Biblioxornal 40

4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A Verán 2015 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 40 Verán: estación lectora Chega o merecido descanso do verán. Lectura e descanso, descanso e cine son compatibles. Por iso se aínda non sabes que ler ou que ver aquí tes esta posible guía de suxestións. Bo proveito lector! e sempre , con lecturas ou sen elas, boas vacacións! ANDREWS, Jesse, Un final para Rachel, Nube de Tinta, 2015, 288 páx. Greg é un mozo túzaro e solitario afeccionado ao cine. Como narrador desprestixia as súas propias vivencias pero é orixinal ao afrontar unha historia sobre o cancro, introdu- cindo o humor como elemento principal. A relación entre Rachel, a moza enferma de leucemia, o protagonista e o seu compañeiro Earl, pasará por diferentes etapas nesta novela adaptada ao cine e premiada no Festival de Sundance. BLUE JEANS, Algo tan sencillo como tuitear te quiero, Planeta, 2015, 544 pp. O primeiro ano na universidade marca a vida de moita xente. Novos retos, novas ilu- sións e numerosos cambios que nos sorprenden e máis se estamos nunha residencia de estudantes. Abres os ollos de par en par e xorde o amor, chegan as decepcións, descobres a paixón, perséguenche as tentacións, coñeces a fondo os teus medos… CARRÉ, Héctor, Hai que matalos a todos, Xerais, 2015, 312 páx. Historia de intriga na que uns xornalistas galegos gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio. Os rapaces preten- den vender as imaxes, mais o CNI quere ocultar os feitos. Unha historia que transcorre a través de tres continentes, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a identi- dade e o anonimato, sobre a violencia e sobre o amor. FAJARDO, Montse, Matriarcas. Mulleres en pé de vida, Todogrove, 2013, 200 pp. Dez mulleres moi distintas entre elas, dende a irmá dun republicano asasinado a unha emigrante, unha parteira centenaria ou unha mestra, pero cun nexo común: o seu em- peño en sacar adiante as súas familias e os seus respectivos traballos; dez mulleres que serven como motor dunha narración que devolve a primeiro plano os dramas da guerra civil, o franquismo, a emigración e a fame, pero tamén outros máis actuais como o alzheimer e a loita contra a droga.

description

Guía de lecturas e filmes para o verán de 2015

Transcript of Biblioxornal 40

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

Verán 2015 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 40

Verán: estación lectora

Chega o merecido descanso do verán. Lectura e descanso, descanso e cine son compatibles. Por iso se aínda non sabes que ler ou que ver aquí tes esta posible guía de suxestións.

Bo proveito lector! e sempre , con lecturas ou sen elas, boas vacacións!

ANDREWS, Jesse, Un final para Rachel, Nube de Tinta, 2015, 288 páx. Greg é un mozo túzaro e solitario afeccionado ao cine. Como narrador desprestixia as súas propias vivencias pero é orixinal ao afrontar unha historia sobre o cancro, introdu-cindo o humor como elemento principal. A relación entre Rachel, a moza enferma de leucemia, o protagonista e o seu compañeiro Earl, pasará por diferentes etapas nesta novela adaptada ao cine e premiada no Festival de Sundance. BLUE JEANS, Algo tan sencillo como tuitear te quiero, Planeta, 2015, 544 pp.

O primeiro ano na universidade marca a vida de moita xente. Novos retos, novas ilu-sións e numerosos cambios que nos sorprenden e máis se estamos nunha residencia de estudantes. Abres os ollos de par en par e xorde o amor, chegan as decepcións,

descobres a paixón, perséguenche as tentacións, coñeces a fondo os teus medos… CARRÉ, Héctor, Hai que matalos a todos, Xerais, 2015, 312 páx. Historia de intriga na que uns xornalistas galegos gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio. Os rapaces preten-den vender as imaxes, mais o CNI quere ocultar os feitos. Unha historia que transcorre a través de tres continentes, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a identi-dade e o anonimato, sobre a violencia e sobre o amor.

FAJARDO, Montse, Matriarcas. Mulleres en pé de vida, Todogrove, 2013, 200 pp. Dez mulleres moi distintas entre elas, dende a irmá dun republicano asasinado a unha emigrante, unha parteira centenaria ou unha mestra, pero cun nexo común: o seu em-peño en sacar adiante as súas familias e os seus respectivos traballos; dez mulleres que serven como motor dunha narración que devolve a primeiro plano os dramas da guerra civil, o franquismo, a emigración e a fame, pero tamén outros máis actuais como o alzheimer e a loita contra a droga.

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín, A neve interminable, Xerais, 2015, 192 pp. Un hostal solitario nas terras da Fonsagrada e unha gran nevada que deixa aos seus hós-pedes illados serven a Agustín Fernández Paz para encetar unha nova novela de misterio na que os protagonistas van explorar os seus medos esenciais e tamén outros propios da desorde mundial do século XXI. Se che gustou Cartas de inverno esta nova novela tamén te enganchará. GOSCINNY, Rene e UDERZO, Albert, Astérix 23: Obélix y Compañia, Salvat, 2014, 48 pp. Divertido relato das consecuencias imprevistas que ten a posta en marcha de doutrinas económicas e proxectos empresariais. É a nova estratexia dos

romanos: introducir o capitalismo na aldea con todas as súas consecuencias (envexa, avaricia, maldade...)

A Gramola gominola, Galaxia, 2015, 20 pp. Partindo do blues, facendo parada no country, rock, pop, punk, reggae, heavy metal, ska... os Gramola fan neste libro-disco un divertido paseo polos estilos que escoitaban cando eran no-vos. Un traballo que conta coa participación de artistas como Mini e Mero ou Luís Tosar, complementado coas vistosas ilustracións de Lidia V. Cardeiro.

ORZEL, Chad, Conversaciones de fisica con mi perro, Ariel, 2015, 222 pp. Emmy é unha cadelilla simpática, moi parlanchina e con moita curiosidade por saber como se gaña a vida o seu novo dono. Ao pouco tempo de ser adoptada, Emmy intentou aplicar as estrañas ideas da mecánica cuántica ao que de verdade importa na vida: perseguir bichos, conseguir lambetadas e dar paseos. Desbordando humor e claridade, Chad Orzel explica a Emmy e aos lectores que é a mecánica cuántica, como funciona e porque segue sendo estra-ña, sorprendente e importante para calquera can ou humano.

P. LORENZO, Fran, Cabalos e lobos, Xerais, 2015, 192 pp. Premio Blanco Amor 2014. Vigo serve de pano de fondo ao retrato íntimo dun século marca-do pola guerra e a barbarie. Paula, a protagonista de 15 anos, despois de atravesar a cidade tomada pola policía franquista e en folga, descobre que non coñece súa nai, herdeira de em-presarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. Este é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que Paula deberá ir destecendo. QUEIZÁN, Mª Xosé, Son noxento, Xerais, 2015, 112 pp. Gran novela curta que conta a historia dunha relación presidida pola crueza dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamenta-

blemente, existen. Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario sobre a violencia

de xénero. VAROUFAKIS, Yanis, Economia sin corbata, Planeta, 2015, 192 pp. O actual ministro de Economia grego invítanos a coñecer dunha forma amena, educativa e critica algunhas cuestións fundamentais sobre economia: que é a riqueza, que é a pobreza, cando e por que se produciron estas desigualdades, que relación hai entre poder e cartos ou que son os mercados financeiros. Un libro que, cunha linguaxe desenfadada e co uso de exe-mplos relacionados co cine e a literatura se achega aos mozos e a todos os interesados por entender o funcionamento dalgúns dos mecanismos que go-bernan a economía mundial.

WIERSMA, Mark e MOSQUEIRA, Miguel, Sira e o robot. Adventures on Titan, Xerais, 2015, 128 pp. Unha aventura intergaláctica para ler e escoitar con ilustracións de Iván Sende. Galicia, 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Para rachar coa aburrida vida terrestre, Sira (unha rapaza de dez anos) e o seu robot William van participar nun festival in-tergaláctico no que descubrirán un mundo novo que lles vai cambiar a súa forma de ver a vi-da para sempre. Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneira natural na narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio.

P á x i n a 2 N ú m e r o 4 0 – V E R Á N 2 0 1 5

P á x i n a 3 N ú m e r o 4 0 – V E R Á N 2 0 1 5

Verán: estación de cine AUGAS TRANQUILAS (Futatsume no mado, Naomi Kawase, 2014) Os habitantes da illa de Amami, no imperio do Sol Nacente, viven en harmonía coa na-tureza, están convencidos de que en cada árbore, pedra ou planta vive un deus. Unha tarde de verán, o adolescente Kaito descobre o corpo dun home flotando no mar. A súa amiga Kyoko axudaralle a descifrar o misterio. Crecerán xuntos, aprendendo a ser adul-tos, descubrindo os ciclos da vida, a morte e o amor.

A CANCIÓN DO MAR (Song of the Sea, Tomm Moore, 2014) A historia da viaxe a casa do último Neno Foca. Logo da desaparición da súa nai, Ben e Saoirse son enviados a vivir coa súa avoa á cidade.

Cando deciden volver á súa casa xunto ao mar, a súa viaxe convértese nunha carreira contra o tempo a medida que se internan nun mundo que Ben só coñece a través das lendas que lle narraba a súa nai. Mais este non é un conto para durmir; estas criaturas levan no noso mundo demasiado tempo. Ben pronto se dá conta de que Saoirse será a clave para a súa supervivencia.

A LECCIÓN (Urok, Kristina Grozeva, Petar Valchanov, 2014) Nun pequeno pobo de Bulgaria, a nova profesora Nadezhda trata de descubrir ao alumno ladrón da súa clase, de maneira que poida darlle unha lección acerca do que está ben e o que está mal. Pero cando se endebeda con prestamistas, pode ela saber cal é o camiño correcto? Que fai que unha persoa decente se converta nun delincuen-te?

MAD MAX: FURIA NA ESTRADA (George Miller, 2015) Perseguido polo seu turbulento pasado, Mad Max cre que a mellor for-

ma de sobrevivir é ir só polo mundo. Con todo, vese arrastrado a formar parte dun grupo que foxe a través do deserto nun War Rig conducido por unha Emperatriz de elite: Fu-riosa. Escapan dunha fortaleza tiranizada por Immortan Joe, a quen arrebataron algo único. Enfurecido, o Señor da Guerra mobiliza a todas as súas bandas e persegue im-placablemente aos rebeldes nunha "guerra da estrada" de altas revolucións... Cuarta entrega da saga post-apocalíptica que resucita a triloxía que a principios dos oitenta protagonizou Mel Gibson.

O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA (What We Did on Our Holiday, Andy Hamil-ton, Guy Jenkin, 2014) Doug e Abi son dous pais normais que teñen tres fillos encantadores aínda que moi ex-céntricos. Cando o estrés de ser pais pon en perigo a súa estabilidade mental e o seu matrimonio, deciden realizar unha viaxe a Escocia cos seus fillos. Alí participarán nunha gran reunión familiar e reencontraranse con Gordie, o incriblemente extravagante pai de Doug. Con todo, o que ían ser unhas vacacións para a reconciliación pronto se conver-ten nun campo de minas non exento de situacións hilarantes nas que rancores familia-res, malentendidos e egos maltreitos conforman a orde do día. Cando os nenos precipi-

tan un xiro inesperado nos acontecementos, a familia vese obrigada a aparcar as súas diferenzas e a co-laborar, pois pola contra corren o risco de perder aquilo que máis aprecian.

UNHA NOVA AMIGA (Une nouvelle amie, François Ozon, 2014) É a historia de dúas mulleres, amigas da infancia. As dúas casan e unha ten un bebé. Ao pouco tempo, a nai doente gravemente, faille prometer á súa amiga que coidará do bebé e ao seu marido. Logo da súa morte, a amiga decide ir visitar ao pai e ao bebé, pero espéralle unha tremenda sorpresa.

P á x i n a 4 N ú m e r o 4 0 – V E R Á N 2 0 1 5

PHOENIX: ANO CERO (Christian Petzold, 2014) Unha cantante é traizoada e enviada a un campo de concentración. Ao finalizar o seu calvario, volve coa cara totalmente desfigurada e pide a un eminente cirurxián que lla reconstrúa para que sexa o máis parecida a como era antes. Recuperada da operación comeza a buscar ao seu marido, un pianista. Pero o reencontro non é o que ela espera-ba.

A PROFESORA DE HISTORIA (Les héritiers, Marie-Castille Men-tion-Schaar, 2014) Anne Gueguen é unha profesora de Historia de instituto preocupada polos problemas dos seus alumnos. Este ano, como sempre, Anne ten un grupo difícil. Frustrada polo seu materialismo e falta de ambición, Anne desafía aos seus alumnos a participar nun concurso nacional sobre o que significa ser adolescente nun campo de concentración nazi. Anne usa toda a súa enerxía e creatividade para captar a atención dos seus alum-nos e motivalos. A medida que se achega o prazo, os mozos comezan a abrirse aos demais e a crer en si mesmos. Un proxecto que cambiará as súas vidas.

UNHA SEGUNDA NAI (Anna Muylaert, 2015) Val é unha interna que se toma o seu traballo moi en serio. Serve a un adiñeirado matri-monio de São Paulo día e noite, e coida ao seu fillo adolescente, ao que criou desde a súa infancia. A orde deste fogar parece inquebrantable, ata que un día chega desde a súa cidade de orixe a intelixente e ambiciosa filla de Val, Jessica, á que deixara ao coi-dado duns familiares no norte de Brasil 13 anos atrás. A presenza da moza pon en peri-go o balance de poder na casa. Esta nova situación poñerá en cuestión as lealdades de Val e obrigaraa a valorar o que está disposta a perder.

TOMORROWLAND: EL MUNDO DEL MAÑANA (Brad Bird, 2015) Unidos polo mesmo destino, unha adolescente intelixente e optimista chea de curiosida-de científica e un antigo neno prodixio inventor canso polas desilusións embárcanse nunha perigosa misión para desenterrar os segredos dun enigmático lugar localizado nun tempo e espazo coñecido na memoria colectiva como “Tomorrowland”, e así salvar á Humanidade. OS VINGADORES: A ERA DE ULTRON (The Avengers: Age of Ul-

tron, Joss Whedon, 2015) Cando Tony Stark intenta reactivar un programa caído en desuso cuxo obxectivo é manter a paz, as cousas empezan a torcerse e os heroes máis poderosos da Terra, in-cluíndo a Iron Man, Capitán América, Thor, O Incrible Hulk, Viuda Negra e Ollo de Hal-cón, terán que afrontar a proba definitiva cando o destino do planeta se poña en xogo. Cando o villano Ultrón emerxe, corresponderalle aos Vingadores deter os seus terribles plans, que xunto a incómodas alianzas levarán a unha inesperada acción que facilitará o camiño para unha épica e única aventura.

Máis información en: http://bibliosanpaio.blogspot.com.es/2015/06/cine-de-veran.html

Tamén podes seguirnos en: https://es-es.facebook.com/biblio.sanpaio https://twitter.com/bibliopaio