INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos...

32
INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en "Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014

Transcript of INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos...

Page 1: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

Máster Universitario en "Estudos Medievais

Europeos: Imaxes, Textos e Contextos"

Curso académico: 2013-2014

Page 2: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEG UIMENTO

DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO

Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos

Códigos identificativos (aplicación Verifica e MEC) 1485/2009

Rama de coñecemento Artes e Humanidades

Universidade solicitante Santiago de Compostela (USC)

Centro responsable das ensinanzas conducentes ao título ou, no seu caso, departamento ou instituto

Facultade de Filoloxía

Centro onde se imparte o título Facultade de Filoloxía e Facultade de Xeografía e Historia

No caso de títulos interuniversitarios, universidade coordinadora e universidade/s participante/s

Responsable do título Da. María José López Couso, Decana da Facultade de Filoloxía

Correo electrónico do responsable do título [email protected]

Curso de implantación do título 2009-2010

Data última acreditación 06/07/2009

Órgano responsable da elaboración do informe anual de seguimento

Comisión Académica do Título

Órgano responsable da aprobación do informe anual de seguimento

Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía

Page 3: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 2 2013-2014

2. INFORMACIÓN PÚBLICA QUE A UNIVERSIDADE FACILITA DE CADA UN DOS SEUS TÍTULOS

Información pública Páxina web da Universidade/Centr o/Título…

Denominación do título http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("información do título")

Número de créditos e duración do título

http://www.usc.es/masteres/gl/masteres/artes-humanidades/estudos-medievais-europeos-imaxes-textos-contextos

Centro responsable do título ou, no seu caso, departamento ou instituto

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("información do título")

Coordinador/a e/ou responsable do título

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("información do título")

Centro/s onde se imparte o título http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("información do título")

No caso de títulos interuniversitarios, universidade coordinadora e universidad/es participante/s

Tipo de ensinanza http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("información do título")

Número de prazas de novo ingreso ofertadas

http://www.usc.es/masteres/gl/masteres/artes-humanidades/estudos-medievais-europeos-imaxes-textos-contextos

Idiomas en que se imparte o título

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("información do título")

Saídas profesionais/Profesións reguladas para as que capacita/Prefil de egreso

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("obxectivos, competencias e saídas profesionais")

Normativa de permanencia http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("plan de estudos")

Memoria vixente do título http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/docofi.html

Obxectivos do título

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("plan de estudos")

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/objs.html

Competencias xerais

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("plan de estudos")

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/objs.html

Competencias específicas http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

Page 4: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 3 2013-2014

&codEstudio=12815&valor=9 ("plan de estudos")

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/objs.html

Criterios de acceso e admisión http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("oferta e admisión")

Procedemento de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/MemSolVer.pdf (Memoria, p. 21)

Plan de acción titorial http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

Perfil de ingreso recomendado http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

Condicións ou probas de acceso especiais, se existen

Programas de mobilidade

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

http://www.usc.es/fac_filoloxia/Mobilidade.html

Curso ponte ou de adaptación (deseño curricular, criterios e condicións de acceso), se existe

Complementos formativos necesarios, en función da formación previa acreditada polo estudante, se fose o caso

Estrutura do programa formativo: denominación do módulo ou materia, contido en créditos ECTS, organización temporal, carácter obrigatorio ou optativo

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("plan de estudos")

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/Marco_materias.html

Horarios http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/horario_cursos.html

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/horario.html

Guías docentes/Programación docente

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/programa_materias.html

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/guias.html

Traballo fin de grao/máster (comisión, convocatorias, etc.)

http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("plan de estudos" e "outra información")

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/fin_master.html

Información sobre as práctivas externas, se as houbera (entidades colaboradoras,…)

Descrición do profesorado (categoría, datos de contacto... )

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/profes.html

http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado.html?ano=64

Descrición doutros recursos humanos necesarios e dispoñibles para o

http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/MemSolVer.pdf (Memoria, pp. 61-62)

Page 5: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 4 2013-2014

desenvolvemento do plan de estudos

http://www.usc.es/fac_filoloxia/administracion.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/pas.html

Aulas e seminarios http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/infraestruturas.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/infraestruturas.html

Laboratorios http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/infraestruturas.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/infraestruturas.html

Salas de informática http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/infraestruturas.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/infraestruturas.html

Salas de estudo http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/infraestruturas.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/infraestruturas.html

Biblioteca http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/

Outros servizos dispoñibles http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/servizos.html

Espazos para os representantes de estudantes

http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/infraestruturas.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/infraestruturas.html

Taxa de graduación http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

Taxa de abandono http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

Taxa de eficiencia http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

Taxa de rendemento http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

Taxa de éxito http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

Taxas de inserción laboral http://www.usc.es/es/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223

&codEstudio=12815&valor=9 ("outra información")

Outras taxas/resultados complementarias que o título fai públicas (Informe institucional resultados Docentia)

https://www.usc.es/es/servizos/calidade/titulosoficiais/datosmasteres.html

Órgano responsable do sistema de garantía de calidade do título http://www.usc.es/fac_filoloxia/sgic.html

Política e obxectivos de calidade http://www.usc.es/fac_filoloxia/sgic.html

Manual e procedementos do SGC

http://www.usc.es/fac_filoloxia/sgic.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/sgic.html

Page 6: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 5 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

1. Descrición do título

Valorarase o criterio de “Descrición do título” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais (anexo I do

Real decreto 1393/2007).

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio 3

Satisfactoria A Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións :

Como xa se vén sinalando nos informes anteriores, o proxecto do Máster xurdiu dun programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a Mención de Calidad do MEC (MCD 2005-00241, BOE 14 xullo de 2005) e a mantivera ininterrompidamente tras superar unha auditoría (BOE, 30 de agosto de 2006) e dous seguimentos (2007 e 2008). A boa aceptación por parte dos licenciados, sobre todo, en Historia da Arte, Historia e diversas Filoloxías, así como o proceso de mellora progresiva que se foi acadando, levou a un grupo importante de docentes das Facultades de Filoloxía e Xeografía e Historia a propoñer a súa conversión nun Máster oficial.

A principal finalidade do Máster consiste en proporcionar unha visión plural e coherente da Idade media europea; de aí que o seu título queira poñer de manifesto o establecemento de interrelacións constantes entre as diversas disciplinas que configuran a oferta académica, desde unha óptica comparada, transversal e integradora, que sitúe os estudantes na encrucillada de diversos dominios do saber para que logo poidan optar conscientemente por unha especialización investigadora sostida nunha preparación sólida e versátil.

Ao tratarse, pois, dun Máster pluridisciplinar e interfacultativo, quérese preservar ese carácter por riba de todo, mesmo en aspectos administrativos. Ese é o motivo polo que, desde o comezo, quedou claro que a coordinación sería rotatoria (cada dous anos) entre os centros implicados. Para facilitar o traballo, a Memoria prevé (p. 19) a figura de dous titores xerais para os alumnos en cada un dos centros; actualmente, na Facultade de Filoloxía desempeñan ese papel os Profs. M. Brea López e M. E. Vázquez Buján, e, na de Xeografía e Historia, os Profs. J. M. Andrade Cernadas e D. Chao Castro. O Regulamento de réxime interno do Máster (http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/RegRexInt.pdf) reitera este principio básico, aclarando que, a efectos administrativos, o Máster queda adscrito á Facultade de Filoloxía (art. 1.1), sendo a figura de coordinador a que rota (art. 22.3); forman parte da Comisión Académica (CA, art. 7.1) os Decanos das dúas Facultades (de feito, presídea a Decana de Filoloxía, en aplicación da normativa vixente); os dous representantes do alumnado na mesma son elixidos cada ano procurando que un deles proceda dunha titulación en Filoloxía e o outro de Historia ou Historia da Arte, e os docentes membros da CA distribúense equilibradamente entre os dous centros. Todo isto contribúe a unha maior implicación de todos os participantes na boa marcha do Máster, e a un mellor funcionamento do mesmo.

Page 7: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 6 2013-2014

Ata o momento, o funcionamento da coordinación rotatoria resulta totalmente satisfactorio, como se pode advertir nas actas das reunións da CA levantadas puntualmente dende a súa creación e onde, se a coordinación corresponde a unha das Facultades, a secretaría é desempeñada por un profesor da outra.

Por outra parte, a participación no Máster dun número moi elevado de docentes de distintas áreas de coñecemento e a colaboración tamén en moitas das materias de profesores de áreas diferentes para dar resposta ao enfoque interdisciplinar que caracteriza o Máster, fan necesaria unha intensificación do labor de coordinación a outros dous niveis, que se vén aplicando: (a) no interior de cada materia o coordinador vela polo equilibrio de contidos do programa coa distribución dos mesmos entre áreas de coñecemento diferentes; (b) o coordinador do Máster (antes de someter os programas e as guías docentes á aprobación da Comisión Académica mantén reunións periódicas cos coordinadores de todas as materias para garantir que non se producen solapamentos entre elas e que os contidos e a adquisición das distintas competencias están distribuídos de forma harmoniosa e organizados de tal maneira que optimicen o traballo dos estudantes.

O obxectivo proposto no relativo a prazas de novo ingreso ofertadas veuse desbordado pola demanda nalgúns dos cursos académicos. A Memoria inicial prevía unha media de matrícula de 10 alumnos por curso académico nos primeiros anos, se ben a CA mostrara a súa disposición favorable a acoller grupos de 15. Na práctica, no curso 2009-10, matriculáronse un total de 17 alumnos a tempo completo. No curso 2010-11, en cambio, o número de matriculados descendeu a 13, dos que un só tiña matriculado o TFM e outra non chegou a renunciar á matrícula, pero nunca asistiu. Esta oscilación foi analizada pola CA, que chegou á conclusión de que o aumento no curso 2009-10 podía estar relacionado coa falta de oferta nas universidades galegas doutros Másteres en Historia da Arte, mentres que a implantación, no curso 2010-11, dun Máster en Lecturas sobre a cidade histórica pode explicar o descenso advertido nese curso, un descenso que foi compensado en parte pola incorporación dun alumno arxentino durante todo o Máster, e unha estudante alemá no primeiro semestre. No curso 2011-2012, sen embargo, a demanda experimentou de novo un ascenso que superou a oferta prevista, ata o punto de que a CA decidiu solicitar unha ampliación no número de alumnos de novo ingreso de 20 a 25, porque había 24 solicitudes que se traduciron logo nun total de 23 matriculados. No curso 2012-13 produciuse un novo descenso de demanda e foron 14 os alumnos matriculados; non obstante, no curso 2013-14 volveu a subir ese número ata 23 e ese ascenso veuse confirmado no presente curso 2014-2015, con 26 alumnos de inicio de estudos. Parece, pois, que o descenso do curso 2012-13 (aínda así, supuxo a matrícula máis elevada nos másteres en Artes e Humanidades da USC dese ano) obedeceu a motivos puntuais que dalgún xeito foron corrixidos nos cursos posteriores, a pesar da posta en marcha de novos Másteres na USC no ámbito tanto da Filoloxía como da Historia e da Historia da Arte. Así pois, os números indican unha consolidación do Máster e que a oferta de 25 prazas agora establecida é adecuada, independentemente das flutuacións de demanda que se poidan producir puntualmente nalgún curso.

Con respecto ao réxime de estudos, hai que continuar sinalando que o tipo de ensino no Máster é presencial, pero que de acordo coa normativa da USC está prevista, en casos

Page 8: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 7 2013-2014

debidamente xustificados, a posibilidade de dispensa oficial de asistencia ás actividades presenciais, adaptando, polo tanto, o sistema de avaliación a esa situación, tal como se fai constar na programación de todas as materias do Máster. No curso 2013-2014 houbo unha alumna que, por razón de traballo, se acolleu a esa posibilidade. Así mesmo, está contemplada a posibilidade de matrícula a tempo parcial, á que se vén acollendo algún estudante todos os cursos: 3 no curso 2012-2013 e 2 no curso 2013-2014. Coa matrícula a tempo parcial e coa dispensa oficial de asistencia ás actividades presenciais conséguese que tamén poidan acceder ao Máster alumnos que xa están desenvolvendo algunha actividade laboral.

Os idiomas nos que se imparten as clases son o galego e o español, se ben se admiten outras linguas segundo a procedencia de alumnos e profesores doutros países.

BOAS PRÁCTICAS 4:

(1) Bo sistema de coordinación do Máster rotatoria entre os dous centros e as diferentes áreas de coñecemento implicados.

(2) Páxina web propia do Máster con toda a información máis relevante.

PROPOSTAS DE MELLORA:

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS:

_____________________ 3 Niveis de valoración:

* Satisfactorio (A) : existen evidencias documentais que apoian a presunción dunha realización ordenada e

sistemática de accións relacionadas co criterio. Ademais desenvólvense dun xeito eficaz, medible e de acordo a unhas

responsabilidades perfectamente definidas.

* Suficiente (B) : existen evidencias documentais acerca da realización de actividades relacionadas co elemento que

permiten supoñer que, polo menos, nos seus aspectos básicos se desenvolven de maneira recorrente e ordenada,

aínda que existan aspectos secundarios non contemplados.

* Insuficiente (C) : existen evidencias puntuais da existencia de contidos relacionados coa cuestión formulada polo

elemento pero non se axustan, na súa totalidade, aos criterios establecidos, non están correctamente definidos ou non

se formulan de maneira sistemática.

* Ausencia de evidencias documentais (D) : non existen evidencias documentais sobre o cumprimento da cuestión

formulada polo elemento ou as que existen son inadecuadas.

4 Enténdese por boa práctica : proxecto, programa, técnica ou medio de xestión, implantado de forma

complementaria/suplementaria ao establecido na memoria de verificación, que cumpre as seguintes características: xera

un impacto positivo no título, podería ser replicado no restos dos títulos, implica un aproveitamento eficaz das

oportunidades, demostra creatividade no seu enfoque dun problema, implica efectivade dos recursos...).

Page 9: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 8 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

2. Xustificación

Valorarase o criterio de “Xustificación” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais (anexo I do Real

decreto 1393/2007) e a directriz de “Política e obxectivos de calidade da formación” do Programa FIDES-AUDIT.

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio

Satisfactoria A Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións :

Tal como se explica no apartado anterior, a proposta do Máster provén, en gran medida, do Doutoramento de calidade A Idade Media. Imaxes, Textos, Contextos (MCD 2005-00241, BOE 14 xullo de 2005). O marco cronolóxico co que contan os estudos medievais, os fundamentos metodolóxicos que os caracterizan e as peculiaridades sociais, estéticas, literarias e ideolóxicas que definen a Idade Media europea son os principios que configuran a oferta específica deste Máster investigador. O sistema universitario español, organizado a través de plans de estudo excesivamente especializados en áreas de coñecemento, orixinou no campo das Humanidades a presenza de graduados con considerables deficiencias na súa formación pola escasa presenza de materias interdisciplinares. Por iso un grupo de profesores das Facultades de Xeografía e Historia e de Filoloxía da USC decidiron continuar un programa de colaboración intercentros e interdepartamental que permita aos graduados do SUG (ou doutras universidades) dun ámbito concreto iniciarse nas tarefas de investigación desde perspectivas de estudo complementarias.

Un bo indicador da xustificación do título está non só na cantidade de alumnos matriculados, xa recollida no apartado anterior, senón tamén na diversidade de titulación dos alumnos matriculados cada curso, na elevada nota media de entrada que posúen todos os alumnos e, por suposto, no ingreso cada curso no Máster de estudantes procedentes de Universidades distintas da USC, tanto españolas como estranxeiras. No curso 2013-2014 cursaron o Máster 1 alumno procedente da Universidade de Cambridge (Reino Unido), 1 procedente da Univ. Autónoma de Barcelona e 1 procedente da Univ. de Oviedo. No relativo á titulación de procedencia houbo: 9 titulados en Historia, 6 titulados en Historia da Arte, 7 titulados en Filoloxía (3 en Hispánica, 2 en Clásica, 1 en Portuguesa e 1 en Románica), e 1 titulado en Musicoloxía.

Confírmase tamén como adecuada a oferta de materias optativas (7 materias, das que cada alumno debe escoller 3), suficientemente completa e variada para dar cabida aos principais aspectos de interese dos estudos medievais. Cada curso o reparto da escolla entre cada unha desas materias soe ser bastante equitativo, salvo pequenas desviacións, que en xeral parecen ser debidas a unha maior coincidencia de intereses en cada curso concreto. Así por exemplo, no curso obxecto do informe destacan un pouco dúas materias relacionadas con aspectos especialmente importantes na cidade que acolle a USC e que habitualmente veñen sendo das máis escollidas: "A Igrexa e a Espiritualidade Medieval" e "Viaxes e Peregrinacións". En cambio, unha materia que en cursos anteriores era tamén das máis solicitadas ("Mitos e

Page 10: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 9 2013-2014

Figuras"), neste curso baixou un pouco en número de alumnos matriculados. Tense tamén comprobado que o horario das materias acaba influíndo ás veces na escolla de optativas; por esa razón adoptouse o método de ir rotando cada curso os horarios das materias optativas. Por outra parte, a materia "Feudalismo, Territorio e Poder", que o curso pasado experimentara unha demanda menor, quizais debido a algún desaxuste na proposta interdisciplinar de contidos (tal como se sinalaba no informe relativo ao curso pasado), no presente curso, unha vez corrixidos eses desaxustes, recuperou a matrícula habitual media. Na táboa seguinte recóllense os datos concretos sobre o número de alumnos matriculados en cada materia optativa:

Nome Nº matriculados

A Escritura e o Escrito na Idade Media 9

A Igrexa e a Espiritualidade Medieval 16

Feudalismo, Territorio e Poder 7

Mitos e Figuras no Imaxinario Medieval 6

O Mundo Clásico na Idade Media 9

Sociedade Medieval e Cultura Cortés 9

Viaxes e Peregrinacións na Idade Media

14

No tocante aos contactos mantidos con organismos cos que se fixeron consultas externas, cómpre sinalar que estes se intensificaron o último ano de cara a prolongar os estudos de Máster no programa de doutoramento da USC en "Estudos Medievais" que culmina, dende o punto de vista investigador, na formación dos nosos alumnos. Estes contactos deron moi valiosos resultados en acordos de colaboración para a mobilidade estudantil xa sinalados en informes anteriores: CSIC, Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, Universidades de Poitiers, Florencia e Milán.

BOAS PRÁCTICAS:

(1) Oferta dun programa de doutoramento de "Estudos Medievais" na USC que da continuidade natural aos estudos do Máster e que desde a súa implantación no curso 2012-2013 está recollendo unha boa parte dos egresados do Máster ademais de acoller alumnos procedentes doutros Másteres.

PROPOSTAS DE MELLORA:

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS:

Page 11: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 10 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

3. Competencias

Valorarase o criterio de “Competencias” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais (anexo I do Real

decreto 1393/2007) e a directriz de “Obxectivos do plan de estudos” do Programa FIDES-AUDIT.

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio

Satisfactoria A Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións :

Obxectivo prioritario do Máster é, como se vén sinalando repetidamente, que a adquisición de competencias xerais e específicas recollidas na Memoria do título se faga tendo moi en conta o carácter multidisciplinar e interdisciplinar do Máster. Así pois, a Comisión Académica, coa colaboración dos coordinadores de cada materia, vela especialmente por que na organización dos contidos e na planificación do sistema de avaliación das distintas materias se recollan aspectos homoxéneos e transversais que respondan ás competencias previstas, e tamén por que cada materia contribúa á adquisición desas competencias, esixindo ao alumno un esforzo equilibrado de acordo coa carga equivalente aos 6 créditos de todas as materias. Nese senso, no caso das materias que contemplan como parte da avaliación a realización dun traballo monográfico estableceuse a recomendación explícita de realización dun único traballo por materia e establecéronse uns criterios xerais básicos comúns para a elaboración dese traballo.

Nos Traballos Fin de Máster búscase tamén que cada resultado dunha investigación concreta teña sempre presente o enfoque interdisciplinar do Máster. As indicacións facilitadas aos estudantes sobre a realización do TFM (http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/fin_master.html) insisten claramente nese sentido.

É necesario destacar que, a pesar de que as prácticas externas non forman parte do programa formativo obrigatorio do Máster, en varias materias realízanse actividades prácticas externas en visitas a arquivos, bibliotecas, museos ou monumentos. Esas actividades resultan altamente satisfactorias para os estudantes e contribúen a unha mellor adquisición de varias das competencias definidas para o Máster.

En xeral, o grao de interese e de adquisición das competencias é altamente satisfactorio, como se comproba cos resultados das cualificacións das distintas materias e coas enquisas de satisfacción realizadas a alumnos e profesores. No tocante ás cualificacións, a taxa de éxito foi do 98,45% e poden servir como bo indicador os resultados do TFM: dos 16 traballos defendidos (ademais dos alumnos a tempo parcial, algúns alumnos decidiron deixar a defensa do TFM para a convocatoria de febreiro), 1 acadou matrícula de Honra (10,00), 10 recibiron Sobresaliente (2 con 10,00, 3 con 9,50, e 5 con 9,00) e 5 acadaron Notable (3 con 8,50, 1 con 8,00, e 1 con 7,00). Polo que respecta ás enquisas, a satisfacción global do alumnado coa docencia recibida acadou unha valoración de 4,20 sobre 5,00 (fronte a 3,83 na media da USC e

Page 12: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 11 2013-2014

a 3,94 na media da área de Artes e Humanidades), e a satisfacción global do profesorado coa docencia impartida tivo unha valoración de 4,25 sobre 5,00. No segundo caso a valoración mantense na boa cualificación de anos anteriores; no primeiro caso cómpre destacar que, dentro da boa valoración xeral, vénse producindo nos últimos cursos un aumento progresivo: 3,80 no curso 2011-2012, e 4,00 no curso 2013-2014. Sen dúbida, nese aumento tivo que ver o esforzo de coordinación interdisciplinar ao que se fixo referencia.

Os resultados da satisfacción global por materias son os seguintes:

Materia Media

A Escritura e o Escrito na Idade Media 4,69

A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social 3,37

A Igrexa e a Espiritualidade Medieval 4,25

Arte Medieval Europea 4,68

Cultura Escrita en Latín na Idade Media 4,42

Feudalismo, Territorio e Poder 4,23

Fundamentos Metodolóxicos e Novas Tecnoloxías 4,29

Literatura Medieval en Linguas Vernáculas 4,72

Mitos e Figuras no Imaxinario Medieval 4,07

O Mundo Clásico na Idade Media 4,52

Sociedade Medieval e Cultura Cortés 4,30

Viaxes e Peregrinacións na Idade Media 4,42

Quizais chame a atención a valoración nunha das materias un pouco menor da media. Convén, de todas formas, sinalar que nesta materia se veñen realizando esforzos por mellorar os seus resultados e que esa materia experimentou unha subida na valoración de 0,5 puntos respecto ao curso anterior. No curso 2012-2013 detectáronse algúns desaxustes na organización do desenvolvemento da materia, que os alumnos atribuíron principalmente a fallos de coordinación; así pois, desde a coordinación do Máster e desde a coordinación da materia tomáronse as medidas oportunas para salvar eses desaxustes, as cales xa deron, como se ve, algúns resultados. Haberá, non obstante, que seguir mellorando na coordinación e organización da materia, como de feito xa se está facendo no curso actual mediante, entre outras cousas, unha redución no número de profesores encargados dela.

BOAS PRÁCTICAS:

(1) Atención ao equilibrio interdisciplinar en todas as materias que non son específicas.

(2) Realización nalgunhas materias de actividades prácticas externas en visitas a arquivos, bibliotecas, museos ou monumentos, a pesar de que as prácticas externas non forman parte do programa formativo obrigatorio do Máster.

Page 13: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 12 2013-2014

PROPOSTAS DE MELLORA:

AM-1: Intensificar o traballo de coordinación na materia "A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social".

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS:

Page 14: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 13 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

4. Acceso e admisión de estudantes

Valorarase o criterio de “Acceso e admisión de estudantes” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais

(anexo I do Real decreto 1393/2007) e a directriz de “Política e procedementos de admisión” do Programa FIDES-

AUDIT.

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio

Satisfactoria A Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións :

Segundo se recolle na Memoria do título, este Máster está primordialmente orientado a estudantes que procedan das titulacións de Historia, Historia da Arte e Filoloxía. De todos os xeitos, tanto a súa estrutura curricular como o feito de que sexa unha oferta única no SUG pode permitir que nel se matriculen graduados doutras titulacións do campo das Humanidades ou das Ciencias Sociais que desexen completar a súa formación investigadora no ámbito dos estudos medievais, sempre que esas titulacións estean organizadas nun sistema que acredite ter cursado un mínimo de 240 créditos ou que o alumno os adquira mediante estudos complementarios no ámbito das Humanidades ou das Ciencias Sociais. Incluso na Comisión Académica do Máster estudouse a posibilidade de ampliar a admisión de estudantes aos procedentes de calquera das ramas do saber. Como esta modificación supón una variación da memoria orixinal do título, haberá que introducila cando se elabore a proposta de modificación do título que se mencionaba na acción de mellora AM-4 do informe do curso pasado como prevista para o curso 2014-2015 (e que, polo tanto, se volve recoller aquí), despois de realizada a renovación da acreditación. Esa proposta de modificación poderá ser máis ampla, xa que se ten pensada a posibilidade de introducir no Máster un aspecto profesionalizante, así como un réxime de estudos semipresencial baseado en docencia virtual.

O perfil de ingreso recomendado vese confirmado polo ingreso real. A maioría do alumnado procede das titulacións definidas como primordiais (véxanse os datos ofrecidos no apartado "xustificación"), pero tamén se matriculan algúns alumnos procedentes doutras titulacións de Humanidades ou de Ciencias Sociais: 1 alumno de Xornalismo no curso 2010-2011, 1 alumno de Socioloxía no 2011-2012, 1 alumno de Musicoloxía no 2013-2014. Tamén xa se comentou en informes anteriores o interese en cursar o Máster manifestado por alumnos titulados en Ciencias, pero atraídos polos estudos medievais, o que levou a pensar na modificación antes sinalada para permitir a admisión no Máster de estudantes procedentes de todas as ramas de coñecemento.

Os mecanismos de captación son principalmente tres: 1º) A Facultade de Filoloxía organiza no mes de abril de cada curso unha xornada informativa sobre oferta de Másteres dirixida aos estudantes de último curso dos Graos. 2º) A USC distribúe carteis publicitarios coa información básica sobre o Máster. 3º) Para unha maior difusión, sen dúbida xoga un papel fundamental a información publicada na páxina web da USC; neste sentido, atendendo a recomendacións de mellora feitas (cf. AM-6 do informe do curso 2012-2013), na páxina web da USC deuse unha

Page 15: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 14 2013-2014

maior e máis clara visibilidade a toda a información relacionada con Másteres (http://www.usc.es/masteres/). Os resultados son satisfactorios, tanto no número de alumnos matriculados xa comentado (no apartado "descrición do título"), como na captación de estudantes de fóra da USC, sexa doutras universidades de Galicia e de España (A Coruña, Vigo, Oviedo, Cantabria, León, Salamanca, Complutense, Autónoma de Barcelona, Huelva), sexa doutras universidades de fóra de España (Alemania, Italia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Argentina).

Para a acollida aos estudantes organízase no comezo do curso unha xornada de recepción na que participan o coordinador do Máster e os coordinadores das distintas materias. Nesa xornada infórmase dos aspectos principais do Máster e das características básicas de todas as materias, e aclárase calquera dúbida que os alumnos poidan ter.

Véñense sinalando repetidamente as distorsións que provoca un calendario académico que fai coincidir en setembro a segunda convocatoria de defensa dos Traballos fin de grao do curso anterior co comezo das clases do curso seguinte. Debido a iso algúns dos alumnos que acceden ao Máster non poden matricularse oficialmente ata os últimos días de setembro ou primeiros de outubro. Ante esa situación que non depende, evidentemente, da coordinación do Máster, a Comisión Académica adoptou a boa práctica de retrasar ata a terceira semana de setembro o inicio das actividades presenciais e de facilitar que os alumnos que aínda non puideron formalizar a matrícula poidan ir asistindo ás clases, ou que os alumnos que se incorporan un pouco máis tarde poidan recuperar a parte perdida e adaptarse ao ritmo normal das materias.

Non se dispón aínda neste momento de datos cuantitativos relativos ao grao de satisfacción de alumnos e profesores en relación con este apartado. En todo caso, a percepción xeral entre alumnado e profesorado é moi positiva respecto á información ofrecida sobre o Máster e respecto á diversidade de procedencia dos alumnos.

BOAS PRÁCTICAS:

(1) Realizar unha xornada informativa sobre o Máster para alumnos do último curso dos Graos.

(2) Organizar un acto de recepción dos alumnos no inicio do curso.

(3) Facilitar a incorporación de alumnos que se matriculan durante o mes de setembro.

PROPOSTAS DE MELLORA:

AM-2: Solicitude dunha modificación na memoria do título para permitir a admisión de estudantes procedentes de todas as ramas de coñecemento interesados nos estudos medievais.

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS:

Page 16: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 15 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

5. Planificación das ensinanzas

Valorarase o criterio de “Acceso e admisión de estudantes” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais

(anexo I do Real decreto 1393/2007) e a directriz de “Política e procedementos de admisión” do Programa FIDES-

AUDIT.

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio

Satisfactoria A Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións :

O Máster consta dun total de 60 ECTS, distribuídos en 2 semestres. No primeiro semestre o alumno cursa as 5 materias obrigatorias (30 ECTS), mentres que o segundo está destinado aos 18 ECTS de 3 materias optativas e á elaboración do TFM (12 ECTS). As materias obrigatorias pretenden cubrir cuestións xerais e básicas relativas a metodoloxía, historia, arte, lingua e literatura en latín ou en linguas vernáculas no Medievo. Nas 7 materias optativas que se ofertan búscase atender con enfoques interdisciplinares e transversais a aspectos fundamentais na Idade Media: escritura, relixiosidade, feudalismo, herdanza clásica, mitos, viaxes e peregrinacións, ou territorio e poder. Como xa se comentou no apartado "xustificación", todas as materias optativas teñen unha boa acollida entre os estudantes.

As guías docentes coa descrición detallada de todos os aspectos (obxectivos-competencias, contidos, bibliografía, metodoloxía docente, sistema de avaliación, desenvolvemento de actividades) son publicadas con tempo suficiente a finais do curso anterior, para que o alumno poida ter toda a información con anterioridade ao momento da matrícula. Nesas guías trata de recollerse a homoxeneidade, o equilibrio e o carácter interdisciplinar resultado da necesaria e grande coordinación da que se fala nos apartados "descrición do título", "xustificación" e "competencias".

A satisfacción de alumnado e profesorado co desenvolvemento da planificación das ensinanzas é moi boa, segundo o poñen de manifesto os resultados de satisfacción global xa máis arriba mencionados (no apartado "competencias"): 4,20 sobre 5,00 no caso do alumnado, e 4,25 sobre 5,00 no caso do profesorado. Mesmo son un pouco máis positivas as valoracións globais nas preguntas das enquisas de satisfacción que teñen que ver máis directamente coa planificación e o desenvolvemento das materias:

Pregunta Media

Explica a programación da materia e os criterios de avaliación ao comezo

da súa actividade docente 4,50

Page 17: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 16 2013-2014

Cumpre co programa e o plan de traballo previsto 4,32

Organiza ben as clases e explica con claridade facilitando a comprensión

da materia 4,13

Resolve as dúbidas que se lle formulan (clase, titorías, aula virtual, correo

electrónico,...) 4,30

A axuda recibida nas titorías foime de utilidade 4,27

Tamén nas enquisas de satisfacción dos estudantes as respostas á pregunta concreta sobre coordinación nas materias deron como resultado unha valoración que confirma a evolución ascendente de anos anteriores e que se sitúa xa en 4,10. Pola súa parte, a valoración do profesorado é igualmente moi positiva tanto na coordinación no interior de cada materia (4,57/5,00) como entre as distintas materias (4,29/5,00). Haberá que manter e mesmo seguir reforzando ese esforzo na coordinación.

Debido a que tan só nunha materia estaba prevista a realización de exame final como método de avaliación e a que nesa materia se fixaba a data para o exame de acordo cos alumnos, non se consideraba necesario publicar un calendario de exames completo. Non obstante, atendendo a unha recomendación recollida no informe final do curso 2012-2013, para o curso 2014-2015 procedeuse xa a publicar un calendario completo de exames finais.

Polo que respecta ao desenvolvemento do TFM, a Comisión Académica xa no inicio de implantación do Máster elaborou e puxo a disposición de alumnos e profesores un regulamento sobre a realización e a defensa dos Traballos (http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/fin_master.html), que veu permitindo a correcta organización de todo o proceso. Nesa organización a experiencia permitiu axustar dous aspectos: contar con un único tribunal avaliador para todas as convocatorias do mesmo curso, xa que iso permite unha avaliación máis homoxénea e que sexa ese tribunal o encargado de outorgar a(s) Matrícula(s) de Honra; organizar en xuño e xullo as dúas oportunidades de defensa en lugar de colocar a segunda en setembro, vistos os resultados negativos que na convocatoria de setembro se produciron o primeiro ano.

Será necesario, non obstante, que a Comisión Académica modifique o mencionado regulamento de TFM, para recoller nel un protocolo claro relacionado coa entrega, custodia e arquivo dos TFMs de acordo coa nova "Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster" da USC (cf. http://www.usc.es/gl/normativa/xestionacademica/index.html).

Por outra parte, o Máster conta xa con interesantes convenios de mobilidade Erasmus con universidades de Roma, Nápoles, Perugia, Salerno, París e Toulouse (cf. http://www.usc.es/gl/perfis/internacional/mobilidade/index.html) e é obxectivo da Comisión Académica establecer máis convenios con outros centros de referencia dos estudos medievais. Na xornada de presentación infórmase aos alumnos da existencia dese programa de

Page 18: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 17 2013-2014

mobilidade, a Facultade de Filoloxía organiza a principios de curso unha xornada específica sobre mobilidade e hai información completa ao respecto na páxina web da USC (cf. http://www.usc.es/gl/perfis/internacional/index.html). Non obstante, nos últimos cursos ningún alumno participou nese programa. A razón que principalmente se aduce para ese feito é que resulta moi difícil encaixar unha estancia dun semestre nun centro estranxeiro dentro duns estudos organizados nun só curso. Sen dúbida haberá que continuar informando sobre as vantaxes do programa de mobilidade e sobre a posibilidade de encaixar mellor esa mobilidade planificando o alumno a realización do Máster en dous cursos.

BOAS PRÁCTICAS:

(1) Coordinación efectiva no interior de cada materia e de todas as materias entre si para garantir o necesario equilibrio interdisciplinar.

PROPOSTAS DE MELLORA:

AM-3: Modificación do regulamento sobre defensa de TFM para incluír un novo protocolo de entrega e arquivo.

AM-4: Fomentar a participación de alumnos nos programas de mobilidade.

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS:

Page 19: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 18 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

6. Recursos humanos

Valorarase o criterio de “Persoal académico” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais (anexo I do

Real decreto 1393/2007) e a directriz de “Garantía da calidade do persoal académico e de administración e servizos” do

Programa FIDES-AUDIT.

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio

Satisfactoria A Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións :

Dado o seu carácter multidisciplinar, o Máster conta coa participación dun grande e variado número de Persoal Docente e Investigador: 34 profesores de 12 áreas de coñecemento distintas no curso 2013-2014. Trátase de PDI altamente experimentado e cualificado no campo dos estudos medievais, avalado por un alto número de quinquenios e sexenios obtidos, así como de proxectos de investigación acadados en convocatorias competitivas, tal como se pon de manifesto na seguinte estatística e se pode verificar en http://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-126-191-196:

Porcentaxe de PDI a tempo completo con sexenios por PDI a tempo

completo con quinquenios

85,30

Porcentaxe de PDI funcionario a tempo completo 82,35

Os datos básicos do profesorado constan nas guías docentes das materias, e os datos máis completos están dispoñibles nas páxinas web dos centros (http://www.usc.es/gl/centros/; véxase tamén http://www.usc.es/fac_filoloxia/Profesorado.html) e dos departamentos implicados no Máster (http://www.usc.es/gl/departamentos/).

Unha grande parte do profesorado realizou cursos de formación, sobre todo dentro do "Programa de formación e innovación docente" da USC (http://www.usc.es/gl/servizos/pfid/), e asistiu principalmente a cursos relacionados coa plataforma Moodle e a súa nova versión, xa que todas as materias do Máster fan uso do Campus Virtual da USC. Ademais da oferta xeral dese Programa, na Facultade de Filoloxía organizáronse un curso específico sobre "Melloras na xestión das aulas virtuais en Moodle 2.5" (PFID.13tic.22) e un curso sobre "Obradoiro de emprego de redes sociais para a docencia en galego: Facebook e Twitter" (PFID.13snl-04). A satisfacción global do profesorado da USC cos cursos recibidos durante o ano 2013-2014 foi de 4,42 sobre 5. E na enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida no curso 2013-2014 o 93 % manifesta estar interesado en recibir formación de apoio á mellora da docencia, sobre todo no relativo ás novas tecnoloxías aplicadas á docencia.

Cómpre tamén sinalar que algúns profesores do Máster forman parte da Cátedra Jean Monnet,

Page 20: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 19 2013-2014

baixo o título de “The Culture of European Integration”. Nestes momentos é a única cátedra en toda a UE dedicada ao papel da literatura e a cultura na integración europea. A Cátedra inclúe unha vertente docente na USC, asociada ao ensino nos graos de linguas e literaturas, e unha vertente de investigación. E precisamente a sección actualmente máis activa desta Cátedra é o Seminario de Estudos hispano-medievais (http://seeshispmed.wordpress.com/), que organiza múltiples actividades relacionadas co ámbito de estudo do Máster.

É obxectivo da Comisión Académica ir incorporando ao Máster novos profesores da USC que traballen sobre a Idade Media e poder contar ocasionalmente coa colaboración de docentes de recoñecido prestixio doutras Universidades e Centros de Investigación nacionais e estranxeiros. Neste sentido e dando resposta ás propostas de mellora AM-9 e AM-10 do informe do curso 2012-2013, a Comisión Académica acordou solicitar na Programación Docente Anual da USC para o curso 2014-2015 e posteriores a incorporación en todas as materias do Máster da área de Filoloxía Francesa e dunha área xeral denominada "área externa" que permita, segundo a normativa, a inclusión de calquera profesor invitado.

Todo o Persoal de Administración e Servizos (en Decanatos, Departamentos, Conserxerías e Bibliotecas) dos dous centros nos que se imparte o Máster colabora directamente co desenvolvemento do título. Pola súa parte, os servizos de matrícula e xestión do alumnado están na USC centralizados en Unidades de Xestión Académica independentes dos centros. Trátase de persoal tamén altamente cualificado, que colabora eficazmente co Máster nas correspondentes tarefas e que participa activamente en programas de formación, tal como pode comprobarse nos datos xerais que ofrece a USC: (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrcalidade/descargas/grao2012/2012-10-30_Satisfacion_Formacion_PDI_PAS.pdf). A satisfacción global do PAS da USC cos cursos realizados durante o ano 2013 foi de 4,10 sobre 5.

BOAS PRÁCTICAS:

(1) Participación do PDI e do PAS en cursos de formación.

(2) Incorporación da aula virtual na actividade docente.

(3) Implicación de novos profesores no proxecto multidisciplinar.

PROPOSTAS DE MELLORA:

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS:

Page 21: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 20 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

7. Recursos materiais e servizos

Valorarase o criterio de “Recursos materiais e servizos” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais

(anexo I do Real decreto 1393/2007) e a directriz de “Garantía da calidade dos recursos materiais e servizos” do

Programa FIDES-AUDIT.

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio

Satisfactoria A Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións :

Os recursos materiais e servizos existentes na USC son adecuados para garantir o correcto desenvolvemento das actividades planificadas no Máster.

Todas as aulas da Facultade de Filoloxía e da Facultade de Xeografía e Historia están equipadas con ordenador, proxector, conexión a internet e cobertura wifi, e moitas delas contan tamén con encerados electrónicos. Ademais diso, os dous centros contan con aulas de informática con ordenadores (20 en Filoloxía e 26 en Xeografía e Historia) e conexión de internet para uso libre dos alumnos. A pesar das carestías económicas dos últimos anos, os respectivos equipos directivos veñen dedicando un notable esforzo a manter debidamente mantidos e actualizados todos eses servizos. Neste sentido, cómpre mencionar a posta en marcha en setembro de 2013 na Facultade de Filoloxía dunha segunda sala de videoconferencia debidamente equipada, que permite ata 32 conexións simultáneas.

Un servizo fundamental para o Máster é a Biblioteca da USC coas súas diferentes sedes e os numerosos e útiles servizos e ferramentas que ofrece para alumnos e profesores. En concreto, as bibliotecas das dúas Facultades implicadas contan con amplas salas de lectura (480 postos en Filoloxía e 428 en Xeografía e Historia) e posúen ricos fondos bibliográficos tanto en monografías como en revistas. Certo é que a mencionada difícil situación económica provocou que nos últimos anos os orzamentos centrais da USC non puidesen dedicar os recursos necesarios habituais a dotación bibliográfica (a parte que se veu máis afectada foi a correspondente a publicacións periódicas) e soamente un esforzo extraordinario por parte dos centros e dos seus grupos de investigación permitiu manter un ritmo básico de adquisición. Os datos concretos poden verse no seguinte cadro sobre fondos bibliográficos (cf. http://www.usc.es/gl/goberno/vrcalidade/datoscalidade.html):

Facultade de Filoloxía En papel Electrónicos Ano Monografías Periódicas

(1) Material non

librario Periódicas Bases

de datos

2009 168.466 2.475 (840) 4.466 50 3 2010 182.310 2.685 (838) 4.519 64 6 2011 186.759 2.652 (845) 5.241 100 6 2012 190.388 2.671 (761) 2.300 100 2 2013 193.517 2.764 (716) 2.328 12 0

Page 22: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 21 2013-2014

Facultade de Xeografía e Historia 2009 114.990 2.477 (664) 3.105 31 0 2010 121.822 2.606 (704) 172 30 0 2011 124.113 2.844 (942) 1.783 41 0 2012 125.959 2.732 (522) 4.138 22 0 2013 129.344 2.780 (428) 4.175 13 0

(1) Entre parénteses recóllese o número de publicacións periódicas activas

As respostas dos estudantes ás dúas preguntas relacionadas con recursos nas enquisas de satisfacción poñen en evidencia unha valoración global moi positiva respecto aos recursos e materiais utilizados:

Pregunta Media

O material de apoio (bibliografía, textos, exercicios, manuais de prácticas,...) resúltame útil para a preparación da materia

4,29

Os recursos didácticos empregados reforzan a comprensión da materia (soportes multimedia, aula virtual, TICs, encerado, actividades prácticas e complementarias, guía docente, mapas conceptuais, esquemas, cadros, fotocopias, materiais de laboratorio,...)

4,24

E o mesmo cabe dicir da valoración do profesorado:

Pregunta Media

O material e servizos de apoio á docencia existentes na Universidade (fondos bibliográficos, fondos audiovisuais, aulas virtuais, aulas de informática, espazos de traballo,...) son axeitados para o desenvolvemento da materia

4,29

No centro, conto cos recursos necesarios (soportes multimedia, TICs, aulas e/ou laboratorios,...) para a docencia

4,29

BOAS PRÁCTICAS:

(1) Introducir ao estudante no manexo dos recursos bibliográficos e electrónicos máis axeitados e útiles para o estudo da Idade Media, aproveitando as posibilidades que ofrecen, sobre todo, a Biblioteca e as aulas de informática da USC.

PROPOSTAS DE MELLORA:

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS:

Page 23: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 22 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

8. Resultados previstos

Valorarase o criterio de “Resultados previstos” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais (anexo I do

Real decreto 1393/2007) e as directrices de “Análise e utilización dos resultados para a mellora dos programas

formativos” e “Publicación da información e rendición de contas sobre os programas formativos” do Programa FIDES-

AUDIT.

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio

Satisfactoria A Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións :

Os datos recollidos na táboa incluída máis abaixo amosan uns resultados claramente positivos e estables ao longo dos cursos, e superan mesmo as previsións optimistas recollidas na Memoria do título. Incluso as pequenas desviacións respecto ao máximo posible na maioría dos indicadores (rendemento, avaliación, graduación, eficiencia, abandono) poden ser xustificadas polo feito de que algúns dos alumnos matriculados no Máster están xa traballando e planifican a realización dos seus estudos en máis dun curso académico (algúns acolléndose tamén, como queda dito, á matrícula a tempo parcial), deixando, por exemplo, a defensa do TFM para a convocatoria de febreiro.

Convén, non obstante, comentar o descenso nalgúns dos indicadores no curso 2013-2014 respecto a cursos anteriores. A taxa de éxito deixou por primeira vez de ser do 100% debido a 1 Suspenso nunha das materias. A taxa de rendemento, é dicir, a relación entre créditos matriculados e créditos superados, e a taxa de avaliación, isto é, a relación entre créditos matriculados e créditos presentados, víronse reducidas principalmente por unha razón: dúas alumnas, irmás, por razóns persoais tiveron que abandonar a realización do Máster unha vez iniciado o curso; ambas as dúas volveron matricularse no presente curso.

Xa no apartado "competencias" se comentou o alto grao de satisfacción global de alumnado e profesorado co desenvolvemento das actividades docentes do Máster e se destacou a progresión ascendente que se vén producindo na satisfacción dos estudantes.

2009-10 2010-11 2011-12 2012-13 2013-14

Taxa de rendemento 96,5 85,2 98,6 96,9 84,1

Taxa éxito 100 100 100 100 98,5

Taxa avaliación 96,5 85,2 98,6 96,9 85,4

Taxa de graduación 100 90,0 95,5 94,1 91,7

Duración media dos estudos 1,0 1,2 1,1 1,1 1,1

Eficiencia dos titulados 100 96,2 99,1 98,4 95,8

Page 24: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 23 2013-2014

Taxa de abandono 0 0 10,0 0 0

Satisfacción do estudantado coa docencia recibida

5,1 (/7) 5,4 (/7) 3,8 (/5) 4,0 (/5) 4,2 (/5)

Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

4,3 (/5) 4,4 (/5) 4,3 (/5)

Unha saída natural para moitos dos alumnos que cursan o Máster é matricularse no programa de doutoramento "Estudos Medievais" organizado polas mesmas áreas de coñecemento que dan soporte ao Máster. Actualmente están matriculados no programa de doutoramento 31 alumnos, o que supón o 30% do total de alumnos que cursaron o Máster. Este dato demostra claramente a adecuada complementariedade entre ambos estudos.

BOAS PRÁCTICAS:

Véxanse os apartados "competencias" e "planificación das ensinanzas".

PROPOSTAS DE MELLORA:

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS:

Page 25: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 24 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

9. Sistema de garantía da calidade

Valorarase o criterio de “Sistema de garantía de calidade” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais

(anexo I do Real decreto 1393/2007) e o Sistema de Garantía da Calidade (SGC) do Centro.

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio

Satisfactoria A Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións :

O SGIC da Facultade de Filoloxía foi aprobado na segunda convocatoria da ACSUG (26/04/2010) e o da Facultade de Xeografía e Historia foi aprobado na terceira (10/05/2011). No ano 2013 a USC puxo en marcha a implantación nos centros dunha aplicación informática, denominada AASX, que ten como finalidade xestionar de forma máis eficaz os sistemas de calidade. Ao mesmo tempo levouse a cabo unha revisión do sistema marco dos SGIC despois da experiencia de anos anteriores, cos seguintes obxectivos:

a) Revisar os procesos, actualizalos e simplificalos.

b) Facer máis explícita a relación entre o seguimento dos títulos e o sistema de calidade dos centros.

c) Facer máis explícita a relación de evidencias requiridas especificamente polo SGIC, diferenciándoas das derivadas dos procesos de xestión incluídos no Sistema.

d) Reducir o número de indicadores.

e) Integrar nun documento simplificado o contido do manual do SGIC do centro, de forma que sexa doado manexalo, utilizalo e actualizalo.

Así pois, as dúas Facultades implicadas no título elaboraron e puxeron en marcha tamén no curso 2013-2014 os respectivos Manuais Simplificados do SGIC, que permiten unha xestión máis áxil e eficaz de todos os procesos de control da calidade; véxase:

http://www.usc.es/fac_filoloxia/sgic.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/sgic.html

Xa se comentou en informes anteriores que non se considerou necesario, nin sequera oportuno (suporía complicar a estrutura de xestión do título), crear unha comisión de calidade intercentros específica para o Máster. Coa presenza dos dous decanos e de profesorado dos dous centros na Comisión Académica, esta está xestionando perfectamente o control de calidade e traslada os resultados á Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía, como centro responsable do Máster.

Page 26: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 25 2013-2014

BOAS PRÁCTICAS:

(1) Posta en marcha do Manual Simplificado do SGIC e da aplicación informática AASX, que permiten unha xestión máis áxil e eficaz do control de calidade do Máster.

PROPOSTAS DE MELLORA:

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS:

Page 27: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 26 2013-2014

3. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

10. Calendario de implantación

Valorarase o criterio de “Calendario de implantación” da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais (anexo I do Real decreto 1393/2007).

Valoración xeral do grao de cumprimento do criterio

Satisfactoria

A

Suficiente B Insuficiente C

Ausencia de

evidencias

documentais

D

Reflexión (xustificación da valoración) / Conclusió ns:

O calendario de implantación estase a cumprir axeitadamente sen ningunha incidencia digna de mención desde o curso 2009-2010.

A extinción do programa de terceiro ciclo que deu lugar a este Máster ("A Idade Media. Imaxes, Textos, Contextos") produciuse sen ningunha dificultade; en setembro do ano 2011 tiveron lugar a última convocatoria para a defensa dos TIT e a celebración do derradeiro Tribunal Único para a obtención do DEA.

BOAS PRÁCTICAS:

PROPOSTAS DE MELLORA:

BREVE DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS :

Page 28: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 27 2013-2014

4. ACCIÓNS LEVADAS A CABO ANTE AS RECOMENDACIÓNS ES TABLECIDAS NO INFORME FINAL

DE VERIFICACIÓN, DE MODIFICACIÓNS AUTORIZADAS E NOS SU CESIVOS INFORMES DE

SEGUIMENTO

INFORME FINAL DE VERIFICACIÓN

Recomendacións establecidas no informe final Accións levadas a cabo (incluíndo datas, respo nsable,

estado, …)

O informe final de verificación da ANECA non contemplaba ningunha acción específica de mellora

INFORME FINAL DE MODIFICACIÓNS AUTORIZADAS

Recomendacións establecidas no informe final Accións levadas a cabo (incluíndo datas, responsabl e,

estado, …)

INFORMES DE SEGUIMENTO (indicar o ano)

Recomendacións establecidas no informe de

seguimento

Accións levadas a cabo (incluíndo datas, responsable,

estado, …)

2010-2011: Con el objetivo de fomentar el uso de la web propia del máster se debe hacer un enlace a la misma desde la web de la Universidad

Acción levada a cabo xa no curso 2012-2013; cf. http://www.usc.es/masteres/

2010-2011: Para mejorar la accesibilidad a la memoria verificada del máster se debe hacer un enlace al Servicio de Gestión de la Oferta y Programación Académica, donde se publica

A Memoria de verificación do Máster figura publicada na páxina web propia desde o curso 2012-2013:

(http://www.usc.es/filrom/masteres.htm)

Page 29: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 28 2013-2014

2010-2011: Se debe completar el apartado de objetivos de la página web propia del máster

Acción levada a cabo no curso 2012-2013

2010-2011 La USC debe publicar la Normativa de Permanencia en el Diario Oficial de Galicia

A Normativa de Permanencia da USC foi publicada no DOG do 17 de xullo de 2012

2010-2011: Se recomienda nombrar una comisión de calidad intercentros propia del Máster

Para non complicar en exceso a estrutura de xestión do título, pareceu máis oportuno incorporar á Comisión Académica como membros natos os decanos das dúas Facultades (así se fixo no curso 2012-2013) e que sexa a Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía a responsable última do control de calidade do Máster

2012-2013: Los datos de contacto de los profesores son sólo accesibles a través de la web de la Universidad o a través de las guías docentes de cada materia

Todos os datos dos profesores están tamén accesibles a través da páxina web das Facultades e dos Departamentos implicados no Máster

2012-2013: Se debe publicar correctamente un calendario de exámenes

Acción levada a cabo para o curso 2014-2015

Page 30: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 29 2013-2014

5. PLAN DE MELLORAS

ACCIÓNS DE MELLORA

Definición

Acc

ión

de

mel

lora

Código AM-1

Tipo Acción de mellora

Orix

e Orixe acción Informe de seguimento

Descrición orixe Apartado "competencias"

Def

inic

ión

Análise causa A materia obxecto de proposta de mellora vén recibindo unha valoración inferior á media das materias do Máster

Definición/descrición

proposta

Intensificar o traballo de coordinación na materia "A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social"

Data prevista de

finalización Xullo 2015

Data inicio Setembro 2014

Responsables

Usuario responsable

da implantación Coordinador da materia

Outros responsables

da implantación Coordinador do Máster e Comisión Académica

Notas: Cada Acción pode ter varias tarefas. Cada Tarefa pode ter varias subtarefas. O seguimento debe facerse, tamén, para cada tarefa e subtarefa.

ACCIÓNS DE MELLORA

Definición

Acc

ión

de

mel

lora

Código AM-2

Tipo Modificación de Memoria do título

Orix

e Orixe acción Informe de seguimento

Descrición orixe Apartado "acceso e admisión"

Def

i

nici

Análise causa A experiencia de cursos anteriores vén demostrando que

Page 31: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 30 2013-2014

hai alumnos de titulacións de ramas de coñecemento distintas das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais interesados en cursar o Máster

Definición/descrición

proposta

Solicitude dunha modificación na memoria do título para permitir a admisión de estudantes procedentes de todas as ramas de coñecemento interesados nos estudos medievais

Data prevista de

finalización Xullo de 2015

Data inicio Xaneiro de 2015

Responsables

Usuario responsable

da implantación Decana de Filoloxía

Outros responsables

da implantación Coordinador do Máster e Comisión Académica

ACCIÓNS DE MELLORA

Definición

Acc

ión

de

mel

lora

Código AM-3

Tipo Acción de mellora

Orix

e Orixe acción Informe de seguimento

Descrición orixe Apartado "planificación das ensinanzas"

Def

inic

ión

Análise causa

A nova normativa ao respecto da USC esixe cambios no sistema de entrega, arquivo e difusión dos Traballos de Fin de Máster

Definición/descrición

proposta

Modificación do regulamento sobre defensa do Traballo de Fin de Máster para incluír un novo protocolo de entrega e arquivo

Data prevista de

finalización Xaneiro 2015

Data inicio Outubro 2014

Responsables Usuario responsable

da implantación Coordinador do Máster

Page 32: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en … · 2017-11-08 · Europeos: Imaxes, Textos e Contextos" Curso académico: 2013-2014 . Informe Anual de Seguimento 1 2013-2014

Informe Anual de Seguimento 31 2013-2014

Outros responsables

da implantación

Comisión Académica, Xunta da Facultade de Filoloxía, Consello de Goberno

ACCIÓNS DE MELLORA

Definición

Acc

ión

de

mel

lora

Código AM-4

Tipo Acción de mellora

Orix

e Orixe acción Informe de seguimento

Descrición orixe Apartado "planificación das ensinanzas"

Def

inic

ión

Análise causa Ningún alumno participou nos últimos cursos nos programas de mobilidade

Definición/descrición

proposta

Fomentar a participación de alumnos nos programas de mobilidade, organizando unha reunión informativa específica cos alumnos nos inicios do curso

Data prevista de

finalización ------------------

Data inicio Setembro 2014

Responsables

Usuario responsable

da implantación Coordinador do Máster

Outros responsables

da implantación

Decanos da Facultade de Filoloxía e da Facultade de Xeografía e Historia