CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da...

32
DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 1 CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN Vigairía de Pastoral

Transcript of CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da...

Page 1: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

1

CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO

DA CONFIRMACIÓN

Vigairía de Pastoral

Page 2: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

2

Esta Misa celébrase con vestiduras vermellas ou brancas.

RITOS INICIAIS

CANTOCANTOCANTOCANTO

SAÚDO DO QUE PRESIDESAÚDO DO QUE PRESIDESAÚDO DO QUE PRESIDESAÚDO DO QUE PRESIDE

V/ V/ V/ V/ No nome do Pai, e do Fillo e do Espírito Santo.

R/ R/ R/ R/ Amén.

V/V/V/V/ A paz estea con vós.

R/R/R/R/ E contigo tamén.

MONICIÓN INICIALMONICIÓN INICIALMONICIÓN INICIALMONICIÓN INICIAL

Se non preside o Sr. Bispo, senón un delegado seu, téñase en conta corrixir o que corresponda. A monición faina un confirmando.

Querido Sr. Bispo:

Benvido á nosa comunidade parroquial de... (N) Está vostede aquí para presidir a nosa "Confirmación" e, isto, é motivo de ledicia para nós e para tódolos aquí presentes.

Todos queremos que esta celebración deixe pegada en

Page 3: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

3

nós, e que sexa un "novo Pentecoste", para vivir a vida nova dos fillos de Deus, sendo fieis testemuñas de Xesús alí onde nos atopemos, coas nosas palabras pero sobre todo coas nosas obras.

Con gozo participemos todos nesta celebración.

ACTO PENITENCIALACTO PENITENCIALACTO PENITENCIALACTO PENITENCIAL

V/ O Señor Xesús, que nos convida á mesa da Palabra e da Eucaristía, chámanos agora á conversión. Recoñezamos, pois, que somos pecadores e invoquemos con esperanza a misericordia de Deus.

Celebrante:Celebrante:Celebrante:Celebrante: Confirmarse significa optar por Xesús como

o mellor dos amigos...

Confirmando:Confirmando:Confirmando:Confirmando: Porque aPorque aPorque aPorque assss veces esquecémonos e non o veces esquecémonos e non o veces esquecémonos e non o veces esquecémonos e non o tratamotratamotratamotratamossss como a un amigo verdadeiro. como a un amigo verdadeiro. como a un amigo verdadeiro. como a un amigo verdadeiro. SSSSeñor, ten piedadeeñor, ten piedadeeñor, ten piedadeeñor, ten piedade de nósde nósde nósde nós....

Todos:Todos:Todos:Todos: Señor, ten piedade de nós.

Celebrante:Celebrante:Celebrante:Celebrante: Confirmarse significa decidirse a colaborar activamente na misión da Igrexa...

Confirmando:Confirmando:Confirmando:Confirmando: Porque aPorque aPorque aPorque assss veces non queremos de veces non queremos de veces non queremos de veces non queremos de verdade á Igrexa, nin cooperamos verdade á Igrexa, nin cooperamos verdade á Igrexa, nin cooperamos verdade á Igrexa, nin cooperamos gustosos nas súas tarefagustosos nas súas tarefagustosos nas súas tarefagustosos nas súas tarefas e actividades. s e actividades. s e actividades. s e actividades. Cristo, ten piedadeCristo, ten piedadeCristo, ten piedadeCristo, ten piedade de nósde nósde nósde nós....

Todos:Todos:Todos:Todos: Cristo, ten piedade de nós.

Celebrante:Celebrante:Celebrante:Celebrante: Confirmarse significa elixir de forma libre e responsable a fe cristiá...

Confirmando:Confirmando:Confirmando:Confirmando: Porque aPorque aPorque aPorque assss veces non apreciamos veces non apreciamos veces non apreciamos veces non apreciamos

Page 4: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

4

suficientemente o ser cristiáns ou suficientemente o ser cristiáns ou suficientemente o ser cristiáns ou suficientemente o ser cristiáns ou nos nos nos nos averaveraveravergonzgonzgonzgonzaaaamos de mos de mos de mos de isisisiso ante os demais. o ante os demais. o ante os demais. o ante os demais. Señor, ten piedadeSeñor, ten piedadeSeñor, ten piedadeSeñor, ten piedade de nós.de nós.de nós.de nós.

Todos:Todos:Todos:Todos: Señor, ten piedade de nós.

CelebranteCelebranteCelebranteCelebrante: Deus todopoderoso teña misericordia de nós, perdoe os nosos pecados, lévenos á vida eterna.

Todos:Todos:Todos:Todos: Amén.

GLORIAGLORIAGLORIAGLORIA

ORACIÓN COLECTAORACIÓN COLECTAORACIÓN COLECTAORACIÓN COLECTA

Oremos

Deus de poder e de misericordia, rogámosche que envíes o teu Espírito Santo, para que habite en nós e nos transforme en templos da súa gloria. Polo noso Señor Xesuscristo, o teu Fillo, que vive e reina contigo na unidade do Espírito Santo e é Deus por sempre eternamente.

T/ Amén.

Page 5: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

5

LITURXIA DA PALABRA

MONICIÓN E XESTOMONICIÓN E XESTOMONICIÓN E XESTOMONICIÓN E XESTO

Tres confirmandos soben procesionalmente o libro que contén a Palabra de Deus, dous deles portan na súa man un cirio acendido que conservan así permanecendo de pé ao lado do ambón mentres se len as lecturas. O que leva o libro ao chegar ao presbiterio móstrao á Asemblea, colócao sobre o ambón e ábreo. Rematado o canto, o lector proclama a lectura.

MONITOR

Dispómonos agora a acoller o libro da Palabra de Deus. Cando na liturxia proclamámola, Deus fálanos. Por iso hoxe traemos este libro procesionalmente para tomar conciencia da importancia da Palabra de Deus nas nosas vidas. Ela ilumina o noso camiñar e axúdanos a acoller ao Señor que se fará presente na mesa da Eucaristía. Ela ilumina a nosa vida para que responda á misión que Deus nos confia de anunciar o Evanxeo. Ela agarda a nosa resposta que a daremos na homilía, a profesión de fe e a oración universal. Postos en pé, en sinal de dispoñibilidade para responder ao que o Señor nos diga, acollemos con ledicia o libro da Palabra de Deus cantando. CANTO

Page 6: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

6

PRIMEIRA LECTURAPRIMEIRA LECTURAPRIMEIRA LECTURAPRIMEIRA LECTURA

Lectura do Libro dos Feitos dos Apóstolos Cando se cumpriron os días de Pentecostés, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto, veu do ceo un ruído coma dun forte golpe de vento que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada un deles. Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito. Había daquela en Xerusalén xudeus piadosos de tódalas nación da terra. Ao se producir aquel estrondo, xuntouse a xente e ficou moi desconcertada, porque cada un os sentía falar na súa propia lingua. Pedro, de pé cos Once, levantou a voz e díxolles: -«Xudeus e tódolos que habitades en Xerusalén: entendede ben e escoitade as miñas palabras: Fálovos de Xesús de Nazaret, home acreditado por Deus diante de vós por milagres, maravillas e sinais que Deus fixo por el entre vós, como vós mesmos sabedes; a este, entregado conforme o plan establecido e á previsión de Deus, matástelo crucificándoo por man de impíos. A este Xesús resucitouno Deus, cousa da que todos nós somos testemuñas. E agora, engrandecido pola dereita de Deus e recibido do Pai o prometido Espírito Santo, espallouno, que é o que vós vedes e sentides..»

Palabra do Señor

Page 7: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

7

SALMO RESPONSORIALSALMO RESPONSORIALSALMO RESPONSORIALSALMO RESPONSORIAL

R. Manda, Señor, o teu Espírito

e renova a cara da terra.

Alma miña, vendí o Señor. Señor, meu Deus, ti es moi grande. ¡Cantas son, Señor, as túas obras! A terra está chea das túas criaturas. R.

Todos agardan de ti que lles botes comida ao seu tempo. Cando a botas, atrápana: abres a man, e fártanse de bens. R.

Mandas o teu alento, e son creados e renovas a cara da terra. Gloria ao Señor por sempre, alégrese o Señor coas súas obras. R. Cantarei ao Señor mentres viva, tocarei para o meu Deus mentres exista: que El acolla o meu cantar e alegrareime eu no Señor. R.

Page 8: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

8

ALELUALELUALELUALELUIIIIAAAA

EVANXEOEVANXEOEVANXEOEVANXEO

Lectura do santo evanxeo segundo san Xoán

Naquel tempo, dixo Xesús aos seus discípulos: «Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao, e viremos onda el, e faremos vida con el.

O que non me ama, non garda as miñas palabras; e a palabra que escoitades de min, non é miña, é do Pai que me mandou.

Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco; pero o Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo e traeravos á memoria canto eu vos dixen.»

Palabra do Señor.

PRESENTACIÓN DOS CONFIRMANDOSPRESENTACIÓN DOS CONFIRMANDOSPRESENTACIÓN DOS CONFIRMANDOSPRESENTACIÓN DOS CONFIRMANDOS

Despois do Evanxeo, o Bispo (e os presbíteros que o acompañan) sentase(n) no seu(s) respectiva(s) sé(s). Entón o párroco, presenta ao Bispo aos que han de ser confirmados. Se non preside o Sr. Bispo, senón un delegado seu, téñase en conta corrixir o que corresponda.

P/ Sr. Bispo, presentámoslle a este grupo de mozos, para que reciban das súas mans a Confirmación, o Sacramento

Page 9: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

9

do don do Espírito. Eles preparáronse para poder recibilo; afondaron no encontro con Xesuscristo e no camiño do Evanxeo. Aprenderon a coñecer máis de preto o que significa vivir como comunidade de crentes, como Igrexa. E decidíronse, coa axuda do Señor, a aceptar o seu compromiso de vida cristiá.

Que ao impoñerlles as mans e unxilos na fronte co signo da cruz, o Espírito da Verdade, do amor, da fortaleza e santidade lles axude a ser testemuñas de Cristo nos seus ambientes e membros vivos e activos de Cristo na Igrexa.

Estes son os mozos que queren ser confirmados…

(Dinse os seus NOMES e ao escoitalo cada un vaise poñendo de pé e responde)

CONFIRMANDO:CONFIRMANDO:CONFIRMANDO:CONFIRMANDO: Aquí, estou.

(Rematada a presentación, o que preside inicia a homilía)

HOMILÍAHOMILÍAHOMILÍAHOMILÍA

PROFESIÓN DE FEPROFESIÓN DE FEPROFESIÓN DE FEPROFESIÓN DE FE

C/ E, agora, antes de recibir o don do Espírito Santo, convén que renovedes ante min, pastor da Igrexa, e ante os fieis aquí reunidos, testemuñas do voso compromiso, a fe que os vosos pais e padriños, en unión de toda a Igrexa, profesaron o día do voso Bautismo.

Page 10: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

10

Monitor Agora os confirmandos van renovar as promesas, que o día do seu Bautismo fixeron no seu nome os pais e padriños. Entón non eran conscientes nin libres; hoxe saben xa que significa ser cristián e a que compromete. Os aquí presentes, xuntamente con eles, expresamos o noso gozoso compromiso de seguir a Xesús en todo os momentos da nosa vida.

O Bispo pregunta aos confirmandos, que se poñen de pé e responden todos á vez.

Bispo:Bispo:Bispo:Bispo: ¿Renunciades a Satanás e a todas as súas obras e seducións?

Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos: Si, renuncio.

Bispo:Bispo:Bispo:Bispo: ¿Credes en Deus, Pai todopoderoso, creador do ceo e da terra?

Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos: Si, creo.

Bispo:Bispo:Bispo:Bispo: ¿Credes en Xesuscristo, o seu único Fillo, noso Señor, que naceu de Santa María Virxe, morreu, foi sepultado, resucitou de entre os mortos, e está sentado á dereita do Pai?

Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos: Si, creo.

Bispo:Bispo:Bispo:Bispo: ¿Credes no Espírito Santo, Señor e dador de vida, que hoxe vos será comunicado dun xeito singular polo sacramento da Confirmación, como foi dado aos Apóstolos o día de Pentecostés?

Page 11: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

11

Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos: Si, creo.

Bispo:Bispo:Bispo:Bispo: ¿Credes na santa Igrexa católica, na comuñón dos Santos, no perdón dos pecados, na resurrección da carne e na vida eterna?

Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos:Confirmandos: Si, creo.

A esta profesión asinte o Bispo proclamando a fe da Igrexa:

Bispo:Bispo:Bispo:Bispo: Esta é a nosa fe. Esta é a fe da Igrexa, que nos gloriamos de profesar en Cristo Xesús, Señor noso.

E os fieis, a súa vez, asinten tamén dicindo:

TODOS:TODOS:TODOS:TODOS: Amén.

IMPOSICIÓN DE MANSIMPOSICIÓN DE MANSIMPOSICIÓN DE MANSIMPOSICIÓN DE MANS

MONITOR Agora, o Sr. Bispo, pide a Deus que envíe o Espírito Santo sobre estes fillos seus, e farao facendo o xesto que usaban os apóstolos e o mesmo Xesús: impoñerá as súas mans sobre os confirmandos.

Mediante a oración e o xesto, pide que o Espírito Santo os consagre e os fortaleza cos seus dons.

Neste momento solemne permanecemos de pé, e os confirmandos poñédesvos de xeonllos.

Page 12: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

12

O Bispo (ou o seu Delegado) de pé, coas mans xuntas e de cara ao pobo, di:

Bispo: Oremos, irmáns, a Deus Pai todopoderoso e pidámoslle que derrame o Espírito Santo sobre estes fillos de adopción que renaceron xa á vida eterna no Bautismo, para que os fortaleza coa abundancia dos seus dons, os consagre coa súa unción espiritual e faga deles imaxe perfecta de Xesuscristo.

Todos oran en silencio uns intres. Despois o Bispo (ou o seu Delegado) impón as mans sobre tódolos confirmandos.

Mentres tanto o Bispo di:

Deus todopoderoso, Pai do noso Señor Xesuscristo, que rexeneraches, pola auga e o Espírito Santo, a estes servos teus e libráchelos do pecado, escoita a nosa oración e envía sobre eles o Espírito Santo Defensor; encheos de espírito de sabedoría e de intelixencia, de espírito de consello e de fortaleza, de espírito de ciencia e de piedade, e cólmaos do espírito do teu santo temor. Por Xesuscristo, o noso Señor.

Todos: Amén.

Page 13: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

13

CRISMACIÓNCRISMACIÓNCRISMACIÓNCRISMACIÓN....

MONICIÓN

Chegamos ao momento culminante da celebración. O Sr. Bispo unxirá na fronte, coa cruz gloriosa de Cristo, aos confirmandos para significar que son do Señor.

Farao co santo Crisma, que é aceite perfumado.

Non esquezamos que ser unxido, ser crismado, é ser "outro Cristo" e iso comporta que a mesma misión do Señor é tamén a nosa: dar testemuño da Verdade, e ser polo bo olor das boas obras, fermento de santidade no mundo.

Seguidamente preséntase o santo crisma ao Bispo. Achéganse ao Bispo os confirmandos e o que presenta ao confirmando coloca a súa man dereita sobre o ombro deste e di ao Bispo o nome do presentado, a non ser que o mesmo confirmando sexa quen diga o seu propio nome. Procurar que aos primeiros se lles escoite con claridade a fórmula de crismación e a resposta. Logo oramos cantando. O Bispo molla o dedo polgar da súa man dereita no santo Crisma e fai con el o sinal da cruz sobre a fronte do confirmando dicindo:

Bispo: N., recibe por este sinal o Don do Espírito Santo. E o confirmando responde:

Confirmando: Amén. O Bispo engade:

Bispo: A paz sexa contigo. O confirmando responde:

Confirmando: E contigo tamén.

Mentres dura a unción dos confirmandos pódese cantar algún canto apropiado. Rematada a unción, o Bispo (ou o seu Delegado) lávase as mans.

Page 14: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

14

ORACIÓN DOS FIEISORACIÓN DOS FIEISORACIÓN DOS FIEISORACIÓN DOS FIEIS Rematada a unción de todos os confirmandos, faise a Oración dos fieis. Fana dous confirmados.

Celebrante: Movidos polo Espírito Santo, que vén na nosa

axuda para orar e transformar as nosas vidas, decímoslle todos:

"ENVÍANOS O TEU ESPÍRITO, SEÑOR"

1.- Por todos os cristiáns, por todos os que, como nós, queren seguir a Xesuscristo con fidelidade. OREMOS 2.- Polos que gobernan, para que busquen o ben de todos e de xeito especial o dos máis necesitados. OREMOS

3.- Por todas as familias, polos nosos pais e titores, para que nos acompañen no proceso de vida sacramental. OREMOS 4.- Polo aumento das vocacións á vida sacerdotal, relixiosa e misioneira. OREMOS

5.- Por nós, que hoxe recibimos a forza renovadora do Espírito Santo para que sexamos fieis ao "Amigo que nunca falla". OREMOS

6.- Polo noso señor bispo D. (N) que nos confirmou, polo Papa e por todos os que teñen a responsabilidade de guiar ao pobo de Deus. OREMOS

Page 15: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

15

7.- Por todos os bautizados, para que a Palabra de Deus sexa a Luz que nos ilumine nas nosas vidas e no noso traballar por unha sociedade máis solidaria e fraterna. OREMOS

Celebrante: Deus, Pai Noso, concede a toda a túa familia santa amosar coas súas vidas o que celebran con fe. Por Xesuscristo o noso Señor. AMÉN.

LITURXIA DA EUCARISTÍA

PRESENTACIÓN DOS DONSPRESENTACIÓN DOS DONSPRESENTACIÓN DOS DONSPRESENTACIÓN DOS DONS

Rematada a Oración dos fieis, segue a Liturxia da Eucaristía, na que algúns dos confirmados levan ao altar o pan, o viño e a auga para a Eucaristía e algunhas ofrendas (vela acendida, flores e Biblia)

CONFIRMADO:

Señor, xunto ao Pan e o Viño, que son o sustento para a vida e que Xesús converteu en alimento de esperanza, queremos presentarche hoxe esta vela acendida, porque nós queremos ser luz, antorcha acendida. Tamén traemos ao teu altar estas flores coas que chee presentamos o mellor de nós mesmos, o máis sinxelo e sincero que levamos dentro e a Biblia onde está contida a túa Palabra que será a nosa compañeira e guia no camiño cara a madurez que

Page 16: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

16

hoxe iniciamos. Acepta as nosas ofrendas con agrado, Señor.

CANTOCANTOCANTOCANTO

C/. Bendicímoste, Señor, Deus do universo. Da túa bondade recibimos este pan,

que é froito da terra e do traballo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos converta no pan da vida.

R/. Bendito sexa Deus agora e sempre.

C/. Bendicímoste, Señor, Deus do universo. Da túa bondade recibimos este viño,

que é froito da vide e do traballo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos converta na bebida da salvación.

R/. Bendito sexa Deus agora e sempre. Despois o celebrante levanta as mans mirando ao alto e convida a todos á oración.

Page 17: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

17

C. Rezade, irmáns,

para que, levando ao altar as alegrías e as mágoas de cada día, nos dispoñamos a ofrecer o sacrificio agradable a Deus, Pai todopoderoso.

R/. O Señor acolla das túas mans este sacrificio, para louvanza e para gloria do seu nome, para ben noso e de toda a súa santa Igrexa.

C/ Acolle, Señor, con bondade as ofrendas dos teus fillos. Nesta Eucaristía celebramos o memorial da redención pola que o teu Fillo conseguiu para nós o don do Espírito Santo: que el os faga máis semellantes a Cristo e os converta en testemuñas cada vez máis fieis. El, que vive e reina por sempre eternamente.

T/ Amén

PREFACIO DA CONFIRMACIÓNPREFACIO DA CONFIRMACIÓNPREFACIO DA CONFIRMACIÓNPREFACIO DA CONFIRMACIÓN

C/ O Señor sexa convosco. T/ E contigo tamén. C/ Erguede os corazóns.

Page 18: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

18

T/ Témolos postos no Señor. C/ Deámoslle grazas ao Señor, noso Deus. T/ É digno e de xusticia. Dámosche gracias e proclamamos a túa gloria, Pai santo, fonte e orixe de todo ben. Ti, no bautismo, dás a nova vida aos crentes e falos participar do misterio pascual do teu Fillo. Ti confírmalos co selo do Espírito, pola imposición de mans e a unción real do risma. Así, renovados á imaxe de Cristo, que foi unxido polo Espírito Santo e envíado para anunciar a boa nova da salvación, falos teus convidados no banquete da Eucaristía e testemuñas da fe na Igrexa e no mundo. Por iso nós, nesta xuntanza festiva celebramos os prodixios dun novo Pentecostés, e, cos anxos e cos santos,

Page 19: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

19

cantamos o himno da túa gloria:

CANTO: Santo, Santo, Santo...

PLEGARIA EUCARÍSTICA III O sacerdote, coas mans estendidas, di:

CP Señor noso Pai, ti es verdadeiramente santo

e con razón che canta louvanzas a creación enteira. Por mediación do teu Fillo, noso Señor Xesucristo, e coa forza do Espírito Santo, enches de vida e santificas todo o universo. Ti non deixas de arrecadar para ti un pobo que, dun cabo ao outro do mundo, presente no teu honor unha ofrenda pura.

Xunta as mans e, estendéndoas logo sobre as ofrendas, di:

CC Por iso che pedimos humildemente, que te dignes santificar coa forza do teu Espírito estas ofrendas que che consagramos.

Xunta as mans e traza un único sinal da cruz sobre o pan e sobre o cáliz

conxuntamente, dicindo:

Fai que se convertan

Page 20: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

20

no Corpo e + no Sangue do teu Fillo, noso Señor Xesucristo,

Xunta as mans.

que nos mandou celebrar estes misterios. Nas fórmulas seguintes, as palabras do Señor deberánse pronunciar distinta e claramente, como o pide a súa importancia.

El, na noite en que foi entregado, Colle o pan e, téndoo un pouco elevado sobre o altar, prosegue:

colleu o pan, e dándoche gracias, rezou a bendición, partiuno e déullelo aos seus discípulos, mentres dicía: Inclínase un pouco.

«Tomade e comede todos del, pois isto é o meu Corpo, que se vai entregar por vós». Móstralle ao pobo o pan consagrado, déixao logo na patena e adórao, facendo xenuflexión. Despois prosegue:

De igual modo, ao final da cea, Colle o cáliz e, téndoo un pouco elevado sobre o altar, prosegue:

tomou o cáliz, e dándoche gracias rezou a bendición, e pasóullelo aos seus discípulos, mentres dicía:

Page 21: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

21

Inclínase un pouco.

«Tomade e bebede todos del, porque este é o cáliz do meu Sangue, o Sangue da alianza nova e eterna, que se vai verter por vós e por todos os homes para o perdón dos pecados. Facede isto en memoria de min». Móstralle ao pobo o cáliz, déixao logo no corporal e adórao, facendo xenuflexión. Despois di::

CP Velaquí o misterio da nosa fe. E o pobo prosegue, aclamando:

Anunciámo-la túa morte, proclamámo-la túa resurrección. ¡Ven, Señor Xesús!

Despois o sacerdote, coas mans estendidas, di:

CC Por iso, Señor, celebramos o memorial da paixón salvadora do teu Fillo, da sús resurrección gloriosa e da súa ascensión ao ceo, e agardamos tamén o seu advenimento glorioso. Por iso che ofrecemos, en acción de gracias,

Page 22: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

22

este sacrificio de vida e santidade.

Volve os teus ollos para esta ofrenda da túa Igrexa e recoñece a víctima que coa súa inmolación nos reconciliou contigo. Aliméntanos co Corpo e co Sangue do teu Fillo e danos a plenitude do seu Espírito Santo, para que formemos en Cristo un só corpo e un só espírito.

C1 Que o mesmo Espírito Santo faga de nós para sempre un sacrificio agradable a ti, para que poidamos conseguir a herdanza eterna xunto cos teus escolleitos: coa Virxe María, a santa Nai de Deus, con San Xosé, o seu esposo, cos santos apóstolos e cos mártires gloriosos (con san N.:santo do día ou patrono) e con todos os santos. Pola súa intercesión confiamos acadar sempre a túa axuda.

C2 Que esta víctima pola que fomos reconciliados contigo lle traia a todo o mundo a paz e a salvación. A firma na fe e no amor á túa Igrexa mentres peregrina pola terra:

Page 23: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

23

ao teu servidor, o noso Papa N., ao noso Bispo N e a todo o Colexio Episcopal, aos sacerdotes e diáconos e a todo o pobo que o teu fillo redimiu.*

INTERCESIÓNS PARTICULARES Na misa de confirmación: * Axuda ós teus fillos que hoxe confirmaches marcándoos co selo do Espírito Santo; custodia neles o don do teu amor.

Atende con amor as súplicas desta familia que hoxe acolliches na túa presencia, apiádate tamén dos fillos que tes dispersos polo mundo adiante: axúntaos a todos contigo.

Nos domingos, cando non hai outra lembranza propia, pode dicirse:

Atende con amor as súplicas desta familia

que acolliches na túa presencia

no día en que Cristo venceu a morte

e nos fixo partícipes da súa vida inmortal,

apiádate tamén dos fillos

que tes dispersos polo mundo adiante:

axúntaos a todos contigo.

Desde a misa da Vixilia pascual ata o segundo domingo de Pascua:

Page 24: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

24

Atende con amor as súplicas desta familia que acolliches na túa presencia na noite gloriosa (no día glorioso) da resurreccióndo noso Señor Xesucristo segundo a carne, apiádate tamén dos fillos que tes dispersos polo mundo adiante: axúntaos a todos contigo. Na Ascensión do Señor: Atende con amor as súplicas desta familia que acolliches na túa presencia no día glorioso da Ascensión no que Cristo foi constituído señor do ceo e mais da terra, apiádate tamén dos fillos que tes dispersos polo mundo adiante: axúntaos a todos contigo. No domingo de Pentecostés: Atende con amor as súplicas desta familia que acolliches na túa presencia no día en que a efusión do teu Espírito fixo dela sacramento de unidade para todos os pobos, apiádate tamén dos fillos que tes dispersos polo mundo adiante: axúntaos a todos contigo.

Pai misericordioso, acórdate dos nosos irmáns defuntos e de todos aqueles que deixaron este mundo amparados na túa gracia.

Page 25: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

25

Acólleos con bondade no teu reino, onde tamén nós esperamos disfrutar con eles para sempre da túa eterna gloria.

Xunta as mans.

Polo noso Señor Xesucristo, por quen lle concedes ao mundo todos os bens.

Colle a patena co pan consagrado e o cáliz e, os sostendo elevados, di:

Por El, con El e Nel, a ti, Deus Pai omnipotente, na unidade do Espírito Santo, todo honor e toda gloria por sempre eternamente. O pobo aclama:

Amén.

Despois segue o rito da comuñón.

NOSO PAI NOSO PAI NOSO PAI NOSO PAI

Cando se opte por cantar, cantar o Noso Pai e non un canto que o substitúa (aínda que o canto inclúa rezar o Noso Pai)

C/ O amor de Deus foi derramado nos nosos corazóns co Espírito Santo que se nos deu.

Page 26: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

26

Digamos, pois, con fe e esperanza:

Noso Pai, que estás no ceo, santificado sexa o teu Nome; veña o teu reino; e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. Danos hoxe o noso pan de cada día; perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal.

C/ Líbranos, Señor, de todos os males

e danos a paz nos nosos días; fai que, axudados pola túa misericordia, vivamos sempre libres de pecado e amparados de toda desgracia, mentres esperamos a salvación e a volta gloriosa do noso Señor Xesucristo.

T/ Pois teus son o Reino, o poder e mais a gloria por sempre eternamente. C/ Señor Xesucristo,

Page 27: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

27

ti dixécheslles aos teus Apóstolos: “Déixovos a miña paz, douvos a miña paz” Non mirescos nosos pecados,

senón a fe da túa Igrexa: dígnate darle a paz e maila unión de acordó coa túa vontade. Pedímoscho a ti, que viven e reinas por sempre eternamente.

T/ Amén. C/ A paz do Señor sexa sempre convosco. T/ E contigo tamén. C/ No Espírito de Cristo resucitado

dádevos a paz sentíndovos irmáns.

AÑO DE DEUSAÑO DE DEUSAÑO DE DEUSAÑO DE DEUS

Año de Deus, que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós. Año de Deus, que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós. Año de Deus, que quíta-lo pecado do mundo,

Page 28: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

28

dáno-la a paz. C/ Este é o Año de Deus, que quita o pecado do mundo.

Felices os convidados á cea do Señor. T/ Señor, eu non son merecente de que entres no meu fogar,

mais unha palabra túa abonda para me salvar. O Corpo de Cristo. Amén. CANTO

ACCIÓN DE GRAZASACCIÓN DE GRAZASACCIÓN DE GRAZASACCIÓN DE GRAZAS

Confirmado: Neste momento de silencio e oración quereríamos expresar con palabras todo o que sentimos, pero é difícil. O que si queremos, Señor, é darche grazas.

Grazas polos nosos pais que nos trouxeron á vida e polos padriños que nos acompañaron, tanto no día do noso Bautismo, como hoxe na nosa Confirmación.

Grazas polas nosas comunidades parroquiais que nos acolleron e coidaron como a fillos; e de modo especial polos catequistas que nos acompañaron

Page 29: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

29

durante o camiño ata a nosa Confirmación. Grazas por Don N., o Bispo da nosa diocese, que hoxe nos comunicou o don do Espírito Santo.

Señor, neste día tan importante para nós, abrimos o noso corazón para acoller a túa luz e o regalo do teu Espírito.

E grazas a Ti, Deus, que es Pai e coma tal nos amas; que es Fillo e como fillos nos acolle e comprendes, e que es Espírito, presenza silenciosa e constante que hoxe experimentamos de forma máis consciente. Grazas, Señor, porque nos amas.

ENTREGA DO SIGNO DA CRUZ OU RECORDATORIO Despois dun silencio de acción de grazas e antes de concluír, se se lles entrega algún recordatorio aos confirmados, pódese facer neste momento. Debe acompañar o momento unha sinxela e breve monición.

Neste momento de Acción de Grazas, o Sr. Bispo (ou o seu Delegado) entregará aos confirmados a cruz como signo de identidade cristiá, e os pais, uns recordatorios co seu nome, para que os anime a seguir sendo verdadeiras testemuñas de Xesús, vivindo con sinxeleza, os seus compromisos de cada día.

ORACIÓN POSCOMUÑÓNORACIÓN POSCOMUÑÓNORACIÓN POSCOMUÑÓNORACIÓN POSCOMUÑÓN

C/ Señor, axuda de aquí en diante, coa túa bendición,

Page 30: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

30

os que consagraches coa unción do Espírito Santo e alimentaches co sacramento do teu Fillo. Que superen todas as adversidades, que alegren a Igrexa coa súa santidade e que coa súa vida e caridade a fagan crecer no mundo. Por Cristo, noso Señor.

RITOS CONCLUSIVOSRITOS CONCLUSIVOSRITOS CONCLUSIVOSRITOS CONCLUSIVOS

BENDICIÓN SOLEMNE DA MISA DE CONFIRMACIÓN.

C/ Deus, Pai todopoderoso, que vos fixo renacer pola auga e polo Espírito Santo, e vos adoptou coma fillos, vos bendiga e vos manteña sempre dignos do seu amor.

T/ Amén.

C/ O Fillo unixénito de Deus, que prometeu que o Espírito da verdade permanecería sempre na súa Igrexa, vos bendiga e vos confirme co seu poder na profesión da fe verdadeira.

T/ Amén.

T/ O Espírito Santo, que acendeu o lume do amor no corazón dos

Page 31: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

31

discípulos, vos bendiga, vos manteña unidos e vos leve ao gozo do reino de Deus.

T/ Amén.

C/ Bendígavos Deus todopoderoso, Pai, Fillo � e Espírito Santo.

T/ Amén.

MONICIÓN DE DESPEDIDAMONICIÓN DE DESPEDIDAMONICIÓN DE DESPEDIDAMONICIÓN DE DESPEDIDA

Confirmado/a: Imos regresar ás nosas casas, ás nosas tarefas de cada día. Temos que manifestar o compromiso cristián que acabamos de adquirir. Confiamos na forza do Espírito Santo, que se nos comunicou. Contamos coa intercesión de María, que estivo cos discípulos, despois de subir Xesús aos ceos. Tamén nos acompañastes, tódolos irmáns crentes. Grazas sexan dadas a Deus, por este Don. Grazas ao Sr. Bispo (representado polo Vicario Episcopal) que nos comunicou o Espírito Santo; grazas a todos pola vosa presenza e oración.

(Onde se considere oportuno, antes da despedida pode ser aconsellable o testemuño dalgún mozo ou confirmando de anos anteriores que os convide e anime a seguir vinculados á comunidade parroquial participando na súa vida e, onde sexa posible en grupos de afondamento na fe).

Page 32: CELEBRACIÓN DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓNDIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación. 3 nós, e que sexa un " novo Pentecoste ", para vivir a vida nova dos fillos

DIOCESE DE OURENSE: Celebración do Sacramento da Confirmación.

32

C/ Podedes ir en paz, e que o Señor vos acompañe. T/ Deámoslle gracias a Deus.

Diocese de Ourense.