Biblioxornal 38

4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A 1º TRIMESTRE 2015 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 38 Cine e Literatura da Guerra e a Paz A CONSPIRACIÓN DO SILENCIO (Im Labyrinth des Schweigens, Giulio Ricciarelli, 2014). Importantes institucións alemás e algúns membros do goberno están implicados nunha conspiración coa finalidade de encubrir os crimes dos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Un fiscal ten documentos que poden facer que se abra un xuízo contra os membros das SS que serviron en Auschwitz, mais os horrores do pasado e a hostilidade cara ao seu traballo, complican a súa tarefa e é case imposible avanzar na investigación porque todos parecen estar involucrados dunha forma ou outra. CORAZÓNS DE ACEIRO (Fury, David Ayer, 2014) En abril de 1945, ao mando do veterano sarxento Wardaddy, unha brigada de cinco soldados americanos a bordo dun tanque -o Fury– vai loitar contra un exército nazi desesperado, pois os alemáns saben que a súa derrota é inminente. A brutalidade da guerra e a vida duns soldados dentro dun tanque nos últimos compases da II Guerra Mundial. HELI (Amat Escalante, 2013) Nun apartado pobo de México, a poboación só ten dous medios de vida: un emprego mal pagado nunha fábrica de automóbiles ou traballar para o cártel da droga da rexión. Ronsel, unha nena de doce anos, namórase perdidamente dun mozo que lle propón escapar para poder casarse... INVENCIBLE (Unbroken, Angelina Jolie, 2014) A historia real de Louis Zamperini, que tras participar nos Xogos Olímpicos de 1936, alistouse nas Forzas Aéreas dos Estados Unidos para loitar na Segunda Guerra Mundial. Cando o bombardeiro que pilotaba se estrela no Pacífico, o piloto viuse obrigado a sobrevivir nunha situación límite, sen auga nin comida, durante 47 días, ata que os xaponeses o detiveron e o fixeron prisioneiro de guerra. LEVIATÁN (Leviafan, Andrei Zvyagintsev, 2014) Kolia vive nun pequeño pobo á beira do mar de Barents, ao norte de Rusia. Ten un taller de mecánica ao carón da súa casa, onde vive coa súa nova esposa e o seu fillo, froito dunha relación anterior. O alcalde do pobo está decidido a apropiarse da casa e do taller de Kolia custe o que custe. Primeiro intenta comprar o terreo, mais Kolia non está disposto a vendelo.

description

boletín con propostas fílmicas e literarias para a Xornada Escolar da Paz 2015

Transcript of Biblioxornal 38

Page 1: Biblioxornal 38

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

1º TRIMESTRE 2015 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 38

Cine e Literatura da Guerra e a Paz A CONSPIRACIÓN DO SILENCIO (Im Labyrinth des Schweigens, Giulio Ricciarelli, 2014). Importantes institucións alemás e algúns membros do goberno están implicados nunha conspiración coa finalidade de encubrir os crimes dos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Un fiscal ten documentos que poden facer que se abra un xuízo contra os membros das SS que serviron en Auschwitz, mais os horrores do pasado e a hostilidade cara ao seu traballo, complican a súa tarefa e é case imposible avanzar na investigación porque todos parecen estar involucrados dunha forma ou outra.

CORAZÓNS DE ACEIRO (Fury, David Ayer, 2014) En abril de 1945, ao mando do veterano sarxento Wardaddy, unha brigada de cinco soldados americanos a bordo dun tanque -o Fury– vai loitar contra un exército nazi desesperado, pois os alemáns saben que a súa derrota é inminente. A brutalidade da guerra e a vida duns soldados dentro dun tanque nos últimos compases da II Guerra Mundial.

HELI (Amat Escalante, 2013) Nun apartado pobo de México, a poboación só ten dous medios de vida: un emprego mal pagado nunha fábrica de automóbiles ou traballar para o cártel da droga da rexión. Ronsel, unha nena de doce anos, namórase perdidamente dun mozo que lle propón escapar para poder casarse... INVENCIBLE (Unbroken, Angelina Jolie, 2014) A historia real de Louis Zamperini, que tras participar nos Xogos Olímpicos de 1936, alistouse nas Forzas Aéreas dos Estados Unidos para loitar na Segunda Guerra Mundial. Cando o bombardeiro que pilotaba se estrela no Pacífico, o piloto viuse obrigado a sobrevivir nunha situación límite, sen auga nin comida, durante 47 días, ata que os xaponeses o detiveron e o fixeron prisioneiro de guerra. LEVIATÁN (Leviafan, Andrei Zvyagintsev, 2014) Kolia vive nun pequeño pobo á beira do mar de Barents, ao norte de Rusia. Ten un taller de mecánica ao carón da súa casa, onde vive coa súa nova esposa e o seu fillo, froito dunha relación anterior. O alcalde do pobo está decidido a apropiarse da casa e do taller de Kolia custe o que custe. Primeiro intenta comprar o terreo, mais Kolia non está disposto a vendelo.

Page 2: Biblioxornal 38

RAPSODIA EN AGOSTO (Hachigatsu no kyôshikyoku, Akira Kurosawa ,1991) Cando se van cumprir setenta anos do bombardeo nuclear contra Hirosima e Nagasaki non está de máis esta reflexión sobre o holocausto nuclear de Nagasaki dende o punto de vista dunha supervivente e os seus catro netos. Entre sorrisos e bágoas, a avoa recorda a historia da súa familia e da sociedade xaponesa do seu tempo, tratando de chegar a comprender mellor o pasado e o presente. ReMine, O ÚLTIMO MOVEMENTO OBREIRO (Marcos M. Merino, 2014) Documental sobre un conflito mineiro. Máis de 4.000 mineiros

en Asturias decláranse en folga indefinida contra os recortes históricos aprobados polo goberno. Organizan protestas a diario: cortan estradas, péchanse a 700 metros de profundidade, andan 500 quilómetros ata Madrid. Pero xa nada é como antes... Nin sequera os supervivientes do último movemento obreiro. Cine directo e en loita.

O SAL DA TERRA (The Salt of the Earth, Wim Wenders e Juliano Ribeiro Salgado, 2014) Documental. Desde fai corenta anos, o fotógrafo Sebastião Salgado percorre os continentes captando a mutación da humanidade. Testemuña de grandes acontecementos que marcaron a nosa historia recente: conflitos internacionais, fames, éxodos, etc., agora emprende camiño cara a territorios virxes con grandiosas paisaxes, descubrindo unha fauna e unha flora silvestres no marco dun proxecto fotográfico xigantesco, tributo á beleza do planeta.

O TEOREMA CERO (The Zero Theorem, Terry Gilliam, 2013) Qohen Leth é un excéntrico xenio dos ordenadores que vive nun mundo corporativo controlado por unha escura figura chamada "Dirección". Recluído no interior dunha capela en ruínas, Qohen traballa na solución a un estraño teorema, un proxecto que podería descubrir a verdade sobre a súa alma e o significado da existencia (ou a falta do mesmo) dunha vez por

todas. TORNAREM (Felip Solé, 2011) Miniserie que narra a historia de Lola, unha muller que conseguiu cruzar a fronteira e refuxiarse en Francia. O seu marido, en cambio, tivo que regresar a Barcelona para rescatar a súa filla, secuestrada por uns falanxistas. Lola remata confinada no campo de Argelès, onde se namorará dun anarquista WALESA: A ESPERANZA DUN POBO (Walesa: Man of Hope, Andrzej Wajda, 2013) Filme que narra a loita revolucionaria que

emprendeu Lech Walesa, Premio Nobel da Paz e fundador do Sindicato polaco Solidariedade, contra o goberno do seu país para derribar o comunismo. A historia da

evolución dun simple traballador, centrado nas súas tarefas do día a día, que pasa a ser un líder sindical e político carismático. Controvertido personaxe, non exento de defectos, que axudou a millóns de persoas a facer realidade as súas ansias de liberdade, conseguindo transformacións esenciais no seu país.

71 (Yann Demange, 2014) . En 1971, tras un motín nas rúas de Belfast, un desorientado soldado británico é abandonado accidentalmente pola súa unidade. Incapaz de comunicarllo a alguén, o recruta debe sobrevivir só na noite e encontrar o camiño de volta por unha estraña e mortal paisaxe.

P á x i n a 2 N ú m e r o 3 8 – 1 º t r i m e s t r e 2 0 1 5

Page 3: Biblioxornal 38

P á x i n a 3 N ú m e r o 3 8 – 1 º t r i m e s t r e 2 0 1 5

BOYNE, John, Quedaos en la trinchera y luego corred, Nube de Tinta, 254 pp. Cando Alfie cumpre cinco anos comeza a I Guerra Mundial. O seu pai non tarda en alistarse no Exército e o neno queda vivindo coa súa nai que empeza a traballar día e noite para non quedar na indixencia. As cartas do seu pai primeiro son alegres pero cando é enviado á fronte en Francia a correspondencia adquire un ton máis inquietante. Aínda que a súa nai di que se encontra nunha misión secreta, Alfie está convencido de que o seu pai morreu. Despois de ano e medio dende a última carta recibida, Alfie traballa exercendo de limpabotas na estación de King's Cross sen que a súa nai o saiba para axudar á economía do seu fogar. Un día, por casualidade, descobre que o seu pai está vivo cando a un médico ao que lle estaba a limpar os zapatos lle caen uns documentos polo chan e el axuda a recollelos. Cheo de esperanza Alfie proponse atopar ao seu proxenitor.

CRANE, Stephen, The Red Badge of Courage is a war novel by American author Stephen Crane (1871–1900). Taking place during the American Civil War, the story is about a young private of the Union Army, Henry Fleming, who flees from the field of battle. Overcome with shame, he longs for a wound, a "red badge of courage," to counteract his cowardice. When his regiment once again faces the enemy, Henry

acts as standard-bearer. GLEITZMAN, Morris, Unha vez, Entón, Agora (estoxo triloxía), Kailas, 2012, 516 pp. Triloxía protagonizada por Felix, un neno xudeu de dez anos que vive nun orfanato esperando o día no que os seus pais volvan buscalo. Unha vez: é un relato conmovedor narrado pola voz dun neno. A inocencia de Felix sométese a un duro proceso de coñecemento do mundo, un mundo en guerra que é parte da historia recente de Europa. Entón: Felix e Zelda volven ser os protagonistas desta experiencia, na que dous nenos intentan escapar da persecución nazi e se enfrontan ao odio dos seus inimigos pero tamén encontran a amizade e a xenerosidade máis desinteresadas. Agora: vólvenos somerxer na vida de Felix pero cun inesperado punto de vista. O noso heroe recupera o sorriso da man da súa neta, Zelda, coa que compartirá novas e emocionantes aventuras invadidas de tenrura e humor. HEMINGWAY, Ernest, A Farewell to Arms In 1918 Ernest Hemingway went to war, to the 'war to end all wars'. He volunteered for ambulance service in Italy, was wounded and

twice decorated. Out of his experiences came A Farewell to Arms. Hemingway's description of war is unforgettable. He recreates the fear, the comradeship, the courage of his young American volunteer and the men and women he meets in Italy.

LOURENZO GONZÁLEZ, Manuel, Irmán do vento, Xerais, 208 pp. A historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que ten familia, amigos, casa, unha vida, un amor, proxectos… E, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e soña ser. Unha narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza. A acción transcorre en dous tempos: no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias.

Page 4: Biblioxornal 38

P á x i n a 4 N ú m e r o 3 8 – 1 º t r i m e s t r e 2 0 1 5

MAYORAL, Marina, Tristes armas, Xerais, 152 pp. Narra a historia dunha carta que nunca chegou ao seu destino. Tamén a historia de dúas nenas exiliadas en Rusia e de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. Historias de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Mais Tristes armas é tamén unha historia de amor. Esta novela presenta algúns episodios da Guerra Civil, desde o punto de vista dos sen combater sufriron as súas terribles consecuencias. MENDOZA, Eduardo, Riña de gatos. Madrid 1936, Planeta, 432 pp. O inglés Anthony Whitelands chega nun tren ao Madrid convulso da primavera de 1936. Deberá autenticar un cadro descoñecido, pertencente a un amigo de José Antonio Primo de Rivera, cuxo valor económico pode resultar determinante para

favorecer un cambio político crucial na historia de España. Turbulentos amores con mulleres de distintas clases sociais distraen ao crítico de arte sen darlle tempo a calibrar como se van multiplicando os seus perseguidores: policías, diplomáticos, políticos e espías, nunha atmosfera de conspiración e de algarada prebélica. PÉREZ-REVERTE, Arturo, O pintor de batallas, Alfaguara, 304 pp. Nunha torre

xunto ao Mediterráneo, en busca da foto que nunca puido facer, un antigo fotógrafo pinta un gran fresco circular na parede: a paisaxe intemporal dunha batalla. Acompáñano na tarefa un rostro que regresa do pasado para cobrar unha débeda mortal, e a sombra dunha muller desaparecida dez anos atrás. El pintor de batallas arrastra ao lector, subxugado, a través da complexa xeometría do caos do século XXI: a arte, a ciencia, a guerra, o amor, a lucidez e a soidade, combínanse no vasto mural dun mundo que agoniza. REIMÓNDEZ, María, Dende o conflicto, Xerais, 304 pp. Saínza Combarro é unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, testemuña dos feitos máis arrepiantes. A novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética

de relación con todas as vítimas esquecidas. Dende o conflito é unha homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo. Da man da protagonista viaxamos desde o Congo a Irak, desde Etiopía a Afganistán, desde Sri Lanka a Haití, pero tamén a Berlín, Barcelona, Compostela e Vilalba, que son os lugares onde Saínza se protexe da violencia buscando o agarimo e o refuxio dos afectos como unha necesidade vital para non renderse nunca. Estamos diante dunha novela sobre o xornalismo, sobre a guerra, sobre o abismo entre o norte e o sur, sobre a pobreza, sobre a fame, a miseria e a marxinación, pero, moi especialmente, sobre o valor da amizade e do amor, sobre a diversidade e a contradición dos sentimentos e, en definitiva, sobre a esencia das cousas que son realmente importantes na vida. SARAMAGO, José, Alabardas, Alfaguara, 150 pp. Nesta novela póstuma e inacabada, Saramago

comezou a contarnos a historia de Artur Paz Semedo, un home fascinado polas pezas de artillaría, empregado nunha fábrica de armamento, que emprende unha investigación na súa propia empresa, incitado pola súa excónxuxe, unha muller con carácter, intelixente e pacifista. A evolución do pensamento do propio protagonista serve para reflexionar sobre o lado máis oculto da política internacional, un mundo de intereses soterrados que subxace á maior parte dos conflitos bélicos do século XX. Alabardas é unha reflexión sobre o poder e a destrución, sobre como as armas alimentan o gran fracaso ético da humanidade que son as guerras, sobre a paz como único camiño posible para romper coa aparente inevitabilidade da violencia. “Para o seu último encontro coa escritura, Saramago elixiu as armas, fonte sen igual de lucro e dor. Non hai nada máis impermeable ao humanismo que as armas” (Luis Eduardo Soares)