Acta Comisión Proxectos 2015 - USC · Acta Comisión Proxectos 2015 2/3 Casares Long que estivo en...

3
Acta Comisión Proxectos 2015 1/3 Escola Técnica Superior de Enxeñaría Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 881816701 Reunión Extraordinaria da Comisión de Proxectos de Enxeñaría Química Data: 08-09-15 Texto da Convocatoria: 1. Aprobación, se procede, de solicitudes de modificación e prórrogas de TFG e PFC 2. Aprobación de tribunais de PFC e TFG Asistentes: F. Chenlo, G. Feijoo, M.S. Freire Excusan asistencia: J. Garrido O día 8 de setembro ás 17 h reúnese a Comisión de Proxectos do Departamento de Enxeñaría Química na sá X3.2 da ETSE cos asistentes e a orde do día arriba citados. 1. Aprobación, se procede, de solicitudes de modificacións e prórrogas de TFG e PFC Apróbanse os trocos de título e/ou capacidade dos seguintes TFG e PFC: TFG - Alumna: Sara Bello Ould-Amer. Título anterior: Diseño de una planta de producción de ácido pirúvico. Título novo: Planta de producción de ácido pirúvico. PFC - Alumna: Sara Dasilva Costa. Título anterior: Pranta de reciclaxe de residuos textís. Título novo: Planta de reciclaje textil. - Alumno: David Souto Vázquez. Título anterior: Diseño de un splitter de propano y propileno. Título novo: Unidad de recuperación de propileno. Diseño de un splitter de propano y propileno. - Alumna: Amelia Tomé Cruz. Título anterior: Planta de producción de natamicina. Título novo: Planta de producción de natamicina. Apróbanse as seguintes prórrogas de PFC ata a convocatoria de Setembro do curso 2015-2016: - Alumno: David Liñares Pereira. Título: Planta de producción de 1,2-propanodiol. Titora: Julia González Álvarez. - Alumna: Vanesa Paz Balsa. Título: Ampliación de la estación de tratamiento de aguas residuales de Silvouta. Titor: Juan M. Garrido Fernández. - Alumna: Ana Vázquez Fernández. Título: Planta de produción de carbonato potásico. Titora: Anuska Mosquera Corral. 2. Aprobación de tribunais de PFC e TFG Non entran os seguintes profesores: Alberto Arce por estar xubilado e á espera de que se resolvan as convocatorias de profesor emérito e/ou profesor “ad honorem” pola USC, Juan

Transcript of Acta Comisión Proxectos 2015 - USC · Acta Comisión Proxectos 2015 2/3 Casares Long que estivo en...

Page 1: Acta Comisión Proxectos 2015 - USC · Acta Comisión Proxectos 2015 2/3 Casares Long que estivo en ano sabático no curso académico 2014-2015 e o profesor Ramón Méndez Pampín

Acta Comisión Proxectos 2015

1/3

Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela

Tel. 881816701

Reunión Extraordinaria da Comisión de Proxectos de Enxeñaría Química

Data: 08-09-15 Texto da Convocatoria:

1. Aprobación, se procede, de solicitudes de modificación e prórrogas de TFG e PFC

2. Aprobación de tribunais de PFC e TFG

Asistentes: F. Chenlo, G. Feijoo, M.S. Freire Excusan asistencia: J. Garrido

O día 8 de setembro ás 17 h reúnese a Comisión de Proxectos do Departamento de Enxeñaría Química na sá X3.2 da ETSE cos asistentes e a orde do día arriba citados.

1. Aprobación, se procede, de solicitudes de modificacións e prórrogas de TFG e PFC

Apróbanse os trocos de título e/ou capacidade dos seguintes TFG e PFC: TFG - Alumna: Sara Bello Ould-Amer. Título anterior: Diseño de una planta de producción de ácido pirúvico. Título novo: Planta de producción de ácido pirúvico. PFC - Alumna: Sara Dasilva Costa. Título anterior: Pranta de reciclaxe de residuos textís. Título novo: Planta de reciclaje textil. - Alumno: David Souto Vázquez. Título anterior: Diseño de un splitter de propano y propileno. Título novo: Unidad de recuperación de propileno. Diseño de un splitter de propano y propileno. - Alumna: Amelia Tomé Cruz. Título anterior: Planta de producción de natamicina. Título novo: Planta de producción de natamicina.

Apróbanse as seguintes prórrogas de PFC ata a convocatoria de Setembro do curso 2015-2016:

- Alumno: David Liñares Pereira. Título: Planta de producción de 1,2-propanodiol. Titora: Julia González Álvarez. - Alumna: Vanesa Paz Balsa. Título: Ampliación de la estación de tratamiento de aguas residuales de Silvouta. Titor: Juan M. Garrido Fernández. - Alumna: Ana Vázquez Fernández. Título: Planta de produción de carbonato potásico. Titora: Anuska Mosquera Corral.

2. Aprobación de tribunais de PFC e TFG

Non entran os seguintes profesores: Alberto Arce por estar xubilado e á espera de que se resolvan as convocatorias de profesor emérito e/ou profesor “ad honorem” pola USC, Juan

Page 2: Acta Comisión Proxectos 2015 - USC · Acta Comisión Proxectos 2015 2/3 Casares Long que estivo en ano sabático no curso académico 2014-2015 e o profesor Ramón Méndez Pampín

Acta Comisión Proxectos 2015

2/3

Casares Long que estivo en ano sabático no curso académico 2014-2015 e o profesor Ramón Méndez Pampín tamén en ano sabático con efectos dende principios de Setembro para o curso 2015-2016. Tampouco se considera á profesora Almudena Hospido, aínda que manifestou a súa disposición para facelo de forma voluntaria, dado que ao ser nomeada Vicerreitora de Internacionalización está exenta de docencia dende o 1 de Setembro, como nos comunicou despois dunha consulta. Como a profesora Almudena Hospido e o profesor Alberto Arce eran titores de alumnos de PFC que se presentan nesta convocatoria, serán substituídos por membros da Comisión de Proxectos: Gumersindo Feijoo y Francisco Chenlo. Foi posible reservar a Aula de Proxectos e o Salón de Actos para a defensa dos PFC e TFG, respectivamente, polo que serán en horario de mañá e esta vez poderá deixarse un pequeno descanso cada tres defensas como se decidira anteriormente. Por outra banda, xa que o día de defensa, inicialmente aprobado pola Xunta da ETSE e que ía ter carácter de non lectivo, tívose que trasladar de data, debido ao troco do día oficial de comezo de curso, a Comisión baralla a posibilidade de solicitar ou non que tamén se supriman as clases teóricas na nova data. Finalmente, decídese que o director da Escola sexa o que estudie si por mor da obrigatoriedade que teñen os profesores de estar nos tribunais, poderían afectarse algunhas das clases e que, polo tanto, sexa el quen decida si habería que suspendelas ou non. Os tribunais noméanse, como indica a Normativa, continuando por orde alfabético no último profesor que participou en Xullo e considerando primeiro aqueles profesores que non estiveron na anterior convocatoria. Tamén se terá en conta a aqueles que aínda non cubriron o mesmo número de intervencións que os demais da lista, por non poñer máis de catro en Xullo. A Secretaria da ETSE verificou e informounos cales dos profesores tiñan permiso para ese día, polo que de tocarlles, no seu lugar entrará o seu substituto oficial, como indica a nosa normativa. Dado o pouco tempo que hai dende que se publique oficialmente a lista de tribunais e o día da defensa, ademais de que o venres é non lectivo, a secretaria da comisión mandará un correo electrónico aos profesores nomeados para informalos xa ao rematar a reunión e para que así poidan recoller os exemplares a partires de mañá. Na comunicación oficial tamén se solicitará aos membros titulares que indiquen, de forma xustificada, se teñen algunha incompatibilidade coa súa participación nos tribunais e así poder avisar ao seu suplente. Tendo en conta o anterior e seguindo a Normativa da Comisión para a elaboración de tribunais, estes quedan da seguinte forma:

Page 3: Acta Comisión Proxectos 2015 - USC · Acta Comisión Proxectos 2015 2/3 Casares Long que estivo en ano sabático no curso académico 2014-2015 e o profesor Ramón Méndez Pampín

Acta Comisión Proxectos 2015

3/3

Sen mais asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión ás 18h00.

En Santiago de Compostela, a 8 de setembro do 2015

VºBº

Asdo.: M. Sonia Freire Asdo.: Gumersindo Feijoo Secretaria da Comisión Presidente da Comisión