Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

32
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 8 - Agosto de 2014 delrío Arquitectura Ingeniería Diseño PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected] TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR En Frades acabouse a pa- ciencia. As frecuentes caren- cias na subministración de combusble na estación de servizo de Repsol na Ponte Carreira traducíronse en máis de 700 sinaturas reivin- dicando unha solución ante a compañía, o presidente da Xunta e o Valedor do Pobo. Os socialistas do munici- pio, impulsores da campaña, quéixanse, como xa fixera o Concello, de que varios días á semana hai que ir encher o depósito lonxe. Máis de 700 fradenses asinan pola fi n da sequía na gasolineira Páx. 6 O goberno aproba un orzamento de 7,84 millóns CERCEDA Páx. 2 Gallardón dá marcha atrás e os xulgados poderían zafarse COMARCA Páx. 8 Páx. 8 Obras contra o reloxo Os campus estivais de fútbol triunfan en Ordes e Oroso DEPORTES Páx. 28 A Deputación lánzase a potenciar o Camiño Inglés COMARCA Páx. 14 Curso fugaz dunha semana para xóvenes gandeiros ORDES Páx. 12 Pablo Raña, premio na Feira de Cans de Caza do Mesón ENTREVISTA Páx. 16 Martín Liste Viaño, de Tordoia, un discóbolo de prata ENTREVISTA Páx. 30 A Xunta e o Concello de Oroso apuran o novo colexio de Sigüeiro e acúsanse de incumprir prazos

description

Número 8 de Crónicas, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Transcript of Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

Page 1: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 8 - Agosto de 2014

delríoArquitectura Ingeniería Diseño

PROYECTOSREFORMASDIRECCIONES DE OBRACOORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD

Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected]

TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

CERTIFICACIONES ENERGÉTICASPERITACIONES Y TASACIONESESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDADDISEÑO INTERIOR

En Frades acabouse a pa-ciencia. As frecuentes caren-cias na subministración de combusti ble na estación de

servizo de Repsol na Ponte Carreira traducíronse en máis de 700 sinaturas reivin-dicando unha solución ante

a compañía, o presidente da Xunta e o Valedor do Pobo. Os socialistas do munici-pio, impulsores da campaña,

quéixanse, como xa fi xera o Concello, de que varios días á semana hai que ir encher o depósito lonxe.

Máis de 700 fradenses asinan pola fi n da sequía na gasolineira

Páx. 6

O goberno aproba un orzamento de 7,84 millóns

ceRcedA

Páx. 2

Gallardón dá marcha atrás e os xulgados poderían zafarse

cOMARcA

Páx. 8

Páx. 8

Obras contra o reloxo

Os campus estivais de fútbol triunfan en Ordes e Oroso

dePORteS

Páx. 28

A deputación lánzase a potenciar o camiño inglés

cOMARcA

Páx. 14

curso fugaz dunha semana para xóvenes gandeiros

ORdeS

Páx. 12

Pablo Raña, premio na Feira de cans de caza do Mesón

eNtReViStA

Páx. 16

Martín liste Viaño, de tordoia, un discóbolo de prata

eNtReViStA

Páx. 30

A xunta e o concello de Oroso apuran o novo colexio de Sigüeiro e acúsanse de incumprir prazos

Page 2: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

2

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2014

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

A Xunta pecha a escola de Parada por ter cinco alumnos, un menos dos necesarios

O colexio de infantil e primaria do Castro, na parroquia de Parada (Ordes), pecha o vindeiro curso. Así o decidiu a Consellería de Educación ao comprobar que só tiña cinco alumnos matriculados, cando o seu baremo require seis.

A perda deste centro educa-tivo no municipio ordense súmase ás que xa se produciran no pasado curso, cando pecharon os colexios de Beán e de Buscás. Para o vin-deiro curso 2014-2015, estivo ta-mén a punto de botar o cadeado a escola de Montaos, e xa se dá practicamente por feito que non sobrevivirá en 2015-2016.

Ademais da escola de Parada, no conxunto da provincia coru-ñesa a Xunta pecha neste próximo curso dous centros escolares en Ames, un en Santiso e outro en Vi-mianzo.

Esta continua desaparición de servizos educativos no rural oca-sionou a preocupación dos grupos da oposición autonómica (PSOE, AGE e BNG) e da chamada Mesa Galega de Educación no Rural. Cren que se está dando unha si-tuación de “asfixia da educación no mundo rural” e sinalan como “prioritaria unha nova política educativa para o rural, integrada nun proxecto global de desenvol-vemento comunitario”. Para estu-dar que facer, pediron crear unha comisión especial no Parlamento de Galicia, que foi rexeitada pola maioría absoluta do PP.

ORDES

O pleno municipal de Cerceda aprobou, a comezos deste mes de agosto, os orzamentos do Conce-llo para 2014. Ascenden a 7.848.155 euros, tanto en ingresos como en gastos, e foron validados polo go-berno (PSdeG-PSOE) co voto en con-tra do PP e do BNG.

Dos ingresos, o alcalde, José Gar-cía Liñares, destacou o incremento da contía percibida polo IBI, debido á incorporación de múltiples constru-cións tras un proceso de revisión. Ta-mén aprezou que as transferencias das administracións central, autonó-mica e provincial baixan un 20%.

Dos gastos, o rexedor explicou que os de persoal (2,4 millóns de euros) e de bens correntes e servizos (3,6 millóns de euros) non cambian practicamente con respecto a 2013. Si avanzan os investimentos, cun cre-cemento do 11%, ata superar o mi-llón de euros, segundo os seus datos. Equival a un 13% do total dos recur-sos. “Investimos máis recibindo me-nos”, afirmou García, quen anunciou que os remanentes do exercicio pa-sado permitirán aínda máis obras.

“ESTAFAS” E PERSOALPor parte do PP, Francisco Santos

cuestionou o retraso co que se pre-senta o orzamento: “parece máis un anticipo da conta xeral, con moi-tas partidas xa contadas ata o cén-timo porque xa foron gastadas”. E aínda que en liñas xerais ve “acepta-bles” os ingresos, percibe “derrame de diñeiro sen rigor” nos gastos e na

forma de xestionalos. Nese sentido, mencionou unha

“presunta estafa” duns 200.000 euros nun proxecto, na que viu “cola-borador imprescindible” ao alcalde, matizando que “non digo que fose culpable nin intencionado”. Tamén destacaron as críticas do PP aos gas-tos de persoal. Santos comparou cos Concellos limítrofes e ata concluír que Cerceda é o que máis gasta por habitante neste capítulo: 459 euros por persoa, fronte aos 281 de Carral, o municipio veciño que máis gasta.

O alcalde replicou que non supón ningunha complicación gobernar cos orzamentos prorrogados desde xa-neiro e tildou de catastrofista ao voceiro do PP. Rexeitou malas prác-ticas na administración do diñeiro e advertiu de que para calquera com-pra piden varios presupostos.

Con respecto ás insinuacións de estafa, García Liñares remarcou que asinou toda a documentación co-rrectamente e que “ningún fiscal ou xuíz dixo eso”. E en canto aos gas-tos de persoal, cre que “as compa-racións non veñen a nada porque outros Concellos non teñen os mes-mos servizos ou téñenos externaliza-dos”, contratándolles a empresas o que Cerceda fai con persoal propio. Para o rexedor, as críticas do PP care-cen de rigor: son “cousas de Paquiño, non di unha seria”, comentou.

DEBATE CO BNGRocío da Igrexa (BNG), que pe-

diu retirar a linguaxe sexista do do-

cumento dos orzamentos, cuestio-nou a “diminución brutal” no diñeiro para fomento do emprego e para cul-tura, que considerou dúas priorida-des. Para a portavoz nacionalista, a relación de investimentos presen-tada “é a máis real desde que formo parte desta corporación”, aínda que cre que moitas das actuacións non merecen ser calificadas como inves-timentos: “o propio goberno cháma-lles reparacións”, observou.

A concelleira do BNG aproveitou para solicitar contratación de persoal se efectúe “sen condicionantes políti-cos”, utilizando listaxes públicas. Inci-diu en que moitas das contratacións son “persoas vinculadas ao grupo do goberno ou a xente do PSOE”.

O alcalde contestou que o gasto en cultura case non varía sobre 2013 e achacou á nula achega da Xunta o baixón en fomento de emprego. Res-toulle importancia á catalogación das obras porque “os cartos son os mes-mos e van ter o mesmo fin, sexan in-vestimento ou gasto corrente”. E ne-gou contratacións afíns, por exemplo no parque acuático, argumentando que “contrata a empresa”.

VIVEIRO DE EMPRESASUnha novidade que deixa o de-

bate é que o goberno baralla utilizar o Centro de Desenvolvemento Tec-nolóxico como viveiro de empresas, xa que ninguén se interesou por xes-tionalo. Confirmouno o alcalde, tras escoitar unha suxerencia do Bloque nese mesmo sentido.

O orzamento municipal para 2014 supera os 7,84 millóns de euros, o 13% para obras

CERCEDA Aprobado polo goberno do PSOE, co rexeitamento do PP e do BNG

Solicitan retomar o proxecto do cuartel da Garda civil

ORDES Os socialistas presentarán unha proposición non de lei no Congreso dos Deputados despois do verán

A deputada socialista Paloma Ro-dríguez presentará unha proposición non de lei no Congreso tras o verán para que o Ministerio do Interior ex-plique os seus plans sobre o proxecto de construción do cuartel da Garda Civil en Ordes, paralizado hai anos.

Nunha reunión co alcalde e a te-nente de alcalde, Manuel Regos e Sil-

via Marín, á que asistiron os socia-listas Xesús Pedreira e Antonio Mo-rán, Rodríguez estudou os documen-tos de colaboración entre o Concello e a Garda Civil e criticou a “inefica-cia e indolencia asombrosa” do seu director xeral, Arsenio Fernández de Mesa, por nin sequera contestar as peticións escritas do Concello. Manuel Regos (esq.), coa deputada Paloma Rodríguez, Pedreira e Morán

Page 3: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2014 3

A TABLILLARúa Principal, 36. Rodís15186 CERCEDATelf: 981 69 70 82e-mail: [email protected]

ALMEIRASAvda. Almeiras, 19. O Burgo15670 CULLEREDOTelf: 660 986 847

MUEBLES DE BAÑO

HIDROMASAJE - SAUNA

TARIMA FLOTANTE

MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN

SANITARIOS

GRIFERÍA

AZULEJOS Y PAVIMENTOS

MAMPARAS

Les desea felices fi estas!!!

Page 4: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

4

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2014

O estado da rede viaria munici-pal de Ordes marcou nos últimos días as diferencias entre o goberno local e o PP. O principal partido da oposi-ción puxo como exemplo a situación de varias pistas en Beán e o execu-tivo replicou divulgando obras nesa e noutras parroquias e anunciando proxectos para determinados viais en mal estado.

Para o PP, o Concello de Ordes practica o “pasotismo” respecto ás necesidades dos veciños, pese aos prexuízos nos camiños e ás peticións reiteradas de arranxos. Lembran que en maio instaran no pleno a acon-dicionar os accesos en Nouche e en Fonte da Viña e que dous meses des-pois se mantiñan as “fochancas, fen-das no firme e pedras soltas que difi-cultan a circulación e poñen en risco a integridade dos vehículos”. Con-clúe o equipo liderado por José Luis Martínez Sanjurjo que “o ocurrido en Beán pode extrapolarse a calquera outra parroquia do concello”.

O executivo de Manuel Regos expuxo que está “ultimando” un proxecto que inclúe o arranxo desas pistas. O concelleiro de Urbanismo, Roberto González, explicou que “xa se quixo incluír a obra no POS [Plan de Obras e Servizos] actual, pero por falta de orzamento non puido exe-cutarse” e anticipou que se fará “an-tes de que remate o ano a través dun proxecto especial levado a cabo desde o Concello”.

Si se puido acometer no POS deste

ano, financiado en boa medida pola Deputación, o arranxo dun treito de varios centos de metros da estrada principal de Beán. Custou algo máis de 20.000 euros e deulle solución a un punto extremadamente deterio-rado nos últimos meses mediante o rebacheo, a colocación dunha capa asfáltica e a limpeza de cunetas.

“DEIXADEZ”Non obstante, pese a estas ac-

tuacións de mantemento, o PP coida que prevalece a “deixadez” do Con-cello no mantemento de equipa-mentos locais. Para eles, esta situa-ción “contrasta coa suba de impos-tos impulsada polo Concello desde que Manuel Regos accedeu á alcal-

día. Insiste o PP que medraron case un 57%, desde 227 euros anuais por veciño en 2007 ata 355 en 2013. “So-ben os impostos e baixan os servizos que recibimos os veciños para poder pagar a débeda millonaria xerada por Regos para pagar caprichos que non serven para nada”, acusa Martínez Sanjurjo

O portavoz municipal do PP ob-serva tamén unha caída de investi-mentos a menos da metade desde 2009. “Na práctica -engade- os maio-res investimentos que benefician aos veciños de Ordes este ano correspon-den ás axudas procedentes da Xunta e da Deputación, gobernadas polo PP e que no seu conxunto superan os 820.000 euros en 2014”, di.

OUTRAS OBRASNon só en Beán se acometeron

obras nos viais estes días, xa que ta-mén na aldea do Bidueiro se acome-teron reparacións no seu vial princi-pal e en dous ramais que van á agra e ao monte. É un proxecto incluído ta-mén no POS e valorado nuns 40.000 euros, co que se acondicionou o firme e se limparon as cunetas. O go-berno local asegura que responde así ás peticións efectuadas polos veciños da zona “nos últimos tempos”.

Do mesmo xeito, na parroquia de Pereira o Concello executa outro proxecto do POS 2014, neste caso valorado nuns 20.000 euros. Ser-viu para mellorar varias pistas e zo-nas como a da Aldea e a do Curro, con eliminación de fochancas e nova capa de asfalto en algo máis dun qui-lómetro. Ademais, permite acondi-cionar con aglomerado a explanada próxima á igrexa parroquial.

Treito ordense da estrada principal de Beán, reparado hai uns días

Veciños de leira e de Mercurín quéixanse de malos olores

ORDES Os socialistas piden que se investigue a orixe

Veciños e veciñas de lugares como Bailía, Vilasenín ou Pepín quéixanse de novo de cheiros na zona, especialmente intensos e máis frecuentes do que viña sendo habi-tual durante as últimas semanas.

A queixa foi recollida polos socia-listas, que xa lle pediron ao Concello que investigue a procedencia exacta desta contaminación.

O concelleiro do PSdeG-PSOE, Xesús Pedreira, admitiu que “desco-ñecemos de onde veñen estes ma-los cheiros, aínda que por experien-cias previas supoñemos que poden chegar do vertedoiro da Areosa, de Sogama, ou do punto de queima de animais mortos, de Gesuga”, situa-

dos relativamente preto dos lugares onde se queixan os cidadáns.

Ademais da investigación por parte do Concello, os socialistas coi-dan que o goberno municipal de-bería dirixirse á Consellería de Me-dio Ambiente “para tratar de bus-carlle algunha solución”. Pedreira in-cide en que “unha cousa é un mal cheiro puntual e outra moi distinta é a intensidade que están soportando nestas últimas semanas estes veci-ños, que é absolutamente insopor-table”.

O PSOE considera prioritaria unha solución a este caso, sexa a tra-vés do Concello ou doutra institu-ción competente.

ORDES A oposición apreza ‘caso omiso’ ás peticións e o Concello exhibe proxectos

O PP critica o estado da rede viaria e o goberno replica que está cos arranxos

Estado do acceso a Nouche (Beán)

Pista á Fonte da Viña (Beán)

A máquina de café causou as descargas eléctricas na piscina

CERCEDA Instalarán un limitador e abrirá en setembro

Unha avaría na máquina de café ocasionou as descargas eléctricas que afectaron a piscina municipal de Cerceda e que hai unhas semanas levaron ao hospital a unha usuaria a ao socorrista que a auxiliou.

Logo doutras investigacións in-frutuosas, foi o enxeñeiro técnico in-dustrial Macario Yebra quen deter-minou a causa do incidente. No seu informe, remitido á policía xudicial, explícase que a máquina tiña unha corrente de fuga unicamente cando funcionaba. Por eso foi difícil atopar a xénese das descargas.

Unha vez arranxada a máquina, a solución proposta polo técnico é instalar un limitador de tensión por

descargas atmosféricas. Trátase dun equipamento obrigatorio en pisci-nas de nova construción desde hai cinco anos, se ben a de Cerceda co-mezou a funcionar en 1989.

O alcalde de Cerceda, José García Liñares, que compareceu en roda de prensa co enxeñeiro para presentar as conclusións da investigación, ex-puxo que desde o Concello queren darlle toda a transparencia ao inci-dente e que el é o primeiro intere-sado na máxima seguridade para os usuarios da piscina.

Os limitadores de tensión, que custan 12.000 euros, estarán listos para reabrir a piscina en setembro, segundo o goberno municipal.

Page 5: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2014 5

ORDESViriato Lamas, 3

A CORUÑAC.C. COMCOR

SANTIAGOC.C. As Cancelas

Page 6: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

6

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2014

Rexeitan limitar o aparcamento nas rúas da Coruña e Reverencia para facilitar o tráfico

O grupo do BNG de Ordes pro-puxo facilitar o tráfico na rúa da Coruña e na travesía da rúa Reve-rencia mediante a limitación do aparcamento a unha soa marxe. Tal como explican os nacionalistas, son dúas das rúas máis estreitas de Ordes e nas condicións actuais, con coches a un e outro lado, se-mellan un ‘slalom’ para os condu-tores. Para a Reverencia suxeriron tamén abrir unha vía alternativa.

O goberno desbotou a peti-ción, apelando á “costume” dos veciños de estacionar nas dúas marxes. Prefire falar cos habitan-tes das dúas zonas para estudar “outras posibles solucións”. O so-cialista Xesús Pedreira pronun-ciouse no mesmo sentido e viu ne-cesario que a Policía Local elabore un informe específico para ver cal sería a mellora máis viable.

Por outra parte, o goberno aceptoulle ao BNG pedirlle á De-putación o desbroce das estradas provinciais que unen Ordes coa Ponte Carreira e con Trazo.

ORDES COMARCA Con puntos de encontro para evacuacións e medidas informativas

Os encoros de Vilagudín e San cosmade aplicarán novos plans de emerxencias

As presas de Vilagudín, entre Or-des e Tordoia, e de San Cosmade ou Vilasenín, entre Ordes e Cerceda, aplicarán en breve plans de emerxen-cia para afrontar posibles accidentes, aínda que se considera que o risco é escaso.

A tal fin, recentemente cele-brouse unha reunión de coordina-ción entre responsables do goberno central, da administración autonó-mica, dos Concellos afectados e da empresa Gas Natural Fenosa, encar-gada da xestión dos dous encoros, asociados á central térmica de Mei-rama.

Durante o encontro, os Concellos comprometéronse a colaborar redac-tando plans de actuación municipais, a tramitar os permisos e licenzas pre-cisos para os sistemas de aviso a nú-cleos urbanos e a facilitar o máximo posible as medidas de comunicación da información á cidadanía.

As entidades locais recibiron ta-mén explicacións sobre o plan de emerxencia de presas e entregáron-lles un documento de operatividade.

Entre outros aspectos, os plans municipais terán que determinar puntos de encontro en caso de eva-cuación, ademais de informar a to-dos os axentes implicados do xeito de actuar en caso de accidente.

A delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, insistiu en que o

risco dun sinistro “é moi reducido”, pero advertiu que nunca está de máis que a poboación coñeza que facer ante unha incidencia. Por eso, anun-ciou para os vindeiros meses unha campaña informativa entre os veci-ños con medidas de autoprotección se se activa o plan de emerxencias.

Reunión de coordinación para a implantación de plans de emerxencia nos encoros

As graves carencias na subminis-tración de carburantes na estación de servizo da Ponte Carreira, que se re-piten desde hai case dous anos, fixe-ron que os socialistas de Frades reco-llesen sinaturas entre os veciños para reivindicar unha solución. En dúas se-manas, sumaron máis de 700 apoios.

As sinaturas recollidas polo PSOE van ser dirixidas aos presidentes da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e de Repsol, Antonio Brufau. Ademais, os socialistas trasladan un escrito ao Va-ledor do Pobo para que apoie as de-mandas veciñais.

O PSOE observara “indignación veciñal” polo “pésimo servizo” na ga-solineira, abandeirada por Repsol e situada ao pé da N-634, a carón do esqueleto do que ía ser un hotel e quedou en mostra de feísmo urbanís-tico. Explican que só ofrece combus-tible “tres ou catro días á semana” e que “aínda así non dispón de to-dos os tipos”. Esto fai que a miúdo os usuarios teñan que desprazarse uns 25 quilómetros para repostar.

Na liña do que no seu día fixo xa o

pleno do Concello por unanimidade, os socialistas demandan que “se to-men as medidas necesarias para ga-rantir un correcto servizo de aprovi-sionamento de carburantes”.

O secretario xeral do PSdG-PSOE

de Frades, Aurelio Garea, agradeceu a resposta cidadá ante a súa cam-paña de sinaturas e asegura que “esta situación, que afecta de xeito importante a economía local, non pode prolongarse por máis tempo”.

O PSOe supera as 700 sinaturas contra o mal servizo de Repsol na Ponte carreira

FRADES Din que só hai carburantes tres ou catro días á semana, e non de todo tipo

Surtidor ‘fóra de servizo’ na gasolineira

Siverio acusa ao secretario de colaborar co “caciquismo atroz” do alcalde Mirás

“No Concello de Oroso levamos varios anos cun secretario munici-pal en funcións que fai máis por cumprir o que lle manda o alcalde que por manter a legalidade”. É a nova crítica do portavoz do PGD, Manuel Siverio Mirás, ao que con-sidera outro expoñente da “anar-quía total e caciquismo atroz” que ao seu ver impera na administra-ción local de Oroso.

Siverio quéixase por exem-plo da redacción das actas: “toma nota nos plenos como lle dá a gana e parece que as fai o alcalde en vez de el”, asegura. Pero so-bre todo dun grupo de “xente que protexe” o rexedor, Manuel Mirás, no que sitúa o secretario, fronte a “profesionais como o interven-tor”, que efectúa continuos repa-ros sobre a xestión do goberno.

O portavoz do PGD sinala que a oposición xa lle pediu por escrito ao conselleiro de Presidencia, Al-fonso Rueda, que normalice a si-tuación e incorpore un secretario titular. “Non contestou”, lamenta.

OROSO

Aurelio Garea, coas sinaturas recollidas

Page 7: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2014 7

Page 8: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

8

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2014

Gallardón dá marcha atrás e os xulgados de Ordes poderían sobrevivir á súa lei

Marcha atrás, rectificación e incertidume. O ministro de Xus-tiza, Alberto Ruíz-Gallardón, anun-ciou que reconsiderará o seu ante-proxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial para permitir que haxa máis dun tribunal de instancia en cada provincia e que se mante-ñan os actuais partidos xudiciais. Deste xeito, cidades como San-tiago, Ferrol e Vigo poderán man-ter os seus xulgados e partidos xu-diciais como o de Ordes continúan existindo.

O anuncio escenificouse nunha reunión en Santiago co presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo agradeceu que Ruíz-Gallardón atendense “as singularidades de Galicia para facer posible que teña sete tribunais de instancia, con-servando os partidos xudiciais e todos os xulgados”.

O anuncio trouxo certa tran-quilidade, despois de meses de polémica polo empeoramento do servizo de xustiza previsto, e polo impacto socioeconómico que para vilas como Ordes tería a desapari-ción dos seus xulgados.

A oposición autonómica non tardou en atribuír a rectificación á presión política e social que efec-tuou en defensa dos servizos xu-diciais. Pero á vez advirte de que a batalla non está gañada e pide prudencia ata ver o anteproxecto de lei, e despois a lei, negro so-bre branco. PSOE, AGE e BNG cren que o anuncio do ministro ten de-masiados puntos escuros, temen aínda que non todos os xulgados sobrevivan a Gallardón, e piden manter a presión social e política.

REXISTRO CIVILPor outra parte, o pleno de Or-

des aprobou unha proposta da al-caldía para instar ao goberno cen-tral a que manteña os rexistros ci-vís no ámbito das competencias municipais, e non no do Rexis-tro Mercantil como contempla un real decreto recente. A iniciativa foi aprobada por todos os grupos presentes na sesión plenaria, agás a abstención do PP.

COMARCA

Núñez Feijóo e Ruíz-Gallardón

Sogama comeza unha nova edición da súa campaña de impulso da reciclaxe de residuos

COMARCA

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) iniciou unha nova edición da súa campaña ‘Se-paremos ben, reciclaremos me-llor’, que desde 2012 traballa na concienciación cidadán para in-crementar as taxas de reciclado en Galicia e reducir a presenza de re-siduos impropios detectados nos distintos colectores de recollida selectiva.

Unha das principais novidades desta campaña é a incorporación de Ecovidrio, como xa o viñan fa-cendo Ecoembes e os sistemas in-tegrados de xestión de pilas.

Nesta edición, chegarase por primeira vez a eventos deportivos de interese e con grande aforo, xa que son citas nas se consume unha importante cantidade de produtos envasados.

A aula móbil atendida por edu-cadores ambientais tamén conti-nuará circulando a pé de rúa polos municipios, do mesmo xeito que o fará o xogo xigante da reciclaxe, destinado aos máis pequenos.

O Concello de Ordes comprome-teuse a elaborar unha ordenanza para regular as condicións técni-cas de funcionamento das activida-des extractivas e das plantas de tra-tamento e clasificación de áridos no municipio.

A proposta, que afectaría a diver-sas canteiras, algunhas en funciona-mento desde a década de 1970, foi presentada polo PSOE e respaldada

de xeito unánime. A idea é que o de-partamento ambiental do Concello controle e vixíe este tipo de activi-dade, que se reduzan os seus prexuí-zos ao medio, que as empresas cum-pran a lei e que se restauren as zo-nas afectadas unha vez rematada a explotación.

O PP condicionou o seu apoio a que o texto obrigue a utilizar espe-cies autóctonas nas reforestacións.

O concello elaborará unha ordenanza para regular as plantas de extracción de áridos

ORDES

O pleno municipal de Ordes apro-bou a iniciativa socialista de solicitar-lle á Consellería de Sanidade a im-plantación do servizo de radioloxía dixital no centro de saúde, ademais da incorporación de dous facultati-vos de enfermaría e medicina. Non houbo ningún voto en contra, xa que apoiaron todos os presentes, agás a abstención do PP.

O alcalde, Manuel Regos, apre-ciou que as medidas pedidas evita-

rían desprazamentos dos veciños a Santiago e reducirían o número de pacientes na área de urxencias do hospital. Regos asegurou que é unha petición “posible porque non é tan cara”.

O autor da moción, o socialista Xesús Pedreira, lamentou a absten-ción do PP e considera que a solici-tude sería incluso un aforro para a Xunta, ao axudar a desconxestionar as urxencias no Hospital Clínico.

O pleno solicita a implantación do servizo de radioloxía dixital no centro de saúde

ORDES

OROSO O goberno local acusa á Xunta de “constantes atrasos” nas obras

traballos contra o reloxo para abrir o novo ceiP de Sigüeiro en setembro

As obras do novo CEIP de Sigüeiro avanzan a toda présa nos últimos días co fin de conseguir que o centro poida entrar en funcionamento co novo curso escolar. Mentres que as actuacións que dependen da Xunta acumulan retrasos pero non se dete-ñen, o Concello decidiuse a acometer as que dependen del aínda cando a administración autonómica non en-tregara a obra.

Do Concello dependen as acome-tidas de electricidade, gas e auga. Co comezo de agosto, o goberno consi-derou que non debía agardar máis porque “son obras moi importantes para os nosos veciños e o Concello non pode seguir á espera dos cons-tantes atrasos por parte da empresa e da Xunta”, en palabras do conce-lleiro de Ensino. Antonio Leira des-cribe que “a Xunta dixo primeiro que ían acabar en maio, despois en xuño e por último o 15 de xullo”.

Para o goberno local, a situación creada obriga o Concello a “ter que facer en pouco máis dun mes uns tra-ballos que levarían máis de dous me-

ses”. Con todo, Leira di que a admi-nistración local “cumprirá con todas as súas obrigas e responsablidades”.

Ata tal punto están dispostos a non superar os prazos no Concello que mesmo pensaron en pechar un dos carrís de acceso ao polígono in-

dustrial, dando paso alterno, men-tres se rebaixa o vial para habilitar o acceso do colexio. Eso sería se non chegase a tempo a autorización soli-citada ao Ministerio de Fomento para abrir un vial adicional de acceso ao polígono e pechar de todo a estrada que leva ao novo CEIP.

Así as cousas, só o tempo dirá, en cuestión de semanas, se as distin-tas administracións chegan a tempo para poñer en marcha a nova infra-estrutura educativa ou se a aparente descoordinación entre elas o impide. Nese caso, calquera das institucións tería algunha excusa da que botar man para sacudirse as responsabili-dades e culpar a outra.

Polo demais, o pleno aprobou por unanimidade unha moción do PSOE para reivindicar “igualdade de servi-zos” no actual e no novo colexio. No debate, Leira insistiu en culpar da maior parte do retraso ao goberno de Feijóo, dado que o proxecto xa fora aprobado nos últimos meses do de Touriño. O PP de Oroso apoiou sen compartir o preámbulo da moción.

A maquinaria, abrindo gabias para as acometidas de electricidade, gas e auga

Page 9: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

eSPeciAl

crónicas - Agosto 2014 9

- Pode supoñer que se trata dunha pregunta tópica, pero, cal é a situación do Concello de Or-des neste momento?

- Ordes ten moitas vantaxes competitivas (situación, comu-nicacións, capital humano, oro-grafía, recursos naturais) que, cunha boa xestión e capacidade de liderado por parte dos respon-

sables políticos locais, lle deberían ter permitido capear a crise con maiores facilidades. Lamentable-mente, desde o Concello tomáron-se decisións irresponsables que conduciron as arcas municipais a un burato de moi difícil saída: unha débeda municipal total, con xuros, de máis de 9 millóns de euros; máis impostos, que medran ano tras ano para os veciños, e un crecente recurte do investimento municipal. Porque as débedas hai que pagalas.

- Como ve o futuro da econo-mía do Concello?

- Malia que a Administración municipal sexa un cero á esquer-da, e case sempre implique máis atrancos que solucións, existen fundadas razóns para ser modera-damente optimistas. E aos feitos me remito. Os datos do paro de xullo en Galicia invitan a ollar o futuro con esperanza. Creo que está repuntando o consumo e iso tradúcese en máis emprego, aínda que non medre ao ritmo que nos gustaría. Son autónomo e sei do que falo porque o percibo en pri-meira persoa. Algo se move na economía, e agora ese cambio é para mellor.

- Desde o Concello anúnciase unha manchea de obras.

- Pero eses anuncios teñen truco. Case todas as pequenas obras que se están a facer na vila e nas parroquias son financiadas por outras administracións, fun-damentalmente pola Deputación e pola Xunta. As dúas, por certo, están gobernadas polo PP, o que desmonta o argumento de que o PP discrimina a Ordes. Cando re-

mate o ano 2014, incluíndo a se-gunda fase do Plan “Unha Deputa-ción para todos os Concellos”, que destina a Ordes máis de 246.000 euros, a Xunta e a Deputación te-rán investido en Ordes máis dun millón de euros. Polo tanto, é cer-to que se están a facer obras en Ordes, pero na maior parte finan-ciadas por administracións alleas ao Concello, aínda que Regos llo oculte aos veciños, como lle ocul-ta moitas outras cousas.

- ¿A que se refire?- Aos pactos ocultos para ga-

rantir a gobernabilidade do Con-cello ou á xestión económica do Concello. Porque os veciños de-ben saber que nos orzamentos do Concello para 2013 se chegaron a consignar 5,4 millóns de euros para investimentos, pero na reali-dade só se investiron 1,8 millóns. Que pasou co resto? Acaso en Or-des non hai necesidades nas que investir o presuposto? Pero, sen embargo, cada veciño págalle ao Concello un 56,63% máis en im-postos municipais que no 2007. Iso é o que ten que explicar o al-calde, en lugar de enganar un día tras outro.

- Falaba vostede de pactos ocultos. Con quen?

- Non hai máis que ver o que

sucede nos Plenos. UXO e PSOE van collidos da man, votan todo conxuntamente, o alcalde mesmo xa presenta como propostas da Alcaldía documentos elaborados na sede central do PSOE. Nos Plenos, os clásicos de cabeceira da vicealcaldesa, que actúa como portavoz do Goberno, son o di-cionario -que xa aburre- e os ar-gumentarios elaborados en Ferraz para atizarlle ao PP. UXO conta con respaldo parlamentario do PSOE. Que é iso senón un pacto de Goberno?.

Desde o PP, como é lóxico, nin podemos nin debemos opoñernos, pero cuestionamos a opacidade, que se faga de costas aos veciños, porque os veciños teñen dereito a saber, máxime cando cada unha destas formacións se presentou ás municipais en listas independen-tes, e sen falar de hipotéticos pac-tos de futuro.

- Escoitándoo semella que non lle profesa moita simpatía ao alcalde e ao seu equipo.

- Parafraseando a Michael Ig-natieff, autor de Fuego y Cenizas, Éxito y fracaso en política, eu po-dería só ser amigo seu se el fixese o correcto. Pero a día de hoxe, es-tamos nas antípodas, porque difi-cilmente alguén podería ter toma-do tantas decisións desacertadas e tan seguidas.

- Por exemplo?- Falabamos antes dos máis de

9 millóns de euros de débeda que pesaron e pesan como unha lousa sobre o Concello de Ordes, e limi-tan calquera capacidade de mano-bra. Se en lugar de ampliar a Ala-meda cuns baixos nos que por cer-to cae a auga a chorro no inverno e cando non é inverno, facer despa-chos para alcalde e vicealcaldesa, ou equipar unha cafetería no cam-po de fútbol de Vista Alegre máis propia do Santiago Bernabeu que de Ordes, o crédito se tivese usado para poñer en marcha un centro de

día, eu non criticaría o Concello; estaría ao seu carón e o apoiaría, porque estarían atendendo unha necesidade real dos veciños.

Pero nada diso se fixo. Pasaron dúas lexislaturas e ¿que balance lle presentan aos veciños? ¿Que era máis necesario para Ordes, un centro de día e unha segunda gar-dería pública, ou unha nova casa do Concello?. Sexamos serios, Regos e Marín, perderon o Norte e aínda non o atoparon. Eu, que son unha persoa pragmática, tería apostado, sen dubidalo, polo cen-tro de dia, pola segunda gardería e por equipamentos similares. A obra do novo Concello non a de-mandaba ninguén. Pero aló cada un e a súa responsabilidade.

- Vólvese falar estes días do novo cuartel da Garda Civil.

- Outra vaca no millo! Outra das tomaduras de pelo de Regos que antes do inicio da crise, mer-cou con recursos do Concello o baixo no que se atopa actualmente o cuartel da Garda Civil, sen pre-ocuparse de que Interior consigna-se partidas económicas plurianuais para executar o cuartel. E agora, nin cartos nin cuartel. Un novo en-gano de Regos e do PSOE, porque aquí tamén o PSOE ten moito que dicir, porque daquela gobernaba en Madrid. E daquela, insisto, ha-bía cartos, pero parece que Regos

preferiu mirar cara outro lado.

- Falouse moito dos reparos da Intervención da Conta Xeral de 2013.

- E seguirase falando. Aquí houbo xente que perdeu a cabeza e pretende xestionar os cartos pú-blicos sen respectar as leis: iso non pode ser. O Concello pagou unha factura a cambio de nada e de-nunciámolo publicamente, porque os cartos públicos son de todos e deben estar sometidos a todos os controis fixados pola lei. Nin Re-gos nin Marín son quen de saltar a lei, nin eles nin ninguén.

- Cal é a situación do PP?- Moi satisfactoria. Persoal-

mente síntome especialmente or-gulloso de formar parte dun gran-de equipo, integrado por xente moi implicada que, a cambio de nada, colabora e participa para construír unha alternativa de Goberno en Ordes, pero tamén no ámbito pro-vincial, autonómico e nacional.

- Para rematar, un desexo para as Festas Patronais.

- Que os veciños e visitantes disfruten destas celebracións, na compañía de familia e amigos; que por uns días sexamos capaces de aparcar preocupacións, proble-mas e disputas para gozar deste tempo de lecer.

ENTREVISTA CO PORTAVOZ MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE ORDES JOSÉ LUIS MARTÍNEZ SANJURJO

“Que era máis necesario para Ordes: un centro de día e unha gardería ou unha nova casa do Concello? Regos e Marín perderon o Norte e aínda no o atoparon”

José Luís Martínez Sanjurjo lembra que “a obra do novo Con-cello non a demandaba ninguén”

“Nos orzamentos do Concello para 2013 consignáronse 5,4 millóns de euros para

investimentos, pero só investiron 1,8 millóns. Que pasou co resto?”

“Nos Plenos, os clásicos de cabeceira da vicealcaldesa son o diccionario -que xa

aburre- e os argumentarios elaborados en Ferraz para atizarlle ao PP”

A piques de rematar a lexislatura, José Luis Martínez Sanjurjo (O Casal, Or-des, 1977) afiánzase como portavoz do Partido Popular no Concello de Ordes. A súa profesión -é enxeñeiro técnico forestal e técnico topógrafo- proporció-nalle unha visión privilexiada da realidade do municipio. Coñece cada unha das aldeas e lugares de Ordes e a gran parte dos seus veciños. Dende febreiro de 2013 forma parte da executiva provincial do PP da Coruña.

Page 10: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

10

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2014

O PP de Ordes observa “evidencias de xestión irregular” no mobiliario do local do Mesón

O PP de Ordes cre que no amo-blamento do local social do Me-són do Vento se observan “novas evidencias da xestión irregular do Concello de Ordes”. Segundo din, o local foi amoblado “precipitada-mente e cun ano de retraso” des-pois de que a Intervención muni-cipal advertise de que se pagou a factura sen comprobar a execu-ción dos traballos.

A factura, tal como desvela o principal grupo da oposición or-dense, ascendeu a 25.410 euros e pagouse “sen licitación nin recep-ción dos traballos”. O PP explica que o local cultural do Mesón re-cibiu as 75 butacas “horas antes de que preguntasen de novo po-las irregularidades no pleno”.

Lembra ademais o PP que un importe superior aos 18.000 euros ten que tramitarse cun pro-ceso de licitación “que foi igno-rado”. E cita que existe un prece-dente similar co equipamento do local social de Buscás, que se tería pagado e “continúa sen aparecer”.

ORDES ORDES Os novos equipos, cunha subvención autonómica, aforran ata o 30%

Modernizan a iluminación de sete rúas para aminorar o consumo de enerxía

Os sistemas de iluminación pú-blica de sete rúas de Ordes están sendo mellorados nas últimas sema-nas polo Concello. En concreto, trá-tase da travesía do Piñeiro e das rúas da Mina, Casabella, A Fábrica, Viriato Lamas, Galicia e parte de Alfonso Senra.

Estas actuacións dan continui-dade a outras acometidas o ano pa-sado. O proxecto está subvencionado pola Xunta de Galicia, nun proxecto presentado conxuntamente polos Concellos de Ordes, Trazo e Frades. O investimento en Ordes supera os 60.000 euros.

Un dos principais fins desta inicia-tiva é acadar un aforro enerxético de ata o 30%, ademais de mellorar a ca-lidade lumínica. Segundo o goberno municipal ordense, os novos equipos reducen a contaminación luminosa e a luz “intrusa ou molesta” durante o horario nocturno, e permitirán darlle cumprimento ao regulamento sobre eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior.

Entre as medidas que se aplican,

están a instalación de interruptores de encendido astronómico combi-nado con contadores, que procuran o correcto funcionamento do servizo

adaptándose ás horas de luz natural dispoñibles en cada unha das épocas do ano.

Ademais, estanse instalando as chamadas reactancias electróxenas de doble ou triple nivel, que facilitan unha maior vida útil e un maior fluxo luminoso das lámpadas. Estas serán de 50, 100 e 150 vatios, segundo a zona na que se instalen.

O Concello explicou tamén que as luminarias se instalan sobre colum-nas de aceiro galvanizado de ata nove metros de altura e de que se contem-pla no proxecto efectuar o mante-mento dos novos equipos cada dous anos.

O estado do alumeado público, tanto nas rúas das zonas urbanas como nas aldeas, é unha das críti-cas máis recorrentes da oposición en Ordes. Falta de luz en determina-dos puntos, avarías prolongadas nal-gunhas rúas, deficiencias de mante-mento en equipos concretos, fallos de funcionamento ou a ubicación de farolas son algúns dos aspectos máis cuestionados a cotío.

Dous operarios eléctricos, captados durante os traballos nas luminarias

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Tel. 981 150 128Fax 981 246 789

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICAPENSIONES

SEGURIDAD SOCIALCIVIL

PREFERENTESSEPARACIONES

HERENCIAS

G G

Page 11: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2014 11

Consulta previa cita

Telf: 981 688 488Rúa da Canteira, 24 Bajo

15680 ORDES

Consulta previa cita

Telf: 981 688 488Rúa da Canteira, 24 Bajo

15680 ORDES

www.luzenti.es

Horario de apertura:Lunes a Viernes

Mañanas: 10 a 14 h.Tardes: 16 a 20 h.

Page 12: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

12

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2014

A ordense María Isabel Concheiro, nova secretaria xeral técnica de Medio Rural e Mar

A ordense María Isabel Con-cheiro Rodríguez-Segade, de 31 anos, é desde finais de xullo a nova secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Reempraza no cargo a Al-fonso García Magariños.

Licenciada en Dereito pola Uni-versidade da Coruña, Concheiro ocupou distintos cargos de letrada na Administración galega. En 2012 e 2013 foi letrada adscrita ao ga-binete xurídico territorial de Lugo, asumindo no 2013 a xefatura do gabinete. E desde xaneiro pasado ata hai unhas semanas ocupaba o posto de letrada adscrita ao ga-binete xurídico territorial de San-tiago. É funcionaria do corpo su-perior da Administración da Xunta de Galicia –subgrupo 1- , na escala de letrados.

Na súa toma de posesión, pre-sidida pola conselleira Rosa Quin-tana, Concheiro dixo asumir o novo cometido “moi ilusionada” e agradeceulle á titular da Conse-llería a confianza depositada nela.

ORDES

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade

ORDES Durante unha semana formáronse no coidado dos animais e das cortes

escola para novos gandeiros no MesónEntre cinco e trinta anos. Esta é a

franxa de idade do grupo de catorce participantes na sexta edición do Curso-Escola de Xóvenes Gandeiros, que nesta ocasión se desenvolveu no Mesón do Vento (Ordes).

Durante unha semana, o alum-nado aprendeu aspectos relaciona-dos coa morfoloxía das vacas, coa súa alimentación e coas tarefas de manexo e revisión dos animais. Ta-mén efectuaron prácticas de pelado, lavado ou doma, ademais de apren-der cuestións diversas sobre o man-temento das cortes. O curso foi alter-nando clases teóricas e proxeccións audiovisuais na aula de formación do recinto feiral con prácticas na nave contigua.

Na última xornada, tiveron lugar os concursos de pelado, de manexo e de presentación dos expositores. O de pelado gañouno Óscar Castro, de Lugo. O de manexo foi para Cristina Carro, de Mesía. E en presentación tivo como premiados a Ismael García, de Santa Comba; Brais Oro, de Ago-lada, Óscar Castro, de Lugo; e Marcos Rivas, de Abadín.

Para esta actividade, a granxa As Travesas Agropecuaria cedeu quince reses. Formou parte do xurado o gan-deiro Bonet Cid, de Barreiros (Lugo), xuíz moi recoñecido neste tipo de eventos e propietario da gran vaca campioa de España en 2007.

As probas remataron cun xantar nun restaurante local, ao que acudi-ron os alumnos, os monitores, os or-ganizadores do curso, acompañados polo alcalde ordense, Manuel Re-gos, e pola tenente de alcalde, Sil-

via Marín, a directora xeral de Produ-ción Agropecuaria da Xunta, Patricia Ulloa, e o xerente da Federación Fri-sona Galega, José Carlos Vega.

O rexedor de Ordes situou a gan-deiría como a actividade económica “máis importante da comarca” e des-tacou que conta cunha “altísima cali-dade”. Ofreceu o apoio do Concello, a nivel institucional e na posta a dis-posición de infraestruturas, para cur-sos deste tipo, que segundo Regos serven para “mellorar os nosos pro-dutos e a nosa gandeiría”. O curso-es-cola foi organizado polo Club de Xó-venes Gandeiros e contou tamén co apoio da Deputación e da Federación Frisona Galega (Fefriga).

INSIGNIA PARA HERBÓNNos actos de clausura, ademais

da entrega de diplomas e premios,

tivo lugar un momento especial. Tra-touse da entrega da Insignia de Ouro de Fefriga 2014 ao gandeiro Manuel Herbón Díaz. O motivo do recoñece-mento é que é o propietario da pri-meira vaca de España que superou os 200.000 litros de leite ao longo da súa vida productiva. Herbón, de Ba-ralla (Lugo), animou os máis novos a “manter a ilusión por traballar co gando” e a defendelo con orgullo.

As probas de coidado e manexo desenvolvéronse na nave da feira do Mesón

Suxiren a nova axuda mineira para a estrada de Mercurín

Os socialistas de Ordes solicitan que a nova convocatoria de axu-das para zonas mineiras se apro-veite para a reparación e mellora da estrada que une o polígono de Merelle co do Acevedo a través de Mercurín. O PSOE local cre que esta pode ser “a derradeira opor-tunidade de conseguir unha axuda directa para deixar o vial en condi-cións dignas para o tránsito”.

A nova convocatoria xa foi pu-blicada nun real decreto do Go-berno central e inclúe Ordes como concello mineiro afectado con ca-rácter excepcional. Así, o munici-pio pode ser beneficiario das sub-

vencións, que cobren tanto a exe-cución de proxectos de infraes-truturas como a de proxectos de restauración de zonas degradadas.

Os socialistas consideran que o proxecto de Mercurín ten encaixe na nova convocatoria, que forma parte do marco de actuación acor-dado para 2013-2018. Lembran o mal estado do vial, restrinxido ao tráfico pesado desde hai uns me-ses, e culpa á Xunta pola súa “in-acción”, din, na xestión dos conve-nios do Plan Miner. Nun principio orzamentáranse uns 2,8 millóns para o proxecto, hai un lustro, pero non chegou a materializarse.

ORDES O PSOE pide aproveitar a ocasión

Insignia de ouro de Fefriga para Herbón

Marga Lagares - 981 69 76 60C/ Paraíso, 67. Bajo - 15680 - ORDES

Page 13: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

MEDIO AMBIENTE

Crónicas - Agosto 2014 13

A Comisión Europea aposta por reciclar o 70 por cento dos residuos no 2030

POTENCIARÁ A RECUPERACIÓN ENERXÉTICA DA PARTE NON RECICLABLE, ELIMINANDO O VERTIDO

Pasar dunha economía lineal a unha economía circular. Ese é o gran reto da Comisión Euro-pea. De aí que nunha das súas últi-mas comunicacións propoña o re-ciclado do 70 por cento dos resi-duos no ano 2030 (fronte ao actual 42 por cento), aumentando a uti-lización dos recursos contidos nos mesmos nun 30 por cento e poten-

ciando a valorización enerxética da parte non reciclable mediante un uso máis eficiente da mesma.

Ademais, Bruxelas formula fixar un obxectivo de reciclaxe para envases do 80 por cento, así como obxectivos específicos para determinados materiais que se in-crementarán de forma progresiva

entre 2020 e 2030: o 90 por cento para o papel en 2025, o 60 por cento para plástico, o 80 por cento para madeira e o 90 por cento para metais férricos, aluminio e vidro a finais de 2030.

De forma paralela, contempla prohibir arroxar refugallos recicla-bles en vertedoiro a partir de 2025,

así como diminuir os residuos ali-mentarios un 30 por cento e o lixo mariño na mesma porcentaxe para 2020.

Entende que con estas medidas, por outra banda difíciles de cum-prir para España, toda vez que, segundo datos de Eurostat relati-vos ao ano 2012, o noso país reci-cla tan só o 17 por cento e verte o 63 por cento, aumentarase o PIB en preto dun 1 por cento e crea-ranse novas oportunidades labo-rais (da orde de 2 millóns de pos-tos de traballo extra), ademais de

minorar as emisións entre un 2 e un 4 por cento.

Resulta evidente que existen notables diferenzas na xestión dos residuos por parte dos Estados membros. Mentres que os do norte contan cunhas taxas de vertido in-feriores ao 5 por cento e cuns ni-veis de reciclado que, nalgúns ca-sos, teñen alcanzado o 85 por cento, outros países, como os de recente incorporación á Unión Eu-ropea, verten máis do 90 por cento e reciclan menos do 5 por cento.

As medidas aumentarán o

PIB e o emprego

Formúlase así un modelo eco-nómico diferente onde a reutili-zación, a reparación e o reciclado convértense na norma, logrando ao mesmo tempo unha Europa máis competitiva.

Porque na UE aínda xeramos unhas 5 toneladas de residuos por persoa e ano, e pouco máis dun terzo desa cantidade é o que se recicla de forma eficaz. Neste contexto, o obxectivo diríxese cara a redución de desperdicios, a reciclaxe, procurando que sexa

unha importante fonte de mate-rias primas, a recuperación ener-xética só a partir de materiais non reciclables e a práctica eli-minación do seu depósito en ver-tedoiros.

Tal e como manifestaba re-centemente o Comisario de Me-dio Ambiente, Janez Potocnik, “se queremos competir temos que sacar o máximo rendemento aos nosos recursos, o que sig-nifica reciclalos para darlles un novo uso produtivo, non arroxa-

los en vertedoiros”. Trátase, en todo caso, en palabras da Comi-saria europea de Investigación, Innovación e Ciencia, Máire Geoghegan-Quinn, de “avanzar cara a unha economía baixa en carbono, eficiente no uso dos re-cursos, ecolóxica e competitiva”, aportando o novo programa de Horizonte 2020 os coñecementos técnicos necesarios.

Neste marco, serán someti-das a revisión a Directiva sobre residuos, a Directiva sobre ver-

tedoiros e a Directiva sobre en-vases e residuos de envases, sim-plificando a lexislación vixente e intensificando a cooperación entre a Comisión e os Estados membros para garantir unha me-llor execución.

Cambio de modelo económico, cos tres R como norma para lograr á vez unha Europa máis competitiva

Vista da Planta Termoeléctrica de Sogama, nas instalacións do seu moderno complexo ambiental en Cerceda

Page 14: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

14

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2014

Novo tobogán para completar os xogos acuáticos na piscina

OROSO Ten dous metros de alto e é moi esvaradizo

Aos xogos acuáticos cos que conta desde hai unhas semanas a piscina municipal de Oroso faltáballes o seu principal compañeiro. Pero desde hai uns días xa está instalado e funcio-nado. O tobogán acuático duns dous metros de altura instalado nun dos laterais do vaso convertiuse nunha das atraccións preferidas polos máis

pequenos, polo seu deseño curvo e por ser moi esvaradizo.

As instalacións foron inauguradas polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo xerente da empresa Norjapi, Avelino Liñares, subministradora dos equipamentos. Contan con outro to-bogán máis pequeno, dúas setas de auga e dúas columnas de chorros. Os novos xogos acuáticos e a posta a punto da piscina custaron 39.000 euros

A deputación márcase o reto de potenciar o camiño inglés aproveitando a “saturación” das outras rutas

ORDES A Fundación Amancio Ortega e a entidade provincial financian a prantación de dous milleiros de árbores

Toca poñerse as pilas para facer que o Camiño Inglés se coñeza máis e mellor. Despois de lustros practica-mente ao mínimo, as administracións dan agora pasos para promocionar este itinerario de peregrinos. E unha das principais bazas que emerxe é a de “aproveitar que outros [trazados] están saturados”, en palabras de Ja-vier Rodríguez Losada, da asociación Tesouros de Galicia, que colabora coa Deputación da Coruña nunha se-rie de medidas para “revitalizar” este Camiño.

“Temos marca, temos posibilida-des e hai interese”, comenta Rodrí-guez Losada, á vez que o vicepresi-dente segundo da Deputación, Anto-nio Cañás, cre que o reto se deberá afrontar cunha relación de “sim-biose” entre Tesouros de Galicia, a Deputación e os dezaoito Concellos polos que discorre o itinerario. Na comarca son Mesía, onde conflúen as variantes que veñen de Ferrol e da Coruña, Ordes e Oroso.

O propósito foi exposto nun en-

contro no que se anunciou a pran-tación de máis de dous mil árbores en todo o percorrido. Serán piñeiros bravos, piñeiros insignes, castiñeiros e cerdeiras, cos que se pretende mar-car e reforestar o trazado nas zonas onde sexa posible. Esta acción está financiada pola Fundación Amancio Ortega e pretende promover e pro-texer os valores ambientais do Ca-miño Inglés, que presenta ecosiste-mas como rías, ríos e fragas.

HABERÁ UNHA GUÍAAdemais desta medida ambien-

tal, están previstas outras accións por parte do equipo multidiscipli-nar creado para o estudo da ruta no marco do acordo entre a Deputación e Tesouros de Galicia, coa colabora-ción da Fundación Universidade da Coruña.

Unha delas vai ser a edición dunha guía turística bilingüe, froito dos tra-ballos de planificación de percorrido, definición de etapas ou a identifica-ción de lugares para visitar que es-

tán acometendo os estudantes do equipo durante catro meses. Super-visados por un coordinador, son cinco bolseiros de Turismo, dous de Comu-nicación, un de Medio Ambiente, un de Historia e outro de Socioloxía.

Outra das súas intencións é ho-

moxeneizar a información dispoñible agora en distintas webs nunha soa páxina e impulsar campañas de sen-sibilización da poboación con iniciati-vas educativas e de voluntariado vin-culadas co itinerario, co fin de pro-texelo e potencialo.

Reunión na Deputación sobre as medidas de potenciación do Camiño Inglés

Peregrinación polo Camiño Inglés organizada por frades franciscanos de España, Italia e Portugal, con máis de 70 participantes pasando a noite no Mesón do Vento

O itinerario gaña peso no que vai de ano, con 3.366 peregrinosO Camiño Inglés rexistra 3.366

peregrinos no que vai de ano, en concreto ata o 27 de xullo, segundo os datos eficazmente achegados pola Oficina de Atención ao Pere-grino e os responsables de Comuni-cación da Catedral de Santiago.

O dato implica un 2,88% dos arredor de 116.000 camiñantes que obtiveron a ‘Compostela’ chega-dos de todos os Camiños ata San-tiago ata ese día. Supón un avance no peso relativo, xa que en 2013 tal cota quedara no 2,04% (4.404 pere-grinos dun total de 215.876).

A falta de cinco meses para rema-tar o ano, é previsible ademais que o Camiño Inglés supere os rexistros do ano pasado, que xa fora o mellor desde o Ano Santo 2010, cando se acadaran un total de 6.442.

O fenómeno, lento pero aparen-temente imparable, fai que se rei-teren as demandas de instalacións para atender os peregrinos. Ordes volveu pedir o albergue en Poulo, na antiga rectoral, ante o silencio da Xunta. En Oroso, abriron instala-cións privadas e o proxecto público está aparcado.

Page 15: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2014 15

Page 16: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

16

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2014

Feira con máis de 2.500 cansORDES A edición máis concorrida, segundo o Concello

A Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento superou os 3.500 visitantes, segundo o Concello. Unha cifra que a convertería na edición máis conco-rrida das 22 celebradadas. No recinto expuxéronse máis de 2.500 exempla-res de máis de 70 canceiras e criado-res. Son datos que consolidan esta cita como a máis relevante do seu xé-nero no noroeste da península.

Ademais das exhibicións e con-cursos, este ano destacou o recoñe-

cemento ás mulleres cazadoras. In-tegrantes da peña de caza Avante re-cibiron diplomas de recoñecemento polo seu labor para normalizar a cinexética entre as mulleres. Foi re-coñecida tamén Ana de Nonito, ve-ciña de Lesta, por toda unha vida dedicada á caza. O alcalde, Manuel Regos, e a tenente de alcalde, Sil-via Marín, entregaron as distincións. Os establecementos da zona impli-cáronse con receitas de caza

- Como se desenvolveu a proba na que gañou?

- Participaron cazadores de toda a provincia e eu acudín con dúas cade-las, Gali e Nala, ambas as dúas setter inglés. A proba estivo rendida polo ca-lor que había e a extensión do terreo, xa que o que puntuaba era o tempo en que se buscaba a perdiz, facer a mos-tra e o levante da peza. Calquera das dúas podía gañar porque en pouco tempo fan unha gran busca. Ademais, posúen unha gran forma física grazas ao adestramento continuo e un bo na-riz, co que localizan as pezas a gran dis-tancia.

Pero Gali foi a primeira que saíu ao campo e tras unhas longas carreiras chegamos á tan ansiada perdiz, fixo a parada perfecta, aguantou a que che-gase eu, levantei a man ao xuíz para que me dera a opción de poder man-dala entrar e levantar a peza… e con 1 minuto e 44 segundos foi a gañadora.

Por certo, quería aproveitar para saudar a todos os cazadores e agrade-cer tamén á organización da feira do Mesón do Vento, que triunfou un ano máis. Esperemos vernos para o ano outra vez.

- Que cualidades destacaría de Gali para que acadar o primeiro premio?

- É unha cadela que agora ten catro anos e estame dando moitas alegrías e bos resultados. Ademais de ser mor-foloxicamente perfecta dentro da raza setter inglés, tamén posúe un gran pe-digree, pois é filla do tan laureado can de gran busca Palaziencis Rambo.

- Desde cando cría e adestra cans de caza? Como empezou?

- Eu ata hai dous anos era cazador empedernido de xabaril, pero decidín

reducir o gasto económico, xa que a caza do xabaril ten uns gastos excesi-vos. Cada mes ascendían a uns 400 ou 500 euros, ao que habería que sumar colares localizadores, o todoterreo, un gran remolque, manter os cans todo o ano… Entón, como a min o que me gusta é disfrutar dos cans, decidín in-tentalo coa caza de pluma.

- Que valora no setter inglés como a súa raza preferida?

- Estou contentísmo con esta raza. Os setter inglés son cans cun tremendo nariz, con moita andadura tanto en monte limpo como en maleza. Ade-mais, posúen moito pelo e adáptanse moi ben ao clima que temos en Gali-cia, de tanta auga e frío. Dentro desta raza, hai varios tipos: branco e negro, tricolor, branco e fígado, e branco e la-ranxa, que son a miña debilidade. Son cans moi sociables, cariñosos e ma-nexables, que aprenden moi pronto a cazar, parar, portar…

- Cantos cans ten na actualidade?- A miña canceira conta con cinco

setters: as dúas cadelas adultas coas que competín e tres cachorros que te-ñen tamén un excelente pedigree. Con eles xa teño que empezar a adestrar.

Polo de agora, non me dedico á cría, xa que o primeiro que hai que ter é boa xenética e eso leva o seu tempo. Pero espero en poucos anos poder criar cans desta raza e que poida crear un propio afixo para que os ca-chorros leven o meu nome. Pero pri-meiro imos adestrar duro e intentar sa-car o máximo rendemento a cada can. Teño moi bos mestres e como eu vivo a caza como se fose o meu pan de cada día sei que pronto dará os seus froitos, como xa pasou na caza do xabaril.

- Rendibiliza esta actividade?- É practicamente imposible rendi-

bilizar a caza, xa que sempre hai gas-tos. O que recibes a cambio son boas sensacións. Quen o sabemos somos realmente nós, os cazadores!

- É moi duro preparar un can?- Todo can de caza ten que ter moi-

tas horas de adestramento, máis ou menos dependendo da capacidade de aprender deles. Primeiro hai que in-tentar que faga as mostras da peza que queres cazar e despois poñelo nunha boa forma física. O can ten que aguan-tar a velocidade coa que sae pola mañá e continuala ata a noite porque o nor-mal é cazar todo o día. Sen embargo, os campionatos só son uns tempos es-pecificados segundo a proba.

- Os cazadores teñen facilidade para facerse con bos cans de caza ou é un mercado pouco desenvolto?

- Para mercar un cachorro, en Ga-licia temos moi bos criadores cos que facernos cun can cun bo pedigree. O seu prezo medio adoita estar sobre os 500 euros, pero paga a pena porque con el traes unha garantía sanitaria e de traballo.

É moito mellor que andar cruzando cans que sabemos que non van dar bos resultados e que despois hai xente que os abandona. Así que os cazado-res temos que concienciarnos de que temos que comprar algo que pague a pena porque o barato ao final sae caro.

- Cales son os principais erros á hora de criar e adestrar un can?

- Un dos máis habituais é que hai xente que non os saca en todo o ano, nada máis que na caza. E cando chega o día queren que cacen como un moi adestrado. Moitas veces case nin co-ñecen o dono. É triste, pero é a reali-dade. Outro problema é que moitas veces pedimos máis do que o can pode dar porque os cans de caza fanse no monte, adestrando duro horas e ho-ras e vendo moita caza. Se non é así, nunca dará o que ten que dar.

- Que faría con quen abandonan os seus cans por non consideralos xa ‘útiles’?

- Eu pediríalles a todos eses cazado-res que por favor nunca críen cans por criar, e que van deixar abandonados. Concienciémonos e pensemos o que imos facer antes de criar un cachorro.

ENTREVISTA Pablo Raña Regueira, gañador no campionato de caza de mostra por tempos no Mesón do Vento

“É máis barato un pedigree caro que andar cruzando”Pablo Raña, de Buscás (Ordes), gañou coa cadela Gali o campionato de cans de mostra por tempos disputado no marco da Feira de Cans de Caza do Mesón do Ven-to. Con este xoven pero experimentado cazador falamos sobre o coidado e adestramento de cans de cinexética.

Raña, coa cadela Gali, planea criar setter inglés cun afixo propio nuns anos

Page 17: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

OPiNiÓN

crónicas - Agosto 2014 17

ÁREAS DE PRÁCTICADereito Mercantil, Civil, SegurosDereito Administrativo, PenalDereito Laboral e SocialFamilia e SucesiónsContencioso- administrativo, arbitraxes e Xestión recuperatoria de débedas

COBERTURA INTERNACIONALOfrece total cobertura internacional cun

único interlocutor para o noso cliente,encargándonos da xestión, seguimento e

asesoramento integral cos nososcolaboradores no exterior

CASTRO AVOGADOSGONZALO-HENRIQUE CASTRO PRADO

Rúa Parque Félix Rodríguez del Fuente - 54, 3 B - 15680 OrdesAvenida Rosalía de Castro 105, baixo - 15706 Santiago de CompostelaTeléfonos: 981 594 460 - 981 596 252 - 698 159 678 - Fax: 981 594 460

www.castroavogados.com - [email protected]

A adopción internacional, tan de actualidade nos últi mos tempos, ten numerosas implicacións cos derei-tos fundamentais inalienables da in-fancia. Así o ten adverti do o Conve-nio da Haia de 29 de maio de 1993 relati vo á Protección do Neno e á Co-operación en Materia de Adopción Internacional (Convenio da Haia so-bre Adopción), que protexe aos ne-nos e ás súas familias contra os riscos de adopcións internacionais ilegais, irregulares, prematuras ou mal xes-ti onadas. Este Convenio, que tamén opera a través dun sistema de Autori-dades Centrais, reforza a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno (art. 21) e pretende garan-ti r que as adopcións internacionais se realicen no interese superior do neno e con respecto aos seus dereitos fun-damentais, así como previr a subtrac-ción, a venda ou o tráfi co de nenos.

Esta normati va internacional ten o seu correlato interno na Lei 54/2007, de 28 de decembro, de Adopción in-ternacional, que tamén fai da preva-lencia do interese superior do neno a súa razón de ser. Mais o problema é que, como pasa en tantas ocasións, dirimir que é o mellor para o neno móvese nese delicado e confuso es-pazo entre o bo e o posible, o desexa-ble e o menos malo.

Existen na actualidade dúas co-

rrentes de opinión contrapostas no tocante á adopción internacional, unha maioritaria que considera unha boa noti cia o descenso á metade das adopcións internacionais en todo o mundo desde 2004, ao responder este descenso a un aumento dos con-trois e á diminución dos menores en desamparo suscepti bles de ser aco-llidos, pola contra, hai algunhas vo-ces que, tamén proclamando ese in-terese superior do menor, advirten contra esa tendencia, considerando que esas boas intencións no control das adopcións poden casti gar a miles de menores que na prácti ca ven obri-gados a pasar máis tempo en orfana-tos ou se lles pecha a posibilidade de ser adoptados.

Un dos aspectos máis controver-ti dos é o “principio de subsidiarie-dade” que contempla o Convenio da Haia que establece que “se un neno pode ser adoptado no seu país, non debe estar dispoñible para a adop-ción internacional”, ao que debemos engadir a necesidade do control e a intervención xudicial nestes proce-dementos.

Os detractores deste principio de subsidiariedade argumentan que con este requisito alárganse os tem-pos de espera que pasan os nenos

nos orfanatos e fai que o perfi l dos nenos adoptables desde outros paí-ses varíe cara a rapaces maiores e con problemas fí sicos ou psíquicos. Mais o certo é que este principio de subsidiariedade ten a súa razón de ser no feito de que a adopción inter-nacional debe ser o últi mo recurso, porque supón renunciar ao máis va-lioso que ten un país, a súa infancia.

Non debemos esquecer que desde mediados do oitenta até 2004 houbo unha enorme expansión das adopcións desde países ricos a países pobres e iso trouxo consigo algúns resultados indeseados. Produciuse un fenómeno tan terrible como in-cuesti onable: a presión da demanda xerou un aumento da oferta. Se hai alguén disposto a conseguir un bebé custe o que custe, sempre haberá al-guén que trate de sati sfacer esa de-manda e de aproveitarse. Grazas ao establecido no Convenio da Haia e ao bo xuízo da maior parte das familias e as autoridades implicadas, case to-das as adopcións fi xéronse de forma correcta. Pero débense establecer todas as medidas e requisitos posi-bles para lograr que as excepcións a esta regra sexan as menores posi-bles.

Neste contexto, van gañando

forza as teses e os controis que esta-blece o Convenio da Haia, ao que se van engadindo cada vez máis Estados e que, entre os seus principios esta-blece que as nais só poden consenti r a adopción do seu fi llo tras o nace-mento do mesmo, que non pode ha-ber contacto algún entre os candida-tos á adopción e o neno ou nena ou os seus familiares ou representantes antes de que se teña realizado a asig-nación, e que se prohiben os benefi -cios materiais indebidos, ademais do citado criterio de subsidiariedad.

En conclusión, atopámonos hoxe

en día un límite infranqueable na adopción internacional que garda relación directa cos dereitos funda-mentais do neno, que ven impulsado polo principio de que a adopción in-ternacional abrirase só cando non fose posible atopar para no seu pro-pio país unha forma de coidado al-ternati vo de carácter familiar e per-manente para o neno, o reto consiste en atopar o equilibrio entre o tempo e as medidas coas que se vai a apoiar á familia de orixe do neno con vistas á súa reintegración na propia familia; e a necesidade de atopar unha solu-ción de ti po familiar permanente e estable para o neno. Nese equilibrio atópase a garantí a tanto dos derei-tos fundamentais do neno, como das lexíti mas espectati vas dos pais adop-tantes.

A adopción internacional e os dereitos fundamentais do neno

Gonzalo H. Castro Prado, avogado

Page 18: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

18

ecONOMíA

crónicas - Agosto 2014

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña)[email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94

Taller multimarcaAmortiguadoresMecánica en xeral e neumáticosRevisións I.T.V.Cambios de aceiteEmbraguesDistribuciónsFrenosPresupostos sen compromisoDiagnoses multimarcaAliñado de direcciónAire acondicionado

Desexámoslle

felices festas!!!

Seis mil gandeiros recibirán 107.000 toneladas adicionais de cota para 2014-2015

Galicia obti vo 107.000 tonela-das de cota leiteira da reserva na-cional para esta campaña 2014-2015, a derradeira cos dereitos de produción limitados. A canti dade estase distribuíndo entre uns seis mil gandeiros galegos en cesións directa. A percepción para Galicia é o 40% do total de España e su-pón un 9% máis que na campaña pasada, segundo a Xunta.

Ao tratarse dunha asignación de ofi cio, que ademais ten carác-ter gratuíto, a administración in-cide en que non é necesario que os produtores efectúen solicitude algunha. Os requisitos que teñen que cumprir é ter realizado entre-gas ou vendas directas superiores ao 85% da cota dispoñible e non ter sido cedentes de cota durante a tempada pasada.

Para coñecer a nivel indivi-dual a canti dade que lle pode co-rresponder a cada explotación, a Xunta remite a consulta ás aplica-cións informáti cas habilitadas que se usan habitualmente para coñe-cer este ti po de datos.

Aínda que a Consellería ma-ti za que esta asignación se efec-túa cada ano e que non ten como fi n único miti gar a sobreproduc-ción, a ninguén se lle escapa, nin ao propio goberno, que este ano lles axudará ás granxas a planifi -car a campaña, axustando mellor a produción á cota, para evitar o risco dunha posible supertaxa.

LEITE

O aproveitamento da biomasa é un dos grandes retos do rural na co-marca, que ten a gandeiría e a agri-cultura como principal motor e a ac-ti vidade forestal como un comple-mento nada desprezable. Son opor-tunidades de negocio que están aí pero que non acaban de despegar.

Por eso, xerou expectati vas eco-nómicas a recente presentación da Estratexia de Impulso á Biomasa 2014-2020 por parte da Xunta de Ga-licia. A esti mación do goberno auto-nómico é que mobilice uns 450 mi-llóns de euros en investi mentos, con axudas directas superiores aos 89 millóns, e a xeración de mil postos de traballo en toda Galicia.

O plan foi presentado ante axen-tes do sector polo propio presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo ma-nifestou que o obxecti vo é “crear unha auténti ca industria da biomasa en Galicia”, cunha acti vidade empre-sarial que facilite ser “líderes e refe-rentes nesta materia a nivel estatal”, asegurou.

Coa metade da masa forestal de toda España, o aproveitamento dos recursos do monte para obter unha enerxía máis limpa favorecería unha menor dependencia do petróleo, axudaría a previr os incendios fores-tais, ocasionaría un aforro enerxé-ti co duns 70 millóns de euros ao ano e evitaría a emisión de 246.000 tone-ladas de CO2 anuais. Eso sempre que se cumpran os cálculos desta nova estratexia de ámbito autonómico.

O novo plan autonómico da biomasa xera perspectivas de negocio na zona

COMARCA A Xunta cre que mobilizará 450 millóns de euros ata 2020 en toda Galicia

O eucalipto e o piñeiro son as principais especies forestais cultivadas na comarca

Desconfi anza na oposición, á vista do precedente da enerxía eólica

A oposición observa como unha mera declaración de intencións a es-tratexia da biomasa. Comparten o propósito, pero desconfí an da capaci-dade do executi vo para levalo a cabo. O portavoz de Industria do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego, Abel Lo-sada, coida por eso que o plan nace morto e non supón máis que “outro coello sacado da chistera” por parte de Feijóo para desviar a atención so-bre as “políti cas erróneas” da Xunta no sector enerxéti co.

Como razón para a desconfi anza, Losada apela ao precedente da ener-xía eólica. O socialista explicou que nos últi mos catro anos “non se ins-talou nin un só muíño de vento” vin-culado ao Plan Rexurde 2010, que impulsou a propia Xunta. Ademais, acusou á Xunta de “baile de cifras” co sector eólico, xa que en 2010 fa-laba de 6.000 millóns de euros en in-vesti mento e 14.000 empregos nese desenvolvemento e agora de 700 mi-llóns e de 1.400 empregos.

Page 19: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

ÁMBITO PROVINCIAL

Crónicas - Agosto 2014 19

O Plan DTC93 da Deputación da Coruña inviste 1,2 millóns de euros na comarca

NO CONXUNTO DA PROVINCIA BENEFICIA A TODOS OS CONCELLOS CUN INVESTIMENTO DE 18,5 MILLÓNS

O pleno da Deputación da Co-ruña xa aprobou, en dúas fases, os investimentos que se acomete-rán con cargo ao seu Plan DTC93 (Unha Deputación para Todos os Concellos), que nos sete mu-nicipios que integran a Comarca de Ordes suporá unha achega de 1.219.723,56 euros. No conxunto da provincia, este programa supera os 18,5 millóns de euros de inves-timento.

O DTC 93 é un plan da Deputa-ción de marcado carácter extraordi-nario e conxuntural. Constitúe unha resposta da entidade provincial á crise económica, co propósito de cooperar cos Concellos para garan-tir o funcionamento dos servizos municipais esenciais. É o segundo ano que se acomete esta iniciativa.

Deste xeito, esta actuación con-

crétase na colaboración da Deputa-ción no financiamento de diversos investimentos e gastos das admi-nistracións locais.

Por unha parte, os Concellos po-den destinar os cartos a obras e sub-ministracións, como a reparación e mantemento de edificios ou instala-cións municipais, o arranxo e con-servación de camiños, a ilumina-ción pública, e reparacións de man-temento en abastecementos de auga potable e na rede de sumidoiros. Ta-mén se puido incluír a adquisición de maquinaria, material técnico es-pecial ou vehículos directamente destinados ao funcionamento dos servizos públicos.

Por outra parte, o plan tamén serve para financiar honorarios de redacción de proxectos das obras contratadas externamente e ache-

gas municipais a outros plans, pro-gramas e convenios.

Do DTC93 beneficiáronse to-dos os Concellos da provincia. As cantidades económicas asignadas a cada un deles foron calculadas se-guindo unha serie de variables fun-damentadas en criterios obxecti-vos. Ademais dunha cota fixa, que decide o 10% da cantidade, a con-tía foi determinada polo esforzo fis-cal (20%), o número de parroquias (10%), a poboación total (30%) e a superficie do municipio (30%).

O presidente da Deputación, Diego Calvo, destaca que este “é o plan máis flexible de todos os que existen nas deputacións galegas” e por eso consegue eficazmente a co-laboración no financiamento de in-vestimentos e gastos dos Concellos da provincia.

A Deputación da Coruña re-formará a travesía DP 5903 no Agro do Mestre en Trazo para gañar en seguridade viaria. A achega de 391.930,04 euros aprobouse no último pleno e forma parte do Plan de Travesías do ente provincial para este ano.

As obras realizaranse no nú-cleo do Agro do Mestre, que per-tence á parroquia de Xavestre e no que viven unhas 60 persoas. Na zona localízanse o centro de saúde, a farmacia e varios locais de hostalería. Polo tanto, é un es-pazo moi transitado.

En concreto, actuarase dende o punto quilométrico 16,810 ao 17,375 da DP 5903 e tamén nos primeiros 146 metros da DP 7804 no seu entronque coa ante-rior. Comeza polo tanto no cruce a Benza e Monzo e remata a obra no centro de saúde.

Os traballos consistirán na ampliación dos carrís a máis de tres metros e incorporarase unha senda peonil en ambas marxes, de tal xeito que no sentido de Ordes a Santiago pola marxe de-reita se inicia a senda no cruce de a Benza e Monzo e se remata na CP 7804. Pola marxe esquerda este paso iníciase nas primei-ras vivendas ata chegar ao cen-tro sanitario. Alí vanse executar beirarrúas nas dúas marxes.

A senda peonil terá un an-cho de entre dous e dous metros e medio cun bordo de formigón. Ademais, nas beirarrúas instala-rase unha varanda de 190 metros de lonxitude.

Para completar o proxecto, a Deputación creará oito zonas de estacionamento para 50 prazas nas proximidades dos lugares máis habitados e xunto ao cen-tro de saúde.

A obra inclúe toda a sinali-zación horizontal e vertical, in-cluíndo pasos peonís e a instala-ción de bandas sonoras.

400.000 euros para a travesía de Agro do Mestre (Trazo)

Proxectos financiados polo Plan Unha Deputación para Todos os Concellos (DTC93) nos sete municipios da comarca de Ordes

CONCELLO DENOMINACIÓN DO PROXECTO IMPORTE

CERCEDA Reparación de beirarrúas na Silva.Reparación de camiño de Seixas a Astande (Queixas).Reparación rúa polígono.

70.711,58 80.356,56 52.642,42

203.710,56

FRADES Acondicionamento da rede viaria Abellá, Aiazo, Galegos e Moar.Acondicionamento rede viaria de Céltigos, Vitre, Añá e Ledoira.Acondicionamento da rede viaria de Papucín, Frades e Mesos.

48.387,37 48.593,61 35.133,15

132.114,13

MESÍA Reparación camiño en Meilán (Olas) e outros. Reparación camiño na Areosa (Mesía) e outros. Reparación camiño na Uceira (Bascoi) e outros.

47.564,88 47.671,80 51.108,49

146.345,17

ORDES Iluminación pública rúa Mestre Nicolás do Río. Reparación rúas: da Igrexa, Xardín.Rep. R/do Parque, Travesía do Regueiro.

50.234,59 60.299,65 136.397,93

246.932,17

OROSO Adecentamento da calzada da Rúa Otero Pedrayo.Reforzo estructural Casa do Concello.Reparación. Beir.ilum. Pub. E pluv. R/Portiño.

30.000,00 38.166,72 108.374,00

176.540,72

TORDOIA Rep. Beirarrúas C. Muiño a ximnasio. Rep. Camiño Ambroa a Folgueira (Andoio). Rep. Camiño Santaia - Arcai de Abaixo.

52.084,37 59.447,45 53.659,60

165.191,42

TRAZO Acond. camiños na Garga, Combel e Samartiño.Acond. camiños en Oa, Castelo e Quintáns.

100.747,34 48.142,05

148.889,39

COMARCA DE ORDES 1.219.723,56 euros

Page 20: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

20

xeNte de Aquí

crónicas - Agosto 2014

tras o Verán cultural, as festas!ORDES Actuacións para todos os públicos e verbenas

Seguro que non para todos, pero agosto é sinónimo de vacacións, tempo libre e festa. En Ordes, basta saír á rúa estes días a determinadas horas para comprobar tal evidencia. A programación do ‘Verán Cultural’ está servindo de preludio para as fes-tas patronais, que se celebrarán en-tre o 14 e o 17 de agosto.

O ciclo cultural, que comezou coa representación teatral ‘Sede de mal’ con entrada de balde, proseguiu cun dos acontecementos indispensables do estí o desde fai xa tres lustros. Trá-tase da XV Xuntanza de Bandas de Música, na que este ano comparti -ron escenario as bandas de Ordes e de Brión. Organizado pola Asociación Cultural Amigos da Música en cola-boración co Concello, este encontro trouxo durante estes quince anos a Ordes máis dun milleiro de músicos dunha manchea de presti xiosas ban-das de toda Galicia.

Por certo, que Amigos da Música de Ordes mantén aberta unha cam-paña de socios desde principios de ano ata este mes de agosto, co pro-pósito de “abrie e achegar a asocia-

ción e a banda aos veciños e veciñas da comarca de Ordes co fi n de seguir medrando como asociación e agru-pación musical”, segundo aseguran.

Monicreques, espectáculos mu-sicais, maxia, acrobacias, teatro, hu-mor... fóronse sucedendo estes días con propostas para toda a familia, ata chegar nos vindeiros días ás tradicio-nais celebracións das festas de Santa María, que adoitan traer milleiros de persoas ata a vila.

O programa fi xou para este xo-ves 14 as actuacións da orquestra Alarma e dunha agrupación musical. O venres 15, actúan a banda de mú-sica de Arca, os gaiteiros ‘Os Viquei-ras’ e uns cabezudos. A sesión vermú e a verbena será responsabilidade das orquestras Palladium e Ponte-vedra. Xa o 16, sábado e Día do Emi-grante, actuarán ‘Espadana Gaitei-ros’ e a banda de Ordes, con sesión de mediodía e noite a cargo das or-questras Armonía Show e Sintonía de Vigo. O domingo 17, remate da festa con pasarrúas de gaiteiros e sesión vermú e verbena coas orquestras Pa-norama e Bahía Blanca. Espectáculos de monicreques e de maxia na Alameda ordense

ORDES

elevada participación nas escolas de Verán ordensesAs Escolas de Verán do Concello

de Ordes contan coa parti cipación de setenta nenos e nenas en cada unha das quendas quincenais que se desenvolveron ata agora.

Ata fi nais de agosto, este pro-grama de ocio educati vo e de conci-liación familiar do Concello ofréce-

lles diversas acti vidades relaciona-das con temáti cas como os ofi cios e o cine.

Ademais, están programadas saí-das a parques e zonas verdes, excur-sións e xornadas de baño e xogos na piscina descuberta do Muíño e visi-tas a outros puntos de interese.

ACTIVIDADES DE VERÁN

NO CONCELLO DE FRADES

AGOSTO22 agosto. EXCURSIÓN AO AQUAPARKGratuíto para menores de 4 anos e 5 € empadroados.

23 agosto. MARATÓN DE FÚTBOL 7A partir das 10.30 h. Infantil e cadetes. Campo de Abellá.

24 agosto. XVII MARATÓN FÚTBOL INTERPARROQUIALA partir das 10.00 h. Campo municipal de Abellá.

29 agosto. I TORNEO MUNICIPAL DE TENISPista municipal de Ledoira. Gratuita. Individual e dobres.

30 agosto. DÍA DA BICICLETA10.30 h. Praza de Ponte Carreira. Gratuita (previa inscrición).

30 agosto. CAMPIONATO DE PÁDEL16.00 h. Pista municipal de Papucín. Gratuita.

SETEMBROEXCURSIÓN A CABÁRCENO (SANTANDER)19. 20 e 21 de setembro. Visita a Asturias, Cantabria e Parque da Natureza de Cabárceno. Anotarse antes do 5 de setembro.

Información e inscricións no Concello de FradesTelf: 981 69 55 67 - www.concellodefrades.es

Page 21: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

xeNte de Aquí

crónicas - Agosto 2014 21

Oitenta persoas acoden cada semana á praia co Concello

Unhas oitenta persoas parti -cipan todas as semanas no pro-grama municipal do Concello de Mesía ‘Imos á praia’. Cada xoves dos meses de xullo e de agosto, acoden en autobús ao areal de Boiro.

Os parti cipantes son veciños e veciñas de todas as idades, se ben predominan as persoas maio-

res e os máis novos. Son os dous colecti vos con maiores difi culta-des á hora de desprazarse pola súa conta, unha razón pola que o Con-cello asegura que creou este pro-grama hai xa varios anos. O servizo custa cinco euros por persoa e día, con descontos para os menores de doce anos. Os autobuses fan para-das en diversas parroquias.

Participantes nas excursións do Concello de Mesía á praia de Boiro

MESÍA

A comarca divírtese no Aquapark

Entre os centos de autobuses que recibe o Aquapark de Cerceda ao longo do verán, non faltan as visitas de Frades (arriba) e de Mesía (abaixo) con deceas de nenos e xóvenes dispostos a pasalo ben.

FRADES-MESÍA

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

C/ Alfonso Senra, 18 15680 ORDES - Telf: 981 820 818Avda. Benito Vigo, 36 36680 A ESTRADA - Telf: 986 575 224

C/ Malecón San Lázaro, 11 15200 NOIA - Telf. 981 820 818Avda. Rodrigo de Mendoza, 26 36600 VILAGARCÍA - Telf: 986 500 932

JUGUETERÍASJUGUETERÍAS

Alquilamos hinchables

para todo tipo de fi estasAlquilamos hinchables

para todo tipo de fi estas

Page 22: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

22

xeNte de Aquí

crónicas - Agosto 2014

Unha vintena de participantes no campionato de pesca

Vinte e un nenos e nenas par-ticiparon no campionato de pesca infantil do Concello de Frades, que este ano celebrou a súa undécima edición. Como é habitual, a proba transcorreu no río Maruzo, á al-tura da área recreativa do muíño de Campoduro, en Céltigos.

No tramo establecido para o

campionato, foran liberadas ho-ras antes varias deceas de troitas, para que a xornada fose máis ani-mada. Os participantes, todos me-nores de dezaseis anos, remataron a captura en hora e media.

O alcalde, Roberto Rey, e o con-celleiro Manuel Ferreiro, entrega-ron as medallas conmemorativas.

Participantes, familiares e políticos, no campionato de pesca infantil fradense

FRADES

Néboas no Cumio ofrece unha actuación en Ordes ao Serán

A agrupación de música tradi-cional galega ‘Néboas no Cumio’, de Sigüeiro (Oroso) ofreceu unha actuación dentro do ciclo ‘Ordes ao Serán’, impulsado polo Museo do Traxe Juanjo Liñares coa cola-boración do Concello ordense.

Numerosos veciños ache-gáronse a escoitar a súa música e

tamén a bailar, nun evento que ten carácter gratuíto.

Ordes ao Serán foi ideado como un programa lúdico para os meses de xullo e agosto, con ban-das e agrupacións folclóricas ac-tuando ao aire libre e ofrecendo diversión e encontro veciñal nas tardes de varios venres.

ORDES

As actuacións deste ciclo teñen lugar diante do Museo do Traxe Juanjo Liñares

Unha das sesións dos ‘Contiños para compartir’ en Cerceda Cativos de Frades no programa da Mancomunidade

Nenos e nenas de Tordoia, atendendo o conto sobre igualdade Trazo foi o primeiro lugar onde chegaron os Contiños

A mensaxe de igualdade dos ‘contiños para compartir’ chega aos nenos de toda a contorna

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Muni-cipios da Comarca de Ordes desen-volveu durante as últimas semanas o programa ‘Contiños para compartir’, co que aspira a impulsar a igualdade entre homes e mulleres nos máis no-vos.

Os participantes de distintos cam-pamentos municipais de verán asis-tiron a sesións coa axente de igual-dade da entidade supramunicipal nas que se buscou que fosen re-flexionando e asimilando conceptos mediante dinámicas divertidas.

A actividade comeza coa lectura dun conto, adaptado ás idades dos participantes, que dá pé a unha se-rie de preguntas e intervencións coas que se busca a concienciación de ne-nos e nenas e que interioricen a im-portancia da igualdade e do respecto e a comunicación entre persoas de diferente sexo. Ademais de analizar o relato, ou vídeos no caso dos máis grandes, adoitan preparar manua-lidades como marcapáxinas traba-llando nas mesmas ideas.

COMARCA Iniciativa educativa do CIM da Mancomunidade de Ordes cos participantes de campamentos estivais

Page 23: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

xeNte de Aquí

crónicas - Agosto 2014 23

cáritas preséntalle os seus proxectos á delegada da xunta

Cáritas de Ordes presentoulle as súas iniciativas de inclusión social á Xunta. O presidente e o tesoureiro desta entidade, Clemente Boo e José González, acudiron a unha reunión coa delegada provincial do goberno autonómico, Belén do Campo, para explicarlle o seu proxecto ‘A Semen-teira’.

Tal como describiron, o programa permitiu crear hortas para auto-consumo das que xa se benefician quince familias. Tamén se elaborou un plan de formación específico so-bre o sector agroalimentario, no que participan vinte e unha persoas. E fi-nalmente ese mesmo programa es-tableceu unha bolsa de emprego con itinerarios persoais para os partici-pantes, con intermediación entre as empresas e co impulso a proxectos comúns por conta propia ou allea.

Belén do Campo destacou o “im-portante labor” de Cáritas de Ordes e ofreceu apoio autonómico en aspec-tos como asesoramento ou orienta-ción para poñer en marcha iniciati-vas vinculadas ao cooperativismo e o acceso a accións formativas para persoas desempregadas promovidas pola Xunta.

A reunión entre os directivos de Cáritas e a representante autonó-mica na provincia enmárcase nunha serie de contactos con distintas enti-dades que desenvolven o seu labor social na Coruña. Do Campo com-prometeuse a favorecer a coopera-ción doutras institucións e a “impli-car as administracións locais en tare-fas asistenciais, así como a redobrar os esforzos para acadar que a enti-dade manteña todas as súas activi-dades”, afirma a Xunta.

Reunión de directivos de Cáritas de Ordes coa delegada provincial da Xunta

ORDES Iniciativas de formación e inclusión social

Ofrecemento para as festasUnha empresa local dedicada

á organización e preparación de espectáculos “ofreceuse como parte colaboradora” para organi-zar as Festas do Sacramento en Si-güeiro, segundo afirma o Concello de Oroso.

As festas, que se celebran tra-dicionalmente o derradeiro do-mingo de agosto na capital mu-nicipal e que por tanto están pre-vistas para o día 31, estiveron a

punto de non celebrarse por mor da renuncia e disolución da comi-sión de Santo Andrés da Barciela-Sigüeiro, por falta de apoios.

O goberno municipal advertiu-lles aos veciños e aos establece-mentos comerciais e de restaura-ción e hostalería de que a compa-ñía, Espectáculos Torres SL, toma o relevo da comisión para pre-parar un programa festivo para a xornada do 31.

OROSO

Danzas rexionais en Leira

A parroquia de Leira (Ordes) acolleu o XXII Encontro de Grupos de Danzas Rexionais, ao que acudiron centos de espectadores. Actuaron in-vitados grupos de Malpica, Vilagarcía, Redondela e Ortigueira.

ORDES

Page 24: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

24

xeNte de Aquí

crónicas - Agosto 2014

Obradoiro de iniciación á lingua e literatura galega en Cerceda Escolares de Frades participando na actividade do SNL

Ordes rexistrou a maior participación nestes obradoiros Os cativos de Trazo prestaron moita atención no obradoiro

Estimular actitudes favorables á utilización do idioma galego de ma-neira cotiá e incentivar a creativi-dade mediante a elaboración de con-tos, relatos e pequenas pezas litera-rias. Estes son os principais obxec-tivos dos obradoiros de iniciación á lingua e á literatura galegas desen-voltos polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes nas últimas semanas, con nenos e nenas dos distintos munici-pios que utilizan o servizo supramu-nicipal.

Cerceda, Frades, Ordes, Tordoia e Trazo xa acolleron sesións destes obradoiros, que comezan por expli-car o proceso de elaboración dun re-lato a través de contos clásicos como ‘Os tres porquiños’ e conclúen coa creación dun texto colectivo a partir dunha adaptación dos nenos e nenas que acoden aos obradoiros. O resul-tado final vai ser recollido na páxina web da Mancomunidade.

A participación nestes obradoiros é gratuíta e foron deceas de escola-res os que acudiron. Destacou espe-cialmente a implicación de Ordes, con corenta alumnos, os arredor de vinte que se rexistraron en Cerceda e en Frades, e a ducia de Tordoia e de Trazo.

COMARCA O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade promove actitudes favorables ao galego

impulso á creatividade infantil co obradoiro de lingua e literatura

Page 25: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

xeNte de Aquí

crónicas - Agosto 2014 25

CERCEDA

As seiscentas racións da Festa do cochiño 2014 “chegaron a pouco”

A Festa do Cochiño de 2014 viuse superada pola afluencia de público, segundo se desprende do balance ofrecido polo Concello. “Máis de 600 racións, entre os exemplares de co-chiño, chegaron a pouco e moitos non puideron degustar o demandado churrasco”. Eso si, ofreceuse tamén polbo e ninguén marchou con fame. Destacou de novo a preparación do cochiño ao espeto, tamén con máis demanda que oferta.

A festa, no Acevedo, desenvol-veuse baixo as carpas municipais e tamén outras instaladas por grupos de amigos e por familias enteiras. Moites deles acudiron á carne prepa-rada no recinto, mais outros levaron toda ou parte da comida da casa para pasar alí a xornada festiva.

MERCADO PIRATAEste ano, o alcalde non puido

acudir por motivos familiares. A te-nente de alcalde, Begoña Rodríguez Rumbo, si estivo e destacou a Festa do Cochiño como unha cita para o disfrute en familia. Como novidade, este ano celebrouse un ‘mercado pi-rata’ paralelo durante toda a fin de semana.

Familias enteiras acoden ao Acevedo para participar na Festa do Cochiño, onde o cochiño ao espeto foi un dos máis solicitados

Superoito culmina o seu primeiro ano de existencia coa estrea dun videoclip

O grupo de música ‘Superoito’, de Ordes estreou o seu primeiro vi-deoclip, baixo o título ‘Non sabes bai-lar’. Fíxoo cun evento na ‘Cervexería O 27’, cun acto no que se proxectou o vídeo e ofreceron un pequeno con-certo en acústico. Previamente, foran ofrecendo algún adianto a través das redes sociais.

A peza, realizada por ‘O Valse Pro-ducións’, foi producida por María José Pérez, dirixida por Jorge Asensi e con Alberto Lora como director de fotografía. Os protagonistas son Iria Ameneiros e Francisco Rego. O equipo está conformado por xente nova no audiovisual e outra máis ex-perimentada.

Con esta estrea, o grupo cul-mina o seu primeiro ano de existen-cia. Para eles, foi un ano “redondo” e “cheo de éxitos”, pois rematarán o verán acumulando uns setenta con-certos, levan editado un disco longo e un sinxelo e suman a participación en catorce festivais.

ORDES

Page 26: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

26

xeNte de Aquí

crónicas - Agosto 2014

Aberto ata o 21 de agosto o prazo para inscribirse na excursión da terceira idade

O Concello de Tordoia mantén aberto ata o 21 de agosto o prazo para inscribirse na excursión da terceira idade que programa para finais de mes. O destino nesta oca-sión é a praia das Catedrais, en Ba-rreiros (Lugo), con paradas en Gui-tiriz e no paseo marítimo de Riba-deo, xantar en Barreiros, achega-mento ao afamado areal e visita a Mondoñedo no serán.

A viaxe está programada para dous días distintos, distribuíndo os participantes por parroquias. Deste xeito, segundo informa o Concello de Tordoia, os maiores de Bardaos, Cabaleiros e Tordoia acudirán o mércores 27 de agosto. Ao día seguinte, o xoves 28 de agosto, irán os de Gorgullos, Le-obalde, Numide, Castenda, Anxe-riz, Andoio e Vila de Abade.

No momento da inscrición, os participantes reciben toda a infor-mación. Non obstante, deben sa-ber xa que os autobuses pararán nos lugares de costume de ma-ñanciña, a partir das 7:45 horas.

TORDOIA

Preparan para finais de mes dúas saídas de multiaventura e a Festa da Auga e da Escuma

O Concello de Mesía progra-mou para o sábado 23 de agosto, a partir das 16:30 horas, a súa Festa da Auga e da Escuma 2014, na que poderán participar de balde, pero con inscrición previa, persoas de todas as idades sen necesidade de que saiban nadar.

A festa, no complexo deportivo municipal en Xanceda, comezará cunha xincana por equipos, de xo-gos e probas de auga no campo. A piscina contará con elementos in-chables.

Ademais, para o xoves 28 e venres 29 está prevista unha saída de multiaventura para maio-res de doce anos. Custa 50 euros o primeiro día inclúe viaxe en tren desde Curtis ata Oleiros, ca-noa, BTT, xincana noctura e aloxa-mento e manutención no alber-gue de Santa Cruz. Ao día se-guinte, ofrece paintball e unha se-sión de cine nun centro comercial da Coruña. Tamén existe a opción de anotarse só na xornada do ven-res, a ‘saída mini’, por 15 euros.

MESÍA

Uns corenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha andaina de doce quilómetros pola beira do río Tambre, desde o límite con Boimorto en Brates ata a área dos Pasos, en Aiazo. A actividade foi or-ganizada por segunda vez pola aso-ciación de veciños da parroquia e contou coa colaboración municipal. Dous integrantes do goberno local, o alcalde Roberto Rey e o concelleiro Agustín Sánchez, sumáronse tamén ao paseo, no que puideron contem-plar diversos elementos patrimoniais e naturais vinculados de xeito directo ou indirecto ao propio río.

MESÍA

De paseo pola beira do Tambre

FRADES Andaina organizada pola asociación dos Pasos con colaboración municipal

Os cursos de natación cubriron todas as prazas dispoñibles

Os cursos de natación do Con-cello de Mesía, con niveis de ini-ciación e de perfeccionamento, cubriron todas as prazas dispo-ñibles durante o verán. Desde fi-nais de xullo ata o vindeiro 30 de agosto, os catorce alumnos e alumnas de cada grupo acoden ata a piscina municipal en Xan-ceda todos os días de luns a xo-ves, uns ás doce e media e outros pasada a unha do mediodía, para aprender e pasalo ben.

Parte dos camiñantes, atravesando o cauce sobre unha pasarela

MESÍA Variedade de actividades nos programas de conciliación de xullo e de agosto

Campamentos para non parar

Preto de cincuenta nenos e ne-nas participaron durante o mes de xullo nos campamentos ‘Xo-gar e Conciliar’ do Concello de Me-sía, con actividades de videocrea-ción, a visita da xincana Augalin-gua da Xunta, a campaña sobre ali-mentación saudable ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, obradoiros de ma-nualidades e de cociña, actividades deportivas, xogos e dinámicas de grupo, e visitas ao parque acuático de Cerceda. O campamento rema-tou cunha festa na piscina, con xo-gos inchables, baile e merenda.

Agora, en agosto, o Concello programou outra proposta de con-ciliación, chamada ‘Respira Me-

sía’. Tamén para escolares de ca-tro a doce anos, divididos en dous grupos de idade, ofrece sobre todo actividades relacionadas co medio

ambiente, incluso anelamento de aves, na piscina pública e no com-plexo etnográfico e ambiental das Brañas da Valga.

Cada grupo, con catro clases á semana, dispoñía de catorce prazas

Os obradoiros de cociña, unha das actividades de ‘Xogar e Conciliar’ en Mesía

Page 27: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2014 27

Page 28: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

28

dePORteS

crónicas - Agosto 2014

A federación galega promove o bádminton en Oroso

BÁDMINTON Clase co presidente para nenos e nenas

Os vinte e un nenos e nenas que participaron nos campamentos mul-tideporte do Concello de Oroso reci-biron a visita do presidente da Fede-ración Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo Pose, que lles impartiu unha clase sobre esta modalidade depor-tiva para que a coñecesen en que consiste e que normas a regulan e ta-

mén e para animalos a aprender este deporte e practicalo.

Na visita, nas instalacións do po-lideportivo municipal en Sigüeiro, o responsable da federación estivo acompañado polo concelleiro de De-portes de Oroso, Luís Rey Villaverde, e polo coordinador da escola de bád-minton de Oroso, Alberto Fraile. O presidente da federación explicou as normas do bádminton e animou a practicalo

O Interparroquial de fútbol dispútase o domingo 31 de agosto

O Torneo Interparroquial de Fútbol do Concello de Mesía dis-putarase o domingo 31 de agosto no campo municipal de céspede artificial en Visantoña. A competi-ción de fútbol 8 (idades de 11 a 15 anos) comezará ás dez da mañá, a de fútbol 5 (de 5 a 10 anos) a mediodía, e a de fútbol 11 (de 16 anos en diante) ás tres da tarde.

As inscricións poden efectuarse por correo electrónico a [email protected] an-tes do 27 de agosto, con equipos por parroquias de ata quince per-soas, cun máximo de tres de fóra da parroquia.

O cadro de competición sor-tearase o xoves 28 de agosto e será publicado na páxina web e nas redes sociais do Concello.

MESÍA

Frades programa varios torneos e campionatos ata finais de agosto

O Concello de Frades acollerá diversas competicións de diferen-tes deportes nas vindeiras sema-nas. A primeira será o maratón de fútbol 7, o sábado 23 de agosto no campo de fútbol de Abellá, con categorías infantil e cadete. Ao día seguinte, no mesmo escenario, terá lugar o maratón interparro-quial de fútbol.

Na tarde do 29 de agosto dis-putarase o I Torneo Municipal de Tenis, na pista de Ledoira. Aínda se admiten inscricións, de balde. E o sábado 30 de agosto, doble cita: o Día da Bicicleta con saída desde a Ponte Carreira ás 10:30 horas e o Campionato de Pádel na pista de xogo de Papucín, tamén con ins-crición aberta e gratuíta.

COMPETICIÓNS

Os campamentos de Ordes e de Oroso formaron un cento de futbolistas

FÚTBOL Coa Sociedade Deportiva Club Ordes e coa Fundación do Celta de VigoActo de clausura dunha das quendas do II Campus Verán-Fútbol da S.D. Club Ordes, no que o alcalde entregou os diplomas

Os campus de fútbol que tiveron lugar nas últimas semanas en Or-des e en Oroso formaron na práctica deste deporte arredor dun cento de nenos e nenas.

No caso de Ordes, a segunda edi-ción do Campus de Verán-Fútbol da S.D. Club Ordes contou cuns corenta nenos en cada unha das súas quen-das. Moitos deles acudiron ás dúas tandas. A actividade serviulles para perfeccionar as súas técnicas de xogo en adestramentos nos que estiveron dirixidos por profesionais do balón.

Na clausura da primeira quenda quincenal, os cativos protagonizaron un partido fronte aos seus proxenito-res. O alcalde, Manuel Regos entre-goulles un diploma e unha camiseta, xesto que repetiu na clausura da se-gunda quenda.

En canto a Oroso, os participan-tes na quinta edición do Campus de Verán do Celta foron case cincuenta. Estivo organizado pola fundación do club vigués, polo Concello de Oroso e pola Escola Deportiva Xuventude Oroso.

Á clausura no campo de fútbol de Sigüeiro acudiron o director da fun-dación, Germán Arteta, o exfutbo-lista profesional Mario Bermejo e o concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey. Entre os tres e os prepara-dores do campus, entregáronlles os diplomas aos participantes e ofrecé-ronlles unha sorte de clase final. To-dos eles coincidiron en animalos a

practicar fútbol pero sen descoidar os estudos. “A vida é equilibrio entre diversión é traballo”, segundo lles ad-vertiu Arteta, ao que Bermejo enga-diu que “non debedes obsesionarvos con ser xogadores profesionais, nin sequera tomalo como meta, xa que o único importante é disfrutar e pasalo ben”. O concelleiro comprometeu a continuidade e mellora do campus.

Nenos, familiares e responsables do Campus de Fútbol do Celta en Sigüeiro (Oroso)

Page 29: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2014 29

Page 30: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

30

dePORteS

crónicas - Agosto 2014

Carreira da Muller na Coruña, en setembro

A Coruña acollerá a Carreira da Muller o domingo 21 de set-embro, un evento solidario que se desenvolverá noutras sete cidades españolas e que ten por obxectivo recadar fondos contra o cancro de mama.

Son cinco quilómetros de per-corrido para andar ou correr. A ins-crición solidaria custa 10,60 euros. Toda a información en www.carre-radelamujer.com.

SOLIDARIEDADE

- Está satisfeito co peche de tem-pada?

- Si, estou moi satisfeito porque fi-nalmente as cousas saíron bastante ben e mellorei a miña marca persoal. Foi unha boa tempada porque mello-rei máis do esperado.

- Que faltou para o ouro en Cas-tellón?

- Faltaron metros. Non saíu a com-petición como tiña esperado, pero aínda así estaba moi complicado.

- Con que obxectivos planifica a vindeira tempada?

- O primeiro obxectivo é o de non lesionarme e o segundo é tratar de mellorar a marca persoal e poder al-canzar a marca mínima para partici-par no Campionato de Europa.

- Cales son os principais retos da súa traxectoria deportiva a medio prazo?

- O meu principal obxectivo a me-dio prazo é ser internacional. Trata-rei de afrontalo entrenando mellor ca nunca e esforzándome coma sem-pre.

- Que é o que máis lle costa nos adestramentos?

- Pillar o ritmo ao comezo, e sobre todo, estirar.

- Como comeza a practicar atle-tismo?

- Un día na escola propuxéronnos anotarnos nas actividades deporti-vas, que incluían o atletismo, e aí co-mezou o meu interese por este de-porte.

- Cando entra a formar parte de Atlética A Silva?

- Empezo a formar parte da Atlé-tica A Silva no mesmo momento que empezo a adestrar en atletismo, hai oito anos.

- En que medida prepararse e competir cun club facilita os progre-sos deportivos?

- Un club facilítache todo con res-pecto a poder adestrar acompañado e o apoio que tamén é fundamental neste deporte.

- Se lle digo Pepe Domínguez [adestrador do Atlética A Silva], que lle ven á súa mente?

- Pois para min Pepe Domínguez é un dos meus referentes, é unha gran-dísima persoa tanto a nivel persoal como a nivel deportivo. Se non fose por el, hoxe en día ao mellor non es-taría neste deporte.

- O lanzamento de disco é a súa especialidade preferida, ademais de

ser unha nas que máis destaca, ou divírtese máis con outras?

- Si, a verdade ademais do disco gústame competir en carreiras de ve-locidade que tamén me serven como preparación para lanzar o disco.

- Nalgún momento do que leva de carreira deportiva, estivo tentado a abandonar?

- Non, nunca pensei en abando-nar xa que esto é o que me gusta.

- Como é a súa vida diaria? - No meu día a día trato de com-

paxinar o deporte cos estudos.- Gústalle o fútbol? Por que cre

que ten tanto protagonismo?- O fútbol en si como deporte si

que me gusta, pero está demasiado valorado e penso que deberían mi-rar algo tamén para o resto dos de-portes. Ten tanto protagonismo por-que é o deporte que move máis car-tos debido á publicidade.

- Como se explica que o atletismo ten practicamente a etiqueta de ‘de-porte minoritario’ e despois en cal-quera carreira popular aparecen centos de corredores?

- Eu penso que é porque está a ser unha moda e máis é unha maneira de facer deporte de forma barata.

ENTREVISTA Martín Liste Viaño, subcampión de España en lanzamento de disco

“O meu principal obxectivo deportivo a medio prazo é ser internacional”Martín Liste Viaño, de Castenda (Tordoia), aca-dou o subcampionato de España de lanzamento de disco en Castellón, cun lanzamento de 47,72 me-tros. Aos seus 18 anos, é un dos deportistas máis destacados da comarca.

Martín Liste, á esquerda, coa prata no Campionato de España en Castellón

Liste, co adestrador Pepe Domínguez

O atleta do club Atlética A Silva. preparando un lanzamento. Liste asegura que agardan “ansiosos ter un céspede en condicións e unha gaiola para a seguridade de todos” no lugar no que adestran habitualmente as distintas modalidades de atletismo.

Pena e Míguez, campións sub-14 no Torneo de Noia

Novo éxito do Club Xadrez Oroso. Esta vez foi no Torneo Con-cello de Noia, que forma parte do Circuíto de Xadrez Galicia Central. Martín Pena Varela e Carmen Mí-guez Pais proclamáronse cam-pións sub-14 nas categorías mas-culina e feminina.

Estes dous triunfos e o bo tra-ballo dos outros tres xogadores que desprazou o club a Noia fixe-ron que a entidade ascenda á sé-tima posición da clasificación xeral do circuíto, dun total de máis de cincuenta clubs galegos.

XADREZ

Xadrecistas de Oroso en Noia

Podio sub-14 masculino do torneo

Podio sub-14 feminino do torneo

Page 31: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

OPiNiÓN

crónicas - Agosto 2014 31

Os paxariños da Alameda

O xardineiro xa sabe o que vai facer. Mellor dito, o que non vai facer. Non haberá poda en outono. Non o de-

cidiu el, foi orde da rosa maior. A veterana fl or do moucho xa confe-sou que quere rexurdir de novo na próxima primavera. E se algún mo-vemento de tesoiras había, máis que nada para ir ensaiando e pre-pararse para o corte, quedaron to-dos parados. Que xa se sabe que a el ningúen lle tose.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Por certo, que os move-mentos do xardineiro fi xe-ron tremar fl ores noutras roseiras, quizais por medo

a que aplicase o expediti vo método sobre as súas pólas. Desde que o

O parrulo de río segue ao seu. De tanto nadar en auga podre, moi po-

dre e moi cheirenta, xa chegou a dúas conclusións. A primeira, que coa auga sucia fl ótase mellor e ob-tense máis proveito da navega-ción. É unha cuesti ón de densida-

A pomba, que ten coñece-mentos de oft almoloxía, aprezou como os gaivotos verdes recobraron a vista.

En realidade, o que pasou é que abriron os ollos e viron onde mal-gastan as enerxías e onde poden rendibilizar os esforzos. Xa vere-des a mala cara que lle vai quedar ao corvo podre cando se entere. O

E o gabián que? Pois está moi entreti do observando conti nuamente o perni-cioso chacurú. Non deixa

de abraiarlle a súa vagante e ex-travagante neglixencia. O outro día viu como axitaba as ás con infi nita enerxía para espantar unha petu-lante mosca que se lle deti vera na parede, xusto en fronte. En cam-bio, cando a mesma mosca se lle pousou entre os ollos, non moveu nin media pluma. Pero o que máis desconcerta é cando se deixa caer sobre a vía, vendo como se achega o tren, sen amago de escapar.

pobre corvo mariñán comeza a pa-gar agora a soberbia e a mala edu-cación. O tempo é pagador...

sabe, o xardineiro non fai máis que rir. En que cabeza cabe querer po-dar unha planta que non ten máis que un capullo? Haberá que deixalo que seque defi niti vamente ou que volva agromar con forza. Todo de-penderá do coidadas que estean as raíces e se tanto remexer das aves espurias serviu unicamente para fa-cer dano ou en cambio aireou e fer-ti lizou o terreo...

des. O problema é a imaxe, pero ao parrulo non lle importa tanto como parece, sobre todo se o com-para coas vantaxes que obtén. A se-gunda conclusión, e esa si que lle molesta, é que augas tan contami-nadas causan mutacións imprevisi-bles. E a Lugo agora ninguén quere ir, a non ser polo San Froilán.

- Que valoración fai destes tres anos de lexislatura?

- Estou moi satisfeito do traballo dos socialistas de Ordes, pois penso que so-mos o único partido que está presentado iniciativas e conseguindo obras e actua-cións para os veciños e veciñas de Ordes. Por iso estamos en contacto permanente cos veciños, para así poder dar traslado ás súas peticións. Ademais, neste mesmo ano conseguimos que 900.000 euros se desti-nasen a obras pedidas polos veciños como os arranxos realizados na rúa Igrexa, na travesía do Regueiro ou nas beirarrúas da rúa Carnota, por exemplo. Pero tamén fi xemos outras iniciativas como a recente petición de radioloxía dixital para o centro de saúde ou a recollida de sinaturas para

o mantemento do xulgado, no que Gallar-dón tivo que recuar ante a resposta social da cidadanía galega.

- Que valoración fai do traballo dos distintos grupos municipais?

- Penso que todos poderían e deberían traballar máis por Ordes, pero están de-masiado pendentes dos seus respectivos intereses políticos. UXO leva tempo pa-ralizado, sen capacidade de acción nin na Xunta nin na Deputación. O BNG leva toda a lexislatura opoñéndose a todo, dá igual o que se presente que eles van estar en contra, pensando que así suman puntos ante a veciñanza. E o do Partido Popular xa é de traca. O señor Sanjurjo leva varios anos en precampaña, defendendo a polí-tica de recortes do PP por riba de todo, in-

cluso dos intereses dos veciños de Ordes. Se ata agora andan a dicir por aí que xa non hai crise!!. O que lle pasa ao PP é que vé chegar as eleccións e volve coa cantinela do “Es-paña vai ben” para ver se nos engana e nos esquen-cemos dos recortes que fi xeron en educación, sa-nidade, servizos sociais, dereitos laborais...

- Un desexo para estas datas.

- En nome dos so-cialistas de Ordes qué-rolle desexar a todos os veciños e veciñas unhas felices festas.

ENTREVISTA Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes

“O PSOE de Ordes é o único partido que presenta iniciativas a prol dos veciños”

Xesús Pedreira, secretario xeral da

Agrupación Socialista de Ordes

Page 32: Cronicas - Comarca de Ordes - nº8 - Agosto 2014

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 08-08-2014. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

- Que foi o que vos levou a dar o paso de manter a agrupación?

- Pois de casualidade como adoi-tan ser estas cousas… Despois desa primeira exposición pública como cuarteto, e sen buscalas para nada, empezáronnos a xurdir actuacións, e foi cando nos plantexamos cons-tituírnos como asociación, fixar en-saios, elixir repertorio…

- Empezastes a tocar todos xun-tos ou tiñades traxectorias indivi-duais previas?

- A maioría levabamos tocando xuntos dende cativos, aínda que ao longo destes doce anos fóronse in-corporando outros compoñentes con distintas procedencias.

- É unha lenda urbana ou é certo que na zona da Pontraga hai un es-pecial talento para a música?

- Falar de especial talento pode soar un pouco vanidoso. Nós supo-ñemos que é unha combinación de distintos factores, como afección, tradición, ilusión e, como non, ta-mén un pouco de talento. Pero do que si podemos presumir na Pon-traga é que a pesar de ser unha pa-rroquia moi pequena, non existe case ningunha casa veciñal onde non habite un ou máis músicos, dende nenos que están aprendendo ata os seus avós que tamén se xuntan para

recuperar as cantigas e os bailes típi-cos da contorna.

De aí que ademais dos Faíscas, ta-mén contemos na Pontraga coa “Aso-ciación Cultural Brisas do Quenllo”, o grupo de maiores “Cuadrilla do Pan Quente”, as pandereteiras “Bouba” e a contacontos María da Pontragha.

- Cal foi a evolución do grupo desde a súa creación?

- Comezou como un cuarteto tradicional (dúas gaitas, tamboril e bombo), formación que aínda utiliza-mos para segundo que tipo de actua-cións, aínda que na actualidade acos-tumamos a actuar como quinteto e incorporando outros instrumentos musicais como o acordeón, clarinete ou requinta. E aínda que case to-das as actuacións as facemos como quinteto, en realidade somos bas-tantes máis: Carlos Pazos, Magencio Martínez, César Boquete, Hugo Rey, Chema Couselo, Alexandre Iglesias, Álvaro Iglesias, Laura López, Santi Ló-pez, Moncho Paz, Adrián Paz, Emilio Lois, Myriam Bodelo, Juan Bodelo, Suso Gestal e Serxio Nedo.

- Quen son os vosos referentes?- Todos e ningún. Bebemos de to-

dos e quedámonos co que máis nos gusta ou mellor encaixa no noso es-tilo. Por sorte, contamos na nosa xeografía cun gran nivel de grupos e

músicos.- Que buscades ao ensaiar: un

son que vos identifique, mellorar técnica, ampliar repertorio...?

- O son, para ben ou para mal su-poñemos que xa nos identifica, e tanto o repertorio como a mellora técnica, por suposto que é no que traballamos día a día e ensaio a en-saio, xa que como se adoita decir… un músico nunca está satisfeito.

- Para cando un traballo disco-gráfico? É posible?

- Por suposto que é posible e por suposto que o temos en mente dende hai tempo. Incluso temos xa temas elixidos, pero queremos facer un bo disco, e non queremos que as présas ou os prazos repercutan ne-gativamente na calidade do traballo. Esperamos telo á venda no 2016.

- É suficiente o interese e apoio polos grupos de música tradicional?

- O apoio nunca é suficiente, e o

interese tampouco, aínda que nos úl-timos anos notamos que ambos van en aumento e que, por fin, a nosa música xa está presente en practi-camente todos os tipos de cerimo-nias e celebracións galegas, xa sexan romerías, casamentos… Esperemos que siga por este camiño.

- E por parte das institucións?- En épocas de crise económica

como a que estamos a atravesar, e na que os recortes chegan a todos os sectores, desafortunadamente, a cultura non é unha excepción. Nós contamos co apoio do noso Concello de Tordoia.

- Cal foi o lugar máis extravagante onde tocastes, para ben e para mal?

- Quedámonos coas dúas expe-riencias internacionais que foron en Italia(2012) e en Estonia(2013). Como experiencia negativa, non sa-beriamos dicir. Será certo eso de que a memoria é selectiva…

ENTREVISTA coa agrupación de música tradicional ‘Faíscas da Pontraga’, de Tordoia

O 19 de xullo de 2002, catro amigos xuntáronse para participar nun memorial de cuartetos dedicado a tres gaiteiros falecidos en accidente de tráfico ese ano. Ese foi o xermolo de Faíscas da Pontraga, unha das mello-res agrupacións de música tradicional da comarca.

“queremos facer un bo disco, sen présas nin prazos, e esperamos telo á venda en 2016”

Faíscas da Pontraga agradecen aos que confían neles para os seus festexos