AUTOINFORME DE SEGUIMENTO - USC...Turismo Interior e Rural Turismo Termal e de Saúde Turismo de...

60
AUTOINFORME DE SEGUIMENTO Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas Curso Académico: 2017-2018 Aprobado por: Comisión Académica do Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de empresas Turísticas da USC (14/03/19). Comisión de Calidade da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago da USC (15/03/19).

Transcript of AUTOINFORME DE SEGUIMENTO - USC...Turismo Interior e Rural Turismo Termal e de Saúde Turismo de...

  • AUTOINFORME DE SEGUIMENTO

    Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

    Curso Académico: 2017-2018

    Aprobado por: Comisión Académica do Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de empresas Turísticas da

    USC (14/03/19). Comisión de Calidade da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago da USC

    (15/03/19).

  • 2 de 60

    Contenido1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO ............................................................ 3 

    2. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO ............................................................................................. 4 

    DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO .................................................................................................................. 4 CRITERIO 1. ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO: ..................................................................................................... 4 CRITERIO 2. INFORMACIÓN E TRANSPARENCIA ............................................................................................................ 16 CRITERIO 3. SISTEMA DE GARANTÍA DA CALIDADE ....................................................................................................... 18 CRITERIO 4. RECURSOS HUMANOS ............................................................................................................................... 24 

    DIMENSIÓN 2. RECURSOS ................................................................................................................................. 27 CRITERIO 5. RECURSOS MATERIAIS E SERVIZOS .......................................................................................................... 27 

    DIMENSIÓN 3. RESULTADOS ............................................................................................................................. 31 CRITERIO 6. RESULTADOS DE APRENDIZAXE: ............................................................................................................... 31 

    DIMENSIÓN 3. RESULTADOS ............................................................................................................................. 34 CRITERIO 7. INDICADORES DE SATISFACCIÓN E RENDEMENTO: .................................................................................. 34 

    3. PLAN DE MELLORAS.................................................................................................................................................40 3.1 EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS DE MELLORA PREVISTAS PARA O CURSO 2017-18…………………………………..40 3.2. ACCIÓNS DE MELLORA PROPOSTAS PARA O CURSO 2018-19………………………………………………….……47 3. MODIFICACIÓNS DO PLAN DE ESTUDOS……………………………………………………………………………54

  • 3 de 60

    1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO

    1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO

    Denominación do título Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

    Mencións/Especialidades --

    Universidade responsable administrativa Universidade de Santiago de Compostela

    En caso de títulos interuniversitarios, universidade/s participante/s --

    Centro responsable Facultade de Económicas e Empresariais

    Centro/s onde se imparte Facultade de Económicas e Empresariais

    Rama de coñecemento Ciencias Sociais e Xurídicas

    Número de créditos 60 ECTS

    Profesión regulada Non

    Modalidade de impartición Presencial

    Curso de implantación 2011/2012

    Data acreditación ex ante (verificación) 03/11/2011

    Data renovación acreditación 21/06/2017

  • 4 de 60

    2. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

    DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO CRITERIO 1. ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO: Estándar: O programa formativo está actualizado e implantouse de acordo coas condicións establecidas na memoria verificada. Analizar e valorar se o desenvolvemento do plan de estudos realizou conforme a memoria verificada e non se produciron incidencias graves, o que permitiu unha correcta adquisición das competencias por parte dos estudantes.

    INDICADOR DESCRICIÓN 2014-15

    2015-16

    2016-17

    2017-18

    IN01M-PC-05 Prazas ofertadas 25,00 25,00 25,00 25,00 IN02M-PC-05 Matrícula 33,00 30,00 33,00 32,00 IN03M-PC-05 Matrícula de acceso 20,00 20,00 16,00 22,00 IN04M-PC-05 Matrícula de novo ingreso por preinscrición 20,00 19,00 16,00 22,00 IN05M-PC-05 Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición -4,76 -5,00 -15,79 37,50 IN06M-PC-05 Nota media de acceso por preinscrición 6,62 6,60 6,63 7,05

    IN07M-PC-05 Porcentaxe de estudantes que acceden á titulación con puntuación igual ou superior a seis (%) 70,59 88,24 77,78 100,00

    IN08M-PC-05 Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados (%) 15,15 20,00 36,36 53,13

    IN09M-PC-05 Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados (%) 12,12 6,67 3,03 0,00

    IN12M-PC-05 Taxa de ocupación 80,00 76,00 64,00 88,00 IN13M-PC-05 Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC (%) 40,00 30,30 31,25

    IN14C-PC-05 Relación entre matriculados en másteres no centro e número de egresados dese centro 0,54 0,51 0,57 0,62

    IN15M-PC-08 Satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade (1-5) - - - -

    IN17M-PC-08 Porcentaxe de estudantes enviados pola USC a programas de mobilidade sobre o total de matriculados 0,00 0,00 0,00 0,00

    IN18M-PC-08 Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados 0,00 0,00 0,00 0,00

    IN22M-PC-09 Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou prácticas en empresas e institucións (%) 84,21 83,33 88,89 100,00

    IN31M-PS-01 Media de alumnos por grupo de teoría 15,00 15,40 12,95 14,50 IN32M-PS-01 Media de alumnos por grupo de docencia interactiva 15,90 16,09 13,78 15,12

    1.1.- O título mantén o interese académico e está actualizado segundo os requisitos da disciplina, avances tecnolóxicos e científicos, necesidades socioeconómicas e requisitos da profesión.

    Aspectos a valorar: O perfil formativo/egreso do título mantén a súa relevancia e está actualizado segundo os requisitos do seu ámbito

    académico, científico e profesional e, no seu caso, segundo as necesidades e requisitos da profesión regulada.

    Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

    Valoramos a relevancia e actualidade do perfil formativo/egreso do título a partir da análise :

    - Da importancia do turismo na economía española e galega - Da relevancia do turismo urbano - Do papel do Máster en Turismo Urbano e Xestión de empresas Turísticas na oferta de másteres en

    turismo do sistema universitario galego

    A importancia do turismo na economía española e galega

    O turismo é un sector chave da economía española, xerando o 11,7% do Produto Interior Bruto (PIB) español1. Esta cifra aumenta notablemente se se consideran os efectos inducidos pola chegada de turistas noutras 1 Dato de 2017. Fonte: Cuenta Satélite del Turismo en España (INE).

  • 5 de 60

    actividades económicas. En termos de emprego, estímase que o emprego xerado polas actividades turísticas representa en torno ao 13% do emprego total en España2.

    En Galicia, a contribución do turismo á economía é similar, representando máis do 10% do PIB e o 11% do emprego3. Trátase dun sector ao que se lle asocian elevadas expectativas de futuro dado o seu potencial para contribuír activamente ao desenvolvemento da nosa Comunidade, o que se reflicte en que o nivel de gasto público asignado pola Xunta de Galicia á Axencia Turismo de Galicia supera no proxecto de orzamentos de 2018 a cifra de 64 millóns de euros, un 10% máis que no exercicio anterior.

    A pesar da contribución do turismo á economía galega, a posición do sector turístico no último ranking de competitividade de EXCELTUR (asociación sen ánimo de lucro, formada por 23 das empresas máis relevantes da cadea de valor turística e dos subsectores do transporte aéreo, ferroviario, marítimo e terrestre, aloxamento, axencias de viaxes e tour operadores, medios de pago, aluguer de coches, hospitais turísticos e centrais de reservas/GDS) sitúa o turismo galego en décima posición descendendo con respecto á posición de 2010.

    Seguramente unha razón para esta perda de posición competitiva está na baixa cualificación dos recursos humanos que operan no sector turístico galego. Así, o último informe do emprego no sector4 indica que ao redor do 6,5% dos ocupados ten estudos primarios, o 63%, estudos secundarios e os 30% estudos superiores. Ademais o sector conta cunha alta taxa de temporalidade (algo máis do 37% dos asalariados ten un contrato temporal).

    O anterior parece constatar a necesidade de mellorar a competitividade do sector turístico de Galicia e, ao mesmo tempo, de incrementar a calidade do emprego no mesmo. Unha forma de conseguir ambos obxectivos é a través da formación dos seus recursos humanos e, en particular, incrementando o número de individuos que reciben unha formación superior especializada nos diversos ámbitos que abarca o turismo.

    Esta liña de actuación identifícase tanto nas recomendacións da Estratexia de Turismo de Galicia 2020 , que destaca a importancia da formación regrada de calidade no sector, sobre todo en hostalería, nun contexto onde se destaca que o relevo xeracional nas pequenas empresas familiares que se está a producir na actualidade, require dun compromiso coa profesionalización dos equipos directivos, ademais de destacar diferentes carencias formativas en idiomas, tecnoloxías, coñecemento dos recursos turísticos ou ferramentas de xestión empresarial.

    A relevancia do turismo urbano

    De acordo cos datos presentados polo último informe Urbantur, o número de viaxeiros e de pernoctacións realizadas nas cidades españolas non deixou de crecer desde o ano 2005 ata a actualidade, consolidándose como un segmento chave da 5oferta turística española.

    No caso galego, destaca a relevancia da cidade Santiago de Compostela e o seu camiño. De acordo a datos de

    2 Dato de 2017. Fonte: Cuenta Satélite del Turismo en España (INE). 3 Dato de 2017. Fonte: Estudo Impactur Galicia. 4 Relativo ao ano 2017. 5 Informe Urbantour 2016, publicado en 2017.

  • 6 de 60

    Urbantur, esta cidade ocupa o noveno lugar no ranking de competitividade global; segunda no tramo de cidades pequenas e cuarta en función do atractivo de grandes iconos de turismo cultural. Os datos do IGE de 2018 sobre o turismo nos principais puntos turísticos (concellos), confirman este dato, amosando que Santiago de Compostela sobresae como o principal punto turístico de Galicia tanto polo número de establecementos, como polo persoal empregado ou número de viaxeiros recibidos.

    O incremento do número de turistas urbanos foi acompañado de certa contestación social nalgúns dos destinos vacacionais máis exitosos, onde comezan a agromar críticas relativas aos efectos indesexados das aglomeracións. Así, ao igual que a gran maioría de cidades españolas, as cidades galegas enfróntanse ao reto de consolidar e desenvolver os seus recursos turísticos de modo sustentable.

    A importancia de Santiago de Compostela no turismo galego, e a necesidade de consolidar e desenvolver de modo sustentable as actividades turísticas nesta e nas demais cidades galegas, pon de manifesto a necesidade de contar especificamente con persoas con formación superior e especializada en turismo urbano e na xestión eficaz e eficiente das empresas que forman este sector. Máis aínda cando o mercado turístico caracterízase na actualidade por un elevado nivel de competencia entre os destinos turísticos e profundos cambios derivados da dixitalización do cliente, aspectos que teñen un impacto directo sobre as estratexias de produto e distribución. Neste contexto, a necesidade de dispor de coñecemento actualizado e especializado eríxese como un requirimento básico cara á toma de decisións eficaces e eficientes tanto no ámbito público como privado.

    O papel do Máster en Turismo Urbano e Xestión de empresas Turísticas na oferta de másteres en turismo do sistema universitario galego

    O sistema universitario galego conta na actualidade con tres másteres centrados no sector turístico, cada un especializado nun campo diferente. Así, a Universidade de Vigo oferta no campus de Ourense o Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde, a Universidade da Coruña o Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos, e a Universidade de Santiago de Compostela o Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas. Estas diferentes especialidades obsérvanse nas diferenzas existentes nos contidos ofrecidos en cada un dos másteres.

    M. Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

    M. Dirección e Planificación do Turismo Interior

    M. Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

    Materias obrigatorias

    Dirección estratéxica de organizacións turísticas Dirección estratéxica de persoas nas empresas turísticas Dirección comercial das empresas turísticas Promoción do turismo urbano Dirección financeira das empresas turísticas Tics aplicadas ao turismo Impacto económico do turismo urbano Tendencias internacionais en destinos urbanos Transporte, mobilidade e xestión dos fluxos turísticos en destinos urbanos Xestión do patrimonio urbano: A

    Xestión das organizacións turísticas. Planificación de destinos turísticos e desenvolvemento sustentable. Métodos para a análise do turismo e influencia das novas tecnoloxías en hábitos de consumo. Deseño, comercialización e promoción de produtos turísticos. Turismo Interior e Rural Turismo Termal e de Saúde Turismo de Natureza e Ecoturismo

    Turismo e desenvolvemento sustentable: a calidade dos destinos e produtos turísticos Cambio social, tendencias do consumo turístico e comportamento do consumidor Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos Dirección estratéxica das organizacións turísticas Novas tecnoloxías aplicadas a destinos e produtos turísticos Planificación e xestión de plans de turístico. O papel das organizacións públicas e privadas

  • 7 de 60

    cidade histórica Materias optativas

    Dereito urbanístico e planificación turística Dereito do traballo e da Seguridade Social en empresas turísticas Comportamento do turista urbano Dirección de calidade e dos procesos nas empresas turísticas Investigación de mercados: Análise do turismo urbano Comercialización do destino urbano Metodoloxía de investigación: Cartografía aplicada ao turismo Metodoloxía de investigación en xestión de empresas turísticas

    Elaboración de plans estratéxicos de desenvolvemento turístico: estrutura, contidos e metodoloxía Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de congresos e convencións Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos no espazo litoral e de cruceiros Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de saúde e termal Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos gastronómicos e enolóxicos Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de patrimonio cultural e natural Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos espirituais Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos para grupos especiais Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos deportivos O proceso de investigación en turismo: tipos, estrutura e fases Técnicas cualitativas aplicadas ao turismo Programa para análise de datos cualitativos con exemplos de turismo Técnicas cuantitativas aplicadas ao turismo Programa para análise de datos cuantitativos con exemplos de turismo

    O Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas ten como propósito proporcionar unha formación especializada sobre xestión de empresas turísticas, así como afondar nas peculiaridades específicas do turismo urbano, adaptándose desta forma ás necesidades non só nacionais e autonómicas, senón tamén locais, de acordo co comentado anteriormente. As disciplinas que compoñen o Plan de estudos deste máster diferéncianse, como consecuencia, das ofertadas polos outros másteres do SUG, e están orientadas a garantir que o alumnado adquire as habilidades e coñecementos, teóricos e prácticas, relativos ás demandas mencionadas.

    Consideramos que o deseño do Plan cumpre tales características, como demostra o elevado número de convenios asinados con empresas para recibir estudantes en prácticas, o que se reflicte nunha elevada porcentaxe de alumnos que realizou prácticas externas (100% no curso 2017-18). Este interese tamén se ve reflectido no número constante de alumnos matriculados e pola diversidade do perfil de ingreso dos estudantes. No curso 2017-18 houbo 22 matriculados de novo ingreso, producíndose un aumento do 37,5% con respecto ao curso anterior. Os indicadores amosan tamén que a totalidade do alumnado accede á titulación cunha nota superior a 6, sendo a nota media de acceso no curso 2017-18 de 7,05.

    En canto á diversidade do alumnado, esta é visible tanto en termos de titulación de procedencia do alumnado de novo ingreso (15 titulacións distintas no curso 2017-18) como por procedencia xeográfica: o 53,3% do alumnado

  • 8 de 60

    de novo ingreso é estranxeiro no curso 2017-18, procedendo de tres países (China, Rusia e Colombia). De acordo ao Informe de Procedencia Xeográfica (Inf 16), que recolle a procedencia da totalidade de alumnado matriculado, o máster conta en 2017-18 con con alumnos/as de 3 Comunidades autónomas do Estado español. Un 31,25% dos alumnos/as do máster son egresados da propia USC.

    O público obxectivo do máster non se limita a graduados sen experiencia no sector turístico que desexan formarse neste ámbito ao obxecto de desenvolver a súa carreira profesional ou persoas con experiencia no sector que desexan actualizar os seus coñecementos, senón tamén aquelas persoas interesadas en orientar a súa carreira cara á investigación.

    Deste xeito, o Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas contribúe á construción do sistema de coñecemento e intelixencia turístico demandado por EXCELTUR así como ao desenvolvemento do plan director e estratéxico do Camiño de Santiago 2015-2021, que establece como unha acción prioritaria o fomento da investigación e divulgación do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.

    Neste ámbito, cabe indicar que gran parte do profesorado que participa no Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas é membro do GRUPO ANTE (GI-1871: Grupo de Investigación de Análise Territorial, http://www.usc.es/es/investigacion/grupos/ante/), grupo interdisciplinar de docentes e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) formado por xeógrafos, economistas e historiadores. O GRUPO ANTE ten o recoñecemento de Grupo de Excelencia Investigadora polo seu dinamismo e colaboración con outras entidades, tanto universitarias como non universitarias (entidades locais, empresas e asociacións).

    1.2.- O plan de estudos desenvolveuse seguindo a oferta de módulos e materias previstas na memoria verificada. Aspectos a valorar: A oferta de módulos e materias correspóndese co establecido na memoria de verificación e, se é o caso, nas

    sucesivas modificacións. O Desenvolvemento das actividades académicas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación e cualificación,

    correspóndense co establecido na memoria de verificación e permite a consecución das competencias. O tamaño dos grupos é adecuado ás actividades formativas.

    No seu caso, o curso de adaptación cumpre a súa función en canto á adquisición de competencias e coñecementos, por parte dos estudantes que os cursen e adecúase ao establecido na memoria de verificación do título.

    Participación do alumnado en programas de mobilidade. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O título de Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas ten como obxectivos principais:

    (1) dotar ao alumnado das competencias máis relevantes, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada, da planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas no ámbito turístico, proporcionándolle unha visión global e integradora, seguindo os criterios de innovación, eficiencia e sustentabilidade; e

    (2) formar dun modo rigoroso a expertos que orienten a súa carreira cara á investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito turístico.

    As materias ofertadas e que os estudantes traballan durante os seus estudos e que se lles esixe superar para lograr o título, axústanse a estes obxectivos e ao establecido na memoria do título. En todo caso, a Planificación

  • 9 de 60

    da Actividade Docente (elaboración, aprobación e publicación do PDA, POD e programación das materias) realízase de acordo co procedemento previsto no SGIC. Toda a planificación docente do máster apróbaa a Comisión Académica, mentres que os programas apróbanse nos Consellos de Departamento e, posteriormente, na Xunta de Facultade.

    Todas as guías docentes presentan unha metodoloxía distribuída en docencia expositiva e interactiva cun alto grao de aplicación práctica dos contidos, a través de casos, resolución de problemas ou similares, e interese pola participación, en liña co proposto na memoria do título. As guías docentes están dispoñibles na web: http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/titulacions.html?plan=14487&estudio=14488&codEstudio=14001&valor=9

    En relación aos sistemas de avaliación, a continuación preséntase unha relación entre o establecido na memoria para as diferentes materias e o indicado nas guías docentes das mesmas para o curso 2017-18. Esta relación mostra un elevado nivel de axuste, ao contar o 72,2% das materias cunha avaliación en total consonancia coa memoria. Non obstante, esta porcentaxe é susceptible de ser mellorada.

    MEMORIA CURSO 2017-18 MATERIA DIRECCIÓN ESTRATÉXICA DAS ORGANIZACIÓNS TURÍSTICA AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    a .-Exame: 50% da cualificación b.- Participación en análise de casos, debate de lecturas:25% c.- Realización, presentación e defensa de traballo en grupo: 25%.

    MATERIA DIRECCIÓN ESTRATÉXICA DE PERSOAS NAS EMPRESAS TURÍSTICAS AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    Exame: 50% da cualificación. O resto de actividades: 50% da cualificación.

    MATERIA DIRECCIÓN COMERCIAL DAS EMPRESAS TURÍSTICAS AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    O exame ordinario ou extraordinario (50%) e a valoración das actividades propostas: realización de actividades na aula (30%) e elaboración dun traballo relacionado coa materia (20%)

    MATERIA PROMOCIÓN DO TURISMO URBANO AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    Un 50% provirá dunha proba escrita na que se formularán diferentes cuestións en formato test. Un 50% provirá da avaliación continua. A avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas ou artigos, presentación e exposición de traballos, etc. ).

    MATERIA DIRECCIÓN FINANCEIRA DE EMPRESAS TURÍSTICAS AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Actividades na aula 50.0-70.0 A) Exame final (calendario oficial) que terá un peso do 40% na cualificación final do alumno. B) O 60 por cento restante resultará da avaliación de traballos obrigatorios ao final de cada tema e da participación activa nas clases e actividades propostas nas mesmas.

    MATERIA TICS APLICADAS Ao TURISMO

  • 10 de 60

    AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0 Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    • Traballos individuais: 20% * 3 traballos = 60% • Caso de estudo en grupo: 40%

    MATERIA IMPACTO ECONÓMICO DO TURISMO URBANO AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 30.0-50.0 Actividades na aula 10.0-20.0

    Este exame representará entre o 30% e o 50% da nota final. Doutra banda, realizarase unha avaliación continua que consistirá en dous tipos de probas: a realización por parte do alumno dun traballo, nas clases interactivas, no que terá que analizar un mercado turístico concreto (entre o 30% e o 50% da nota final). A realización de exercicios específicos nos que aplicarán técnicas vistas nas clases expositivas (entre o 10% e o 20% da nota final).

    MATERIA TENDENCIAS INTERNACIONAIS EN DESTINOS URBANOS AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    As porcentaxes de cada parte da materia na cualificación final serán: -Exame: 50% -Prácticas na aula: 25% -Traballo final: 25%

    MATERIA TRANSPORTE, MOBILIDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS TURÍSTICOS EN DESTINOS URBANOS AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    Exame 50% Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 25 % Actividades na aula 25 %

    MATERIA XESTIÓN DO PATRIMONIO URBANO: A CIDADE HISTÓRICA AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 30.0-50.0 Actividades na aula 10.0-20.0

    50% Exame 40% Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia. 10% Actividades na aula

    MATERIA METODOLOXÍA DE INVESTIGACIÓN: CARTOGRAFÍA APLICADA Ao TURISMO AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Actividades na aula 50.0-70.0 Terase en conta o seguimento da materia realizado polo alumno así como a súa aprendizaxe a través das sesións expositivas e interactivas. É imperativo que o estudante presente todos os mapas que se encomenden ao longo do curso. Terase en conta a asistencia e participación na aula (15%), segundo o establecido polas normas da USC. O 85% da avaliación final estará baseado nos mapas elaborados polo alumno durante as horas presenciais e non presenciais.

    MATERIA METODOLOXÍA DE INVESTIGACIÓN EN XESTIÓN DE EMPRESAS TURÍSTICAS AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Actividades na aula 50.0-70.0 A avaliación terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado por encargo do profesor. A puntuación correspondente a esta avaliación continua suporá un 30% da cualificación final e manterase para a convocatoria de xullo pero non para os repetidores. O 70% restante da cualificación corresponderase cun exame final.

    MATERIA DEREITO URBANÍSTICO E PLAN TURÍSTICO AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    Exame 30.0-50.0 Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

  • 11 de 60

    MATERIA DEREITO DO TRABALLO E DA SEGURIDADE SOCIAL PARA EMPRESAS TURÍSTICAS AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    Exame 30.0-80.0 Actividades na aula 20.0-70.0

    MATERIA COMPORTAMENTO DO TURISTA URBANO AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    Asistencia e participación en todas as actividades (clases teóricas, seminarios e outras actividades complementarias) 30% Elaboración e presentación de traballos relacionados coas competencias da materia: Realización e presentación de traballos e informes obrigatorios relacionados co contido da materia 20% Lecturas comentadas, recensións ou outros traballos voluntarios 10%. Exame: Proba final escrita fixada no calendario oficial do centro 40%.

    MATERIA DIRECCIÓN DA CALIDADE E DOS PROCESOS NAS EMPRESAS TURÍSTICAS AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Actividades na aula 50.0-70.0 A avaliación da materia lévase a cabo cun proceso de avaliación continua que ten en conta todas as actividades a realizar ao longo do semestre, considerando aspectos como a claridade e capacidade narrativa, o dominio da terminoloxía da materia e a participación activa, cun peso na calificación final do 30%, e un exame final, centrado sobre todo na avaliación dos coñecementos adquiridos, cun peso na nota final do 70%.

    MATERIA INVESTIGACIÓN DE MERCADOS: ANÁLISE DO TURISMO URBANO AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 10.0-30.0 Actividades na aula 20.0-50.0

    A avaliación desta materia farase mediante un exame teórico/práctico. A puntuación final estará determinada pola cualificación obtida no exame (50%) e a valoración tanto das tarefas propostas (20%), como do traballo de investigación realizado ao longo do curso (30%).

    MATERIA COMERCIALIZACIÓN DO DESTINO URBANO AVALIACIÓN Exame 30.0-50.0

    Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 30.0-50.0 Actividades na aula 10.0-20.0

    Exame 40% Elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia 60%

    MATERIA TRABALLO FIN DE MÁSTER AVALIACIÓN Avaliación, polo tribunal do traballo realizado 50.0-70.0

    Avaliación, polo tribunal, da claridade e estructuración da exposición 15.0-25.0 Capacidade de resposta do alumno ás preguntas e observacións realizadas polo tribunal evaluador 15.0-25.0

    Traballo realizado: 75% Defensa do proxecto (inclúe a valoración da capacidade de resposta): 25%

    Así mesmo, cabe sinalar que o tamaño dos grupos é axustado á docencia recibida e ao proposto na memoria, cunha media de alumnos por grupo de teoría e docencia interactiva por baixo do definido na memoria do título. De acordo co informe de indicadores, o número medio de alumnos/as por grupo de teoría e docencia interactiva

    é no curso 2017-18 de 14,50 e 15,12, respectivamente. Cabe destacar que, neste título, a docencia organízase a través dun grupo de docencia expositiva e outro de docencia interactiva, polo que o número de persoas que

  • 12 de 60

    recibe docencia “pura” cada ano é o mesmo, se ben varía nas materias optativas. As diferenzas no tamaño de grupos se deben á consideración das prácticas e os alumnos/as matriculados nos TFM, se ben, inda que leven asociados un número de créditos, boa parte estas actividades non implican docencia presencial e son actividades realizadas individualmente e non en grupos. Debido a isto, quizais sería interesante elaborar indicadores de tamaño de grupo que teñan en conta a docencia puramente presencial.

    En relación á información pública, a descrición do máster e a información relativa aos horarios, calendario, estrutura e programas das materias están dispoñibles na páxina web da USC. Así mesmo, a Coordinación proporciona información de forma personalizada ao alumnado interesado, fundamentalmente a través de email e da web propia do máster (www.uscturismo.com), tanto sobre a descrición e contidos do Título. Ao mesmo tempo, as unidades de xestión académica e a oficina de relacións internacionais responden de forma personalizada todas as cuestións relativas aos períodos e procesos de admisión e matrícula.

    O acceso, admisión e matrícula dos estudantes está regulado pola Normativa Académica da USC que, anualmente, faise pública previa aprobación da Xunta de Goberno da Universidade. Este proceso, así como os criterios, etc. publícanse na web corporativa.

    Finalmente, en relación ao número de estudantes en programas de mobilidade, desde o máster non hai estudantes saíntes. O dato de estudantes entrantes é enganoso, xa que, a pesares non contar con alumnos participantes en programas de mobilidade, si que existe número importante de estudantes estranxeiros, quen supoñen no curso 2017-18 un 53,13% do alumnado matriculado. Esta porcentaxe foi en aumento nos últimos tres cursos o que é positivo para o máster, ao aliñar o alumnado co que é habitual atopar nas empresas do sector turístico.

    1.3.- O título conta con mecanismos de coordinación docente que permiten analizar se o desenvolvemento do plan de estudos posibilita a adquisición das competencias por parte dos estudantes e, no seu caso, se establecen as accións de mellora oportunas. Aspectos a valorar: A coordinación horizontal e vertical entre as diferentes materias do plan de estudos evita baleiros e duplicidades. No caso de que o título se imparta en varios centros da Universidade ou sexa interuniversitario, analizarase o

    funcionamento dos mecanismos de coordinación entre todos os centros/Universidades que imparten o plan de estudos.

    No caso de que existan prácticas externas, valorarase se os mecanismos de coordinación permiten aos estudantes alcanzar as competencias asociadas a estas prácticas.

    No caso de que o título se imparta en varias modalidades (presencial, a distancia, semipresencial) valorarase a coordinación docente entre as modalidades, co fin de que os estudantes podan alcanzar as mesmas competencias con independencia da modalidade cursada. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O título conta coas estruturas de coordinación verticais e horizontais para garantir que a docencia se desenvolva de acordo coa memoria.

    - Unha Comisión Académica formada por profesorado de diferentes áreas de coñecemento e con representantes do alumnado que se reúne para solucionar calquera cuestión relacionada co funcionamento do título (ver as Actas das reunións). A Comisión Académica reúnese de forma periódica

  • 13 de 60

    para garantir o bo funcionamento do título e a comunicación de forma continua, tanto a docentes como a estudantes, de todas as datas e procedementos importantes en relación aos diferentes ámbitos do máster.

    - Un coordinador/a do título que recolle suxestións relativas á titulación, tanto do estudantado como do profesorado, participa na elaboración do Autoinforme de Seguimento anual do título, coordina o programa de prácticas, xestiona a distribución e avaliación de TFM, e informa de forma permanente daquelas cuestións de interese para un bo funcionamento e coordinación do máster aos diferentes axentes implicados.

    - Representantes do alumnado que participan nas reunións da comisión académica e que serven de fonte de información á Coordinación sobre calquera tema de interese vinculado ao alumnado.

    - Comisións da facultade que velan por un bo proceso de ensino-aprendizaxe de todos os títulos impartidos no centro: comisión de igualdade e comisión de actividades complementarias, comisión de calidade, comisión de asuntos económicos, comisión de normalización lingüística, comisión de biblioteca.

    Isto tradúcese en que, de acordo co Informe sobre satisfacción do profesorado coa docencia impartida, a satisfacción do profesorado coa coordinación entre as distintas materias e entre distintos profesores dunha mesma materia é elevada (4,25 e 4,00 puntos sobre 5 no curso 2017-18), se ben lixeiramente inferior á do curso anterior. O Informe de satisfacción do alumnado coa docencia recibida, mostra que a satisfacción do alumnado coa coordinación dos distintos profesores dunha mesma materia é de 4,21, un 35,8% más elevada que no curso 2016-17.

    Este máster impártese en modalidade presencial nun único centro, polo que non é precisa coordinación neses ámbitos.

    1.4. Os criterios de admisión aplicados permiten que os estudantes admitidos teñan o perfil de ingreso adecuado para iniciar estes estudos. Aspectos a valorar: Coherencia entre o perfil de ingreso establecido na memoria verificada e o perfil real do estudantado matriculado no

    título. No seu caso, os complementos de formación compren a súa función en canto á nivelación e adquisición de

    competencias e coñecementos por parte dos estudantes que os cursen. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O sistema de admisión do alumnado no máster realízase de acordo ao establecido na memoria do título, que establece que se seguirán os criterios e procedementos establecidos no Regulamento de Posgrao Oficial da USC seguindo os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade. A Normativa Académica da USC relativa á admisión dos estudantes faise pública previa anualmente previa aprobación da Xunta de Goberno da Universidade. Este proceso, así como os criterios, etc. publícanse na web corporativa.

    Dado que o alumnado estranxeiro ten unha presenza importante no máster, é relevante o proceso de admisión para os estudantes con este perfil. Neste caso, a memoria do título establece que poderán acceder ao máster as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen

  • 14 de 60

    necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de máster.

    En canto ao perfil real de ingreso, cabe comentar que de acordo ao Informe I2 Número de estudantes de novo ingreso por titulacio ́n de procedencia (USC), o número de titulacións de acceso ao máster é de 15 no curso 2017-18. Isto axústase ás características dos estudos de Máster en Turismo, ao tratarse dunha titulación cun carácter interdisciplinario. Nese curso, a de modo similar ao acontecido no curso anterior, as titulacións relacionadas cos idiomas (53,3%) son a principal fonte de novos estudantes. O resto de titulacións proporcionan o 47,3% dos novos estudantes.

    1.5.- A aplicación das diferentes normativas contribúe á eficiencia nos resultados do título. Aspectos a valorar: A aplicación das distintas normativas (normativa de permanencia, os sistemas de transferencia e recoñecemento de

    créditos, así como outras relacionadas coa avaliación, traballos fin de grao/máster, prácticas externas, ...) desenvólvense segundo o establecido nelas, tendo en conta as competencias previamente adquiridas polo estudante e as competencias a adquirir no título. Impacto delas nos resultados. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Durante o proceso de implantación do título, fóronse desenvolvendo e aplicando diferentes normas de aplicación xeral e específica ás diferentes titulacións da USC, que están a disposición do alumnado na páxina web da USC:

    - Normativa de interese para o estudantado da USC (permanencia, sistemas de transferencia e recoñecemento de créditos, asistencia a clase, etc.)

    - Regulamento de TFM (http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/tfm_turismo.html)

    En cumprimento da normativa sobre o sistema de transferencia e recoñecemento de créditos, aprobouse a seguinte táboa de recoñecementos de estudos para os estudantes do antigo Máster Interuniversitario en Dirección e Planificación do Turismo, anterior titulación da USC:

    MÁSTER EN DIRECCIÓN E PLANIFICACIÓN DO TURISMO MÁSTER EN TURISMO URBANO E XESTIÓN DE EMPRESAS TURÍSTICAS

    Materia Curso Carácter Créditos Materias obrigatorias Curso Carácter Créditos Dirección estratéxica de organizacións turísticas 1º OB 4,5

    Dirección estratéxica de organizacións turísticas 1º OB 3

    Dirección estratéxica de recursos humanos nas empresas turísticas 1º OB 4,5

    Dirección estratéxica de persoas nas empresas turísticas 1º OB 3

    Dirección comercial das empresas turísticas 1º OB 4,5

    Dirección comercial das empresas turísticas 1º OB 3

    Promoción de produtos turísticos 1º OB 3 Promoción do turismo urbano 1º OB 3 Dirección económico-financeira da empresa turística 1º OB 4,5

    Dirección financeira das empresas turísticas 1º OB 3

    Novas tecnoloxías aplicadas ao turismo 1º OB 3 Tics aplicadas ao turismo 1º OB 3

    Contexto socioeconómico e innovación turísticas 1º OB 4,5

    Impacto económico do turismo urbano 1º OB 3

    Tendencias internacionais do turismo urbano 2º OP 3

    Tendencias internacionais en destinos urbanos 1º OB 3

  • 15 de 60

    Xestión do patrimonio urbano. Interpretación e análise 2º OB 4,5

    Xestión do patrimonio urbano: A cidade histórica 1º OB 3

    Transporte, mobilidade e xestión dos fluxos turísticos en destinos urbanos

    1º OB 3

    Materias optativas Comportamento do consumidor turístico 1º OB 3 Comportamento do turista urbano 1º OP 3

    Dirección da calidade e dos procesos nas empresas turísticas 1º OB 4,5

    Dirección de calidade e dos procesos nas empresas turísticas 1º OP 3

    Creación e comercialización de produtos e paquetes turísticos 1º OB 3 Comercialización do destino urbano 1º OP 3

    Ordenación do territorio en destinos urbanos 2º OB 4,5 Dereito urbanístico e plan turístico 1º OP 3

    Dereito do traballo e da seguridade social en empresas turísticas

    2º OB 4,5 Dereito do traballo e da seguridade Social en empresas turísticas 1º OP 3

    Investigación de mercados turísticos 2º OB 4,5

    Investigación de mercados: Análise do turismo urbano 1º OP 3

    Practicas externas obrigatorias 2º OB 10 Practicas externas obrigatorias 1º OV(Ou. profesional) 9

    Metodoloxía de investigación: Cartografía aplicada ao turismo 1º OV (Ou. investigadora) 3

    Metodoloxía de investigación en xestión de empresas turísticas 1º OV (Ou. investigadora) 3

    Traballo Fin de Máster 1º OB 12 Actuacións público-privadas de apoio a iniciativas turísticas 1º OB 4,5

    Políticas turísticas 1º OB 4,5 Estratexias de desenvolvemento turístico sustentable 1º OB 4,5

    Modelos de plan de destinos turísticos 1º OB 4,5

    Métodos cuantitativos aplicados ao turismo 1º OB 3

    Economía do turismo 2º OB 4,5 Dereito turístico 2º OB 4,5 Xestión de operacións nas empresas turísticas 2º OB 4,5

    Comercialización de destinos turísticos 2º OB 4,5

    Comercialización estratéxica de cadeas turísticas 2º OP 3

    Programación en centros e colectores culturais 2º OP 3

    Dereito privado da contratación e do consumo no sector turístico 2º OP 3

    Conferencias de expertos en turismo 2º OB 2

    É posible que o resto de normativas inflúan nos resultados, por exemplo, nas taxas de éxito, gradación e abandono, se ben por agora non se puido analizar en detalle a súa incidencia.

    En todo caso, consideramos que a normativa que afecta ao Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas está a aplicarse axeitadamente, o que posibilita que o título funcione en base ao agardado USC.

  • 16 de 60

    DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO CRITERIO 2. INFORMACIÓN E TRANSPARENCIA Estándar: A institución dispón de mecanismos para comunicar de maneira adecuada a todos os grupos de interese as características do programa e dos procesos que garanten a súa calidade. Analizar e valorar se a información relevante sobre o título é pública e está dispoñible, en tempo e forma, para todos os axentes implicados nel (estudantes, empregadores, administracións educativas e outros grupos de interese).

    INDICADOR DESCRICIÓN

    2014-15 2015-16 2016-17 2017-18

    IN23M-PC-12 Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible (1-5) 1,60 2,87 - 3,10

    2.1.- A institución publica, para todos os grupos de interese, información obxectiva, suficiente e actualizada sobre as características do título e sobre os procesos que garanten a súa calidade. Aspectos a valorar: Publícase información suficiente e relevante sobre as características do programa formativo, o seu

    desenvolvemento e os resultados alcanzados. A información sobre o título é obxectiva, está actualizada e é coherente co contido da memoria verificada do título e

    as súas posteriores modificacións. Garántese un fácil acceso á información relevante do título a todos os grupos de interese.

    Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: A web da USC publica no apartado relativo á Normativa Académica información relativa a acceso, admisión e matrícula do estudantado. A web da USC inclúe tamén información os aspectos relativos aos destinatarios e o número de prazas ofertadas, sendo accesible a todos os grupos de interese, internos e externos.

    A descrición do Máster e a información relativa aos horarios, calendario, estrutura e programas das materias está dispoñible tamén de forma actualizada na páxina web da USC. Así mesmo, a Coordinación proporciona información de forma personalizada ao alumnado interesado, fundamentalmente a través do email, tanto sobre a descrición e contidos do Título como sobre os períodos de admisión e matrícula. Ao mesmo tempo, as unidades de xestión académica e a oficina de relacións internacionais responden tamén a todas as cuestións relativas aos procesos e requisitos de admisión e matrícula.

    A satisfacción dos egresados coa información pública alcanza un valor de 3,10 puntos sobre 5 no curso 2017-18. Aínda que existe marxe de mellora neste aspecto, este indicador está a mellorar continuamente nos últimos anos, medrando un 8,01% con respecto ao curso 2015-16, último curso para o que existe o dato.

    Adicionalmente, O Informe de satisfacción das enquisas do alumnado coa titulación para o curso 2017-18 recolle que o alumnado valora con 4,17 puntos sobre 5 o ítem relativo á información pública sobre á titulación. Este valor é un 60,4% máis alto que o do curso pasado, o que amosa avances neste indicador.

    O Informe de satisfacción das enquisas do profesorado coa titulación para o curso 2017-18 incorpora unha pregunta relativa á satisfacción coa a información dispoñible dos obxectivos xerais e competencias do plan de estudos, obtendo un valor medio elevado (4,71 puntos sobre 5).

  • 17 de 60

    Constatamos que, ao longo dos anos, incrementouse o esforzo de divulgación da información sobre o máster. Toda a información relativa aos diferentes procedementos que afectan á docencia se comunica con antelación a través da web da Facultade. Adicionalmente, o coordinador/a comunica de xeito continuo ao longo do curso, tanto a docentes como a alumnos, todas as datas e procedementos relevantes en relación aos diferentes ámbitos do Máster: presentación e acollida de alumnos para a inauguración do curso, inicio das actividades docentes, datas de realización de exames, convocatoria para asignación de temas e titores para os TFMs, convocatoria para a realización de prácticas, datas de peche de actas, convocatorias para a presentación e defensa de TFMs, así como as datas de todas as reunións da Comisión Académica como órgano máximo de coordinación. No caso do alumnado, esta información comunícase mediante email e a través da web da facultade e da web propia do máster.

    Isto probablemente repercutise en que a valoración do alumnado correspondente ao curso analizado aumentase con respecto ao curso anterior un 60,38%.

  • 18 de 60

    DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO CRITERIO 3. SISTEMA DE GARANTÍA DA CALIDADE Estándar: A institución dispón dun sistema interno de garantía da calidade formalmente establecido e implementado que asegura, de forma eficaz, a mellora continua da titulación. Analizar a implantación do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) e valorar a súa contribución á mellora continua do título.

    INDICADOR DESCRICIÓN 2014‐15  2015‐16  2016‐17  2017‐18 

    IN15M-PC-08 Satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade (1-5) ‐  ‐  ‐  ‐ 

    IN16C-PC-08 Satisfacción dos estudantes entrantes cos programas de mobilidade (1-5) 4,53  4,00   3,80  ‐ 

    IN19M-PC-09 Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas (1-5) (*) 4,86  3,74  4,00  4,21 

    IN20M-PC-09 Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas (1-5) (*)    4,83  4,48  3,97 

    IN21M-PC-09 Satisfacción dos titores académicos cos programas de prácticas externas (1-5) (*)

       4,67  4,36  4,40 

    IN23M-PC-12 Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible (1-5) 1,60  2,87   ‐  3,10 

    IN42M-S01-PM-01 Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación (1-5) 2,33  3,35   ‐  3,01 

    IN46M-S01-PM-01 Satisfacción do alumnado coa docencia recibida (1-5) 4,40   4,36  3,64  4,42 

    IN47M-S01-PM-01 Satisfacción do profesorado coa docencia impartida (1-5) 4,28   4,48  4,38  3,95 (*) Os datos dos cursos 2016-17 e 2017-18 son obtidos das enquisas propias que realiza o máster.

    3.1.- O SGC posúe os mecanismos necesarios para recoller a información precisa, analizala, detectar debilidades e propoñer accións de mellora, realizando o seu seguimento. Aspectos a valorar: Os procedementos que permiten recoller a información de forma continua, analizar os resultados e empregalos

    para a toma de decisións e a mellora da calidade do título, desenvolvéronse de acordo ao establecido. No caso dos títulos interuniversitarios ou dos títulos que se imparten en varios centros da Universidade, as accións

    levadas a cabo como consecuencia da implantación do SGC están coordinadas en todos os centros participantes no programa formativo.

    Os procedementos de avaliación e mellora da calidade da ensinanza e o profesorado desenvolveuse de acordo ao establecido.

    O procedemento de suxestións e reclamacións desenvolveuse de acordo ao establecido. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración:

    O máster utiliza a Comisión Académica do título como mecanismo básico de coordinación e xestión. A este respecto, a Comisión Académica do máster reúnese de forma periódica para o bo funcionamento do título. A Comisión de Calidade do centro, da que forman parte os coordinadores de todos os títulos impartidos na Facultade, tamén ten reunións periódicas co obxectivo de coordinar e planificar a docencia acorde coas directrices das memorias dos títulos. Tendo en conta as boas prácticas levadas a cabo pola Facultade, consideramos que se está facendo un bo labor en canto ao SGC.

    O SGC dispón de procedementos e mecanismos que nos permiten recoller e analizar de forma continua a información e os resultados relevantes, especialmente no que respecta aos resultados da aprendizaxe e ao grao de satisfacción dos distintos grupos de interese que permiten unha xestión eficaz e eficiente do título. Con referencia aos mecanismos de consulta, o SGC conta cun procedemento específico para recoller a satisfacción dos diferentes colectivos, aínda que a súa implantación faise a nivel institucional. Periodicamente revísanse,

  • 19 de 60

    deseñan e/ou actualizan os ítems das enquisas de satisfacción dos diversos grupos de interese. A Universidade aplica periodicamente as enquisas de acordo coa planificación de cada curso académico (enquisas a estudantes, a profesorado, a PAS, a egresados, a empresas que reciben alumnos en prácticas, etc.). Este máster tamén conta cun procedemento propio para a recollida de información sobre a satisfacción dos diferentes colectivos co programa de prácticas externas (os resultados da satisfacción dos diferentes colectivos coas prácticas son expostos no apartado 3.3 deste informe).

    As respostas a todas estas enquisas e o resto de indicadores que elabora a área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC son empregados pola Comisión Académica para a revisión e mellora do programa formativo. O coordinador/a recolle as queixas e suxestións realizadas polo estudantado presencialmente nas aulas e no seu despacho ou a través do email.

    Á hora de recoller información e analizar os resultados, séguese o manual de procedementos, actuando o coordinador/a do título, a Comisión Académica e a Comisión de Calidade do centro. Pódese observar este seguimento a través das evidencias das actas das reunións e distintos informes elaborados onde quedan recollidas as distintas debilidades e ameazas atopadas á hora de implantar e facer un seguimento do título, así como as propostas de accións de mellora levadas a cabo.

    Adicionalmente, a revisión do cumprimento do SGC en relación aos programas de mobilidade é supervisada polo Vicedecano de Estudantes e Intercambios.

  • 20 de 60

    3.2.- A implantación do SGC facilita o seguimento dos títulos, a renovación da acreditación e garante a mellora continua permitindo a introdución de modificacións no título. Aspectos a valorar: As accións de análise e revisión levadas a cabo desde o SGC permiten introducir modificacións para a mellora no

    título. O seguimento das melloras do título confirma que estas foron eficaces e que se conseguiron os obxectivos

    formulados. Os plans de mellora recollen as recomendacións dos diferentes informes derivados do proceso de verificación,

    modificación, seguimento e renovación da acreditación. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Toda a información relativa á política de calidade é pública e pode consultarse na web do centro, no apartado de Calidade SGIC, e foi aprobado pola ACSUG. No curso 2013-14 procedeuse á adaptación do SGC da facultade en base ao SGC marco simplificado da USC. No curso 2017/2018 a Facultade de CC. Económicas e Empresariais procedeu a adaptar o SGC ao novo Documento marco de Manual do Sistema de Garantía de Calidade e ao novo Manual de Procesos, aprobados pola Comisión de Calidade e Planificación de Consello de Goberno o 22/02/2018. Estes manuais foron aprobados pola Comisión de Calidade e Planificación de Consello de Goberno o 21/09/2018 (curso 2018-2019).

    Os novos manuais foron aprobados pola Xunta de Facultade de CC. Económicas e empresariais o 12/07/2018 e pola Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno o 21/09/2018. Toda a documentación relacionada co SGIC da Facultade de CC. Económicas e Empresariais pódese atopar nesta ligazón: http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/calidade/index.html

    Co obxecto de adaptar o Regulamento de Réxime Interno da Facultade de CC. Económicas e Empresariais á nova redacción dada ao novo Manual do Sistema de Garantía de Calidade e ao novo Manual de Procesos, a Xunta da Facultade de CC. Económicas e Empresariais aprobou a súa modificación o día 19/10/2018, sendo ratificada esta modificación polo Consello de Goberno da USC o día 09/11/2018.

    A Comisión de Calidade do centro e a implantación do SGC posibilita o proceso de seguimento, modificación e acreditación do título así como a mellora continua desde a súa implantación ao establecer procedementos de recompilación e análise de información relevante, tanto cuantitativa (resultados académicos, enquisas de satisfacción, mobilidade, etc.) como cualitativa (reunións mantidas pola Comisión Académica).

    Como obxectivo principal do SGC (como se recolle no seu compromiso de calidade) está o desenvolvemento de programas formativos que están avalados por unha xestión de calidade como elemento chave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos seus grupos de interese. Busca tamén, desenvolver programas formativos para garantir unha formación mellor e máis adecuada para os estudantes e que dea resposta ás demandas do mercado laboral, tecnolóxico e investigador, que garantan as condicións de desenvolvemento profesional adecuadas ao seu persoal docente e investigador e de servizos.

    Os obxectivos están recollidos de modo máis detallado no plan estratéxico elaborado pola Comisión de Calidade do centro, tomando como referencia as grandes liñas estratéxicas do plan estratéxico da USC. Esta Comisión de Calidade, así mesmo, vea polo cumprimento destes obxectivos facendo un seguimento das accións estratéxicas

  • 21 de 60

    e dos respectivos indicadores.

    Unha mostra de que a implantación do SGC se veu realizando axeitadamente foi a renovación da acreditación do título durante o curso 2016-17.

    3.3.- O SGC implantado revísase periodicamente para analizar a súa adecuación e, se procede, establécense as melloras oportunas. Aspectos a valorar: A análise e revisión do SGC, no que participan todos os grupos de interese, deriva en plans de mellora

    (responsables, calendario de execución, etc.). Todos os grupos de interese foron implicados no proceso de elaboración, implantación e seguimento das melloras

    do SGC. As evidencias do SGC manifestan a existencia dunha cultura de calidade consolidada no centro que contribúe á

    mellora continua. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Implícase a todos os grupos de interese no proceso de proposta e implantación das accións de mellora, así como no seu seguimento, como queda recollido nas actas da Comisión Académica.

    Os representantes de alumnos recollen as propostas ou suxestións por parte do estudantado tanto en aspectos de organización docente como de mellora de equipos e medios para a docencia. As actas das distintas reunións e os informes elaborados evidencian a implantación dun modo adecuado do SGC. Tal e como se indicou previamente, a memoria de calidade mostra o seguimento e grao de cumprimento das accións de mellora propostas para cada curso académico tendo como referencia o plan estratéxico e os distintos informes de seguimento.

    Así mesmo, os datos proporcionados pola área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC son analizados pola Comisión Académica e a Comisión de Calidade do centro. Neste contexto xeral, podemos considerar que os resultados das valoracións son satisfactorios.

    As enquisas relativas ao satisfacción co programa de prácticas externas presentaban o problema da baixa taxa de resposta por parte dos titores/as externos, alumnado e, en, menor medida, os titores/as académicos. Isto pode deberse a que o mestrado elabora enquisas propias para estes colectivos que, adicionalmente, deberían responder as enquisas proporcionadas pola área de Calidade e Mellora dos Procedementos. Para evitar este problema, acordouse coa citada área que, a partires do curso 2016-17 a área de Calidade e Mellora dos Procedementos non realice estas enquisas, empregando os datos das enquisas elaboradas polo máster.

    A enquisa desenvolvida pola coordinación do mestrado está destinada aos titores profesionais, académicos e ao alumnado. No curso 2017-18, temos resposta do 100% dos titores académicos e profesionais e do alumnado. Os resultados obtidos amósanse na seguinte táboa. A puntuación máxima da escala é de 5 puntos e a mínima dun punto:

  • 22 de 60

    RESULTADOS CUESTIONARIO TITOR/A ACADÉMICO ASPECTOS DE FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA

    Puntuación Media 2016-17

    Puntuación Media 2017-18

    1. O estudante cumpriu o calendario previsto no plan de prácticas. 4,6 4,7 2. O programa estivo ben organizado. 4,4 4,7 3. En xeral, estou satisfeito co programa. 4,4 4,6 ASPECTOS RELATIVOS AO CENTRO DE PRÁCTICAS 5. A atención recibida pola empresa foi boa. 4,8 4,5 6. A dispoñibilidade do persoal foi abonda. 4,4 4,0 7. En xeral, houbo unha boa colaboración co centro de prácticas. 4,6 4,2 8. As prácticas realizadas se axustaron ao sinalado no programa de prácticas. 4,3 4,0 9. En xeral, estou satisfeito coa empresa que me foi asignada. 4,4 4,2 ACTITUDES DO ESTUDANTE 15. Mostrou interese polas actividades realizadas. 4,3 4,6 16. Asumiu responsabilidades. 3,9 4,3 17. Esforzouse nas actividades realizadas. 4,2 4,6 18. A memoria de prácticas presentada polo estudante cumpriu cos requisitos de calidade. 4,4 4,4 19. En xeral, estou satisfeito co estudante que me foi asignado. 4,1 4,4 PROMEDIO DE TÓDOLOS ÍTEMS 4,36 4,40 RESULTADOS CUESTIONARIO TITOR/A EXTERNO ASPECTOS FORMAIS E NORMAS BÁSICAS DE FUNCIONAMENTO

    1. O estudante cumpriu o calendario previsto e no plan de prácticas. 4,9 4,3 2. A asistencia do estudante foi regular. 4,9 4,8 3. O estudante cumpriu axeitadamente o horario. 4,9 4,4 4. A integración do estudante no medio de traballo foi boa. 4,8 4,4 COMPETENCIAS DO ALUMNO/A 5. Se adaptou ben ás novas situacións que se lle presentaron. 4,5 3,9 6. Soubo establecer prioridades en función dos obxectivos. 4,4 3,9 7. Demostrou manexar técnicas de comunicación. 4,2 3,6 8. Mostrou capacidade para resolver os problemas que lle xurdiron. 4,1 3,7 9. Demostrou ter sentido crítico. 4,1 3,7 10. Mostrou capacidade para traballar en equipo. 4,5 4,0 11. Demostrou capacidade para asimilar coñecementos. 4,5 4,0 COÑECEMENTOS DO ALUMNO/A 12. Dispoñía de coñecementos teórico-prácticos e competencias xerais cando se incorporou á práctica. 3,8

    3,3

    13. Dispoñía de coñecementos teórico-prácticos específicos para a realización das actividades que se lle encomendaron cando se incorporou á práctica. 3,6

    3,2

    14. Durante o período de prácticas incrementou os seus coñecementos específicos para a realización das actividades que se lle encomendaron. 4,4

    3,9

    ACTITUDES DO ALUMNO/A 15. Mostrou interese polas actividades realizadas. 4,9 4,2 16. Participou en actividades complementarias. 4,8 3,9 17. Esforzouse nas actividades realizadas. 4,8 4,1 18. Asumiu responsabilidades. 4,7 3,8 PROMEDIO DE TÓDOLOS ÍTEMS 4,48 3,97 RESULTADOS CUESTIONARIO ALUMNADO AVALIACIÓN DO PROGRAMA

    1. O programa estivo ben organizado. 4,0 4,0 2. A formación recibida no Máster foi suficiente para a realización das prácticas. 4,3 3,8 3. O programa supuxo un bo complemento para os meus estudos. 3,9 4,3 4. As prácticas realizadas se axustaron ao sinalado no programa de prácticas. 3,9 4,0 5. Os medios cos que contei no centro de práctica foron suficientes. 4,6 4,5 6. Fixen as miñas prácticas na empresa que solicitara en primeiro lugar. 4,3 4,3 7. Fixen as miñas prácticas no perfil de posto que inicialmente desexaba. 3,8 4,2 8. Percibín unha boa colaboración entre o titor académico e o centro de prácticas. 3,9 4,2 9. As prácticas foron remuneradas. 1,8 2,0 10. En xeral, estou satisfeito co programa. 3,7 4,3 AVALIACIÓN DO EMPREGADOR 11. A atención recibida pola empresa foi boa. 4,7 4,5 12. A dispoñibilidade do persoal foi abonda. 4,6 4,2 13. En xeral, estou satisfeito coa empresa que me foi asignada. 4,4 4,4 AVALIACIÓN DO TITOR ACADÉMICO 14. A atención recibida polo titor foi boa. 4,1 4,9 15. A dispoñibilidade do titor foi abonda. 4,1 4,9 16. En xeral, estou satisfeito co labor realizado polo meu titor. 4,1 4,9 PROMEDIO DE TÓDOLOS ÍTEMS 4,00 4,21

    O cuestionario destinado aos titores académicos inclúe 19 ítems, relativos ao funcionamento do programa de

  • 23 de 60

    prácticas, ao centro de prácticas e as actitudes do estudante. A valoración media de tódolos ítems é elevada (4,40 puntos sobre 5) e mellora lixeiramente (un 0,92%) á do curso anterior.

    O cuestionario destinado aos titores profesionais presenta 18 ítems, relacionados cos aspectos formais e normas básicas de funcionamento, e as competencias, coñecementos e actitudes do alumnado. A valoración media de tódolos ítems é satisfactoria (3,97 puntos sobre 5), se ben rexístrase un descenso do 11,38% en relación á do curso anterior. Cabe destacar que unha parte do alumnado estranxeiro cursou o mestrado sen ter un nivel de español elevado, pero matriculouse nas prácticas empresariais. Algún titor profesional manifestou que isto supuxo problemas en casos puntuais.

    O cuestionario dedicado ao alumnado inclúe 16 ítems relativos a avaliación do programa, avaliación do empregador e do titor académico. A valoración media de tódolos ítems é de 4,21 puntos sobre 5, un 5,21% superior ao do ano anterior. Cómpre destacar que a enquisa inclúe un ítem relativo a se as prácticas son remuneradas. Ao non ofertarse prácticas remuneradas, a valoración dese ítem inflúe negativamente na media do cuestionario . Excluíndoo, a nota media sobe ata 4,35 puntos sobre 5. Dado que máster non oferta prácticas remuneradas, cómpre reflexionar futuro sobre a pertinencia dese ítem, propoñendo unha acción de mellora ao respecto.

    En canto á satisfacción coa docencia impartida, os resultados amosan un elevado nivel de satisfacción por parte do profesorado de 3,95 sobre 5 puntos no curso 2017-18. Cabe destacar que a satisfacción global diminúe un 9,8% con respecto ao curso anterior. Á Enquisa de Satisfacción coa Docencia Impartida amosa que o ítem peor valorado ten que ver con que se o alumnado ten os coñecemento suficiente para enfrontarse aos contidos da materia. Neste sentido, algúns profesores indicaron á coordinación a problemática de que unha parte relevante do alumnado teña un baixo nivel de español. Tamén é un problema nalgunhas materias a falla de coñecementos de contabilidade e finanzas.

    Con respecto ao primeiro problema, a coordinación do máster solicita na proposta de prazas anual un requisito de coñecemento dun dos idiomas oficiais da USC de B2, sendo unha acción de mellora proposta no Autoinforme de seguimento do título de 2016-17 (AM.91.1).

    En relación á falla de coñecementos de contabilidade e finanzas, estableceuse unha acción de mellora no Autoinforme de seguimento do título de 2016-17, propoñendo a creación dun módulo preparatorio de Fundamentos de Finanzas e Fundamentos de Contabilidade. Unha vez realizados os trámites administrativos necesarios, incluíndo a modificación da memoria do título, está confirmada a implantación deste módulo a partires do curso 2019-20.

    Desde o punto de vista do alumnado a satisfacción coa docencia recibida no curso 2017-18 é alta (4,48 puntos sobre 5) e un 21,42% superior á do curso anterior. Tras un valor máis baixo no curso 2016-17, a satisfacción do alumnado acada en 2017-18 un valor na liña dos años anteriores.

  • 24 de 60

    DIMENSIÓN 2. RECURSOS

    CRITERIO 4. RECURSOS HUMANOS Estándar: O persoal académico e de apoio é suficiente e adecuado de acordo coas características do título e o número de estudantes. Analizar e valorar a adecuación do persoal académico e de apoio que participa no título obxecto de avaliación.

    INDICADOR 2017-

    18 DESCRICIÓN 2014‐15  2015‐16  2016‐17  2017‐18 

    IN24M-PS-01 Porcentaxe de Persoal Docente Investigador (PDI) con sexenios sobre o PDI total (%)

    52,17  75,00  76,47  80,00 

    IN25M-PS-01 Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total (%) 78,26  72,00  79,17  73,91 

    IN26M-PS-01 Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total (%) 52,17  48,00  50,00  47,83 

    IN28-PS-01 Satisfacción media do PDI coas actividades formativas desenvolvidas 4,44  4,33  4,35 4,39

    IN29-PS-01 Satisfacción media do PAS coas actividades formativas desenvolvidas 4,11  3,99  3,91 3,99

    IN46M-S01-PM-01 Satisfacción do alumnado coa docencia recibida (1-5) 4,40  4,36   3,64  4,42 

    IN47M-S01-PM-01 Satisfacción do profesorado coa docencia impartida (1-5) 4,28   4,48  4,38  3,95 

    IN49C-PS-01 Satisfacción do PAS co traballo desenvolvido 3,23  3,00  3,33  4,25 

    4.1.- Persoal académico. O título conta con profesorado suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos, as modalidades de impartición e as competencias que deben alcanzar os estudantes.

    Aspectos a valorar: O profesorado que participa no título conta co nivel de cualificación (experiencia docente e investigadora) esixido

    para a súa impartición e é acorde coas previsións que se incluíron na memoria verificada. Revisarase especialmente o perfil do persoal académico asignado ao primeiro curso de títulos de grado, a prácticas externas e asociado ao Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster.

    O profesorado é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todos os estudantes. A institución ofrece oportunidades ao profesorado para actualizarse e continuar coa súa formación co obxectivo de

    mellorar a actividade docente. Participación do profesorado en programas de mobilidade. No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos

    á contratación e mellora da cualificación docente e investigadora do profesorado. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Os recursos humanos cos que conta o máster para o seu desenvolvemento cumpren os requisitos necesarios para impartir unha docencia de calidade aos estudantes. O cadro docente está formado por un equipo multidisciplinar de profesorado da USC, que imparte contidos relativos ao turismo nas áreas de : Comercialización e Investigación de Mercados; Organización de Empresas; Xeografía Humana; Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial; Economía Aplicada; Economía Financeira e Contabilidade; Historia da arte; Dereito do Traballo e da Seguridade Social; Psicoloxía Social, Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía de as Ciencias do Compartimento; e Análise Xeográfica Rexional.

    A porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios no curso 2017-18 é elevada (80%) no

  • 25 de 60

    contexto das áreas de ciencias sociais e xurídicas e vén aumentando nos últimos catro anos. A porcentaxe de PDI doutor sobre o total de PDI, é tamén elevada (73,91%), manténdose por riba do 70% nos últimos catro anos En todo caso, cabe destacar a ralentización dos procesos de estabilización e promoción do profesorado nos últimos anos puido provocar que algúns profesores con importante experiencia investigadora non poidan solicitar o sexenio, ao ser necesario contar cun contrato indefinido na Universidade.

    De acordo aos últimos datos dispoñibles, recollidos no Informe E.15 Plan de ordenación docente: información sobre o profesorado, no curso 2016-17 un 68,18% do profesorado do máster ocupa figuras estables (catedrático/a de universidade, profesor/a titular, profesor/a contratado doutor ou profesor/a colaborador). A porcentaxe de PDI funcionario no curso 2017-18 é do 47,83%. Este valor vese afectado polas restricións ás que estivo suxeita a USC relativas á taxa de reposición do profesorado e ás limitacións nos concursos de funcionarios titulares. É de esperar que, a medida que a USC aumente as convocatorias de prazas de profesorado funcionario, a porcentaxe de PDI funcionario que imparte docencia no máster aumente tamén. Por outro lado, no curso 2017-18 o máster conta con varios profesores/as asociados. Os profesores/as asociados son persoas que compaxinan o labor docente con actividades profesionais. É pouco habitual que no futuro ocupen prazas de funcionario, se ben os coñecementos derivados a súa experiencia profesional son interesantes para a formación do alumnado.

    En canto ao número de profesores por alumno, tal e como se sinalou anteriormente cabe sinalar que o tamaño dos grupos é axustado á docencia recibida e ao proposto na memoria.

    Con respecto á satisfacción do profesorado coa docencia impartida, os datos amosan unha satisfacción de 3,95 puntos nunha escala de 1 ao 5.

    O profesorado da USC ten a oportunidade de formarse dentro da propia universidade. A través do Programa de Formación e Innovación Docente a USC pon a disposición do seu PDI unha ampla oferta de actividades formativas orientadas a mellorar a cualificación deste colectivo. Dado que non é preciso recibir formación anualmente para determinadas actividades e non se permite a asistencia a unha mesma actividade formativa en máis dunha ocasión, ten sentido ver a porcentaxe de PDI que asistiu a actividades formativas nun determinado período. Considerando os últimos tres anos, a porcentaxe de PDI que asistiu a actividades formativas é dun 76,98 % (Informe participación do PDI e PAS nos plans de formación).

    O Informe da Enquisa de Satisfacción Media do PDI coas Actividades Formativas Desenvolvidas que a satisfacción global do PDI da USC coa formación recibida no curso 2017-18 é moi elevada (4,39 sobre 5 puntos).

    Os datos subministrados pola Área de Mellora e Calidade dos Procedementos (I.10) amosan tamén que o curso 2016-17 un 13,64% do PDI con docencia no máster participou en programas de mobilidade. Este valor é o máis alto de todas as titulacións impartidas na Facultade de CC Económicas e Empresariais no citado curso.

  • 26 de 60

    4.2.- Persoal de apoio (persoal de administración e servizos, técnicos de apoio á docencia, etc.). O título conta con persoal de apoio suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos. Aspectos a valorar: O persoal de apoio é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todo o persoal docente e estudantes. O persoal de apoio que participa no título conta co nivel de cualificación esixido e é acorde coas previsións que se

    incluíron na memoria verificada. No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos

    á contratación e mellora do persoal de apoio. A institución ofrece oportunidades ao persoal de apoio para actualizarse e continuar coa súa formación co

    obxectivo de mellorar a súa labor de apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe. Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O persoal de apoio (PAS) con que conta o centro no que se imparte o máster é suficiente para o bo funcionamento do Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas e cumpre cos requisitos necesarios para levar a cabo unha xestión adecuada do centro, contando cunha cualificación adecuada para o bo desenvolvemento das súas funcións.

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais conta no curso 2017-18 con 27 persoas de apoio para o correcto desenvolvemento das actividades docentes e investigadoras realizadas no centro e coa biblioteca. Os postos de traballo existentes na actualidade son: Conserxería, no que están 6 persoas (catro auxiliares técnicos informáticos, u oficial de servizos e un conserxe), Secretaría de Decanato, 7 responsables administrativos/as nos diferentes departamentos; unha técnica especialista en informática, un responsable de Asuntos Económicos, unha persoa responsable da unidade administrativa e unha persoa de apoio administrativo. Ademais, existen 9 postos relacionados coa biblioteca. A maior parte do PAS conta con antigüidade no posto.

    En relación ao grao de satisfacción do PAS da facultade co traballo desenvolvido, o valor é elevado no curso 2017-18, alcanzando 4,25 puntos sobre 5. Isto supón un aumento de máis do 27% con respecto ao curso anterior.

    A asistencia do PAS a cursos de formación é necesaria para axudar a unha mellor xestión do centro no que prestan os seus servizos. De acordo ao Informe da Enquisa de Satisfacción Media do PAS coas Actividades Formativas Desenvolvidas, a satisfacción global de todo o PAS da USC coas actividades formativas realizadas foi de 3,99 no 2017, último ano para o que existe información. Ademais, un 84,87% do PAS afirmou que recomendaría os cursos a outras persoas nese ano.

    O Informe de participación de PDI e PAS nos plans de formación amosa a porcentaxe media de PAS que realizou algún curso de formación organizado pola USC no curso 2017-18 é do 67%.

  • 27 de 60

    DIMENSIÓN 2. RECURSOS CRITERIO 5. RECURSOS MATERIAIS E SERVIZOS Estándar: Os recursos materiais e servizos postos a disposición do desenvolvemento do título son os adecuados en función da natureza, modalidade do título, número de estudantes matriculados e competencias a adquirir. Analizar e valorar se os recursos materiais e servizos postos a disposición dos estudantes son os adecuados ás necesidades do título.

    CRITERIOS INDICADOR 2017-18 DESCRICIÓN 2014‐15  2015‐16  2016‐17  2017‐18 

    5 IN33M-PS-03 Grao de satisfacción dos egresados cos servizos (1-5) 3,50   3,33 - 3,92

    5.1.- Os recursos materiais, infraestruturas e servizos postos a disposición dos estudantes e o profesorado son suficientes e adecuados ás características do plan de estudos, ás modalidades de impartición e ás competencias que deben alcanzar os estudantes. Aspectos a valorar: As infraestruturas destinadas ao proceso formativo son as adecuadas en función da natureza e modalidade do

    título. Prestarase especial atención á dispoñibilidade de aulas, salas de estudo, aulas de informática e recursos informáticos, laboratorios, salas de reunións, biblioteca, …

    Os recursos materiais, postos a disposición dos estudantes, son os adecuados en función da natureza e modalidade do título e as competencias a adquirir por eles y coinciden coas previsións que se incluíron na memoria de verificación. Prestarase especial atención á dispoñibilidade de equipamento e material científico, técnico, asistencias e artístico, (dependendo da tipoloxía de ensinanza), …

    Aplicación das normativas de accesibilidade universal e deseño para todos, seguridade, saúde e medio ambiente e coñecemento delas polos axentes implicados.

    Os fondos bibliográficos, recursos documentais,… son suficientes e están actualizados. No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos

    á creación, posta en marcha ou utilización de novas infraestruturas ou servizos externos á Universidade. Os servizos de orientación académica (selección de materias, problemas de aprendizaxe, necesidades especiais,

    aloxamento,…) e orientación profesional postos a disposición dos estudantes son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.

    Os servizos de atención ao estudante (documentación, informes de cualificacións, actas, certificados académicos, tramitación de solicitudes de validacións ou de traslado,..) postos á súa disposición son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.

    Os programas de acollida e apoio ao estudante oriéntano no funcionamento da institución. Tendo en conta as diferentes modalidades de impartición do título, analizase e revísase o grao de adecuación,

    para a consecución das competencias por parte dos estudantes, das infraestruturas tecnolóxicas e servizos tanto no centro responsable do título como, no seu caso, en centros externos (centros de prácticas, empresas, centros asociados, etc.).

    No caso de que o título contemple a realización de prácticas externas, as instalacións onde se realizan son adecuadas para a adquisición das competencias.

    Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Na memoria do título exponse que a Facultade conta cunha infraestrutura cos espazos e equipamentos necesarios para desenvolver as actividades previstas no título que se revisa periodicamente e nas que se acomete o mantemento preciso para conservalos en bo estado de uso. Non constan compromisos incluídos na memoria relativos á creación, posta en marcha ou utilización de novas infraestruturas ou servizos externos á USC.

    A Facultade de CC Económicas e Empresariais está situada nun edificio que dispón das infraestruturas,

  • 28 de 60

    tecnoloxías necesarias para o ensino/aprendizaxe no marco do EEES. Conta cun salón de graos, sala de xuntas equipada con servizo de videoconferencia, 37 aulas de distintas capacidades (maior capacidade:504 persoas; menor capacidade: 30 persoas) e 7 aulas de informática con capacidade para 234 persoas. Dispón de acceso a internet, fixo ou por Wifi , en todo o edificio.

    A Facultade de CC Económicas e Empresariais conta cunha biblioteca propia, con sala de lectura (348 postos), un depósito de monografías e unha hemeroteca (23 postos), 8 terminais para acceso ao catálogo automatizado (CAPEL), fotocopiadora e PC para acceso ás bases de datos en CD-ROM. O alumnado da titulación ten acceso a todos os fondos bibliográficos que oferta a rede de bibliotecas da USC, non só en papel senón tamén en formato electrónico a través de BUGALICIA. No caso da biblioteca da de CC Económicas e Empresariais, os principais fondos de alumnos están colocados en libre acceso na Sala de lectura. Na Hemeroteca poden consultarse os fondos máis recentes de 767 títulos de revistas.

    O edificio está dotado con diferentes locais específicos para o alumnado, incluíndo: 3 salas de traballo, un aula de informática con capacidade para 88 persoas, unha sala wifi con capacidade para 20 persoas, unha sala multiusos, e 7 locais para asociacións de estudantes. Ademais conta con servizo de reprografía, cafetería e comedor.

    Trátase dun inmoble adaptado ás persoas con discapacidade, contando con prazas de aparcadoiro reservadas as persoas con mobilidade reducida, ascensores, costas de acceso, servizos adaptados, portas de dobre folla nas aulas, seminarios, etc. que facilitan a accesibilidade ao edificio sen limitación algunha por razón de deficiencia, discapacidade ou minusvalía.

    A web da Facultade dispón dun directorio propio onde se indica o número de despacho do profesorado para facilitar o acceso a información do alumnado. Tamén se dispón dun acceso con información dos espazos do centro (http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/infraestruturas_servizos.html). Ademais da información sobre infraestruturas, a web do centro inclúe tamén un apartado de Planos da Facultade onde se pode consultar a localización dos despachos dos profesores, das aulas, dos seminarios, das aulas de informática, do Decanato, etc.(http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/ecoade/descargas/varios/espazos_facultade_2018_novembro.pdf) e tamén un apartado de guía para o estudantado (http://www.usc.es/gl/centros/ecoade/modulos/destacados/news_0005.html). Ao mesmo tempo, a Facultade a través de Xescampus estableceu un mecanismo de reserva de espazos accesible desde a secretaría virtual do profesorado.

    Con respecto aos servizos de orientación académica e profesional dispoñibles, a USC conta con diferentes servizos de atención ao estudante que, incluíndo estudantes estranxeiros e egresados (programas de apoio ao estudante como as xornadas de acollida e orientación, plan de acción titorial, programa de mentoring , servizos para visitantes, oficina de apoio a persoas con discapacidade, bolsas e axudas). Estas iniciativas teñen por obxecto lograr, a través dunha atención personalizada ao estudante, a mellora no seu labor de aprendizaxe. Pola súa banda, área a de Orientación Laboral leva a cabo diversas actuacións dirixidas a apoiar e orientar ao

  • 29 de 60

    estudante na procura de emprego, para mellorar o seu empregabilidade e favorecer a inserción laboral, contando así mesmo cunha bolsa de emprego. A Universidade tamén pon ao servizo do alumnado e do profesorado a área de Valorización, Transferencia e Emprendemento. Esta área vai dirixida, entre outros, a emprendedores da comunidade universitaria que teñan interese en pór en marcha un novo proxecto empresarial baseado no coñecemento.

    Unha das posibles saídas laborais dos egresados no máster é precisamente emprender, por iso desde o centro organízanse charlas de emprendemento en colaboración con este servizo da universidade e danse a coñecer e téntanse dinamizar todos os programas de emprendemento que pon en marcha la universidade por ela mesma ou en colaboración con outras entidades, tales como, o Programa ARGOS, o Programa AKADEMIA organizado pola Fundación Bankinter, Iniciativas Emprendedoras Universitarias organizadas pola EOI (Escola de Organización Industrial), o Programa Booster e de RedEmprendia .

    Para facilitarlle ao alumnado que accede por primeira vez á universidade, o centro organiza unha xornada de acollida e orientación. Nela desenvólvense charlas informativas para dar a coñecer a estrutura da Universidade e da Facultade, o seu funcionamento, normativas, actividades, as canles de información, os servizos que oferta, os responsables académicos e as súas funcións. Ademais de explicarlles o funcionamento do centro, da biblioteca e os servizos que ten ao seu alcance, reciben información precisa sobre a localización das distintas dependencias e dos contidos da web do centro e xeneral da USC que están especificamente dirixidos a eles. A esta xornada de acollida común para os estudantes de novo acceso, súmase a presentación que o persoal da Biblioteca realiza deste servizo.

    De igual maneira desenvólvense outras actividades, por exemplo o mes do emprego na facultade (actividades e talleres sobre saídas profesionais, elaboración de currículos, etc.), sesión informativa sobre os Máster relacionados co Grao de ADE que se imparten na USC, así como impartición de conferencias sobre temáticas relacionadas coa orientación profesional e a docencia. Ao mesmo tempo, segundo o Plan de Acción Titorial para os alumnos/as interesados pódeselle asignar un titor, atendendo ás súas necesidades particulares.

    Un modo de poder valorar os recursos materiais e servizos do centro é a satisfacción dos usuarios cos mesmos.

    Os datos recollidos no Informe das enquisas de satisfacción do profesorado coa titulación inclúen a valoración de 5 ítems relativos aos recursos materiais e servizos, incluíndo aulas, laboratorios, espazos dedicados ao estudo do alumnado, fondos bibliográficos, plataformas de docencia virtual e ferramentas multimedia. A media dos 5 ítems é elevada (4,29 puntos sobre 5), superior á media de tódolos másteres da USC (4,08 puntos sobre 5), sen que o valor medio de cada ítem baixe de 4,00 puntos. A valoración os datos Informe das enquisas de satisfacción do alumnado coa titulación, nos 5 ítems relativos aos recursos materiais e servizos (aulas, laboratorios, espazos dedicados ao estudo do alumnado, fondos bibliográficos, plataformas de docencia virtual e ferramentas multimedia) é tamén moi poisitiva no curso 2017-18 (4,50 puntos sobre 5) e mostra un incremento notable (52,09%) con respecto á valoración do curso anterior (2,96 puntos s