica causou un rápido impacto ne-

gativo no mercado de traballo,

cunha crecente destrución de em-

prego que repercutiu de forma in-

tensa a construción residencial e

que se trasladou a outros sectores

de actividade relacionados. Hoxe,

a destrución de emprego está a

afectar os diferentes sectores de

actividade, aínda que con maior in-

tensidade na industria.

As propostas de CCOO

Como podemos desatoar a situa-

ción? CCOO quere situar o traballo

no centro da sociedade. O traballo

como auténtico motor na creación

de riqueza. Pero o valor do traballo

tense que recuperar desde unha

premisa: debe ser o principal ele-

mento en que asente unha cidada-

nía social plena. O traballo e todo

o que se crea con el, e para iso

cómpre que o traballo e o emprego

que se xeren alcancen uns paráme-

tros e uns estándares de calidade

e de dereitos asociados.

A saída da situación actual debe

facerse a favor do crecemento sos-

tible, produtivo, industrial, de cali-

dade e innovación; a favor do em-

prego decente, seguro, estable, con

dereitos; con igualdade; sen acci-

dentes laborais; con protección ás

persoas desempregadas; con ga-

rantías para unhas condicións dig-

nas de vida.

A partir de aquí derivan as pro-

postas concretas que estamos ex-

poñendo nos diferentes ámbitos de

negociación. A estratexia de saída

da crise que propoñemos xira arre-

dor de tres eixes de actuación: im-

pulsar a actividade económica para

enfrontarse á recesión e parar a

destrución de emprego; promover

o cambio da estrutura produtiva

avanzando nun novo modelo de

crecemento; facelo no marco da co-

hesión social, o que implica a pro-

tección ás persoas en paro, aos co-

lectivos en risco de exclusión e o

mantemento e mellora dos servizos

públicos.

En CCOO cremos que xa é o mo-

mento de acometer estas actua-

cións, e é importante facelo no

marco da concertación social, como

vimos facendo desde o ano 2005.

2

www.galicia.ccoo.es

Boa parte do emprego que se perdeu nosúltimos tempos foi na industria

Page 3: Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A representación legal dos traballadores e traballadoras de Auto-Res S. L. convocou

GALICIA SINDICALN.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)

3

www.galicia.ccoo.es

Ao redor de 34.000 persoas par-

ticiparon nas mobilizacións do 1.º

de Maio que organizaron o Sindi-

cato Nacional de CCOO e UGT

baixo o lema «Polo emprego con

dereitos e a garantía das nosas

pensións». A manifestación central

tivo lugar en Vigo, cidade na que

20.000 persoas participaron no

acto principal do Día Internacional

do Traballo.

UGT e CCOO reclamaron em-

prego con dereitos, motivo polo

cal reafirmaron o que consideran

unha «aposta decidida» polo diá-

logo social, un proceso que,

«desde a responsabilidade de to-

das as partes implicadas», debe

orientarse á procura de acordos

que melloren a actual situación do

emprego no noso país. Instaron,

ademais, a Xunta de Galicia a

adoptar un compromiso para que

o país saia fortalecido da crise

«con máis e mellor emprego», así

como ampliar a protección social

e impulsar a economía produtiva

galega, prestando especial aten-

ción e vixilancia aos sectores es-

tratéxicos que están en pleno pro-

ceso de deslocalización ou caída

da actividade e da produción.

CCOO e UGT sinalaron no 1.º de

Maio que os acordos se deben

acompañar de políticas encamiña-

das ao cambio de modelo produ-

tivo para alcanzar un crecemento

económico sostible a longo prazo.

Un novo modelo que se ha basear

nos investimentos públicos e pri-

As pensións e o emprego,protagonistas no 1.º de Maion Máis de 34.000 persoas participaron en toda Galicia nos actos convocados por CCOO e UGT

Cartel de Comisións Obreiras para o 1.º de Maio

vados en educación, formación,

I+D+i, TIC, en calidade, medio am-

biente e aforro enerxético.

A defensa das pensións foi o ou-

tro grande eixe reivindicativo das

dúas organizacións sindicais, que

reiteraron o seu rexeitamento á

proposta do Executivo central de

atrasar a idade legal de xubilación

ata os 67 anos.

Page 4: Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A representación legal dos traballadores e traballadoras de Auto-Res S. L. convocou

GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

O Primeiro de Maio en imaxesn Comisións Obreiras organizou manifestacións e concentracións na Coruña, Ferrol,Santiago de Compostela, Viveiro, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo

Page 5: Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A representación legal dos traballadores e traballadoras de Auto-Res S. L. convocou

GALICIA SINDICALN.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)

5

www.galicia.ccoo.es

Page 6: Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A representación legal dos traballadores e traballadoras de Auto-Res S. L. convocou

GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Folga en Auto-ResA representación legal dos traballadores e traballadoras

de Auto-Res S. L. convocou folga para todas as fins de se-

mana dos meses de maio, xuño, xullo e agosto a partir do

pasado 30 de abril.

Chegouse a esta situación logo dunha fase de negociación

que comezou no ano 2009 con xuntanzas nos meses de

setembro, novembro e decembro.

O día 8 de abril, a dirección da empresa anunciou unha

serie de medidas que puxo en marcha decontado. Entre es-

tas medidas destacan:

■ Despedimento de catorce persoas dos centros de tra-

ballo de Madrid, Salamanca, Badaxoz e Valencia.

■ Reaxuste dos tempos de percorrido (tempos estándar).

■ Segregación a través dunha externalización dos servizos

de taller, comercialización de billetes e centro de atención

de chamadas.

Estas medidas implican, segundo CCOO, unha precariza-

ción das condicións de traballo. A folga afecta en Galicia os

centros de Vigo e Pontevedra. No resto do estado, os máis

salientables son Cáceres, Badaxoz, Valencia, Castellón, Gan-

día, Cuenca, Salamanca e Zamora.

Pola xubilación aos 60

na construción

Os días 10, 11 e 12 de maio, FECOMA-CCOO realizará os últimos

60 quilómetros do Camiño de Santiago (Camiño Francés) dentro

das liñas de actuación enmarcadas para o ano 2010 enfocadas á

campaña de xubilación aos 60 anos para o persoal de obra na

construción.

Esta iniciativa estará dividida en tres etapas de vinte quilómetros

cada una. O día 10, de Leboreiro a Ribadiso de Abaixo, o día 11

de Ribadiso de Abaixo a Pedrouzo e o día 12 de Pedrouzo a San-

tiago de Compostela, que rematará na praza do Obradoiro.

Na última etapa, lerase un manifesto na praza do Obradoiro

Folga indefinida en

Urbaser

No centro, Valentín Nieves (CCOO), presidente do comité, e á súa es-querda Enrique Llames (secretario xeral de CCOO-Diversas).

Con eles, outros membros do comité de empresa.

O aumento do paro

en Galicia triplica a

media estatal

Para Comisións Obreiras (CCOO), os resultados da en-

quisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre de

2010 son «terriblemente negativos» e «desconcertantes»,

xa que rexistran unha perda de 42.000 empregos e un au-

mento do paro en 32.200 persoas respecto ao último tri-

mestre de 2009. Ambos os indicadores —perda de postos

de traballo e crecemento do paro— triplican as medias es-

tatais.

Desde finais da crise dos noventa, a EPA non estimaba

para Galicia un volume de desemprego superior ás 200.000

persoas. De aí que a taxa de desemprego se sitúe no seu

valor máis alto desde o ano 2000, un 15,46%, medrando

2,58 puntos respecto do trimestre anterior e 3,24 puntos

en relación a 2009 (aínda que inferior en 4,59 puntos á

media de España, o 20,05%).

O comité de empresa de Urbaser, presidido por CCOO, anunciou

unha folga indefinida a partir das 22:30 horas do día 9 de maio

en protesta polo bloqueo da negociación co convenio colectivo.

Page 7: Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A representación legal dos traballadores e traballadoras de Auto-Res S. L. convocou

un maior número de acci-

dentes. Por este motivo, ins-

tou a «non relaxar o traballo

de prevención».

A responsable de Saúde

Laboral de Comisións

Obreiras tamén criticou a

«falta de implicación» do

empresariado na preven-

ción de riscos laborais, o in-

suficiente compromiso das

Administracións, a precarie-

dade do mercado de traba-

llo ou a alta temporalidade,

todos eles factores relacio-

nados coa sinistralidade.

GALICIA SINDICALN.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena)

7

www.galicia.ccoo.es

Con motivo do Día Inter-

nacional da Seguridade e a

Saúde no Traballo, que tivo

lugar o pasado 28 de abril,

Comisións Obreiras instou a

«non relaxar» o labor de pre-

vención.

A secretaria de Saúde La-

boral, Ascensión Esteban,

lembrou o compromiso do

sindicato coa defensa e a

protección da saúde no tra-

ballo. «Como ben sabemos»,

indicou, «estamos a sufrir

unha crise económica mun-

dial sen precedentes que

está afectando con especial

virulencia ao estado español». Neste

contexto, non só se incrementou o

desemprego, senón que «algunhas em-

presas están a aproveitar para obter

maiores beneficios, mesmo empeo-

rando as condicións de traballo, espe-

cialmente no que atinxe á seguridade».

En relación co descenso que revelan

os datos de sinistralidade de 2009 —

do 21,27%—, Ascensión Esteban ase-

gurou que «non cremos que se deba á

aplicación de medidas preventivas efi-

caces, senón á destrución de emprego

que se produciu», especialmente na

construción e na industria, sectores

nos que tradicionalmente se rexistra

CCOO insta a «non relaxar» o laborde prevención de riscos laboraisn O sindicato presentou un estudo sobre o impacto das enfermidades profesionais en Galicia

Como parte dos actos do 28 de

abril, CCOO presentou tamén o es-

tudo Impacto das enfermidades pro-

fesionais en Galicia. No caso con-

creto das patoloxías relacionadas coa

manipulación do amianto, Ascensión

Esteban asegurou que «temos un

grande drama con esta cuestión», ao

tempo que explicou que só no sector

do naval «rexistramos sete mil per-

soas potencialmente afectadas, pero

non sabemos cantas pode haber no

resto de sectores». Lembrou que ata

2002 non se produciu a prohibición

O AMIANTO, UN PROBLEMA DE SAÚDE PÚBLICAtotal de instalar ou traballar con

amianto, pero aínda hoxe hai per-

soas que o manipulan en tarefas de

desamiantado.

Evolución

A sindicalista explicou tamén que

as enfermidades relacionadas co as-

besto poden tardar ata vinte ou trinta

anos en xerar síntomas, polo que a

cifra de afectados de hoxe pode ficar

curta en poucos anos. «Estamos,

pois, ante un problema de saúde pú-

blica, e non só laboral».

Ascensión Esteban (esquerda), secretaria de Saúde Laboral,coa economista Silvia Parga (dereita), autora do estudo

Page 8: Galicia Sindical - CCOO...GALICIA SINDICAL N.º 6 - Maio 2010 (1.ª quincena) 6 Folga en Auto-Res A representación legal dos traballadores e traballadoras de Auto-Res S. L. convocou

NÚMERO 6 - MAIO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es

O pasado 14 de

abril, no salón de ac-

tos do edificio da

Xunta en Ferrol, tivo

lugar unha nova

charla-coloquio do ci-

clo "Envellecemento

Saudable", organizado

pola Agrupación Co-

marcal de Pensionistas

e Xubilados de CCOO.

Nesta ocasión, o tema

foi 'A convivencia des-

pois da xubilación'.

Como relatoras par-

ticiparon Mabel Pérez Simal, responsable da Secretaría da

Muller e Políticas de Igualdade do Sindicato Nacional de

CCOO de Galicia, e Áurea Vázquez Estraviz, secretaria de

Política Social e Muller da Unión Comarcal de Ferrol. Como

moderadora exerceu Gloria Amor Deus, responsable da

Muller da Federación de Pensionistas e Xubilados.

A convivencia apósa xubilación

n Folga na estiba e desestiba dos portos. OSector do Mar de CCOO apoia a folgaconvocada na estiba e desestiba dos portos,que terá lugar a partir do 11 de maio.

n Presentado un novo libro de RicardoGurriarán. O investigador da Fundación 10 deMarzo de CCOO presentou un novo libro, 1968en Compostela. 16 testemuños, editada poloServizo de Publicacións da USC e a propia F10M.

n Abriu o prazo de solicitude para as probas deavaliación en competencias clave. A Xuntaconvocou as segundas probas de avaliación encompetencias clave para acceder aos cursos doscertificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.Poden consultar máis información na Área deFormación da web do Sindicato Nacional deCCOO (www.galicia.ccoo.es).

OUTRAS NOTICIAS QUE PODES LER ENWWW.GALICIA.CCOO.ES

Cómpre mellorar a convivenciaescolar de xeito global

Diante das declaracións do conse-

lleiro de Educación anunciando que

quere elaborar unha lei para reforzar a

autoridade do profesor en Galicia,

CCOO considera «inadmisible» preten-

der solucionar estes conflitos cunha

única medida de tipo xurídico como

sería modificar o Código Penal.

Para o sindicato, é certo que na ac-

tualidade existe unha nova situación

que dificulta a convivencia nos centros,

que contan cun alumnado cada vez

máis diverso, «en moitas ocasións des-

motivado e cun rexeitamento cara ao

sistema escolar».

Cesión de responsabilidades

«A Administración fai unha cesión de

responsabilidades aos centros educa-

tivos sen lles dar o apoio social e polí-

tico necesario para afrontar con éxito

as tarefas asignadas», denuncia o sin-

dicato, que ademais considera que

«non é equitativa» a distribución do

alumnado con determinadas dificulta-

des, «sexan de conduta ou non», entre

todos os centros sostidos con fondos

públicos.

Implicar a comunidade educativa

Así, xulgan «imprescindible» para Ga-

licia lograr solucións, aínda que, en

comparación con outras comunidades

autónomas, «non temos unha proble-

mática importante», xa que o grao de

conflitividade se sitúa entre un 3 e un

4%. Porén, o debate está en como res-

ponder a esta situación e como solu-

cionar estes conflitos. Desde CCOO esi-

xen facelo de xeito global, implicando

a toda a comunidade educativa.