Biblioxornal 21

4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A Verán 2010 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 21 Despois dunha primavera de libros ... No Ano do Libro e da Lectura rematamos unha primavera na que os libros foron os protagonistas. Entre marzo e maio celebramos distintas efemérides relacionadas coa poesía, o teatro, a literatura xuvenil, as letras clásicas, as letras galegas... O pasado 23 de abril a unión das bibliotecas escolares e municipal tudense fixo historia coa iniciativa Agoralibros, os libros na praza de San Fernando ... mais tralo traballo cómpren unhas vacacións de libro unhas boas vacacións que nos desconecten das angustias das últimas clases e dos exames finais porque chegou o verán, un verán de libro e con libros porque o tempo de descanso é compatible coas lecturas, esas lecturas desexadas, na praia ou no monte, en soidade ou na compaña dos teus. Se cadra xa as tes escollidas, de non ser así aí van unhas suxestións feitas por outros lectores. Oxalá concorden algunhas cos teus gustos, hainas pensadas para os grandes lectores e para os que prefiren as ilustracións, para os amantes dos clásicos e para os enganchados ás novidades, para os preocupados pola crise e para os que buscan os mundos da fantasía... Bo estío lector para tod@s! (tamén para os non lectores). ABADÍA, Leopoldo, La crisis ninja y otros misterios de la economía actual, Espasa Calpe, 2008 Se queres coñecer dun xeito sinxelo como comezou a crise actual, este libro será unha lectura moi instrutiva neste verán. A xénese desta publicación foi un informe sobre a crise ninja (persoas sen ingresos, traballo, nin posesións que conseguiron un préstamo). Abadía fala claro explicando ao gran público con verbas fáciles como xurdiu a actual crise. BOWLEY, Tim, Semillas al viento, Editorial Raíces, 2001 Tim Bowley é un narrador oral que leva máis de 20 años contando historias, neste libro recolle algúns deses contos tradicionais procedentes de distintas culturas - Jack y la muerte, El unicornio (Inglaterra); El oso de la media luna (Xapón); Oisin y la tierra de la eterna juventud (Irlanda); Iván Berenekov (Rusia)... - que describen un mundo tan marabilloso como descoñecido. Os libros na praza Día da Literatura Xuvenil

description

boletín da biblioteca

Transcript of Biblioxornal 21

Page 1: Biblioxornal 21

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

Verán 2010 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 21

Despois dunha primavera de libros ... No Ano do Libro e da Lectura rematamos unha primavera na que os libros foron os protagonistas. Entre marzo e maio celebramos distintas efemérides relacionadas coa poesía, o teatro, a literatura xuvenil, as letras clásicas, as

letras galegas... O pasado 23 de abril a unión das bibliotecas escolares e municipal tudense fixo historia coa iniciativa Agoralibros, os libros na praza de San Fernando ... mais tralo traballo

cómpren unhas vacacións de libro unhas boas vacacións que nos desconecten das angustias das últimas clases e dos exames finais porque chegou o verán, un verán de libro e con libros porque o tempo de descanso é compatible coas lecturas, esas lecturas desexadas, na praia ou no monte, en soidade ou na compaña dos teus. Se cadra xa as tes escollidas, de non ser así aí van unhas suxestións feitas por outros lectores. Oxalá concorden algunhas cos teus gustos, hainas pensadas para os grandes lectores e para os que prefiren as ilustracións, para os amantes dos clásicos e para os enganchados ás novidades, para os preocupados pola crise e para os que buscan os mundos da fantasía... Bo estío lector para tod@s! (tamén para os non lectores).

ABADÍA, Leopoldo, La crisis ninja y otros misterios de la economía actual, Espasa Calpe, 2008 Se queres coñecer dun xeito sinxelo como comezou a crise actual, este libro será unha lectura moi instrutiva neste verán. A xénese desta publicación foi un informe sobre a crise ninja (persoas sen ingresos, traballo, nin posesións que conseguiron un préstamo). Abadía fala claro explicando ao gran público con verbas fáciles como xurdiu a actual crise. BOWLEY, Tim, Semillas al viento, Editorial Raíces, 2001 Tim Bowley é un narrador oral que leva máis de 20 años contando historias, neste libro recolle algúns deses contos tradicionais procedentes de distintas

culturas - Jack y la muerte, El unicornio (Inglaterra); El oso de la media luna (Xapón); Oisin y la tierra de la eterna juventud (Irlanda); Iván Berenekov (Rusia)... - que describen un mundo tan marabilloso como descoñecido.

← Os libros na praza ↑Día da Literatura Xuvenil

Page 2: Biblioxornal 21

CALVEIRO, Marcos, O pintor do sombreiro de malvas, Xerais, 2010 Un adolescente que leva unha boa tempada coa súa tía Jojo na vila de Auvers, coñece a Vincent, un pintor ao que acompañará no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubrirá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e enfrontarase por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o seu futuro. Esta novela é premio Lazarillo 2009. Outros títulos recomendables do mesmo autor son: O canto dos peixes, O carteiro de Bagdad, Festina lente, Rinocerontes e quimeras, Sari soñador de mares e Settecento.

ESCOBAR, Mario, El secreto de los Assassini, La Factoría de Ideas, 2008 Unha princesa árabe fuxida dun harén pide axuda a Hércules Guzmán Fox, Georges Lincoln e Alicia Mantorella, de vacacións en Istambul, na súa viaxe ao máis profundo do deserto na procura dun tesouro transcendental e misterioso. Entrementres Europa sufre a guerra, allea aos manexos da perigosa seita dos Assassini, que tamén está interesada no tesouro e noutros asuntos peores. Unha novela para os amantes das aventuras con transfondo histórico rigoroso e certa dose de fantasía.

JAUREGUIZAR, A coroa de Napoleón, Xerais, 2010 Para conmemorar o bicentenario da batalla de Elviña o goberno francés empresta á cidade de A Coruña unha coroa de Napoleón, a súa desaparición vai provocar un conflito diplomático internacional. Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista, el será quen de descubrir o sucedido, axudado polo Señor Grozni, o seu gato torto, e por Mónica, unha compañeira de clase que asegura ser a súa moza. Máis obras do mesmo escritor: Balea morta ou lancha a pique!, Casa Skylab, Comendo espaguetes diante da televisión, Corazón de chocolate, A Cova das Vacas Mortas, A Feroz Batalla da Charca, O globo de

Shakespeare, Plastilina nos pulmóns, A rutina corsaria, Salitre ou Galicia, un balcón espiritual sobre o Atlántico.

LIAO, Jimmy, Desencuentros, Bárbara Fiore Editora, 2008 Álbum ilustrado que conta unha bonita historia de amor que une cidade, tempo cronolóxico e atmosférico. A historia dos continuos desencontros de dúas persoas nunha gran cidade. Viven nas aforas e cando saen, ela camiña sempre cara á esquerda, el cara a dereita … están abocados a non atoparse; parecen vivir próximas mais, en realidade, viven moi lonxe. Un día coinciden e confían nun seguinte encontro que...?

MAALOUF, Amin, El viaje de Baldassare, Alianza Editorial, 2003 Ano 1666, ano do Anticristo e, para algúns, a fin do mundo. Baldassare participa da inquietude xeral e comeza unha viaxe na procura dun libro chamado El centésimo nombre que servirá de protección fronte ás apocalípticas catástrofes do ano da Besta. Na súa viaxe atoparase co medo, a violencia, o engano, a desilusión e todo tipo de infortunios, mais tamén o amor. Nesta novela preséntanse as relacións entre Oriente e Occidente e o individuo reivindica o dereito a ser estranxeiro sen humillacións nin hostilidades. Do mesmo autor, que ven de lograr o último Príncipe de Asturias das Letras, tamén podedes ler: León el Africano, Samarcanda, Los jardines de Luz ou Orígenes.

MENDOZA, Eduardo, Sin noticias de Grub, Seix Barral, 2002 Hilarante e satírica novela que relata a busca dun extraterrestre desaparecido, tras adoptar a aparencia de Marta Sánchez, na urbe barcelonesa. Mais o protagonista non é Gurb, senón outro extraterrestre que sae tras del, o seu diario é o esqueleto da narración. Mendoza converte a Barcelona no escenario dunha entroidada que revela o verdadeiro rostro do actual home urbano. Deste mesmo autor tamén recomendamos: El asombroso viaje de Pomponio Flato ou Tres vidas de santos.

MOURE, Teresa, A intervención, Xerais, 2010 Cinco personaxes forman un comando artístico interxeracional que ten como obxectivo argallar unha performance nas montañas do Courel para sensibilizar á cidadanía sobre as relacións entre arte e natureza. A chegada inesperada dunha psiquiatra vienesa obrígaos a rexistrar por escrito as súas actividades clandestinas. Os membros do grupo van dando as súas respectivas versións, que conforman unha historia colectiva, e que conectan a paixón creativa co pasado remoto de cadaquén, coa súa infancia e cos seus medos máis agochados. Herba moura ou Unha primavera para Aldara son outras propostas da mesma autora.

P á x i n a 2 N ú m e r o 2 1 – V E R Á N 2 0 1 0

Page 3: Biblioxornal 21

P á x i n a 3 N ú m e r o 2 1 – V E R Á N 2 0 1 0

NOVONEYRA, Uxío, Dos soños teimosos, Xerais, 2010 Nesta obra o poeta homenaxeado este ano no Día das Letras vai enfiando o seu pensamento e o a súa concepción da arte a partir das preguntas que lle fai o seu amigo o editor Emilio Araúxo. Lectura imprescindible para comprender mellor a poesía de Novoneyra: Do Courel a Compostela, Os eidos, Poemas da doada certeza ou Tempo de Elexía. TAN, Shaun, Emigrantes, Bárbara Fiore Editora, 2007 Unha obra xenial. Novela gráfica sen palabras que é a historia de calquera emigrante, refuxiado, desprazado, e unha homenaxe a todos eles. Por que tanta

xente, abandonando o seu, marcha cara países descoñecidos, onde non ten familia nin amigos, onde todo é novo e o futuro un enigma? O anónimo protagonista abandona o seu país buscando fortuna noutras terras, viaxa nun barco con xentes na mesma situación. Cando chega, atópase nun pais alleo:

non entende os carteis, non lle gustan as comidas... todo son impedimentos. Shaun Tan logra mergullarnos na historia. TOBARUELA, Pere, A cripta do Apóstolo, Xerais, 2010 Novela de aventuras. Un grupo de escolares percorren o Camiño francés a Santiago en dezaseis xornadas. Un dos monitores, moi peculiar, alértaos dun perigo; sufrirá un atentado a cripta do Apóstolo? … TOLSTOI, León, Ana Karenina, Alianza Editorial, 2009 Cando se cumpren cen anos do pasamento de Tolstoi propomos a lectura desta novela

de corte realista e psicolóxico que describe a sociedade rusa da época e critica a esmorecente aristocracia, a súa falta de valores e a hipocrisía imperante. A protagonista desta historia de adulterio vese abocada a un tráxico final. Unha obra clave da literatura universal de imprescindible lectura. Outras propostas do mesmo autor son: Los cosacos, Guerra e Paz ou relatos como La Muerte de Iván Ilich ou El Padre Sergio.

TORRENTE BALLESTER, Gonzalo, Compostela y su ángel, Alianza Editorial, 2000 Este ano xacobeo e centenario do nacemento de Torrente pode ser axeitado para reler esta obra (encargada para o ano santo de 1948) na que o autor da unha visión da cidade do Apóstolo, da súa historia, pedras, personaxes e misterios. Velaí o comezo: "Compostela se hace en torno a la campana. La campana lo va creando todo día a día, siglo a siglo, sin más que dar las horas. Y la

niebla es el caos de donde la campana va sacando las cosas. Primero, su propio bronce sonoro, la

torre de donde pende, y su nombre. Después, las piedras labradas, las bóvedas, las cresterías, las

fachadas y los patios. Por último, las callejuelas y las plazas, y los santos en sus hornacinas, y los

que, desprovistos de ella, son ornato de portadas, y esos otros que aparecen perdidos en un lienzo

de pared, venidos Dios sabe de dónde, con señal de los siglos en el rostro mutilado o gastado"

VILA SEXTO, Carlos, As sete mortes, Galaxia, 2009 Xacobe traballa para un traficante de droga e ten que meterse pastillas todos os días, sobrevive a todo tipo de ataques e feridas. Algo cambia cando chega xunto a el un vello que morre e lle deixa unha mensaxe. Aquí comeza unha aventura para coñecer quen son o vello e el mesmo, a razón da súa inmortalidade ... fala cunha profesora de historia ingresada nun psiquiátrico, cun profesor compostelán. As mortes doutras persoas vánselle atribuír. A historia de Breogán, de Ith, de Irlanda ten moito que ver no asunto. E as pistas lévano á muralla e á Mariña de Lugo, ao Courel, ao castro de Santa Tegra... para poder atopar o Libro das Sete mortes que contén as claves da historia. Acción, intriga, maxia, medo, misterio contextualizados no mundo físico e cultural galego. Gárgola ou Cara á fin da luz son outras novelas do mesmo autor que podes ler.

ÚLTIMA HORA: JOSÉ SARAMAGO IN MEMORIAM A lectura de calquera das obras deste escritor luso e premio Nobel de literatura 1998 é unha boa maneira de lembralo e homenaxealo agora cando acaba de deixarnos. Algunhas propostas: El viaje del elefante, Punto de Lectura, 2010; Caín, Alfaguara, 2009; Ensayo sobre la ceguera, Alfaguara, 2009; Viaje a Portugal, Alfaguara, 2008; Ensayo sobre la lucidez, Punto de lectura, 2006; El cuento de la isla desconocida, Punto de Lectura, 2006; La caverna, Ediciones 62, 2001; El evangelio según Jesucristo, Alfaguara, 1998...

Page 4: Biblioxornal 21

P á x i n a 4 N ú m e r o 2 1 – V E R Á N 2 0 1 0

PREMIOS do CONCURSO “Inspírate nos camiños”

PREMIOS do CONCURSO “Cóntanos o teu amor ou o teu desengano”

1º Premio: Brais Martínez Basalo (4º ESO B) e Accésit: Tania Quintas Fernández (2º BAC C) Os traballos galardoados poden lerse en http://centros.edu.xunta.es/iessanpaio/?q=category/8/134/77/78 ou no nº 20 da revista escolar MaX estrella.

CAMPIONATO INTERNO DE XADREZ 2009-2010 1º Brais Martínez Basalo (4º ESO B) 2º Abel Costas Verde (3º ESO C) 3º Héctor Lores Valladares (3º ESO A)

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ Por equipos o instituto quedou 2º e, na modalidade individual, foi 3º Brais Martínez Basalo (4º ESO B) E como amais da mente cultivamos o corpo (Mens sana in corpore sano) mencionamos aos nosos campións noutros deportes: • Aos integrantes do equipo que obtivo o 1º posto provincial en carreira de orientación. • Aos 2º e 3º clasificados en categoría individual, na mesma modalidade, Ana Pérez

Estévez (2º ESO A) e Juan Carlos García Pérez (2º ESO A). • Aos 1 º e 3º clasificados na proba provincial de biatlón, Uxía Pérez Bugarín (1º ESO E)

e Omar Lomba Vilches (1º ESO D) • A Lucía López Álvarez (2º ESO A) por ter representado ao noso instituto no maior

número de probas deportivas. Parabéns a todas/os as/os participantes e premiadas/os!

Bo verán para todas e todos!

1º Premio: Jonathan Macel Silvera Lorenzo, 1º ESO D

Accésit: Anxo Fernández Lemos, 3º ESO D

Caminante, son tus huellas el camino y nada más; caminante, no hay camino, se hace camino al andar. Al andar se hace camino y al volver la vista atrás se ve la senda que nunca se ha de volver a pisar. Caminante no hay camino sino estelas en la mar.

Antonio Machado