T. 14. sistemas de poboamento

17
Apartado 2. OS SISTEMAS DE POBOAMENTO: URBANO E RURAL

Transcript of T. 14. sistemas de poboamento

Page 1: T. 14. sistemas de poboamento

Apartado 2. OS SISTEMAS DE POBOAMENTO:

URBANO E RURAL

Page 2: T. 14. sistemas de poboamento

Diferenzas entre poboamento urbano e rural

• Poboamento rural: asentamentos rurais ou aldeas.• Poboamento urbano: asentamentos urbanos ou cidades.• Diferenzas:

• Tamaño: as cidades teñen un maior número de habitantes que os nucleos rurais.

• Densidade de poboación: a poboación das cidades encóntrase máis concentrada no espazo.

• Fisionomía: as cidades teñen un aspecto distinto: rúas máis anchas, edificios máis altos, máis tráfico, etc.

• Actividades económicas: • Cidades: a súa poboación adoita traballar nos sectores secundario e

terciario (industria e servizos).• Núcleos rurais: existe unha porcentaxe moi alta de traballadores do sector

primario (agricultura, gandaría ou pesca).– Forma de vida e características sociolóxicas: na cidade existe un

maior número de actividades e ritmo de vida é máis acelerado.

Page 3: T. 14. sistemas de poboamento

ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Actividade principal: Primaria

POBOAMENTO RURAL POBOAMENTO URBANO

Actividades principais: Terciaria e Secundaria

Page 4: T. 14. sistemas de poboamento

CARACTERÍSTICAS SOCIOLÓXICAS

Sociedade máis homoxéneaRelacións interpersonais máis estreitas

POBOAMENTO RURAL POBOAMENTO URBANO

Sociedade máis heteroxéneaSociedades máis individualistas

Page 5: T. 14. sistemas de poboamento

Importancia do mundo rural dentro do mundo urbano

• Suministra alimentos, materias primas e certos produtos industriais ás cidade: Ademáis dos produtos agrícolas e as materias primas do rural que se exportan ás cidades, no mundo rural existen industrias de baixa intensidade tecnolóxica, como o textil, a fabricación de mobles ou o calzado, que teñen nas cidades o seu principal mercado.

• Constitúe un área de recreo para os habitantes das cidades: estes acoden nas fins de semana ou as vacacións para realizar turismo ou simplemente descansar.

• O rural achega poboación á cidade: é dicir, a rapidez coa que creceron a maioría das cidades que coñecemos ven dada polo éxodo rural, é dicir, as intensas migracións da xente do campo á cidade..

Page 6: T. 14. sistemas de poboamento

Importancia do mundo urbano dentro do mundo rural

• Vende produtos especializados ao espazo rural: A cidade adoita contar cun maior número de comercios cunha oferta de productos maior e máis variada, mentres que no rural os artigos que se venden adoitan ser os máis básicos.Os habitantes do rural se desprazan, polo tanto, ás cidades para acadar os bens máis especializados (novas tecnoloxías, por exemplo).

• Ofrece servizos especializados ao rural:Fronte os servizos básicos do rural, a cidade adoita ofrecer unha maior e máis especializada oferta, como por exemplo, no campo da mediciña o as universidades, debido a que na cidade a concentración de habitantes é maior. Por este motivo, os habitantes do rural tamén teñen que desprazarse para conseguir estes servizos.

• Nos últimos anos é a poboación da cidade a que envia habitantes ao rural: é moi habitual na actualidade que unha parte da poboación abandone os núcleos urbanos para ir vivir aos municipios do seu contorno. Isto provocou que eses municipios fosen perdendo o seu carácter rural, debido ao seu crecente aumento demográfico e que isto servise para converter a cidade nunha grande cidade.

Page 7: T. 14. sistemas de poboamento

Explica, neste cadro, os motivos polos que ti cres que nas últimas décadas se está producindo a tendencia da volta ao mundo rural:

ECONÓMICAS

MEDIOAMBIENTAIS

ÉTICAS

SOCIAIS

Page 8: T. 14. sistemas de poboamento

Apartado 3. Os sistemas de poboamento: formas e transformación ruraisVisita: http://poblamientorural.blogspot.com/Fonte das imaxes: prof. Isaac Buzo Sánchez.

Page 9: T. 14. sistemas de poboamento

Formas de poblamiento rural• Según a distribución das casas dos habitantes

dos espazos rurais:• Poboamento disperso: trátase de núcleos de

poboación moi pequenos repartidos por todo o territorio, formados por vivendas illadas. Ex: no Norte de España.

• Poboamento concentrado: trátase de núcleos de poboación maiores en tamaño, situados a unha maior distancia os uns dos outros. Ex: poboamentos da Mancha.

• Poboamento intercalar: • É un tipo de poboamento mixto entre poboamento

concentrado e disperso.• Son núcleos de poboación de tamaño grande repartidos por

todo o territorio. Ex: na horta de Murcia.

Page 10: T. 14. sistemas de poboamento

DISPERSO INTERCALAR CONCENTRADO

Page 11: T. 14. sistemas de poboamento

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

POBOAMENTO RURAL DISPERSO

Page 12: T. 14. sistemas de poboamento

POBOAMENTO RURAL INTERCALAR

Page 13: T. 14. sistemas de poboamento

POBOAMENTO RURAL CONCENTRADO

Page 14: T. 14. sistemas de poboamento

• Segundo o acceso da poboación aos servizos:• Nalgúns casos a poboación ten que se

desprazar a outros municipios para recibir servizos de tipo educativo ou sanitario, como ocorrre coas rutas de transporte escolar, que a dario recollen a os alumnos en localidades moi pequeñas para achegalos á escola, situada nunha vila maior.

• Noutros casos, son os profesionais os que se achegan aos pequenos núcleos para atender á súa poboación, como ocorre nos casos dos médicos rurais.

Page 15: T. 14. sistemas de poboamento

Factores que inflúen no tipo de poboamento• A auga: nas rexións secas a poboación

concéntrase nos poucos lugares onde hai auga (xunto aos ríos). Pola contra, nas rexións húmidas, a poboación rural adoita ser dispersa.

• As necesidades defensivas: en tempo de guerra, as poboacións adoitaban conentrarse en núcleos ubicados en emprazamentos defensivos, protexidos por murallas. Moitos deses lugares se mantiveron co paso do tempo, ainda que as necesidade de defensa desaparecesen.

Page 16: T. 14. sistemas de poboamento

Transformacións recentes nos núcleos rurais

Factores que favoreceron os cambios (negativos ou positivos) nos núcleos rurais:• O éxodo rural: isto é, a intensa migración dos habitantes do

campo ás cidades, o que supuxo o abandono de moitas aldeas ou o avellentamento xeralizado da súa poboación.

• A proximidade ás cidades: • Moitos habitantes das cidades trasladáronse a vivir aos municipios dos

arredores, onde o precio do solo é máis baixo.• O mesmo ocurriu coas empresas, polo que estes municipios foron perdendo

o seu carácter rural, para convertirse en cidades en sí mesmas.– O turismo: nucleos poboacionais rurais próximos á costa ou á

montaña sufriron transformacións a consecuencia directa do turismo (ex: Sanxenxo), polo que estes lugares tenden a vincularse máis co sectores servizos.

– A industria: os núcleos rurais que conseguiron industrializarse a partir da transformación dos seus propios produtos, tenden a ver crecer a súa poboación.

Page 17: T. 14. sistemas de poboamento

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

Áreas periurbanas

Áreas costerasÁreas do Interior