Gaceta its

9
WWW.CCOOXUSTIZA.COM Abril, 2014 NOVAS 1024 ESPECIAL DECRETO ITs PAGAR POR ENFERMAR ESCRIBA AQUÍ EL LEMA EN ESTE NÚMERO O pasado 26 de novembro o DOG recolleu o maior atentado aos nosos dereitos dende o inicio dos ataques aos funcionarios en 2010, cando a consideración dos empregados públicos como chibos expiatorios da crise provocada por outros que saíron indemnes, supuxo unha perda do poder adquisitivo de máis do 30%, un incremento de funcións pola taxa de reposición cero (hoxe en día unha máis, o expurgo) e uns concursos de traslados ficticios que implican a anulación do noso dereito á mobilidade profesional. Ese 26 de novembro o Decreto 169/13 puxo en vigor un novo axioma: pagar por enfermar. E hai un responsable directo: a Dirección xeral de Xustiza. Nas súas mans estaba repoñer o que o tristemente famoso Real Decreto 20/12, ese que provocou o roubo da nosa paga extra de decembro de 2012, pretendía consumar: unha redución considerable dos nosos salarios polo mero feito de enfermar. Indigno e vergoñento, atenta contra dereitos fundamentais tan básicos como a igualdade ou a dignidade. Non é certo a máxima de que non había outro remedio, ou autoinmolarse na propia incompetencia alegando ordes de arriba. O citado Real Decreto derivou nunha reforma exprés da LOPX que no seu artigo 504.5 establece que o órgano competente (a Dirección Xeral de Xustiza) determinará os supostos que con carácter excepcional e debidamente xustificados se poida establecer un complemento ata acadar, como máximo o 100% das retribucións. En definitiva, non se fixo porque non se quixo facer. No Decreto 169/13 alégase a nosa cualidade de corpo nacional e a necesidade de homoxeneizar as normativas. Outra falacia. Os nosos

Transcript of Gaceta its

Page 1: Gaceta its

WWW.CCOOXUSTIZA.COM Abril, 2014

NOVAS

1024

ESPECIAL DECRETO ITs

PAGAR POR ENFERMAR

ESCRIBA AQUÍ EL LEMA EN ESTE NÚMERO

O pasado 26 de novembro o DOG recolleu o maior

atentado aos nosos dereitos dende o inicio dos

ataques aos funcionarios en 2010, cando a

consideración dos empregados públicos como

chibos expiatorios da crise provocada por outros

que saíron indemnes, supuxo unha perda do

poder adquisitivo de máis do 30%, un incremento

de funcións pola taxa de reposición cero (hoxe en

día unha máis, o expurgo) e uns concursos de

traslados ficticios que implican a anulación do

noso dereito á mobilidade profesional.

Ese 26 de novembro o Decreto 169/13 puxo en

vigor un novo axioma: pagar por enfermar. E

hai un responsable directo: a Dirección xeral de

Xustiza. Nas súas mans estaba repoñer o que o

tristemente famoso Real Decreto 20/12, ese que

provocou o roubo da nosa paga extra de

decembro de 2012, pretendía consumar: unha

redución considerable dos nosos salarios polo

mero feito de enfermar. Indigno e vergoñento,

atenta contra dereitos fundamentais tan

básicos como a igualdade ou a dignidade.

Non é certo a máxima de que non había outro

remedio, ou autoinmolarse na propia

incompetencia alegando ordes de arriba. O

citado Real Decreto derivou nunha reforma

exprés da LOPX que no seu artigo 504.5 establece

que o órgano competente (a Dirección Xeral de

Xustiza) determinará os supostos que con

carácter excepcional e debidamente xustificados

se poida establecer un complemento ata acadar,

como máximo o 100% das retribucións. En

definitiva, non se fixo porque non se quixo facer.

No Decreto 169/13 alégase a nosa cualidade de

corpo nacional e a necesidade de homoxeneizar

as normativas. Outra falacia. Os nosos

Page 2: Gaceta its

WWW.CCOOXUSTIZA.COM

2

compañeiros de Navarra ou Aragón teñen un

réxime privilexiado que os equipara á Xuíces e

Fiscais. Estes últimos, compartindo centro de

traballo con nós, non sufrirán ningún tipo de

desconto por enfermidades contaxiosas, un

caixón de sastre que inclúe a gripe estacional.

Supuxo poñer en negro sobre branco o que

pola vía dos feitos xa existía: a consagración

das castes na Xustiza, o vulgo castigado e a

nobreza premiada, quizais porque esta ten a

última palabra a través de sentenzas onde pode

poñer en xaque ao goberno de turno.

Esta gaceta, lonxe de ser un panfleto vende

seguros, quere ser explicativa dos supostos que

producirán descontos por enfermar e as súas

excepcións, pero tamén pretende

serreivindicativa, xa que outra normativa era

posible para paliar o que dende o Sector de

Xustiza de CCOO consideramos o ataque máis

grave do goberno dos recortes aos nosos

dereitos estatutarios e retributivos.

Sabías que…?

Ata xaneiro deste mesmo ano os inspectores da Seguridade Social cobraban un plus por dar

máis dun 15% de altas forzosas? Afortunadamente unha sentenza da Audiencia Nacional puxo

fin a esta corruptela que outorgaba un incentivo económico que enturbaba a aplicación

exclusiva de criterios médicos á hora de conceder as altas e as baixas.

Page 3: Gaceta its

WWW.CCOOXUSTIZA.COM Abril, 2014

Nunha mostra máis de desleixo, a Administración abriu a negociación en pleno verán, cando o

decreto, segundo mandataba a Lei Orgánica do Poder Xudicial, tiña que estar publicado nun

máximo de seis meses dende a reforma (28 de decembro de 2012). sen embargo, isto, en principio,

xogaba ao noso favor, pois xa foran publicados réximes moi favorables, como o de xuíces e fiscais

ou o dos compañeiros funcionarios de xustiza de Navarra e Aragón.

A Dirección Xeral, no seu espírito ditatorial e covarde, pretendeu impornos o mesmo decreto

que aos funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, tremendamente lesivo e que segue a

literalidade do RD 20/12, sendo incluso precursor do mesmo, xa que levan sufrindo o pago por

enfermidade dende antes dese decreto infausto. A presión sindical, cando as concentracións eran

seguidas maioritariamente e tiñamos o respaldo dos traballadores, forzou a apertura dunha dura

negociación. A administración cedeu ata o decreto que rexe os descontos dos funcionarios do

ámbito do territorio ministerio, practicamente un calco do resultado final. CCOO impulsou a

demanda dun decreto que non vulnerase o dereito fundamental do artigo 14 da Constitución: o

dereito á igualdade, toda vez que tanto xuíces como fiscais ou funcionarios, que compartimos

centro de destino, somos persoas iguais ante a lei cos mesmos dereitos e deberes, e o rango

non da privilexios, moito menos cando falamos da saúde. O Director Xeral comprometeuse a

facer as consultas pertinentes (a papá Rueda, conselleiro de presidencia, administracións públicas

e xustiza) e a resposta foi rápida: ante a posibilidade de xerar un conflito na función pública

Percorrido en mesa sectorial

Page 4: Gaceta its

WWW.CCOOXUSTIZA.COM

4

autonómica a negativa foi rotunda. Tan rotunda como a decisión de todas as organizacións de

levantarse da mesa e dar por pechada a negociación por vulnerar dereitos fundamentais.

O 26 de novembro, sen previo aviso, publicouse o Decreto “pagar por enfermar”, en datas nas que

os funcionarios decidíamos se facer ou non unha folga indefinida. Contra feitos consumados a

mobilización e complexa. Unha xogada estratéxica e desmobilizadora por parte da Administración.

Este percorrido, dende a publicación do RD 20/12 e a reforma da LOPX ata a publicación do decreto

169/13 deixa en claro dúas cousas:

1.- Para a negociación efectiva, CCOO demanda mobilización contundente. Sen o respaldo dos

traballadores e traballadoras nas concentracións e manifestacións, como está a acontecer en

algunhas cidades como A Coruña ou Santiago, en contraposición ao seguimento masivo en Ferrol ou

Vigo, demostramos unha debilidade que é aproveitada pola administración para impoñer as súas

posicións. En Navarra e Aragón, de gobernos conservadores, se acadaron un mellor decreto foi pola

mobilización sostida, incluso cunha folga indefinida no caso de Navarra.

2.- O Decreto Pagar por Enfermar puido ser ben diferente ao que foi, xa que, como quedou dito,

estaba regulado na propia lei a potestade discrecional da Dirección Xeral para publicar outro

réxime moito máis favorable. CCOO ten recorrido este Decreto e confiamos en que a Xustiza nos

dea a razón e tombe esta lexislación denigrante contra un dereito tan básico como o dereito a

saúde.

Page 5: Gaceta its

WWW.CCOOXUSTIZA.COM

5

Hospitalización e intervención cirúrxica

A hospitalización considérase tanto o

internamento, como a domiciliaria e a estancia

nos hospitais de día, así como os períodos de

observación nos servizos de urxencias

hospitalarias.

Cómpre aclarar que se o facultativo nos

recomenda o que se coñece como repouso, pode

considerarse hospitalización domiciliaria e non

habería lugar a descontos, se ben é necesario un

xustificante emitido por un centro hospitalario.

En canto aos períodos de observación nos

servizos de urxencias, a instrución que

desenvolve o decreto roza o surrealismo, ao

establecer un límite mínimo de sete horas para

ser considerado suposto excepcional e non dar

lugar a descontos, unha categorización absurda

dada a diferencia dos servizos de urxencias entre

hospitais, dependendo da cidade, a saturación, as

datas, etc.

A intervención cirúrxica: inclúense todas as

incluídas na carteira de servizos do sistema

sanitario público que podedes consultar aquí, con

internamento, cirurxía maior ambulatoria, cirurxía

menor ambulatoria e as intervencións médicas

invasivas, como colonoscopias, gastroscopias ou

similares

Hai que salientar que unha enfermidade que da

lugar a desconto e logo, dentro do mesmo

proceso patolóxico, deriva nunha hospitalización

ou nunha intervención cirúrxica xera o dereito do

funcionario a reclamar as cantidades xa

descontadas.

Tratamentos oncolóxicos

A nefasta redacción do decreto trae consigo que

segundo a literalidade do mesmo non basta con

padecer cancro para non ter ningún desconto,

senón que chegamos á aberración de que é

necesario estar sometido a un tratamento. Unha

boutade, non sempre o cancro precisa de

tratamento ou dispón dun útil ou apropiado.

DECRETO 169/13: SITUACIÓNS DE IT QUE

NON DAN LUGAR A DESCONTO

Page 6: Gaceta its

WWW.CCOOXUSTIZA.COM

6

Baixas durante o embarazo ou lactación

Abrangue todas as baixas, non só as derivadas

deses procesos. (Unha gripe durante o embarazo,

por exemplo)

Incapacidade superior ao 33%

Neste caso si é requisito imprescindible que a

baixa sexa derivada de enfermidades que foron

causa da concesión da discapacidade.

Enfermidades graves contidas no RD

1148/11

Un listado de enfermidades terribles que pon os

pelos como escarpias, que podedes consultar

aquí, entre elas o trastorno de conduta grave (...)

Cada grupo de enfermidades remata cunha

cláusula aberta, onde pode incluírse calquera

enfermidade grave, a discreción do que o

facultativo sinale no noso parte de baixa

Violencia de xénero

Baixas motivadas pola situación física ou

psicolóxica derivadas desa lacra social, que

require, ao noso modo de ver, dunha xustificación

abusiva regulada pola Lei galega 11/2007

Situacións de risco durante o embarazo

ou a lactación natural

Cun tratamento diferenciado á hora de xustificalo

dependendo da adscrición a Mugeju, que require

informe do servizo de prevención de riscos, ou á

Seguridade Social que deriva unicamente á

mutua.

Page 7: Gaceta its

WWW.CCOOXUSTIZA.COM

7

O que eufemisticamente e sen rubor no Decreto cualifícase como “Complemento económico

durante o resto das situacións de incapacidade temporal por continxencias comúns”, algo así

como o famoso crecemento negativo, e que nós preferimos cualificar como atraco a man armada

aos nosos petos por enfermar, supoñen os seguintes descontos:

1.- Os tres primeiros días cobrarase a metade do soldo, o 50% das retribucións básicas e

complementarias tomando como referencia as retribucións do mes inmediatamente anterior

2.- Do día catro ao vinte, descontarán o 25% do soldo

DESCONTOS QUE SUFRIRÁN AS NOSAS NÓMINAS POR COMETER O DELITO DE ENFERMAR

Se tomamos como base

o que descontan por un

día de folga, o atraco

pode ascender a un

total de entre 300 e 400

euros nas nosas nóminas

A canto ascende o botín?

Page 8: Gaceta its

WWW.CCOOXUSTIZA.COM

8

A partir do sexto mes de baixa, víamos minoradas as

nosas retribucións, xa que non cobrabamos os 427

euros do CAT, unha discriminación respecto aos

funcionarios interinos suxeitos ao réxime da

Seguridade Social, que percibían as retribucións

íntegras. Foi a reforma da Lei Orgánica do Poder

Xudicial, e non a austera Xunta de Galicia, a que

eliminou esta desigualdade sen sentido. O novo

artigo 504.5 da LOPX estableceu que en ningún caso

os funcionarios adscritos aos réximes especiais da

Seguridade Social xestionados polo mutualismo

administrativo poderán percibir unha cantidade

inferior na situación de incapacidade temporal por

continxencias comúns á que lles corresponda aos

funcionarios adscritos aó réxime xeral da Seguridade

Social, incluídos os complementos.

Sen embargo, o despropósito na xestión deste

complemento introdúcenos nunha maquinaria

burocrática que vai provocar unha situación en que

no mesmo mes teremos a nosa retribución dividida

en tres. No canto de que a Xunta ingrese a cantidade

íntegra o primeiro día de mes e logo reclame á

Mugeju as cantidades, teremos que ser nós os que

fagamos os trámites pesados e administrativos,

primeiro cobrando soldo base e trienios, logo

reclamando o subsidio á Mugeju e finalmente, cando

acreditemos a minoración, o CAT á Xunta.

A xunta paga soldo base e

trienios

Mugeju complementa co

subsidio

Nova reclamación a Xunta do CAT

Novidades no subsidio despois de 180

días de baixa

Page 9: Gaceta its

WWW.CCOOXUSTIZA.COM

9

O Decreto contén unha disposición transitoria retroactiva á 29 de xuño de 2013. É obvio que a

irretroactividade das disposicións sancionadoras impide a súa aplicación. Sen embargo, para os

supostos favorables si é aplicable, polo que as persoas que levan máis de seis meses de

baixa poden reclamar dende esa data a percepción das retribucións íntegras con carácter

retroactivo. Nos nosos locais sindicais tedes á vosa disposición modelos de reclamación

administrativa que a Administración acepta e xa está pagando.

As recaídas na mesma enfermidade son consideradas continuación da incapacidade temporal,

polo que non se reinicia o cómputo para os descontos

Pese a que a Dirección Xeral manifesta que será flexible, o certo é que sobre o papel e

necesario a entrega presencial dos partes de baixa nos Servizos de Xustiza, unha ignominia

absurda que é necesario rectificar na Instrución para a tramitación das IT

Polo momento, á espera dunha Orde Ministerial uniforme para o Estado, os días chamados de

pre-it, os tres días nos que non é necesario pedir unha baixa médica, non supoñen

desconto algún, aínda que si é necesario presentar xustificante médico

Ante as dúbidas que resultaron en asemblea, aclarar que a incorporación ao posto de traballo

debe producirse no primeiro día laborable posterior á data de alta.

As licenzas serán concedidas nos primeiros 18 meses polo Servizo Territorial, dende o mes 18

ao 30 pola Dirección Xeral de Xustiza

Se a Inspección nos da a alta forzosa é obrigatorio reincorporarse ao traballo, sen prexuízo dos

recursos que se poidan interpor

Algún apuntamento máis…