Pintura renacemento

36
PINTURA QUATTROCENTO

Transcript of Pintura renacemento

Page 1: Pintura renacemento

PINTURA QUATTROCENTO

Page 2: Pintura renacemento

Características xerais da pintura do Quattrocento

Non hai referencias pictóricas da Antigüidade e polo tanto, non existe unidade estilística. Tomouse como única referencia anterior a obra de Giotto. Preocupación por conseguir a profundidade e o volume por medio da cor e da luz. Predominio do debuxo e da liña, distinguíndose con claridade o contorno das figuras (que é plano). Composicións pechadas e xeométricas: as figuras ordénanse na obra formando círculos, triángulos, cadrados, etc. e nunca se relacionan co espectador. Emprego da perspectiva lineal Situación das escenas en arquitecturas ou en paisaxes para acentuar o seu naturalismo e para conseguir profundidade.

Page 3: Pintura renacemento

Perspectiva lineal

Composición pechada

Page 4: Pintura renacemento

FRA ANGÉLICO, A Anunciación. Témpera sobre táboa. 1430-32

Page 5: Pintura renacemento

PAOLO UCELLO, Batalla de San Romano (1450)As súas pinturas destacan polos seus atrevidos escorzos e polo uso da

perspectiva lineal. Este cadro forma parte de tres pinturas en conmemoración da vitoria dos exércitos florentinos sobre as tropas de Siena en 1432.

Page 6: Pintura renacemento

Masaccio. A Trinidade. Fresco. Igrexa de Santa María Novella. Florencia. 1427.

Representación da Santísima Trinidade, a morte e a posterior descomposición nunha soa escena.

Este fresco é unha das primeiras pinturas que fan uso da perspectiva lineal: nela, todas as liñas converxen nun punto de fuga, situado, nesta ocasión, na parte inferior central do nivel sobre o que se erixe a cruz. A composición está realizada desde un punto de vista moi baixo, ao nivel visual do espectador. A acción transcorre no interior dunha bóveda de casetóns, cun arco de medio punto que está sustentado por columnas que levan capiteis xónicos.

Page 7: Pintura renacemento
Page 8: Pintura renacemento

Masaccio. Frescos da capela Brancacci. Igrexa do Carmine. Florencia

Tributo da moedaExpulsión do Paraíso

Page 9: Pintura renacemento

Masaccio. Adán e Eva expulsados do Paraíso

Esta é unha das escenas máis coñecidas de todo o conxunto, na que a forza da expresión de Eva acapara toda a atención da dramática escena.

Page 10: Pintura renacemento

Piero della Francesca. A flaxelación de Cristo. Urbino.Trátase dun fantástico exercicio de perspectiva. Parece que o pintor

calculou esta obra con rigor matemático. O chan das dúas escenas está realizado seguindo fielmente as leis da perspectiva lineal; co punto de fuga xunto ao verdugo da esquerda de Cristo.

Page 11: Pintura renacemento

A Pala Brera

Madona de Sinigaglia

Piero della FrancescaA Virxe exemplifica a tipoloxía feminina que representaba o pintor e que se caracterizaba polas figuras robustas, con volume e un poderoso pescozo, que ocupan todo o espazo compositivo.

En primeiro termo, o duque de Urbino armado, detrás numerosos santos e, pendurado do casquete absidial, un ovo de avestruz.

Page 12: Pintura renacemento

Piero della Francesca. Retratos de Battista Sforza e do seu marido, Federico de Montefeltro, duque de Urbino. (1465-66).Con estes retratos conseguiu o artista unha obra mestra, ao unir figura e paisaxe con tan extraordinaria harmonía de atmosfera e luz. O perfecto estudo do volume e perfil non exclúe a coidada observación da paisaxe nin a perspectiva.

Page 13: Pintura renacemento

Piero della Francesca, A cidade ideal

Page 14: Pintura renacemento
Page 15: Pintura renacemento

Botticelli, S.. O nacemento de VenusVenus, deusa da beleza, do amor e do matrimonio, acaba de nacer e chega,

montada na súa cuncha e empurrada polos ventos, á illa de Chipre, consagrada ao seu culto. O esquema compositivo é sinxelo: as catro figuras que compoñen o cadro provocan un xogo de forzas que se contrarrestan e lle proporcionan movemento e tensión á escena. Os ventos diríxense en dirección á deusa e esta érguese sobre unha perna que lle serve de punto de apoio, mentres a outra queda libre (segundo o modelo da estatuaria grega).

Page 16: Pintura renacemento
Page 17: Pintura renacemento

Marte e Venus. O tema representa como Venus, deusa do Amor, apacigua nun profundo sono ao belicoso Marte, ao que os trastes sátiros non logran espertar. A precisión e a sensualidade do debuxo, o amor pola forma pura case sen escorzos, a suave e ideal expresión dos rostros, son instrumentos ao servizo dun sutil contido intelectual.

Page 18: Pintura renacemento

Perugino (escola de Umbría). Entrega das chaves a San Pedro. Pintura ao fresco na capela Sixtina do Vaticano. Observa o desenvolvemento da perspectiva lineal: se prolongas todas as liñas do cadro (p. ex, as do solo ou as que unen as cabezas de cada fila de personaxes) verás que conflúen nun punto central (punto de fuga), situado na porta do templete central.

Page 19: Pintura renacemento

PINTURA CINQUECENTO

Page 20: Pintura renacemento

Leonardo da VinciLeonardo da Vinci. Formación multidisciplinarEse autor significa “MODERNIDADE" polo que ten de ruptura cos usos

pictóricos do momento, o que lle vale ser clasificado como un pintor adiantado ao seu tempo. Pintou o seu autorretrato tres anos antes da súa morte, nel acentuou os trazos que ennobrecen a súa ancianidade proxectando así a imaxe que pretendía que a posteridade tivese del. Destaca a fronte ampla e despexada, a mirada profunda e reflexiva e os longos cabelos de vello sabio.

Debuxo de proporcións do home, 1490. Realizado en pluma, tinta e acuarela sobre punta de metal, inspirado no célebre home de Vitrubio. Con el Leonardo sentou un novo canon de proporcións do home.

As súas obras pictóricas están baseadas na cor e non na liña. Os seus tons son sempre verdosos ou pardos. Caracterízase polo emprego do sfumato e por introducir a perspectiva aérea. Opúxose ao concepto de “beleza ideal”, defendendo a imitación da natureza con fidelidade.

Page 21: Pintura renacemento

Leonardo da VinciLeonardo da Vinci. A Anunciación

Na Anunciación” Anunciación” é posible observar unha perspectiva construida por osible observar unha perspectiva construida por un principiante, moi alonxada do uso libre da perspectiva que un principiante, moi alonxada do uso libre da perspectiva que determinará o traballo do mestre na súa madurez.determinará o traballo do mestre na súa madurez.

Page 22: Pintura renacemento

Museo do Louvre, 1483-86

Museo de Londres, 1495-1508

Leonardo da VinciLeonardo da Vinci. “A Virxe da Rocha”

Page 23: Pintura renacemento

Leonardo da Vinci. A Gioconda ou Monna Lisa

Máximo expoñente do retrato leonardesco no que os trazos se determinan e indeterminan á vez. O rostro está delicadamente pintado a través dun sutilísimo sfumato que une as cellas ao nariz e o nariz á boca, cuxas comisuras conservan, a pesar do sorriso, parte da súa melancolía.

A composición é aparentemente sinxela: unha muller sentada nunha cadeira con brazos, fronte a unha paisaxe. A dama xira o corpo cara a un lado e dirixe unha enigmática mirada cara o espectador. O realmente complexo e asombroso é como o artista consegue que nada pareza inmóbil nin ríxido, de maneira que mesmo as formas da paisaxe simulen fundirse unhas coas outras.

O cadro reflicte tanto o físico como a alma desta muller que non puido ser identificada con plena seguridade.

Page 24: Pintura renacemento

Madonna co neno A bela xardineiraRafaeRafae

l l SanziSanzi

oo

Etapa florentina

Page 25: Pintura renacemento

Rafael, As tres Gracias

Page 26: Pintura renacemento

RafaelRafael. Sala da Signatura. Frescos das estancias vaticanas

Page 27: Pintura renacemento

Rafael. Estancia da Signatura: A Escola de Atenas simboliza a Filosofía, situándose fronte á Disputa do Sacramento. O mestre introduciu a escena nun templo de inspiración romana, posiblemente seguindo os proxectos de Bramante para a basílica vaticana. Non hai paisaxe, só arquitectura e con iso pretende demostrar a construción do pensamento humán, que ten as súas raíces na época clásica, e a súa continuidade no Renacemento. A súa obra convértese así nun símbolo que pretende unificar a filosofía co pensamento cristián do século XVI, buscando un paralelismo entre ámbolos dous. A perspectiva é lineal, clara, e toda a composición é simétrica e equilibrada, aínda que existen varios grupos de figuras en animada conversa.

Page 28: Pintura renacemento

Miguel AnxoMiguel Anxo. Decoración Capela Sixtina

Page 29: Pintura renacemento
Page 30: Pintura renacemento

Miguel AnxoMiguel Anxo. Capela Sixtina. Creación de Adán

Page 31: Pintura renacemento

Miguel Anxo. Capela Sixtina. A expulsión do Paraíso

Page 32: Pintura renacemento

Tiziano-Venus de Urbino

Page 33: Pintura renacemento

Manierismo

Bronzino, Alegoría do Amor ou Venus e Cupido. Nos ángulos superiores aparecen o Pai Tempo e a súa filla, a Verdade, desvelando os engaños do Amor sensual, encarnado na aperta de Cupido e Venus. O rostro desesperado simboliza os ciumes, o neno da dereita é o xogo, e o ser de torso feminino e patas de animal é o fraude.

Page 34: Pintura renacemento

COMENTARIO PINTURA: LIÑAS BÁSICAS1. ANÁLISE FORMAL

-Identificar o Tema (paisaxe, retrato, relixioso, mitolóxico, etc.)-Soporte sobre o que se pinta (muro, madeira, lenzo, táboa, cartón, etc)-Técnica empregada (Témpera, acuarela, óleo, fresco, entre outras)

2. DESCRICIÓN

-Descrición detallada do que se ve na pintura:-Composición ou disposición das figuras e os personaxes co fondo (Piramidal ou triangular, radial, simétrica, diagonal, etc..)-Predominio do debuxo (marcado ou esvaído) ou da cor (Claroscuro, cores frías ou cálidas)-Tipo de luz (artificial ou natural)-Volume (figuras planas ou sensación de relevo: perspectiva)-Espazo con 3ª dimensión finxida ou non

3. ASPECTOS ARTÍSTICOS E CULTURAIS

-Identificar a obra, o autor (se existe), época e contextualizar a obra dentro do estilo ao cal pertence (características xerais e algún exemplo similar)

Page 35: Pintura renacemento
Page 36: Pintura renacemento

COMENTARIO DA IMAXE

Observamos unha témpera sobre lenzo na que se aprecia a figura no centro dunha bela imaxe Dunha deusa, en concreto, Venus. A súa concepción anatómica revela un alto grao de idealización, Tanto nas súas partes como na súa posición de equilibrio clásico en contrapposto. A súa esvelta figura establécese como eixe simétrico dun triángulo imaxinario compositivo creadas polo resto das personaxes, sendo a súa cabeza o vértice superior. Toda a escena vese enmarcada sobre unha paisaxe de natureza solitaria e ideal, acorde coa beleza harmónica da deusa Venus.

O debuxo lineal dos contornos, tanto nas figuras como na paisaxe, non soamente axuda a distinguir con nitidez A figura do fondo senón que estiliza e suaviza a forma. Co mesmo obxectivo é tratada a luz, uniforme en case a súa superficie, sen claroscuros, e tamén as cores, dominada por unha paleta clara.

A pintura está realizada por Sandro Botticelli en 1485. Está baseada nun tema mitolóxico no que aparecen aspectos da unidade entre a beleza, o amor e a verdade, calidades que se encarnan na figura da Deusa.

De estilo renacentista, cómpre salientar que desde a Roma clásica é a primeira vez que se representa unha figura feminina espida.