curso 2009- 2010

38

description

Revista escolar Santa Mariña

Transcript of curso 2009- 2010

Page 1: curso 2009- 2010
Page 2: curso 2009- 2010

SUMARIO

Dieta saudable de Primeiro 1

O paxariño que quixo traballar 2

A visita de Abraham 3

O Kirico 5

Os visitantes de Lourizán 7

Nico o pica árbores 8

Adiviñas e chistes 11

Visita ao veterinario 12

A granxa Kirico 13

As zonas celestiais 14

O experimento 3º A e C 16

Memorias do meu 2º ciclo 17

Despois da catástrofe de Haití... 19

O misterio de Exipto 20

Os nosos experrimentos coas plantas 22

Os títeres 24

Oceanía estivo en segundo 25

Babayaga 28

Existen os dragóns? 30

A maxia da natureza 31

EDITORIAL

Un novo número da revista escolar Murmurio está nas vosas mans, grazas, sobre todo ao esforzo do alumnado, protagonista fundamental desta interesante aventura informativa.

Este curso está a rematar e, quizais sexa o momento de lembrar e valorar todo o traballado. Este ano continuamos mellorando a calidade do ensino no noso centro mediante proxectos como as aulas biling:ues, o Plan PROA, a aplicación das TICs... Ademais, como é sabido retomamos a celebración das festas tradicionais ao longo do curso como o Samaín, O Entroido, O Magosto, O Festival das Letras Galegas...

Como vedes este curso foi moi intenso, enriquecedor e engaiolante. Todos estes acontecementos, actividades e experiencias contribúen a aumentar a bagaxe formativa, cultural e social da nosa Comunidade Educativa.

Por último, queremos recordar que esta revista pretende contribuír á normalización do uso do galego entre o noso alumnado, maioritariamente castelán falante, pero que, como vedes, pode expresarse na nosa lingua prefectamente. Anináde@s a facelo máis amiúdo.

Page 3: curso 2009- 2010
Page 4: curso 2009- 2010
Page 5: curso 2009- 2010
Page 6: curso 2009- 2010
Page 7: curso 2009- 2010
Page 8: curso 2009- 2010
Page 9: curso 2009- 2010
Page 10: curso 2009- 2010
Page 11: curso 2009- 2010
Page 12: curso 2009- 2010
Page 13: curso 2009- 2010

OS VISITANTES DE LOURIZÁN

Os nen@s de 3º de primaria visitan o Pazo de Lourizán o sete de Maio. Cando chegamos nos estaba esperando o monitor para ensinarnos as instalacións.

Primeiramente nos preguntou. Sabedes de quen era este Pazo?. Pertecía a un político moi rico de Pontevedra que ten unha rúa co seu nome, chamado MONTERO RIOS. O seu arquitecto foi GENARO DE LA FUENTE

O Palacio conta cunha gran extensión. É estilo modernista, cunhas escaleiras moi grandes no centro, adornado de estatuas romanas e gregas de deuses e con grandes ventás acristaladas. Aquí facían prácticas os alumnos da escola superior de inxenieros de montes de Madrid ata que pasou a Xunta e hoxe é un centro de Investigacións Ambientais e Forestais.

O primeirro que vimos foi debaixo do Pazo unha bañeira de mármore, logo unha cova feita de pedras volcánicas con moitos espellos. Dentro había unha fonte cunha serpe mariña por onde saía a auga. Continuamos e atopámonos

coa fonte da cuncha e a dos tornos cun lavadeiro.

Pasamos por un lago perigoso para ver as diferentes especies de árbores: castaños, camelios… e outras de orixen tropical. Fíxámonos nunha árbore cuio tronco parecía a pata dun dinosaurio e outra árbore coa cortiza, en caso de incendio non se queimaba. Tamén vimos un canastro con oito pares de pés. Finalmente fomos o invernadoiro a tomar a merenda. Ó rematar marchamos a coller o autobús para volver ó cole porque chovía moito e non podíamos continuar. Pero valeu a pena! porque a visita foi interesante.

Alumnado de 3º A e C

Page 14: curso 2009- 2010

NICO O PICA ÁRBORESHabía unha vez nun bosque un paxaro carpinteiro que se chamaba Nico. Un día apareceu

no bosque o falcón Brais S., Nico intentou pelexar contra o falcón, pero este era demasiado

grande. Menos mal que apareceu a nai do falcón, Alexandra, que o mandou ir para casa.

Nico tamén foi á súa casa coa súa nai Ana porque non se sentía seguro. Nico tiña un

irmán que se chamaba Alberto. Xuntos ocorréuselles que podían facer unha trampa os falcóns.

Achegáronse ao castelo do bosque onde vivía o rei, Pablo R.R. e o seu fillo Pablo R.C.,

polo camiño atopáronse ás panteras negras: Ruth e a súa nai Paz. Tiveron un pouco de medo, así

que chamaron a todos os paxaros carpinteiros e as Panteiras escaparon, pero apareceu toda a

familia dos falcóns e os seus amigos: as aguias, as panteiras, leopardos, lobos…, iniciouse

unha loita á que se uniu LLosi, o rei e o seu fillo.

Separáronse en aves e mamíferos. Gañaron os mamíferos, pero resistiu Brais D.,

¡ Un falcón moi forte que non pensaba, só actuaba!Os mamíferos atraparon a Brais D., pero na súa procura apareceron a superpandi das

falcóns guerreiras: Sara, Alba, Natalia, Erica e a xefa Alexandra. Mentres todos os mamíferos

vían as falcóns e lles caía a baba do guapas que eran. Brais S. apareceu as agachadas e liberou

a Brais D. rompendo a corda co peteiro.

Enfadados os mamíferos empezaron a pelexar coas chicas, pero Sara tiña un as na

manga: ¡Un pau! E deulle con el no cu o tigre ¡Gañaron as chicas! Y os chicos avergonzados

xuraron que nunca máis en toda a súa vida volverían a enfrontarse a unha chica.

¡Que ridículo fixeran!Pablo R.R. casou con Alexandra, que a partir do 17 de abril ( día da voda) converteuse en

raiña. Ese día marabilloso déronse o seu primeiro bico de amor. Xuntaron os seus fillos e así

convertíronse en irmáns: Brais S. e Pablo R.C. que eran os príncipes herdeiros. Brais S. sería o

próximo rei falcón porque era o máis vello dos dous.

Pero non todo era felicidade, o día da voda, apareceu o ser máis despiadado que

existía… O elefante Adrián que podía lanzar lume pola trompa. Foi así como matou a Alexandra.

Pablo R.R. xurou matalo, colleuno polas patas e guindouno ás areas movedizas.

De repente Pablo deuse conta de que Alexandra fixérase a morta de broma, pero cando

Adrián caeu ás areas movedizas apareceu Inma con todos os seus gatos malvados e lanzoullos

Page 15: curso 2009- 2010

a Adrián para salvalo. Nese momento apareceu a rinoceronte, o seu mozo Lito e a súa filla Irene,

para loitar contra a bruxa Inma. Pero era tan mala que os enfeitizou e convertiunos para

sempre en falcóns.

Llosi volveu coa súa moza e o resto dos falcóns. O mundo estaba en paz, feliz e

tranquilo. Os que eran máis felices eran Alexandra, Pablo e o seu fillo Brais.

Nico o “pica árbores” decidiu volver a casa coa súa nai Ana e o seu irmán Alberto.

Cando chegou estaba todo tirado polo chan. Pensou que lles roubaran e que podían ter sido os

falcóns. Aínda que logo decatouse de que a porta da casa dos paxaros carpinteiros era moi

pequena para que coubese un falcón.

¡Era un misterio!De repente, Nico viu a unha formiga e colleuna como mascota. Chamaron á porta, abriu e

comprobou que era o exército das formigas. Pedíronlle ä súa formiga, pero Nico conseguiu facer

un trato e non loitar por ela: Nico deulles unha mazá a cambio da formiga.

O que non sabía Nico é que a formiga e o seu exército eran os que entraran a roubar a

noite anterior.

¡Tiñan o enemigo na súa propia casa!Pero el defendeuse co seu exército de vicerraptores. Os dragóns de Pablo tamén loitaron

¿Quen gañou?Ninguén!!! Apareceu Samuel e díxolles que se deixasen de facer o parvo e foron para casa tan

tranquilos.

Texto: Brais Sobral López, 4º C

Marzo de 2010

Page 16: curso 2009- 2010
Page 17: curso 2009- 2010
Page 18: curso 2009- 2010
Page 19: curso 2009- 2010
Page 20: curso 2009- 2010
Page 21: curso 2009- 2010
Page 22: curso 2009- 2010

Alumnado de 3º A e C

Page 23: curso 2009- 2010

MEMORIAS DO MEU SEGUNDO CICLO

Nestes dous cursos aprendín moito e paseino moi ben. A miña

profesora de terceiro e cuarto chámase Alejandra.

Aprendín, por exemplo; a dividir por dúas cifras,, a multiplicar por

dúas cifras, as fracións, a estudar os verbos, a colocar acentos...

Fixemos festivais das Letras Galegas onde actuamos toda a clase. Os

de 4º C fixémonos famosos pola Nova Ratiña presumida, O crocodilo

namorado e o maiumaná galego. Tamen celebramos o entroido e nos

disfrazamos de mariñeiros e de peruanos.

Ademais, tivemos varias visitas importantes como a de Anxo Fariña

que nos asinou o libro A Monstroescola. ou a da autora de O grilo Gastón,

quen se emocionou co noso proxecto sobre o seu libro.

Neste curso, veu un xordo e ensinounos a linguaxe de signos coa

que, para comunicarte, tes que usar as mans.

Page 24: curso 2009- 2010

Tamén fomos a moitas excursións como ao Salón doLibro de

Pontevedra, a fábricas, ao museo do Mar e o Marco en Vigo...

Este ano, como rematamos cuarto fomos de excursión ao monte de

Santa Trega onde hai castros de orixe celta e xogamos entre eles ás

agachadas.

Pablo Rodríguez Ramil 4º C

Page 25: curso 2009- 2010

DESPOIS DA CATÁSTROFE DE HAITÍ PENSAMOS QUE…

TEMOS MOITA SORTE DE VIVIR EN REDONDELA

- Cada día comemos varias veces alimentos frescos e variados.- Todos os días limpamos o noso corpo e poñemos roupas limpas.- Vivimos en casas cheas de adiantos, mobles e aparellos que

facilitan os traballos e fannos sentir cómodos.- Podemos ir ao médico, ao hospital e ter menciñas para mellorar

cando estamos enfermos.- Temos escolas e mestres que nos ensinan cousas importantes.- Temos familia e amigos que nos queren moito.- Non queremos esquecernos dos millóns de nenos e nenas do

mundo que non viven tan ben coma nós.

Reflexións dos alumnos e alumnas de 4º A

Page 26: curso 2009- 2010
Page 27: curso 2009- 2010
Page 28: curso 2009- 2010

OS NOSOS EXPERIMENTOS COAS PLANTAS

Este ano os alumnos de 3º B fixemos uns experimentos coas plantas .

Mercamos dúas plantas en bo estado de distinta clase e de tamaño pequeño.

1º Experimento: fixémolo cunha planta chamada Spiphifolia .Puxémola na

nosa mesa de plantas e sementes ao carón da fiestra e alí durante dúas

semanas coidámola e botámoslle auga. Cando pasaron dúas semanas

observamos que a planta medrara e ademais as súas follas inclinábanse cara

a luz da fiestra.

Este experimento serviunos para coñecer a función de relación nas plantas e

vimos como se relacionan co medio no que viven.

Page 29: curso 2009- 2010

2º Experimento: Fixémola cunha planta chamada Begoña. Pequena pero

moi chea de follas e flores de cor rosado.

Esta planta puxémola fóra do contacto coa luz e sen regar durante dúas

semanas no noso armario da clase.

Na primeira semana caéronlle as flores e as súas follas puxéronse amarelas.

Ao cabo de dúas semanas xa non tiña flores e as súas follas e talo

volvéronse de cor marrón. A terra estaba seca e xa non houbo maneira de

recuperala, morreu.

Con este segundo experimento comprendemos que unha planta sen luz nin

auga non pode vivir.

ALUMNADO DE 3º B

Page 30: curso 2009- 2010
Page 31: curso 2009- 2010

OCEANÍA ESTIVO COS NENOS E NENAS DE SEGUNDO

Este curso os nenos e nenas de segundo estivemos a traballar sobre Oceanía. Investigamos sobre a cultura, fauna, flora, xeografía, lendas, curiosidades...

Estas son algunhas das conclusións interesantes que descubrimos:

O DRAGÓN DE KOMODO

O dragón de Komodo é o reptil máis grande do mundo. É tamén coñecido co nome de varano de Komodo e mide entre 2 e 3 metros de longo, e pesa entre 80 e 140 Kgr. O máis grande dragón de Komodo que se mirou medía 4,5 metros e pesaba 232Kgr. Descenden dos dinosaurios e son moi parecidos aos crocodilos. Caracterízase por ter unha lingua longa e son capaces de consumir as présas enteiras. Alcanzan unha velocidade de 20 km/hora. Son moi esbeltos coa súa cabeza alongada.

O WOMBAT COMÚN

O wombat común é un mamífero marsupial que habita en Tasmania e Australia. Habitan dentro de tobos nas áreas de bosque. Teñen garras moi fortes e patas grosas e musculadas que lle axudan a cavar. Non ten ningún inimigo natural e pode sobrevivir no se tobo cando hai incendios ou desastres naturais. É herbívoro e nocturno, permanecendo de dia dentro do seu tobo. Reprodúcense cad dous anos e só teñen unha cría que non é independiente ata os 18 meses. O máis curioso deste animal é que poden durmir coas súas catro patas no aire cara arriba.

Page 32: curso 2009- 2010

O DEMO DE TASMANIA

O demo de Tasmania é outro mamífero marsupial carnívoro que só habita en Tasmania. Ten o tamaño dun can pequeno pero ten moita forza. Caracterízase polo se pelo negro e o seu grito aterrador e moi molesto. É nocturno e ten tanta forza que poden romper os ósos dun cadávre e comelo todo incluindo pelos e plumas. Está en perigo de extinción por un tumor facial e pola indiscriminada que sufriu ata 1941 cando quedou protexido e prohibiuse a súa caza.

O ORNITORRINCO

Este animal é moi curioso: é un mamífero monotrema, é dicir, pon ovos. É carnívoro.Ten o peteiro e as patas de pato, os pes palmeados e a cola de castor. Vive fundamentalmente na auga. Cando bucea nin mira nin escoita pero se orienta por unhas terminacións nerviosas que ten no peteiro. De

novo ten dúas filas de dentes e de adulto unha almofada dura que medra sempre. Pode estar somerxido na auga ata 5 minutos. Na cola ten un depósito de graxa que lle permite resistir sen comer durante o inverno. Fai o seu niño escavando túneles de ata 17 metros de longo; un túnel para el e outro para poñer os ovos (normalmente dous). O macho ten un espolón velenoso nas patas traseiras. Como ten unha pel moi suave en tonos marróns foi cazado durante moito tempo de xeito indiscriminado, pero agora está protexido.

Page 33: curso 2009- 2010

Aparece nas moedas de 20 céntimos australianos. Vive en Australia e en Tasmania.

A GRAN BARREIRA DE CORAL AUSTRALIANA

A Gran Barreira de Coral ten 2.200 Km. De longo e está situada no Noreste de Australia. Este marabilloso paraíso está amenazado polo cambio climático, polo aumento da temperatura e da acidez das augas. Esto pode convertirse nun desastre ecolóxico e ecónomico. A Gran Barreira de Coral é un ecosistema único no planeta xa que é o fogar de máis de 1.500 especies de peixes, 5.000 de moluscos, 360 de

coral duro, medio millón de aves mariñas e o lugar perfecto para que moitos outros animais depositen os seus ovos. Para empeorar esta situación, o pasado mes de abril a Gran Barreira sufriu outro desastre cando un carguero chinés que transportaba carbón e petróleo encallou alí soltando parte do petróleo que levaba. As autoridades afirman que para repoñerse deste verquido a Gran Barreira necesitará 20 anos.

Nenos e nenas de 2º B

Page 34: curso 2009- 2010

Este ano no Entroido fomos disfrazados de [email protected] motivo da inauguración da nova biblioteca,recibimos unha invitación de Nana ,a nosa mascota da Biblio,para investigar sobre seres mitológicos de Rusia.Algunhas compañeira@s quedaron na biblioteca do Multiusos e con axuda de” Kote” encontramos un libro moi interesante.Nel cóntase a historia dunha bruxa rusa chamada Babayaga.Que…..quen era ¿Qué facía?Onde vivía?Pois…….

Nacionalidade:RusaVive nunha:Cabana apoiada sobre patas de polo.Foi vista:Voando polos aires sobre un morteiro.Comida:Carne,especialmente dos nen@s encántalle os carebros dos nenos que non len,xa que estan moi brandos.Como se recoñece?Ten o naris azul,un dente de pedra e unha irmán semellante a ela.Mascota:Un gato parlanchín.

Xa que come rapac@s.

Page 35: curso 2009- 2010

Alumnado de 3º A e C

Page 36: curso 2009- 2010

Alumnado de 3º A e C

Page 37: curso 2009- 2010

Nen@s de 3º A-C

Page 38: curso 2009- 2010