Este traballo é bastante complexo.

12
Este traballo é bastante complexo. Pode realizarse individualmente, seleccionando só algúns apartados. Se participa máis dun alumno na elaboración deberá indicarse a súa implicación no traballo e os apartados elborados por cada membro. Todos o integrantes do grupo deberán participar na presentación.

description

Este traballo é bastante complexo. Pode realizarse individualmente, seleccionando só algúns apartados. Se participa máis dun alumno na elaboración deberá indicarse a súa implicación no traballo e os apartados elborados por cada membro. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Este traballo é bastante complexo.

Page 1: Este traballo é bastante complexo.

Este traballo é bastante complexo.

Pode realizarse individualmente, seleccionando só algúns apartados.

Se participa máis dun alumno na elaboración deberá indicarse a súa implicación no traballo e os apartados elborados por cada membro.

Todos o integrantes do grupo deberán participar na presentación.

Page 2: Este traballo é bastante complexo.

José Otón [email protected]

Page 3: Este traballo é bastante complexo.

INTRODUCIÓN

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

AVALIACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

Estades elegantemente vestidos con traxes do século XVI no palacio de Carlos I. Sodes un bufón na Corte española.

A súa Maxestade, o Rei, míravos de lonxe e fíxase en vos. Faivos un aceno para que vos aproximedes a el. Que quererá todo un

Emperador dun pobre bufón como eu?

- Bufón, estades disposto a seguirme e aconsellarme nas miñas viaxes para poder relatar ás persoas máis importantes do meu

reino os meus devenires polos meus dominios?

- Gozaredes comigo de boas viandas e mellores viños. Pero tamén seguro que pasaredes medo nas batallas que deberemos afrontar.

Carlos I de España e V de Alemaña, levarache polos seus extensos

dominios, coñecerás as súas posesións e a súa apaixonante biografía, pero tamén te enfrontarás aos seus inimigos políticos

nunha viaxe a través do tempo que che vai gustar.

Acompáñasnos? Adiante.

Page 4: Este traballo é bastante complexo.

TAREFA

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

aVALiACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

Somos un bufón na corte do monarca máis importante do século XVI: Carlos I de España e V de Alemaña. Seguímolo, non nos separamos del eanotamos no noso diario os acontecementos máis importantes que van xurdindo na súa vida. Cada acontecemento que creades de interese para coñecer mellor ao Emperador ídelo ir reflectindo nun diario, no que incluiredes, ademais as imaxes dos feitos. Non esquezades deixar constancia dos consellos que vos pida o Rei e que podedes darlle para que todo vaia ben.

Page 5: Este traballo é bastante complexo.

PROCESO 1

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

AVALIACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

Ides formar un grupo de catro, entre mozos e mozas. 1.- Confeccionaredes un mapa de conceptos no que queden claros os aspectos máis importantes sobre a sociedade e sobre os aspectos políticos do reinado de Carlos V.

2.- Elaborar unha árbore xenealógica

3.- Agora ides confeccionar un pequeno ficheiro con algúns datos sobre a súa vida

4.- Facer un cadro no que aparezan organizadas as posesións que herdou o monarca: por unha banda as que viñan da súa familia paterna, e outra aquelas que herdou da súa nai Juana e os seus avós os Reis Católicos. Reflectilas nun mapamundi

Page 6: Este traballo é bastante complexo.

PROCESO 2

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

AVALIACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

5.- Facede un esquema do ocorrido coas “comunidades” outro coas “xermanías”. Esta información debe de estar ben organizada ao redor dos seguintes aspectos: -Lugar onde se deron. -Que eran? -Personaxes principais. -Desenvolvemento. -En que acabaron? 6.- Facede unha presentación en Impress ou P. Point sobre a batalla de Múlhberg na que aparezan:

1.Adversarios na batalla.2.Causas que a produciron.3.Desenvolvemento.4.Desenlace.

7.- Facede unha liña do tempo, na que aparezan os principais acontecementos que tiveron lugar no reinado de Carlos I de España e V de Alemaña.

Page 7: Este traballo é bastante complexo.

PROCESO 3

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

AVALIACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

Ben, xa aprendestes unha chea de cousas sobre a vida do Emperador Carlos e sobre a sociedade da época. Agora chega o momento de realizar a tarefa. Se lembrades, tratábase de elaborar un diario no que se recollesen os aspectos máis importantes da súa historia pero escrito por vós, os bufóns. Tentade escribílo o máis detalladamente posible e, se atopades en Internet, utilizando o Google, algunhas imaxes que vos parezan oportunas, non dubidedes incluílas no diario. Procurade que sexa imaxes libres de dereitos de autor.

A partir de agora, cada un de vós vai desempeñar o papel dun bufón na Corte. Lede despacito o papel de cada un dos bufóns e porvos de acordo á hora de traballar. Queda ao voso gusto como facelo. O traballo de cada bufón que desenvolverá da seguinte forma: • O bufón da súa infancia. Acompañarás ao Emperador na súa nenez contando todo aquilo que ti consideres de interese. Talvez nos poidas contar como eran os seus pais, quen o educou,... Tenta atopar nas actividades anteriores, todos os detalles que poidas. • O bufón na política interior. O Emperador xa creceu. Agora ten obrigacións cara ao seu Imperio. Relata a través do diario os feitos máis relevantes en cuestións de política interior. Non esquezas que se trata de facelo coma se o estiveses vivindo nese momento.

• O bufón na política exterior. Estarás co Emperador nos seus acordos de política exterior. Redacta eses días de forma os acontecementos e as posturas do Rei.

• O Bufón nas batallas. Isto si que é perigoso. Fala co Rei, consúltalle que pasa, con quen se alía, a quen se vai a enfrontar e se hai forma de evitar a batalla. Anota aquí as túas reflexións e as súas.

Page 8: Este traballo é bastante complexo.

RECURSOS

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

AVALIACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

http://www.diomedes.com/carlosV.htm

http://bib.cervantesvirtual.com/historia/CarlosV/imagenes.shtml

http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/personajes/5598.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Comunidades_de_Castilla

http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/contextos/1716.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_M%C3%BChlberg

http://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_I_de_Espa%C3%B1a

Page 9: Este traballo é bastante complexo.

AVALIACIÓN

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

AVALIACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

Avaliaranse os distintos aspectos das presentacións:

PRESENTACIÓN. ESTÉTICA Facilidade de lectura . Nivel de dificultade de lectura.Cantidade e calidade das diapositivas presentadas.

PRESENTACIÓN. CONTIDO.Exactitude do contido. Claridade.Ideas clave.

ORAL.Claridade da exposición Concisión.Destacar ideas importantes.  Cada un destes aspectos será puntuado de 1-10.

Page 10: Este traballo é bastante complexo.

CONCLUSIÓNS

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

AVALIACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

Ao longo do traballo puidestes coñecer a persoa do rei Carlos I, o monarca con territorios en máis continentes. Coñecestes a vida na súa corte, a súa política fóra e dentro de España. Coñecestes as batallas e contendas á súa chegada a España, os conflitos con aqueles que estaban en contra da súa política... Erades bufóns que estabades xunto ao rei en todos os acontecementos da súa vida, tivestes a oportunidade de darlle consello, baixo o noso punto de vista actual. Pensa na figura do rei na actualidade, crees que ten o mesmo poder ou pola contra a súa figura é un mero papel e o poder está en mans do goberno, representante do pobo español?

Page 11: Este traballo é bastante complexo.

CRÉDITOS

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

AVALIACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

Webquest elaborada utilizando a plantilla de Jordi Díaz Lucea

http://www.xtec.es/~jdiaz124/castella/wq/recursoswq/plantillas/plantillaswq.htm

Modificando a elaborada  por

Manoli Peinado Lorente e Antonio Martínez Sánchez:

“Carlos de Gante. Emperador y Rey “

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/nsdelapaz/webquests/carlosemperador/index.html

Page 12: Este traballo é bastante complexo.

GUÍA PARA O PROFESOR

INTRODUCIÓN

TAREFA

PROCESO

RECURSOS

AVALIACIÓN

CONCLUSIÓNS

CRÉDITOS

Guía para o profesor

CIENCIAS SOCIAIS

2º de ESO

xaneiro 2013