Andainas pola contorna

Click here to load reader

  • date post

    12-Apr-2017
  • Category

    Education

  • view

    276
  • download

    1

Embed Size (px)

Transcript of Andainas pola contorna

Presentacin de PowerPoint

O alumnado de Barouta, este curso, vaille dar unha volta sa contorna. Imos aprender sobre o noso medio mis prximo: os camios e os nomes do lugar, hrreos e graneiras, fornos, fontes, cruceiros, pontes medievais...Barouta: o patrimonio material e inmaterial(As construcins tradicionais e a toponimia propia do lugar)

Augapesada Ponte Maceira

Camio de Fisterra-Muxa

Alumnado de 5 e 6 de PrimariaCEIP Barouta16 de novembro de 2016

A ponte medieval sobre o Rego dos Pasos, de cantera, cun arco central de medio punto rebaixado e dous aliviadoiros. Alombada, de trazado curvo e calzada de grandes laxes. Esta ponte quedou fra de servizo cando se fixo a concentracin parcelaria pero foi restaurada. O camio pasa ao seu p. Neste entorno natural pasou Rosala de Castro os seus primeiros anos da infancia.Augapesada: auga empezada, auga empozada. Aqu nacen das fontes e pasan dous regos, polo tanto un lugar de auga que serva para facer moer os muos da zona.Foi capital do Concello e por ela pasa o Camio Real a Fisterra-Muxa.

Fonte do Acheiro:Pasada a ponte, man dereita, atpase esta fonte, hoxe media soterrada pola estrada. esquerda, queda unha casa cun espazo diante e un pozo; gravada na pedra a data, 1920, xunto cuns trsquelos. Contan que era unha taberna onde paraban as recuas antes de subir a costa. Anda conserva a anela de ferro para amarraren as mulas.

Ponte medieval e calzada real.Fonte do AcheiroAugapesada

Subindo polo Mar de Ovellas, na aldea de Castieiro de Lobo.milladoiroPatricia, amosounos un peido de lobo, cheo de esporas.

Costa do Mar de ovellas (Mor de Obellias no s XII). Antigamente era unha zona de pastoreo. Aqu vian pacer as ovellas e vacas da redonda. E haba tantas, que se mirabas desde o cimo, pareca un mar branco. De a o nome .Rosala de Castro dedicoulle un poemia a este lugar: A probia, que est xorda...!

Levime al, mias pernasPasenio, pasenio, Aqu paras, al te sentas, Irs chegando, Xuana,A donde as casas fomegan.

I a vella vai, sube, sube a costa de mar de ovellas,cun ollo posto no chani outro onde as casas fomegan.

Monte escolar de Ames. Hai 10 anos, fixemos unha plantacin de castaos e carballos. Participamos varios centros do Concello. E xa d gusto velos!Fonte do Breixo. Parada obrigada despois da pronunciada subida. Pasamos de 180 a 272 m en pouco treito.

Susavila de Carballo, TrasmonteAmarelle Casa de Breixo ou do Patio.Antiga casa de posta, onde paraban os arrieiros.Cruz a un vecio de Fisterra que morreu aqu no 1857.Hrreos tpicos da Maa, combinando a cantera dos penais coa madeira nos claros.

Trasmonte, un cruceiro con pousadoiro.Ao fondo, a escola feita polos emigrantes en Cuba.

Merenda no campo da festa de Trasmonte. Hai que repoer forzas!

A forxa de Carams, lembranzas dun ferreiro.

Esta a forxa de Avelino Carams. Recibiunos Fernando, o fillo, e contounos moitas cousas de como facan os ferreiros cando non haba electricidade. Todo man e con moita maa. Traballaban arreo para facer machadas, coitelos, foucios, sachos...Grazas, Fernando e Julia por nolo contar.

A fornalla co ventilador. (antes tian un fol)Pa con auga para arrefriar.Martelo mecnico.

A zafra para martelar e dar forma ao ferro.

A trade para furar.

A moa, para afiar a ferramenta.Que ten que haber nunha forxa?

Formas, para copiar.

Hrreos de Reino e Ponte Maceira (abaixo)Pazo de Lens Reloxo de sol en Burgueiros.

Alpendre con pa

Pontella, ponte medieval e muo na Ponte Maceira, conxunto histrico cunha arquitectura popular moi importante.

Ponte Maceira

Un bo lugar para rematar este percorrido! Cansos pero tamn coa cabeza chea de historias fermosas, lugares con encanto e moito para contar.

Ruta polo Rego AndoriaAlumnado de 3 e 4 de E.P.17 de novembro de 20161 de decembro de 2016

Ns comezamos a andaina na capela de Vilouta, onda o cruceiro e a Fonte Santa, e rematamos no muo de Insua, na praia fluvial. Pasamos por regos cheos de auga cos seus muos (hoxe xa sen uso), bosques de carballos e castieiros, pontellas de pedra, pisamos o terreo do antigo castro de Pieiro e ata nos imaxinabamos al, na Idade do Ferro, vixiando desde o alto! Vimos os hrreos de Ra, a igrexa de San Mamede (antigo mosteiro) e que anda conserva un hrreo de boas dimensins. Seguimos baixando cara ao Tambre, xa de volta, pasando pola devesa de Sequeiros, cun cheiro a loureiro marabilloso. E, por fin, a beira do gran ro, o Tambre, que tantas veces visitamos no vern para refrescarnos.Cansos, si! Pois a andaina foi moita. Pero pagou a pena.

A Ruta do Andoria circular; percorre a contorna da capela da Magdalena, varios muos, os restos do Castro de Pieiro, o conxunto parroquial de San Mamede e as cascadas que forma o regato do Andoria. Inciase na praia fluvial de Tapia, beira do ro Tambre. Ten uns seis quilmetros de lonxitude; unha senda chea de beleza e cunha dificultade baixa. Est sinalizada con paneis informativos que falan da riqueza natural e arquitectnica da zona.

Frenza, TapiaFonte santa, capela da Madalena e cruceiro.Fonte milagreira. A ela acoden as persoas con doenzas dos sos.

Camio do Rego Andoria

Bordeamos regos, cruzamos pontellas, subimos montes e gozamos do outono.

No castro de Pieiro hai dous muos, un reconstrudo e outro en mal estado que anda conserva a moa e o rodicio.Muos do Rego Andoria

Os dous muos, colocados a diferente altura, aproveitaban a auga dun para moer no outro antes de devolvela ao ro. Toda unha leccin de aforro enerxtico.

Castro de PieiroO espazo do castro, hoxe, un souto fermoso beira do rego Andoria no que merendamos tranquilamente.

Tempo para observar, aprender e repoer forzas antes de seguir o camio.Informndose sobre o antigo Castro de Pieiro.

Remontando a ladeira do monte ata o cimo, onde estara a muralla defensiva.

Hrreo de San Mamede, PieiroDe estilo fisterr, todo de cachote, a diferenza dos da Maa, que levan pedra e madeira.Hrreo de Ra, PieiroPombal de Vilouta, TapiaIgrexa e priorado de San Mamede

Bosque de loureiros na Devesa de Sequeirosnsua do TambreFinaliza o percorrido na praia fluvial de Tapia, co seu muo reconstrudo pero acondicionado para un uso diferente.