Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

32
En Ordes hai cando me- nos 136 persoas que atrave- san unha situación socioeco- nómica de necesidade ex- trema. É a candade que atendeu a Cruz Vermella en 2015. Segundo a endade, a cifra de persoas en vulnera- bilidade ronda as 200. O pro- grama de reparto de alimen- tos ofreceu case cinco tone- ladas de comida durante o ano pasado no municipio. Co apoio veciñal, tamén dis- tribúen outros argos de pri- meira necesidade. Preto de 140 persoas pasan necesidade extrema en Ordes Páx. 13 Mirás rexeita a denuncia por prevaricar, que atribúe ao PP OROSO Páx. 4 Descartan de momento a redución do tipo do IBI ORDES Páx. 2 Páx. 19 Expo Ordes, en máximos Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 28 - Abril de 2016 A entrada de leite foráneo desmonta a tese do excedente ECONOMíA Páx. 18 Un detido nunha operación contra a venda de heroína COMARCA Páx. 9 A XX Festa da Troita busca acadar os 30.000 visitantes OROSO Páx. 24 Risco de anulación do Plan Xeral e dos orzamentos locais TRAZO Páx. 10 A feira multisectorial supera os 160 expositores esta fin de semana O grupo ‘Faíscas da Pontraga’, a punto de publicar o disco ENTREVISTA Páx. 27 Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045 Verónica Dono TÚ ÓPTICA DE CONFIANZA 1 gafa monofocal 77 € desde 2 gafas progresivas 197 € desde S Í G U EN O S E N Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) [email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94 Amortiguadores Mecánica en xeral e neumáticos Revisións I.T.V. Cambios de aceite Embragues Distribucións Frenos Presupostos sen compromiso Diagnoses multimarca Aliñado de dirección Aire acondicionado Taller multimarca Mecánica e Neumática E-15-001267

description

Número 28 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Transcript of Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

Page 1: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

En Ordes hai cando me-nos 136 persoas que atrave-san unha situación socioeco-nómica de necesidade ex-

trema. É a canti dade que atendeu a Cruz Vermella en 2015. Segundo a enti dade, a cifra de persoas en vulnera-

bilidade ronda as 200. O pro-grama de reparto de alimen-tos ofreceu case cinco tone-ladas de comida durante o

ano pasado no municipio. Co apoio veciñal, tamén dis-tribúen outros arti gos de pri-meira necesidade.

Preto de 140 persoas pasan necesidade extrema en Ordes

Páx. 13

Mirás rexeita a denuncia por prevaricar, que atribúe ao PP

OROSO

Páx. 4

Descartan de momento a redución do tipo do IBI

ORdeS

Páx. 2

Páx. 19

expo Ordes, en máximos

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 28 - Abril de 2016

A entrada de leite foráneo desmonta a tese do excedente

ecONOMíA

Páx. 18

un detido nunha operación contra a venda de heroína

cOMARcA

Páx. 9

A XX Festa da troita busca acadar os 30.000 visitantes

OROSO

Páx. 24

Risco de anulación do Plan Xeral e dos orzamentos locais

tRAZO

Páx. 10

A feira multisectorial supera os 160 expositores esta fi n de semana

O grupo ‘Faíscas da Pontraga’, a punto de publicar o disco

eNtReViStA

Páx. 27

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

Verónica Dono

TÚ ÓPTICA DE CONFIANZA

1 gafamonofocal

77 €desde

2 gafasprogresivas

197 €desde

SÍGUENOS EN

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña)[email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94

AmortiguadoresMecánica en xeral e neumáticosRevisións I.T.V.Cambios de aceiteEmbragues

DistribuciónsFrenosPresupostos sen compromisoDiagnoses multimarcaAliñado de direcciónAire acondicionado

Taller multimarcaMecánicaeNeumática

E-1

5-00

1267

Page 2: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

2

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2016

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

O imposto da contribución se-guirá subindo en Ordes. É o principal efecto práctico de que non prospe-rase a proposta do BNG para baixar progresivamente os tipos impositi-vos do IBI ata 2019 co fin de paliar a suba dos valores catastrais, conxe-lando así o que os veciños pagan ao Concello por este imposto.

A iniciativa levaría o tipo dos in-mobles de natureza urbana do 0,56 actual ata o 0,504 % en 2019, e os de rústica de 0,56 a 0,51 %. O Bloque re-cibiu unicamente o apoio da conce-lleira do PSOE, mentres que o PP vo-tou en contra e UxO abstívose.

O alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, lembrou que neste exercicio o imposto xa foi conxelado, tamén a raíz dunha moción dos nacionalistas, ao pasar o tipo do 0,60 ao 0,56. Sen embargo, advertiu de que neste mo-mento prefire avanzar nesa liña por-que a perda de ingresos arriscaría “proxectos e investimentos ao non poder cofinanciar subvencións con-cedidas por outros entes ao acadar unha rebaixa a tan longo prazo”.

Sen embargo, o rexedor non des-cartou reducir o tipo do IBI máis adiante. Pero pediu deixar o debate cando menos ata que o seu goberno poida pechar un exercicio econó-mico completo, xa que “só levamos nove meses á fronte do Concello”, tal como declarou.

O Bloque defendeu as bondades da súa proposta sinalando que supo-ría un aforro de máis dun millón de euros para o conxunto da veciñanza durante este mandato 2015-2019, en comparación coa recadación que se obtería co tipo impositivo vixente en 2015.

O goberno descarta de momento conxelar a contribución baixando o tipo

ORDES Os nacionalistas propoñían paliar ata 2019 a suba dos valores catastrais Instan a Hacienda a anular a taxa por regularización catastral nas granxas

A sesión plenaria de Ordes ta-mén aprobou a petición, dirixida ao Ministerio de Hacienda, de que as explotacións agrarias e gandeiras estean exentas da taxa que se lles está aplicando no pro-ceso de regularización catastral do período 2013-2016, devol-vendo as cantidades xa ingresa-das.

O acordo, aprobado por una-nimidade, reclama tamén a boni-ficación do 95 % da cota íntegra do IBI nas construcións indispen-sables para a actividade agraria, gandeira e forestal.

O texto, segundo informou o goberno municipal, é o mesmo que se aporobou no Parlamento de Galicia, que tamén destaca por reivindicar unha moratoria no proceso de regularización ca-tastral, co propósito de valorar detidamente as peculiaridades do territorio galego e aumentar as exencións nos tributos, en co-laboración cos Concellos.

A proposta do BNG foi rexeitada polo PP, coa abstención de UxO e o apoio do PSOE

A liquidación financeira do exerci-cio 2015 do Concello de Ordes ofre-ceu un resultado positivo de 336.351 euros, segundo a información di-vulgada polo goberno municipal. A anualidade, xestionada en parte polo anterior goberno de UxO e en parte polo PP, ten resultados en po-sitivo tanto no que respecta aos or-zamentos como no remanente de te-sourería.

O dato de superávit encaixa co cumprimento dos obxectivos de es-tabilidade marcados polo Ministerio de Hacienda para o plan de pago a provedores ao que se acolleu o exe-cutivo local no mandato anterior, en concreto en 2012.

O Concello debullou datos como que o resultado orzamentario

marca un importe de 288.382 eu-ros. Deste xeito, en dereitos recoñe-cidos netos consta unha cantidade próxima a 9.090.000 euros. Desta contía, 8.771.350 euros correspon-den a operacións non financeiras e 318.374 euros a pasivos financeiros.

E no referido ás obrigas recoñe-cidas netas, o importe total suma 9.404.000 euros. No desglose, cabe destacar que 8.519.351 son opera-cións non financeiras e os 884.151 euros restantes son pasivos financei-ros.

En canto á tesourería, o rema-nente ascende a 960.556 euros. En fondos líquidos a Concello pechou 2015 con 1.037.000 euros, mentres que tiña 657.620 euros en dereitos pendentes de cobros e 598.300 eu-

ros de obrigas pendentes de pago. Outra conclusión que o goberno

extrae é que en 2015 obtivéronse case 729.000 euros de aforro neto, equivalentes ao 10,28 % sobre os de-reitos liquidados por operacións co-rrentes. En gasto, a diferenza entre o límite que se podía acadar e o gasto computable é de case 62.000 euros, dentro dos obxectivos. .

Resulta tamén relevante a magni-tude da débeda viva, que representa o 60,87 % dos recursos dos que dis-pón o Concello. O máximo legal é do 110 %.

E en canto ao período de pago da débeda comercial, o que tarda o Concello en pagar facturas, o in-forme de intervención di que a finais de ano era duns dez días.

As contas municipais de 2015 pecharon cun superávit de máis de 336.000 euros

ORDES O prazo medio de pago de facturas a finais de ano situouse en dez días

O BNG considera que o concurso eléctrico limita as empresas locais

ORDES

O BNG de Ordes critica os cri-terios que estableceu o Conce-llo para sacar a concurso o servizo de mantemento das instalacións eléctricas municipais.

Se ben aprezan que o goberno abandonase o procedemento ne-gociado e convocase un aberto, cren que o deseño “pecha a posi-bilidade de que pequenas empre-sas e autónomos poidan ofertar”, di Pablo Vidal, portavoz do BNG.

Por exemplo, citan que se pide dispoñer de maquinaria “especí-fica e pouco usual”, como un guin-dastre con cesta. De aí que consi-deren que deberían terse convo-cado dous concursos independen-tes, un para instalacións e outro para alumeado. E botan en falta criterios que primen empresas lo-cais, como a rapidez de resposta.

Page 3: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

crónicas - Abril 2016 3

Page 4: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

4

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2016

A vida políti ca de Oroso convul-siónase por un suposto delito de pre-varicación polo que o xulgado de Or-des chamou a declarar ao alcalde, Manuel Mirás, e aos integrantes da Xunta de Goberno Local á altura do 17 de xuño de 2014: Antonio Leira, Eduardo Veiras, Luis Rey e Jaime Car-neiro. A non ser este últi mo, os de-mais seguen sendo concelleiros en Oroso, no grupo do PSdeG-PSOE. Leira é ademais deputado provincial desde hai uns meses, encargándose das áreas de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior.

A denuncia que deu pé á inter-vención xudicial referíase a unha re-paración das ventás no colexio de Si-güeiro, por importe duns 5.000 eu-ros, que se lle tería contratado a unha empresa pero pagado a outra. Segundo a denuncia, a fi rma que re-cibiu o diñeiro foi creada pola esposa do administrador da que foi con-tratada, que pola súa situación fi -nanceira non estaría en condicións de recibir directamente o pago, a raíz dun embargo ordenado pola Axencia Tributaria.

O rexedor, que o mércores 6 de abril acudiu a declarar ao xulgado de Ordes xunto cos outros catro edís, defendeu en todo momento que “todo se fi xo correctamente” e ex-plica que se trata dun “malenten-dido”, un “erro humano” por parte de persoal municipal. Segundo Ma-nuel Mirás, isto causou que na pro-posta inicial de gasto fi gurase o nome dunha empresa e que no decreto de pago se recollese o da outra. O erro deberíase a que teñen unha denomi-nación semellante.

A denuncia, por certo, foi inter-posta por un parti cular, Manuel Gar-cía Lameiro, que nas eleccións muni-cipais de 2011 formou parte da can-didatura do PP de Oroso como su-

plente. Por iso, o rexedor apreza un interese do PP de “gañar as eleccións no xulgado”. Mirás considera que o principal grupo da oposición actúa “de mala fe porque non pregunta-ron, e aquí non hai nada que escon-der”, en declaracións á axencia de información Europa Press, nas que tamén precisou que cando asinou o decreto, como tantos outros que asina, non imaxinou que podía con-ter tal “erro material”.

O goberno local remarcou tamén que o pago da factura non ti vo nin-gún reparo por parte da intervención municipal. E fi xo fi ncapé ademais en que a obra si foi acometi da e ser-viu para evitar que seguise entrando auga nas instalacións do colexio, des-

pois de que a Xunta non solventara tal problema.

ANUNCIO DE QUERELAS O denunciante tamén advertí a de

que as dúas empresas estarían ase-soradas pola xestoría da que é socio o alcalde. Este extremo foi negado “totalmente” por Manuel Mirás, anunciando ademais que se quere-lará contra Manuel García tanto pola vía civil como pola penal, no nome da súa empresa e no seu propio.

Despois de declarar, Mirás reite-rou o seu “respecto pola Xusti za” e amosouse tranquilo por poder “acla-rar” as “menti ras” que o denun-ciante lanzou contra el. O alcalde

orosán confí a en que o caso xudicial non teña moito percorrido nin maio-res consecuencias.

PP: QUERE “DESVIAR A ATENCIÓN” DO CASO Ao respecto das acusacións que

o goberno lanzou contra o PP, esta formación replica que “o impor-tante é saber se se cometeu un de-lito de prevaricación no Concello e non quen interpuxo a denuncia”. O portavoz municipal deste parti do, Alexánder Doval, considera que as críti cas do goberno ao denunciante, facendo fi ncapé no seu vínculo co PP, son un intento de “desviar a atención do caso”. Doval precisa ademais que o denunciante non formou parte da candidatura que el liderou nos comi-cios locais de maio de 2015.

Poñendo como premisa “o máximo respecto á presunción da inocencia” e ao labor da administra-ción xudicial, o PP afi rma que esta-rán “vixiantes ante a posibilidade da existencia dalgún delito que afecte ao correcto funcionamento do Con-cello”.

E mentres o alcalde cuesti onaba que os edís do PP non ti vesen pre-guntado polo suposto erro no pago antes de que o tema chegase á xus-ti za, o principal grupo da oposición reprochou que no pleno duns días antes a que trascendese publica-mente a imputación o executi vo non lles ofrecera “ningún ti po de infor-mación” sobre o asunto.

O alcalde de Oroso, atendendo os medios tras declarar nos xulgados de Ordes

Mirás nega que houbese prevaricación e anuncia querelas contra quen denunciou

OROSO O alcalde e catro concelleiros foron chamados a declarar ao xulgado

CUIDADOS DE DÍA PARAPERSONAS MAYORES

www.vitais.esRúa Víctor González Faya, 20. 0RDES. Tel. 881 819 830

• Talleres de memoria• Estimulación cognitiva• Gimnasia adaptada• Fisioterapia y rehabilitación

Page 5: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2016 5

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOficina:981693072/[email protected]:981693026/608982888-www.grupocercedasol.es

GRUPO

ACREDITADO POR ENAC ACREDITADO POR ENAC

EXCAVACIÓN E MOVEMENTO DE TERREOS DESBROCE DE PISTAS RECOLLIDA DE

RESIDUOS URBANOS

XESTIÓN DEPUNTOS LIMPOS

XESTIÓN E TRANSPORTEDE RESIDUOS PERIGOSOS

ALUGUER DE CONTENEDORES DE

RESIDUOS INDUSTRIAIS

LAVADO DE CONTENEDORES E RÚAS

LIMPEZA VIARIA E DE EDIFICIOS SERVIZO DE GUINDASTRE

Page 6: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

6

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2016

O alcalde de Ordes, José Luis Mar-tí nez Sanjurjo, e o deputado provin-cial da área de Cooperación cos Con-cellos, Xosé Regueira Varela, asina-ron o convenio de colaboración para investi r 258.540 euros no acondicio-namento do polideporti vo do Cam-pomaior. Segundo o acordo, a Depu-tación achegará 150.000 euros para as obras.

A previsión é que as obras come-cen no verán, aproveitando as vaca-cións no colexio e que é unha época na que se programan menos acti vi-dades para que dese xeito haxa me-nos persoas afectadas. Unha das in-tervencións será substi tuír a chapa actual da fachada por outra de mi-nionda. Destaca especialmente a do-tación dun novo ximnasio, nun vo-lume de menor altura e rematado por fóra en gres porcelánico.

O proxecto presentado polo Con-cello e aprobado pola Deputación in-clúe labores de cimentación, sanea-mento, melloras na estrutura e nas cubertas, illamentos e impermeabi-lizacións, revesti mentos interiores e

alicatados, pavimentos e teitos, car-pintería, vidreiras, carpintería inte-rior, instalacións eléctricas, pintura ou instalacións de fontanería e cale-facción.

O goberno municipal asegura que, unha vez rematadas as obras, o

pavillón disporá dunhas instalacións “con maior capacidade e aptas para ofrecer máis servizos de calidade”. Ademais, considera que permiti rán “desconxesti onar algúns dos espazos onde habitualmente se desenvolve o programa deporti vo municipal”.

Asinado o acordo para investir 258.000 euros no polideportivo do campomaior

ORDES A Deputación achegará 150.000 euros para modernizar e ampliar o pavillónA Brea, preto do Mesón do Vento, recibe 202.000 euros para a senda peonil

Outro investi mento desta-cado da Deputación da Coruña en Ordes, xa aprobado, é a ha-bilitación dunha senda peonil na Brea, preto do Mesón do Vento, nunha das marxes da estrada DP-2405, que vai desde esta locali-dade ata Cerceda.

O investi mento previsto é de case 202.000 euros. A interven-ción benefi ciará un treito duns 1.700 metros de lonxitude, en concreto desde o punto 5,820 ata o 7,510 (Ordes). Segundo a De-putación, a senda ocupará un an-cho variable, de ata dous metros, segundo o dominio público exis-tente en cada punto. Ata agora as beiravías na zona son escasas ou inexistentes.

A senda vai ser pavimentada con bituminosa en quente e slu-rry. Non obstante, desde o Con-cello amosáronlle á Deputación o “máximo interese por construír beirarrúas nos tramos nos que se fan indispensables”.

O deputado provincial Xosé Regueira (esq.) e o alcalde José Luis Martínez

Sabes que podes mercar as túas entradas desde

Internet?

www.aquaparkcerceda.es

Abrimos o 10 de xuño

Page 7: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2016 7

Page 8: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

8

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2016

OROSO A reanudación das obras está á espera de que Fomento autorice un cambio

un conflicto entre a administración e as empresas detivo o novo enlace da AP-9

O alcalde de Oroso, Manuel Mi-rás, detallou no recente pleno muni-cipal o suposto conflicto entre admi-nistracións e empresas que ocasio-nou a paralización das obras do en-lace da AP-9 en Sigüeiro. Segundo o rexedor, o Ministerio de “Fomento, Demarcación de Carreteras en Gali-cia, Audasa e as empresas construto-ras enzarzáronse por unha reforma do proxecto”.

A clave estaría en que os técni-cos de Fomento discreparon sobre o punto de inicio que se lle deu ao ca-rril de deceleración para a saída de vehículos desde Santiago, argumen-tando que non era o lugar debido. De acordo co exposto polo alcalde, o proxecto modificado xa foi remitido de Demarcación de Carreteras a Ma-drid, de maneira que restaría o visto bo de Fomento para retomar os tra-ballos, parados desde o pasado ou-tono.

Non obstante, o alcalde evitou dar data algunha sobre a reanuda-ción da obra e moito menos do seu remate porque “foron moitas as da-

tas que nos deron, incluso compro-misos públicos da propia ministra de Fomento, que non se cumpriron”. Mirás insistiu en que “o PP está fa-cendo boicot con esta obra porque ben o poderían ter sacado adiante pero empeñáronse en dicir que as obras non estaban paradas”, dixo.

O desenvolvemento do proxecto, de bastante complexidade por canto afecta a viais como a N-550, as viven-das situadas á súa marxe e as dota-cións de servizos, leva meses prota-gonizando leas dialécticas entre o goberno local de Oroso e o principal grupo da oposición.

As obras detivéronse o pasado outono e condicionan a circulación pola N-550

O PP critica a falta de contido do pleno e a actitude “sectaria” dun alcalde “caduco”

O PP de Oroso considera que o pleno de marzo estivo “baleiro de contido”, sen máis puntos que a aprobación de actas anteriores, o debate de mocións e os rogos e preguntas. O portavoz desta formación e líder da oposición, Alexánder Doval, afirmou que Oroso “ten suficientes proble-mas que abordar e levar a pleno, e se esto non ocorre a única ex-plicación é a desidia dun alcalde caduco e sen ideas”, afirmou.

Para Doval, Mirás compórtase de maneira “sectaria” por “votar en contra de todo o que presenta o PP, con independencia de que sexa bo ou non para os veciños”. Referiuse en concreto a unha moción para a regulación do IBI e outra sobre a limpeza do períme-tro das vías do tren. Ao respecto desta proposta, o alcalde indicou que o goberno xa lle solicitou ao ADIF que interveña, por ser da súa competencia, ou que auto-rice ao Concello a facelo.

Page 9: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2016 9

Era, segundo relata a Garda Civil, o punto de venda de drogas máis im-portante da zona. E está desartellado tras a detención dun home duns 44 anos de idade, que nese momento portaba 23 pequenas bolsas de he-roína, sufi cientes para situar unhas 80 doses no mercado.

A operación, denominada Za-tanna, foi levada a cabo por axentes da Garda Civil e Ordes e da súa ins-trución encárgase o xulgado da vila. O deti do foi posto a disposición xu-dicial e posteriormente o xuíz decre-tou o seu ingreso no cárcere de Tei-xeiro.

Ademais da droga, a Garda Ci-vil interviu un teléfono móbil, a fur-goneta que o deti do presuntamente uti lizaba para transportar a droga e 1.380 euros en metálico. As forzas de seguridade supoñen que os cartos proviñan da venda de droga, posto que o hombre carecía ofi cialmente de traballo remunerado desde o ano 2008.

No rexistro domiciliario posterior á detención, autorizado por orde xu-dicial, os axentes atoparon unha ba-

lanza de precisión, comprimidos de metadona e outros indicios que fan pensar que o deti do se dedicaría á venda de heroína.

ROUBOS E RECAÍDASResulta moi signifi cati vo que a

operación, que se iniciara o pasado mes de xaneiro, ti vo como punto

de parti da unha “repenti na” vaga de roubos na comarca ordense, tal como a califi ca a Garda Civil. Nas pesquisas sobre as diversas subtrac-cións, observouse que anti gos con-sumidores de heroína que se reha-bilitaran volveron caer na adicción. Os seguintes pasos foron dar cos res-ponsables da venda e desartellar a súa infraestrutura.

desartellado “o máis importante” punto de venda de droga da comarca

ORDES Detido e encarcerado un home que portaba 23 bolsiñas de heroínaTres operacións e seis detidos, tres deles presos, na bisbarra en menos dun ano

A operación Zatanna é a terceira de relevancia que se acomete en menos dun ano nos municipios da comarca contra a venda de drogas. As outras dúas desenvolvéronse en Ordes, coa detención dun home tras deixar os fi llos no colexio, e en Cerceda, cun veciño localizado tras unha advertencia veciñal por unha dis-puta familiar.

Así, desde xuño do ano pa-sado, estas intervencións acumu-lan seis persoas deti das, das que tres entraron en prisión a causa dos feitos investi gados. Ademais dos diversos ti pos de droga, nas operacións tamén se interviron armas de aire comprimido, di-ñeiro en metálico e vehículos.

Cabe reseñar tamén a inter-ceptación de 390 quilos de co-caína que chegaran nun camión, camufl ados entre carbón, a unha nave do polígono industrial de Ordes. Sucedera en novembro de 2014 e ti ña vínculos cun clan arousano.

Material intervido tras a detención do vendedor de heroína, un home de 44 anos

solu

ción

s in

form

átic

assolucións inform

áticas

Asesoramento Técnico

Solucións Empresariais á medida

Servizo de Asistencia Técnica

MantementosIntegrais(Hard/Soft)

Solucións de Seguridade

Reparación de Smartphones e Tablets

Redes e Conectividade

Venda de Ordenadores e Periféricos

Software de Xestión Comercial

Rúa da Canteira, 16 - 15680 ORDES (A Coruña)Telf: 981 697 855 / Móvil: 609 377 922

Fax: 981 97 35 62 / [email protected]

Page 10: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

10

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2016

A adopción na canceira municipal terá unha tarifa de 50 euros

ORDES

A canceira municipal de Ordes co-brará cada adopción cunha tarifa de 50 euros, mentres que os depósi-tos custarán 120 euros por animal, que se reducen a 60 euros por cada exemplar cando se trate de camadas. Así se establece na ordenanza fiscal aprobada polo pleno, co apoio de to-dos os grupos, agás a abstención da concelleira do PSOE.

O texto fixa tamén as tarifas para varios servizos que se ofrecen nas instalacións da canceira. O de despa-rasitación sitúase en 10 euros, a colo-cación de microchips en 30 euros, es-tadías temporais en 4,15 euros cada día, as vacinas en 17 euros ou cada recollida na vía pública en 30 euros.

A familia dunha nena con síndrome de Down denuncia discriminación nunha escola privada

ORDES

Unha familia de Ordes denunciou un presunto caso de discriminación sobre a súa filla, con síndrome de Down, nunha escola de baile privada situada na vila.

Segundo a queixa transmitida pola familia a este periódico, a nena foi admitida o primeiro mes de clase despois dunha primeira sesión de proba. Sen embargo, na primeira clase do mes de abril nin lle deixa-ron entrar ás instalacións nin pagar a cota do novo mes.

Esta mesma versión, acreditada con gravacións sonoras, indica que o profesor do centro afirmou que a alumna “atrasaba as clases porque non seguía o ritmo” e necesitaba un “trato especializado”.

Os afectados reprochan sobre todo que se efectuasen tales afirma-cións diante da alumna, causándo-lle un dano e unha “frustración” in-necesarios. Cren que o máis opor-tuno tería sido que os responsables da escola advertisen desde o princi-pio que non estaban en condicións de admitir a alumna.

O obradoiro de emprego que desenvolveron en conxunto os Concellos de Mesía, Abegondo, Bergondo e Carral rematou coa entrega de diplomas aos vinte alumnos, por parte do director xe-ral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta e dos catro alcal-des.

Nesta iniciativa mixta de for-mación e emprego a administra-ción autonómica investiu 180.000 euros. Formou persoas desem-pregadas nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas dependentes, tanto no domicilio como en residencias e centros de día.

Acaba o obradoiro de emprego de atención á dependencia

MESÍA

Na iniciativa participaron os Concellos de Carral, Abegondo, Bergondo e Mesía

TRAZO Os socialistas recorren a convocatoria por unha suposta vulneración da lei

As aprobacións do Plan Xeral e dos orzamentos, en risco de ser anuladas

Non son asuntos menores. A aprobación do Plan Xeral de Orde-nación Municipal (PXOM) e dos or-zamentos do Concello de Trazo para 2016 está en risco de ser anulada pola maneira en que se convocou o pleno municipal do 18 de marzo.

Todo dependerá da resposta a un recurso de reposición do PSOE, que considera que os acordos tomados na sesión “son nulos de pleno de-reito xa que o pleno non foi convo-cado cos dous días hábiles de an-telación que, como mínimo, deben transcorrer desde a convocatoria ata a celebración da sesión”, afirman.

O suposto incumprimento da lei tivo ademais como consecuen-cia que os concelleiros da oposición, segundo din, non puideron acce-der á documentación dos expedien-tes. Jorge Noya, concelleiro socia-lista, afirma que xa advertiu da “irre-gularidade” antes de que comezase o pleno e de que se reservaba o de-reito a impugnar os acordos pola “le-sión do seu dereito a participar en igualdade de condicións no pleno”. A

pesar das advertencias, tal como ex-plica o PSOE, o alcalde optou por ce-lebrar a sesión.

Para os socialistas, o asunto ten maior gravidade se cabe tendo en conta que o TSXG confirmou hai un-has semanas a sentenza dun xulgado da Coruña que evidenciaba a “acti-tude obstruccionista” do alcalde, José Dafonte, coa oposición.

José Dafonte, alcalde de Trazo

Descartan cámaras no cemiterio de Poulo fronte aos roubos

ORDES

O goberno de Ordes rexeitou instalar cámaras de vixilancia no ce-miterio do Outeiro, na parroquia de Poulo, para previr posibles roubos de lápidas. A petición fora presen-tada polo PSOE, que asegura que a finais de 2015 volveron producirse desaparición de lousas, algo que xa sucedera en 2007.

Susana García, tenente de al-calde, explicou que a titularidade do cemiterio non lle corresponde ao Concello, polo que non pode instalar cámaras. Ademais, preci-sou que o recente roubo de lápi-das é “unha información errónea”. Segundo o executivo, o último caso que lles consta é de 2011 e os pro-pios veciños e propietarios de pan-teóns encargáronse de repoñer o subtraído.

O PSOE indica en cambio que, pese ás medidas preventivas da ve-ciñanza, os roubos seguen suce-dendo. Por iso, ve necesario cando menos un reforzo da vixilancia poli-cial na zona co propósito de lograr un efecto disuasorio.

A Lei de Bases do Réxime Local fixa dous días de antelación

O recurso do PSOE funda-méntase en que o artigo 46.2 da Lei de Bases do Réxime Lo-cal obriga a convocar os conce-lleiros cun mínimo de dous días hábiles de antelación á celebra-ción da sesión plenaria. Os socia-listas aseguran que se incumpriu o prazo, polo que os acordos to-mados terían que anularse, se-gundo o establecido no artigo 62 da Lei de Réxime Xurídico das Ad-ministracións Públicas e do Pro-cedemento Administrativo Co-mún. Segundo detallan, a noti-ficación da convocatoria foi da-tada no 16 de marzo ás 10 horas, de maneira o que o pleno tería que terse celebrado como moi pronto o sábado 19 ou o luns 21.

30 anos da asociación de amas de casa de Ordes

ORDES

A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes celebrará o seu trixésimo aniversario o 8 de maio, cunha comida-baile a partir das 14:30 horas no Restaurante Barreiro, situado en Leira.

Page 11: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2016 11

Page 12: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

12

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2016

ORDES O Concello poderá utilizar o inmoble e o terreo contiguo ata o ano 2046

A igrexa cede a antiga rectoral de Poulo para crear un albergue de peregrinos

O Arcebispado de Santiago céde-lle ao Concello o uso gratuíto da casa reitoral de Poulo por tres décadas. Así figura nun convenio de colabora-ción xa asinado entre as dúas entida-des con vistas á creación dun alber-gue de peregrinos, ao situarse o in-moble ao pé do Camiño Inglés.

De acordo co convenio, a edifica-ción, de 182 metros cadrados e cun terreo contiguo de máis de media hectárea, terá que ser rehabilitada e adecuada para o novo uso antes de cinco anos. De todos os xeitos, o go-berno ordense asegura ter a inten-ción de finalizar a obra antes.

O alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, asegurou que o acordo coa Igrexa “é unha moi boa nova para Ordes”. Cre que será un paso rele-vante para potenciar o Camiño In-glés “tanto polo seu interese cultural e histórico como por ser unha impor-tante fonte de recursos e de crece-mento económico para Ordes e ou-tros concellos da comarca”.

O rexedor cre tamén que o alber-gue contribuirá a que Ordes “acade

o protagonismo que se merece den-tro do trazado do Camiño Inglés. O Concello non concretou aínda pra-zos nin formas de financiamento do proxecto de rehabilitación.

O albergue de Poulo sería o único de titularidade pública no Camiño Inglés desde o de Hospital de Bruma (Mesía) ata Santiago. Oroso leva

anos reivindicando unha instalación similar en Sigüeiro.

O PSOE de Ordes pediu que o Xa-cobeo financie a obra. Lembran que na etapa de Xesús Pedreira como concelleiro de Medio Ambiente se presentou un proxecto para acon-dicionar o inmoble, valorado nuns 400.000 euros.

A rehabilitación do inmoble, con media hectárea de terreo, ten cinco anos de prazo

O colexio novo de Sigüeiro pasa a chamarse CEIP do Camiño Inglés

OROSO

Xa é oficial. O colexio novo de Sigüeiro, que nun principio foi denominado como ‘Colexio de Educación Infantil e Primaria de Oroso’, pasou a denominarse ‘Co-lexio de Educación Infantil e Pri-maria do Camiño Inglés’.

O cambio foi autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e re-sulta conforme ao regulamento orgánico das escolas de educa-ción infantil e dos colexios de educación primaria, tal como se expresa no documento publicado no Diario Oficial de Galicia do 23 de marzo.

Deste xeito, o centro educativo toma o nome do itinerario pere-grino que transcorre polas súas inmediacións. O cambio de deno-minación foi ben recibido pola co-munidade escolar, en boa medida pola súa orixinalidade que lle per-mite evitar confusións co antigo colexio da capital municipal de Oroso, que continúa recibindo o nome de CEIP de Sigüeiro.

O presidente do PP coruñés, Diego Calvo, reuniuse en Ordes con alcaldes e portavoces muni-cipais de diversos municipios da contorna. O partido enmarca o en-contro “na nova política de parti-cipación que o novo presidente quere impulsar no partido”. Calvo

comprometeuse a que este tipo de reunións estean abertas a to-dos os afiliados, que todos poi-dan escoitar os plans da formación e que poidan trasladar queixas e propostas. Tamén incidiu na ne-cesidade de mellorar a formación dos militantes, alcaldes e voceiros.

Diego Calvo reúnese con responsables locais do PP

COMARCA

Encontro do presidente provincial do PP con responsables locais da zona

Axudas provinciais de 10.000 euros para a Escola de Música de Ordes e a Aula de Oroso

COMARCA

A Escola de Música de Ordes e a Aula de Música de Oroso recibi-ron cadansúa subvención de case 10.000 euros por parte da Deputa-ción da Coruña. A concesión forma parte dun programa do que se be-neficia unha trintena de conservato-rios e escolas de música e danza de municipios de toda a provincia. En conxunto, a entidade provincial ou-torgou uns 361.000 euros.

A maior parte das axudas son precisamente de 10.000 euros, se ben en varios casos acadan os 20.000 euros, por tratarse de entida-des de maior envergadura e de ca-rácter profesional.

A intención das axudas é contri-buír ao fomento das ensinanzas mu-sicais e de danza a través dos centros de carácter municipal, en especial, de nenos e nenas. “Búscase contri-buír á promoción do ensino musical nos concellos, verdadeiros motores da formación de carácter público”, afirma a vicepresidenta da Deputa-ción, Goretti Sanmartín, responsábel da área de Cultura da Coruña.

Todos os Concellos da comarca obteñen apoio para contratar persoal técnico deportivo

COMARCA

Os sete Concellos da comarca or-dense (Cerceda, Frades, Mesía, Or-des, Oroso, Tordoia e Trazo) recibi-ron apoio económico da Deputa-ción da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo. No conxunto da provincia, estas axudas chegan a 76 municipios, cun mon-tante total de 671.000 euros. As contías por Concello varían entre os 6.250 euros dos que menos reciben ata os 9.000 euros dos máis benefi-ciados.

O deputado responsable da área de Deportes da institución provin-cial, e alcalde de Cerceda, José Gar-cía Liñares, asegura que este pro-grama de axudas ten efectos positi-vos na xeración de emprego na pro-vincia, ao crear ou manter un total de 76 postos de traballo durante o ano, e por suposto tamén para “o fomento do deporte e a actividade física entre a poboación, especial-mente nenos e maiores, que conta-rán nos seus concellos con persoal técnico especializado na promoción de actividades deportivas”.

Page 13: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2016 13

A App de Sogama sobre recollida selectiva constitúe unha significativa fe-rramenta de apoio para mellorar os ín-dices de reciclaxe na nosa comunidade, toda vez que axuda aos cidadáns a sepa-rar correctamente os residuos en orixe e a identificar os contedores de destino nos que deben ser depositados, posibi-litando a súa transformación en novos produtos.

Accesible a través de teléfonos mó-biles con sistema operativo Android e IOS (iPhone), permite aos usuarios rea-lizar as súas consultas en tempo real e obter resposta inmediata para resolver as súas dúbidas.

A aplicación inclúe, en primeira ins-tancia, unha ampla lista de residuos xe-rados na nosa actividade diaria, así como os recipientes nos que deben ser depositados, explicando igualmente o tratamento ao que son sometidos os dis-tintos tipos de refugallos, e que varía en función das súas características.

RECOLLIDA DIFERENCIADAE DESTINOAdemais dos contedores habilita-

dos nas vías públicas (amarelo, para os envases de plástico, latas e briks; azul, para os de cartón e papel; iglú verde,

para os envases de vidro; e verde con-vencional, para a fracción resto, que So-gama transforma en enerxía eléctrica), tamén se alude á operativa dos denomi-nados puntos limpos, recintos pechados ubicados nos municipios aos que os ve-ciños deben trasladar os residuos cua-lificados como especiais debido ao seu tamaño, toxicidade ou nivel de perigo. É o caso dos voluminosos, aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), aero-sois, pinturas, vernices, etc, que pasan a mans de xestores autorizados a fin de re-cibir o oportuno tratamento.

Resérvase igualmente un espazo para a compostaxe doméstica, excelente alternativa para dar un correcto trata-mento á materia orgánica xerada nas vi-vendas unifamiliares que dispoñan de terreo no que aplicar o abono resultante: xardín, horta e/ou terras de cultivo.

Dado que o lixo está conformado por restos orgánicos nun 40%, reciclán-doos en orixe redúcese a súa presenza nos contedores verdes xenéricos, cir-cunstancia que permite aos Concellos minorar a recollida e transporte, dimi-nuíndo as emisións de CO2 e o importe da factura a pagar a Sogama. E os veci-ños obteñen un abono natural de alta ca-lidade que, polo xeral, cumpre con to-

dos os requisitos normativos, podendo ser aplicado á agricultura con absolutas garantías e sen restricións.

EXEMPLOS PRÁCTICOS E ESPAZO LÚDICOPara fomentar o interese dos usua-

rios, a aplicación tamén explica as van-taxes que ten a clasificación das distin-tas fraccións que conforman o lixo. Así, recolle, a modo de exemplo, que unha bolsa plástica pode tardar ata 1.000 anos en biodegradarse; que os cueiros de usar e tirar tardan 500 anos en descompo-ñerse; que por cada 100 quilos de mate-ria orgánica pódense obter 30 quilos de compost; que coa reciclaxe dunha tone-lada de papel evitamos a talla de 24 ár-bores adultas, o consumo de 24 metros cúbicos de auga e 4.100 KW de elec-tricidade; que a reciclaxe de 4 botellas de vidro aforra a enerxía equivalente a manter un frigorífico funcionando du-rante un día enteiro; e que unha soa pila botón de mercurio pode contaminar ata 600.000 litros de auga, o que equivale á cantidade que consomen 30 persoas du-rante a súa vida.

A App dispón igualmente dun xogo a través do cal os internautas poñen a proba, dunha forma amena, lúdica e di-

vertida, todo o aprendido. O único que teñen que facer é identificar o colector de destino dos distintos residuos que van aparecendo en pantalla e trazar a ruta para seguir por estes. A máis acer-tos, máis puntos.

Cifras para reflexionar e para ac-tuar. A Cruz Vermella atendeu du-rante 2015 a 200 personas en situa-ción de vulnerabilidade en Ordes. A maior parte delas, en concreto 136, son casos extremos. As demais son mulleres en dificultade social, inmi-grantes ou maiores.

Os casos de máxima necesidade precisaron apoio a través do pro-grama de reparto de alimentos. En total, o ano pasado repartiu 4.700 quilos de comida en Ordes, ademais de 72 vales de compra de Eroski e as doazóns da veciñanza. Tamén se en-tregaron axudas educativas, sanita-rias e de artigos de primeira necesi-dade, por exemplo camas ou berces.

Os datos forman parte da me-moria de 2015 da Cruz Vermella de Ordes, presentada por Manuel Vi-queira, presidente local da entidade, a directora do consello local de Cruz Vermella Xuventude, María Silveira, a concelleira de Educación, Benestar Social e Traballo, Susana García, e a presidenta da Cruz Vermella na pro-vincia, Mercedes Casanova.

Ademais destas intervencións de calado, a Cruz Vermella desenvolve en Ordes proxectos de promoción do éxito escolar, nos que participaron vinte menores en 2015. Co apoio do voluntariado, reciben merendas sau-dables, apoio para tarefas escolares, hábitos de aprendizaxe, material es-colar e involucración familiar na es-cola de pais e nais.

Tamén resulta relevante o apoio á integración de inmigrantes, me-diante clases de castelán a trinta per-soas que lles facilitan obter emprego e participar na vida social. E no ám-bito da terceira idade, unha trintena de persoas dispoñen en Ordes do servizo de teleasistencia da Cruz Ver-mella, outra das accións destacadas da organización.

A cruz Vermella atende 200 persoas en situación de vulnerabilidade en Ordes

ORDES Durante 2015, máis da metade presentaban necesidades extremasMedio centenar de voluntarios e camiño dos 200 socios no municipio

Os responsables da Cruz Ver-mella destacaron que toda a ac-tividade que desenvolve en Or-des é posible grazas ao labor do voluntariado e ao apoio dos so-cios e da veciñanza. Os volunta-rios e voluntarias son xa 48, men-tres que en 2015 se computaron uns trinta socios máis, ata chegar a 182 persoas e seis empresas na asemblea local.

Os ingresos medraron así un 20 % con respecto a 2014. Outras vías de ingreso, ademais dos so-cios, son os recursos por presta-ción de servizos e teleasistencia e a venda para o sorteo do ouro, na que colaborou o comercio lo-cal de Acordes.

Dentro da súa vontade de transparencia ante o conxunto da sociedade, Cruz Vermella ex-plicou tamén que en total ingre-sou 23.418 euros en 2015 e gas-tou 23.700. Tal como afirman, os resultados melloraron con res-pecto ao exercicio anterior.

As campañas con voluntarios son unha constante na programación da Cruz Vermella

A App de Sogama, un significativo apoio á reciclaxeA ferramenta da empresa pública axúdalles aos cidadáns a separar correctamente os residuos e a identificar os contedores de destino

Page 14: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

14

ActuAlidAde

crónicas - Abril 2016

Obras na entrada da Rúa da Reverencia. O Concello está inves-tindo 21.300 euros para construír un tramo de 40 metros de beira-rrúa, con 1,80 metros de anchura, bordo de granito e lousa de formi-gón vibrado.

Tal como recoñece o goberno

municipal, era unha obra moi de-mandada pola veciñanza para evi-tar que os peóns tivesen que com-partir este traxecto cos vehículos que se dirixen á Rúa do Recreo.

O proxecto contempla tamén repoñer o pavimento afectado pola execución das obras.

Obras para dotar dunha saída segura á Rúa da Reverencia

ORDES

A beirarrúa terá 1,80 metros de ancho e evitará que peóns e coches coincidan

A Deputación aproba o investimento de máis de 120.000 euros para reparar varias estradas

CERCEDA

O pleno da Deputación da Co-ruña aprobou por unanimidade o investimento de máis de 120.000 euros na reparación de varios viais en Cerceda. En concreto, trá-tase do camiño que vai desde Por-tobrea ata a empacadora de So-gama, o que une A Nespereira con San Vicenzo, o que cmunica A Silva co Pedregal, os accesos ao lugar de Recegulfe, a pavimentación na estación de Queis e un camiño en Pao do Lobo. En total, intervirase en máis de 3,5 quilómetros.

Segundo a administración pro-vincial, os traballos previstos son a reparación de fochancas, a mellora de tratamento supeficial e aglo-merado, limpeza de bordos e pavi-mentación, segundo as necesida-des de cada vial. Tamén se levará a cabo a limpeza de gavias e salvaga-bias, así como colocación de sinais.

Unha vez sexan contratadas, as obras deberán executarse en menos de 6 meses. A Deputación achega 96.479 euros dos 120.599 euros.

O prazo para pedir axudas de transporte e material escolar remata o venres 29 de abril

FRADES

Ata este venres 29 de abril está aberto o prazo de solicitude de axu-das ao transporte escolar e para a adquisición de material escolar, na convocatoria do Concello de Frades para o curso 2015-2016.

As axudas están dirixidas ás fami-lias máis necesitadas do municipio. As de transporte escolar pode solici-talas o alumnado de Bacharelato ou de Formación Profesional de grao medio. As que contribúen á compra de material escolar están reservadas a quen curse estudos de primaria e secundaria.

As principais condicións para op-tar a estas axudas son que o estu-dante estea empadroado no munici-pio de Frades, que curse os estudos para os que solicita a axuda e que a súsa familia estea ao día no pago das obrigas tributarias co Concello.

As solicitudes deben presentarse no Concello, con copia do DNI do alumno e de todos os integrantes da unidade familiar, resgardo da matrí-cula no centro educativo, e xustifi-cante de ingresos.

A corporación cumpre co trámite para constituír o ente da Vía Verde a Compostela

ORDES

O consorcio local para xestionar, promover e manter a Vía Verde entre Cerceda e Santiago de Compostela conta xa tamén co apoio da corpo-ración ordense. Por unanimidade de todos os grupos, aprobou sumarse á constitución do ente, un trámite máis para intentar que o proxecto sexa realidade algún día.

No consorcio toman parte tamén os Concellos de Cerceda, Tordoia, Oroso e Santiago de Compostela, po-los que discorren os arredor de 37 quilómetros de trazado da antiga liña ferroviaria, xa desmontada hai anos coa entrada en funcionamento do Eixo Atlántico e botada a perder para manter un servizo de cercanías.

O proxecto de Vía Verde, unha fi-gura homologada de considerable tradición noutras partes de España, consiste en acondicionar o itinerario para que sexa transitable por parte de peóns e bicicletas e ter así usos lú-dicos, turísticos e deportivos. Fáltalle aínda coa autorización e financiación de Fomento, co que os Concellos es-tán efectuando xestións.

Volven as obras á estrada N-550 entre A Coruña e Santiago, que nos últimos anos recibe parcheos espo-rádicos para paliar o estado preca-rio, e perigoso, do seu firme. Esta vez, acométese a rehabilitación do vial ao seu paso pola Coruña, Culle-redo, Cambre, Carral, Ordes e San-tiago.

Segundo o Ministerio de Fo-mento, son dous proxectos valo-rados en 1.680.852 euros en total. O que vai da Coruña ata Ordes está orzamentado en 842.449 euros e desde Ordes a Santiago gastaranse 838.403 euros.

Os traballos consestirán, nos dous tramos, en fresado e reposi-ción do firme nos puntos que pre-sentan unha maior deterioración. Para a rehabilitación superficial do firme en todo o tramo emprega-ranse microaglomerados en frío.

O Ministerio anunciou que des-pois destas intervencións procede-rase a repoñer todas as marcas via-rias preexistentes na calzada. Cabe esperar que remate así a confusión ocasionada pola superposición de marcas antigas e recentes, que nal-gúns tramos fai que os conductores non saiban a que aterse.

comeza outra rehabilitación da N-550ORDES Fomento gasta 1,7 millóns de euros na reparación entre A Coruña e Santiago

O accidente, sen danos persoais graves, sucedeu á altura do lugar de Perra

envorca un camión na estrada de MercurínUn camión envorcou a tarde do 12 de abril na estrada que vai desde

Ordes a Cerceda a través de Mercurín. O vehículo dedícase ao transporte de lixo para a nova concesionaria destas tarefas. Non se rexistraron da-nos persoais de consideración. O accidente, acaecido á altura do lugar de Perra, puxo en evidencia o que era un segredo a voces entre a veciñanza: que as empresas están ignorando a prohibición de tráfico pesado (supe-rior a 5,5 toneladas) na estrada, de titularidade municipal. Esta limita-ción foi imposta polo Concello ao comprobar os graves danos ocasiona-dos polos camións de gran tonelaxe no firme.

Page 15: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2016 15

- ¿Por qué “Fachado & López” llega a Ordes?

- “Fachado & López” se establece en Ordes con la finalidad de dar un servicio global tanto a particulares como a empresas, atendiendo sus ne-cesidades y aportando soluciones rá-pidas y eficientes, ofreciendo servi-cios en toda Galicia puesto que hoy en día los limites geográficos ya no son un impedimento.

- ¿Cuáles son sus especialidades en el ámbito del Derecho?

- Somos un despacho multidisci-plinar especializado en derecho civil (divorcios, reclamaciones de cantida-des, sucesiones, división de herencias, accidentes de tráfico, propiedad hori-zontal...), derecho penal (especializa-das en violencia de género y lesiones), derecho laboral y derecho administra-tivo.

También tenemos un amplio domi-nio del ámbito fiscal y financiero. En este sentido, concretamente referido al derecho bancario, hemos conseguido beneficiosos acuerdos entre nuestros clientes y diferentes entidades finan-cieras, estando actualmente en plena lucha con las llamadas “cláusulas suelo”, tan de actualidad en los últi-mos días. Además, “Fachado & Ló-pez” apuesta fuertemente por el dere-cho de las nuevas tecnologías.

- Eso les exige una amplia forma-ción...

- Sí, las socias fundadoras de “Fa-chado & López” están en continua formación. Por ello, tal como el mer-cado demanda, ofrecen también servi-cios de mediación en aras de llegar a acuerdos extrajudiciales entre partes, asesoramiento en derecho de extranje-ría y en atención a la mujer.

- ¿Con qué nivel de experiencia cuentan?

- Con más de 20 años de experien-

cia en el mundo jurídico en diferentes localidades de Galicia y en el mundo de la administración pública.

- ¿Qué servicios específicos ofre-cen a las empresas?

- Los de la consultoría jurídica en general, así como los relativos a las re-laciones de las empresas con las admi-nistraciones, y también todo lo vincu-lado al estudio y planificación de di-ferentes planes que actualmente deben de implantarse en toda empresa.

- Y también lo que cualquier compañía necesite para implantarse en el comercio electrónico, ¿no?

- Efectivamente, “Fachado & Ló-pez” apuesta fuerte por los nuevos modelos de negocio y por ello ofre-cemos asesoramiento en la puesta en marcha de e-commerce (comercio electrónico), siendo de especial rele-vancia el cumplimiento de protección de datos.

En ese mismo sentido y en cum-

plimiento del nuevo código penal y en concreto en lo relativo a responsa-bilidad penal de la persona jurídica, “Fachado & López” ofrece los servi-cios de compliance officer (responsa-ble de cumplimiento) para que todas aquellas empresas que así lo conside-ren implanten planes de prevención de los delitos, planes para detectar po-sibles conductas delictivas y planes para reaccionar frente a esas conduc-tas. En este sentido “Fachado & Ló-pez” apuesta por la implantación de una figura que si bien en otros países es imprescindible aquí aún no nos re-sulta del todo familiar.

- Así que un buen consejo se-ría que las personas interesadas se acerquen a conocer el despacho...

- Sí, lo es, teniendo en cuenta ade-más que “Fachado & López” realiza la primera consulta de manera gratuita, sin exigir ninguna contra-prestación por esa primera toma de contacto.

- ¿Que diferencia a ‘Fachado & López’ de otros despachos jurídi-cos?

- Basándonos en lo que nues-tros propios clientes nos trasmiten, el trato directo que dispensamos, ex-plicando los hechos de manera clara. Escuchar atentamente lo que nos de-manda el cliente y exponer de forma clara y directa la estrategia y solucio-nes a aplicar. Y sobre todo el ser ho-nestas con nosotras mismas y que se refleje en nuestro proceder diario. Ser capaz de ponerse en el lugar de quien esta enfrente de ti en todo momento en sin duda alguna parte fundamental del éxito profesional de las socias de ‘Fa-chado & López’.

- ¿Qué esperan a corto y a largo plazo?

- Convertirnos en un referente para todos aquellos que precisen de nues-tros servicios aportando un concepto integral del derecho, tanto a particula-res como empresas, somos muy cons-cientes de los cambios que se están produciendo en el mundo jurídico por eso apostamos fuertemente por la con-secución de acuerdos extrajudiciales y de los servicios de mediación, eso sí, siempre en aras de conseguir lo mejor para nuestros clientes.

- ¿Qué creen que debería cam-biar en la imagen que se tiene de un profesional del derecho?

- Cuando decides dedicarte a esta profesión lo primero que escuchas de la gente es un “espero no necesi-tar de tus servicios”, por este motivo desde ‘Fachado & López’ teníamos claro que las consultas serían gratui-tas, puesto que simplemente aseso-rándose antes se evitarían pleitos pos-teriores. En este sentido afirmamos que una simple consulta a coste cero puede evitarnos conflictos antes de que surjan.

Una simple consulta a coste 0 puede evitarnos conflictos antes de que surjan

ENTREVISTA Mara Fachado y Silvia López, responsables del nuevo servicio de consultoría jurídica en Ordes

Mara Fachado Silvia López

Page 16: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

16

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2016

Page 17: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

PuBlicidAde

crónicas - Abril 2016 17

Dicía o gran Carlos Gardel que vinte anos non é nada. Un cantar moi romántico que ben lle poderiamos aplicar á nosa Troita, que xa leva dúas décadas entre nós, medrando e mellorando ano tras ano. Vinte anos dando a coñecer este concello dos seis ríos a todos os niveis, non en van estamos falando da primeira Festa de Interese Turístico da comarca de Ordes e, durante moito tempo, a única que gozou desta distinción en toda a contorna. Vinte anos nos que se ten convertido, a base de moito trabalo e esforzo, nun dos grandes referentes gastronómico, cultural, lúdico e festeiros de Galicia.

Neste aniversario tan especial, dende o Concello quixemos elaborar un programa que incluíse activida-des para todos os gustos e para todas as franxas de idade. Queremos que todos, avós e avoas, pais e nais, fillos e fillas, deixedes a un lado as vosas preocupacións do día a día e o pasedes o mellor posible. Unha Troita cuxo programa xira en torno a seis eixos principais, un por cada río de Oroso.

O eixo cultural, coa música como principal estandarte. Así, do 6 ao 8 de maio o “Festival Oroso en Vivo” traerá á alameda de Góis ás mellores orquestras de Galicia, que se unirán ás tradicionais charangas e aos pasacalles protagonizados por grupos locais (Lembranzas do Tambre, Buxos Verdes, Néboas no Cumio, Amigos do Acordeón...), una das actividades máis aplaudidas do ano pasado. Canda elas estarán actividades culturais xa consolidadas como a Feira da Artesanía e os Oficios, o Arte na Rúa de grandes artistas portugueses e españois e as exposicións culturais no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.

O eixo gastronómico, coa degustación de milleiros de quilos de troita tanto na alameda de Góis como nos distintos establecementos hostaleiros colaboradores. Porque, como ben sabedes os que me coñe-cedes, sempre defenderei que troita coma a de Sigüeiro non a hai no mundo enteiro, pola súa prepara-ción e pola tradición ancestral.

O eixo económico, moi vencellado ao anterior, xa que os milleiros e milleiros de persoas que nos visitan durante eses tres días de maio supoñen un importante pulo para o noso sector comercial e hostaleiro.

O eixo social, con actividades para disfrutar en familia como a mostra de coches antigos, os xogos tra-dicionais na praza de Isaac Díaz Pardo, as atraccións e barracas na rúa do Camiño Inglés ou o propio xantar da Troita, que dende que decidimos trasladalo do polideportivo municipal a unha carpa a carón da alameda gaña cada ano máis e máis seguidores.

O eixo educativo, con obradoiros para os máis pequenos e actuacións do alumnado dos cursos de baile, que cada ano nos sorprenden coas súas inxeniosas e traballadas coreografías.

E o eixo deportivo, co tradicional concurso de pesca, fonte orixinal desta festa que soubo reinventarse ata o que é na actualidade: un certame de pesca sen morte do que gozan tanto adultos coma nenos.

Por todo isto, en nome da corporación que presido espero poder gozar con todos vós duns días de festa e encontro na XX Festa da Troita de Oroso e que, como dicía o mestre Gardel, para o ano só esteades pensando nunha cousa: Volver!.

Manuel MirásAlcalde de Oroso.

Page 18: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

18

ecONOMíA

crónicas - Abril 2016

As provincias da Coruña -en es-pecial en comarcas como a nosa- e de Lugo son as que máis leite produ-cen de Galicia e están en cabeza no conxunto de España. Nada ten de noticia. O que quizais non se coñeza tanto é que tamén son as que máis leite e nata importan, ás que máis produción foránea chega. Os datos desmontan o mito da produción exce-dentaria, que desde hai anos é utili-zado como excusa para baixar os pre-zos.

En concreto, á Coruña chegaron case 109.000 toneladas de leite e de nata durante 2015, destinadas a ser procesadas en industrias implanta-das en Galicia. E na provincia de Lugo a contía é de máis de 58.000 tonela-das, segundo os datos cos que traba-lla a Plataforma en Defensa do Sector Leiteiro. En total, o leite que vén de fóra -de Portugal e doutras autono-mías- suma case tanto como a produ-ción dun mes en toda Galicia.

Nun momento en que algunhas industrias deixaron de recollerlles o leite a varias granxas -como o caso de Leite Río con explotacións da comarca de Ordes- ou que utilizan o cese como ameaza para negociar prezos á baixa, ademais de pedir que se produza me-nos, estes datos non pasaron inadver-tidos para os Gandeiros.

Por iso, nas últimas semanas cen-traron as súas protestas no control de leite foráneo na industria galega. A idea era identificar e denunciar as empresas que caen nesas prácticas, que en principio non serían ilegais pero coas que “a patronal leiteira está levando á ruína a milleiros de familias Gandeiras de Galicia”, en palabras de Óscar Pose, representante de Unións Agrarias na Plataforma.

Desde o Sindicato Labrego Ga-lego afirman que o chamado acordo lácteo, de setembro do ano pasado,

“non mellorou a situación das no-sas granxas, máis ben empeorounas”, posto que nos novos contratos para a campaña 2016-2017 cada vez máis explotacións vense obrigadas a ven-der o leite, todo ou parte, por debaixo dos 20 céntimos. “Supostamente para leite en po”, agregan desde a Plata-forma de Defensa do Sector Leiteiro.

REUNIÓN DA MESANeste contexto, a Consellería do

Medio Rural convocou unha reunión do que antes se coñecía como a Mesa do Leite e que agora rebautizou como xuntanza do Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo. Unha das novidades é que nesta ocasión acudiron repre-sentantes das industrias. A parte po-sitiva é que se retoma un mínimo de diálogo entre os axentes da cadea de valor do leite, pese a que non trascen-deron acordos de relevancia.

Tras esa reunión e nunha inter-vención parlamentaria uns días des-pois, a conselleira, Ánxeles Vázquez, insistiu na defensa do acordo lácteo de setembro. Recoñeceu que “aínda

se ten que afondar no seu desen-volvemento”, pero considera que a ese acordo débese que se “frease” a caída do prezo do leite: “estabilizouse arredor dos 28 céntimos por litro que se pagaba no mes en que se asinou o acordo”, dixo a titular de Medio Rural. Informes do Ministerio sitúan os cus-tos de produción en 34 céntimos.

Os informes cos que se traballou na xuntanza indican que en Galicia hai 5.525 granxas que cobran importes inferiores aos 28 céntimos e as 3.567 restantes superan ese límite. Medio Rural referiuse tamén á controversia polos pagos a prezos de leite en po, que segundo asegura afectan ao 6 % dos produtores, que suman o 1,15 % do que se moxe.

A Consellería, que asegura que a recollida do leite está garantida, ta-mén lanza reiteradamente a mensaxe de que é necesaria unha única Orga-nización de Produtores de Leite (OPL) para “ter máis forza á hora de nego-ciar os prezos coa industria”. Segundo indica, se as dúas existentes confor-masen unha soa, esta representaría o

37 % dos Gandeiros galegos e o 34 % do leite. “É unha materia que temos pendente de desenvolver, sobre todo porque o 63 % dos produtores están sen organizar”, manifestou a conse-lleira no Parlamento.

Desde o sector, as organizacións sindicais non se opoñen nin tam-pouco respaldan de cheo que exista unha única OPL. O SLG explica que non van funcionar mentres non haxa unha lexislación de obrigado cumpri-mento que axuden a definir prezos, como un índice referenciado, condi-cións pactadas sobre o leite tipo ou mediación para que non haxa imposi-cións. Tal como revela, ata agora nin-gunha das dúas OPL de Galicia puido negociar prezos.

LEITE As provincias da Coruña e Lugo son ás máis produtoras e tamén ‘importadoras’

A entrada de leite foráneo desmonta o mito de que Galicia produce de máis

Reunión da Consellería coa Plataforma pola Defensa do Sector, o 12 de xaneiro

GaliciaAndalucía AragónAsturiasBalearesCanariasCantabriaCastela-A ManchaCastela e LeónCataluñaExtremaduraMadridMurciaNavarraEuskadiA RioxaValencia

ESPAÑA

PREZOS DO LEITE FEBREIRO / XANEIRO

(euros/litro)0,2850,3330,2970,3260,3250,4510,2980,3220,3100,3190,3150,3150,2930,3070,3430,3200,323

0,306

0,2880,3380,3130,3260,3270,4510,3000,3230,3140,3180,3220,3170,2990,3140,3440,3250,325

0,308

MEDIAS ESPAÑA FEBREIRO2013201420152016

0,3370,3900,3270,306

Fonte: FEGA (01-04-2016)

GaliciaEspaña

196.395 tn508.732 tn

PRODUCIÓN FEBREIRO

211.578 tn566.574 tn

2015 2016

Porque siempre cuidamos todo lo que fabricamos, en myOpel te ayudamos a conservar la calidad original de tu vehículo, con atractivos descuentos para vehículos Opel de más de 4 años

LOS DESCUENTOS QUE TU OPEL SE MERECE

Edad de tu vehículo

Descuentos en piezas y mano de obra En operaciones de taller mecánico

+4 10%+7 20%

AÑOS

AÑOS

REGISTRA TU VEHÍCULO EN myOpel.esY EMPIEZA A DISFRUTAR DE LOS DESCUENTOS SIEMPRE OPEL.

Ver condiciones en opel.es

TALLERES M. GONZÁLEZ, S.L.As Casillas 6015680 Ordes (A Coruña)981 680 862www.tmgonzalez.com

Page 19: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

ecONOMíA

crónicas - Abril 2016 19

ORDES A feira multisectorial, con 160 expositores, celébrase do 22 ao 24 de abril

expo Ordes 2016 trae como novidade un salón dedicado á moda e aos eventos

Un salón específi co dedicado á moda e aos eventos especiais é a principal novidade que presenta Expo Ordes 2016, a feira multi sec-torial que se celebra esta fi n de se-mana, entre o 22 e o 24 de abril.

O salón terá lugar no polidepor-ti vo Campomaior e superará os trinta establecementos comerciais, de ám-bitos como roupa, calzado, cócteles, restauración, ambientacións musi-cais, viaxes, decoración, agasallos, bixutería, hoteis, fotografí a, beleza, animacións e todo o relacionado coa organización de celebracións.

Non obstante, a cita mantén o seu núcleo expositi vo no Campo da Feira, con máis de 160 expositores, que ocuparán máis de 3.000 metros cadrados de superfi cie. As empresas parti cipantes ulti man a presentación das últi mas novidades nos sectores de alimentación, automoción, cons-trución, moble, medio ambiente, enerxías renovables, deportes, me-cánica ou agro. Volverán ter presenza diversas insti tucións, como a Manco-munidade, e asociacións, ademais do

cooperati vismo, representado polo Consello Galego de Cooperati vas. A maquinaria agrícola ocupará o seu lu-gar a carón do centro médico.

Outro escenario será a Alameda, na que se congregarán máis de trinta artesáns que elaboran pezas de coiro, bixutería, xoiería, abalorios, roupa confeccionada artesanalmente, di-versos agasallos ou produtos de ali-mentación.

E outro reclamo destacable será

a exposición ‘Galicia Máxica’, que re-colle fotografí as tomadas hai medio século polo etnógrafo e investi gador danés Gustav Henningsen en varias parroquias de Ordes.

UN CONSELLEIRO Tal como adiantou o Concello, a

apertura de Expo Ordes será o ven-res 22 ás 20:30 horas e contará coa asistencia do conselleiro de Econo-mía e Industria, Francisco Conde. Será a xornada que habitualmente se dedica ao empresariado local. O sá-bado 23 o protagonismo é para a co-marca, coa presenza prevista dos al-caldes dos sete municipios.

E o domingo evocará o xermolo desta feira, coa vixésimo séti ma Festa do Champiñón. Os bares, restauran-tes e demais establecementos hosta-leiros reparti rán de balde coas con-sumicións tapas e racións elaboradas co característi co cogomelo.

Non faltará a música, con actua-cións dos grupos de gaitas Os Pelexos e Os Viqueiras, a Banda de Música de Ordes e a charanga Ruada.

Expo Ordes ofrecerá as novidades comerciais de múltiples sectores

Unha empresa radicada en Ordes inventa un colchón que avisa de posibles infi delidades

ORDES

“Para poder descansar de noite e tamén de día”. Con este lema, a empresa Durmet, radicada en Ordes, presentou un novo col-chón, que ten a peculiaridade de avisar ao teléfono móbil da per-soa propietaria cando sobre el es-tean dúas persoas, ou quen sabe se máis, practi cando sexo.

A uti lidade do invento, por tanto, sería que un dos integran-tes da parella que o uti liza ofi cial-mente poida enterarse dunha po-sible infi delidade. A mensaxe que chega ao teléfono ben podería ser ‘Están saíndoche cornos’, pero en realidade é ‘Colchón en uso’. Dá datos tamén sobre a intensidade de uso e os puntos nos que se está presionando.

O creador desta novidade, Iván Miranda, explicou na presentación en Madrid que o arti luxio é capaz de diferenciar un uso amatorio do que poderían xerar uns nenos sal-tando sobre el. O prezo, segundo o tamaño do colchón, está entre 1.550 e 2.050 euros.

GUSTAV HENNINGSENFotografías etnográfi cas 1965-1968

Galicia máxicaReportaxe dun mundo desaparecido

Concellode

Tordoia

Organiza:Casa da Cultura de TordoiaDo 15 de maio ao 3 de xuño

Concellode

Tordoia

FESTA DO RIXÓNPONTEPEDRA - TORDOIA

15 DE MAIO 2016SAN ISIDRO LABRADOR

Degustación gratuíta de rixóns en todos os bares da Pontepedra

Organiza:

Page 20: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

20

XeNte de Aquí

crónicas - Abril 2016

ORDES O evento da Asociación de Gaiteiros de Galicia celebrouse en Ordes cun roteiro de actuacións polos bares

O XXi Xantar Gaiteiro homenaxea a Manuel Viqueira

Ordes acolleu a vixésimo primeira edición do Xantar Gaiteiro, un en-contro organizado pola Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras de Galicia que nesta ocasión serviu para home-naxear a Manuel Viqueira, coñecido como ‘O gaiteiro de Vilaverde’, fale-cido en febreiro do ano pasado.

O evento comezou cun acto de recordo na Casa da Cultura para re-pasar a traxectoria do músico or-dense, defi nido como un dos máxi-mos expoñentes do folclore galego e da preservación da tradición musical autóctona.

Despois, tomou protagonismo a festa, primeiro cun percorrido por va-rios bares das diversas agrupacións parti cipantes e despois cun xantar ao que acudiron máis de 150 per-soas entre músicos, organizadores e acompañantes. A asociación contou co apoio dos gaiteiros Os Viqueiras e do Concello, representado polo edil de Cultura, Xosé Manuel Mira. O xantar superou as 150 persoas participantes e estivo precedido por un percorrido de varias agrupacións por bares de Ordes

No auditorio da Casa da Cultura celebrouse un acto de recordo a Manuel Viqueira, destacando a súa contribución ao folclore

Page 21: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

XeNte de Aquí

crónicas - Abril 2016 21

ORDES Veciño de Montaos, de 102 anos, é o colaborador máis veterano da Axencia Estatal de Meteoroloxía

Juan Mosquera, atento ao tempo desde 1948Coa precisión e a constancia dun

reloxo suízo, Juan Mosquera Can-dal leva recollendo datos para o que hoxe é a Axencia Estatal de Meteoro-loxía (AEMET) desde agosto de 1948. Son case sete décadas nas que este veciño de Montaos, que o vindeiro 3 de xuño cumprirá 103 anos, rexis-tra a diario datos como as precipita-cións, a dirección predominante do vento ou as temperaturas.

Mosquera é o colaborador máis veterano con que conta a AEMET e como tal recibiu unha distinción hai unhas semanas na Coruña. Foille en-tregada polo Delegado do Goberno de España en Galicia, Santiago Villa-nueva, e polo delegado da AEMET en Galicia, Francisco Infante. Ningún dos dous naceran aínda cando un mestre da zona emprazara ao con-decorado a colaborar na recollida de datos. Ao pouco, xa lle mandaran o material desde Madrid, nunha tarefa na que non cesou e que, nos tem-pos en que non se contaba con saté-lites meteorolóxicos e estacións au-tomáticas, a información resultaba de moita utilidade para elaborar as predicións.

Todo está rexistrado con rigor e cada anotación queda plasmada, a man, no correspondente recadro. Mosquera envía puntualmente os datos e ten gardados cada un dos ca-dernos anuais. Non así coas observa-cións fenolóxicas, que elabora desde 1950 e que no seu momento mandou a Madrid. Nelas figura, por exemplo, a data en que cada ano chegaba o cuco á zona, ben porque lle escoi-taba el o primeiro canto da tempada

ou ben porque o averiguaba falando cos veciños. E así unha manchea de datos que, ben analizados, axudan a comprobar os cambios do clima na zona.

Mosquera, que no seu día traba-llou como peón de camiños, contou coa colaboración da súa esposa, xa finada, para a recollida e anotación dos datos. É un labor que, como el, centos de persoas realizan de ma-neira altruísta a diario, pero xa case ningunha do xeito tan artesanal e á vez metódico que emprega o veciño de Montaos, o que máis tempo leva mirando o tempo.

Mosquera segue tomando a diario os datos do pluviómetro e anotándoos a man no boletín informativo (imaxe: AEMET)

Juan Mosquera Candal, que cumprirá 103 anos no vindeiro mes de xuño, recolle na Co-ruña o galardón como veterano colaborador da AEMET de mans do delegado do Goberno de España en Ga-licia, Santiago Villanueva.

Salud Bucal

• Odontología General y Estética

• Ortodoncia• Prótesis sobre implantes

• Extracciones molares del juicio

• Colocación de implantes• Apicectomías

Clínica Dental

Revisionesgratuitas

981 680 320 - 620 822 531Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

Les desea unas

Felices Fiestas

Presupuestos

sin compromiso C-1

5-00

0297

Page 22: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

22

XeNte de Aquí

crónicas - Abril 2016

A Mancomunidade de Ordes desenvolve un curso de compe-tencias clave e habilidades sociais no que participan máis de corenta alumnos e alumnas. Esta inicia-tiva procura ofrecer información e asesoramento ás persoas inte-resadas en concorrer nas probas de competencias clave de nivel II,

o 21 de maio a Silleda. Superalas permite acceder de xeito directo a cursos e módulos de formación profesional para o emprego. Na apertura do curso, o presidente da entidade supramunicipal, Ro-berto Rey, destacou que o curso pode incrementar as opcións de acadar un emprego.

Un curso intenta facilitar o acceso á Formación Profesional

COMARCA

As clases comezaron a principios de abril, con máis de corenta participantes

Clausurouse en Frades un curso municipal sobre poda e enxertos, que contou con vinte-cinco alumnos e alumnas e supe-rou as trinta horas de formación teórica e práctica.

En sesións semanais de ca-tro horas, o alumnado recibiu pri-meiro as nocións fundamentais na

aula e despois puxo en práctica o aprendido nunha finca con espe-cies froiteiras, ornamentais e fo-restais.

Ademais da poda que precisa cada una delas, desenvolveron di-versos métodos para a reprodu-ción das plantas, como a semente, o enxerto ou o estaquillado.

Conclúe o curso de poda e enxertos, con 25 alumnos

FRADES

Acto de entrega dos diplomas, ao que acudiu o alcalde de Frades, Roberto Rey

“O mundo cheo de laranxas e eu por aquí a buscar o meu medio grelo, que beba da terra, o alente un orballo e me queira en galego”. Con esta mensaxe, a ordense Alba Dono Costoya obtivo o primeiro premio de ‘Lingua de Namorar’, na categoría de 20 a 35 anos.

Trátase dun certame autonómico de mensaxes de amor breves escri-tas en galego, para favorecer o uso

da lingua entre a mocidade, espe-cialmente a través dos medios que utiliza na vida cotiá, como internet e os sistemas de mensaxería instantá-nea.

Os premios, no caso de Alba unha cámara de fotos, foron entre-gados polos conselleiros de Cultura e de Política Social, a directora xeral de Xuventude e o secretario xeral de Política Lingüística.

Alba Dono Costoya, gañadora no certame ‘Lingua de Namorar’

ORDES

Acto de entrega dos premios do concurso ‘Lingua de Namorar 2016’

Page 23: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

XeNte de Aquí

crónicas - Abril 2016 23

O escritor Manuel Rivas ofre-ceu unha charla para o alumnado do IES Maruxa Mallo na Casa da Cultura de Ordes.

Trátase dunha iniciativa do de-partamento de Lingua Galega do instituto para que os estudantes teñan ocasión de escoitar e dialo-

gar con autores e autoras contem-poráneos no panorama literario, e tamén no xornalístico ou cinema-tográfico.

Entre outros temas, o autor de ‘Os libros arden mal’ referiuse á súa nova obra ‘Madonna e outros contos de inverno’.

Charla de Manuel Rivas co alumnado do IES Maruxa Mallo

ORDES

Rivas intervindo ante o auditorio da Casa da Cultura de Ordes

A Banda de Música de Ordes gravou xa o disco co que conme-morará o seu vixésimo quinto ani-versario. A tarefa prolongouse durante varias horas e desenvol-veuse no auditorio da Casa da Cul-tura.

Para a gravación, contaron coa

compañía das corais polifónicas de Montaos (Ordes) e de Senra (Oroso), ademais do grupo de gai-tas Os Viqueiras. Interpretaron distintas pezas en conxunto, que pasarán a formar parte do traba-llo discográfico que estará dispo-ñible para o público “en breve”.

A Banda de Música grava o disco do seu aniversario

ORDES

A gravación prolongouse varias horas na Casa da Cultura de Ordes

- Que tipo de servizos ofrecen en ManuCars?

- O tipo de servizos que ofrece-mos, á parte de ser un taller multi-marca, é todo tipo de mecánica xe-ral, desde cambios de aceite, embra-gues, distribucións, neumáticos, aire acondicionado, diagnoses, alinea-dos, pre-itv... ata chapa e pintura.

- Algunha especialidade na que destaquen?

- Sen dúbida, chapa e pintura.- Desde cando está en funciona-

mento?- O taller leva aberto desde prin-

cipios de ano. Foi montado coidando sempre o mínimo detalle e sobre todo con moita ilusión.

- Con que experiencia conta o persoal de ManuCars?

- O persoal conta cunha experien-cia de 17 anos neste sector e segui-mos en continua formación para es-tar ao día nas últimas tecnoloxías.

- Que vantaxes ten acudir a un taller multimarca?

- As vantaxes en termos xerais se-rían no tema de revisións, mantene-mentos, mecánica rápida, itv... por-que son a mellor opción. Hai que ter

en conta que os profesionais dos ta-lleres independentes están curtidos en mil batallas, con coches de dife-rentes marcas nas que unha avería non sempre ten a misma solución. Á parte, os talleres multimarca ofre-cen o mesmo servizo que un oficial pero a metade de prezo, debido a que os recambios poden ser de primei-ras ou terceiras marcas. Polo tanto, o cliente ten máis onde escoller e axus-tarse ao seu presuposto.

- As garantías son as mesmas?- Si, son as mesmas.

- Cales son as súas premisas á hora de atender o cliente?

- Para nós o principal e non en-gañar o cliente, que o cliente marche contento e siga volvendo, intentamos solucionarlle sempre o problema e darlle o mellor servizo posible, cre-mos no boca a boca, por iso é que nos esforzamos cada día en superar-nos.

- Con que primeiras marcas traballades?

- No tema de marcas gústanos ser selectivos e darlle a mellor calidade-

prezo aos nosos clientes. Algunhas das marcas coas que traballamos son Castrol, Texaco, Bosch, Mann, Ate, Dayco... entre outras moitas, e tamén con outras terceiras marcas que non teñen moito que envexar a unha de primeira categoría.

- Son moitos atractivos para acudir a ManuCars...

- Ben, nós queremos convidar a toda a xente que veña visitar as no-sas instalacións e os nosos servizos porque é a mellor maneira de que poidan comprobalo por eles mesmos.

“ManuCars é un taller multimarca de ampla experiencia e coa mellor calidade-prezo”

TALLER MULTIMARCA•Neumáticos •Diagnoses•Alineados•Mecánica xeral•Cambios de aceite•Distribucións•Embragues•Chapa•Pintura

Lugar O Cano S/N15688 - OROSOTelf / Fax: 981 69 93 60Móvil: 638 486 387

Page 24: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

24

XeNte de Aquí

crónicas - Abril 2016

O programa de conciliación da vida laboral e familiar ‘Happy Eas-ter’, que se desenvolveu durante as vacacións escolares de prima-vera, contou coa participación de 35 nenos e nenas en Ordes.

Nunha das xornadas de xogos e excursións, visitaron o Concello,

a biblioteca e a radio. Foron reci-bidos polo alcalde e a concelleira de Educación, José Luis Martínez e Susana García.

O programa está organizado polo Concello coa colaboración da Deputación e desenvólveo a es-cola ConTalento.

Alta participación no programa conciliador ‘Happy Easter’

ORDES

Varios participantes, na xeira na que visitaron o Concello, a biblioteca e a radio

O programa de obradoiros cul-turais de Oroso desenvolveu du-rante o mes de marzo un obra-doiro de globoflexia, no que parti-ciparon unha ducia de persoas. As clases, impartidas pola Escola Ga-lega de Tempo Libre, sumaron oito horas. Todos os participantes eran

maiores de idade, se ben compar-tiron os coñecementos adquiridos cun grupo de nenos e nenas.

Ademais, está xa en marcha un novo obradoiro de maquillaxe, ta-mén con maiores de 18 anos, que ensina técnicas para maquillaxes de terror e animación infantil.

Obradoiros de globoflexia e maquillaxe no programa cultural

OROSO

Participantes no obradoiro, con algunhas das creacións que realizaron

Flores ABELLÁCoronas

Centros - Ramos - ArreglosPlantas

Teléfonos:Ordes: 981 680 301Abellá: 981 699 731Móvil: 659 843 518

A Festa da Troita cumpre este ano a súa edición número vinte e faino co obxectivo de acadar os 30.000 visitantes entre o 6 e o 8 de maio, logo de ter superado amplamente os obxectivos marcados o ano pasado. Para conseguilo, volverá ofrecer “un programa que inclúa actividades para todos os gustos e para todas as franxas de idade”, explica o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira,

quen amosa a súa satisfacción por-que “tras vinte anos de moito tra-ballo e esforzo a nosa Troita se ten convertido nun dos grandes referen-tes gastronómicos, culturais, lúdicos e festeiros de Galicia”, sendo a pri-meira Festa de Interese Turístico da comarca de Ordes.

Entre o 6 e o 8 de maio, pola Ala-meda de Góis desfilarán as orques-tras máis importantes de Galicia: Ci-

nema e París de Noia (venres 6), Me-trópolis e Os Satélites (sábado 7) e Bahía Blanca e o Combo Dominicano (domingo 8). Grupos locais farán pa-sacalles e actuacións na rúa, onde ta-mén haberá actuacións infantís e ex-hibicións de Arte na Rúa con artistas da Asociación Amizade Galego-Por-tuguesa.

O domingo 8, día grande da Troita, terá lugar o pregón, a cargo do presidente da Deputación Valen-tín González Formoso e a degusta-ción de troitas, tanto na Alameda de Góis coma nos 39 establecementos hostaleiros que se adheriron á ini-ciativa. Durante os tres días haberá Feira de Artesanía e Oficios.

A XX Festa da Troita busca acadar os 30.000 visitantes

OROSO

Degustación de troitas en Sigüeiro

Page 25: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

XeNte de Aquí

crónicas - Abril 2016 25

A representación do ‘Conta-contos dos libros contentos’ ser-viu como primeira toma de con-tacto coa biblioteca municipal para un grupo de nenos e nenas de Ordes.

Esta actividade, que forma parte do ciclo mensual ‘Tardes

de contos e lendas’, fíxolles pasar un anaco moi entretido, que ade-mais ten o valor de iniciar e incen-tivar na lectura. E non só acoden os máis pequenos, senón que van acompañados de pais, nais e coi-dadores, que tamén se divirten co espectáculo.

Primeiro contacto coa biblioteca a través dos ‘libros contentos’

ORDES

Unha das accións consistiu en colocar mensaxes en zonas verdes ordenses Un grupo de nenos e nenas do municipio de Tordoia, con idades comprendidas entre os catro e os nove anos, acudiron a un obra-doiro con sesión de contacontos que se ofreceu nas instalacións da biblioteca municipal, situada na Casa da Cultura en Pontepedra, a capital do concello.

Os cativos fixeron unha pausa

no seu horario lectivo para asis-tir ao espectáculo ‘Tecendo novos soños’, no que se relata un conto mediante luces e sombras. Ade-mais, elaboraron un atrapasoños no obradoiro.

A actividade, a cargo de Edu-Cultoras, forma parte do pro-grama autonómico de animación á lectura ‘Ler conta moito’.

‘Tecendo novos soños’ entre os máis pequenos de Tordoia

TORDOIA

Os nenos e nenas de Tordoia seguiron o contacontos con moita atención

Aberto dende hai 6 meses, o centro au-ditivo OE+ convértese no primeiro e único Centro Auditivo Pediátrico de toda a co-marca de Ordes, e un dos poucos autoriza-dos para tal actividade en toda Galicia.

Isto implica unha especialización no campo auditivo xa que ten outras implicacións non presentes na poboación adulta, entre elas o desenvolvemento comunicativo e/ou cognitivo sobre os que inflúe directamente a audición.

Esta especialización fai necesario un acon-dicionamento e equipamento específicos para a realización das probas auditivas e, na medida do posible, que o neno participe coma se de un xogo se tratase facendo esta labor de xeito lú-dico pero con seriedade e rigor. Pero esta es-pecialización non só se limita á realización de probas auditivas senón tamén á adaptación de audífonos pediátricos, o cal implica a indica-ción do audífono máis axeitado para cada neno pero sobre todo a súa correcta adaptación para que poida escoitar a meirande parte dos soni-dos do entorno do xeito máis natural posible.

Así, no centro auditivo OE+ traballamos cos máis importantes fabricantes en canto a au-dífonos pediátricos, que incorporan toda a tec-noloxía dispoñible actual de modo totalmente automático, con todas as medidas de seguri-dade necesarias, resistentes ao pó e á humi-dade, compatibles coas axudas técnicas me-diante conexión inalámbrica, bucle magnético e/ou entrada de audio para FM, ademáis de po-sibilidade de ampliación de garantía e opción dun seguro. A adaptación destes audífonos rea-lízase con esmero, comprobando a ganancia que lle ofrecen para así obter a máxima infor-mación posible do beneficio proporcionado.

Ademáis, a especialización que precisa un centro auditivo pediátrico tamén permite reali-zar a adaptación de audífonos para nenos (e ta-mén adultos) que xa teñan un implante coclear nun oído. Para isto traballamos cos principais fabricantes do sector de modo que se poida adaptar o audífono máis axeitado e que sexa compatible co seu implante.

Non só nos centramos na adaptación do audífono, senón tamén na indicación, selec-ción e adaptación da axuda técnica compati-ble que sexa máis axeitada para cada caso, es-pecialmente aquelas necesarias na etapa edu-cativa.

Para realizar toda esta labor non só nos ba-samos na valoración do neno senón tamén na valiosa información que aportan os pais pero tamén os coidadores e/ou profesores e logo-

peda. Esto fai que participemos activamente con todos os profesionais que atenden e traba-

llan con este cativo tanto compartindo infor-mación como colaborando activamente con

eles en pro da mellor atención integral que o neno merece.

Finalmente, cabe citar que o centro audi-tivo OE+ pode tramitar directamente ante o Sergas a prestación recollida no catálogo orto-protésico según a demanda da familia do rapaz menor de 16 anos. Isto implica que as fami-lias non terán que abonar por adiantado a cuan-tía fixada en 800€ por audífono se así o prefi-ren senón que será o centro auditivo OE+ quen así o faga.

Así, o centro auditivo OE+ é o centro au-ditivo de confianza que requiren os pais e fa-miliares de nenos con perda auditiva, un cen-tro auditivo que pon todos os medios ao seu al-cance para ofrecer a mellor audición posible ao cativo xunto coas máximas facilidades para os pais, familiares e/ou coidadores.

O único centro auditivo especializado en nenos e adultos na comarca de Ordes

Page 26: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

26

XeNte de Aquí

crónicas - Abril 2016

FRADES A organización estima que repartiu máis de mil tortillas de masa

A Festa da Merenda de Aiazo celébrase pasada por auga

A chuvia restoulle afl uencia á un-décima Festa da Merenda en Aiazo (Frades), que de todas maneiras des-pachou unha canti dade semellante de torti llas de masa que en anos an-teriores. Segundo a organización da festa, a asociación de veciños ‘Os Pa-sos’, foron máis de mil unidades, que prepararon alí mesmo dezanove co-ciñeiras desde o mediodía ata prac-ti camente a medianoite.

Onde máis se notou o mal tempo foi na área recreati va, na que se vi-ron menos encontros familiares que noutras ocasións. As persoas que acudiron instalaron pequenas car-pas para pasar a xornada, pero moi-tas outras optaron por ir recoller as torti llas e levalas para a casa.

Deste xeito, tomou protago-nismo o público xuvenil, tanto na se-sión vermú como na posterior Fo-liada da Merenda na que entre ou-tros interviu a agrupación folclórica local Sarillo, e a verbena nocturna. A festa está organizada pola asociación veciñal e conta coa colaboración do Concello

Dezanove cociñeiras prepararon as tortillas por quendas durante doce horas

As candidaturas para a Gala da Cultura poden presentarse no rexistro durante o mes de abril

OROSO

Durante todo este mes de abril poden presentarse candidaturas para a III Gala da Cultura do Con-cello de Oroso, convocada para “recoñecer o mérito de persoas, enti dades, asociacións ou empre-sas que destaquen no ámbito cul-tural”, segundo o goberno local.

As propostas poden presen-talas no rexistro do Concello cal-quera veciño ou enti dade. As nor-mas son que non pidan o premio para si mesmos e que a candida-tura pertenza ao ámbito munici-pal. O formulario ten que ir acom-pañado dunha memoria que des-criba o labor e os méritos da per-soa ou enti dade suxerida.

O evento está previsto para o venres 3 de xuño. Os recoñece-mentos están distribuídos en ca-tro categorías: á traxectoria no eido cultural, á promesa 2015, para a asociación ou enti dade que en 2015 potenciase a cultura en Oroso, e á empresa que apoie a cultura no municipio. Son premios sen dotación económica.

- ‘La Reina de Saba’ é unha tenda innovadora en Ordes. Por que?

- Si, ofrecemos algo que non había antes no pobo; algo diferente. Cremos que La Reina de Saba é unha tenda in-teresante xa que nela podes optar por comprar un perfume coas notas olfa-tivas dos grandes deseñadores ou ben calquera outro produto aromático ou natural.

- Como funciona a venda de per-fumes a granel? Cales son as van-taxes deste procedemento?

- A venda dos nosos perfumes é moi sinxela. Contamos nun principio con máis de 95 frascas de 1 litro cheas de per-fume e dispoñemos de tres tamaños de frascos (15 ml, 50 ml e 100 ml) para le-var. Unha vez decidido o frasco, utiliza-remos a frasca de 1 litro, para enchelo co perfume elixido polo cliente. Podemos repetir o procedemento con cantos per-fumes se desexen comprar e informamos ao cliente de que unha vez remate o per-fume, pode vir de novo co frasco baleiro para enchelo co mesmo ou con outro di-ferente; neste caso descontarase o prezo do frasco, pagando soamente o recheo, esta é a gran vantaxe que noutro tipo de perfumerías ou droguerías non adoita ha-ber. Ademais, esta técnica contribúe co medioambiente polo feito de ser envases reutilizables.

- De que gama de produtos dispo-ñen?

- Deixando a un lado os perfumes, dispoñemos dun amplo abanico de pro-dutos aromáticos e naturais. Por unha banda temos as cremas e xabóns tanto corporais como de mans, aceites, sales e bombas de baño... mentres que pola banda dos aromas contamos cunha gran variedade de mikados, velas, ambien-tadores de coche e de armario... entre moitos outros.

- Os perfumes a granel serven ta-mén como agasallo?

- Temos claro que calquera dos no-sos produtos farían un agasallo perfecto, e dende logo os perfumes. Preparamos cestiñas ou paquetes ao gusto, para sor-prender da mellor forma.

Por encargo, tamén preparamos de-talles para todo tipo de eventos (bodas, comunións, bautizos, cumpreanos...)

- A que tipo de clientes se dirixen?- Dirixímonos ao público en xeral.

Aínda que na rama dos perfumes come-zamos con máis stock para o xénero fe-minino, tamén dispoñemos deles para homes e nenos. Os demais produtos es-tán enfocados para calquera persoa que lle guste o mundo dos aromas.

- Venden tamén por internet?- Si, tanto a través da nosa páxina de

facebook “La Reina de Saba - Ordes” como do correo electrónico [email protected]; facendo envíos a toda a Península. ESPERÁMOSVOS!

LA REINA DE SABA, ALGO DIFERENTE EN ORDES

Rúa do Mercado, 6 bajo-dcha15680 OrdesTel.981682023/626854378 [email protected] lareinadesaba.ordes

Page 27: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

XeNte de Aquí

crónicas - Abril 2016 27

- Desde cando está á venda o que é o voso primeiro disco?

- Aínda se está a fornear, mais con-tamos con que estea á venda a fi nais deste mes de abril.

- Cantos exemplares se van publi-car? Onde se vai poder adquirir?

- Sairán inicialmente 1000 copias. Poderán adquirilos en tendas espe-cializadas como A Grileira ou A Buli-deira, de Santi ago de Compostela. Ta-mén estarán dispoñíbeis nos nosos concertos, e as persoas interesadas poden contactar con calquera mem-bro do grupo a través do teléfono, re-des sociais...

- Que nome lle puxestes?- Decidimos chamarlle VELAÍ VÉN!

xa que ti vemos que agardar case 14 anos por el!

- Onde e cando se gravou?- O disco foi gravado en decem-

bro do ano 2015, no Estudio CORMO-RÁN, baixo a supervisión técnica de Ramón Campos, a quen lle agredece-mos o traballo realizado e o seu trato tan afable.

- E por que Faíscas da Pontraga saca neste momento un disco? Que supón ‘Velaí Vén’ na traxectoria da agrupación?

- Senti mos que era o momento. Aínda que xa levabamos tempo mati -nando a idea de gravar un disco, non queriamos investi r tempo e diñeiro ao chou. Por iso fomos adiando a gra-vación até estarmos convencidos de que era o momento, logo de 14 anos, unha vez resoltas as actuacións do

verán. Levamos anos tocando xuntos, percorrendo diferentes escenarios, un disco refl icte en parte esa andaina.

- A principal razón do disco é ob-ter ingresos ou ides perder cartos pero queredes deixar constancia da vosa música nun soporte fí sico?

- A principal razón é divulgar a cul-tura tradicional e deixar constancia do noso traballo. Loxicamente, can-tos máis discos consigamos vender, máis portas se nos abrirán para tocar en festi vais e outros escenarios… A ra-zón económica nunca pesou en nós á hora de decidírmonos.

- Cantas pezas e que ti po de te-mas inclúe o traballo?

- Son 14 pezas, case todas de orixe tradicional e de ritmos diferen-

tes (muiñeiras, xotas, pasodobre, pol-cas, valses, marchas…), agás a 12 do disco, a “Xota da Pontraga”, un agasa-llo do noso amigo e gran gaiteiro Emi-lio Lois, que a compuxo para nós.

- Nunha entrevista neste mesmo periódico en agosto de 2014, asegu-rabades que “non queremos que as présas e os prazos repercutan nega-ti vamente na calidade do traballo”. Houbo algunha urxencia para pre-parar o disco ou ti vestes ocasión de preparalo ao xeito artesanal?

- Non ti vemos présa, pero despois dun verán inzado de actuacións non ti vemos tempo para ensaios, ti ve-mos que traballar intensamente du-rante os meses de outubro e novem-bro para podermos ser efi caces no es-

tudo de gravación en decembro.- A gravación foi un proceso moi

laborioso? - Foi laborioso, porque gravamos

8 instrumentos e varias voces... A de-mora é frecuente porque temos que coordinarnos entre todos nós, se-guindo unha estrita orde de grava-ción. Alén diso, sentí monos bastante cómodos gravando.

- Agora que xa tedes experiencia en gravación e edición discográfi ca, vedes máis identi fi cable a vosa mú-sica no que soa no disco ou nunha actuación en directo?

- A nós gústanos tocar ao vivo, para que a xente baile ou cante, xa que ese é o senti do da nosa música tradicional. Esa expresividade que xorde no directo e esa ambientación tan especial nunca se acadan nun es-tudo de gravación. O contexto é im-portante. No estudo de gravación fi -camos máis descontextualizados.

- Faíscas da Pontraga ten garan-ti da a súa conti nuidade?

- Por suposto, non somos un grupo profesional pero temos ilusión, von-tade de traballar a prol da música tra-dicional, desexos de ser mellores mú-sicos...

- É imposible a aprendizaxe de música tradicional na escola?

- Claro que non, estaría moi ben que no temario da asignatura de mú-sica se incluíse a música tradicional que, por outra banda, está a se per-petuar grazas ao labor de asociacións culturais.

ENTREVISTA Faíscas da Pontraga está a piques de lanzar ao mercado ‘Velaí vén’, o seu primeiro disco

“O disco refl icte a nosa andaina de catorce anos xuntos percorrendo diferentes escenarios”

Faíscas da Pontraga ten vontade de continuar, repleta de ilusión e ganas de traballar

Telf: 981 680 123AlfonsoSenra128/[email protected]

DESDE SIEMPRE PENSANDO EN LA MUJER DE HOY

CLÍNICA A DOENZAAv.deACoruñanº24,bajo.15185CERCEDA(ACoruña)

PIDE CITA: 981 685 171

NUESTRA ATENCIÓN PERSONALIZADA,

AMABLE Y ESPECIALIZADA TE

DEJARÁN SER TÚ MISMA

Las mejores firmas:

El estilo y la moda que necesitas para sentirte segura contigo misma

Tallas: de la 80 a la 130

Page 28: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

28

dePORteS

crónicas - Abril 2016

Ánxeles Rodríguez, atleta de Ordes que compite co Club Atlé-tica A Silva, de Cerceda, suma ao seu extenso palmarés tres me-dallas no recente Campionato de España de Atletismo en pista cu-berta, na categoría de veteranos.

A ordense acadou a medalla de ouro na especidalidade de lan-zamento de peso. A isto hai que sumar dúas preseas de bronce, un na proba de salto de altura e o ou-tro na dos 400 metros lisos, sem-pre en categoría F55.

En concreto, en lanzamento de peso Rodríguez rexistrou 7,67 me-tros, fronte aos 6,21 da segunda clasificada, a madrileña Azucena López. En salto de altura, a marca de Rodríguez foi de 1,01 metros, mentres que en 400 metros lisos a ordense rematou cun tempo de 1’ 22,63’’.

Noutra destacada proba, o XI European Masters Athletics Championships Indoor, disputada en Italia, Ánxeles Rodríguez foi

medalla de prata na proba W55 disputada por equipos. En lanza-mento de xavelina foi sexta e en 3.000 metros acabou oitava.

Catro medallas para Rodríguez en dúas destacadas probas

ATLETISMO

A cuarta edición da Carreira Pedestre do Concello de Oroso está programada para o sábado 30 de abril, se ben as persoas inte-resadas en participar deberán ins-cribirse como moi tarde o día 27.

As anotacións tramítanse a tra-vés das páxinas web www.carrei-rasgalegas.com ou www.fgatle-tismo.es/santiago. É de balde nas categorías escolares, desde a pi-tufo ata a xuvenil. A proba abso-luta, en cambio, require unha cota de inscrición de 5 euros.

A intención do Concello é que a Carreira Pedestre acade os mil participantes, segundo avanzou o concelleiro de Deportes, Luís Rey: “este ano puxemos en marcha a campaña Obxectivo 1.000, des-pois de que en edicións anteriores rondaramos os novecentos corre-dores”, afirma.

A carreira, organizada polo Concello en colaboración coa De-putación da Coruña, Supermer-cados Familia, Equip@-T e Bazar

Karma, dará comezo a partir das 17:30 horas. Estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Fe-deración Galega de Atletismo.

Desenvolveranse un total de oito probas, con distancias adap-tadas ás catorce categorías esta-blecidas. A saída e chegada será en todas elas desde as inmedia-cións da Casa do Concello, come-zando pola carreira absoluta de dez quilómetros de lonxitude, na que se enmarcan as categorías jú-nior, sénior e cinco de veteranos: A, B e C masculino; e D e E, femi-nino). A partir das 18:30 íranse su-cedendo as demais saídas, con percorridos desde os 300 metros ata os tres quilómetros.

A entrega de premios está pre-vista para as 20:30 horas. Haberá trofeos para os tres primeiros cla-sificados de cada unha das cate-gorías, sen que os premios sexan acumulativos. En prebenxamín e pitufo todos os participantes reci-birán unha medalla.

A Carreira Pedestre de Oroso disputarase o sábado 30 de abril

ATLETISMO

O Oroso Futsal Bar Tapas Benxa-mín proclamouse campión da Liga de Fútbol Sala de Santiago de Com-postela 2015-2016, clasificándose así para disputar o campionato pro-vincial, que organiza a Federación Galega de Fútbol Sala e que come-zou o pasado 9 de abril.

Os nenos e nenas do Oroso F.S. Bar Tapas impuxéronse na final ao Villestro FC por 4 goles a 2. Antes,

quedaran primeiros na liguiña pre-via polo título, vencendo ao Victoria FC EG Cuatro Motor en cuartos de fi-nal (4-0) e posteriormente ao Victo-ria FC Gráficas Alonso en semifinais (5-1).

Os resultados falan, por tanto, de por si. O Oroso Futsal Bar Ta-pas Benxamín conseguiu conformar unha aliñación moi compenetrada e capaz de dar un xogo seguro e eficaz.

O Oroso FutSal gaña a Liga de Fútbol Sala de Santiago

FÚTBOL SALA

Ánxeles Rodríguez do Río compite co Club Atlética A Silva, de Cerceda

C/ Ramón Ferreiro nº 2 - ORDESTelf: 981 681 394

Nueva gerencia

Lugar de Orro, 100CULLEREDO

680 509 760

Page 29: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

dePORteS

crónicas - Abril 2016 29

FÚTBOL7 A categoría benxamín faise co codiciado torneo disputado en Cantabria, gañando todos os partidos

Xuventude Oroso, campións na copa isla 2016O equipo benxamín do club Xu-

ventude Oroso proclamouse cam-pión da Copa Isla 2016 de fútbol 7, un torneo de ámbito español que se disputa na localidade cántabra de Isla. Os de Oroso impuxéronse cunha considerable superioridade, posto que gañaron os seus oito par-ti dos.

Na fi nal, o Xuventude Oroso ga-ñou fronte ao equipo local Basan-der, por 2 a 1. En semifi nais, a victo-ria obti vérona ante o Vallmont, por 1 a 0.

O equipo de Oroso foi o maior goleador de todo o torneo, con 19 tantos anotados. E tamén o menos goleado, con só tres. Non en van, o premio individual ao mellor xogador recaeu en Mario Prado e como me-llor porteiro da competi ción disti n-guiuse a Yeray Vázquez, os dous do Xuventude Oroso. Os integrantes do Xuventude Oroso benxamín, celebrando a victoria despois do torneo xogado na localidade cántabra de Isla

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Telf: 981 680 612

JUGUETERÍASJUGUETERÍAS

Alquilamos hinchables

para todo tipo de fi estasAlquilamos hinchables

para todo tipo de fi estas

C/ Alfonso Senra, 18 - 15680 ORDES

REPORTAXEE VÍDEO

PÍDENOS PRESUPOSTO SEN COMPROMISO

Rosalía de Castro, 30 B15680 - ORDES (A Coruña)Telf: 981 680 823

E VÍDEO

Page 30: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

30

dePORteS

crónicas - Abril 2016

TAEKWONDO O Campionato Provincial en Idade Escolar disputouse no polideportivo Castelao I de Ordes

triunfos do Natural Sport Ribeira e o cub noiés Maniotas

O club Natural Sport Ribeira, na competición masculina, e o Manio-tas, de Noia, na feminina, foron os gañadores do Campionato Provincial de Taekwondo en Idade Escolar, que se disputou no pavillón polidepor-tivo Castelao I, de Ordes, na xornada do 20 de marzo.

No recinto instaláronse catro ta-pices para o desenvolvemento da competición, que congregou un total de douscentos deportistas perten-centes a dez entidades deportivas de toda a provincia coruñesa, ademais de numerosos afeccionados.

O Concello, que colaborou coa organización, desprazou ao alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, máis aos concelleiros José Manuel Rodríguez, José Manuel Mira e Luis Caamaño para encargarse da entrega de tro-feos e medallas aos participantes. O acto contou tamén coa presenza do presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz. A competición sumou uns douscentos deportistas pertencentes a dez entidades deportivas de toda a provincia coruñesa

A competición de Frades terá lugar o 7 de maio na Pontecarreira

CARREIRA

A terceira carreira de Frades está programada para a tarde do sábado 7 de maio, aínda que o prazo de ins-crición para os participantes remata o 3 de maio.

As anotacións son de balde para escolares, de pitufos a benxamíns, e custan 5 euros para as categorías júnior, promesa, sénior e veterana. Formalízanse a través da web www.emesports.es.

A competición está organizada polo Concello de Frades e pola Fede-ración Galega de Atletismo, en cola-boración coa Deputación da Coruña, Carreiras Galegas, Correr en Galicia e diversas empresas.

A proba principal ten 8,6 quiló-metros de lonxitude, con saída e che-gada na Pontecarreira. As diferentes categorías inferiores percorrerán dis-tancias menores, adaptadas a cada tramo de idade.

Haberá premios en metálico para os cinco primeiros clasificados da ca-tegoría absoluta e para os tres me-llores equipos, tanto na clasificación masculina como feminina. En total, entregarán 1.225 euros, ademais de diversos premios e trofeos.

O orzamento de 2016 en Ordes incluirá bolsas para deportistas locais con bos resultados

APOIO AO DEPORTE

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, anunciou que os orzamentos municipais deste ano in-corporarán recursos para bolsas es-pecíficas de apoio a deportistas lo-cais que destaquen polos seus resul-tados e precisen axuda para as com-peticións.

A novidade coñeceuse no debate dunha moción do PSOE para pedir axudas económicas directas e nomi-nativas a equipos e deportistas con-cretos. Todos os grupos estiveron de acordo, aínda que o PP, no goberno, votou en contra por aprezar na re-dacción do documento “unha acu-sación velada de que o Concello de Ordes non aplica unha política de fo-mento ao deporte”. O rexedor re-batiuno falando de incrementos or-zamentarios nas escolas deportivas municipais.

Os socialistas, en cambio, non ven política de fomento do deporte e consideran que o goberno utiliza “con fins propagandísticos” os éxitos individuais ou de clubes, segundo a concelleira Verónica Gómez.

Varios integrantes do Club Atlé-tica A Silva, de Cerceda e con in-tegrantes de varios municipios da comarca ordense, participaron na Gala do Atletismo Galego para re-coller os premios que recoñecen os seus éxitos na pasada tempada.

Como indican no club, son pre-mios “ao seu esforzo e amor polo atletismo”, que comparten con to-dos os compañeiros “que por unha razón ou outra este ano non o con-seguiron”, como mostra do apoio mutuo que caracteriza o club.

O club Atlética A Silva, partícipe na Gala do Atletismo Galego

ATLETISMO

Oito dos once premiados do Atlética A Silva, na gala na Cidade da Cultura

Page 31: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

OPiNiÓN

crónicas - Abril 2016 31

Os paxariños da Alameda

Os ornitólogos todo o día falando do ben que lles viría a venti lación ás aves da república coreana e ao

fi nal comproban que a venti lación facía tanta ou máis falta nas te-rras conti guas. Que disgusto! Que deshonra! Que infortunio! Depare o que depare o arbitrio, xa non hai quen pague as bágoas derra-madas, o decoro perdido (ai! ou-tra vez o decoro, aquí tamén...!) e moito menos as pasti llas de ten-sión, que non entran polo seguro.

Nesas andan, si, como se o lagarteiro e demais paxaros observadores fo-sen uns pailáns. Pero non,

saben ben o que hai. Teñen coñe-cementos fl uviais dabondo como para saber cando os caudais deri-van ben ou derivan mal no cauce que lles corresponde. Tampouco hai que esquecer que eles tamén teñen parentes de rapiña. A tra-vés das bentás miraron como des-borda o rego. E o que lles queda por ber. Si, ber polas Bentás.

Agora é cando algún pé-talo descartado no seu día está pensando se pide contas e compensacións,

ben sexa a prazos ou con pago ao contado. O caso é que xa deixou caer que a democracia interna ten estas cousas. Máis aínda cando de democracia ti vo pouco, que ben saben todos como é o xogo do es-traperlo. O caso é que está expec-tante e disposto ao ataque exter-minador. E terá axuda das gaivo-tas, aínda por riba.

De aí que algún gaivoto preguntase por certa fi nca, en público e sen complexos. Bastantes pis-

tas daba. De todas maneiras, ta-mén xogaba un pouco ao despiste. É máis, o seu despacho foi o pri-meiro que ti vo que ser venti lado, unha e outra vez. Ata que chegou un momento, ben o sabe a garza, que viron que o cheiro persistí a e houbo que pechar e ambientar. Pero agora fala Eliseo e todos cal-viños. O día que chegue a policía...

Nesta derradeira fi n de semana completa de abril celébrase unha nova edición de Expo Ordes, unha feira expositi va que está tan arrai-gada na comarca que só cabe pen-sar que é úti l e necesaria. A nin-guén lle debería caber ningunha dúbida, á vista de que se van supe-rar as duascentas enti dades, entre empresas, insti tucións, asociacións e parti culares, que presentarán ante milleiros de persoas as súas novidades comerciais e de servizos.

Con certo disfraz festi vo, este grande escaparate comercial vai máis alá dos paseos, as visitas e os encontros que producen durante as súas dúas xornadas. En reali-dade, a súa maior uti lidade para quen acode son os negocios que os contactos establecidos permiten pechar despois ao longo do ano. É dicir, é unha boa oportunidade para facerse un oco no mercado.

Agora ben, non hai que obviar que a feira multi sectorial corre o risco de quedar anclada nun es-quema reiterati vo, nunha falta de

renovación que pode deixar de fa-cela atracti va tanto para os expo-sitores como para o público que a visita.

Está por ver se as novidades in-troducidas este ano, como o salón de moda ou o reforzo dos postos de artesanía, son sufi cientes para evi-tar a perniciosa sensación do “isto xa o vin o ano pasado”. Por iso, sen perder a esencia nin alterar o que está demostrado que funciona, to-dos os cambios deben ser benvi-dos. Aínda co risco de que algúns deles fracasen, pagarán a pena se cando menos un funciona.

E nesa tarefa deben ser partí ci-pes todos: o Concello como orga-nizador, as demais insti tucións que colaboran, as empresas e autóno-mos que fan un encomiable esforzo por parti cipar, e incluso o público, que non debería renunciar a pre-sentar suxesti óns de mellora.

A nosa non é outra que arriscar un pouco máis, darlle máis opor-tunidades á orixinalidade, romper inercias. Longa vida a Expo Ordes!

Expo Ordes, unha feira necesaria que non sorprende

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

Tu tienda de modaRamón Ferreiro, 1. Bajo. - 15680 ORDES

Telf.: 981 681 365

Papelería, textil, calzado, menaje, artículos de regalo, peluches...

Rúa da Canteira nº 2 ORDES (A Coruña) - Telf: 981 688 646

Todo lo último de Patrulla Canina para el verano, menaje, juguetes, textil, calzado,...

Y ahora también...

Libros de textoMaterial escolar

FELICIDADESMAMÁ!!!

Y ahora también...Y ahora también...

Page 32: Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 15-04-2016. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Por unhas horas, incluso días, bas-tante xente chegou a crer que ha-bía unha colonia de coalas nos mon-tes da contorna. E seguramente máis dunha persoa sentiu algo de decep-ción interna cando descubriu que todo era unha broma e que o cal-mado animal seguía nas antípodas. A farsa coincidía co Día dos Inocen-tes anglosaxón, pero non era unha broma calquera, senón que tiña como fin cuestionar a política forestal que impera en Galicia e os prexuízos que ocasiona a prevalencia do eucalipto.

A acción foi ideada e acometida pola produtora Illa Bufarda e, como tantas outras falsidades, estendeuse como unha mancha de aceite polas redes sociais e mesmo foi publicada como información veraz por varios medios xornalísticos. Un gol na porte-ría da credibilidade.

O primeiro foi crear nas redes a suposta mancomunidade de montes da Farbuda e ir dando conta de avis-tamentos dun animal “ao lonxe e su-bido nos eucaliptos” que non daban identificado “no norte do concello de Cerceda”. Así ata lanzar un comuni-cado aos medios no que “veciños da comarca de Ordes alertan da existen-cia de coalas”, acompañado de gra-vacións e testemuños de “varias per-soas expertas na materia que confir-man a súa existencia”.

Ninguén sospeitou sequera do so-bredimensionado sombreiro de pa-lla dunha testemuña, nin do tono da presunta enxeñeira agrónoma que nun vídeo vía “posible a adaptabili-dade do coala no noso hábitat pois

conta coa súa principal fonte de ali-mentación: o eucalipto”. Engadía da-tos como que o 90 % do alimento da especie é eucalipto, medio quilo dia-rio de folas. E detallaba que tiveran que “modificar o seu sistema dixes-tivo para que a toxicidade do euca-lipto non lle resultase daniña como para a maioría dos mamíferos”.

COALAS HUMANOS “A MOREAS”Illa Bufarda contou coa colabora-

ción de “moitas persoas e ganchos” para que o fenómeno fose viral. E foi no pleno apoxeo cando chegou o des-mentido e a explicación.

“Polo de agora non existen coalas en Galicia, entendidos como especie animal que habita en Australia. Mais se chamamos ‘coalas’ aos humanos que involucionan, se conforman e se adaptan, coalas hai a moreas”, procla-mou o grupo, que incidía en que “o coala evolucionou ao revés, cada xe-ración é menos intelixente que a an-terior”, adaptando a súa dixestión ao eucalipto aínda a costa de ter que bo-tar cinco horas comendo e dezaoito durmindo para procesar a inxesta.

“Mastigamos moito tempo a idea do beneficio curtopracista, canto es-pertemos tras a dura dixestión desta broza xa non teremos monte”, pasan a advertir os promotores desta inicia-tiva. “Os montes galegos -engaden- sofren a política continuista do tar-dofranquismo que executa a Xunta de Galicia sen ter en conta as mostras de deterioro da terra, os saberes das persoas expertas en políticas forestais

e a todas as organizacións ecoloxistas e naturalistas galegas que levan anos loitando e reivindicando unha política forestal que non hipoteque o futuro dos montes galegos e coarte a conse-cución dun medio rural multifuncio-nal e sustentable”, din.

Lembran que as plantacións de eucalipto superan o 30 % da superfi-cie forestal galega e concentrarían so-bre o 15 % do total mundial da espe-cie, cando o bosque autóctono non chega ao 2 %. E expoñen que o euca-lipto ocasiona a perda de nutrientes do solo, eleva a erosión sobre todo nas plantacións en pendente, reduce a dispoñibilidade de auga e favorece

a propagación de incendios forestais. Como mostra da orientación da

política forestal, citan que no Conse-llo Forestal galego reunido o ano pa-sado hai 20 membros, dun total de 25, que representan o sector da ma-deira. E non esquecen a recente reno-vación por 60 anos que o goberno de Mariano Rajoy, xa en funcións, auto-rizou na concesión da planta de Ence na ría de Pontevedra, a gran deman-dante de eucalipto.

NOTICIAS EN SERIEO colectivo Illa Bufarda aprovei-

tou tamén para reflexionar sobre a si-tuación dos medios de comunicación, visto o alcance que a súa ‘noticia’ aca-dara en moitos deles. Mentres que en varias redaccións houbo máis cautela, axencias de noticias, radios e a web da televisión autonómica picaron. Nin sequera lembraron que a organi-zación ecoloxista Adega gastara unha inocentada semellante en decembro, cun suposto convenio con Norfor, fi-lial de Ence, para introducir coalas nas súas plantacións.

A conclusión de Illa Bufarda é que “o funcionamento dalgúns medios de comunicación obriga a profesio-nais do xornalismo a producir noticias como se fose madeira de eucaliptal, sen contrastar fontes, nin indagar nos feitos, froito isto dunha precarización laboral imperante”.

Así as cousas, só queda saber se os coalas se atreverán algún día a coller o avión e establecerse na comarca, posto que todo parece preparado para recibilos.

Varios medios déronlle todo o crédito á eficaz acción da produtora Illa Bufarda

coalas non hai, pero temos todo listo para que veñanCOMARCA Unha broma para criticar a política forestal fixo crer a existencia do animal australiano en Cerceda