Arquitectura renacemento

32
ARQUITECTURA DO RENACEMENTO

Transcript of Arquitectura renacemento

ARQUITECTURA DO RENACEMENTO

ARQUITECTURA QUATTROCENTO

Características xerais da arquitectura do Quattrocento: Emprego dos elementos construtivos e decorativos clásicos pero agora, cunha total liberdade.Arquitectos: Brunelleschi: mestura todos os elementos clásicos, intenta conseguir unha obra fermosa a partir da relación harmónica das partes entre si e de cada unha delas co conxunto. Destaca o uso das proporcións. Crea o novo tipo de palacio renacentista. Alberti: teórico da arquitectura. Cría que a fonte da beleza era a proporción. Estableceu un novo modelo de palacio.

Brunelleschi. Catedral de Florencia

Brunelleschi. Catedral de Florencia (Detalles da Cúpula)

Brunelleschi. Catedral de Florencia

Brunelleschi. Basílica de San Lourenzo

Igrexa de cruz latina con tres naves separadas por columnas con capiteis corintios. A planta, totalmente simétrica, articúlase en tres naves e transepto delimitados por unha escalinata de tres chanzos que lles dá acceso ás capelas que percorren o perímetro do edificio.

Brunelleschi. Basílica de San Lourenzo

Michelozzo Michelozzi, Palacio Medici-Ricardi

Brunelleschi. Hospital dos Inocentes

O pórtico esténdese ao longo de nove arcos de medio punto, sustentados por columnas corintias.

Alberti. Igrexa de Santa María Novella en Florencia.

Giovani Rucellai encargou a Alberti a finalización da fachada da igrexa. O arquitecto respetou a parte baixa e trazou o sector máis alto da planta baixa, así como o corpo superior, que oculta a nave central, ao que dotou dun frontón. Amplas volutas constitúen a transición entre a nave central e a cuberta dos espazos laterais.

San Andrés de Mantua. Planta e fachada proxectada por Alberti

Planta de cruz latina e unha soa nave

Alberti. Templo de San Andrés de MantuaFachada dividida en tres corpos coa peculiaridade de que no central

adóptase a forma de arco de triunfo romano. Está rematada por un frontón, tamén de tipo clásico, e coronada por un arco.

Alberti. San Andrés de Mantua, interior

Obsérvase a bóveda de canón. A cúpula e toda a decoración de grutescos non figuraba no proxecto inicial. Nos muros hai dous tipos de pilastras: as maiores sosteñen un entaboamento do que parte a bóveda principal, e nas menores apoianse os arcos e as bóvedas das capelas.

Alberti. Palacio Rucellai en Florencia

O extraordinario ritmo da fachada conseguíuse grazas á superposición das ordes clásicas: pilastras dóricas na planta baixa, xónicas no primeiro piso e corintias no segundo.

ARQUITECTURA CINQUECENTO

BramanteBramante. Templo de San Pietro in Montorio. Roma. 1502

Quen realizou o encargo foron os Reis Católicos, o que indica que o Renacemento comezaba a espallarse, aínda que de modo lento, por Europa. Con isto, querían conmemorar o martirio de San Pedro. Trátase dun edificio de pequenas dimensións, tan só 4,5 m. de diámetro.

Bramante. Proxecto da basílica de San Pedro. Roma

O arquitecto non vai rematar o encargo papal, e á súa morte, Rafael, artista máis coñecido como pintor que como arquitecto, faise cargo da obra que acabará sendo modificada e rematada por Miguel Ángel.

Miguel Ángel. Planta da basílica de San Pedro. Roma

12

3

A intervención de Miguel Ángel no proxecto de San Pedro consiste, principalmente, en simplificar a planta, isto é, a idea xeral de Bramante, quitando elementos accesorios que debilitaban a construción, pórticos e aberturas que reducían a resistencia dos muros. En cambio, levantou a cúpula a unha altura moito maior da que estaba proxectada.

Miguel Anxo. Pilares. Basílica de San Pedro

Sobre un cinto da base da cúpula está inscrito o famoso mandato de Cristo con letras que miden dous metros de altura: “Ti es Pedro e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa, e dareiche as chaves do ceo”.

Miguel Anxo. Piares. Basílica de San Pedro

Miguel AnxoMiguel Anxo. Cúpula. Basílica de San Pedro

A cúpula atópase xusto sobre o altar maior e a tumba do apóstolo San Pedro

Inmensa (42 m de diámetro e 131 de altura), elevada sobre pendentes e cun grandioso tambor, a cúpula sostense principalmente sobre 4 robustos pilares oitavados (1) que delimitan o espazo central. Tamén realizan a función de contrarresto a maciza estrutura do tambor, caracterizada polo trazado cóncavo-convexo dos ábsides (2) e, á maneira bizantina, catro cúpulas (3) adxacentes.

Andrea Palladio. Villa Capra

COMENTARIO ARQUITECTURA: LIÑAS BÁSICAS

1. ANÁLISE FORMAL

-Material utilizado e función do edificio (Relixiosa ou civil)

2. DESCRICIÓN

-Descrición detallada do que se ve na fotografía:-Soportes (muros, columnas ou piares, arcos, etc..)-Cubertas (alinteladas ou abovedadas)-Formas arquitéctonicas (Tamaño, distribución do espazo,

elementos decorativos)

3. ASPECTOS ARTÍSTICOS E CULTURAIS

-Identificar a obra, o autor (se existe), época e contextualizar a obra dentro do estilo ao cal pertence (características xerais e algún exemplo similar)

COMENTARIO DA IMAXETemos a imaxe dun edificio feito de diferentes materiais como a pedra, ladrillo

e mármore cunha función claramente civil, pois é unha residencia privada.No que observamos no exterior é que presenta un perfil idéntico nas catro

fachadas, cada unha delas articúlase a partir dunhas profundas escalinatas que conducen a un pórtico de seis columnas de orde xónica e frontón triangular, rematado cunha estatua en cada un dos seus vértices.

No centro do edificio álzase unha cúpula que cobre a sala circular central da mansión.

Situada sobre un pequeno montículo no medio do campo, as súas catro fachadas oriéntanse aos catro puntos cardinais. Esta disposición permítelles aos seus propietarios que desde a planta nobre se poida aproveitar ao máximo a vista privilexiada do contorno natural que a rodea.

Esta obra é a Vila Capra, tamén coñecida popularmente co nome de a Rotonda, debido á espectacular sala circular central, cuberta por unha gran cúpula semiesférica que alterou o deseño orixinal do arquitecto que ideou este edificio, que era Andrea Palladio.

Seguindo os principios renacentistas, Palladio entre os anos 1551-53 deseña esta obra retomando o estilo arquitectónico dos templos romanos. A partires de este momento aplica estas ideas nas súas edificacións civís, iniciando a recuperación das antigas vilas romanas, luxosas residencias campestres afastadas da urbe.