Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 5 - Maio de 2014 A campaña electoral para os comicios ao Parla- mento Europeo do vindeiro domingo, 25 de maio, en- tra nos úlmos días. Na co- marca proliferan actos con candidatos das diversas for- macións polícas en liza, que tratan de movar a cidadanía para combater a abstención propia destas convocatorias. Mais a indiferencia parece mandar nos electores. Aten- dendo ás enquisas, a cifra de quen optan por non votar podería ser de récord. A campaña inunda a comarca entre a indiferencia dos electores Páx. 3 Aprobados os orzamentos municipais para 2014 ORDES Páx. 2 A Deputación asina obras para Frades e para Mesía COMARCA Páx. 5 Páx. 22 Cos pés no aire A Cruz Vermella atendeu 642 persoas en 2013 ORDES Páx. 8 Reclaman mellorar o horario do CPI de Viaño Pequeno TRAZO Páx. 6 Máis contratos no leite, pero só un tercio chega ao ano ECONOMÍA Páx. 10 Visita a Cerceda do presidente da Real Academia Galega CERCEDA Páx. 14 Tribuna de Serafín Marcos sobre Xosé María Díaz Castro OPINIÓN Páx. 23 Comeza a tempada de carreiras populares na zona delrío Arquitectura Ingeniería Diseño PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected] TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR

description

Número 5 de Crónicas, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Transcript of Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

Page 1: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 5 - Maio de 2014

A campaña electoral para os comicios ao Parla-mento Europeo do vindeiro domingo, 25 de maio, en-

tra nos últi mos días. Na co-marca proliferan actos con candidatos das diversas for-macións políti cas en liza, que

tratan de moti var a cidadanía para combater a abstención propia destas convocatorias. Mais a indiferencia parece

mandar nos electores. Aten-dendo ás enquisas, a cifra de quen optan por non votar podería ser de récord.

A campaña inunda a comarca entre a indiferencia dos electores

Páx. 3

Aprobados os orzamentos municipais para 2014

ORdeS

Páx. 2

A Deputación asina obras para Frades e para Mesía

cOMARcA

Páx. 5

Páx. 22

cos pés no aire

A cruz Vermella atendeu 642 persoas en 2013

ORdeS

Páx. 8

Reclaman mellorar o horario do cPi de Viaño Pequeno

tRAZO

Páx. 6

Máis contratos no leite, pero só un tercio chega ao ano

ecOnOMíA

Páx. 10

Visita a cerceda do presidente da Real Academia Galega

ceRcedA

Páx. 14

tribuna de Serafín Marcos sobre Xosé María díaz castro

OPiniÓn

Páx. 23

comeza a tempada de carreiras populares na zona

delríoArquitectura Ingeniería Diseño

PROYECTOSREFORMASDIRECCIONES DE OBRACOORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD

Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected]

TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

CERTIFICACIONES ENERGÉTICASPERITACIONES Y TASACIONESESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDADDISEÑO INTERIOR

Page 2: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

2

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2014

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Amplíase aínda máis o rexeitamento á posible desaparición do partido xudicial de Ordes

Aumentan as mostras de rexei-tamento ao anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial, que implicaría a desaparición da maio-ría dos partidos xudiciais, entre eles o de Ordes. Todos os Conce-llos da comarca, representados no pleno da Mancomunidade, acor-daron pedir a retirada da norma-tiva presentada polo ministro Al-berto Ruíz-Gallardón.

O acordo inclúe pedir a trans-ferencia exclusiva das competen-cias de xustiza á Comunidade Au-tónoma, empraza á Xunta a que respalde este posicionamento, e reivindica unha administración xu-dicial que teña en conta as pecu-liaridades demográficas e territo-riais de Galicia.

O texto foi acordado en Carba-llo, nunha reunión de alcaldes de municipios cabeceira de comarca que perderían o partido xudicial se prosperase a norma de Gallar-dón. Ademais de ser ratificado na Mancomunidade, tamén polos al-caldes do PP, aprobouse no pleno municipal de Ordes co apoio de todas as formacións agás a abs-tención do PP.

O principal grupo da oposición ordense tamén considera irrenun-ciable o partido xudicial, pero ma-tizou que en vez de pedir a reti-rada do anteproxecto de lei prefe-ría solicitar a súa “modificación”, ao entender necesaria unha mo-dernización da xustiza.

Pola súa parte, os socialistas de Ordes manteñen activa unha cam-paña de recollida de sinaturas na defensa do partido xudicial. Ini-ciárona en Expo Ordes, recollendo arredor dun milleiro de apoios, e agora continúa en varios estable-cementos comerciais da vila.

COMARCA

Reunión dos alcaldes de Ordes, Be-tanzos, Carballo, Corcubión e Arzúa

Os orzamentos do Concello de Or-des para 2014 foron aprobados este 16 de maio co respaldo do goberno e do PSOE, a abstención de CIDEGA e o voto en contra de PP e BNG.

As contas suman algo máis de 9,2 millóns de euros. Para a portavoz do executivo, son “responsables, equili-bradas, reais e austeras”. Silvia Marín salientou o incremento dun 15% nas partidas de servizos sociais e educa-tivos e garantiu que o Concello man-terá estes servizos “a pesar da nova lei de administración local”.

O executivo destacou tamén un remanente positivo de case 1,2 mi-llóns en 2013 e cre que “en breve” acadarán “valores de débeda máis que sostibles”. E da estrutura de gasto para 2014, detallou que un 40% dos recursos son para bens co-rrentes e servizos, un 23% para inves-timentos reais e un 20% para persoal, menos da media galega do 35%.

VALORACIÓNSOs principais grupos da oposición

discreparon frontalmente. O PP cre que os orzamentos “non ofrecen so-lución algunha ás principais necesi-dades dos veciños”. O seu portavoz, José Luis Martínez Sanjurjo, condi-cionaba un posible apoio a incluír di-ñeiro para o mantemento e limpeza da rede viaria municipal, a mellora da sinalización ou a busca de autofinan-ciamento para servizos deficitarios como o Museo do Traxe ou a radio.

Os conservadores tamén consi-deran que os orzamentos carecen de “nivelación”, ao consignar como in-gresos posibles “futuras subvencións sobre as que non existe constancia algunha de concesión, tal como ad-virte o informe elaborado pola Inter-vención municipal”, comentan.

O PP advertiu tamén de que o or-zamento xa se tiña que ter presen-tado a finais de 2013 e non transco-rrido case medio ano. Lamenta a falta de investimentos e critica que en xu-ros por créditos pendentes se teña que pagar o equivalente ao 61% do investimento real previsto con fon-dos propios do Concello.

Para o BNG, os orzamentos son “continuistas e irreais”. O seu porta-

voz, Ramiro Recouso, os ingresos es-tán “inflados” en case 800.000 euros, ao computar uns 625.000 euros para saneamentos e 156.000 para o ve-llo consistorio sen ter sido outorga-dos pola Deputación ou a Xunta. Sen esa contía, valora o Bloque, o investi-mento tería un peso de só o 14% do orzamento. O BNG criticou tamén o incremento da débeda e dos impos-tos e a nula redución de gasto en ser-vizos deficitarios como a ORA, o Mu-seo do Traxe ou a radio.

Pola súa parte, Xesús Pedreira (PSOE) xustificou o seu voto en que o goberno lle aceptou subir un 15% a contía para os servizos sociais e aco-meter varios investimentos, sobre os que estarán “vixiantes”.

Ordes aproba 9,2 millóns de orzamentoORDES Contas “responsables” para o goberno e “ficticias” segundo a oposición

O pleno, nun minuto de silencio polo asasinato da presidenta da Deputación leonesa

O goberno nega a existencia de facturas falsas na gardería e defende a “transparencia” na xestión

O goberno de Ordes nega a exis-tencia de facturas falsas por valor duns 20.000 euros na gardería muni-cipal ‘Sorrisos’, ás que supostamente alude o delegado do grupo Vendex, ao que pertence a empresa concesio-naria da gardería, nunha conversa te-lefónica cunha empregada da com-pañía transcrita no sumario da Ope-ración Pokémon.

O PP solicitou unha comisión de investigación sobre o caso, segundo dixo non para prexulgar a ninguén se-nón como medio para coñecer o su-cedido. Só obtivo o respaldo do BNG,

dado que as demais formación se vi-ron satisfeitas das explicacións ofre-cidas polo interventor municipal.

O funcionario expuxo que “todas as facturas son correctas” e ademais pouco rebatibles, xa que en todas consta o nome de cada neno aten-dido e os servizos polos que se pagou, de acordo ás condicións establecidas no contrato. Sen embargo, si admitiu unha excepción, en agosto de 2011, cando a gardería abriu por petición das familias sen estar previsto. Nese caso, a modificación do contrato foi “verbal” e “o procedemento non foi

o máis correcto, pero evidentemente o servizo hai que pagalo”. Así o adver-tiu o interventor, que ofreceu diver-sas estimacións dese custo, máis ou menos próximas aos 20.000 euros.

A portavoz do goberno, Silvia Ma-rín, remarcou a “transparencia” coa que se facturan o servizo da gardería e atribuiu a conversa do delegado de Vendex ao intento de “cadrar as con-tas na contabilidade interna da em-presa”, que “non é da incumbencia do Concello”. PP e BNG din non ver disipadas as dúbidas, e Marín empra-zounos a ir examinar as facturas.

ORDES Rexeitan a comisión de investigación pedida polo PP para aclarar os feitos

Page 3: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2014 3

Por que tanta abstención?

V o t a m o s poco porque los políti cos que teníamos hasta ahora solo represen-tan sus intereses o los de sus ami-gos. Quien no vota, no debería te-ner derecho a protestar. La políti ca europea nos afecta mucho.

Creo que la gente va poco a votar por desgana y por apatí a. Ten-dríamos que ir a votar más, pero al fi nal no nos vale de mucho...

ANA

MANEL

La gente aún no es consciente de la impor-tancia de la UE para Es-paña. Infl uye muchísimo y ten-dríamos que ir a votar más.

SUSA

Este domingo 25 de maio os ci-dadáns están chamados a votar para escoller a composición do Parla-mento Europeo dos vindeiros cinco anos. Vívense intensos días dunha campaña electoral centrada en com-bater a elevada abstención prevista e na que as disti ntas candidaturas non ignoran a comarca.

Un dos primeiros en aparecer, aínda en precampaña, foi un dos as-pirantes do PSdG-PSOE, José Blanco. Acudiu a Expo Ordes, onde tomou contacto con algúns dos milleiros de visitantes. Entre outras propostas, fi xo unha defensa do sector prima-rio.

Ana Miranda, candidata a euro-deputada do BNG, visitou Frades na véspera do inicio da campaña. Nunha granxa de leite, defendeu o dereito a producir dignamente e compro-meteuse a reclamar indemnizacións ante a desaparición das cotas.

Por parte do PP, o principal acto na zona está programado para este martes 20 de maio, na discoteca LP45. Acudirá o seu cabeza de lista, Miguel Arias Cañete, ademais de Al-fonso Rueda, Carlos Negreira e José Luis Martí nez Sanjurjo.

As caravanas do 25-M pasan pola comarcaELECCIÓNS Actos dos principais candidatos ás europeas nos municipios da zona

José Blanco (PSOE) en Expo Ordes e Ana Miranda (BNG) nunha granxa en Frades

Telf: 881 124 017Rúa Canteira 11 bajo

15680 ORDES (A Coruña)[email protected]

Telf: 639 314 732Rúa da Saúde 11. CARBALLORúa Agra dos Cregos, sn. [email protected]

Dietas de adelgazamento, patoloxías e estados fi siolóxicos

• Acido úrico/gota• Patoloxías gástricas

(hernia de hiato, refl uxo gastroexofáxico, gastritis.....)

• Pataloxías intestinais (colon irritable, diverticulose, colite ulcerosa....)

• Diabete• Hipertensión• Colesterol / Triglicéridos• Menús para garderías e

escolas• Nenos e adolescencia• Embarazo• Terceira idade• Deporte• Pacientes

anticoagulados (SINTROM)

• Alerxias alimentarias

Dietas online www.mariaviñanutricionista.com

maría viñaNUTRICIONISTA

Page 4: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

4

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2014

O Centro Comarcal de Ordes, so-bre o que en breve o Concello vol-verá ter pleno dominio, segue sen ter uso definido. Pero non é por falta de ideas entre as que escoller. A úl-tima proposta formulouna o BNG, que aspira a crear no edificio un vi-veiro de empresas, con espazos para facilitar o arranque de novas inicia-tivas empresariais. Para os naciona-listas, agora que o Centro Comarcal

está dispoñible, non ten sentido que eses espazos se creen na parte supe-rior da Praza de Abastos.

A proposta, en cambio, foi rexei-tada. O goberno municipal explicou que as obras do chamado centro de emprego na Praza de Abastos están xa moi avanzadas. E os demais gru-pos reprocháronlle aos nacionalistas que non agarden a estudar e deba-ter o uso do centro en comisión.

O Bloque suxire agora crear un viveiro de empresas nas instalacións do Centro Comarcal

ORDES

A portavoz do goberno, Silvia Marín, pide darlle un tempo maior “de rodaxe” á aplicación da nova or-denanza que regula as terrazas ins-taladas por establecementos priva-dos na vía pública. Non obstante, unha vez comprobado o seu funcio-namento, non descarta modificala, aínda que de momento aposta por un “cumprimento máis tallante” que ata agora.

Foi a resposta do executivo á pe-tición do BNG para que todas as te-rrazas deixen libre a beirarrúa e se instalen na calzada, sobre tarima e ben delimitadas. Exceptuaría Al-fonso Senra, a República Arxentina e Os Lagartos, por ter beirarrúas an-chas. E para as rúas do Muíño e do Campo da Feira contemplaría non obrigar a tarima, para poder recoller os días de feira.

Marín empraza a darlle máis tempo á ordenanzade terrazas, pero non descarta modificala

ORDES

O goberno de Ordes considera “superadas as expectativas” da feira multisectorial Expo Ordes deste ano, ao computar uns 35.000 visitantes ao recinto expositivo. Segundo di, es-tivo moi concorrida a carpa de máis de 2.000 metros cadrados no Campo de Feira, pero tamén a zona de expo-sición de maquinaria agrícola e por suposto os establecementos de res-tauración durante a xornada do do-mingo, coa degustación dunhas sete toneladas de champiñóns.

Unha das novidades desta edi-ción foi, segundo o alcalde, Manuel Regos, “o carácter de promoción dos produtos agrícolas galegos, sen es-quecerse dos demais sectores”. Este

ámbito estivo representado por en-tidades cooperativas e por empresas que ofreceron produtos de primeira calidade do sector primario.

Sen embargo, o BNG, na oposi-ción, fai un balance diferente. Para o seu portavoz, Ramiro Recouso, tanto Expo Ordes como a Festa do Cham-piñón precisan “cambios profundos”, que pasarían por un maior protago-nismo dos sectores produtivos da co-marca, como o agrogandeiro e o téx-til. Recouso asegura que Expo Ordes vive nos últimos anos un “significa-tivo proceso de empobrecemento” e acusa ao goberno de intentar disimu-lalo con empresas alleas á comarca e entidades impropias dunha feira.

O concello contabiliza 35.000 visitantes a expo Ordes 2014

ORDES Os nacionalistas piden cambios na feira

Page 5: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2014 5

Asinados os novos investimentos provinciais para Frades e Mesía

A Deputación da Coruña sus-cribiu co Concello de Frades catro acordos para o investimento de algo menos de 180.000 euros en diversos proxectos. Os convenios foron rubricados polo presidente da entidade provincial, Diego Calvo, e o alcalde, Roberto Rey.

Un dos investimentos será a dotación de bancadas con capa-cidade para 60 persoas no poli-deportivo da Ponte Carreira, cun custo próximo aos 30.000 euros. A instalación carecía ata agora de tal equipamento, segundo a Depu-tación.

O maior pago que afrontará a administración provincial en-tre estes acordos corresponden á adquisición dun novo tractor con equipo desbrozador, valorado en 92.000 euros. Tamén está prevista a adquisición dunha furgoneta, por 25.000 euros. Utilizarase para des-prazar persoal e material para os traballos municipais. O actual vehí-culo que o Concello emprega para estes fins é de aluguer.

Finalmente, o Concello disporá de case 33.000 euros para insta-

lar 140 elementos de suxeición nos colectores de lixo. Servirán para es-tabilizar arredor da metade de to-dos os distribuídos no concello.

O alcalde, Roberto Rey, desta-cou a relevancia dos investimen-tos, sobre todo o tractor que reem-praza o antigo, e as gradas do pavi-llón, que pedían os veciños desde hai tempo.

COMARCA

O presidente da Deputación, Diego Calvo, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, asinaron catro acordos de colaboración que su-poñen o investimento de 105.000 euros por parte da administración provincial no municipio.

O primeiro convenio ten un im-porte de case 60.000 euros. Ser-virá para as obras de mellora do acceso á Casa da Cultura, e tamén os camiños de Arosa, e de Arosa ao Outeiro na parroquia de Xanceda.

O segundo acordo, de 27.000 euros, financia as obras do camiño Painceira ao campo de fútbol, as do camiño de Guitiriz, as do ca-

miño do campo da festa e as do ca-miño interno no Pousadoiro, todas elas na parroquia de Visantoña.

Un terceiro proxecto asumido pola Deputación supón uns 15.000 euros para unha drenaxe no ca-miño da Capela de Santo Antón, en Olas, e para o abastecemento no Couto de Bascoi. Por último, o Con-cello obtivo uns 3.700 euros para a compra de colectores de lixo.

O alcalde de Mesía agradeceu a colaboración da Deputación, es-pera acometer os distintos proxec-tos antes de que remate o verán e confía en manter o bo entende-mento coa entidade provincial.

Diego Calvo e Mariano Iglesias, asinando os acordos para as obras

Roberto Rey con Diego Calvo

O goberno de Ordes comezou xa o repintado das sinalizacións hori-zontais de tráfico da súa competen-cia en toda a vila, tales como pasos de peóns en viais de titularidade mu-nicipal, vaos ou marcas de estaciona-mento.

O executivo responde así a unha proposta do PP ordense, que puxo o acento no “estado lamentable” que presenta esta sinalización e pediu

que non se utilice a falta de recursos como desculpa, á vista de que o Con-cello acomete accións máis caras e de menos urxencia, a xuízo do princi-pal grupo da oposición.

A portavoz do goberno, Silvia Ma-rín, explicou que se fai cando o go-berno o ve pertinente, coa mellora do tempo. E advertiu de que a Depu-tación ten trece pasos en moi mal es-tado, a Xunta catro e Fomento dez.

O goberno municipal comprométese a repintar as sinalizacións da súa competencia en toda a vila

ORDES

O pleno de Ordes aprobou por unanimidade unha proposta do PSdG-PSOE para instar ao Xacobeo a retomar o proxecto de rehabilita-ción da antiga rectoral do Outeiro (Poulo), a carón do Camiño Inglés, para transformala en albergue de peregrinos.

Esta idea fora pedida polo Con-cello ao organismo autonómico en 2009, e ao ano seguinte materiali-zouse nun proxecto técnico. Con-

taba co visto bo do arcebispado, dis-posto a ceder o inmoble. Pero desde entón non houbo ningún avance.

Todos os grupos políticos coinci-diron no interese do proxecto e do fenómeno peregrino para a econo-mía local. Tanto o portavoz socia-lista, Xesús Pedreira, como a porta-voz do goberno, Silvia Marín, adver-tiron de que a rectoral corre o risco de ruína total se non se intervén so-bre ela con rapidez.

O pleno pide por unanimidade que o Xacobeo retome o proxecto de albergue en Poulo

ORDES

Dous membros de Novas Xeracións, á executiva rexional

Alexánder Doval, presidente das Novas Xeracións do Partido Po-pular de Oroso, e Juan Piteira, se-cretario local da mesma organiza-ción, forman parte da nova Xunta Directiva de Novas Xeracións de Galicia, tras a constitución da nova dirección a nivel autonómico.

Para Doval, é a terceira vez con-secutiva que figura na executiva galega. Formou parte dos equipos liderados por María Seoane e por Javier Dorado, e agora mantense tamén o organigrama do novo pre-sidente de Novas Xeracións de Ga-licia, Diego Gago. En canto a Pi-teira, é a primeira vez que se in-tegra na Xunta Rexional, segundo informa a organización xuvenil do PP.

Doval e Piteira aproveitaron para “comprometerse xuventude do seu municipio” e destacan que levan “traballando dende hai anos para trasladar ó ámbito autonó-mico as inquedanzas dos máis no-vos e contribuíndo na busca de melloras e solucións”.

Nese sentido, para o seu come-tido actual, aseguran que trasla-darán ao ámbito autonómico “as inquedanzas dos máis novos” do concello de Oroso.

OROSO

Piteira, á esquerda, e Doval, á derei-ta, con Alberto Núñez Feijóo

Page 6: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

6

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2014

OROSO José Carlos Mazás e Abel Vidal gañan os trofeos de pesca sénior e infantil

O Concello devolve a factura do lixo en protesta polo canon e a Xunta apela á legalidade

Ordes converteuse nun dos primeiros Concellos de toda Gali-cia, xunto co lucense de Becerreá, en devolver unha factura polo tra-tamento de lixo que se efectúa nas instalacións de Sogama. Faino en desacordo coa suba dun 34% no canon, decidida desde a Con-sellería de Medio Ambiente.

O propio conselleiro, Agustí n Hernández, asegurou que as fac-turas son correctas e adverti u de que “en función da decisión dos Concellos analizaremos as alter-nati vas en defensa dos intereses da empresa para garanti r a súa solvencia”.

E o presidente de Sogama, Luís Lamas, lembra a necesidade de cumprir a lei e pide non mesturar políti ca con debates xurídicos: “na facultade de Dereito, no primeiro curso ensinan a pirámide de Kel-sen, segundo a que a lei se impón sobre o resto de fontes de ordena-mento xurídico; todo o mundo ten contrato de enerxía eléctrica, por exemplo, e cando se modifi cou a lei creouse un novo imposto ao consumidor e á empresa distribui-dora, a lei é así”, expuxo o respon-sable de Sogama.

Mentres, o PP ordense con-sidera que o Concello devolveu a factura por mor da “políti ca de non pagar” do goberno de Regos. Os conservadores aprezan que a administración ordense aínda lle debe a Sogama máis de 180.000 euros de facturas impagadas, de varios meses de 2010 e 2011. Por eso, din que o argumento da suba do canon de Sogama é “viti mista” e acusan ao alcalde de “esgrimilo para eludir a súa responsabili-dade, pois a suba do canon afecta por igual a todos os Concellos aos que lles xesti ona o lixo Sogama”.

ORDES

Sigüeiro reborda coa Festa da troitaA XVIII Festa da Troita de Oroso

levou ata Sigüeiro unhas 25.000 per-soas durante as tres xornadas de ce-lebracións. No cómputo, o Concello inclúe os asistentes ás verbenas noc-turnas, que se erixen como un com-plemento exitoso da celebración gastronómica.

Mais non foi a única acti vidade destacada da festa, que ti vo desde un mercado medieval ata unha que-dada de bicicleta de montaña, or-ganizada polo Club Tambre Bike, así como unha concentración de vehícu-los anti gos e clásicos e moita música.

Con todo, o domingo segue sendo o día grande da festa. Ofrecéronse máis de mil quilos de troitas na de-gustación na Alameda de Góis e nos 38 establecementos que se sumaron á celebración ofrecéndoas coas con-sumicións.

A xornada dominical foi tamén a escollida para entregar os premios do campionato de pesca, que na ca-tegoría sénior viu gañar a José Car-los Mazás e na infanti l a Abel Vidal Mansilla. Foi despois do pregón da festa, que este ano se lle encomen-dou ao presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Ramón Gómez Besteiro.

O campionato de pesca entregou os premios tras o pregón de Gómez Besteiro

A festa repartiu máis dunha tonelada de troitas entre os festeiros

Reivindican un horario escolar sensato en trazoA asociación de nais e pais do co-

lexio de Viaño Pequeno (Trazo) con-céntrase este luns, a parti r das 13:30 horas, ante o centro para pedir que o horario escolar sexa de 9 a 16 ho-ras. O actual, de 10:30 a 17:30 horas, supón que o alumnado pase practi -camente todo o día no colexio. De aí que decidisen facer a concentración en pixama, dado que pouco lles falta para pernoctar no centro.

O problema radica no servizo de

transporte escolar, que ao ser com-parti do con outros colexios demora en exceso a hora de recollida pola mañá. Por eso, as miradas tamén se dirixen á empresa do autobús.

A protesta deste luns, decidida nunha reunión da ANPA, conta cun apoio xeralizado de pais e nais e de docentes. É a primeira, pero pode non ser a derradeira á vista de que parece pouco probable que a Xunta acepte modifi car o horario. O cam-

bio, de producirse, sería no vindeiro curso, xa que o actual está rema-tando.

O actual horario do CPI Viaño Pequeno é bastante inusual, pero outros colexios da provincia pade-cen un problema similar. Para as fa-milias trastoca moito a súa vida coti á, xa que a hora de entrada dista moito do inicio das súas xornadas laborais e a de saída é moi tardía e impídelles aos nenos aproveitar ben os días.

TRAZO Pais e nais concéntranse este luns para demandar cambios no transporte

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Page 7: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

eSPeciAl

crónicas - Maio 2014 7

Cicloxénese explosiva, ex-presión que invadiu titulares nos medios de comunicación o pasado inverno, é a denomina-ción do fenóneno que implica a "creación" dun ciclón que sucede moi rapidamente e moi intensamente.

Estes fortes ventos ocasio-nan numerosos danos. Un dos máis frecuentes, ocasionado polo paso das cicloxéneses ex-plosivas, é o desprendemento de materiais nos tellados. O temporal de vento é o deto-nante pero a causa directa des-tes desprendementos adoita ser outra: unha incorrecta elección dos materiais de cu-berta (cubertas de chapa metá-lica), a perda de adherencia do morteiro (empregado tradicio-nalmente para a fixación das tellas), ou mesmo, a ausencia de mantemento ou reparación.

Verea desenvolveu un sis-tema de colocación propio, denominado Verea System, que consiste nun tellado mul-ticapa integrado por dous ele-mentos fundamentais: tella ce-rámica e as placas onduladas (de fibrocemento ou asfálti-cas). As tellas posiciónanse con escuma de poliuretano e fíxanse mecanicamente con ganchos metálicos. Adicional-mente, en todas as zonas sin-gulares do tellado (aleiros, re-mates laterais, cumieiras e li-matesas, etc.), fíxanse as te-llas con parafusos, eliminando

por completo o uso de mor-teiro. Este sistema pode ser instalado sobre calquera tipo de estrutura de cuberta incli-nada continua ou discontinua e complétase cunha capa de illa-mento térmico.

O Verea System supe-rou con éxito os ensaios de re-

sistencia a ventos de máis de 200 km/h e estanquidade á auga con vento de 360 l/m2 en 1 hora, aos que foi some-tido, conseguindo a homolo-gación do Sistema de Instala-ción, por parte do Estado, que queda reflectida nos documen-tos de idoneidade técnica DIT n.º 483 R/12.

Cicloxéneses explosivas: Verea axúdache a preparar o teu tellado para o inverno

Á esquerda tellado instalado co Verea System. Á dereita tellado con colocación tradicional con morteiro. Ambos tras o paso da cicloxénese Ulla o 14 de febreiro de 2014

De todos é coñecido que Galicia é afectada cada ano por numerosos temporais, onde o vento e a chuvia forman parte cotiá das nosas paisaxes invernais. Verea non pode evitar as cicloxéneses nin a chuvia nin o vento, pero si propor-

ciona tellas e accesorios de tellado, así como un sistema homologado para a instalación do tellado que permitirán preparar as nosas casas para soportar inclemencias cli-máticas como as vividas este inverno.

O Verea System superou todos os ensaios aos que foi so-metido polos técnicos do Insti-tuto das Ciencias da Construción Eduardo Torroja, o que deu lugar á aprobación dos Documentos de Idoneidade Técnica n.º 483 R/12,

n.º 561/10 e n.º 590/12, en conformidade co Código Téc-nico da Edificación (CTE).

Que é un ?:Documento de Idoneidade

Técnica -DIT- é un documento de carácter voluntario expedido polo Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja - IETcc-, que contén unha aprecia-ción técnica favorable da idonei-dade de emprego en edificación e/ou obra civil de materiais, sis-temas ou procedementos cons-trutivos non tradicionais ou inno-vadores.

O IETcc é o único Organismo español que ten outorgada a facul-tade de conceder o , asícomo a confirmación doutros

concedidos por algún dos Organismos Membros da Orga-nización Europea.

Verea pon a disposición de profesionais e particulares toda a información e asesoramento que precisen sobre o seu sistema de instalación Verea System.

Visítenos en: www.ceramicaverea.com

Page 8: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

8

ActuAlidAde

crónicas - Maio 2014

A Xunta inicia a redacción do proxecto para un punto limpo

A consellería de Medio Am-biente redacta un proxecto para construír un punto limpo común para os municipios de Frades e de Mesía. Transmitiullo o conselleiro, Agustín Hernández, ao alcalde de Frades, Roberto Rey, nunha re-unión á que tamén acudiu o de-putado autonómico Miguel Prado.

O punto ubicarase nunha par-cela en Céltigos (Frades), limítrofe con Boado (Mesía). Das distintas propostas presentadas, foi a acep-tada pola Xunta. Polo de agora, non hai data para as obras.

No encontro, o conselleiro comprometeuse a asinar en 2015 un convenio para a auga potable en Añá e Moar, por 770.000 euros, menos do previsto ata agora.

FRADES - MESÍA

A grave situación de crise econó-mica fai que a actividade das institu-cións sociais sexa aínda máis impres-cindible. Demóstrano as cifras da Cruz Vermella de Ordes, que no seu balance de 2013 recolle 2.997 inter-vencións en ámbitos como a aten-ción a persoas en situación de exclu-sión social ou vítimas de violencia de xénero, o servizo de teleasistencia, ou apoio á infancia. En total, segundo informan, atenderon 642 persoas.

Se as necesidades van a máis, ta-mén medra, por fortuna, a implica-ción de voluntarios, socios e colabo-radores, que a propia Cruz Vermella describe como “crucial para poder darlles resposta a todos os casos”.

De feito, en 2013 aseguran ter pasado de vinte a trinta voluntarios que colaboran de xeito activo e conti-nuado en actividades como as clases de lingua española para inmigrantes, as clases de informática para maio-res, os obradoiros de prevención de conductas violentas, ou campañas de igualdade, de sensibilización ambien-tal e sobre saúde.

Destaca tamén a puxanza dos xó-venes no ámbito do voluntariado. Cruz Vermella explica neste sentido

que a idade media dos seus colabo-radores en Ordes é de 28 anos.

En canto ao número de socios, o balance tamén é favorable, ao pasar de 112 de 2012 a 153 en 2013. Cruz Vermella conta en Ordes co apoio de dez empresas socias.

INFANCIA E MAIORESA Cruz Vermella de Ordes asegura

que a infancia representa aproxima-

damente a metade das accións que efectúan, nos proxectos de promo-ción do éxito escolar, iniciativas como as merendas solidarias, as campañas de recollida de xoguetes e de ma-terial escolar, ou propostas de ocio para cativos das zonas rurais. No seu lema ‘Ahora + que nunca’, tamén in-corpora como prioridade a terceira idade, como colectivo social especial-mente vulnerable.

cruz Vermella de Ordes aumenta acciónsORDES En 2013, atendeu 642 persoas en case 3.000 intervencións

As clases de informática da Cruz Vermella favorecen a integración dos maiores

Alumeado e zonas peonís desde Vilalbarro e O Cruceiro ata a 550

As obras de preinstalación de alumeado público e de zonas peo-nís na estrada que une a N-550 cos lugares de Vilalbarro e do Cru-ceiro, na parroquia de Oroso, co-mezarán previsiblemente este ve-rán. Trátase dunha primeira fase do proxecto, desbloqueado tras obterse un acordo entre o Conce-llo e varios afectados que alegaran contra as expropiacións previstas.

Logo das reclamacións, estima-das parcialmente polo pleno mu-nicipal, o Concello indemnizará os veciños afectados polas árbores presentes nos terreos a expropiar. Inicialmente non se contemplaran na taxación. Evítase así a paraliza-ción das obras, xa que a expropia-ción se aprobara por unanimidade en marzo do ano pasado. Nesta ocasión, o Partido Galeguista des-marcouse e optou pola absten-ción.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asegura que “o proxecto xa está listo para a licitación, polo que agardamos que no mes de

xuño xa poidan comezar as obras”. Mirás explica ademais que preferi-ron que as obras se acometan no verán porque “trátase do tramo que afecta a un maior número de vivendas, polo que así evitarémos-lles aos veciños as molestias que poderían causar estes traballos se se executasen cun tempo chu-vioso”.

OROSOA Garda Civil aconsellou tamén en Frades para que os veciños saiban como evitar roubos e asaltos

Dentro do seu ciclo de charlas informativas no rural para aconse-llar sobre medidas de seguridade, o equipo de roubos no campo (ROCA) da Garda Civil tamén fixo unha pa-rada en Frades.

Na intervención, á que acudiu un grupo de veciños, os axentes explica-ron as principais medidas de precau-ción que deberían tomar os veciños das zonas rurais para garantir na me-dida do posible a súa seguridade per-soal e a do seu patrimonio.

Prestar atención a calquera si-tuación sospeitosa, gardar correcta-mente os bens e telos documenta-dos son algunhas das indicacións.

FRADES

Charla da institución armada en Frades

Rey, Hernández e Prado

Augas de Galicia obriga a emendar unha vertedura contaminante na parroquia de Andoio

Augas de Galicia informou da súa intervención para eliminar unha ver-tedura dunha explotación gandeira da parroquia de Andoio (Tordoia) ao regato de Riveira da Pena, afluente do río Anllóns. A acción forma parte do Plan de Control de Vertidos da en-tidade, adscrita á consellería de Me-dio Ambiente.

Segundo a información difun-dida, todo partiu dunha denuncia particular recibida na páxina web de Augas de Galicia. Os técnicos visita-ron a zona e tomaron mostras. Cons-tataron que a vertedura proviña das augas residuais dos silos da explota-ción e emprazaron ao propietario a reparar a situación.

Nunha visita posterior, Augas de Galicia comprobou que o responsa-ble da granxa eliminara xa o vertido ao dominio público hidráulico, co-nectando as augas procedentes dos silos á balsa de xurros da explota-ción. Do mesmo xeito, os técnicos comprobaron que o regato xa non presentaba indicios de contamina-ción nas súas augas.

TORDOIA

Zona onde se acometerán as obras

Page 9: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

PuBlicidAde

crónicas - Maio 2014 9

Na comarca de Ordes, ao igual que no resto de Galicia, o Partido Popular fará unha campaña austera pero intensa, orientada a mobilizar a todos os seus militantes e simpatizantes para acadar unha participación masiva nas eleccións Europeas do vindeiro 25 de maio.

Ao peche desta edición, o acto central programado para a comarca é o mitin previsto para o día 20 maio, martes, na discoteca LP-45 de Ordes,coa participación do cabeza de lista do PP ao Parlamento Europea, Miguel Arias Cañete. A elec-ción de Ordes como escenario dun dos escasos actos que o candidato popular protagoniza-rá en Galicia durante a campaña revela a importancia que a di-rección nacional e rexional do PP outorgan a este municipio e á comarca. E constitúe tamén un recoñecemento ao traballo da agrupación local do PP, lide-rada polo portavoz municipal, José Luis Martínez Sanjurjo.

O de LP-45 será o único mitin que se celebre neste con-cello. Durante o resto da cam-paña, o PP local optou por unha estratexia de proximidade, con reparto de material porta a por-ta, buscando o contacto directo cos veciños para explicar a ne-cesidade dunha participación masiva nestes comicios. Aspi-ran os populares a acadar unha vitoria electoral ampla para evi-tar que España e Europa volvan caer nos erros que provocaron a crise dos últimos anos. A candi-datura que lidera Arias Cañete conta con dous galegos na lista: Francisco Millán Món e Car-men Pardo.

O martes 20 de maio terá lugar o mitin central en Ordes, onde se está realizando unha campaña porta a porta

O PP aspira a unha vitoria ampla para non caer nos erros que provocaron a crise

A práctica totalidade das obras da rede viaria local de Or-des que se atopan en execución ou pendentes de executar este ano están financiadas pola Depu-tación da Coruña e pola Xunta de Galicia, as dúas gobernadas polo Partido Popular. En total, o Con-cello de Ordes recibirá este ano máis de 720.000 euros en axudas para arranxar rúas e camiños, unha realidade que desmonta, segundo o PP local, o discurso vitimista do alcalde.

PLAN DTC93 DA DEPU-TACIÓN DA CORUÑA (100%)Investimentos en Ordes 2014: 246.932,17 euros

• Rúa do Parque e rúa Re-conciliación:74.592,54 €

• Formigón rúa da Igrexa: 23.512,64 €

• Rúa travesía do Regueiro: 39.472,28 €

• Beirarrúas rúa Xardín: 25.924,10 €

• Reparación rúa Carnota: 24.514 €

• Beirarrúas rúa do Mercado e Compostela: 8.682 €

• Mellora alumeado nas rúas do Mercado, Ramón Ferreiro, Compostela, Parque Munici-pal, Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Mestre Nicolás del Río: 50.234,59 €

PLAN DE OBRAS E SER-VIZOS (POS) DA DEPU-TACIÓN DA CORUÑA – 2014 (95%)Investimentos en todas as pa-rroquias de Ordes.

1- ArdemilBrea–Bombeo: 72.917,87 €Beirarrúas Campo da Feira-

Salgueira. Complementario2- BarbeirosRamil: 15.651,79 €3- BeánCerdedo: 5.611,85 €Pista Cerdedo - (Recouso)

Marzoa. 15.000 €4- BuscásPumariño: 5.325,63 €Pista Bouciña: 5.234,85 €

5- Leira Pista detrás N-550 (Codese-

da): 14.275,26 €Pista Pedreira (cruce)-Mei-

tufe (400x,5): 41.141 €6- Lesta Camiño Agramaior: 12.000 €7- MercurínCamiño de Brea-Tras do

Río: 6.686,25 €Pepín: 2.702,43 €Zampaño (400x4): 12.699 €8- MontaosPista Chan: 10.299,71 €Camiño da escola-Aldea de

Guindiboó: 8.011,81 €Tramo pista partir da farma-

cia (Sobreira): 5.644,09€9- Ordes

Pista Vidueiro xeral: 43.750,56 €

Pista Fraga-N-550 (gasoli-neira): 11.576,09 €

Camiño Lavandeira a Cei-dón-Bosteiros: 9.319,02€

Camiño Vilar: 5.064,87€Pista Sar-Espinica: 4.609,2 €Pista Cancela de Agra:

3.144,00 €10- ParadaPista de Carrillo-Valiño:

20.148,18Grela: 8.565,86 €Pista Mouro: 7.144,14 €11- PereiraFolgoso: 6.315,98 €Aldea de Abaixo: 6.500 €Camiño de Curro: 6.923,1 €12- PouloPista Lavandeira de Arriba:

23.297,5713- VilamaiorCamiño Carballo-Casanova:

6.000 €Pista en Adrán: 9.285,59€Camiño de Ameixeira a AP-

9: 3.376,58 €

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (AGADER), PRO-GRAMA DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITU-LARIDADE MUNICIPAL 2013-2014

Camiño en Buscás e outros: 87.714,72 euros

As administracións gobernadas polo PP invisten 720.000 € en obras en Ordes no 2014

Xunta e Deputación financian a práctica totalidade das obras na rede viaria local de Ordes

O PP acusa ao Concello de Ordes de apoiar a campaña europea do PSOE

O Partido Popular acusa ao Concello de Ordes de utilizar recursos públicos con fins electorais e pon como exemplo a recente Festa do Champiñón, na que o alcalde autorizou a instalación dun stand do PSOE nunha carpa alugada con fondos municipais.

Ademais, o Concello de Ordes prestou cobertura á visita do candidato socia-

lista Pepe Blanco á feira, a pesar de que se trataba dun acto de campaña sen com-poñente institucional algún, un feito sen precedentes que vulnera as máis elementais normas de comportamento. A gravidade dos feitos non sorprende, sen embargo ao Partido Popular local, habi-tuado ao uso partidista dos recursos públicos por parte do alcalde.

Page 10: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

10

ecOnOMíA

crónicas - Maio 2014

estudo universitario para promocionar o camiño inglés

COMARCA Está financiado pola Deputación da Coruña

Un equipo multidisciplinar de dez bolseiros universitarios está traba-llando xa nun estudo do trazado e das características do Camiño Inglés, que servirá para promocionar este itinerario, de especial interese na co-marca, ao pasar polos municipios de Mesía, Ordes e Oroso. Durante catro meses, prepararán o estudo co fin de deseñar accións conxuntas para os

territorios británico e galegoO estudo ten un 80% de financia-

ción da Deputación da Coruña, coa achega de 28.320 euros asinada polo presidente provincial, Diego Calvo, co responsable da asociación Te-souros de Galicia, Javier Rodríguez. Calvo anunciou tamén a próxima edi-ción dunha guía bilingüe sobre o Ca-miño Inglés. Sinatura do convenio para financiar o estudo multidisciplinar sobre o Camiño Inglés

Os contratos entre gandeiros e in-dustrias son motivo de discrepancia política, sobre todo co horizonte in-mediato da desaparición do sistema de cotas, ao remate da actual cam-paña a vindeira primavera. E mentres a Xunta defende que están incremen-tándose de forma razoable, os socia-listas cren que “falta iniciativa polí-tica” por parte da Consellería do Me-dio Rural, á que acusan de “desleixo”.

Ante unha interpelación parla-mentaria de Pablo García (PSdeG-PSOE), a conselleira Rosa Quintana expuxo que preto do 30% dos con-tratos asinados teñen unha duración igual ou superior a un ano. “A por-centaxe e o número globlan avan-zan cara o obxectivo de consolidar esa relación contractual en perío-dos máis extensos”, afirmou a titu-lar autonómica, quen indicou que a 31 de xaneiro pasado había en Gali-cia uns 2.600 contratos de produto-res de leite por doce meses ou máis. Cun total de 8.476 contratos, o 85% do leite galego comercializouse ao seu amparo en xaneiro, segundo os datos ofrecidos pola Xunta.

O parlamentario socialista afir-mou en cambio que “hoxe estamos

igual que en 2009, sen contratos e ao albur das baixas estacionais de pre-zos”. Pablo García reduce a só seis, de entre os máis de 8.000, os contra-tos que superan o ano. Para el, non se puxeron en marcha por parte da administración autonómica os meca-nismos de inspección necesarios e “a industria mercou o leite xa sen con-trato no mes de abril”, asegura.

Medio Rural replica que si está efectuando un seguimento de todo o proceso e indica que desde a Conse-llería téñenlle comunicado ás indus-trias “máis de 5.500 incidencias nos contidos dos contratos para proceder á súa subsanación”.

LEI E REAL DECRETOA discrepancia parte incluso da

propia interpretación da normativa. Así, a Consellería afirma que a lei da cadea alimentaria “non establece en ningún artigo que os contratos de abastecemento non poidan ser infe-riores a un ano”. Só pide que se in-clúa a duración no documento, pero non fixa un prazo mínimo. O goberno autonómico admite que no real de-creto das organizacións de produto-res de leite si se marca unha duración mínima dun ano, a non ser que o pro-dutor ou a agrupación de produtores o rexeiten por escrito.

Para o PSOE, esas palabras supo-ñen unha “tomadura de pelo”, ao en-tender que a conselleira “responsabi-liza os gandeiros e gandeiras da falta de contratos de máis dun ano coa in-dustria”, en palabras de Pablo Gar-cía. O deputado pensa que a conse-lleira “insinuou que os gandeiros asi-nan voluntariamente a renuncia aos contratos de longa duración e sen in-corporar a figura do mediador”. Co-incide así con outras voces do sector, que explican que os contratos rara vez se asinan por negociación de pre-zos e prazos, senón pola adhesión do produtor a unha proposta fixa da in-dustria correspondente.

Só un tercio de contratos do leite chegan ao anoCOMARCA A Xunta fala de “avances” e os socialistas acusan á consellería de “falta de iniciativa” política

A conselleira Rosa Quintana e o parlamentario Pablo García (PSOE)

EXHIBICIÓN E CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS 2013-2014

Domingo 8 de xuño, ás 11:30 h.Pavillón polideportivo municipal

Exhibición, diplomas, xantar, música

Entrega de diplomas a todos/as os/as participantes nalgunha das seguintes actividades

ZUMBA PILATES COCIÑA MEMORIAPATCHWORK EMBUTIDO INFORMÁTICAARTE FLORAL XIMNASIA DE MAIORES

PANDEIRETA BAILES DE SALÓNESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Concello de Trazo

Organiza: Para acudir ao xantar, aquelas persoas que participan nalgunha actividade, deberán mercar antes do 3 de xuño a entrada no Concello de Trazo (22 € adultos e 10 € para nenos/as de 5 a 12 anos). Menú: empanada, polbo, churrasco, bebida, postre e café

Page 11: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

Xente de Aquí

crónicas - Maio 2014 11

Desde o 30 de maio ata o 1 de xuño, celebrarase o quinto seminario sobre a memoria, que organiza Nova Escola Galega e que nesta ocasión ten por lema ‘Asociacionismo mariñeiro, re-presión franquista e resisten-cia democrática”. O programa inclúe actividades en Oroso e en Mesía, ademais de Curtis, Rianxo, Noia e Porto do Son.

En Oroso, o domingo 1 de xuño, de 10 a 11 da mañá no centro cultural, Manuel Pazos ofrece unha conferencia sobre a resistencia antifranquista en Mesía e en Curtis, sobre a que acumula importantes investiga-cións que fixeron da comarca pioneira do eido da memoria histórica.

De seguido, os participan-tes no seminario trasladaranse a Mesía e a Curtis, para participar nun roteiro polos chamados lu-gares da memoria dos Foucellas. Despois terán lugar o xantar e a avaliación do seminario.

O quinto seminario sobre a memoria inclúe actividadesen Oroso e en Mesía

Un grupo de persoas comprome-tidas coa recuperación da memoria histórica renovou en Frades e en Me-sía a homenaxe anual a todas as víti-mas da ditadura franquista, con actos de honra a quen combatiron contra ela, especialmente os guerrilleiros.

A conmemoración comezou na parroquia de Abellá, lembrando a data do 21 de abril de 1947, cando se produciu a morte de tres guerrillei-ros nun enfrontamento coa Garda Ci-vil na aldea de Fontao. Tratábase de Manuel Ponte Pedreira, xefe da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, de Manuel Díaz Pan, e de Manuel Rodríguez, alcumado ‘O As-turiano’.

Os actos comezaron cun encon-tro ante o monolito colocado no lu-gar das mortes. De seguido, trasla-dáronse ao cemiterio de Abellá para visitar as tres tumbas. E finalmente celebrouse un xantar no lugar da Berxa, en Mesía.

A lectura de poemas e proclamas e a descrición de diversos datos do-cumentais sobre os falecidos pro-

cedentes de arquivos militares por parte dos asistentes conformaron o encontro no que estiveron presen-tes familiares e/ou descendentes de Ponte e de Díaz, os historiadores Ber-

nardo Maiz e Manuel Pazos, os escri-tores David Otero, Xoán X. Fernández Abella e Aurora Marco, os músicos Mini e Mero, Miro Casabella e Raúl Galego, e diversas entidades.

Renovan en Abellá a homenaxe a todas as vítimas da ditadura franquista

COMARCA Conmemoran a morte de Ponte Pedreira, Díaz Pan e ‘O Asturiano’

Acto ante o monolito colocado en Fontao (Abellá) en memoria dos tres mortos

As viaxes do IMSERSO para a terceira idade poden solicitarse ata o vindeiro 5 de xuño

O prazo para solicitar praza no programa de turismo social do IM-SERSO remata o vindeiro 5 de xuño. As persoas interesadas en partici-par deben acudir aos seus Concellos para tramitar as peticións.

Para optar a unha praza, cómpre ser residente en España e ter 65 anos cumpridos, sendo pensionista do sis-tema público. Tamén admiten per-soas con pensión de viuvez con 55 anos ou máis, ou pensionistas con pensión de incapacidade de 60 anos ou máis. Os solicitantes deben va-lerse de por si e non padecer altera-cións de comportamento.

Algúns dos posibles destinos da convocatoria deste ano son Andalu-cía, Cataluña, Murcia, Valencia, Illas Baleares e Canarias. A oferta inclúe tamén turismo de natureza e circuí-tos culturais.

Para a solicitude, ademais dos im-presos específicos debidamente cu-bertos, cómpre levar fotocopia do DNI e do cónxuxe ou acompañante, e un xustificante da pensión que se perciba.

COMARCA

Vinte persoas rematan un curso de manipulación de alimentos

Vinte persoas remataron en Oroso un novo curso de manipula-ción de alimentos, co que obtive-ron o carné preciso para traballar en empresas do sector alimentario ou da hostalería.

Na entrega dos carnés partici-paron os concelleiros de Econo-mía, Xaime Carneiro, e de Sani-dade, Mari Carmen Liste. Carneiro

felicitou o alumnado e desexoulles éxitos laborais.

O curso está homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e desenvolveuse no centro cultu-ral de Sigüeiro. Durante tres horas, nel abórdanse os métodos para procesar os alimentos mantendo as condicións de hixiene e salubri-dade.

Entrega dos carnés de manipulación a parte dos asistentes ao curso

OROSOConcerto didáctico no colexio da Ponte Carreira para divulgar a tradición cultural de Galicia

‘O son que me arrola’ é o nome do concerto didáctico sobre a tradi-ción cultural de Galicia ofrecido no CPI da Ponte Carreira, en Frades, para máis de setenta persoas. Foi unha actividade programada polo Concello e ofrecida pola asociación socioeducativa Antonio Gandoy, que recupera o programa Preescolar na Casa despois de que os recortes da Xunta o obrigasen practicamente a desaparecer.

Durante estas semanas, Frades programou tamén varios obradoiros infantís sobre manualidades e habi-lidades artísticas para conmemorar o Día das Letras Galegas.

FRADES

Nenos e familias, no concerto

Page 12: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

12

Xente de Aquí

crónicas - Maio 2014

trinta entidades na mostra de obradoiros culturais comarcal

COMARCA As creacións expuxéronse en Sigüeiro

A sétima edición da Mostra de Obradoiros Culturais da Mancomuni-dade de Ordes amosou as creacións de máis de trinta entidades da co-marca no centro cultural de Sigüeiro ata este 16 de maio.

A exposición, que se puido visitar de balde, foi inaugurada polo presi-dente do organismo supramunicipal e alcalde de Ordes, Manuel Regos,

acompañado por representantes dos demais municipios e das entidades participantes.

Pinturas, debuxos, creacións de costura, traballos en coiro, labores, fofuchas, patchworks e outras moi-tas creacións artesanais que saíron da mente e das mans de numerosos veciños da zona causaron a admira-ción de múltiples visitantes. A exposición contou cunha escolma das manualidades realizadas na comarca

Visita de escolares do colexio Campomaior á Casa do Concello

Uns trinta nenos e nenas de terceiro curso de primaria do co-lexio Campomaior visitaron a Casa do Concello para coñecer o funcio-namento da administración muni-cipal.

O percorrido polas distintas de-pendencias do consistorio serviu-lles para observar o traballo que

se efectúa en cada un dos depar-tamentos municipais.

A visita rematou cun encontro co alcalde, Manuel Regos, no sa-lón de plenos. O rexedor contes-tou algunhas preguntas sobre Or-des e sobre varios proxectos de vierso tipo acometidos e planea-dos polo Concello.

A visita serviu para que uns trinta alumnos coñecesen a administración local

ORDES

O festival solidario obtén máis de 1.500 quilos de produtos

O festival solidario do Concello de Oroso recolleu máis de 1.500 quilos de alimentos non perece-doiros e de produtos de limpeza e de hixiene, ademais duns 300 euros en donativos, que se desti-narán ás familias con máis dificul-tades económicas do municipio.

O Concello agradeceu a cola-

boración de veciños, asociacións e empresas neste evento, no que ac-tuaron desinteresadamente músi-cos e humoristas. O concelleiro Antonio Leira salientou que, ade-mais de actuar de balde, acudiron dúas veces a Oroso, xa que o festi-val tivo que aprazarse uns días por mor do mal tempo.

Actuación do grupo de baile de maiores de Oroso, durante o evento solidario

OROSO

SUSACafé-Bar

CASA DE COMIDAS

Avda Alfonso Senra 27, bajoORDES

881 981 518

Menú do día e carta

Comida para levar

Hai polbo

Empanadas e churrasco por encarga

Page 13: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

PuBlicidAde

crónicas - Maio 2014 13

Page 14: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

14

Xente de Aquí

crónicas - Maio 2014

Día do Libro na Biblioteca cun espectáculo de monicreques

A Biblioteca de Ordes celebrou o Día do Libro con deceas de ne-nos e nenas, para as que progra-mou o espectáculo de monicre-ques ‘A casiña de chocolate’.

Esta actuación foi complemen-taria á habitual ‘Tarde de contos e lendas’, que se ofrece unha vez

ao mes. Na máis recente, os cati-vos atenderon o relato ‘Conto con-tigo’.

Estas actividades procuran fa-miliarizar os máis pequenos da casa coas instalacións da biblio-teca e impulsar neles o hábito da lectura.

Os monicreques, con música na actuación, captaron a atención dos cativos

ORDES

Viaxe de Mesía para coñecer Ribeira, A Pobra e Pontevedra

Deceas de veciños de Mesía participaron na excursión do Con-cello a Santa Uxía de Ribeira, onde coñeceron a vila e o seu mercado, á Pobra do Caramiñal, onde subi-ron ao mirador da Curota, e a Pon-tevedra, coa tarde libre para pa-

sear. O xantar efectuárono nun restaurante de Caldas de Reis.

Esta excursión é unha das que a cotío organiza o Concello, asu-mindo o transporte. Cada partici-pante pagou 25 euros para os de-mais gastos.

Os excursionistas, baixando do mirador da Curota, na Pobra do Caramiñal

MESÍA

Uns 160 escolares de primeiro e segundo da ESO do CEIP O Cruce (Cerceda) foron os protagonistas do inicio da xincana ‘Díaz Castro na voz da xente’, unha actividade da secre-taría xeral de Política Lingüística para conmemorar o Día das Letras Gale-gas que, ata decembro, percorrerá diferentes municipios galegos dentro da mostra ‘Nimbos de luz’.

O comezo da xincana contou coa visita do presidente da Real Acade-mia Galega, Xesús Alonso Montero, acompañado polo secretario de Polí-tica Lingüística, Valentín García, e po-las concelleiras de Cultura e de Edu-cación de Cerceda, Begoña Rodríguez Rumbo e María Viqueira.

A actividade consiste en ir supe-rando, co asesoramento de monito-res, catro probas ou retos relaciona-dos coa vida e a figura de Xosé María Díaz Castro, homenaxeado neste 17 de maio, facilitando así o seu coñece-mento por parte dos estudantes.

Aproveitando a presencia de Gar-cía e de Alonso Montero en Cerceda, o Concello entregou os premios do

seu certame de radionovela, que fo-menta a utilización do idioma galego e das novas tecnoloxías.

En categoría de primeiro e se-gundo de ESO, venceron Luis Mos-quera e Nuria Varela, co segundo pre-mio para Antón Concheiro e David

García, e o terceiro para Carla Santos e Xaila María Gende. Na categoría de terceiro e cuarto da ESO, gañaron Ana Muíño e Santiago José Regueira, co segundo premio para Andrea Be-cerra e Carina Gilda e o terceiro para María Barbeito e Andrea Cancela.

escolares de cerceda inician o percorrido da xincana ‘díaz castro na voz da xente’

CERCEDA Forma parte dunha mostra itinerante da Xunta para o Día das Letras

Begoña Rodríguez Rumbo, Valentín García e Xesús Alonso Montero

Un contacontos celebra o Día do Libro en Oroso con corenta nenos

A celebración do Día do Libro en Oroso consistiu nunha sesión especial de contacontos, á que acudiron corenta nenos e nenas de entre tres e oito anos.

No salón de actos do centro cultural, presenciaron o relato de “O soño do rato”, nunha narración de Olga Abad que mestura som-bras chinesas, manipulación de obxectos e narración oral. En me-nus dunha hora, coñeceron a his-toria de César, un rato que cum-pre o soño de viaxar no tren que transporta libros superando os seus medos.

A actividade estivo organizada polo Concello no programa ‘Ler conta moito’ da Xunta.

OROSO

Sesión de contacontos en Sigüeiro

Page 15: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

Xente de Aquí

crónicas - Maio 2014 15

Ábrese o calendario de festas para a terceira idade de 2014

Hai un momento na vida de todo veciño da comarca a partir do que, unha vez ao ano, comeza a comer empanada, carne ao cal-deiro ou polbo baixo unha carpa, nun pavillón ou nalgún recinto preparado para grandes ágapes.

Ese é o momento no que se en-tra na chamada terceira idade, un colectivo ao que os Concellos da comarca lles dedican festas espe-cíficas. O calendario de 2014 para

estes eventos xa se abriu. A pri-meira cita foi en Oroso, con máis de 600 comensais no polidepor-tivo de Sigüeiro. Tras a misa, coa actuación do Coro Voces Amigas, e o xantar, un grupo musical deu pé ao baile.

En Ordes, a festa celébrase este domingo 18 no Pazo Bidueiro, cunhas 700 persoas. E Mesía pro-grama a súa festa para o sábado 31 de maio.

A celebración para os maiores de Oroso superou os 600 participantes

COMARCA

“I am practicing English with my neighbors”

Nenos e adultos asistiron en Mesía a obradoiros para a práctica oral de lingua inglesa. No caso do obradoiro infantil, chamado ‘Have fun in English’, foron máis de trinta os participantes. Baseouse en in-troducir o idioma en actividades comúns como manualidades, co-ciña e xogos, impartidos por moni-

tores de fala inglesa. O resultado é unha aprendi-

zaxe entretida, obxectivo que ta-mén buscaba o ‘Coffee in English’, a actividade para adultos que con-sistiu en recrear o ambiente dunha cafetería para que os participan-tes, asistidos por mestres nativos, falasen inglés entre eles.

Os obradoiros de inglés en Mesía introduciron o idioma en actividades cotiás

MESÍA

Page 16: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

16

Xente de Aquí

crónicas - Maio 2014

Comeza un curso de pinturaen vidro, que durará tres meses

Catorce mulleres de Frades co-mezaron un curso municipal de pintura en vidro, que se prolon-gará durante tres meses. As clases desenvólvense todos os mércores á noite e son sobre todo prácticas, xa que desde o primeiro encontro comezaron a probar cos materiais e a practicar as diversas técnicas que lles irán explicando durante o

trimestre. O curso comezará con méto-

dos sinxelos como o traballo con plantilla ou o contorno releve para logo adentrarse nas máis compli-cadas, como o esmerilado, o pun-tillismo, o craquelado en vidro, as vidreiras ou o decupage. Aprende-rán tamén diversas aplicacións de cores.

Primeira clase do curso municipal de pintura en vidro en Frades

FRADES

A asociación Xente de Bo Dente convoca o I Concurso de Tapas

As tapas dos bares teñen ás ve-ces categoría de arte e son a clave para que un negocio manteña e in-cremente os seus clientes, de ser acertadas, ou os envíe a negocios alleos, se son escasas ou se non agradan nin á vista nin ao padal.

Por eso, non está demais dar a coñecer as exquisiteces que se ofrecen nos establecementos de Ordes como tapas e determinar cales lles gustan máis aos clientes.

Con tal motivo, a asociación Xente de Bo Dente, en colabora-ción co Concello, puxo en marcha o primeiro Concurso de Tapas da vila, que se desenvolverá os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de xuño.

O primeiro paso foi solicitar a colaboración e implicación dos es-tablecementos do municipio, que dispuxeron ata este 16 de maio para inscribirse, pagando unha cota única de 30 euros.

Cada negocio pode presen-tar tres tapas ao certame como máximo. Durante o concurso, os clientes terán á súa disposición un-

has cartillas nas que plasmar a súa votación unha vez probada a tapa. O seu veredicto irá ás urnas dispo-ñibles en cada un dos establece-mentos participantes. Pero as pa-peletas só serán tidas en conta se foron seladas como mínimo pola metade dos bares e restaurantes que concursan.

O horario para probar e pun-tuar é de 19 a 23 horas nos días do certame. Os sábados e os domin-gos amplíase tamén de 12.30 a 15 horas.

Os establecementos e as ta-pas gañadoras coñeceranse o 28 de xuño. Os clientes poderán ob-ter diversos premios. O primeiro é o 50% do recadado nas inscricións e unha cea para dúas persoas nun restaurante ordense. Sortearase e sortearase entre quen teñan to-talmente cuberta a cartilla. Ao se-gundo premio, o 30% do importe das inscricións, poden acceder quen teñan o 75% das casas. E ao tercerio, o 20% das cotas, quen te-ñan a metade dos locais.

ORDES

‘O Aturuxo de Melpómene’ representa ‘A rateira’ para o IES

Máis de 200 alumnos e alum-nas do IES Maruxa Mallo de Ordes asistiron na Casa da Cultura de Or-des á representación da obra ‘A ra-teira’, de Agatha Christie.

Esta representación teatral foi unha iniciativa do Departamento de Lingua Galega do centro edu-cativo. A obra literaria da escritora

británica é unha das lecturas obri-gadas neste curso.

Quen a puxeron en escea fo-ron os integrantes do grupo tea-tral de afeccionados ‘O Aturuxo de Melpómene’, de Narón. Con ‘A ra-teira’ volveron poñer de manifesto o seu gran nivel interpretativo e a calidade das súas adaptacións.

A representación para o IES Maruxa Mallo ofreceuse na Casa da Cultura

ORDES

Un calendario que mantén os recordos do día a día

Dos calendarios adoitan caer os días, un tras outro, indefectible-mente. Poucas veces serven para mirar atrás. De aí que o que pre-sentou recentemente o alumnado dos obradoiros de memoria de Cerceda sexa especial. O ‘Calenda-rio dos Recordos 2015’, elaborado nas clases, recolle con noticias de hemeroteca e do arquivo munici-

pal, con imaxes antigas e con tex-tos descritivos aspectos da vida cotiá de Cerceda ou o significado de topónimos da zona.

Na preparación deste traballo, que se fai por segundo ano conse-cutivo, participaron os obradoiros de memoria que o Concello efec-túa en Queixas, Meirama, Rodís e Cerceda.

A concelleira Begoña R. Rumbo presentou o calendario ante deceas de persoas

CERCEDA

Page 17: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

Xente de Aquí

crónicas - Maio 2014 17

Un obradoiro ensina a elaborar cosméticos de orixe natural

Barras de labios, bálsamos, cre-mas hidratantes ou cremas contra a doenza das pernas cansadas. Es-tes son algúns dos produtos que aprenderon a elaborar as persoas participantes no obradoiro de cos-mética natural que desenvolveu o Concello de Mesía no seu pro-

grama ‘Eco-Baúl’. A intención é que os cidadáns aprendan a elabo-rar produtos cos que coidarse uti-lizando ingredientes respectuosos co medio, coa súa saúde e tamén cos seus petos. Ademais de apren-der, puideron levar para a casa unha mostra do elaborado.

A clase, do programa ‘Eco-Baúl’ de Mesía, contou cunha ducia de participantes

MESÍA

Un novo grupo de veciños adquire destrezas informáticas

Once persoas de Frades rema-taron o curso de informática que comezara en xaneiro e que du-rante cincuenta horas de clase os iniciou no manexo básico do sis-tema operativo máis común, na navegación por internet, na utili-zación do correo electrónico e na

práctica de mecanografía.As clases, que se desenvolve-

ron na sala de informática da casa consistorial, cultimaron coa en-trega de diplomas por parte do al-calde de Frades, Roberto Rey, quen destacou o bo aproveitamento da actividade.

O alcalde acudiu á derradeira clase para entregar os diplomas acreditativos

FRADES

Rematan as saídas ao Balneario da primavera, con 70 persoas

As saídas ao Balneario de Gui-tiriz organizadas polo Concello de Mesía durante esta primavera chegaron á súa fin. En dúas quen-das, de catro saídas cada unha, asistiron un total de 70 persoas, cubrindo todas as prazas dispoñi-bles.

Esta actividade forma parte do

programa municipal ‘Deporte é saúde’. Limitada a persoas empa-droadas no municipio, o seu prezo foi de 45 euros pola quenda com-pleta e de 12 euros para quen op-tase por acudir en días soltos. O prezo inclúe o transporte en au-tobús e o tratamento recibido nas instalacións do balneario.

Participantes nunha das quendas que acudiron ao Balneario de Guitiriz (Lugo)

MESÍA

Imparten no Mesón un curso de manexo de carretas elevadoras

Máis de vinte alumnos partici-paron no curso de manexo de ca-rretas elevadoras que desenvolve o Concello de Ordes nas instala-cións do recinto feiral do Mesón do Vento. A convocatoria munici-pal cubriu así todas as prazas dis-poñibles.

O curso consta de aprendizaxe

teórica e tamén práctica. O alum-nado abordou aspectos relaciona-dos coa revisión da máquina, a re-collida e suxeición da carga, a cir-culación en avance e en retroceso, a posición dos operarios, a altura da carga en marcha, o estaciona-mento ou as indicacións para ga-rantir a seguridade.

Alumnos do curso, durante a sesión formativa da parte teórica

ORDES

Page 18: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

18

dePORteS

crónicas - Maio 2014

O Raid Odiseo puxo a competir máis de 170 deportistas en Frades

RAID A proba foi organizada polo Club SEO de Ordes

O sexto Raid Odiseo congregou máis de 170 deportistas pertencen-tes a 57 equipos. A proba, organizada polo Club SEO de Ordes, disputouse nesta ocasión no territorio de Frades e contou coa colaboración do Conce-llo e da Federación Galega de Orien-tación.

Este raid, incluído na liga galega da modalidade para 2014, tivo un percorrido algo superior aos 75 quiló-

metros e desenvolveuse nun tempo máximo de dez horas. Os competido-res, en equipos de tres, combinan a resistencia física coa capacidade de orientación, para o que se valen dun mapa e un compás na procura dos puntos ubicados en diversos lugares das parroquias fradenses.

Na entrega de premios participa-ron o alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro Miguel Prado. Varios competidores observan as indicacións previas á proba, na Ponte Carreira

“Sobrepasamos con creces as no-sas expectativas”. É o óptimo balance efectuado por Juan Ramón Salgueiro, presidente do Club Xadrez Oroso, tras o I Torneo Concello de Oroso, que re-uniu 101 xogadores no centro cultu-ral de Sigüeiro, provintes de clubs de toda Galicia. De todos eles, 47 eran menores de doce anos.

O torneo rexistrou na súa clasi-

ficación absoluta a victoria de Jesús Rodríguez Pérez, do club do Mar-quiño, seguido por Antonio Susavila Muñiz, de Padrón, e de Carlos Yebra-Pimentel, do Gallaecia. Os mellores clasificados de Oroso foron Sergi Cas-tro, Alba Aroa, Martín Pena e Juan Ramón Salgueiro.

En categoría sub14, venceu Jorge Méndez, do Xadrez Rianxo, con Cé-

sar Pérez (Xadrez Ourense) e Daniel González (Arteixo) como segundo e terceiro. En sub12, victoria para Mar-cos Vázquez (Xadrez Ourense), con David Butrón (Gallaecia) en segundo posto e Roque Bouza (Xadrez Betan-zos) en terceiro. E en sub10, a clasifi-cación liderárona Marcos Carou (Xa-drez Rianxo), Mateo Rodríguez (Fon-tecarmoa) e Antón Aranda (San Fran-

cisco).O alcalde de Oroso, Manuel Mi-

rás, agradeceu “o esforzo que están facendo clubs como o Xadrez Oroso para achegar o deporte a todos os veciños e veciñas”. Mirás encargouse da entrega dos trofeos, acompañado polos seus concelleiros de Deportes, Luís Villaverde, e de Cultura, Antonio Leira.

O xadrez “sobrepasa as expectativas” en OrosoXADREZ O I Torneo Concello de Oroso, con 101 participantes, rexistra a victoria de Jesús Rodríguez Pérez

Entrega dos trofeos na clasificación absoluta do torneo de xadrez Os mellores xadrecistas locais do torneo celebrado en Sigüeiro, cos seus trofeos

Con Crónicas, a túa publicidade funciona

[email protected]

617 917 130

Crónicas

Page 19: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

dePORteS

crónicas - Maio 2014 19

Saúl Zúñiga e Isabel Sáez gañan a VI Cross Ambiental de Ordes

Saúl Zúñiga, de Ponteareas, e Isabel Sáez, da Estrada, lideraron as clasificacións absolutas, mas-culina e feminina, na VI Cross Am-biental do Concello de Ordes e a III Andaina Memorial Estebo José. A estas probas concorreron máis de medio milleiro de corredores.

Nas categorías de menor idade, nos menores de 4 anos gañaron Manuel González e Laura Sánchez,

de 5 a 8 Anxo Barreiros e Sofía Do-dman, e de 9 a 12 Iván Suárez e Noelia Sánchez.

Houbo trofeos, medallas e pre-mios en metálico para os tres pri-meiros de cada categoría e todos os participantes puideron entrar no Museo do Traxe. A organiza-ción, por certo, recadou máis de cen quilos de alimentos para as fa-milias con menos recursos.

A proba tivo o seu epicentro no Campo da Feira de Ordes

ATLETISMO

O Oroso TM organizou con éxito os galegos cadete e veterano

O Oroso TM organizou en Si-güeiro os campionatos de Galicia nas categorías cadete e veteranos de tenis de mesa, nos que compe-tiron máis de 300 deportistas.

O club fíxose con seis medallas na categoría cadete, das que dúas foron de ouro, tres de prata e unha de bronce. As de ouro correspon-deron a Uxío Regueiro en indivi-dual masculino e a Silvia Álvarez,

campioa en dobres con Laura Fer-nández, do Arteal. As pratas re-caeron en Regueiro e Camilo Gon-zález, en dobres masculino, no equipo de Regueiro, González, Alexandre Iglesias, Adán Calvo e Uxío Pampín, e en Regueiro e Ál-varez en dobres mixtos. A medalla de bronce correspondeulle a Silvia Álvarez, na proba individual femi-nina.

TENIS DE MESA

Integrantes do equipo cadete do Oroso TM, no polideportivo de Sigüeiro

Page 20: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

20

dePORteS

crónicas - Maio 2014

Homenaxe municipal para o equipo feminino do Tordoia

O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, e varios integran-tes máis da corporación munici-pal, recibiron na casa consistorial en Pontepedra o equipo feminino da S.D. Tordoia.

O acto tivo como finalidade ho-

menaxear as xogadoras, corpo téc-nico e directiva da entidade polo ascenso á primeira división galega, acadado nesta tempada 2013-2014. O goberno municipal des-taca a capacidade de “traballo e esforzo” de todos eles.

Xogadoras, técnicos e directiva no club, cos integrantes da corporación local

FÚTBOL

Dous ouros máis no currículo da cercedense Emma Núñez

A cercedense Emma Núñez, deportista pertencente ao Kárate do Carballo, proclamouse cam-pioa por partida doble, en kata e kumite (combate) no Memorial Interautonómico de Kárate Jesús García Calvo (II Copa Akai Ryu) de Negreira.

Esta competición, que contou coa participación de 21 clubs de Galicia, Asturias e Castela e León, abriuse na súa xeira matinal coa modalidade de kata, agrupando as categorías xuvenil e cadete, de doce a quince anos. Núñez, no seu primeiro ano como xuvenil, sol-ventou os seus enfrontamentos por unanimidade arbitral, co que chegou á final e alzouse co ouro cun contundente 5 -0.

Na xeira vespertina, dispu-touse o combate ou kumite. No seu peso, de menos de 50 quilos, a cercedense efectuou un exce-lente torneo. Esto permitiulle che-gar á final, na que se impuxo á súa rival por 6 a 4. Destacaron no seu xogo a rapidez, a forza e a explo-

sividade. Este 24 de maio, Emma ten

unha nova cita no Campeonato In-ternacional de Monçao (Portugal), de carácter benéfico.

KÁRATE

Núñez, cos trofeos en Negreira

Preto de 300 deportistas na cuarta exhibición de Ordes

A cuarta exhibición municipal de patinaxe artística do Concello de Ordes contou coa participación de 300 patinadores e patinadoras con entre catro e dezaoito anos.

A celebración, que serviu como clausura das escolas municipais ata o vindeiro curso, puxo na pista a equipos procedentes de Cambre

e de Carral, ademais das ordenses do C.P. Alquimia, actuais campioas provincias de show, que recolleron numerosos aplausos co seu espec-táculo ‘Eros e psique’.

A tenente de alcalde, Silvia Ma-rín, e o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, entregaron me-dallas a todos os participantes.

Numeroso público acudiu ao pavillón Castelao para ver o espectáculo

PATINAXE ARTÍSTICA

O Villestro faise co torneo de prebenxamíns de Trazo

O Villestro proclamouse cam-pión do primeiro torneo de fútbol de prebenxamíns, organizado hai uns días polo Concello de Trazo. O equipo venceu na final ao Calo.

Na competición participaron, ademais dos dous conxuntos que

chegaron á final, o Compostela, o Cabanas, o Silleda, o Tordoia, o Trazo, o Bertamiráns, o Vista Ale-gre e o Val do Ulla.

Como máximo goleador da competición foi distinguido Daniel Varela Villasenín, do Trazo CF.

FÚTBOL

O torneo de prebenxamíns de Trazo organizouse este ano por vez primeira

Page 21: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

dePORteS

crónicas - Maio 2014 21

O Trazo xa é equipo de segunda tras unha tempada intachable

O Trazo C.F. xogará en segunda división autonómica a vindeira tempada. Non lle fi xo falta que acabase o campionato para acadar o ascenso. Cando restaban aínda dúas xornadas para a fi n de liga, confi rmouno matemati camente.

O pasaporte de segunda a terceira é froito duns resulta-dos magnífi cos ao longo de toda

a competi ción. Unicamente ti vo unha derrota, na primeira volta ante o Villestro B. E sacado algún que outro empate, o demais fo-ron triunfos, a miúdo con goleadas moi notorias.

No seu mesmo grupo de terceira, destaca tamén o labor do Sigüeiro B, subcampión da liga 2013-2014 neste ámbito.

Os integrantes do Trazo C.F. celebran o ascenso (Foto: T.C.F.)

FÚTBOL

A E.D. Xuventude Oroso gaña de novo o seu torneo

O equipo da E.D. Xuventude Oroso gañou de novo o Torneo Prebenxamín Oroso, que disputou hai uns días a súa segunda edición no campo municipal Lino Balado de Sigüeiro. Na modalidade bibe-rón, gañaron os integrantes das Escolas Luís Calvo, de Carballo.

Os prebenxamíns de Oroso ti -veron que agardar ata os penal-ti s para facerse coa victoria ante o

Luís Calvo. O tempo regulamenta-rio rematou cun empate a un gol e foi nesa fase fi nal cando lles gaña-ron aos seus contrincantes.

Da entrega dos trofeos deste torneo encargouse o concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Vi-llaverde. Ao acto tamén acudiu o concelleiro de Ensino, Antonio Leira. No torneo prebenxamín par-ti ciparon quince clubes.

FÚTBOL PREBENXAMÍN

Os prebenxamíns da E.D. Xuventude Oroso, recibindo o trofeo da competición

ÁREAS DE PRÁCTICADereito Mercantil, Civil, SegurosDereito Administrativo, PenalDereito Laboral e SocialFamilia e SucesiónsContencioso- administrativo, arbitraxes e Xestión recuperatoria de débedas

COBERTURA INTERNACIONALOfrece total cobertura internacional cunúnico interlocutor para o noso cliente,encargándonos da xestión, seguimento easesoramento integral cos nososcolaboradores no exterior

CASTRO AVOGADOSGONZALO-HENRIQUE CASTRO PRADO

Rúa Parque Félix Rodríguez del Fuente - 54, 3 B - 15680 OrdesAvenida Rosalía de Castro 105, baixo - 15706 Santiago de CompostelaTeléfonos: 981 594 460 - 981 596 252 - 698 159 678 - Fax: 981 594 460

www.castroavogados.com - [email protected]

O Consello de Ministros dou luz verde ao Anteproxecto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX), no que se pretende eliminar o consolidado sistema de partidos xudiciais para centralizalos nun Tribunal Pro-vincial de Instancia, que terá sede na capital de cada provincia.

O sistema de administración de xustiza ba-seado en partidos xudiciais distribuídos por territorios é un modelo que funciona pacifi ca-mente, está plenamente aceptado pola socie-dade, e non ten xerado queixas de operador xurídico ningún, sexan xuíces, fi scais, procu-radores ou avogados. Pola contra, as queixas

en torno á Administración de Xusticia téñense referido sempre á escaseza de medios huma-nos e materiais, que produce inaceptables di-lacións na resposta que a Xustiza debe dar ao cidadán. Os datos falan por si sós, o investi-mento en xustiza no Estado Español é seis ve-ces inferior á media da Unión Europea (0,5% do PIB frente ao 3% do PIB).

No caso de Galicia esta reforma será es-pecialmente prexudicial reducindo os 45 par-tidos xudiciais existentes na actualidade a 4 Tribunais Provinciais, que ao sumo terán se-des territoriais nas 3 cidades que non son ca-pital de provincia, o que, ademáis de afastar

a xustiza dos cidadáns, prexudicará á econo-mía do rural.

En conclusión, en lugar da modernización e adecuada dotación de medios para uns tribu-nais de xustiza que son alicerce fundamental da convivencia pacífi ca e da estabilidade eco-nómica, camiñamos con este proxecto cara o debilitamento institucional dun poder, o xu-dicial, que debe actuar de garante dos máis desfavorecidos, tutelando os dereitos que lles son constitucionalmente otorgados; o que pon enriba da mesa o verdadeiro obxectivo deste proxecto: facilitar ainda máis o desmantela-mento do Estado do Benestar.

A reforma dos partidos xudiciais: o “desmantelamento” da Xustiza

Page 22: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

22

dePORteS

crónicas - Maio 2014

Robertas Geralavicius gañou a XIX Carreira Popular Concello de Or-des. Na clasificación masculina, pre-cedeu a Víctor Riobó e a Akka Es-saadaoui. A competición feminina li-derouna Raquel Suárez, seguida por María del Carmen Penas e por Mari-nela Blanco. Esta proba absoluta tivo un percorrido duns 10.000 metros.

Entre os corredores locais, recibi-ron premio especial Carlos Fernán-dez, Pablo Raña, José Manuel Bo-quete e Carmela Becerra. Os trofeos aos máis veteranos foron para Anto-nio Cabana e para Carmen Casas.

Nas categorías dos máis novos, o Concello informou de que os me-llore stempos en benxamín foron os de Antón Romar e Uxía Lema; en ale-

vín Daniel Mato e Deki Mato; en in-fantil Leonardo Guazzone e Ana Gar-cía; e en cadete Pedro Osorio e Ma-ría Sexto. Houbo tamén premios es-peciais para os grupos de atletismo local Coyote e Raposo.

A carreira, organizada polo Con-cello, sumou máis de 400 corredores de todas as idades chegados de toda Galicia. Forma parte do Circuíto Pro-vincial de Carreiras Populares, este ano na súa segunda edición.

O Concello agradeceu a colabo-ración de Gadis, Nutrexpa, Carnice-ría Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro Asesoría, Pazo do Bidueiro, In-fantilandia, a Federación Galega de Atletismo e Championchip.

Geralavicius e Suárez impoñen o ritmo en OrdesXIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ORDES A proba, do circuíto provincial, superou os 400 corredores

Os corredores da proba absoluta percorreron un itinerario próximo aos 10.000 metros

Juan Pablo Fernández, da Socie-dade Ximnástica de Pontevedra, e Silvia Deira, do Club Atletismo Milla-doiro, proclamáronse campións ab-solutos na segunda Carreira Pedestre do Concello de Oroso.

Fernández completou a proba

en 32’56’’. O segundo clasificado foi Cristian Muíño, do Club Alejandro Gómez de Vigo, con tres segundos máis. E a terceira praza conseguiuna Roberto Caneda, do Atletismo Mi-lladoiro, nove segundos despois do vencedor.

Silvia Deira fixo un tempo de 42’14’’. A subcampioa foi María José Grobas (Club Atlética A Silva), cun tempo de 42’42’’, e a terceira posi-ción foi para María Fernández (Club Atletismo Santiago) con 44’40’’.

Na competición participaron 892

corredores, dos que 701 correspon-deron á competición regulada e 191 ás categorías pitufo e prebenxamín. O alcalde, Manuel Mirás, agradeceu a elevada participación acadada e a animación de centos de veciños aos corredores.

Fernández e deira triunfan na Pedestre de OrosoCARREIRA A segunda edición desta competición congregou preto de 900 corredores en Sigüeiro

Saída dunha das categorías infantís na carreira de Sigüeiro

Os integrantes do equipo infantil do A.C. Ordes sumaron un novo éxito para o club ao acadar a cuarta praza no Campionato de España de Hóc-key, disputado en Madrid.

Na derradeira xornada da compe-tición, os ordenses perderon ante o CP Manlleu, cun resultado de 8 a 3. Nos encontros previos gañáronlles ao CP Las Rozas (2-3) e ao CP Josaleta (8-1) e caeron ante o CP Manlleu (2-

1) e ante o FC Barcelona (1-3).O resultado demostra un exce-

lente nivel do hóckey en Ordes e an-ticipa unha notable canteira de xoga-dores para os vindeiros anos.

O concelleiro de Deportes de Or-des, Roberto Iglesias, viaxou a Ma-drid co equipo para animar e para acompañar tanto os xogadores como a directiva ao longo de todo o cam-pionato.

HÓCKEY O equipo garante unha notable canteira de xogadores no hóckey ordense para os vindeiros anos

Os infantís do A.C. Ordes, cuartos no Campionato de España

Integrantes do equipo infantil do A.C. Ordes de hóckey, cuartos de España

Alcalde e concelleiro, cos gañadores da II Carreira Pedestre do Concello de Oroso

Page 23: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

OPiniÓn

crónicas - Maio 2014 23

Non nos coñecíamos de nada, ía-mos en senti dos opostos, colisio-namos frontalmente, el católico, eu apóstata.

Achegueime a el tan pronto e rá-pido como puiden, creo que non se decatou da miña presenza, falaba da Lus, frases ou versos regurxita-dos que ás veces se repetí an. Es-coiteino coa máxima atención. Re-cordo con claridade unha delas: “esvaerme no aire que ti has be-ber”. Sei que non o dicía por min.

O aire entroume fondamente nos pulmóns, pechei os ollos e pronto chegaron, sen eu percibilo, os ser-vizos de asistencia. A lus daquel día

era cegadora e alí non atoparon a ninguén máis ca min. De súpeto todo se desenrolaba no máximo silencio. Recolléronme rápido e non me deu tempo a levarme nin-gún recordo daquela colisión. Sa-cáronme deitado dalí, puxen as mans no meu peito e notei algo baixo a palma da man, agarrei con coidado e alí descubrín unha herba pequerrechiña.

Así foi como coñecín a Xosé Ma-ría Díaz Castro, colisionamos cando lle dedicaron as Letras Galegas. Sei que non lle gusta ese premio, unha, porque non gustaba dos recoñece-mentos e outra, porque as letras

galegas, en si mesmas, non teñen ialma. El goza coas palabras gale-gas, cheas de ialma como a graíña do toxo, as palabras con signifi ca-dos galegos nas que ferve o pulo enterrado. Atopei a Xosé María Díaz Castro na ialma das palabras enterradas nos libros, pero el está na terra labrada, na terra sucada.

Eu sigo sendo apóstata e el, el xa non é católico, esvaeuse no aire e converteuse en Lus.

Este mes ando cunha maleta ve-lla, moi vella percorrendo os cen-tros escolares galegos, unha lus acesa sae dela: “vouvos a contar a historia dun home que se quixo

converter en Lus, a historia comeza así:…”

Serafí n Marcos.

Colisión frontalPor Serafín Marcos

TRIBUNAS DA COMARCA. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Os paxariños da Alameda

O alférez ben coñece o pa-norama, e xa fi xo os seus cálculos. Ou fi xéronllos,

porque ben se sabe que llo dan todo feito nesta vida. A moral e o senti diño dinlle que opte pola boa xente, que se esqueza de aves bas-tardas. Pero os cálculos aconséllano ao contrario. Xusti ños, pero ao con-trario. A ecuación non se resolve.

Xa iremos contando as des-venturas do vello corvo ben sentado. Pero hai que rela-tar tamén a preocupación

dos ecoloxistas por dúas especies. Unha, a abella, que a pobre non so-porta tantos pesti cidas e vai acabar verde como o veleno. Verde, verde, verde. A outra é o morcego, ao que non se lle dá ben a noite, pese á súa condición. Como se despiste un pouco, acaba cos ósos no chan e despois non dá remontado voo. Entre tanta pelexa xorda da ilustrí-sima pita de monte e do gaivoto converso, amigo do corvo podre e da valente besta, vai ter que pular duro pola supervivencia. Igual suce-deu no seu día coa perdiz, e xa se viu que a repoboación é imposible.

Estes son días de moito traballo para os ornitó-logos. Afánanse en bus-car niños de silveira en sil-

veira para ver como veñen os novos paxariños. E nesas estaban cando descubriron que este ano ata pro-creou o vello corvo, ao que xa da-ban por morto, ou polo menos por xubilado. A sorpresa foi considera-ble porque non sabían das habilida-des do pernicioso paxaro.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Era normal que o desen por morto, porque o desgra-ciado do corvo xa fi xera tes-tamento. Ou eso parece.

Polo menos hai quen di que viu os documentos. Pero agora nin morte

nin testamento, senón todo o con-trario. A liñaxe renovada, en pólas novas, e as mesmas ganas de estro-pear a colleita de sempre.

E entón, pregunta o no-tario, que pasa cos her-deiros? Teñen que devol-ver os bens? Ou en reali-

dade nunca os ti veron e todo era unha ilusión pasaxeira? A todas es-tas cuesti óns non hai resposta nin xurídica nin poéti ca, polo de agora. Pero haber houbo procuradores que trataron de determinalas e os benefi ciarios xa adverti ron que non van consenti r nin tal paso atrás nin tamaña aldraxe. Avisaron ben claro, que xa bastante levan calado e atu-

rado. Fartos están das maneiras do corvo e dos seus adxacentes, por moito que lle sorrían. Pero coida-diño, que non todos están dispos-tos a pelexarlle a herencia. Algúns, como bos gaivotos, por un anaco de pan duro volven baixo as ás do corvo. Sorrindo, claro está.

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE ORDES

A Agrupación Socialista de Ordes vén de presentar unha moción no Concello, que será levada tamén ao Parlamento de Galicia, para evitar a desaparición das festas nas no-sas parroquias por culpa dunha lei do Partido Popular. O PP decidiu obrigar ás comisións de festas a presentar tan-ta documentación (plan técnico, plan de emerxencias, li-cenzas, estudo de impacto acústico...) que lles custará cen-tos de euros. Un gasto que non poderán afrontar e suporá a desaparición dos festexos tradicionais das nosas aldeas.

Non te deixes enganar outra vez polo PP: nin a Xunta nin a Deputación da Coruña investiron nin un só euro en Ordes nos últimos 4 anos, salvo o que están obrigados por lei. Eses máis de 700.000 euros que o PP anda a dicir que

inviste en Ordes non son máis que os investimentos aos que están obrigados por lei, nin un euro máis.

O señor Gallardón quere deixar a Ordes sen Xulgados, polo que os veciños terán que ir ata A Coruña cada vez que precisen un documento. Os socialistas de Ordes re-collemos máis dun milleiro de sinaturas en contra.

O 25 de maio tes a ocasión de dicirlle ao PP que non es-tás a favor dos recurtes en educación nin en sanidade, que non estás a favor da lei do aborto máis carca de Europa, que non estás a favor de que se rescaten aos banqueiros mentres o paro sigue medrando e os traballos son cada vez máis precarios. O 25 de maio ti moves Ordes, ti moves Europa co teu voto. Vota PSOE.

As tesoiras do PP poñen en perigo as festas nas parroquias

Page 24: Cronicas comarcadeordes n5 maio2014

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 16-05-2014. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Hai que ter moita man nos fogóns para concentrar nunha tapa todos os elementos necesarios, na súa xusta medida, para atinar no centro do pa-dal do cliente. Así o demostraron os gañadores da quinta edición do Con-curso de Tapas do Concello de Oroso, que entregou os seus premios hai uns días tras a degustación de máis de 2.300 tapas.

O público tívoo bastante claro, a xulgar polos resultados. O primeiro premio correspondeulle ás ‘boliñas de pataca’ da Tapería O Martán, que recibiron 378 votos. Son case o do-ble que a segunda preparación cla-sificada, a ‘mini hamburguesa de boi’ do Bar Tapas, con 194 votos. O terceiro premio recaeu na ‘espetada de polbo’ do Café Bar Manuela, con 158 votos.

Adriana Ferreira, de O Martán, recolleu o diploma acreditativo e os 300 euros de primeiro premio de mans do alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Este establecemento xa con-

seguira o segundo posto no concurso do ano pasado. En representación do Bar Tapas acudiu Natalia Liste, a quen lle entregou os 200 euros e o diploma do segundo premio o concelleiro de Economía, Jaime Carneiro. O estable-cemento xa acadara a terceira praza en 2013. E Manuela Viqueira, do Café Bar Manuela, recolleu os 100 euros e diploma do terceiro premio, entrega-dos polo concelleiro de Cultura, An-tonio Leira

No mesmo acto, entregáronse os premios sorteados entre os clientes que votaron no transcurso do con-curso. Dúas ceas para dúas persoas, un bono de beleza doble en Sanmar Estilismo (Sigüeiro), un circuíto ter-mal no Hotel Balneario Compostela, dúas entradas dobles para Termaria-Casa da Auga da Coruña e seis bote-llas de viño de Bodegas LAN foron os obsequios repartidos.

CLASIFICACIÓN COMPLETAA clasificación do concurso de ta-

pas de 2014 completárona Bar Stop (124 votos), Restaurante Cortés (113), Restaurante Mirás (75), Bar O Zapateiro (71), Mesón A Trabe (58), Nova Xeira (57), Mesón Tambre (43),

Cervexería O Xesto (42), Bodegón Ce-brás (29), Café-bar Xardín (19), Xq no? (18), Restaurante Liñares (13), Bar Viuda de Blanco (13) e Mesón Pulpería As Rías (10).

OROSO Entréganse os premios da quinta edición do concurso municipal de tapas

Boliñas de pataca, mini hamburguesa de boi, espetada de polbo... Oroso sabe

O concurso entrega premios aos establecementos e aos clientes que puntúan

Camión do lixo Lavado de rúas Camión basura Transporte de residuos

Camión lavacontedores

BarredoraXestión de punto limpoMovemento de terras

Camión RSU

Tractor desbroce

GRUPO

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOficina: 981 693 072 / 639 200 204 - [email protected]

Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es