Encerado Dixital Interactivo - Parte 3

14
Encerado Dixital Interactivo PFAC ABALAR – IES O COUTO. MÓDULO 5 EDI - Terceira Parte Liñas. Formas. Recheos. Teclado. Textos.

Transcript of Encerado Dixital Interactivo - Parte 3

Encerado Dixital Interactivo

PFAC ABALAR – IES O COUTO. MÓDULO 5

EDI - Terceira Parte

• Liñas.

• Formas.

• Recheos.

• Teclado.

• Textos.

PFAC IES O Couto 2

Liñas

Ó pulsar a icona aparece un cadro ofrecendo varias cores e estilos de liña.

Podemos modificar o estilo abrindo a pestana Propiedades antes de debuxar, ou...

...seleccionar o obxecto xa debuxado e modificar as súas propiedades.

Podemos gardar de forma permanente os cambios nun estilo.

Ó seleccionar o obxecto creado aparecen dous tiradores nos extremos para modificar tamaño e ángulo arrastrándoos, e unha frecha que abre o menú contextual.

PFAC IES O Couto 3

Formas

Ó pulsar a icona aparece un cadro ofrecendo varias figuras diferentes.

Facemos clic e arrastramos ata conseguir o tamaño desexado.

Podemos modificar o estilo da liña externa e de recheo abrindo a pestana Propiedades antes de debuxar, ou...

...seleccionar o obxecto xa debuxado e modificar as súas propiedades.

Para obter polígonos regulares presionar a tecla Maiúsculas mentres debuxamos ou utilizar a ferramenta “Polígonos regulares”, oculta por defecto.

PFAC IES O Couto 4

Rotulador de recoñecemento de formas.

Ó trazar unha figura xeométrica sinxela o programa a recoñece e a substitúe por dita forma .

Unha vez creada a forma podemos modificar as súas propiedades coma nos casos anteriores.

Nalgunhas versións de Notebook esta ferramenta ven oculta por defecto, polo que para que apareza debemos personalizar a barra de ferramentas.

PFAC IES O Couto 5

Recheos de figuras.

Sólido: unha única cor.1. Clic na cor desexada.

2. Clic en mais para outras cores.

3. Clic no contagotas e clic nunha cor da área de traballo para copialo.

4. Clic en “Sen recheo” para eliminalo.

O facer clic en Recheo ábrese a pestana Propiedades, onde...

...escollemos entre catro tipos de recheo:

1

234

Se non temos ningún obxecto seleccionado o recheo aplícase o fondo da páxina.

PFAC IES O Couto 6

Degradado: transición entre dúas cores.

1. Clic na primeira cor.

2. Clic na segunda cor.

3. Clic para escoller a dirección do degradado.

Podemos usar o contagotas ou usar outras cores pulsando en “Máis...”

1

2

3

PFAC IES O Couto 7

De debuxo: crea un patrón de recheo.

1. Clic patrón desexado.

2. Clic para escoller as cores do primeiro plano e do fondo.

De imaxe: usa unha imaxe como recheo.

Clic en Examinar para cargar a imaxe desexada.

2

1

PFAC IES O Couto 8

O teclado. Lanzar o teclado:

Clic na barra de tarefas na icona Smart e seleccionar Teclado ou...

...clic na icona das ferramentas flotantes.

12

Entorno:1. Tipo de teclado: clásico,

numérico, sinxelo...

2. Opcións: Usar un son o pulsar. Número de teclas. Transparencia do teclado.

As teclas funcionan facendo clic sobre elas.

PFAC IES O Couto 9

Podemos usar o teclado para introducir texto en calquera aplicación (Writer, Word, Firefox…) que teñamos aberta: Activar o teclado virtual:

Clic na icona de teclado en ferramentas flotantes ou… Clic na icona das ferramentas Smart > Teclado.

Clic no sitio onde queremos introducir o texto. Escribimos no teclado virtual.

PFAC IES O Couto 10

Textos.

Ó pinchar na ferramenta Texto podemos escoller entre varios estilos de fontes dispoñibles.

Facendo clic na área de traballo aparecen:

A.- Un campo onde introducir o texto: Co teclado do ordenador. Co teclado virtual.

•Pinchando e arrastrando os tiradores laterais modificamos a lonxitude do campo.

•Pinchando e arrastrando o bordo do campo movémolo a unha nova posición.

PFAC IES O Couto 11

B.- Barra de texto, onde podemos cambiar:

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

1. A fonte.

2. O tamaño.

3. Atributos negriña, cursiva, subliñado.

4. A cor do texto

5. A aliñación.

6. Inserir viñetas.

7. Texto vertical/horizontal.

8. Sub e superíndices.

9. Inserir símbolos matemáticos.

10.Amosar/ocultar erros ortográ-ficos.

Para aplicar algunhas opcións a parte dun texto xa escrito hai que seleccionalo: clic nun extremo do texto desexado e arrastramos ata o outro extremo.

PFAC IES O Couto 12

Editar un texto Facemos dobre clic nun texto: ábrense de novo

o campo e a barra de texto.

Tamén podemos modificalo en: pestana Propiedades > Estilo de texto.

Corrección ortográfica Seleccionar o texto e clic na

frecha superior dereita. No M.C.: Comprobar a ortografía.

Na versión actual non está dispoñible en idioma galego.

PFAC IES O Couto 13

Recoñecemento de texto manuscrito Escribir o texto cun rotulador. Seleccionar o obxecto de texto. No M.C. escoller a opción correcta.

Xa podemos editalo como se o houbésemos escrito co teclado.

PFAC IES O Couto 14

Fin.

GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN

Blogue Abalar

Publicado baixo licenza por: