Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 13 - Xaneiro de 2015 Xa non hai excepcións. Se nos úlmos anos polo menos Ordes e Oroso conseguían aumentar poboación, agora tamén estes dous municipios perden habitantes. A úlma revisión do padrón deixa a Ordes con 95 persoas me- nos e a Oroso con 31. A súa puxanza urbanísca previa á crise perdeu a capacidade de atraer poboación ao ritmo de antes. Nos outros cinco mu- nicipios, o declive demográ- fico segue sendo moito máis patente. Xa ningún concello da zona gaña habitantes no último padrón Páx. 11 5,2 millóns de orzamento municipal para 2015 OROSO Páx. 9 Tras pechar, a gasolineira podería cambiar de mans FRADES Páx. 8 Páx. 10 A Coruña beberá en Meirama Contratada a obra para o enlace sur da AP-9 en Sigüeiro OROSO Páx. 8 Acometen obras de arranxo e posta ao día en varias rúas ORDES Páx. 2 Os prezos do leite galego volven caer ao mínimo español ECONOMíA Páx. 12 Gran acollida á biografía de Gómez Carneiro MESíA Páx. 19 Festas, desfiles e concursos para o entroido que vén COMARCA Páx. 13 Obras no lago artifi cial para duplicar o abastecemento da capital herculina e a súa contorna cando se precise MUNDO Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540 ORDES (A Coruña) BAZAR CHINO Sortea un smartphone Telefun T5 Por la compra de cada DISFRAZ DE CARNAVAL recibirás una rifa de obsequio* *el agraciado será el poseedor de la rifa cuyas 3 últimas cifras coincidan con el Primer Premio de la Lotería Nacional del 14-2-2015

description

Número 13 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Transcript of Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

Page 1: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 13 - Xaneiro de 2015

Xa non hai excepcións. Se nos últi mos anos polo menos Ordes e Oroso conseguían aumentar poboación, agora

tamén estes dous municipios perden habitantes. A últi ma revisión do padrón deixa a Ordes con 95 persoas me-

nos e a Oroso con 31. A súa puxanza urbanísti ca previa á crise perdeu a capacidade de atraer poboación ao ritmo de

antes. Nos outros cinco mu-nicipios, o declive demográ-fi co segue sendo moito máis patente.

Xa ningún concello da zona gaña habitantes no último padrón

Páx. 11

5,2 millóns de orzamento municipal para 2015

OROSO

Páx. 9

Tras pechar, a gasolineira podería cambiar de mans

FRAdeS

Páx. 8

Páx. 10

A coruña beberá en Meirama

contratada a obra para o enlace sur da AP-9 en Sigüeiro

OROSO

Páx. 8

Acometen obras de arranxo e posta ao día en varias rúas

ORdeS

Páx. 2

Os prezos do leite galego volven caer ao mínimo español

ecONOMíA

Páx. 12

Gran acollida á biografía de Gómez carneiro

MeSíA

Páx. 19

Festas, desfi les e concursos para o entroido que vén

cOMARcA

Páx. 13

Obras no lago artifi cial para duplicar o abastecemento da capital herculina e a súa contorna cando se precise

MUNDO

Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540ORDES (A Coruña)

BAZAR CHINOSortea un smartphone Telefun T5

Por la compra de cada DISFRAZ DECARNAVAL recibirás una rifa de obsequio*

*el agraciado será el poseedor de la rifa cuyas 3 últimas cifras coincidan con el Primer Premio de la Lotería Nacional del 14-2-2015

Page 2: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

2

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2015

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ORDES Investimento en beirarrúas, zonas de circulación, canalizacións e mobiliario

Ordes revisa varias rúas con novas obrasVarias rúas de Ordes están ou es-

tiveron en obras durante os últimos días. As melloras chegan a distintos elementos, tanto os que están á vista como os que non: beirarrúas, capas de rodadura, mobiliario público, ca-nalizacións... E aínda que a meteoro-loxía axudou máis ben pouco, os tra-ballos foron cumprindo os prazos.

Unha das zonas beneficiadas é a rúa Xardín, que comeza na rúa de Ga-licia, practicamente á altura da Casa da Cultura, e que era unha das máis abandonadas da vila. Con 20.000 euros dun plan provincial, instálanse 150 metros dunha nova canalización para augas pluviais, tubaxes para auga potable, beirarrúas e conglome-rado para a circulación de vehículos.

Máis no centro da vila, na rúa do Recreo, os traballos céntranse na rede de saneamento. Con 43.000 euros de investimento, interveñen en dous tramos de 50 metros cada un: un na confluencia con González Faya e outro próximo á ponte. As canali-zacións repáranse con fibra de vidro para tratar de acabar coas filtracións. E tras limpar o colector, tamén se re-abren as acometidas, ademais de ca-nalizar 100 metros en PVC con varios pozos de rexistro. O Concello agarda que esta actuación sirva para aforrar no tratamento daauga.

A obra que comezou máis recen-temente é a da rúa Parque Munici-pal, a da zona dos taxis. Neste caso invístense 50.500 euros dun plan provincial. Contemplouse repoñer 40 metros de beirarrúas con bordo de granito e baldosa de formigón, a canalización de 65 metros para a re-collida de augas pluviais, a aplicación de conglomerado na capa de rodaxe en 100 metros e a instalación dunha

marquesiña para o servizo de taxis. A intención é que a obra remate du-rante o mes de febreiro.

ESCOLA UNITARIAAdemais das rúas, as obras chega-

ron a edificios públicos como a antiga escola unitaria da rúa de Galicia, a ca-rón da Casa da Cultura. Na primeira

fase cambiouse a cuberta para evi-tar filtracións e humidades e nunha segunda fase incluirase o cambio da carpintaría exterior, tarefas de pin-tura e arranxos na fachada. En total, invisten 50.000 euros, dos que a De-putación achega un 10 % cunha sub-vención. O edificio úsase na actuali-dade para fins sociais e formativos.

Primeiros pasos das obras na rúa do Recreo (esquerda) e na rúa Xardín

O burato dunha antiga farola causa un accidente con hospitalización

ORDES

Un esvarón nun dos buratos que quedaron nas beirarrúas de Ordes ao substituír farois levou á hospitalización dunha persoa. A circunstancia fixo que o PP insis-tise na súa demanda de que se solucionen tales deficiencias na seguridade dos peóns “de inme-diato”.

Para o principal grupo da opo-sición, os puntos onde estaban os antigos farois non foron obtura-dos de xeito correcto, dado que “o Concello optou por desenten-derse, como fai habitualmente” e os ocos só foron tapados con area ou cemento, deixando nalgúns casos as bases “con parafusos á vista, co conseguinte risco adicio-nal”, comentan.

José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz do PP, empraza ao al-calde a intervir canto antes para evitar que se volvan producir ac-cidentes. “Resulta bochornoso -afirma o líder do PP- que en cada obra que impulsa o Concello de Ordes se rexistre algunha inciden-cia por falta de previsión, co agra-vante de que neste caso haxa que lamentar lesións persoais”.

Dous dos buratos nas beirarrúas

Retirada das antigas beirarrúas na rúa do Parque Municipal

O BNG reclama renovar o abastecemento na rúa das campeiras tras novos escapes

Sucesivos escapes de auga na rede de saneamento da rúa das Campeiras levaron ao BNG de Ordes a solicitarlle ao Concello a substitu-ción das tubaxes. Pablo Vidal, con-celleiro nacionalista, asegura que a rotura das tubaxes “débese á anti-güidade da rede existente na zona, onde mesmo existen conducións de

fibrocemento nalgún tramo”. Para o Bloque, a solución ten

que ir máis alá dos “parches” que, na súa opinión, se efectuaron ata agora, senón por instalar tubaxes novas de polietileno e cun diámetro axeitado. Do contrario, cren que pe-riodicamente os veciños da rúa se-guirán padecendo as molestias.

Para o BNG, a rúa das Campei-ras está sometida a “marxinación e castigo” por parte do goberno mu-nicipal, xa que nela “nunca se aco-meten medidas de mellora, existen beirarrúas completamente desfei-tas, farois obsoletos e conducións subterráneas con constantes rotu-ras”, afirman.

Page 3: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

PuBlicidAde

crónicas - Xaneiro 2015 3

Camión do lixo Lavado de rúas Transporte de residuos

Camión lavacontedoresBarredora

Xestión de punto limpoMovemento de terras

Camión RSU

Tractor desbroce

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOficina: 981 693 072 / 639 200 204 - [email protected]

Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

GRUPO

Page 4: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

4

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2015

Mercurín e Lesta reciben os documentos do acordo da parcelaria os días 28, 29 e 30

ORDES

Os propietarios de terreos na concentración parcelaria de Mer-curín-Lesta II poderán obter a do-cumentación do acordo de con-centración nos vindeiros días. Concretamente, o 28 e o 29 de xa-neiro entregarase na escola unita-ria de Pedre, en Mercurín, e o 30 de xaneiro no local da asociación de veciños en Lesta, no lugar da Igrexa. Nos dous casos, poderase acudir entre as 9:30 e as 14 horas.

A documentación poderán re-cibila os titulares, sempre que acudan co DNI ou un documento identificativo equivalente. Se-gundo o aviso distribuído pola Consellería do Medio Rural, no caso de matrimonios con bens ga-nanciais poderá acudir calquera dos dous compoñentes. Se o ma-trimonio é de bens privativos, a persoa titular dos bens terá que autorizar a outra para que poida recoller a documentación.

Tamén se contempla o caso de que a persoa titular non poida re-coller a documentación persoal-mente. Nesa situación, pode au-torizar a outra persoa, cubrindo e asinando unha folla de autoriza-ción, que a persoa que autorizada terá que levar acompañada da fo-tocopia do DNI do autorizante.

En herdanzas, calquera her-deiro pode acudir presentando o testamento e as autorizacións dos demais. E en sociedades, con do-cumentación acreditativa.

FRADES Rematará de devolverlle uns 184.000 euros á entidade provincial en 2026

O concello traslada as súas débedas cos bancos a un plan da deputación

O Concello de Frades contempla quedar en breve sen débedas ban-carias. Farao utilizando un plan espe-cífico da Deputación, aprobado por unanimidade do pleno, co que na práctica iralle devolvendo os cartos á entidade provincial ata 2026.

A cantidade que prestará a Depu-tación é de case 184.000 euros. De-les, uns 60.000 servirán para supe-rar unha operación financeira con Bankia, efectuada no seu día para o plan de pago a proveedores. E ous outros 124.000 destinaranse a amor-

tizar un préstamo que o Concello ten co BBVA, do que así quedarían algo máis de 13.000 euros por pagar.

Nos orzamentos deste ano, está previsto amortizar esta última canti-dade, aínda que o goberno local ta-mén baralla a opción de que haxa outros Concellos que non precisen utilizar o plan provincial, de modo que se redistribuirían os fondos e eses 13.000 euros tamén se poderían amortizar por esa vía.

Así pois, a débeda municipal xa non sería cousa dos bancos, xa que

o seu papel sería asumido pola De-putación. En versión suave, eso si, porque non cobraría xuros nin em-pezaría a pedir prazos ata dentro de dous anos. Deste xeito, estímase que o Concello aforrará uns 15.000 euros en xuros, cun período de pago entre 2017 e 2026.

Con esta operación do chamado Plan de Aforro e Investimento da De-putación, o alcalde, Roberto Rey, ase-gura que “a débeda bancaria do Con-cello queda reducida a cero neste mandato”.

ORDES Isabel Cendal participou na expedición que levou a vacina a América en 1803

O PSOe propón como filla predilecta á ordense que loitou contra a varíola

Os socialistas de Ordes propoñen nomear como filla predilecta do Con-cello de Ordes a Isabel Cendal Gó-mez, nada da Grela (Parada) en 1773, polo seu labor destacado na expedi-ción filantrópica que permitiu levar ata América a primeira vacina contra a varíola entre 1803 e 1814.

O portavoz municipal do PSOE, Xesús Pedreira, asegura que Cendal carece de recoñecementos na súa terra de orixe e sen embargo “está considerada como a primeira enfer-meira da historia da saúde pública

en México”, onde lle dá nome a un premio profesional desde 1975 e á escola de enfermaría de Texmelu-can, e para a Organización Mundial da Saúde (OMS) foi a primeira enfer-meira en misión internacional.

Ademais da designación como fi-lla predilecta, a homenaxe proposta consiste en instalar un monolito con-memorativo no Parque Félix Rodrí-guez de la Fuente e unha placa de lembranza na Grela, onde aínda hai unha vivenda que se coñece como ‘a de Xacobe’, nome do pai de Isabel

Cendal, segundo Pedreira. A expedición filantrópica do do-

utor Francisco Javier Balmis levou a vacina da varíola desde o porto da Coruña utilizando vintedous orfos para transportala ata América. Che-garon a México para difundila por todo o continente e tamén ata Filipi-nas. A implicación de Cendal na expe-dición débese a que era a rectora da Casa de Expósitos da Coruña. Ata hai pouco había confusión sobre a súa orixe, documentada recentemente polo investigador Antonio López.

Page 5: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2015 5

A mediados de febreiro abrirá o prazo para participar no circuíto cultural e deportivo

ORDES

O prazo para que as persoas inte-resadas se inscriban nas actividades do circuíto cultural e deportivo do Concello de Ordes abrirá entre o 16 de febreiro e o 25 de febreiro.

O programa ofrece actividades tanto para persoas adultas como me-nores. Entre as propostas, destacan as clases de baile moderno, de baile en liña e de baile de salón, os cursos de informática, de cociña, de deseño e elaboración de bixutería, clases re-lacionadas coas plantas medicinais ou cursiños de cociña para nenos e nenas.

As actividades desenvolveranse entre os meses de marzo e de xuño, segundo explica o Concello. As inscri-cións poden tramitarse no departa-mento de Cultura e Deporte do Con-cello, situado no primeiro andar da casa consistorial. Para obter máis in-formación sobre esta convocatoria, tamén se pode chamar ao teléfono 981 68 00 02 ou consultar a páxina web do Concello, agora dispoñible con novo dominio na dirección or-des.gal.

O Camiño Inglés rexistrou en 2014 un 62 % máis de peregrinos que en 2013, ata chegar a 7.194

COMARCA

O Camiño Inglés, que na comarca discorre polos municipios de Mesía, Ordes e Oroso, experimentou du-rante 2014 un incremento moi des-tacado do número de peregrinos. Segundo os datos de Turismo de Galicia, acadaron a Compostela se-guindo este roteiro 7.194 persoas, o que representa un 62,35 % máis que no ano previo.

Como é obvio, o aumento do nú-mero de camiñantes tivo como con-secuencia unha suba semellante de pernoctacións na rede pública de al-bergues do Xacobeo. En todo 2014 foron 10.530, elevándose por tanto a cifra nun 61 % con respecto a 2013.

A variante inglesa do Camiño su-mou trinta nova prazas o ano pa-sado, ao entrar en servizo o albergue de Sergude, no municipio de Carral. Na comarca, a única instalación des-tas características continúa sendo a de Bruma, en Mesía, dado que as solicitudes efectuadas desde Ordes para un albergue en Poulo non son atendidas e o proxecto de albergue en Sigüeiro non avanza.

O Concello recibe un tractor de desbroces e unha furgoneta

O Concello de Frades conta xa cun novo tractor que xubila o an-tigo de dezaseis anos e cunha nova furgoneta para trasladar persoal e materiais. As dúas máquinas cus-taron 117.000 euros (92.000 o tractor de desbroce e 25.000 a fur-goneta) e foron pagadas pola De-putación da Coruña.

O presidente da entidade pro-vincial, Diego Calvo, acudiu a Fra-

des ao acto de entrega, no que participaron o alcalde, Roberto Rey, e os demais integrantes do goberno local.

Rey agradeceu o apoio da De-putación e aproveitou para tras-ladarlle ao seu presidente novas necesidades do municipio en ma-teria de infraestruturas, como a construción de sendas peonís en estradas de titularidade provincial.

O presidente provincial, co goberno municipal na entrega das máquinas

FRADES

Page 6: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

6

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2015

O PSOE quéixase de que o PP lle rexeitase todas as súas emendas aos Orzamentos da Xunta

ORDES

Os socialistas de Ordes queixáronse de que o PP rexeitase todas as emendas que presenta-ron aos Orzamentos da Xunta du-rante o seu trámite parlamenta-rio. O secretario xeral do PSOE lo-cal, Xesús Pedreira, asegura que é o quinto ano consecutivo que “o PP castiga os veciños e veciñas de Ordes sen ningún tipo de investi-mento”, aínda que para el “xa non é sorpresa ningunha que a Xunta volva actuar de xeito partidista e castigue os municipios que non te-ñen un goberno do PP”.

Non obstante, Pedreira em-praza ao PP de Ordes a que diga “se comparte esta decisión” por-que “non é de recibo que o PP se opoña por sistema a todo o que se lle presente dende Ordes e incluso prefira seguir incumprindo a Lei a facer un investimento no munici-pio”, en referencia á dotación de 7.000 euros para que funcione o ascensor do IES nº1, que segundo Pedreira é legalmente obrigado.

Outra queixa especial do di-rixente socialista ordense é a rela-tiva a unha mellora do servizo de abastecemento de auga potable, cos depósitos presentando “fen-das que fan temer pola súa inte-gridade”. “Gustaríanos saber se o PP de Ordes tamén considera que garantir que os veciños de Or-des teñan auga non é unha prio-ridade, tal como acaban de poñer de manifesto os seus compañeiros de partido no Parlamento”, mani-festa Pedreira.

ORDES O programa social beneficia a vinte e dúas familias da contorna

A Sementeira montará un invernadoiro para continuar colleitando futuro

O programa social ‘A Sementeira’ vai ampliar a súa capacidade coa construción dun invernadoiro duns 900 metros cadrados. Con el, poderá garantir en mellores condicións e di-versificar os cultivos dos que se apro-veitan as vinte e dúas familias que participan na iniciativa, ademais de servirlles de formación.

O proxecto do invernadoiro foi o máis destacado na recente reunión do comité de xestión de ‘A Semen-teira’, no que se deu conta da activi-dade efectuada en 2013 e 2014 e se planificaron novas accións para a pri-meira metade de 2015.

No encontro participaron o al-calde de Ordes e presidente da Man-comunidade, Manuel Regos, a te-nente de alcalde ordense Silvia Ma-rín, os integrantes de Cáritas Cle-mente Boo, José González e Javier García, o responsable da Asociación para o Desenvolvemento da Comarca de Ordes (Asdecomor), Domingo Lojo, e a directora do CIM de Ordes, Nazaret González.

A nova iniciativa sumarase ao cul-

tivo hortícola da parcela de 6.500 metros cadrados nas inmediacións da vila. Ademais de resolver en parte as necesidades de abastecemento de alimentos de núcleos familiares con recursos escasos, o proxecto desen-volve plans de formación sobre agri-cultura ecolóxica, autoemprego, compostaxe e aproveitamento de re-cursos naturais. Nos vindeiros meses,

a formación incidirá tamén na produ-ción e comercialización dos produtos hortícolas.

‘A Sementeira’ conta coa colabo-ración conxunta de Cáritas, o Conce-llo e a Mancomunidade e ten o apoio e financiación da Deputación, de em-presas da zona, da asociación Taran-deira, da Fundación Pedro Barrié de la Maza e de Sogama.

Reunión do comité de xestión do programa social fundamentado no cultivo de horta

ORDES Alberga o banco de alimentos, o roupeiro e varios espazos de reunión

O arcebispo inaugura o novo local de cáritas, para el “a casa da caridade”

Cáritas de Ordes conta cun novo local na vila no que centraliza xa toda a súa actividade. Trátase dun baixo propiedade da Igrexa, con 220 me-tros cadrados e situado na rúa Gon-zález Faya. Nas dependencias máis destacadas do espazo ubican o banco de alimentos, un roupeiro e unha ampla sala polivalente para reunións e cursiños.

Para os actos de inauguración, acudiu a Ordes o arcebispo Julián Ba-rrio, quen primeiro presidiu a liturxia dominical na igrexa parroquial e des-pois achegouse ao novo local, acom-pañado polo párroco, o alcalde, a te-nente de alcalde, a directora de Cá-ritas en Ordes e outros integrantes desta entidade benéfica, ademais de deceas de veciños e veciñas.

Para Barrio, o novo local é “a casa da caridade”, na que “se deben ofre-cer posibilidades aos máis necesita-dos e necesitadas e onde os que ve-ñan en busca de axuda deben ser benvidos e sentirse ben acollidos”. O arcebispo solicitou tamén que sexa “unha casa de bendición, onde ade-mais de axudar con bens materiais se ofreza formación para o correcto desenvolvemento e integridade das persoas”, dixo.

Nos actos destacouse a colabora-ción e coordinación do Concello con Cáritas, ademais da solidariedade ve-ciñal. E tamén se agradeceu o apoio da Cruz Vermella e de Correos, que cederon o mobiliario para o novo lo-cal. Aínda que se constituíu oficial-mente en 2007, Cáritas ten máis de cinco décadas de actividade en Or-des.

Na actualidade, axúdalles a unhas cen familias, unha cifra aumenta en determinados meses. Os principais apoios son alimentos, roupa ou ma-terial escolar, e afrontar o pago de facturas de luz, gas ou alugueres.

Acto de inauguración das novas dependencias, situadas na rúa González Faya

A Xunta obriga a un veciño a eliminar os verquidos da lavadora e o fregadoiro da súa casa

MESÍA

A Consellería de Medio Am-biente requeriulle ao propietario dunha vivenda de Castro (Mesía) que eliminase os verquidos conta-minantes á rede de pluviais, que procedían das augas residuais da lavadora e do fregadoiro.

A situación comprobouse nunha das inspeccións habituais de Augas de Galicia. Tras o reque-rimento, o persoal inspector acu-diu a verificar que o veciño ins-talara un sistema de depuración para tratar as augas residuais, evi-tando a contaminación.

Page 7: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2015 7

COMARCA Para proxectos de preservación da natureza na Rede Natura

Axuda ambiental de 96.000 euros para Mesía, Ordes, Oroso, tordoia e trazo

Cinco Concellos da comarca de Ordes reciben uns 96.000 euros en axudas pertencentes á Rede Natura para acometer proxectos de preser-vación ambiental e paisaxística. Trá-tase de Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, tal como explicou a delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, na súa visita a Tordoia para coñecer o proxecto que se financia nese mu-nicipio.

Salvo Oroso, con 16.500 euros, as demais entidades locais reciben cantidades moi próximas aos 20.000 euros. En Mesía empregaranos para preservar vexetación de ribeira, co-locar filtros verdes e mellorar acce-sos. En Ordes, servirán para conser-var a ribeira do río Mercurín, Oroso aproveitará para abrir e limpar cune-tas e adecentar varios viais, Tordoia limpará a contorna do río Lengüelle, e Trazo efectuará unha restauración ecolóxica e paisaxística das ribeiras do Tambre.

En toda a provincia, son 37 mu-nicipios os que reciben estas axu-das, por un importe total de 603.000

euros, ao ter superficie incluída na Rede Natura. En Mesía son case 38 hectáreas (o 0,36 % da extensión mu-nicipal), en Ordes preto de 79 (0,5 %), en Oroso 167,5 (2,3 %), en Tordoia 31 (0,25 %), e en Trazo 52,2 hectáreas (o 0,53 % do total do concello).

En total, estes municipios da co-

marca ordense suman case 368 hec-táreas. As axudas para o ámbito da Rede Natura serven para acondicio-namentos naturais e paisaxísticos, in-cluíndo a recuperación ou restaura-ción de elementos históricos e patri-moniais como hórreos, milladoiros, fontes, cabanas ou valos.

Belén do Campo, en Tordoia, co alcalde e un concelleiro na zona onde se intervirá

Novos trámites para a integración de Ordes no plan de transporte metropolitano

ORDES

Novo paso para a integración de Ordes no plan de transporte metropolitano nas áreas de San-tiago e da Coruña. Tras anos de re-traso, a Xunta asegura que o mu-nicipio, e outros seis, poderán su-marse ao servizo durante 2015, se ben non se concretou ningunha data.

Na última reunión da comisión de seguimento do plan, estivo so-bre a mesa a continuidade do con-venio que entre Xunta, Concellos e empresas, que finaliza este ano. Nunha nova reunión en marzo analizarán tal prórroga. As condi-cións establecidas serían as que xa se aplicarían para Ordes.

Comisión de seguimento do plan

OBRADOIRO DE MÁSCARAS - Para nenos/as a partir de 6 anos os días 4 e 5 de fe-breiro de 16:30 a 18:30h no centro cultural. Prezo empadroados/as 15€ (material engadido no prezo)- Para adultos/as os días 20, 23, 27 e 30 de xaneiro e 3 e 6 de febreiro de 16:30 a 18:30h no centro cultural. Prezo para empadroados/as 20€ (material á parte por conta do/a usuario/a).

CONCURSO DE RECEITAS: “EN GALEGO SABE MELLOR”. O prazo de entrega das receitas remata o 11 de fe-breiro de 2015, ás 14:00h no centro cultural. Te-rán que ser típicas do Entroido e deberán estar es-critas en lingua galega e mecanografadas (impresas en papel e cos datos persoais do autor). Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 12 de fe-breiro de 9 a 14h ou de 17 a 18h. O premio para o/a gañador/a será unha cea para dúas persoas e para o/a finalista un libro de cociña. Maiores de 16 anos.

CONCURSO DE MÁSCARASPrazo límite de entrega o 11 de febreiro no cen-tro cultural. Dúas categorías: infantil (dos 7 aos 12 anos) e adultos (a partir dos 13 anos). Os premios na categoría infantil serán: para o gañador un vale regalo en equip@t por valor de 70€ e para o fina-lista outro vale regalo por valor de 35€ en quip@t. Para os adultos o gañador unha tablet e o finalista unha cea para dúas persoas no restaurante Ma-riñaos. Consultar bases no centro cultural ou en www.concellooroso.com.

ANIMACIÓN Á LECTURA - Sábados 7, 21 e 28 de febreiro ás 11:00h. Contos e obradoiros “Fabulas fabulosas”, na Biblioteca. -Venres 20 de febreiro ás 18:00h club de lectura “En busca do libro perdido”, na Biblioteca Munici-pal. Prazas limitadas. Para nenos/as de 8 a 12 anos.

-Venres 27 de febreiro ás 18:00h obradoiro A Re-botica dos Contos “Animalario fantástico”.

FESTIVAL DO CRAVenres 13 de febreiro no centro cultural.

CONCURSO DE DISFRACESSábado 14 de febreiro. Saída ás 18:00h do Pavi-llón de Deportes e percorrido polas rúas de Sigüei-ro amenizado polo grupo de percusión da Aula de Música. Entrega de premios do concurso de recei-tas e do concurso de máscaras arredor das 19:30h. Haberá animación, inchables, mascotas, premios, música e moita diversión. Dirixido a todos os pú-blicos. Consulta as bases no centro cultural ou na páxina web www.concellooroso.com.

OBRADOIRO REPOSTEIRO DE CUPCAKES DE ENTROIDOLuns 16 de febreiro. Rapaces/azas 4 a 13 anos.- De 10 a 11:30: nenos/as de 9 anos en adiante. - De 12:00 a 13:30: nenos/as de 3 a 8 anos.Inscrición previa no centro cultural a partir do 2 de febreiro. Prazas limitadas. Gratuíto.

FESTA DE DISFRACESLuns 16 de febreiro ás 19:00h no centro cultural. DISCOMÓBIL para nenos/as con dj, máquina de pompas e de fume! Dirixido a todos os públicos. Colabora traendo filloas e orellas.

OBRADOIRO DE FILLOASMércores 18 de febreiro de 11 a 12:30h. No centro cultural. Para nenos/as de 6 anos en adiante. Prazas limitadas. Inscrición previa no centro cultural.

BAILE DE MAIORESSábado 28 de febreiro ás 19:30h no centro cultu-ral, coa actuación do grupo “JJ y Son”.

Page 8: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

8

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2015

Renovan alumeado público nas parroquias de Moar e de Abellá con 60.000 euros

FRADES

O alumeado público de varios lugares das parroquias de Abellá e de Moar, en Frades, foi renovado cun investimento duns 60.000 euros, subvencionado en máis do 80 % polo INEGA dentro dun proxecto conxunto de 180.000 euros con Ordes e Trazo.

A iniciativa supuxo renovar 130 luminarias. As instaladas teñen maior eficiencia enerxética, ata o punto de que o Concello estima que aforrará uns 13.000 euros anuais na factura da luz. E tamén ofrecen unha luz branca menos molesta para a vista.

OROSO Foilles adxudicado ás empresas Puentes e Francisco Gómez & Cía

contratado o proxecto para construír o enlace sur da AP-9 en Sigüeiro

As obras para construír o enlace sur da AP-9 en Sigüeiro xa están con-tratadas. Forman parte do proxecto xeral de ampliación da autoestrada ao seu paso por Santiago, que lles foi adxudicado ás empresas Puentes e Francisco Gómez & Cía. O conxunto da iniciativa fora valorado en case 65 millóns de euros, dos que ao enlace na capital de Oroso correspóndenlle preto de sete.

O prazo de execución de todo o proxecto é de preto de dous anos, aínda que se estima que a obra de Si-güeiro podería estar rematada moito antes, incluso a finais deste mesmo ano, se non se produce ningún fac-tor imprevisto que obrigue a unha demora.

Os traballos consistirán en habili-tar novos viais e pasos elevados, ade-mais de adaptar a N-550, para com-paxinar a actual entrada cara á Co-ruña e a saída do tráfico procedente do norte co novo acceso que permi-tirá ir cara a Santiago e o sur de Gali-cia e saír en Sigüeiro vindo desas zo-nas.

A ausencia de tal enlace é un dé-ficit histórico da AP-9 en Sigüeiro, que nos últimos lustros se fixo cada vez máis necesario a causa do cre-cemento urbanístico da poboación e do desenvolvemento dos seus po-lígonos industriais, con empresas de gran volume de facturación que pre-cisan esa vía de comunicación para gañar tempo coa loxística. O novo vial tamén poderá servir para atraer novas compañías.

FRADES Acordo entre a actual concesionaria e outra empresa, pendente de Repsol

A estación de servizo da Pontecarreira, pechada, podería cambiar de mans

A situación de desabastecemento de combustibles que atravesaba a es-tación de servizo da Pontecarreira nos últimos tempos desembocou fi-nalmente no peche das instalacións. Os clientes pasaron así da incerti-dume de se podería repostar á segu-ridade plena de que terán que ir cos seus vehículos a outra gasolineira.

Sen embargo, a situación está en vías, ou cando menos en intento, de solucionarse. A actual concesionaria, con dificultades económicas, buscou un acordo con outra empresa para que se faga cargo das instalacións e dos traballadores.

O único que faltaría para proce-der ao cambio e reactivar o servizo é o visto bo de Repsol, a compañía que abandeira a gasolineira. Se acepta, a reapertura sería cuestión de días.

As explicacións sobre este posi-ble arranxo ofreceunas o alcalde de Frades, Roberto Rey, nun pleno re-cente da corporación municipal. Rey cre que se todo avanzase de xeito po-sitivo a estación de servizo podería funcionar de novo entre finais de xa-neiro e comezos de febreiro.

O rexedor tamén explicou que Repsol non respondeu a ningunha das peticións de explicacións e solu-

cións que se efectuaron desde o Con-cello despois de comprobar as reite-radas carencias de subministración.

Non só á empresa se destinaron as reclamacións, senón que tamén se canalizaron ás institucións públicas. Neste sentido, destacou a campaña do PSOE fradense do pasado verán, que superou as 700 sinaturas para reivindicar unha solución. Os escri-tos, ademais de Repsol, remitíronllos ao presidente da Xunta e tamén ao Valedor do Pobo, para intentar que se interesase por tal carencia e axu-dase a intervir no conflicto para recu-perar o servizo.

Treito dun vial paralelo da N-550, antes de ser reparado hai uns días

Fomento repara viais de servizo e Mirás pide por toda a N-550

O Ministerio de Fomento re-parou nas últimas semanas al-gúns tramos dos viais de servizo da estrada N-550 ao seu paso por Oroso. En determinados puntos estaban “intransitables”, tal como explicou o alcalde, Manuel Mirás, nun encontro co xefe do Servizo de Conservación e Explotación de Demarcación de Estradas do Es-tado en Galicia, Eduardo Toba, no que lle trasladara unha vez máis a proposta. A limpeza de mar-xes e canalizacións e a reposición do firme foron algunhas das ac-

cións acometidas. Non obstante, no encontro Mirás insistiu sobre todo “na necesidade dun arranxo en profundidade da N-550, sobre todo no tramo que une Oroso con Santiago e con Ordes”. Para o pri-meiro edil de Oroso “os parcheos que se fixeron son insuficientes e é necesario repoñer todo o firme da estrada”. Ademais da nova capa de rodadura, a N-550 precisa de nova sinalización horizontal e vertical, segundo Mirás, que lembra a ele-vada cantidade de tráfico que uti-liza a infraestrutura.

A modificación efectuada no Plan Xeral de Ordenación Muni-cipal (PXOM) para o enlace sur da AP-9 ten un efecto colateral que resultou politicamente con-trovertido, ao facilitarlles un en-caixe a un grupo de chalés no Alto de Vilanova declarados ile-gais pola xustiza. O cambio in-troducido fai que o chan desas vivendas pase de urbano non delimitado a núcleo rural.

Este paso recibiu os votos a favor do PSOE e do BNG, men-tres que PP e PGD rexeitárono porque “o interese de sete fami-lias non pode estar por riba do resto”, en palabras de José Ma-nuel Balado (PP), e porque “esto non responde ao interese pú-blico senón a intentar legalizar unha situación”, segundo Sive-rio Mirás (PGD), que defendeu que para a obra da AP-9 “non é preciso modificar a clasifica-ción urbanística dos terreos co-lindantes”.

O alcalde, Manuel Mirás, acusou a estas dúas formacións de “actuar con mala fe para difi-cultar a construción do enlace”. O rexedor defendeu que o cam-bio no PXOM ten o informe fa-vorable do secretario municipal e non recibiu emendas no seu trámite na Xunta. Mirás argu-mentou que a zona das vivendas si está afectada pola obra, cunha rotonda diante e a ampliación dun carril da N-550.

O cambio no PXOM para a obra permite darlles encaixe legal a un grupo de chalés

Page 9: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2015 9

Os orzamentos municipais de Oroso para 2015 suman 5,2 millóns de euros. Foron aprobados en pleno co único voto a favor do goberno e o voto en contra de PP, PGD e BNG, cun debate no que o executi vo destacou unha maior autonomía fi nanceira e a oposición criti cou as difi cultades para parti cipar con propostas, o es-caso tempo para analizalos e a falta de gasto social.

O alcalde, Manuel Mirás, expuxo que os ingresos correntes rondan os 4,1 millóns, fronte aos 3,7 millóns de gastos correntes, unha diferenza que ve como demostración da súa “boa xesti ón económica, que foi capaz de eliminar gasto superfl uo e apostar polos investi mentos produti vos e so-ciais”, opina. O alcalde agarda rema-tar o ano cun 24 % de débeda, doce puntos menos.

A único capítulo que detallou o executi vo foi o dos investi mentos reais, que con 1,22 millóns repre-senta arredor do 23 % do total dos re-cursos. O rexedor puxo de manifesto que practi camente a metade do di-

ñeiro para obras procede de recursos propios do Concello, “algo que non creo que poidan dicir todos”, de ma-neira que poden conti nuar uti lizando os plans provinciais unicamente para investi mentos, como todo este man-dato, sen aproveitar ningunha por-ción para gasto corrente.

Con eses 600.000 euros de fon-dos propios planean acometer obras como o punto de reciclaxe (102.000 euros), beirarrúas na N-550 para ac-ceder ao novo colexio (60.000 euros), ou a ampliación do local social da pa-rroquia de Oroso (100.000 euros), ademais de obras de menor enverga-

dura que se foron comprometendo nos últi mos meses en encontros ve-ciñais polas parroquias.

DEBATEA pesar de que o primeiro edil in-

sisti u en califi car como “realista” o orzamento e en falar de contención de gasto e conxelación de taxas, a oposición non viu grandes novidades no documento nin resposta a algun-has das necesidades do pobo.

Ao portavoz municipal do BNG, Xosé Pérez, preocupoulle especial-mente que “non se contara coa parti -cipación da oposición” á hora de ela-borar as contas co maior consenso posible, mentres que o concelleiro do PGD, Siverio Mirás, acusou ao PSOE de manexar os prazos para deixar os grupos da oposición sen tempo su-fi ciente para analizar a documenta-ción, obstruíndo así o seu labor. Pola súa parte, Telmo Rodríguez (PP) bo-tou en falta “un plan de dinamización local” e maiores achegas aos servizos sociais.

Mirás replicoulle ao grupo maiori-tario da oposición que “o gasto social do Concello de Oroso é elevado, algo recoñecido por todos e ninguén pode dicir o contrario”. Si admiti u que “non son uns orzamentos expansionistas, pero si realistas” e sobre o seu carác-ter parti cipati vo incidiu en que incor-poran diversas demandas veciñais re-collidas ao longo do ano.

A ampliación do local social de Oroso é unha das obras incluídas nas contas de 2015

OROSO O goberno destaca a autonomía e a oposición critica a falta de participación

Oroso conta con 5,2 millóns de euros de orzamento municipal para 2015

EKATÉ OutletRúa do Mercado, 2

EKATÉAlfonso Senra, 157

EKATÉ MelideCantón de San Roque, 11

Page 10: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

10

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2015

As competencias en inspección urbanística pasan á axencia autonómica

CERCEDA

Cerceda xa forma parte da Axencia de Protección da Legali-dade Urbanística (APLU). É o pri-meiro Concello que se incorporou en 2015. A sinatura do convenio de adhesión xa foi autorizada polo Consello da Xunta.

Esta medida supón que as competencias municipais de ins-pección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade ur-banística pasan á APLU, no rela-tivo ás obras e usos do solo que se executen sen licenza ou sen axus-tarse ás súas condicións, nos ám-bitos do solo rústico, o solo urba-nizable que non teña aprobado o seu plan parcial ou de sectoriza-ción, e no ámbito de núcleos ru-rais delimitados.

Os ingresos das multas e san-cións nas competencias delegadas repártense ao 50 % para as admi-nistracións autonómica e local.

CERCEDA O lago de Meirama poderá duplicar o abastecemento da área herculina

cando A coruña teña máis sede...O lago artificial de Meirama, re-

sultado de encher con auga a an-tiga mina de lignito, estará prepa-rado para duplicar a capacidade de abastecemento de auga potable na Coruña e na súa área metropolitana cando a demanda así o requira.

Polo de agora, as obras acometi-das para a infraestrutura de submi-nistración corresponden cunha pri-meira fase. Cun gasto de 1,9 millóns de euros, son os traballos que se ne-cesitan acometer agora, antes de que a cota da auga supere os 15 metros de profundidade no punto de capta-ción. As previsións son que esta parte dos traballos se remate este ano.

A segunda parte das obras será máis cara, ata 11 millóns de euros. Consistirá en canalizar a auga ata o encoro de Cecebre (Abegondo), do que se abastece na actualidade a área. Pero é un proxecto que non se executará de momento, senón cando se observe que o encoro non vaia dar cuberto as necesidades da zona. O lago queda así preparado como re-serva hidráulica para unha comarca que en 2035 podería concentrar máis de 560.000 euros.

As previsións e prazos do proxecto

ofreceunos a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestru-turas, Ethel Vázquez, nunha visita a Meirama na que estivo acompañada polo alcalde de Cerceda, José García Liñares, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e representantes doutros municipios da zona abastecida.

Ademais das garantías de submi-nistración de auga potable, a conse-

lleira destacou a recuperación pai-saxística que supón a solución do lago para restaurar unha zona que quedara tan degradada.

O que non se mencionou na vi-sita, cando menos oficialmente, foi a posibilidade de aproveitamento hi-droeléctrico da futura canalización, que a consellería estudara no seu día para valorar a súa viabilidade.

A conselleira (centro) e cargos locais, na visita ao lago artificial de Meirama

O Concello, na central de contratación da Deputación Provincial

CERCEDA

O Concello de Cerceda é un dos once primeiros en adherirse á Central de Contratación da De-putación da Coruña. O obxectivo deste novo sistema é que poi-dan abaratar custos na compra de bens e servizos. A enerxía eléc-trica ou a telefonía son algunhas das subministracións que contan con poder contratar en breve de maneira conxunta.

Para os Concellos, a adhesión é gratuíta e voluntaria. No seu día, a oposición municipal amo-souse escéptica porque a central de contratación podería mermar as vendas dos provedores locais ao Concello. O alcalde indicou que seguirían mercando en estable-cementos da zona sempre que os prezos non sexan excesivos.

COMARCA Serán investidos en infraestruturas viarias dos tres municipios

A deputación aproba 360.000 euros en convenios con cerceda, Mesía e Oroso

Os Concellos de Cerceda, Mesía e Oroso recibirán 360.000 euros en to-tal para investimentos en infraestru-turas viarias, mediante convenios de colaboración coa Deputación que xa foron aprobados polo pleno da ins-titución provincial para seren suscri-tos.

CERCEDAPara Cerceda son dous conve-

nios por importe de 180.000 euros en total. Un deles servirá para obrar no tramo de camiño entre Seoane e o paso elevado sobre a AC-523, con reparación do firme, ampliación da anchura dun metro por cada lado e acondicionamento de cunetas, ade-mais do traslado de seis postes que dificultan a circulación e do pintado da sinalización horizontal.

O outro convenio destinarase a fi-nanciar as obras de desbroce e lim-peza de cunetas ao longo de numero-sos puntos de toda a rede viaria mu-nicipal, co obxectivo de mellorar a vi-sibilidade e a correcta drenaxe nos camiños.

Actuarase, ao longo dun total de 59 quilómetros, nos treitos Suca-dío-Astande, Seixas-Pazos-Ouriño, Seixas-Astande, Santa Comba-Bel-sar, área recreativa-Rañobre, estrada de Xesteda-Tablilla a Sucadío, Mixón a Ponte Niveiro, Mixón a estrada A Silva-Cerceda, estrada de Meirama-Pontoxo ao Xalo, Osa Maior no Xalo, Sucadío a estrada Cerceda-Xesteda, A Silva-límite concello de Carballo, Santa Comba-Fontán, Sucadío-Liña-res e Pao do Lobo-Lodeiro de Abaixo.

MESÍAO de Mesía é un convenio valo-

rado en 90.000 euros e destinado ta-mén á renovación e mellora de diver-sos viais. Toda a contía é financiada pola Deputación. As accións proxec-tadas son melloras da capa de ro-dadura con tratamento asfáltico, re-gos de selado, apertura de cunetas e outros adecentamentos para facilitar o tránsito.

Os puntos que se beneficiarán das obras son o camiño entre Castiñeiras e Xemeras (Albixoi), Bruma, os ca-

miños da igrexa ao colexio e no Ro-chiño (Visantoña), e en Graga (Ca-brui). Tamén se intervirá nos camiños de Ousende a Quintás (Albixoi), de Fontefría ao Castrillón (Cumbrados), de Receá ao Lago (Castro), e no viario que conecta a N-634 coa estrada pro-vincial en Lanzá, ademais de no ca-miño do Beledo (Xanceda).

OROSOO convenio autorizado pola Depu-

tación, de 90.000 euros, contribuirá á reparación das beirarrúas e da rede de evacuación de augas pluviais na rúa Río Lengüelle. O proxecto reco-lle obras para adecuar a maior parte das beirarrúas e as prazas de aparca-doiro. Tamén se mellorará a rede de evacuación de pluviais desde as aco-metidas actuais e instalarase unha nova sinalización viaria.

Neste caso, o Concello efectuará unha achega adicional con fondos propios, que elevan o investimento nas obras ata os 108.000 euros, de modo que a administración provin-cial asume o 83 % e a local o 17 %.

Gómez Fuentes, na executiva do PSOE

ORDES

A ordense Verónica Gómez Fuentes tamén forma parte da nova executiva provincial do PSOE, como secretaria de emprende-mento e sectores produtivos.

Page 11: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2015 11

COMARCA De 2013 a 2014 compútanse 466 persoas menos vivindo na bisbarra

todos os municipios da comarca perden habitantes na última revisión do padrón

Xa non hai excepcións. Os sete concellos da comarca de Ordes per-den poboación. Se nos últimos anos Ordes e Oroso conseguían manter e mesmo gañar habitantes grazas á chegada de poboación exterior ás súas áreas urbanas, agora invertiron a tendencia e minguan o seu padrón, aínda que a un ritmo inferior ao dos municipios máis rurais.

O reconto ofrecido polo Instituto Nacional de Estadística (INE) hai uns días, correspondente a comezos de 2014, sitúa a poboación da comarca en 37.687 persoas. Son 466 menos que un ano antes (38.153 a 1 de xa-neiro de 2013), de maneira que no úl-timo lustro experimenta unha caída de 1.145 residentes, desde os 38.832 de principios de 2009.

Ordes xa iniciara o decrecemento na comparativa 2012-2013, con 24 habitantes menos. Pero cotexando 2013 con 2014 vese que a tendencia acelérase, ata unha redución anual de 95 persoas. En Oroso é no padrón de 2014 cando se observa o cambio por primeira vez tras anos gañando

poboación co desenvolvemento ur-banístico de Sigüeiro. Deste xeito, se de 2012 a 2013 gañara 101 habitan-tes, no cotexo de 2013 con 2014 sae unha perda de 31.

Sen embargo, os dous munici-pios máis poboados da comarca se-guen presentando un balance posi-tivo se se cuantifica o conxunto do lustro: Ordes ten 87 habitantes máis que en 2009 e Oroso gañou 413. Os cinco concellos restantes manteñen

a súa crise demográfica. O que mellor resiste é Trazo, que aínda así perdeu 197 veciños de 2009 a 2014. A evo-lución máis grave é a de Tordoia, con 633 persoas menos en cinco anos. Nese periodo, Cerceda perdeu 414, Frades 221 e Mesía 180.

En xeral, ademais de máis defun-cións que nacementos, percíbese a marcha de xóvenes a traballar no es-tranxeiro e o retorno da inmigración aos seus países de orixe.

O BNG volverá presentar a Rocío da Igrexa como candidata á Alcaldía de Cerceda

CERCEDA

Rocío da Igrexa Prego volverá ser a candidata do BNG á alcal-día de Cerceda, nas eleccións de maio. A formación política xa to-mou a decisión por unanimidade en novembro pasado nunha as-emblea aberta, se ben o resultado deuse a coñecer nos últimos días.

Da Igrexa di que no centro do seu programa situará a resolu-ción dos problemas das persoas “sen esquecer o orgullo de sermos parte dunha terra Galiza única no mundo, nin mellor nin pior, sim-plemente diferente e cunhas po-tencialidades e problemas espe-cíficos” abordables nos Concellos.

Rocío da Igrexa Prego, nun pleno

CERCEDAFRADESMESÍAORDESOROSOTORDOIA TRAZO

Total Comarca

EVOLUCIÓN DO PADRÓN (fonte: INE)

20095.5702.7062.975

12.7576.9874.3393.498

38.832

20135.2652.5092.849

12.9397.4313.8173.343

38.153

20145.1562.4852.795

12.8447.4003.7063.301

37.687

Var. 09/14-414-221-180+87

+413-633-197

-1.145

Var. 13/14-109-24-54-95-31

-111-42

-466

Page 12: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

12

ecONOMíA

crónicas - Xaneiro 2015

Oficializado o convenio para poñer en marcha o viveiro de empresas, que terá sete espazos

ORDES

O acordo entre o Concello de Ordes e a Universidade de San-tiago para poñer a funcionar o vi-veiro de empresas no antigo cen-tro comarcal xa está suscrito. Asi-nárono o alcalde, Manuel Regos, e o profesor universitario Francisco Ferreiro, en representación do rei-tor Juan Viaño.

As instalacións, que recibirán o nome de Centro Tecnolóxico e de Emprendemento, estarán di-vididas en sete espazos de traba-llo equipados para ofrecerlles aos futuros empresarios. Nunha zona común, contarán cunha sala de in-formática e unha sala de reunións. A idea é facilitarlles en todo o po-sible os primeiros pasos do seu proxecto empresarial, ata que poi-dan desenvolverse pola súa conta no mercado.

A institución universitaria cola-bora efectuando estudos de viabi-lidade dos proxectos que se asen-ten no viveiro. O estudo contará cun plan de empresa e cunha ava-licación de custos de persoal, posi-bles fontes de financiación e os in-gresos precisos.

Regos ofreceu todo o apoio preciso para que as iniciativas do viveiro poidan saír adiante e xerar así postos de emprego. Ferreiro considera que centro “ten todos os compoñentes para converterse nun referente a nivel galego”.

Os prezos do leite en orixe retro-cederon un pouco máis en Galicia na ultima cotización coñecida, corres-pondente ao pasado mes de novem-bro. Segundo os datos do Fondo Es-pañol de Garantía Agraria (FEGA), si-tuáronse en 0,321 euros por litro, cando en outubro estaban en 0,322. A autonomía con maior produción ten a cotización máis baixa de toda España, onde a media se situou en 0,341 euros, a máis baixa desde xuño de 2013.

O informe do FEGA calcula os seus datos a partir das declaracións men-suais de entregas de leite a compra-dores, de maneira que os prezos in-clúen as bonificacións, ou penaliza-cións, por calidade, pero non o IVE ou outros impostos.

Aínda sendo leve, o retroceso de Galicia contrasta co incremento dos prezos en dez autonomías con res-pecto ao mes previo: Aragón, Astu-rias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Extrema-dura, Madrid, Navarra e Euskadi. En Baleares e na Rioxa non variou e, como en Galicia, caeu en Murcia e en Andalucía. Non obstante, os produ-tores andaluces son precisamente os que mellores prezos teñen, con 0,384 euros por litro. A diferenza con res-pecto aos galegos supera así os seis céntimos por litro.

Desde xaneiro ata novembro de 2014 os prezos cobrados polos gan-deiros en Galicia baixaron catro cén-timos por litro, desde os 0,361 euros de media ata os 0,321. O informe da FEGA tamén ofrece datos inte-ranuais, aínda que neste caso do conxunto de España. Pero a tenden-cia é a mesma: en novembro de 2013 a cotización era de 0,388 euros por li-tro e un ano despois os citados 0,341 de media española.

Os datos do informe confirman a Galicia como a maior produtora de leite de toda España. Entre xaneiro e novembro de 2014, entregou algo

máis de 1,692 millóns de toneladas, o que supón case o 39 % dos 4,359 millóns entregados en toda España. A segunda autonomía produtora, a gran distancia, é Castela e León, con preto de 556.000 toneladas. E en Galicia está o 56,5 % dos produ-tores (10.087 dos 17.859 de toda Es-paña), o que leva á conclusión de que a nosa explotación media ten un ta-maño sensiblemente inferior á media española.

CASE O 6 % SUPERA XA A COTANa que é a derradeira campaña

na que rexe o sistema de cotas, o es-tudo do FEGA reflicte que un 5,87 % das explotacións de leite galegas xa superara en novembro, transcorri-dos dous tercios da tempada, o tope de produción asignado. Se ben a gran maioría non chegaran aínda ao 80 %,

chaman a atención os 201 gandeiros galegos que en novembro xa vende-ran o doble da cota que teñen asig-nada ou incluso máis.

Sen embargo, o estudo vai máis alá e ofrece unha estimación de como rematará a campaña, de modo que anticipa que entre un 56 e un 57 % das explotacións rebasarán os seus dereitos de produción. No conxunto de toda Galicia, o exceso estaría en-tre as 201.439 e as 206.511 tonela-das. En termos relativos, chegarían ao mercado 109 quilos de leite por cada 100 que se poderían produ-cir sen superar o tope. O exceso no conxunto de España, de cumprirse as estimacións, sería de entre 438.752 e 465.072 toneladas, cun rebasamento relativo próximo ao 108 %.

Con respecto á campaña anterior, en novembro acumulábase un 4,9 % de produción máis. Non obstante, a diferenza á altura de xullo, concluído o primeiro tercio da tempada, era do 6,4 %. Esta evolución indica certa tendencia dos gandeiros a limitar a produción nos últimos meses, des-pois dun inicio da campaña no que moitos apostaran por unha clara ex-pansión como se as cotas xa desapa-recesen, cando en realidade deixarán de ter valor a partir do vindeiro abril.

As advertencias dunha hipoté-tica sanción económica ou super-taxa, xunto aos malos prezos que non compensarían o aluguer de cota a gandeiros que non consumen a súa, explican tal contención. En abril co-ñecerase se foi suficiente para axus-tarse aos límites ou se o sector, máis ben os gandeiros con exceso de pro-dución, ten que adentrarse no novo escenario pagando unha multa, cos prezos sen visos de recuperación, sen ferramentas efectivas para nego-cialos coa industria e cuns custos de produción que unicamente se viron aliviados polo abaratamento dos car-burantes pero que malamente serán cubertos.

O prezo do leite, cada vez máis míseroLEITE Os gandeiros galegos son de novo os peor pagados de toda España

Fonte: informe do FEGA do 7-1-2015

AUTONOMÍA

- Andalucía- Navarra- Extremadura- A Rioxa- Euskadi- Castela-A Mancha- Asturias- Valencia- Baleares- Madrid- Murcia- Castela e León- Cataluña- Aragón

MEDIA DE ESPAÑA

- Cantabria- Galicia

€/litro

0,3840,3790,374

0,370,3670,3620,3560,3560,3540,3530,3480,3460,3450,344

0,341

0,3340,321

PREZOS EN NOVEMBRO

Feira de Oportunidades en febreiroORDES Nos novos espazos da Praza de Abastos

O Concello de Ordes organiza para os días 26, 27 e 28 de febreiro a I Feira de Oportunidades. O desen-volverase nos novos espazos do pri-meiro andar da praza de abastos, cuns 500 metros cadrados de super-ficie total.

Ademais de coñecer as novas ins-talacións, dispoñibles para eventos e proxectos comerciais, culturais ou culinarios, as persoas que se ache-guen á Feira de Oportunidades pode-

rán adquirir mercadorías de ata trece establecementos.

Os negocios que estarán presen-tes outorgaranse por orde de rexis-tro. O Concello ofreceu os tres pos-tos centrais e outros dez nos laterais, cun tamaño de algo máis de 17 e 14 metros cadrados, respectivamente. Optan a estes postos para esa xor-nada establecementos do municipio que vendan téxtil, calzado, marroqui-nería, bixutería ou cerámica. Vista dos espazos habilitados no primeiro andar da Praza de Abastos de Ordes

Francisco Ferreiro e Manuel Regos

Page 13: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

XeNte de Aquí

crónicas - Xaneiro 2015 13

O entroido peta xa á porta. A me-diados de febreiro, pouco máis dun mes despois do remate das festas de Nadal, a comarca encherase de dis-fraces para celebrar unha das festas máis atracti vas do ano, que xoga a confundir entre o real e o aparente, entre o que se é e o que se quere ou se odia ser. Boa parte dos Concellos xa foron presentando nos últi mos días as súas programacións de acti vi-dades e os demais daranas a coñecer nos vindeiros días.

Cerceda, ademais das sonadas ce-lebracións veciñais e doutras acti vi-dades que programe o Concello, co-mezará o seu entroido cunha viaxe a Chantada o 8 de febreiro. Servirá para coñecer o chamado ‘Entroido rieirao’. O prazo de inscrición remata o 3 de febreiro. Custa 22 euros por persoa, que inclúen transporte, xan-tar e acti vidades.

En Frades, a principal cita será o Concurso de Disfraces, o domingo 15 de febreiro no polideporti vo da Pontecarreira a parti r das 17 horas. Quen desexe parti cipar ten ata o 13 de febreiro para anotarse no Conce-llo. As novidades deste ano son que as actuacións non poderán superar os cinco minutos e que se aumenta

ata 960 euros a canti dade desti nada a premios. Haberá categorías de in-fanti l e adultos, con cadansúa mo-dalidade de parti cipación individual e en grupo. Haberá un primeiro e un segundo premio para cada caso, e ta-mén se disti nguirán o mellor disfrace individual e de grupo de veciños de Frades. O concurso contará cunha festa de animación con xogos, obra-doiros, música e chocolatada.

En Mesía, preparan dúas acti vi-dades específi cas. A primeira será a tarde do venres 13 de febreiro (16:30 horas) no pavillón de Olas. Estará de-dicada á prácti ca do cachibol por parte de toda a familia. A parti cipa-ción é de balde e require que acu-dir disfrazados. Ao día seguinte celé-brase a Festa do Entroido, tamén pola tarde (16:30 horas) no polideporti vo de Xanceda. Todos os nenos e nenas que vaian disfrazados para o desfi le obterán un agasallo. Teñen que ins-cribirse antes do 12 de febreiro. Un touro mecánico, un circuíto de bici-cletas, un futbolín humano, incha-bles e obradoiros animarán a festa, que ofrecerá merenda con chocolate e larpeira.

Ordes iniciará o entroido o martes 17 de febreiro, coa tradicional ‘Tarde

de entroidada’ na Alameda, ou no pavillón do Campomaior en caso de mal tempo, a parti r das 16:30 horas. Diversos obradoiros, xogos de anima-ción e baile incenti varán a diversión dos parti cipantes. Pero a gran cele-bración será o sábado 21, co sábado de piñata e o seu multi tudinario des-fi le e concurso de disfraces, compar-sas e carrozas. Comezará ás 17 horas,

percorrerá as principais rúas e rema-tará no Campo da Feira, onde o xu-rado decidirá os premios, dotados con máis de 4.000 euros. O prazo de inscrición remata o 16 de febreiro.

O Concurso de Disfraces de Oroso está fi xado para a tarde do sábado 14 de febreiro no polideporti vo. Admite anotacións ata o 13 no centro cultu-ral de Sigüeiro, ou o propio día do cer-tame de 16:30 a 17:30 horas no pavi-llón. O desfi le percorrerá as rúas de Sigüeiro desde as 18 horas. Os pre-mios superan en total os 3.000 euros. Tamén está convocado un concurso de máscaras, que admite propostas ata o 11 de febreiro e que tamén en-tregará os premios o 14, no marco do concurso de disfraces.

Tordoia centraliza a súa progra-mación de acti vidades no martes de entroido. Comezará ás 13 horas na capela de Santa Susana en Arcai de Abaixo, cunha misa que lle dará paso á actuación de Espadana Gaiteiros. Esa mesma tarde (16:30-20:30 ho-ras), o polideporti vo acollerá a festa de disfraces, con inchables, maxia, obradoiros, música e chocolate con rosca para todos os parti cipantes. O Concello animou a que parti cipen tanto grandes como pequenos.

toca ir preparando disfraces, caretas e fi lloasCOMARCA Os Concellos da contorna preparan obradoiros, desfiles e concursos para celebrar o entroido

Os concursos e desfi les de disfraces prodigaranse por toda a comarca

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Reserva cita: 622 161 134

RÚA DE GALICIA Nº 14. BAJO. 15680 ORDES

SANTA CRUZ DE MONTAOS

ORDES - ESTRADA N-550

981 682 316627 161 388

PROMOCIÓN ESPECIAL HOMBRE:

CORTE HOMBRE:Lunes, martes y miércoles

6,50 €

PROMOCIÓN ESPECIAL MUJER:

MECHAS + LAVAR + SECAR*:

24,90 €desde

* Corte y mascarillaGRATIS

**Válido hasta 31-3-2015

HORARIOS:Lunes: 16:30 - 20:30 h.Martes a 9:00 - 13:30 h.Viernes: 16:30 - 20:30 h.Sábados: 9:00 - 14:00 h.

Page 14: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

14

XeNte de Aquí

crónicas - Xaneiro 2015

Mostra comarcal de obradoiros culturais na biblioteca municipal

A Mancomunidade de Ordes levou a súa oitava Mostra de Obra-doiros Culturais á biblioteca muni-cipal de Cerceda para que as per-soas interesadas puidesen coñe-cer as creacións máis destacadas de trece entidades: os obradoiros municipais de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes e Oroso, a asociación

‘O Cruceiro’ de Beán, a asociación de Amas de Casa de Ordes, o curso para persoas con discapacidade de Ordes, Mulleres Traballadoras de Ordes, Andaina Pro saúde Mental, a asociación A Penateixa (Oroso), a asociación de mulleres ‘Pedra-longa’ (Tordoia), e a asociación de mulleres de Trazo.

A mostra estivo na biblioteca municipal con diversas creacións representativas

CERCEDA

Eli Ríos presenta en Ordeso seu poemario ‘Anamnese’

Eli Ríos, autora nada en Lon-dres pero criada en Ordes, presen-tou no Museo do Traxe o seu libro de poemas ‘Anamnese’, publicado en Sotelo Blanco e premio de poe-sía Manuel Loureiro Rey na súa edición de 2014.

Ríos estivo acompañada no acto pola editora Maricarmen Ro-mero e por un grupo de veciños que non quixeron perder a oca-sión de coñecer o último traballo dunha das poetas galegas máis re-coñecidas na actualidade.

Acto de presentación do libro de poemas ‘Anamnese’ no Museo do Traxe

ORDES

Que ninguén quede atrás. É un lema que podería servir para as di-versas iniciativas e campañas soli-darias que se desenvolveron na co-marca durante as últimas semanas, moitas delas aproveitando a celebra-ción das festas navideñas, habitual-mente máis propensas a este tipo de propostas.

Un primeiro exemplo atópase en Frades, onde a campaña de recollida de alimentos superou os 400 quilos de produtos non perecedoiros. Destí-nanse ás familias con maiores dificul-tades económicas. A campaña foi or-ganizada polo Concello e por Cáritas, coa colaboración do CPI da Ponteca-rreira. O centro escolar e a casa con-sistorial foron os puntos de recollida. Unha colaboradora de Cáritas e o pá-rroco de Vitre recibiron os alimentos no Concello para xestionalos. Xunto co alcalde, Roberto Rey, agradeceron a colaboración veciñal.

En Mesía, cabe mencionar a ini-ciativa da empresa Casa Grande de Xanceda, que doou máis de dous mil iogures como agasallo de Reis para organizacións benéficas da Coruña e de Lugo. Foron distribuídos pola Cruz Vermella e polos Bancos de Alimen-

tos e chegaron, entre outros, a unha residencia de maiores, ao centro de dano cerebral da Cruz Vermella de Lugo ou ao programa para os ‘sen teito’ que esta mesma entidade ten en Lugo.

En Ordes, ademais de iniciativas que relatamos nas páxinas de depor-tes, destaca a entrega de mil cueiros e de cen litros de leite de crecemento enriquecido por parte do PSOE aos

Servizos Sociais do Concello. Os so-cialistas destacaron que se trata de produtos moi necesarios e que fo-ran recortados no plan ministerial de axuda alimentaria.

En Oroso, o Concello e o comer-cio local involucráronse de novo na campaña ‘En Reis, ningún neno-a sen agasallo’, que recolleu doazóns nos establecementos para poder adquirir agasallos para os cativos das familias

do municipio en situación económica máis vulnerable. O concelleiro de Be-nestar, Antonio Leira, agradeceu a implicación dos comerciantes e da ci-dadanía.

E en Tordoia é reseñable a se-gunda campaña de recollida de ali-mentos da asociación de mulleres Pedralonga, que logrou máis de 450 quilos de produtos para o Banco de Alimentos de Santiago.

A comarca solidarízase cos máis necesitadosCOMARCA Veciños, asociacións e empresas involúcranse en diversas iniciativas solidarias nas últimas semanas

Casa Grande de Xanceda doou ioguresRecollida de alimentos en Frades Entrega de produtos do PSOE de Ordes

Page 15: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

XeNte de Aquí

crónicas - Xaneiro 2015 15

con talento musical, celébrase calquera ocasiónCase ningunha festa se concibe

sen música. É máis, a miúdo as fes-tas son a escusa para a música. De-mostrouse no pasado Nadal, cando na contorna se celebraron diversos eventos nos que os grupos de afec-cionados, algún con nivel case profe-sional, saíron á escena para facer es-coitar o seu talento.

En Ordes, destacou o XXIII Con-certo de Nadal, con clásicos como a Banda de Música, Os Viqueiras ou a Coral Eumesa, e novidades como Ritmo Galego. Na cita estreouse un pasodobre que o director da banda de Santiago compuxo para Fernando Gontad, o director da ordense.

En Oroso, unha das citas máis destacadas foi o sexto Concerto de Panxoliñas, coa participación da aso-ciación Santa Catalina, os Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso, o coro Voces Amigas, o grupo As Beiras do Tambre e o grupo de música e move-mento da Aula de Música. Esta aula ofreceu ademais o seu concerto de aninovo, tamén moi concorrido.

E en Cerceda, no concerto ‘O Son das Aulas do Nadal’, da escola muni-cipal de música, superou os douscen-tos alumnos nas súas distintas actua-cións, repletas de ritmo.

COMARCA As festas de Nadal propiciaron a aplaudida saída a escena dos músicos afeccionados

Actuación de Ritmo Galego no Concerto de Nadal de Ordes Número de música e baile en ‘O son das aulas’ de Cerceda

Os ‘Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso’ e o coro e orquestra da Aula de Música de Oroso, nas súas interpretacións

Page 16: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

16

XeNte de Aquí - O álbum do Nadal

crónicas - Xaneiro 2015

Os paxes reais adiantan a ilusiónOs Reis Magos enviaron os seus emisarios ás escolas infantís e centros

educativos para tomar nota das peticións dos máis cativos con tempo abondo. En Ordes, os paxes reais visitaron a gardería ‘Sorrisos’ e as unita-rias de Merelle e de Santa Cruz de Montaos. En Frades, na fotografía infe-rior desta columna, acudiron a un encontro co alumnado de infantil e de primaria do CPI da Pontecarreira, que tiña xa as súas cartas preparadas.

Xoel Costa, na categoría de 4 a 6 anos; Brais Garea, na de 7 a 9 anos; e Carlota Ramos, entre os de 10 a 13 anos, foron os gañado-res do concurso de postais de Na-dal con mensaxe organizado polo Concello de Oroso. A categoría dos maiores de 14 anos foi declarada deserta. Os premios, entregados durante a Cabalgata dos Reis Ma-gos, consistiron en lotes de libros para cada un dos premiados.

Festival navideño do Centro Rural Agrupado de Oroso

Os escolares do Centro de en-sino Rural Agrupado (CRA) de Oroso ofreceron un festival de Na-dal ao que acudiron masivamente as súas familias, tal como explican os responsables educativos, que destacan que o número de espec-tadores foi maior que outros anos,

en parte debido a que contan con máis alumnos e alumnas que en cursos anteriores. O festival com-plementou as actuacións dos ca-tivos cun contacontos apropiado para as datas navideñas e coa vi-sita dos paxes reais, dispostos a es-coitar todas as peticións.

As actuacións tiveron lugar no centro cultural de Sigüeiro

ORDES - FRADES OROSO

Premios ás mellores postais navideñas

OROSO

A personaxe do Apalpador achegouse ata o CPI de Xanceda (Mesía) para cumprir co ritual de comprobar se os nenos e nenas comen ben e deixándolles algúns agasallos e caramelos. Na visita houbo tamén unha sesión de con-tacontos, que entretivo os escola-res. Na mesma Festa de Nadal do centro escolar, o alumnado de se-cundaria asistiu a unha sesión es-pecial de zumba.

O Apalpador tamén existe e deixa caramelos

MESÍA

Page 17: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

XeNte de Aquí - O álbum do Nadal

crónicas - Xaneiro 2015 17

En cuesti ón de minutos, a tran-quilidade dunha casa de Ardemil nas xornadas previas ás festas de Nadal rompeu abrupta e alegremente, para darlle paso a horas e horas de festa e a un futuro cheo de novos plans. A culpa tí voa o dono da vivenda, Oren-cio Uzal, que uns días antes lle botara o ollo ao número 13.437 nunha ad-ministración de Loterías próxima á zona na que traballa na Coruña.

Uzal adquiriu dous décimos, un para el e outro para intercambiar cunha veciña, Anabel Liñares. En tal combinación caeu o Gordo do sorteo de Nadal, de maneira que os dous ti -veron de súpeto 400.000 euros no peto, aínda que en realidade son 320.000 e están no banco, xa que como é sabido o 20 % de todos os premios maiores de 2.500 euros é para Hacienda.

Aínda que gran parte do Gordo se vendeu en Madrid, na mesma admi-nistración na que Orencio Uzal mer-cou os seus décimos vendéronse outros oito do 13.437. Seguro que poucos deles o celebraron como a familia do veciño de Ardemil, res-ponsable desde hai anos de eventos como a Festa da Malla ou a Feira de Anti güidades. Deceas de persoas, en-tre amigos, familiares e outros ache-

gados, foron ata a súa casa, onde non faltou comida e sobre todo bebida, música, baile e fogos de arti fi cio.

O golpe de sorte de Uzal e a súa veciña foi o único destacado na co-marca nos dous sorteos das pasadas festas de Nadal. Hai anos, o Gordo ta-mén tocara no Mesón do Vento e va-rias zonas próximas, reparti do por unha sucursal bancaria con décimos entre os seus clientes.

13.437, o Gordo que tamén tocou en ArdemilORDES Dous veciños portaban cadanseu décimo e as celebracións sucedéronse durante horas e horas

A casa de Orencio Uzal en Ardemil converteuse nunha gran festa ao pouco de coñecerse o número agraciado co primeiro premio do sorteo do 22 de decembro (fotos: A.U.M.)

ENTROIDO FRADES 2015Domingo 15 de febreiro, 17:00 h.

Pavillón Municipal de Ponte Carreira

PARA PARTICIPAR NO CONCURSO HAI QUE ANOTARSE NO CONCELLO ANTES DO 13 DE FEBREIRO, ÁS 14:00 H.

O DÍA DO CONCURSO NON SE INSCRIBIRÁ E OS DORSAIS RECOLLERANSE A PARTIR DAS 16.30 HORAS

PREMIOSInfantil individual (1 ou 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 60€ / 2º Premio: 30 €Grupo infantil (máis de 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 €(se algún compoñente do grupo ten máis de 14 anos, pasarán a competir como Grupo Adulto)Adultos individual (1 ou 2 membros maior de 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 €Grupo adulto (máis de 2 membros maiores de 14 anos): 1º Premio: 300€ / 2º Premio: 150 €PREMIO ESPECIAL: ao mellor disfrace individual ou de grupo de Frades: 120 �

FESTA DE ANIMACIÓN CON XOGOS, INCHABLES, OBRADOIROS E GRAN CHOCOLATADA

Organiza:

Concellode Frades

CONCURSO DE DISFRACES

Tempo máximo da actuación:5 MINUTOS

Page 18: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

18

XeNte de Aquí - O álbum do Nadal

crónicas - Xaneiro 2015

COMARCA As cabalgatas e festas navideñas tiveron un amplo seguemento en todos os municipios

Os Reis Magos non esqueceron visitar a comarca

Teñen idade, moita, pero tamén boa memoria, infalible. Os Reis Ma-gos non esqueceron ningunha casa da comarca na súa visita anual. Re-partiron un cargamento inxente de agasallos en cuestión de horas. Pero antes dunha noite tan intensa, aínda tiveron tempo de participar en to-das e cada unha das festas e cabalga-tas organizadas nos distintos munici-pios para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar. Foron celebracións cos máis pequenos como os principais prota-gonistas, con recepcións, xogos, me-rendas e outros entretementos. Os Reis Magos, cos máis cativos de Cerceda Os de Oriente, admirados polos nenos de Frades

O polideportivo de sigüeiro (Oroso), engalanado, encheuse para recibir a Melchor, Gaspar e BaltasarRecepción na Festa de Reis de Mesía

Algúns dos pequenos de Oroso, cos Reis Magos, que percorreron as rúas de Sigüeiro nun tren En Tordoia, os Magos tomaron boa nota das peticións

En cabalos e ponis chegando a Ordes

O Concello de Ordes estima que á súa cabalgata acudiron unhas 4.000 persoas. O espectáculo contou con máis de cen figurantes, que lles axudaron a percorrer as rúas e recibir os nenos e entregar-lles diversas peperetadas. Resultou ademais moi atractivo para o público o Belén vivinte, tamén instalado na Alameda e que este ano contou ata con aves exóticas.Os Reis, na residencia de maiores e no Belén vivinte

Page 19: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

XeNte de Aquí

crónicas - Xaneiro 2015 19

A presentación do libro ‘A Repú-blica da Berxa. Antonio Gómez Car-neiro e o seu tempo (1899-1979)’ en-cheu a Casa da Cultura de Mesía, en Xanceda. O traballo, no que se relata a vida de quen foi alcalde de Mesía durante dous curtos periodos da ta-mén curta Segunda República, foi presentado polo seu autor, o histo-riador de Oroso Manuel Pazos Gó-mez, acompañado polo profesor uni-versitario Emilio Grandío, os autores dos anexos do libro, Paula Fernández e Gonzalo Veiras, e os alcaldes de Fra-des, Mesía e Ordes, máis un edil de Oroso, entre outras persoas.

Pazos, que conta no seu haber con numerosos traballos históricos,

efectúa en ‘A República da Berxa...’ un completo repaso pola traxectoria vital de Gómez Carneiro e o contexto no que se desenvolveu. Natural de Lardeiros (O Pino), emigrou a Bos Ai-res, para máis tarde retornar e insta-larse no lugar da Berxa, en Mesía. Foi un dos políti cos máis destacados da etapa republicana na comarca, sendo escollido alcalde de Mesía en 1934 primeiro, e despois en 1936, en re-presentación da Fronte Popular.

Co golpe de estado franquista contra a democracia, Gómez Car-neiro pasou á clandesti nidade du-rante seis anos. Despois sería deti do e condenado a seis anos de prisión polos órganos xudiciais da dictadura,

acusado de colaborar cos anti fran-quistas. Cumpriu a pena nos presi-dios da Coruña e de El Dueso (Can-tabria).

Ata o seu falecemento en 1979, Gómez Carneiro deu mostras dun ca-rácter que na terminoloxía imperante a día de hoxe se chamaría empren-dedor, por exemplo coa instalación dunha central hidroeléctrica a par-ti r do muíño da Berxa á beira do río Samo, e tamén da súa preocupación polo progreso e o benestar da socie-dade.

COLABORACIÓNSDurante o acto de presentación

do libro comentáronse algúns dos

momentos máis signifi cati vos da bio-grafí a do exalcalde de Mesía, reco-llida nunha obra que foi editada pola asociación cultural ‘Obradoiro da His-tória’, co patrocinio da Mancomuni-dade de Municipios da Comarca de Ordes, e coas colaboracións dos Con-cellos de Mesía e de Oroso e das aso-ciacións culturais ‘Amigos da Capela da Nosa Señora da Arxán’ e ‘Bieito Fandiño’, as dúas pertencentes ao municipio de Mesía.

A parte máis lúdica da presenta-ción do traballo ti vo lugar ao remate do evento, coas actuacións do grupo de cantareiras da Escola de Música e Baile Tradicional de Mesía e de ‘Mini e Mero’.

Grande acollida á biografía de Antonio G. carneiroMESÍA A Casa da Cultura encheuse na presentación do traballo do historiador Manuel Pazos Gómez

Numeroso público ateigou o auditorio da Casa da Cultura en Xanceda na presentación do libro sobre Antonio Gómez Carneiro, alcalde de Mesía na Segunda República

República da Berxa.República da dignidade.

Á venda en quioscos e librarías da comarca de Ordes

Contacto: [email protected]

Page 20: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

20

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2015

Fernando Vales e Ángela González vencen na iX Milla urbana concello de Ordes

ATLETISMO A proba estivo dedicada a Iván Raña

Os corredores Fernando Vales Fe-rreira, do Club Atletismo Santiago, e Ángela González, de Comesaña, fo-ron os campións absolutos da IX Mi-lla Urbana Concello de Ordes, que contou coa participación duns tres-centos deportistas de todo o territo-rio galego nas súas distintas probas por tramos de idade, con distancias entre os 100 metros e a milla que lle dá nome.

Vales fixo un tempo de 4 minutos e 26 segundos, mentres que Gonzá-lez marcou 5 minutos e 7 segundos. O podio masculino completárono o ordense David Santos, do Atletismo Celta, que protagonizou un excelente ataque no tramo final, e Alberto Cha-ves, do Atletismo Santiago. En canto á proba feminina, o segundo posto acadouno Eva Cid e a terceira posi-ción da clasificación absoluta foi para Paula Sahalices.

Por categorías, en pitufos gañaron Yeray Valle e Ainara Rey, en benxa-míns Lucas García e Gloria Iglesias, en

alevíns Iván Suárez e Carolina Santos, en infantís Fika Santos e Efi Prieto, en cadetes Diego Alonso e Clara Ri-vadulla, en xuvenís Luís del Río e Án-gela Fernández, en júnior-promesa Ricardo Fernández e Sandra Fernán-dez, en veteranos A Alfonso López, e en veteranos B Xosé Antón Barreiro.

A Milla Urbana efectuou unha re-collida de alimentos solidaria, que superou os 400 quilos de arroces, pasta, conservas, galletas e outros produtos non perecedoiros para as familias do municipio con menos re-cursos.

O evento estivo especialmente dedicado ao triatleta ordense e cam-pión mundial Iván Raña, que non puido acudir por motivos laborais. Estivo representado por súa nai, que recolleu de mans do alcalde, Manuel Regos, unha placa conmemorativa concedida polo Concello e o Club de Atletismo Ordes. O club encargouse da organización do evento, con pa-trocinio municipal e provincial. Arriba, unha das saídas. Abaixo, entrega dos trofeos da proba absoluta masculina

O Trofeo Alquimia de Ordes, de patinaxe artística, contou coa parti-cipación duns douscentos patinado-res de entre tres e dezasete anos de idade, o que na súa terceira edición o consolida como un dos eventos de maior relevancia nesta disciplina de-portiva en toda a comarca.

Numerosos espectadores ache-gáronse a animar e observar as acro-bacias variadas que os patinadores e as patinadoras efectuaron. Mais o que realmente conta é a valoración do xurado, para o que a A.D. Liceo tivo a mellor execución, con conside-rable dominio sobre os demais com-petidores.

Na categoría benxamín, o pri-meiro posto foi para o Club Patín

Oroso, seguido do Coruxo (A Lara-cha), e da A.D. Liceo.

En alevín e en cadete, o Liceo aca-dou todos os premios. E en canto á categoría infantil, foron tamén as pa-tinadoras desta entidade as que le-varon o primeiro premio, deixando o segundo posto para o C.P Alqui-mia (Carral) e o terceiro premio para o Coruxo (A Laracha). Por último, na competición dos xuvenís, o Alquimia

de Carral foi o que maior puntuación acadou.

En canto ao equipo que exercía como anfitrión da proba, o C.P. Al-quimia Ordes, logrou cuartas posi-cións nas categorías alevín e infantil. Son as únicas nas que participaban. En comparación con anos anteriores, son uns resultados mellores, que de-mostran o progreso considerable do seu rendemento e nivel.

PATINAXE ARTÍSTICA O conxunto ordense obtivo a cuarta posición nas categorías alevín e infantil, as dúas nas que participaba

O iii trofeo Alquimia Ordes rexistra 200 patinadores

O trofeo de patinaxe artística Alquimia de Ordes supón un destacable espectáculo visual para os centos de espectadores

Page 21: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2015 21

O día da Solidariedade de Ordes supera os 500 quilos de comida

FÚTBOL GAÉLICO Xornada contra as desigualdades

O Día da Solidariedade de Ordes, no que o deporte tivo un papel moi destacado, conseguiu superar os 500 quilos de alimentos, uns 400 produ-tos de hixiene e 30 xoguetes, ade-mais de 800 euros en metálico, doa-dos á Cruz Vermella de Ordes.

Tratouse dunha iniciativa veciñal para axudarlles ás familias máis ne-cesitadas, na que colaboraron o Con-

cello e a asociación Movida Ordes. Durante a xornada, uns douscentos espectadores presenciaron partidos de fútbol gaélico en Vista Alegre, e celebrouse unha foliada, da que se encargou Camiño Real de Poulo. Á noite, o Día da Solidariedade conti-nuou cun concerto no café Acero, cos Monchos, os Flying Boogaloos, Siem-pre Fiel, e Boura Máis. Cincuenta persoas, entre nenos e adultos, participaron nos partidos de fútbol gaélico

As Trouts, campioas da competición feminina de ‘Mesía contra o cancro’

O empresario Ramón García e o concelleiro de Deportes entregan unha cesta

O torneo solidario de Mesía recada 2.777 euros para a Aecc da coruña

FÚTBOL SALA Sétimo ‘Mesía contra o cancro’

O torneo solidario ‘Mesía con-tra o cancro’ recadou na súa sétima edición un total de 2.777 euros a be-neficio da Asociación Española Con-tra o Cancro (AECC) da provincia da Coruña. Como é habitual, a compe-tición foi organizada polo Concello, co patrocinio da empresa Carpinte-ría Ramón García e a colaboración de numerosos particulares, asociacións, empresas e establecementos comer-ciais do municipio e da contorna.

A recadación, un pouco inferior á do ano pasado (3.393 euros), nu-triuse das cotas de inscrición dos equipos participantes, das entradas ao prezo dun euro para as persoas adultas que asistiron como especta-dores, e de achegas voluntarias de ci-dadáns e entidades.

As entradas comportaban tamén a participación nos sorteos de tres lotes de produtos navideños para atraer máis público. Trátase de ces-tas doadas por Supermercados Ga-dis, Casa Zapateiro e Casa Grande de

Xanceda. O sorteo tivo lugar no pro-pio polideportivo municipal, ao re-mate da competición.

Tamén nese mesmo acto se en-tregou toda a recadación, de mans do alcalde de Mesía, Mariano Igle-sias, á presidenta da AECC na Coruña, Elena Viturro, acompañada pola res-ponsable da asociación en Ordes, Emilia Vázquez.

No aspecto deportivo, o torneo solidario acadou nesta ocasión o seu máximo número de participantes. Na competición masculina, gañou o equipo de Castro, mentres que na fe-minina venceron As Trouts. A mascu-lina disputouse cunha fase inicial de liga en partidos de vinte minutos, da que sairían os semifinalistas da fase final. O torneo feminino compúxose unicamente de súas semifinais e os conseguintes partidos polo terceiro e cuarto posto e a final.

O Concello de Mesía agradeceu a colaboración de equipos, cidadáns, asociacións e empresas.

O equipo de Castro, gañador na competición masculina do torneo solidario

A presidenta da AECC na Coruña recibe o cheque da recadación de mans do alcalde

Page 22: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

22

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2015

As corredoras do Club Atlética A Silva no Campionato Galego de pro-bas combinadas en pista cuberta aca-daron tres medallas coa súa participa-ción, que elevou a entidade á terceira posición absoluta por clubes na cate-goría feminina.

MEDALLEIRODúas das medallas foron de ouro.

Quedaron no máis alto do podio Lu-cía Doval, de 40 anos, e Ánxeles Ro-dríguez, de 57. A terceira foi de prata, obtida por Mencía Pena Castiñeira, de 15 anos, na categoría xuvenil.

O equipo adestrado por José Do-mínguez tamén destacou polos resul-tados de Alba Iglesias e Sara Míguez, en cadetes. As dúas puntuaron, cun cuarto posto para Iglesias e un sexto para Míguez.

Nesta mesma categoría, Nuria García finalizou novena e Lucía Souto, decimocuarta.

tres medallas para Atlética A SilvaATLETISMO Campionato Galego de probas combinadas en pista cuberta

Corredoras do club Atlética A Silva tras o remate da competición, disputada en Lugo

Emma Núñez proclámase campioa dun trofeo de kata IOSTK en Oviedo

KARATE

A karateca de Cerceda Emma Núñez proclamouse campioa no II Trofeo de Nadal de Kata Interna-tional Organization Sport &Tradi-tional Kárate (IOSTK), que tivo lu-gar en Oviedo. A competición su-perou os 500 participantes.

Ao longo do campionato, Núñez foise impoñendo aos seus rivais por maioría absoluta (5 a 0), pasando por tanto á final, onde obtivo un moi destacado 4 a 1 que a levou ao máis alto do podio.

Núñez, no máis alto do podio

O equipo de Ordes foi subcam-pión no Torneo de fútbol 6 organi-zado pola S.D. Club Ordes en cola-boración co Concello. Os locais per-deron na final fronte ao Calasanz B, cun resultado de catro goles a cero. Para o Calasanz A quedou o terceiro posto, seguido dos equipos Vitoria, Arteixo, Luís Calvo e Once Cabalei-ros.

A competición entregou trofeos para os tres primeiros, e tamén me-dallas para todos os xogadores que participaron. O alcalde de Ordes, Manuel Regos, participou na entrega

e tamén foi espectador de diferentes partidos, acompañado pola tenente de alcalde, Silvia Marín, e polo con-celleiro de Deportes, Roberto Igle-sias.

O Ordes, segundo no torneo de fútbol 6 da S.d.

FÚTBOL O Calasanz B fíxose coa victoria

A competición de fútbol 6 foi organizada pola S.D. Club Ordes en colaboración co Concello para que os máis pequenos tivesen unha xornada lúdica e deportiva

C/ Alfonso Senra, 6315680 ORDES - Telf: 981 680 612

Entrega de premios

Page 23: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2015 23

Martí n Pena Varela, do Club Xa-drez Oroso, proclamouse subcam-pión no Campionato Provincial sub-14, disputado en Ferrol. A enti dade parti cipou nesta competi ción tamén con Carmen Míguez Pais e Sara Mí-guez Pais, que efectuaron un moi bo campionato mais nesta ocasión non conseguiron subir ao podio.

Tamén nas datas recentes se dis-putou o Campionato Provincial, en Ferrol, para os máis xóvenes, en ca-tegorías sub-8, sub-10 e sub-12. Des-tacou o xogo dos xogadores Tomás e Nico, dúas das mellores promesas da enti dade, e non menos o resul-tado de Carmen Míguez, que en sub-12 xogou nas primeiras mesas todo o campionato. Só o campión e o sub-campión foron quen de gañarlle, dun total de 34 xogadores. Foi unha de-rrota ante o subcampión na derra-deira parti da a que apartou do podio á campioa do Circuíto Galicia Central 2014, que conquista tí tulos femini-nos e pugna tamén en condicións de total igualdade polos tí tulos absolu-tos.

Polo demais, xa comezou a Liga Galega de Xadrez para o equipo de segunda división e para os dous equi-pos de terceira. Os dous de cuarta, con rapaces e rapazas dos grupos de iniciación, incorporaranse en fe-breiro á competi ción. En conxunto, son trinta e cinco xogadores do Xa-

drez Oroso. En segunda, o comezo foi unha

derrota por 1-3 fronte aos xadre-cistas de Arteixo. En terceira, me-díronse os dous equipos do Xadrez Oroso, o Norte e o Sur, que reparti -ron os puntos ao empatar 2-2.

Con esta planifi cación, o Club Xa-

drez Oroso, unha enti dade aínda bastante nova, afi rma que pretende “demostrar que o xadrez é un de-porte en auxe na nosa comarca e que podemos competi r ao mesmo nivel que o resto de clubes históri-cos”, aos que en varios torneos xa os tratou de ti a ti .

Martín Pena, subcampión provincial sub-14XADREZ O Club Xadrez Oroso participa con cinco equipos na Liga Galega de Xadrez, recén iniciada

Martín Pena con Carmen Míguez e Sara Míguez, no campionato provincial

O equipo Oroso TM-Deporte Ga-lego comezou o ano dando un paso que pode ser determinante para manterse na categoría de Superdivi-sión masculina. Venceron por 4-0 ao CTM Hispalis, un rival directo na par-ti cular pugna por evitar o descenso.

As instalacións deporti vas de Si-güeiro viron o triunfo de Valeri Ma-lov, na súa volta á categoría tras oito anos, sobre José Luis Maestre (3-0) e José Miguel Nuez (3-1). Ao 4-0 fi nal

chegouse con senllos 3-1, de Pere Navarro sobre Iván Cuevas e de Ja-vier Benito sobre José Miguel Nuez.

Peor comezou o ano para o Oroso TM Fuentes Neave, en segunda divi-sión nacional, cunha derrota por 0-6 co CD Dez Portas Lugauto.

Na primeira galega, o primeiro reto do ano para o Oroso TM Hotel Santa Cruz saldouse cunha doble vic-toria na Coruña: 2-4 contra a SD Hí-pica e 1-5 ante a Hípica da Coruña.

En cambio, aínda máis que os resul-tados no club gustan “as boas sensa-cións para o futuro” que ofrecen os

máis novos, con serias posibilidades de ascender de categoría durante esta tempada.

Paso en fi rme para seguir na Superdivisión

TENIS DE MESA O Oroso TM-Deporte Galego imponse ao CTM Hispalis, rival directo pola permanencia

O Oroso TM Deporte Galego de Superdivisión, co CTM Hispalis en Sigüeiro

Encontro dos Xadrez Oroso Norte e Sur

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Page 24: Cronicas comarcadeordes n13 xaneiro2015

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 23-01-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Os paxariños da Alameda

O gavilán averiguou que nunha farmacia húmida se remataron todas as exis-tencias de tranquilizantes.

Adquiriunos unha soa ave, e non son para o que vaia pasar nos vin-deiros meses, que xa se sabe que canto máis se achegan as urnas máis afl oran os nervios. Non, son para superar os baches emocionais e aritméti cos dos últi mos tempos, nos que foron tantos os disgustos e as penas e tan nulas as alegrías que as plumas resisten de mala maneira e perden a compostura.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Téñase en conta, advirte o merlo, que a compostura é tanto éti ca como estéti ca. E o medicado paxariño per-

deu as dúas á par. Non houbo ave que o aturase. E aínda por riba as máis próximas, que xa coñecen as súas doenzas de antes e saben que hai máis teatro que dor e máis am-bicións que coñecementos, xoga-ron a mesturarlle algúns laxantes

O cisne, que refl exiona moito sobre a estéti ca das rosas, non é capaz de che-

gar a conclusións. Máis ben non en-tende nada porque é ave moi canó-nica e todo o que ve rompe esque-mas. Por de pronto, viu que moitas das rosas da zona o que teñen de vermello non é por natural, senón por sangue derramada e por feridas frati cidas.

Hai un veterano gaivoto molesto coa pomba e sen razón real. Foi intoxicado por un gaivoto ultra-blue,

dos que antes foran plus-red para dar un pelotazo e que agora fai o e-commerce para un orange des-teñido que quere ir de maxi red. Como non lle vai molestar que lle saquemos as cores? En fi n, o caso é que antes ou despois o gaivoto ve-terano terá que queimar neurona pola súa conta e avaliar que é o que lle convén. Ou tan oxidado está que non ten ideas propias?

Por que o merlo deixa fa-cer ao tordo que non fai, vivir á pega que non vive, comer á curuxa que non

come, molestar ao estorniño que non molesta, e picar ao corvo ma-riño que non pica? Por covarde, por cómodo e por indeciso.

entre os tranquilizantes. A boti caria non colaborou, pero coñece o caso e divírtese moito.

Por que as gaivotas deron orde de deter calquera mo-vemento sospeitoso? Non vai haber fi nalmente arre-

batos de poltronas frescas, case sen estrear? Ou o plan é que si, que os haxa, pero con todo o sixilo po-sible? Ou é que os troianos real-mente ían de farol e ao fi nal non habería recambio posible?

Case sen querer, a pomba atopouse con que xa hai unha enquisa, case tan ri-gorosa como a súa. A com-

binación probable que dá é a de 7721, á espera da salpimentación da cociña. Acertará ou non, xa se verá. Pero a rula, que na arte dos números especulati vos ten un más-ter, non descarta que irrumpa un 8 e apareza un 0. Non está claro en

E estabamos recollendo o niño cando chega o faisán avisando da repenti na in-

tranquilidade que fai que as gaivo-tas remexan tanto as ás. Sostén que o fan para aparentar normalidade, sobreactuando. Algunha xa anti ci-pou que non poderá resisti r tanta axitación moito tempo porque per-derá a elegancia e transparentará moito o circulante negro.

quen recaería a doble redondez, pero si que non sería moi merecida, como tampouco o 0. De cumprirse, xa se deu orde nas boti cas de que reti ren os barbitúricos.

Moda y complementosModa y complementosModa y complementosTeléfono: 981 697 517

SíguenosRúa da Canteira nº 11 15680 Ordes (A Coruña)

Moda y complementosModa y complementosRúa da Canteira nº 11 15680 Ordes (A Coruña) 15680 Ordes (A Coruña)