Franquismo parte1 Composición

21
hE España e Galicia: a ditadura de Franco Traballando cos documentos

Transcript of Franquismo parte1 Composición

Page 1: Franquismo parte1 Composición

hE

España e Galicia: a ditadura de Franco

Traballando cos documentos

Page 2: Franquismo parte1 Composición

1939 - 1975

Remata a Guerra

Civil

ANOS 40ANOS 40POSTGUERRA

AUTARQUÍAREPRESIÓN

ANOS 50ANOS 50FIN DO AILLAMENTO

1955

ANOS 60ANOS 60DESENVOLVEMENTO

ECONÓMICO

ANOS 70ANOS 70CONFLICTIVIDADEOPOSICIÓNDEBILITAMENTO DO RÉXIME

Page 3: Franquismo parte1 Composición

DOC.1. Discurso conmemoración Alzamento Nacional. Principios do movemento.DOC.2. Plan de saneamento da nosa economía, armónico coa nosa reconstrucción nacional. 1939. DOC.3. Cartilla de racionamento. 1952DOC. 4. Entrevista entre Franco e Hitler en Hendaia. 1940DOC.5. Asemblea Xeral da ONU condea ao réxime Franquista. 1946.

INTRO

DESPOISConsecuencias

ANTES Centrámonos n

os

documentos

da

composición.

Page 4: Franquismo parte1 Composición

QUE É O QUE VAI A PASAR NA SEGUNDA ETAPA ...Desenvolvemento dos 60 e fin do illamento internacional.

QUE É O QUE VAI A PASAR NA SEGUNDA ETAPA ...Desenvolvemento dos 60 e fin do illamento internacional.

Presentación e características do réxime franquista.Presentación e características do réxime franquista.

O CONTEXTO INTERNACIONAL.A EVOLUCIÓN DA II GUERRA MUNDIAL E POSTGUERRA: ALIANZAS E ILLAMENTO.

O CONTEXTO INTERNACIONAL.A EVOLUCIÓN DA II GUERRA MUNDIAL E POSTGUERRA: ALIANZAS E ILLAMENTO.

A POSTGUERRA.A POSTGUERRA.A AUTARQUÍA E O RACIONAMENTOA AUTARQUÍA E O RACIONAMENTO

A POSTGUERRA.A POSTGUERRA.A AUTARQUÍA E O RACIONAMENTOA AUTARQUÍA E O RACIONAMENTO

?

Page 5: Franquismo parte1 Composición

? AS CARACTERÍSTICAS DO FRANQUISMO. AS FAMILIAS DO RÉXIME Exército, Partido Único e

Igrexa. Represión A PRIMEIRA ETAPA DO FRANQUISMO:

O contexto Internacional: Evolución coa IIGM A sociedade no Franquismo A Autarquía.

Relacións internacionais e fin da autarquía.Plan de Estabilización de 1959Superación illamento internacional dentro do contexto

da Guerra Fría (Acordos EE.UU/ Concordato na Sta Sede).

Lembra…

Page 6: Franquismo parte1 Composición

O réxime franquista1939-1975

Sistema político ditatorial de corte totalitario. Manterase trala II Guerra Mundial ate 1975.

As súas bases:Contrario ao liberalismo.Antidemocrático /AntiparlamentarioAnticomunismo.

FASCISMO Concentración do poder + manifestacións externas NACIONAL-CATOLICISMO Apoio da Igrexa. Preséntase a guerra como unha cruzada.TRADICIONALISMO ESPAÑOL Referencias ao pasado imperial como etapa gloriosa.UNIDADE DA PATRIA Cancela os estatutos e prohibe expresións nacionalistas.

Page 7: Franquismo parte1 Composición

As etapas do franquismoConsidérase que o franquismo ten dúas grandes etapas:

• POSTGUERRA E AUTARQUÍA (1939 -1959): - Establecemento do Estado totalitario inspirado no fascismo e período da autarquía

económica- Contexto internacional:O réxime apoia ás potencias fascistas na Segunda Guerra

Mundial e vive o illamento internacional despois do conflito. • A segunda desenvólvese entre 1959 e 1975: O réxime liberaliza a

economía e rebaixa os referentes e trazos máis fascistas ante a necesidade de ter presenza no contexto internacional. Trátase dun período de intenso crecemento económico, actividade das forzas de oposición e modernización social.

Tamén podemos destacar unha ETAPA FINAL DO RÉXIME, dende o ano 1973 ata a morte do ditador no ano 1975. Marcada pola crise económica internacional, a crise política e o incremento das forzas de oposición.

Page 8: Franquismo parte1 Composición

Características e apoios do réxime

O totalitarismo: Inspírase no modelo fascista italiano e alemán. Suprime a Constitución de 1931 e todas as garantías individuais e colectivas, clausura o Parlamento, prohíbe todos os partidos políticos e os sindicatos a excepción do partido único (o Movemento Nacional) e do sindicato oficial (Sindicato Vertical, organización única para obreiros e patróns).

O líder: Franco é investido co título de Caudillo de España, é o Xefe do Estado e presidente do goberno, Xeneralísimo de todos os exércitos e xefe nacional do partido.

A concepción unitarista e centralista do Estado: O franquismo abole os estatutos de autonomía e fomenta a españolización dos territorios influídos polos nacionalismos catalán, vasco e galego

A represión: Persecución dos simpatizantes coa causa republicana e continúa durante todo o réxime dun xeito constante e planificado.

O control dos medios de comunicación: Ríxida censura (limita libertade de opinión, de prensa, artística e cultural)e aparato de propaganda franquista (NO.DO por exemplo).

Page 9: Franquismo parte1 Composición

Desfile da Vitoria.

Marcado carácter ANTIDEMOCRÁTICO E ANTICOMUNISTA do réxime (que será definitorio na proximidade á Igrexa e ao seu papel no contexto internacional).

Page 10: Franquismo parte1 Composición

Os tres grandes piares institucionais da ditadura de Franco son:

1.EXÉRCITO: É o máis destacado sostén do réxime e participa activamente do poder (boa parte dos ministros e dos gobernadores civís son militares de carreira). É a columna vertebral do réxime. Correspóndelle a defensa do territorio, da integridades da patria, o mantemento da orde pública do réxime fronte a inimigos internos.

2.O PARTIDO ÚNICO:FET y de las JONS (1937), despois da IIGM organiza o Movemento Nacional para proxectar outra imaxe no contexto internacional. Nos seus principios (1958) Integra o ideario da Falanxe e o conservadurismo católico: unidade nacional, catolicismo de Estado, participación orgánica na vida política, sometemento á grandeza da nación e intervencionismo social do Estado (O Consello Nacional do Movemento vela polo seu mantemento).

3.A IGREXA CATÓLICA. Cun papel fundamental na lexitimación e construción do réxime franquista, posto que se define como un Estado confesional católico sometido ás directrices da Igrexa católica. Esta unión de intereses deu lugar ao Nacionalcatolicismo. A igrexa apoiou aos sublevados, considerou á Guerra Civil de “cruzada contra o ateísmo marxista” e xustificou a autoridade de Franco. A cambio do seu apoio a Igrexa obtén: Financiamento público moi xeneroso ( en 1939 restáurase o orzamento de culto e clero), control do sistema educativo e imposición na vida pública dunha estrita moral católica.

A Igrexa crea asociacións ou grupos de presión de inspiración católica que gozan de influencia: A Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNDP) e Opus Dei (anos 60).

Concordato de 1953 O Papa recoñece o Goberno franquista, concédelle o privilexio de presentar obispos e de entrar na Igrexa baixo palio.Nos anos 60, hai un cambio de rumbo tras o Concilio Vaticano II e o papado de Xoán XXIII. Unha renovación cunha corrente crítica na Igrexa, defendendo un cambio nas relacións coa ditadura.

Page 11: Franquismo parte1 Composición

Define a España como un reino (Lei de Sucesión) sen reiun reino (Lei de Sucesión) sen rei, no que é Franco o que exerce a xefatura do Estado. A elección do futuro monarca era unha decisión de Franco, despois aprobada polas Cortes. As diferencias de Franco con D. Xoán de Borbón (Conde de Barcelona e fillo de Alfonso XIII), sobre o rumbo da futura monarquía e as súas críticas e esixencias cara o réxime, fixeron que Franco o apartase da sucesión, a favor do seu fillo Xoán Carlos. (Xoán de Borbón non renunciou aos seus dereitos ate 1977).

O réxime limitou e subordinou os dereitos individuais á lealdade á persoa de Franco e o respecto lealdade á persoa de Franco e o respecto aos principios do Movemento. aos principios do Movemento.

Subordinación da muller Subordinación da muller no franquismo, cun rol centrado na familia e nos principios da moral católica. Valores que foron divulgados a través da Sección Feminina da Falanxe (1934. Presidida por Pilar Primo de Rivera). Un modelo feminino de nula participación pública e apolitizado, considerando a familia e o seu coidado como labor fundamental. Efectuouse un deseño e control educativo e creouse o Servizo Social con prestación obrigatoria de traballos sociais. Na década dos 60 deuse un cambio aperturista, no que é fundamental o acceso á educación superior e a incorporación ao mundo laboral.

Nacionalcatolicismo: Nacionalcatolicismo: Control da poboación e imposición de valores ideolóxicos e morais. Impóñense unhas formas de comportamento baseadas na máis estrita moral cristiá: cerimonias de carácter relixioso como piares vitais de proxección pública, prohibición do matrimonio civil e o divorcio, penalízase o aborto.

Sindicalismo Vertical: Sindicalismo Vertical: denominado despois Organización Sindical Española (OSE). Dependen dun secretario xeral con rango de ministro. A Lei de Unidade Sindical de 1940 inspírase no modelo corporativo da Italia fascista. Establece que empresarios e traballadores se integren nun mesmo sindicato por ramas de produción, establecendo unha férrea tutela sobre a clase obreira.

Page 12: Franquismo parte1 Composición
Page 13: Franquismo parte1 Composición
Page 14: Franquismo parte1 Composición

ACTITUDE DURANTE A GUERRA.ACTITUDE DURANTE A GUERRA.

Non belixerancia

Neutralidade

Encontro en HendaiaEncontro en Hendaia

Page 15: Franquismo parte1 Composición

Unha longa Postguerra (1936-1959)A consolidación do réxime franquista e a súa evolución política están moi

condicionadas pola evolución da II Guerra Mundial e as súas consecuencias.

A Segunda Guerra Mundial e a hexemonía do nacionalsindicalismo (1939-1945)

Ao comezo da IIGM Franco declara a neutralidade de España, faino porque non se atopa en condicións materiais de participar nunha guerra. Mais vai a amosar o seu apoio ás potencias do Eixe, que lle prestaran axuda durante a Guerra Civil.

Tendo como referente fundamental os réximes fascistas constrúe en España un novo Estado nacionalsindicalista. Na política interna ten un papel hexemónico FET y de las JONS, en especial Ramón Serrano Suñer, ministro de asuntos exteriores e cuñado de Franco.

A vitoria alemá sobre Francia en xuño de 1940 motiva o paso da neutralidade á non belixerancia: situación que implica un claro apoio diplomático e económico ás potencias do Eixe, que nese momento perfílanse como vencedoras da guerra. Alemaña e mais Italia consideran as posibilidades de integración española no conflito, e reúnense con Franco.

Page 16: Franquismo parte1 Composición

A entrevista con Hitler ten lugar en Hendaia en 1940, e con Mussolini en entrevista con Hitler ten lugar en Hendaia en 1940, e con Mussolini en Bordighera (Italia) en 1941.Bordighera (Italia) en 1941. Franco ve a ocasión oportuna para ampliar as colonias africanas e recuperar Xibraltar. Pero Hitler considera as súas aspiracións demasiado altas, pois Franco presenta unha serie de compensacións económicas e de expansión territorial. Finalmente España non entra na guerra aínda que colabora no esforzo bélico: envía aprovisionamentos e material estratéxico, como o volframio, a División Azul (Unidade de voluntarios para o combate na URSS xunto ás tropas alemás)e envía 10500 traballadores a Alemaña.

Page 17: Franquismo parte1 Composición

Os anos do boicot internacional (1945-1947) O remate da IIGM supón para o franquismo unha etapa de illamento e rexeitamento internacionais. A asemblea Xeral da recén creada Organización das Nacións Unidas (ONU) condena o réxime de Franco por ser imposto pola forza grazas á axuda das potencias fascistas derrotadas. Recomenda tamén a retirada dos embaixadores de Madrid en 1946. A consecuencia o goberno de Francia cerra a fronteira con España.Franco e os seus apoios presentan presentan á opinión pública a condena internacional como unha manobra estranxeira para desprestixiar a España e levar aos españois a unha nova guerra civil, a estratexia é perpetuarse no poder.

España non se beneficia do Plan Marshall, programa de axuda norteamericana a España non se beneficia do Plan Marshall, programa de axuda norteamericana a Europa iniciado en xuño de 1947Europa iniciado en xuño de 1947.

Tamén é excluída da nova alianza defensiva occidental, a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), constituída en abril de 1949.

DOC 5

DOC 5

Page 18: Franquismo parte1 Composición

Autarquía

Acadar a autosuficiencia económica, a partires dos recursos propios.Intervención do Estado na economía:

- Control do prezo e produción de trigo- Creación do Instituto Nacional de Industria (INI).- Nacionalización de servizos (RENFE)- Limitou importacións e exportacións.- Impulso ás obras públicas.

Estancamento económico.Afundimento da producción agrícola e industrialEscaseza de alimentos.RACIONAMENTOEstraperlo

Resultado da política autárquica Importante estancamento económico, caracterizado por: O colapso do comercio exterior, descenso dos niveis de produción e consumo e diminución do nivel de vida da poboación. Supuxo un freo ás tendencias modernizadoras da economía española iniciadas a comezos do século XX.

Page 19: Franquismo parte1 Composición

Racionamento e mercado negro Na autarquía o Estado controla o mercado, os produtores agrícolas están obrigados a entregar toda a producción a un prezo de taxa e a propia administración vende os produtos ao consumidor a un prezo regulado. Isto conlevou ó desaprovisionamento xeneralizado de alimentos e o racionamento dos produtos de primeira necesidade (Cartilla de racionamento, entre 1939 e 1952).A taxación dos prezos por debaixo do seu valor implicou que moitos produtores, agocharan produción para vendela no mercado negro cun maior beneficio (os prezos adoitan ser 3 ou 4 veces superiores aos oficiais).O estraperlo realizábase en diversas fórmulas: acaparamento, venda ilícita, adulteración de produtos, compra-venda de cotas realizadas por falsas empresas, falsificación de cartillas de racionamento.

Page 20: Franquismo parte1 Composición

O recoñecemento internacional definitivo

No ano 1953 Franco obtén o definitivo recoñecemento internacional do réxime coa sinatura dos acordos con Estados Unidos (Eisenhower): aspectos de carácter defensivo e económico. Os dous países comprométense á axuda mutua en caso de conflito. Tamén regulariza as relacións diplomáticas e comerciais de España cos países do bloque occidental.

•Os estadounidenses obteñen de España: dereito a establecer e utilizar unha serie de instalacións militares en territorio español (bases de Torrejón, Morón, Zaragoza e Rota).

• España recibe: Material bélico para modernizar as súas forzas armadas, axuda económica e técnica (465 millóns de dólares en 4 anos).

Asina o Concordato coa Santa Sede: O Vaticano esixe o restablecemento explícito da confesionalidade do Estado xunto a un status de privilexio para a Igrexa católica.

Page 21: Franquismo parte1 Composición