Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 6 - Xuño de 2014 O curso escolar remata con moita axitación na co- marca. En Trazo, tras va- rias mobilizacións, os pais e nais conseguiron que a Xunta adiante o horario do CPI Viaño Pequeno, que lles impedía ás familias organi- zar a súa vida coá. En Si- güeiro (Oroso), a decisión da Xunta de non ofrecer come- dor escolar no novo colexio, deixándoo en mans do Con- cello ou da ANPA, puxo en pé de guerra a case toda a co- munidade escolar. Axitado remate do curso escolar polos horarios e os comedores Páx. 7 Protestas en Viriato polas difi cultades para cobrar ORDES Páx. 3 As comisións de festas, atenazadas pola nova lei COMARCA Páx. 2 Páx. 9 Adeus apagamentos? Riobó e Mayobre gañan a primeira pedestre de Frades DEPORTES Páx. 21 Frades e Mesía reparan camiños con Medio Rural COMARCA Páx. 12 Premios nacionais para alumnos de Automoción do IES ORDES Páx. 24 Fomento reduce 0,6 millóns para o enlace sur da AP-9 OROSO Páx. 4 Tribunas sobre a abdicación de Juan Carlos I OPINIÓN Páx. 23 Fenosa inviste máis de 750.000 euros en Ordes delrío Arquitectura Ingeniería Diseño PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected] TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR

description

Número 6 de Crónicas, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Transcript of Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

Page 1: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 6 - Xuño de 2014

O curso escolar remata con moita axitación na co-marca. En Trazo, tras va-rias mobilizacións, os pais

e nais conseguiron que a Xunta adiante o horario do CPI Viaño Pequeno, que lles impedía ás familias organi-

zar a súa vida coti á. En Si-güeiro (Oroso), a decisión da Xunta de non ofrecer come-dor escolar no novo colexio,

deixándoo en mans do Con-cello ou da ANPA, puxo en pé de guerra a case toda a co-munidade escolar.

Axitado remate do curso escolar polos horarios e os comedores

Páx. 7

Protestas en Viriato polas difi cultades para cobrar

ORdeS

Páx. 3

As comisións de festas, atenazadas pola nova lei

cOMARcA

Páx. 2

Páx. 9

Adeus apagamentos?

Riobó e Mayobre gañan a primeira pedestre de Frades

dePORteS

Páx. 21

Frades e Mesía reparan camiños con Medio Rural

cOMARcA

Páx. 12

Premios nacionais para alumnos de Automoción do ieS

ORdeS

Páx. 24

Fomento reduce 0,6 millóns para o enlace sur da AP-9

OROSO

Páx. 4

tribunas sobre a abdicación de Juan carlos i

OPiNiÓN

Páx. 23

Fenosa inviste máis de 750.000 euros en Ordes

delríoArquitectura Ingeniería Diseño

PROYECTOSREFORMASDIRECCIOnES DE OBRACOORDInACIOnES DE SEGuRIDAD Y SAluD

Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected]

TÉCnICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESulTADO

CERTIFICACIOnES EnERGÉTICASPERITACIOnES Y TASACIOnESESTuDIOS Y PlAnES DE SEGuRIDADDISEÑO InTERIOR

Page 2: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

2

ActuAlidAde

crónicas - Xuño 2014

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Preocupación nas comisións de festas pola norma que as obriga a presentar proxectos

Ás dificultades que habitual-mente supón organizar unha festa parroquial, engádense este ano outras para as comisións. Segundo a lei de emprendemento e com-petitividade económica de Gali-cia, de finais do ano pasado, te-ñen que presentar proxectos de seguridade e de instalacións, en-tre outra documentación como estudos de impacto acústico ou plans de evacuación en emerxen-cias. Ademais da molestia dos trá-mites, está o problema do custo, nada menor en entidades que se manexan con recursos limitados.

A cuestión está xa no debate político. En Ordes, a proposta dos socialistas, o pleno acordou pedir-lle á Xunta que modifique a lei e elimine o apartado que recolle ta-les obrigas. Para o edil Xesús Pe-dreira (PSOE), a norma pode su-poñer a desaparición de festas parroquiais, xa que os gastos po-derían acadar os 2.500 euros, se-gundo el.

O PP ordense compartiu a pre-ocupación, mais abstívose de pe-dir a modificación da lei porque cre que non serviría de nada. O seu portavoz, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou que boa parte das obrigas xa figuran nun real de-creto de 1982, que practicamente non se cumpría, e agarda que a fu-tura lei de espectáculos de Galicia sexa “máis permisiva”.

Mentres, o BNG propuxo facili-tarlles o labor ás comisións desde o Concello coa elaboración dunha “documentación estándar” que permita reducir cando menos o papeleo. A petición foi asumida polo goberno municipal, pero a súa portavoz advertiu tamén de que non será doado. Segundo Sil-via Marín, desde o Concello xa consultaron coa administración autonómica, que lles tería contes-tado que unha documentación es-tándar non serviría, senón que ten que ser específica para cada lugar, data e actuación, coas caracterís-ticas singulares de cada festexo. Marín lembrou que informaron ás comisións a comezos de maio e afirmou que “imos intentar que o poidan sobrelevar”.

COMARCA

As rúas de Ordes están renovando estes días a súa cara, co repintado das marcas viarias para os pasos de peóns ou indicadores de sentido de circulación. O Concello iniciou estas tarefas recentemente, aproveitando a chegada do tempo soleado. Ade-mais do repintado, tamén se execu-tan traballos de limpeza nas beira-rrúas.

O goberno municipal afirma que estes traballos “dan resposta a unha demanda realizada por numerosos veciños e que ata agora non se pui-deron levar a cabo debido ás chuvias rexistradas”. Os diversos grupos da oposición viñan demandando desde hai meses este tipo de intervencións, debido ao considerable deterioro que presentaba a sinalización viaria tras o inverno e nalgún caso despois de moito tempo sen mantemento.

A chegada do tempo soleado trae labores de repintado ás rúas de Ordes

ORDES Renóvase a sinalización horizontal, moi deteriorada despois do inverno

“Chulería inadmisible para os car-gos públicos”. Eso é o que ve o PP de Ordes nas respostas que lles ofrece o goberno en pleno aos seus rogos e preguntas. Ao principal grupo da oposición moléstalle que na maior parte dos casos as respostas da por-tavoz do executivo sexan “tómase en consideración”, “estámolo estu-dando” ou “é unha decisión do go-berno e farémolo no momento que consideremos oportuno”.

O PP interpreta que hai un pro-blema de “covardía política” por parte do alcalde. Para eles, Regos “parapétase na hipocresía de Silvia Marín por carecer de argumentos que ofrecer a uns veciños que están fartos de evasivas”. “Moléstalles que o PP se erixa en altofalante dos ve-ciños”, engade a formación liderada por José Luis Martínez Sanjurjo.

Entre as peticións formuladas polo PP no pleno recente, con res-posta inconcreta do goberno, están o desbroce da rede de camiños de concentración parcelaria, ao consta-tar que xa comeza a haber treitos in-transitables, o arranxo de fochancas en diferentes puntos da rede viaria

municipal, a substitución dun espello convexo deteriorado na Canle (Bus-cás), a reparación da Ponte da Raña sobre o río Lengüelle en Montaos, unha marquesiña maior para o trans-porte escolar en Vilagudín (Lesta), un acordo co Concello de Tordoia para conectar Vilagudín coa cercana rede de abastecemento de auga potable do municipio veciño, ou reparacións dos desperfectos na rúa das Campei-

ras, na capital municipal.O PP deu conta do seu malestar

coas “largas que lles dá o alcalde aos veciños” nun comunicado posterior á sesión plenaria. Durante o pleno, a maior parte dos rogos e preguntas foron formuladas pola concelleira Su-sana Mosquera. Non obstante, o por-tavoz, Martínez Sanjurjo, deixou en-trever xa entón a molestia con algúns comentarios.

O PP, molesto co “tómase en consideración”ORDES Tilda de “chulería” que o goberno non lles ofreza respostas concretas

O PP pediu novos equipamentos públicos e o desbroce das pistas da parcelaria

Repintado do paso de peóns no inicio da Rúa Compostela desde Alfonso Senra

Page 3: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

ActuAlidAde

crónicas - Xuño 2014 3

O plantel da empresa téxtil Vi-riato, un dos motores económicos de Ordes e emblema do sector, efec-tuou varios paros de protesta entre os días 9 e 12 de xuño para reivindi-car o pagamento de salarios. As mo-bilizacións foron convocadas polo co-mité de empresa.

Xusto antes de desenvolverse estas accións, segundo Comisións Obreiras, a compañía debíalle ao per-soal -o plantel é de 164 empregados- a metade da nómina de abril, a nó-mina de maio e a paga de beneficios que adoita ingresarlles en marzo.

Ao entender do sindicato, o se-guemento dos paros foi “masivo” e sobre todo tivo “efecto”, xa que ao pouco de inicialos a empresa pagou a parte que faltaba dos salarios de abril.

Tanto o comité de empresa en xe-ral como Comisións Obreiras en par-ticular manifestaron que “entenden a complicada situación do sector téx-til en Galicia”. Matizaron que as mo-bilizacións tiñan como un dos princi-pais fins “reprobar o xeito de actuar

dos responsables da empresa” e acu-saron en concreto á dirección de Vi-riato de “adoptar unilateralmente decisións, como o fraccionamento das pagas, sen negocialas coa re-presentación legal das traballadoras e dos traballadores”, asegura CCOO nun comunicado.

O sindicato rexeita ademais que algún dos responsables da compañía

tratase de responsabilizalo na situa-ción pola que atravesa a sociedade actualmente. Neste sentido, incide en que os problemas “non veñen de agora” e expón que os atrasos de nó-minas xa sucederan en 2011. Comi-sións defende que “grazas ás medi-das de presión se puido cobrar case a mediados de xuño a totalidade da nómina de abril.

Paros na empresa téxtil Viriato para conseguir o pago de salarios atrasados

ORDES Os sindicatos cuestionan que a dirección non negociase cos traballadores

Traballadores da empresa téxtil ordense secundando un dos paros convocados

Lácteos Tambre salda as débedas que mantiña con varias granxas desde comezos de 2011

COMARCA

A empresa Lácteos Tambre, con instalacións en Sigüeiro (Oroso) pagou as débedas que mantiña con sete explotacións gandeiras, das comarcas de Ordes, Arzúa e Fisterra, correspondentes á com-pravenda de leite no primeiro tri-mestre de 2011.

O anuncio do pagamento efec-tuouno o Sindicato Labrego Ga-lego, que asesorou as granxas desde o seu equipo xurídico para facerlle fronte aos impagos da compañía xestionada pola familia Sangiao.

Durante estes algo máis de tres anos, sucedéronse as mobili-zacións de presión á familia, que antes traballaba baixo o nome de Lácteos Merza. A última protesta foi en abril pasado. A empresa acumulaba varias sentencias de condena e embargos.

O SLG atribuiu á súa presión a resolución do conflicto e criticou tamén a actitude das administra-cións ante as “prácticas empresa-riais mafiosas”, di.

Page 4: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

4

ActuAlidAde

crónicas - Xuño 2014

O Concello comprométese a sinalizar a ponte medieval de Pereira

O goberno de Ordes compro-meteuse a sinalizar a ponte me-dieval de Pereira, situada no traxecto do Camiño Inglés, ade-mais de limpar a súa contorna e incluír este elemento patrimonial en futuras edicións da guía turís-tica municipal.

O compromiso chegou a raíz dunha proposta do BNG, que se queixou do “preocupante estado de abandono” desta ponte, si-tuada entre os lugares do Mendo e da Igrexa. O concelleiro Pablo Vidal indicou que o patrimonio nunca foi ben tratado no munici-pio e como exemplo explicou que a esta ponte se lle adosou no seu momento unha moderna, en vez de separalas, sen ningún respecto polo seu valor histórico.

A portavoz do goberno, Silvia Marín, precisou que xa intentaron diversas actuacións de mellora da ponte, pero non todas foron po-sibles porque precisan de autori-zación do departamento de Patri-monio da Xunta.

ORDES

Úrxenlle a Fomento a limpar os laterais da estrada N-550

O pleno de Ordes solicitoulle por unanimidade a Fomento que limpe e acondicione as marxes da N550 para garantir a seguridade e para evitar o risco de incendios. Foi a raíz dunha iniciativa do con-celleiro do PSOE, Xesús Pedreira, que expuxo que as cunetas da es-trada nacional levan dous anos sen desbrozar e “están cheas de xestas e de toxos de gran tamaño”.

PP e BNG trataron de am-pliar a petición ao propio Conce-llo, ante a necesidade de limpeza da rede viaria municipal canto an-tes. A portavoz do goberno, Silvia Marín, advertiu de que “o Conce-llo tomará as medidas oportunas cando o considere”.

ORDES

Cuneta da estrada N550 en Ordes

O proxecto de construción do en-lace sur da AP-9 en Sigüeiro vai ter menos orzamento do previsto nun principio. Se inicialmente se valo-rara a súa licitación en 7,9 millóns de euros, agora van ser 7,26 millóns. A rebaixa é, por tanto, superior aos 600.000 euros. Sitúase nos gastos xe-rais e non lle afecta ás características do proxecto orixinal.

A confirmación da aprobación definitiva do proxecto xa chegou ao Concello de Oroso. O alcalde, o so-cialista Manuel Mirás, amosou “gran satisfacción” polo paso dado por Fo-mento, pero á vez incide en que “chega con moito retraso e foi unha mágoa que estiveran case dous anos e medio dándolle voltas a este tema porque o enlace xa podería estar aca-bado hoxe se se cumprise o apro-bado polo Consello de Ministros en novembro de 2011”, nos últimos días do goberno de Rodríguez Zapatero.

O rexedor aproveitou para insistir en que o futuro enlace, que permitirá tomar a AP-9 en dirección sur e saír en Sigüeiro vindo desde Santiago,

non fora proposto por ningún al-calde antes ca el. Para Mirás, a apro-bación do proxecto “é o resultado dunha loita titánica durante máis de dez anos”. As solicitudes e xestións fóronse sucedendo con gobernos centrais do PP e do PSOE, ata que a

obra se recolleu como unha adenda á ampliación da AP9 en Santiago con José Blanco como ministro.

O mandatario de Oroso afirmou que o enlace, cando estea feito, si-tuará os polígonos do municipio como “a zona empresarial e indus-trial coas mellores comunicacións de toda Galicia”.

O PROXECTOO proxecto inclúe os distintos ra-

mais e pasos elevados precisos para compaxinar o actual acceso cara ao norte, e a correspondente saída, cos futuros que darán comunicación co sur galego. Suporá tamén desprazar a área de pago de peaxe uns metros e eliminar un paso superior en desuso.

Na N-550 prevén construír unha nova glorieta, en vez de manter a ac-tual intersección en forma de T. Nas inmediacións da nova glorieta, a es-trada terá dous carrís por cada sen-tido, aproveitando o espazo que deixen as actuais zonas de espera centrais e reducindo a mediana a 1,6 metros.

O Ministerio reduce en 0,6 millóns o orzamento do enlace da AP-9 en Sigüeiro

OROSO O proxecto recibe aprobación definitiva, para o alcalde “con moito retraso”

Peaxe da AP-9 en Sigüeiro (Oroso)

OROSO Nun convenio asinado entre o alcalde e o presidente provincial

Oroso consegue 105.000 euros da deputación para obrar na rúa do tambre

A rúa do Tambre, en Sigüeiro, vaise beneficiar dunha serie de obras de reurbanización coas que se am-pliarán as beirarrúas e se eliminarán as barreiras arquitectónicas existen-tes. Tamén está previsto que se reno-ven a rede subterránea de alumeado público e as canalizacións de augas pluviais.

As obras mudarán notablemente o aspecto e a funcionalidade desta zona da localidade, xa que se trata dunha rúa que presenta accesos aos garaxes con desniveis. Ademais de supoñer un risco de caída para os peóns, dificultan o tránsito para per-soas con problemas de mobilidade.

As obras terán un custo total de 135.000 euros e vanse financiar cun convenio de colaboración en-tre a Deputación da Coruña, que achega 105.000 euros, e o Concello de Oroso, que asume os 30.000 res-tantes. O acordo foi asinado hai uns días polo presidente da administra-ción provincial, Diego Calvo, e o al-calde, Manuel Mirás.

Ademais do agradecemento mu-

tuo pola colaboración institucional, o rexedor adiantou que pretenden co-mezar as obras canto antes e conta con telas rematadas antes de que re-mate este ano.

O Concello lembra que, tamén

con apoio provincial, nos últimos anos acometeu melloras nas rúas do Portiño e do Xuncal. E para este ano prevé ademais investir 44.000 euros no saneamento das rúas do Barreiro e da Ulloa.

O acordo foi asinado polo presidente da Deputación e o alcalde de Oroso

Page 5: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

MediO AMBieNte

crónicas - Xuño 2014 5

Sogama incrementa a súa achega á reciclaxe en preto dun 150 por cento

POR PRIMEIRA VEZ, A SOCIEDADE RECUPERA O ACEIRO RESIDUAL E O VIDRO DO LIXO EN MASA

Sogama incrementou a súa achega á reciclaxe en preto dun 150 por cento. Se no primeiro tri-mestre do ano 2009 remitía á in-dustria transformadora un total 4.589,97 toneladas de materiais contidos na bolsa amarela (en-vases lixeiros) e negra (fracción resto), no mesmo período do 2014 esta cifra ascendeu a 11.317,68 to-neladas.

No caso dos envases lixeiros (envases de plástico –de alta e baixa densidade, pet e mixto-, la-tas –de aceiro e aluminio- e briks), estariamos a falar de 3.080,28 to-neladas separadas de forma auto-mática (a través de lectores ópti-cos, electroimáns, correntes de Foucault e campás aspiradoras) na planta de clasificación do seu complexo industrial de Cerceda (A Coruña).

A evolución da mellor calidade

Incorporación do vidro e aceiro

residual

Sogama esixe garantías

para a reciclaxe

do material que sae desta instala-ción con destino aos centros re-cicladores, previamente pren-sado e embalado, foi constante durante os últimos anos, pasando das 2.218,72 toneladas recupera-das de xaneiro a marzo do 2009, ás 3.080,28 do 2014.

Respecto do lixo en masa, con-témplase a segregación do aceiro e aluminio contidos no mesmo, aos que este ano, e por primeira vez na súa historia, a Sociedade engade o aceiro residual, é dicir, aquel que polas súas característi-cas ou tamaño non é captado po-los sistemas electromagnéticos, e o vidro, que separa a través de mesas densimétricas e envía a unha planta de cribado emprazada no lugar de Areosa (Cerceda), viaxando dende aquí a unha ins-talación da localidade ourensá de Verín para que o vidro se someta a unha nova fase de depuración, remitíndoo ás vidreiras, onde se transforma en novos envases.

A recuperación destes dous materiais (vidro e aceiro residual) posibilitou que a empresa sume 6.516,62 toneladas máis de refu-gallo ao circuíto da reciclaxe, pro-

A Sociedade Galega do Medio Ambiente quere garantías, e por iso esixe aos recuperadores que acrediten, conforme á lexislación vixente, o tratamento e reciclaxe dos residuos entregados pola em-presa, requirindo por isto a achega dos correspondentes certificados expedidos polos recicladores au-torizados. Deste xeito xustifícase a trazabilidade dos materiais, ga-rantindo a súa transformación en novos produtos.

piciando que estes se convertan en novos produtos de utilidade, con-tribuíndo ao aforro de enerxía e materias primas.

De feito, e se se atende uni-camente á recuperación do vidro procedente do residuo xenérico, Sogama fará posible que a reci-claxe deste material en Galicia se incremente en aproximadamente un 80 por cento.

A evolución da mellor calidade do material que sae de Sogama aos centros recicladores foi constante nos últimos anos

A reciclaxe e a valorización enerxética dos residuos non reci-clables continúan á alza na Unión Europea, cunhas medias do 27% e do 24%. Así se deduce dun estudo de Eurostat sobre a xestión dos re-siduos urbanos no ámbito comu-nitario correspondente a 2012, no que se constata igualmente a me-nor xeración de residuos urbanos, baixando dos 503 aos 492 quilos por persoa e ano.

Establecendo unha compara-tiva con 2011, pódese comprobar que a reciclaxe sobe en dous pun-tos (do 25 ao 27%), que a incinera-ción con recuperación de enerxía o fai nun punto (do 23 ao 24%) e que o vertido baixa tres puntos (do 37 ao 34%), manténdose a compostaxe industrial no 15%.

Se atendemos á situación con-creta de países punteiros, compro-bamos que a reciclaxe crece en Di-namarca nun punto (do 31 ao 32%) e en Alemaña en dous puntos (do 45 ao 47%). En Bélxica e Austria per-petúase no 36 e 28%. A valorización enerxética escala peldaños de forma espectacular en Holanda (do 38 ao 49%, o que vén a supoñer once pun-tos), sobe nun punto en Suecia (do 51 ao 52%) e mantense en Bélxica e en Austria (cun 42 e un 35%).

A situación de España dista moito da alcanzada polos Estados do norte e centro de Europa. Se ben é certo que sobe a reciclaxe en dous puntos (do 15 ao 17%), e a valori-zación enerxética nun punto (do 9 ao 10%), non menos certo é que se incrementan as taxas de vertido, xa moi elevadas no ano 2011 (58%), pasando agora ao 63%, cifra insos-tible na dimensión medioambiental.

Galicia, pola súa banda, e no marco do plan autonómico de xes-tión de residuos urbanos 2010-2020, logrou baixar o uso do ver-tedoiro ata o 44%, e o obxectivo é alcanzar o 24% os próximos anos, de tal forma que só se verta aquela parte do lixo que non poida ser reci-clada nin recuperada material e/ou enerxeticamente.

Reciclaxe e valorización enerxética, en alza na UE

Page 6: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

6

ActuAlidAde

crónicas - Xuño 2014

OROSO No encontro co alcalde, a veciñanza demanda mellorar a contorna da igrexa

A parroquia dos Ánxeles pide rematara parcelaria e ximnasia para os maiores

Apurar o remate da concentración parcelaria, acondicionar a contorna da igrexa parroquial e contar cunha acti vidade de ximnasia para maiores. Son os encargos máis inmediatos que os veciños da parroquia dos Ánxeles lle poñen ao goberno de Oroso. For-muláronllos ao propio rexedor nos ‘Encontros co alcalde’, reunións que o equipo de goberno mantén perio-dicamente cos veciños.

Sobre a parcelaria, a veciñanza amosouse sati sfeita co seu avance, mais demandaron que o procede-mento se axilice ao máximo. En canto á ximnasia para os maiores, o conce-lleiro de Cultura, Antonio Leira, em-prazounos a presentar unha peti ción para o próximo curso e a reunir un número mínimo de parti cipantes.

E en canto ás obras nas inmedia-cións do templo da parroquia, o al-calde, Manuel Mirás, anunciou que solicitarán os permisos para facilitar o acceso ás persoas que uti lizan ca-deira de rodas ou con difi cultades de mobilidade. Tamén se valora mello-rar a zona de aparcadoiro, como xa se

fi xo noutras parroquias, e levar auga para servizo do camposanto.

Ademais de escoitar os veciños, o alcalde aproveitou a reunión para explicar algunhas das cuesti óns máis relevantes da súa xesti ón á fronte do

Concello. Tras o encontro cos veciños dos Ánxeles, en vindeiras datas acu-dirán ás parroquias de Oroso e da Gándara. O pasado mes de abril xa se celebraran dous encontros en Si-güeiro.

Novo servizo dixital para avisar de incidenciasO Concello de Oroso acti vou ‘Liña

Verde’, un novo servizo gratuíto co que os cidadáns poden comunicar in-cidencias que se produzan no equi-pamento urbano ou solucionar cal-quera dúbida sobre o medio am-biente.

Para uti lizar o servizo, hai que co-nectarse á web www.lineaverdeo-roso.com, mediante ordenador ou dispositi vo móbil. Previo rexistro, o usuario poderá contactar co Conce-llo, que no caso de consultas ambien-

tais se compromete a responder nun máximo de 24 horas. No caso dos móbiles, a aplicación pode descar-garse de xeito gratuíto.

Na comunicación de incidencias, existe a opción de xeolocalización, que detecta de maneira automáti ca as coordenadas exactas da inciden-cia. No caso de que se decida enviar o aviso noutro momento e noutro lu-gar, tamén se pode comunicar a ubi-cación de xeito manual e achegar unha fotografí a da incidencia cunha

descrición. O Concello, tras solucio-nar o problema, avisará ao usuario cunha noti fi cación no seu móbil.

O servizo Liña Verde, que se-gundo o alcalde pretende conver-terse “nunha canle de comunicación directa e de balde entre os veciños e o Concello”, ofrece tamén informa-ción sobre lexislación ambiental, sis-temas de xesti ón, residuos, reciclaxe ou contaminación acústi ca, ou trámi-tes administrati vos, axudas e subven-cións.

www.lineaverdeoroso.com pode utilizarse no ordenador ou con dispositivos móbiles

Ao encontro co alcalde nos Ánxeles acudiu medio cento de persoas

Os mandatarios dos sete mu-nicipios da comarca ordense visi-taron o Parlamento de Galicia, si-tuado na santi aguesa Rúa do Hó-rreo, para coñecer o funciona-mento da principal insti tución políti ca de Galicia. A visita debeuse a unha invitación do exalcalde de Frades, Miguel Prado, que na ac-tualidade conta con asento na cá-mara autonómica.

Os alcaldes, no Hórreo

COMARCA

A Xustiza aborda nove anos despois a difusión dun vídeo persoal,con dezaoito acusados

Camiño de cumprirse unha dé-cada desde que sucederon os fei-tos, comezou nos últi mos días na Audiencia Provincial da Co-ruña o xuízo pola difusión dun ví-deo sexual dunha xoven de Ordes roubado do seu ordenador. De-zaoito xóvenes estaban acusados por descubrimento e revelación de segredos, aínda que a tres de-les xa lles reti raron os cargos.

O fi scal acusa ao empregado dunha tenda de informáti ca or-dense de facer copias do vídeo e difundilo. Segundo o relato da acusación, atopouno no computa-dor da xoven despois de que esta o levase a reparar. A víti ma bo-rrara a gravación, pero non a eli-minara por completo.

A parti r de aí, comezou a di-fusión das imaxes. Os acusados viron o vídeo, fi xeron copias ou prestáronllo a outras persoas. Ademais de en locais públicos da vila, a fi scalía sostén que a grava-ción se visionou no local de Pro-tección Civil.

As peti cións de prisión do fi s-cal son de dous anos e un mes para todos, menos para o empre-gado da tenda, para o que pide oito anos, e para outro que supos-tamente obti vo benefi cio econó-mico coa venda do vídeo, para o que reclaman cinco anos. As in-demnizacións por responsabili-dade civil serían de 12.000 euros no caso do informáti co e de 3.000 os demais acusados contra os que aínda hai cargos. O avogado da ví-ti ma pide para o principal acusado 30.000 euros de indemnización, 15.000 euros para dous acusados que considera os principais difu-sores, e 11.000 euros os demais.

O informáti co alegou que baixara o vídeo dun chat e os de-mais acusados intentaron de-fenderse alegando que non eran conscientes de estar cometendo un delito e incluso que supoñían que a difusión fora consenti da. A víti ma, que ti vo que abando-nar a vila e sofre danos psicolóxi-cos, declarou a porta pechada, se ben trascendeu polo seu avogado que reclamará o dereito ao esque-cemento en internet. De ser con-denados, a súa defensa pide que os acusados asuman os custos de eliminar da rede as imaxes. Entre outras testemuñas, declarou ta-mén o que daquela era noivo da víti ma, quen asegurou que ela se tería suicidado de non ser polo apoio que recibiu da familia.

ORDES

Page 7: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

ActuAlidAde

crónicas - Xuño 2014 7

O pleno desafecta do dominio público seis escolas que xa non prestaban servizo

OROSO

O pleno de Oroso aprobou por unanimidade o cambio de cua-lificación xurídica de seis esco-las das parroquias do municipio que levan tempo sen acoller nin-gún tipo de servizo público. Trá-tase das de Campo de Pasarelos, Horta de Arriba, Cachopal, Caro-llo, a escola e local social da Gán-dara e de Marzoa, e a escola de Vi-larromariz.

Os inmobles pasan agora a ter consideración de bens patrimo-niais, o que abre aporta a que o Concello lles poida dar outras uti-lidades, de momento non deter-minadas. O cambio aprobado polo pleno conta coa autorización pre-via da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Na mesma sesión, aprobouse, cos únicos votos en contra do PP, unha moción do BNG reclamando que a Xunta recupere o sistema de préstamo universal de libros de texto, afiance a gratuidade e non cambie os libros de texto o vin-deiro curso.

O vindeiro curso, as clases no CPI Viaño Pequeno (Trazo) comezarán media hora antes, ás 10 horas, e re-matarán ás 15:30 horas. En secun-daria, o alumnado terá clase polas tardes dous días á semana. Esta é a proposta de novo horario formulada pola Xunta e aprobada polos pais e nais, despois de varias xornadas de protesta da ANPA do centro en de-manda dun horario “xusto” que lles permitise unha vida cotiá máis sen-sata.

Nos últimos 35 anos, o centro tivo un horario de 10:30 a 17:30 ho-ras. Tal como din os proxenitores, o alumnado sae das súas casas ás 9:45 e “como moi cedo regresa ás 18:15 horas” ou incluso ás 20:30 se aco-den a algunha actividade extraesco-lar. Segundo denunciaban, os cativos de tres anos “quedan durmidos no colexio e os maiores non teñen nin tempo para estudar ou facer os de-beres nas súas casas”.

A orixe do problema estaba en que o transporte escolar fai tamén as rutas correspondentes a outros cen-

tros, o que obriga a retrasar o inicio das clases para dar prestado o ser-vizo. A ANPA defendeu sempre que “non reclama nada imposible” e que era factible o reaxuste de horarios. “Non queremos máis promesas in-

cumpridas, os 197 nenos do CPI de Trazo tamén teñen dereito a ter un horario máis xusto”, aseguraron du-rante varias concentracións ante o centro educativo e ante a sede da Consellería en Santiago.

Os pais e nais do cPi de trazo logran que a Xunta adiante media hora as clases

TRAZO Logo de varios días de protestas en defensa dun horario máis xeitoso

A ANPA CPI Viaño Pequeno protestou en pixama porque “Só nos falta durmir aquí”

Curtis rebélase contra os recortes no seu CEIP

COMARCA

Os problemas no ensino non son exclusivos nos municipios da comarca ordense. No concello ve-ciño de Curtis acaba de celebrarse unha gran manifestación (500 per-soas nunha poboación dunhas 1.500) como protesta pola deci-sión da Xunta de suprimir dúas mestras o vindeiro curso no CEIP, e tamén a xefa de estudos.

A protesta, convocada pola ANPA e secundada por toda a cor-poración -incluído o alcalde do PP-, veciños, comerciantes ou em-presarios, reivindica manter as condicións do ensino, xa que con-sideran que a supresión de profe-sionais deteriora o ensino, por fu-sionar varios cursos e volver ao es-quema das escolas dos anos 40.

Acto de entrega dos ordenadores

O que debería de ser unha boa noticia, a posta en funcionamento do novo CEIP de Sigüeiro no vindeiro curso, tiña unha amarga sorpresa. O centro non contará con servizo de comedor xestionado pola Xunta, tal como lles comunicou o secretario xe-ral técnico da Consellería, Jesús Oita-vén, á dirección do colexio actual e aos pais e nais do alumnado.

A decisión fixo que a comunidade escolar reaccionase en cuestión de horas. A ANPA xa se mobilizou para reivindicar os mesmos servizos nos dous centros. Recibiron o apoio do Concello, que cre que a opción da Xunta propicia “agravios ás familias”, segundo o colexio que lles toque, e tamén do BNG, que presentou inicia-tivas no Parlamento de Galicia.

En todo caso, o goberno autonó-mico matiza que no novo CEIP, con capacidade para 450 alumnos, si po-derá haber servizo de comedor. Pero tería que ser xestionado polo Con-cello ou pola ANPA. A Consellería di que lles ofrecería apoio económico en calquera, como noutros lugares.

O concelleiro de Ensino de Oroso, Antonio Leira, non o acepta e pídelle á Xunta que recapacite. Explica que ir a un ou outro centro suporía gas-tos moi diferentes para as familias e califica de “inviables” as propostas autonómicas para o comedor. Leira asegura que o servizo de comedor é unha competencia da Xunta e “non do Concello nin da ANPA”.

Ademais do comedor, o novo CEIP

carecerá de transporte, xa que a idea é adscribir a el os das zonas próximas da capital municipal. Ao centro actual irían os que precisan transporte e os que viven nas súas inmediacións.

A Xunta tamén emprazou ao Con-cello a adecuar os accesos ao novo colexio, no que investiu 4,8 millóns, de acordo co planeamento urbanís-tico. O Concello replicou que el cum-prirá todos os seus compromisos.

educación desenténdese da xestión do comedor do novo colexio de Sigüeiro

OROSO Toda a comunidade escolar reclama os mesmos servizos que no actual CEIP

Protesta en demanda de igualdade de servizos nos dous CEIP de Sigüeiro

Page 8: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

8

ActuAlidAde

crónicas - Xuño 2014

Imputado por roubar dúas motoserras á vista dos seus propietarios

Axentes da Garda Civil de Or-des imputaron a un home como suposto autor do roubo de dúas motoserras, valoradas en 1.200 euros, propiedade duns veciños do municipio.

Os afectados foron unha pa-rella de anciáns, que observaron como o agora imputado levaba as máquinas, gardadas nun cortello, aínda estando eles presentes.

Segundo a Garda Civil, o autor dos feitos achegárase ao domici-lio para interesarse por material de ferralla. O acontecido foi posto en coñecemento do Xulgado de Garda de Ordes.

ORDES

Imputan o presunto autor dun incendio forestal en Olas

O equipo de Investigación de Incendios Forestais da Policia Au-tonómica da Xefatura Territorial de Santiago de Compostela comu-nicou a imputación do presunto autor dun incendio forestal nas in-mediacións dunha capela da pa-rroquia de Olas (Mesía).

Os feitos sucederon a come-zos de maio. No incendio arde-ron uns 5.200 metros cadrados de monte arborado, debido ao es-cape nunha queima na que non se adoptaron as medidas de pre-vención establecidas, segundo a Xunta. Foi precisa a intervención presenza do servizo autonómico de extinción de incendios.

Polos feitos tramitáronse di-lixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ordes

MESÍA

Nove persoas con discapacidade nun seminario de COGAMI

Nove persoas con discapaci-dade de Cerceda, Frades, Ordes, Oroso e Tordoia preparáronse du-rante dous días nas ferramen-tas básicas para buscar traballo, nun seminario de orientación la-boral impartido en Ordes por unha orientadora de COGAMI. En-tre outros aspectos, aprenderon como acudir a unha entrevista, como elaborar un currículo ou como buscar ofertas na web.

COMARCA

A antiga estación de tren de Pa-rada (Ordes) volve estar de actuali-dade. Abandonada desde que entrou en servizo a nova liña ferroviaria, e rehabilitada polo Concello desde 2008, na actualidade pouco máis uso ten que o esparcemento lúdico

na súa contorna. Sen embargo, para a administración ordense supón un gasto constante, ao ter que pagarlle ao Adif un aluguer próximo aos mil euros mensuais, nun trato asinado en 2008 por 23 anos.

Aínda que non é a primeira vez

que se reclama reconducir esta si-tuación, nesta ocasión os socialistas propuxeron no Congreso que o Adif, como propietario das instalacións, acepte ceder a titularidade. Fixérono cunha proposición non de lei da de-putada Paloma Rodríguez, que visi-tou a antiga estación acompañada por responsables locais do partido.

O secretario xeral local, Xesús Pe-dreira, explicou que a cesión debe-ría ter “un importe simbólico e co compromiso de que as instalacións se dediquen a fins de tipo social, tu-rístico, cultural e dinamizador do be-nestar dos veciños e da economía de Ordes”. Para Pedreira, resulta “abu-sivo” o aluguer, máis tendo en conta o esforzo acometido polo Concello para recuperar o inmoble e a con-torna, valorado polo PSOE en máis de 350.000 euros.

A cuestión tamén foi abordada no último pleno municipal. A portavoz do goberno, Silvia Marín, explicou que meses atrás xa lle trasladaron peticións semellantes ao Adif, que rexeitou modificar o acordo inicial.

Adif rexeita perdoarlle o aluguer da antiga estación de tren ao concello

ORDES O contrato remata en 2031 e os socialistas piden no Congreso a cesión

A deputada Paloma Rodríguez visitou a antiga estación con membros do PSOE

COMARCA O barómetro xa presentou unha entrega e ten o respaldo da Deputación

un estudo da uSc avalía por segundo ano os servizos dos concellos coruñeses

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) elaborará por se-gundo ano consecutivo un baróme-tro de xestión municipal na provin-cia da Coruña. O estudo xa presentou a súa primeira entrega, correspon-dente a 2013, nun acto con presenza do rector en funcións, Juan Casa-res; a directora do equipo de inves-tigacións políticas, Nieves Lagares; o director do departamento de Cien-cia Política e da Administración, José María Rivera Otero; e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo. A entidade provincial ofrece respaldo económico a este traballo.

Segundo Lagares, o barómetro ideouse como “unha ferramenta útil para as administracións locais, xa que permite mellorar a planificación dos investimentos e dos servizos que re-ciben os cidadáns”. O propósito é medir cada ano a calidade dos servi-zos públicos municipais e coñecer o grao de satisfacción ou insatisfacción dos cidadáns con respecto aos servi-zos que reciben.

Esta é precisamente unha das ca-

racterísticas novidosas do estudo, ao ser o primeiro sobre calidade de ser-vizos municipais que combina datos estatísticos coa avaliación dos servi-zos que efectúan os cidadáns.

Dito doutro xeito, esta ferra-menta, que tecnicamente é un indi-cador complexo, analiza a dimensión obxectiva do servizo por unha banda

e por outra as percepcións e opinións dos cidadáns. Os dous elementos in-tégranse nun Índice de Cobertura de Servizos, que puntuará entre 0 e 1 to-dos os servizos analizados en cada tramo de poboación. Os servizos dis-tribuíronse en dezaoito áreas e os Concellos en cinco grupos en función do seu número de habitantes.

Presentación do primeiro barómetro de xestión municipal, elaborado durante 2013

Page 9: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

ActuAlidAde

crónicas - Xuño 2014 9

COMARCA Son proxectos para 2014-15, que se unen aos 427.000 euros de 2012-13

Fenosa investirá outros 330.000 euros para corrixir o seu servizo en Ordes

Unión Fenosa prevé investir uns 330.000 euros en actuacións de me-llora do seu servizo en Ordes durante o bienio 2014-2015. En concreto, in-tervirá nas liñas de media tensión en-tre Castro e Cedeira e de Menlle a Leira, ademais de acometer a reorde-nación da rúa do Paraíso.

Estas iniciativas foron adianta-das polo delegado de Unión Fenosa Distribución na provincia da Coruña, José Antonio Fernández Amaro, nunha visita ao municipio, na que estivo acompañado polo alcalde or-dense, Manuel Regos. O encontro ta-mén serviu para avaliar investimen-tos acometidos pola compañía eléc-trica durante 2012 e 2013. En total, foron uns 427.000 euros destinados a obras de adecuación de liñas de media tensión, como as de Piñeiro-Poulo, O Casal, A Hermida-Beán, Da-refe, Vilariño, Vilasenín, e Regueira-Beán.

Destaca especialmente o proxecto acometido na Fraga da Galiña, valo-rado en 111.000 euros, e o mante-

mento de liñas, co que tanto o Con-cello como Unión Fenosa agardan que non se volvan repetir nesas zo-nas os apagóns que se padecían es-poradicamente nos úlitmos anos.

Por outra parte, Gas Natural Fe-nosa tamén efectuou unha achega

económica que salva o curso de habi-lidades sociais para persoas con dis-capacidade que se imparte en Ordes. Fronte ás dificultades de financiación pública de hai uns meses, os 15.000 euros doados pola empresa enerxé-tica ao Concello permitirán seguir desenvolvendo a actividade na aula adaptada do Mesón do Vento.

A contribución económica figura nun acordo de colaboración asinado entre o alcalde, Manuel Regos, e Pe-dro Luís Pérez, en representación da compañía privada. O goberno local explicou que utilizará o diñeiro no equipo humano e nos recursos mate-riais precisos para manter o proxecto social, do que se benefician uns vinte usuarios. O curso intenta facilitarlles uns niveis mínimos de independen-cia e autonomía persoal ás persoas con discapacidade que acoden a el, mellorando tamén a calidade de vida das súas familias. O Concello lembra que a iniciativa ten un premio Alares, de conciliación e responsabilidade social.

Regos e Fernández Amaro, visitando as obras acometidas por Fenosa

Unha campaña intentará que se envíen a Sogama 2,5 toneladas de lixo menos ao día

OROSO

O goberno de Oroso aspira a que dentro de tres anos o muni-cipio envíe a Sogama dúas tonela-das de lixo menos ao día. Na ac-tualidade remítense unha media de sete. Boa parte dese obxec-tivo pasa pola concienciación veci-ñal con campañas como ‘Troi’, que pretende aprenderlles aos escola-res o xeito correcto de reciclar e as vantaxes que comporta. Nunha xornada dos ‘Martes saudables’, o propio alcalde, Manuel Mirás, ta-mén lles explicou aos maiores os beneficios económicos e ambien-tais de xestionar ben os residuos.

O alcalde de Oroso, explicándolles aos maiores como separar residuos

Page 10: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

10

ActuAlidAde

crónicas - Xuño 2014

O secretario provincial do PSdeG-PSOE, Francisco Caamaño, empra-zou á cúpula do PP de Galicia, e es-pecialmente a Alberto Núñez Feijóo, a intervir en Trazo, despois de que a xusti za comezase a xulgar ao al-calde, José Dafonte, por un suposto delito de falsidade documental. En concreto, a xusti za debe dictaminar sobre a recepción e pagamento da grada dun campo de fútbol cando a obra nin sequera estaba iniciada, tal como demostraron os socialistas tra-censes mediante notario.

Caamaño criti cou que o PP “non faga disti ncións entre responsabili-dade penal e políti ca” e que “con-funda deliberadamente ambas”. Para o dirixente socialista, o delito polo que se xulga o alcalde é “especial-mente grave” e nin Feijóo nin a di-rección do PP galego deberían “dar a calada por resposta ante situacións como esta”, segundo declara o que fora ministro de Xusti za.

Na mesma liña, pídelle aos con-servadores que adopten un criterio único para os casos nos que os seus cargos públicos son levados a xuízo.

Segundo o secretario provincial dos socialistas, o PP galego aplica disti n-tas opcións segundo os casos. “Como acabamos de ver en Santi ago de Compostela -expón Caamaño- onde non se tomou ningún ti po de me-dida tras a imputación dos sete con-celleiros, nin ante a apertura de xuízo oral, e houbo que agardar a que fo-

sen condenados e inhabilitados para cargo público pola Xusti za para que abandonaran o seu cargo”.

Non é de recibo, segundo o lí-der dos socialistas coruñeses, que o PP manteña a “inacción” en asuntos como o de Trazo. Para el, o PP “deixa en mans da xusti za a depuración de responsabilidades políti cas e penais”, o que contrapón ao xeito de actuar do PSdeG-PSOE, que “ten estable-cido que unha vez se abra xuízo oral contra un cargo público, este debe abandonalo”.

A decisión de abrir xuízo oral to-mouna a Audiencia Provincial da Co-ruña. A fi scalía solicita tres anos de prisión para o alcalde tracense, polo suposto delito “relacionado coas irregularidades cometi das na cons-trución dun graderío no campo de fútbol da parroquia de Campo” en xuño de 2009, segundo os socialis-tas tracenses. O ministerio fi scal ta-mén pide inhabilitar a Dafonte para o exercicio de cargo público durante catro anos, ademais dunha sanción. O xuízo está previsto para o 30 de se-tembro.

caamaño acusa a Feijóo de “inacción” ante a apertura de xuízo oral ao alcalde

TRAZO O dirixente do PSOE teme que se repitan situacións como a de Santiago

Francisco Caamaño (PSdeG-PSOE)

Correos doa vintecinco equipos informáticos ao colexio Campomaior

A empresa Correos entregoulle vintecinco equipos informáti cos ao colexio de educación infan-ti l e primaria Campomaior, de Or-des. Foi nun acto, nas dependen-cias de Correos en Ordes, no que a compañía postal esti vo represen-tada polo seu xefe de fi nanzas da zona 1, David Ventureira, e o cen-tro educati vo ordense pola súa di-rectora, Ángela María Vilariño.

Esta iniciati va enmárcase nas accións de responsabilidade so-cial corporati va da empresa, que atende as peti cións recibidas para reuti lizar os equipos que renova de maneira periódica. Asocia-cións, ONGs, centros sociais e co-lexios son os principais desti nata-rios destas doazóns de materiais.

ORDES

Acto de entrega dos ordenadores

Premios ‘O galego na onda’COMARCA Certame escolar de Política Lingüística

O CPI da Ponte Carreira (Frades) acolleu a entrega dos premios da fase local do concurso de cuñas de radio ‘O galego na onda’, convodado pola Rede de Dinamización Lingüísti ca. No acto esti veron o secretario xeral de Políti ca Lingüísti ca da Xunta, Valentí n García; o presidente da Mancomuni-dade de Ordes, Manuel Regos; e o al-calde de Frades, Roberto Rey.

O certame, que ten como fi nali-dade a promoción da lingua galega,

ti vo como gañadores a Marta Rey, Diego Bodelo e Andrea López en pri-meiro e segundo da ESO, co segundo premio para Sara Uzal, Matí as Bo-delo e Lorena García. Na categoría de terceiro e cuarto da ESO, gañou a cuña de Lucía Mosquera e Sandra Mella e obti vo o segundo premio a de Sheila Rodríguez e Sara Rivadas.

Os primeiros premios pasan á fase autonómica. En setembro todos parti ciparán nun obradoiro de radio. Acto de entrega dos premios do certame, nas instalacións do CPI da Ponte Carreira

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Page 11: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

PuBlicidAde

crónicas - Xuño 2014 11

Page 12: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

12

ActuAlidAde

crónicas - Xuño 2014

A delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, visitou Frades e Mesía para supervisar o resultado do acondicionamento de varias pis-tas e camiños. A reparación fíxose con cargo a un plan da Consellería de Medio Rural. Investíronse 128.276 euros nos dous municipios, dos que a Frades correspondéronlle 53.845 e a Mesía 74.431 euros.

En Frades, as obras melloraron os accesos na Chousa de Atrás (Le-doira), no Castro e entre O Canedo e o Ar (Abellá), en Consello e no Carba-llal (Papucín), en Vilar de Abaixo (Fra-des), e na área dos Pasos (Aiazo). En Mesía o diñeiro aproveitouse para acondicionar varios viais da parro-quia de Cabrui: cruce de Mou a Xe-ral Cova de Vales, lugar de Río, a Gándara-cruce Escola, Vilardevesa, Cova de Vales e das Foucellas a Tieira Grande.

Acompañada polos alcaldes, Ro-berto Rey (Frades) e Mariano Igle-sias (Mesía), a responsable autonó-mica defendeu a colaboración entre as institucións.Visitas da delegada territorial a Frades (imaxe superior) e a Mesía

COMARCA

Remata a reparación de varios camiños en Frades e en Mesía, con financiación da Xunta

Campaña de recollida de material escolar

Cáritas, Cruz Vermella e o Con-cello de Ordes iniciaron a cam-paña de recollida de material es-colar, para os nenos e nenas do municipio con menos recursos. Quen queiran colaborar, pode-rán entregar bolígrafos, lapis, ca-dernos, folios, gomas e calquera outro material ata o 15 de setem-bro. Recólleno en colexios, libra-rías, os locais de Cáritas e da Cruz Vermella e no Concello.

ORDES

‘Desordes Creativas’ do 14 ata o 21 de xullo

O Festival de Arte Urbana ‘Des-ordes Creativas’ desenvolverase entre o 14 e o 21 de xullo. Acudi-rán artistas e muralistas de pres-tixio internacional, que decora-rán coas súas obras fachadas, mu-ros e outros espazos visibles cedi-dos polos veciños de Ordes. Quen queiran ceder espazos deben co-munícalo canto antes nos teléfo-nos 670 275 113 ou 696 423 490.

ORDES

Page 13: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

XeNte de Aquí

crónicas - Xuño 2014 13

Os cursos informáticos seguirán

Tordoia clausurou dous cursos de informática de sesenta horas de duración nos que o alumnado obtivo os coñecementos elementais para manexar o ordenador e navegar por internet. O Concello anuncia para vindeiras datas novos cursos de iniciación e de perfeccionamento.

TORDOIA

Clase de primeiros auxilios cos maiores nos Martes Saudables

Uns vinte maiores participa-ron no cursiño de primeiros auxi-lios impartido en Oroso no marco do programa ‘Martes sauda-bles’. A sesión serviulles para co-ñecer como reaccionar con rapi-dez ante unha emerxencia e avi-sar canto antes ao 061. Pero non só eso, senón que tamén lles indi-caron como afectuar unha reani-

mación cardiopulmonar mentres non chegan os servizos de emer-xencia. Ademais de recibir as no-cións teóricas básicas, practicaron os exercicios con bonecos. O Con-cello de Oroso, que tamén ofreceu unha charla sobre reciclaxe para a terceira idade, anuncia que os ‘Martes saudables’ volverán en se-tembro, tras a pausa estival.

Os ‘Martes saudables’ ensinaron como facer unha reanimación cardiopulmonar

OROSO

Page 14: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

14

XeNte de Aquí

crónicas - Xuño 2014

Cerceda recibe a visita dos seus irmáns franceses de Escalquens

Medio cento de representan-tes da localidade francesa de Es-calquens, coa que está irmandada Cerceda, visitaron o municipio da comarca ordense durante unha semana.

Os visitantes foron recibidos de forma oficial no Concello. Acom-pañados pola primeira tenente de

alcalde, Begoña Rodríguez Rumbo, e pola concelleira María Viqueira Iglesias, visitaron o lago, o museo da mineiría de Meirama, o parque acuático, o paseo do río Cabancos, a Aula da Natureza e o polígono in-dustrial. A viaxe levounos tamén a Santiago, as Rías Baixas e a Costa da Morte.

Unha representante de Escalquens (dta.), coas concelleiras cercedenses

CERCEDA

O ex integrante da guerrilla anti-franquista Francisco Martínez López, coñecido como ‘Quico’, recibiu un re-coñecemento en Oroso pola súa con-tribución á loita pola liberdade du-rante a ditadura. De mans do alcalde, Manuel Mirás, recibiu como agasallo a bandeira que simboliza a IV Agru-pación do Exército Guerrilleiro de Ga-licia, que operou sobre todo nas zo-nas de Ordes, Mesía, Frades e Curtis.

Ademais, a asociación cultu-ral ‘Obradoiro da História’ de Or-des efectuoulle a ‘Quico’ un recoñe-cemento pola súa contribución á re-cuperación da memoria histórica. O combatente antifranquista sintetiza esta causa nun lema: “antes luchaba con las armas, ahora con la palabra”.

O recoñecemento tivo lugar no contexto dunha xornada do V Semi-nario Sobre a Memoria, organizado por Nova Escola Galega e dirixido a profesorado de secundaria. A activi-dade desenvolta en Sigüeiro incluiu unha ponencia do historiador Ma-nuel Pazos, o testemuño de descen-dentes de persoas represaliadas polo

franquismo, e unha intervención de ‘Quico’, o único ex guerrilleiro que queda vivo en Galicia, xunto con Ca-milo de Dios, que está enfermo.

Martínez López, de 89 anos, naceu en Cabañas Raras, no Bierzo (León). Traballou como mineiro e como axu-dante de laboratorio ata incorporarse

á guerrilla en setembro de 1947. Ba-tallou con Marcelino Fernández ‘O Gafas’ ou con Manuel Girón. Conse-guiu fuxir a Francia en 1951. Alí con-tinuou na actividade antifranquista. Retornou en 1977, desde cando loita polo recoñecemento histórico e mo-ral dos guerrilleiros.

“Antes luchaba con las armas, ahora lucho con la palabra”

OROSO Acto de recoñecemento ao ex membro da guerrilla antifranquista ‘Quico’

Francisco Martínez López recibiu a bandeira da IV Agrupación de mans de Mirás

Sogama convida a todos os galegos a buscar a mellor foto ambiental do verán

Sogama lanzou unha campaña para instar aos cidadáns de Gali-cia maiores de idade a compartir a súa mellor foto ambiental do ve-rán 2014. Deben ser imaxes que contribúan a xerar conciencia so-bre a necesidade de protexer e conservar o patrimonio natural.

Entre os autores das imaxes achegadas, sortearase un curso de kitesurf para dúas persoas en Ba-rreiros (Lugo). Cada participante poderá enviar unha única imaxe, que debe dirixirse, en formato dixital, ao enderezo electrónico [email protected] entre o 1 e o 30 de setembro de 2014. Descartan as fotos enviadas fóra dese prazo.

Sogama publicará as imaxes na web e nas redes sociais. As fo-tos deben ir acompañadas cos da-tos de autoría, unha pequena des-crición, e a identificación do lugar, municipio e provincia á que per-tence. Os participantes poden es-coller a temática, ben sexan pa-raxes naturais ou aspectos concre-tos. Bases íntegras en sogama.es

COMARCA

Ofrecen unha charla sobre hábitos contra a fibromialxia, artrose, osteoporose e depresión

A presidenta da Asociación Ga-lega de Fibromialxia (AGAFI), Dolores Bermúdez, e os doutores Xosé Ma-nuel Fernández e Manuel do Muíño protagonizaron en Ordes unha charla sobre hábitos saudables na fibro- mialxia, a artrose, a osteoporose e a depresión.

A iniciativa, que contou coa cola-boración do Concello, acadou unha considerable asistencia de público. O encontro abordou diversos aspectos relacionados coa natureza e sínto-mas destas enfermidades, así como os tratamentos máis novidosos e efectivos que se aplican na actuali-dade fronte a elas.

ORDES

Charla nos baixos da Alameda

Unha cea culmina os cursos municipais de cociña impartidos por Manuel Iglesias Vieites

Os cursos de cociña organizados polo Concello de Ordes nesta tem-pada remataron cunha cea, con pra-tos preparados polos preto de co-renta alumnos participantes durante estes meses nas clases impartidas polo mestre Manuel Iglesias Vieites.

Sobre a mesa, entre outras pro-postas, houbo arroz negro con sepia, rape ao cava, rabo de touro, calaba-cín recheo, merluza ao forno, mexi-llóns con garabanzos ao forno e en escabeche, lasaña, rosquiñas de anís ou tarta da avoa.

A variedade de receitas dá idea do nivel de coñecementos adquiri-dos nas clases polo alumnado.

ORDES

Os cursos sumaron corenta alumnos

Page 15: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

XeNte de Aquí

crónicas - Xuño 2014 15

As Noites de Tasca celebran seis anos cunha gran foliada

As ‘Noites de Tasca’ celebraron o seu sexto aniversario levando a música tradicional por toda a co-marca cunha gran festa polas rúas de Ordes. Para a celebración, a asociación Grupo de Gaitas Os Vi-queiras de Ordes contou coa co-laboración do Concello e de vinte establecementos nos que actua-

ron outros tantos grupos folclóri-cos de toda a provincia, de Lugo e mesmo de Asturias. A culminación foi unha gran foliada na cervexe-ría Islia, ata a que se achegaron to-dos os grupos e numeroso público. Na tarde previa, organizaran obra-doiros de baile e de instrumentos tradicionais.

A celebración do aniversario contou coa actuación de vinte grupos folclóricos

ORDES

A Xuntanza Cabalar de Ardemil supera os mil participantes

A IV Xuntanza Cabalar de Arde-mil (Ordes) superou o milleiro de participantes, entre público e xine-tes, segundo as estimacións ofre-cidas polo Concello.

O encontro, organizado pola Asociación Cabaleiros de Ardemil, formou parte por primeira vez do campionato galego de velocidade.

Programáronse competicións de bestas e cabalos cruzados, an-dadura de trotadores, concursos de barrís, saídas en ruta e diversos espectáculos e xogos.

O Concello estivo represen-tado polo alcalde, Manuel Regos, e os concelleiros Luís Gómez e Sil-via Marín.

Na xuntanza serviuse lacón asado con patacas para os asistentes

ORDES

A vila de Ordes presenta unha seria carencia de prazas de estacio-namento de vehículos. Lonxe de aportar solucións, o actual equipo de Goberno limitouse a reducir aínda máis a oferta dispoñible, como sucedeu coa construción dos baixos da Alameda, un proxecto que seis anos despois de ser execu-tado segue sen reportar beneficios aos veciños, malia que o seu custe millonario incrementou a débeda municipal e furtou a residentes e visitantes de preto de 100 prazas de aparcamento no centro da vila.

Á vista desta carencia, o Par-tido Popular de Ordes no vindeiro Pleno municipal instará ao Conce-llo para que habilite áreas de es-tacionamento na vila. Argumenta o PP local que, cunha xestión in-telixente por parte do Concello, podería resultar doado habilitar novos espazos de aparcamento en áreas céntricas, o que se traduciría

en maiores comodidades para os condutores, pero tamén en benefi-cios para o comercio local.

Recordan que Ordes é cabe-ceira dunha extensa comarca na que residen 30.000 habitantes, e que unha axeitada oferta de apar-camento beneficiaría directamente aos negocios da vila. “Se alguén ten que percorrer varios centos de metros coa compras ao lombo, como sucede actualmente, o máis probable é que desista a merque noutro lugar con máis facilidades para aparcar”, argumenta José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes.

POuCOS APARCAMEnTOS E nun ESTADO CAlAMITOSO

Ademais, o Partido Popular de Ordes reclamará que o Conce-llo arranxe o deficiente estado de conservación das áreas de aparca-

mento libre, cedidas por propie-tarios particulares. Poñen como exemplo, os buratos que presenta o aparcamento da rúa Compostela, tanto nos seus accesos, como na explanada de estacionamento que dificultan o seu uso ao tempo que supoñen un risco para a integrida-de dos vehículos que o utilizan. Pero esta situación repítese noutras áreas similares existentes na vila de Ordes.

José Luís Martínez Sanjurjo conclúe que “vendo a realidade, semella que o alcalde de Ordes vive nun mundo de Yupi, xa que en lugar de preocuparse de arraxar os problemas reais, levita ocupado en asuntos que a ninguén interesan, como o alugueiro da estación da Pontraga, que custa máis de 1.000 euros anuais a todos os veciños, ou o amoblamento do novo salón de actos do Concello”, sinala o porta-voz municipal do PP de Ordes.

Habilitar novos aparcamentos reduciría incomodidades aos condutores, pero reportaría tamén beneficios ao comercio local

O PP de Ordes pídelle ao Concello novas prazas de aparcamento para suplir as carencias

Os accesos e o aparcamento na rúa Compostela está cheo de fochancas

Page 16: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

16

XeNte de Aquí

crónicas - Xuño 2014

TRAZO

Os veciños inician a tempada de viaxes coas Rías Baixas e a costa valenciana como destinos

Os veciños e veciñas de Trazo es-tán lanzados a coñecer mundo. Nas últimas semanas, un bo grupo de-les efectuaron un percorrido polas Rías Baixas, achegándose a algunhas das paraxes máis emblemáticas desa rexión. E por se fose pouco, tamén efectuaron outra viaxe pola costa va-lenciana. Os 65 participantes, tanto de Trazo como de municipios do arredor, estiveron oito días fóra e pa-saron por localidades como Guada-let, Xábia, Denia, Cullera, Valencia ou Gandía, achegándose incluso a To-ledo e a Segovia.

A organización destas saídas xa prepara outras novas para os vindei-ros meses. Do 25 ao 27 de xullo pro-poñen como destino Cantabria, co-ñecendo os Picos de Europa, Cabár-ceno e as covas do Soplao. Custa 185 euros por persoa, todo incluído. E do 27 ao 31 de agosto, o destino será a virxe de Lourdes, en Francia, cun custo de 285 euros. Quen queiran informarse e anotarse nestas viaxes deben chamar ao teléfono 619 900 890. Excursionistas de Trazo e arredores na súa estadía en Valencia

CERCEDA

O V concerto ‘O Son nas Aulas’ superou as 300 persoas sobre o escenario

A quinta edición do concerto ‘O Son das Aulas’, organizado pola Es-cola Municipal de Música de Cer-ceda, levou máis de 300 nenos, xó-venes e adultos ao escenario do au-ditorio de Cerceda.

Todos eles protagonizaron un concerto didáctico e artístico con música, baile e canto, manexando sons e coreografías tanto clásicos como modernos. Deste xeito, puidé-ronse escoitar desde versións de te-mas de Michael Jackson ou Adele ata pezas clásicas á guitarra, o piano ou o vento metal.

A primeira tenente de alcalde de Cerceda, Begoña Rodríguez Rumbo, presente no espectáculo, destacou que “a aposta do Concello polas ac-tividades culturais e deportivas está dando os seus froitos, xa que hai uns anos era impensable que se le-vase a cabo no noso concello un es-pectáculo destas dimensións e agora os nosos nenos non necesitan des-prazarse ata A Coruña ou outros lu-gares para estudar canto ou música”. As clases de Cerceda impárteas a es-cola coruñesa ‘Presto Vivace’.No espectáculo non faltou humor para acompañar os números de música e baile

Unha das actuacións tivo como referencia o musical de ‘Grease’

Participantes na excursión que percorreu varias zonas das Rías Baixas

Conclúe un curso de perfeccionamento no manexo do principal sistema informático

Un novo grupo de veciños e ve-ciñas de Ordes concluíron recen-temente un curso de perfeccio-namento no manexo do sistema operativo Windows, o utilizado con maior frecuencia nos equipos informáticos.

Despois de varios meses de clases, coñeceron as principais ca-racterísticas do sistema e a utili-zar algunhas das súas aplicacións máis útiles para o usuario medio.

Ademais, neste curso tamén se impartiron clases de debuxo vec-torial e de retoque fotográfico dixital, como coñecementos com-plementarios.

ORDES

O alumnado, cos seus diplomas

Nenos de Oroso aprenden a elaborar monicreques nun obradoiro de Viravolta

Dezanove nenos e nenas de Oroso participaron nun obradoiro de marionetas de papel, da com-pañía Viravolta Títeres, que o Con-cello incluíu como actividade gra-tuíta na súa programación das Le-tras Galegas.

Con técnicas de papiroflexia e utilizando cartolinas de cores, os escolares, de entre seis e doce anos de idade, elaboraron cadan-seu monicreque e botaron man da imaxinación para poñerlles cara.

A actividade, na biblioteca, tiña como propósito tamén pro-mover ese espazo para o uso co-munitario da cultura.

OROSO

Charla nos baixos da Alameda

Page 17: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

XeNte de Aquí

crónicas - Xuño 2014 17

O circuíto cultural e deportivo remata con prantas medicinais

Un cursiño sobre prantas medi-cinais púxolle o punto fi nal ao cir-cuíto cultural e deporti vo do Con-cello de Ordes. As quince persoas que asisti ron aprenderon a elabo-rar ungüentos, locións e remedios para diversas doenzas e molesti as.

Para a preparación, uti lizáronse

prantas que se poden atopar habi-tualmente nos montes e nos espa-zos verdes da comarca, ou que se poden culti var en hortas e xardíns.

O circuíto cultural e deporti vo do Concello retomará a súa ac-ti vidade o vindeiro curso, cunha oferta renovada.

Na clase utilizáronse prantas habituais nos montes e xardíns da zona

ORDES

Clausuran o primeiro curso da escola para nais e pais

Aprender a afrontar o primeiro día de colexio, ver como resolver os confl ictos puntuais cos cati vos, como aplicar as normas e os cas-ti gos e como desenvolver a au-tonomía dos pequenos foron al-gúns dos conti dos da escola de pais e nais ‘Tempo de familia’, que se desenvolveu no Colexio Rural Agrupado (CRA) de Oroso entre fe-breiro e maio.

Despois de seis clases, coordi-nadas por unha psicóloga familiar, o concelleiro de Familia e Ensino de Oroso, Antonio Leira, acudiu á clausura e sinalou que o obxec-ti vo era contar cun “espazo aberto a todas as familias no que o in-tercambio de experiencias e a re-fl exión colecti va convértense en ferramentas que permiten mello-rar os recursos educati vos”. Á vez, quere servir como canle de comu-nicación de todas as persoas impli-cadas na educación dos cati vos.

O curso, organizado polo Con-cello e subvencionado pola Depu-tación da Coruña, púxose en mar-

cha tras un proxecto experimental sobre igualdade de xénero acome-ti do o pasado verán, atendendo tamén a demanda de profesores e proxenitores.

OROSO

Sesión de clausura do curso

Telf: 881 124 017Rúa Canteira 11 bajo

15680 ORDES (A Coruña)[email protected]

Telf: 639 314 732Rúa da Saúde 11. CARBALLORúa Agra dos Cregos, sn. [email protected]

Dietas de adelgazamento, patoloxías e estados fi siolóxicos

• Acido úrico/gota• Patoloxías gástricas

(hernia de hiato, refl uxo gastroexofáxico, gastritis.....)

• Pataloxías intestinais (colon irritable, diverticulose, colite ulcerosa....)

• Diabete• Hipertensión• Colesterol / Triglicéridos• Menús para garderías e

escolas• nenos e adolescencia• Embarazo• Terceira idade• Deporte• Pacientes

anticoagulados (SInTROM)

• Alerxias alimentarias

Dietas online www.mariaviñanutricionista.com

maría viñaNUTRICIONISTA

Page 18: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

18

XeNte de Aquí

crónicas - Xuño 2014

Clausura das escolas deportivasTRAZO Neste curso tiveron uns 250 participantes

O Concello de Trazo púxolle o re-mate ao seu curso de actividades de-portivas cunha exhibición e festa no polideportivo municipal. Durante esta tempada, participaron nas acti-vidades unhas 250 persoas, entre ra-paces e adultos, segundo o cómputo difundido polo Concello.

O alumnado que efectuou exhi-bicións no acto de clausura foi o de

ximnasia, aeróbic, zumba e pandei-reta. A oferta municipal deste ano in-cluía tamén pilates, informática, co-ciña, patchwork embutido, bailes de salón, obradoiros de memoria e arte floral.

A festa contou cun xantar con pul-peira instalado no propio pavillón e cunha actuación musical coa que os asistentes pasaron a tarde. Á festa de clausura das actividades municipais de Trazo asistiron deceas de persoas

Frades e Ordes celebraron nas úl-timas semanas as súas festas para a terceira idade. No caso de Frades, a celebración reuniu preto de medio milleiro de persoas nas inmediacións da capela de San Nicolau. Tras a misa cantada, na que actuou pola agrupa-ción de música tradicional Sarillo, da parroquia de Aiazo, comezou o xan-tar, e posteriormente tivo lugar a en-trega de agasallos para as dezaseis persoas maiores de 90 anos presen-tes na festa.

En Ordes, a xuntanza dos maio-res achegouse aos setecentos partici-pantes. O Concello escolleu de novo as instalacións do Pazo de Bidueiro para a celebración. Misa cantada co coro parroquial, intervención do al-calde, Manuel Regos, xantar, baile e música compuxeron o programa. A festa contou coa asistencia de todo o equipo de goberno e de representan-tes das diversas formacións políticas que contan con representación na corporación municipal ordense.

Festas para centos de maiores en Frades e en OrdesCOMARCA A celebración fradense achegouse aos 500 participantes e en Ordes aproximouse aos 700

O alcalde de Frades, Roberto Rey, intervén antes do inicio do xantar

Os veciños de Ordes demostraron á hora do baile que a diversión non ten idade

educación viaria para os máis pequenos

O alumnado das escolas infantís municipais de Ordes e de Oroso reci-biron clases de educación viaria para que comecen a ter as nocións esen-ciais á hora de moverse polas rúas. Na gardería ordense ‘Sorrisos’ a se-sión impartírona a Policía Local e a Garda Civil. Na Ulloa, en Oroso, a se-sión final do programa entregoulles carnés simbólicos de condutores por aprender os sinais.

ORDES - OROSO

Sesión de educación viaria na gardería de Ordes Derradeira clase do programa na Ulloa (Oroso)

O ágape ordense tivo lugar nas instalacións do Pazo do Bidueiro

Page 19: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

XeNte de Aquí

crónicas - Xuño 2014 19

Manolo Rivas, en Ordes

O escritor Manolo Rivas visitou Ordes para acompañar os alum-nos e alumnas de terceiro e cuarto curso de primaria do colexio Cas-tealo. No auditorio da Casa da Cul-tura, asistiron á representación teatral da obra ‘A raposa e a mes-

tra’ do autor coruñés. O espec-táculo tivo incluso música en di-recto. Ao remate da función no auditorio, Rivas tivo a ocasión de falar cos nenos e nenas presentes, aos que tamén lles asinou exem-plares da súa obra.

O escritor asistiu a unha representación teatral e asinoulles libros aos cativos

ORDES

Estrea de ‘Queixo e Marmelo’

O alumnado do IES de Oroso que integra o grupo de teatro ‘Queixo e Marmelo’ estreouse pu-blicamente coa representación de ‘Os vellos non deben de namo-rarse’, de Castelao. Forman parte do grupo: Sandra Amigo, Susana

Amigo, Yéssica Rey, Miguel Ro-mero, Sebastián Armas, Javier Te-llería, Andrea Villar, Rebeca Ji-ménez, Eva Villar, Gonzalo Bo-quete e Pablo Rodríguez, que tive-ron como coro os compañeiros da clase de 1º A.

OROSO

Integrantes do grupo de teatro do IES de Oroso ‘Queixo e Marmelo’

Rematan os cursos de lingua galegaCOMARCA

A Mancomunidade de Ordes clau-surou os cursos de lingua galega pre-paratorios para a obtención dos cer-tificados Celga nos niveis 2, 3 e 4. Como presidente da entidade supra-municipal, o alcalde de Ordes, Ma-nuel Regos, acudiu á entrega dos di-plomas acreditativos.

Regos felicitou o alumnado polo desenvolvemento do curso e apro-

veitou para animalo a seguir avan-zando na súa formación lingüística.

Os cursos, impartidos por unha profesora especialista, teñen como finalidade que os participantes me-lloren as competencias orais e es-critas no idioma, ademais de facili-tarlles a execución das probas para a obtención do certificado acredita-tivo oficial. Manuel Regos entregou os diplomas como presidente da Mancomunidade

Page 20: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

20

dePORteS

crónicas - Xuño 2014

O Alpa Ordes proclámase campión da liga municipal

O equipo Alpa Ordes gañou a liga de fútbol sala do Concello de Ordes, na que competiron unha ducia de equipos con xogadores de entre dezasete e sesenta anos. O triunfo serviulle para represen-tar o municipio na competición in-tercomarcal.

O segundo posto da liga co-rrespondeulle ao Interordes e o

terceiro conseguiuno o Mesón de Deus. Como xogador que marcou máis goles na liga, con 49 tantos, foi distinguido Antonio Botana, do Trasmonte. O premio á deportivi-dade recaeu no equipo Joints.

Tras a entrega de trofeos, tivo lugar un ágape para xogadores, técnicos, directivos e público pre-sente na competición.

O Alpa deixou en segunda posición o Interordes e o Mesón de Deus terceiro

FÚTBOl SAlA

Catro ouros e un bronce para Emma Núñez no último mes

Non vai haber estantes que cheguen. A karateca cercedense Emma Núñez, de doce anos, am-pliou o seu palmarés nas últimas semanas con catro medallas de ouro e unha de bronce.

Destaca a súa primeira victo-ria nun trofeo internacional en te-rras lusas. Núñez adxudicouse o I Trofeo Internacional de Monçao en kata, impoñéndose na final por 5-0. En kumite foi cuarta, entre 26 participantes na categoría xuvenil feminina. Esta competición por-tuguesa congregou uns 600 de-portistas de 47 clubs de Portugal, Francia, Marrocos e España.

No XIV Trofeo Cidade de San-tiago, Núñez competiu en catego-ría xuvenil tanto en kata como en kumite. Conseguiu dous ouros. En kata, impúxose por 5-0 na final. En kumite, a xeito de liguiña, dispu-tou catro combates e venceu nos catro, por 6-0, 6-2, 6-0 e 8-2.

No VI Campionato de Kárate Valga (Pontevedra), Emma Núñez

obtivo o ouro en kata cun 3-0 na final. En kumite logrou un merito-rio bronce, ao estar agrupadas va-rias categorías. Caeu ante a cam-pioa de España cadete por 8-1.

KARATE

Emma Núñez, cos seus novos éxitos

exhibición de patinaxe en tordoia e festa de fin de curso en Mesía

O pavillón polideportivo de Tor-doia acolleu unha exhibición de pa-tinaxe artística organizada pola aso-ciación de nais e pais do alumnado do CPI Pecalama. O evento contou co patrocinio do Concello de Tordoia, que o considera “todo un éxito”. Par-ticiparon ademais os maiores do pro-grama municipal de envellecemento activo, demostrando plena vitali-dade cos seus exercicios de ximnasia aprendidos durante o curso.

Por outra parte, as exhibicións do aprendido durante o curso foron un dos contidos principais da festa de clausura das actividades deportivas e

culturais do Concello de Mesía. Asis-tiu máis dun cento de persoas, nunha celebración precedida pola tarde pola clausura das escolas deportivas municipais. O Concello, por certo, xa

ten aberto ata o 30 de xuño o prazo para inscribirse nas escolas de verán. A programación estival de Mesía in-clúe ademais diversas propostas lúdi-cas e competicións deportivas.

MulTIDEPORTEParticipantes na festa de fin do curso 2013-2014 das actividades deportivas e culturais do Concello de Mesía

Exhibición de patinaxe artística da ANPA CPI Pecalama, patrocinada polo Concello

O Campus de Fútbol amplía duración e varía a oferta de actividades

A Fundación Celta de Vigo, xunto co Concello de Oroso e a es-cola deportiva Xuventude Oroso, programaron o seu quinto cam-pus de fútbol entre o 7 de xullo e o 1 de agosto.

Este ano, o campus presenta como novidades a posibilidade de participar en actividades ex-tra como rutas de sendeirismo, vi-sitas ao parque acuático e a prác-tica doutros deportes.

Para participar, existe a posibi-lidade de matricularse en sema-nas soltas e en horario matinal (10 a 14 horas) ou completo (10 a 18 horas). Os veciños teñen descon-tos de 20 euros nas tarifas. Infor-mación e matrículas escribindo a [email protected]

FÚTBOl

Presentación do campus estival

Page 21: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

dePORteS

crónicas - Xuño 2014 21

Víctor Riobó, do Miler Running Club de Marín, e Paula Mayobre, do Bikila de Ares, proclamáronse cam-pións da primeira carreira pedestre do Concello de Frades, nas catego-rías masculina e feminina.

O gañador fixo un tempo de 26’13’’ para os 7,7 quilómetros de percorrido da proba. Impúxose só por unhas décimas de segundo a Ro-bertas Geralavicius, da Ximnástica de Pontevedra, mentres que Akka Es-saadaoui, da S.A. Valmiñor de Sal-ceda de Caselas foi terceiro con 26’16’’.

Mayobre, decimonovena na xeral, completou a carreira en 29’09’’. Mela Penas, do Comesaña Sporting Club de Arzúa, foi segunda con 1’26’’ máis de tempo. Águeda Blanco, do mesmo equipo arzuán, precisou case dous minutos máis que a vencedora e foi terceira na competición feminina.

Por equipos, gañou o Club Atle-tismo Sar, que deixou en segunda po-sición o Club Atletismo Milladoro e en terceiro posto o Club Atletismo Boimorto. Como equipo con maior número de participantes recoñe-

ceuse o Club Atletismo Sada. O corre-dor de menos idade foi Juan Míguez Espiñeira, de dous anos, e o máis ve-terano foi Enrique Barral Pereiro, de 69 anos.

En total, entregáronse 1.100 euros en premios, ademais de camisetas e trofeos para os tres primeiros de cada categoría. A carreira sumou 380

corredores (201 en categorías esco-lares e 179 para a proba absoluta) e foi seguida por deceas de veciños. O alcalde de Frades, Roberto Rey, des-tacou a participación e afirmou que “é toda unha honra para unha proba que comeza este ano e que terá con-tinuidade en 2015, cando agardamos poder facelo aínda mellor”.

Riobó e Mayobre logran os primeiros postos na primeira pedestre de Frades

CARREIRA A proba sumou 380 corredores entre as categorías escolar e absoluta

Os gañadores da carreira fradense, acompañados polo alcalde, Roberto Rey

Excelente labor do Club Xadrez Oroso en Monforte de Lemos

O bo traballo do Club Xadrez Oroso desprazados a Monforte para competir no circuíto de Gali-cia Central fixo que a entidade se sitúe quinta, dun total de 35, na clasificación por equipos.

Destacan Sara Míguez e Martín Pena, os dous de doce anos, que lideran a clasificación sub-14 femi-nina e masculina. Pena é o mellor clasificado de Oroso na categoría absoluta (16º). Carmen Míguez, de dez anos, lidera a sub-12 femi-nina, a só dous puntos do primeiro clasificado masculino. E en sub-8 Nicolás Gómez é sexto na clasifi-cación xeral de Galicia Central.

XADREZ

SUSACafé-Bar

CASA DE COMIDAS

Avda Alfonso Senra 27, bajoORDES

881 981 518

Menú do día e carta

Comida para levar

Hai polbo

Empanadas e churrasco por encarga

Page 22: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

22

dePORteS

crónicas - Xuño 2014

A S.D. Club Ordes convoca o segundo Campus de Verán, con dúas quendas en xullo

A S.D Club Ordes convocou a segunda edición do seu Campus de Verán de fútbol para fomentar a capacitación deportiva dos máis pequenos. Estará organizado en dúas quendas, unha do 1 ao 15 de xullo e outra do 17 de xullo ao 1 de agosto. Os horarios son de 9:30 a 14 horas, de luns a venres.

Nesta actividade poden partici-par os nenos e nenas nacidos en-tre 1998 e 2000, ambos inclusive. Os prezos son de 60 euros cada quenda, que se reducen a 40 a partir do segundo irmán ou irmá. Tamén se pode participar todo o mes, cun prezo de 100 euros, 60 a partir do segundo irmán ou irmá.

As inscricións deben efec-tuarse nas instalacións deportivas de Vista Alegre de luns a venres de 17:30 a 19:30 horas, ou chamando ao 600 493 633. Para participar na primeira quenda, o prazo remata este 28 de xuño. Pola súa parte, o segundo grupo dispón ata o 12 de xullo para anotarse.

FÚTBOl

Gonzalo Sánchez, de Frades, gaña o provincial de lanzamento

O fradense Gonzalo Sánchez Pazos proclamouse campión pro-vincial infantil de lanzamento de peso no Campionato Provincial de Atletismo en Pista ao aire libre ce-lebrado na Pobra do Caramiñal.

Gonzalo Sánchez erixiuse pri-meiro da súa categoría cun lan-zamento de 10,25 metros. É o terceiro atleta de Frades que con-

segue un título provincial deste ca-libre.

As escolas deportivas munici-pais de Frades contaban ademais con Hugo Rodríguez Rúa na fase provincial disputada na Pobra. Ro-dríguez foi noveno posto na cate-goría benxamín masculina, grazas a un lanzamento de 6,29 metros de lonxitude.

Sánchez Pazos, no máis alto do podio de lanzamento de peso da categoría

ATlETISMO

O Desastres FS Team, campión da liga do Concello de Tordoia

Pese ao seu nome, o equipo ‘Desastres FS Team’ proclamouse campión da Liga de Fútbol Sala do Concello de Tordoia, que este ano disputou a súa decimoquinta edi-ción.

O resultado permitiulle clasifi-carse para o XVII Torneo Intermu-nicipal de Fútbol Sala, represen-tando así o seu municipio nesta competición disputada no conce-llo de Teo.

FÚTBOl SAlA

Integrantes do ‘Desastres FS Team’, mellor equipo tordoiés de fútbol sala

O Club Luar de taekwondo su-mou novos éxitos ao seu palmarés coa participación na final do Campio-nato Galego Escolar de Combate en Vilalba e no V Open Internacional de Lourosa (Portugal).

En terras lucenses, Alvaro Re-

gueiro fíxose co ouro, Rodrigo Varela e Alejandro Sánchez con cadansúa prata, e Diego Sánchez con bronce.

E do país veciño trouxeron metal Tania Gándara, cunha prata, e Rubén Madueño, cun bronce.

TAEKWOnDO Catro metais no galego escolar de combate e dous no Open de Lourosa

Medallas para o club luar en Portugal e Vilalba

Tania Gándara e Rubén Madueño

Arriba, podio, e abaixo, integrantes do C.D. Luar no escolar de combate en Vilalba

Page 23: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

OPiNiÓN

crónicas - Xuño 2014 23

En estos días posteriores a la abdicación de nuestro ya ex-Rey Juan Carlos I, los verdaderos so-cialistas una vez más nos pone-mos del lado de la gente de la ca-lle y reivindicamos el derecho a decidir y a que todos los ciudada-nos puedan manifestar si quieren que la forma del Estado sea una monarquía o una República.

El momento que estamos vi-viendo, después de todos los es-cándalos protagonizados ya no solo por el Rey Juan Carlos I sino por una gran parte de la Familia Real que provocaron el descenso de la simpatí a de la gente hacia esta insti tución que es la monar-quía y que fi nalizan con la abdi-cación del monarca el pasado 2 de junio, no podía ser mejor para buscar un cambio en la Jefatura del Estado y con él en defi niti va un cambio de época, un cam-bio basado, eso sí, en la opinión de toda esa gente que pide en la calle decidir en las urnas sobre si quieren una Monarquía o una República y no como se está tra-tando este asunto desde que su-cedió dicha abdicación.

Lo conveniente en una situa-ción como la que se nos está plan-teando sería convocar un refe-réndum en el que la gente opine sobre quién quiere que sea su Jefe de Estado, y no se debe con-fundir esto con votar a derecha o izquierda, esta vez no se trata

de eso, sino de poder votar la forma de Estado que queremos, es decir, Monarquía o Republica, imposición o democracia. El he-cho de convocar este referéndum conllevaría su correspondiente y necesaria reforma consti tucional para que se acate de esa forma lo elegido antes por la gente en las urnas.

Sobra decir que sería real-mente conveniente dejar atrás esta larga época posterior a la dictadura, que es la monarquía, para dar lugar a una nueva etapa de mayor relevancia democráti ca como sería la III República, pero por desgracia una vez más parece que eso no será posible y que la gente de la calle no será escu-chada, quedándose de esa forma sin poder hacer oír su voto ni de-cidir en un asunto tan serio como este.

La consti tución de una nueva República sería un gran paso ha-cia delante, un paso de moder-nidad pero ya no solo eso, sino también hacia una mas sólida y mayor democracia, un paso que siempre estuvo presente en el ideal socialista y que debería se-guir estando y ya no solo en la teoría o la palabra sino también en la prácti ca y los hechos. Es por eso que acabo diciendo

¡SALUD Y REPÚBLICA!

Dani Fuentes

Sabia decisiónPor Alexander Doval Expósito

TRIBunAS DA COMARCA. A ABDICACIÓn DE JuAn CARlOS I

Os paxariños da Alameda

Outra das nosas aves es-tán moi ocupada estes días en estudar o proceder de determinado empresario

multi sectorial, moi recuberto dun verniz progre. O que albisca o noso paxariño, que algunha que outra documentación laboral leva mo-vido coas súas ás, é un desfi ladeiro legal grave. A lei pode que se cum-pra. Agora, en termos éti cos...

E por últi mo, outeando vi-mos como certa ave de plu-maxe variable se subiu ela soa a un pedestal. Cada vez

máis alto porque sempre hai quen lle aplaude. Algúns fano de boa fe, outros con unha mestura de admi-ración e ignorancia (papanati smo), e outros con ánimo de burla. O caso é que a ave, que é mala actriz, sobe, sobe e sobe. O día que caia...

Pregúntalle o perspicaz gai-voto á nosa pomba como se entera dos acontece-res secretos. Debe de va-

lorar moito a grande intelixencia da pomba, tanto que non se dá conta de que ela está chosca e que nin se-quera coñece a metade dos paxari-ños. Nin lle interesa. Os paxariños non imos contar quen nos pía, máis cando ao gaivoto lle bastaría repa-

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

De todas maneiras, está claro que as murmuracións son ben fundamentadas e que xa hai pouco disimulo.

En público, si. En público manté-ñense as formas e mesmo se sorrí entre dentes. Pero en privado...

Considero necesario, antes de en-trar en materia, expresar mi pro-fundo agradecimiento al hombre que tuvo a bien guiar España ha-cía ésta Democracia, y que durante treinta y nueve años, ha sido, sin duda, el mejor embajador de nues-tro país allí donde fuere. El siempre Rey, Don Juan Carlos I.

Son muchas la voces que estos días se alzan para opinar si es éste el momento más acertado para ab-dicar; en mi humilde opinión pienso que sí, y que fue hecho a concien-cia y sobradamente meditado. Los ti empos que se avecinan son com-plicados, en el horizonte inmediato hay temas encima de la mesa como el de la “soberanía Catalana”, la sa-lida de la crisis, Europa y algunos otros de especial relevancia que re-quieren de unas condiciones óp-ti mas para afrontarlos, y para los que Don Felipe, con su educación y preparación, sabrá estar a la altura de solventarlos siempre, con buen acierto y mejor servicio a España.

Hay un gran número de países a nuestro alrededor con Monarquías Parlamentarias Consti tucionales, como la nuestra, naciones con una larga tradición democráti ca, pero ese afán de algunos de querer in-ventar todas las mañanas la demo-cracia, es, permítanme la expresión, un poco cansina. Podemos cambiar las normas de juego, por supuesto, pero por los cauces legales esta-blecidos. Esto en lenguaje jurídico se llama seguridad jurídica, aun-que también se puede llamar sim-plemente seguridad. Ya en la transi-ción, Torcuato Fernández Miranda, dijo aquello de “de la Ley a la Ley, pasando por la Ley” y es que en es-

tos días lo que menos necesita Es-paña es una hecatombe de tal mag-nitud que haga tambalear su mo-delo de Estado.

Salen de debajo de las piedras re-publicanos impacientes, que llevan escrito en el subconsciente el peso de que todos los fracasos propios y colecti vos se solucionan con una Re-pública, República en la que España ya tuvo dos experiencias y no muy positi vas, que hasta esos Republica-nos convencidos admiten.

Y es que la palabra que debe re-sumir la abdicación de S. M. el Rey, es normalidad, un proceso recogido en el artí culo 57.1 de nuestra Cons-ti tución. Lo que se votó en las Cá-maras legislati vas los días previos al nombramiento fue la sucesión de D. Juan Carlos I, por su hijo, el ya Rey Felipe VI, no el modelo de Estado. Estos fueron discursos oportunistas y fuera de la realidad de este país, un debate, por supuesto, lícito, pero fuera de lugar y momento.

Ambas cámaras dieron el apoyo claro (85%) a la Ley de Abdicación, y no es casualidad que las diversas en-cuestas den un resultado similar de apoyo al nuevo Rey, porque por mu-cho que algunos digan que el poder legislati vo no los representa, al fi nal es fi el refl ejo del senti r de la socie-dad en su conjunto.

Y aunque suene un poco rimbom-bante no quiero dejar pasar la opor-tunidad que me brinda este me-dio para terminar mi artí culo con la frase: “Larga vida a Felipe VI”.

Alexander Doval Expósito Presidente de Novas Xeracións

do PP de Oroso

Felipe VI o como acabar con una ilusión.

El invierno de la monarquíaPor Dani Fuentes

sar a súa axenda e pensar en certas ceas reducidas e discretas. Ou fo-ron xantares?

Page 24: Cronicas comarcadeordes n6 xunho2014

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 20-06-2014. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Sabido é que apertar un parafuso é doado. A difi cultade real case sem-pre está en saber cal apertar. Para eso, hai que acudir a expertos como os que forma o IES nº 1 de Ordes no seu departamento de Automoción. Desas aulas teñen saído e seguen saíndo habilidosos profesionais capa-ces de deixar como novo o máis enfe-rruxado dos vehículos.

Algúns deles son disti nguidos de vez en cando, como acaba de suce-der no XI Concurso de Xóvenes Técni-cos en Automoción. Dous equipos do IES obti veron premios moi destaca-dos. O primeiro posto a nivel español na modalidade de vehículo industrial foi para o grupo integrado por Pablo Cambón Bertoa e Pablo Rama Louro. Mentres, na categoría de electrome-cánica Maikel Pérez Ribeiro e Ma-nuel Manteiga Regueiro obti veron o terceiro premio. Todos eles parti cipa-ron no certame acompañados polos profesores Javier Espiño Pedreira e José Manuel Carabel González.

A fase fi nal do certame, organi-zado pola Fundación Comforp (com-promiso coa Formación Profesional) ti vo lugar en instalacións de Merce-des-Benz en Madrid. A ela chegaron dezasete equipos, que se clasifi caron tras superar catro probas a través de internet e presentar un traballo de investi gación. En total, inicialmente concorreron ao certame 152 equipos con máis de 300 parti cipantes e 150 tutores.

A organización destacou o “alto nivel de formación” que demostrou o alumnado da FP. Pensan os responsa-bles do concurso que “soamente se pode alcanzar co esforzo de todo un equipo humano, que engloba desde a dirección do centro ata os ti tores e de maneira especial os alumnos”. De-fenden ademais a FP como “un dos mellores camiños para enfocar o fu-turo con garantí as de éxito” e remar-can o apoio de empresas como o concesionario ‘Automóviles Louzao’ de Santi ago na preparación prácti ca.

ORDES Alumnos do IES nº1 obteñen destacados premios no XI Concurso de Xóvenes Técnicos en Automoción

Os ases da mecánica fórmanse en Ordes

Cambón, Rama, Pérez e Manteiga, cos profesores Espiño e Carabel

Primeiro premio en vehículo industrial Terceiro premio en electromecánica

ÁREAS DE PRÁCTICADereito Mercantil, Civil, SegurosDereito Administrativo, PenalDereito Laboral e SocialFamilia e SucesiónsContencioso- administrativo, arbitraxes e Xestión recuperatoria de débedas

COBERTuRA InTERnACIOnAlOfrece total cobertura internacional cunúnico interlocutor para o noso cliente,encargándonos da xestión, seguimento easesoramento integral cos nososcolaboradores no exterior

CASTRO AVOGADOSGONZALO-HENRIQUE CASTRO PRADO

Rúa Parque Félix Rodríguez del Fuente - 54, 3 B - 15680 OrdesAvenida Rosalía de Castro 105, baixo - 15706 Santiago de CompostelaTeléfonos: 981 594 460 - 981 596 252 - 698 159 678 - Fax: 981 594 460

www.castroavogados.com [email protected]

O despacho está integrado por profesionais especializados con ampla experiencia, capaces de ofrecer un asesoramento xurídico áxil, efi caz

e personalizado en cada situación