A gandería en Galiza

125

Transcript of A gandería en Galiza

Page 1: A gandería en Galiza
Page 2: A gandería en Galiza

A gandería é un pear fundamental da actividade agraria galega e o principal valor produtivo. Nesta actividade conviven dous tipos de explotacións, as de tipo industrial (vacún, porcino e avícola), cunha rentabilidade dependente dos mercados, e os produtores de pequena dimensión e dedicación multifuncional, a tempo parcial, que comercializan a súas producións nos mercados locais. Hai ademais unha importante produción para autoconsumo.

Page 3: A gandería en Galiza

Galiza ten boas condicións para a produción de pastos e forraxes, especialmente para o gando vacún.Tradicionalmente, a gandería coexistiu coa agricultura en case todas as explotacións. A partir da década de 1960 foise producindo unha especialización e modernización, centrada sobre todo no gando bovino, no porcino, a avicultura, e, máis recentemente, a cunicultura, a cría de visóns e outras especies de pel, avestruces, paspallás, caracois e búfalos...

A modernización trouxo aparellado o abandono e a substitución das razas autóctonas por outras alleas de produción especializada.

Page 4: A gandería en Galiza

Tradicionalmente chámaselle gando aos bóvidos e facenda ao gando miúdo (ovellas, cabras...). Nalgunhas zonas chámase facenda ao conxunto dos animais produtivos.

Page 5: A gandería en Galiza

Os produtos gandeiros máis destacados son o leite, a carne (ave, porco, vacún, en orde de volume), os ovos e unha forte exportación de reses bovinas para recría. Este sector é ademais a base dunha importante industria agroalimentaria: leite e derivados, cárnicas, pensos...

Page 6: A gandería en Galiza

Zona litoral ou baixa: abondan as aves de curral, os porcos, os coellos e as pombas. Hai pouca cantidade de gando ovino e bovino.

Zona de media montaña: alto número de gando bovino. Conta con prados naturais, pastos e arboreda.

Zona de montaña árida: pequenos rabaños de cabalos, ovellas e cabras que aproveitan o pasto dos montes. Pouca cantidade de bovino.

Alta montaña: zonas de pastos ocasionais (ao desaparecer as neves) para o gando vacún e lanar.

Page 7: A gandería en Galiza

GRANXAS MODERNASEstán especializadas nunha única especie de gando de razas seleccionadas. Están mecanizadas e orientadas a un maior rendemento económico. As de cría intensiva usan case exclusivamente pensos compostos.

EXPLOTACIÓNS TRADICIONAISSon as máis abundantes. Nelas coexisten diversas especies: un número variable de vacas (ata 10), dous ou tres porcos, galiñas... Manteñen a dependencia da agricultura cunha tendencia cada vez maior á produción de forraxes. Teñen baixa rendabilidade e unha parte dos produtos son para autoconsumo. Comercializan os excedentes (leite, ovos, crías) e algún produto elaborado (queixos, embutidos).

Page 8: A gandería en Galiza

GANDERÍA INTENSIVALévase a cabo en espazos pechados (cortes) e os animais aliméntanse con forraxes e pensos. Precisa de moitas inversión en alimentos, instalacións e tecnoloxía.

GANDERÍA EXTENSIVA: practícase en grandes extensións de terreo e o gando aliméntase de pasto natural.

Page 9: A gandería en Galiza

Nos pastos comunais de montaña facíase o pastoreo por quendas diarias (veceira). No coidado do gando participaban todos os propietarios: o que estaba co gando muxíao e baixaba co leite e o que subía levaba feixes de herba e outros materiais.

Page 10: A gandería en Galiza

PRINCIPAIS ESPECIES GANDEIRAS

Page 11: A gandería en Galiza

Segundo o Catrastro de Ensenada, a mediados do século XVIII en Galiza había aproximadamente 4.250.000 animais, dos que máis da metade eran ovellas, case un millón vacas, unhas 630.000 cabras, 600.000 porcos e uns 120.000 cabalos, mulos e burros. O sector gandeiro, en especial o lácteo, está a sofrir, desde a entrada de España na Comunidade Europea, unha forte reestructuración para adaptarse á normativa e facer fronte á competencia dos outros países.

PRINCIPAIS ESPECIES GANDEIRAS (2013)

VACAS 534.968 PORCOS 1.070.971OVELLAS 201.787 CABRAS 45.161

Page 12: A gandería en Galiza

Galicia conta desde tempos remotos cunha variada riqueza de razas gandeiras adaptadas ás condicións ambientais do noso medio que constitúen ademais un patrimonio histórico e cultural da nosa comunidade, onde ademais de axudar na xestión do territorio e na modelaxe das distintas paisaxes da nosa terra serven como exemplo de gandería sostible.Moitas estiveron en perigo de extinción e nos últimos anos estase a facer un importante traballo para a súa conservación e recuperación.

RAZAS GANDEIRAS AUTÓCTONAS

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), constituída en 2001, agrupa a criadores de razas de vacún (limiá, caldelá, vianesa, frieiresa e cachena), ovella e cabra galega e galiña de Mos.Ademais existen agrupacións de criadores de vaca rubia galega, porco celta e cabalo galego.

Page 13: A gandería en Galiza

A especie dominante é a vaca que se emprega para producir leite e carne.

Granxa de Búfalas en Boqueixón. Hai uns anos instaláronse varias granxas para a cría de búfalos como produtores de leite e carne. Na actualidade quedan uns poucos exemplares en Zas.

Page 14: A gandería en Galiza

Nun comezo a función principal do gando vacún nas explotacións agrarias era o traballo. A mecanización do campo fixo reducir drasticamente o número de vacas, que case chegaron a desaparecer nalgunhas zonas, aínda que a cantidade xeral mantense pola concentración de cabezas nas áreas gandeiras onde se especializaron na produción de carne e leite. Tradicionalmente en Galiza as vacas máis comúns eran as do país (rubias e morenas). A partir de comezos do século XX introducíronse a Frisona e a Pardo Alpina e outras en menor cantidade.

Ata hai moi pouco tempo a vaca era a principal fonte de riqueza e a forza de

traballo máis importante do agro. O escultor Francisco Asorey representouno

nesta obra que titulou “O tesouro” (1924).

Page 15: A gandería en Galiza

Rubia ou vaca do paísÉ a máis común das razas autóctonas de Galiza e máis numerosa da Península Ibérica. Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg. As femias son algo máis pequenas. Ten a pel fina e crara, coas zonas espidas de cor rosada, e o pelo curto de cor uniforme rubia vermella que pode variar dende moi craro, sen chegar a branco, ata vermello escuro sen facerse pardo.

RAZAS GALEGAS

Os machos enteiros teñen os cornos curtos e horizontais, e as femias e os bois (machos capados) téñenos máis longos, case horizontais ao principio, abertos, e logo dirixidos cara adiante, arriba e atrás.Os machos son adultos a partir dos 18 meses. As femias comezan a criar aos tres anos e poden ter 15 partos durante a súa vida que é duns 20 anos de media. Os xatos nacen con 35 a 40 quilos de peso e maman durante 90 a 100 días, aínda que xeralmente destétanse antes. A “SUPREMA DE TENREIRA GALEGA” mama ata que se vende con 7-8 meses.

Page 16: A gandería en Galiza

A rubia é unha raza de aptitude triple que se usa para producir carne e leite, e como animal de traballo. A mecanización do agro case as fixo desaparecer como forza de traballo e a introdución das razas de vacas leiteiras de alta produtividade tamén a está apartando da produción de leite, aínda que a súa produción media é de máis de 2.500 litros ao ano.Na actualidade críase case exclusivamente para producir carne, pola súa calidade e o bo rendemento (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada día). Atópase por toda Galiza e tamén nas zonas próximas de León, Zamora e Norte de Portugal. Nalgunhas serras hai mandas en estado semisilvestre.

Page 17: A gandería en Galiza

As rubias de tono escuro chámanse Vermellas e as craras Marelas.

Existe unha asociación de criadores e un centro técnico para a protección e o desenvolvemento da rubia galega que se adican ao seu control e á súa mellora.

Page 18: A gandería en Galiza

RAZAS MORENASEn Galiza existen cinco razas de vacas morenas autóctonas (morenas do Noroeste) que están en risco de desaparecer. Son vacas resistentes e rústicas que aproveitan os pastos pobres, e boas para a cría. A conservación e recuperación destas razas é fundamental para manter o patrimonio xenético e a biodiversidade, para aproveitar o potencial gandeiro de comarcas rurais de baixo rendemento, co que tamén se contribúe a manter a poboación nas zonas de montaña e axuda a fixar a poboación ao medio.

En Fontefiz (Ourense) hai un CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS que depende da Xunta de Galiza onde se traballa na conservación e recuperación de Razas Autóctonas nun programa con familias colaboradoras para introducir exemplares no seu hábitat natural a través da cesión gratuíta de reses aos gandeiros. No centro de recuperación consérvase semen e embrións.

Page 19: A gandería en Galiza

CaldeláDe cor escura cunha liña máis crara ou algo vermella polo lombo e co fuciño case branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, orellas de tamaño mediano, horizontais e con abundante pelo de cor crara. Son de temperamento tranquilo, moi aptas para o traballo (especialmente os bois domados) e para a produción de carne.Atópase nas Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, Maceda,...) e sur de Lugo

Page 20: A gandería en Galiza

Vianesa:De cor castaña, case negra nos machos, co fuciño craro. A cabeza é pequena cos cornos en gancho, curto nos machos e máis separados nas femias, as orellas grandes e peludas. Moi adaptada á montaña, boa produtora de leite e apta para o traballo.Atópase en Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso... Existen distintas variantes dentro da raza en tamaños e aptitudes, que dependen das zonas nas que viven (as da montaña son máis pequenas), do tipo de alimentación que reciben e da selección que se vai facendo.

Page 21: A gandería en Galiza

LimiáDe tamaño grande, cor castaña co fuciño máis craro. A cabeza é mediana, cos cornos en gancho, curtos nos machos e máis longos nas femias, e as orellas grandes e peludas. É boa para producir leite e carne e para o traballo.É a raza autóctona máis escasa. Atópase en Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...

Page 22: A gandería en Galiza

Frieiresa De cor castaña lavada, máis escura nos machos, co pelo longo na testa, cabeza pequena e corta, frente e fuciño anchos e cornos longos. Moi mansa e apta para o traballo e a produción de carne.Atópase na comarca da Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, Monterrei...

Page 23: A gandería en Galiza

Cachena ou pisca:É a raza máis pequena de Galiza. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as femias 1,20 m e non pasan dos 300 kg. De proporcións moi armónicas, de cor castaña crara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cunha perrera na testa, e orellas e rabo con pelo abundante. A cabeza é pequena, de perfil cóncavo, cos ollos oblícuos e os cornos grandes en forma de lira alta. Son boas produtoras de leite e carne, paren ben e son moi aptas para o traballo en medios difíciles.Atópase na serra do Xurés, (en Entrimo, Lobios, Padrenda...).

Page 24: A gandería en Galiza

FrisonaÉ a vaca leiteira máis común en Galiza (é a vaca máis abundante) onde se crían frisonas de moi boa calidade. É de orixe holandés, é unha das máis extendidas en todo o mundo. Intruduciuse en Galiza a comezos do século XX, e xeralizouse a partir dos anos 50. As primeiras reprodutoras importáronse de Holanda e despois de Canadá e Alemania.É de cor branca con manchas negras ou vermellas irregulares repartidas por todo o corpo agás polo abdome. As femias poden acadar 1,50 de altura e pesar 700 kg. Os machos 1,70 e 1.100 kg.

A media de produción das frisonas galegas é de aprox 7.051 l/ano, aínda que algunhas chegan a producir máis de 20.000 litros.

Page 25: A gandería en Galiza

Parda alpinaÉ orixinaria dos Alpes suízos. É un animal de bo tamaño, de capa uniforme de cor marrón grisácea que varía de crara ata escura, un pouco máis crara arredor do fuciño e das patas. Ten o fuciño, a punta dos cornos e os pezuños negros. É unha vaca forte, resistente, pouco esixente, que se adapta facilmente ás condicións adversas, lonxeva e prolífica. Boa produtora de leite e carne. É a segunda vaca leiteira en importancia despois da Frisona, tivo moita importancia hai uns anos. Actualmente o seu número é máis reducido.

Page 26: A gandería en Galiza

Outras razas que podemos atopar son a Flevik (antes Simmental, de orixe austríaca) e a Jersey (de Dinamarca). Ademais hai un bo número de diferentes cruces entre as distintas razas.

CENSO VACÚNGALIZA 2012

CACHENA 5.448CALDELÁ 1.614CONXUNTO MESTIZO 230.337FRIEIRESA 900FRISONA 520.609LIMIÁ 964RUBIA GALEGA 147.094VIANESA 2.650OUTRAS 23.717Total 933.333

Flevik

Nos últimos dous anos o número de vacas reduciuse drasticamente (case nun 50%)

Page 27: A gandería en Galiza

xuvenca

Xato

OS NOMES DA VACA:Macho: boi e náis raramente touro.Macho reprodutor: boi, almallo, boi de posto.Femia: vacaCrías: segundo a idade e a zona: xato ou xata, pocho ou pocha, cuxo ou cuxa, becerro ou becerra.Femia nova: xuvencaTradicionalmente as vacas duha casa teñen un nome propio xeralmente asociado á cor e ás formas:Aquelas nas que predomina a cor branca: “Palomas”.Ás de cor negra: “Mouras”Ás brancas e negras: “Pintas”Ás demais: “Roxas”, “Morenas”, “Marelas”, “Vermellas” ...Cando se formaban parellas de bois para o traballo procurábase que un fose de cor máis crara que o outro e normalmente chamábanse “Marelo” ao máis craro e “Vermello” ao máis escuro.

Page 28: A gandería en Galiza

Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da historia e da cultura do noso país e que ao deixar de usar a estas como forza de traballo están a desaparecer: aparellos para traballar a terra (arados, grades, cavadoras, sementadoras...) para o transporte (carros), para conducir ao gando, para manexar o forraxe, para o leite...

APARELLOS

Buzos, bozos ou vetillos: Póñense no fuciño do gando cando están a traballar para que non coman e se entreteñan. Tamén se usa para as crías, para que non mamen. poden ser de vergas de castaño, de bimbias ou de rede metálica.

Vetillos. Museo do Pobo GalegoNarina. Aparello para suxeitar ás vacas polo fuciño (na monta...)

Page 29: A gandería en Galiza

ARADOSCambela: é un arado tradicional galego moi primitivo. Está feito aproveitado a camba natural dunha árbore á que se lle engadía unha rella de ferro. Usábase nas montañas do Cebreiro, Ancares e O Courel.

Arado romano: é o arado tradicional máis común. Usouse desde a prehistoria ata a actualidade. Está construído en madeira agás a rella ou ferro que cobre o dente.

Museo da Fonsagrada

Page 30: A gandería en Galiza

Arado de volteo ou veso: está feito de ferro. A disposición asimétrica da súa rella fai que a terra, á vez que se abre, dea a volta, deixando sempre cara abaixo a parte superficial.

O soliño usábase para xunguir os aparellos ao gando.

Page 31: A gandería en Galiza

CANIZO:Estrutura rectangular feita de paus e varas ou bimbias entretecidas. Usábase para achanzar a terra.

RASTRO ou GRADE:Estrutura de madeira ou ferro, xeralmente de forma rectangular, con dentes de ferro, que se usa para achanzar o terreo despois de labrado e romper os terróns.

Museo Liste (Oseira)

Page 32: A gandería en Galiza

PELADEIRA, CACHADEIRA PEQUENA OU ESCARPADEIRA: estrutura de ferro con ganchos rematados en dentes, que servían para abrir a codia da terra e desarraigar as herbas, e unhas rabelas para conducila.

CAVADORAFormada por un marco de ferro no que van suxeitos diferentes tipos de sachos que desarraigan as malas herbas e achegan terra ás plantas para protexelas.An antigas eran de tracción animal.

Page 33: A gandería en Galiza

SEMENTADORASDistribúen en ringleiras sementes ou plantas.Abren a terra, depositan a semente e logo apretan a terra enriba. Teñen un depósito para a semente e un mecanismo que regula a súa caída.

Page 34: A gandería en Galiza

CARROS Plataformas sobre rodas arrastrados por animais. Existen multitude de tipos de dúas ou catro rodas. Úsanse para transportar fertilizantes, aparellos e produtos. Para transportar produtos miúdos póñense uns adrais, e cando transporta obxectos moi voluminosos mantéñense entre os estadullos e átanse cun adibal. Actualmente están desaparecendo.

Page 35: A gandería en Galiza

O CARRO DO PAÍSO carro galego é un carro de estrutura moi primitiva, de dúas rodas que forman un só corpo co eixo móbil, tirado por unha parella de animais, xeralmente bois ou vacas.Aínda que hai moitas variantes ao longo do país, en función, sobre todo, do terreo e dos costumes de cada zona, a estrutura segue unhas pautas comúns. Os carros da montaña son máis lixeiros que os das zonas baixas. Xaquín Lourenzo rexistrou perto de noventa variedades de rodas.Ata hai moi poucos anos o carro foi o principal medio de transporte da Galiza campesiña. A orixe do carro galego remóntase á prehistoria e mantivo a súa estrutura ata a actualidade con poucas variacións.

Page 36: A gandería en Galiza

O carro está formado por dúas partes, O CHEDEIRO (plataforma) e o RODADO (conxunto de rodas e eixo).

CHEDEIRO

chedas

estadullos ou fungueiros

ladrás, adrais, ladraias, ou canizas. Na parte traseira pechábanse co recadén ou canizo.

lanza, cabezalla ou timón

chavella (une o carro ao xugo).

cadeas

sollo ou soallo (piso)

chumaceira, coucón ou coucillón (o rebaixe onde se asenta o eixo chámase zoca ou cantadeira).

apeladoiras ou treitoiras

eixo, encaixa entre as treitoiras por medio duns rebaixes, os luidoiros.

O burato central da roda, na que penetra a ampela do eixo, chámase ulló.

tillas ou cuñas

llanta

escabo, galga ou ceo

mildeiras, rilleiras ou sunchos camba

ampela, tufo ou turro

mión ou milde

Page 37: A gandería en Galiza

Xugo de molidas É típico de gran parte da provincia de Ourense e da zona oriental de Lugo.

Xugo de bregueirosÉ típico do Sur da provincia de Pontevedra, centro da de Lugo (centro) e o Val do Miño en Ourense.

Xugo de cangallas É o máis común e atópase na provincia da Coruña, no norte e norleste da de Pontevedra e no oeste e norte da de Lugo.

O xugo é un complemento indispensable para a utilidade do carro. É a peza que une aos animais ao carro. En Galiza hai tres tipos diferentes con moitas variantes. Dous que xunguen aos animais polo pescozo (de canga) e un que xungue polos cornos (de molida).

Page 38: A gandería en Galiza

Curioso xugo mixto para xunguir polos cornos (vaca, boi) e polo pescozo (burro, mula, cabalo, ou animais novos cos cornos pouco desenvolvidos).

Algúnhas variantes de xugos.Museo da Fonsagrada.

Page 39: A gandería en Galiza

Nalgunhas zonas da costa usáronse carros de eixo fixo e un só animal que se xunguía entre as lanzas.Nos últimos tempos a algúns carros puxéronselle as rodas de goma.

Page 40: A gandería en Galiza

Carro cos adrais de bimbias tecidas. Xuño.

Carro coa estrutura do chedeiro e as rodas de ferro. Allariz.

Carro coa estrutura típica da montaña: chedeiro e rodas lixeiros. O Cebreiro.

Page 41: A gandería en Galiza

Recipientes para o leite

Pucheiro

Xerra de muxir. O Cebreiro

A canada era un recipiente para recoller o leite na muxidura. Facíase de madeira ou latón para evitar que as vacas os romperan coas patas. Tamén se utilizaba como medida de capacidade (4 litros, a cuarta parte dunha ola)

Canada da zona Oriental de Lugo (Museo do Pobo Galego).

Ola ou cántara Leiteiras

Os recipientes tradicionais convertéronse en pezas de museo coa aparición dos novos materiais e dos equipos de refrixeración.

Page 42: A gandería en Galiza

Todas as granxas cun certo número de animais teñen instalados equipos de muxidura e tanques de frío.As instalación de muxidura deben ser doadas de limpar e desinfectar e deben estar lonxe de fontes de contaminación. O chan debe permitir o drenaxe dos líquidos e a eliminación dos refugos. Deberá ter unha boa ventilación e iluminación e abastecemento de auga potable.A máquina de muxir é un elemento que entra en contacto co ubre polo menos dúas veces ao día e debe garantir unhas medidas sanitarias mínimas xa que constitúe un dos elementos fundamentais de control das mamites.

O EQUIPO DE MUXIDURA

Page 43: A gandería en Galiza

A máquina de muxir extrae o leite dos tetos da vaca de xeito semellante a como o fan os cuxos, mediante succión para producir un baleiro. A máquina fai unha extracción intermitente (unhas 60 veces por minuto), permitindo así un descanso do teto á vez que lle da unha masaxe que evita a conxestión. Nas instalacións máis modernas a muxidura contrólase con equipos informáticos. Cada animal leva un colar que o conecta ao equipo. Este identifícao e rexistra a súa produción.

Page 44: A gandería en Galiza

Empregábanse para facer leite mazado e manteiga.

Aparellos para mazar o leite

Moldes para o queixo

Page 45: A gandería en Galiza

Neste momento en Galiza hai 9.908 explotacións leiteiras (novembro 2014) que producen o 40% do leite de todo o Estado Español, cun prezo por debaixo da media do resto das comunidades. As áreas con máis vacas de leite son as provincias da Coruña, Lugo, e o noreste da de Pontevedra. A cota de produción que ten asignaga pola Comunidade Europea é de 2.400.000 toneladas, aínda que a capacidade de produción está moi por enriba. Estas limitacións e os baixos prezos do leite están levando ao peche a moitas explotacións.A produción de carne é dunhas 88.000 toneladas ao ano, o 15% da produción do estado.

Page 46: A gandería en Galiza

PRODUTOS GALEGOS DE CALIDADE

-Queixos con Denominación de Orixe protexida: Cebreiro, San Simón, Arzúa-Ulloa e tetilla.-Indicación Xeográfica protexida: Tenreira Galega.

Page 47: A gandería en Galiza

REFRÁNS•A vaca é ouro, o porco tesouro.•A vaca é ouro, o porco tesouro.•Vaca coa mosca, ninguén a munxe.•Becerro manso, mama á súa nai e a outras catro.•Xatiña brava, pouco mama.•Sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras.•Á vaca vela ir, ao boi velo vir.•De xatiña verás a vaquiña que terás.•A uns mórrenlle as vacas e a outros párenlle os bois. •A vaca que non come a cando os bois, ou comeu antes ou comerá despois.

TRADICIÓN ORAL

Page 48: A gandería en Galiza

LEITE•O que non muxe marela, non fai queixo nin manteiga.•Vaca de leite, pouco traballo.•Gando na corte, pouco leite e queixo forte.•Vaca leiteira non vai á feira.•O que merca boi por vaca, ao munxir se despotraca.•Vaca de moitos?, ben muxida e mal mantida.•Queres leite?, dille á vaca que cho deite.•A vaca do meu amo, cando non come trae o leite no rabo.•A vaca do vilán, se dá leite no inverno millor o dá no verán.•O leite e o viño fan do vello mociño.•Leite con viño fai ao vello, meniño.•Leite, mel e mosto tiran ao home pra mozo.•Cunca de leite por cunca de aceite.•Encol do leite, o viño ausente.•Non hai feitizo como o pantrigo i o leite macizo.•Nos meses que non teñan erre, nin peixe nin leite.•O leite sae do moxo e non do óso.•A vaca, canto máis se munxe máis grande ten o teto.•Vaca amoscada, leite que se perde.•Vaca estransillada (ou estrullada), nin bo leite, nin boa crianza.•Canto máis se munxe a vaca, máis remollo saca.

Page 49: A gandería en Galiza

DITOS •Ter as vacas no millo.•Outra vaca vai no millo!•A paso de boi•Traballar coma a vaca do pobre•Ter lingua coma a vaca rabo•Se non é boi é vaca•Ter o leite nos beizos•Seica te lambeu a pucha?•Falar do xato e esquecer o trato•Andar como os bois no monte•Ser gando mal gardado•Atoparlle o teto á vaca•A onde irás boi que non labres•Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale•O que queira leite, que o munxa.

Page 50: A gandería en Galiza

ADIVIÑAS (A vaca)

Dúas torres altas,dous miradores,un espantamoscase catro andadores.

Catro pernas,catro fontes,un dalle-dallee dous reviramontes Catro corremontes,catro cichafontes,un dalle-dallee dous tus-tus.

Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e un que lle abana Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abana

Coroza para as vacas

Page 51: A gandería en Galiza

CANTIGASO que compra vaca cegapensando que sanará,Aínda as sans se volven cegos!E os cegos que farán?

CRENZAS:-O leite muxido na véspera de San Xoán non se debe deixar para o día seguinte, porque veñen as meigas a lavar o traseiro nel. Para evitalo había que deixar en todas as fiestras e portas un ramo de herbas olorosas (que teñen a virtude de espantar as meigas).Recollidas nas montañas de Lugo: -Cando se muxían as vacas ao mencer poñíase unha cunca mirando ao nacente co primeiro leite recollido en ofrenda á Aurora. -Ao leite das vacas que pasaban por un lugar por onde corría a auga había que botarlle sal, se nón daban sangue no canto de leite.

Page 52: A gandería en Galiza

A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis.O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza".A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila. As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vacaSe non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”.

CASTELAOO PUCHO.- Agora xa sei por qué non me deixaban mamar a min.

Page 53: A gandería en Galiza

En Galiza a gandería de ovellas cubriu escasamente as necesidades propias de la e coiros, e na actualidade so se ven rabaños de certa importancia nas zonas montañosas do sur de Lugo e Ourense. Nas demais zonas de montaña onde as había antigamente a repoboación forestal fíxoas desaparecer porque eliminou as zonas de pastoreo. Actualmente están censados arredor de 200.000 exemplares.En outras moitas zonas, nas casas labregas téñense unha ou dúas ovellas como gando menor ou gando dos rapaces.O común en Galiza é que os rabaños sexan mixtos, mestura de ovellas e cabras.

A ovella

Page 54: A gandería en Galiza

Ten un tamaño bastante variado. As das zonas baixas son máis grandes e as da montaña son máis pequenas. O seu peso varía entre 25 e 40 kg. É de cor branca, ben proporcionada, ten a cabeza pequena co perfil recto, as patas finas e os pezuños duros. Os machos teñen cornos. A súa la é de calidade media (entrefina) e cada ovella produce, segundo o seu tamaño, de 1 a 2 kg por ano.É un animal moi fértil e prolífico. É corrente que teña dúas crías e ás veces tres.

A ovella galega

Page 55: A gandería en Galiza

Carneiro (ovella galega)

NOMESMacho: carneiro, pericoMacho sen capar: marónFemia: ovella, pericaCría: neixente (recén nacida), año ou añaUn carneiro ou ovella ruín chámase ovello.

ovella galega

Page 56: A gandería en Galiza

Rabaño mixto de ovellas e vacas, unha das características da cría de ovellas nalgunhas zonas de Galiza.

Page 57: A gandería en Galiza

Rabaño na Serra da Queixa, un dos poucos lugares de Galiza onde a cría de ovellas é un medio de vida. Aínda conservan o costume da veceira, un veciño da parroquia, por turno, leva o gando de todos ao monte.

Page 58: A gandería en Galiza

En Galiza as ovellas xeralmente non se muxen, non se lles aproveita o leite e utilízanse na súa maior parte para carne e tamén se lle aproveita a la e a pel. Nalgúns lugares estase a facer queixo de ovella.

Festa do carneiro ao espeto. Moraña

Queixería do Rexo. Allariz.

Page 59: A gandería en Galiza

REFRÁNS•Polo San Xoán rapa ao carneiro a lan.•A muller e a ovella, con día á cortella.•Queixo de ovella, leite de cabra e manteiga de vaca.DITOS•Meter as ovellas no curral.•Ser a nai do año.•Ovella que berra bocado que perde.•Ser manso coma un año.•Pouca la e polas silveiras•Ser máis carneirán cós carneiros.•Ser coma a peste dos pericos.

TRADICIÓN ORAL

Page 60: A gandería en Galiza

As cabras de Galiza pertenecen a varias razas. Críanse en pequenos grupos ou formando parte de rabaños mixtos coas ovellas ou coas vacas. Actualmente hai censadas arredor de 45.000 cabezas.As cabras ocupaban os terreos que non eran aproveitables por outras especies, atopándose os rabaños máis grandes nas zonas de alta montaña onde escaseaban os recursos. Os rabaños de cabras en Galiza sempre estiveron ligados ás zonas de montaña, onde se explotaban en “veceiras” (rabaños comunitarios).

A cabra

Page 61: A gandería en Galiza

É a única raza caprina autóctona galega.É un animal rústico con gran capacidade de adaptación ás zonas que ocupa, onde aproveita uns pastos que dificilmente poderían manter a outros animais. Procede da Capra aegagrus con posibles influencias dun tronco máis antigo. Nos petroglifos galegos aparecen representacións de cabras.É unha cabra de tamaño medio, de 60 a 80 cm de altura na cruz e 40 a 70 kg (os machos son os de maior tamaño). O pelo é curto de cor vermella.No século XVIII pasaba do 600.000 exemplares. A raza conservouse nas zonas de montaña das provincias de Lugo (Os Ancares) e Ourense (Baixa Limia). A asociciación Capriga conta con cincuenta socios que tentan recuperar a raza.

Cabra Galega

Page 62: A gandería en Galiza

NOMESFemia: cabra, cabuxa, chivaMacho: castrón, cabrón, chivo, bode.Crías: cabirtos, cabritos, cabuxos, xenas, cabuxiños.

Page 63: A gandería en Galiza

ADIVIÑASQue cousa, cousiña, será que, cando vai para o monte, mira para a casa e cando vai para a casa,mira para o monte. (OS CORNOS DA CABRA)

DITOS•A cabra sempre tira ao monte.•Estar coma unha cabra.•Cabuxa tola, onde vai unha va todas.

Page 64: A gandería en Galiza

Cada ano prodúcense en Galiza arredor dun millón de exemplares destinados ao consumo directo e ao procesado en industrias cárnicas. Segue habendo porcos en moitas casas labregas, pero a maioría críanse en granxas.Os porcos galegos actuais pertencen ás mellores razas europeas (largue white, pietrain, landrace...) e consérvase unha raza autóctona, o porco celta, que crian arredor de 350 gandeiros.

O PORCO

O porco é un animal común que se podía atopar en case todas as casas xa que era unha das bases da produción para autoconsumo.

Page 65: A gandería en Galiza

Ata comezos do século XX era a raza maioritaria en Galiza. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, comezouse a recuperar a partir de 1999, coa creación da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) para conservar o patrimonio xenético da raza e promover a súa cría e difusión.Está incluído no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como raza autóctona española de protección especial o en perigo de extinción polo Real Decreto 1682/1997.O tronco celta procede do cruce Sus Scrofa Ferus co subxénero Striatosus.

O porco celta

Page 66: A gandería en Galiza

O porco celta ten a cabeza grande, coas orellas grandes e caídas e o fuciño longo, lombo curvo e patas longas. Hai tres variedades dentro da raza: no norte de Galiza, pola zona de Bergantiños predomina o ecotipo Carballino que se caracterizan por manchas negras brillantes ou rubias. No sur aparece o ecotipo Santiagués, con dúas variedades, a Branca e a Barcina, con manchas negras contra o seu tercio posterior.

Os porcos celtas son animais de tamaño grande, austeros, rústicos e moi adaptados a súa explotación en réxime extensivo alimentándose de recursos naturais estacionais como landras, castañas e agromos vexetais dos bosques autóctonos galegos.

Page 67: A gandería en Galiza

Large white: de orixe inglesa. Tiveron grande influencia na mellora das razas europeas. Son porcos de cor branca, gran tamaño, moi fértiles e de desenvolvemento rápido. Acadan os 90 quilos aos 3 meses. As femias adultas poden pasar dos 300 quilos e os machos dos 400.

Pietrain: de orixe belga, é moi apreciado pola abundancia da carne e a súa pouca graxa. Nalgúns sitios chámanlle porco de catro xamóns porque tamén ten moita carne nas patas de diante.

Page 68: A gandería en Galiza

NOMES:Macho: porco, cochoFemia: porca, cochaMediano: porco do cordel (4-6 meses)Pequeno: bacoriño, bacuriño, leitón, rancho, porquiño...Os bacoriños véndense destetados, a media cría (porcos do cordel) ou antes da ceba

Page 69: A gandería en Galiza

O porco é un animal do que todo se aproveita. A carne pódese consumir fresca ou conservala de moitas maneiras: seca, salgada, embutida, conxelada,... Os porcos críanse para a obtención de carne coa que se elaboran numerosos produtos transformados (chourizos, salchichas, xamóns...) que son a base dunha importante industria agroalimentaria.Aprovéitase o sangue, a pel como coiro e ata os pelos para facer cepillos.

Page 70: A gandería en Galiza

O LACÓN GALEGO está amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida.Os lacóns son as extremidades dianteiras do porco cun peso entre os 3 e os 5,5 kg e un proceso de elaboración dun mínimo de 30 días (salgado, lavado, asentamento e curado) de porcos de raza Celta, Large Wite, Landrace, Duroc e os seus cruces.A carne debe ser encarnada, coa graxa parcialmente infiltrada na masa muscular, o aroma suave e agradable.

Chourizos, botelos e androllas son formas de conservar a carne do porco adubada e curada. O chourizo faise en toda Galiza. O botelo e a androlla fanse nas zonas da montaña. O botelo faise co pedro (a parte máis gorda do inestino) cun recheo de costela e peles. A androlla é semellante ao botelo, pero leva ademáis carne. O chourizo faise con carne picada adubada con pemento, loureiro, allo, viño e herbas. Nalgúns sitios fanse os chourizos ceboleiros.

Page 71: A gandería en Galiza

A matanza do porco tiña, e segue a ter cando se fai de xeito tradicional, un aspecto festivo familiar. Normalmente colaboraban nela os viciños.Os produtos da matanza tradicional destinábanse na súa meirande parte a seren conservados como provisión de carne para todo o ano.

Page 72: A gandería en Galiza

Nunha gran parte das casas galegas criábanse porcos para autoconsumo e nela contábase cos aparellos, intrumentos e recipientes para a matanza, procesado e conservación dos produtos.

Debuxos de Xaquín Lourenzo

Page 73: A gandería en Galiza

REFRÁNS:-Por San Simón e San Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.-No mes morto non saches o horto nin capes o porco.-O que bo porco queira matar, cedo ten que empezar a gastar.-O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto.-Outono a chegar, porco a cebar.-Mata ao teu porco e verás o teu corpo.-Polo San Martiño mata o teu porquiño.-O porco no maseiro non quere compañeiro. -A vaca é ouro e o porco tesouro.-Con millo no piorno e porco no salgadoiro non hai medo ao inverno anque veña chovedoiro.

TRADICIÓN ORAL

Page 74: A gandería en Galiza

DITOS:-Vai mamar na rolla (teta) de atrás.-A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.-Ao peor porco a mellor landra.

ADIVIÑAS:Churín, churín e churín, choraban caeu a torre e os churíns calaban(A PORCA E OS FILLOS)

CANTARES:Maruxa se vas á feiramércame un porco rabelo,que se mo compras con rabonon me cabe no cortello.

Page 75: A gandería en Galiza

Está formado na súa maior parte por cabalos, aínda que se mantén unha pequena poboación de burros que ata hai pouco se usaron, en zonas minifundistas ou de dificil acceso, como animais de traballo agrícola.

GANDO CABALAR

Page 76: A gandería en Galiza

As testemuñas máis antigas da presenza do cabalo en Galiza atópanse nos petróglifos da Idade do Bronce. Crese que foi traído polos pobos celtas nos séculos VII e VI a.C. Co paso do tempo fóronse producindo mestizaxes e introducindo novas razas adaptadas a distintas funcións (carne, traballo agrícola, transporte...), pero unha parte permaneceu en estado de libertade nos nosos montes ata actualidade.

O cabalo

Petróglifos en Campo Lameiro

En 2.001 establecéronse os caracteres e creouse o libro xenealóxico da raza galega. Tamén se crían cabalos de puro sangue en varias localidades.

Page 77: A gandería en Galiza

En xeral os cabalos galegos son de tipo primitivo; cabeza grande, alzada curta e ventre amplo. Son sobrios e resistentes, póden ser domados como animais de montura ou traballo, pero a maioría úsanse para producir carne que se vende para o exterior.

Page 78: A gandería en Galiza

Cabalo galegoTen entre 120 e 140 cm de alzada, perfil recto ou subcóncavo, e a capa negra ou castaña cos extremos escuros e as crinas e rabo negros, con cerdas longas e abundantes. Ten orellas pequenas e pelo abundante, ás veces con barbela e mostachos. As patas son curtas, finas e fortes. O casco é escuro, pequeno e duro.

Page 79: A gandería en Galiza

Garrano ou cabalo do monteChamado tamén poni celta ou poni atlántico (Equus ferus atlanticus), un animal moi antigo. Nos montes galegos, en especial na Groba, o centro e norte de Galiza, consérvanse poboacións de cabalos salvaxes ou semisalvaxes, posiblemente unha das poucas que existen no mundo. Teñen unhas características que os diferencian dos cabalos domésticos pola súa adaptación á vida no monte en condicións duras: escasa alzada, corpo relativamente longo, extremidades fortes, cascos moi duros, orellas pequenas e fortes mostachos para protexerse dos toxos entre os que viven e dos que se alimentan. Teñen unha gran capacidade reprodutiva.

Page 80: A gandería en Galiza

A marca é un sinal que se grava cun ferro quente na pel do cabalo para recoñecelo logo. Cada criador ten a súa marca diferente das demáis. Nalgúns lugares, ademaís, ou en vez da marca ao lume, faiselle un ou varios cortes nas orellas.O marcado de cabalos faise desde hai máis de 2.000 anos.

En Galiza celébranse moitas festas nas que o cabalo é o protagonista onde as carreiras e outras exibicións forman parte do programa; e outras nas que intervén como elemento destacado.

Page 81: A gandería en Galiza

En Galicia, onde os cabalos se crían en libertade, existe unha tradición convertida nalgúns lugares en festa: A RAPA DAS BESTAS. Nunha época determinada do ano, normalmente no verán, despois de que as égoas pariran, xúntanse nun recinto pechado (curro) os animais para recortarlles as crinas, marcar os novos e apartar algúns exemplares que se venden, se son novos para criar como animais de traballo ou para carne, e se son vellos só para carne.

Amil (Moraña)

Page 82: A gandería en Galiza

Sabucedo

Page 83: A gandería en Galiza

Burro fariñeiro galegoÉ un animal pequeno, un metro de media na cruz e de ata 200 kg.Ten a cabeza grande coas orellas longas. As patas son delgadas, con cascos pequenos, e o rabo longo e cun mechón na punta.O pelo no corpo é curto e suave, de cor torda (escura, case negra), co fuciño e o ventre brancos.

Page 84: A gandería en Galiza

REFRÁNS:-Sinal é de boa besta a boa pata e a boa orella.-Por un cravo pérdese unha besta.-O ollo do amo engorda ao cabalo.-Ao home e ao cabalo non hai que apuralo.-Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán.-Besta mular, ou comer ou andar.-Besta que xeme á carga non teme.-O que ten besta e vai a pé, máis besta el é.-Besta parada non fai xornada.-Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo.-Líbrate de traseira de mula e de dianteira de burra.-Nin “arre” que fuxa nin “xo” que se deite.

TRADICIÓN ORAL

Page 85: A gandería en Galiza

DITOS:-Hai moitas burras do mesmo pelo.-Morto o burro cebada ao rabo.-O burro ao sol fai sombra.-Carne de burro non é transparente.-Ao pé do banco férrase a besta.-Ao cabalo regalado non se lle mira o dente -Patadas de burro non chegan ao ceo.

CRENZAS:-Cando se deita o cabalo é que vai facer vento.-As ferraduras traen boa sorte. Para que fagan efecto cólganse coa abertura cara arriba para que a sorte non escape.

Page 86: A gandería en Galiza

OS ALBARDEIROSManufacturan o coiro, a tea de saco, o ferro e a madeira, para fabricaren albardas, selas, estribos, alforxas e todo tipo de aditamentos para as cabalerías.

Page 87: A gandería en Galiza

OS FERRADORESSon ferreiros especializados. As ferraduras encárganllas aos ferreiros ou mércanas, aínda alguns fannas eles mesmos. Empregan unha pequena zafra ou bigornia e unha ferramenta sinxela para ferrar as cabalerías e poñer canelos ao vacún.

APARELLOS DOS FERRADORESDEBUXO DE XAQUÍN LOURENZO:1-puxavante2-cravo3-martelo4-derrematador5-escofina6-tanaza do casco5-tanaza dos cravos8-bigornia9-coitela10-ferradura11-canelo para as vacas e bois

Vitrina no Museo do pobo Galego

Page 88: A gandería en Galiza

Antigo carro

tirado por un cabalo

As rastras ou corzas eran aparellos de arrastre de estrutura variable tirados por animais.Debuxo de Xaquín Lourenzo

Page 89: A gandería en Galiza

REFRÁNS•Familia a que Deus dé, e gando o que se poida manter.•San Fernando (maio), pulgas á xente e moscas ao gando. •Nas tardes de marzo recolle o teu gando.•Festa na aldea, o gando se ensea.•Ao rico empréñalle a besta (ou a porca) e máis a vaca; e ao probe a muller e a gata.•Sol e boa herba fan o bo gando, non o pegureiro sonado.•Queixo de ovella, leite de cabra e manteiga de vaca.

O gando

CANTIGASan Antoniño garda o gando,San Xoán garda as ovellas,Santa Lucía as costureirasque andan polas casas alleas.

Page 90: A gandería en Galiza

Críase fundamentalmente para o aproveitamento de carne. En Galiza eran animais correntes nas casas do campo. Vivían en pequenas cortes pechadas ou en xaulas e moitas veces eran os rapaces os encargados de coidalos. Case desapareceron como animais domésticos coa chegada da peste dos coellos (mixomatose). A maior parte dos coellos que hai na actualidade críanse en granxas.

COELLO

Page 91: A gandería en Galiza

En Galiza hai unhas mil granxas con capacidade para producir uns 22 millóns de polos, galiñas para carne poñedoras; 72 granxas que crían pavos e 7 que producen patos. Ademais hai granxas de cría de paspallás, faisáns e perdices destinadas á repoboación para a caza.

AVICULTURA

Page 92: A gandería en Galiza

Nalgunhas casas críanse tamén mesturados coas galiñas algúns patos e pavos.As pombas eran máis numerosas nas grandes casas de campo onde tiñan construccións específicas, os pombeiros. Aproveitanselle os pichóns como carne.

Page 93: A gandería en Galiza

Críase para carne e ovos. A gran maioría pertencen á cría industrial que comezou arredor de 1960 introducida por empresas norteamericanas. En moitoas casas de campo críanse pequenos grupos de galiñas. Todas as galiñas de granxa pertenecen a razas seleccionadas (poñedoras ou produtoras de carne). Os grupos que se conservan nas casas de campo adoitan ser de varias razas e maioritariamente cruces entre elas.

Galiña

Page 94: A gandería en Galiza

Galiña de MosÉ unha raza autóctona galega, unha das máis antigas da Península Ibérica. O nome da raza débese á parroquia de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo), xa que foi nesta zona onde se comezou o proceso de selección para a recuperación da raza orixinal que estaba en perigo de desaparecer. En 1935, coa creación da Estación Pecuaria Rexional de Lugo, o veterinario Blas Martínez Inda iniciou o traballo de recuperación publicando ese mesmo ano o primeiro patrón da raza. En 1942 o veterinario Juan Rof Codina estudou e promocionou a galiña de Mos. Na década de 1960 coa aparición das explotacións instensivas estivo a piques de desaparecer de novo e a partir do ano 2000 comezou de novo a recuperación da raza.

Page 95: A gandería en Galiza

A ggaliña de Mos é unha raza robusta, de cor castaña crara e crista en piña ou chícharo. O peso dos galos acada ata 4 quilos mentres que o das galiñas chega aos 3 quilos. Adáptase con facilidade a condicións climatolóxicas adversas. É boa produtora de carne e moi boa nai. É a raza que cría os capóns de Vilalba.

Page 96: A gandería en Galiza

Nalgúns lugares de Galicia críanse os capóns, polos machos capados que reciben unha alimentación e un coidado especial e son moi apreciados para as festas. Como di o refrán “Capón de oito meses, comida para mesa de reises”.Uns cuarenta días antes de matalos, son encerrados nas capoeiras, pequenas gaiolas onde apenas poden moverse, que normalmente están dentro das casas, ao pé das lareiras, para que estén quentes. Durante este tempo son “embicadados”, obrigados a comer unha pasta de millo triturado mollada en viño branco ou en leite, para que collan graxa.

En Vilalba (Lugo) celébrase todos os anos, en datas próximas ao Nadal, a feira dos capóns.

Page 97: A gandería en Galiza

REFRÁNS:-Gran a gran, a galiña fai o papo.-Ave de pico non pon ao seu amo rico.-O polo de xaneiro polo San Xoán está comedeiro.-O polo de xaneiro vale carneiro.-A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro.-Maio tolo, nin bo gato nin bo polo.-A galiña vella fai o mellor caldo.-Caldo de galiña, para o enfermo a mellor mediciña.-Por Santa Mariña deita a túa galiña.-Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo.-Ovos fritos non dan pitos.-Polo San Antón a galiña pon.

TRADICIÓN ORAL

Page 98: A gandería en Galiza

DITOS:

-Cando mexen as galiñas.-Ser un galo-Ser un galiña-Deitarse coas (ou canda) galiñas.-Porse a carne de galiña.

CANTARES:

Miña nai e mais a túaquedan no río berrando (ou na eira…)por culpa dunha galiñaque ten amores co galo.

Unha vella no corralcun peido matou a un polo,e se non llos quitan de adiantemata galiñas e todo.

Page 99: A gandería en Galiza

ADIVIÑAS:-Unha señora moi enseñoreada, chea de remendos e sen unha puntada (A GALIÑA)

-Érguese á mañanciña, déitase ao anoitecer, tatarexa cando fala e da cousas de comer (A GALIÑA) .

-Cocorico ten pés, cú e bico, e os fillos de cocorico non teñen pés, nin cú, nin bico (A GALIÑA E OS OVOS)

-Alto, alteiro, gran cabaleiro, gorro lucido e espora de aceiro (O GALO)

-Unha caixiña redonda, branca coma o azahar, ábrese moi facilmente e non se pode pechar (O OVO).

-Branco coma o cal, todos o saben abrir, ninguén o sabe pechar (O OVO).

-Unha casiña branca, sen porta nin tranca (O OVO).

Page 100: A gandería en Galiza

A abellas críanse para aproveitarlles o mel e a cera.A mediados do século XVIII había en Galiza máis de catrocentas mil colmeas. A súa cría tivo un gran baixón coa chegada dos azucres e da corrente eléctrica. Nestes momentos está experimentando un incremento pola valoración do mel como alimento natural.

APICULTURA

Page 101: A gandería en Galiza

O mel de Galiza está amparado como Indicación Xeográfica Protexida. Galiza está á cabeza de Estado en produción de mel con denominación de orixe. Hai uns 3.500 apicultores que producen máis de 500 toneladas de mel ao ano.Prodúcense diferentes tipos de mel: multifloral ou monofloral de castiñeiro, eucalipto, silva ou queiroga.

Page 102: A gandería en Galiza

ColmeasEstructuras de madeira (prismáticas ou cilíndricas) ou de cortiza (trobos, cortizas ou cortizos) onde se crían as abellas. Poden estar instaladas na horta, na eira, debaixo do hórreo, no corredor da casa ou no monte.

Debuxos de Xaquín Lourenzo

Page 103: A gandería en Galiza

REFRÁN-Se queres sacar mel, castra polo San Miguel. ADIVIÑAMoitas monxasnun convento,visitan as frorese fan dóces dentro.(As abellas)

TRADICIÓN ORAL

Page 104: A gandería en Galiza

Restos dos chozos de verán de Queguas (Entrimo)

CONSTRUCIÓNS PARA O GANDO E A FACENDA

Page 105: A gandería en Galiza

Refuxios temporais para os pastores. Usábanse pemanentemente nos meses de verán e o resto do ano en ocasións. Son típicas das zonas de pastoreo libre.Son construcións moi sinxelas feitas cos materiais da zona (pedra, madeira, palla) que se situaban illadas ou en grupos arredor do curro onde se gardaba o gando. Nalgúns casos aproveitaban abrigos naturais.

Cabanas, chozos, chivanas

Chivana no XurésRefuxio en Cabo Udra

Page 106: A gandería en Galiza

Chozos no Suído

Page 107: A gandería en Galiza

Construcións circulares ou de planta irregular con muros altos de pedra e unha entrada por onde se mete o gando. Na actualidade fanse con madeira ou estruturas metálicas. Úsanse para xuntar o gando para marcalo, separalo antes de vendelo...Os curros están formados por varios recintos: un amplo no que se xunta todo o gando e outros máis pequenos ao carón nos que se encerra o gando que se vai marcar ou vender.

Curros

Curro de Racamonde no Forgoselo.

Page 108: A gandería en Galiza

Espazos para o gando que se ten na casa.Poden formar parte do mesmo edificio que a vivenda, na planta baixa a carón da adega ou da cociña, ou estar separados. Cando se tiñan animais distintos facíanse divisións con táboas ou paus para separar as vacas, as bestas, as ovellas ou cabras ou os porcos. As ovellas e cabras e os porcos podían ter un espazo independiente (cortello, cortella).

Cortes

Page 109: A gandería en Galiza
Page 110: A gandería en Galiza

As instalacións modernas deséñanse tendo en conta as condicións necesarias para facilitar unha boa hixiene e salubridade (boa ventilación e limpeza doada) e espazo suficiente para o desenvolvemento e o correcto manexo dos animais.

Page 111: A gandería en Galiza

Pequenas construcións pechadas e telladas habilitadas con pousadoiros (poleiros) e niños. Úsanse para gardar as galiñas pola noite. Ás veces complétanse cun recinto valado.

Galiñeiros

Page 112: A gandería en Galiza
Page 113: A gandería en Galiza

Recintos de forma circular ou oval pechados por un valado de pedra. Úsanse para protexer os colmeares das inclemencias do tempo, dos animais e das persoas.

Alvarizas, abellarizas, albizas ou cortíns.

Serra do Xurés

Os Ancares

Page 114: A gandería en Galiza

Entrada para as abella na parede dun alboio.

Pasarela (Vimianzo)

Page 115: A gandería en Galiza

Construcións para a cría de pombas. Poden ser sinxelos caixóns de madeira con troneiras que se poñen nas paredes dos hórreos, dos alpendres... ou construcións de pedra moi elaboradas, xeralmente asociadas a casas señoriais.

Pombais

Page 116: A gandería en Galiza

Son construcións destinadas a almacenar a palla e a herba seca. Instálanse xeralmente achegadas ás cortes do gando en lugares ben aireados e sen humidade. Para garantir a circulación do aire as paredes están construídas con algún sistema de aireación: táboas separadas entre sí, ocos...

Palleiras, palleiros ou secadeiros

Page 117: A gandería en Galiza

Construcións para almacenar forraxe compactado.

Silos

Page 118: A gandería en Galiza

Construcións e recintos temporais ou permanentes destinados á realización de transaccións comerciais.A maioría eran pendellos coa parte frontal aberta e con mostradores ou bancos para expoñer as mercadorías. Podían estar cubertos ou descubertos.As actuais son grandes naves dotadas de todos os servizos: postos de venta, recintos para os animais, oficinas, auga, almacéns...

Feiras e mercados

Construccións da feira do Páramo

Page 119: A gandería en Galiza

O comercio de animais realízase en lugares especialmente axeitados: as feiras de gando. As feiras celébranse en moitos lugares de Galiza e nelas, ademais do gando, tamén se mercan e venden outros produtos relacionados co campo e a casa.

Santiago Monterroso

Silleda

Page 120: A gandería en Galiza
Page 121: A gandería en Galiza

A carón da gandería creáronse e desenvolvéronse nas propias casas, e en pequenos obradoiros, actividades de transformación dos produtos: elaboración de queixos, manteiga, embutidos, curtido e elaboración de obxectos de coiro, fiado e tecido de la, traballos en cera... Na actualidade aínda conviven coas modernas industrias empresas de carácter familiar e obradoiros tradicionais.

Page 122: A gandería en Galiza

Museo do coiro. Allariz

O curtido de peles foi unha actividade importante en Galiza ata a aparicións das industria modernas. Os obradoiros tradicionais desapareceron e algúns convertéronse en museos.

Page 123: A gandería en Galiza

En tempos máis recentes foron xurdindo as empresas industriais que recolleron a riqueza e a variedade dos valores tradicionais e incorporaron á produción as máis modernas técnicas de elaboración e comercialización. As máis representativas son as lácteas, as cárnicas e as de alimentación animal. As industrias agroalimentarias teñen carácter estratéxico para Galiza porque constitúen un elemento clave para desenvolver o sector agrario e gandeiro.

Page 124: A gandería en Galiza
Page 125: A gandería en Galiza

MONTAXE E TEXTOS: Adela leiro, Mon DaportaFOTOS: Adela leiro, Mon Daporta, Juan Maceira, Lucía Leiro

Novembro 2014