Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O...

17
rodeira Ciencias Sociais Xeografía e Historia 2 ESO BLOQUE I: XEOGRAFÍA BL OQUE I : XE OG R AF Í A

Transcript of Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O...

Page 1: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

rodeira

Ciencias SociaisXeografía e Historia 2ESO

BLOQUE I: XEOGRAFÍABLOQUE I: XEOGRAFÍA

Page 2: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

98 Unidade 5

5

CONTIDOS

1. O poboamento do territorio

español

2. Cidades e territorio

3. Tendencias das cidades

españolas

4. Poboamento e espazo urbano en

Galicia

5. Análise dunha cidade galega:

Vigo

Poboamento e cidades en España e en Galicia

Page 3: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

DEBATE� Observade a fotografía: credes que o crecemento

da cidade de Benidorm é froito dunha planificación

urbanística? Por que?

Que consecuencias credes que ten o crecemento sen

planificación urbanística para unha cidade?

Coñecemento e interacción co mundo físico• Analizar a distribución da poboación española e galega, ten-

do en conta distintos factores.

Cultural e artística• Analizar planos urbanos de cidades españolas e galegas e

comprender como se reflicte a evolución histórica, valoran-

do a importancia da preservación do patrimonio.

Tratamento da información e competencia dixital• Interpretar mapas sobre a distribución da poboación urba-

na en España e en Galicia.

• Ler e analizar planos urbanos e contrastalos con imaxes.

Aprender a aprender• Realizar un traballo de síntese sobre o poboamento e a urba-

nización dun territorio.

Autonomía e iniciativa persoal• Tomar decisións de modo autónomo e responsable para

facerlles fronte a situacións cotiás.

COMPETENCIAS BÁSICAS

SABÍAS QUE......Benidorm (Alacant) era unha antiga vila dedicada á captura

do atún e que, coa crise da pesca, a mediados do século XX

decidiu orientarse cara á actividade turística?

Este cambio de orientación económica converteu a vila nunha

cidade: a poboación pasou duns 5 000 habitantes nos anos

60 do século XX a uns 71 000 na actualidade. Mais esta transfor-

mación non foi froito dunha planificación urbanística, senón

que se construíron gran cantidade de edificios para albergar

o crecente número de poboación e o turismo.

99Poboamento e cidades en España e en Galicia

Benidorm (Alacant).

Page 4: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

1.1. Que é o poboamento?O poboamento é a maneira no que a poboación se distri-

búe e se asenta nun territorio. Pode verse favorecido ou con-

dicionado por diferentes factores.

— Factores naturais. Un río, o clima temperado ou un re-

levo chan facilitan os asentamentos, mentres que os re-

levos escarpados ou os climas extremos dificúltaos.

— Factores económicos. A existencia de recursos como,

por exemplo, depósitos de minerais, favorece o poboa -

mento.

— Factores históricos. A ocupación do territorio adoita pro-

vir de épocas moi lonxanas.

En España, o poboamento caracterízase pola concentración

da poboación na franxa costeira, especialmente en núcleos

urbanos, e a débil ocupación das zonas montañosas e dal-

gunhas áreas do interior peninsular. Distinguimos entre po-

boamento rural e poboamento urbano.

1.2. O poboamento ruralSegundo a forma na que se agrupan as vivendas, no hábi-

tat rural distínguese entre poboamento concentrado e

poboamento disperso.

O poboamento concentrado

As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou

menos grandes. Este tipo de hábitat adoita darse nas zo-

nas secas, onde a presenza dunha fonte ou dun río marca

o lugar do emprazamento.

Tamén é propio de zonas chás que historicamente necesi-

taron defenderse, polo que se atopan vilas no alto de mon-

tículos ou outeiros, ou agrupados arredor dun castelo. É o

poboamento típico de Andalucía ou Castela.

No núcleo de poboación localízanse servizos como o con-

cello, os comercios, o hospital, o xulgado etc.

O poboamento disperso

A poboación agrúpase en núcleos moi pequenos, a miúdo

formados só por unhas poucas casas. Ao seu redor esténden-

se os campos de cultivo, áreas boscosas, pastos etc. Este

tipo de hábitat adoita darse en zonas húmidas ou cunha oro-

grafía difícil, como Galicia ou Asturias. Se unha casa está to-

talmente separada do resto, falamos de poboamento illa-

do, coma os caseríos do País Vasco.

Os núcleos dispersos adoitan situarse a carón doutros maio-

res onde se agrupan os servizos (escola, mercado etc.).

1. O poboamento do territorio español

100 Unidade 5

Exemplo de poboamento rural concentrado en Montefrío (Granada).

Exemplo de poboamento rural disperso no Xistral (Lugo).

Exemplo de poboamento rural illado no val do Pas (Cantabria).

Page 5: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

1. Define poboamento e poboamento rural e urbano.

— Elabora un esquema sobre os factores que inflúen no

poboamento dun territorio.

2. Investiga a orixe da aldea, vila ou cidade na que vives e

explica que factores influíron na súa localización.

3. Observa as fotografías da páxina anterior e explica as ca-

racterísticas dos distintos tipos de poboamento rural. En

que zonas de España se localizan?

R

A

4. Pon exemplos de vilas de Galicia. Investiga o seu número

de habitantes e as súas principais actividades económicas.

Podes consultar a páxina web: www.ige.eu

5. Que características presentan as grandes cidades espa-

ñolas? A que se dedica a maioría da poboación? Que signi-

fica a macrocefalia que afecta algunhas cidades?

AC

TIVID

AD

ES1.3. O poboamento urbanoAproximadamente, o 80 % da poboación española vive en cida-

des. Como sabes, as cidades exercen unha influencia importante,

máis alá do espazo que ocupan, sobre o territorio que as rodea. Non

obstante, a variedade de tamaño e de actividades económicas

predominantes marcan importantes diferenzas entre os núcleos ur-

banos.

As cidades pequenas,

entre o mundo rural e o urbano

Algunhas cidades, cunha poboación entre os 10 000 e os 50 000 ha-

bitantes, son núcleos urbanos que concentran servizos (instituto,

ambulatorio...), pero cunhas actividades económicas ligadas basi-

camente ao sector primario.

Son cidades con centros históricos onde se concentran as activida-

des comerciais, algunhas dependencias administrativas (como os

consellos comarcais) e edificios de servizos. Algúns exemplos son

Astorga (León), Tárrega (Lleida), Monforte de Lemos (Lugo) ou Ci-

dade Rodrigo (Salamanca). En Galicia, a estes poboamentos urba-

nos que superan os 2 000 habitantes ou que posúen funcións

propias das cidades chamámoslles vilas*.

As grandes urbes

As grandes cidades españolas estendéronse e, en moitos casos, for-

man un continuum urbano con outros núcleos próximos, creando

así áreas metropolitanas de varios quilómetros. Ademais de Madrid

e Barcelona, as maiores cidades do territorio español, este fenóme-

no obsérvase en Sevilla, Valencia, Bilbao ou Zaragoza.

Nestas grandes cidades a maioría da poboación dedícase a activi-

dades do sector terciario e, en menor medida, do secundario.

Concentran unha gran cantidade de servizos e exercen un poder

de atracción sobre un territorio extenso que se despraza cara á elas

en busca de servizos comerciais, sanitarios, educativos, de lecer etc.

O efecto de atracción que exercen certas grandes urbes sobre o

territorio pode provocar desequilibrios territoriais, debido ao pro-

gresivo descenso da poboación no seu raio de acción, este proce-

so coñécese como macrocefalia*, e afecta diversas grandes urbes

da península.

101Poboamento e cidades en España e en Galicia

Monforte de Lemos (Lugo).

Vista da cidade de Valencia.

@

Page 6: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

2.1. A rede urbana españolaA distribución das cidades no territorio configura a rede ur-

bana española, caracterizada pola súa desigualdade, xa

que os grandes núcleos urbanos repártense de maneira irre-

gular polo territorio. Así, as cidades con maior número de

habitantes concéntranse na periferia, especialmente no li-

toral, coa excepción de Madrid no interior. Esta desigual-

dade é o resultado dun largo proceso no que interviñeron

varios factores:

— A historia. A orixe de moitos núcleos urbanos do terri-

torio español remóntase ás idades Antiga e Media. Este

pasado obsérvase nos centros históricos das cidades. Ma-

drid é o único núcleo importante do interior debido á súa

capitalidade desde 1563.

— A industrialización desigual do territorio. No século

XIX a industrialización desenvolveuse basicamente en Ca-

taluña e no País Vasco. Por esta razón foron as súas ci-

dades, principalmente Barcelona e Bilbao, as que inicia-

ron un importante crecemento, reflectido en ensanches

e polígonos industriais, así como en infraestruturas

como estradas e ferrocarrís.

— Os intentos políticos de reorganización do territorio.

O obxectivo era desenvolver as zonas máis deprimidas

para equilibrar a poboación no territorio. Por exemplo,

na década de 1960, creáronse os polos de desenvol-

vemento (Burgos, Huelva, Vigo, A Coruña, Sevilla, Valla-

dolid e Zaragoza), nos que se investiu en infraestrutu-

ras para favorecer a implantación de industrias.

— A extensión do turismo. Desde a década de1960 Es-

paña é unha gran potencia turística, o que explica as gran-

des transformacións urbanísticas das costas mediterrá-

neas e as illas Baleares e Canarias. A rápida urbanización,

moitas veces sen planificación, transformou parte do

territorio en poucos anos e converteu pequenas vilas (Be-

nidorm, Marbella...) en grandes núcleos urbanos.

Todos estes factores contribuíron a que a rede urbana ac-

tual se configure como unha xerarquía* de cidades. Se-

gundo o tamaño e a área de influencia das cidades e as súas

relacións con outras, nesta xerarquía destacan:

— Metrópoles nacionais: son Madrid e Barcelona, porque

a súa influencia abrangue todo o país.

— Metrópoles rexionais: como Zaragoza, Valencia, Bilbao,

Málaga, Sevilla, A Coruña ou Vigo, porque estenden a súa

importancia sobre unha ampla zona do país.

— Cidades medias: son cidades como Pamplona, Salaman-

ca, Córdoba, Ourense ou Pontevedra, que ofrecen ser-

vizos aos núcleos de poboación máis próximos.

2. Cidades e territorio

102 Unidade 5

A cidade de Lugo ten a súa orixe na época romana.

A elección de Madrid como capital explica o seu desenvolvemento e a configura -ción dunha rede de infraestruturas (estradas, tren) seguindo un modelo radial.

Marbella é na actualidade un dos principais enclaves turísticos da Costa do Solandaluza, con máis de 136000 habitantes. O seu crecemento iniciouse en 1960a partir do boom do turismo.

Page 7: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

6. Explica as características da rede urbana española actual.

7. Resume nun esquema os factores que influíron na configu-

ración da rede urbana actual.

8. Observa o mapa da rede urbana e identifica as cidades que

son metrópoles nacionais e as que son metrópoles rexio-

nais.

— Cales destas cidades están situadas en provincias que

teñan densidade de poboación superior á media nacio-

nal (92,4 hab./km2)? Hai algunha metrópole rexional en

zonas de densidade de poboación baixa? Cres que, en

xeral, o rango da cidade está relacionado coa densida-

de de poboación? Xustifica a túa resposta.

— Que cidade ten máis relacións interurbanas? Por que?

Que forma ten esta rede?

9. En grupos, elixide unha cidade de Galicia e procurade o seu

número de habitantes, as súas principais actividades eco-

nómicas e sobre que territorio exerce unha influencia im-

portante.

— En que categoría das catro que aparecen no mapa da

rede urbana poderíamos incluíla? Por que?

10. Observa o seguinte mapa e identifica os principais eixes ur-

banos.

— Que zonas de influencia abrangue cada un? Que ci-

dades destacan? Compárao co mapa da rede urbana

e indica se estas cidades teñen ligazóns interurba-

nas.

— Cales cres que son as características comúns polas

que se forman estes eixes?

AC

TIVID

AD

ES

103Poboamento e cidades en España e en Galicia

A REDE URBANA

R

A

Page 8: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

3.1. As transformacións urbanasAs cidades españolas están vivindo nas últimas décadas im-

portantes cambios, froito da evolución económica, políti-

ca e social do país.

Cidades terciarizadas

A progresiva importancia do sector terciario na economía

provocou grandes cambios nas cidades:

— As fábricas foron desaparecendo ou ben trasladáronse

ás periferias urbanas, mentres que os espazos ocupa-

dos por estas se converteron en vivendas, centros comer-

ciais, oficinas, centros culturais...

— As cidades buscaron alternativas para a súa economía.

Intentan, por exemplo, atraer o turismo nacional e inter-

nacional ou ofrecer servizos culturais, de lecer etc.

Estes procesos producíronse, por exemplo, nas cidades de

Bilbao, Barcelona, Valencia e Zaragoza.

Cidades con patrimonio

Os centros históricos das cidades teñen un elevado valor

simbólico para os seus habitantes porque conservan o pa-

trimonio cultural e arquitectónico da súa historia. Ade-

mais, cumpren funcións culturais, turísticas e de lecer,

polo que presentan un desenvolvido sector terciario.

Nalgunhas cidades, estes barrios, que antes foron lugar de

residencia das clases adiñeiradas, convertérose en zonas

degradadas pola falta de conservación, e nelas vivía a

poboación con menor poder adquisitivo.

Mais, na actualidade, en moitos centros históricos rehabilí-

tanse edificios de valor arquitectónico e reurbanízanse

as zonas máis degradadas construíndo novos edificios, equi-

pamentos etc., co obxectivo de conservar o patrimonio.

En ocasións, isto tamén se traduciu nun aumento do valor

das vivendas.

Cidades en expansión

O crecemento da poboación urbana comportou:

— A expansión das periferias e das áreas metropolita-

nas, consecuencia do éxodo de parte dos habitantes das

grandes cidades cara a outras máis pequenas ou vilas

en busca de mellores prezos e condicións de vida.

— A rururbanización provocou o aumento do espazo ur-

banizado en detrimento do rural e agravou problemas

como o colapso das vías de entrada e saída das cidades

ou os acusados cambios da paisaxe rural.

3. Tendencias das cidades españolas

104 Unidade 5

O centro histórico da cidade de Pontevedra viviu unha profunda rehabilitacióne revitalización.

Ponte do Terceiro Milenio sobre o río Ebro (Zaragoza).

A transformación de Zaragoza

A cidade de Zaragoza experimentou unha profunda trans-

formación a raíz da celebración da Exposición Internacio-

nal no ano 2008. Os cambios máis significativos leváronse

a cabo nas ribeiras do río Ebro, recuperadas para a ci-

dade mediante a construción de parques e xardíns, pon-

tes e pasarelas peonís. Así mesmo, o río pasou a ser nave-

gable.

Ademais , construíronse modernos edificios e novas infraes-

truturas, como o Parque Fluvial da Auga Luís Buñuel, a

Ponte do Terceiro Milenio sobre o río Ebro, a nova liña de pro-

ximidades ferroviarias, a nova terminal do aeroporto, o pe-

che de dous cintos de rolda na cidade, o acuario fluvial ou

a Torre da Auga.

Page 9: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

11. Como influíu a terciarización da economía española na

transformación das cidades? Por que?

12. Que importancia ten o centro histórico para as cidades?

Que problemas afectan a estes barrios? Que transforma-

cións experimentaron nalgunhas cidades?

— Cres que é posible modernizar a cidade e, á vez, manter

o seu pasado? Pon algún exemplo.

13. Que consecuencias tivo o crecemento da poboación urba-

na para as cidades?

R14. Que é o urbanismo sostible? Que factores deben ter en con-

ta as cidades para ser sostibles?

15. Le o plan de mobilidade de Galicia e resúmeo.

— Cres que, se se aplica este plan, as cidades galegas con-

seguirán un urbanismo sostible? Xustifica a túa respos-

ta.

16. Poñede tres exemplos de problemas que lle afecten a vosa

cidade ou á cidade máis próxima á vosa localidade.

— Indicade que se debería facer para convertela nunha ci-

dade sostible.

AC

TIVID

AD

ES3.2. Cara a un urbanismo sostibleOs principais problemas que lles afectan aos habitantes das

cidades españolas son: a distancia entre os lugares de resi-

dencia e de traballo; a dependencia do automóbil; a falta

de servizos axeitados ou o seu colapso, ou os problemas am-

bientais (contaminación atmosférica e acústica*).

Fronte a esta realidade, froito da falta dunha planificación ur-

banística, o reto é conseguir un urbanismo sostible, é di-

cir, que o crecemento das cidades teña en conta factores

sociais e ambientais que as fagan máis habitables e faciliten

a vida diaria dos seus cidadáns.

Algúns destes factores que hai que ter en conta son:

— Un sistema de transporte colectivo moderno e efecti-

vo, que constitúa unha alternativa real ao automóbil. É

dicir, que traslade os cidadáns coa mesma eficacia ca o

coche, mais sen contaminar.

— Redución dos problemas ambientais e fomento das zo-

nas verdes da cidade.

Por exemplo, viuse que o urbanismo horizontal de ca-

sas unifamiliares con pequeno xardín, modelo de cre-

cemento de moitos núcleos nas periferias, é menos

sostible ca o vertical, porque ocupa máis territorio, con-

some máis auga e require a creación de novos servizos

e infraestruturas para unha poboación menor. Así, na ac-

tualidade, inténtase potenciar nos novos barrios a cons-

trución de edificios con tres ou catro plantas e zonas ver-

des ou equipamentos comunitarios.

— Fomentar que a residencia, o consumo, o acceso a ser-

vizos sanitarios e educativos, e incluso o traballo, se

rea licen na mesma cidade ou no mesmo barrio, para

reducir os desprazamentos.

— Facilitar espazos comúns que permitan a vida cidadá,

como os equipamentos públicos, prazas, parques, cen-

tros de reunión etc.

— Conservar aqueles espazos emblemáticos que permi-

ten a identificación dos habitantes coa súa cidade, como

os centros históricos.

105Poboamento e cidades en España e en Galicia

Tanto o tranvía coma o metro son medios de transporte urbano rápidos e poucocontaminantes.

A

O Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica (MOVE)

2010-2015, senta as pautas para mellorar a accesibilidade

e a mobilidade das perosas e mercadorías, cun plan espe-

cífico para cada unha das sete grandes cidades galegas.

Algúns obxectivos son:

— Fomentar o emprego de sistemas de transporte alterna-

tivos ao vehículo privado, a través da implantación de apar-

cadoiros disuasorios nos contornos das cidades, así como

de itinerarios peonís e ciclistas.

— Adecuar o transporte nos medios urbanos, mellorando

a accesibilidade desde as áreas metropolitanas.

— Mellorar a seguridade viaria, reducindo o número de ví-

timas de accidentes de circulación.

— Garantir que o 80 % da poboación estea a menos de dez

minutos duna vía de alta capacidade.

— Acadar unha mobilidade sostible, compatibilizando o de-

senvolvemento económico coa preservación do medio

natural.

Traducido e adaptado de: http://www.ecourbano.es/

pro_inside.asp?cat=1&cat2=&id_pro=117&tipus=1

Plan de mobilidade de Galicia

Page 10: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

106 Unidade 5

4.1. O poboamento galegoO poboamento galego caracterízase pola gran cantidade

de núcleos rurais, que ademais están moi dispersos, e polo

policentrismo urbano, composto por una rede de cidades

e vilas.

O poboamento rural

Os asentamentos rurais en Galicia son moi numerosos e dis-

tribúense de modo disperso por todo o territorio. Existe

un gran número de núcleos de poboación, máis de 30 000,

dos que o 90 % son poboamentos rurais nos que viven

menos de 100 habitantes. Esta situación dificulta a dotación

homoxénea de servizos como centros de saúde, escolas etc.

Estes núcleos de pequeno tamaño, chamados aldeas, son

os asentamentos rurais tradicionais na nosa comunidade.

Están formadas por unha ou varias vivendas vinculadas á ex-

plotación agrogandeira do medio e organízanse nunha

entidade superior: a parroquia.

Tradicionalmente a maioría da poboación galega vivía no

campo, pero recentemente esta situación está a cambiar e

o poboamento rural están a experimentar importantes trans-

formacións:

— Os asentamentos rurais tenden a despoboarse pola mar-

cha dos labregos ás cidades e vilas, que implica o con-

seguinte abandono das actividades agrarias.

— Os camiños e corredoiras, ata hai pouco case intransita-

bles, convertéronse hoxe en pistas ás que se adosan vi-

vendas, comercios etc.

— A casa rural tradicional úsase só para ocupación huma-

na. As cortes e o resto dos anexos para usos agrícolas de-

ben estar separados a unha distancia marcada.

— Constrúense novas vivendas que se sitúan de xeito anár-

quico. Estas novas construcións xa non son sede de ex-

plotacións agrarias, senón de vivendas de segunda re-

sidencia.

— A incidencia do turismo e da segunda residencia pro-

pia das áreas periurbanas provocou unha degradación e

a introdución de elementos propios do xeito de vida

urbano. Difúndense modos de vida, formas de edifica-

ción e pautas culturais urbanas.

— A arquitectura tradicional tende a desaparecer. Os mate-

riais e o aspecto das vivendas dos asentamentos rurais

cambiaron ao empregar ladrillo e cemento e novos

gustos que, en ocasións, son exemplos do feísmo arqui-tectónico.

4. Poboamento e espazo urbano en Galicia

Aldeas abandonadas

Galicia ten xa 1 400 aldeas abandonadas e 750 cun só veci-

ño. A despoboación rural, o envellecemento ou o éxodo ás

cidades son algúns dos factores que explican o alarmante

incremento de aldeas abandonadas que rexistra Galicia.

Os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE)

elevan a 1 400 as aldeas nas que non hai nin un só veciño

empadroado, un 35 % máis que a principios da década. Esta

situación non deixa de ser unha auténtica sangría para o cam-

po galego, porque hai dous anos a cifra andaba polos 1 200

núcleos de poboación deshabitados.

Aínda que quede deshabitada, unha aldea adoita contar con

atractivos como o acougo, as vistas espectaculares ou o con-

tacto coa natureza. E Internet tampouco queda á marxe desta

moda. Nun «mergullo» rápido, é posible atopar á venda aldeas

galegas enteiras «ou por partes».

Traducido e adaptado de: http://elprogreso.galiciae.com/

(6-2-2009)

Entidades de poboación

Page 11: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

107Poboamento e cidades en España e en Galicia

17. Observa os datos das entidades de poboación.

— Cantas entidades superan os 50 000 habitantes? Con

que cidades se corresponderían.

18. Le o texto sobre o crecemento urbano sen proxecto e iden-

tifica os problemas que se derivan da escasa planifica-

ción nas nosas cidades.

R

A

19. Escolle unha das sete principais cidades galegas. Pescu-

da o seu número de habitantes, a evolución histórica do

seu crecemento, a súa morfoloxía e as súas principais

funcións.

Podes consultar a páxina web: www.turgalicia.es/

AC

TIVID

AD

ESO poboamento urbano

En Galicia non existe unha gran cidade que destaque

sobre as demais e que exerza un claro dominio sobre

o resto do territorio, senón un sistema urbano policén-

trico que conta con varias metrópoles que dominan

a rede urbana. Seguno o tamaño distínguense os se-

guintes núcleos urbanos:

— No primeiro nivel da xerarquía urbana sitúanse Vigo

e A Coruña. Son as cidades con máis poboación e

maior desenvolvemento económico. Exercen a súa

influencia no ámbito rexional e son os rectores da

rede urbana galega.

— Cinco cidades medias: Ourense, Santiago de Com-

postela, Lugo, Pontevedra e Ferrol.

— Un gran número de cidades pequenas ou vilas, na

súa maioría cabeceiras de comarca ou asentamen-

tos urbanos costeiros, como: Vilagarcía de Arousa,

Monforte de Lemos, Ribeira, Carballo, Verín, Celano-

va...

Nos últimos vinte anos, Galicia incorporouse á ten-

dencia das rexións máis desenvolvidas, onde a po -

bo ación se concentra nas áreas urbanas. O 70 % da nosa

poboación é urbana, o que implica un forte incre-

mento da urbanización, o crecemento das cidades e

o decrecemento das áreas rurais.

En Galicia, máis dun millón de persoas viven nas sete

principais cidades, que experimentaron unha expan-

sión urbana importante cara ás súas periferias incluíndo

os concellos veciños, considerados como áreas metro-

politanas. A dinámica da periurbanización orixina que

en moitos núcleos convivan as tradicionais vivendas

campesiñas con modernos chalets ou urbanizacións de

xente da cidade, resultado difícil establecer os límites

entre o urbano e o rural.

O desenvolvemento urbano concentrouse, case ex-

clusivamente, na zona occidental e costeira ao redor do

eixe atlántico (desde Ferrol a Tui) en detrimento da

Galicia interior. De aí que sexa ao longo do litoral onde

se atopa unha densa rede de núcelos urbanos, que

engloba as cinco cidades occidentais (Ferrol, A Coruña,

Santiago, Pontevedra e Vigo), mentres que no interior

só destacan as capitais de provincia (Lugo e Ourense).

Poucas veces o crecemento das nosas cidades estivo unido a un mo-

delo ou proxecto de cidade. Quizais o caso máis sobresaínte na nosa

historia urbana fose a creación dunha cidade de nova planta en

Ferrol que probablemente poderiamos encadrar no modelo urba-

nístico neoclásico e ilustrado. Moi destacada tamén foi a achega

de Palacios ao deseño dunha cidade metropolitana policéntrica no

contorno de Vigo, cunha transposición á ría do modelo da Garden

City de E. Howard. Máis fácil foi a aplicación do modelo residencial

inglés en barrios burgueses ou obreiros da Coruña de principios

do século XX, onde tamén callou o primeiro ensanche decimonó-

nico galego.

Nun contexto fortemente especulativo e escasamente disciplinado

deron lugar á construción de cidades partidas carentes de proxec-

to unificado. Neste contexto non é estraño que o resultado fose a

densificación crecente, conxestión do tráfico, saturación do espazo,

morfoloxía arquitectónica de baixa calidade, tecido urbano inaca-

bado e desordenado, e unha expansión incontrolada en conflito

permanente co contorno rural e coa paisaxe. A partir dos anos oi-

tenta as nosas cidades, aínda que con diferente intensidade, expan-

diron o seu crecemento cara aos concellos periféricos e crearon

espazos metropolitanos onde os males da cidade principal se

multiplicaron.

Traducido e adaptado de A. Precedo Ledo:

www.lavozdegalicia.es/ (8-2- 2006)

Crecemento urbano sen proxecto

Galicia: un sistema urbano policéntrico

Page 12: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

108 Unidade 5

As cidades galegas reflicten na súa trama urbana as diferen-

tes etapas históricas que viviron e tamén as transformacións

máis recentes. Isto deu lugar, como estudaches na unida-

de 4, a diferentes tipos de planos e de funcións urbanas.

Como exemplo imos analizar a cidade de Vigo.

Vigo é unha das grandes cidades de Galicia e a primeira

en canto á poboación, xa que conta cuns 297 000 habitan-

tes. É unha importante cidade industrial e comercial. A súa

localización, fronte ao océano Atlántico e na ría de Vigo,

marcou a súa evolución historica e a súa economía. A rique-

za pesqueira da ría propiciou a súa preeminente función pes-

queira, o establecemento de industrias relacionadas coa pes-

ca deulle a súa función industrial e o ser un dos mellores por-

tos naturais facilitou o tráfico comercial.

Vigo estivo poboada desde época megalítica, no IV mile-

nio a. C. As sucesivas civilizacións e culturas foron deixan-

do a súa pegada na cidade: restos dos poboados castre-

xos; restos de instalacións portuariase rúas romanas etc. O

desenvolvemento urbanístico comezou na segunda me-

tade do século XIX coa construción do ensanche, o derri-

bo das murallas, a construción de novas rúas e a construción

de nobres edificios de pedra.

A mediados do século XX experimentou unha nova expansión

urbanística co gran crecemento demográfico da cidade, co

trazado da Gran Vía, coa creación de barrrios residencias como

o de Coia, coa instalación de novas industrias, ao tempo

que se melloran as comunicacións e a cidade medra cara á

periferia creando unha grande área metropolitana.

5. Análise dunha cidade galega: Vigo

A cidade e o porto medraronao longo da costa. Os núcle ospesqueiros de Bouzas, en1904, e O Berbés, en 1941,anexionáronse a Vigo poloporto, ante a continua deman-da de espazo que a expansiónurbana requiría.

PORTO

O barrio de Coia está formadopor polígonos de vivendas*construídas nos anos sesenta doséculo XX cunha función residen-cial, para acoller a poboaciónobreira inmigrante, procedentemaioritariamente do interior deGalicia e do rural.

A partir de 1980 xeneralízanse os pro-cesos de rurbanización e periurbaniza-ción. A cidade comeza a crecer caraás parroquias rurais e aos concellos ve-ciños. Así, parroquias como Castre-los, Lavadores, Cabral ou Sárdoma for-man unha densa rede de vivendas quefuncionan como barrios da cidade.

ESPAZO RURURBANO

É unha zona verde no medio da ci-dade con excelentes miradores so-bre ela. O Castro foi asento da primei-ra poboación prehistórica de Vigo. Oparque ofrece extensas zonas verdesarborizadas, coa fortaleza no alto evistas da ría e do val do Fragoso.

A apertura da Gran Vía dotou acidade dunha grande avenida e mo-dificou a tendencia do crecemen-to urbano que se alongaba seguin-do a liña da costa. Esta grande ave-nida proxectouse para unir o centroda nova cidade co monte do Cas-tro, convertido en zona residencialtipo cidade xardín* e en parqueurbano.

GRAN VÍA

Entre o monte do Castro e a zonaportuaria atópase a cidade vella,antigo barrio de pescadores. Tenunha trama irregular de orixe me-dieval. As rúas son estreitas eenlousadas. Concentra moitos edi-ficios monumentais, como a casado Concello e a colexiata de San-ta María.

ZONA VELLA

Os antigos barrios de pescadores do Ber-bés e do Areal foron a orixe e o motor dacidade pola intensa actividade ligada aomar e aos seus recursos. O Berbés con-serva algunhas das construcións tipica-mente mariñeiras con arcadas e soportais.

BARRIOS DE PESCADORES

Localízase na zona fran-ca* cuxa creación, en 1947no polígono de Balaídos ena zona comercial de Bou-zas, impulsou a iniciativa em-presarial, sobre todo coa ins-talación da factoría Citroënen 1958.

ZONA INDUSTRIAL

Do século XIX arrinca a zona de expan-sión urbanística creada pola burgue-sía, desde a Porta do Sol, ao redor dasrúas García Barbón, Policarpo Sanz,Urzaiz e Príncipe, onde se concen-tran edificios de arquitectura modernis-ta. O seu tra zado regular reflicte a pla-nificación urbanística. É unha zona pre-dominantemente comercial, residenciale de paseo.

ENSANCHE

MONTE DO CASTRO

Dentro da zona urbana está si-tuado este parque que está bor-deado polo río Lagares. Nel ato-pamos o pazo de Castrelos, quealberga o Museo de Quiñonesde León, un auditorio ao aire li-bre e fermosos xardíns.

PARQUE DE CASTRELOS POLÍGONOS DE VIVENDAS

Page 13: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

20. Observa o plano da cidade de Vigo e responde:

— Que elemento xeográfico importante condicionou o na-

cemento e o crecemento da cidade?

— Pon un exemplo de barrio con trazado irregular e un con

trazado regular.

— Indica, respecto do centro, onde se sitúan a zona indus-

trial e os polígonos de vivendas.

21. Observa a imaxe aérea de Vigo, compáraa co plano e lo-

caliza:

— Os elementos xeográficos que condicionaron o nace-

mento de Vigo.

— O centro histórico, o barrios do Berbés e o Ensanche.

Destaca un barrio con trazado regular e outro irregular.

22. Consulta a páxina web http://hoxe.vigo.org/facendovigo/

vigofuturo e elabora un informe cos proxectos urbanísti-

cos que se levaron a cabo nos últimos anos e se realiza-

rán nos próximos.

AC

TIVID

AD

ES

R

@

109Poboamento e cidades en España e en Galicia

Vigo, metrópole atlántica

Nestes primeiros anos do século XXI, Vigo aspira a converter-

se nunha gran metrópole da fachada atlántica europea. A

cidade que nacera da explotación dos recursos do mar trans-

formouse nunha enorme concentración ubana que necesi-

ta infraestruturas de comunicación modernas, grandes equi-

pamentos culturais, espazos para o lecer etc. Nestes últi-

mos anos e nos vindeiros son moi significativos, entre outros,

os seguintes proxectos urbanísticos:

— Novas infraestruturas de comunicación: unha rede de

circunvalación que evite o tránsito polo centro urbano

(o segundo cinto de circunvalación e a rolda litoral) e a

modernización do aeroporto e da estación de ferrocarril

(Estación Vialia Vigo, centro nodal de comunicacións).

— Mellorar os espazos públicos coa creación de máis zo-

nas peonís (peatonalizar do barrio histórico, máis apar-

cadoiros e áreas de lecer como o parque de Barreiro).

— A recuperación do litoral co paseo marítimo de Bou-

zas, o paso en Alcabre e o Plan Especial da Guía.

— Novas dotacións culturais: museos (Museo de Arte Con-

temporánea, a Casa das Palabras, o Museo do Mar), cen-

tros socioculturais, o Auditorio e Pazo de Congresos de

Beiramar etc.

— A rexeneración do medio natural como o do río Laga-

res, o do bosque autócotono no campus universitario e

o do vertedoiro do Zondal para convertelos en áreas lúdi-

cas, que formen un gran parque periurbano de Vigo

A Casa das Palabras.

Ortofoto de Vigo.

Vista aérea.

A

Serv

izo

de im

axes

do

plan

eta

Goo

gle

Earth

®

Page 14: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

AC

TIV

IDA

DE

S

1. Observa as imaxes, relaciónaas coas seguintes afirmacións

e explica que tipo de poboamento reflicte cada unha.

«As casas da vila construíronse ao lado do castelo.»

«Ao chegar á vila encontramos un pequeno grupo de casas, se-

guindo o camiño cara á abaixo había dúas ou tres máis, e

dúas máis nas pradarías.»

«Este núcleo duns 13 000 habitantes conta cun centro histó-

rico, servizos como escolas, centro de saúde e comercios, e

industrias ligadas ao sector primario.»

— Dos seguintes elementos, di cales puideron influír na con-

figuración de cada un dos poboamentos das imaxes.

2. Pensa na cidade na que vives ou na máis próxima. Cres que

se aplica a tendencia de conseguir un urbanismo sostible?

Razoa a túa resposta.

— Que factores cres que se deberían fomentar na cidade para

que sexa sostible? (Máis transporte colectivo, redución

dos desprazamentos, máis zonas verdes etc.)

3. Observa o mapa da rede urbana e explica por que se clasifi-

can as cidades en metrópoles nacionais, rexionais ou cidades

medias.

— Que lugar ocupa a túa localidade na rede urbana españo-

la? Xustifícao.

— Sitúase nunha provincia cunha densidade elevada ou bai-

xa? Que factores inciden niso?

TRABALLA AS COMPETENCIAS BÁSICAS

Zona seca - zona húmida - campos de cultivo - zona chá

situación defensiva - zona montañosa - preto dun río

zona de orografía difícil - campos de cultivo e pradaríasB

A

C

110 Unidade 5

Serra dos Ancares (Lugo).

Aledo (Murcia).

Cidade Rodrigo (Salamanca).

Serv

izo

de im

axes

do

plan

eta

Goo

gle

Earth

®Se

rviz

ode

imax

es d

o pl

anet

a G

oogl

e Ea

rth ®

Serv

izo

de im

axes

do

plan

eta

Goo

gle

Earth

®

Page 15: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

4. Queres coñecer mellor os diferentes barrios de catro cidades galegas antes de visitalas. Para iso, fíxate nos seguintes fragmen-

tos dos seus planos urbanos e relaciónaos coas afirmacións.

1. Plano ortogonal, uso residencial, administrativo, comercial. 7. Centro histórico.

2. Barrio residencial de nova creación. 8. Abundancia de vías de comunicación, ferrocarril, autovía...

3. Polígono industrial. 9. Zona orientada aos usos industriais.

4. Trama irregular de orixe medieval sen planificación. 10. Plano regular, con zonas verdes.

5. Función residencial exclusivamente. 11. Uso comercial, cultural, de lecer e turismo.

6. Ensanche. 12. Deseñado no século XIX debido ao crecemento da cidade.

— Utiliza as afirmacións para redactar un breve informe sobre as características de cada barrio. En que parte da cidade se sitúan?

5. Imaxina que es un urbanista e debes idear unha cidade sostible. Elabora un informe no que expliques todos os elementos que

debería ter esa cidade, tendo en conta a sostibilidade (transporte colectivo, zonas verdes...). Deseguido, debúxaa nun bosquexo.

Recorda que debes sinalar:

— A localización da cidade: onde a situarías? Preto dun río, do mar, nunha chaira etc...

— A estrutura: os barrios que formarían a cidade, un centro histórico, un polígono industrial... Explica as súas funcións (po-

des imaxinar unha cidade con varias funcións ou na que destaque unha función en concreto: turística, industrial etc.).

— A morfoloxía dos barrios: que tipo de plano debuxarías: ortogonal, irregular, radiocéntrico.

— As comunicacións: ferrocarril, aeroporto, porto, grandes vías, tranvía, autobús...

— Outros elementos: debes situar comercios, industrias, hospitais, escolas, zonas verdes, recintos universitarios etc. Por exem-

plo, se imaxinas unha cidade situada ao lado do mar cunha función turística, debes localizar as praias, os hoteis para o tu-

rismo, as comunicacións etc.

B

C D

Poboamento e cidades en España e en Galicia 111

A

AC

TIV

IDA

DE

S

Page 16: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

112 Unidade 5

SÍNTESE• Completa o seguinte esquema. Axudarache a estudar.

Cidade xardín. Variedade de cidade satélite ou zona

du nha cidade caracterizada por amosar unha gran can-

tidade de espazos verdes, todas as edificacións con xar-

díns, unha baixa densidade de poboación e unha tipolo-

xía construtiva pouco desenvolvida en altura.

Contaminación acústica. Molestia provocada pola inten-

sidade e durabilidade do ruído causado polas actividades

humanas (industrias, tráfico, locais de lecer...). Produce efec-

tos negativos sobre a saúde física e mental das persoas.

Macrocefalia. En urbanismo utilízase para referirse a enor-

mes núcleos de poboación que aglutinan un gran núme-

ro de habitantes e de funcións urbanas, de forma que pro-

ducen ao seu redor zonas moi despoboadas.

Polígonos de vivendas. Están formados por bloques ele-

vados con gran cantidade de vivendas que teñen entre

eles un certo paralelismo e xeralmente dispóñense xeo-

métrica e uniformemente. Moitos destes polígonos cons-

truíronse entre os anos cincuenta e sesenta do século XX

para albergar os inmigrantes chegados ás cidades para tra-

ballar como obreiros industriais ou nas actividades tercia-

rias.

Vila. Poboamento de tipo urbano de tamaño intermedio,

maior ca a aldea e menor ca a cidade.

Xerarquía. Organización ou clasificación de certos ele-

mentos en categorías, de forma que manteñan unha orde

de importancia.

Zona franca. Territorio restrinxido onde se aplican unha

serie de beneficios tributarios, como a exención de de-

reitos arancelarios para as mercadorías estranxeiras e

outra serie de vantaxes fiscais. Nas zonas francas adoitan

instalarse industrias e almacéns especiais para a mercado-

ría en tránsito.

VOCABULARIO

que pode serque forman

factores destacan

caracterizada por

principais

...............................

...............................

...............................

...............................

Expansión

Cidades

con patrimonio

Disperso ....................

Tendencias

Planificación

política

Historia

...............................

...............................

Desigualdade

........................

........................

Cidades

medias

........................

........................

Xerarquía

Cidades

Rede urbana

UrbanoRural

Poboamento

POBOACIÓN E CIDADES EN ESPAÑA E EN GALICIA

Page 17: Ciencias Sociais 2tat rural distínguese entre poboamento concentrado e poboamento disperso. O poboamento concentrado As vivendas agrúpanse en núcleos de poboación máis ou menos

113Poboamento e cidades en España e en Galicia

Le o texto e define poboamento, área rural e poboamento rural.

— Cales son os principais tipos de poboamento rural que podemos

encontrar en España? Explica as características de cada un.

Di cales son as principais características da rede urbana española e

pon algún exemplo da xerarquía de cidades que forman esa rede.

Elabora un resumo sobre as principais tendencias das cidades españo-

las na actualidade no que aparezan as seguintes expresións:

— Terciarización e as súas consecuencias

— Patrimonio cultural das cidades: rehabilitación e reurbanización

— Expansión das periferias

— Rururbanización do territorio

— Urbanismo sostible.

Analiza o plano da cidade da Coruña. Para iso debes:

— Identificar os elementos naturais que condicionan a situación e o

crecemento da cidade.

— Identificar os diferentes tipos de trazado urbano do plano, rela-

cionalos coa área da cidade á que corresponden e as funcións

que nelas se realizan.

— Identificar algunhas infraestruturas importantes que formen parte

do trazado da cidade.

4

3

2

1

AVALIACIÓN

Xa sexa rural ou urbano, o poboamen-

to, entendido como o modo en que se

reparten os núcleos ou lugares de

residencia das poboacións, é un dos

elementos resultantes do proceso

de ocupación do espazo polo home.

Tradicionalmente, o termo rural refe-

riuse a áre as de baixa densidade de

poboación con núcleos de pequeno

tamaño en termos absolutos, relativa-

mente illados dos demais, nos que

as actividades agrarias supoñen a prin-

cipal base económica e cun modo

de vida, basicamente homoxéneo,

as diferenzas doutros sectores da so-

ciedade, principalmente a cidade.

Acorde con este concepto de área

rural, o poboamento, ou o hábitat

rural como un dos seus elementos bá-

sicos, vén ser o modo de repartición e

de residencia das poboacións que

viven no campo.

Traducido e adaptado de: M. E. Urdia-

les, «Poblamiento y hábitat rural», en

Geografía de España. Planeta, 1989.