O traballo por proxectos

14
O TRABALLO POR PROXECTOS 15/06/22 Ana González Vidal 1

Transcript of O traballo por proxectos

Page 1: O traballo por proxectos

O TRABALLO POR PROXECTOS

14/04/23

Ana González Vidal 1

Page 2: O traballo por proxectos

Que é un proxecto? O “pequeno proxecto” é un plan de acción e realización, que un grupo de nenos e nenas e a súa mestra/mestre propóñense a si mesmos, cunha clara intencionalidade de conseguir un resultado.

14/04/23

Ana González Vidal

2

Page 3: O traballo por proxectos

Para iso precisamos:argumentar, negociar e resolver: - que se quere facer ? - para que o imos facer ?- que necesitamos ?- con que o faremos ?- onde atopar o que precisamos etc.?

14/04/23

Ana González Vidal

3

Page 4: O traballo por proxectos

Asignar responsabilidades: Quen vai facer cada unha das tarefas…

Como avaliar o plan: Os pasos dados e os resultados obtidos …

14/04/23

Ana González Vidal

4

Page 5: O traballo por proxectos

Cales son as etapas dun proxecto? I- En primeiro lugar, requírese elixir un tema sobre o

que se vai a traballar:

- É importante que o tema elixido sexa do interese dos alumnos e teña relación coas súas preocupacións na vida cotiá e o mundo real. Isto garante a participación dos rapaces no proxecto.

- Será necesario definir os propósitos do proxecto e expor interrogantes potentes que poidan espertar nos alumnos inquietudes por coñecer ou contradicións respecto das súas crenzas e representacións.

14/04/23

Ana González Vidal

5

Page 6: O traballo por proxectos

ESQUEMA A SEGUIR NA ELABORACIÓN DE PROXECTOS

Que sabemos? Que queremos saber?

Onde buscamos...?

Que facemos coa información?

Que aprendemos?

Que categorías? Guión Como nos organizamos?

Que outras cousas poderiamos facer?

Como mellorar...?

14/04/23Ana González Vidal

Page 7: O traballo por proxectos

2. Logo de definido o tema, comenza o desenvolvemento do proxecto:

O profesor precisa coñecer o que os alumnos xa saben sobre o tema, é dicir, indagar nos coñecementos previos dos alumnos

Organizar o contido en forma de problema a resolver é un bo recurso para espertar o interese e provocar o desexo de adquirir novos coñecementos.

14/04/23

Ana González Vidal

7

Page 8: O traballo por proxectos

Un punto central é a definición das fontes de onde se obterá a información que o traballo requira. Posteriormente, para que a información colleitada teñan significado, deberá ser organizada e clasificada en textos, cadros, gráficos, imaxes ou outras formas de modo de que o alumno poida alcanzar unha visión de conxunto. Esta permitirá nunha etapa posterior, establecer relacións, establecer hipóteses e confrontalas coas súas ideas iniciais, adquirir conceptos, argumentar.

14/04/23

Ana González Vidal

8

Page 9: O traballo por proxectos

Importante no desenvolvemento é planificar as actividades que se van a desenvolver, os tempos de traballo (cronograma), os espazos, os materiais, a repartición das tarefas, as responsabilidades dos integrantes do equipo.

14/04/23

Ana González Vidal

9

Page 10: O traballo por proxectos

Un proxecto ben conducido esperta no alumno gañas de aprender e permite desenvolver as habilidades cognitivas (ler textos informativos, facer resumos, describir procedementos ou experiencias, rexistrar e documentar) posibilitando o aumento das súas capacidades de aprendizaxe. Neste proceso, o profesor é só o mediador de coñecemento que busca anticipar e acompañar as variadas situacións de aprendizaxe.

14/04/23

Ana González Vidal

10

Page 11: O traballo por proxectos

É importante poñer a disposición dos alumnos sitios de Internet, textos de libros, artigos de revistas ou outros materiais de consulta. Con iso, os alumnos perciben que os saberes poden expresarse en múltiples linguaxes: textos, gráficos, pinturas, mapas, músicas.

14/04/23

Ana González Vidal

11

Page 12: O traballo por proxectos

Cando o alumno xa adquiriu o coñecemento proposto, será capaz de comunicar por escrito ou verbalmente os resultados do proxecto e as conclusións alcanzadas. Poderá facelo por medio de textos, exposicións orais, charlas, murais, ou outras formas escolleitas.

14/04/23

Ana González Vidal

12

Page 13: O traballo por proxectos

O produto final debe ser compartido con outros interlocutores (na escola, a comunidade escolar, o grupo de pais, outros grupos). É unha forma de recoñecemento do esforzo emprendido na investigación sobre o tema.

14/04/23

Ana González Vidal

13

Page 14: O traballo por proxectos

ESQUEMA A SEGUIR NA ELABORACIÓN DE PROXECTOS

Que sabemos? Que queremos saber?

Onde buscamos...?

Que facemos coa información?

Que aprendemos?

Que categorías? Guión Como nos organizamos?

Que outras cousas poderiamos facer?

Como mellorar...?

14/04/23Ana González Vidal