Castelao - Sempre en Galiza

339
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Sempre en Galiza

description

Galeguismo

Transcript of Castelao - Sempre en Galiza

Page 1: Castelao - Sempre en Galiza

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Sempre en Galiza

Page 2: Castelao - Sempre en Galiza

Título orixinal: Sempre en Galiza

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, 1944

Retoque de portada: Wolfwood

Editor dixital: Wolfwood

Page 3: Castelao - Sempre en Galiza

En memoria de Alexandre Bóveda

Page 4: Castelao - Sempre en Galiza

Adro

Os tres feixes de discursos que se axuntan neste volume —reflexos dun mesmo

ideal— foron escritos no desterro, para escorrentar a morriña, e responden a situacións

diferentes de lugar e de tempo: Valencia e Barcelona (1937), Nova York e Océano Atlántico

(1940), Bos Aires (1943). E cavilando no limiar que debía compor para encabezalos, opino

que poden valer os pequenos artigos que escrebín en Badaxoz (1935), cando Lerroux tivo a

ben ordear que me preparase para maores ausencias.

Velos aí:

Page 5: Castelao - Sempre en Galiza

I

Estou lonxe da miña Terra: en Badaxoz. Cóbreme un inmenso fanal azul. Atópome na

torre de “Espanta Perros” e vexo dende eiquí as rúas ensarilladas da cibdade. Unha cigoña

lanzal vixía no borde do seu niño, e as pombas bravas chían no ar. Na lonxanía percibo a

Elvas —a praza portuguesa nemiga temporal de Badaxoz—. Acompáñame un can

vagamundo, que me sigue a todas partes; un can morriñoso e vedreiro, que me fita con ollos

de namorar; un can agradecido até o servilismo, que por unha pedra de zucre agarda por min

na porta do café para facerme compaña no paseio de tódalas tardes… Este cativo animal

dáme noxo e compaixón, e véndoo tan famento, tan luxado e tan manso, pareceme un

símbolo… “Aquí se muere de asco hasta el Obispo”.

Neste intre sinto por primeira vez a necesidade de escrebir para vós dende o desterro

que me impuxeron. Non temades aos meus arroutos sentimentaes, porque xa deixei de ser

mozo. E velaí o que hoxe se me ocurre decirlles aos leitores de A Nosa Terra.

Hai homes que pasan a vida predicando as escelencias dunha doutrina política ou

social e sinten a ledicia de seren combatidos, porque confían na posteridade e soñan con

triunfar dispois de mortos, convertíndose en estatuas de bronce ou mármore; pero se a ideia

que predican botase axiña raíces no sentimento popular e se, por acaso, xurdise a ocasión de

vela trocada en feito hestórico para abrir unha época, entón veredes que os mesmos

sementadores da teoría collen medo, e algúns son capaces de abandonar os seus postos de

honor.

Eles gostan de chamar “tempos heroicos” aos do espallamento da ideia, e non se

decatan de que o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en

feitos, pois crear unha doutrina non é a penas outra cousa que facer solitarios filosóficos,

como loitar con nemigos no campo da polémica pode ser, simplementes, un xogo de amor

proprio. E así, soñar cun futuro lonxano e venturoso cicais sexa un divertimento poético,

alleo a toda vocación de sacrificio.

Cando un home sabe que a realización dunha ideia vai producir a felicidade do seu

pobo e a salvación da súa patria, non debe recuar ante a posibilidade de trunfo, aínda que a

violencia doorosa e sanguiñenta do parto lle produza arrepíos; porque o home que dubida e

teme no intre de realizar o ideal que predicou e non ten coraxe para manterse no seu posto de

perigo, ou é un farsante ou é un coitadiño.

Un home que teña fe no ideal que propaga non debe resiñarse a morrer sen velo

realizado, a non ser que morra en loita polo seu ideal. E aínda direi máis, espóndome a que se

dubide das miñas convicións democráticas: Se o pobo non quixera enterarse do que lle

convén e fixese desprezo do remedio que pode salvalo, ¿haberá algún home de fe que deixase

de impor ese remedio, aínda pola forza, se dispuxese de poder para tanto? Porque un home de

verdadeira fe nos ideaes que predica e con coraxe para remediar as desventuras do pobo, vai

cara ao trunfo cando se poida e como se poida.

Page 6: Castelao - Sempre en Galiza

II

Estou nun café con espellos, onde dúas columnas e dúas bochas de luz abondan para

figurar longas alamedas. Parece que eiquí non hai traballo para ninguén e que se vive na

inacción, sen ensoños nin espranzas; e non habendo traballo tódolos dereitos pereteñecen á

proriedade… Eiquí a xente está dividida en dous bandos estremos e irreconciliables, que un

galego a penas pode concebir: os que van ao café e os que non poden ir. ¡Abenzoado sexa o

café en Badaxoz, porque fai creer que se vive!

Lémbrome dalgúns galegos que viven para o seu bandullo, porque son ben asisados e

non sofren as inquedanzas dos demais.

Parece que teñen o pesimismo dos vellos e aínda non se aventuraron en ningunha

empresa. Parece que teñen o escepticismo dos que están de volta e aínda non se arriscaron a

viaxar. Parece que son donos da verdade e aínda non pasaron fames nin sedes. Parece que

trunfaron nalgunha liota terrible, decisiva, e non fixeron máis que fuxir diante dos perigos.

Parece que merecen o que gañan e non saben decatarse da sorte que os empurrou. Parece que

están capacitados para regalar consellos e coas súas sentencias egoístas acabaríase o mundo.

Son comenenciudos, traballan con proveito e non conciben máis ideal que o de vivir con

desafogo e sen doores no estómago.

Estes son os que me decían:

— ¿Por que te meteches en política? A política é unha cochinada e ti mellor estarías

na túa casa, facendo arte.

Son galegos e non conciben que Galiza poida salvarse cunha política honrada. Son

galegos e non saben que Galiza necesita unha política súa, para conquerir o desenrolo normal

da súa economía. Son galegos e non se decatan da necesidade dunha política que garantice a

vida da nosa cultura. Son galegos e non saben que temos un destino hestórico que comprir, na

Hespaña e no mundo.

Estes son os que din:

— Eu non sinto a necesidade de falar galego (porque esa necesidade non se sinte no

bandullo).

— Eu atópome ben onde poida vivir con desafogo (porque levan a patria na sola dos

zapatos).

— Eu non creo en ninguén (porque tampouco cren en si mesmos).

— Eu renego da política (porque saben que a política dá disgustos).

— Eu ríome dos políticos (porque cicais non toparon a ocasión de lamberlles os pés).

— Eu non perteñezo a ningún partido (porque non queren comprometer a súa

tranquilidade).

Así son moitos galegos serios e sesudos na aparencia, que visten ben e saben impor

respeto aos seus consocios de Casino.

Calquera día un destes galegos que non quer meterse en política, paas, de súpeto, a ser

directivo dunha entidade que defente intreses, e védelo sentado nun banquete, a carón de

calquera político inmundo.

Page 7: Castelao - Sempre en Galiza

III

O “lonxe da Terra” aínda é unha doenza do sentimento que fai chorar de soedade aos

emigrantes galegos. Eu non podo negar que a padezo; pero xa non é pola lembranza dos eidos

nativos, nin polos anceios de retornar ao seo da familia, senón pola ausencia da Patria. Este

sentimento de soedade xa non é esclusivo dos desterrados, porque os bos galegos somos

espatriados anque vivamos en Galiza. ¿Ou é que morar nunha Terra aferrollada non é tan

dooroso como vivir no desterro?

Hoxe topeime cun afiador ourensán, e os dous tíñamos morriña: el pola súa aldea,

onde deixou unha moza; eu pola miña Patria, onde campan os funcionarios forasteiros e

runflan os galegos descastados. Falamos moito, e no remate da nosa conversa o afiador

apañou a “roda” e foise polas rúas, a pregoar no asubío os seus anceios amorosos. Eu

quedeime a miralo, envexoso da súa mocedade e da súa sinxeleza, a rillar as miñas arelas

patrióticas, coa espranza entristecida de tanto agardar o trunfo dos nosos ideaes de liberdade.

¿Sentimentalismo? Cicais; pero sentimentalismo novo.

Hai galegos tan amantes do seu terrón orixinario que dispois de emigraren,

empurrados pola necesidade, retornan atraguidos pola querencia, coa mesma ledicia que

sinten os cabalos cando retornan á corte. Eles levan as imaxes do seu mundo nativo e

apéganse a elas con tan afervoada saudade que alcanzan a categoría de tipos de novela. Pero

cando chegan de volta síntense defraudados por atoparen casa novas, luz eléitrica e xente ben

vestida. Quixeran non atopar alí nada do que viron de bo nos mundos alleos, para seren eles

os importadores do progreso. Quixeran que a xente ficase como estaba, para seren eles os

modelos de toda mudanza. Quixeran que os adiantos do seu pobo natal se lle debesen á súa

filantropía…

Este amor egoísta e limitado —case que animal, de tan natural— aínda está moi lonxe

de ser confundido co sentimento patriótico dos galeguistas.

Para eles a Terra é o berce onde nasceron, i engrandéceno até o punto de chamarlle

Hespaña. Alí cantan os paxaros mellor que en ningures e a lúa ten máis claridade. Alí dáse o

mellor pan, o mellor viño, a mellor auga e o mellor leite. Alí as festas madrugan con

alboradas de gaita. Para eles a Terra é tan pequena que aínda non pode chamarse Patria,

anque o amor que lles inspira sexa fundamental para un auténtico patriotismo.

En troques para nós, os galeguistas, a Terra é tan grande, na súa estensión e na súa

profundidade, que non abondan os días dunha vida para coñecela; e amámola tanto que sóio

pensamos en facer dela unha Patria feliz.

Agardemos un pouco máis e a morriña dos desterrados galegos xa non será esa

enfermedade sentimental que doadamente se cura con retornar aos eidos nativos, porque,

quéirase ou non, tódolos galegos sentiremos este anceio grande e ledicioso de asistir ao

rexurdimento dunha Patria que parecía morta.

Page 8: Castelao - Sempre en Galiza

IV

Polas mañanciñas as rúas de Badaxoz énchense de burros, e cando bate o sol no

lombo dun deles o seu orneo godalleiro fai ornear á mesma cibdade. No filo das oito da

mañán ornea sempre un burro debaixo do meu balcón, e a probe besta entoa o himno da súa

especie con tal forza aspirante e impelente que mesmo parece que están aserrando a esquina

da casa. Entón eu abro os ollos, e ao despertar nunca sei onde me atopo.

Hoxe é Primeiro de Maio, festa nacional e internacional. Podo, pois, repousar o

almorzo na cama, e teño tempo para meditar co bandullo cara arriba. Busco ideias novas e

non acoden máis que lembranzas vellas. De súpeto xurde no meu maxín esta pergunta: ¿Que

diferencia eisiste antre un país agrícola que laboura con bois e vacas e outro que ten por

motores de sangue o burro e a mula? Regálovos o entretenimento de responder a esta

comparanza, porque o que a min se me ocurre é moi longo de decir.

Para conmemorar este día celébrase un mitin socialista e falará o diputado que máis

traballou nas Constituíntes para sacar avante a sonada Lei de Reforma Agraria. I eu debo

asistir.

Xa voltei do mitin e xa sei que os socialistas teñen a preocupación de resolver os

problemas desta terra de latifundios, rexida por un bárbaro sistema feudal. Os oradores

falaron ao corazón dos "castúos" e déronlle a espranza dunha vida mellor. Tamén falaron ao

meu corazón de home. Pero saín do mitin a cavilar na desventura dos labregos de Galiza, que

non son obreiros nin patróns, que non poden avencellar os seus problemas vitaes á

preocupación dos grandes partidos de clase, e que, polo tanto, verán as súas reivindicacións

ao marxe do balbordo revolucionario que inza esta Hespaña anacrónica, detida no réxime

patrimonial que tivo por orixe a usurpación e a conquista. ¿Pode acaso o Estado centralista,

fillo destes páramos calcinados, preocuparse doutra cousa que non sexa o de transformar a

estrutura dos seus latifundios, sacándolle a terra a quen non a traballa, para constituír, por fin,

a clase agrícola que necesita? Non; o Estado actual non ten lecer para ocuparse do problema

minifundista de Galiza, anque este apareza tinguido de terribles inxustizas e o seu desarranxo

teña doada solución son sóio aceptar a necesidade dunha reforma múltiple. Pero como Galiza

non é unha estepa e os seus problemas son minoritarios, quedará sempre escluida do “intrés

nacional” en canto a Lei sexa única.

¿Quen pode, pois, salvar a Galiza? Galiza mesma. ¿Como? Cun gran partido político

nidiamente galego. ¿E para que? Para que a nosa Terra conquira o dereito a lexislar para si

mesma. ¿E cando contaremos con ese gran partido? Cando os nosos labregos abran os ollos e

deixen de votar a quen non comprende a nosa diferenciación.

Page 9: Castelao - Sempre en Galiza

V

Estou nun inmenso país de latifundios, poboado por xentes moi ricas e xentes moi

probes.

Os ricos comen porco e teñen cara de ictericia. No inverno sonean a carón do braseiro

e no vran durmen de día e velan de noite. Reparten esmolas de dous céntimos e consideran as

chinches como unha praga inevitable. Teñen adeministradores para os seus bens e creen que

Gil Robles é un revolucionario.

Os probes mantéñense de sol no inverno e aforran enerxías encostándose nas paredes

encaleadas. Cando chegan os meses de calor póñense a engulir araxiñas de vento nas rúas

avesías. Están desnutridos e perderon o apetito. Se algunha vez traballan dálle estalidos o

espiñazo.

A terra é farturente e dá, sen esforzo, todo canto se lle pida; pero esta terra está en

poder dos ricos, porque os probes non teñen azos para rexer propriedades.

O país tivo algunha concencia da súa personalidade; pero deixouse decapitar pola

fronteira portuguesa, e o inmenso corpo estremeño foi asimilado polos países veciños.

Se eu fose natural deste país e sentise anceios de axudar a reivindicalo, non me

quedaría máis que un recurso: ser socialista.

A miña Terra é un país de minifundios, poboado por xentes algo ricas e por xentes

bastante probes ou probes de todo.

Os ricos comen e beben de abondo para morreren de apoplexía. Durmen pouco,

cavilando no diñeiro que teñen a réditos ou no preito que lle van poñer a calquera veciño. Fan

caridades con verbas tan bonitas como estas: “Que Deus o ampare”. Soñan con mandar e

fanse caciques ou amigos de quen ten o poder nas mans. Adeministran os bens proprios e

cando poden aínda pretenden adeministrar os bens alleos.

Os probes comen o que teñen e se o teñen. Están desnutridos, pero endexamais

perden o apetito. Cando a súa terra non lles dá para vivir collen un fato de roupa e vanse polo

mundo, en procura de traballo. Son donos dun anaquiño de propriedade e viven escravizados

polo fisco e asoballados polo cacique. Tamén van ao mar e arriscan a vida por un cacho de

pan. Traballan de sol a sol ou de estrela a estrela, porque ninguén lles paga o xorgal que

necesitan para vivir e teñen que arrincalo, eles mesmos, da terra ou do mar.

O agro é compridor e non se cansa de pagar o que debe; pero reclama sudores e

bágoas. A terra galega está esnaquizada polo amor e a cobiza dos seus fillos. O mar é tolo,

veleidoso como unha baraxa.

O país mantén latexante a súa personalidade nacional; pero carece de coraxe para

defendela, porque a fronteira portuguesa cortoulle o brazo forte que antes tiña. O pobo fala

unha língoa esgrevia e posúe unha cultura en froración permanente. Sinte a necesidade de leis

proprias para resolver os seus problemas xenuínos.

A miña Terra conta, por ventura, cun partido político que se afinca nos postulados

democráticos da Constitución republicana, capaz de remediar a miseria moral e material dos

nosos irmáns, e a este partido pertenezo e pertenecerei mentras viva.

Sendo galego non debo ser máis que galeguista.

Page 10: Castelao - Sempre en Galiza

VI

Onte percorrín máis de trinta légoas de terra estremeña, onde os ollos se perden nos

trigaes e as oliveiras. Tamén vin montes inmensos cobertos con aciñares, onde bulen

piolleiras de cochos mouros. Atravesei algún pobo con homes esterricados na porta das

casas. Por riba da liñamenta chan dos tellados érguense castelos en ruína e casonas fidalgas.

Parece mesmamente que os poucos habitantes desta terra deben nadar na fartura, coma os

peixes no mar. E hoxe mesmo, na oficina de Estadística, anotáronse varios casos de morte

por inanición. ¡Fame, cando se vive nun mar de pan!

No viaxe de onte pasei á beira dun cortijo amparado por un soio eucalipto que fai de

pararraios barato. Eo meu acompañante contoume a siguente anécdota:

— A este cortijo chegou un día o vello Maura. O dono da finca gabouse de ter as

mellores instalacións do país. “Eiquí durmen os porcos”. “Eiquí paren as porcas” —decía o

terratenente—. Todo alí estaba limpo, claro, relucente. E chegaron a un cortello inmundo,

estrado de palla e de sacos vellos. “¿Que é esto?” —preguntou Don Antonio Maura—. “Este

é o lugar onde durmen os gañáns” —respondeulle o dono da finca—. I entón Maura doulle

este aviso, a modo de consello: “Pois… procure vostede que non desperten”.

O consello de Maura non logrou entrar na mioleira dos terratenentes estremeños, e

perdeuse como se perderon outros moitos. Por outra banda a xente de eiquí non desperta,

porque a fame dá sono… E unha vez que se promulgaron leis xustas, capaces de remediaren

tanta miseria, erguéronse as “dereitas” hespañolas, alporizadas, i empuñando un crucifixo

comezaron a falar de inxustizas e sacrilexios.

Eu son dunha Terra onde os labregos non foron capaces de aturar o despotismo

señorial, e máis dunha vez (van alá centos de anos) fixeron revolucións sanguiñentas. Dos

tempos abolidos quedan aínda os foros; pero esta cárrega vai alixeirándose a forza de

rebeldías xordas. Certo é que desapareceu o amo terratenente; pero foi sustituído por moitos

amos confabulados, que fan chegar a Galiza o reparto da miseria central. Hoxe a miña Terra

é un bocado da República poboado por traballadores que aínda temen á xustiza oficial,

porque nunca se lexisla para eles.

Eu vexo a miña Terra dividida en anaquiños de propriedade, i en cada anaquiño unha

casa chea de xente. Hai fame nos fogares, e a miseria do minifundio vai meténdose na alma

dos labregos; pero siguen acesos no afán de traballar e de posuír. Polas abas dos montes

incultos (incultos por seren do Estado centralista) ruben os piñeiraes coma se fosen os dedos

arteiros dun ladrón.

A miña Terra debía ser un paradiso nesta Hespaña fanada. Alí debía crearse unha

verdadeira democracia republicana e cristián; pero a mioleira dos gobernantes está

conxestionada de tanto cavilar en Andalucía, Castela i Estremadura… e non lle queda un

refugo para pensar nos traballadores de Galiza. Así e todo a miña Terra está en condicións de

salvarse, porque conta con personalidade indiscutible e quer esteriorizala en forma de cultura

e de leis públicas, e día virá en que se goberne por si mesma. Entón as realidades do noso

tempo serán lembranzas aleicionadoras.

Page 11: Castelao - Sempre en Galiza

VII

Eiquí os “vellos desamparados” non paseian en ringleira, ao xeito dos seminaristas e

os hospiciáns. Os vellos saen do Asilo, en desbandada, como unha “masa coral” no remate do

ensaio. A súa vida parece aburrida. Creo que nin tan siquera agardan pola morte. Cando fai

frío buscan a quentura do sol nos cobexos da muralla. Cando fai calor andan de gandaina, en

busca do seu divertimento preferido: ver traballar. Onde queira que se traballe, alí estarán os

“vellos desamparados”, gozando cos ollos. Esta ledicia é a única que os anima. E no remate

da xornada márchanse para o Asilo, coma se voltasen do Teatro.

Hoxe pareime a velos. Estaban ao redor dunha obra de desmonte. Cada un deles co

seu pau, e todos eles enfardados en traxes antigos. Eu decateime de que sudaban de tanto

axudar… cos ollos, e cavilo que se consideran parceiros no traballo, e que respirarán con

orgullo o día que a obra remate. ¡Pobres vellos!

Tamén reparei nunha rolda de xentes desocupadas, ollando dende máis lonxe o

trafego dos peóns. Cicais con anceios de gañar a vida; pero eu xúrovos que en algúns ollos

adiviñei unha cobiza terrible: a de chegaren a “vellos desamparados”.

Lémbrome dos galegos vellos que andan aboiados polas rúas cibdadáns. Parecen

superviventes dunha gran catástrofe. Asáñanse coa ledicia dos rapaces, e refúnganlle esta vil

sentencia: “¡Xa chegaredes a vellos!” E os rapaces non lle dan creto.

Eles foron os supersticiosos do progreso. Adoraban o misterio da electricidade no

miragre do arco voltaico, creían que a cultura viña polos aramios, ollaban nas máquinas a

salvación do mundo, e para eles a letra de molde non podía mentir. Andan vestidos á moda

que acaba de pasar, fuxen da raxeira do sol tapándose con sombrillas, falan castelán por

señoritismo, desprezan a cencia dos labregos e mariñeiros, pintan de aluminio os balcóns da

súa casa e síntense moi orgullosos de que nas alamedas da súa cibdade medren as palmeiras

de África.

Estes vellos endexamais ouviron falar de Antolín Faraldo i esqueceron o nome de

Alfredo Brañas. E cando nos escoitan a nós pregundan, alporizados: “¿Que andan a decir

eses tolos?”

Os nosos vellos son galegos e non o saben, porque sempre viviron nun mundo de

mentiras e artificios, fóra das realidades íntimas, como arañas pantasmaes que tecen o

esquecimento da súa propria eisistencia. Non; non é posible que estes vellos nos

comprendan.

Eu teño mágoa de non velos ao redor da nosa obra, regalándose co noso traballo,

axudándonos co seu ollar ledicioso. Eu quixera que amostrasen o orgullo da súa vellez e que

poderan decirnos: “Somos vellos porque fomos mozos”. Pero eles non tiveron mocedade.

Eu quixera ver detrás dos galegos vellos unha rolda de parados, a rillaren as angurias

de non poder axudarnos, ou envexosos da nosa ventura biolóxica. E que os incapaces ou

perguiceiros arelasen chegar a vellos para poder asistir con dinidade ao traballo dos mozos.

Endebén, podemos felicitarnos de que os vellos que andan agora polas rúas galegas

son os derradeiros sobreviventes dunha época que non volverá.

Cando nós sexamos vellos iremos ver o traballo dos mozos e animarémolos coa nosa

ledicia. E cando rematen unha obra tomaremos parte no alboroque do ramo.

Page 12: Castelao - Sempre en Galiza

VIII

Na catedral de Badaxoz hai un órgao que veu da Alemaña e un crego indíxena

encarregado de tocalo. Eu coidaba que a meirande ventura dun home era ser organista, tendo

unha catedral por teatro e dispondo dun aparello alemán, de tan variadas voces que servise

para regalar con coros anxélicos a piedade do Bispo ou para ceibar tronos do inferno enriba

do Cabildo. Mais este organista namorouse do enxeñoso instrumento e non pasou de

estudarlle as tripas, co gallo dos vellos anatómicos que buscaban no cadavre o segredo da

vida. O crego xa se considera capaz de construír un órgao tan alemán coma o que veu da

Alemaá; pero non lle interesa tocalo, nin llo deixa tocar a ninguén.

O outro día fun á catedral na compaña dun pianista forasteiro, e o crego de marras

quixo amostrarnos o seu xoguete, que está metido na caixa barroca do órgao vello, sobor do

coro. Cando rubimos notei que uns anxelotes tiñan as pernas cortadas a carón. “¿Por que

fixeron esto?” —perguntei—. E o crego contestoume, a rir: “Eran unos angeliyos bailando

unas seviyanas”.

O crego, entusiasmado, dounos esplicacións prolixas do aparello sonoro, e lémbrome

dunha frase súa, que vou a escrebir coa vosa licencia: “Aquí los murciélagos hacen de cuerpo

en los tubos y cada vez que los limpio me llega la basura al alma”.

O crego matounos a tarde, sen que poidésemos ouvir o órgao, e cando o pianista

manifestou desexos de tocalo, o crego torceu o bico e díxolle con cara de poucos amigos:

“¡No vaya usted a creer que un órgano es como un piano!”.

¡Que lástima de órgao e que pena de organista!

No censo de intelectuaes que moran na nosa Terra hai unha chea deles que se

asemellan ao organista de Badaxoz.

Disque algúns pasan a vida ensumidos nas Bibliotecas, para meteren no almacén da

memoria todo canto se leva escrito, e que se un incendio queimase os seus libros serían

capaces de reproducilos. Disque viven fóra do noso mundo e que cando morran debemos

choralos, porque son sabios.

Disque algúns saben todo canto se publica en francés, inglés, alemán, ruso…, e aínda

que nos seus miolos non nasceu endexamais a branca flor dun pensamento orixinal, saben

catar as obras alleas e censurar as que se producen no país. Disque tolean por facer luz na

escuridade, e que cando morran debemos choralos, porque son mestres.

Disque algúns afondan tanto nos problemas do esprito que non lles chegaría unha

vida para daren dictame, e que nin con dúas vidas de profundación se decidirían a escrebir un

libro. Disque estudan e cavilan en silencio, e que o día que morran debemos choralos, porque

son pensadores.

Disque algúns coñecen tan ben os arregueixos labregos e a maneira de curalos, que o

día que falen haberá fartura nos agros. Disque a modestia non lles deixa abrir a boca e que

cando morran debemos choralos, porque son técnicos.

Aínda queda moita fina caste de intelectuaes, dos que a xente di que debemos facer

pranto cando morran; mais eu quixera mellor homes de acción que loitasen polo

engrandecimento da nosa Terra, sen medo ao fracaso, nin á censura, nin tan siquera ás

pedradas. Porque hai que loitar e crear, e non imos perder a vida metidos nas tripas dos

problemas.

Que cando un home dispoña dun órgao seipa tocalo para dar saída ás arelas do seu

Page 13: Castelao - Sempre en Galiza

esprito, aínda que se rompa o aparello e teñamos que chamar por un amañador.

Page 14: Castelao - Sempre en Galiza

IX

Fai moitos anos chegou a Badaxoz un empregado público. Procedía das terras verdes

de Galiza, pero gostaba máis das terras resecas do Sul. E como non puido ir a Andalucía,

contentouse con Estremadura.

Era sentimental e namoradizo, e non tardou en prenderse nunhas reixas de ferro,

endoudecido de amor por uns ollos funerarios, de tan tristes e mouros. Axiña se lle abriron as

portas da casa e logrou sentarse na camilla, a rentes da noiva. E dispois de queimar, no

braseiro, uns zapatos de charol, decideu casar e casouse. Agora é un xubilado, que lee o ABC

e paseia o seu aburrimento mortal pola ponte do Guadiana, coas pernas a rastro e cun caravel

na chaqueta.

Presentáronmo, porque disque é galego, e hoxe tentoume o demo a pasear con el.

¡Que de parvadas tiven que escoitarlle! Faloume das corridas de touros, da lotería nacional,

dos grandes políticos galegos e do noxo que lle inspira o catalanismo. Díxome que non sabe

cómo hai quen viva na nosa Terra con tanto chover e chover. Díxome que o atraso dos nosos

labregos débese a que non falan en español…

Eu sabía de moitos que libraron de quintas por seis mil reás e podían librar por

parvos, como sei de moitos que chegan a ser xubilados pola edade e que padecían de

incapacidade conxénita cando se lles regalou a credencial. Sabía que os imbéciles máis

fenomenaes que pareu a nosa terra andan ben vestidos, e que moitas veces chegan a

Excelentísimos Señores polo riguroso turno de antigüedade. Cheguei a saber que algúns

parvos de nacencia badúan enfonchados en cadeiras de Universidade. Eu sabía todo esto;

pero sempre logrei fuxir de semellantes antroidos. E hoxe —¡quen o diría!— caín en

Badaxoz.

Os persoaxes parvos son idénticos no falar. Posúen a memoria dos papagaios ou dos

gramófonos, e a intelixencia dos monos. Levan a alma uniformada con adobíos baratos.

Viven espiritualmente “de gorra”. Débenlle as ideias a calquera libro de testo e débenlle o

señorío a calquera xastre. Gostan do Casino de caballeros, das “terrazas do café”, dos

“paseos de moda”. Militan en partidos de “dereita” e soñan coa volta do pasado. Estarían

mellor en Madrid que no mesmo Ceo. Son monecos parlantes de fabricación nacional. Están

feitos en serie, por Real Orden publicada na Gaceta.

Estes personaxes obedecen á súa condición de parvos, e odian o galeguismo, sen

teren capacidad para comprendelo. Adoran o Estado unitario e centralista, ou sexa a “sagra

unidade da patria” (verbas máxicas, capaces de faceren parvear a calquera, incluso a un

intelectual). Creen que as autonomías rompen a unidade da súa patria, que é unha boliña que

lle meteron na cabeza cando eran nenos. Creen que falar castelán é falar ben e que falar

galego é falar mal. Creen que os monárquicos son máis hespañoes que os republicanos. En

resume: creen todo canto creían os seus difuntos fabricantes.

A mentalidade dos señoritos parvos concorda coa mentalidade das señoritas cursis.

Ambos a dous disimulan o acento nativo e fían o seu señorío na standardización dos modos e

maneiras. Ambos a dous afincan o seu orgullo no traxe que levan posto. Viven en mundos tan

arredados do noso que non debemos concederlles a categoría de adversarios.

Irmáns: Fuxide sempre dos parvos. Non vos arrimedes a eles, porque poden

roubarvos algo da vosa razón e transmitirvos a súa parvada. Deixádeos pasear, falar, danzar e

medrar no seu mundo. E se algún parvo chega a ser autoridade non mostredes asombro,

Page 15: Castelao - Sempre en Galiza

porque son cousas do sistema que combatimos e dos tempos en que nos cadrou vivir.

Page 16: Castelao - Sempre en Galiza

X

Esta noite, sen querer, esmaguei unha chinche, e o noxo escorrentoume o sono. Xa se

foi o “cantaor” da taberna veciña; xa cantaron os galos no devalo da noite; xa calaron os

grilos dos fornos; xa paseian as chinches polos corpos rendidos. No meu tellado castañolean

as cigoñas; alguén pasa, correndo, en procuro dunha parteira; nun reló calquera dan as catro

horas. Agora ábrese a luz; entra pola rúa o primeiro burro, cangado de legumes; nunha

esquina lonxana vocean o rotativo das “dereitas”. Xa dou comezo a faxina dun novo día, ¡i eu

aínda non puden fechar os ollos! ¡Que cansazo de pensar!

As noites da miña Terra sempre me pareceron pequenas para durmir; pero estas noites

de Badaxoz son longas e desesperadas. Noites de afogo e pesadelo, nas que as paixóns se

inflan e rebentan, como vinchas, e os pensamentos caen mortos, de tanto voar, nas pozas

corrompidas.

Co cansazo da noite pasada séntome a escrebir para vós. Quero adicarlles este artigo

aos dereitistas que tanto abondan por eiquí e por aí.

Dá noxo ver a grea de señoritos dereitistas que poñen a Xesús na porta da casa, para

viviren, dentro dela, en contubernio con tódolos pecados do século; pero dá máis noxo cando

se repara na imprudencia que cometen os seus dirixentes espirituaes, alentando egoósmos,

inxustizas e xenreiras, para reconqueriren, pola forza pecuniaria dos reaccionarios, o que non

foron capaces de conservar polo exercicio da caridade. Mais este cariz do problema non é o

que hoxe me intresa. Tampouco vou discurrir encol do separatismo decaste, que é no que os

señoritos fundan o seu orgullo reseso e o seu carácter serodio.

Eu quero falar da patrioteiría das “dereitas”. Elas considéranse compridoras da

postrimeira manda de Isabel a Católica, porque non leron o seu testamento, que é unionista e

non uniformista, e lanzan inxurias e calumnias a eito sobor dos que pensamos nunha Hespaña

verdadeira. Así, os que non creemos que a unidade hespañola sexa anterior nin superior á súa

variedade, somos uns canallas. Os que coidamos que o sistema unitario e centralista causou a

ruína material e moral de Hespaña, somos uns falsarios. Os que non queremos someternos á

violencia asimilista que iniciaron os Austrias e Borbóns, somos uns insurrectos. Os que

calificamos de imprudencia o rexurdimento do tema relixioso nunha posible reforma da

Constitución, pasamos por ser nemigos do Cristianismo. Os que creemos que o sistema

federal pode resucitar as mellores virtudes da tradición hispana, somos uns traidores. Os que,

por acatamento ao réxime legalmente constituído e á súa Carta fundamental, nos

conformamos cunha autonomía cativa e pedimos un Estatuto para a nosa Terra, somos uns

criminaes. E velaí por qué os patriotas cataláns, vascos e galegos, somos aldraxados a de

cotío na café, no casino, na prensa, na cátedra, no púlpito, no coartel e até no Parlamento.

Os señoritos reaccionarios pretenden anovar os soños imperialistas da monarquía

absoluta co gallo de restablecer os tempos abolidos, sen decatárense do bárbaro sacrilexio

que cometen, porque en nome de Deus nin se pode afogar a libre respiración do esprito dos

homes nin se pode coutar o anceio dos pobos que loitan polo seu proprio ser. Os señoritos

comungan coa “sagra unidade da patria”, que é unha roda de muíño para nós e un amparo de

privilexios anticristiáns para eles; pero será ben declarar que nin teñen concencia da unidade

posible nin sentimentos de patria verdadeira. E por moito que digan, son os únicos

separatistas que coñecemos. Fórono de Portugal, sono de Cataluña, serano de Euscadi e de

Galiza.

Page 17: Castelao - Sempre en Galiza
Page 18: Castelao - Sempre en Galiza

XI

Nos eidos da República abrollan os vezos da monarquía. A poda doulles vitalidade. O

caciquismo e a inxustiza volven a inzar as terras hispánicas

Hoxe asesinan a un rapaz (o meu primeiro amigo de Badaxoz), que por defender as

reivindicacións dos traballadores co ardimento inesperto da súa mocedade, morre a mans

dunha cría do caciquismo reverdecido.

Onte intervén a Delegación do Traballo para evitar que os ricos terratenentes

negocien coa fame dos campesiños, pois xa se estaban pagando xornaes de tres pesetas a

homes que non atopan ocupación máis que nos cincoenta días da sega. ¡Trinta pesos para

todo o ano!

¿Que é esto? ¿Onde teñen a concencia eses homes que andan a falar de sentimentos

relixiosos feridos? ¿Que fan os verdadeiros cristiáns, que non coutan o egoísmo criminal dos

proprietarios da terra? Eu creo que ningún galeguista, por arredado que se atope de nós,

concordará coas forzas reaccionarias campantes agora en toda Hespaña. Creo que ningún

galeguista pode sentir a necesidade dunha caracterización dereitista do seu ideario nestes

intres de guerra incivil.

E no correio de hoxe recibo un manifesto político, arranxado con enxeñosos artificios

de lingoaxe, para disculpar unha posición ilexítima dentro do noso campo. Trátase, nada

menos, que de crear unha “dereita galeguista”, lazando a irmandade dos “bos e xenerosos”,

cando máis rexa debe ser a súa compenetración.

Pois ben; quero que seipan os firmantes do manifesto e todos cantos acudan á súa

chamada, que eu —galeguista nato— opoñereime a calquera entendimento político con eles,

porque non creo na fortaleza dos seus sentimentos patrióticos, nin estou disposto a deixarme

convencer con adoas de vidro.

Quixera compor eiquí longas parrafadas para demostrar que os escrúpulos de carácter

social e relixioso que agora sinten os chamados “galeguistas de dereita”, xurdiron dispois do

desastre eleitoral por influencias esteriores, eisóticas. Quixera demostrar como a fuxida

dalgúns galeguistas obedece, máis que a diferencias políticas, a comodidades persoaes.

Quixera demostrar que a teima secesionista foi provocada pola fervenza reaccionaria que

baixou da meseta castelán. Quixera demostrar que os galeguistas que se arredan de nós coa

intención de amingoaren a nosa forza, poñen a Galiza por debaixo doutros intreses, que nin

tan siquera son esprituaes. Quixera demostrar que un galeguista verdadeiramente cristián non

ten por qué arredarse do noso partido, nin para preservar o cristianismo da nosa Terra nin

para salvar a súa propria alma. Quixera demostrar, en fin, que esas “coincidencias

fundamentaes de orde ideolóxico”, que eles invocan no seu manifesto para chegarmos a un

entendimento político, son, xustamente, as que nos manterán sempre arredados.

Eu podería demostrar todo esto con tanta lóxica como a que empregan os “galeguistas

de dereita” no seu escrito, pero eu faríao con máis emoción e menos artificios. Non o fago

porque aínda non se consumou a fazaña.

De todos xeitos abonda co dito para que ninguén crea que se trata dunha iñorma de

táctica ao uso para ensanchar a base do galeguismo polos dous estremos. Non; a política do

galeguismo correspóndelle enteiramente ao noso partido, a non ser que xurdise outro máis

avanzado no senso nacionalista e con opinión de abondo para facerse respetar. Non nego a

necesidade dunha escisión do Partido Galeguista na hora en que a nosa Terra conquira os

Page 19: Castelao - Sempre en Galiza

seus anceios mínimos de liberdade; pero nego a comenencia de facelo agora; e aínda que o

galeguismo acordase neste intre formar dúas forzas de siño contrario, sempre contaríamos

con homes máis firmes para erguer bandeiras e facer chamamentos.

Page 20: Castelao - Sempre en Galiza

XII

Meiodía. O sol é unha choiva de lume peneirado, a caer na soedade das prazas. As

paredes arden en luz. O chan das rúas é un amoado de betún derretido. As estatuas de bronce

ferven como locomotoras. As moscas de aceiro adoecen, destempladas, na boca das tabernas.

As xentes sonean no silencio conventual dos interiores. Trunfan os gazpachos.

Tardiña. Xa se vocean periódicos. Xa saíron os vagamundos da lotería. Xa se ouve o

chifre dun afiador. Xa se sentan os vellos nas parrillas das prazas. Xa andan os cans

mendicantes a usmear nos currunchos. Xa rebulen as greas de probes e xitanos. Xa voan as

anduriñas. Xa falan e cantan as “radios” das tabernas. A cibdade sáfase do sol en bafos

quentes de boca reseca. Trunfan os refrescos.

Noite. A terra non arrufía; pero endebén o ceo estrelecido dá ilusión de frescor. Os

xubilados e retirados saen a papar araxiñas.

As mulleres aproveitan a escuridade para abaldroarse. Trunfan os abanadores.

I eu cavilo na sombra fresca das carballeiras de Lalín, nos piñeiraes da beiramar de

Noia, nos arumes mariñeiros de Bueu, no cume do Montelouro, na frescura do meu mar de

Rianxo, na fonte cantareira da Estrada, nos salseiros de Corrubedo, no ar puro de Curtis, na

paz vizosa do Lerez… E síntome fortalecido.

O único que podemos lembrar é a Terra, desvencellada do tempo e dos mesmos

homes que a cobren; porque a Terra perdurable é o único ben de Deus que pudo chegar a nós.

A Terra, e, despois, uns anaquiños de eternidade que aínda xacen nos limos da concencia

labrega e mariñeira. O demais é palla morta.

Se a nosa Terra conserva o seu ser e o seu estilo arquitectural débese á impotencia do

Estado para convertila en seara castelán, e se aínda temos folgos para obedecer ao mandado

da Natureza, sóio se debe á impermeabilidade do esprito aldeán, fillo da terra, que sabe

resistir as agresións esterilizadoras do Poder. ¿E quen son os axentes máis teimosos do

imperialismo meseteiro? ¿Quen foron os descastados que con máis aleivosía favoreceron, e

siguen favorecendo, a torpe intención asimilista de Castela? Velaí unha pergunta que non

quero contestar, para que non me escomunguen os da “dereita galeguista”.

Sendo galeguistas podemos esquecer xenerosamente o que pasou; pero a condición

de que non volva a pasar. Unha sumisión ao pasado (¿para proseguir o derrame suicida da

nosa personalidade nacional?) siñificaría unha negación das arelas patrióticas do galeguismo.

O pasado, pai do presente, non nos deixou máis que desilusións de vida e complexos de

inferioridade. E non valen interpretacións amañadas, nin glorificacións xenerosas, para

disculpar o que non ten disculpa, porque o pasado tróuxonos a esta realidade presente, visible

e palpable, que os galegos queremos abolir.

¡Cantas cousas se me ocurren a prol deste tema! ¡Pero fai tanta calor en Badaxoz…!

Page 21: Castelao - Sempre en Galiza

XIII

Badaxoz arde en festa. A plebe vai ver como a xente rica entra na praza de touros, no

teatro e no circo. A plebe vai ver como a xente rica baila na “caseta” do Casino e xoga nas

tómbolas. A plebe percorre, aboiada, o campo da “feira”, para ver como se divirten e troulean

os señoritos. ¡A plebe non ten diñeiro!

Eiquí a plebe non desperta con dianas e alboradas. Eiquí non hai foguetes, nin globos,

nin gaitas, nin charangas, nin bailes populares. Nin tan siquera hai xigantes e cabezudos.

¡Ouh, aquelas nosas festas, onde os probes gozan máis que os rios, porque aínda teñen

inocencia deabondo para divertírense con honestidade…! ¡Aquelas festas, onde os ricos son

espectadores!

Eiquí os señoritos pensan que a plebe non ten dereito a divertirse como eles. Por eso

as xoldas non son para o pobo miserento; pero nelas atopa unha certa compensación

vendendo barafulladas, apañando colillas ou pedindo esmola.

Levo xa oito meses a estudar as entrañas dos señoritos hespañoes. Estes monifates,

podres de diñeiro, deron na teima de chamaren marxistas a cantos defenden as xustas

reivindicacións do pobo traballador, e a chamaren antiespañas a cantos defenden as

liberdades constitucionaes. A min dáme medo que esta caste de parásitos chegue a gobernar

sen trabas, porque entón Hespaña rematará de afundirse. Ollade, meus irmáns labregos e

mariñeiros, que os señoritos queren a reforma da Constitución para continuar a tráxica

hestoria de Hespaña, aferrollando os anceios liberaes e democráticos que se sinten nos pobos

diferenciados, porque somentes co uniformismo político lograrán repartir a fame e a miseria

que eles producen nestas terras de señorío semifeudal. Repartindo a fame e a miseria destas

partes non se localiza tan ben a responsabilidade dos que a producen. E velaí a razón primeira

do seu patriotismo, tan falso e finxido como a relixiosidade de que alardean.

¡Repartir a fame! Eso é o que pretenden os señoritos dereitistas; e no reparto xa se

sabe qué pode tocarlle a Galiza e o que lle tocará, de recargo, se non conquire axiña o

Estatuto autonómico.

O berce da violencia reaccionaria está neste inmenso latifundio, condominio duns

poucos folgazáns, onde a grea de famentos contrasta coa fartura da terra. Nestes países,

covardes e incapaces para toda aventura industrial, é onde a miseria hespañola ten siños máis

arrepiantes, por culpa da inacción a que os someten os que non son capaces divivir máis que

de rendas. A terra é rica e os campesiños son miserables, e os señoritos rendistas nin teñen

sentimentos cristiáns nin talento previsor para darse conta das inxustizas e imprudencias que

cometen, porque esto non pode seguir así. Os señoritos defenden o sistema unitario e

centralista non somentes para sosteren os seus privilexios anacrónicos, senón para

descargaren sobor dos pobos laboriosos do resto da Hespaña a fame dos seus escravos.

Se é que os señoritos terratenentes queren unha reforma da Constitución para mermar

os avances sociaes e as liberdades autonómicas, preparémonos para vencelos. Eles son

poderosos pola riqueza e as alianzas; pero a nós abondanos con sermos numerosos. E se os

pobos hispanos teñen azos para rexurdir e reclamar a súa soberanía, xa non nos

conformaremos cun Estado endomingado con gorro frixio pero esencialmente borbónico;

reclamaremos unha República federal.

Que cada país se goberne conforme á súa verdadeira natureza e que resolva os

proprios problemas sen axudas nin intromisións. Velaí como a nosa Terra poderá defender e

Page 22: Castelao - Sempre en Galiza

desenrolar os seus instintos vitaes, e como os señoritos destas terras baixarían a cabeza diante

da miseria desesperada.

¡Que vaian, que vaian á reforma constitucional…!

Page 23: Castelao - Sempre en Galiza

XIV

Os mendicantes de eiquí aparentan unha trascendencia que non teñen de certo. Por

veces meten medo, pero todo é fantasía árabe. Hoxe achegouse un deles a min e díxome con

voz tonante:

“Compañero: hoy por mí; mañana por tí”. E dispois achegouse a un comandante da

garda civil e díxolle con homildade: “Caballero: una limosna por el amor de Cristo”.

Esta é unha Terra punxentemente mísera. Tan triste que nin os borrachos saben

cantar; porque o “flamenco” non é virtude ordinaria, i eiquí non hai música propria. ¡Ai, o

flamenco…!

Sentado no café, vexo pasar diante da miña mesa un exército de mendicantes. Tamén

pasan os cans vellos, que lamben o cuspe zucarado dos señoritos…

Nin os mendicantes de eiquí son coma os mendicantes de Galiza.

A estas latitudes chegou a lenda da nosa probeza. ¿Será porque os nosos aristócratas

afincan o seu orgullo de caste en papeis vellos, comestos dos ratos? ¿Será porque os nosos

fidalgos contentan os seus anceios cun pazo en ruínas e algúns ferrados de terra hipotecada?

¿Será porque os nosos señoritos son uns probes bailaríns de casino? SEndo por estas razóns é

doado afirmar que o señorito estremeño conserva riquezas e privilexios inconcebibles,

antramentras que un fidalgo galego ten somentes un alciprés agudo e lanzal, coma o seu

carácter, pero zóalle o vento nas faltriqueiras.

A estas latitudes chegou a lenda da nosa cobiza. ¿Será porque os nosos labregos son

donos da súa casa, do seu labradío e do seu traballo? ¿Será porque os nosos parados saen

polo mundo adiante, en procura de ocupación remunerada, e mandan o que gañan á familia

que deixaron en Galiza? ¿Será porque os nosos aldeáns queren apaixoadamente a súa terra, as

súas vacas e bois? Sendo por estas razóns, a lenda carece de fundamento; porque é mellor ser

escravo da terra que ser escravo dun terratenente; porque é preferible emigrar para gañarse a

vida, que morrer de fame no terrón nativo; porque as vacas e bois merecen máis amor que os

touros bravos.

Tamén chegou a estas latitudes a lenda da nosa homildade.

¿Será porque non armamos unha revolución diaria para derrubar os pendellos

caciquíes? ¿Será porque non protestamos con violencia cando nos desamparan os gobernos

de Madrid? ¿Será, acaso, porque temos modos e maneiras corteses para falar e comportarnos

cos forasteiros? Velaí unha eiva que non pode achacársenos dende esta Hespaña reaccionaria

e anticoada, porque eiquí está o berce da homildade servil e da farsa cabaleiresca.

Pero aínda que nos favorezan as comparanzas, e aínda que individualmente os

galegos teñan azos para redimírense da miseria pola intelixencia, a perseverancia e o traballo,

tamén é certo que o noso pobo carece de siso colectivo para exercitar os seus dereitos,

presentándose decote como unha grea vencida e resiñada diante do Poder. ESto é verdade;

pero ¿que pasou para que en Galiza as calidades individuaes non concorden coas calidades

colectivas? Para responder a esta pergunta abondará con consultar os catro séculos

derradeiros da nosa hestoria.

A realidade actual dá noxo; pero non podemos fuxir dela por escrúpulos inúteis, pois

para modelar un pobo de barro é forzoso luxar as mans. De tal xeito se impón unha política de

realidades, que os mesmos defectos deben ser cultivados, para que se troquen en virtudes.

Fundirse co pobo, sentir as angurias da súa resiñación, infundirlle concencia da súa

Page 24: Castelao - Sempre en Galiza

personalidade e capacidade, darlle vida e arelas para prosperar. Primeiro ser; despois trunfar.

Porque aquel que non teña fe absoluta nas virtudes, en potencia, do noso pobo, non ten

dereito a galvanizalo con promesas eleitoreiras e transitorias.

Nós temos fe no noso pobo e moi logo o noso pobo terá fe en nós.

Badaxoz. Abril-outono do 1935

Page 25: Castelao - Sempre en Galiza

Libro primeiro

Roseira que o trebón deixou espida

é a sagra Terra nosa.

¡Temos de póla ergueita, frorecida,

cada pinga de sangue nunha rosa!

RAMÓN CABANILLAS

Page 26: Castelao - Sempre en Galiza

I

Esta teoría de artigos, ou cicais discursos, dirixidos aos galegos antifeixistas,

publicaranse en Nueva Galicia de Madrid, e dispois sairán nun libro. Falamos en voz outa

para que poidan ouvirnos tódolos hespañoes. E ogallá que nos ouzan con simpatía.

Aseguramos que as propagandas galeguistas sempre se fixeron sen desorbitar os problemas,

porque as verdades do noso sentimento non precisaban de adobíos faramalleiros para

penetraren na conciencia dos homes de ben. CAndo feríamos o ánimo das xentes era porque

nos doían as feridas do noso proprio ánimo. Endexamais demos azos ao pobo sen estarmos

ateigados es espranzas. Criticábamos a incomprensión dos gobernantes; pero sen

demagoxías. Todo canto dixemos de Galiza era verdadeiro para nós, como son estas

lembranzas que arrincamos da nosa fraca memoria. E porque van ser ouvidas por hespañoes,

no trance da verdade máis verdadeira, abrimos segredos que aínda non viran a luz. Porque

non é hora de disimulos.

Algúns hespañoes non creen en Galiza porque está lonxe deles: alá, nun mar bravo,

onde non apodrece ningunha civilización. Pero Galiza é a máis viva posibilidade da vida

hespañola. Galiza é un gomo novo que será ponla frorecida na vella cachoupa de Hespaña.

Cando a GAliza se lle cortou o camiño de Europa, tronzouse a raíz máis vital do

tronco hispano. Pero Galiza quer abrir un novo camiño: o camiño da hispanidade. Que non o

troncen de novo os gobernantes do Centro, porque é o camiño que pode unir os dous EStados

peninsulares. O camiño dunha unión natural e verdadeira. A unión que nos dará vida e saúde.

A vida e saúde que se afogou no Escorial. O Escorial de onde saíron os piollos de Felipe II

para faceren esta guerra noxenta.

Os hespañoes deben creer en Galiza, a non ser que non crean en si mesmos. Galiza

quer liberdade porque non hai pobo en Hespaña con máis fe no seu futuro. Nós creemos que

a auga doce dos ríos pode facer doce a auga salgada do mar; que a morte, enchéndose de

vidas, será vida; que a nada, enchéndose de ilusións, será todo… As nosas espranzas non

caben nos lindeiros da razón. Mataremos, se é preciso, a Saudade; porque a Saudade cicais

sexa unha espranza entristecida, ladroeira de accións.

Galiza ten hoxe unha forza vital capaz de conducila a tódolos delirios de grandeza.

Pode chegar á loucura. Pero —ouvídeo ben, hespañoes—, endexamais chegará ao suicidio. E

Galiza deixará de loitar pola liberdade cando a conquira.

Pedimos…

Pedimos que a nosa Terra sexa nosa. Porque somos fillos dela. Porque ninguén máis

pode gobernala. Porque ninguén máis pode comprir a súa misión hestórica. Porque levamos o

seu nome polo mundo adiante. Porque queremos comprir a postrimeira manda dos nosos

irmáns: os que deron a vida pola liberdade.

A nosa Terra é nosa. Xa se ten dito moitas veces. Mais agora decímolo nós, os

desterrados. Os desterrados que vivimos en liberdade. Decímolo en nome de moitos miles de

galegos que andan polo mundo. Decímolo, tamén, en nome de moitos miles de desterrados da

propria Terra, dos que agardan por nós, dos que viven como fillos da morte, contando o

tempo por noites.

A nosa Terra é nosa. Nada máis que nosa. Porque somos os únicos capaces de darlle

luz á súa noite, pan ás súas demandas, diñidades á súa vida. Porque somos os únicos capaces

de enxugar as súas bágoas de door.

Page 27: Castelao - Sempre en Galiza

A nosa Terra é nosa. ¿De quen máis podía ser? ¿Dos que a aldraxan? ¿Dos que lle

negan a fala e o pensamento? ¿Dos que a encadeean? ¿Dos que a rouban? ¿Dos que asesinan

aos seus fillos máis queridos? ¿Dos que a ensumiron na iñorancia? ¿Dos que a queren vender

como escrava? ¿Dos que lle negan o dereito a ser libre?

¿E quen somos nós para falar deste xeito? Somos os galegos de tódolos partidos

democráticos. Somos os galegos antifeixistas.

Page 28: Castelao - Sempre en Galiza

II

Quero iniciar esta tarefa cunha profesión de fe —intuición de grorias futuras— non

basada, certamente, en feitos recopilados. Eu renego da hestoria de Galiza, porque o pasado

sóio nos deixou desilusións de vida e nin tan siquera sabemos cál foi o seu mellor propósito.

O miragre da eisistencia diferenciada de Galiza a través de tantos erros e miserias hestóricas,

proba que do chan galego xurde unha enerxía incoercible, capaz de facernos inmortaes. Eu,

polo tanto, confío na soberanía natural de Galiza, que sóio agarda por unha rexa vontade

colectiva para facerse respetar. A nosa autonomía moral é insobornable e intransferible, e día

virá en que sexa proclamada vitoriosamente. E claro está que renego do pasado, porque o

feito diferencial de Galiza xa supera, na concencia e na vontade política dos galegos de hoxe,

a tódolos feitos rexistrados na súa hestoria. Eu sóio confío no poder máxico da terra e no

porvir que presentimos a través da nosa fe.

¡Que importa que os proxenitores da nosa caste chegaran a Irlanda e formaran alí un

acorro inespuñable das esencias celtas! Galiza soportou en silencio a política castelán, que

cortou as relacións que viñamos sostendo cos Fisterres atlánticos, até perdermos o posto que

nos correspondía no concerto misteiroso da nosa raza.

¡Que importa que unha grea de celtas galegos preferise morrer no Monte Medulio a

deixarse domeñar polo poderío de Roma! Roma imperou en Galiza de tal xeito que hoxe nin

tan siquera sabemos a língoa que falaban os nosos devanceiros antes de seren romanizados, e

o latín —este mesmo latín corrompido en que eu estou escrebindo— custoulle a Galiza tanto

ouro que, para medilo, non abondarían as frores das nosas toxeiras, que son o recordo irónico

que nos quedou do tesouro perdido.

¡Que importa que o heresiarca Prisciliano fose decapitado en Tréveris e que o seu

sangue fose o xerme da reforma católica e do libre pensamento! Galiza abrazou o

cristianismo de Prisciliano durante máis de cen anos, e aínda hoxe bule no fondo da alma

galega; pero a concencia mística de Galiza deixouse vencer pola intransixencia ibera, e agora

nin tan siquera sabemos onde repousan as cinzas, denantes veneradas, do esgrevio teólogo, e

xa non temos azos para reivindicarmos a súa memoria.

¡Que importa que désemos un Emperador a Roma e un Papa á Cristiandade, ou que a

Paulo Orosio se lle deba o primeiro tratado de Hestoria Universal! Esta remota emigración de

ilustres galegos, que saíron do chan nativo á cata de musas máis graves e maxestosas,

furtoulle ao noso xenio a primeira oportunidade de crear unha gran civilización.

¡Que importa que os Suevos ensaiaran en Galiza a primeira forma de Estado, e que

constituíran, dispois, a primeira monarquía católica de Hespaña! Dos Suevos provén aquel

feudalismo belicoso e impatriota, dexenerado máis tarde en caciquismo traidor, que

asoballou os anceios cibdadáns de Galiza para servir a poderes incompatibles co noso intrés.

¡Que importa que a invención do corpo do Apóstolo Sant-Iago fose unha maniobra

estratéxica de Carlomagno para enquistar a invasión árabe, e que a nosa comunicación con

Europa salvase a Hespaña de ser un país africano! As angurias vitaes de Galiza, cando era o

cume místico de Europa, no intre da súa eclosión cultural, foron a morrer, como leucocitos,

no enconado flemón que padecía Hespaña, escoándose nas augas podres do Mediterráneo; e

os desprazamentos que produxo a Reconquista (vitoria imposible sen o noso esforzo), deixou

Galiza a trasmán, no máis recuado curruncho da Península, como a Galiza portuguesa (o

auténtico Portugal) ficou alonxado da estraña Lisboa.

Page 29: Castelao - Sempre en Galiza

¡Que importa que nos camiños abertos por Compostela frorecese a grande arte

medieval do Oucidente; que nós creásemos a insuperable poesía lírica dos Cancioeiros e que

no noso idioma escrebira o único Rei Sabio “que no solio da Hespaña tivo asento”; ou que o

Pórtico da Groria sexa o cume da escultura románica! O certo é que por gañar para

Compostel a primacía eclesiástica da Hespaña, o Arcebispo Xelmírez —que encheu co seu

nome un século enteiro— consinteu a desintegración do territorio galego ao crearse o Reino

Lusitano, torcendo as vereas do noso destino e desbaratando a potencialidade do noso xenio

creador para xunguirnos a unha empresa allea, na que perdemos todo, inclusive a primacía

eclesiástica.

¡Que importa que Inés de Castro reinase en Portugal dispois de morta; que Xohana de

Castro fose raíña de Castela tan sóio nunha noite de vran; que Fernando de Castro merecera

no desterro este epitafio: “Aquí yace toda la lealtad de España”! Na desventura dos tres

irmáns galegos revélase o símbolo das nosas desventuras colectivas. Trunfamos en Portugal,

dispois de mortos, —pola língoa, o arte e o esprito—; e sóio Portugal pudo comprir a misión

do Alén, creada nas lonxanías que descubrira o noso Fisterre. A partir de Galiza e de Asturias

foise gañando aos mouros e que dispois sóio sirveu para engrandecer a Castela; pero en canto

se cerrou a Reconquista fomos aldraxados e repudiados. E hoxe o centralismo sóio lle ofrece

á lealdade de Galiza un epitafo de can…

¡Que importan as loitas que os señores de Galiza sostiveron contra os chamados Reis

Católicos, amparando os dereitos da Beltranexa! Aqueles señores non defendían máis que os

seus foros, e axiña se trocaron en ardidos cortesáns, enxertando os seus nomes na aristocracia

española, antramentras que o pobo galego sufría pauliñas, miserias, aldraxes i escravitude,

para pagar unha rebeldía que sóio fora rebeldía dos seus señores: unha aristocracia ben

galega, pero indiferente ás inxurias que caían sobor de Galiza e que a Hespaña imperial

transportaba ás Américas.

¡Que importa que no século da eclosión barroca déramos eruditos e pensadores como

Feixoo e Sarmiento, e que no século das lúces déramos mulleres como Concepción Arenal e

Rosalía de Castro, e homes como Curros, Brañas e Pondal! Cando Galiza se desperguizaba

dun sono de catro séculos e cando rexurdía o noso xenio creador, perdemos o derradeiro

vestixio das nosas liberdades, por aquela paradóxica inxustiza do liberalismo romántico, que

sóio sirveu para facernos pasar da camisa suxa dunha Isabel á camisa perfumada doutra

Isabel.

¡Que importa que a nosa caste xenerosa dera un Pablo Iglesias, o gran organizador do

obreirismo español! Os obreiros, como é natural, pedían patacas baratas, carne barata, peixe

barato, sen ofreceren compensación algunha aos labregos e mariñeiros, e así os auténticos

traballadores de Galiza —labregos e mariñeiros— quedaban ao marxe das reivindicacións

proletarias ou incorporados á loita de clases por un absurdo mimetismo, antramentras que os

problemas creados pola peculiar morfoloxía económica de Galiza xacían sen solución

posible dentro das normas legaes ou revolucionarias.

¡Que importa, en fin, que, como proba da nosa universalidade, deixáramos un ronsel

de estrelas que relembrase a nosa pasada comunicación co mundo antigo, ou que no fondo do

Océano formáramos un camiño de esqueletos, como testemoio, oculto e dramático, da nosa

comunicación co mundo novo! Cun pasado tan grorioso Galiza viveu sempre asoballada, e os

seus fillos máis fortes, de corpo e de esprito, tiveron de saír polos camiños do mundo, en

procuro de pan, de liberdade e de xustiza.

Estamos asistindo agora a un parto sanguiñento e dooroso de novas ideias, e os feitos

pasados non poden roubarnos o pensamento e acción que necesitamos para construír a Galiza

Page 30: Castelao - Sempre en Galiza

do futuro. Temos que refugar, inclusive, a nosa propria vellez.

Pero hai algo que xa eisistía en permanencia, e que os galegos debemos respetar; a

verdadeira e auténtica tradición de Galiza. Non, por certo, aquela tradición dos chamados

tradicionalistas, que se afinca nos tópicos da hestoria e que trata de anovarse nos erros e

traccións de certos príncipese, senón daquela enerxía étnica que vive nos limos da concencia

nacional de Galiza. Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente,

nin se albisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galiza, que vive

no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a hestoria. A

tradición é a eternidade.

A nosa tradición revélase no idioma, no esprito, na cultura, no arte, no xeito de vivir e

de pensar, no sentido trascendente da vida e da morte, no afán de universalidade e de

particularidade, no amor á xustiza e ás boas formas de convivencia, na identificación

amorosa coa terra, na espranza dun mundo mellor, na predisposición á poesía… A tradición é

todo aquelo que endexamais nos traicionará.

A guerra civil á que asistimos non é máis que unha loita antre a tradición e a hestoria.

Eles representan a hestoria; nós a tradición.

Pero é que os galegos temos unha tradición propria e inconfundible, moi diferente á

do resto de Hespaña.

Page 31: Castelao - Sempre en Galiza

III

Galiza é unha nacionalidade, e como tal foi recoñecida en Berna polo IX Congreso

das Minorías Nacionaes Europeas, adscrito á Sociedade das Nacións. Tamén está recoñecida

pola Terceira Internacional como nación asoballada. Pero hai galegos antifeixistas que aínda

non o saben e hainos que non o queren creer. E por esto eu propóñome demostrar que Galiza

é unha unidade nacional perfeita, e que, polo tanto, ten dereito a dispor dos seus destinos.

Para saber o que é unha nación, como anexo do Estado, non vou entrar na selva

xurídica de ningún profesor —poño por caso de mestres a Duguit—, porque a nación é un

feito e non unha ideia, un ser real e non un ente problemático. Apelarei, en troques, á

definición que dá Stalin, porque, a este respeito, é un autor libre de ofuscacións filosóficas:

Nación é unha comunidade estable, historicamente formada de idioma, de territorio,

de vida económica e de hábitos psicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura.

Somentes a eisistencia de tódolos signos distintivos, en conxunto, pode formar a nación.

Cómpre decir que apelo a Stalin non por sentirme inclinado á organización

internacional que el dirixe (eu vivo en latitudes moi distantes do comunismo), senón porque

no problema das nacionalidades abraza, con decisión o ideal patriótico da liberdade. Apelo a

el porque recoñece o dereito das nacionalidades dentro dunha unión de Estado, e dá solución

xusta ao problema que plantean os pobos diferentes que non renuncian á ideia dunha unidade

superior. Pero, sobor de todo, apelo a este home porque non é un simple teorizante, pois

sostén practicamente o derradeiro e máis racional tipo de federalismo.

¿Ten Galiza un idioma proprio? ¿Ten territorio diferente? ¿Ten unha vida económica

peculiar? ¿Ten hábitos psicolóxicos reflexados nunha cultura autóctona? Pois logo Galiza é

unha nacionalidade, e, polo tanto, ningún antifeixista pode negarlle o dereito de

autodeterminación; é decir, o dereito a gobernar a súa vida. Non esquezamos que todos nós

somos antiimperialistas. Claro está que os galegos podemos dividirnos en canto á maneira e

xeito de resolver os problemas que a morfoloxía social i económica de Galiza ten planteados;

pero non sería honroso enaxenar o noso dereito e o noso deber de resolvelos, declarándonos

incapaces, ou agardando a que os alleos gobernen a nosa casa mellor que nós mesmos.

A teoría de Stalin encol do problema nacional concorda, en absoluto, cos sentimentos

permanentes de Galiza, traducidos en verbas que o pobo galego soupo pronunciar por boca

dos galeguistas. Velaí unha concordancia que eu reputo venturosa, porque me fai supor que,

frente ás realidades da nosa Terra, a unión dos galegos antifeixistas quedará consolidada por

un programa único de reivindicacións.

Para Stalin non hai nacionalidade sen territorio proprio, e a solución do problema

nacional está nas autonomías terriotoriaes. Para nós, os galegos, a Terra (así, con maúscula) é

Galiza. O que nos xunta nunha comunidade espritual é, principalmente, o amor á Terra. E

cando decimos “a nosa Terra” queremos decir “a nosa Nación”. A Terra é a Matria.

Para o dito autor non hai máis límites nacionaes que os do territorio, e dá como

solución do problema, das minorías —problema idiomático, racial, etcétera— a igoaldade de

dereitos pola plena democratización do país. (Galiza non é, non, unha minoría nacional; é

unha nación). Para nós, os galegos, tampouco pode haber máis fronteiras (perdoádeme esta

verba odiosa) que as fronteiras verticaes, que limiten a nosa Terra; pero endexamais

consentiríamos tabiques horizontaes que dividiran o noso pobo en castas. Ademitimos a

variedade dentro da unidade, para constituír, precisamente, un modelo exemplar de

Page 32: Castelao - Sempre en Galiza

democracia.

A raza non é tan siquera o siño diferencial da nacionalidade, e non se pode fundar

ningunha reivindicación nacional —así di Stalin— invocando características de raza. Para

nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a convivir con tódalas razas, o

nacionalismo racista é un delito e tamén un pecado. Endexamais medimos os diámetros do

noso cráneo, nin llo medimos a ninguén para ser ademitido na nosa comunidade.

Certo que nos sentimos celtas; pero máis que pensar nos invasores que nos deron o

pulo xenésico da nosa unidade espritual, pensamos nas afinidades étnicas que nos asemellan

a outros pobos atlánticos que viven nos Fisterres: irlandeses, galeses, bertóns, etc. E tales

siños diferenciaes atribuímolos ao poder creador da Terra Nai, molde que nos vai facendo á

súa imaxe e semellanza. O sol é único para tódolos homes do mundo; pero fai negros en

África e brancos en Europa. E a nosa Terra ten poder bastante para facer brancos aos negros.

Fai moito tempo escrebín un conto. Érase un habanero que trouxo un rapaciño negro,

como podía traer un papagaio ou un fonógrafo… O habanero morreu, e o negro chegou a

mozo e sinteu, como calisquera galego, a necesidade de percorrer mundos. I emigrou a Cuba;

pero a morriña non o deixaba vivir alí. E farto de chorar, voltou á súa terra. Non traía cartos;

pero traía un traxe novo, un baúl baleiro e moita ledicia no corazón. Aquel negro era galego.

Page 33: Castelao - Sempre en Galiza

IV

¿Ten Galiza un idioma proprio?

Estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán

do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehícuo dunha cultura

moderna e coque aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas.

O galego foi instrumento marabilloso da grande e única poesía lírica de Hispania e

nel escrebían os enxeños peninsulares —tanto de dentro como de fóra de Galiza—, cando a

língoa de Castela non tiña categoría literaria. O galego é un idioma estenso e útil, porque

—con pequenas variantes— fálase no Brasil, en Portugal e nas colonias portuguesas. O

galego rexurdeu no século pasado con poetas tan esgrevios como Rosalía, Curros e Pondal. O

noso idioma ten tal fremosura que un poeta andaluz como García Lorca —o poeta mártir—,

non foi quen de resistir o seu engado e compuxo poemas en galego. O galego —somentes

refugado polos señoritos ou por traballadores que quixeran ser señorito— é hoxe o idioma

que prefiren os intelectuaes como vehículo da nosa cultura; pero aínda que carecera de tantos

méritos contraídos, abondaríalle ser a fala do pobo traballador para estar diñificado de por si,

pois o galego é unha executoria viva do traballo e unha cédula honrosa de cibdadanía e

democracia. Non esquezamos que se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma.

A esta fala popular, viva e groriosa, os imperialistas chámanlle dialecto. Mais eu

preguntaríalles: “¿Dialecto de que idioma?”. “¿Do que vós chamades español?”. De

ningunha maneira, porque o idioma que vós impuxéchedes pola forza é un irmán menor do

galego. “¿Acaso queredes decir que é dialecto do latín?”. Pois entón chamádelle dialecto ao

francés, ao italiano, ao rumano, porque tamén son fillos do latín e irmáns do galego.

E diríalles máis: “Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos

nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles creer que falar galego era falar mal

e que falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os

representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin

comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunaes de xustiza e chegáchedes a

castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispois de

máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e

violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados”.

Algúns galegos de boa fe coidan que o cultivo do noso idioma é unha impedimenta de

traballo na emigración. Mais eu quero invitalos a meditar: ¿Pensades que a nosa Terra pode

seguir sendo un criadeiro de carne humana, para enviar ás Américas en paquetes teutóns?

Porque o noso deber está en asegurar o dereito ao traballo remunerado, para que ningún

irmán noso emigre por necesidade. ¿Pensades que os galegos poden seguir andando polo

mundo a ofereceren indiñamente a mercancía dos seus lombos e dos seus brazos? Porque o

noso deber está en armar ao pobo dunha instrución primaria, profesional e técnica, que lle

permita ser diño en todas partes, i en todas partes atopar as ventaxas que se lle oferecen aun

inglés, a un alemán… ¿Ou é que na emigración resulta superior un castelán a un galego por

falar unha língoa máis estensa? A superioridade non está no idioma que se fala; está no que se

sabe, no que se di e no que se fai.

Algúns homes —galegos tamén— andan a falar dun idioma universal, único para

toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfeición baixando pola escala zoolóxica,

deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de

Page 34: Castelao - Sempre en Galiza

chegar a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabiduría. Son os mesmos que

consideran o mito da Torre de BAbel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu

dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o siño distintivo da nosa

especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía

ouvea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un

cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os probes animaes aínda están no idioma

universal…

Un idioma non nasce pola vontade xenial dun grupo de homes; nasce pola

predisposición psicolóxica dun pobo, que, en condicións hestóricas favorables, crea unha

cultura e a súa correspondente maneira de espresión. Porque un idioma é o corpo sensible

dunha cultura, e todo atentado á lingoa peculiar dun pobo representa un atentado á súa cultura

peculiar. Mais os pobos teñen unha forza máxica, invulnerable, e por eso as nacións

asoballadas poden verse privadas do seu poder creador, ou poden convertirse en parásitos da

cultura dominante; pero endexamais se deixan asimilar. O problema do idioma en Galiza é,

pois, un problema de diñidade e de liberdade; pero máis que nada é un problema de cultura.

Estamos fartos desa cultura esterilizada que nos fan mamar por biberón. Nós queremos

mamar a cultura da propria teta. Pedimos garantías legaes para o desenrolo natural do noso

esprito, porque queremos volver a presentarnos diñamente no mundo, levando nas mans o

ouro da nosa cultura (sabiduría manifestada) para ofrendarllo ao acervo espritual da

Humanidade.

Ás numerosas caras do problema dan materia para un libro; pero co dito xa queda

patente a coincidencia do galeguismo coas doutrinas máis prestixiosas e predominantes neste

punto concreto das nosas reivindicacións. Quero afirmar, tamén, que a ideoloxía liberal

—defensora da diñidade dos homes e da autonomía moral dos pobos— non pode refugar os

nosos anceios de liberdade, afincados en principio de xustiza e de progreso.

A solución do problema —tanto político como pedagóxico— darémola no seu día.

Por agora abonda co dito.

Page 35: Castelao - Sempre en Galiza

V

¿Ten Galiza un territorio proprio?

Ninguén pode negalo. A entiade xeográfica galega ten fronteiras naturaes

perfeitamente recortadas, e comprende algo máis que o territorio das nosas catro provincias.

O carácter diferencial da rexión galega está recoñecido polos máis acretados xeógrafos. Non

esquezamos que Galiza era unha insua de rocas ígneas criadas polo lume astral, e que xurdía,

outa e forte, dos mares formativos, en cuio caos aínda xacía o que hoxe chamamos Hespaña.

Tal é a forteza de Galiza que o poderoso erguemento das serras cantábricas tronzouse ao

bater co noso chan, “como unha lanza se dobla y tuerce al dar contra la resistencia de una

coraza”. Por eso as feituras redondeadas e dondas do noso sistema de montañas contrasta cos

accidentes, agudos e agres, que se albiscan en Asturias, e tal diferenciación permítenos

formular esta verdade: Galiza é unha terra doce de formas porque é moi forte de entrañas.

A terra galega é, ao mesmo tempo, unha entidade étnica, pero de dificultosa

reconstrución política, porque a fronteira portuguesa róubanos a espranza de anovar en breve

a comunidade nacional dos tempos suevos e visigóticos. Con todo, é doado esperar que o

Bierzo e demais comarcas limítrofes de Ourense e Lugo se incorporen ao seo da súa nación

natural, e que o tempo —gran curandeiro dos erros históricos— posibilite a reconstrución

total da nosa unidade. Non se pode creer que o río Miño, vello pai de Galiza —representado

na franxa axul da nosa bandeira— siga sendo un lindeiro perdurable de dous Estados.

Galiza é a mellor esquina do solar hispánico, cabo do mundo antigo e avanzada de

Europa no mar inmenso da liberdade. A arquitectura barroca do noso chan, labrada en pedra

granítica, está sempre coberta por un manto de xugoso verdor. Os montes son redondos como

peitos de muller e as serras son como lombos de boi cebado. Os vales son ledos e farturentos.

O mar tolea de carraxe cando non o deixan penetrar na terra; pero cando entra, quédase

adormecido no leito das rías. Galiza é unha unidade territorial harmónica, de formas e coor,

perfeitamente diferenciada do resto da Hespaña.

Un fillo de Galiza pode iñorar que o seu idioma labrego e mariñeiro (“rústico”, como

din os catedráticos casteláns), fose antano a língoa lírica de toda Hespaña; pero non hai

galego que non se sinta orgulloso de ser fillo da terra máis fremosa do mundo. Cando un

galego entra nas planuras de León ou de Zamora, síntese en terra allea, invadido pola tristura

que producen os desertos. Cando entra en Asturias ten que afacer os seus ollos a un novo

estilo de paisaxe. Pero cando traspón a fronteira portuguesa, síntese na propria terra, e non dá

creto ás arbitrariedades da política hestórica.

Aos galegos pode faltarnos a vontade de crear un ser político independente; pero non

hai pobo español que nos aventaxe en amor á terra natal. Para uns a Terra é o pequeno berce

en que nasceron: a penas un fremoso val, que ten un río de prata, unhas casas que fumegan,

un campanario lanzal e un cimeterio onde durmen os seus avós. Alí abriron os ollos e alí

queren morrer. Para estes a Terra é unha nación pequena en estensión, pero fonda en

patriotismo. Para outros, a Terra é tan grande que somentes alcanzan a vela no mapa de

Fontán. Alí hai unha inmensidade de vales, con aldeas, vilas e cibdades. Alí viven do

traballo, sufrindo inxustizas, máis de dous millóns de labregos e mariñeiros. Para estes a

Terra é unha nación asoballada, con dereito a reclamar garantías para o desenrolo normal da

súa vida.

A impermeabilidade do noso esprito resisteu as acometidas esterilizadoras do sistema

Page 36: Castelao - Sempre en Galiza

uniformista; pero é indubidable que os siños esprituaes da nacionalidade galega puderon

morrer asimilados. O que non podía morrer era a Terra —siño permanente da nación—,

porque por moito poder que o Estado centralista tivese, sempre resultaría impotente para

convertir o noso territorio en planura castelán. E quedándonos a Terra, non nos mataban a

posibilidade de revivir, porque a Terra é a fonde da vida. Ela fainos á súa semellanza, con

terra, pedra e auga, que son carne, óso e sangue do noso corpo. Ela fainos entristecer no

outono, chorar no inverno, sorrir na primaveira e gargallar de ledicia no vran. Todo como ela.

¿E quen podería abolir a morriña dos galegos que viven fóra dos eidos nativos? Porque ese

sentimento diferencial é fecundo para crear xeitos proprios do ser e, polo tanto, da cultura.

O noso instinto xeneroso é incompatible co chovinismo; pero ninguén pode fanar os

nosos anceios patrióticos, que se afincan, simplementes, no amor á Terra Nai, sempre

compatible co desexo de reconstrución racional do Estado hespañol e coas arelas de

redención humana. Para nós a patria non é esa ideia abstracta que defenden os imperialistas.

Para nós a patria é un sentimento natural, inspirado en realidades sensibles aos cinco

sentidos. A patria é a Terra. A Terra que nos dou o ser e que nos recollerá na morte como

semente de novas criaturas. A Terra, que cría frores nos campos para regalía dos ollos e

albres para que canten os paxaros; onde atopamos sombra fresca no vran e quentura garimosa

no inverno; onde sofrimos a inquedanza das sementeiras e gozamos da ledicia das colleitas;

onde o vendaval brúa nas ponlas dos carballos e funga nas cordas dos barcos; onde canta o

vento nos piñeiraes; onde esboufan as ondas do mar nos cons da ribeira e runxen nos areaes;

onde por primeira vez ollamos a choiva, a brétema, o sol, o luar, o “arco da vella” e a noite

estrelecida.

¡Como lle queremos á Terra! Eu de min sei decirvos que se dispois de morto tivese

que voar máis alá das estrelas visibles, para ir a un ceo tan lonxano da Terra, que nunca máis

poidera vela, de boa gana renunciaría á inmortalidade para rematar a miña vida debaixo

dunha laxe e convertirme en herbas ventureiras.

Certo que a Terra que amamos tanto aína é un “val de bágoas”; pero nós, os galegos,

superaremos a predición relixiosa e trocarémola en Paradiso.

Page 37: Castelao - Sempre en Galiza

VI

¿Ten Galiza unha vida económica propria?

A esta pergunta é doado contestar afirmativamente. Pode decirse que Galiza é un país

precapitalista, poboado por traballadores que viven dun mísero xornal que eles mesmos

sacan da terra ou do mar; sen industrias de abondo para absorber o escedente de poboación

labrega e mariñeira; cun paro forzoso e cun déficit pecuniario constante que se resolve

pacificamente por meio da emigración. En fin; Galiza ten unha vida diferenciada dentro de

Hespaña, cunha morfoloxía social i económica tan peculiares que, por plantear problemas

minoritarios, queda sempre ao marxe da Lei xeral do Estado e das preocupacións xeraes que

a loita de clases plantea no mundo capitalista.

España, en xeral, é un país de latifundios; Galiza é de minifundios. A solución do

problema da terra en Hespaña está no colectivismo; en Galiza está no cooperativismo. O país

que a Hespaña lle intresa, como modelo, cicais sexa Rusia. O que lle intresa a Galiza cicais

sexa Dinamarca. Velaí unha proba da diferenciación galega.

O minifundismo da nosa Terra responde ao cultivo intensivo que impón a topografía

do chan. Gracias a este sistema, frenado polo noso dereito consuetudinario, a agricultura

galega foi o asombro de moitos viaxeiros europeos; pero a lexislación liberal e

xeneralizadora do Estado —dictada para outros lugares— provocou a pulverización dos

fundos galegos e o aniquilamento da nosa economía. O crime pode imputárselle ao

centralismo e ao seu Código Civil. ¿De que nos valeu facer unha revolución sanguiñenta para

libertarnos do despotismo feudal? Porque se os labregos xa non son escravos do home, son

escravos da terra que traballan.

O lexislador liberal da Hespaña unitaria somentes se preocupou dos problemas

pavorosos do latifundismo castelán, andaluz i estremeño, e coidando que o minifundismo

galego era unha garantía de orde e benestar, promulgou leis que favorecen a división da

propriedade, abolindo, de paso, o noso dereito particular. Resultou que quedaron en pé os

problemas que trataba de resolver, porque, en troques, derrubou a economía labrega de

Galiza, que somentes podía conservarse pola indivisibilidade dos patrimonios familiares.

Velaí como as disposicións contra o latifundismo crearon problemas en Galiza sen resolver

os que xa eisistían alí con anterioridade, pois hoxe necesitamos unha Lei que favoreza a

concentración parcelaria; é decir, unha Lei contraria á que rixe no resto da Hespaña.

Cómpre decir que os lexisladores e gobernantes da República tampouco abriron os

ollos á realidade. Velaí temos, sen comprir, o artigo 47 da Constitución. Velaí temos a Lei de

Reforma Agraria, absolutamente inaplicable na nosa Terra. E velaí quedaron, a sangrar, os

problemas vitaes de Galiza, agravados pola lexislación única, e sen posible solución dentro

do Estado centralista.

Antramentras, a terra galega está dividida e subdividida, i en cada eido unha casa

chea de xente. Os labregos nin son obreiros nin patróns. Chámanlle proprietarios; pero a súa

propriedade non pasa de ser unha simple ferramenta de traballo. Así caen mellor nas

gadoupas do fisco e da usura. Os labregos ven o Estado en figura de recaudador de

contribucións. Témenlle á xustiza oficial, porque nunca se lexislou para eles. Por eso

necesitan un cacique que os liberte das inxustizas da Lei e das liortas avogadescas. A división

da propriedade é tal que algunha vez o terreo, os castiñeiros e as castañas dun mesmo souto,

teñen tres donos diferentes. Os labregos traballan de sol a sol e de estrela a estrela, e a miseria

Page 38: Castelao - Sempre en Galiza

do minifundio váiselle metendo no corazón. Os anceios de posuír para vivir mataron a súa

nativa xenerosidade. Por eso miran con envexa os eidos do veciño. A falla de terra dálle a

esta un valor desmedido e antieconómico. A cobiza dos labregos óllase ben nas leiras e

piñeiraes que ruben polos montes incultos (incultos por seren do Estado), coma se fosen os

dedos arteiros dun ladrón… Estes labregos aman a terra e o traballo, e non se cansan de

agardar por temos mellores.

Non creo, pois, que poida dubidarse da eisistencia dun problema galego da terra,

totalmente alonxado das preocupacións do Centro. E co dito non facemos máis que encetar a

custión.

A beiramar de Galiza está densamente poboada por mariñeiros que viven do que

pescan. O réxime económico da pesca galega obedecía a principios colectivistas de tipo

cristián; pero modernamente xurdiron problemas ao socaire das industrias conserveiras. E se

os problemas da terra en Galiza non mereceron a preocupación do Centro, podemos decir que

os problemas da pesca son enteiramente alleos á mentalidade dos homes de terra adentro.

Persisten en Galiza os tradicionaes sistemas de pesca. O “patrón”, dono do barco e

dos aparellos, sae ao mar cos “compañeiros”. As ganancias repártense en “quiñóns”, e o

patrón leva máis parte, porque ten a obriga de reparar o barco e os aparellos. ¿Pensou algún

lexislador ou gobernante no seguro de accidentes para estes traballadores, que, a de cotío,

xogan a vida no mar? Porque nos naufraxios morre tamén o patrón e perdese o barco, obxeto

da garantía, e as familias, enloitadas, non teñen máis recursos que os que lles proporcione a

caridade. E se o lexislador e gobernante centralista non atende a deberes tan elementaes de

humanidade, ¿que podemos agardar del para remediar a grave crisis da pesca en Galiza?

Porque a fame ronda sempre os fogares mariñeiros, por falla de peixe ou por sobra de peixe.

Os problemas económicos e sociaes da pesca galega adequiriron unha gravedade

estrema co desenrolo da industria pesqueira —a máis importante de Hespaña— e co seu

obrigado sometimento á industria conserveira —única creación capitalista de Galiza—. Os

mariñeiros aínda traballan “a parte” e non cobran salario fixo. Os “armadores” son patróns

que xa non xogan a vida no mar; pero que viven sometidos á veleidade egoísta dos

“conserveiros”. Os “conserveiros” viven do comercio esterior e sofren a incomprensión dos

“gobernantes de secano”. Cando hai máis sardiña no noso litoral xurden conflitos que se

solucionan co abarrotamento das fábricas de salazón e conserva, co amarre da flota pesqueira

nos portos de refuxio e coa fame de moitos miles de familias mariñeiras. Estamos moi lonxe

de conquerir grandes portos pesqueiros, semellantes aos de outras nacións atlánticas, co seu

complemento de transportes baratos e rápidos, para repartir peixe fresco nas rexións do

interior, onde somentes coñecen o peixe en conserva. Temos, pois, dereito a creer que unha

política estatal asentada no centro da Península non pode solucionar os problemas

mariñeiros.

Co dito abonda para responder á pergunta que inicia este capiduo.

Page 39: Castelao - Sempre en Galiza

VII

¿Ten Galiza hábitos psicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura?

Prometín non perderme nos camiños ensarillados do pasado; pero a cultura é unha

resultante hestórica, e para responder a esta pergunta cómpre que rexistremos a memoria.

Non é posible negar a diferenciación psicolóxica de Galiza. Abondaría, para demostralo, con

citar os aldraxes que os clásicos casteláns nos dirixiron, en verso e prosa, por considerarnos

diferentes e non asimilables; como bastaría lembrar ese afán, inconscientemente separador,

dos que nos chaman “¡gallegos!” —con sorna—, por creeren que sendo diferentes somos

contrarios a eles. Eses aldraxes teñen unha esplicación: Os imperialistas, cando topan coa

resistencia espritual dun pobo sometido, confunden a “dureza para deixarse asimilar” coa

“dureza para asimilar”. Así, os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os

casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecimento tácito do

“carácter nacional”, que non se deixa esterminar.

A nosa Terra diferente crea hábitos peculiares de vida, que se manifestan en cada

época baixo formas autóctonas de cultura. Velaí están os moimentos prehistóricos de Galiza,

que amostran características diferenciaes. E na galeguísima cultura dos castros e citáneas

aparece un arte requintado e proprio, con símbolos relixiosos que fan supor a eisistencia de

cultos peculiares e comúns a toda Galiza.

A Galiza do século IV —pobo celta, romanizado e cristianizado— dou a figura

estraordinaria de Prisciliano, perseguido por enxertar na doutrina católica o sentido panteísta

do seu país natal e a liberalidade moral dos seus coterráns. Morreu decapitado en Alemaña,

vítima das loitas teolóxicas daquel tempo e da inquina de dous Bispos hespañoes, non

galegos. Os seus discípulos déronlle sepultura na nosa Terra, e a súa doutrina enxendrou

unha Eirexa separada, onde se cobexaron tódolos galegos. O priscilianismo botou raíces tan

fondas na alma mística de Galiza que, a pesares das pauliñas dos cregos, o noso pobo aldeán

sigue sendo heterodoxo. Tivemos, pois, inclusive, unidade relixiosa con características que

aínda hoxe sobreviven.

A invención do corpo do Apóstolo —¿Prisciliano ou Santiago?— fixo da nosa Terra

un centro de universalidade. Nos camiños que conducían a Galiza crúzanse as culturas do

mundo antigo e fórmase a unidade espritual do Oucidente. Por estes camiños entra Europa en

Hespaña. Ao mesmo tempo xurde unha poderosa cultura galega, que adequire independencia

e vida propria. Velaí a arte románica, culminando no Pórtico da Groria, e velaí a poesía lírica,

culminando no Cancioneiro da Vaticana.

As artes da construción callaron en Galiza no estilo románico, que perdurou por

enriba do gótico, deica enlazarse co barroco. O gótico, por ser un arte lóxico, non pudo

aclimatarse no noso país, pero do barroco fixemos, pode decirse, un “estilo nacional”. Porque

tendes de saber que hai un “barroco galego” e que, neste estilo, creamos exemplares que son

fitos na hestoria do arte.

O romance galego percorreu un ciclo literario completo, de tan outo valor artístico

que traspuxo as fronteiras do noso país, chegando a ser a língoa lírica e cortesán de Castela.

En galego escrebiron Alfonso IX, Alfonso X e outros enxeños casteláns. Incluso algún poeta

árabe foi tributario do noso idioma. Escoitade o que di Santillana: “… non há mucho tiempo

cualesquier decidores e trovadores destas partes, agora fuesen castellanos, andaluces o de la

Estremadura, todas sus obras componían en lengua gallega o portuguesa”. Foi preciso

Page 40: Castelao - Sempre en Galiza

executar a “doma e castración de Galicia” (verbas de Zurita, cronista dos Reis Católicos) para

que enmudecéramos; pero a nosa língoa sigueu frorecendo en Portugal, e o pobo galego non

quixo esquecela. Cando á fala popular de Galiza se lle negaba —por negarnos todo—

condicións para ser língoa de cultura, ergueuse a protesta do padre Sarmiento, afirmando que

el se comprometía a traducir ao galego todo canto se escrebeu en grego, latín e castelán. As

mocedades románticas e liberaes do século XIX descobriron a fremosura lírica do galego e

iniciaron a renascencia das nosas letras, que hoxe volven a frorecer. Temos, pois, unha

literatura con características que incluso resaltan nos escritores galegos de fala castelán.

Dixo Tolstio que dende a Edade Meia as clases outas da sociedade viviron sen arte

proprio, e que somentes o pobo sigueu disfroitando dun arte verdadeiro, que responde á súa

conceición da vida. Esto parez escrito adrede para Galiza, pois antramentras os señoritos

alleeiros vivían espritualmente de prestado, o pobo galego sigueu creando arte e sabiduría.

Velaí están os refráns, algúns tan sabios como este, que quero ofrecer á vosa consideración

de revolucionarios, porque, é todo un tratado de economía: “Malia o dente que come a

semente”. Velaí están os nosos cantares, a rever tenrura e malicia, para competiren en beleza

cos cancioneiros de calisquera outro país do mundo. Velaí están os hórreos, para demostraren

o sentido galego das fremosas proporcións. Velaí está a nosa escultura popular nos cruceiros,

nas fontes e nos portalóns. E velaí está, destacándose sobor da inmensa riqueza folclórica de

Galiza, a nosa música popular e os nosos bailes e danzas populares. Os musicólogos poden

locir a súa erudición discutindo a procedencia ou non procedencia árabe da nosa música

popular e as relacións de parentesco que poida ter coa de outros países lonxanos; pero

ninguén discute o seu “carácter nacional”, porque eisiste unha “música galega” de

estraordinario valor artístico.

O siño diferencial da psicoloxía galega está, principalmente, na Saudade. Esta verba é

coñecida dos hespañoes; pero somentes nós sabemos o que siñifica. Este siñificado ninguén

acertou a espresalo; nin siquera Rosalía de Castro, que foi o corpo mesmo da Saudade. Pero a

Saudade eisiste e anda sempre connosco.

Velaí, en resume, as diferencias culturaes que poden apreciarse: Lírica contra épica;

muiñeira contra jota; gaita contra guitarra; cruceiro contra picota; intuición contra lóxica…

Page 41: Castelao - Sempre en Galiza

VIII

Xa demostramos que Galiza ten tódolos atributos dunha verdadeira nacionalidade:

idioma, terra, economía e cultura. Vexamos agora qué dereitos lle corresponden como tal

nacionalidade, e vexamos, de paso, a posición doutrinal dos antifeixistas galegos. Non

esquezamos que o noso propósito é propor á consideración dos galegos leaes un programa

único de reivindicacións e unha liña táctica de defensa contra o centralismo que se agacha nas

“esquerdas” republicanas.

Unha nación é soberán e ten dereito a organizarse autonomicamente, sen máis límites

que os derivados do respeito ao dereito igoal das demais nacionalidades. A nación ten dereito

a federarse con outras e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade,

pois, ten dereito, incluso, a constituírse en Estado independente.

Certo que o autor en que nos afincamos, por ser un home de realidades e non un

liorteiro xurídico, condiciona o deber do proletariado ante o dereito dunha nación, que —por

exemplo— pretendese restaurar institucións de tipo reaccionario, pois aínda que este dereito

sexa indiscutible, non pode ser defendido polos traballadores. Mais o proletariado debe

incorporarse ao movimento reivindicador das nacionalidades para derrubar a política

imperialista e facilitar a unión internacional dos obreiros e campesiños. Querse decir que o

proletariado endexamais pode negar o dereito das nacionalidades á súa independencia, e debe

loitar pola liberdade nacional cando elo non se opón aos sagros intreses da súa clase.

A liberdade das nacións afecta ao proletariado tanto ou máis que á burguesía. Non se

pode falar seriamente do desenrolo espritual do pobo traballador cando non se lle permite

servirse do seu idioma nas escolas, nos tribunaes, nas asambleias, etc. A “autonomía

territorial” permite esplotar de mellor maneira as riquezas naturaes do país, e soerguer as

forzas produtivas sen agardar a que a solución veña de fóra. “Os marxistas rusos non poden

prescindir do dereito de autodeterminación das nacións”. E a teoría staliniana cómprese nos

artigos 16 e 17 da Constitución da URSS.

De acordo con estes principios o Buró político do P. C. español non se esqueceu de

incluír na proposta oficial de unificación, dirixida ao P. S. en xulio derradeiro, a siguente

condición: “8º Recoñecimento do dereito democrático de independencia nacional para

cataláns, vascos e galegos, independencia nacional que pode asegurarse en forma real e

perdurable mediante a unión de tódolos pobos da Hespaña contra o enemigo común, contra

os feixistas hespañoes e os invasores xermano-italiáns”.

A Terceira Internacional recoñece como nacionalidade a Cataluña, Euscadi e Galiza,

e a posición política dos comunistas hespañoes responde, loxicamente, a este recoñecimento.

¿Cal é o criterio dos galeguistas? Para nós, os galeguistas, Galiza é unha nación e ten

o dereito e o deber de organizarse autonomicamente. Xa sinalamos a coincidencia do

galeguismo e do comunismo a este respecto e nas arelas de organizar a convivencia fraternal

das nacionalidades hispanas, dentro do marco dun mesmo Estado. Así o proclamamos en

Berna, o ano 1932, ante o IX Congreso de Minorías Nacionaes de Europa.

Os nosos anceios máisimos están espresados na IV declaración de principios do

programa galeguista: “Galiza, célula da universalidade: Anti-imperialismo, federalismo

internacional, pacifismo”. Esta declaración está definida nas verbas siguentes: “O

recoñecimento da personalidade de Galiza e as arelas de anovar a súa autóctona cultura, a

defensa da autodeterminación política do noso pobo, a laboura pola potencialización da súa

Page 42: Castelao - Sempre en Galiza

economía, serían angueiras estériles i egoístas se non estivesen inspiradas polo degoiro de

harmonizar na cultura universal o rexurdimento da nosa cultura, de integrar na comunidade

dos pobos a liberdade do noso pobo, de coordinar coa solidaridade da economía mundial o

melloramento da nosa economía; en suma, de que Galiza, eisistindo, vivindo a súa vida, se

capacite para ser un novo órgao da humanidade. Os galeguistas pretendemos, pois, que

Galiza encha o imperativo que representa a súa vinculación a unha superior unidade humán,

que intente asegurar, guindando coas fronteiras, a paz dos pobos e o benestar dos homes”.

Esta declaración feita por un partido controlado polos nacionalistas galegos, non

comunistas, responde ao anceio xeral das pequenas nacións resucitadas ao socaire da

posguerra europea. Para que se aprecie a coincidencia de idearios —esopntaneamente

formulados a moita distancia—, quero transcrebir un treito dos Estatutos da “Alianza dos

grupos nacionaes da Franza” (Alsacia, Lorena, Bretaña e Córcega): “Os Estados modernos,

basados na forza, caducarán pola crecente independencia económica do mundo, pois os

antagonismos en que afincan a súa eisistencia somentes sirven para provocar guerras cada

vez máis terribles. Será mellor sustituílos por unha federación de pobos, onde cada

nacionalidade poidera determinar o seu proprio Estatuto político e proseguir o seu desenrolo

cultural, conforme ás súas tradicións e tendencias; pero asegurando a unidade económica

pola supresión das aduanas e pola práctica do “libre cambio”. Esta concepción daríalle aos

pobos os dous bens máis esenciaes: a liberdade e a paz”.

Cando un galego se decata das realidades do seu país e chega a sentirse fillo dunha

nación privada de liberdade, debe defender a posición maisimalista que acabamos de

esbozar, pois se Galiza é unha Terra diferente ten dereito a ser eisistente. E unha de dúas; ou

negamos o carácter nacional da nosa Terra ou temos que defender os seus dereitos.

Na política mundial hai, arestora, dúas tendencias xeraes, en aparente oposición: a

internacionalista, debida ás circunstancias políticas do noso tempo e ás condicións

económicas do mundo, e a particularista, debida ao rexurdir das nacionalidades que loitan

pola liberdade dentro dos grandes Estados.

Estas dúas tendencias atopan a súa solución normal no federalismo. Mais o

federalismo internacional somentes pode realizarse sobor das ruínas dos Estados

imperialistas e coa previa abolición do sistema capitalista actual. Por esto a estructura federal

do Estado español será posible co trunfo das armas leaes.

Quero proclamar en letras de molde o que dixemos moitas veces nos mitins de

propaganda. Creemos que o separatismo é unha ideia anacrónica e somentes o disculpamos

como un movimento de desesperación que endexamais quixéramos sentir. Esto siñifica que

os defensores da posición maisimalista de Galiza non intentamos tronzar a solidaridade dos

pobos hespañoes —reforzada por unha convivencia de séculos— senón máis ben posibilitar

a reconstrución da gran unidade hispana, ou ibérica.

Con tal de que as nosas arelas federalistas se visen compridas, Galiza cedería

voluntariamente dos seus dereitos todo canto fose indispensable para crear a soberanía do

Estado hespañol; pero sendo demócratas verdadeiros e arelando a unión fraternal de tódolos

leaes, estamos dispostos a ceder, tamén, da nosa posición doutrinal, cando sexa preciso para

construírmos o futuro benestar da nosa Terra. Frente a un separador sentímonos

intransixentes; frente a un amigo sentímonos dispostos a pactar; frente a un irmán somos

capaces de ceder parte do noso ideario.

Page 43: Castelao - Sempre en Galiza

IX

Xa coñecemos a posición dos comunistas e galeguistas a prol das reivindicacións

políticas de Galiza. Ambos a dous partidos recoñecen o carácter nacional da nosa Terra, e de

aí —e nada máis que de aí— proven a coincidencia circunstancial. Vexamos agora en qué

actitude doutrinal se atopan as demais forzas antifeixistas de Galiza.

O Partido Socialista consiña no seu programa a siguente declaración: “Confederación

republicana de las nacionalidades ibéricas, reconocidas a medida que vayan demostrando

indudablemente un desarrollo suficiente…”. Os socialistas hespañoes proclámanse, pois,

partidarios, en principio, dunha estrutura confederal do Estado hespañol; pero non

determinan cáles son as nacionalidades ibéricas que, pola súa diferenciación e capacidade,

poden aspirar ao dereito de confederarse.

Non sabemos se o Partido Socialista recoñece o carácter nacional de Galiza, e, por

declaración repetida dos seus líderes máis responsables, temos dereito a creer que,

practicamente, aínda non estimaron o problema das nacionalidades hespañolas como

superación do federalismo rexionalista. Sabemos que moitos irmáns socialistas aceptan e

defenden a teoría staliniana, proclamando a necesidade de recoñecer o dereito de

autodeterminación para Galiza, por reunir as características diferenciaes dunha verdadeira

nacionalidade, pero algúns ardidos internacionalistas da Segunda sóio estiman o federalismo

pimargaliano, a base da vontade manifestada, e inhibíndose eles de toda acción

reivindicadora. Por fortuna estes non son os máis e os mellores de Galiza. A posición

doutrinal do noso inesquecible Quintillana —tan bo galego como bo marxista— proba que as

aspiracións máisimas de Galiza caben folgadamente dentro da ortodoxia socialista e da

disciplina do gran partido obreiro que fundou Pablo Iglesias.

Para un federal a soberanía reside nos pobos federados, é decir, na vontade popular;

pero cando se coloca no terreo de “ademitir” é xustísimo que eisixa probas evidentes desa

vontade. Agora ben; os socialistas galegos, afincándose na proba plebiscitaria do 28 de xunio

de 1936, que eles mesmos axudaron a realizar, e nas características vivas do noso país, poden

xa colocarse no terreo de “reclamar” os dereitos da nación galega.

Non hai para qué decir o contentamento que esta actitude produciría aos que non

esquecemos a importancia que teñen os socialistas dentro da política republicana.

Os anarquistas galegos tamén poden aceptar a proposta maisimalista de Galiza, sen

detrimento das ideias que profesan. Ante os problemas de liberdade os anarquistas non poden

manterse dubidosos. Saben moi ben que non hai homes libres en pobos que non gozan de

liberdade, i están autorizados, pola súa propria concencia, a recoñeceren a personalidade

nacional de Galiza e o dereito que lle asiste para vivir libremente confederada cos demais

pobos da Iberia ou do mundo. Non esquezamos que o federalismo é, para os libertarios, a

única fórmula de unión antre os homes, as institucións e os pobos.

Non hai nada máis contrario á ideoloxía anarquista que unha unidade estatal que

desvalorice a misión dos homes, das institucións e dos pobos. Por outra parte, as variedades

étnicas, sociaes e políticas caben dentro da unidade económica, e non hai máis solución que o

federalismo para chegar á paz do mundo.

Pode decirse que Pi i Margall é un clásico do anarquismo español, e, polo tanto, a

nosa doutrina federalista non pode ser refugada polos libertarios galegos. Toda federación é a

resultante dun pacto, que non pode celebrarse cando as partes non teñen personalidade e

Page 44: Castelao - Sempre en Galiza

liberdade para pactaren. Esto quer decir que os anarquistas recoñecen, de antemán, o dereito

natural dos pobos a gobernarse autonomicamente, pois neste dereito reside a forteza e

seguridade do pacto federativo ou confederativo. E a meirande coincidencia de Proudhon e

Pi i Margall estriba en que os contraíntes do pacto federativo non sóio deben obrigarse senón

que deben reservar para si máis dereitos, máis autoridade e máis liberdade da que conceden,

pois coa división da soberanía evítanse as estralimitacións do Poder estatal.

Velaí como tamén podemos concordar cos anarquistas e sindicalistas galegos.

Os agrarios de Galiza, aínda non ben solidarizados nunha forte unidade social —a

máis decisiva polo número— teñen diante dos ollos unha chea de problemas económicos que

son insolubles dentro do sistema unitario e centralista, pero que se resolverían doadamente o

día que eles mesmos dispuxesen de liberdade para resolvelos. Ningunha outra forza de

Galiza ten máis razón para reclamar un réxime de autonomía integral. Ninguén mellor que os

agrarios ten dereito a proclamar o carácter nacional de Galiza, porque foron eles mesmos os

que o conservaron a través de varios séculos de opresión; pero é doado afirmar que o

agrarismo galego foi campo esperimental dos máis variados e contradictorios tipos de

política española, aínda que lle cabe o orgullo de ter sido a primeira organización política de

campesiños en Hespaña, anterior á dos rabasaires de Cataluña.

Se o agrarismo galego non estivese gafado pola política oportunista, é seguro que os

agrarios de Galiza serían —e serano aínda— os guieiros do nacionalismo galego. (Ou esto ou

ficar arredados de toda contenda política).

¿E os republicanos? Os republicanos hespañoes considerábanse herdeiros da doutrina

política de Pi i Margall, e os republicanos galegos eran todos federaes, aínda que non

militasen no Partido que levaba ese nome. Lembrémonos de que no sonado pacto de Lestrove

fixéronse declaracións rotundas a favor da autonomía de Galiza e da estruturación federal de

Hespaña. Lembrémonos de que no pacto de San Sebastián o representante de Galiza pideu

para o noso país os mesmos dereitos que se lle concedesen a Cataluña. Lembrémonos de que

na Asambleia da Cruña, celebrada en maio do 1931 e convocada pola Federación

Republicana Gallega, aprobouse un proiecto do Estatuto que comeza deste xeito: “Art. 1º

Galicia es un Estado autónomo dentro de la República federal Española”. Lembrémonos de

que os discursos de propaganda eleitoral eran afervoadamente federalistas. Lembrémonos de

que nas Cortes Constituíntes, o Ministro que nos representaba votou a favor da República

federal. Etcétera, etc.

Certo que os republicanos galegos endexamais falaron da “nación galega”, adoptando

a verba imprecisa de “rexión”; pero tamén é certo que ao declararse “federales”, aspiraban a

que Galiza fose un “Estado soberano”. Lembremos o proiecto de Constitución presentado ás

Cortes da primeira República (Tíduo XIII, que trata da constitución dos Estados).

Lembremos o proiecto de Constitución federal aprobado na Asambleia de Zaragoza (1883):

“Las regiones, Estados soberanos…” ¿Trátase simplementes de nomes, e onde leemos

“Estados soberanos” debemos entender “Nacións”? Cicais; pero as rexións que os federaes

propoñían para organizaren a “Federación Española” non teñen “carácter nacional”. E, polo

mesmo, non temos dereito a enrolar aos republicanos na posición maisimalista de Galiza.

Con todo, é indispensable poñer en coñecimento dos antifeixistas galegos que os

Estatutos e Idearios republicanos atéñense á letra dos preceptos constitucionaes, e aínda que

renunciaron á posición federalista, que antes figuraba nos seus programas de partido,

mantéñense firmes na posición democrática de respetar e comprir a “vontade popular”, a

“vontade das rexións”.

Velaí un ensame da posición ideolóxica de tódolos grupos antifeixistas galegos.

Page 45: Castelao - Sempre en Galiza

Estamos xa en condicións de discurrir a prol do deber que lle incumbe a cada sector e da

maneira de chegar a un acordo no punto esencial da autonomía galega, pois se non

aspirásemos á liberdade de Galiza non tiñamos para qué falar.

Page 46: Castelao - Sempre en Galiza

X

Supoñamos que, dispois da guerra, xurdise o propósito de revisar a Constitución, e

que, polo tanto, xurdis, tamén a posibilidade de darlle á República unha estrutura federal.

¿Cal sería o noso deber? Creo que os galegos antifeixistas, no seo das respectivas

organizacións, debemos prepararnos para defender e alentar ese propósito, e, incluso, iniciar

debates para despertalo. Esta nosa actitude sería hespañolísima.

¿Sabedes por que a República xa non é federal? Porque os viúdos da monarquía

—casados en segundas nupcias coa República— non consentiron que a Soberanía baixase do

seu trono imperial. Se o Estado, sentíndose xeneroso, concedese unhas migallas do seu Poder

a certas rexións descontentas, entón a mesma Soberanía monárquica convertiríase en

Soberanía republicana; pero se os pobos diferenciados acordaran unirse voluntariamente

para constituír unha nova Soberanía de Hespaña, entón —¡que catástrofe!— a República

non tería ningunha semellanza coa monarquía. Os xuristas —vixiados polas estatuas dos Reis

Católicos— repetiron no primeiro Parlamento da segunda República os mesmos conceptos

que nun día lonxano emitira, alí mesmo, Don Antonio Maura en defensa da Soberanía… E os

xuristas gañaron a batalla. Cómpre decirvos que eu asistín a este drama e que aínda hoxe non

comprendo por qué as Constituíntes refugaron un sistema que xa está implantado,

comprobado e consolidado en dúas terceiras partes do mundo.

Os federalistas entendíamos que, para devolverlle a Hespaña o seu ser auténtico, era

preciso abrir os ollos á realidade e coordinar, dentro dun Estado plurinacional, os intreses

materiaes e moraes dos diferentes pobos. Arelábamos un Poder emanado do pobo, querido do

pobo e a carón do pobo. Para esto era indispensable tronzar o fío da Hestoria; mais os

Castelares da segunda República adoraban as abstraccións momificadas… Lembrade aquela

frase de Lerroux, pronunciada na noite do 6 de outono do 1934: "¡Vamos a continuar la

Historia de España!". Pois ben; esta frase patrioteira pode repetirse… Pode repetirse cando

gañemos a guerra.

Certo que o pobo hespañol non defende abstraccións xurídicas nin loita para resucitar

aquela República indecisa que morreu o 18 de xullo do 1936; pero este pobo heroico e

xeneroso ten que pasar aínda pola proba dos discursos arrebatadores… ¿Non sería terrible

que un repúblico calquera resucitase a "sagrada unidad de la Patria"? Esto siñificaría unha

volta ao pasado, cando se planteaban diariamente problemas contradictorios e insolubles que

os Gobernos tiñan de resolver con covardías ou con violencias, para que o Estado se fixese

odioso e os hespañoes se entregasen á demagoxia. Os galegos sabemos moi ben por qué a

nosa Terra caíu en poder dos facciosos, e non poderíamos contribuir á restauración dun

sistema político que nos ensumeu na desventura. O sangue dos nosos mártires non se

derramou para que aceptemos unha promesa de benestar outorgado por decreto (benestar

non gratuito, pero si, obrigatorio). Mais agora non falamos como autonomistas, senón como

federaes, é decir, como hispanos.

Desque reinaron na Hespaña as dinastías estranxeiras dos Austrias e Borbóns

—importadores do cesarismo unitario e centralista—, os hespañoes non podían sentirse

identificados coa misión hestórica da monarquía, porque a política dos reis tiña por norte

afogar a libre respiración dos pobos, tradicionalmente autónomos. Por esto, a pretendida

unidade hespañola non pasou de ser unha de tantas ficións. Cómpre decir que o

republicanismo dos primeiros tempos —traducido literalmente do francés— tampouco

Page 47: Castelao - Sempre en Galiza

chegou ao cerne da concencia popular, que arelaba tanto ou máis que o dereito dos homes o

dereito dos pobos. Pero cando xurdeu a doutrina política do federalismo, tódolos hespañoes

liberaes que moraban nos pobos asoballados simpatizaron ou se incorporaron ao novo ideal

republicano. E veu a primeira República, que morreu por non ser federal. Dende entón

"monarquía" quer decir "imperialismo", "uniformismo", "centralismo", e "república" quer

decir "descentralización", "autonomías", e "liberdade". Non me sería dificultoso demostrar

que esta segunda República desaproveitou as esperencias da primeira e que, por non ser

federal, estivo a punto de morrer asesinada polos militares.

Aos republicanos hespañoes é preciso convencelos de que, nunha República unitaria,

o letra de Liberté, Fraternité, Egalité a penas sirve máis que para ser colocado na porta dun

cimeterio.

Disque o noso trunfo siñificará o trunfo da Democracia. Mais eu pregunto: "¿Da

democracia anterior ao 18 de xullo ou dunha nova democracia?" Porque antramentras

subsista o centralismo asoballador das nacionalidades e somentes se concedan autonomías

como derradeiro recurso de conciliación, a democracia hespañola —por moi republicana que

se chame— seguirá sendo a tapadeira dun absolutismo político, cultural i económico, que

goberna coas axudas da burocracia e do caciquismo, os dous nemigos do pobo. As

autonomías, tal como se conceden, poden trocarse en privilexios, e somentes o federalismo

aseguraría un equilibrio práctico antre os diferentes pobos do Estado, para que ningún deles

pesara con esceso na economía ou na política xeral.

A fórmula federalista sempre conduce á paz interior dos Estados plurinacionaes, e

abre anchas espranzas ao ideal pacifista do mundo. Velaí están dúas grandes Federacións que

o atestigan: Os Estados Unidos e a Unión Soviética. En ambos Estados —un capitalista e o

outro socialista— chegouse á solidaridade fraternal dos pobos porque a liberdade suprimeu

todo motivo de conflito. O mesmo Stalin afirma que incluso dentro dun réxime capitalista

pode chegarse a unha paz relativa cando se democratiza o país e se dan ás nacións a

posibilidade de vivir libremente, como na Suíza e Norte-América.

Hespaña é un país multiforme que non pode rexirse cun criterio uniformista, porque

na loita de intreses locaes a Lei única siñifica un privilexo para os máis fortes ou os máis

astutos, e, polo tanto, produce a ruína das rexións pequenas ou mal apadriñadas.

O federalismo que nós defendemos non se afinca nese tan sobado principio da

división do traballo, é decir, na descentralización adeministrativa, para desconxestionar a

cabeza. O noso federalismo tampouco pretende dividir o territorio hespañol en doce, catorce

ou dezaseis rexións autónomas, porque a estas outuras faise necesario superar a federación

rexionalista de Pi i Margall por unha concepción verdadeira das nacionalidades, como se fai

necesaria a federación internacional para salvar a economía e a paz do mundo.

Sen emitir comentarios ao réxime social i económico da URSS creemos que, no orde

puramente político, cabe en Hespaña unha estruturación semellante á daquel Estado.

Creemos que a vontade popular plebiscitada, por moita importancia que ela teña, non lle dá a

unha rexión a categoría de nacionalidade. As nacións non se crean somentes pola vontade dos

homes, e por moito que abramos os ollos non vemos en Hespaña máis que catro

nacionalidades. Nós concebimos a Hespaña como un sóio Estado, constituído polo libre

consentimento de catro pobos: Castela, Cataluña, Euzcadi e Galiza. E dispois tódalas

autonomías que poidan concederse dentro de cada nación.

Esta sería —ao noso ver— a única maneira de reconstruír racionalmente a Hespaña

dos grandes feitos.

Page 48: Castelao - Sempre en Galiza

XI

Supoñamos que a República vai seguir voando polo ceo das abstraccións, sen

pousarse na terra, e que non logramos afincala en principios verdadeiramente democráticos.

Supoñamos que por non chegarmos a unha coordinación de intreses moraes e materiaes de

Hespaña, rexurdisen as vellas argucias localistas, para eludir deberes e gozar privilexios,

trocándose a xenerosidade en parvada e o egoísmo en norma política. Supoñamos que dispois

da guerra non xurdise o propósito de revisar a Constitución ou que os federaes hespañoes

fósemos novamente derrotados polos que aínda pretenden "continuar a hestoria de Hespaña".

Supoñamos, inclusive, que un vento de eisaltación patrioteira puxese en perigo as

posibilidades que a vixente Constitución nos ofrece. ¿Cal sería o deber dos galegos

antifeixistas? Creo que en calisquera destes casos debemos proceder como galegos, para

salvar a nosa Terra da servidume económica e tributaria en que se atopa, para diñificar a vida

do noso pobo e para comprir a postrimeira manda dos nosos mártires.

Nin Galiza pode pagar erros alleos —se os houbese— nin se lle pode negar o que a

outros pobos lle foi concedido, nin se lle pode discutir un dereito xa reclamado con tódolos

documentos en regra. O día que fracasaran os nosos anceios —hespañolísimos e

republicanísimos— de constituír racionalmente o Estado hespañol, non nos quedaría máis

que a solución autonomista para salvar o porvir da nosa Terra. Dos dereitos que a Galiza lle

corresponden como nacionalidade non poderíamos ceder máis que até os límites que a

Constitución actual sinala. Con este criterio atoparíamonos na postura minimalista que

propoñen as esquerdas republicanas, é decir, no respeto á Constitución vixente e ao Estatuto

autonomista que Galiza presentou a estas Cortes.

No 14 de abril de 1931 caíu a monarquía e o pobo celebrou con festas e alboroques a

fuxida do rei felón; pero a República non chegou aquel día, porque non pode chamarse tal un

réxime que nin tan siquera soupo controlar aos militares monárquicos. A República virá o día

que o pobo hespañol retorne, vitorioso, das trincheiras. I entón ¿será posible continuar neste

réxime, ingrávido por sublime, inútil por inaplicable, obra i enxendro de oradores e xuristas

que somentes deprenderon a cencia dos libros? ¿Non será máis lóxico creer que os

antifeixistas hespañoes van dar ao mundo un novo modelo de República, afincada nas

proprias entrañas do país? Teñamos fe no trunfo da nosa posición federal, porque xa non

teñen voz e voto aquelas "dereitas" separadoras que nos chamaban separatistas; mais, polo

si ou polo non, cómpre que o baluarte autonomista galego sexa inespuñable, porque será o

derradeiro refuxio das nosas aspiracións.

Co sistema unitario e centralista —liberal ou despótico, monárquico ou

republicano— teremos sempre unha participación no reparto das miserias, das fames, das

deudas e demais alifaces xeraes; pero continuaremos ao marxe da pública tutela e non nos

alcanzarán os beneficios e regalías da Lei única, porque os problemas galegos caen fóra desas

grandes custións que os políticos chaman de "intrés nacional". Sirva como exemplo o que nos

custa unha Reforma Agraria que non ten aplicación en Galiza, unhas obras hidráulicas que

non se fan na nosa Terra, un arancel protector das industrias que non residen no noso país,

etc. E para cangar con estes trabucos é xusto que se nos dean compensacións; pero aínda así

non resolveríamos os nosos problemas sen autonomía lexislativa e sen que nos avencelle a

todos unha mesma arela de redención, afincada na firme vontade de vencer.

Sabemos que os galegos, individualmente, teñen azos para redimírense da miseria

Page 49: Castelao - Sempre en Galiza

—pola intelixencia, o traballo e a perseverancia—, como saben loitar e vencer en tódolos

climas do mundo; pero tamén é certo que o noso pobo carece de siso colectivo para eisixir os

dereitos que lle corresponden. ¿Que pasou para que en Galiza as calidades individuaes non

concorden coas calidades colectivas? ¿Que pasou para que os galegos —individualmente

arriscados— se presenten como unha grea vencida e resiñada? ¿Que pasou para que os

galegos emigren caladiñamente en vez de protestaren? Galiza era un pobo vello e cheo de

esperencias desventuradas. Estas esperencias fixérano precavido. Por algo se dixo que se

Don Quixote fose galego non realizaría unha segunda saída; pero poucas veces se dixo que

Galiza está farta de facer quixotadas e de recibir desenganos. Pois ben; eu dígovos que o noso

pobo, ao saír da guerra, xa non pode ser aquela grea mansa e xenerosa dos pasados tempos,

porque o sangue dos nosos mártires creará mundos novos, tan grandes como foron os

mundos vellos. Volveremos a ser coraxudos, i ecoarán por toda a nosa Terra os aturuxos da

vitoria. Sairemos desta proba de lume, de ferro e de sangue, co corazón de seixo e co

pensamento virxe, para encamiñarnos a unha nova estrela.

Con todo, será preciso esvaer do ambiente hespañol o falso patriotismo que nos

deixou a monarquía, porque aínda sobrevive na concencia de moitos homes o culto á

memoria de Isabel a Católica. Aínda pesa sobor dos autonomistas a inxuria dos señoritos

centralistas. ¿Non vos lembrades? Os que non creíamos que a unidade hespañola fose

anterior e superior á variedade, éramos uns canallas. Os que coidábamos que o sistema

unitario causou a ruína material e moral de Hespaña, éramos uns falsarios. Os que non

queríamos someternos á violencia asimilista que iniciaron os Austrias e Borbóns, éramos uns

insurrectos. Os que creíamos que o sistema federal resucitaría o poderío da gran Hispania,

éramos uns traidores. Os que por acatamento á Constitución da República pedíamos unha

simple autonomía rexional e sometíamos a vontade das nacionalidades á deliberación do

Parlamento central, éramos uns criminaes. Así, os cataláns, vascos e galegos, fomos

aldraxados a decotío no café, no mitin, na prensa, na cátedra, no púlpito… ¿Creedes que de

tantas inxurias e calumnias non queda nada no ambente? Pois eu aseguro que hai siños

evidentes da vella incomprensión; pero tamén aseguro que a solidaridade política dos

galegos antifeixistas pode realizar aquel anceio poético de Pondal: "A luz virá para a caduca

Iberia dos fillos de Breogán".

Díxose que o movimento autonomista de Galiza era unha simple actitude mimética,

que nasceu por contaxio dos cataláns, como se nós non tivésemos concencia da nosa

personalidade diferenciada. Díxose que na nosa Terra non se sinte a necesidade dun Estatuto

autonómico, como se os Gobernos da monarquía, ou da República, se preocupasen algunha

vez dos nosos problemas, aínda que máis non fose que para coñecelos. Dixéronse, inclusive,

que os galegos non temos capacidade para gobernarnos, como se non tivéramos gobernado

moitas veces a Hespaña enteira. Dixéronse moitas cousas que aínda poden repetirse e que nós

debemos repeler i evitar, purificando de prexuízos resesos o noso proprio esprito e o esprito

dos demais hespañoes.

Page 50: Castelao - Sempre en Galiza

XII

Pode perguntársenos se Galiza ten concencia da súa diferenciación nacional e se a

vontade de eisistir politicamente obedece a un anceio fondo e constante do pobo.

Parece certo que a monarquía Sueva dou eisistencia política ao territorio diferenciado

de Galiza; pero a lembranza do vello reino de Suevia durme alonxada de nós, no neboeiro

saudoso en que gardamos o afundimento da Atlántida e demais feitos lexendarios. Daqueles

tempos non nos quedou máis que un anceio de recobrar a unidade do territorio. Parece certo

que a Galiza medieval convirteuse nunha verdadeira monarquía eclesiástica, rexida por

Xelmírez, e que a política deste gran cacique galego fanou irremediablemente a nosa

independencia, pero creouse unha civilización aínda viva e presente, que nos xungue a

Europa por camiños que endexamais se borrarán. Daqueles tempos non nos quedou máis que

un anceio de recobrar o libre desenrolo das forzas esprituaes. Parece certo que a Galiza feudal

enfrentouse cos desiños imperialistas de Castela para defender a salvaxe independencia dos

señores; pero tamén é certo que no fondo das contendas latexaba un sentimento patriótico.

Daqueles tempos non nos quedou máis que un anceio de glorificar a figura do Mariscal Pardo

de Cela. Parece certo, en resume, que Galiza pudo ser un reino independente, pero

endexamais aproveitou as ocasións que o destino nos deparou. E daqueles tempos non nos

quedaron máis que lembranzas desventuradas.

As reivindicacións de Galiza non se afincan, certamente, no desexo de recobrar as

liberdades abolidas, que hoxe serían anacrónicas na súa forma hestórica, nin a nosa

diferenciación nacional foi enxendrada por un aillamento político. Alguén pode perguntar:

"¿En que fundades, pois, o voso movimento autonomista se Galiza endexamais foi

independente?" E nós respondemos: "Basámolo en que, a pesares de vivirmos arreo

sometidos, dendes que se inventaron os Estados modernos, non somentes creamos,

conservamos e fortificamos os atributos dunha auténtica nacionalidade senón que temos azos

para organizarnos como Estado".

Non se pode negar que os Reis Católicos venceron e aferrollaron a Galiza, e que a

política centralizadora produxo un esvaimento da nosa personalidade, reducindo a nosa

língoa culta a unha língoa rústica; pero apta para calquera renascencia cultural. O pobo,

dispois de realizar unha revolución prematura, e guiado somentes pola xenreira, non soupo

qué facer coa vitoria, e ficou máis escravizado que antes. Os fillos e netos daqueles señores

que defendían os dereitos da Beltranexa, foron asimilados pola Corte castelán. Galiza pagou

ben caras as súas rebeldías, e pagounas sen chistar. Pero aínda eisistimos como pobo

diferente de Castela.

Decorreron centos de anos, e o noso instinto de conservación —adormentado polos

fracasos— rexurde no século XVIII, iniciándose unha nova concencia da personalidade

galega antiga. Galiza érguese da miseria moral e material en que vivía ensumida, e a Guerra

da Independencia cóllenos en pleno rexurdimento. A incomprensión oficial aldraxou a

Galiza chamándolle "hija espúrea de la Nación Española"; mais os galegos non acusamos

recibo de tal aldraxe, e, dispoñendo autonomamente dos nosos recursos e do noso heroísmo,

fomos os primeiros en vernos libres de franceses i en sermos os únicos hespañoles que

mereceron o asombro de Wellington. A Guerra de Independencia enfrentounos con nós

mesmos e prodúxose un afán impreciso de reconstrucción política da personalidade galega,

denunciado nun boletín oficial como de "cierto provincialismo". Deste xeito comezamos o

Page 51: Castelao - Sempre en Galiza

século XIX.

Deica entón dispoñíamos dun organismo —"Xunta Superior do Reino de Galiza"—

que, mal ou ben, amparaba os nosos intreses contra os ataques centralizadores do Estado;

pero a división provincial do 1833 esnaquizou a nosa unidade adeministrativa —derradeiro

vestixio das liberdades galegas—. Este é o feito que provoca o movimento reivindicador,

primeiro provincialista e dispois rexionalista, até xurdir o nacionalimso.

O estudante Antoilín Faraldo, á cabeza da mocedade romántica e liberal do 1843, fixo

que se discutise, na sonada Asambleia de Lugo, o dereito de Galiza a reclamar a súa total

independencia. Como resultado das inquedanzas reivindicadoras de Galiza, xurde o

erguemento revolucionario do 1846, pretendendo "anular todo acto do Goberno de Madrid".

Os fusilamentos de Carral —epílogo tráxico da revolución— fanaron a confianza do pobo

galego nos pronunciamentos.

Dez anos máis tarde (1856), o sentimento galeguista toma novos rumbos. Foi no

banquete de Conxo. Neste banquete, de estudantes e artesáns, consagrouse a solidaridade

democrática de Galiza, e os brindis de Pondal e Aguirre abren novos canles ao movimento

reivindicador.

No intre en que xurden os precursores do nacionalismo político xa frorecían as letras

galegas por influencias que teñen o seu orixe no século anterior.

A doutrina política do federalismo dá froitos insospeitados na Galiza, sempre liberal.

Abonda decir que noutra Asambleia de Lugo confeccionouse un proiecto de "Constitución

para o futuro Estado Galego". Este documento é unha peza mestra e única na hestoria política

do século XIX. Coincidindo coa revolución do 1868 sae a luz un plan de "Facenda cantonal",

trazado por Sánchez Villaamil. A implantación da primeira República provoca unha

Asambleia en Compostela, para exercer o dereito de iniciativa, obedecendo aos principios do

federalismo. Nesta xuntanza redáctase un documento que firman quiñentos coarenta e cinco

delegados. A nosa Terra contaba cun Ministro do Goberno —Eduardo Chao—, defensor do

sistema federal. A caída da primeira República produxo en Galiza unha grave decepción.

O movimento literario sigue avante, eisaltando a personalidade galega, e de súpeto

xurde un home estraordinario: Alfredo Brañas. Este gran patriota dálle á "custión galega" un

pulo trascendental co seu libro El Regionalismo (1889), no que se concreta por primeira vez

en doutrina política xa nacionalista, as vagas aspiracións sentimentaes do pobo galego. O

mesmo Brañas, nun discurso de apertura de curso na Universidade de Sant-Iago (1892),

condensa en dezaseis puntos todo un programa de Goberno galego, o máis avanzado que

rexistra o movimento autonomista en Hespaña. Cómpre decir que Alfredo Brañas foi a

Barcelona cando Prat de la Riba era aínda un estudante e, según confesión pública dos vellos

catalanistas, as conferencias de Brañas abriron luces á "custión catalana".

Non cabe falar do movimento da "Liga Galega" (1897), nin das campañas de

"Solidaridade Galega" (1907) e dispois "Acción Galega" (1911). O nacionalismo, como

movimento avangardista da galeguidade, aparece o ano 1916 coas "Irmandades da Fala". E

na Asambleia de Lugo (1918) —sempre Lugo— concrétanse definitivamente as nosas

lexítimas aspiracións. O aviso que nos puxo en pé chegounos polo camiño de Europa.

Velaí a proba de que non somos improvisadores nin imitardores.

Page 52: Castelao - Sempre en Galiza

XIII

Pode perguntársenos se a vontade de Galiza, manifestada o día 28 de xunio do 1936,

foi unha improvisación favorecida pola sorpresa. Nós responderíamos co relato verídico de

varios feitos.

Nas vísperas de proclamarse a República os galeguistas elaboramos un anteproieto de

Estatuto. Este documento foi publicado polo "Seminario de Estudos Galegos" e saíu á luz o

día 6 de maio do 1931, aos poucos días da proclamación. O primeiro artigo decía así: "A

Galiza é un Estado libre dentro da República Federal Hespañola". Estábamos tan embebidos

de esencias democráticas que para nós o pobo galego non somentes debía exercer a súa

soberanía polas eleicións, senón tamén polo recall, o referendum e a iniciativa. Ao mesmo

tempo publicamos un traballo de Bóveda, complementario do anteproiecto de Estatuto, no

que se estudaba, con cifras oficiaes, o aspecto económico-fiscal da proposta galeguista, para

demostrar que nin comprometía os intreses galegos nin perxudicaba os intreses dos demais

pobos da Hespaña.

O día 23 de maio do 1931 celebrouse na Cruña unha gran Asambleia popular,

convocada pola Federación Republicana Galega, para discutir as bases dun Estatuto que

concretase as aspiracións políticas de Galiza, como "Estado autónomo dentro da República

Federal". Os delegados que concurrimos a esta xuntanza enchíamos o mellor teatro da

cibdade, e dispois de discutirmos a ponencia de ORGA —artigo por artigo— ficou aprobado

un documento que escedía en aspiracións autonomistas ao que dispois se concedeu na

Constitución da República. Abondará decir que no artigo 21 reclamábamos o dereito a

establecer representación consular propria nos países de América onde o continxente de

emigrados galegos fose numeroso.

Antramentras, e con data 30 do mesmo mes, publicouse unha "Aportación ao estudo

do futuro Estatuto rexional", dirixida ao País galego e siñada por letrados de recoñecida

competencia. Este documento parecía redactado por notarios oitocentistas que coñecesen a

fondo os desastres que a Lei única produce na economía labrega de Galiza. Tratábase dun

traballo intresante, confeccionado por avogados incapaces de rifaren coas supersticións

xurídicas do Estado; pero que ao mesmo tempo arelaban para o seu país un réxime

francamente autónomo.

Cómpre decir que se multiplicaron as iniciativas particulares e que os organismos de

carácter cultural i económico sofriron a preocupación de establecer bases e artigoar preceptos

para organizar o vivir autónomo de Galiza, dentro da unidade do Estado republicano. Esta

preocupación invadeu a tódolos sectores da opinión galega, incluso as minorías dereitistas

—xusto é decilo—, que, por medo á República, pedían un cortacircuítos en Quereño… Os

partidos republicanos —vencedores nas eleicións que derrubaron a monarquía— sentíanse

federaes, e os seus anceios de liberdade ocupaban unha posición maisimalista, parella coa

dos nacionalistas galegos.

En canto se aprobou o tíduo primeiro da Constitución tivemos que pensar en novos

proiectos. Entón os parlamentarios que representábamos a Galiza nas Constituíntes

redactamos unhas bases de Estatuto galego en concordancia cos preceptos constitucionaes.

Este documento foi levado á Cruña por unha comisión de diputados, e alí morreu con toda

solemnidade nas mans do presidente da Diputación, non sabemos se por nugalla propria ou

por consiña gubernativa.

Page 53: Castelao - Sempre en Galiza

Dispois deste acto prodúxose un colapso nas actividades republicanas de Galiza, por

causas e axentes que nós coñecemos ben; pero a vontade galeguista seguía acesa, pola fe dun

home eistraordinario: Alexandro Bóveda.

¿Como chegamos —dispois de tantos tanteos— ao proiecto definitivo? Na

Asambleia de Sant-Iago, celebrada o día 3 de xulio do 1932 e presidida por Xaime

Quintanilla, nomeouse unha Comisión encarregada de redactar un anteproiecto de Estatuto e

de sometelo a unha información pública. Esta Comisión estudou as enmendas que se

recibiran (calquera galego tiña dereito a propoñelas), e dispois de modificar en algúns puntos

a ponencia, convocouse a unha Asambleia. Esta Asambleia tivo lugar en Sant-Iago, os días

17, 18 e 19 de Nadal do mesmo ano, e a ela concurriron tódalas forzas políticas, sociaes,

culturaes i económicas do país galego. Alí discuteuse, punto por punto, a ponencia elaborada,

e dispois de tres días de discusión —non sempre cordial— prodúxose tan enorme entusiasmo

que poderíamos ir axiña ao plebiscito coa plena seguridade de gañalo. A inmensa maioría dos

Concellos municipaes galegos de eleición popular, alí representados, propuxeron este

proiecto para compriren co que preceptúa o apartado primeiro do artigo 12 da Constitución.

O Goberno —sempre lonxe das realidades galegas e dos seus acontecimentos—

esperou a que as dereitas e os radicales se fortificasen nas súas posicións, para concedernos

un decreto plebiscitario que nós reclamáramos urxentemente. O decreto concedeuse cinco

meses dispois da proposta dos Concellos, cando agoniaban as Cortes constituíntes. Pero xa

déramos o primeiro paso e tiñamos unha autorización do Goberno, que nos permitía agardar

por menores tempos. Este decreto non foi derogado, porque os gobernantes do bienio negro

tampouco miraban a Galiza, e nós soupemos disimular coidadosamente os nosos propósitos.

Chegaron as derradeiras eleicións xeraes. O pacto eleitoral do Frente Popular galego

contiña o compromiso de ir ao plebiscito do Estatuto, o seu compromiso foi comprido o día

28 de xunio do 1936. Todos sabedes que gañamos o plebiscito en todas e cada unha das

circunscricións provinciaes, sobrepasándose en moito o porcentaxe de votación que a Lei

eisixe. E dispois de comprir, de maneira insuperable, os preceptos da Constitución,

presentamos o noso Estatuto ás Cortes da República o día 15 de xulio do 1936.

Xa se sabe que os anceios galeguistas (con esta verba non me refiro somentes aos

meus correlixionarios) van máis alá da proposta aprobada; pero sempre aceptamos e

defendemos todo acordo que, coa nosa presencia, se tome democraticamente. Os partidos

aceptaron o Estatuto proposto en 1932 polos Concellos populares para aproveitaren o

primeiro trámite, xa cumprido, pero coa espranza de que fose ampliado no dictamen da

Comisión parlamentaria. De todos xeitos o proiecto contén as bases indispensables e sería

perigoso calquera modificación, pois os defectos na cantidade das atribucións están

superados pola calidade das garantías que se reclaman.

Non pode negarse que o Estatuto galego foi o máis discutido e meditado de todos

cantos se presentaron nas Cortes; pero aínda é necesario que fagamos algunhas

consideracións de vulto para que resalte máis o noso dereito e para que os galegos

antifeixistas se preparen a reclamalo con toda diñidade.

Page 54: Castelao - Sempre en Galiza

XIV

O Estado centralista, desvencellándose das realidades vivas do país, chegou a

enxendrar unha mística patrioteira en perpetuo miragre de levitación. Os adoradores desta

especie de deus panteísta chámanse españoles e non saben que a súa España foi, noutro

tempo, algo máis que unha verba sagra. Iñoran que Hespaña era unha unidade orgánica,

cando tódolos habitantes da Península se chamamaban hespañoes, aínda que non falasen na

língoa de Castela, aínda que falasen vasco, catalán ou galaico-portugués. A este propósito,

cómpre lembrar unha frase do gran escritor e patriota lusitano Almeida Garret: "Hespañoes

somos, de hespañoes debemos prezarnos tódolos habitantes da península ibérica; pero

casteláns, non". Neste dito do gran patriota portugués acúsase a política centralista e

absorbente de Castela como causante da desmembración de Hespaña.

A uniformidade centralista mantense de abstraccións e tende a concentrar os mandos

do Estado nun punto cada vez máis reducido, deica convertirse no centro ideal dun cero

enorme. Primeiro é unha rexión dominante, dispois unha cibdade burocrática, máis tarde un

ministerio político e derradeiramente pode ser un home que empece a berrar: ¡Arriba

España!

Os patrioteiros centralistas comungan coa sagrada integridad de la patria, que para

nós é unha roda de muíño…; pero nin teñen concencia da unidade posible de Hespaña nin

están posuídos por un sentimento verdadeiro de patria hespañola. Se un pobo non quer

morrer estupidamente asimilado, non lle queda máis que un recurso: deixar de ser hespañol.

Eles, os hespañoleiros, son os únicos separatistas que coñecemos. Separaron a Portugal e xa

pedían fronteiras para Cataluña. Non tardarían en separar a Euscadi e Galiza.

Estes hespañoes perderon o imperio colonial, causaron a desintegración peninsular, e

dispoñíanse a perder as mellores rexións de Hespaña. Incluso refugaron alianzas

internacionaes para viviren aillados do mundo. A súa única ledicia consistía en vivir

sentados, mirándose o embigo.

Así foi a patriotería monárquica; pero a República tampouco comprendeu os

problemas hespañolísimos de Cataluña, Euscadi e Galiza. Tamén a República foi

incomprensiva e torpe, negándose a ser federal.

Lémbrome dun monárquico, adorador da "sagra unidade" e separatista de Cataluña.

Un día apareceu cun unlleiro. A door do collizo chegáballe ao corazón e non o deixaba

durmir. Agarimaba o dedo enfermo, envolto en algodóns. Entón un diputado, que votara nas

Cortes o Estatuto de Cataluña, díxolle para desquitarse: "Seique che doi o dedo, eh? ¿Por que

non o desprezas e o cortas? Porque che doi, ¿non si? ¡Claro! Doiche porque é unha parte da

unidade do teu corpo. Se sentiras, como dis, a unidade de Hespaña, doeríache Cataluña…"

Nesta anécdota óllanse nidiamente as dúas mentalidades en puña; pero ningunha das

dúas é a que lle convén a Hespaña, porque a intransixencia cerril dos minárquicos e a

tolerancia regateira dos republicanos non pode confundirse coa solidaridade fraternal que

arelamos os federalistas. A "custión catalana" —igoal que a vasca e a galega— non é un

delito que deba reprimirse, nin é unha enfermedade que poida curarse. Esa custión é,

simplementes, unha proba da vitalidade dun órgao que reclama garantías legaes para

funcionar dentro do Estado. E tal Estado non pode ser o artefacto, xa descomposto, que a

República recibeu da monarquía, senón a resultante funcional dos seus varios órgaos

nacionaes.

Page 55: Castelao - Sempre en Galiza

Certo que as Cortes constituíntes estimaron a importancia do problema de Cataluña e

que trataron de resolvelo con xenerosidade (cousa inconcebible no réxime anterior); pero a

solución autonomista era obrigada para remediar vellas discrepancias e comprir

compromisos recentes… O Estatuto de Cataluña foi, coma quen di, unha "receta de médico

formulada por un avogado".

Os republicanos cometeron o grave erro de concederen somentes a autonomía a

Cataluña, poñendo na Constitución as trabas necesarias para que os anceios das demais

rexións quedaran sometidos ao arbitrio dos Gobernos e das Cortes, pensando que Euscadi e

Galiza non vencerían os obstáculos constitucionaes. ¿Iñoraban que para evitar calquera

movimento de secesión —tempor que aínda manteñen— non era de razón e cordura outorgar

un Estatuto autonómico á rexión máis viva e poderosa de Hespaña, sen contrapesalo con

outros Estatutos que asegurasen un equilibrio permanente do Estado? ¿Iñoraban que o

problema da descentralización político-adeministrativa era, de certo, un problema

constituínte, que debía abordarse, en conxunto, nas primeiras Cortes da República, para non

defraudar a opinión da periferia, e a fin de que o novo réxime quedara definitivamente

constituído e garantizado? ¿Iñoraban, en suma, que se necesitaba restablecer, vigorizar e

coordinar a función dos órgaos vivos do país, para que a República poidera vivir asentada en

réxime de verdadeira democracia? A impresión dos "políticos de secano" será inesquecible.

A xenerosidade constitucional non foi espontánea. Débeselle a Cataluña, ou mellor

dito, a Barcelona. Cataluña representa —pola súa industria progresiva, a súa potencialidade

económica e o seu nivel de vida social— tanto coma o resto da Hespaña e, ademais, ten unha

cibdade populosa, meirande que Madrid, portavoz abrouxador das aspiracións catalanas. E

Cataluña xa era autónoma de feito e de dereito cando se discutía o seu Estatuto. Tamén se lle

debe algo a Euscadi, porque tiña valedores precavidos no Goberno provisional da República

e as demandas bariles do nacionalismo vasco furaran máis dunha vez os tímpanos da capital

de Hespaña. Pero as aspiracións autonomistas de Galiza non pesaron ren no ánimo das Cortes

constituíntes, cometéndose unha inxustiza e unha torpeza.

Aquela Galiza, descoñecida por lonxana, venceu as trabas constitucionaes e superou

a incomprensión dos Gobernos republicanos; pero non pudo chegar a tempo para salvarse a si

mesma e salvar a paz civil de Hespaña.

Ai, se os "políticos de secano" foran capaces de arrepentirse!…

Page 56: Castelao - Sempre en Galiza

XV

Cando se discutía o artigo 1º da Constitución aseguróusenos dende o "banco azul"

que se a República non era federal sería federable…, como se esta promesa nos libertara do

cesarismo centralista!… Os estadistas da República, obedecendo á lei de sucesión de feitos

contrarios, querían asentar o novo réxime en principios de liberdade…, principios que a

monarquía vulnerara e desvirtuara por seren incompatibles co sistema unitario e centralista.

Esta foi a primeira torpeza.

Os republicanos non quixeron abandonar o seu mundo de símbolos. Fiábanse máis

dos argumentos que das realidades sensibles. Eran centralistas e querían vivir en réxime de

liberdade e de democracia… ¡Ilusos! Así foi que axiña de promulgarse a Lei fundamental do

Estado xa se fixo indispensable unha "Lei de defensa da República" —lei de escepción, que,

por chamarse provisional xa sabíamos que sería definitiva—. A República federable era,

pois, unha especie de arboliño bonito e frorecido a quen tivemos que amparar con estadullos

de sabugueiro. E ocurreu o que ocurre moitas veces: que morreu o arboliño e prenderon os

estadullos amparadores.

Aquelas sublimidades xurídicas da Constitución tiñan as raídes fóra da terra. Era

sabido que non podían froitificar, porque as realidades multiformes da vida hespañola non se

axeitan a fórmulas traducidas do francés, do inglés, do alemán… E os "repúblicos" —que

razoaban, pero non intuían— foron sempre sorprendidos polos acontecimentos adversos.

Nótese que os pobos hespañoes poden ser vencidos, pero non sorprendidos cando teñen

liberdade para guiárense polo seu instinto. Ai, se os "repúblicos" leesen tan ben no instinto

popular como saben ler nos libros!…

De todos xeitos a Constitución desta República non responde enteiramente aos

propósitos que abrigaban os centralistas, e aínda pode reverdecer. Pero ¿a quen se lle deben

as posibilidades vitaes da nosa Constitución? Xa o dixemos: débenselle a Cataluña.

En Barcelona proclamouse a República catalana cando en Madrid se proclamaba a

República hespañola. ¿Querían os cataláns constituír un Estado independente, arredado de

Hespaña? Non, por certo. Os cataláns proclamaron a República de Cataluña porque querían

formar parte do Estado hespañol, pero en virtude dun pacto federativo, que somentes podía

celebrarse consagrando primeiramente a súa soberanía. E consagrárona por un acto

revolucionario e vitorioso, que, por ter asistencia total do pobo xa era lexítimo. Xurde, pois,

simultaneamente, un Goberno provisional da República hespañola e un Goberno provisional

da República catalana.

Calquera republicano federal que coñecese a vida, paixón e morte da primeira

República, somentes podía lamentar que Euscadi e Galiza non fixeran o mesmo. ¿Onde tiñan

o sentido aqueles republicanos galegos que proclamaron en Lestrove a súa fe no sistema

federal e non consagraron a soberanía de Galiza o día 14 de abril?

Ocurreu que tres ministros do Goberno provisional de Madrid trasladáronse, en avión

a Barcelona, o día 17 de abril, para parlamentaren cos cataláns. Eran portadores de promesas

ateigadas de sinceiridade, semellantes ás que, nun día lonxano, fixeran os estadistas da

primeira República (Figueras e Pi i Margall) e que dispois non puderon comprir. Pero Maciá

era un gran intuitivo, e cando, como hespañol, veu perdidas as súas ilusións federalistas,

eisixeu, como catalán, garantías de presente, a fin de que non se fanasen, tamén, as súas

ilusións autonomistas. Ben estaba o pacto de San Sebastián e a prevista comprensión das

Page 57: Castelao - Sempre en Galiza

Cortes constituíntes; pero Cataluña non quixo interrumpir as liberdades que ela mesma

restablecera. E, por decreto publicado na Gaceta de Madrid, o día 21 de abril, recoñeceuse o

Goberno autónomo de Cataluña, a oficialidade do idioma catalán, etc. Cataluña, pois, foi

autónoma por decreto.

¿Que fixo Galiza? A nosa Terra esvaérase políticamente en xenerosidades

innecesearias. Aquel republicano que pedira para Galiza os mesmos dereitos que se lle

concedesen a Cataluña xa non tiña azos para reclamar o restablecimento da nosa "Xunta

Superior" no intre en que se restauraba, por decreto, a "Generalitat de Catalunya". ¡Claro! O

recoñecimento das liberdades autónomas de Cataluña era un arreglo amistoso, que poñía

remate á contenda de dous Gobernos. E os federaes do pacto de Lestrove non exerceran

dereito algún de iniciativa, agardando a que a República federal baixase do Centro… A

Galiza non lle quedaba máis espranza que a que poidera fundar nunha Constitución xenerosa.

Así como a República necesitaba rexirse por unha Constitución, tamén Cataluña

necesitaba un Estatuto para garantizar a permanencia do seu réxime autónomo. Para esto a

Xeneralidade —anticipándose á xuntanza das Cortes constituíntes— aprobou un proiecto de

Estatuto e someteuno a plebiscito popular. Este documento contiña os anceios de Cataluña e

foi entregado á decisión das Cortes constituíntes, antes de iniciarse a confección da Lei

fundamental. Ninguén iñora que o Estatuto de Cataluña sirveu de base obrigada para redactar

o Título primeiro e os artigos 4, 49 e 50 da Constitución. Velaí cómo a segunda República foi

federable, abrindo a porta aos anceios autonomistas de Euscadi e Galiza.

Cómpre decir que na discusión do artigo 1º, aquelas Cortes, que encarnaban os

anceios populares de toda Hespaña, dispoñíanse a votar favorablemente unha enmenda dos

federalistas; pero a intuición foi vencida pola lóxica… Os diputados intelectuaes, que

moraban no "Olimpo" parlamentario, afogaron a decisión das Cortes. Afogarían, igoalmente,

toda xenerosidade constitucional se fose posible desprezar as pretensións de Cataluña.

Parecía natural que o Estatuto de Cataluña fose ben eisaminado polas Cortes, a fin de

que as demandas do pobo catalán non sobrepasaran as prerrogativas constitucionaes; pero a

comprensión das Cortes estaba controlada polos centralistas do Olimpo e non se respetou ao

máisimo a vontade de Cataluña. I eu pergunto: ¿En que outro Estatuto autonómico pensaban

aplicar a xenerosidade da Constitución?

Todo nos fai supor que sen as intelixentes previsións daquel grupo de homes que

presidía Maciá, esta segunda República incurriría nos mesmos erros que mataron á primeira.

Polo esforzo de Cataluña fixéronse posibles as aspiracións da nosa Terra.

Page 58: Castelao - Sempre en Galiza

XVI

¿Por que ás rexións que queiran vivir en réxime de autonomía se lles impón a obriga

constitucional de votaren primeiramente o seu Estatuto? ¿Non abondaría con que un pobo

dixese se quer ou non quer ser autónomo? Se o pobo hespañol se vise obrigado a referendar a

Lei fundamental da República antes de derrumbar a monarquía, ¿teríase producido aquel

clamoroso entusiasmo do 14 de abril? ¿Estaríamos seguros de contar cos dous tercios do

corpo eleitoral de toda Hespaña, nun plebiscito do pobo hespañol a favor da Constitución

vixente?

O pobo somentes dixo que quería unha República; pero non emiteu directamente o

seu voto a prol da Constitución. Derrubou a monarquía e proclamou a República antes de

unificar ou coordinar as aspiracións políticas e sociaes dos diferentes sectores. Dispois elixeu

os diputados que debían redactar a Lei fundamental do novo réxime. Cada sector de opinión

impuxo aos seus representantes a obriga de defender nas Cortes un tipo determinado de

República. E sabemos ben que no acto de promulgarse a Constitución non tódolos diputados

a votaron, nin tódolos diputados que a votamos estábamos satisfeitos. Pois ben; as rexións

que quixesen vivir en réxime de autonomía deberían proceder dun modo semellante a como

procedeu o pobo hespañol para establecer a República, pois non é o mesmo votar en pro dun

réxime que votar a Lei que o regule. Ben estaría eisixir unha manifestación indubidable da

vontade popular para que as Cortes da República recoñecesen o dereito das rexións; pero

dispois o seu Estatuto debería ser obra esclusiva do Poder autónomo, aínda que se sometese a

referendum, ao ensame do Tribunal de Garantías constitucionaes, ou das mesmas Cortes.

Os precedentes de Cataluña —semellantes aos da propria República— non podían

servir de base para ditar preceptos xeraes, porque as demais rexións non estaban no mesmo

caso. Cataluña era xa autónoma e dispoñía dun Poder lexítimo —formado paralelamente ao

Poder da República— cando confeccionou e plebiscitou o seu Estatuto.

A Constitución ten aparencias de xenerosidade; pero non é xenerosa. E os seus

intérpretes e compridores non fixeron máis que acumular obstáculos, especialmente contra

Galiza.

A condición de que o Estatuto autonómico teña de ser aceptado polas dúas terceiras

partes do corpo eleitoral da rexión é dunha inxustiza e desigoaldade manifestas. Se o número

de votos favorables se relacionase co número de votantes, en vez de relacionalo cos eleitores,

podería eisixirse, inclusive, un porcentaxe de votación máis elevado, sen cometer iniquidade

algunha. Todos sabemos que nas eleicións honradas o porcentaxe de votación é máis outo nas

cibdades que no campo, e por esta razón Galiza dará sempre un porcentaxe menor que

Cataluña, e aínda menor que Castela, que ten a súa poboación concentrada. Esta inxustiza da

Lei pagámola nós, porque Galiza é un país eminentemente rural e ten a súa poboación

diseminada e con dificultoso acceso aos colexios eleitoraes; pero, ademais, o noso pobo está

en constante movimento migratorio, con eleitores ausentes e cibdadáns presentes e non

inscritos no Censo eleitoral.

A Constitución di que o plebiscito estatutista debe suxerirse ao procedimento que a

Lei eleitoral determina; pero esta vella Lei non regula o caso dos plebiscitos, e as rexións

sometidas ao réxime común non teñen autoridade, nin autorización, para celebrar esa

consulta no intre que xuzguen comenente. O Goberno —sempre tan celoso dos preceptos

únicos— negouse a ditar normas xeraes, que lle foron pedidas en rogo parlamentario, e

Page 59: Castelao - Sempre en Galiza

prefireu emitilas para cada caso particular, e por decreto acomodado ao seu antoxo. Así, a

realización dos anceios rexionaes quedaba ao arbitrio gubernativo. E o Goberno botou sobor

de Galiza o peso da súa arbitrariedade.

O Goberno da República autorizara ao Goberno de Cataluña para plebiscitar o seu

Estatuto sen imporlle ningunha caste de intervencións. As diputacións vascas lograron un

decreto xenerosísimo, que poñía nas súas manx, e moi anticipadamente, o instrumento

xurídico que necesitaban. Pero Galiza topou con obstáculos invencibles. Primeiro

reclamamos do Goberno unhas normas xeraes de procedimento para a celebración de

plebiscitos, e contestóusenos con evasivas maliciosas, ou irónicas, remitindo as nosas

demandas á letra do artigo 12 da Constitución. Sóio se nos dixo que calquera —eu mesmo—

tiña capacidade legal para ordenar o comprimento dos trámites; pero cando o Comité Central

Galego —que representaba a maoría dos Concellos— reclamou autorización para celebrar o

plebiscito, non fomos atendidos. Aquel Goberno carecía de informes serios a prol do

movimento autonomista de Galiza; mais eu digo que se nos consideraban impotentes para

vencermos os obstáculos constitucionaes, ¿por que nos deron un trato de rigor, dispois dun

derroche de xenerosidade? ¿Que obxetivo se perseguía como non fose o de evitar o noso

trunfo?

Dipuxémonos a demostrar, con feitos indubitables, a vontade do pobo galego, e nun

alarde insuperable de democracia confeccionamos o noso Estatuto. Este Estatuto foi

proposto aos eleitores galegos por 256 Axuntamentos de eleición popular (somentes fallaron

63), que representaban un 80 por cento da poboación de Galiza. Comprimos o primeiro

requisito constitucional en decembre do 1932, e pedimos inmediatamente ao Goberno a

correspondente autorización para someter a plebiscito popular a proposta dos Concellos. Se

naquel intre tivésemos nas mans un decreto semellante ao que lle fora concedido a Euscadi e

Navarra gañaríamos o plebiscito, e as Cortes constituíntes poderían aprobar o Estatuto da

nosa autonomía. O Goberno obrigounos a perder aquela ocasión única —única polo

afervoado galeguismo que produxo a Asambleia de Compostela— pois ninguén iñora que un

plebiscito tan riguroso non se gaña máis que nun intre escepcional. O Goberno desatendeu as

nosas lexítimas demandas, e, cansos de agardar, recibimos o decreto feito adrede e cheo de

flagrante arbitrariedade, o día 27 de maio do 1933, cando non podíamos utilizalo con

seguridades de vencer.

Apesares de que aquel decreto foi concedido como instrumento inútil, carecía da

xenerosidade dos que se concederan a Cataluña i Euscadi. Estaba redactado con tal luxo de

precaucións que nos sentimos feridos na nosa diñidade, sobor de todo ao vermos que se nos

impoñía un intervencionismo escepcional e sen precedentes. Coma se os caciques fosen

autonomistas!… ¡Quen diría que, andando o tempo, aquel decreto serviríanos para demostrar

a vontade autonomista do pobo galego! Porque será ben decir que gracias a esa autorización

esquecida, celebramos e gañamos o plebiscito en xunio de 1936, desoíndo agarimosas

advertencias do Goberno, que nos aconsellaba un aprazamento…

Ao Goberno se debe que Galiza non fora autónoma en 1933. I eu pergunto: ¿Estaría

Galiza sometida ao xugo feixista se dispuxéramos dun Goberno proprio? Eu creo que non.

¿Debemos esquecer os erros e inxustizas que os gobernantes da República cometeron con

Galiza? Eu creo que si; pero a condición de que se arrepintan…

Page 60: Castelao - Sempre en Galiza

XVII

No retablo presidencial das Cortes constituíntes a figura de Besteiro estaba

disminuída pola presencia dos Reis Católicos (dous grandes pantasmas de mármore

entrometéndose na vida da República, como a serpente no Paradiso). Pero, ademais, aquel

Salón de Sesións tiña madre centralista. Esto abonda para esplicar a mudanza dos diputados

que predicaban o federalismo antes de vir a República e logo maldecían dos Estatutos

Con todo, é preciso recoñecer que o vello sistema unificador e centralizador da

monarquía —infiltrado solermiñamente no corpo recén nascido da República— non tivo

máis remedio que pactar con algunhas aspiracións contrarias, insobornables e invencibles.

Así se abriron as portas da Constitución para iniciarse en Hespaña unha época renovadora. O

centralismo quedou ameazado de morte pola virtude dunhas verbas estampadas na

Constitución. E aínda que non se producise esta guerra —capaz de remudalo todo—, e aínda

que se interpuxesen os políticos de secano, a vitoria sería nosa (nós somos a periferia).

Por eisistir unha posibilidade legal e contra tódalas iñormas gubernativas que nos

cerraban o paso, nós exercemos as prerrogativas constitucionaes de modo insuperable. E,

xustamente polos obstáculos que derrubamos e polo temor dos que aínda se nos poideran

opor, a nosa empresa foi desenrolada con tódalas precaucións. Así, o Estatuto autonómico de

Galiza que hoxe está en poder das Cortes da República, é o resultado dunha laboura

intachable, moral e legalmente considerada.

A simple confección do Estatuto galego sería de abondo para gañarmos a vontade dun

Goberno verdadeiramente democrático. O anteproiecto que redactaran os técnicos e que

someteran a información pública, foi intervido polos Concellos municipaes, polos Partidos

políticos, polas Cámaras de Comercio, polas Sociedades Económicas, polos Colexios de

Avogados, pola Universidade compostelán, a Academia Galega e o Seminario de Estudos

Galegos, polas Sociedades agrarias, polas Asociacións de traballadores, etc., etc. Na

Asambleia en que se discuteu o Estatuto calquera cibdadán galego tiña voz. As portas do

salón de sesións estaban abertas, e o pobo fixo de xuez, manifestándose directamente a favor

ou en contra dos oradores. Por meio da radio e valéndonos de outavoces instalados nas rúas,

o pobo galego asisteu, durante tres días, ás deliberacións daquela magna Asambleia. A sesión

de clausura transmiteuse por fío telefónico aos nosos emigrados de América. Este acto

insólito, modelo único de democracia directa, produxo unha eclosión indescritible da

vontade galega; pero pasou desapercibida para o Goberno da República, situado a moita

distancia…

A proposta do Estatuto galego realizouse con toda caste de garantías legaes. Os

Concellos municipaes que o propuxeron eran aínda Corporacións de eleición popular e non

Comisións amañadas no seo dos Gobernos civís. Estes Concellos sabían que o noso Estatuto

era moito máis que unha obra de técnicos, elaborada ao redor dunha mesa, lonxe das

realidades vivas do país. Constáballe que aquel documento amparaba xuridicamente os

intreses do pobo labrego e mariñeiro, non contaminado polas arbitrariedades caciquíes. Así

foi posible que a proposta dos Concellos rebasara o quorum que a Constitución eisixe, e sen

que para comprir este deber hestórico foran necesarias as consabidas consiñas gubernativas.

Velaí como se compreu o primeiro trámite: na Asambleia de Compostela os

representantes dos municipios galegos —debidamente autorizados polos Concellos—

aprobaron o Estatuto que se acababa de redactar coa súa intervención. Deste acto levantouse

Page 61: Castelao - Sempre en Galiza

acta notarial. Dispois os Concellos celebraron sesión para ratificaren o voto favorable dado

polos seus representantes na Asambleia, e tomaron o acordo solemne de proporen aquel

Estatuto á decisión dos eleitores galegos. Eu creo que non sería posible executar con máis

escrúpulos e mellor que nós o primeiro requisito que a Constitución eisixe.

O plebiscito estatutista celebrouse o día 28 de xunio do 1936 e foi obra dos Partidos

de esquerda, trunfantes nas eleicións de febreiro. Moito antes de constituírse o Frente Popular

en Hespaña xa eisistía de feito unha alianza dos Partidos antifeixistas de Galiza,

recoñecéndose como base de unión o dereito do noso país a dispor libremente dos seus

destinos. Na propaganda que precedeu ás eleicións manifestouse o compromiso de

plebiscitar o Estatuto, e todos sabíamos que o trunfo do Frente Popular galego supoñía o

trunfo dos nosos anceios autonomistas. Este compromiso compreuse con toda lealdade. Por

acordo dos diputados e compromisarios que acudimos a Madrid para elexir o Presidente da

República, e dispois por acordo da Asambleia popular que se celebrou en Compostela o día

17 de maio, fixouse a data do plebiscito. O decreto que se nos concedera no 27 de maio do

1933 autorizaba ao Comité Central da Autonomía Galega para determinar a data da consulta

eleitoral, sen máis obriga que a de Comunícalo con quince días de anticipación aos catro

gobernadores de Galiza, Así se fixo. A propaganda que realizaron conxuntamente os Partidos

de esquerda foi tan intensa que non ten precedentes en Hespaña, e o remitado do plebiscito

rebasou en 97 927 votos favorables o porcentaxe que a Constitución eisixe. Gañamos,

ademais, en todas e cada unha das provincias. Pode engadirse ao plebiscito oficial o que se

chamou "plebiscito sentimental", celebrado polas colonias galegas dalgunhas cibdades de

Hespaña, América e Portugal. Lembramos que somentes en Madrid recolléronse trinta mil

firmas de galegos adheridos á nosa campaña.

O tópico do caciquismo galego, tan espallada en Hespaña (o que está realmente

espallado é o caciquismo) proiecta sempre unha sombra de desconfianza enriba de tódolos

nosos actos políticos. Cómpre decir, primeiro, que os caciques galegos eran nemigos

declarados do Estatuto e que non lograron evitar o noso trunfo. Cómpre decir tamén que o

decreto que se nos outorgou para celebrarmos a consulta eleitoral concedía intervención a

tódalas Cámaras oficiaes, Colexios profesionaes, Asociacións patronaes e obreiras, así como

institucións de cultura, etc., e que estas entidades podían dispoñer do Corpo notarial de toda

Hespaña para que vixiara a pureza do plebiscito, intervindo as mesas dos colexios. Este

intervencionismo, outorgado esclusivamente a Galiza pola xenerosa previsión do Goberno,

non produxo reclamación ningunha. Podemos, polo tanto, agradecer a xenerosidade do

Goberno, que nos permite proclamar, con testemoios legaes, a pureza do referendum galego

a favor do Estatuto.

As probas a que se nos someteu eran escepcionaes e sen precedentes; pero

vencémolas.Tamén teremos azos para vencer outras.

Page 62: Castelao - Sempre en Galiza

XVIII

Disque na República hai moitos gobernantes que saben ver a distancia. A distancia,

si; pero somentes a moita distancia: lonxe do país que gobernan. Saben ver, cicais, o que pasa

fóra de Hespaña; pero non o que pasa dentro do territorio hespañol. E non saben ver no

tempo. Por eso as bombas estálanlle nas mans.

Os galegos podemos falar deste xeito porque somos vítimas da imprevisión dos

gobernantes, dos gobernantes que iñoraban a capacidade heroica do noso pobo, que se

negaban a recoñecer as virtudes cibdadáns de Galiza, e que, nin agora, se decatan da

importancia que ten a nosa Terra para a seguridade da República, e o que siñificou para a

causa do pobo hespañol a perda do noso territorio. Os galegos atopámonos antre dúas forzas

contrarias: o cesarismo filipesco, que produxo esta guerra, e o centralismo liberal, que non

soupo evitala. E se os galegos odiamos aos nemigos da República e somentes vivimos para

vengar os crimes que cometeron no noso país, aínda non gardamos rencor aos políticos que,

cos seus erros, o entregaron, maniatados, aos nosos irmáns, e cobriron para sempre de loito o

noso corazón. Nós, os galegos —sempre xenerosos—, creemos que nin en política os erros

poden confundirse cos delitos; pero arelamos que endexamais se volvan a cometer.

Galiza entregou ao Presidente das Cortes da República o seu Estatuto autonómico

—testimoio fidediño da vontade dun pobo que arelaba vivir en liberdade—, e o Goberno sabe

que este acto trascendente foi realizado o día 15 de xulio do 1936 —tres días antes de

producirse a sublevación militar—. O Goberno sabe que Galiza realizou as prerrogativas

constitucionaes tan ben como Cataluña i Euscadi, e que do día 28 de xunio —data do

plebiscito— ao 18 de Xulio —data da sublevación— non podían variar as arelas do noso

pobo. O Goberno sabe que Galiza, dispois de ter reclamado con tódolos documentos en regra

un dereito que a Constitución lle concedía, volveu a manifestar —¡e de que maneira!—, os

seus anceios de liberación nun plebiscito tráxico, que comezou o día 13 de xulio do 1936 e

aínda non tivo fin: o plebiscito dos mártires e dos herois.

Creemos que o Goberno lexítimo non pode renunciar á súa xurisdición no terreo que

ocupan os rebeldes, e que as Cortes, velando pola soberanía da República, poden e debían

eisaminar o aprobar o Estatuto de Galiza antes da vitoria. Este acto —sábeo ben o Goberno—

non implicaría merma algunha na eficencia combativa dos frentes e da retagarda, e cicais

tivese no remate da guerra unha trascendencia política que hoxe non é doado calcular.

O recoñecimento dos dereitos de Galiza sería, ademais, un homaxe aos moitos miles

de galegos leaes que morreron asesinados ou fusilados por defender a República; ás viúdas e

orfos destes mártires, que nin tan siquera poden choralos; aos galegos que sofren aldraxes e

cadea no campo faccioso; aos que andan polos montes da nosa Terra e de Portugal,

perseguidos como lobos; aos que agardan o noso trunfo, alá en Galiza, soterrados como

mortos; aos miliciáns galegos que loitaron e morreron na defensa heroica de Madrid; ao

batallón de milicias galegas que comanda o noso Líster; aos moitos miles de soldados

galegos que loitan na vangarda de tódolos frentes leaes; aos moitísimos mineiros galegos que

morreron en Asturias, como Vázquez Gayoso, ou que siguen pelexando na cunca mineira,

guiados pola bravura do noso Arturo Vázquez; aos mariñeiros galegos de Trincherpe, que

foron os leóns do Norte; aos gardas de asalto galegos, que nas rúas de Barcelona contribuíron

á derrota dos militares sublevados; aos coraxudos mariñeiros galegos, que, a forza de

lealdade, salvaron a Escoadra hespañola i entregáronlla ao Goberno da República; aos

Page 63: Castelao - Sempre en Galiza

mariñeiros galegos, que andan a xogar a vida nos barcos mercantes, para abasteceren a zona

leal; aos mozos galegos que se evadiron do exército nemigo nos derradeiros días de Norte; os

valentes galegos que fuxen diariamente do campo faccioso en tódolos frentes e veñen a loitar

pola nosa causa; aos que atravesan o Cantábrico e chegan a Franza en barquiños de vela, para

viren a nós; aos centos de miles de traballadores galegos emigrados en América, que

manteñen o prestixio da República hespañola frente ao feixismo mimético dos capitalistas

americanos.

A indiferencia de moitos políticos frente ás demandas que formulou o noso pobo non

ten xustificación posible. ¿Acaso Galiza é un país faccioso? ¿Hai por desventura en Hespaña

algún pobo que mereza este calificativo? Pois eu aseguro que da derrota de Galiza non nos

cabe ningunha responsabilidade. E cando chegou a hora do martirio, os galegos souperon

morrer serenamente, co puño ergueito, cuspíndolle na cara aos asesinos.

Algún centralista poidera perguntarnos: "¿Para que queredes que se aprobe o voso

Estatuto se o territorio galego está totalmente invadido polos rebeldes? ¿Queredes cicais

crear un Goberno ficticio, incapaz de exercer a súa función?" E nós responderíamos:

"Queremos o recoñecimento dun dereito que se nos debe con arreglo á Lei fundamental da

República. Eso é o que reclamamos por un deber que nos impón a nosa calidade de galegos

libres. Reclamamos garantías de liberdade para os irmáns que agora viven aferrollados. E

pedímolo nós, que co nome de Galiza no corazón estamos defendendo a independencia de

Hespaña".

Poidera ocurrir que o centralista non se convencese; i entón diríamoslle que o

Goberno de Galiza somentes pode eisistir cando Galiza mesma teña liberdade para elexilo. E

leeríamoslle algúns artigos do noso Estatuto:

Art. 7. El Presidente de la Región… será elegido por votación popular directa y

secreta…

Art. 34. Dentro de los quince días siguientes a la promulgación de este Estatuto, el

Presidente de las Cortes de la República convocará a los Diputados por Galicia en las

mismas, los cuales, reunidos bajo su presidencia, elegirán una Junta provisional de la

Región, en la que estarán representados, por igual, las distintas agrupaciones políticas a

que actualmente se hallan adscritos los diputados. Cada una de ellas tendrá un

representante, y a este efecto se considerará que todos los diputados independientes

constituyen una sola agrupación.

Art. 35. La función única de esta Junta será convocar… elecciones generales para

los diputados que habrán de constituir la primera Asamblea legislativa gallega, la cual

tendrá carácter constituyente.

Art. 36. Esta Asamblea… nombrará el Gobierno provisional de la Región hasta que

se elija el primer Presidente…

Así, o centralista vería que non hai Goberno posible, nin tan siquera provisional,

antramentras o pobo galego non poida elexir os seus representantes.

¿Que motivos eisisten, pois, para dar de lado ao comprimento dun deber imposto pola

Constitución?

Page 64: Castelao - Sempre en Galiza

XIX

Calvo Sotelo —o noso leal e teimoso adversario— esplicou nun acto de Barcelona

(xaneiro do 1936) o alcance daquela frase súa: Querría mejor una España roja que una

España rota. ¿A que lle chamaba Calvo Sotelo España rota? Seguramente a unha Hespaña

na que os pobos diferenciados gozaran de liberdade política. Dixo que una España rota

necesitaría siglos tal vez para reintegrarse, para volver a la unidad. Por esta razón o seu

ideario totalitarista prefería unha España roja sen liberdades políticas, claro está, porque

desta maneira una España roja no podría durar.

Os galeguistas comentamos oportunamente aquelas frases do noso nemigo e dixemos

que discurría moi ben, porque se unha España rota subsistise durante séculos, era porque

respondía a unha necesidade natural, a unha tendencia fonda da alma hespañola, a principios

enraizados na concencia do pobo. Somentes así podería un réxime durar séculos. Tamén

afirmamos —e repetímolo hoxe— que unha transformación económica e social da vida

hespañola afogaríase no marco dun Estado divinizado ou dentro do sistema unitario e

centralista dos liberaes do oitocentos. Poderíamos traducir a espresión de Calvo Sotelo nesta

frase: Sólo en una España rota subsistiría una España roja. I entón recoñeceremos que

ningún estadista da segunda República pronunciou unha frase máis acertada.

Creemos que cada pobo diferente ten o seu ideal revolucionario, e que, polo tanto,

necesita facer a súa revolución. Un marxista estremeño —poño por caso— non é idéntico a

un marxista galego. O estremeño trataría de reintegrar á coletividade as terras de pertenencia

privada, para esplotalas según o sistema socialista. Un galego trataría de amparar a

propriedade privada dos nosos labregos, para organizar a economía rural según o sistema

cooperativista. Calquera comprende, pois, que a transformación económica e social de

Hespaña non pode obedecer a unha norma xeral, única e idéntica para todos, tal como agora

se ven facendo. De aí que a revolución hespañola non a concebimos sen transformar

primeiramente a estrutura xurídica do Estado, con arreglo á doutrina federalista. Cando nos

decían en son de queixa que a República non entrara en Galiza, nós respondíamos: "Entrará

cando teñamos autonomía". Pois ben, tampouco chegarían a Galiza máis que os erros da

revolución se carecésemos de liberdade para realizar a que nós necesitamos.

Os galegos non somos homes lóxicos, cicais por termos os ollos embafados pola

brétema do Atlántico. E con licencia dos políticos que se rían dos nosos presentimentos,

cómpre decir que a Hespaña será —tarde ou cedo, quéirase ou non se queira— unha

República federal. Por imperativo xeográfico non será posible, baixo ningún réxime, o trunfo

definitivo da política centralizadora, porque calquera violencia de tipo asimilista causará

resentimentos separadores. Por non afincarse a unidade ibérica no recoñecimento das

nacionalidades hespañolas e na unión libremente consentida de todas elas, pudo chegarse á

separación de Portugal e pode chegarse, en efeito, a unha España rota, que dure séculos. O

proceso de descomposición será inevitable para abolir o actual artificio do Estado e para

reconstruír, dispois, a unidade federativa que reclama imperiosamente a complexa realidade

da nosa Península. ¿Non sería mellor constituír, na paz dun acordo parlamentario, unha

federación natural das nacionalidades hispanas, para reforzar o non romper os vencellos

familiares? Presentimos que dispois da guerra vai realizarse o noso ideal federalista, que

consideramos indispensable para unha paz duradeira. Sen tronzar a estrutura unitaria do

Estado non será viable unha transformación económica e social de Hespaña, e a guerra —esta

Page 65: Castelao - Sempre en Galiza

guerra espantosa— resultaría inútil.

Cando defendemos o dereito de Galiza, defendemos o dereito dos demais pobos

hespañoes, e pensamos en Hespaña e nos destinos hestóricos da República, porque temos

abertas as portas do noso anceio galeguista como teríamos sempre abertas as portas da nosa

nación. Os anceios de independencia non poden antepoñerse aos de solidaridade, porque,

ademais, son compatibles. Por esto repetimos agora que a nosa arela de autonomía vai unida

á de federación. E cómpre afirmar que as tres nacionalidades asoballadas polo esprito

centralista —Cataluña, Euscadi e Galiza— síntense capaces de rexenerar a Hespaña e de

engadiren á vella tradición hespañola —abolida nas Cortes de Cadiz— unha nova tradición.

No balume esquecido dos periódicos reaccionarias atoparedes críticas desorbitadas

en contra da solidaridade dos tres pobos. Primeiramente Cataluña e Galiza —estremos

opostos dun mesmo sistema de montañas— danse a man en 1918. Dispois aparece Euscadi e

fórmase o pacto da Triple Alianza, en Barcelona, o día 11 de setembro do 1923, coincidindo

coa diada do conseller Casanova. Este feito produce comentarios terribles, e de aí a dous días

implántase a ditadura militar. As tres nacionalidades ensúmense no campo cultural por non

poderen actuar politicamente. E veu a República. Os nacionalistas cataláns, vascos e galegos

volven a entenderse, e o día 25 de xulio do 1933 fírmase en Compostela outro pacto de

alianza e fica constituída unha entidade que se denomina "Galeuzca" —verba formada coas

primeiras sílabas dos tres nomes. Con este motivo volven xurdir os comentarios envenenados

da prensa madrileña. Aprobado xa o Estatuto de Cataluña, a Comisión parlamentaria de

Estatutos traballa para sacar avante o de Euscadi, e o día 15 de xulio do 1936 presenta Galiza

o seu proiecto de Estatuto ás Cortes da República. Aos tres días sublévanse os militares. Polo

que se ve, o gran perigo que corre o centralismo está na concesión das tres autonomías.

A grea dereitista lánzase á guerra civil, empurrada polos fabricantes do mito rojo;

pero a cabeza organizadora da sublevación militar pensaba máis ben na España rota que na

España roja. Preocupáballe a sorte do Estatuto galego —podemos aseguralo— porque sabía

que a concesión das tres autonomías rexionaes siñificaba o asentamento definitivo da

República en Hespaña e a consolidación dos seus avances sociaes. El era galego, e aínda que

adversarios debemos proclamar que tiña talento de abondo para comprender a trascendencia

deste feito inminente, e tiña insensibilidade sobrada pala evitalo a costa dun mar de sangue.

Cataluña, Euscadi e Galiza teñen a misión de transformar a estrutura xurídica de

Hespaña; pero Galiza ten, ademais, outra misión trascendente: a de atraguer Portugal á

comunidade da gran familia hispánica. Claro está que sería inútil pensar nunha

Confederación dos dous Estados peninsulares antes de que o respeto aos Estatutos

autonómicos estea rigurosamente garantizado por unha abolición real do esprito asimilista do

Centro. Entón a nosa Terra podería desempeñar un rol reconciliador antre Portugal e Castela.

Non esquezamos que Galiza ten as chaves da única porta que pode comunicar os dous

espritos e cicais os dous intreses. Galiza é a clave de toda rexeneración hispana.

Velaí outro motivo que nos obriga a ser federalistas.

Page 66: Castelao - Sempre en Galiza

XX

Na grea dos galegos antifeixistas hai opinións variadas a prol da sorte que a Galiza lle

agarda. E abondan os galegos que somentes pensan na venganza.

Quen esto escribe ten fe absoluta no futuro próisimo da nosa Galiza, aínda que a

guerra lle tronzase as súas mellores ilusións. Sabe que o sangue dos nosos mártires caíu en

terra fecunda. Sabe que os galegos sobreviventes sairán da guerra actual purificados pola

door. Sabe que sobor da terra en que durmen os nosos mortos crearase o Paradiso con que

eles soñaron. Non abonda, non, con vengar a morte dos nosos irmáns, facendo xustiza nos

asesinos e nos seus cómplices. Esta será laboura de días, semáns ou meses. O que cómpre é

crear —pola superación das vellas discrepancias e por unha fonda transformación económica

e social— a nova Galiza, que xa bule nos nosos anceios. Unha Galiza máis limpa, máis culta,

máis feliz, máis enxebre, máis diña que a Galiza en que viviron e morreron os nosos mártires.

Son galeguista i estou orgulloso de selo; pero, a pesares das miñas fondas convicións

políticas, non me atrevería a discutilas sabendo que a discusión podía debilitar a solidaridade

dos galegos antifeixistas. Tódolos galegos lle queremos á nosa Terra e todos arelamos

liberala i engrandecela. Deixémonos, pois, de retesías. A Galiza mártir é arestora a obsesión

de tódolos galegos libres que andamos polo mundo, e ninguén pode desertar da obriga que

pesa sobor de nós. Os que vivimos a salvo dos verdugos e gozamos de liberdade non

podemos desoír o mandado dos mortos, porque a súa voz resoa constantemente na nosa

concencia, e temos que xuntarnos para comprir o noso deber de galegos. ¿O sangue quente

dos nosos mártires non correu xunto? Pois entón deben correr xuntas as nosas espranzas, nun

sóio río de vontades.

Lembrade que antes da traxedia xa nos confundíamos nun mesmo afán. Lembrade

que os galegos de esquerda, trunfantes en febreiro do 1936, gañamos o plebiscito do noso

Estatuto. Na propaganda conxunta cada un falou co seu proprio acento, e todos

concordábamos nunha arela común de reivindicacións para o pobo traballador de Galiza. Os

galeguistas, os republicanos, os socialistas, os anarquistas, os comunistas, os agrarios (todos

libres para manifestar o seu pensamento) sabíamos ocupar con diñidade os nosos postos, e

non se rexistrou a máis lene discordia. A concordia nascía, seguramente, porque actuábamos

en presencia das realidades galegas, en carne viva diante dos nosos ollos, i esquecíamos

diferencias ideolóxicas para xuntarnos nun anceio idéntico de liberación e melloramento da

vida galega. Queríamos todos chegar á "síntesis vital". Esta cordialidade era o anuncio de

días felices para o noso país.

Deprendemos a coñecernos os que vivíamos arredados por prexuízos persoaes ou de

partido, e axiña nos decatamos de que a unión debía plasmarse no Goberno autónomo de

Galiza, coa mesma cordialidade que reinaba nos mitins de propaganda. Aquel propósito

—sentido e non formulado— vai realizarse en canto a guerra remate. E vai realizarse nun

ambente de comprensión e compenetración insospeitado. A vontade dos mártires que

morreron xuntos a mans do nemigo común, debe producir a irmandade dos galegos

antifeixistas. Máis e mellor que denantes da guerra, porque agora o nome de Galiza está

ourelado de santidade i está chamado a producir unha afirmación colectiva capaz de resucitar

aquel noso xenio ancestral que foi a mellor gala da Península. Que nos xunte o amor á Terra

e que non os arreden as doutrinas importadas, porque os programas de partido e as ideoloxías

de grupo serán a vida latente dunha democracia exemplar, endexamais practicada na Galiza

Page 67: Castelao - Sempre en Galiza

sometida.

A comprensión dos problemas labregos e mariñeiros de Galiza, e a maneira xusta e

humana de resolvelos, será, dispois da guerra, máis doada que nunca. A nosa terra

precapitalista será unha "comunidade cooperativista", un modelo de pobos venturosos na

Europa convulsionada polo parto de novas e complicadas concepcións económicas. Certo

que foron asesinados en Galiza os homes de máis capacidade para encamiñala; pero a

vontade pode suplir a falla doutras condicións, en espera de novos homes, criados por nós

mesmos para rexiren os destinos futuros da nación galega.

Se os galegos antifeixistas e sobreviventes da traxedia hespañola non nos sentimos

responsables do futuro galego e non loitamos xuntos para levarmos pan e diñidade aos nosos

fogares lonxanos, Galiza seguirá sendo "unha probe morea de provincias hespañolas, con

catro monifates ao frente, e a comedia dunha vida oficial desenrolándose sobor do telón

griseiro da terra escrava".

Teñamos fe para enraizar as nosas ideias nun sentimento común, porque a liberdade

de Galiza somentes debe ser obra dos galegos. E o exemplo do noso esforzo pode salvar a

outros pobos irmáns.

Non se trata de adoptar unha postura política basada no egoísmo picaresco, aínda que

a política siga sendo un xogo de envite, porque queremos salvar os intreses de Galiza sen

desentendernos do intrés de Hespaña e do mundo; pero tampouco aceptaríamos unha

revolución que negase a diñidade do noso pobo. Estamos fartos de ser unha colonia, e por

moitas ventaxas que nos ofrecese unha nova colonización, queremos ditar leis para

gobernarnos por elas, sen inxerencias alleas. A liberdade é a única reserva con que contan os

pobos para crearen o seu futuro. E nós poderíamos hipotecar todo, menos o futuro.

Algunhas veces topamos con hespañoles de orgullosas aparencias de intelixencia que

se bulran dos nosos anceios xenerosos, porque iñoran que Galiza —tan lonxe deles, pero tan

perto do novo mundo— pesa e pesará na vida do Estado hespañol.

Estes homes desprezan o futuro e non saben interpretar o pasado. Tamén topamos con

algún galego que se sinte fillo dunha patria pequena. A estes galegos convén repetirlles:

"¿Dis que Galiza é moi pequena? Eso depende do tamaño do teu esprito. Canto máis pequeno

teñas o esprito máis terra precisarás. Se Galiza che parece pequena é porque non tes azos para

concebir nada grande".

Teñamos, pois, o esprito grande para sentirnos orgullosos de ser fillos dunha Terra

pequena. Por que ou non é verdade que a personalidade da nosa Terra sexa un feito ou a súa

alma resplandecerá pola grandeza da alma dos seus fillos.

Page 68: Castelao - Sempre en Galiza

XXI

Creo que xa estamos en condicións de louvar o Estatuto galego como instrumento

xurídico indispensable para conquerir o réxime de autonomía que a nosa Terra necesita. Foi

elaborado con todo xénero de garantías e de precaucións, valéndonos de informes técnicos e

de estadísticas ben comprobadas, para xuntar vontades e non arriscar, con improvisacións, o

porvir do noso país. Nin creclamamos unha autonomía integral —que nos corresponde en

concencia, por ser Galiza unha nación— nin reclamamos integramente as atribucións que na

Lei se outorgan. E pola porta que abreu Cataluña e que dispois agrandou Euscadi, entrará o

noso Estatuto sen chiscar as paredes.

Estamos seguros de que é un Estatuto feito a medida das nosas máis urxentes

necesidades. Fai posible un control directo do pobo na xestión dos negocios públicos;

permite unha adeministración máis racional e comenente por estar a carón da cousa que se

adeministra; será unha escola formativa de homes de Estado; impide gastar fóra do noso

territorio os recursos que aportamos para remediar necesidades proprias; proporciona canles

axeitados para resolver os problemas característicos e privativos da nosa Terra; evita os

prexuízos que sempre nos alcanzan no reparto dos presupostos do Estado; dános liberdade

para desenrolar as posibilidades do noso xenio. ¿Que o Estatuto galego é máis restrinxido que

o catalán e o vasco, e que non enche os nosos anceios nacionalistas? Certísimo; pero é o

Estatuto que o pobo galego votou, e así debe ser promulgado.

Lembremos algunhas ventaxas e previsións do Estatuto galego que o pobo recibeu

con alborozo na campaña previa do plebiscito.

Co Estatuto refúndense nunha soia entidade lexislativa as catro Diputacións

provinciaes, ás que, según a Lei do 1881, correspondíanlle 94 diputados. Según o Estatuto

correspondéralle elexir a cada circunscripcíón eleitoral un representante por cada coarenta

mil habitantes. E, polo tanto, a nosa Asambleia lexislativa terá 6O diputados; é decir, menos

diputados dos que tiñan as catro Diputacións, que pensamos suprimir por inúteis.

A burocracia rexional estará constituída polos empregados das catro Diputacións

provinciaes que se refunden e polos funcionarios adscritos aos servizos que se traspasen a

Galiza, para o que se traspasan tamén os recursos económicos que o Estado emprega no seu

sostenimento.

Os cibdadáns galegos, ademais dos dereitos que a República lles outorga, poden

revocar o mandado aos seus representantes no Parlamento galego; poden eisixir que as leis se

sometan a referendum popular e pode, á súa vez, presentar proiectos de lei ao Corpo

lexislativo.

O Estado ao traspasar os servizos cede os recursos necesarios para atendelos, e no

caso de emitir deuda para crear ou mellorar servizos da cras dos transferidos a Galiza, ten de

darnos as compensacións que nos correspondan.

O noso Estatuto permite que a autonomía sexa descentralizada, e non obriga a

concentrar a dirección de tódolos servizos nunha mesma cibdade. Así, poderán aproveitarse

os actuaes edificios e oficinas provinciaes, con grande economía nos gastos de primeiro

establecimento e sen causar perxuízo a ningunha cibdade cabeza de provincia.

O traspaso de servizos irá facéndose a medida que o acorde a Diputación galega,

despois de estudar a comenencia do traspaso en cada caso concreto.

Galiza terá representantes no Consello ordenador da Economía Nacional ou calquera

Page 69: Castelao - Sempre en Galiza

organismo semellante, na Xunta de Aranceles e Valoracións i en tódolos órgaos que se

establezan para regular o comercio, para determinar prezos, decretar tasas e condicionar a

distribución e venda de productos. Esta intervención fai posible unha defensa efectiva da

nosa economía labrega e mariñeira.

O Estatuto obriga a organizar o réxime local de Galiza con arreglo ás realidades vivas

do país, recoñecendo xurídicamente a personalidade da parroquia rural e respeitando a plena

autonomía dos municipios.

Estas ventaxas despertaron no campo galego ilusións que non deben ser defraudadas.

Para ilustrar as ventaxas da autonomía, citaremos un dos casos que Bóveda espoñía

como mostra da inxustiza a que nos ten sometidos o centralismo.

O ano 1933 gastou o Estado (e dispois aínda gastou máis) uns 116 millóns de pesetas

en Obras públicas, Reforma Agraria e Réxime de trigos. Ningunha destas obras e melloras

teñen aplicación en Galiza; pero Galiza axuda a pagalas. ¿E sabedes canto gasta o Estado en

agricultura na nosa Terra, sendo como é un país predominantemente agrícola? Pois a miseria

dunhas catrocentas mil pesetas.

Pois ben; según o artigo 23 do noso Estatuto, corresponderíalle percibir a Galiza, de

todos eses gastos, unha parte proporcional á relación que eisiste antre a poboación galega e a

poboación de toda Hespaña. E sendo a poboación galega unha décima parte da de Hespaña,

resulta que a nosa Terra sería compensada con máis de once millóns de pesetas, en vez das

catrocentas mil que se invirten en mellorar a agricultura do noso país. Esa compensación

sería xustísima e permitiríalle aos gobernantes realizar eses grandes plans de obras

hidráulicas e de reforma agraria sen ningún cargo de concencia, porque o que eles chaman

"intreses locaes" ao referirse a Galiza, son tamén "intreses hespañoes" e, polo tanto,

respeitables, a non ser que consideren xusto e razoable agardar a que o resto de Hespaña se

sinta feliz e satisfeito para que se inicie o noso progreso.

Cicais perguntaredes en qué invertiríamos eses millóns. Primeiramente diremos que o

noso gando e a nosa agricultura están esmorecendo por culpa do abandono en que nos ten a

mentalidade esteparia dos centralistas. Dispois afirmaremos que con ese diñeiro poderíamos

rescatar os seis centos millóns e pico que Galiza perde anualmente por falla dunha política

propria.

Cicais volvades a perguntar: "¿En que perdemos eses 600 millóns de pesetas?"

A esta pergunta contestaremos con cifras que o señor Gallástegui —autoridade

indiscutible e indiscutida— dou nun traballo seu publicado en 1932: Perda na colleita de

millo, 145 millóns. Perda na colleita de patacas, 180 millóns. Perda na colleita e semente de

pataca temperán 100 millóns. Perda na trabucada produción gandeira, 155 millóns. Perda en

enfermedades curables do gando, 20 millóns. Perda por falla de industrialización do queixo,

manteiga e demais derivados do leite, 75 millóns. Velaí, pois, o que perdemos estupidamente

e o que podemos recuperar.

Aínda cómpre facer outras refleisións. Fálase de gastar cinco mil millóns en obras

hidráulicas, escluíndo, claro está, a Galiza, porque din que na nosa Terra chove moito e

sóbranos auga. Pois ben; o centralismo non se esquecería de Galiza para cobrarlle unha boa

parte desas obras, que se facerían noutras terras e para competir con nós e cicais arruinar

definitivamente a nosa economía rural, tan humanamente distribuída. A Galiza tocaríalle

pagar —dun xeito ou doutro— centos de millóns. ¡Imaxinade o que poderíamos realizar con

eses recursos!

Aínda que os sabios centralistas non pensaron en facer obras hidráulicas na nosa

Terra, é o certo que Galiza perde moitos millóns cada ano por falla de regos, que, en bastantes

Page 70: Castelao - Sempre en Galiza

comarcas, serían facilísimos de lograr. Para convencernos abonde saber que das terras

adicadas ao cultivo do millo non temos máis que unha coarta parte de regadío e das terras

adicadas ao cultivo da pataca non temos máis que unha quinta parte. Pensade agora que a

diferencia de produción, por hectárea vai dun 11 a un 21,54 no millo e dun 94,38 a un 141 na

pataca, según sexan terras de secano ou de regadío. ¡Imaxinade o que perdemos por falla de

auga e por esceso de tópicos mintireiros!

Esto decía o noso Bóveda, e tiña razón.

Page 71: Castelao - Sempre en Galiza

XXII

¿Pode decirse que Galiza foi escesivamente bondadosa? ¿Eisisteu, por acaso, esceso

de xenerosidade? Nós quixéramos responder negativamente, porque non é agradable pasar

pola peneira do trasacordo as accións xenerosas que realizamos; pero Galiza —que tiña

concencia dos seus dereitos— non quixo rebelarse contra un "organismo supletorio" que nin

era capaz de asimilarnos, nin tiña capacidade para rexirnos, nin representaba un ideal

colectivo. O noso pobo doíase, queixábase e renegábase; pero prefería emigrar en paz a

provocar conflitos. E o sacrificio do pobo galego non foi recoñecido, nin comprendido, nin

recompensado. Galiza, pois, fixo mal en non organizar unha política propria i egoísta para

defender os seus intreses e impoñer respeito ás súas demandas. Esto asegurámolo con door,

pero tamén con convición.

Por falla dunha política galega abusou de nós a monarquía e tamén abusou a

República. Creo que non hai motivo para calarnos cando ninguén pode dubidar do noso

republicanismo. Conste que somos republicanos coa mesma sinxeleza con que somos

partidarios do sistema métrico decimal; pero eisiximos, polo mesmo, fidelidade nas pesas e

medidas…

Imos citar un caso demostrativo.

Foi no intre en que se presupostaban millóns e millóns de pesetas —que os galegos

tíñamos que axudar a pagar— para a aplicación dunha Lei Agraria que era inútil en Galiza,

porque Galiza adiantárase en varios séculos ás rexións esteparias da Hespaña. Todos

sabemos que o noso pobo fixo no século XV unha revolución que outros pobos hespañoes

non fixeron até que veu a República.

Foi no intre en que se presupostaban millóns e millóns pesetas —que os galegos

tiñamos que axudar a pagar— para a realización dun plan de obras hidráulicas en Levante,

Andalucía, Estremadura e Castela. A Galiza abondáballe coa choiva ou con que nos tempos

de sequía sacásemos os santos en rogativa…

Foi no intre en que se gastaban millóns e millóns de pesetas —que os galegos tíñamos

que axudar a pagar— para resolver o paro forzoso nas rexións en que o problema era máis

agudo. E Galiza resolverá o seu paro forzoso e constante coa emigración dos seus fillos máis

fortes e arriscados. Era no intre en que non había traballo en ningures, cando se negaba o

Goberno a repatriar aos galegos que morrían de fame no estranxeiro, cando se "conxelaban"

os xiros dos nosos emigrados —dos que aínda conservaban algunha ocupación— e a Galiza

lle faltaba o rego de diñero que antes recibía das Américas.

Foi no intre en que se comezaban unhas obras por valor de millóns e millóns de

pesetas —que os galegos tíñanos que axudar a pagar— para regalarlle a Madrid uns

Ferrocarrís subterráneos de enlace. I en troques, se lle regateaba a Galiza un ferrocarril de

importancia vital, fundándose en que a súa esplotación non rendería beneficios, como se un

camiño de ferro do Estado fose un negocio de empresa capitalista e non un servizo público

que o Estado ten o deber de prestar onde se necesite.

Foi no intre en que non somentes se deixaba de conceder a esención tributaria e a

inembargabilidade dos patrimonios familiares, como manda o artigo 47 da Constitución,

senón que se aumentaban nun dez por cento as contribucións dos labregos galegos, asentados

en minúsculas parcelas de terra. E unha proposta de lei, que nós presentáramos en defensa da

pequena propriedade rural, que fora tomada en consideración por tódolos sectores da

Page 72: Castelao - Sempre en Galiza

Cámara, durmía o sono da morte no seo misterioso dunha Comisión parlamentaria.

Naquel intre coidábamos que xa non quedaba nada máis que facer en contra de

Galiza; pero a imaxinación dos estadistas inventou o Tratado comercial co Uruguay.

¿Lembrádevos? Pois aquel Tratado non se aprobou cando nos rexía o mesmo Goberno que o

concertara. ¿E sabedes por que non se aprobou naquel intre? Porque a voz carraxuda de

Galiza —unha voz chea de razón— furou os tímpanos da capital da República.

Galiza tiña razón e ímolo demostrar. Os galegos pagábamos caro todo canto se

producía nas demais rexións hespañolas e sofríamos graves perxuízos polo réxime

proteccionista. Somentes a nosa gandería chegou a ser protexida, en certo modo, polo

Arancel; pero non foi debido a unha acción compensadora e vixiante da harmonía de tódolos

grupos económicos. Esta protección era, simplementes, un efeito de inercia, que proviña dos

tempos en que o gando galego non atopaba, nin podía atopar, competencia posible nos

mercados hespañoes e até mandábamos bois cebados a Inglaterra.

Pois ben; se a gandería galega se vise en perigo porque outras rexións hespañolas

aparecesen como competidoras de Galiza no mercado interior, entón non cabían as protestas;

pero en tal caso teríamos tempo de abondo para emprender novos rumbos en busca de

compensacións. O que non se concibe é que o Estado atacase supetamente os intreses

fundamentaes dunha rexión, sen darlle tempo para crearnovas fontes de vida. Ningún estado

democrático en réxime de continxentes autorizaría unha importación de produtos que viñese

a poñer en perigo a vida dun organismo rural de pequenos proprietarios. Non queremos

esgaravellar máis nos argumentos, porque estamos convencidos de que os nosos labregos fan

un negocio ruín criando carne para os matadeiros; pero é indubidable que os gobernantes que

concertaron o Tratado comercial co Uruguay sacrificaban o intrés de dous millóns de

traballadores campesiños ao intrés dun fato de importadores de aceite.

Conste que a nosa bondade non permiteu que se luxase a ningún Gobernante da

República, aínda que o iniciador do Tratado se chamase Lerroux, porque sabíamos ben que o

Goberno sóio cometía unha inxustiza e unha imprudencia. En efeito; aquel pequeno convenio

servía para introducir en Hespaña un gran nemigo: o grupo da Swift, Armour-Morris e a

Vestey, que cun capital de setenta millóns de dólares, intentaban acaparar o mercado mundial

de carnes conxeladas, carnes que comezarían sendo baratas e rematarían sendo caras.

Anovamos este recordo porque nos guía unha ideia saudable; pero seríamos

incapaces de propor aos galegos antifeixistas ningunha lembranza rencorosa. O pasado xa

pasou; pero hai feitos que deben lembrarse para zugar consellos de proveito. Tal é o caso do

Tratado comercial co Uruguay. Galiza utilizou primeiramente os bos modos, proprios do

noso carácter, para convencer ao Goberno e ás rexións intresadas do grave erro que se quería

cometer. Os esforzos amables resultaron inúteis. Entón recurrimos ao mitin e puxemos os

labregos da nosa Terra en pé de protesta. Somentes deste xeito, estraño ás nosas maneiras

habituaes, conquerimos un trunfo. O Goberno desisteu de someter o Tratado á decisión das

Cortes, a pesares de que sobraban votos para aprobalo. Esta foi a gran leición que nós —os

promotores da protesta— queríamos recibir para ensinala dispois ao noso pobo.

Galiza non lle roubara o sono a ningún ministro, e por tal motivo deixou de pesar nas

decisións do Goberno. Os problemas da nosa Terra eran lonxanos, silenciosos, ineisistentes,

e todo canto recibíamos eran favores a troque de actas. Certo que Galiza daba políticos e

gobernantes a barullo en tódalas situacións; pero non eisistía unha política galega capaz de

xuntar a tódolos fillos de Galiza nun acto permanente de defensa. Algunha vez algún

diputado galego quixera falar nas Cortes en nome da súa Terra; pero calábase, temeroso de

ser desautorizado alí mesmo polos compañeiros de diputación elexidos en Galiza. A unidade

Page 73: Castelao - Sempre en Galiza

galega, esnaquizada artificiosamente polo sistema provincialista, e con representantes que

non sabían imporse aos seus partidos, carecía de personalidade para reclamar o que en

xustiza se nos debía. E os nosos intreses endexamais cabían no "interés nacional".

Sen necesidade de adoptar modos alleos ao noso carácter, sen promover estados

violentos de opinión, abondará que se promulgue o Estatuto autonómico de Galiza para crear

un feito permanente, que o Goberno central endexamais esquecería.

Page 74: Castelao - Sempre en Galiza

XXIII

Cicais nos pergunte algún escéptico, varado para todo afán renovador: "¿E qué

pensades facer coa liberdade que reclamades?". A resposta sería tan longa que non pode ser

formulada por un home, porque a liberdade pedímola para unha nación, e os anceios dun

pobo son infindos no tempo; pero, ademais, non se lle pode conceder a ninguén o dereito de

interpelar con semellante pergunta a unha nacionalidade privada de vivir a súa vida.

Un escritor portugués estudou e defendeu o nacionalismo galego como reivindicador

dunha das máis recuadas afirmacións colectivas de Europa. Este escritor advirteunos que

"val moito máis unha irrecusable soberanía do esprito que unha precaria soberanía política".

Tal aviso sería oportuno se nós entendéramos o galeguismo como un simple degoiro de

benestar económico i esquecéramos a recuperación da nosa personalidade espritual. O

galeguismo é algo máis que unha realidade; é tamén unha arela de creacións moraes, e non

pode caber no reducido marco dun programa político ou dunha Lei promulgada. Un Estatuto

autonómico que nos impedise resolver os problemas de diñidade nacional e que nos pechase

os horizontes da civilización atlántica —na que pretendemos volver a ser faro lurninoso—

sería unha arma suicida. Non esquezamos que é preferible vivir forzadamente sometidos a

unha tiranía allea que vivir sen espranzas, baixo unha tiranía propria. Nós temos dereito a

refugar as tutelas; pero a condición de sentirnos capaces de resucitar a un pobo para que

pronuncíe palabras que ningún outro pobo podería pronunciar no seu nome.

Un grande político da República —defensor das autonomías rexionaes— dixo que

Castela non precisaba un Estatuto autonómico porque tiña que falar en nome de tódolos

pobos hespañoes. E eso si que non. En nome de Hespaña fala o seu Goberno lexítimo ou fala

un gran hespañol —que pode cicais ser castelán e que non necesita ser gobernante—; pero en

nome de Galiza falará Galiza, como en nome de Cataluña xa fala Cataluña. Estamos fartos de

imperialismos, e os demócratas non podemos aceptar máis que unha igoaldade de dereitos

para os cibdadáns e para os pobos.

Tamén se intentou chamarlle "idioma hespañol" á língoa de Castela. E eso si que non,

tampouco. O castelán pode ser o idioma oficial do Estado; pero non é máis hespañol que o

catalán, o galego e o vasco. Tódalas língoas que se falan na Hespaña son igoalmente

hespañolas. E proclamamos esta verdade en nome do noso ideal hispánico.

En orde aos idiomas é indubidable que os desiños imperialistas do Centro

camufláronse para pasar como propósitos dunha cultura máis universal. Poderíamos aceptar

a bondade dos propósitos; pero negamos a súa eficacia. E negámola, precisamente, en nome

de tódolos siñificados que poden atribuírse á verba "cultura".

A nosa demanda de respeito para o idioma galego está recoñecida como xusta polo

príncipe das Letras casteláns, pois ben se ve no diálogo de Don Quixote co cabaleiro do

gabán verde: … Homero no escribió en latín, porque era griega; ni Virgilio no escribíó en

griego, porque era latino. En resolución, todos los poetas antiguos escribieron en la lengua

que mamaron en la leche, y no fueron a buscar las extranjeras para declarar la alteza de sus

conceptos; y siendo esto así, razón sería se extendiese esta costumbre por todas las naciones

(os clásicos Castelans sempre chamaron "nacións" aos pobos diferenciados da nosa

Península, é decir, ás Hespañas), y que no se desestimase al poeta alemán porque escribe en

su lengua, ni al castellano, ni aun al vizcaino que escribe en la suya. Cervantes defende por

igoal o cultivo literario das língoas romances de Hespaña e até o euskera, porque para el o

Page 75: Castelao - Sempre en Galiza

xenio non ten mellor vehículo que o da língoa que se mama no leite. E velaí un testemoio de

incomensurable razón á beira dos mingoados xuízos que agora emite calquera literatoide de

café en contra da renascencia de Galiza e Cataluña.

O idioma galego —xa diferenciado no século VIII— comeza a escribirse no século

XII. Unha corrente lírica nativa —¿fecundada polos trobadores provenzaes?— dá orixe á

esgrevia e grande escola galega. Esta escola —mestura de populares e cortesans— deixa

moimentos literarios aínda non foron superados. A literatura galega percorre un ciclo

completo e desaparece co século XV. ¿Que sucedeu para que o idioma galego —sempre

vivo— deixara de escrebirse? Sucedeu que Galiza foi vencida e asoballada polos Reis

Católicos. Sucedeu que os documentos públicos deixaron de redactarse en galego,

obedecendo —aínda que tarde— a ordenanzas reás. Sucedeu que a nosa Terra foi invadida

por elementos civíes, eclesiásticos e militares da Corte, alleos ao país. Sucedeu que os

señores de Galiza foron obrigados a morar en Castela, e o pobo galego ficou, por decilo así,

decapitado e frente aos mandóns Castelans. Sucedeu que a Eirexa, esquecendo a súa misión

divina, someteuse ao padroádego dos reis de Castela e que os cregos e frades —tamén alleos

ao país— nin tan siquera consentiron que se rezase en galego. Sucedeu que os Bispos e

Coengos eran feitura dos Monarcas, e que os conventos e mosteiros galegos ficaron suxeitos

á obedencia de Valladolid. Sucedeu, en fin, que a Eirexa —reitora e fiscalizadora de tódalas

manifestacións do esprito— convirteuse en axente do imperialismo castelán, e, polo tanto, en

persecutora do noso xenio.

¿Que ventaxas conquireu a política centralista en orde á cultura hispana, impondo

teimosamente o castelán ás demais língoas hespañolas? Logrou que durante tres séculos

consecutivos non se produxese na Galiza —como na Cataluña— ningunha obra de arte

literaria. Galiza —como Cataluña— ficou muda; pero, por eso mesmo, tampouco falou na

língoa de Castela. ¿I en que aproveitou a Hespaña o silencio literario, tres veces secular, de

Cataluña e Galiza? Coa imposición da língoa castelán non se logrou sustituir unha cultura por

outra, e o fracaso da violencia uniformadora representa unha merma considerable na vida

espritual de Hespaña. Galiza —que falou e cantou mellor que ninguén— calouse de tal

maneira, que todos chegaron a creer que era muda de nascimento. Así Lope de Vega non tivo

reparo en decir: Galicia, nunca fértil en poetas…

Cando un Menéndez y Pelayo se enorgullece, como hespañol, da riqueza literaria de

Hespaña, é porque coñece e ademira todo canto se produxo —á parte a rama euskera— nas

tres língoas romances: castelán, catalán e galego. Contrasta esta posición co orgullo que

provoca noutros espritos a hexemonía do idioma oficial. A língoa de Castela froreceu no

século XVI e ninguén pode negar que foi, dende entón, o idioma literario por escelencia;

mais para esta xurdia e natural eclosión do Centro non era necesario que calase Cataluña e

Galiza. O xenio creador de Castela ofereceu obras inmortaes ao acervo cultural da Península;

pero a inhibición ou impotencia do xenio de Galiza e de Cataluña non acrece os méritos da

nación dominante. ¿Acaso perxudicou a Castela o libre desenrolo da língoa portuguesa?

Porque Portugal sigueu falando libremente o seu idioma, e soupo dar, ao mesmo tempo que

Castela, enxeños como Sá de Miranda, Ferreira, Camões… Entendemos que a violencia

asimilista do idioma de Estado foi un crime de lesa cultura.

Un pobo sometido á loita de dous idiomas acaba por non saber espresar o que sinte.

Cando a un pobo que canta e fala nunha língoa creada polo seu proprio xenio, se lle impón a

obriga de adoptar un idioma estraño á súa personalidade afectiva, prodúcese un

esmorecimento do lingoaxe que comeza pola inhibición e remata pola impotencia. Estes

trastornos que causa o bilingüismo empezaron a estudarse centíficamente en Conferencias e

Page 76: Castelao - Sempre en Galiza

Congresos internacionaes. Así, podemos afirmar —basándonos en estudos xa realizados—

que a loita ou convivencia de dous idiomas irmáns "pode ser, coma no orde biolóxico, factor

dunha meirande perturbación". Fica, pois, esplicado ese misterioso silencio que Galiza

—como Cataluña— gardou durante tres séculos.

Cómpre deixar ben esclarecido que o verdadeiro pobo de Galiza, o que vivía a carón

da terra e do traballo, non sofreu os trastornos de bilingüismo, porque non deixou de falar a

súa fala e con ela sigueu espresando as tristuras e ledicias do seu mundo. As vítimas do

bilingüismo —os que calaron i enmudeceron para producir un silencio literario de tres

séculos— foron as camadas intelectuaes, que non estimaban as verbas vivas do seu falar e

ademiraban as verbas mortas do seu escrebir.

Un día retornou á nosa Terra un mozo galego que viña de Europa. Era un poeta do seu

tempo, romántico, liberal. Cicais se chamase Nicomedes Pastor Díaz. E de súpeto descobreu

na fala labrega e mariñeira do seu país un xeito insuperable de espresión literaria. Aquel día

rompeuse o silencio de Galiza. Dispois nasceron Rosalía, Curros, Pondal…

Page 77: Castelao - Sempre en Galiza

XXIV

Atribuímolle á imposición oficial e cultural do castelán o silencio literario de Galiza;

non como acto de resistencia pasiva senón como efeito natural do bilingüismo, por falar na

língoa que non se escrebía i escrebir na língoa que non se falaba.

Cando a língoa imposta mata de todo á língoa sometida, é decir, cando a violencia

chega até o asesinato, pode o pobo recobrar a súa faculdade de espresión artística. Sirva como

exemplo a vitoria do latín sobor da língoa —probablemente Céltiga— que denantes se falaba

en Galiza. Pero a língoa castelán non tiña forza de abondo para matar o galego, que acababa

de ser —pola súa virtude lírica— o idioma preferido na mesma Corte de Castela, e no tocante

á enerxía cultural que se irradiaba dende a nosa Terra abonda citar unha frase do padre Fita:

Galicia, madre fecunda de la Cultura española en la alta Edad Medía. Así resulta que

dispois de tantos séculos de opresión, o galego aínda eisiste e conserva integramente a súa

aptitude cultural. O castelán non chegou a ser o idioma único e, polo tanto, non se poden

xustificar os seus atentados imperialistas.

Por outra banda, consideramos como actos bárbaros os atentados á vida dos idiomas.

¿Que diríamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Groria? Pois eu digo que o noso

idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateos. Creouna o xenio

inviolable do noso pobo e labrouna o amor, a door e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha

língua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte.

Xa dixemos que a Eirexa foi un axente activo da desgaleguización, cicais para

correxir os partícularismos do culto católico en Galiza ou por arredar ao pobo galego da

influencia terrenal dos cregos e frades indíxenas. O caso foi que os misioneiros da mística

castelán desbotaron o galego das prácticas relixiosas. Os eclesiásticos e os notarios lograron

que o galego deixara de escrebirse; pero non lograron que se falase o castelán, pois durante os

tres séculos de silencio literario non se falou en Galiza máis que un idioma: o galego. Dispois

xurden novos axentes desgaleguizadores: as Escolas públicas e a Universidade de Sant-Iago,

que por descoñeceren a eisistencia do galego, non ensinaban o castelán… A guerra ao galego

agravouse no século XIX pola inflación burocrática do réxime de provincias e por certas

supersticións do progreso… O idioma oficial da Adeministración, da Eirexa, do Exército, do

Enseño e de toda situación pública logra infiltrarse nas camadas burguesas da cibdade

provinciana debido á influencia dos funcionarios, dos militares e tamén dos comerciantes e

tendeiros, alleos ao país. O castelán conquire no século XIX o seu primeiro trunfo.

Xeneralízase no lingoaxe corrente dos elementos burgueses; pero nin chega até os artesáns

nin traspón os lindeiros da cibdade. Este acontecimento provoca, ao noso ver, a renascencia

das Letras galegas.

Cando na Galiza xurde unha minoría de fala castelán ou bilingüe, é decir, cando

algúns galegos de cibdade falan de corrido na língoa que deprenderon a escrebir, rómpese o

silencio literario de Galiza. E rómpese nos dous idiomas. Xa no século XVIII os nosos

grandes eruditos deixan adiviñar a sorpresa que o século XIX nos tiña reservada. O padre

Feixóo —aldeán de orixe e galeguísimo polo esprito— a penas repara nas posibilidades

culturaes do mundo labrego. O padre Sarmiento —fillo da cibdade e fidalgo de língoa

castelán— ponse a carón da natureza, bebe na cencia dos labregos e trata de reivindicar a

diñidade do noso idioma. Tiña de ser un galego de cibdade e de fala castelán o que se sentía

doído por non falar a língoa do pobo e por non ter, de certo, unha língoa que poidera chamar

Page 78: Castelao - Sempre en Galiza

súa; mais os aldeáns falan galego sempre coa mesma sinxeleza con que cantan os xílgaros,

sen decatárense da fremosura do seu cantar. Dispois, algúns homes de letras que falan

indistintamente o castelán e o galego, póñense a escrebir poesías e contos, imitando a

espresión afectiva dos labregos. E deste xeito comezou a renascer a língoa de Galiza cando

máis ameazada se vía pola língoa de Castela.

A renascencia das Letras galegas foi un acontecimento feliz na vida espritual da

Hespaña. Abondaría con citar un nome para demostralo: Rosalía de Castro. E aínda nos

quedarían nomes de abondo para que a literatura galega do século XIX merecese o respeito

de todos. Certo que a literatura galega comezou pola poesía líríca —fenómeno natural en

tódolos renascimentos— e que as obras en prosa foron escasísimas. Tamén é certo que a

laboura centífica i erudita, así como as propagandas políticas —incluso as rexionalistas—

facíanse decote en castelán. Con todo, é indiscutible que as Letras galegas contaban a fins do

século pasado con obras de verdadeiro mérito. Pois ben; en ningún grado do enseño primario,

secundario ou universitario, se lle concede atención á nosa língoa e á nosa literatura. Así, un

galego pode, sen saír de Galiza, conquerir un tíduo universitario, exercer unha profesión

liberal e iñorar que eisisteu Rosalía de Castro.

Neste século a língoa galega sigue cultivándose en tódolos xéneros literarios. O ano

1916 xurde o movimento nacionalista, iniciado polas "Irmandades da Fala". Os galeguistas

saen da cibdade para falaren aos aldeáns no seu proprio idioma e ao mesmo tempo infíltranse

nas camadas burguesas. Publícase a revista Nós —órgao da cultura galega— e o boletín A

Nosa Terra —órgao político dos galeguistas—. Créase a editorial "Céltiga" no Ferrol, a

"Lar" na Cruña e a "Nós" en Compostela. Publícanse unhas catrocentas obras literarias, que

consolidan e fixan a unidade do idioma. En 1923 fúndase o "Seminario de Estudos Galegos"

para centralizar os traballos de investigación e inaugurar en Galiza unha solidaridade

centífica que supla as deficencias da Universidade. Este Seminario publica numerosísimos

traballos en galego e colócase á par dos mellores Centros similares de Hespaña. A todo esto,

as conferencias, os discursos, os folletos, as emisións por radio e demais maneiras de

difusión chegaron a facer da língoa viva do pobo o idioma culto e familiar dos intelectuaes.

Así, nestes derradeiros anos prodúxose a máis completa eclosión da cultura galega, con

resonancias en Portugal e no estranxeiro.

Pois ben; a Cataluña concedéuselle a cooficialidade de idiomas e o bilingüismo

escolar por decreto do Goberno provisional da República, antes da promulgación do

Estatuto. Un decreto menos ambicioso foi reclamado para Galiza, e un mesmo Ministro de

Instrucción Pública enganounos dúas veces —unha o ano 1931 e outra en 1936— con

promesas que non foi capaz de comprir. Esto demostra que as concesións outorgadas a

Cataluña non teñen o seu orixe nunha estimación dos dereitos que lle corresponden como

pobo diferenciado. Foron outorgadas como privilexio. Pode decirse que o feito político de

Cataluña eisixía solucións inaprazables e que a oficialidade do idioma catalán non podía

demorarse; pero é que os problemas do bilingüismo eisisten en Valencia, Baleares, Euscadi e

Galiza. ¿Por que non se consagrou na Constitución o dereito de tódolos hespañoes a usaren a

súa língoa materna? E fóra do problema nacional da cultura, ¿que razón pode aducir un

Ministro de Instrucción Pública para non estimar o problema pedagóxico que plantea o

bilingüismo nos pobos de fala non castelán? Porque a solución do problema pedagóxico era

tan inaprazable en Cataluña como en Galiza.

Os repúblicos non iñoran que eisiste un idioma galego perfeitamente vivo; pero

seguiron mandando a Galiza escolantes que non entenden aos alumnos, notarios que non

entenden aos requirentes, rexistradores que non entenden aos solicitantes, xueces que non

Page 79: Castelao - Sempre en Galiza

entenden aos testigos, etc. E aínda pode calquera empregado público decirlle a un galego:

Hábleme usted en cristiano.

Temos dereito a condenar a guerra civil dos idiomas hespañoes e pedimos que volvan

a convivir. Pedímolo en nome dos principios que sosteñen á República i en nome dos nosos

anceios de reconciliación peninsular.

Page 80: Castelao - Sempre en Galiza

XXV

Galiza, como grupo étnico, ten dereito a diñificar a língoa que o seu proprio xenio

creou, porque é unha língoa capaz de ser vehículo da cultura universal, porque lle sirve para

comunicarse cos pobos de fala portuguesa, porque non ten outra mellor para espresar os seus

sentimentos e porque perdéndoa xa non lle quedaría ningunha razón de eisistir. Se Galiza non

reclamase a oficialidade do seu idioma e o dereito a usalo como língoa vehicular do enseño,

¿podería presumir de capacitación política para rexir a súa vida? Porque a concencia da

propria personalidade e os anceios de salvar a imponderable riqueza do seu esprito son a

garantía moral que Galiza oferece para merecer a Liberdade.

O centralismo monárquico podería persistir na teima de corromper e asimilar a alma

dos pobos da periferia, valéndose de escolas disociadas do ambente e disociadoras da

vontade colectiva; pero esta nosa República, que retrasa canto pode a liberdade política dos

idiomas rexionaes, non ten dereito a retrasar a solución do problema pedagóxico planteado

nos pobos bilingües de Hespaña, porque é un problema que afecta ao mesmo castelán.

Hoxe os máis destacados educadores de Europa propoñen que o enseño se dea sempre

na língoa materna dos nenos, deica o desenrolo completo da súa personalidade, porque así

quedarán en condicións de deprender a segunda língoa como asignatura. Este asioma

pedagóxico fúndase na comprobación de que a suma de coñecimentos adequiridos por un

neno instruído na súa língoa materna é dobre da que adequiriría nunha língoa allea. A

esplicación está dada por moitos pedagogos. Cando non se utiliza nas escolas a língoa

materna dos nenos, prodúcese unha atrofia na faculdade do lingoaxe, i esta perturbación

déixase sentir fatalmente no aprendizaxe da segunda língoa. Estas conclusións parece que

non chegaron ao coñecimento dos nosos estadistas. Eles —tan afeitos a buscaren precedentes

fóra de Hespaña— non queren, polo visto, enterárense da lexislación dos países afectados

polo problema das língoas: Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Irlanda, Inglaterra, Unión

Soviética, Checoeslovaquia, Lituania, Estonia, Iugoeslavia, Rumanía, etc.

A inhibición da República no problema escolar de Galiza non se xustifica polo

parentesco do galego e o castelán ou por esa falsa crenza de que tódolos nenos galegos

entenden a língoa de Castela. Así, o decreto que se lle concedeu a Cataluña (Gaceta do 30 de

abril do 1931) carece de espontaneidade, e non podemos estimalo como prescrición

pedagóxica. ¿Ou é que o problema de Cataluña non se repetía esactamente en Galiza? Certo

que o caso lingüístico de Galiza non é o de Alsacia, o de Flandes, o de Gales e demais países

de língoas desemellantes da língoa do Estado. O noso caso é pior, xustamente pola

semellanza dos dous idiomas: o galego e o castelán. Na Galiza é imposible corromper a nosa

fala sen corromper, ao mesmo tempo, a língoa imposta, e un galego chegará a falar

correctamente o idioma de Estado cando este se lle poida ensinar valéndose do galego.

O neno galego que vai á escola fala unha língoa diferente, pero semellante á do

mestre: unha língoa que non é a dos libros nin a das cartas que se reciben na súa casa. O neno

esfórzase en falar na língoa do mestre, que considera superior á que falan os seus pais. O

neno deprende a decir moitas cousas sen saber ben o que di e sen comprender ben o

siñificado das verbas que pronuncia. A interferencia das dúas língoas rebaixa o desenrolo

espritual de neno, porque non sabe falar na língoa do mestre e ten vergonza de falar na língoa

que mamou. O neno non é dono de ningunha língoa, porque o idioma imposto non logrou

matar o seu idioma natural; pero logrou degradalo. O neno perde a espresión espontánea do

Page 81: Castelao - Sempre en Galiza

pensamento e sofre un complexo de inferioridade que non o abandonará mentras viva. O

neno que sofre os efeitos do bilingüismo e non pasa polos grados superiores do enseño, perde

aquela orixinalidade verbal que conservan os analfabetos intelixentes. Resulta inferior a un

analfabeto.

O neno coida que non se pode escrebir a língoa que fala e que somentes se escribe o

castelán. O neno perde na escritura os poucos recursos de espresión que aínda conserva para

falar. O neno deprende a escrebir catro frases en castelán e con elas ten que amañarse. O neno

galego, aínda dispois de chegar á edade adulta, endexamais deixa nunha carta o cuño do seu

carácter o da súa personalidade. O resultado final é que a língoa imposta "non fecunda o

campo das ideias" e que os galegos aldeáns van perdendo, pouco a pouco, os coñecimentos

escolares. E dispois de saberen ler i escrebir trócanse, moitas veces, en analfabetos.

Eu sei todo esto porque o esperimentei e porque foi comprobado noutros países

semellantes ao noso. Eu tamén son fillo do pobo e fun á escola sen entender ben a língoa do

mestre, e tamén vin como tres compañeiros de fala castelán eran os máis adiantados, e non

porque tiveran máis talento, según comprobei máis tarde, senón porque falaban a língoa do

mestre. ¡Que neno galego non sofreu esta mágoa!

A nosa xenerosidade podía ser tan sublime que aturásemos o sistema nivelador do

enseño, coma nos tempos máis recuados da monarquía borbónica; pero non ademitimos que

a República democrática siga inzando a nosa Terra, de mestres forasteiros, que descoñecen a

fala dos nenos que deben educar e instruír. Para que comprendades a fondura deste crime

abonda que contemos unha anécdota: Chega un mestre andaluz a unha escola galega. O

mestre non entende a fala dos nenos, e os nenos non entenden a fala do mestre. O mestre

dibuxa unha cunca no encerado e pergúntalle a un neno: ¿Cómo se yama lo que acabo e

dibujá? O neno non contesta. Entón o mestre andaluz quer axudalo: Te a ta; seta a sa… E o

neno contesta: Cunca. Entón o mestre, que non sabe o que dixo o rapaz, ceiba unha

gargallada… Esta gargallada, de aparente inocuidade, é, non embargantes, un tiro que o neno

recibe no centro máis nobre do seu esprito, unha ferida cicais incurable.

Para que a escola galega sexa proveitosa non abonda con utilizar nos primeros grados

do enseño a língoa materna dos nenos; é mester —poño por caso— outra distribución das

vacacións e dos horarios, axeitando as ordenanzas do curso á vida rural de Galiza. Pensade

nas choivas e fríos do inverno, nos camiños aldeáns e nas distancias que os nenos percorren

para chegaren á escola mollados e aterecidos. Por outra banda é necesario crear escolas de

formación campesiña que diñifiquen a comunidade aldeán, fomentando o esprito comunal,

inculcando o apego á terra nativa e creando a base dunha amplia cultura técnica e agraria. A

escola rural debe ser diferente á escola vilega ou cibdadán. Para esto cómpre formar

escolantes especializados con destino ás aldeas. Así evitaremos que as nosas escolas ruraes

sexan lugares de tránsito para escolantes señoritos ou para mestres que se afogan nos climas

labregos.

A escola única, inspirada en principios democráticos, non se pode trocar en axente

igoalitario que arrase os accidentes naturaes do esprito. Mirando ao intrés do neno "a

pedagoxía non pode ser niveladora", e, polo tanto, cómpre saber qué entenden os mandóns da

instrución publica por "escola única". Escola unificada para lograr que tódolos hespañoes

conquiran un mínimun de coñecimentos para loitar na vida e para trocárense en elementos

úteis á colectividade, está perfeitamente ben; pero escola única como sistema de política

asimilista para lograr unha cultura uniformada matando as variedades culturaes —que é

riqueza de todos—, eso é un xeito feixista. Eso nunca. Escola que non garantice a cultura de

creación, escola que non utilice o idioma materno dos nenos como xeito pedagóxico

Page 82: Castelao - Sempre en Galiza

indiscutible, escola para Galiza igoal que para Castela, eso nunca. Ese sistema fire a nosa

diñidade, porque somentes un pobo salvaxe ten a obriga de deixarse asimilar, somentes un

pobo salvaxe pode ser esterminado. Os galegos debemos opornos a un sistema de educación

que emprobece o esprito do noso pobo e que tende á súa esterminación como elemento de

cultura.

Que non se alarmen certos internacionalistas de dublé: Polo camiño da variedade

pode chegarse ao internacionalismo dun idioma antes e mellor que pola competencia dunhas

poucas língoas que aspiren á hexemonía cultural do mundo. Os anceios de renovación que

arestora se sinten con balbordos revolucionarios non se resolverán con unisonancias

monótonas senón con acordes maxestosos. E a mesma lei que rixe o complicado movimento

dos mundos rexirá a complicada harmonía de tódolos pobos da Terra.

Page 83: Castelao - Sempre en Galiza

XXVI

Xa falamos un pouco encol do problema da língoa, sen encetar o da cultura, que

cicais nos levase lonxe dos propósitos, puramente politicos, que animan este traballo.

Negamos que a simple promulgación do Estatuto galego abonde para resolver os problemas

peculiares do noso país; pero afirmamos que sen autonomía endexamais se resolverían. Certo

que o Estatuto botara enriba de nós o peso —cicais escesivo para a nosa dezmada xeración—

de grandes inquedanzas e responsabilidades; pero deprenderíamos a ternos en pé como

homes, e a deixar para sempre esa cómoda postura de críticos de café que se consolan dos

males que padecemos botándolle as culpas ao Goberno de Madrid.

Algún centralista pode agardar por nós detrás dunha porta para cortarnos o hipo con

esta pergunta: "¿E o caciquismo?". Ai, si! ¡O caciquismo! O caciquismo é un problema; pero

vexamos primeiro en qué consiste.

Creo que fun eu o que máis combateu esta praga —falando, escrebindo o

dibuxando—, e, polo mesmo, podo presumir de entendido na materia.

A min paréceme que a verba "cacique" veu das Américas e que siñifica "xefe de

tribu". Pois ben; se hai unha tribu de salvaxes, o máis salvaxe de todos será o cacique; pero se

tivésemos unha tribu de sabios (cousa imposible, porque os sabios endexamais forman tribu),

o máis sabio de todos sería o cacique. O cacique, pois, é un home representativo en quen

concorren os vezos e as virtudes da tribu. O caciquismo, polo tanto, vén ser unha forma

primaria da democracia, da democracia representativa…

Galiza padece aínda esta caste anacrónica de caciques; pero tamén é certo que a

padece toda Hespaña. Tamén hai chinches en toda Hespaña, i en algunhas rexións consideran

as chinches como unha praga inevitable. Por algo decía un ilustre profesor hespañol que "o

caciquismo era unha institución de dereito natural". Os caciques nascen e medran en calquera

clima do mundo, coma os pelos da barba. E non hai máis que un remedio: afeitarse

diariamente, é decir, asearse. Certo, certísimo, que Galiza aínda non colleu o costume de

afeitarse pola man e diariamente; pero aféitase bastante a miúdo. O que non se pode dubidar

é que a maor parte das rexións hespañolas —xustamente onde mandan os centralistas— non

se afeitan endexamais. Estas rexións déixanse a barba, e déixana por señorío…

Galiza ten caciques verdadeiros por descoidos da cibdadanía. Os "mangoneadores"

que hai en moitas asociacións democráticas, os "mandóns" que se impoñen en toda caste de

grupos humanos, son aínda inevitables. ¿Acaso non hai caciques nas Universidades, por

covardía ou perguiza dos catedráticos? Pero en Galiza quedan aínda bastantes caciques

auténticos, sostidos pola iñorancia conscente dos labregos intelixentes… Espliquémonos.

Como endexamais se lexislou para Galiza é natural que os preceitos e disposicións

legaes perturben o sosego dos nosos aldeáns, probes e solventes, porque saben que a Lei é

decote unha arma para castrar a cibdadanía dos labregos. Entón os aldeáns buscan o amparo

dos homes capaces de aseguraren o incomprimento da Lei. E a estes homes chamámoslles

"caciques". Os aldeáns teñen medo á Xustiza, porque a Lei pode causar a ruína dos ricos e a

miseria dos probes. Entón os aldeáns buscan o amparo de avogados que estudan os Códigos

ao rivés. Así xurdiron moitos especialistas nesta honrosa tarefa do enxeño humano, caciques

dunha categoría superior. Por certo que algúns mereceron a confianza da Coroa e chegaron a

Ministros… con potestade para mandar en toda Hespaña.

Os caciques, igoal que os raposos, son os persoaxes máis divertidos da nosa literatura

Page 84: Castelao - Sempre en Galiza

folklórica; pero algunhas veces os raposos convírtense en lobos. Entón é moi posible que

morran cos zocos postos, esterricados nun camiño… Esta xustiza popular, tantas veces

comprida en Galiza, e as campañas cibdadáns que nós realizamos, deron a coñecer o

caciquismo galego. Entón os centralistas inflaron un tópico máis contra Galiza. E por un

efeito de soberba incapaz —encobridora de covardías— negáronse a estimar os anceios

liberadores do noso pobo e finxiron asombro polo noso caciquismo. Pero xa é hora de decir

que os galegos non soportaríamos o caciquismo de outros pobos hespañoes, onde se venden

os Censos eleitoraes, enteiros, ao mellor postor.

Que non se esqueza. O caciquismo galego deixará de eisistir cando se lexisle para

Galiza e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á Xustiza, e cando as súas terras

sexan inembargables, como é o plano dos pianistas e o "Alcubilla" dos avogados. Entón

ningún curial podería engoumar o ánimo dun labrego con este dito: "Decías que eras probe e

tiñas unha vaca, eh?". Entón os labregos moquearanse dos caciques como xa se moquean os

mariñeiros.

O cacique auténtico, creado polas inxustizas da Lei, nutrido con perniles e lacóns

regalados, a penas merece a nosa preocupación; pero hai unha chea de "mandóns" da política

centralista, que son mil veces piores e non merecen o nome de caciques, porque non viven a

carón do pobo, nin representan a vontade da tribu, nin posúen os vezos e virtudes da caste,

nin teñen unha forza emanada do seu valimento personal. Estes caciques son terribles, porque

exercen o poder a distancia, porque bulran a vontade popular, porque son irresponsables e

inmunes, porque dispoñen da forza coercitiva do Goberno central. Estes falsos caciques

trasladan xueces e maxistrados que fan xustiza, destitúen concellaes que falan con claridade

nas sesións, nomean alcaldes que non teñen diñidade personal, desvían o trazado das estradas

para levalas á porta dos amigos, reparten enchufes aos ladróns e falsificadores de actas

eleitoraes, amparan a carteiros que abren a correspondencia dos vecinos, regalan ou venden

credenciaes de funcionarios, amañan tribunaes de oposición, controlan aos Gobernadores

civís, interveñen as instancias e reclamacións dos cibdadáns, etc., etc. Esta caste de caciques

xurdeu dispois da Restauración, e foi creada por unha necesidade vital da monarquía e do

centralismo para disimular os xeitos antigos con aparencias de democracia parlamentaria.

Non hai dúbida de que este caciquismo invertido, "que ten as raíces enriba e as ponlas

embaixo", é o puntal máis forte do sistema unitario, do que, á súa vez, é parásito corruptor.

Decia Pi y Margall: "As rexións autónomas, din, seguirían como agora e máis que

agora sometidas ao caciquismo. ¡Ao caciquismo, tendo Cortes proprias, Goberno proprio,

Tribunaes proprios, Adeministración propria, milicias prorias, Facenda propria! O

caciquismo está sostido pola cadea que vai do Goberno a tódalas capas civís, económicas e

militares de tódalas provincias, e a tódolos alcaldes dos pobos. Tronzada esta cadea o

caciquismo ficaba morto".

Aquel outro caciquismo —o verdadeiro— ten, polo menos, a forza do seu enxeño

personal e a que lle concede o país en que vive. Resulta que os que o combaten directamente

sóio poden aspirar a sustituílo, porque para dar fin a esta praga non cabe máis que un

procedimento: instruír ao pobo aldeán e loitar desinteresadamente polas súas reivindicacións.

En troques, o falso caciquismo non se combate dende abaixo, porque o seu poder dimana da

forza que lle prestan enriba, nos departamentos ministeriaes, e non conta nin necesita

endexamais a fiúza do noso pobo. Resulta que os que o combaten directamente perden o

tempo, porque para dar fin a esta inmundicia perfumada non cabe máis que un recurso:

derrubar o sistema unitario e centralista.

Din que o caciquismo provocou o advenimento da ditadura militar en 1923, e non hai

Page 85: Castelao - Sempre en Galiza

dúbida de que os militares convertiron aos vellos caciques en silenciosos inquilinos de piso

barato, é decir, en probes diabos, en ninguéns. Aquela ditadura creou un novo caciquismo,

que, á súa vez, provocou o derrubamento do seu proprio poder. A segunda ditadura inutilizou

o caciquismo primorriverista; pero, en troques, resucitou moitos caciques mortos o día 13 de

setembro do ano 1923. E cando veu a República, os caciques da segunda ditadura tamén

foron anulados; pero, así mesmo, resucitaron moitos caciques mortos e xa esquecidos, que se

infiltraron nos partidos republicanos, invocando a súa condición de perseguidos… E todos

estes caciques son falsos, porque a súa vida está a mercede, non sóio dun troque de réxime,

senón, simplemente, dun troque de Goberno. A todo esto xa eisistían caciques republicanos,

dos que sempre colaboraron coa monarquía, servíndoa dende os postos da oposición. Non se

pode negar que a República, negándose a trocar a estrutura política do Estado vello, xa levaba

no seu seo o fermento caciquil. ¿E quen provocou esta guerra? ¿Quen armou esta subversion

criminal? Provocouna e armouna o caciquismo derrocado e insatisfeito, o grupo de caciques

que viron cobertos os sous postos…

Este é o caciquismo que debemos anular; pero non esperemos que os caciques corren

voluntariamente as súas raíces nutricias. E non esquezamos que son parásitos dun sistema de

pura aparencia democrática. Claro está que o caciquismo pode frorecer nun réxime

descentralizado; pero entón os caciques serían verdadeiros, é decir, vivirían a carón do pobo

e, polo tanto, sometidos aos perigos dunha xustiza instintiva, unha xustiza sen Códigos

escritos.

Non negamos a posibilidade dun caciquismo galego dispois da promulgación do

Estatuto. Se tal desventura ocurrise sería merecida, aínda que non inevitable. E de todos

xeitos xa non soportaríamos aquel outro caciquismo que nos imponen dende lonxe.

Page 86: Castelao - Sempre en Galiza

XXVII

Falamos do caciquismo galego e dixemos que era un axente creado e sostido polas

inxustizas da Lei única. Agora queremos falar do municipio rural de Galiza, que é o rabo da

raposería caciquil.

Ao botarmos unha ollada sobor do territorio galego é doado advertir que a poboación

está distribuída en "natural desorde", coma nos países celtas, i en evidente contraste cos

módulos de agrupamento social en Castela e demais rexións hespañolas. Calquera pode

perguntarse ao reparar no espallamento das vivendas galegas: "¿Onde están eiquí eses tan

sonados municipios, 'células da vida hespañola'?" Porque fóra das vilas e cibdades, que a

penas comprenden unha quinta parte da poboación total, o municipio en Galiza é un

organismo arbitrario, delimitado artificialmente e cunha función simulada.

O esprito nivelador do Estado centralista impúxonos un réxime local estraño ás

características demográficas do noso país, recoñecidas no Nomenclátor oficial de tódolos

Censos de poboación hespañola. Este recoñecimento da nosa diferenciación debería

traducirse en preceptos escepcionaes da Lei municipal, para que a ordenación civil e

adeministrativa de Galiza respondese ás realidades vivas, coma no resto da Hespaña. O

fracaso do Estatuto municipal da ditadura en canto á formación de "entidades menores", e o

descoñecimento que das realidades galegas ten o Poder central, obríganos a confiar somentes

no réxime autonómico.

O Concello hespañol é un organismo creado para rexir a vida de núcleos de

poboación concentrada, antigamente amurallados ou acurrucados ao redor dun castelo. Pero

ese sistema non ten aplicación racional en Galiza, onde as verbas "municipio" e "pueblo"

—sinónimos en Hespaña— andan sempre desaparelladas no noso lingoaxe. No agro galego

non se sinte a vida municipal, como non sexa para renegar dos Concellos. O Concello rural

de Galiza non se asenta en entidades naturaes ou hestoricamente diferenciadas, e nestas

conndicións carece de alento vital e de control efectivo para que a súa xestión ofereza

garantías de acerto. Os Concellos de área reducida non poden comprir as mandas que se lle

impoñen, e os de área estensa non levan até os habitantes alonxados da Casa consistorial máis

que o reparto dos trabucos. Os nosos Concellos non poden comprir a importante función

local que a Lei lles encomenda. "Así xurde, como sustitutivo, unha entidade simuladora desa

función ineisisnte: o caciquismo". Cómpre, pois, reformar o réxime local de Galiza

atendendo á morfoloxía dos grupos aldeáns.

A casa labrega é a sede dunha institución de dereito conseuetudinario, chamada

"compañía familiar galega", non recoñecida, claro está, polo Código Civil. Este núcleo social

ten raíces moi fondas no noso sentimento; pero vive sen garantías legaes. A familia labrega

traballa para que o seu fogar sexa o centro dun pequeno mundo económico. O ideal labrego

consiste en vivir con fartura e vender o que sobra. Os galegos aldeáns quérenlle á casa dos

pais e síntense orgullosos de non ter nascido en pisos alugados. E se a necesidade nos bota

polo mundo e chegamos a ricos, mandamos diñeiro para convertir a chouza natal en pazo

fachendoso. O galego quer unha casa de seu, independente, con catro fachadas, asentada nun

outeiro.

As casas aldeáns, espalladas, forman un grupo natural de poucos habitantes, chamado

"lugar". Alí son veciños de verdade: préstanse lume, axúdanse, aconséllanse, consólanse,

berran e rifan. Nas cartas dos ausentes veñen sempre memorias para tódolos veciños do

Page 87: Castelao - Sempre en Galiza

"lugar".

Os “lugares", espallados, compoñen un agrupamento que se chama "parroquia". Esta

entidade é o antigo clan dos celtas, anterior á invasión dos romanos e máis vello que o

cristianismo. Chámase "parroquia" ou "feligresía" porque a Eirexa procurou asentarse en

realidades terreas e o Estado anda polo ceo das abstraccións. Os "lugares" comunícanse coa

eirexa parroquial —decote erguida nun castro— por camiños, vereas e corredores, por onde

vai e vén a ledicia das festas e a tristura dos enterros. Estes camiños —decote milenarios—

son as raíces dunha organización viva e forte, cristianizada pola Eirexa e aínda non civilizada

polo Estado. O adro da eirexa é o Concello natural de Galiza. Alí xúntanse tódolos vecinos na

mañán dos domingos para tratar dos seus asuntos, aínda que non vaian á misa. E tamén

celebran asambleas estraordinarias —decote convocadas a golpe de campás— para

resolveren asuntos urxentes. Tanto nas parroquias labregas como nas mariñeiras eisisten

vellas institucións comunaes: axudas gratuítas no traballo, aproveitamento de montes,

pastoreos en común, distribución de regos, acarreto de pedra para obras, fornos, muíños,

eiras e outros servizos veciñaes. Cómpre decir que dende fai bastantes anos, en moitas

parroquias xúntase máis xente nas “Sociedades agrarias" que no adro das eirexas; pero a

"parroquia" sigue sendo a única célula vital do noso país, a única entidade natural de

poboación campesiña.

A parroquia rural é unha das máis punxentes características da nosa Terra, e de

ningunha maneira se debe prescindir da súa eisistencia. Podemos, eso si, aceptar o réxime

municipal do Dereito hespañol aplicado esclusivamente as nosas vilas e cibdades; pero non

se concibe unha adeministración local galega sen conceder personalidade xurídica ás

parroquias ruraes, con efectividade de goberno proprio e de facenda propria. Cando se fala de

autonomía municipal como base indispensable do Poder autónomo da rexión, sentímonos

alarmados, porque nas aldeas galegas o municipio é unha entidade monstruosa, causa e orixe

do caciquismo. E as autonomías non se deben recoñecer máis que a persoas verdadeiras,

individuaes ou colectivas. Municipios vilegos e cibdadáns, si; municipios ruraes, non.

Establezamos primeiramente un réxime de Concellos axeitado ao fenómeno demográfico de

Galiza, e dispois falaremos das autonomías locaes como base do Poder galego, pois un

organismo que pretende reavivar a Personalidade de Galiza non pode afincarse nos

Conglomerados ficticios que a desfiguran.

O municipio rural galego consiste nun grupo de vivendas espalladas nun territorio de

vintecinco kilometros coadrados ou de catrocentos —poño por caso—, e pode ter tres mil

habitantes ou trinta mil. Según conveña. Todo depende do intrés caciquil; pero endexamais

obedece a necesidades vitaes do grupo. Tamén pode ocurrir que o Concello dunha vila ou

cibdade comprenda estensos núcleos ruraes alleos á súa órbita económica, para vivir a costa

deles ou por razóns de política eleitoral. Non hai para qué decir que os concellaes dun estenso

municipio rural poden vivir a tanta distancia do Consistorio que forzosamente desatenden a

súa misión de rexidores, e que os habitantes iñoran os acordos e decisións do Concello a que

perteñecen. As realidades galegas son tan descoñecidas no resto de Hespaña que arreo

chegan a Galiza Segredarios, Médicos e Mestres que solicitaron prazas en Concellos de

moitos habitantes, coidando que se trataba de pueblos e quedan abraiados ao non veren máis

que tres ou catro casas ao redor do Consistorio, formando a capital do municipio. A tal grado

chega esta iñorancia que os lexisladores constituíntes —por esprito laico— quixeron redimir

aos Concellos da obriga, imposta polo Estatuto municipal, de colocar os editos na porta das

eirexas parroquiaes. Lémbrome que los diputados galegos tivemos que esplicar o que era

unha parroquia rural en Galiza e dixemos que si os editos non se poñían na porta das eirexas

Page 88: Castelao - Sempre en Galiza

debían colocarse na porta das Sociedades agrarias ou nas tabernas máis concurridas… Todo

menos que os habitantes dun municipio descoñeceran os editos do seu Concello.

Como mostra dos trastornos que o réxime municipal hespañol produce na nosa Terra,

abonda cun sóio exemplo: Calquera industria estabelecida no lugar máis apartado da Estrada

(municipio eminentemente rural) debía pagar máis contribución que mesma industria situada

en Vilagarcía (municipio cibdadan e porto habilitado para embarque). ¿E sabedes por que?

Porque a Estrada tiña dobre número de habitantes que Vilagarcía…

Como este exemplo poderíamos citar outros de flagrante inxustiza.

Page 89: Castelao - Sempre en Galiza

XXVIII

Estamos lonxe dos traballos que se presentaron e discutiron nas Asambleias

galeguistas, a fin de ir formando clara concencia dos nosos problemas e das súas solucións.

Cicais non eisistan xa aqueles papeis que nós gardábamos amorosamente como bases de

estudo para a lexislación que Galiza necesitaba. E hoxe non nos queda máis recurso que o de

estrucharmos a memoria. ¿Como creíamos nós que debía reformarse o réxime local da nosa

Terra? Fagamos un esforzo para recompor o proiecto.

Di o programa galeguista: "3° Plena autonomía municipal, recoñecendo a

personalidade adeministrativa da parroquia rural e da comarca, con dereito á adeministración

dos seus peculiares intreses".

Di o Estatuto presentado ás Cortes: a) La organización y régimen local de Galicia,

sobre las bases de reconocimiento de personalidad jurídica a la parroquia rural y plena

autonomía del Municipio; y la división del territorio a dichos efectos.

Xa o dixemos, e repetímolo agora, que o réxime municipal que hoxe eisiste debe

conservarse nas vilas e cibdades, engadíndolle, ou non, aquelas parroquias que sexan

satélites do núcleo urbano na súa órbita económica; pero non é posible maxinar nada

construtivo, a prol do réxime local de Galiza, antramentras perduren os actuaes Concellos

ruraes.

Pola crítica que fixemos destes Concellos creemos que cómpre abolilos previamente

para implantar a reforma que o Parlamento galego acorde, pois sería perigoso deixar en pé as

instalacións do vello caciquismo. Certo que os Concellos ruraes non desempeñan a función

que a Lei lles encomenda; pero, mal ou ben, realizan algúns servizos importantes, que deben

ser aferidos a novos organismos, como deben realizarse outros servizos que agora se simulan.

Polo tanto, é preciso cavilar encol dunha nova adeministración local, axeitada ás realidades

vivas do noso país.

De eisistiren os actuaes Concellos ruraes dispois da implantación do Estatuto

autonómico, terían que realizar tres clases de servizos: a) Servizos delegados do Estado (os

relativos a quintas, a confección de documentos cobrativos de contribucións, etc.). b)

Servizos proprios da Xunta de Galiza (Xustiza municipal, asistencia social, escolar, etc.). c)

Servizos especificamente ruraes (fontes, camiños, lavadeiros, cimeterios, etc.). Pois ben;

¿creedes que o Estatuto ten un poder prodixioso capaz de resucitar aos mortos? Porque de

sobreviviren os actuaes Concellos aldeáns non se comprirían as nosas arelas creadoras. E non

se comprirían porque a máquina municipal é impotente para cobrar as necesidades

adeministrativas de Galiza. Creemos, pois, que dos dous primeiros grupos de servizos debe

encarregarse o Poder autónomo e que dos servizos ruraes deben encarregarse as parroquias.

A opinión máis xeneralizada antre os vellos letrados de Galiza —cáseque sempre

zurcidores e remendóns— é a de convertir as parroquias ruraes en Concellos de réxime

aberto, con goberno e facenda proprias, para formaren mancomunidades de término

idénticos, ou semellantes, aos Municipios que hoxe padecemos, a cuios gastos contribuirían,

por concerto ou cupo, as parroquias integrantes. Algúns opinan que as parroquias autónomas

deben Federarse por comarcas naturaes, para constituíren municipios de área moi estensa.

Nin que decir ten que a parroquia debe ser a célula vital da organización campesiña e que a

comarca, ben delimitada por razóns xeográficas i económicas, debe ser o órgao vitalizador do

réxime autónomo; pero non esquezamos que a reforma é de función máis que de término, e

Page 90: Castelao - Sempre en Galiza

que non val a pena de sentir mágoa pola morte dos municipios aldeáns, a non ser que tamén

sintamos mágoa pola desaparición do caciquismo.

Xa queda dito, e repetido, que os servizos ruraes serían desempeñados pola parroquia,

dispois de recoñecer xurídicamente a súa personalidade, para funcionar como Concello

aberto, baixo a presidencia dun pedáneo ou "vigairo", elexido polos veciños. Os recursos

económicos lograríanse por repartimentos acordadas en sesión parroquial e a base das

contribucións, se fosen revisadas. A supresión dos Concellos aldeáns permitiría os

repartimentos veciñaes, que nas parroquias se realizan con bastante xustiza, a falla de

mellores procedimentos.

Os servizos delegados do Estado e os conferidos ás Diputacións provinciaes de hoxe,

así como aqueles outros de carácter adeministrativo que se deriven da implantación do

Estatuto, deben correr a cárrego da Xunta de Galiza, por meio de Delegacións comarcaes. En

cada comarca natural crearíase unha oficina adeministrativa con personal recadado antre

funcionarios da Facenda e Segredarios municipaes —xa especializados nesta caste de

servizos— ou con empregados sometidos a previa oposición libre e a cursillos prácticos.

Estas oficinas serían semellantes ás que eisisten en Portugal. Os recursos que a Xunta de

Galiza precisase para levar a cabo a función encomendada hoxe aos Concellos aldeáns

lograríanse por recargo das contribucións directas, que se cobrarían conxuntamente. Claro

está que é indispensable unha reforma ou revisión das contribucións, especialmente da

rústica e urbana, antes de tomalas como base equitativa de repartos. Esto é o que arelan os

contribuíntes aldeáns para preservarense das arbitrariedades caciquíes.

A Xustiza municipal debe ser exercida por funcionarios de carreira, ingresados por

oposición rigurosa, e o número de Xuzgados regularase pola cantidade e produto dos xuízos,

para non recargar os gastos do servizo. A Sanidade e Asistencia requiren atención estremada,

polas dificuldades que crea o espallamento das vivendas, para unha asistencia a domicilio, e

porque un criterio verdadeiro de probeza aumentará considerablemente o número de

"familias necesitadas". A función escolar tamén debe corresponder á Xunta de Galiza,

estimulando ás parroquias para que axuden a construír escolas e ademitindo a prestación

personal, porque beneficia á propria entidade, libertándoa dunha cárrega.

A transformación do réxime local de Galiza en términos semellantes aos que vimos

de espor, oferecería ventaxas indubidables. O persoal adeministrativo, de xustiza e sanidade

—técnico, ausiliar e subalterno— sería nomeado por méritos recoñecidos e as prazas

cobriríanse automaticamente según normas dun Reglamento de funcionarios. Deste xeito os

servizos estarían atendidos por personal competente e controlado. E así o caciquismo non

tería razón de eisistir, porque quedaría sen as súas mellores armas: o nomeamento de

personal e o reparto de utilidades.

Como servizo da Delegación comarcal debemos pensar na creación dun organismo

que sexa, ao mesmo tempo, Caixa de Aforros, de Recaudación e de Creto.

Page 91: Castelao - Sempre en Galiza

XXIX

Dixemos que é preciso transformar o sistema fiscal de Galiza, e convencidos desta

necesidade imos dar ideia do proiecto que Bóveda tira preparado con todolos anexos e

desenrolos que o tema requería. Faremos un simple resume.

O sistema fiscal que agora rixe está integrado por unha longuísima ringleira de

gravames —na súa maor parte indirectos— que o Estado, as Diputacións e os Municipios

impoñen e recaudan, coa conseguinte triplicidade de oficinas, de documentos e de gastos.

Sistema inxusto, complicado, arbitrario e costoso.

Non aceptamos, claro está, os gravames indirectos, e menos aínda os impostos

municipaes que encarecen os artigos de consumo. Porque non se estabelecen atendendo á

capacidade contributiva das persoas (tanto pagan os ricos como pagan os probes). Porque un

imposto basado no consumo fai pagar máis a unha familia probe e numerosa que a un

solteirón millonario (o consumo depende máis ben da necesidade que da capacidade). Porque

sirve de tapadeira para subir desproporcionadamente o coste dos artigos e son a mellor

iñorma para que os adeministradores se liberten do control popular. Decía Bóveda que onde

os acertos e os desastres dunha política teñen o seu mellor espello é nos presupostos de

entidades en que rixe esa política, e que a sobrevivencia dos impostos ficha constarían as

diferentes cuotas que serviron para confeccionar o recibo único, así como as rendas e o

capítal declarado polo contribuínte comprobado pola Adeministración.

A terceira etapa consistiría en confeccionar as escadas de tributación para chegar ao

imposto único. O problema sería doado se nos conformásemos cun sistema proporcional e

recurrísemos ao método de derrama ou prorrata que o Estado ten establecido para a

tributación da riqueza territorial non catastrada; pero nós queremos que o imposto único sexa

xusto e que grave o capital e as rendas, aplicando escadas progresivas de tributación. Para

asegurarnos contra todo erro de cálculo, pode establecerse como cuota mínima a da fase

anterior, a non ser que unha investigación, solicitada polo contribuínte, demostre a inxustiza

do gravame.

O proiecto de Bóveda estaba desenrolado deica os máis pequenos aspectos da función

adeministrativa. Non se esquecera de detallar o montaxe de equipos mecánicos para a rapidez

das operacións, economía do traballo, baratura do servizo, evitación dos erros costosos e

molestos, etc. Nin esquecera os detalles de instalación, para que o público fose atendido e

despachado sen as voltas e reviravoltas a que obrigan as detestables oficinas que hoxe

padecemos. Non esquecera os esquemas gráficos da organización e os modelos de fichas,

documentos, decretos, reglamentos, etc.

Á parte das oficinas centraes deste servizo, aferidas ao Departamento que rixa canto

se refire ás finanzas galegas, a estrutura da Xunta de Galiza require a organización dunha

oficina única en cada comarca natural, con tódolos servizos fiscaes transferidos polo Estado,

máis os das Diputacións; suprimidas e os dos Concellos. Terían ao seu cárrego a confección

de documentos cobradoiros e recibos, a cobranza das cuotas contributivas, outros servizos

(estadísticas, etc.) e delegación da entidade bancaria.

A fe que Bóveda poñía no seu proiecto faime creer que debemos realizalo.

Page 92: Castelao - Sempre en Galiza

XXX

Diante dos varios proiectos de ordenación xurídico-social da propriedade en Galiza

maxinados e compostos antes da guerra civil, ficamos sen azos para declarar o noso vello

parecer, aquel parecer que mantiñamos sen dúbidas e que tantas veces espuxemos en mitins e

conferencias ao xuízo dos labregos e mariñeiros. Os resultados desta guerra e os avatares da

paz cicais anulen institucións que antes considerábamos vigorosas e respeitables.

En 1915 presentamos o noso Apéndice ao Código Civil, e o proiecto quedou

soterrado nos arquivos do Departamento de Xustiza sen que lográsemos que Galiza fora

recoñecida como país de Dereito Foral. O Apéndice era obra dunha Comisión de letrados

galegos, presidida primeiramente por Don Xacobo Xil e derradeiramente por Pérez Porto.

Pois ben, a pesares do tempo que se invirteu para recoller e formular o noso dereito

consuetudinario e dos escrúpulos con que se confeccionou o proiecto para chegar á fleisible

sistematización escrita das costumes que o país viña practicando, é o certo que ese

documento quedou anticoado aos vinte anos da súa presentación (vinte anos de vida normal e

pacífica). ¿Que mudanza non sofrirá Galiza ao rematarse esta guerra espantosa? Non

esquezamos que a orixinalidade do réxime autonómico ten de manifestarse no Dereito que

nós promulguemos.

Non sería dificultoso que os xuristas galegos escolmaran nos Códigos alleos as

modalidades máis ademirables para compor unha codificación ideal do Dereito en Galiza;

pero non teria efectividade sen estudar, primeramente, as modalidades a principios do

Dereito galego non escrito, que o pobo coñece, respeita e practica como xusto, e sen ouvir

previamente aos servizos técnicos encarregados de estudar os problemas e as súas solucións

máis proveitosas. ¿Persistirán dispois da guerra os problemas galegos, tal como se

planteaban antes? As circunstancias crearán, seguramente, novas modalidades de vida,

capaces de mudar o concepto de xustiza e o pensamento xurídico dos tempos pasados. Os

problemas galegos, tanto labregos como mariñeiros, xa non se poderán medir con táboas de

valores anteriores ao 18 de xulio do 1936.

Antramentras dure a liquidación desta guerra producirase un acelerarnento vital do

noso dereito privado. Os foros, poño por caso, ficarán abolidos aínda que a súa redención

siga legalmente aberta por esquecimento dos lexisladores. Nascerán novas modalidades que

se trocaran en costumes i en institucións xurídicas. ¡E quen sabe se a futura liberdade caberá

naqueles límites moraes da vella paz que destruíron os militares!… Porque incluso poden

revivir institucións xa desaparecidas.

As variables condicións económicas dun pobo, no tempo e no espacio, moven tamén

a sustancia xurídica que rixe as relacións sociaes. E, polo tanto, a codificación do dereito

privado dun país debe basarse "nun rexistro permanente dos feitos da liberdade". Este

movimento acúsase de modo estraordinario en Galiza, por ser un país de pequenos

proprietarios, diseminados en comarcas orográficas, climáticas i económicas diferentes, con

diversas necesidades e comenencias, en grupos que moitas veces defenden intreses

contrapostos. Este feito produz un aumento constante das modalidades xurídi cas e, ao

mesmo tempo, unha tendencia á unificación de principios moraes, reguladores do dereito

vivo.

Os letrados de máis creto profesional en Galiza opinaban que os Notarios, Xueces e

Rexistradores deben ficar obrigados a recolleren, en forma de feitos estadísticas, os actos

Page 93: Castelao - Sempre en Galiza

xurídicos realizados ou intentados coa súa intervención ou coñecimento. Co rexistro

permanente, que se forme con estes feitos, coñeceremos as costumes xurídicas de cada

comarca e poderán determinarse as variacións e variedades do noso dereito. Entón o Poder

galego quedaría en condicións de promulgar "Leis locaes" artigoadas con indicación da

comarca ou comarcas en que deben rexir. Esta empresa, axudada pola vocación e

orixinalidade xurídica do noso pobo, plasmaría, seguramente, nunha orixinal e auténtica

espresión das realidades galegas. Xa dixemos repetidas veces que a Lei hespañola é

inaplicable en Galiza; pero tampouco Galiza debe promulgar Leis obrigadamente vixentes en

todo o territorio, porque a unidade indiscutible da nosa Terra contén variedades indiscutibles

e respeitables.

Estamos seguros de que a propriedade rústica seguirá eisistindo en Galiza. Cómpre,

pois, un Rexistro da propriedade que reflexe as súas realidades xurídicas, e un Catastro que

reflexe, ao mesmo tempo, as súas realidades materiaes. Ben sabido está que os gastos de

tiduación para leiras pequenas obrigan aos nosos labregos a prescindir do actual Rexistro da

propriedade e a teren que vivir ao marxe da Lei. "Se unha finca de 50 000 pesetas —di un

letrado galego— soporta ben uns gastos de tiduación de 1000 pesetas, vinte fincas de 2500

pesetas cada unha xa non soportan uns gastos que non son de 1000 pesetas, porque os de

notaría, rexistro e timbres repítanse vinte veces; aumentando en proporción os de cada vez".

Lembremos, ademais, o estraordinario movimento da propriedade rústica en Galiza —por

herencia, compraventa e permuta— debido á inmensa parcelación da terra. Por esto Galiza é

o país de pior tiduación da propriedade en Hespaña. Pero é indispensable implantar o sistema

Torrens de mobilización, rexistro e seguro da propriedade inmoble, con carácter obrigatorio,

suprimindo os dereitos reaes da garantía, que se refundirían e transformarían nos de hipoteca,

para dar fin á usura e outros alifaces da propriedade pequena. Todo menos soster un Rexistro

da propriedade inaccesible ás posibilidades dos pequenos proprietarios. E, polo tanto,

imponse unha reforma que nós estimamos primordial, se é que a morfoloxía económica de

Galiza sobrevive á revolución.

Necesitaremos leis que impidan a escesiva fragmentación das terras, evitando a

progresiva pulverización da propriedade rústica e favorecendo a concentración parcelaria,

deica chegarmos á restauración dos patrimonios folgados, base da enxebre "compañía

familiar". Necesitamos o sinalamento de zonas de cultivo, trocando as actuaes noutras que

rendan máis, axudando con aportacións económicas aos labregos que non dispoñan de

recursos para implantar as transformacións, e obrigando a implantalas. Necesitamos a

reintegración do dominio da terra e o acceso a propriedade, prohibindo, inclusive, a

transmisión cando non sexa a favor dos herdeiros forzosos, e chegando á espropiacion por

ausentismo dos posuidores e por non cultivaren, ou cultivaren mal, as terras. Necesitamos

organizar o creto agricola e mariñeiro implantando un sistema racional e barato de hipoteca,

na que o valor da garantía corresponda ao valor do préstamo. Necesitamos unha Lei de

arrendamentos, de modo que a terra sexa sempre para o traballo e que a posesión arrendaticia

chegue a trocarse en plena propriedade, e sempre asegurando aos traballadores un mínimun

para subsistiren. Necesitamos medidas lexislativas que favorezan a creación e desenrolo de

cooperativas, recollendo, no posible, os principios colectivistas da nosa tradición labrega e

mariñeira. Necesitamos reglamentar a edificación da casa rural, en orde á hixiene i estilo,

creando estímulos económicos para a súa execución, de acordo coas comenencias locaes.

Necesitamos unha transformación do réxime de bens de proprios e comunaes, que remate co

abandono e desidia dos que agora se aproveitan deles, e sabendo sempre a quen se lle poden

pedir contas polo mal estado en que se atopen os bens.

Page 94: Castelao - Sempre en Galiza

Necesitamos, en suma, que a propriedade renda os beneficios sociaes i económicos

que as novas correntes do progreso lle sinalan, a fin de asentar a paz futura nunha

estabilización da vida labrega e mariñeira.

Page 95: Castelao - Sempre en Galiza

XXI

Dixemos que o Estatuto non é de abondo para crear a Galiza dos nosos soños, aínda

que sexa o instrumento indispensable. Tampouco ahondarán as leis que nós promulguemos,

aínda que fosen as máis sabias do mundo; pero necesitamos liberdade para posibilitar os

nosos anceios de creación, recursos económicos para desenrolalos e leis que favorezan ese

desenrolo. Se os nosos anceios se limitasen ao fomento agropecuario é indubidable que a

lexislación non sería máis que un dos elementos do plan. Este plan comprendería: a

investigación i esperimentación, a divulgación i enseño, a cooperación, o creto agrícola, a

política económica e a lexislación. ¿Como realizar todo esto sen autonomía?

Temos ouvido decir, en actos de propaganda, que Galiza necesita Escolas de

Agricultura, e temos visto como as xentes do agro abrían os olios e mostrábanse agradecidas.

Mais nós perguntámonos: ¿Que poderían enseñar hoxe esas Escolas aos nosos labregos?

¿Que poderían divulgar i enseñar, como non fosen os principios fundamentaes da cencia

agronómica? Non; o que necesitamos primeiramente son Centros técnicos de investigación i

esperimentación agrícola, forestal e pecuaria.

Coñecemos os trabados realizados e publicados por Gallástegui, o Director da

"Misión Biolóxica de Galiza", e o coñecimento destes traballos permítenos lanzar algunhas

afir macións de vulto.

Se os coñecimentos agropecuarios fosen universaes, un profesor feito en Madrid

podería enseñar e demostrar en Galiza os sistemas que deben seguir os nosos labregos; pero

tal vez desgraciadamente, non se pode divulgar o que non se sabe, pois somentes dispois de

varios anos de ensaios i esperimentacións poderá saberse o que a Galiza lle conven a este

respeito. E aínda dentro de Galiza eisisten variacións enormes, pois o millo de Pontevedra

non madura en Lugo e os nabos de Lugo non se dan en Pontevedra. O ensaio e a

esperimentación lévanos a conclusións sorprendentes, imposibles de prever para un sabio

que non coñeza o noso país. Na Misión Biolóxica ensaiáronse setenta variedades de pataca,

todas elas importadas de países semellantes ao noso. Resultou que houbo clases que deron

once veces máis rendimento que outras, e que as patacas Ragi —de creto e sona mundial—

foron as menos produtivas. Pois ben ¿que aconsellaría un profesor da Escola de Agricultura?

Aconsellaría, seguramente, o cultivo das patacas Ragi, recomendadas en tódolos libros de

texto como máis produtivas, e o seu consello causaría un desastre. Non esquezamos

endexamais a Dinamarca. Neste país —modelo que debemos imitar— eisisten 18 Estacións

esperimentaes, sóio para plantas, e nada máis que unha Escola de Agricultura. Non lle

deamos voltas: polo de agora un labrego galego sabe moitísimo máis de agricultura galega

que un eminente profesor formado fóra de Galiza.

Precisamente por recomendar procedimentos e métodos de cultivo non comprobados

na nosa Terra, produxéronse desastres que os labregos aproveitan dando máis creto á

sabiduría dos refráns que ao consello dos técnicos oficiaes e oficiosos. A desconfianza dos

labregos subsistirá por moitos anos, antramentras a verdade non lles entre polos ollos. E

antramentras non gañemos a confianza dos labregos non realizaremos o noso ideal

cooperativista, porque a cooperación básase na confianza, e a confianza dos labregos gáñase

con feitos e non con verbas bonitas.

A esperimentación e investigación agro-pecuaria sirve tamén para que o Creto sexa

verdadeiramente proveitoso. Conceder préstamos a quen perde diñeiro na súa industria

Page 96: Castelao - Sempre en Galiza

agrícola ou pecuaria, sen máis preocupacións que as de cobrar intreses e recuperar a

cantidade prestada, sería contribuir á mesma morte do creto agrícola. Para que o Creto renda

o fin social que nós arelamos é indispensable que os préstamos salven e acrezan os

rendimentos e utilidades do trabado labrego.

Hoxe por hoxe a nosa agricultura non é de abondo rentable para que o Creto se

consolide como institución popular; e, polo tanto, necesitamos descobrir procedimentos que

aumenten considerablemente a produción agro-pecuaria de Caliza en cantidade e calidade

para que o Creto sexa útil. Gallástegui comprobou que os nosos labregos perden 200 pesetas

en cada porco cebado de 150 kilos de peso; pero tamén comprobou que se poden gañar 100

pesetas por cada cabeza en menos de seis meses, con tal de variar o réxime de alimentación.

Pois ben; non tería o mesmo valor prestar diñeiro para adequirir un porco que se vai manter

rutinariamente que para engordalo según procedimentos rentables. No primeiro caso

contribuímos á ruina do labrego e no segundo caso melloramos a súa situación e, por ende, a

viabilidade do Creto.

Tamén a política económica de Galiza necesita o aval da investigación e da

esperimentación, porque os problemas do agro non se deben resolver empiricamente.

Sabemos, por exemplo, que un dos tópicos máis apreciados da nosa política económica é o da

libre importación do millo; pero tamén sabemos que o director da Misión Biolóxica pretende

duplicar a produción deste cereal, e asegura que dentro de poucos anos pediremos que se

prohíba esa importación. O razoamento ten moita forza. Galiza produce anualmente unhas

300 000 toneladas de millo e necesita importar 20 000 para o seu consumo; pero as demais

rexións hespañolas producen 300 000 e necesitan importar 200 000. Como se ve, o problema

do millo radica máis ben fóra de Galiza; pero Galiza fala e pide millo para que se beneficien

outras rexións, que teñen por norma utilitaria pedir incesantes aumentos nas tarifas do

arancel. Cando se importa moito millo esas rexión dispoñen de alimento barato para producir

carne e competiren co gando galego nos mercados hespañoes; pero cando a importación

tropeza con dificuldades sube o prezo do millo e os negociantes lévano fóra de Galiza, que é

onde máis se necesita. Somentes a Misión Biolóxica poñería remedio a este mal, pois aínda

que non se duplique a produción do noso millo é seguro que cobriremos o déficit actual e

teremos sobrante para vender ou aplicar a un meirande desenrolo da gandería. Non hai

dúbida de que moitas veces "a politica económica será función do que rendan os Centros

esperimentaes".

Para iniciar en Galiza o fomento da agricultura necesitamos —según Gallástegui—

catro Centros técnicos de investigación i esperimentación. Un en Lugo, adicado ao estudo

das herbas e prados; outro en Ourense, adicado a viticultura; outro na Cruña, para

arboricultura e horticultura; e outro en Pontevedra, para plantas anuaes do gran cultivo. O

funcionamento dos Centros sería semellante ao da Misión Biolóxica, comprobado xa. A

Misión creou o Sindicato produtor de sementes; produce o facilita estas sementes; ensaia

abonos; enseña, prepara e coloca capataces, que son Cátedras ambulantes, na casa dos socios

do Sindicato; e organiza a cooperación.

A gandería galega sostense miragrosamente, sen espranzas de mellorar antramentras

non se forme un Organismo perenne, con dirixentes ben preparados, social e técnicamente,

tales como capataces de control leiteiro, paradistas de sementaes, divulgadores de reximes de

alimentación, técnicos que estuden e divulguen a fabricación de queixos e manteigas, e

organizadores de cooperativas gandeiras. Este Organismo realizaría as siguentes funcións,

indispensables para seleccionar e mellorar a nosa industria gandeira: Preparación de

concursos trimestraes leiteiro-manteigueiros; organización do control leiteiro quincenal a

Page 97: Castelao - Sempre en Galiza

domicilio; reglamentación e vixilancia das paradas de sementaes; apreciación dos

descendentes, pola produción efectiva de leite; creación de planteles selectos para

distribuílos no noso campo; estudo i ensaio de alimentación con pensos e forraxes de Caliza;

apertura de libros-rexistros e xenealoxías, etc. Esto en canto se refire ao gando vacuno, que é

o que a nós nos intresa principalmente.

Canto máis pensamos no porvir da nosa Terra máis nos convencemos da necesidade

urxente de unirnos tódolos galegos de boa vontade. Temos todo por facer, e do noso traballo

depende o benestar de Galiza. E para traballar necesitamos unha ferramenta: o Estatuto.

Page 98: Castelao - Sempre en Galiza

XXXII

Os soños primeiro e as ideias dispois, crean feitos hestóricos. E Galiza xa soñou e

pensou de abondo. Non tardar;i en producirse o gran acontecimento. Aquel acontecimento

que vai esvaer o pesadelo da miseria moral e material en que nos ensumeu o Estado. Aquel

Estado que enarbolaba como enseña patriótica a camisa suxa de Isabel.

Que os demais hespañoes antifeixistas respeten os noso anceios de liberdade. Que

ningún grupo político nos acha que intencións disgregadoras. Os que sempre figuramos na

vangarda do galeguismo non defendíamos máis que principios unionistas. Loitamos pola

unidade da nosa Terra, que i a Patria natural, e pola unión peninsular, que sería o Estado

naturalmente admisible.

A guerra non é un xogo tráxico antre dous equipos de diferente coor, no que

apostamos a vida tolamente, como xogadores. Sabemos por qué loitamos a morte e cál é o

ideal de vida que defendemos. E os inúteis para a guerra temos dereito a pensar na paz. I eu

penso na paz da miña Terra, que é o que máis me doi.

Eu vexo á nosa Terra ceibe de vezos rutinarios, de pleitos cativos e de cobizas ruíns.

Vexo aos homes no traballo e ás mulleres no fogar. Vexo aos nenos, loiros e bonitos,

a comeren pantrigo con mel e manteiga. Vexo aos mozos, intelixentes e sabidos,

enrequentando antergas costumes. Vexo mozas garridas levando cestas de liño ás fábricas de

fiar, como denantes levaban o grao ao muíño, e véxoas dispois a teceren lenzos insuperables.

Vexo casas limpas e hixiénicas, de feitura paisana e de acordo coas comenencias da

vida labrega e mariñeira.

Vexo os montes repoboados e cobertos de piñeiraes. Vexo grandes fábricas de pasta

de papel e de productos derivados do leite.

Vexo Centros de investigación e de esperimentación agropecuaria. Vexo

piscifactorías, Laboratorios costeiros i Escolas de pesca.

Vexo á Universidade de Sant-Iago convertida en cerebro de Galiza, irradiando

cultura e saber máis alá dos lindeiros naturaes da nosa Terra. Vexo Escolas ruraes de

formación campesiña, para soerguer a comunidade aldeán.

Vexo a esplotación mecánica das nosas canteiras de granito. Vexo a nosa artesanía

renascida e superada.

Vexo Sindicatos produtores de semente, rexidos por xenetistas esperimentados. Vexo

pazos para albergar as Cooperativas, mellores que en Dinamarca.

Vexo enormes criadeiros de mariscos. Vexo o trafego dun gran porto pesqueiro —o

máis importante de Europa—. Vexo cangar barcos con peras urracas e mazáns tabardillas.

Vexo, en fin, unha Terra farturenta, onde todos traballan e viven en paz. Vexo a miña

Terra como unha soia cibdade, a cibdade-xardín máis fermosa do mundo, a cibdade ideal

para os homes que queiran vivir a carón da Natureza.

Así soñábamos Bóveda e mais eu nos días de espranza. Así sigo soñando eu, polos

dous, á beira do Mediterráneo, este mar que non comprendo…

Para regalía de Bóveda —o home organizador e traballador— compuxen tres afiches

con destino á propaganda que se aveciñaba. Compúxenos eu —o animador de ilusións—

para louvar as tres fontes de riqueza galega. Velos aí van:

O ALBRE

O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.

Page 99: Castelao - Sempre en Galiza

O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque

nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.

O albre dános a froita, que é un manxar composto polo mesmo Creador, para regalía

do noso paladar: o derradeiro ben que nos quedou do Paradiso perdido.

O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.

O albre dános a sombra fresca no vran e a quentura garimosa no inverno.

O albre dános as trabes, o sobrado e as portas da casa. Dános a cama, o almario das

sabáns e a artesa do pan. Dános o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra.

O albre dános o papel barato que nos trai a decotío as novas do que pasa no mundo.

Val máis unha Terra con albres nos montes que un Estado con ouro nos Bancos.

A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o Estado unitario.

Os albres son as minas galegas que nós saberemos esplotar cando a nosa Terra sexa

nosa.

A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da

colectividade.

Na nosa Terra danse os mellores albres.

O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar.

A VACA

A vaca é o símbolo da paz.

Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un

dos nosos economistas: “O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre

xenealóxico dun aristócrata”.

A vaca esqueceuse dos cornos e dános o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu

coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Non nos pode dar máis.

O can será o amparo dos ricos, que defende a propriedade do amo e ladra aos probes

que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres.

Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os “concursos de Belleza”.

A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer

a unha vaca non ten dereito a muxila.

As “señoritas” que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha

familia labrega cando se lle morre unha vaca.

Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cibdades morreríase desnutrida. A

vaca é a ama de cría da Humanidade.

O día que nós emitamos papel-moeda non estamparemos nel o retrato dos políticos,

nin dos sabios, nin dos artistas; estamparíamos, somentes, a figura dunha vaca, como símbolo

da nosa economía humanamente distribuída.

O día que Galiza sexa unha comunidade cooperativa, ergueremos un gran moimento

cunha vaca en bronce dourado.

Tamén hai razas de vacas, e a mellor é a nosa.

O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida.

O PEIXE

O peixe é un dos símbolos de Cristo.

O peixe é a prata do mar feita carne.

Cada peixe ten a sustancia do seu mar. O peixe do Mediterráneo sabe a carne

civilizada e xa decadente. O peixe do Atlántico —un mar terriblemente salvaxe— sabe a sal

de vida libre.

O peixe galego trai nas frebas da carne as mellores esencias do Océano.

Page 100: Castelao - Sempre en Galiza

¡Canto custa criar un quilo de carne de vaca! En troques a carne de peixe críase sen

coidados nen gastos.

A pesca era un traballo nobre e xeneroso. Por algo Xesús de Nazaret escolleu, para

seus apóstoles, a doce mariñeiros. Mais agora péscase con dinamita…

Cando naufragaba unha lancha morría o “patrón” xunto cos “compañeiros”. Agora o

“patrón” chámase “armador” e nunca morre afogado, porque xa non vai ao mar.

A pesca en Galiza ennobrecerase de novo cando retorne ás maneiras colectivistas da

nosa tradición mariñeira, fondamente afincada no cristianismo. ¡O que queira “quiñóns” que

xogue a vida no mar!

O Fisterre galego —a punta máis avanzada de Europa— fíxose para pescar.

A xente da Meseta sóio coñece as momias de sardiña, en ataúdes de folla de lata ou en

tambores de madeira. O día que teñamos un gran porto pesqueiro e vías de transporte lixeiras

e baratas, toda Hespaña comerá peixe fresco.

A Hespaña que morre de carne de porco revivirá pola carne de peixe galego.

O día que Galiza sexa nosa, os mariñeiros vivirán na fartura.

Valencia - Barcelona, fins do 1937

Page 101: Castelao - Sempre en Galiza

Libro segundo

A probe da formiga botou a andar, lixeira,

parando a todas cantas ó paso tropezou;

estas pararon outras i en ringleira

a pouco un gran trafego antre elas comezou.

CURROS ENRÍQUEZ

Page 102: Castelao - Sempre en Galiza

I

Empezo a escrebir esta segunda parte do meu libro en Nova York, nos primeiros días

do ano 1940, cando a tristura do inverno invita a ensumirnos en meditacións. Escribo á luz

dunha fiestra ensombrecida por un rañaceos. Nas moitas fiestras que descobro dende a miña

vexo dramas, comedias e sainetes, que non me deixan enfiar as ideias. Poida que frente a min

haxa checoeslovacos, austríacos, polacos, finlandeses, xudeus, alemáns e doutros pobos e

razas, que esborranchen coartelas para comporen libros acugulados de acusacións; pero estou

seguro de que eles non adiviñan que á luz desta fiestra traballa un galego desterrado, con

máis razón que eles para protestar. Ningún dos meus veciños de enfrente sabe que hai unha

Patria que se chama Galiza, e non podo eisixirlles que adiviñen a miña eisistencia. Eu son

fillo dunha Patria descoñecida, porque ninguén soupo dar sona e creto internacional ás nosas

reivindicacións patrióticas. Perdeunos a modestia e o afán do bo parecer ante os demais

hespañoes, que nunca quixeron comprendernos. ¿Estamos aínda a tempo de comezar de

novo? Estamos, polo menos, no comezo dunha nova etapa de loita pola Liberdade, e cicais

conveña cancelar as vellas normas.

Perdemos a guerra civil, ou perdérona, e o destino non me deixou asistir ao derradeiro

lance da traxedia hespañola, o máis terrible de todos. Saín de Hespaña antes do remate da

guerra, e por este bo fado salvei as coartelas que compuxen alá antre bombardeo e

bombardeo, e que foron publicadas no semanario Nueva Galicia, órgao dos galegos

antifeixistas. Este traballo durmía no fondo dunha valixa dendes que desembarquei en

América, porque o trafego da miña vida non me dou lecer para outra ocupación que non fose

a de axudar á República; pero endexamais abandonei a ideia de publicalo nun libro, para que

os galegos do continente americano enxergaran mellor a razón das demandas que Galiza tiña

pranteadas ante o Goberno e as Cortes de Hespaña. E nun descanso do meu viaxe sen rumbo,

cando a guerra finou, tiven lecer de ensaminar o libro e consideralo á luz das novas

circunstancias. Axiña comprendín que xa non respondía ás realidades presentes, e polo tanto,

xa non era o que os galegos debían leer arestora. Reflexa —esa é a verdade— o pensamento

dun galeguista leal á República e á causa do pobo hespañol durante a guerra, e por este

motivo debe publicarse tal e como eu o concebín; pero engadíndolle unha segunda parte, que

conteña os trasacordos que impón a derrota da democracia hespañola e as probabilidades

dunha restauración da soberanía popular en Hespaña.

Cómpre abolir as espranzas e ilusións con que me dirixín aos galegos dende Valencia

e Barcelona. Eu creía no trunfo das armas leaes e na continuidade da República parlamentaria

que tería de dar satisfacción ás demandas de Galiza. Soñaba coa vitoria do pobo español e

non dubidaba de que se realizase, dentro do marco da República, o ideal que Bóveda

alumeou co seu marteiro. Mais eu sei que a ilusión con que Bóveda dou a vida xa non é a

ilusión que nós debemos manter. Xa non é a que el mesmo mantería se vivise. Fomos testigos

de reaccións tan imprevistas e de determinacións tan irracionaes por parte dos cabezaleiros

da política republicana, que debemos acorazar o galeguismo con novos e máis teimosos

receios. Decorreron tres anos de guerra que parecen tres séculos, e decorreu un ano de

desterro que nos permite descobrir a incapacidade dos homes máis representativos e

responsables. Esvaéronse, pois, as espranzas e ilusións que me obrigaban a escrebir un libro

adicado aos galegos leaes cando a República estaba en pé e cando confiábamos no

entendimento duns homes que se puxeron á cabeza do pobo máis heroico e máis

Page 103: Castelao - Sempre en Galiza

revolucionario do mundo. Por eso aquelas verbas que lancei dende Valencia e Barcelona, no

balbordo da guerra, necesitan aclaracións, engadidos, críticas, e, sobor de todo, trasacordos e

visións novas do porvir.

Liberteime da morte e agora ando, coa vida a costas, por camiños que endexamais

coidei percorrer. Vai conmigo a Santa Compaña dos mártires galegos, e ando con eles a

seguir a estrela do galeguismo. Non hai sofrimento mellor para un patriota desterrado, e

ninguén pode eisixirme que cangue con doores alleas. Abóndame con ser galego. E máis

aínda dispois de perder a fe nos homes con quen estábamos avencellados. Se algo pode

coutar a miña pruma é o respeto que me inspira o pobo español; mais este pobo non é

somentes o que sofre nos campos de concentración da Franza, nin o que anda aboiado por

terras de América, senón o que vive e morre en silencio, asoballado en Hespaña polos

militares trunfantes. Permitídeme decir que teño máis confianza nos hespañoes vencidos que

nos desterrados. Teño máis fe nos xuncos —dobrados pola enxurrada, pero firmes, coas

raíces na terra— que os albres que arrastou a corrente, porque cando as augas volvan ao seu

canle natural, o xuncal revivirá, póndose en pé.

Na grea dos desterrados non se ve unha figura perdurable como foi a de Pi i Margall.

Rematouse a guerra en Hespaña e comezou unha segunda guerra civil de hespañoes no

estranxeiro. Nesta loita dispáranse aldraxes, calumnias, verbas emponzoñadas que firen e

matan a honra dos homes. Esta contenda de compadres é, no fondo, a espansión dos

xogadores que non saben perder. Non comandan as novas tropas os herois sobreviventes da

pasada guerra. Agora dirixen batallas os perdularios da República. Os estrategas da nova

campaña son os imprevisores, os egoístas, os vaidosos, os provocadores, os incapaces; en fin,

os que perderon a República que o pobo español depositara nas súas mans o día 14 de abril do

1931. Que se cuspan uns a outros, que se rachen a roupa e que fiquen encoiros diante de nós,

dos que non temos ningunha responsabilidade. Eu amo a xustiza, que nunca foi deles, que

sempre foi do pobo. Eu non son responsable da política, nin da guerra, nin do desastre, nin da

deshonra de Hespaña. Que as mans angurentas se axunten e se rabuñen enriba do tesouro. Eu

proclamo a miña independencia de ideaes e de sentimentos patrióticos, porque xa se

cancelaron os convenios políticos que me obrigaban a calar. Declárome neutral nesta guerra

de compadres. Quero esvaer os compromisos íntimos que contraín con Hespaña durante a

guerra. Quero lavarme e curarme. ¡Quero esquecerme —se o logro— do heroísmo do pobo

hespañol, que tantas veces me chegou ao corazón! Non quero máis que unha lembranza e un

anceio: a lembranza e o anceio de Galiza.

Esta segunda parte que agora comezo a escrebir será unha sombra da primeira,

proiectándose cara diante. Repetirei, cicais, as mesmas ideias; pero con outra feitura e outro

siñificado, e repetirei verbas e frases até convertilas en tópicos, porque non estou arrepentido

do que dixen —por algo volvo a decilo—, senón que agora pretendo remachar i endurecer

algunhas afirmacións, e quero formular outras máis novas.

Page 104: Castelao - Sempre en Galiza

II

Cando eu escrebía, a fins do 1937, a teoría de discursos que compón o primeiro libro,

estaba lonxe de sentir os optimismos que a miña pruma deitou nas coartelas. O que nos

agardaba dispois do trunfo das armas republicanos —se os galegos leaes, todos xuntos, non

adoptásemos unha posición de diñidade— ídelo ver neste capiduo co relato dalgúns feitos.

Na sesión de Cortes celebrada en Valencia o día 1° de outono do 1937,

reorganizáronse as Comisións parlamentarias co ánimo de reanudar o traballo e a legalidade

democrática e para que os Diputados deixáramos de ser uns “vagos de eleición popular”.

Tódolos grupos políticos da Cámara nomearon os seus representantes, i eu tomei boa nota

dos que debían integrar a Comisión de Estatutos, e aínda intervín con algunhas minorías para

que desiñasen a diputados autonomistas. Pois ben; cando se dou lectura da nova constitución

dos órgaos parlamentarios ninguén podía decatarse de que se estaba cometendo, naquel intre,

un grave atentado ás arelas lexítimas de Galiza e, por ende, á vontade dos nosos mártires. O

segredario —como sempre— leeu tan baixiño e tan lixeiro que non era doado seguilo, pois

doutro xeito eu erguería unha protesta no acto, con probabilidades de desfacer a maniobra.

Dinme conta dispois, cando recibín o Diario de Sesións e ollei que se suprimira a Comisión

de Estatutos.

Debo decir que a Comisión de Estatutos eisisteu sempre nas Cortes da República,

aínda que non houbese ningún Estatuto presentado, tal como ocurreu antre a promulgación

do Estatuto catalán e a presentación do vasco. Non embargantes, suprimeuse cando estaba

entregado o de Galiza e funcionaba como Presidente da Cámara o señor Martínez Barrio, que

foi quen o recibira das nosas mans o día 15 de xulio de 1936, tres días antes de producirse o

levantamento militar. Este feito resultaría inconcebible tratándose de bulrar a Cataluña ou a

Euscadi, pero a representación de Galiza no Parlamento era escasa, endeble, desvinculada…

Naqueles meses Valencia estoupaba de orgullo hespañoleiro e superaba con moito a

Madrid no afán de combatir os Estatutos e de sentirse a Capital do Estado. O lugar e o intre

eran, pois, cativos para formularmos unha protesta, porque a maoría dos diputados galegos

cancelaran os seus compromisos e algúns non sóio nadaban a favor da corrente senón que

proclamaban a súa inocencia encol dos trámites plebiscitarios que Galiza comprira. Esta é a

verdade, que eu non podo nin debo omitir neste relato, para que se comprenda mellor a miña

situación. Engadirei que a fazaña centralista pasou desapercibida para os diputados, i eu sóio

tiña medo de que os mesmos autores a botasen a rolos; pero ninguén se decatou. Conviña,

pois, calar, en espera de mellor ocasión. E a ocasión presentouse cando o Goberno se

trasladou a Barcelona.

Meditei o meu plan e un día visitei ao señor Martínez Barrio no seu despacho da

Presidencia das Cortes, para perguntarlle por qué fora suprimida a Comisión de Estatutos.

Para comprender que o Presidente das Cortes non o sabía abondará decir que chamou polo

Oficial primeiro do Congreso e que diante de min lle perguntou a qué se debía semellante

anomalía. O Oficial respondeu que a Comisión de Estatutos non era necesaria, posto que non

había ningún Estatuto presentado… Eu adicábame a ouvir, a ver e a calar, porque así conviña

ao meu plan. O señor Martínez Barrio fíxolle saber ao Oficial primeiro que Galiza presentara

o seu Estatuto, i entón o Oficial primeiro replicou que el non tiña por qué sabelo, “porque la

entrada no estaba registrada y porque, además, no se podía dar validez a la presentación del

Estatuto gallego mientras no tomase estado parlamentario, dándole lectura en una sesión de

Page 105: Castelao - Sempre en Galiza

Cortes”. Estas verbas eran as que eu esperaba ouvir…

O Presidente señor Martínez Barrio comprendeu axiña que era indispensable a lectura

oficial e inmediata do Estatuto galego, en previsión de que el fose sustituído na Presidencia

ou desapareceran os documentos que lle foran entregados en nome de Galiza. Era un

compromiso de honor para o señor Martínez Barrio a presentación do noso Estatuto na

próisima sesión de Cortes, e non tivo incomenente en prometer que así se facería. E o señor

Martínez Barrio compreu a súa palabra. A pesares de todo canto pasou dispois.

O señor Martínez Barrio, ao meu rogo, mandou que o Estatuto galego fose levado a

Barcelona, e saíu para Madrid o mesmo Oficial primeiro, quen voltou aos poucos días sen el,

decindo que non o atopara… ¿Perdérase de verdade? Non; eu sabía que non estaba perdido.

Busquei axuda en Emilio González López, e debo proclamar que ninguén ma prestaría con

tanta eficacia naquel intre. Emilio González López saíu para Madrid, e ao cabo dalgúns días

estaba de volta en Barcelona, co Estatuto galego, que xa se daba por perdido…

Non debo publicar os pasos que din, as cooperacións que busquei e as cousas que

ocurriron cando estábamos chegando ao 1 de febreiro do 1938. Sóio vos direi que máis dunha

noite teño invocado a alma de Montero Ríos para que alumease o meu fraco entendimento. O

perigo que corríamos estaba no intre en que se redactase a “orde do día” para a sesión de

Cortes. E temos entendido que o señor Martínez Barrio loitou de firme para comprir o seu

compromiso de honor; pero compreuno.

O Estatuto galego tomou estado parlamentario na memorable sesión de Cortes

celebrada o día 1° de febreiro do 1938 en Montserrat, ante o asombro dos asistentes (Montero

Ríos aconsellárame que non dixese nada a ninguén). Este feito trascendente dáballe a Galiza

unha posición semellante á de Cataluña i Euscadi, aínda que o territorio galego estivese

sometido, como xa estaba, daquela, o territorio vasco. As Cortes da República non podían xa

seguir iñorando a vontade autonomista de Galiza, manifestada nun proiecto que debía pasar a

ensame da Comisión de Estatutos… E velaí o caso anómalo: esa Comisión non eisistía. Ela

fora abolida arbitrariamente por certos estafermos da República.

Cómpre que os bos galegos mediten a prol da súa xenerosidade cando se sintan

atraguidos polas ideias de fusión hespañola, porque sóio nos utilizan. No que aínda me falla

por contar veredes que teño razón para emitir este consello, pois é doado non esquecer o

aldraxe que nos inferiron e sumalo aos que no decorrer dos séculos levamos sofrido.

O Presidente das Cortes invito a tódolos Grupos parlamentarios a que desiñaran

representantes na Comisión de Estatutos, que debía formarse para ensaminar o proiecto que

Galiza presentara, e, así mesmo, redactar o correspondente dictame. Pois ben; tódolos

Grupos da Cámara nomearon os seus representantes, menos un: o do Partido máis forte e

máis gubernamental. Este Grupo negouse a comprimentar a invitación do Presidente,

inventando, dese xeito, unha nova forma de obstrución, descoñecida nas prácticas anteriores

do Parlamento hespañol, que os máis ardidos oposicionistas de calquera situación nunca se

atreveran a utilizar. A maniobra derradeira descobre aos autores de maniobras anteriores e

pon de manifesto a xenreira que certos gobernantes da República sentían e sinten por Galiza;

pero non esqueceremos a leición que nos deron, aínda que algúns galegos carecen de

diñidade para sentila.

Non necesitamos citar ao Grupo que tomou semellante ofensiva contra nós. Abonda

que transcribamos un manifesto que saíu en tódolos xornaes de Barcelona o día 23 de

febreiro do 1938. Velaí vai, sen omitir ningunha verba e sen desfiguralo con tradución ao

galego:

Los socialistas gallegos ante el proyecto de Estatuto.

Page 106: Castelao - Sempre en Galiza

Planteada ante el Parlamento de la República la cuestión del Estatuto de Galicia y

dada la campaña que alrededor de esta cuestión viene desarrollándose, los socialistas

gallegos refugiados en la zona leal acordaron adoptar la actitud que se expresa en la

siguiente nota\par La Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos, atenta a los

problemas espirituales de la región galaica, a la que debe sus más hondas preocupaciones,

proclama el derecho de la misma al reconocimiento de su personalidad jurídica e histórica,

derecho que dimana de la realidad, que halla sus más lisonjeras posibilidades en la

Constitución de la República y obtiene su consagración en los hechos a través de la

tramitación oficial del Estatuto. Registra con satisfacción cómo el reconocimiento de este

derecho está implícito en el manifiesto que el Comité de Enlace de los Partidos Socialista y

Comunista dirige a las organizaciones y militantes de ambos partidos el 17 de agosto de

1937.

Por todo ello espera que cuando la guerra con sus múltiples y delicadísimas

cuestiones de los frentes y de la retaguardia, permita plantear el problema de la autonomía

en un ambiente de serenidad; cuando el conocimiento suficiente del estado real de nuestra

tierra pueda servir de base para la obligada revisión del proyecto del Estatuto; cuando la

marcha de las operaciones militares consienta en hacer cálculos lógicos respecto a la

pronta aplicación práctica de los preceptos estatutarios, todos los gallegos nos sentiremos

animados por el mismo afán y el mismo entusiasmo para establecer en nuestra querida

región el régimen apropiado a su situación, a su capacidad política y a sus anhelos

legítimos.

Mientras llega, pues, el momento oportuno de aplicarnos a la tarea de reconstruir

una Galicia libre sobre las bases espirituales y vitales del carácter auténticamente gallego

que sobrevivan a la terrible tragedia que hoy azota nuestra tierra, mantenemos vivo el

derecho que nadie discute ni niega, sin incurrir en excesos y precipitaciones

contraproducentes de los que tal vez llegará un dia en que nos fuera exigida

responsabilidad.

Los socialistas gallegos, en estos momentos decisivos para las instituciones

republicanas, pensamos que el problema principal a que debemos entregar todo nuestro

fervor es a ayudar al Gobierno de la República a ganar la guerra.

Esta “Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos” era unha entidade —non sei se

autorizada ou simplementes tolerada polo Partido—, con Manoel Cordero á cabeza e

composta de Diputados, Subsegredarios, Directores xeraes e outros importantes elementos

da burocracia e da política. A nota, pois, está redactada por homes ben responsables e naquel

entón ben avencellados co xefe do Goberno. Ben se ve que os socialistas galegos atopáronse

antre dous deberes incompatibles, e para mataren os seus escrúpulos inventaron un pantasma

e puxéronse a discutir con el. A min prodúxome ledicia o que manifestaban a prol das

reivindicacións galegas; pero esto non se compaxina coa disculpa de feitos intolerables, tales

como suprimir a Comisión de Estatutos, iñorar maliciosamente a presentación do noso

Estatuto e tratar de estravialo, coaccionando ao Presidente das Cortes para que o Estatuto

galego non fose leído na sesión de Montserrat, e, por fin, impedindo a constitución do órgao

parlamentario que había de ensaminar o proiecto e redactar o dictame correspondente. Non é

válido decir que nós planteábamos un problema político alleo ás preocupacións do Goberno,

cando, en verdade, eran eles mesmos os que mal gastaban o tempo con maquiavelismos

políticos que nada tiñan que ver coa guerra. Está ben claro que nós sóio queríamos manter

vivo o dereito indiscutible de Galiza, bulrado por maquinacións de tipo caciquil e abusivo;

Page 107: Castelao - Sempre en Galiza

pero, ademais, é ridículo creer que a leitura do Estatuto nas Cortes e a preparación dun

dictame de Comisión parlamentaria fose a debilitar o heroísmo do Exército da República ou a

perturbar os traballos do Goberno para gañarmos a guerra. Estou ben seguro de que arestora

os socialistas galegos —nosos irmáns na door do desterro— sentiranse máis avencellados

que nunca á Terra que todos quixéramos ver redimida, e xa non creerán —dispois do

desastre— que eu incurrín en “escesos e precipitacións contraproducentes”… Gracias a tal

esceso e precipitación xa non se pode iñorar que Galiza presentou ás Cortes da República o

seu Estatuto autonómico, e, polo menos, a Hestoria recollerá este feito.

Aínda me dura o que vin e ouvín na sesión de Montserrat. Algúns diputados que

votaran o Estatuto catalán nas Cortes Constituíntes e o vasco na sesión do 1° de outono do

1936, estoupaban de carraxe cando se leeu o noso. Nas caras do Goberno —agás dos

ministros de Cataluña i Euscadi— estereotipábase o mal humor. Un sonado parlamentario

saíu da sesión coas mans na cabeza, berrando a todo berrar: “¡¡Otro Estatuto!!… ¡¡Otro

Estatuto!!…” Certo diputadiño galego disculpábase, en roda de compañeiros, xurando que el

non tiña culpa… O vello Don Manoel Portela Valladares pasou á miña beira, olloume con

malicia e díxome con agarimo: “Saíulle ben a xogada, ¿eh?”. Eu respondinlle con cara de

risa: “Non fun eu; foi Montero Ríos”. Alí ninguén sabía a verdade máis que Emilio González

López. Ninguén soupo adiviñala máis que Portela Valladares.

Cando voltábamos de Montserrat eu sentíame máis atristurado que nunca. Pensaba en

Bóveda e nos mártires galeguistas. Doíame a incomprensión dos políticos da República.

Cheguei a desconfiar do mesmo pobo hespañol, porque se palpaba a incapacidade de todos e

a xenreira que todos sentían por Galiza. Alí non se albiscaba ningunha posibilidade de

rexeneración, e o porvir embafábase de miseria espritual. Eu non atopaba un sóio Home,

antre tantos homes, capaz de crear unha nova Hespaña. Non tiña máis que unha luz: a que

alcendían os homes que sabían dar a vida por unha causa. Eu somentes agardaba que os

herois vitoriosos viñeran un día a pedirnos contas. E non viñeron…

Page 108: Castelao - Sempre en Galiza

III

Sabíamos que a República do 14 de abril morrera o 18 de xulio e que o pobo español

non estaba loitando pola Constitución do 1931. Agoirábamos que dispois de gañar a guerra

podíamos perdela, por non sabermos adeministrar a paz. O medo a malvar o esforzo do pobo

proviña da manifesta incapacidade dos homes da República. Sabíamos o que querían os

feixistas e cál sería o réxime que nos imporían; pero non era doado saber o que nós queríamos

e cál sería o réxime que lles imporíamos a eles. Non se consentía máis que unha cousa:

defendernos i evitar a vitoria do feixismo en Hespaña. Non se consentía penetrar no

“segredo”, porque había moitos “segredos”; tantos como grupos ideolóxicos; tantos como

ministros…

E deste xeito ficábamos espostos a unha invasión de ideias alleas. A intransixencia, a

intolerancia, a crueldade e o fanatismo avanzaban no noso campo máis que os exércitos

nemigos. O pobo seguía morrendo por unha causa que os seus dirixentes non sabían

formular. Os herois populares coidaban que dispois da vitoria non se podería rexir a cousa

pública sen contar co seu consentimento. Algúns estadistas preparaban forzas de retagarda

para impor, no remate da loita, unha ditadura de partido.

No decorrer da guerra cada ano era un século, e por esto as ideias dun día necesitaban

aclaracións ou rectificacións ao día siguente. Queríamos saber por qué loitábamos e cómo

debíamos chamarnos. “¡Basta con ser antifascistas!”, berraban con ar impoñente os homes de

partido. “¡Lo primeiro es ganar la guerra!”, decían os “previsores do porvir” (do porvir do

seu partido). No entanto as balas do nemigo transportaban ideias totalitarias ao campo leal. A

visión do futuro embafábase máis cada día. O porvir estaba encomendado a unha segunda

guerra civil antre nós mesmos, dispois do trunfo. Lémbrome que unha vez arrisqueime a falar

das miñas inquedanzas cun eisaltado que rexentaba unha Subsegredaría de Guerra, e cando

lle dixen que a República podería salvarse co réxime federal, alporizouse de tal xeito que

metía medo detrás da mesa (a trincheira que defendían moitos bravos non era máis que unha

mesa). “¡En cuanto termine la guerra o vosotros acabáis con nosotros o nosotros acabaremos

con vosotros!” E aquel home falaba así porque sabía que eu era galeguista, e desafiábame en

nome do seu partido…

A sobrevivencia do sistema unitario e centralista era o afán patriótico dos homes máis

siñificados da República. Ninguén se lembraba de que Cataluña se salvara do

pronunciamento militar porque as forzas do Orden público dependían da Xeneralidade.

Ninguén se lembraba de que os nacionalistas vascos salvaran o seu territorio. Ninguén quería

decatarse de que os países autónomos eran incompatibles coa ideia totalitarista. Cando se

perdeu Málaga, poño por caso, todos buscaban disculpas e irresponsabilidades; pero cando se

perdeu Bilbao —dispois dunha asombrosa resistencia— sentíronse indiñados ao esterior e

satisfeitos por dentro, esteriorizando a súa impresión con estas verbas: “¡Fracasaron los

Estatutos!” E cando xurdeu o puch de maio en Barcelona —reprimido esclusivamente polas

forzas da Xeneralidade— decían os bravos homes da retagarda política: “¡Hay que fusilar a

Companys! ¡Hay que anular los Estatutos!” A xenreira contra Cataluña i Euscadi rillábase no

ambiente cortesán de Valencia. Era entón cando se sinteu por primeira vez a emoción que

producen as seis letras da verba ESPAÑA… A carraxe dos homes de secano alporizouse máis

ao comprobaren que Barcelona era mellor cibdade que Madrid…

Foi neste treito da guerra cando nós, os galegos de tódolos partidos, comezamos a

Page 109: Castelao - Sempre en Galiza

entendernos e a organizarnos. Publicábanse na zona leal varios periódicos galegos: Nova

Galiza, Nueva Galicia, Galicia Libre, El Socialista Gallego. Os meus álbums de guerra

—Galicia mártir e Atila en Galicia— corrían de man en man. As nosas emisoras de radio, en

Madrid e Cartaxena, espallaban un franco e decidido galeguismo. Os galegos marxistas xa

cantaban a “internacional' con letra galega. A personalidade de Galiza xurdeu potente, pola

vontade dos galegos leaes; e os políticos de secano non gostaban, claro está, das nosas

manifestacións. O comisario do Batallón galego, dispois dunha heroica acción en Brunete,

mandoulle ao Goberno este parte: “Nos hemos acercado quinientos metros a Galicia”. I esta

manifestación de galeguismo non agradou… O caso foi que tanto nos frentes como na

retagarda, e así no mar como en terra, o noso acento sobresaía como precursor de vida segura

e independente. Todo esto, e algo máis que non conto, creou un estado de prevención contra

nós. O feito estraordinario de non eisistir ningún ministro galego nos varios Gobernos que se

formaron durante a guerra, pode atribuírse a esa prevención —cicais inconscente—; pero eu

digo que os políticos que se lembraron do noso Estatuto e quixeron inutilizalo non obraban

inconscentemente: obraban en virtude dos principios que querían impor a toda Hespaña

dispois do trunfo, i especialmente ás tres nacionalidades asoballadas, pero reclamantes.

Así, nós chegamos a temer tanto a vitoria como a derrota, sen cancelar endexamais os

deberes que a República nos impoñía. Cómpre decir que o Goberno de Negrín pareceunos

algo máis comprensivo.

A sonada declaración dos trece puntos, que o Goberno ceibou o día 30 de abril do

1938, non foi acollida en serio, e as gargalladas da xente furaron as fronteiras. ¿Que valor

podían ter para nós aquelas verbas de Negrín, que o pobo non acreditou, e que se tomaron

como acto de propaganda para o esterior? Con todo é ben transcrebir o 5° punto: “Respeto de

las libertades regionales, sin menoscabo de la unidad española; protección y fomento del

desarrollo de la personalidad y particularidad de los distintos pueblos que integran España,

como la imponen un derecho y un hecho histórico que lejos de significar una disgregación de

la nación, constituyen la mejor soldadura entre los elementos que la integran”. Dispois das

probas que Cataluña i Euscadi deran a prol da República resultaba inconcebible que o

Goberno condicionara o dereito das rexións para garantizar, ao mesmo tempo, a unidade

hespañola; pero así tranquilizábase aos centralistas. Tamén era inconcebible que se

conservase un léisico vello —o da Constitución en agonía— habendo tantos ministros que

comprendían o problema das nacionalidades; pero así tranquilizábase aos que creen que

Cataluña, Euscadi e Galiza son rexións da nación castelán, sóio aptas para exerceren unha

delegación do Poder central en calidade de axentes subalternos. Pero eu digo que o que máis

tranquilizou aos centralistas e aos intransixentes foi o creeren que aquelas declaracións eran

insinceiras.

A mesma declaración do Dr. Negrín decía no 4° punto que “la estruturación jurídica y

social de la República será obra de la voluntad nacional, libremente expresada mediante un

plebiscito que tendrá lugar tan pronto termine la lucha…” Con este aviso proclamábase o fin

da Constitución vixente e anunciábase un plebiscito que podería anular as garantías

autonomistas que se proclaman no 5° punto. O Goberno chamado de “Unión Nacional”, que

contaba coa fiúza dos Partidos e das Sindicaes, non sabía por qué o pobo colleu

voluntariamente as armas, e por eso non atopou a fórmula xurídica e social da revolución en

marcha. Era mellor encomendala a un plebiscito; mais para eso abondaba o 4° punto e

sobraban os doce restantes.

Era evidente que os gobernantes da República non se decataban do erro cometido

cando se opuxeron á estruturación federal do Estado, e a cada paso piaban pola “España

Page 110: Castelao - Sempre en Galiza

única e indivisible”, identificándose cos nacionalistas da banda de alá no que se refire ás

autonomías rexionaes. Estaban arrepentidos das súas pasadas compracencias co catalanismo

e non se cansaban de decir que fora este o principal motivo da guerra civil. Os máis parvos

calificábanse a si mesmos de imprudentes por trocaren de bandeira, pensando que cicais

baixo a bandeira “gualda y roja” os cregos, os militares e os terratenentes iban a sentirse

satisfeitos… ¿Que sairía do plebiscito anunciado polo Dr. Negrín se a opinión española

estivese dirixida e controlada polos gobernantes da República?

Quedábanos a espranza de que se respeitasen as autonomías concedidas, sóio pola

importancia que teñen en Hespaña os feitos consumados; pero ¿cal sería o porvir do Estatuto

galego dispois do trunfo? Non tiñamos motivos para ser optimistas e confiados.

Os políticos de secano non concebían o atrevimento de Galiza. Certo que os galegos

compríramos estritamente os trámites constitucionaes; mais eso non abondaba para reclamar

un Estatuto autonómico. Ese atrevimento sóio se concibe en vascos e cataláns, que sempre

foron separatistas. Ese dereito sóio é concebible dispois de conquerir o odio dos hespañoes

¡Galiza era tan mansiña!… Lémbrome que na primaveira do 1937 correu por Valencia unha

nova sen fundamento. Decíase que non atraparíamos aos militares traidores porque pensaban

proclamar a independencia de Galiza, uníndose a Portugal. Un periodista inglés tratou deste

asunto co Presidente do Consello de Ministros, e velaí o que contestou: “la reacción del

Gobierno ante inverosímiles movimientos separatistas en Galicia…, alentados por los

rebeldes, es una pregunta inoperante, que carece de realidad posible. El sentimiento español

de esta región es tan manifiesto que la cuestión resulta ociosa para quienes conozcan a fondo

el espíritu del país”. Se os dous bandos en guerra trocaran de campo e correra unha aloia

semellante a prol de Cataluña ou Euscadi, ¿reaccionaría o Goberno con tanta seguridade?

Cito esta anécdota porque demostra o concepto que inspiraba Galiza a través dos

representantes galegos, que sempre se someteron á disciprina dos partidos nacionaes para

faceren carreira en Madrid e mandaren dende as outuras. Os gobernantes de Hespaña

—monárquicos ou republicanos— endexamais tiveron tratos co pobo galego, e por oídas

xuzgaban inconcebible un movimento separatista en Galiza. E porque nós aparecíamos

mansiñamente e os gobernantes pretendían coñecernos a través dos representantes en Cortes,

era fatal a desvalorización das nosas demandas. Non se podía creer que Galiza reclamara un

Estatuto autonómico. ¡Non faltaba máis que tamén os galegos quixeran falar a súa língoa,

pretenderan rexirse por leis proprias e reclamaran respeto para a súa personalidade!…

Euscadi e Cataluña fixéranse antipáticas e, polo tanto, tiñan dereito ao respeito dos

gobernantes; pero Galiza era simpática. Certo que en Galiza había catro ou cinco separatistas,

como eu; pero nós non representábamos ren. E para os políticos da República o representante

xenuíno de Galiza era Casares Quiroga…

Eu dígovos que os galegos sóio impoñeremos respeito cando se nos considere

capaces de tronzar os vencellos que nos xunguen a Hespaña e cando nós mesmos

deprendamos a vivir con absoluta independencia dos hespañoes. Eu dígovos que os

republicanos vitoriosos intentarían, dispois da guerra, negarnos o Estatuto autonómico, e

teríamos que loitar duro para conquerilo. E teño moitas razóns para esta sospeita, fundadas,

todas elas, no coñecimento dos homes da República e na súa teima unitaria e centralista. E

conste que tal convicción non me causa ningún pracer, porque somentes ante un separador

me podo eu sentir separatista.

Page 111: Castelao - Sempre en Galiza

IV

Lémbrome dos escándalos que armaban os periódicos de Madrid cando en Barcelona

mallaban aos que interrumpían os actos catalanistas con vivas a Hespaña. Nas mesmas

Cortes da República se denunciou a vascos e cataláns por non consentiren esas interrupcións

patrióticas. Parecía evidente o separatismo dos vascos e cataláns; pero todos sabían que

aqueles vivas a Hespaña querían decir “¡Morra Cataluña!” e “¡Morra Euscadi!”. E secomasí

o escándalo ía dende o estremo roxo ao estremo branco. O día 25 de xulio do 1935 estábamos

celebrando o “mitin das arengas” na Quintana de Santiago, e un patriota berrou: “¡¡Viva

España!!”. Axiña xurdiron do público uns mozos separatistas e mallaron no interruptor

patriota. Eu din por ben empregado aquel castigo; pero non o atribuín a unha eisaltación

galeguista senón a unha eisaltación xusticeira. Non tardei en ver en Madrid cómo varios

mozos mallaban nun patriota por berrar ¡Viva España! Claro está que estes mozos non eran

separatistas madrileños, nemigos da unidade hespañola; eran uns esquerdistas que sabían o

siñificado daquel arrouto patriótico. Entón o ¡Viva España! quería decir ¡Muera la

República! e os mozos esquerdistas non mallaban polo que se decía, senón polo que se quería

decir con indiñante hipocresía. Todos lembramos, así mesmo, que o ¡Arriba España! xa non

era diño dunha simple malleira; merecía un tiro no corazón, porque esta caste de patriotas

usaban pistola. ¿Quer decir todo esto que os que mallaban en Madrid aos patriotas chegaran

a comprender aos que mallaban en Barcelona e Bilbao? Non; estes mesmos mozos, ou outros

da mesma procedencia, serían capaces de berrar ¡Viva España! nos actos de Barcelona,

Bilbao e Santiago. “Acción Popular” non tiña dereito a chamarlles antiespañas aos mozos

esquerdistas, nin ten dereito “Falange Española” a creer que os mozos de Madrid non sentían

a “España única e indivisible”.

A paixón política creara tal confusionismo na mente dos hespañoes que Azaña

chegou a ser o símbolo da antipatria, cando en verdade é un ardido patriota, máis

hespañolista que Gil Robles, porque os elementos de dereita sóio conciben unha patria

artificial, posta ao servizo dos seus intreses, antramentras que Azaña non ve máis realidade

que as seis letras da verba España. Os reaccionarios parapetábanse no concepto uniformista

das Cortes de Cádiz e facían creer ás xentes que o Estatuto de Cataluña siñificaba unha

desmembración da patria, sen que os partidos democráticos e as organizacións proletarias

contrarrestaran coa mesma enerxía i estensión os efeitos desta propaganda. No fondo da

polémica había unha subversión de sentimentos. Os reaccionarios poñían na propaganda

patrioteira unha fogaxe que sóio procedía dos móbiles que ocultaban —móbiles económicos

e de caste—, e os republicanos combatían directamente os egoísmos materialistas do outro

bando, sen azos para contrarrestaren a campaña patrioteira, porque no fondo estaban

concordes con eles na ideia unitaria e centralista.

Os reaccionarios pretendían ser os representantes da Hespaña tradicional, i, en

verdade, defendían o derradeiro século da Hestoria, o menos tradicioal de todos, o que

somentes rexistra desbaraxustes políticos e desastres guerreiros, pronunciamentos e golpes

de Estado, guerras civíes e barricadas, destronamentos e restauracións, intrigas de salón e de

sancristía, remate do poder colonial e arredamento do mundo, etc., etc. Parecían seguir a

camisa suxa de Isabel I a Católica e ían detrás da camisa perfumada de Isabel II a Castiza.

Podíaselles perdoar que non comprenderan o problema das nacionalidades; pero defender o

réxime provincialista e oporse á restauración das liberdades rexionaes é cousa que asombra

Page 112: Castelao - Sempre en Galiza

nos que se din testamentarios da Raíña Católica. Non se concibe que os hespañolistas

defendan unha Hespaña vestida cun traxe francés non feito á medida.

Os republicanos vivían ensumidos no liberalismo do século dezanove, e sóio por esto

respetaron o feito catalán, non atendendo aos antecedentes hestóricos de Cataluña senón á

vontade dos seus habitantes de hoxe, e para esvaeren escrúpulos —que tamén eran medos—

eisixiron o plebiscito como única proba de capacidade, pois para eles non había outros

principios que os da Escola filosófica.

Os republicanos eran anticlericaes, e, por este sentimento negativo consideraban aos

vascos como nemigos da democracia, incapaces de sentiren a República, e, polo tanto,

indiños do dereito á liberdade que reclamaban. ¡Quen lles había de decir que un católico

vasco resultaría máis progresista que un laborista inglés!…

Os republicanos estimaban o Progreso industrial como a mellor manifestación de

capacidade, inclusive política, e sendo Galiza un país sen chemineias endexamais podería

vencer a proba do plebiscito. ¡Quen lles había de decir que os galegos presentarían ás Cortes

da República un Estatuto plebiscitado!…

Os republicanos, en fin, eran parlamentaristas, e frente ao problema das autonomías

procederon igual que os republicanos da primeira República frente a Pi i Margall. Resulta

claro que, agás da transixencia dos políticos republicanos a prol do “feito diferencial” de

Cataluña, que os obrigou a outras transixencias, eles representaban mellor que ninguén á

Hespaña única e indivisible.

Ollando ben ao que eran uns e outros, chegamos á conclusión de que, fóra dos

cataláns, vascos e galegos, ninguén poderá comprender en Hespaña o problema das

nacionalidades.

Cando se fala da “nación hespañola” querse decir “nación castelán”, como se chama

“hespañol” a língoa de Castela, sen repararen que hai outros idiomas en Hespaña. Por eso

algúns políticos fican asombrados ao albiscaren o “desbaraxuste da nación”, e non atopan

maneira de remedialo, porque non se atreven a pensar que en Hespaña hai varias nacións e

que, por ende, convén unha división da soberanía hespañola. Os máis intelixentes entréganse

ao pesimismo e chegan a pensar que a única maneira de soster calquera réxime en Hespaña é

a que, dispois da pasada restauración monárquica, estableceron os liberaes e conservadores,

para turnaren pacificamente no poder. Aceptan un pacto segredo de caciques, para

corromperen as prácticas da democracia e inutilizaren a soberanía popular; pero endexamais

cavilan que o único sistema de convenios en que se pode basar a paz permanente de Hespaña

estea no réxime federal; é decir, no pacto das nacionalidades hispanas e na autonomía das

súas rexións. A cada paso descobren que non hai “unidade nacional”, nin ideal común, nin

interés colectivo, nin patriotismo hespañol; e chegan á conclusión de que Hespaña é un país

ingobernable. Confesan o seu desalento para coutar o desbaraxuste de Hespaña e declaran

que a Lei é impotente para arrasar os abruptos accidentes do país frente á anarquía reinante;

pero endexamais caen na conta de que o seu fracaso, e o da Lei, provén do sistema unitario e

centralista, é decir, da Lei uniforme. Os gobernantes patriotas —casteláns da dereita ou da

esquerda, castelanizados de calisquera rexión— asómbranse de que en Hespaña non se poida

gobernar con normas únicas, como se Hespaña tivera sido algunha vez unha unidade étnica,

idiomática, cultural, económica ou política. Eles non atopan solución viable, aínda que

debanen os miolos, para resolver os problemas contrapostos de Hespaña, e no remate da súa

vida, ou do séu goberno, decláranse superiores ao país. Nin Azaña, que defendeu nas Cortes

da República o Estatuto catalán, pode comprender o fracaso do centralismo. Se Azaña

quixera baixar até as realidades vivas de Hespaña, o seu recente libro a velada en Benicarló,

Page 113: Castelao - Sempre en Galiza

non o deixaría indeciso, temeroso e desconcertado. As ideias de Azaña, convertidas en

persoaxes de novela, declaran que fai máis de cen anos que Hespaña busca un asentamento

firme e que a guerra civil, que el presideu no noso bando, é un episodio grandioso do

desbaraxuste que se iniciou no século derradeiro. E necesario ser patriota para decir, con

Silvela, que Hespaña non ten pulso, ou sospeitar, con Azaña, que o clima español non é

favorable á sabiduría política. Cómpre estar cegos para non veren que unha Hespaña única,

sen liberdades rexionaes, xa non é a Hespaña dos grandes feitos. E esta cegueira padecérona

os políticos da República, no mesmo grado que a padeceron os da monarquía.

O que eles chaman “desbaraxuste” non é outra cousa que a “variedade nacional”, mal

amarrada polo arrificio unitario; e que, para desaparecer como causa de perturbación, sóio

reclama variedade lexislativa, é decir, liberdade. Nós diríamos que é necesario organizar o

“desbaraxuste”, a non ser que se prefira unha ditadura permanente, é decir, o amarre brutal da

“variedade”. Non esquezamos que o sistema totalitario vén sendo —quéirano ou non os

demócratas hespañoes— a forma acabada e perfeita do centralismo.

Para que se vexa que os cataláns, vascos e galegos non soñamos con utopías, e que os

utopistas son, decote, os que nos negan o dereito a soñar, vou traducir do inglés un treito de

artigo periodístico. Trátase dun comentario que saíu no Sunday Times de Londres, o día 6 de

novembro do 1938. O autor é ren menos que Scrutator, o comentarista político de máis creto

en Inglaterra e que pasaba por ser o portavoz de Mr. Chamberlain. Velo aí:

“Hai outro argumento en favor dunha paz por mediación, o cal é decote desprezado, a

pesares da punxente importancia que ten para Hespaña. Sen unha amistade antre as catro

grandes potencias de Europa a non intervención, por completa que fose, non serviría para

esvaer os sofrimentos de Hespaña. Sóio podería formar un cordón ao redor dese país, para

que o lume non se propagase aos arredores, i esto siñificaría que o lume tería de seguir aceso

até que as chamas consumiran todo canto hai alí. Pero se as catro potencias chegaran a un

convenio de paz e amistade antre si, esta oportunidade para mediar en Hespaña produciría un

éisito inmediato e sorprendente.”

“Ninguén dubida de que sóio eisiste unha solución para chegar á paz permanente en

Hespaña i é establecendo alí un réxime federal. Hai catro Hespañas: o País Vasco, Galiza,

Cataluña e o resto. Mais todos saben, tamén, que nin Franco nin Madrid chegarían, por

propria vontade, a establecer semellante plan de federación. Os vascos e cataláns deséxano, e

ambos a dous contan con riquezas e recursos de abondo para que as tornas se volvesen ao seu

favor, se as catro potencias estivesen de acordo. E non hai razón ningunha para que non o

estean.”

Non vou comentar o fondo político deste artigo, do que sóio escolmei un pequeno

treito; mais eu quero pór de vulto algunhas consideracións que reforzan a tesis que sosteño

neste capiduo: 1° Un estranxeiro non é pesimista cando trata de buscar remedio ao

desbaraxuste de Hespaña. 2° Un estranxeiro ve que a paz interior e permanente de Hespaña

sóio se logra co réxime federal. 3° Para un estranxeiro hai catro Hespañas: Castela, Cataluña,

Euscadi e Galiza. 4° Para un estranxeiro é indiscutible que os gobernantes hespañoes

—dende Azaña a Franco— endexamais establecerían voluntariamente o réxime federal.

Non é que un estranxeiro vexa mellor as realidades de Hespaña; é que un estranxeiro

non ten os prexuízos patrióticos, simplementes casteláns, que teñen os gobernantes

hespañoes.

Quen andivo polas tripas da segunda República e sabe como pensan os que a rexían,

ten de relembrar aquelas verbas de Pi i Margall: “Tódolos republicanos din que a aceptan

(refírese á autonomía das rexións); pero dino… e non o sinten. Decote os que máis perto

Page 114: Castelao - Sempre en Galiza

parecen estar de nós, limítana de tal maneira que é o mesmo que se a negaran.”

Resulta evidente que os patriotas do Estado unitario, sexan da dereita ou da esquerda,

están conformes no afán de soster o despotismo castelán; e non valía a pena de que se

aldraxasen antre si. Abondaba con que uns e outros nos aldraxasen a nós, aos separatistas da

Hespaña única e indivisible.

Page 115: Castelao - Sempre en Galiza

V

Acabamos de ver cómo predomiñan na política española os homes incapaces de

devolveren a Hespaña o seu ser natural e tradicional. Insistiremos aínda sobor desta

incapacidade, que non provén da incompetencia senón da intransixencia e do afán de mando.

Dendes que se implantou en Hespaña o sistema unitario de tipo francés, non houbo

Lei fundamental que non provocase discordias. As Constitucións —tanto as que partían do

dereito divino como as basadas na soberanía popular— eran, como se dixéramos, gramáticas

dunha língoa que non se falou nunca, e por eso ningunha delas se compreu con rigor. E non se

diga que en Hespaña non se ensaiaron Constitucións a barullo, porque é o país que coñeceu

máis en tan pouco tempo; pero todas foron artificiosas e contrarias á realidade natural de

Hespaña, i en ningunha delas se sinteu a gosto a sociedade española: a de Baiona, do 1805,

bonapartista e absolutista; a de Cádiz, do 1812, inzada de ideias importadas; a de 1845,

reaccionaria e centralista ao xeito francés; a de 1876, que reforzou a teima uniformadora dos

Borbóns; a republicana do 1931, filla das modernísimas de Weimar, Checoeslovaquia e

Polonia, todas elas desaparecidas como a nosa e asesinadas pola mesma man. Sóio na

Constitución da República federal do 1873 se intentaba dividir a soberanía do Estado

hespañol; pero non chegou a votarse, nin a discutirse. E aínda cómpre apuntar que se

produxeron varios movimentos políticos nos que se baraxaban novas Constitucións —todas

do mesmo estilo—, tales como aquela de que nos vimos ameazados o ano 1928.

A sociedade hespañola buscaba un asentamento firme para vivir en paz; pero a grea

de políticos sóio tiña a ilusión de aclimatar en Hespaña o sistema francés. Tamén buscaban a

paz; pero a condición de manter intanxible o sistema de mandos concentrados en Madrid.

Cando fracasaba unha Lei única inventábase outra Lei única, e así seguía o desbaraxuste

unitario e centralista. A ilusión lexislativa dos gobernantes, para sosteren o Estado “único e

indivisible”, e a ilusión do pobo español diante de cada novo proiecto da Constitución, sóio

se esplica con aquel refrán galego —o máis pesimista de todos—: “Mentras o pau vai e vén

folgan as costas”.

Os varios esperimentos lexislativos —todos eles fracasados e provocadores de

inquedanzas, motíns e guerras civíes— demostran que o que cómpre variar non son as

Constitucións senón a forma do Estado. E non lle deamos voltas á cousa: para rexir unha

Hespaña única resulta máis lóxico establecer unha ditadura personal que unha democracia

parlamentaria. E aínda diremos máis: teñen mellor xustificación os que aferrollan o

pensamento dos homes e as liberdades públicas que os gobernantes ilusos que consinten o

desbaraxuste e provocan a guerra civil, para perdela. Non hai dúbida que uns e outros

impiden o rexurdimento de Hespaña e que ambos a dous, como patriotas, merecen menos

respeito que os chamados tradicionalistas, porque aínda que estes intentan retrotraernos a

tempos abolidos, sempre serían tempos hespañoes. Non hai outro modo de asegurar a

democracia en Hespaña que dividindo a soberanía do Estado baixo do sistema federalista.

Certo que eisistiron gobernantes con tendencias descentralizadoras, políticos que

querían compaxinar o centralismo coa descentralización, e facer da democracia unha

tapadeira. Abonda citar a Canalejas, Romanones e Maura. Tamén é certo que os políticos da

República abriron na Constitución do 1931 as posibilidades de chegar a un novo Estado; pero

non se aventuraron a establecelo no período constituínte, nin tiñan a vontade de que se

establecese. Abonde decir que a República e a Constitución morreron antes de crear as súas

Page 116: Castelao - Sempre en Galiza

defensas, e por non crealas. ¿Ou é doado creer que con Cataluña, Euscadi e Galiza autónomas

fose posible a guerra civil? Nós estamos seguros de que nin tan siquera xurdirían as causas

que a produxeron; pero se a nosa crenza fose endeble podémola reforzar con verbas de Pi i

Margall, que veñen a xeito e dende moi lonxe: “Aspiramos a formar poderosas entidades

políticas (refírese aos Estados da Federación española), capaces de oporen invencibles

obstáculos aos pensamentos de ditadura ou de tiranía que poidan xurdir dentro da

República”.

A crenza de que as autonomías salvarían a República está avalada, inclusive, con

verbas do proprio señor Azaña. Na mañán do 17 de xulio do 1936 —horas antes de saberse o

levantamento militar— foron recibidos en audiencia, polo señor Azaña, cantos persoeiros

compoñían a Comisión galega que levou a Madrid o noso Estatuto. Eu fun o encarregado de

falar en nome de todos. Lémbrome que lle dixen: “Estamos bien seguros, y nos atrevemos a

decirlo, que el día que S. E. firme nuestro Estatuto autonómico se habrá creado un nuevo

baluarte de la República”. E o señor Azaña, Presidente da República, asinteu con estas

verbas: “Tengo fe en el resultado de las autonomías regionales y cada vez estoy más

convencido de que las regiones autónomas serán los mejores baluartes de la democracia

republicana”. ¡Tarde piache! O señor Azaña está no desterro e non tivo tempo de firmar o

Estatuto galego. Hoxe en Hespaña manda Franco.

Algunhas veces os valedores da polírica hespañola descubrían o fracaso do

centralismo; pero non tiñan azos para contrariar o ambente que os rodeaba e axeitábanse á

cegueira dos seus partidarios.

O máis punxente do caso é que a Lei fundamental sóio se inventa para meter medo a

unha parte do país —aos vencidos na derradeira contenda, que serán vencedores na

próisima—; pero esta Lei, ditada pola intransixencia, non pasa de ser letra morta dendes do

seu nascimento. ¿Acaso funcionou algunha vez a Constitución liberal e democrática da nosa

República? Non, por certo; ela foi somentes un espantallo provocador para os reaccionarios e

un trasto inservible para os republicanos. Chegou a ser vella por falla de uso, e así o Goberno

lexítimo ofreceu aos da outra banda, no balbordo da guerra civil, un troque de normas

xurídicas e sociaes, a gosto do pobo… Ameazábannos, pois, con outra Constitución, que, de

ser a meda ideolóxica dos dous bandos, forzosamente resultaría menos autonomista que a do

1931. Co trunfo de Franco xa non é necesaria ningunha Lei, e deste xeito asegúrase, por unha

tempada, a “sagra unidade da patria”…

Dá mágoa ver como a capacidade heroica dos hespañoes se malgasta loitando por

unha democracia unitarista, cando non pode eisistir ningunha Constitución viable para este

fin. ¿Para que tanto barullo democrático?… Gil Robles pudo gobernar coa Constitución do

31 e facer con ela os mesmos miragres que fixeron os esquerdistas. ¿Ou é que nos casos de

apuro non se poden votar Leis contrarias á Constitución? ¡Con tal de que se chamen

provisionaes e de defensa da República!… As Leis provisionaes e de escepción son as máis

necesarias e permanentes, porque non se ditan en virtude dos principios político filosóficos

que profesan os lexisladores, senón en virtude de certos feitos ou realidades que pasaron

desapercibidos e que sempre xurden en Hespafia co único obxeto de sorprender aos

gobernantes… Estas Leis non previstas polo Código fundamental e contrarias ao esprito que

o inspirou, son as únicas que funcionan permanentemente en Hespaña, porque tamén son

permanentes os feitos que as orixinan. O desbaraxuste perdurable en que vive o país

complétase co desbaraxuste perdurable en que vive a Lei. Podemos decir, en resume, que a

Hespaña castelanizada, en funcións hexemónicas, vai tirando a forza de normas,

procedimentos e maniobras antidemocráticas e antiliberaes. E sóio de vez en cando aparece

Page 117: Castelao - Sempre en Galiza

unha afirmación inequívoca do esprito centralista baixo a forma de ditadura.

Xa vai sendo hora de que os hespañoes demócratas afoguen os seus sentimentos

centralistas e unitarios, porque endexamais se poderá asentar en Hespaña un réxime

democrático sen unha previa estruturación federal do Estado. ¡Abonda de esperimentos

perigosos, que sempre nos empurran á tiranía! “O centralismo é un carro con rodas

desigoaes” —así decía Pi i Margall— no que é imposible viaxar sen perigo de morte. Por mil

razóns, que xa se dixeron mil veces, e por outras que nos ensinou o fracaso da derradeira

República, temos de confesar que nós xá non podemos avencellarnos a valedores políticos

que non comprendan o erro que cometeron e non teñan o gallo de proclamalo. E non falamos

como galeguistas; falamos como hespañoes.

Estou vendo que alguén me vai perguntar por qué o desbaraxuste hespañol —causa

indubidable do fracaso da democracia— non pode seguir avante dentro dunha República

federal. “¿Quen che dixo a ti que hai un remedio para calmar a fogaxe ibérica e producir unha

paz asentada en convenios e tolerancias?” Eu respondería sen recurrir aos tópicos

pimargalianos e sen citar, tan siquera, o exemplo vivo que nos oferecen os pobos federados, e

dando como feito que o carácter hespañol é único no mundo: “Porque así tódolos hespañoes

se sentirían amparados pola Lei”.

Coa división da soberanía cada país autónomo resolvería os seus problemas

peculiares, tanto no terreo da política coma no da economía e no do dereito, e así os conflitos

limitaríanse ao territorio en que se produxesen, e somentes por solidaridade —condición que

non se emparella co desbaraxuste— alteraría a vida dos pobos non afectados. O desorde,

pois, non sería totalitario, i en todo caso a carraxe da maoría, ou da minoría insurrecta,

dirixiríase contra dos Gobernos autónomos e non contra o Poder federal, salvándose así o

prestixio da República. O problema pavoroso dos latifundios, co seu engadido de inxustiza

social —causa importantísima da insurrección— limitaríase a Estremadura, Andalucía e

parte de Castela, e apencaría con el o poder ou poderes autónomos encarregados de resolvelo.

Non é dificultoso comprender cómo a Lei única que pretenda realizar unha revolución dende

arriba, provoca tamén a unión de tódolos varios intreses feridos, e fortalece, polo tanto, a

propaganda dos reaccionarios para sementaren o desbaraxuste e sublevaren ás greas

acomodadas e conservadoras de toda Hespaña; pero as Leis que se ditasen abaixo, por homes

do país e tocando aos problemas, estarían, na maoría dos casos, consagradas pola opinión

intresada da maoría; e a carraxe dos perxudicados ficaría enquistada e dirixida somentes

contra o poder autónomo, coa mesma obsesión que se observa nos municipios contra dos

concellaes renovadores. ¿Pode creerse que o desbaraxuste que nos levou á guerra civil non

teña o seu orixe nas reformas económico-sociaes da República e que sóio se produxese por

motivos patrióticos e relixiosos? Non.

Non nego que eisistiron factores sentimentaes; pero de ningún modo decisivos. Con

todo, é forzoso recoñecer que se alporizaron os odios —vellos e resesos— contra Cataluña e

os primeiros gobernantes da República, porque o Estatuto catalán aparecía como un

privilexio irritante, concedido por medo á rexión separatista. Os políticos da esquerda non

quixeron constituír unha República federal e declarárona federable, para que o Estado non

ficase definitivamente constituído sobor de bases de igualdade. Velaí o erro. Certo que fóra

de Cataluña, Euscadi e Galiza, non eisiste unha disposición de ánimo favorable á ideia

federal; pero todos saben que unha federación é o contrario do separatismo, e que este

sistema nin sería novo nin esclusivo de Hespaña, pois está implantado e consolidado en dúas

terceiras partes do mundo. En canto á cuestión relixiosa, ben sabido é que non se sinte coa

mesma intensidade en toda Hespaña, e velaí temos ao País Vasco, que, sendo a terra de máis

Page 118: Castelao - Sempre en Galiza

firmes convicións relixiosas, defendeu a República coas armas na man e loitou a morte cos

proprios católicos de Navarra, seus irmáns de raza e de nación. Esto proba de abondo que os

sentimentos relixiosos e clericaes non decidiron a insurrección. En resume, diremos que os

terratenentes, os cregos e os militares —responsables da guerra civil—, ficarían impotentes

dentro dunha República dividida en compartimentos estancos.

Todo esto, e outras cousas máis que iremos decindo xustifican a nosa crenza de que o

asesinato da democracia en Hespaña sóio se fixo posible polo desamparo en que a deixaron

os seus valedores.

Page 119: Castelao - Sempre en Galiza

VI

Podemos esplicarnos o medo do Goberno provisional da nosa República ao lembrarse

do anarquismo cantonal que matou a República do 73. Cicais se lembrasen tamén do

arrepentimento de Castelar, que, dispois de ser o primeiro firmante do proiecto de

Constitución federal, declarou que esta ideia fora queimada en Cartaxena. O receio dos

gobernantes e políticos republicanos para estableceren unha República federal pode ter o seu

orixe nas tristes esperencias do primeiro ensaio; mais dende o ano 1873 chovera moito e as

ideias mudaran de cariz. Xa non se podía pensar nunha Federación hespañola co simple

obxeto de debilitar ao Estado, senón co firme propósito de fortalecelo, e, por ende, non era

preciso consultar a Montesquieu, nin a Proudhon, nin, se se quer, a Pi i Margall, senón ás

realidades vivas de Hespaña e ás derradeiras esperencias do sistema. Se o Goberno

provisional da República fuxeu do republicanismo pimargaliano, podemos decir hoxe que

sóio soupo prolongar a agonía da democracia hespañola, para causarlle unha morte espantosa

mil veces pior que a da República do 73.

O que pode afirmarse sen avanzar máis no terreo das intencións alleas, é que a

República do 14 de abril foi declarada “federable”, por boca do Presidente do Goberno nos

primeiros días das Cortes Constituíntes. ¿Que se quixo decir coa verba “federable”? Os

diputados non lle demos máis que esta interpretación: “Que o Estatuto autonómico de

Cataluña sería concedido en virtude dunhas prerrogativas constitucionaes de carácter xeral,

que alcanzarían a tódolos pobos, e que o día que as rexións españolas —todas elas—

comprisen os trámites que a Cataluña lle foran esixidos, e todas disfroitasen de autonomía, a

República sería federal”. Esquezamos que a Xeneralidade de Cataluña estaba xa restaurada

por un feito revolucionario consagrado por decreto do Goberno; pero non será dificultoso

demostrar que semellante declaración era falsa e ademais desleal. Non é federable o que non

pode ser federal.

Xa contamos cómo se maniobrou contra Galiza, en previsión de que prosperase o

noso Estatuto dispois da vitoria, e xa esplicamos no libro primeiro cómo se procedeu dende

as outuras para que Galiza non poidese vencer os trámites que a Constitución eisixía; pero

agora insistiremos sobor dun punto xa tratado, para darlles aos galegos a ideia cabal de que

nós estábamos deshauciados e de que a República non se podía chamar federable.

O Comité autonomista de Galiza pideulle ao Goberno da República federable unha

autorización para ordenar o comprimento dos trámites que impoñía o artigo 12 da

Constitución, tal como se fixera con Cataluña e o País Vasco, e o Goberno dou a calada por

resposta. Pois ben; a pesares da incorrección ministerial, Galiza soupo comprir dun modo

exemplar o primeiro trámite, que daquela aínda non comprira o País Vasco, facendo pasar o

proiecto do Estatuto polo tamiz apretado dos técnicós, someténdoo dispois á perigosa

discusión de representantes corporativos e políticos, e, derradeiramente, conquerindo a

aprobación dos Concellos municipaes, que o propuxeron ao Corpo eleitoral galego. O

primeiro trámite xa estaba comprido en Nadal do 1932 porque non necesitábamos

autorización do Goberno para que os Concellos tomaran un acordo lícito; pero dispois fíxose

indispensable un decreto presidencial, porque nós carecíamos de autoridade para abrir os

colexios e convocar aos eleitores, i eiquí foi cando o Goberno estremou a súa descortesía e a

súa arbitrariedade (repetímolo para que se grave ben na memoria dos galegos).

Dispois de cinco meses de espera, para esgotar as nosas resistencias e fortalecer a

Page 120: Castelao - Sempre en Galiza

teima dos reaccionarios, o Goberno confeccionou un decreto, do que entresacamos o artigo

4°:

Podrán designar interventores en las mesas electorales los Ayuntamientos y

Diputaciones de la región, las Cámaras Oficiales, los Colegios profesionales oficialmente

reconocidos, la Universidad de Santiago, la Academia Gallega y las Asociaciones

patronales y obreras legalmente constituidas en la fecha de esta convocatoria,

entendiéndose limitado este derecho al territorio en que ejerzan jurisdicción las entidades

enumeradas.

Para ejercer este derecho bastará que la entidad que quiera hacer uso del mismo

comunique con cuatro días de anticipación a la fecha del plebiscito a los presidentes de las

Juntas municipales del Censo electoral de la localidad en donde deseen dicha intervención,

los nombres de los designados para ejercerla, cuyo número no podrá exceder de uno por

cada Mesa y entidad.

Los presidentes de las Juntas municipales del Censo electoral darán cuenta de

dichos nombramientos de interventores a la Junta provincial de la provincia respectiva y, de

no recibir orden en contrario, los pondrán en conocimiento de los presidentes de las mesas

electorales la víspera del día señalado para la votación, a fin de que éstos los posesionen de

su cargo, facilitándoles el ejercicio de su cometido.

Neste Decreto alterouse o procedimento que sentara xurisprudencia nos decretos

anteriores, concedidos para Cataluña e o País Vasco, pois en ningún deles se estabelecera

ningunha caste de intervencións. O rigor reservábase, única i esclusivamente, contra Galiza.

Este decreto non sóio era inxusto e desleal, por establecer contra nós unha intervención sen

precedentes, senón por escoller e limitar, a barullo, as entidades fiscalizadoras. A falla de

xuízo ponse de manifesto ao ver que ficaban escluídas as Sociedades agrarias, pois según a

lei vixente nin eran Asociacións de carácter patronal nin obreiro, co que ficaban fóra da

faculdade de intervir, a pesares de ser a representación xenuína do traballo en Galiza, de

modo que un canteiro e un taberneiro —poño por caso— tiñan dereito á intervención, dereito

que se lle negaba a un agricultor… Este arbitrario intervencionismo acredita, no mellor dos

casos, a iñorancia do autor e presentador do decreto…

Moito antes de comezar os nosos preparativos pedinlle ao Goberno, dende o meu

escano de diputado, que ditase as normas xeraes de procedimento a que as rexións debían

aterse no comprimento dos trámites que eisixía o artigo 12 da Constitución. Contestoume,

dende o “banco azul”, o señor Prieto, bulrándose dos meus anceios autonomistas e facendo

rir aos seus corifeos con chistes que non viñan ao caso; pero as bulras sóio lle servían para

furtar calquera compromiso que poidera derivarse dunha resposta correcta e seria. Era moito

mellor —así o entendimos— que as autonomías rexionaes ficaran sometidas, en primeiro

lugar, á vontade do Goberno, anque semellante atribución non formase parte das

prerrogativas da Lei fundamental. ¡Valente maneira de xustificaren o carácter federable da

República!… Así, o retraso en redactaren o decreto, e a letra do decreto mesmo, descobre

unha maniobra do Goberno para evitar o noso éisito; pero esta iñorma sóio se pode apuntar na

longa lista dos fracasos ministeriaes. E contai con que o Ministro da Gobernación era o

representante de Galiza no Goberno provisional da República, por ser xefe da ORGA (un

partido nidiamente galego e autonomista); pero este home tiña tal fe no seu país que anunciou

o envío de tódolos notarios de Hespaña a Galiza para que vixiasen a pureza do plebiscito,

seguro de que a vontade popular galega sobrepasaría o porcentaxe de votación eisixido.

Podía creerse que o afán fiscalizador do Goberno proviña do medo aos caciques galegos,

Page 121: Castelao - Sempre en Galiza

falseadores do sufraxio; pero estes caciques acababan de prestar un escelente servizo nas

eleicións, e, por outra banda, resulta increíble que o Ministro da Gobernación —ponente do

decreto— lanzara sobor da súa Terra unha sombra de desconfianza… Non; o noso Ministro

sabía ben que votarían en favor do Estatuto máis de dúas terceiras partes do Corpo de

eleitores, superando a sonada pureza do plebiscito catalán, cuia pureza foi, xustamente, o que

conmoveu ao Goberno provisional… O que máis nos desconcertou foi que o Goberno da

República, presidido polo representante vitalicio de Galiza, non se conmovese polo noso

éisito, e máis aínda ao ver que os seus estimados interventores non formularan ningunha

protesta. Porque tendes de saber —e agora falamos en serio— que ningún Estatuto

autonómico chegou ás Cortes da República cunha documentación tan irreprochable como a

que nós presentamos.

Dispois do exemplo que vimos de citar ninguén creerá que o Goberno provisional da

República proiectase a constitución dun réxime federable, porque neste caso o

estabelecemento de varias autonomías rexionaes non atoparía resistencia algunha nas esferas

do Poder. Non; a República non levaba máis intención que a de ser unitaria e centralista, agás

da concesión feita aos cataláns e o temor de que se estendese aos vascos; pero endexamais

aos galegos. Claro está que os propósitos eran segredos e inconfesables, porque así o pedían

as aparencias de democracia en que vivíamos; mais non tódolos Ministros foron discretos,

prudentes e sabios. Un deles —Marcelino Domingo— afirmou nun discurso de mitin cando

se estaba discutindo a Constitución, que falar de autonomías fóra de Cataluña ou Euscadi era

cometer un crime. E polo tanto nós, os galegos, cometeríamos un crime por aspirar a un

dereito que xa se concedera a Cataluña; pero este xuízo non se atreveron a estampalo na

Constitución.

¡Valente República federal nos ofrecía o señor Alcalá Zamora, en funcións de

Presidente do Consello de Ministros!

Page 122: Castelao - Sempre en Galiza

VII

Nas Cortes Constituíntes dixo Don Miguel de Unamuno que estábamos facendo unha

Constitución de papel. Eu era un dos diputados que máis gostaban de ouvilo falar nos

“pasillos”; pero aquel día dialogamos. Conteille unha anécdota que vou repetir agora,

pedíndovos licencia para presentala encoira: “Estábamos nun mitin de propaganda nas

derradeiras eleicións, e un vello petrucio empeñouse en falar, e falou así: «Agora imos facer

unha Constitución, que non vai ser como as outras, porque esta ímola escrebir en papel de

lixa para que ninguén se poida limpar o cu con ela»” (perdoádeme tanta craridade en gracia

da fonda trascendencia que o dito encerra). Don Miguel ceibou unha gargallada e dispois de

remoer a idea do vello petrucio fíxome unha proposición: “Esa es la voz auténtica del pueblo

y usted debe repetirla ahí dentro”. Eu respondinlle que non tiña autoridade para falar tan claro

no Salón de sesións; pero máis dunha vez sentín tentacións de berrar dende o meu escano de

diputado: “¡Que se escriba eso en papel de lija!”.

Non foi necesario que a Constitución chegase a vella para ser desprezada, pois os

mesmos que a fixeron encarregáronse de roubarlle o creto. Poñamos un caso, para que se

poida comprender a desespranza que o petrucio do conto sufriría de alí a pouco. Decía o

artigo 47 da Constitución: “La República protegerá al campesino y a este fin legislará entre

otras materias, sobre el patrimonio familiar inembargable y exento de toda clase de

impuestos…” Axiña presentamos ás Cortes unha proposición de Lei axeitándonos a este

artigo, e foi tomada en consideración por unanimidade; pero dispois non atopamos maneira

de conquerir un ditame da Comisión de Agricultura e, polo tanto, non chegou a discutirse.

Perdeuse no lugar dos esquecementos, onde xacía o Apéndice galego ao Código Civil e a

onde querían mandar o noso Estatuto. Pero houbo aínda máis: as Cortes Constituíntes

acordaron un aumento do dez por cento nas contribucións territoriaes, e cando nós pedimos

que os pequenos patrimonios labregos ficaran eisentos dese recargo, xa que non se quería

libertalos de todo imposto tal como reza o Código fundamental, fomos aldraxados no

Parlamento, e nos aldraxes distinguíronse uns diputados por Galiza que se sentaban nos

escanos gubernamentaes. ¿Que diría o vello petrucio ao convencerse de que a Constitución

da segunda República non se escrebira en papel de lixa?…

Estou ben convencido da falsía de todos aqueles que, chamándose demócratas, non

renuncian a mandar en Hespaña dende Madrid, e se nos puxésemos a discurrir sen respeitos

nin miramentos chegaríamos a moi tristes sospeitas encol da sonada sinceiridade dos

hespañoes asimilados por Madrid (incluímos, claro está, aos galegos, vascos e cataláns

desenraizados do seu país). E non busquemos exemplos nos campos nemigos, senón a carón

de nós mesmos, tanto no noso tempo como no tempo dos nosos avós. ¿Ou é que os repúblicos

da primeira República foron máis honestos que os da segunda? Os políticos que nós

coñecemos e tratamos concederon, polo menos, o Estatuto catalán e sóio ofereceron

verbalmente unha República federable; pero aqueles outros, glorificados en estatuas e selos

de correio, proclamaron unha República federal, redactaron unha Constitución esnaquizando

a soberanía do Estado, e cando chegou a hora nin tan siquera quixeron soster unha República

unitaria. Non; con tódalas chatas que lles poñemos aos repúblicos do noso tempo é preciso

recoñecer que foron máis honestos que os outros.

¿Por que decimos que os repúblicos do 73 proclamaron unha República federal se a

Constitución non pasou de proiecto? Para sabermos a qué grado de falsía chegaron aqueles

Page 123: Castelao - Sempre en Galiza

homes abonde saber que as Cortes Constituíntes votaron na primeira xuntanza (7 de xunio do

1873) o siguente acordo: “La forma de Gobierno de la Nación Española es la República

Democrática Federal”. A votación foi tachada de pouco reglamentaria, e aínda que o acordo

non era indispensable quixo dárselle a solemnidade dos grandes acontecimentos

parlamentarios. Ao día siguente (8 de xunio), o Presidente das Cortes —Xosé Ma Orense—,

que acababa de ser nomeado, fixo votar de novo a proposición, e foi outra vez aprobada, por

219 votos contra 2. Houbo, pois, unha proclamación rigurosa da República federal. Pois ben;

calquera que coñeza o que dispois sucedeu non pode ter azos para louvar a honestidade

política daqueles republicanos de aparencia (salvando a Pi i Margall, Eduardo Chao e poucos

máis), porque mentiron ideias que non sentían e propósitos que non pensaban realizar. Os

progresistas de Ruíz Zorrilla, os hestóricos de Castelar, os centristas de Salmerón, os

federaes de Pi, todos eran piores que os nosos compañeiros da segunda República, onde o

republicanismo vello estivo dinamente representado por Lerroux.

En xeral, a xente republicana do 1931 tiña unha concencia máis firme que a de 1873,

anque ningún chegase á pureza liberal e democrática que tiña Pi i Margall.

O republicanismo hespañol foi federalista de nascencia; pero cómpre decir que os

chamados federaes non estimaron endexamais os principios sustantivos do seu programa. A

Pi i Margall chamábanlle “Mestre”; pero non seguían o seu con sello nin se identificaban coa

súa doutrina. Nos federaes fixera moito efeito a ideia de reducir ao mínimum a omnipotencia

do Estado, coidando que o federalismo non tiña máis fin nin máis obxeto que cegar as

posibilidades do despotismo, ideia que aínda perdura no caletre de moitos republicanos

pimargalianos. Por esto, e nada máis que por esto, aceptan a división da soberanía do Estado;

pero agás dos dereitos do home —ben cantados e ben declamados, pero ben mal servidos—

non entendían que tamén hai pobos con dereito a vivir, e que nos pobos soxuzgados a

liberdade individual é un mito. Nin tan siquera se decataban de que non pode haber homes

libres en pobos diferenciados e sometidos a Códigos alleos; e por esta inconscencia

dispoñíanse a dividir a Hespaña en cantóns autónomos; pero a condición de seren eles, i non

o pobo, os árbitros do esnaquizamento. Vivían nun mundo de ficcións, lonxe da hestoria e

das realidades, e non sospeitaban que a división do Estado poñería en perigo a hexemonía de

Castela. A demagoxia dos federaes e a sinrazón do seu federalismo ponse de manifesto ao

non saberen cómo dividir o territorio de Hespaña en Estados particulares. Nin ideia tiñan do

que se debía federar. Pensaron en constituír unha Federación a base das provincias modernas,

creadas arbitrariamente por real decreto do ano 1833, e se desistiron desta ideia foi porque

“unos Estados pequeños no podrían pagar las instituciones que todo Estado necesita”.

Chegaron dispois a unha aproisimación das realidades de Hespaña, por un sistema de pactos

que o partido federal organizou o ano 1869: no de Tortosa uníanse Cataluña, Aragón,

Valencia e as illas Baleares; no de Córdoba uníase Murcia, Andalucía i Estremadura; no de

Valladolid uníanse as dúas Castelas; no de Eibar uníase o País Vasco e Navarra; no da Cruña

uníase Galiza e Asturias. Por fin plasmouse no proiecto de Constitución do 73 o acordo de

sinalar “como nuevos Estados de la República los antiguos reinos de la Monarquía” e, según

se espresaba no preámbulo, chegaron a un “arreglo prudentísimo en la cuestión que se

hallaba quizá más erizada de dificultades”. O arranxo consistía en dividir a Hespaña en

dezasete Estados, que eran: “Andalucía Alta, Andalucía Baja, Aragón, Asturias, Baleares,

Canarias, Castilla la Nueva, Castilla la Vieja, Cataluña, Cuba, Extremadura, Galicia, Murcia,

Navarra, Puerto Rico, Valencia, Regiones Vascongadas”. Velaí a onde chegaban as

concepcións federalistas dos nosos federaes, que aínda non se atrevían a conceder autonomía

ás Filipinas.

Page 124: Castelao - Sempre en Galiza

Todo marchaba ben até que xurdeu o problema catalán. Entón os federaes déronse

conta de que unha cousa era esnaquizar a barullo a soberanía do Estado e outra ben diferente

era coutar a hexemonía castelán. O movimento rexionalista considerouse como un atentado á

“integridade nacional”, e os máis ardidos esquerdistas, concentrados en Madrid,

descalificaron aquel movimento por retrógrado e antiliberal, incirrando as masas obreiras e

organizacións democráticas contra calquera reivindicación dos pobos diferenciados. Pi i

Margall decatouse desta falla de lóxica e de vergoña proclamando que os republicanos non

combatían aos rexionalistas polo que os arredaba do federalismo, senón polo que ambas

ideias tiñan de común. Pi i Margall ficou soio a decir que “o rexionalismo non é senón o

federalismo que nós vimos defendendo publicamente dende fai máis de trinta anos”. Tan

soio, que o saldo federal que presidía o seu fillo, Pi i Arsuaga, nas Cortes da segunda

República, votou contra o Estatuto de Cataluña.

Non creamos, pois, que os republicanos da primeira República serían capaces de

comprendernos mellor que os da segunda. Certo que os nosos republicanos arredáronse dos

máis elementaes principios de xustiza ao concederen os Estatutos acatando somentes os

feitos consumados ou os que podían consumarse, e desprezando as demandas da nosa Terra

porque non sabía presentarse cunha pistola na man Así e todo, as Cortes do 1931 foron mil

veces mellores que as do 1873, e as da Terceira República poderán comprendernos se os

galegos soupésemos aproveitar as leicións que nos deron.

Page 125: Castelao - Sempre en Galiza

VIII

Cando en era neno miña avoa arrolábame con esta cántiga de berce: Viva Prim y

Serrano — Que supieron vencer — Del Gobierno sacaron — A la reina Isabel — Fuera,

ladrones — Con abundancia — Se mantenía de la Nación — Mientras los pobres iban

pagando — Ellos robaban sin compasión. Miña avoa era irmán de Baltasar Gemme Fuentes,

Gobernador da República en Pontevedra. Os contos da miña avoa eran sempre hestóricos e

alaudatorios dos feitos revolucionarios en que interviñera o seu irmán. E a pesares de todo,

cando miña avoa se anoxaba polos desarranxos e barullos que eu armaba na casa, sempre

decía o mesmo: “¡Esto é unha República!” Era que a primeira República fora, simplementes,

un ensaio de anarquía, de tal xeito que o seu recordo non foi un estímulo para novas revoltas

libertarias. Así a restauración da monarquía pudo consolidarse polo desengano ideolóxico en

que ficaron os hespañoes.

Velaí a ideia federalista soterrada no descreto da República. As doutrinas políticas de

Pi i Margall e as súas evolucións ideolóxicas para identificar o federalismo co rexionalismo,

non influíron ren no ánimo autoritario dos hespañoes, aínda daqueles que se chamaban seus

discípulos. Do autor de Las Nacionalidades sóio restou en pé —como un masto de bandeira

no deserto— o seu exemplo de vida, a súa limpeza de miras e de conduta. Ninguén soupo ver

que a salvación do republicanismo estaba no rexionalismo, e na superación deso que se

chamaba “teoría filosófica del pacto sinalagmático y conmutativo”. Os vellos republicanos

ficaron ociosos e sen capacidade para ferir a monarquía, ensumidos no murriñoso ambente

dos Concellos municipaes, a ceibaren o derradeiro folgo neste brado terrible: ¡Abajo los

consumos! Os vellos republicanos foron axiña anulados polos socialistas e

anarco-sindicalistas, sen máis misión apreciable que a de promiscuaren nos días de vixilia;

pero eles seguían considerándose eisistentes e importantes porque ao seu paso as beatas

facían o siño da cruz. Chegaron a ser, simplesmentes, uns representantes do demo. ¡Valente

ministerio!…

Se lembramos aos sonados republicanos da Cruña —todos federaes de nome—

lembramos tamén a súa perfeita ineficacia, pois, sendo donos do Concello e amos da cibdade,

non foron capaces de vencer, ou convencer, aos aldeáns que lle levaban o leite… O “Casino

Republicano” era un aparello eleitoreiro, esclusivamente municipal, e os seus “socios”

conformábanse con ser “republicanos da Cruña”. En realidade eran pezas do xogo

monárquico, que os enquistou i enervou para que endexamais foran capaces de enviar ás

Cortes da monarquía un Diputado de filiación republicana. En certa ocasión fixeron unha

saída polos arredores da cibdade e retornaron de présa e correndo, temerosos de perderen o

mando municipal. Era máis cordo ficar no Consistorio da Cruña, porque así os monárquicos

resultaban donos e señores da provincia e dos organismos provinciaes, e, polo tanto,

agradecidos á xenerosidade do “Casino”. Non hai dúbida de que eisistía un contubernio

monárquico republicano, do que éramos vítimas os que algunha vez fomos á Cruña en

demanda de xustiza. Aqueles republicanos —contemporáneos de Curros Enríquez e de

Alfredo Vilas— iñoraban a eisistencia de Galiza e considerábanse alleos ao problema

rexionalista. O seu federalismo era un alcuño esquerdista, sóio anticlerical e francamente

insinceiro. Eran descreídos, pesimistas, escépticos e incapaces de loitaren polo ideal que lles

dera nascencia. E se saíramos da Cruña para percorrermos as demais cibdades galegas,

atoparíamos o mesmo tipo, sempre alleeiro, desenraizado, vencido.

Page 126: Castelao - Sempre en Galiza

Os nosos republicanos —pimargalianos de cepa…— non viron cómo Pi i Margall

ficou ledo ante a revelación do catalanismo, que el consideraba como fenómeno previo e

venturoso para chegar á realización federativa, de tal xeito que nos derradeiros tempos foi un

catalanista federal ou, se queredes, un federal catalanista. Os nosos republicanos federaes

eran, polo visto, máis republicanos e máis federaes que Pi, e, cicais por esto, ficaron

insensibles ante as doutrinas de Brañas, negándose a participar nas ourentacións do

galeguismo. Para eles Galiza era un “enser” e non un “ser”. Calquera diría que tiñan medo a

comprometer a súa indixencia política nun movimento de afirmación popular capaz de

redimilos da insiñificancia en que se debatían. Incapaces de asimilaren as organizacións de

traballadores nin o movimento agrario que —por ser rural non se aviña coa súa mentalidade

vilega— non vexo eu a qué podían aspirar politicamente como non fose colocándose na

vangarda do galeguismo, rexionalista ou nacionalista. Xustamente, o retraso do galeguismo,

como forza política, debémollo tal vez á incomprensión dos republicanos hestóricos, mudos,

xordos e cegos ante un anceio vital que sóio por eles debía ser impulsado.

Non tódolos republicanos eran vellos e concellaes. Así, podemos decir que as

“Irmandades da Fala” foron creadas por dous mozos saídos do republicanismo: Antón Vilar

Ponte e Lois Porteiro Garea. ¿E que fixeron os vellos? Ah, si… moqueáronse de nós, porque

falábamos galego. O mesmo Santiaguito —así lle chamábamos entón a Casares Quiroga—

non quixo enrolarse no noso movimento porque llo impedía o seu agudo sentido do ridículo.

Pasamos varios anos a sufrir aldraxes dos republicanos de “Casino”, convertidos frente a nós

en aduaneiros do patriotismo hespañol. Causáronnos moito dano, porque sendo eles os

únicos obrigados a comprendernos, eran, xustamente, os que nos acusaban de separatistas e

retrógrados. Cómpre decir que algúns sentíanse compasivos e sóio nos chamaban ilusos,

tolos ou parvos. A incomprensión dos “avanzados” foi o que nos obrigou a deixar a política

militante para entregarnos de cheo á laboura cultural e preparatoria, que tan bos servizos

prestou a Galiza, pois non tardamos en ser comprendidos polos mozos i en crearmos un

ambente de galeguidade que se infiltrou en tódalas entidades democráticas. E cando chegou a

hora fomos nós, os galeguistas, mellores republicanos que os profesionaes do

republicanismo.

Todos sabemos que o derrubamento da monarquía foi obra dos monárquicos

revirados contra Don Alfonso, e como proba velaí tendes a unha España sen rei e sen

republicanos (como diría miña avoa, aquelo é unha República…). Pero maxinemos outra

cousa. Maxinemos que os republicanos tivesen azos para minar o campo da monarquía e

ardimento de abondo para republicanizaren a España. Maxinemos que os republicanos

tivesen fe no advenimento da República i endexamais se prestasen a colaborar coa

monarquía, ocupando as prazas dunha oposición prevista e concertada. Maxinemos que os

republicanos federaes non viviran do prestixio do “Mestre” senón para comprir a súa manda

e realizaren a súa postrimeira vontade. ¿Cal sería o proceder dos republicanos galegos, todos

eles pimargalianos? Non se pode dubidar. Tomarían a posición que tomou o “Mestre”, que

por ser catalán sumouse ao catalanismo. Os galegos federaes coñecerían as Bases da

Constitución federal do 1872, o proiecto parlamentario das Cortes do 1873, o da Asambleia

federal de Zaragoza do 1883 e o que redactou o mesmo Pi no ano 1894, e polo tanto, saberían

que a súa Terra tiña de ser un Estado da República que eles agardaban. Vexamos, por

exemplo, as primeiras verbas do proiecto acordado en Zaragoza, onde estiveron

representadas as catro provincias galegas i en cuio Congreso foi Secretario o pai de Santiago

Casares Quiroga: “Las regiones, Estados soberanos, declaran en uso de su autonomía que

quieren formar parte de la Federación Española bajo las condiciones escritas en el pacto o

Page 127: Castelao - Sempre en Galiza

Constitución federal”. Esto quer decir que Galiza sería un Estado soberán con liberdade para

concertar o pacto federativo; é decir, con autonomía previa e integral. Para todo eso era

indispensable crear un estado de opinión popular —se xa non eisistise— para exercer, a

concencia, o dereito de iniciativa; non sóio a prol das condicións do pacto e dos persoeiros

que debían concertalo en nome de Galiza, senón tamén para darse a si mesma unha

Constitución política e organizar os poderes do Estado galego. Calquera comprende que un

republicano non pode suplantar a opinión do pobo nin tomar a verba “democracia” como

tapadeira. Pois ben; os federaes galegos recabarían para si a honra de representaren mellor

que ninguén os anceios reivindicadores da nosa personalidade e, por ende, o sentimento de

patria galega. Fomentarían o desenrolo das nosas características —língoa, cultura, arte,

dereito, etc.—; intervirían en todo acto de tipo autonomista, ourentando ao pobo cara aos

ideaes republicanos e democráticos; estudarían os problemas vitaes de Galiza e as súas

solucións para gañar sona de sabidos e mereceren o respeito dos mesmos adversarios;

colaborarían cos simples autonomistas na redacción de programas de acción, demostrando

sempre que sóio a República aboliría o cesarismo unitario. En fin; os federaes

republicanizarían a Galiza, póndose na vangarda do galeguismo.

Por desventura, en Galiza os federaes eran como en toda Hespaña: uns farsantes. Pero

tan de vello viña o alcuño de todos eles que se proclamaron partidarios dunha República

federal en vísporas do 14 de abril, e, como tales, souperon colocarse no escalafón oficial de

prazas a proveer, e dispois contribuíron maxistralmente a unha nova farsa: a da República

federable.

Page 128: Castelao - Sempre en Galiza

IX

Eu coñecín ao fidalgo padronés, Don Xosé de la Hermida, dono do pazo de Lestrove

e da probeza máis limpa de todo Padrón. Era un ser único: curmán de Rosalía de Castro,

amigo de Nákens e colaborador de El Motín. Este fidalgo asisteu a un mitin en que falaba o

seu admirado Lerroux, e tanto mal lle causaron as verbas do gran repúblico que aquela

mesma noite decideu morrer e morreu. Matouno a desilusión. Vinte anos máis tarde

xuntáronse clandestinamente no pazo de Lestrove tódolos militantes do republicanismo en

Galiza —os vellos e os mozos—, non para honrar a memoria de Don Xosé senón para

tomaren acordos de gran trascendencia. Dos acordos que se tomaron cómpre destacar a

declaración de federalismo hespañol e de autonomismo galego. A esta xuntanza chamóuselle

“o pacto de Lestrove”, que ficou incomprido e bulrado polos valedores do republicanismo

galego. Estou seguro que de resucitar Don Xosé volveríase a morrer de desilusión.

Os republicanos galegos nomearon a Santiago Casares Quiroga para representar a

Galiza no convenio que ía celebrarse na capital de Guipúzcoa, e non se pode dubidar que

levaba un mandato: defender alí a declaración de principios acordada en Lestrove. A

desiñación de Casares supoñía un predomiño de ORGA dentro da Federación Republicana

Galega, e, polo tanto, acusábase máis o carácter autonomista da súa misión. ¿Que parte

tomou o representante de Galiza no chamado “pacto de San Sebastián”? Son abondosas e

variadas as referencias do que alí sucedeu; pero todas están de acordo en que alí non houbo

máis pacto que o conccrtado antre os republicanos de Cataluña e os do resto de Hespaña.

Casares non planteou o problema galego nin se sumou aos cataláns. Cóntase, eso si, que

pideu para Galiza os mesmos dereitos que lle fosen outorgados a Cataluña; pero frente aos

cataláns, para dificultarlles, tal vez, a súa misión, e conformándose co sentir centralista da

maoría. A intervención de Casares sóio sirveu para unha igoaldade de trato a prol da

representación de ambos países no Goberno provisional da República, pois se os cataláns

contaron cun ministro os galegos tamén contamos con outro. Agora ben; o noso ministro

esqueceu os acordos de Lestrove e non fixo honor ás verbas que pronunciara na xuntanza de

San Sebastián. Abondará lembrar que ningún dos moitos decretos do Goberno provisional da

República —outorgados nos primeiros meses a favor de Cataluña— tivo estensión a Galiza.

E se non fose por medo a parecer teimoso, aínda demostraría que o noso ministro foi o pior

nemigo que tivemos naquel Goberno.

Cómpre decir que non censuro a Casares máis que nun aspecto: no de ministro

representante de Galiza e atendendo ao seu orixe federal, con declarada tendencia ao

galeguismo. Polo demais eu non lle nego outras virtudes, e, sobor de todo, as persoaes da

honradez. Pero agora estamos enxuizando o pasado, e non podo encobrir os erros que nos

levaron ao desastre. Casares evitou que se presentara o Estatuto de Galiza ás Cortes

Constituíntes cando el rexentaba o Ministerio da Gobernación, por non darnos a tempo o

decreto que lle pedíramos para celebrar o plebiscito. Quixo evitalo outra vez, cando era

Presidente do Consello de Ministros, sen darse conta de que, polo decreto de 27 de maio do

1933, podíamos plebiscitar o Estatuto cando quixéramos. Con todo aínda quería que

aprazáramos a data da votación, agoirándonos non sei qué desastres; e cando eu lle fixen

saber a resolución inquebrantable do “Comité central de Galiza”, respondeume con este

desplante: “Bueno; de lo que ocurra yo no seré el responsable”. Casares sóio quería ser

responsable do que non ocurrise; é decir, de que o plebiscito non se levase a cabo. E por

Page 129: Castelao - Sempre en Galiza

pouco sae coa súa, pois de alí a un mes xa mandaban en Galiza os militares sublevados, e se

lle fixésemos caso apareceríamos agora nós como uns ilusos, e a incansable inquina dos

centralistas atoparía hoxe un novo motivo de bulra contra os galegos, en cuio coro cicais

figurase o proprio Casares. Para contalo todo debo decir tamén que axiña chegaron a Madrid

as novas da nosa propaganda —alarde endexamais visto en Hespaña— e que Casares

intentou embafar o noso indiscutible trunfo con esta ironía: “¡Estoy viendo que vamos a

ganar el plebiscito gallego por un noventa y nueve por ciento!”. Eu creo que nos perxudicou

o ter a Casares no Goberno; pero non porque el quixera perxudicarnos adrede, senón porque

poñía por riba do intrés de Galiza o seu prestixio de gobernante, ou, se queredes, a súa

honradez personal, basada no ben parecer ante os seus compañeiros. Certamente, ninguén

poderá decir que se deixou levar por aquel amor a Galiza que todos lle supoñíamos e que el

soupo gardar moi gardadiño no curruncho segredo da íntima concencia, a onde nos está

vedado chegar.

Os galeguistas nunca logramos esvaer as preocupacións que atromentaban o maxín

de Casares. Soportamos frases inxustas e feitos descorteses, e cando tivemos a ben combatilo

soupemos salvar sempre o respeito que nos merecía un Ministro da República. Non valeu a

nosa xenerosidade e o noso republicanismo —ben demostrado e ben recoñecido—, nin a

nosa unión pactada con “Izquierda Republicana”. Sempre tropezamos coa súa teimosa

inxustiza e coa súa enemistade política, fóra de razón. ¿De que proviña esta manía? E1 o

saberá; pero eu aseguro que nunca tivo motivos para combatirnos. Direi máis: endexamais

debeu prescindir do noso consello, porque éramos os que mellor coñecíamos as realidades

vivas de Galiza, e —digámolo con claridade— coñecíamos mellor que el o que compría facer

no noso país. O máis desalentador para nós era velo a carón de conselleiros torpes, desleaes e

sen escrúpulos, que o empurraban ao descreto; pero aínda nos desalentaba máis ver cómo

Azaña tomaba informes de Casares para saber o que ocurría en Galiza…

Vou citar un sóio caso. Nós censuramos a Casares por non darnos a tempo o decreto

que necesitábamos para celebrar o plebiscito —un decreto concedido a Cataluña e ao País

Vasco, sen regateos e con tempo sobrado—. Pois ben; Casares empezou a decir, con evidente

mala fe, que nós queríamos unha autonomía por decreto. A frase pareceulle un gran acerto

para desfacer a nosa censura e repiteuna en varios discursos. Non valeu que nós lle

perguntásemos quén lle pedira semellante decreto. E1 sabía que se ditaran decretos para dar

satisfacción ás demandas de Cataluña —antes de se axuntaren as Cortes Constituíntes— e,

polo tanto, non había motivo para escandalizar ás xentes cunha suposición que, ademais de

ser unha mentira, tiña realidade en actos do Goberno. ¿Podía el negar que Cataluña fora

autónoma por decreto antes de que o seu Estatuto fose promulgado? Pois tamén Galiza sería

autónoma por decreto se os republicanos galegos souperan comprir co seu deber de federaes

e nós tivéramos un ministro no Goberno para consagrar a nosa personalidade. Pero Galiza

non pedira máis que aquelo a que tiña dereito pola Constitución, e sóio nós tiñamos motivos

para escandalizar ás xentes contándolles a verdade. E a verdade era que a Galiza se lle

regateaba o dereito a ser autónoma. A Casares non lle abondou con alarmar á súa xente;

tamén alarmou ao señor Azaña. A influencia de Casares sobor do señor Azaña manifestouse

no mitin da praza de touros da Cruña —aquel mitin que probou a insensatez política dos

rexidores casaristas— pois encarándose co público repiteu a mesma frase do ministro galego,

e dixo coa meirande seriedade: “La autonomía de Galicia no se puede conceder por un

decreto solicitado del Consejo de Ministros”. Tería razón o señor Azaña se alguén solicitara

semellante decreto; pero nós sóio pedíramos autorización para comprir os trámites

constitucionaes, e, por conseguinte, a frase do señor Azaña era unha insidia incalificable.

Page 130: Castelao - Sempre en Galiza

Naquel acto o señor Azaña non se decatou da inxustiza que cometía, porque era

vítima de informadores con poucos escrúpulos e menos intelixencia. Xuzgaba os anceios

autonomistas como unha pretensión ridícula, e xuzgaba o fracaso eleitoral das esquerdas en

Galiza como síntoma de incapacidade política. Chegou a botarnos en cara este fracaso, sendo

nós os que llo podíamos botar a el e aos demais gobernantes da República. Esta pauliña non

era diña do talento de Azaña, e os galeguistas sentímonos magoados e compartimos a íntima

door de moitos amigos que foran á Cruña para renovaren a súa confianza nos homes da

República. O que ninguén lle dixera ao señor Azaña é que daquela os mesmos republicanos e

autonomistas esplicábanse o trasacordo do pobo. Tería razón o señor Azaña se na nosa Terra

se implantara unha política republicana e se nos Madriles se resolveran, en xustiza, os

problemas apremiantes e vitaes que os diputados galeguistas planteamos nas Cortes

Constituíntes en moitos discursos e derradeiramente nunha interpelación que el escoitou

dende o “banco azul” e que non tivo a ben contestar. O señor Azaña tería razón se non se

dirixise á moitedume de republicanos que tiña diante de si, pois virando a cabeza e falando

baixiño ouviríano ben os causantes do desastre eleitoral e os verdadeiros culpables da

desilusión de Galiza. Se os valedores da República non tivesen atuado o sentido da realidade

por un sentimento revellido do patriotismo, establecerían unha República federal para que a

democracia ficase asentada nos seus proprios fundamentos, pois naquel entón non eisistían

máis que dous baluartes seguros, pero casuaes e case que providenciaes, dende logo,

independentes do republicanismo centralizado: o Partido Socialista e o Goberno de Cataluña.

As eleicións de febreiro do 1936 e o resultado favorabe do plebiscito estatutista

permítenos decir hoxe que o señor Azaña xuzgou de barato á nosa Terra, imitando a Casares.

Tamén podemos decir que os galeguistas tíñamos razón.

Page 131: Castelao - Sempre en Galiza

X

Oito días antes do mitin de Izquierda Republicana na praza de touros da Cruña,

falamos nós dende Santiago, para sinalar a nosa posición frente á política xeral e para

contestarmos por adiantado ao que nós supoñíamos que se ía decir alí. Inclusive desfixemos o

que Casares viña decindo encol da autonomía por decreto. Pero a nosa voz non foi ouvida

poios orgaizadores do mitin da Cruña, que nin tiveron a ben leer as reseñas do noso acto,

publicadas con estensión no Pueblo Gallego. Certo que os nosos esforzos rebotaban na

dureza dos casaristas; pero tamén era verdade que os coñecíamos até o estremo de prever o

que pensaban decir. O mitin da Cruña non tivo para nós máis que unha sorpresa: a de que o

señor Azaña se prestase a ser un intérprete de Casares.

Oito días dispois do mitin tempestuoso de Izquierda Republicana, celebrou o Partido

Galeguista un mitin na Cruña, a portas abertas, para rebatir novamente as insidias que se

lanzaran contra nós. Falamos tan claro que ninguén deixou de ouvirnos e de entendernos. Os

republicanos da Cruña —vencidos e apouvigados— apreciaron a nosa sinceiridade e

decatáronse da razón que nos asistía. Velaí unha parte do discurso que eu pronunciei alí,

tomado taquigraficamente:

“O Partido Galeguista, que leva no seu seo dúas forzas aparentemente contraditorias,

pero complementarias, que lle dan serenidade e permanencia, como as dúas forzas dun reló

ou dun corazón, saíu do apoliticismo cando caeu a monarquía; pero non por un acto de

acatamento, nin siquera de adhesión ao novo réxime, senón por estarmos, dende sempre,

identificados cos principios republicanos. A nosa saída do apoliticismo siñificou un

renascemento da nosa fe, que aínda conservamos viva, a pesares da derrota eleitoral. Somos

republicanos porque somos galeguistas e ben demostramos o noso republicanismo”.

“Non demandamos postos gubernativos, e sen acucias dos republicanos máis ou

menos hestóricos, a nosa voz, acesa de republicanismo, chegou a tódolos currunchos de

Galiza, e ninguén pode negar que somos nós os que máis traballamos pola republicanización

do noso país. Fomos derrotados precisamente pola nosa decencia política e a nosa pureza

democrática; é decir, polo noso republicanismo. Aliámonos cos que nós sabíamos, de

antemán derrotados, podendo ir cos que nós sabíamos vencedores. ¿E sabedes por qué? Para

rexurdirmos xuntos e xuntos comprirmos unha misión política que antes non soupemos

realizar por falla de entendimento. Para nós a derrota é transitoria e non nos roubou nin tan

siquera dez minutos de preocupación. Os galeguistas seguimos avante nas nosas

propagandas para devolver á República o sentido orixinario que perdeu coas actuaes Cortes e

o actual Goberno, pois defender a Constitución —cos erros que ten— é defender a

posibilidade de que a nosa Terra logre, por canles legaes, o dereito a gobernarse de por si.

Algúns republicanos aínda non saben o que somos; pero nós invitámolos a que lean o noso

programa e a que observen a nosa conduta. Tamén queremos decirlles aos valedores do

republicanismo hespañol que nós representamos a clave do sentimento democrático de

Galiza e que ninguén pode representalo dinamente cando non conta coa nosa vontade”.

“Os galeguistas puxémonos a defender un cativo Estatuto autonómico, que nin tan

siquera mediaba as atribucións que concede a Constitución da República, e puxemos na súa

defensa o intrés que merecen as grandes causas populares e o esforzo que reclaman as loitas

pola liberdade dunha Terra que para nós é a única patria. Acatamos e defendemos ese

Estatuto coa máisima xenerosidade, sabendo que a autonomía non podía vir ás nosas mans; e

Page 132: Castelao - Sempre en Galiza

para gobernar agardaríamos a que Galiza se identificase en absoluto cos nosos anceios

nacionalistas. Esto pensábamos cando eisistía un partido republicano galego, cunha minoría

parlamentaria e un ministro no Goberno; pero ao ingresaren os republicanos galegos nun

partido hespañol, queda o Partido Galeguista como abandeirado de tódalas reivindicacións

da nosa Terra. E como somos homes que refugan as abstraccións para operar con realidades

visibles e palpables temos concencia da nosa responsabilidade e medimos as verbas que

poidan comprometernos. Pois ben; eu declaro con orgullo, i en nome do Partido Galeguista,

que posuímos a competencia técnica necesaria e a preparación política indispensable para

gobernar o noso país. A forza que aínda nos falla crearémola coa nosa limpa conduta e coa

persistencia das nosas propagandas”.

“Non é posible creer que o pobo labrego e mariñeiro sexa incapaz —se o

despertamos— dunha acción política e social para garantizar o desenrolo da economía galega

e o benestar do pobo; é decir, o seu proprio benestar. A realidade actual é que —á parte as

masas obreiras organizadas, que son minoría no pobo traballador galego— os demais grupos

sociaes do país son un amoado co que os caciques fan filloas no tempo das eleicións. E non

pode ser republicano aquel que non se intrese pola diñificación política de Galiza e non se

dispoña a saír por tódolos camiños da nosa Terra para soerguer a fe dos labregos e dos

mariñeiros, dándolles unha concencia da súa verdadeira forza. Non será bo republicano aquel

que se aproveita do escepticismo político que predomiña nos agros e na beiramar, usurpando

unha representación parlamentaria que, dispois, nin tan siquera utiliza para defender os

intreses materiaes do pobo que se deixou roubar. O republicano verdadeiro debe ser

incompatible cos vezos revellidos e deformadores do caciquismo, renegando dos

“pucheirazos”, das actas falsificadas, dos amaños antre compadres de diferentes partidos, i,

en fin, renunciando a unha representación popular que non se gañou; porque nada de esto é

necesario cando se sabe chegar á concencia do pobo. Manter ao pobo no escepticismo é

condenar o novo réxime ao desprestixio que matou á monarquía. E que non fale de

autonomías por decreto quen acepta actas sen votos”.

“Os galeguistas viñemos hoxe á Cruña para falar cos republicanos en público, e para

empeñar a nosa palabra ante moitos testigos. E así decímolles: Para facer da nosa Terra un

baluarte da República, como é Cataluña, contade sempre co Partido Galeguista; e se o vento

se pon de proa e temos que perder moito tempo bolineando, entón comprirá baixar a vela e

botar man dos remos. Para ese intre contade cos nosos brazos, que o que nos falte de forzas

sobraranos de corazón”.

No mesmo escenario do Teatro Principal da Cruña onde se celebrou o noso acto,

falamos cos republicanos, e oferecémonos mutuamente para unha amistade que tería

espresión formal nun pacto antre Izquierda Republicana e o Partido Galeguista, que eles

proporían. Nós xa tíñamos acordado en Asambleia de partido as bases de calisquera

entendimento cos demais grupos políticos, e non nos custou traballo adiantar os termos do

convenio e o programa de acción conxunta. Non tardamos en recibir unha invitación do

Consello Nacional de Izquierda Republicana, e dispois do consabido, ceremonioso e

interminable rigodón de cartas, chegamos ao pacto, que se concretaba nas tres condicións

siguentes: “Republicanización de Galiza; Autodeterminación política de Galiza;

Diñificación da vida política de Galiza”. Este pacto funcionou nalgunha ocasión e nalgunhas

provincias porque os republicanos endexamais se distinguen pola súa disciplina; pero é xusto

recoñecer que o pacto establecera vencellos irrompibles.

O pacto republicano galeguista foi axiña superado polo do Frente Popular, no que nós

entramos de cheo, dispois de escindirse o Partido, cunha espranza que se veu comprida o día

Page 133: Castelao - Sempre en Galiza

28 de xunio de 1936 —o día que se celebrou o plebiscito estatutista—. Certo é que non se

ponderou a nosa forza na distribución de postos para diputados a Cortes, prevalecendo os

precedentes irracionaes do ano 1931; pero a nosa misión non era discutir postos en Madrid. O

noso anceio estaba concentrado en Galiza e tiña unha finalidade próisima: gañar o plebiscito.

Dispois da loita eleitoral en Galiza, na que comprobáramos o ascenso da cibdadanía

popular e a capacidade dos grupos políticos, a nosa entrada no Congreso dos Diputados como

aliados de Izquierda Republicana, prodúxonos unha enorme decepción. Alí rexían as

artimañas e cuquerías de antano, e todos falaban nun lingoaxe convencional, de seita

pervertida e caduca. Abondaran dous anos de ausencia para non coñecermos a ninguén,

sendo aqueles os mesmos que coñecéramos nas Cortes Constituíntes. Alí fun testigo do

“pucheirazo” máis escandaloso que inventou a picaresca caciquil de Hespaña, repartíndose o

censo de Ourense antre Calvo Sotelo e os republicanos. A impugnación das actas de Ourense,

dirixida e organizada por Bóveda, tiña por obxeto esclusivo diñificar a vida política daquela

provincia, e tódolos grupos do Frente Popular de Galiza estábamos preparados para intervir

nas novas eleicións de Ourense e facer respeitar a vontade do pobo. Eu protestei ante o Grupo

parlamentario de Izquierda Republicana e dixen que ía falar claro e outo no Salón de Sesións.

Entón o Presidente advirteume, coa meirande seriedade, que de non aprobarse naquela

mesma noite as actas de Ourense, non sóio se poñía en perigo a vida do Goberno senón a

eisistencia da República. ¡Que farsa indiña! ¡Que artimaña indecorosa! Porque do que se

trataba non era de salvar o réxime senón as actas da Cruña…

Axiña comprendimos que os republicanos de Galiza e as demais forzas políticas con

quen convivíramos na loita recente, eran superiores aos que pretendían gobernalos dende

Madrid. E sentímonos invadidos por unha fe nova, que se afincaba no rexurdimento da

galeguidade, infiltrada en tódolos sectores políticos da nosa terra, capaz de axustar contas aos

perdularios da República.

Page 134: Castelao - Sempre en Galiza

XI

A complexidade do esprito galego marcábase no ancho movimento reivindicador das

nosas liberdades, a punto de invadir o mesmo campo das “dereitas”. Teño motivos sobrados

para decir que a orde de abstención no plebiscito autonomista dada por Calvo Sotelo á súa

xente, obedeceu a unha indecisión producida por un conflito de deberes. O despertar da

galeguidade planteou problemas contraditorios, que nós considerábamos como siño de boa

ventura. Os galegos afiliados a partidos “nacionaes” levaban unha intersección contraditoria

no cerne da íntima concencia, cando debían servir os mandados disciplinarios do seu partido,

centralizado en Madrid, e, ao mesmo tempo, querían obedecer ás privativas realidades da súa

Terra. Os mesmos galeguistas, que nacíamos e morríamos politicamente en Galiza,

sentíamonos escravizados por contradicións ineisorables, cando atendíamos ao esclusivo ben

do noso país e non podíamos disprezar as continxencias da política xeral de Hespaña. Polo

sentimento natural e incoercible de amor á Terra, sentíamonos identificados con tódolos

galegos capaces de sentiren este mesmo amor. Por unha irmandade de tipo patriótico, que

traballaba polo rexurdimento e vivificación da cultura autóctona, sentíamonos xunguidos a

homes que non compartían a nosa ideoloxía política e menos a nosa disciplina de grupo

organizado. Polo roteiro e a finalidade dos nosos propósitos autonomistas, tíñamos de

concertar convenios con políticos alleos ao noso país e tal vez non concordes cos nosos afáns

En fin; porque debíamos sumarnos ás forzas do Frente popular rifamos cos galeguistas de

“dereita” e tronzamos o Partido. E todo proviña dun despertar da concencia política de

Galiza, tinguida polo ideal que nós mesmos predicáramos, pero interferida polas

preocupacións hespañolas e tamén internacionaes. O sentimento espontáneo fixérase ideia

reivindicadora e xa era vontade maoritaria en 1936. Aquel galeguismo das Irmandades da

Fala, que ía dende Lousada Diéguez a Xaime Quintanilla, xa non era o pequeno circo onde a

penas cabíamos cen homes de ideias dispares: tradicionalistas, marxistas, anarquistas,

republicanos, católicos, ateos… O galeguismo das Irmandades rompera os valados que o

apreixaban, e cada un de nós fixera sementeira no seu campo; pero alá no fondo endexamais

renunciamos á ideia fraternal de solidaridade galega, e todos nós quixéramos dispois xuntar

os nosos campos como se xuntaran as nosas persoas en irmandade inesquecible. Sempre,

sempre, lembrarei aquelas primeiras xuntanzas do ano 1918, cando comprobamos que, por

falarmos en galego, podíamos discutir sen disputar. E sobor de todo aquel sentido afán de

chamarnos “irmáns”. Dividírase o galeguismo; pero difundirase. Non hai dúbida de que era

para xuntar a toda Galiza nun anceio colectivo de liberdade.

Galiza estaba preparada para gobernarse de por si, e a enxurrada de conflitos que viña

dende a meseta castelán sería desviada en canto recaera sobor de nós a responsabilidade dun

Goberno a carón do pobo e dos seus problemas de vida. Veríamonos obrigados a traballar

polo sostenimento e consolidación do réxime autónomo, porque todos sabíamos que Galiza

endexamais sería comprendida en Madrid. Os problemas galegos non teñen volume nin peso

de abondo para preocupar aos gobernantes hespañoes, cuia cabeza é aínda pequena para

resolver os problemas pavorosos de Andalucía, Estremadura e Castela. Pero a intelixencia

dos homes que afondan nos problemas privativos de Galiza descobre neles un mundo de

posibilidades para crear un estado de paz permanente, antramentras que o problema da terra

en Hespaña será sempre unha fonte de conflitos no réxime capitalista, ou semifeudal, que

produxo a guerra. Liberada Cataluña e o País Vasco quedaríamos perdidos nun réxime

Page 135: Castelao - Sempre en Galiza

común que sobrecargaría a nosa escravitude tributaria, sen poder nin estímulos para abrir

novas fontes de riqueza. Non; todos sabían, inclusive as “dereitas”, que nada se podería

esperar do réxime común, do centralismo, como non fosen os repartos da miseria e da fame,

quedando, coma sempre, ao marxe da pública tutela. Galiza enteira sabía, porque nós llo

fixéramos saber, que o Estatuto non sóio serviría para diñificar o noso nome, senón para

desenrolar a nosa economía.

¿Será posible que ninguén se lembre en Galiza do que tan a reo dixemos? ¿Será

posible que todos esqueceran as verdades do noso credo? ¿Ninguén terá presente os

razoamentos de Bóveda e a claridade do seu verbo inimitable? ¿Será capaz Franco de matar

as espranzas que nós sementamos en toda Galiza? ¿Pasarán as nosas xentes por diante dos

cimeterios sen lembraren aos mártires do galeguismo? ¿Estarán ledos e satisfeitos da súa

vitoria os que denantes nos aldraxaban? ;Os labregos e mariñeiros entenderán as andrómenas

patrioteiras do falanxismo mellor que as nosas ideias? ;Non haberá quen conteste ao ¡Arriba

Hespaña! cun ¡Viva Galiza ceibe! dentro do seu peito? ¿Morrería a memoria, a intelixencia e

a vontade do noso pobo? ¿Pensará algún galego que o Estatuto lle causaría maor miseria que

a que agora están sufrindo? ¿Os que se puxeron á beira dos feixistas non estarán

desenganados? Non é necesario responder a estas perguntas. Pudo unha par te de Galiza

sentirse ilusionada pola xigantomaquia do militarismo e deixarse arrastrar pola fanfarria das

súas vitorias; pero agora sabe a verdade. Puderon creer algúns galegos ricos que nós

queríamos implantar o comunismo e que os terribles rusos invadiran Hespaña; pero agora

saben a verdade. Puderon creer algúns galegos que o Estatuto lles ía causar a ruína e que era

mellor vivir amparados por unha Hespaña “grande y única”; pero agora saben a verdade. E

porque Galiza ten arestora a verdade diante dos ollos non debe o noso desterro tinguirse de

pesimismos.

Podíamos seguir discurrindo a prol da Galiza sometida; pero será mellor fuxir do

terreo das suposicións e suxetarnos aos feitos que nós coñecemos e que ninguén pode negar.

Cando estalou a guerra tiña Galiza unha capacidade política e unha concencia da súa misión

hestórica moi superior á xeral da República, polo que resultaba irritante a soberanía que de

feito exercía Madrid sobor de nós. Por esta autoridade lonxana e iñorante —esnaquizada en

catro cachos, para maor endebleza na súa presencia en Galiza— perdeuse a nosa Terra nos

primeiros días do levantamento, sen que os xerifaltes da República se decataran do que

perdíamos (valía máis o Ferrol que toda Asturias). Estou ben seguro de que o esprito

autoritario dos hespañoes do Centro endexamais recoñecería a nosa capacidade, e aínda hoxe

son capaces de negar que unha Galiza autónoma non se deixaría sorprender polos militares.

A inquina contra nós manifestouse nos primeiros tempos da guerra, e non sigueu avante pola

vixilancia que os galegos leaes exercíamos en todas partes. A primeira intención foi

considerar a Galiza como un país reaccionario, igoal que Navarra; pero máis covarde e, por

ende, pouco temible. Nas crónicas de guerra que se publicaban no xornal El Socialista,

referentes a Asturias, chegou a escrebirse esta frase: “Los enemigos, cómo buenos galaicos,

en cuanto oyen un tiro se dejan caer monte abajo”. Esta frase foi rectificada, e con longas

esplicacións, porque as Milicias Galegas non estaban dispostas a consentir semellante

inxuria; pero nas crónicas endexamais se falou dos catorce mil galegos, asimilados pola

desiñación de “mineiros asturianos”, e os cronistas calaron sempre o nome de dous xefes

mineiros galegos, insuperables na bravura, na diñidade e na decencia: Gayoso e Vázquez.

Parecía natural que se tratase de amolecer o empuxe das tropas que procedían de Galiza,

dirixíndolles verbas de agarimo e invitándoas a pasárense ao noso campo; pero aqueles

probes mozos, que foran levados á forza, non merecían máis que insultos e aldraxes. Os

Page 136: Castelao - Sempre en Galiza

nemigos en Asturias eran sempre galegos, e moitas veces quixéramos perguntar onde servían

os mozos asturianos, ou se Asturias non daba soldados; porque xa estábamos fartos de tanta

fanfarria inútil. O pior do caso é que aqueles rapaces galegos obrigados a loitar en contra dos

seus proprios ideaes, levaban no sangue a bravura que proclamou Wellington e que nunca se

deixou de manifestar ante o cheiro da pólvora. Estou ben seguro de que os rapaces galegos

saíron de Galiza con mentes de pasárense a nós, como se pasaron noutros frentes, e alí

mesmo; pero foron magoados na súa diñidade de homes e de galegos. Chamáronlles

covardes, “mariscos”, i, esgotando contra eles o rico repertorio da língoa castelán, crearon de

improviso un antagonismo de veciños e con el un exército co que non contaba Franco. Os

rapaces galegos esqueceron os motivos da guerra e sóio pensaron en vengarse dos aldraxes i

en facer respeitar a súa diñidade de homes e de galegos. Por unha falla de xuízo que os levou

até a loucura, os soldados galegos loitaron na guerra como loitan nas romerías: aturuxando e

sen temer á morte. E foi así que os “mariscos” tomaron Asturias.

Se quixéramos afondar nese complexo de bravura galega manifestada contra Asturias

—non contra a República—, atoparíamos contradicións proprias do noso carácter, e no fondo

de todo un amor estraordinario a Galiza e a decisión firmísima de morrer por ela. Non hai

dúbida de que os militares agradecían na alma os insultos que recibían os soldados galegos,

porque así producíase unha confusión de patrias Tamén é verdade que os soldados

sobreviventes que ágora viven asoballados en Galiza, estarán arrepentidos do seu ardimento

belicoso; pero non poden esquecer que aqueles aldraxes eran sentidos, conscentes e

sinceiros, dirixidos contra Galiza. E a verba “mariscos” será capaz aínda de poñelos en pé. Os

rapaces galegos cometeron un erro espantoso; pero é máis imperdoable o erro que cometeron

os asturianos.

¿Era concebible que Galiza fose feixista? Pero conviña creelo para teren unha nova

ocasión de aldraxarnos. Aínda dispois de comprobaren a lealdade dos gaiegos, non se quería

recoñecer. Pesáballes que déramos tantas probas de firmeza republicana, tantos herois e

tantos mártires. Pesáballes máis cando vían que os galegos leaes loitaban tamén pola

liberdade de Galiza. Lémbrome dun parte que dou o comisario do Batallón Galego —Emilio

Blanco Fociños—, dispois dunha brillante operación en Brunete: “Nos hemos acercado

quinientos metros a Galicia”. Non; Galiza non era nin é feixista, e chego a creer que no fondo

da concencia criminal dos falanxistas latexará un pouco do que nós sentimos, e que tamén

eles sufrirán contradicións e conflitos de deberes, como chegou a sentilo Calvo Sotelo. O

¡Viva Galiza ceibe! ficou para sempre chantado no corazón de Galiza.

Non se pode negar que había en tódolos republicanos hespañoes un afán de

considerar a Galiza como unha madrigueira de reaccionarios, sen máis fundamento que “a

mala lei que nos teñen”. Os aldraxes caían a vao dende Madrid e Valencia sobor da nosa

Terra; pero ningún antifeixista se lembrou de aldraxar a Valladolid, poño por caso de

madrigueira reaccionaria. Non; sobor de Castela non podía caer ningunha pauliña, sabendo a

cencia certa que foi a matriz antidemocrática. Abondaría formar un mapa de Hespaña e

manchar as partes que se entregaron sen resistencia para sabermos onde estaban os soportes

da República e onde moraban os causantes da guerra. Este mapa fixérono os “nacionalistas”,

en demostración da lealdade de Castela e da súa vontade de imperio…

Nin durante a guerra foron capaces de comprendernos e de estimarnos.

Page 137: Castelao - Sempre en Galiza

XII

A cegueira dos hespañoes é mal que non ten cura, porque é cegueira voluntaria.

Cerran os ollos para non veren. Son os que representou Goya nunha das súas augafortes: “No

hay desgracia que no les sorprenda”. Empéñanse —por exemplo— en creer que Portugal vai

sempre detrás de Hespaña, imitándoa en todo, inclusive nas modas políticas. Creen que debe

ser así e non controlan os seus anceios frente ás realidades. Sempre lembrarei unha conversa

que sostiven cun Ministro o ano 33, na que el aseguraba que a nosa democracia invadiría

Portugal, empeñándose en comparar a ditadura de Oliveira Salazar coa de Primo de Rivera.

¡Ilusos! Tiven que facerlle ver que a ditadura primorriverista, que causou o derrubamento da

monarquía en Hespaña, era equivalente á de Xohán Franco, que causara o derrubamento da

monarquía portuguesa. I engadinlle: “A ditadura de Oliveira Salazar é a que vai vir a

Hespaña se vostedes non saben evitala”. O Ministro ceibou unha gargallada e declaroume

que xa sabía el que os “separatistas galegos” andábamos en tratos ilícitos cos portugueses

(esto denunciárao un periódico madrileño), amostrándome así o desagrado que lle causaran

as miñas verbas. Non tardamos en ver a Lerroux e Gil Robles facendo de Sidóneo Paes. E por

fin chegou a ditadura que os republicanos hespañoes non souperon evitar por repetir o

desbaraxuste democrático-liberal da República portuguesa. O pior é que os acontecimentos

en Hespaña —ensaiados primeiramente en Portugal— son máis grandes, máis gordos, máis

irreprimibles.

Con ser grave que non queiran ver o que ocurre dentro da Península é aínda máis

grave que non vexan o que ocurre dentro do que eles chaman a súa Nación. Empéñanse en

vivir de tópicos luxados polo uso i en desprezar a verdade. E a súa teima preferida consiste en

chamárense progresistas i en alcuñaren de retrógrados aos que non soportan a súa lei.

Combatían aos vascos por reacionarios; aos galegos por reaccionarios, aos cataláns por

reaccionarios. E a xenreira contra ese pretendido reaccionarismo partía dende Castela —o

centro de tódolos retrasos— e tiña como vehículos de difusión a El Imparcial primeramente e

ao ABC dispois. E a todo esto as “esquerdas” e o mesmo proletariado servían e seguían a

hipócrita e teimosa acusación dos centralistas. Podemos decir máis: estas forzas loitaban a

codazos para poñérense na vangarda do movimento uniformista contra os anceios de

liberdade e de democracia, que se sentían na periferia hespañola. Polo visto era preciso

amparar o esprito da unidade hespañola, ou sexa do imperialismo castelán, que

tradicionalmente se caracteriza polo fanatismo, a intransixencia, a intolerancia, a crueldade, a

tiranía, a Inquisición. A Hespaña castelán, que dentro do marco xeográfico e cultural de

Europa era “estremo simétrico do imperio turco” (frase acertada dun federal) empeñouse en

considerar a Cataluña, Euscadi e Galiza como países retrógrados!… Non se daría nada máis

risible se non eisistira un Exército regular e a Garda civil para defender esta hipocresía, esta

fición, esta falsedade; pero xa non é risible senón indiñante, a posición suicida das

“esquerdas” e do mesmo proletariado.

A toda Hespaña se lle fixo creer que os galegos éramos xente inferior, sen capacidade

para o exercicio das artes e das letras, e que nos opuxéramos aos desiños civilizadores de

Castela sóio por servir e soster o bandidaxe dos señores feudaes; pero a ninguén se lle dixo

que os galegos tiñan unha cultura anterior e superior á de Castela, e que contaban con

institucións foraes que concedían aos labregos un comezo de propriedade, base dos actuaes

minifundios, mentras que na Hespaña castelán e na Hespaña reconquistada polos casteláns

Page 138: Castelao - Sempre en Galiza

aos mouros perdura o latifundismo feudal, e os labregos aínda son servos incapaces de rexir

propriedades. Agora fáiselle creer a toda Hespaña que os galegos sentaron a “vontade de

imperio” e que defenderon a integridade da patria hespañola, non somentes para conservar o

réxime de propriedade gañado a través de duras vicisitudes e ameazado pola invasión

marxista, senón para salvárense do Estatuto autonómico, que os afogaría no marco estreito da

rexión; pero a ninguén se lle dirá que os galegos loitaron contra os militares e que foron

vencidos por falla de armas, e que os seus sentimentos republicanos e autonomistas foron

consagrados por un segundo plebiscito: o plebiscito tráxico dos mártires.

A toda Hespaña se lle fixo creer que os cataláns carecían de pulo espritual, sóio

atentos ao cálculo ruín e á previsión egoísta, e que unha vez se venderon a Franza para

fuxiren da xustiza castelán, armando unha guerra contra a Patria, e que o seu separatismo foi

parido nas caixas fortes de Barcelona; pero a ninguén se lle dixo que os cataláns son

antagónicos de Castela porque aman a liberdade e queren vivir baixo a súa propria lei; que no

lume que queimou a Barcelona para vencelos, arderon as liberdades de toda Hespaña, e que o

seu separatismo xurde do valor máis espritual que pode ter un pobo: a língoa. Agora fáiselle

creer a toda Hespaña que os cataláns defenderon a República porque odiaban aos hespañoes,

e que preferiron o derrubamento do seu progreso industrial e do seu poder económico antes

de retornaren ao seo da Patria; pero a ninguén se lle dirá que os cataláns loitaron por primeira

vez e voluntariamente á beira dos hespañoes, e que a vitoria das armas leaes esvaería os

vellos resentimentos que agora se recocen no peito de Cataluña.

A toda Hespaña se lle fixo creer que os vascos defenderan a Don Carlos por simple

fanatismo relixioso e que opuxeron a súa ferocidade de sentimentos ao liberalismo iniciado

nas Cortes de Cádiz, armando tres guerras civíes co esclusivo obxeto de restauraren a

monarquía despótica; pero a ninguén se lle dixo que os seudoliberaes querian abolir os

“fueros vascos” e arrasaron, en nome de Castela, á nación máis orixinal de Europa, rexida

dende antigo por unha democracia verdadeira, e que os vascos sóio cometeron un erro:

confiar as súas liberdades á persoa dun Borbón. Agora fáiselle creer a toda Hespaña que os

vascos defenderon a República laica por un simple afán político e que opuxeron o seu

criminal separatismo á cruzada relixiosa que abenzoara o Cardeal Gomá, aliándose aos ateos

e comunistas para ensumiren a toda Hespaña na barbarie soviética; pero a ninguén se lle dirá

que os totalitarios hespañoes —mellor dito, casteláns— querían arrasar, en nome de Deus, as

liberdades da nación vasca, rexida estritamente pola doutrina social da Eirexa, e que os

vascos tiñan dereito a defender a súa vida e o seu país contra os falsos católicos de Hespaña,

eternos contraventores da lei de Cristo.

Afincaremos as semellanzas de Cataluña, Euscadi e Galiza nalgunhas realidades

hestóricas e indiquemos a variedade que elas denotan, para marcar mellor a súa

diferenciación encol de Castela o antre si mesmas.

As tres nacionalidades foran asoballadas violentamente: pero non ao mesmo tempo

(Galiza foino no século XV, Cataluña no XVIII i Euscadi no XIX), e por eso non poden ser

idénticas no recordo das institucións perdidas, no resentimento que deixaron as guerras civíes

e, polo tanto, na vontade reivindicadora. As tres nacións conservan nidiamente, eso si, os

atributos tradicionaes da súa personaiidade e a concencia da súa diferenciación en carne viva;

e ademais tiveron homes que formularon en doutrina política o sentimento real de cada país:

Sabino Arana en Euscadi, Alfredo Brañas en Galiza, Prat de la Riba en Cataluña. Pero as

“esquerdas‟ hespañolas non quixeron ver o que estas doutrinas contiñan de novedade, e

puxéronse a defender unha Hespaña escoada e decadente, porque eles —os chamados

liberaes e demócratas— nada novo podían oferecer para salvala da caducidade, como non

Page 139: Castelao - Sempre en Galiza

fosen teorías político-filosóficas traducidas malamente do francés. Pois ben; eisaminando as

doutrinas de Arana, Brañas e Prat, hoxe superadas e postas ao día por outros homes, calquera

pode comprender que xurdían da mesma entraña hespañola; que eran fondamente

tradicionalistas no planteamento dos problemas pero progresivas na solución que propoñían;

e que, ademais, renegaban dos sistemas despóticos e arelaban unha paz permanente, basada

na superación de todo motivo de conflito. Ningunha destas doutrinas é antidemocrática, a

pesares de que os autores fosen homes conservadores, i en todas elas se ve a posibilidade de

crear unha nova Hespaña, rexida por principios equitativos, liberaes, xustos, democráticos.

¿Será dificultoso demostrar que a sonada intolerancia dos hespañoes é un froito da

hexemonía castelán? Comparemos, por exemplo, a un católico castelán cos demais católicos

de Hespaña, e ollaremos que nin dentro da Eirexa e da súa disciplina se logrou a unidade

nacional, e non certamente por culpa dos chamados “separatistas”. O catolicismo de Castela

non é ecuménico, senón esclusivo. Os casteláns son católicos ao xeito de Isabel e Fernando,

que nomeaban Bispos e Diñidades, que anulaban bulas e decretos pontificios e que se

convertiran en xueces supremos de toda causa canónica; é decir, que os casteláns, a

semellanza dos seus reis, son incapaces de suxetárense a unha disciplina en canto esta

contraveña o seu egoísmo ou o seu orgullo. Un castelán é quen de zorregarlle unha labazada

ao Sumo Pontífice invocando o nome de Deus, e non por motivos celestes senón terreos. Son

os que máis nomean a Deus e os que menos o respeitan (nomean máis a Deus que a Cristo).

Lembrade as eleicións do ano 1933, gañadas polas “dereitas” hespañolas con este lema

blasfemo: “Nosotros representamos a Dios y a España”. E cando, ao pouco tempo, o andaluz

católico señor Giménez Fernández presentou á Cámara un proiecto de reforma agraria

basado nas doutrinas sociaes da Eirexa, toda Castela se alporizou, a berrar así: “¡A nosotros

lo mismo nos da que nos roben en nombre de Cristo que en nombre de Lenin!” Naquel entón

a voz auténtica de Castela resoou no Parlamento por boca dun diputado: “Si se siguen citando

las Encíclicas de los Papas, los defensores de la propiedad privada nos veremos en la

necesidad de declararnos cismáticos”. Sobraría para descalificar o catolicismo castelán con

saber que El Siglo Futuro é o seu voceiro; pero se alguén non coñece a este xornal abondará

decir que chamou “perros mudos” aos seus Bispos por recomendaren acatamento ao poder

civil lexitimamente constituído (lei católica que o Papa lembrara ao Episcopado hespañol

cando se proclamou a República). Non tardamos en ver ao Episcopado hespañol xa vencido

ou incorporado á rebelión, e abenzoándoa; pero esta actitude anticristián non foi seguida por

todos. Faltoulle ao Episcopado faccioso a vontade dun vasco —o Bispo de Vitoria— e a dun

catalán —o Arzobispo de Tarragona— e tamén lle faltaría a do derradeiro Arzobispo dos

galegos, aquel bo cristián e católico que en vida se chamou Don Manoel Lago González.

Non; os anticlericaes hespañoes non se decataron de que a Eirexa endexamais pudo ser libre

en Hespaña e de que sempre foi instrumento da intransixencia castelán, representada na

maoría do Episcopado.

Non é certo que a intransixencia das “dereitas” ou das “esquerdas” —idénticas no

fondo e na forma— sexa un vezo irremediable de Hespaña, pois sóio é un efeito da

castelanización do Estado e remataría o día en que Cataluña, Euscadi e Galiza fosen libres e

poideran contrarrestar esa hexemonía.

Page 140: Castelao - Sempre en Galiza

XIII

Moito máis lecer teríamos se nos enzoufásemos na crítica dos que agora mandan en

Hespaña e conservan unha República sen acceso posible dos republicanos ao Poder; pero

carecería de finalidades. As greas de Falange Española poderán comprir moitos principios

avanzados da nosa República e non nego a posibilidade de que os superen nos modos

violentos —son capaces de chegar á matanza de cregos e frades—; pero no que se refire ao

problema autonomista estou ben seguro de que non o resolverán endexamais. Por outra

banda, esta miña crítica non deixa de ser espranzada cando se pensa no restablecimento da

soberanía popular en Hespaña; pero é fatalmente pesimista cando pensamos na desaparición

da democracia e do liberalismo en Europa. Para este caso a nosa actitude non estaría

determinada polos antecedentes inmediatos senón por outros máis lonxanos e máis fondos.

Adicarei este capiduo aos elementos que produxeron a guerra civil, e para eso vou

reproducir unha “caricatura” que compuxen en Barcelona, mellorándoa no posible. Son tres

elementos: o “militarismo” que se consideraba ferido nos seus sentimentos patrióticos e

hipotecou a independencia da patria; o “clericalismo”, que se consideraba ferido nos seus

sentimentos relixiosos e xogou a Eirexa no xogo azaroso da guerra; o “semifeudalismo”, que

se consideraba ferido nos seus intreses e convirteu a súa riqueza en pólvora. Eles

representaban o orgullo, a soberba e a vaidade; é decir, o máis vello, máis negro e máis podre

da Hespaña centralista. Velos aí van:

MILITARISMO

A bravura dos militares hespañoes era o medo que metía medo.

O coartel era un convento onde se xuraba, se blasfemaba, se conspiraba contra o

Goberno, se pegaban labazadas, se depelicaban patacas e se tocaba a corneta. Alí os xefes e

oficiaes escollían asistentes.

Os militares usaban bigote e padecían de catarro crónico. Adobiábanse con plumas,

charoles, ferros e botóns dourados, para namoraren mulleres. Gostaban máis das procesións

que das batallas. Perdían as guerras —eso é verdade—; pero perdíanas groriosamente. Eran

cabaleiros no Casino e arrieiros no fogar. Chegaban a xeneraes polo riguroso turno de

antigüedade. Morrían de prostatitis crónica (nos militares hespañoes todo era crónico).

Os militaristas amaban a “intanxible unidade da patria”. Creían que Isabel a Católica

descobrira as Américas. Tiñan unha espiña cravada no corazón: Xibraltar. Arruináranse

comprando “marcos” e seguían sendo xermanófilos.

Por algo foron vencidos polo pobo.

CLERICALISMO

O catolicismo hespañol era unha fror de trapo.

A Eirexa hespañola, como forza, era a menopausia defendida polo histerismo; como

ideal era a miopía sen anteollos; como categoría era unha popa de vella beata enfundada nuns

calzóns de baeta.

Os cregos eran prófugos do sacho, desertores da agricultura. Cando sabían latín non

pasaban de capeláns. Agachaban os Evanxeos, bulrábanse das Encíclicas e botaran das

eirexas ao pobo traballador. Poñían casulas en forma de guitarra, metendo a cabeza polo

burato. Cantaban “flamenco” en vez de “gregoriano”. Vivían a costa do purgatorio e morrían

de indixestión ou de apoplexía.

Os clericaes poñían na porta da casa unha efixie do Corazón de Xesús estampada en

Page 141: Castelao - Sempre en Galiza

folla de lata. Dentro do fogar vivían acochambados cos sete pecados capitaes. Compraban

indulxencias e prestaban diñeiro ao cen por cen.

Por algo Deus deixou queimar eirexas.

SEMIFEUDALISMO

O capital hespañol era unha cousa que servía para vivir sen traballos e sen

cavilacións.

Os Bancos eran tendas de diñeiro, en comisión, para venderen pesos a sete pesetas.

Prestaban diñeiro aos industriaes para arruinalos, e non consentían que os probes chegasen a

ricos.

Os ricos vivían de cortar cupóns da Deuda pública. Herdaran mares de pan onde

morrían de fame os campesiños. Casábanse por “amor proprio” e tiñan queridas por vaidade.

Andaban en autos que ían a ningures. Aburríanse da vida. Ían a misa de doce, levaban velas

rizadas nas procesións e baldeiraban a folica dos pecados unha vez cada ano. Morrían dos

disgustos que lle daban os fillos.

Os reaccionarios eran de diferentes tipos; adeministradores que pouco a pouco se ían

quedando cos bens dos señores; tenderos e comerciantes que, para saberen o que é o ben e o

mal, consultaban o Código penal; señoritos bailaríns que andaban á caza de rapazas ricas;

empregados que soñaban co premio gordo da lotería nacional; etc., etc.

Por algo Hespaña non era un país industrial.

Estas semblanzas humorísticas non son eisaxeradas nin conteñen deformacións

producidas pola xenreira. Son así porque non se deben tratar en serio. Certo que eses

elementos derrubaron a República; pero non foi porque a República non fose capaz de

esmagalos a eles. O que pasou é que os republicanos tiñan vezos castizos e vivían

politicamente de combatir ás “dereitas” anacrónicas dé Hespaña. Combatilas, si; anulalas,

non. Estou por decir que moitos republicanos sentiron o derrubamento da monarquía, porque

vivían esclusivamente para combatila. Tamén os elementos que produxeron a guerra vivían

esclusivamente de combatir á República; pero non pensaban anulala de verdade. (Os que a

queren anuiar son outros homes, menos castizos). Eses elementos están irremisiblemente

perdidos porque nada novo teñen que oferecer a Hespaña como a súa Hespaña non ten nada

novo que oferecer ao mundo.

A “Lei Azaña” para o “militarismo”, o artigo 26 da Constitución para o

“clericalismo” e a Reforma Agraria para o “semifeudalismo” non foron máis que escitantes

da sedición. Esas medidas non coutaban a liberdade dos elementos para propagaren o

descreto do novo réxime, valéndose das licencias que a República lles concedía e da

ineficacia das Leis que se ditaban contra eles. O despotismo militarista, o fanatismo clerical e

a intransixencia semifeudal representaban o ánimo de autoridade en que se basou sempre o

centralismo. Non hai dúbida, pois, de que trunfou sobor da República o esprito filipesco

enraizado nas entrañas de Castela; pero non o egoísmo que promoveu a sedición. Os

militares, os cregos e os terratenentes perderon máis do que a República lles pedía, e non creo

que este sagrificio figurara nos seus plans. Pero non era desto do que eu quería falar.

Non son esclusivos da Hespaña castelán as ambicións de mando e os egoísmos

persoaes e de casta —basados no diñeiro, no sangue e na regalía—; pero é xusto decir que os

elementos reaccionarios de Cataluña, Euscadi e Galiza non sóio se axeitan á morfoloxía

social i económica de cada un destes países senón que as súas características endexamais

concordan cos vezos autoritarios da Hespaña hexemónica.

Cataluña é un país antimilitarista por escelencia, liberal por lembranza rencorosa e

por oposición a todo mando concentrado en Madrid. O catolicismo de Cataluña tiña fondo

Page 142: Castelao - Sempre en Galiza

ecuménico e forma catalana, con preocupacións litúrxicas e artísticas que culminaban en

Montserrat (baluarte do catalanismo confesional). O diñeiro catalán, arriscado en empresas

catalanas, creara unha gran industria —a máis progresiva de Hespaña—, e os valedores da

economía de Cataluña sempre reclamaron garantías para rexila sen intromisións de Madrid.

Os capitalistas cataláns terían pleito cos “esquerdistas” da Xeneralidade; pero endexamais

renegarían do Estatuto autonómico, e, polo tanto, non se aliarían cos que sempre sentiron

door polo progreso de Barcelona. Todos sabemos que os reaccionarios cataláns son alleos á

sedición dos reaccionarios hespañoes.

Se imos ao País Vasco atoparémonos cun caso semellante; pero máis ademirable.

Euscadi non é que sexa antimilitarista; é que se sinte incompatible cos uniformes do Exército

hespañol, ao que odia cordialmente. Os capitalistas vascos crearon un gran poder financeiro

incompatible coa perguiza do diñeiro hespañol, de cuia perguiza eles saben aproveitarse.

Certo que se dividían en carlistas, dinásticos e nacionalistas; pero todos xuntos refugaban o

programa de Falange Española. En canto aos católicos e ao clero de Euscadi, ben

demostraron a súa incompatibilidade cos reaccionarios de secano; pero cómpre lembrar a

contestación que lle deran en 1933: “La sedición y la rebelión no son armas cristianas.

Nosotros estamos al lado de las derechas para hacer una labor eficaz contra la legislación

sectaria; jamás para hacer una revolución”. Non hai dúbida, pois, de que os reaccionarios

hespañoes endexamais contarían con Cataluña e o País Vasco.

Agora vexamos o caso de Galiza. Nós padecíamos unha interferencia castelán na vida

das cibdades, por invasión irremediable de elementos militares, adeministrativos i

eclesiásticos, e tamén de tendeiros maragatos; pero Galiza era un pobo de traballadores

labregos e mariñeiros, non asalariados baixo o sistema capitalista, e de sentimentos liberaes,

en gran parte importados de América. O agrarismo galego foi o primeiro caso de

organización campesiña en Hespaña, cun programa de acción dirixido contra o derradeiro

privilexio feudal que alí eisistía e que nós chamábamos “problema dos foros”; pero

principalmente ía contra o sistema caciquil da Hespaña monárquica. Cómpre afirmar que foi

o único movimento campesiño até que se organizaron os “rabasaires” de Cataluña. Unha

proba dos sentimentos republicanos do noso agro está neste comentario alleo: “Galicia es la

única región en donde las masas campesinas han marchado con las armas en la mano contra

los rebeldes”. Esto é certo, como é certo que Galiza non era militarista, nin clerical, nin

semifeudal, aínda que amase a paz garantizada, os cultos tradicionaes o a propriedade

humanamente distribuída. Galiza era, indiscutiblemente, a Terra mellor preparada para o

asentamento dunha democracia republicana. Non; co pobo galego endexamais poderían

contar os reaccionarios da Hespaña castelán. I en proba desto velaí están os nosos mártires

para proclamalo.

Todo esto quer decir que as tres nacionalidades asoballadas eran os baluartes da

República, os soportes da verdadeira liberdade, e nelas descansaría, segura e firme, se os

republicanos non foran cegos e… centralistas.

Cataluña, Euscadi e Galiza defenden os “feitos diferenciaes” de Hespaña, é decir, as

liberdades anteriores a todo despotismo; pero Castela e os seus pobos satélites, defenden o

“feito hexemónico”, que é a matriz de toda tiranía e, por ende, do “totalitarismo”, que agora

impera alí.

Page 143: Castelao - Sempre en Galiza

XIV

Na campaña preparatoria do plebiscito estatutista, os galeguistas cansámonos de

repetir en tódolos mitins a mesma promesa: “Declaramos que non somos partidarios da

violencia e que o noso Partido aspira a realizar o seu programa dentro da máis estrita

legalidade; pero da mesma maneira que consideramos o separatismo como unha ideia

anacrónica e non embargantes estaríamos dispostos a abrazalo como derradeira posibilidade

de salvación, así mesmo decimos que non aceptaríamos endexamais a violencia como

sistema; pero que estamos dispostos a aceptala para defender a República contra calisquera

ameaza de tiranía”. Esto dixemos e esto falamos; pero non nos cadrou a nós organizar a

defensa do réxime en Galiza, e os que tiñan esta misión descoidárona e morreron pendurados

do teléfono que comunicaba con Madrid e co Ministerio da Gobernación. Se nós

gobernásemos en Galiza procuraríamos salvala sen autorización de Madrid, e teño a

seguridade (seguridade basada en informes certísimos do que alí ocurreu) de que non

seríamos vencidos polos militares acoartelados. E aínda digo máis: Galiza determinaría, coa

súa liberdade, a salvación definitiva da República. Por eso, canto máis cavilamos no que

pasou, sentímonos invadidos polo arrepentimento; pois tamén nós somos culpables ao

renunciarmos a interferir as decisións do Goberno en asuntos xeraes, prestándonos a servilo

cegamente. Confesemos a nosa imprevisión, de paso que declaramos a dos demais.

¿Como pensábamos no intre de xurdir a sedición? Para nós a política do Frente

Popular estaba descomposta e fracasada. Sabíamos que o Goberno republicano —por

conminación dos seus grupos parlamentarios— tiña que impor a Lei ou deixar o Poder. En

ambos casos o fin da coalición era cousa de meses, e, polo tanto, a rebeldía das “dereitas”

resultaba ilóxica e irracional. Sóio axentes estraños podían precipitar unha guerra que, no

intre de xurdir, era inutilmente criminal. Nós intuíamos que algo estraordinario nos

ameazaba, e o amor a Galiza sóio nos facía cavilar na sorte do Estatuto. ¡Custáranos tanto

traballo e tantos sagrificios!

Nos primeiros meses da República xa tropezamos coa incomprensión dos

republicanos, i esto determinou a política que seguimos. Tíñamos de ser xenerosos para

gañar a estimación do pobo, e tiñamos de ser compaxinadores, deixando facer aos demais e

aprazando para máis tarde a esplosión do que verdadeiramente sentíamos. Fomos cautelosos

e tan precavidos que o que gañábamos por unha banda perdíamolo pola outra. A nosa táctica

sería boa se a República vivise máis tempo; pero cómpre decir que a nosa fe era tan

desmedida como a dos gobernantes.

En realidade, os galeguistas víñamos condenados a facer unha política

compaxinadora para compensarmos o retraso en que collemos a nosa Terra por culpa dos

nosos devanceiros políticos, que non popularizaran as súas doutrinas nin organizaran a forza

que debía difundilas. Neste sentido nós actuamos aceleradamente e non podemos queixarnos

do resultado; pero faltounos, eso si, a ambición de ocupar postos, e cometemos o erro de

deixar que os ocupasen aqueles homes que nós sabíamos incapaces e insensibles á nosa ideia.

Galiza é unha nación perfeitamente diferenciada; pero a súa vontade política non

podía compararse coa de Cataluña e a do País Vasco, o que non é motivo para negarlle o

dereito a ser libre. ¿Mideuse algunha vez a vontade política do pobo hespañol para saber se

Hespaña debe ou non ser independente? Galiza tivo sempre unha “élite” de homes capaces de

rexila (rexiron a Hespaña moitas veces e souperon mantela en paz) e non se pode medir a

Page 144: Castelao - Sempre en Galiza

capacidade dun pobo polos resultados dun referéndum, e menos aínda por un referéndum que

as torpes eisixencias da Constitución obrigaban a mistificar. Por esto nós estábamos collidos

antre dous deberes e sacrificamos todo ante a ideia de presentar ás Cortes da República o

noso Estatuto e lograr a súa promulgación. Dispois xa non teríamos máis que un deber: salvar

a Galiza i engrandecela. Pero ese “dispois” non chegou.

Pode esplicarse o menor grado de vontade política de Galiza en relación con Cataluña

e o País Vasco. Primeiramente porque foi asoballada antes —con séculos de diferencia— e

dispois porque lle faltaron os órgaos vivificadores da concencia nacional. Por esto nós, que

tíñamos un sentido vivo da realidade galega, endexamais concordamos coa teoría catalanista,

que medía orgullosamente os grados do “feito diferencial de Cataluña” polo resultado

previsto do referéndum popular. Así, nós estábamos na posición de Almirall frente ás teorías

de Pi i Margall, cando Cataluña era máis sentimento que ideia. Tampouco concordábamos

cos vascos, que medían a capacidade política do seu país polos feitos violentos que

realizaran, cando abondaba medir os grados da súa diferenciación nacional, medidos a través

da súa fatalidade. Creo que digo verdade ao afirmar que unha Cataluña sen Barcelona —eso

é a nosa Terra— sería un pobo con menos vontade política que Galiza. Tamén se pode decir

que o País Vasco, sen a lembranza viva das institucións que perdeu e sen o “concerto

económico” que aínda conserva, estaría, de seguro, máis castelanizado que Galiza. Nós

basamos este suposto na estensión e vitalidade do idioma galego en relación co vasco. E a

nosa antítesis encol da “tauromaquia” denota que o noso carácter é único dentro de Hespaña.

O resultado dos plebiscitos autonómicos marca bastante ben o grado de vontade popular

política que ao marxe das diferenciacións naturaes eisistía nos tres países cando se proclamou

a República: Euscadi logrou un 80 por cento de votos favorables, Cataluña un 75 e Galiza un

73. Todo dependía da maor ou menor distancia temporal en que xacían as liberdades

perdidas. O País Vasco era un “feito diferencial” impulsado pola memoria; Cataluña era un

“feito” basado na vontade; Galiza era un “feito” creado pola intelixencia e impulsado pola

imaxinación. Era, pois, natural que as demandas autonomistas planteadas como “problema

grave” ante o Estado hespañol, tiveran de escalonarse neste orde: 1° Cataluña (a vontade é o

que máis vale en política); 2° Euscadi (a memoria é o mellor reactivo das accións

reivindicadoras); 3° Galiza. Por calquera banda que ensaminemos o caso de Galiza é preciso

recoñecer que os galeguistas actuamos con intelixencia pero non soupemos prever os riscos

que corría a República e o pouco tempo de que dispoñíamos para desenrolar o noso plan.

¿Pero é que podíamos facer outra cousa?

Foi en Galiza onde primeiramente xurdeu un compendio doutrinal do autonomismo

para convertir o sentimento en ideia política. O noso Alfredo Brañas imprentou o seu libro El

Regionalismo en 1889 e difundeu longamente a súa doutrina dende o periódico La Patria

Gallega, creado para espallar en Galiza o ideal que entón se chamaba rexionalista; pero non

se limitou á súa patria, senón que vai a Zaragoza e a Barcelona, buscando a solidaridade

doutras patrias. En 1892 pronuncia o discurso de apertura de curso na Universidade Galega,

no que desenrola un programa de Goberno proprio, que é o máis avanzado de todos cantos se

idearon no século XIX. Brañas era tamén orador e os seus discursos produxeron

controversias e disputas no ambente das vilas e cibdades, e o seu rexionalismo chegou a

sedimentarse nunha aceptación xeral, que moitos intelectuaes mantiñan en vigor. Pero

Brañas e os homes que concordaban con el non formaron un Partido político nin organizaron

forzas para convertir a ideia rexionalista en feito hestórico. Conformábanse coa conquista das

intelixencias e con avivaren o sentido dialéctico dos seus correlixionarios; pero fuxiron da

acción e non alumearon as arelas vitaes do pobo. O pior é que no entanto había outros homes

Page 145: Castelao - Sempre en Galiza

incapaces de conquistaren intelixencias, que se adicaban á sementeira de ideias demagóxicas,

incirrando con falsas promesas o egoísmo labrego e producindo, ao cabo de repetidos

fracasos, a teimosa desconfianza en que nós atopamos ao pobo galego cando quixemos darlle

unha concencia política. Esta era a realidade que nós debíamos alumear, e para eso

necesitábamos tempo e prestixio das nosas persoas.

A primeira doutrina do catalanismo é preciso buscala nas “Bases de Manresa”,

aprobadas o ano 1892; pero estes principios foron espallados por un Partido político que

axiña convirteu o puro sentimento dos cataláns nun dos primeiros problemas de Hespaña. O

rexionalismo catalán —que a partir do 1904 xa é nacionalismo— foi impulsado por forzas

políticas organizadas en Barcelona, e a Mancomunidade, en mans de Prat de la Riba, realizou

o miragre da unidade catalana. O “Programa do Tívoli”, a Mancomunidade, a Asambleia de

Parlamentarios e o Estatuto do 1919 revelan catro tácticas diferentes, ideadas pola “élite”

catalanista no ambente de confianza popular que elas gañaran e no clima cultural da gran

cibdade de Barcelona. Non é, pois, tan vella a unánime vontade política de Cataluña; pero

ninguén pode negar a personalidade sentimental e profunda da nación catalana. E nesta

afirmación —anterior ao “feito de vontade” e superior ás continxencias da política— Galiza

é un pobo igoal a Cataluña, no siño dos seus ideaes.

O caso de Euscadi é máis sinxelo e máis forte. A renascencia vasca foi iniciada pola

acción do Partido Nacionalista creado por Sabino Arana Goiri en 1894. As bases doutrinaes

do nacionalismo vasco conteñen afirmacións rotundas, encamiñadas a tronzar o erro carlista,

e sóio confiadas á virtude e forteza do pobo. Euscadi é a única nacionalidade hispana que se

funda principalmente nas características de raza, e polo tanto, na acción. Non hai dúbida de

que o País Vasco é tamén un “feito de vontade”; pero máis permanente que o de Cataluña,

porque se sinte invulnerable ás continxencias políticas de Hespaña. Neste sentido, é forzoso

recoñecer a superioridade da afirmación vasca sobor da catalana e da galega; pero nin así lle

podemos conceder supremacía de dereitos sobor das demais nacionalidades.

Dá mágoa pensar que foi inútil o sagrificio dos galeguistas cando podíamos ser úteis á

República e salvala; pero a culpa non foi nosa.

Page 146: Castelao - Sempre en Galiza

XV

Maxinemos que na primeira sesión de Cortes constituíntes do ano 1931 se votase

unha declaración semellante á que fixeran as Cortes constituíntes do ano 1873. Maxinemos

que a nova declaración estivese redactada nos termos que propoñía Rovira i Virgili para

dispois da guerra: “La forma de convivencia de las cuatro naciones hispanas —Castilla,

Cataluña, Galicia y Euscadi— es la República Federal Española”. ¿Estaría hoxe Hespaña

ensumida no despotismo tradicionalista?

Vexamos as ventaxas dunha República federal sobor da federable que os

republicanos maxinaron:

1° A organización do Estado afincaríase en realidades vivas e permanentes e non

sobor de abstraccións momificadas.

2° O problema das nacionalidades e das rexións ficaría resolto e faríase posible o

rexurdimento dun ideal común.

3° Suprimiríanse os motivos de contenda e formaríase unha harmonía espritual

indestruíble antre a periferia e o centro.

4° Estableceríase un equilibro práctico antre os pobos diferentes, de modo que ningún

deles poidera pesar con esceso na economía ou na política xeral.

5° A Lei non sería un privilexio para os pobos máis fortes ou máis astutos, e non

produciría a ruína das rexións pequenas ou mal apadriñadas.

6° A Lei federal podería ser viable i equitativa, e, por ende, aplicaríase e compriríase

sen detrimento do prestixio republicano.

7° Os problemas agrarios —base primeira da economía de Hespaña— resolveríanse

atendendo ás particularidades rexionaes e acrecentaríase así a produción da terra e o benestar

dos labregos.

8° Os conflitos económico-sociaes limitaríanse ao territorio en que xurden, e

somentes por solidaridade alterarían a vida e a paz dos pobos non afectados polo problema.

9° Evitaríanse os repartos da miseria, que borran a localidade en que se produce e a

responsabilidade dos que a orixinan.

10° O Goberno e o Parlamento federal non se atoparían na obriga de resolver cunha

soia Lei os problemas contrapostos da economía hespañola, e, polo tanto, evitaríanse

solucións inxustas, covardes ou violentas.

11° O caciquismo —se aínda perdurase— veríase obrigado a morar nos organismos

locaes ou rexionaes, esposto sempre á xustiza directa do pobo, e con eso salvaríase o

prestixio do Poder federal, é decir, da República.

12° Os pobos perguiceiros ou anémicos recobrarían folgos e azos co simple exercicio

da autonomía.

13° Amingoarían as posibilidades dun burocratismo retardatario e alixeiraríase a

función do Estado.

14° Os problemas de raíz sentimental deixarían de interferirse coas outas

preocupacións do Goberno central.

15° O libre desenrolo das culturas nacionaes e rexionaes produciría un

enriquecimento do acervo espritual de Hespaña.

16° O estado estaría presente e vixiante en tódolos pobos e non esposto á

incompetencia dos Gobernadores civíes ou dos mesmos Ministros.

Page 147: Castelao - Sempre en Galiza

17° O Estado estaría a carón do pobo, e os hespañoes chegarían a intresarse pola

política xeral, ceibándose da súa teima anarquizante, dando así fin ao desbaraxuste.

18° Aboliríase o esprito asimilista castelán que causou a desintegración da Península,

e daríase o primeiro paso cara unha Confederación ibérica.

O devandito é resume de todo canto deixamos esposto ao longo deste libro, para

defendermos o federalismo hespañol. Agora ben; nós consideramos indispensable superar o

federalismo rexionalista de Pi i Margall, que se inspiraba na teoría do pacto e que opoñía ao

criterio da natureza e da hestoria o da vontade na formación dos Estados. Para nós o

federalismo sóio debe inspirarse no moderno principio das nacionalidades, e, polo tanto, a

República federal hespañola basaríase no libre consentimento de Castela, Cataluña, Euscadi

e Galiza. Xa se sabe que dentro destas nacionalidades eisisten rexións con personalidade

sobrada para mereceren unha autonomía político-adeministrativa, que debería outorgárselle

sen regateos pola nación a que pertenecen. Sóio así concebimos o federalismo hespañol e

sóio dentro desta estrutura xurídica nos sentiríamos cibdadáns verdadeiros de Hespaña.

Podemos ensaminar agora os perxuízos que causou a República reformista do 14 de

abril, como reverso das ventaxas que produciría un réxime federal: 1° Creouse unha

República federable e, polo tanto, non se lle dou ao Estado unha estruturación xurídica

definitiva no período constituínte.

2° Por unha falsa estimación da soberanía ocultouse o problema real das

nacionalidades, prorrogando a fición dunha unidade nacional que endexamais eisisteu.

3° As aspiracións autonomistas ficaron aprazadas por obstáculos de trámite legal e

non se calmaron as preocupacións de Euscadi e de Galiza.

4° Entorpeceuse a republicanización de Galiza e de Euscadi por non crear, por

decreto, institucións provisionaes de Goberno autónomo, tal e como se crearon en Cataluña.

5° Estimouse a vontade dos pobos —posiblemente estimulada por factores

transitorios— por riba dos seus antecedentes hestóricos, das súas tradicións culturaes e das

características da súa morfoioxía social.

6° Sóio se quixeron atender as demandas abrouxadoras de Cataluña e disfrazouse a

concesión con prerrogativas xeraes que non se pensaban comprir.

7° As trabas do artigo 12 da Constitución obrigaban a mistificacións da cibdadanía,

luxando así as nidias arelas dos autonomistas.

8° Os Estatutos autonómicos foron considerados como recursos terapéuticos e non

como solución liberal para soldar os diferentes pobos que integran a Hespaña.

9° O Goberno provisional da República concedeu a Cataluña —antes da

promulgación do seu Estatuto— algunhas prerrogativas que co mesmo dereito reclamaban e

necesitaban outros pobos.

10° O problema dos idiomas —non como reivindicación particularista senón como

sistema pedagóxico para provocar unha meirande cultura— sóio foi estimado para Cataluña,

escluíndo aos demais pobos bilingües.

11° As Cortes mermaron o Estatuto catalán por debaixo das prerrogativas que elas

mesmas consiñaran na Constitución, avivándose os receios de Cataluña ante a insinceiridade

dos republicanos hespañoes.

12° Non se concedeu máis que unha autonomía, que o pobo castelán e os pobos

castelanizados tomaron como privilexio concedido, por medo, á rexión máis sospeitosa de

separatismo.

13° Douse a sensación de que a República non se organizaba sobor de bases de

igoaldade, e alporizáronse os odios contra Cataluña e contra os políticos que transixiran cos

Page 148: Castelao - Sempre en Galiza

cataláns.

14° O aprazamento das autonomías —por culpa dos trámites inventados para

prolongar o sistema unitario— desintegrou a Navarra do País Vasco, retrasando en cinco

anos a fortificación dun baluarte seguro da democracia.

15° Galiza pudo ser autónoma o ano 1933 e non o foi por unha incorrección

imperdoable do Goberno, que deixou a nosa Terra na desorganización e desbaraxuste xeral

en que vivía Hespaña cando se sublevaron os militares.

16° A República conservouse nos vellos moldes da monarquía, e a organización

unitaria da República orixinou, á súa vez, a organización unitaria do alzamento.

17° Fóra de Cataluña, a seguridade da República dependía esclusivamente dos fíos

que conducían ao Ministerio da Gobernación, e deste xeito a distancia esvaía os indicios do

Perigo.

18° Por non ser federal a República e non dividir a Hespaña en compartimentos

estancos morreron máis dun millón de hespañoes.

Na República federal funcionaría unha segunda Cámara formada por representantes

dos pobos autónomos, e así a función frénica do Senado non tería desaparecido por decisión

pouco meditada dos diputados constituíntes, pois é indubidable que a supresión da segunda

Cámara privouno de ponderar con dobre garantía de acerto as leis revolucionarias da

República.

A maniobra xurídica que inventaron os valedores do novo réxime para non

concederen, e ao mesmo tempo non negaren, as autonomías rexionaes, foi vencida por nós ao

cabo de varios anos de loita e de sagrificios; pero vencida inutilmente e a destempo. A

inutilidade da maniobra xurídica e a inutilidade dos nosos sagrificios proba o calibre político

daqueles homes que o día 14 de abril do 1931 asaltaron o Ministerio da Gobernación (o

armatoste máis noxento de Madrid) e puxéronse a rexir os destinos dunha nova Hespaña.

Non hai dúbida de que a República sóio sería federable cando as tres nacionalidades

—Galiza, Euscadi e Cataluña— fosen “rexións autónomas”; pero a costa de enormes

esforzos e de tempo, gastados sen ningún proveito. Tampouco hai dúbida de que os cataláns,

os vascos e os galegos vivirían en perdurable receio ou cicais en loita co Goberno de Madrid

antes de conquerir unha nova Constitución verdadeiramente federal.

Sóio eisisteu unha hora axeitada para trocar o réxime unitario e centralista: a hora

primeira da República.

Page 149: Castelao - Sempre en Galiza

XVI

Os gobernantes provisionaes da República carecían dun plan de organización do

Estado, e non tiñan azos para formalo, e por non atrevérense a resolver por decreto —poño

por caso— os simples problemas de xustiza social, convocaron, a toda présa, unhas Cortes

constituíntes, disfrazando con escrúpulos de leguleyo o que no fondo era indecisión,

incapacidade e covardía. Pero estes escrúpulos aventáronse o día da primeira xuntanza de

Cortes; pois o Goberno coaccionou aos diputados, facéndoos votar moitas veces contra

concencia, para que sóio se aprobase o que a eles lles parecía, que non era xustamente o que

lle conviña ao pobo. As Cortes traballaron día e noite baixo a dirección duns homes que sóio

se preocupaban de transformar a Lei ao seu gosto e antoxo. Así foi que aqueles artigos,

baratos e mal amañados, ficaron no almacén, porque ninguén os quixo, e a fábrica

quebrou… Os diputados eran homes de ben e levaran ao Congreso as arelas de renovación

que se sentían en toda Hespaña, pero non estaban afeitos á política parlamentaria e ás

artimañas de “comisión” e de “pasillo”. As Cortes eran escelentes; o Goberno era ínfimo.

Lémbrome da noite en que se planteou o problema da estruturación da República, cando a

maoría dos diputados nos dispoñíamos a votar en favor do sistema federal. Aquela votación

sería absolutamente sinceira, porque foi promovida por unha enmenda de alcance

insospeitado, que colleu de improviso aos valedores do Parlamento. Tan pouca importancia

se lle dera a esta enmenda que o “banco azul” estaba deserto de Ministros. Lémbrome que se

ergueu Santiago Alba e acoquinou aos diputados facéndolles prever a sorpresa que recibiría o

Presidente do Consello de Ministros ao día siguente, cando leese os xornaes da mañán e

soupese que a República xa non era unitaria. Os espertos diputados da monarquía

convenceron aos diputados novicios, e a votación aprazouse até coñecer o criterio do

Goberno. E foi deste xeito cómo as Cortes que dirían “si” dixeron “non”.

Quero ilustrar as miñas acusacións co relato dun sucedido. Eu presentara unha

enmenda ao artigo 41° da Constitución, que fora aprobada e firmada polos meus

compañeiros de minoría, de modo que eu sóio era o primeiro firmante dunha enmenda que

presentaba ORGA. Pois ben; o representante que tiñamos na Comisión non somentes deixara

de defendela senón que foi el mesmo o encarregado de rechazala ante o Parlamento. Este

diputado era Rodriguez Pérez e xúrovos que endexamais soupen quén o nomeara

representante noso para redactar o proiecto de Constitución. O que sei é que o noso

representante sóio se comunicaba co noso Ministro e que no seo da Comisión combatía os

principios autonomistas e votaba sistematicamente contra calisquera proposta dos vascos e

dos cataláns. Claro está que eu protestei, i entón o noso Ministro intentou reprenderme por

non acatar o talento político, indiscutible, de Rodríguez Pérez. Nin que decir ten que me

arredei da minoría de ORGA.

O tempo empeorou a incapacidade dos valedores e pervirteu aos diputados. O sistema

eleitoral de circunscricións provinciaes encariñara aos diputados coa provincia que

representaban, limitándose a ela, en competencia ilícita cos seus compañeiros de candidatura

e alineándose en soportes caciquíes ou demagóxicos, para non seren esquecidos en futuras

eleicións. Un diputado por Pontevedra xa consideraba inútil para el asistir a un acto de

propaganda na provincia da Cruña. Os diputados da República falaban da súa provincia

como non falaban os diputados da monarquía cando eran representantes únicos dun distrito e

non se consideraban obrigados a competir cos seus compañeiros de diputación. Entón os

Page 150: Castelao - Sempre en Galiza

diputados —ideoloxicamente contrarios ao rexionalismo— xuntábanse en amigable

compaña para defender e fomentar intreses rexionaes. Esto está dito incluso por Pi i Margall

para demostrar que sobrevivían as vellas rexións abolidas sobor das novas provincias:

“Xúntanse, non os de Ourense, nin os de Lugo, nin os de Pontevedra, nin os da Cruña, senón

a Diputación galega”. En troques, os diputados galegos da República —obrigados

ideoloxicamente a loitar polas reivindicacións rexionaes— ían, pouco a pouco, abandonando

os intreses de Galiza cando non coincidían co intrés da súa provincia. Endexamais se falou

tanto das provincias como dispois do adveñimento da República, e os diputados galegos que

foran elexidos dúas ou tres veces pola mesma circunscrición e crearan intreses privativos, xa

refugaban a ideia de suprimir as provincias, porque poñían por riba do intrés xeral e da

opinión predominante a súa propria comenencia. Os diputados atoparían máis dificultades

para montar un aparello caciquil en toda Galiza ou para espallaren a súa demagoxia aos catro

ventos da nosa Terra, polo que un sistema eleitoral de circunscricións rexionaes sería máis

democrático e máis axeitado ás arelas renovadoras que derrubaron a monarquía; pero aqueles

valedores provisionaes do novo réxime descoñeceron a eisistencia das rexións e trataron de

perpetuar a división adeministrativa que creou Fernando VII. Así foi que o provincialismo

arbitrario e irracional da monarquía tiña trazas de fortificarse polos intreses ilexítimos que

crearan os gobernantes da República. E esto é tan certo como que perdemos a República e

que agora manda Franco en Hespaña.

En ningún acto do Goberno se albiscou o propósito de restaurar a personalidade

adeministrativa das rexións, e, polo contrario, víase arreo a intención de manter e fortificar o

esnaquizamento arbitrario de Hespaña, en contraste co que se fixera en Cataluña e co que se

mandara estampar na Constitución. As provincias —anémicas e mendicantes por imperio

absorbente de Madrid— seguían, como sempre, dificultando i encarecendo a

Adeministración; pero con seren nulas e incapaces —por falla de atribucións e de recursos—

as Diputacións provinciaes, eisistían, de por parte, os Gobernos civíes, cuia nulidade e

incapacidade eran proverbiaes. Estes organismos compoñían, e compoñen, o espectáculo

máis pintoresco da política hespañola, e os “provincianos” enchían de gargalladas os cafés de

Madrid contando anécdotas de Gobernadores. No tempo da monarquía os Gobernadores eran

uns homes vellos, escarolados e fracasados, que por seren amigos dun Ministro e non

serviren para nada mandábanos a rexir unha provincia; pero eisixíanselle condicións que

supoñían unha certa esperencia da cousa pública. No tempo da República calquera podía ser

Gobernador e os Gobernadores eran mozos arriscados, capaces de decir que acabaran co

caciquismo ou que republicanizaran a súa provincia… Os Gobernadores da República

enriqueceron o repertorio de “contos provincianos”, que os mesmos Ministros contaban antre

gargalladas terribles.

Supondo que o Goberno tivese motivos para desestimar as demandas de

descentralización e de autonomía que en diversas épocas se reproduxeron ante as Cortes

monárquicas, para garantizar o dereito dos homes e dos pobos; este Goberno ficaría obrigado

a organizar a defensa do novo réxime contra un posible ataque da reacción. Para esto era

necesario acomodar a estrutura do Estado ás realidades vivas do país, e máisime cando as

doutrinas e programas do republicanismo hespañol se basaban na soberanía popular e na

hexemonía do poder civil. Se o Goberno tivese caletre restauraría, polo menos, a unidade

adeministrativa das vellas provincias, para crear fortes dependencias civíes á beira das

Capitanías xeraes, vixiando aquelas forzas que sempre tenden á usurpación do Poder e do

patriotismo, por cuia hexemonía se esnaquizaran as unidades rexionaes en 1833,

pulverizando así a vida civil de Hespaña en favor da militar. Todo se podía esperar menos a

Page 151: Castelao - Sempre en Galiza

perduración dos cativos Gobernos civíes á beira das cativas Diputacións provinciaes, en

manifesta endebleza ante a estensa xurisdición das Capitanías xeraes, que se axeitaban á

vella división de Hespaña. Ben está decir que Galiza, esnaquizada civilmente, eisistía como

unidade militar; pero sustituído o seu nome proprio e tradicional por un degradante número:

“8ª Región” Os valedores da República non quixeron fortalecer a gobernación civil, para

enfrentala coa militar en caso necesario, sometendo ambas dependencias ao pensamento e

acción do Poder Executivo. Cicais por confiaren en Queipo del Llano —poño por caso— e

outros castrenses da mesma graduación, deixaron a República sobor dos soportes en que se

sostiña o despotismo monárquico. Os gobernantes do novo réxime foron menos previsores

que Escosura, quen en 1847 —aos catorce anos de crearse o actual sistema de provincias—

intentou restaurar a vella división de Hespaña con obxeto de pór o goberno civil ao nivel do

militar, equilibrando as dúas forzas. Pero este tema non é, certamente, o que a nós nos intresa.

O que nos intresa é demostrar, de moi diferentes maneiras, a insinceiridade dos

políticos da República cando proclamaban o seu respeito á vontade das rexións. E non

insistimos por simple esprito de crítica —endexamais derrotista— senón para chegarmos a

propósitos firmes e cicais conciliadores. Fagamos aínda, como remate deste capiduo, un

resume de feitos e datas, no que se patentice a arbitrariedade do Goberno frente ao problema

das autonomías.

O Estatuto catalán plebiscitouse o día 3 de agosto do 1931 e foi aprobado polas

Cortes o día 9 de setembro do 1932, dispois de longas e ardidas controversias; pero Cataluña

xa era autónoma por decreto publicado na Gaceta o día 21 de abril de 1931, aos sete días de

proclamarse a República.

A loita dos vascos foi bastante máis dura. O Goberno concedeulles un decreto —creo

que redactado por Prieto— autorizando ás Diputacións vascas para organizaren o

comprimento das probas que a Constitución eisixía. O Estatuto vasco foi refugado polos

Concellos navarros o día 19 de xunio do 1932. Propúxose —sen Navarra— o día 6 de agosto

do 1933 e plebiscitouse o día 11 de novembro do mesmo ano, gracias ao decreto que lles fora

concedido con sobrada anticipación. Os vascos sostiveron unha loita parlamentaria que

durou tres anos e da que saíron vencidos. Volveron a presentar o Estatuto nas Cortes

derradeiras, o día 15 de abril do 1936, esperándose unha grave discusión por entender que a

autonomía rexional debía cancelar o “concerto económico”. Aprobouse, por fin, o día 19 de

outono do 1936, e non por maoría de votos senón por aclamación. Aforrouse a tan temida

controversia porque era necesario agarimar aos vascos i estimulalos para que defenderan a

República.

Os galegos loitamos máis que ninguén, e sóios contra o Goberno, que acatábamos e

axudábamos. Sen decreto algún —porque nos foi negado— propúxose o Estatuto galego o

día 19 de Nadal do 1932. Quixemos celebrar o plebiscito en febreiro do 1933 e non se nos

concedeu autorización para convocar ao Corpo eleitoral. O decreto que se nos concedeu o día

27 de maio do 1933 estabelecía un intervencionismo que non lle fora eisixido aos cataláns

nin aos vascos, multiplicando, con esta arbitrariedade, as dificuldades da proba. O Estatuto

plebiscitouse o día 28 de xunio do 1936 e tomou estado parlamentario na sesión celebrada en

Montserrat o día 19 de febreiro do 1938. O Goberno renunciou á súa xurisdición legal en

Galiza —invadida e martirizada— e os nosos traballos e sagrificios nin tan siquera foron

recompensados por unha aprobación simbólica das Cortes. Así rematou o noso compromiso

político cos republicanos hespañoes antramentras estes non den probas dunha meirande

cordura e comprensión dos problemas trascendentes de Hespaña.

Page 152: Castelao - Sempre en Galiza

XVII

Xa é tempo de que troncemos a teoría de censuras, que sóio poden servir para non

incurrirmos en xenerosidades perigosas; pero eu aspiro a chegar neste libro a conclusións

optimistas. ¿Estamos acaso soñando con ideias irrealizables?

Alguén pode argoír que o principio das nacionalidades foi un soño de vinte anos, pois

a guerra actual tende a simplificar o mapa de Europa e suprimirá para sempre a liberdade dos

pequenos pobos que vivían en paz e a ben cos grandes Estados. Diríase que xa resulta

ridículo falar dos dereitos que a Galiza lle corresponden como nación, porque nesta guerra,

de tipo imperialista, ficarán abolidos os soños da paz derradeira. Pero nós decimos que

aquela paz violou escandalosamente o dereito de libre disposición das nacionalidades.

Xurdiron —eso si— novos pequenos Estados e fíxose unha nova e artificiosa distribución do

mapa político de Europa; pero ningún Estado vencedor concedeu liberdade ás nacionalidades

que tiña aferrolladas. Irlanda foi libre porque gañou a liberdade coas armas na man. Franza

non concedeu o Estatuto autonómico que reclamaban Alsacia-Lorena e sigueu asoballando a

Bretaña. Certo que se lle debe á gran guerra o rexurdimento das nacionalidades, e que este

fenómeno sorprendente e universal empareliouse coa tendencia internacionalista que antes se

predicaba; pero é indubidable que a paz establecida no remate da guerra violou ambas

tendencias e fixo inútil o sagrificio dos pobos. Non; a nós non nos importa que desaparezan

os pequenos Estados, porque a súa independencia é practicamente imposible. Tampouco nos

doería unha desfeita dos grandes Estados europeos, incapaces de chegaren espontaneamente

a unha unidade económica pola federación dos seus elementos nacionaes. Se agora arde

Europa polas catro bandas é porque se traicioaron os anceios universaes que despertou a gran

guerra anterior. E nós creemos que a interdependencia económica dos pobos obrigará

—quéirase ou non— a constituír enormes federacións, nas que o internacionalisrno e o

nacionalismo atopen, ao mesmo tempo, a súa solución normal. Nós non somos separatistas,

nin de Hespaña nin de Europa nin do mundo, e o galeguismo non é máis que o aspecto parcial

dun problema europeo que pode resolverse no fin desta contenda terrible. Somos federalistas

e a nosa ideia sigue en pé e non hai motivo para que a descartemos como posibilidade

próisima. O que non quedará en pé é a ideia hespañola de independencia absoluta, de

aillamento do mundo, na que o Estado é un deus que fica durmido mirándose o embigo.

Sigamos, pois, a nosa teima razoadora.

O problema de Cataluña, Euscadi e Galiza non é privativo de Hespaña, pois forma

parte do cadro europeo e vai xunguido ao plan máis racional de reconstrución política de

Europa, calisquera que sexa o bando que impoña as condicións da paz. Así pois, os

hespañoes, incapaces de comprendernos, porque endexamais quixeron comprender a

ninguén, cicais aprendan a saber que a soberanía de Hespaña era un conto. Estamos

convencidos de que esta guerra matará moitos aspectos do noso programa democrático

—cicais os máis entrañables—, pero non hai razón para concederlle unha prórroga de séculos

á hexemonía castelán. Alguén intentou matar as nosas ilusións con esta profecía (neste intre

sóio cabe profetizar): “Vai revivir a Hespaña de Felipe II, e Portugal terá de reintegrarse ao

Estado hespañol”. Claro está que non se refería á empresa do gran imperio mundial daquela

Hespaña, senón á reintegración política da Península. Maxinemos que esto fose certo. Se

Portugal se federase con Hespaña, os galeguistas veríamos comprida unha parte dos nosos

anceios, porque desaparecería o tabique que separa en dous estancos a nosa cultura, e porque

Page 153: Castelao - Sempre en Galiza

a entrada dos portugueses orixinaría unha forte oposición á hexemonía dos casteláns abrindo

unha brecha no sistema unitario e absorbente. Se Hespaña invadise a Portugal non por eso

sería capaz de asimilalo i entón o problema das nacionalidades hispánicas veríase reforzado

por un novo resentimento. E Cataluña, Euscadi, Galiza e Portugal non tardarían en abatir a

soberba de Castela. Abatiríase inclusive de seu, por indixestión…

Metémonos a prever o futuro e cómpre que razoemos o noso optimismo. Sabemos o

que esta guerra contén de refugable e o que podemos agardar dela como demócratas e

liberaes; pero agora sóio falamos do aspecto nacional. As tendencias espontáneas da nosa

época son internacionalistas. Ollamos a decotío homes espertos en diferentes disciplinas

xuntárense en nome de tódolos pobos do mundo. Creouse a Sociedade das Nacións, a

Cámara de Comercio Internacional, o Buró Internacional do Traballo, a Oficina

Internacional de Cooperación Intelectual, a Unión Interparlamentaria, etc. Por outra banda,

tamén é innegable a tendencia nacionalista da nosa época. Oliamos o rexurdimento dunha

moitedume de pobos que parecían mortos e asimilados, e que de súpeto se puxeron a cultivar

o seu idioma, eisaltando as súas tradicións e reivindicando con bravura o seu dereito a vivir

politicamente separados. Tamén ollamos cómo as “minorías nacionaes” se revoltaban en

contra da nación que as quería asimilar, reclamando o dereito a fomentaren a súa privativa

cultura. Cómpre decir que Cataluña, Euscadi e Galiza —sendo nacións— entraron a formar

parte do Congreso de Minorías Nacionaes de Europa buscando unha tribuna para que a súa

voz resoase no mando; pero xa é hora de decir que aquel non era o seu lugar. ¿Até que punto

a noción internacionalista e a nacionalista aparentemente contraditorias, poden unirse nun

soio anceio?

Durante a gran guerra do 1914-1918 fíxose patente a interdependencia económica

dos pobos coa restricción de artigos de primeira necesidade, e dende entón sabemos que o

país máis privilexiado non se basta a si mesmo. A lembranza da pasada guerra —que xurdeu

por motivos de hexemonía económica— demandaba no pensamento dos homes a vitoria do

internacionalismo. Cando un home se decataba da procedencia das cousas que se vía

obrigado a consumir sentíase, economicamente, un cibdadán do mundo. Maxinemos que as

aduanas fosen abolidas, que as cousas circulasen libremente até que as industrias protexidas

non tiveran razón de eisistir, e que inclusive chegáramos a un sistema universal de moeda.

Para un home sinxelo esto sería o fin das guerras, a paz asegurada sen tratados de alianza, sen

lerias diplomáticas.

Esto plantea unha pergunta no maxín dos homes sinxelos: “Se o mundo tende á

unidade económica ¿por que non se realiza de paso a unidade política?” Esta ideia é

vellísima: quíxoa impor Alexandro, César, Carlomagno, Felipe II, Napoleón… Hitler. Sen

referirnos ao mundo senón a Europa, é preciso —como ben di un autor bretón— non ter

atravesado endexamais unha fronteira para chegar a pensar que se pode someter a un mesmo

réxime, un mesmo Código e un sóio Goberno, a xentes e pobos tan diferentes como son os

alemáns, os rusos, os ingleses, os italianos, os hespañoes, os franceses, etc. Non; a solución

unitaria é unha ideia de teóricos de gabinete ou de aldeáns que non coñecen máis que os seus

eidos.

A solución xusta está en que os pobos se sometan voluntariamente a un sóio plan

económico; pero conservando cada un deles a súa soberanía política. (Esto chámase

federalismo). O feito de que unha nación teña fronteiras políticas para encadrar unha certa

maneira de vivir, unha certa lexislación, unhas certas tradicións e unha certa cultura, eso é tan

normal como fixar os lindeiros dun municipio. Pero que unha nación se empeñe en ser unha

unidade política i económica ao mesmo tempo, erguendo unha barreira antre os seus

Page 154: Castelao - Sempre en Galiza

habitantes e o que estes habitantes necesitan para vivir, eso é inconcebible para un home

sinxelo da nosa época. A independencia absoluta dos pobos era natural cando cada país

producía o que os seus habitantes necesitaban; pero esta independencia é imposible cando as

necesidades dos homes desbordan a decotío os lindeiros da súa nación.

O home sinxelo decatouse da gran farsa de Xinebra e veu que aínda non era hora de

rexir as relacións dos pobos como se rixen as relacións dos homes; pero comprendeu que a

ideia era realizable. E1 veu que ninguén se atrevía a descartar as posibilidades dunha Unión

económica de Europa nin a negar as avantaxes que reportaría, e soupo que a Sociedade das

Nacións creara unha Comisión para estudar estas posibilidades. Este home sinxelo observou

que moitos Estados limítrofes tiñan unha economía complementaria e que non podían

prescindir —nin para as súas esportacións nin para as súas importacións— dos países

veciños, e que, polo tanto, estaban ligados economicamente antre si e ben dispostos a

estabeleceren unha política de portas abertas; pero estes países menores non podían romper

as normas que impoñían as grandes Potencias. Cicais soupese que na Conferencia

Interparlamentaria que se celebrou en París o ano 1937 os seis Estados danubianos (Austria,

Bulgaria, Hungría, Rumanía, Checoeslovaquia, Yugoeslavia) propugnaron a súa Unión

económica e o seu anceio de que esta Unión se estendese a tódolos países de Europa. O home

sinxelo ouvía falar dos incomenentes do libre cambio e cicais lle dixesen que así se rebaixaría

o nivel de vida e a capacidade adquisitiva de algúns pobos; pero a este home o que máis lle

doía era ver a homes libres traballando en territorios escravos. E pouco a pouco os homes

sinxelos foron creando o descreto das grandes Potencias, que malogran os sentimentos de

liberdade e de solidaridade formulados por Wilson en nome do mundo civilizado.

¿Serán os grandes Estados, unitarios e imperialistas, a forma definitiva das

Sociedades humáns? Estes Estados formáronse por acumulación de varias comunidades

nacionaes, sistematicamente torturadas, para chegaren a unha aparente homoxeneidade. Os

grandes Estados xogaron un papel necesario na evolución do mundo; pero serían, no futuro, a

rémora do progreso, e a súa sobrevivencia sóio serviría para desviar o destino ascendente dos

homes. Así o home sinxelo cree que o mundo novo vai xurdir das ruínas dos grandes Estados

unitarios.

A prol desta noción cómpre decir que o “sentimento nacional” que nós coñecemos é

relativamente moderno, e que as chamadas “nacionalidades” son seres que acaban de

resucitar. I entón eu pergúntome se os pobos resucitados terán de volver á súa sepultura, e

respóndome que non; que os pobos non volverán a ser escravos dos pobos nin propriedade

particular dos príncipes.

Resulta máis doado creer na Unión europea e no trunfo da ideia federalista, basada no

recoñecimento das nacionalidades.

Aínda podemos ser galeguistas.

Page 155: Castelao - Sempre en Galiza

XVIII

O problema das nacionalidades hespañolas —denantes “rexionalismo”— eisiste e

debe resolverse. Descoñecelo, aprazalo, desprezalo ou afogalo, é xogar aos perigos.

Calisquera que sexa o sistema e o réxime de Hespaña, non é posible someter os diferentes

pobos a un Código único ou a un sóio ditado. Franco manda en Hespaña; pero endexamais

poderá decir que a goberna, porque nin con ditadura se curará o desbaraxuste. Se as normas

democráticas non correxiron a inestabilidade do orde, a ditadura soio pode sosterse en estado

continuo de alarma e de transgresión das proprias ordenanzas. Ou se acepta a variedade

dentro da unidade ou os mesmos dictadores rematarán decindo que Hespaña é ingobernable.

Non tardaremos en comprobar, unha vez máis, o fracaso da “intanxible unidade da patria”.

Para nós a vida ordenada de Hespaña sóio se pode asentar no sistema federal. O

problema nacional ou rexional —pouco importarían as verbas— debeu resolvelo a nosa

República outorgándolle a cada pobo un trato idéntico e unha igoaldade de dereitos

recoñecidos na Carta fundamental. Claro está que esta igoaldade de dereitos non privaría aos

pobos de redactaren as súas Constitucións con absoluta autonomía e de formaren antre todos

unha rica e variada lexislación, na que se recollerían as diversas modalidades da vida

hespañola, estabelecendo ecuación antre a realidade e a lei. Nós non comprendemos outra

maneira de chegar a un orde xurídico e unha paz perdurables, a non ser que algún xenio

sobrehumán, endexamais visto, idease o modo de arrasar os accidentes xeográficos e a

variedade de razas, trocando toda Hespaña en planura castelán. Os centralistas non

produxeron esta caste de xenios; pero crearon unha planura imaxinaria, e nela asentaron a

omnipotencia dun Estado pantasma. Como carecían de sentido político actuaban dentro do

imposible, pechados no cerco da meseta, para unha máis pura abstracción. Pero de agora en

vante os centralistas terán de incorporar Hespaña ao concerto dos demais pobos ou sofrir as

mudanzas que se estabelezan no mundo. E velaí unha nova espranza para nós.

Cando estaban en pé as institucións da nosa República era doado creer que, pouco a

pouco, se irían correxindo os erros en que caera ao constituírse; pero agora que a vemos

morta non queremos que resucite. Poden os ex-Ministros, os ex-Diputados, os

ex-Subsegredarios, os ex-Direitores xeraes, os ex-Directivos de Partido e até os ex-Xeneraes

do Exército da República xuntarse no desterro para ouviren relixiosamente o Himno de

Riego e clamar pola Constitución do 1931, que para nos sóio ten un valor irrecusable: o que

dimana do seu orixe democrático (esto non escluie que a consideremos como instrumento

inútil). Nós ademiraremos este anceio romántico; pero non o compartimos, nin o

compartiríamos aínda que fose posible unha resurrección da segunda República coa

rehabilitación dos seus homes. Volver ás andadas, non. Sería parvo que loitásemos por unha

República tan morta como a do 1873, unha República con Euscadi e Cataluña autónomas e o

Estatuto de Galiza pendente de aprobación. Acabáronse os Estatutos restrinxidos e

regateados, que deixan vivos os vellos resentimentos e non curan as mutuas desconfianzas.

Tampouco aceptamos que calisquera provincia ou provincias limítrofes teñan dereito a

reclamar un Estatuto autonómico. Para nós non hai máis que unha República viable: a que se

base no libre consentimento das nacionalidades que integran Hespaña. Nós damos por ben

mortas a primeira e segunda Repúblicas e agardamos pola terceira. Esta terceira República

será federal, se é que quer ser definitiva.

¿Pensan coma nós os demais desterrados? Eu coido que a implantación dun novo

Page 156: Castelao - Sempre en Galiza

réxime ou sistema de goberno debe coller aos dirixentes no desterro, porque así forman o seu

plan de organización atraguidos polas realidades do país que arelan redimir e que endexamais

fuxe do seu pensamento; pero cando viven no proprio país sóio afincan as súas arelas en

abstraccións político-filosóficas ou en sistemas revolucionarios implantados a distancia. Este

derradeiro caso era o dos valedores da nosa República, e por eso podemos perdoarlles a súa

ilusión estraviada; pero agora están no desterro —por culpa dos erros que eles mesmos

cometeron—, e se non van a oferecernos máis que a Constitución fracasada do 1931, será

mellor que se calen e que se afundan no silencio.

Xa dixemos repetidas veces que non hai máis que un modo de chegar á unidade

hespañola: implantando unha República federal. Tamén apuntamos, no primeiro libro, que a

bondade deste sistema está de vulto nas dúas grandes Federacións que hoxe eisisten: os

EE.UU. e a URSS. Eu tiven a oportunidade de visitar ambas Unións, unha após da outra, e de

comprobar cómo a solidaridade económica e monetaria é de abondo para suprimir todo

motivo de conflito. E vin que sóio pola bondade do sistema federal se puderon ensaiar e

consolidar en dous mundos antípodas as dúas concepcións económico-sociaes que agora

están en loita. Cando entramos en Nova York —que nin é capital da Nación nin tan siquera

do Estado que leva o seu nome— e ollamos a estatua da Liberdade, pudemos decir que non

foron os principios importados da Franza revolucionaria, nin as Constitucións redactadas por

filósofos liberaes as que obraron este miragre de progreso. Non; o miragre obrouno a

independencia política dos Estados, que souperon preservar a liberdade dos homes, base

fundamental do réxime en Norte-América. E se pasados moitos anos a Unión Soviética

superase o progreso dos Estados Unidos de América, cicais tivéramos de decir que non foron

os principios marxistas os que obraron o miragre, senón a independencia e fomento dos

particularismos étnicos, que preservaron a solidaridade dos homes, base fundamental do

réxime soviético.

A Federación Norte-Americana está basada no pacto de coarenta e oito Estados que

se axuntan para fundar unha gran Nacionalidade. A Unión Soviética está basada no libre

consentimento de once Nacionalidades —que á súa vez están divididas en países

autónomos—, que se federan para fundar un gran Estado. Por eso Norte-América

simbolízase por unha constelación de coarenta e oito estrelas e a Unión Soviética sóio

ademite, como símbolo, unha gran estrela.

O proiecto de Constitución federal da República do 73 recoñecía tres eisixencias:

conservar a liberdade e a democracia consagradas pola revolución francesa; asegurar a

unidade hespañola polo concerto dos pobos historicamente diferentes; independizar os

poderes públicos, de modo que non poideran concertarse para mermar o Dereito ou

estabelecer unha ditadura. Neste Código tratábase de asegurar tódolos dereitos naturaes do

home “anteriores e superiores a toda lexislación positiva”: o dereito á vida, á seguridade e á

diñidade; o dereito ao libre exercicio do pensamento e á libre espresión da concencia; o

dereito á difusión das ideias por meio do enseño; o dereito de reunión e de asociación; a

liberdade do traballo, da industria, do comercio, do creto; o dereito de propriedade, sen

faculdade de vinculación nin amortización; igoaldade ante a Lei; etc. Os Estados gozarían de

menos liberdade que os homes: podería darse unha Constitución política, suxeita ao xuízo ou

sanción das Cortes federaes; nomearían os seus Gobernos e Asambleias lexislativas; rexirían

a súa industria, a súa facenda, as súas obras públicas, os seus camiños, a súa instrución;

poderían levantar empréstitos i emitir deuda pública; etc. Según se declara no preámbulo,

queríase imitar a conduta dos fundadores da Federación de Norte-América “que con

establecerla sobre una tierra virgen y en contra de una Metrópoli aristocrática, guardaron

Page 157: Castelao - Sempre en Galiza

religioso culto a todo aquello que además de ser progresivo, estaba ungido por la autoridad

incontestable del tiempo”. ¡Fremosa ilusión a da República do 73! Pero un modelo de

Federación estabelecida en terras virxes —basada no doado propósito de asimilar nun sóio

esprito nacional aos varios grupos de emigrados que alí arribaban— xa non podía adaptarse a

un territorio vellísimo e plurinacional, con culturas, língoas e tradicións que, en catro séculos

de violencia asimilista, non poideran ser esvaídas. Os federaes do 73 pretendían que a

maxestade do Home vencese a omnipotencia do Estado; pero rebaixaban a calidade de varios

millóns de homes hespañoes ao esquecerse de que un home que fala galego, catalán ou vasco

fala un idioma tan de nación como é o castelán, e que non podía negárselle o dereito a

fomentar a súa cultura, porque era perfeitamente hespañola e nacional.

Se o dereito dos pobos provén do dereito dos homes e a federación é o resultado de

ambos postulados —pois non se lle pode negar a unha colectividade de homes o que non se

lle nega a un home aillado— resulta inaplicable o modelo norte-americano á federación

hespañola, porque un problema de Nacións non é o mesmo que un problema de Estados. Os

Estados norte-americanos son froito esclusivo da vontade política orixinada en colonias

illadas de inmigrantes; pero as nacionalidades hespañolas, e inclusive as rexións, son feitos

que sobrepasan a vontade dos homes, porque xurden dos accidentes da terra e dos legados

múltiples da tradición que lle dan continuidade na hestoria. E polo tanto, as nacionalidades e

rexións hespañolas teñen un dereito anterior e superior a calquera dereito que os homes

inventen.

Ollando as novas ideias que agora se debaten no mundo, é seguro que a Federación

hespañola non se basaría nos principios que estaban de moda o ano 1873; pero aínda é doado

aspirar a que se respeite a personalidade natural dos pobos e se garantice a paz interior por

meio dunha democracia efectiva. Cavilando nos resultados desta guerra —parto dooroso e

sanguiñento de novos principios— é seguro que se trocarán as definicións de verbas sonoras,

tales como “democracia” e “liberdade”. Pensando como galegos non nos doería que a

democracia deixase de ser unha tapadeira de vellos absolutismos, cando o pobo é somentes

soberán o día das eleicións, limitándose a súa soberanía ao terreo da política e ficando

escluído do poder económico. Tampouco nos doería unha revisión do liberalismo político,

que entorpece algunhas veces o desenrolo das grandes concepcións, como tamén o

liberalismo económico afoga decote as iniciativas xenerosas; pero aínda non é doado

renunciar á liberdade do esprito. O liberalismo espritual, erguéndose sobor dos conflitos da

vida física, ten dereito a sobrevivir, porque no terreo da arte, da cencia e de calisquera

manifestación desintresada, unha minoría de sabios e artistas pode alcanzar o imperio do

mundo. Así, nós creemos que dispois das esperencias infrutuosas a que asistimos, xa non

debe interferirse a liberdade do esprito dirixíndoo esclusivamente cara o intrés do Estado, a

non ser que se pretenda esterilizar o pensamento dos homes e suprimir deste xeito a única

reserva con que contan os pobos para os seus avances.

Pensemos que a humanidade non retrocede. E non abandonemos a ideia de que

Hespaña será —quéirase ou non— unha República federal, e non axeitada ao modelo de

Norte-América, nin da Unión Soviética, senón ás súas peculiares realidades, porque

Hespaña, como función das súas diversas nacións, é unha sociedade inconfundible e única.

Page 158: Castelao - Sempre en Galiza

XIX

O problema das nacións asoballadas presenta en Hespaña particularidades que non

poden resolverse doadamente, porque non caen dentro do marco hespañol. As tres

nacionalidades —Cataluña, Euscadi e Galiza— están tronzadas por fronteiras políticas que

dificultan a restauración da súa unidade, e sóio por un feito violento sobor da Franza e

Portugal, ou por mudanzas de lindeiros —que poden producirse no remate desta guerra—

lograrían xuntarse os anacos dislocados das tres nacionalidades.

Os Pirineus forman barreira natural antre Hespaña e a Franza; pero en Cataluña i

Euscadi non eisiste semellante barreira, pois tanto no estremo mediterráneo como nas abas

atlánticas, os mesmos Pirineus formaron o berce das dúas nacionalidades. O territorio catalán

foi tronzado a meados do século XVII, ao mesmo tempo que se separaba Portugal. Os

cataláns pediran axuda ao rei da Franza cando se viron atacados pola furia do rei de Castela,

e como as axudas de guerra sempre son intresadas e sempre se pagan, tiveron que perder o

Rosellón e parte da Cerdaña, que agora perteñecen a Franza. O caso de Euscadi é diferente. O

pobo vasco, a pesares da súa independencia de carácter, careceu até fai pouco tempo de

sentido político da súa unidade. Os vascos dividiron o proprio país en rexións egoístas, cuios

intreses, separados, non souperon ou non quixeron coordinarse, e foi así cómo, en diversas

épocas, as rexións vascas foron incorporadas a soberanías diferentes. Dentro da Franza

ficaron as rexións de Laburdi, Zuberoa e Baixa Navarra, e dentro de Hespaña ficou Navarra e

o que chamábamos “as provincias”: Álava, Guipúzcoa e Vizcaya (as únicas que

reivindicaron os dereitos da nación eusquera).

Euscadi e Cataluña non podían plantear o problema da súa unidade territorial sen

toparse con obstáculos invencibles e perigosos, incluso para os Estatutos que a República lles

concedera. Se pretendesen vivir sempre dentro de Hespaña, non poderían recadar de Franza o

territorio que naturalmente lles perteñece e se intentaran engadir o seu territorio hespañol ao

francés, nin sería posible a secesión, nin dentro da Franza atoparían a liberdade que a

República hespañola lles concedera. Este suposto, irracional por imposible, veríase, ademais,

interrumpido pola falla de vontade dos seus irmáns franceses, asimilados xa politicamente;

pero aínda na posible oportunidade que se pode presentar ao remate da guerra actual, este

seguirá sendo un obstáculo decisivo, porque os cataláns e vascos franceses non queren ser

hespañoes. A Cataluña francesa e o País Vasco da Franza conservan vivas as súas

características nacionaes —língoa, costumes e tradicións—; pero non sinten desacougos

políticos de independencia e nin tan siquera se incorporaron ao movimento autonomista de

Bretaña, Alsacia-Lorena e Córcega (“Triple Alianza”, fundada en Quimper o día 12 de

setembro do 1927). Nesta hora prometedora de mudanzas, e por tódalas razóns que están ao

noso alcance, consideramos inmutable a fronteira actual antre Hespaña e Franza e, por ende,

a desintegración catalana e vasca.

A unidade territorial de Galiza —recoñecida polo Imperio román e consagrada polo

Reino dos Suevos— lazouse nunha loita egoísta e fratricida de príncipes; e a fins do século

XI foi repartida en dous Condados: un para Raimundo de Borgoña, casado con Urraca, e

outro para Enrique de Borgoña, casado con Tereixa. Esta partilla esnaquizou a potente

eclosión do noso xenio, e non podería prevalecer se o gran Xelmírez medise ben a súa

responsabilidade hestórica, pois por engrandecer a Sede Compostelán matou o pulo intuitivo

de Galiza, entregándose á sorte de Castela. Pero a ideia de unificar a Galiza e constituír un

Page 159: Castelao - Sempre en Galiza

Estado de homoxeneidade nacional mantivérona os portugueses até que, ao fin, o río Miño

aclarou as indecisións de Galiza: o aquén-Miño entregouse á reconquista do que ela non

perdera, e desapareceu politicamente coa decapitación do Mariscal Pardo de Cela no século

XV; o alén-Miño sigueu avante a roita do sol e compreu os anceios mariñeiros de Galiza.

Tense dito que os galegos non podían esvaer o siño de universalidade marcado por

Carlomagno e que o noso camiño estaba dentro da Hespaña e ligado á Europa. Ese era, en

efeito, o camiño que viña cara nós dende Europa e que Hespaña desviou, obrigándonos a

seguila. Non esquezamos que o roteiro que nos dou universalidade remataba no cabo do

mundo, en Fisterre, onde as almas dos mortos embarcaban cara o misteiro, navegando polo

“mar tenebroso”, a seguiren o anceio dos vivos. Había, pois, un “alén-mar” e un destino de

aventura que Portugal soupo comprar en nome de Galiza.

O territorio galego sigue dividido politicamente pola fronteira que separa a Portugal

de Hespaña; pero non se logrou a castelanización de Galiza, e nas terras portuguesas

atopamos, até o Mondego, o esprito orixinario da nosa comunidade nacional. Non iñoramos

as dificuldades con que atoparíamos para unir as dúas Galizas dislocadas; pero se é lícito

pensar e falar dunha Confederación Ibérica, será igoalmente lícito manter a espranza de que

algún día os galegos e portugueses volvamos a falar e cantar no mesmo idioma. O río Sil

pasaba polo Monte Furado; pero un día derrubouse o túnel e as augas buscaron o seu vello

canle, e hoxe o Sil vai por onde debía ir. Así, tamén é seguro que Galiza e Portugal se

axuntarán algún día; pero a nosa ilusión non se basa en derrubamentos inesperados nin en

catástrofes anunciadas. O noso caso é moito máis simple que o dos vascos e cataláns.

Vexamos, ás carreiras, o problema da reintegración peninsular, tal e como se podía

ver antes da guerra. En Hespaña sempre se acolleu con sorna ou con aparente desintrés este

problema; cicais porque os hespañoes abrigaban a espranza de tomar á forza o que perderan

en 1640 por necedade. Este teimoso propósito quixo realizalo Alfonso XIII, a quen non se lle

ocurreu mellor cousa que mandar ao Embaixador polos Cafés de Lisboa á cata dunha

labazada, e, por ende, do pretesto para invadir Portugal; pero Canalejas tronzou a maniobra.

O subconscente dos hespañoes manifestouse, inclusive, durante a guerra civil, cando se dixo

que o Exército da República non pararía até chegar a Lisboa. En Hespaña endexamais se

estimaron as posibilidades de chegar a unha Confederación Ibérica, e Gonzalo de Reparaz

acreditouse de tolo por defender esta ideia. Pero en Portugal falouse sempre das posibilidades

do convenio, e condicionábanse con intelixencia. Lémbrome, por exemplo, que Teixeira

Bastos emiteu a súa opinión de que o día en que se estabelecese en Hespaña un réxime

federativo, Portugal non tería incomenente en confederarse co Estado hespañol. Lémbrome

tamén de que Antonio Sardinha —o fundador do Integralismo portugués e creador

inconscente da actual ditadura— non refugaba a ideia dunha unión pactada e asiñáballe a

Galiza un rol reconciliador antre os dous Estados Peninsulares. Cómpre decir que á beira dos

pensadores honestos eisistían outros de indomable carraxe contra Castela.

Portugal conquistou violentamente a súa independencia máis que por tronzar a

unidade hispana por non someterse á tiranía centralista. Portugal non quería morrer asimilado

por Castela, e, nun rapto de carraxe, rompeu os vencellos familiares, pideu separación de

bens e foise a vivir a súa vida na mellor fachada do fogar común, na gran fachada do

Atlántico. En realidade, Portugal separouse de Castela; pero non se separaría de Hespaña.

Cómpre, polo tanto, crear unha organización estatal capaz de atraguer Portugal ao seo da

familia hispánica. Non hai dúbida de que unha República federal sería o complemento da

Confederación Ibérica e o primeiro paso que os hespañoes darían cara Portugal, abolindo o

sistema unitario e recoñecendo o dereito de autodeterminación das nacionalidades,

Page 160: Castelao - Sempre en Galiza

especialmente de Galiza.

Os galeguistas sempre soñamos coa Confederación, e a prol do caso teño falado con

moitos portugueses. Velaí o que me dixo un ex-Ministro: “Unha Confederación é un

casamento, e neste caso a noiva sería Portugal…; pero esta noiva aportaría ao matrimonio

unha gran dote, e por moi namorada que estea é natural que pense nos riscos que corre a súa

dote, pois o galán endexamais dou mostras de ser bo adeministrador… De por parte pense

vostede que a noiva ten un vello padriño, moi celoso, capaz de metela nun convento antes de

vela casada”. O agudo político referíase á custión das colonias, que sería un tema do pacto

confederal. A Confederación Ibérica trocaríase nunha poderosa potencia, señora do terceiro

imperio colonial, e como este feito tropezaría co celo británico, era imposible a realización

do casamento. Era imposible por culpa da política que sigueu Hespaña, tanto no interior

coma no esterior; pero este anceio debía ser incorporado aos programas republicanos. O

tempo, as circunstancias e os factores imprevisibles podían esvaer as dificuldades. A mesma

Inglaterra —se os hespañoes rectificasen os modos diplomáticos e tomaran, por fm, en

consideración os consellos do noso Conde de Gondomar— podería ser padriño do

casamento. Hoxe aparece o problema cun novo cariz ao maxinar as mudanzas que vai sofrir o

mundo dispois da guerra; pero nós sospeitamos que no maxín dos hespañoes sóio brila esta

ideia: apoderarse de Portugal e sometelo de novo á hexemonía de Castela… para que volva a

separarse.

Os galeguistas arelábamos que Portugal se confederase con Hespaña para

consagrarmos a irmandade galaico-portuguesa e restablecermos os vencellos culturaes da

nosa antiga comunidade, da nosa vella nación. Embafouse o perfil das nosas arelas; pero

aínda é doado creer que, polas mudanzas do mundo, se restaure a unidade galega, se non na

integridade da provincia romana ou do reino suevo, polo menos na do período cultural que na

esfera da crítica literaria se vén chamando “galaico-portugués”.

Page 161: Castelao - Sempre en Galiza

XX

Decorreron tres meses de vida pouco axeitada para cismar encol do pasado, e menos

aínda para profetizar. Os trafegos e preocupacións a que me vin sometido nesta derradeira

tempada e a barafunda dos acontecimentos que se sucederon en tan breve tempo,

ameazándonos con feitos aínda máis violentos, xustifica a miña folga. Pero agora estou no

mesmo mar que cruzaron as carabelas de Colón e síntome con azos para escribir. Hai tres

días que deixei Nova York e vou cara o Sul, ao encontro da Galiza ideal, que é a mellor Patria

que hoxe se me pode oferecer. Hai tres días que lle dixen adeus á estatua da Liberdade. Alá

ficou a vella matrona co seu ice cream cone na man, e ogallá que algún día poida vela con

máis simpatía.

Hoxe é 30 de xunio do 1940 e vou cara Bos Aires cunha licencia para vivir e traballar.

Vou ser un emigrante máis da colectividade galega de Bos Aires e síntome mozo ao albiscar

o Atlántico. Esquezamos que Franza guindou coa súa Hestoria, entregándose a Hitler.

Esquezamos que Inglaterra ensaia unha resistencia espranzada (queira Deus que sexa con

máis fortuna que a nosa). Esquezamos que a salvación pode vir das dúas inmensas

Federacións antípodas i enlazadas pola branca e pura neve do Norte. O mundo sóio me

intresa polo que pode influír na Galiza.

Falemos da emigración galega xa que me sinto emigrante.

Disque unha tribu de alma viaxeira enfiou o roteiro do sol, e, anda, anda, chegou ao

cabo do mundo, ao noso Fisterre, onde ficou varada de asombro, ante a inmensidade e o

infinido. E velaí cómo a alma viaxeira dunha tribu de Ourente enraizou os seus anceios de

coñecimento na pedra ígnea do noso chan e formou a primeira capa da nosa nación. Disque

outras tribus de alma viaxeira foron chegando polo mesmo camiño ao noso Fisterre, e alí

vararon os seus anceios, ao contemplar o sol mergullándose nas augas do mar: un dos

meirandes misteiros da antigüedade, o misteiro que enxendrou o “terror clásico”. Todos

seguían o roteiro do sol (o mesmo camiño que dispois seguiron as civilizacións) e todos

chegaban ao Fisterre, e dende alí sóio as almas podían camiñar en procura da verdade.

Contan que o noso Fisterre era o peirán en que se embarcaban as almas dos mortos para

proseguir o anceio dos vivos (as arelas de coñecimento obrigaban a andar, e sóio no cabo do

mundo xurdía o inescrutable alén). Disque a nosa Terra foi invadida por uns homes varudos

que traballaban os metaes e que se consideraban fillos do deus da morte, en cuio honor

contaban o tempo por noites, e que esta tribu domeñou o “mar tenebroso” e chegou a Irlanda,

para crear dende alí un novo imposible: o de retornar ás orixes. E así o Pai Sol, que tódolos

días percorría a vouta do ceo levado en trunfo polos cabalos astraes, retornaba morto tódalas

noites ao berce das orixes, conducido polos ciños hiperbóreos, para que se alcendese cada

mañán en chamas e comezara de novo a súa carreira trunfal, a sementar a vida no mundo.

Esta é a lenda, que decote se adobía con mil pantasías poéticas; mais dispois veu a

hestoria e por ela sabemos que outros pobos diferentes chegaron ao noso Fisterre e que lle

infundiron novo carácter; pero ningún invasor foi capaz de roubarlle a alma viaxeira, que xa

camiñaba en direccións opostas do mesmo camiño: cara o alén e cara as orixes.

Cando se descobreu en Galiza o corpo do Apóstolo —que de non ser Prisciliano

merecía ser San Paulo— a alma viaxeira do mundo antigo abreu novos camiños para chegar

ao noso Fisterre e sentir anceios do lonxano na lonxanía. E o pelengrín xacobeo —coberto de

cunchas vieiras— confundeuse co Xudeu errante, e de tanto camiñar deixou no ceo un ronsel

Page 162: Castelao - Sempre en Galiza

de estrelas que aínda hoxe se chama o “camiño de Sant-Iago”.

Tódolos pobos que se asomaron ao noso Fisterre sentiron arelas de traspor aqueles

horizontes visibles e inasequibles, e foi, xustamente, o anceio do “alén-mar” o que descobreu

este novo mundo polo que agora navegan as miñas doores e as miñas espranzas. Non hai

dúbida de que o venturoso descobrimento permiteunos a nós abrir camiños virxes e dar

acougo ao noso afán de pelengrinar. E a alma viaxeira de Galiza formou dende entón no

fondo do Atlántico un camiño de esqueletos —proseguimento do camiño de estrelas— para

deixarmos testemoio oculto e dramático da nosa comunicación con América.

Os hespañoes endexamais se decataron do que fixo por Hespaña a alma viaxeira de

Galiza. ¡E aínda coida Castela que descobreu as Américas!…

Nós creemos que a emigración galega non se axeita doadamente ás interpretacións

materialistas, aínda que as necesidades económicas nos empurrasen decote a buscar terras de

mellor vivir. Na vontade de certos emigrantss hai motores máis fortes que a probeza, como

na vontade dos homes sedentarios hai sedimentos que matan a fame. Se así non fose, outros

pobos hespañoes emigrarían máis que nós, porque teñen máis necesidades, máis miseria,

máis escravitude.

Os emigrantes galegos son empurrados por causas imponderables que ninguén soupo

desentrañar; pero que todos intuimos vagamente. Así, os poetas fixeron da emigración o tema

máis dooroso das súas tristuras crepusculares; os humoristas dixeron que o noso pobo

agardaba pola invención dos trasatlánticos para proseguir o viaxe; os sabios albiscaron que

Galiza fuxía da brétema, e que se alongaba en procura de sol, como as plantas. E os

economistas afirman que a emigración galega tería fin cando se suprimise a necesidade de

emigrar; mais eu perguntaríalle aos economistas: ¿Cales son as necesidades de emigrar?

¿Cales son as necesidades que en Galiza debemos suprimir? ¿Abondaría comer ben e durmir

sen pesadelos para dar acougo ás nosas arelas de ver mundos? Perguntémolle aos catorce

mariñeiros galegos que traballan neste barco e axiña nos decataremos de que, so pretesto de

necesidades materiaes, emigraron para satisfacer anceios metafísicos e comprir os destinos

da nosa raza viaxeira, magoada de saudades e ao mesmo tempo enraizada no chan nativo.

¡Quen sabe se a saudade galega non será outra cousa máis que a loita de dous anceios

incompatibles: o de estar e non estar na Terra!

Vai para moitos anos que un artista andaluz me dixo no peirán de Vigo, vendo erguer

anclas a un trasatlántico: “Os hespañoes botan raíces na terra, como se fosen albres; mais as

vosas raíces son elásticas, de tanta elasticidade que vos deixan dar mil voltas ao redor do

mundo”. Aquel artista andaluz falou así dispois de ver aos emigrantes galegos rubir as

escadas do vapor con ar de turistas de terceira clase, seguros do retorno.

Aínda que os factores económicos fosen de abondo para esplicar o fenómeno

migratorio de Galiza, é o certo que nós sabemos andar polo mundo á cata de benestar, e que

os demais hespañoes morren de fame con tal de non enfiar camiños descoñecidos. Os galegos

sabemos arranxar os papeis e pedir un pasaxe de terceira; sabemos agacharnos nas bodegas

dun trasatlántico cando non temos diñeiro; sabemos pillar estradas cun fatelo ao lombo ou

empurrando a roda de amolar; sabemos abrir fronteiras pechadas e pedir traballo en tódalas

língoas; sabemos, en fin, canto debe saber un bo camiñante, aínda que o viaxe sexa o

primeiro da nosa vida. En troques os casteláns sofren miseria i escravitude por non

aleixárense da familia, dos colchóns, dos pucheiros, dos barreñóns, das tixolas e do gato…

Os casteláns non son capaces de confiar o seu tesouro amoroso á terra en que foron nados, e

se algunha vez se aventuran a deixala cangan con todo ás costas, para non contraeren consigo

mesmos a obriga de retornar. Os casteláns non se moven do chan nativo ou vanse del para

Page 163: Castelao - Sempre en Galiza

sempre.

Non hai dúbida de que a emigración galega revela unha diferencia de carácter cando

se compara co sedentarismo castelán. Hai unha forza que nos empurra cara o mundo e outra

que nos xungue á terra nativa, pois se os camiños nos tentan a camiñar é porque deixamos

unha luz acesa sobor da casa en que fomos nados, e alí nos agarda ao fin da vida. Andar,

andar, andar, e no remate dos traballos devolverlle á Terra o corpo que ela nos emprestou.

Page 164: Castelao - Sempre en Galiza

XXI

Era natural que polos vieiros que se abrían dende o noso Fisterre saíra o xenio de toda

Hespaña a percorrer o continente que descobríramos, para dar remate imperecedeiro aos

destinos hestóricos da nosa comunidade; mais é o certo que a concepción imperialista de

Castela —basada nos mandos concentrados e sostida por unha violencia asimilista sen

capacidade para asimilar— clausurou primeiramente o camiño de Sant-Iago, que era o

camiño de Europa, e abandonou dispois as roitas de América. O afán imperialista de Castela

consiste en facer do sepulcro de Felipe II o centro dun cero enorme (o Imperio da nada). A

política meseteira —cada vez máis esclusiva— tivo por norte o illamento de Hespaña, so

pretesto dunha independencia que no fondo era, somentes, unha renunciación á

universalidade. E velaí cómo ficou aferrollada a nosa alma viaxeira —a que descobreu as

Américas— e cómo quedaron incompridos os destinos de Hespaña —os que sóio en América

se podían comprir—. Antramentras Portugal (a Galiza do alén-Miño) emprendeu a tarefa de

crear un Imperio e de conservalo, Galiza xungueuse a unha Hespaña que atopou un Imperio

para perderlo. E a pesares do rexurdimento da cultura dirixida, ningún cabezaleiro

comprendeu dende Madrid o siñificado do noso Fisterre.

En Nova York ouvinlle decir a un ademirado catedrático de Madrid que o cabaleiro

hespañol era anterior e superior ao gentleman inglés e que compría resucitalo para restaurar o

ideal cabaleiresco. Pero el esqueceuse de que o ideal cabaieiresco entrou en Hespaña polo

camiño de Sant-Iago en forma de libros de cabaleiría, cuio orixe cómpre buscalo na Bretaña

insular e peninsular. Certo que o Amadís de Gaula —suposta creación galega— é un

emblema perfeito da fidalguía e do honor; mais é certo tamén que o Quixote representa unha

reacción contra o ideal cabaleiresco e contra a alma viaxeira. Salvando os respeitos que nos

impón Cervantes Saavedra (un xenio que levaba dous apelidos galegos) podemos decir que

as desventuras do seu cabaleiro andante —tan realmente patolóxico— abondarían para curar

de idealismos a fidalguía hespañola. E non sería dificultoso seguir paseniñamente as causas

que mudaron a fidalguía e a cabaleirosidade hespañola —na que tanto abondaron os nomes

galegos— no señoritismo estúpido que hoxe inza Hespaña.

Ben estaría resucitar o sentido cabaleiresco en Hespaña para estabelecer a

xenerosidade e o honor nas clases dirixentes. Concebimos que un esprito cultivado teña

nostalgias do antigo cabaleiro hespañol dispois de asistir —aterecido de espanto— ás

crueldades da guerra civil; mais é xusto atribuír responsabilidade a todos cantos se desviaron

dos camiños verdadeiros de Hespaña e crearon xeracións universitarias sen fe, sen espranza,

sen caridade. Dispois de todo, xa non serían os cabaleiros hespañoes os chamados a rexir os

destinos da nova Hespaña, aínda que ademitíramos semellante anacronismo; serían os homes

modernos, feitos —eso si— con zume da terra e celme da tradición; homes que souperan

interpretar os anceios vitaes do pobo e que non necesitaran deprender en libros estranxeiros a

cencia de gobernar.

Non esperamos ren dunha Hespaña concebida polos intelectuaes centralistas. ¿Que

poden facer a este respeito os políticos e intelectuaes que sobreviven? Os reitores da política

filipesca e os mestres da cultura esterilizada fixeron de Madrid un ollo que somentes sabe

fitar cara Ourente, para esculcar as orixes, ou, con máis miopía, para cachear na zona árabe o

camiño reseco da África. Así, Madrid mirrou tanto nas súas arelas imperialistas que se

convirteu no vértice da ferida sarracena, escoándose nas augas podres do Mediterráneo, sen

Page 165: Castelao - Sempre en Galiza

azos para comprender outras mágoas e outros afáns. Nin tan siquera obedece ao pulo castelán

que lle dera nascencia.

¿E que decir da camada de mestres que rexiron o esprito hespañol nos derradeiros

tempos? Eles son os máis responsables da decadencia moral de Hespaña, porque —á parte

doutros erros e delitos— endexamais estudaron o que antano siñificou o camiño luminoso de

Europa e a súa prolongación até América. E derradeiramente os nemigos do enseño

confesional e privado —en realidade herdeiros forzosos do xesuitismo— arrufiaban o

pensamento creador coas máis viles iñormas pedagóxicas, esterilizando os xermes de todo

posible rexurdimento da alma hispana, ao negaren a variedade de culturas e imporen un sóio

módulo. A camada centralista que monopolizaba o enseño dende Madrid viveu sempre en

miragre de levitación, sen chiscar terra nin pobo, e a maor parte deles aínda hoxe se manteñen

por enriba da traxedia hespañola, na máis deshonesta neutralidade. Esta caste de cabezaleiros

refugan todo achegamento ao pobo heroico de Hespaña e sospiran por unha amnistía que lles

permita convivir co feixismo, o nazismo… ou o que sexa. Non sinten a Hespaña, anque viven

lonxe dela. Non ven a Hespaña tal como quedou dispois da contenda. Non se decatan de que

Hespaña é o Cristo dos pobos, a cabeza dun novo Redentor sacrificado pola indiferencia dos

demais pobos: unha cabeza antre o sol e a lúa, antre o Mediterráneo —pudrideiro de

civilizacións— e o Atlántico —o mar ancho da Liberdade, onde non apodrece ningunha

civilización—. Os mestres da cultura castelán non sirven nin para dirixir o esprito da

Hespaña dos requetés e dos falanxistas.

Mais o que non fixeron os mandóns da política e da cultura, por desentenderse da

misión de Hespaña en América, fixérono os probes emigrantes, especialmente os emigrantes

galegos, que non tronzan nunca os vencellos da súa patria e siguen os mandados da alma

viaxeira do Fisterre. Os emigrantes representan o único afán espansivo que quedou en

Hespaña, a única relación espritual que Hespaña mantén con América, pois a tropa dos

representantes consulares e diplomáticos sóio sirve para manter neste continente tan distante

a presencia do burocratismo retardatario dos Madriles. Ninguén se decata —antes da

República e na República, antes da guerra e na guerra— do que representaban, ou

representan, os emigrantes galegos a prol da misión de Hespaña. E chegou a hora de que os

nosos sagrificios sexan recoñecidos, a menos de que se nos permita estimar como aldraxe a

incomprensión dos hespañoes leaes, con quen compartimos a door da guerra e con quen

compartimos agora a door do eisilio.

Contra os desvíos e incomprensións de tempos idos cabe aínda unha espranza, a

derradeira que os galegos podemos manter: a que arestora fundamos no desterro dos

republicanos hespañoes. Se agora persistiran na vella teima centralista, negándose a ver e a

estimar a nosa natural diferenciación, non nos quedaría máis que un recurso: arredarnos deles

e vivirmos esclusivamente para Galiza. Podemos esquecer, e aínda disculpar, todo canto

pasou; pero non consentiremos unha nova reincidencia de incomprensións e de desvíos.

Agora os cabezaleiros da política republicana viven desterrados e saben cánto lle debe

Hespaña á lealdade dos emigrados galegos; pero tamén deprenderían a saber que endexamais

negamos a nosa calidade de galegos e que a nosa convivencia cos demais hespañoes está

condicionada polo respeito que estes sintan por Galiza. Que vaian a Nova York, á Habana e a

Bos Aires e que se convenzan de quén somos nós: leaes e xenerosos; pero inconfundibles. Os

cabezaleiros da República verían que a solidaridade dos galegos emigrados revela un

carácter diferencial que sobrepasa ao dos vascos e cataláns, e, polo tanto, estarán

convencidos de que é indispensable contar con nós —tal como somos— para formar unha

nova Hespaña, da mesma maneira que é indispensable contar cos galegos emigrantes en

Page 166: Castelao - Sempre en Galiza

América —tal como están agrupados en entidades proprias— para representar os anceios de

recuperación da República. ¿Acaso se atopa algún republicanismo nas colectividades

hespañolas cando nelas non predominan os galegos? A nosa xenerosidade fainos supor que

os valedores republicanos eisilados en América, atoparían, por fin, a verdadeira Hespaña no

seu corazón, e ben poden confesar xa os erros que cometeron e declarar propósitos sinceiros

de enmenda. As confesións que máis aproveitan son as que se fan publicamente, e nós

agardamos unha confesión dos que perderon a segunda República por non aproveitar as

esperencias da primeira. E se tal feito non se produce aínda, esperamos que nas greas dos

desterrados xurdan homes novos, capaces de concebir un sistema, un plan e unha

organización nidiamente hespañola, basada no recoñecimento das nacionalidades hispánicas

e na súa unión pactada, sen hexemonías revellidas nin privilexios gañados pola violencia ou

polas malas artes políticas. Entón os galegos non teríamos a obriga de abrazar o separatismo

político, porque a nosa Terra sería un órgao vital da República hespañola, da que tanto

esperábamos e pola que tanto levamos sofrido.

Page 167: Castelao - Sempre en Galiza

XXII

Doinos moito desfacer a convivencia dos hespañoes que loitamos e sofrimos xuntos

no decorrer da guerra; mais a convivencia sóio pode durar até convencernos de que son

capaces de enmenda. Eu coidaba que a posibilidade de que os hespañoes mudasen de

pensamento dependía de que mudasen de clima; pero nin así… Perderon unha guerra civil e

armaron outra de seguida, porque non son capaces de convivir nin consigo mesmos. E como

eu estou eisento de responsabilidades e de complicidades, véxome obrigado a decir que sóio

vivo para Galiza e sóio confío na cordura dos galegos.

Eu perdín toda confianza nos homes da segunda República cando vin que non

emprendían o camiño das Américas, onde Hespaña podía atoparse con Hespaña, e cando

comprobei que os poucos republicanos acollidos á xenerosidade de México e Chile, en vez de

eisaltaren as súas virtudes, poñíanse a cachear cun gancho de trapeiro todo canto hai de

cativo e de podre na alma dos hespañoes eisilados, que non é máis que a cativeza o

podredume que hai na alma das colectividades humanas, como esterco das súas escelsas e

divinas virtudes. Por eso eu troncei as amarras, e declárome incorporado, dende agora, á

Galiza emigrante.

Era de esperar que a derradeira representación da nosa República (Goberno e Cortes)

escollera París como centro das súas maquinacións… Levounos alí o fracaso, xuntounos alí a

rutina, e dispois de xuntárense mataban o tempo con disputas emponzoñadas, contribuíndo

así á solución catastrófica dos refuxiados. Os espritos de secano, por non pasaren o mar, nin

tan siquera intentaron cruzar o canal da Mancha, porque xa fai moito tempo que non lles

intresa Londres (o derradeiro hespañol que soupo entenderse cos ingleses era un galego: o

Conde de Gondomar). Os hespañoes de secano non saben máis que un camiño: Madrid-París

e París-Madrid. Na Franza conspiraron sempre os eisilados políticos, que nunca retornaban a

Hespaña con solucións salvadoras, pero si cangados de retórica. ¿Podíamos confiar nos

homes que pretendían representarnos dende Franza? ¿Podíamos creer nos hespañoes que

desprezan o abano de camiños mariñeiros, os camiños da nosa emigración por onde Hespaña

vén á Hespaña? Da Franza importouse a moda unitaria e centralista que tan mal nos acaía e

que tan mal resultado nos dou. A Franza é un molde de feituras moi vellas para os nosos

anceios de renovación; na Franza sóio residían os príncipes destronados, os que se finxen

conspiradores; pero, ademais, na Franza os nosos homes máis responsables ficarían

encadeados a un destino alleo e incerto, sen opción para concertaren compromisos con quen

mellor nos conviñer, e baixo un perigo que hoxe é xa unha tristísima eviaencia. Comprendo

que en París debera eisistir un Comité ou Delegación oficial encarregada de salvar aos

refuxiados, de traelos ás Américas, ou de mantelos alí se non poideran saír; pero as Cortes e o

Goberno tiñan a obriga de velaren pola súa liberdade e a de tódolos sobreviventes da

República. Non eisistía ningunha razón para enrolarnos á causa dubidosa de Franza, porque

se o deber nos chamase a loitar á beira dos franceses, non faltarían voluntarios, e este deber

sentiríamolo dende calisquera banda do mundo, e o seu comprimento encheríanos de honra.

Cómpre decir, en suma, que sexa calquera o resultado das loitas europeas, aínda que delas

fose posible sacar proveito, endexamais aplausaríamos aos homes da nosa República que

fixeron de París o centro das súas maquinacións, porque o seu retorno a Hespaña non sería

para estabelecer unha paz definitiva senón para proseguir a triste hestoria do desbaraxuste.

Négome a enxuizar aos valedores republicanos que se arriscaron a cruzar con

Page 168: Castelao - Sempre en Galiza

premura o Atlántico, porque a simple crítica podíame incluír en calisquera bando político dos

que, sen respeito aos mortos da guerra, sóio pensan en descobrir, antre eles mesmos ao

causante do desastre. Eu sei que non foron os hespañoes os que armaron a guerra civil, e, polo

tanto, tampouco se lles pode achacar a eles máis que a imprevisión e o heroísmo que

despregaron dispois. Pero tendo, como teñen, tanta razón e tantos motivos de orgullo, por

representaren a un pobo valeroso, desfanse antre si, e nas Américas siguen coa mesma

acedume que sempre rillou o esprito dos eisilados en París. ¡Igoal que en París!

Neste capiduo quería pór de manifesto a incorrexible intransixencia dos hespañoes,

que decote se consideran donos da verdade anque manexen mentiras, e con dereito a impola,

anque se vexan inzados de impotencia. Pero é mellor que demos un tronce a esta crítica,

porque non se compaxinaría co noso propósito de vivir e pensar para Galiza.

Sigamos, pois, a nosa teima patriótica.

Page 169: Castelao - Sempre en Galiza

XXIII

Calisquera que pretenda estudar o carácter galego a través das nosas grandes figuras

—Prisciliano, Paulo Orosio, Xelmírez, Andrade o Bo, Sarmiento, Feixoo, Pablo

Iglesias…— non atinaría a formular unha definición; pero deténdose na moitedume de

figuras e de feitos decisivos da hestoria galega, non dubidará en decir que Galiza é un pobo

sentimental e xeneroso, incapaz de ver o que lle convén. Se o catador é un galego dobrará

tódalas follas da hestoria e ficará en tristura, perguntándose a si mesmo por qué Galiza non

foi un Estado independente no intre da súa groriosa eclosión cultural. Nunca comprenderá as

indecisións de Galiza antre Castela e Portugal, e a división do noso territorio en dous

Condados. Este catador cicais se deteña a meditar encol de dúas figuras femeninas, en dúas

irmáns desventuradas que simbolizan a indecisión amorosa de Galiza: en Inés e Xohana de

Castro. Dúas mulleres galegas, fermosas e doces, que deron o seu corazón a príncipes non

galegos. Unha reinou en Portugal dispois de morta (este é, xustamente, o reinado firme da

nosa língoa e da nosa cultura alén do Miño); a outra foi raíña de Castela nunha soia noite

morna de vran (este é o reinado efímero do noso esprito e o desvío aldraxante con que se

pagou a nosa xenerosidade). E o catador galego endexamais comprenderá o sagrificio que

Fernando de Castro realizou por comprir a promesa xurada, morrendo no eisilio, como un

can, antes de tronzar o seu xuramento, feito ao mesmo rei de Castela que bulrou á súa irmán

Xohana. O catador galego non se sentirá orgulloso ao saber que na sepultura do irmán de Inés

e de Xohana de Castro campaba este epitafio: “Aquí yace toda la lealtad de España”.

Lealdade insuperable —eso é certo—; pero lealdade de can. E o catador da nosa hestoria

folleará tódalas súas páxinas e dispois procurará esquecer o pasado; pero hai algo que non

poderá esquecer: a deslealdade con que os casteláns procederon contra Galiza. Deslealdade

que se prolongou até os nosos días e que reverdece con furia en canto nós o consentimos.

Non quixéramos remover os agravos que nos inferiron os casteláns, e seríamos

capaces de dalos a esquecimento se agora vísemos un troque de conduta. Podíamos encher

moitas páxinas contando as inxurias e calumnias que Galiza leva soportado dendes que se

xungueu a Castela, e os aldraxes que caíron, a vao, enriba dos galegos, inclusive nas

Américas castelanizadas. Todo ten a súa orixe na nosa escesiva xenerosidade e na nosa

desmedida confianza. Por eso, ao mesmo tempo que nós pedimos aos hespañoes unha

estimación da nosa natural personalidade, tamén pedimos aos galegos unha meirande

concencia do que representan en Hespaña e no mundo.

Pode eisistir algún galego que non se sinta ferido e que pense que as nosas escitacións

son innecesarias. Hai en América moitos galegos que non coñecen de Hespaña máis que a

súa aldea e o porto en que se embarcaron, e así non saben doutras patrias hespañolas. A este

respeito cómpre que refiramos un sucedido: Cando foi a Madrid o coro galego de Feixoo

levaba consigo un tamborileiro de Cerponzóns, un vello que nunca saíra de Galiza. Cando xa

levaban quince días en Madrid, o tamborileiro, apouvigado pola morriña, díxolle a Feixoo:

“¡Eu quero irme a Hespaña!” Pois ben; aos galegos que falan de Hespaña e sóio levan no

sentimento a imaxe da súa terra, eu quero decirlles que a nosa Terra é unha Patria e que esta

Patria foi aldraxada por outros hespañoes a quen sóio debíamos inspirar agradecimento e

ademiración. E que o conto non sexa que os galegos aparentemente renegados tomen a

Hespaña como a tomaba o tamborileiro de Cerponzóns…

Eu sei que tódolos galegos estamos orgullosos de ser fillos da Terra máis fremosa de

Page 170: Castelao - Sempre en Galiza

Hespaña e cicais a máis fremosa do mundo. Pois ben; nin eso foi comprendido e respeitado

polos casteláns. E para probalo abondará transcrebir algúns aldraxes en verso —en verso,

para que doian menos— debidos ao enxeño dos escritores de Castela:

Reino infeliz, país desventurado, De España muladar, rincón del mundo, Entre

tinieblas siempre sepultado, Aspero, duro clima, tiempo airado, Infeliz, bárbaro trato, signo

inmundo.

ANÓNIMO

Oh, montañas de Galicia.

Cuya, por decir verdad,

Espesura es suciedad,

Cuya maleza es malicia,

Tal que ninguno codicia

Besar estrellas pudiendo,

Antes os quedáis haciendo

Desiguales horizontes;

Al fin, gallegos y montes,

Nadie dirá que os ofendo.

LUIS DE GÓNGORA

La vista mira, pero no vé cosa Digna de ser mirada por hermosa.

ANÓNIMO

El sol con sus nublados asegura Que esta tierra no ha visto su hermosura, la tierra

procura obscuridades Porque no vea el sol sus fealdades.

ANÓNIMO

La tierra estéril, entre matorrales, Sólo produce espinas y zarzales, no hallando de

fruto algún indicio Ceres aquí suspende su ejercicio.

ANÓNIMO

¿Pode darse algo máis canallesco que o de non querer apreciar a fremosura do noso

país? Pois eu agora non quero dar a coñecer as monstruosidades que se escrebiron contra os

nosos homes as nosas mulleres, a nosa vida, os nosos usos e costumes. Tódolos escritores

casteláns dos séculos XVII e XVIII adicáronse a luxar o nome e o creto dos galegos, creando

un ambente emponzoñado contra Galiza e negándonos, inclusive, a calidade de hespañoes.

Para eles Galiza era un país de salvaxes colonizados, e ningún escritor castelán foi capaz de

saír á nosa defensa, cando incluso se defendía aos indios que non se deixaban asimilar. Os

casteláns chegaron a sentirse doídos de que o corpo do Apóstolo estivese en Galiza:

Hundióse la nave al ver

Que el Santo al Padrón llegó,

Que al ver la tierra temió

Que se había de volver.

P. CORNEJO

Porque se avergüenza el Santo

De mostrar que está en Galicia ANÓNIMO

Oh, Santo Apóstol, qué discretos fueron Los que en oculta bóveda os metieron Para

Page 171: Castelao - Sempre en Galiza

que de esta tierra amparo fueseis Sin que ella os viese ni que vos la vieseis!

ANÓNIMO

A inquina dos casteláns provén, xustamente, dun feito xeneroso de Galiza. Todos

sabemos que os galegos ampararon e defenderon á “escelente Señora” Doña Xohana, a quen

Isabel a Católica lle usurpara o trono, aldraxándoa co alcuño de Beltraneja, como dispois os

casteláns nos aldraxaron a nós. A pauliña dos Reis Católicos contra Galiza foi unha consiña

de Estado que perdurou ata os nosos días. E unha de dúas: ou nós tronzanos a pauliña dos

Reis Católicos ou non somos diños de chamarnos galegos; é decir, ou impomos o respeito

que se nos debe ou nos declaramos merecedores de todo canto se dixo contra nós.

Page 172: Castelao - Sempre en Galiza

XXIV

En varias ocasións ouvín a intelectuaes casteláns —dos que finxen ser liberaes e

comprensivos— falar dos problemas lingüísticos de Hespaña coma dunha custión morta,

inhibíndose con xesto de trunfadores por puro dereito de superioridade natural… Din eles

que endexamais se prohibeu o emprego das diferentes língoas hespañolas, e que o feito da

imposición do castelán sóio se pode atribuír ao esmorecimento das outras língoas e á forza

cultural que a língoa de Castela posuía no intre en que se realizou a unidade. Intentan por en

ridículo aos que protestamos da violencia asimilista de Castela, e a estas outuras pretenden

eisixirnos unha proba documental da nosa escravitude. Negan a intención imperialista da

meseta e o propósito de chegar á unidade lingüística como se chegou á unificación relixiosa,

asegurando que o galego morreu de morte natural…

Nós imos supor que non se ditou ningunha ordenanza real prohibindo a língoa galega

nos documentos públicos; pero é indiscutible que sóio eran válidos os documentos

redactados en idioma castelán, na língoa oficial de Hespaña. Nós imos supor que endexamais

se dixese “fica prohibido usar o galego”; pero é indiscutible que sóio se ensinou o castelán

nas escolas e que os galegos non podían escrebir e leer o idioma que falaban. ¿Houbo ou non

unha política asimilista?

“O galego —din algúns intelectuaes casteláns— é unha língoa rústica”. Imos supor

que non é máis que eso; pero ninguén pode negar que aínda eisiste. Ese regocixo dos

intelectuaes casteláns e a súa condolencia finxida —que quer ser póstuma—, estaría no seu

punto se Galiza falase castelán; pero aínda fala galego, anque non seipa escrebilo e anque lle

custe traballo leelo. Calisquera persoa pode decatarse de que a língoa da meseta non se

impuxo pola forza da súa cultura, a pesares de catro séculos de imperialismo castelán e de

obrigarorio aprendizaxe do idioma de Estado, pois os galegos aínda preferimos a nosa língoa

rústica á que nos impoñen. Non hai dúbida de que Galiza conserva o seu idioma porque con

ningún outro pode espresar mellor as súas ideias e os seus sentimentos, é decir, a súa cultura;

e, polo tanto, non hai para qué falar da superioridade cultural de Castela, a non ser que se

iñore o valor da verba “cultura”. Castela logrou asimilar a León e Asturias —poño por

caso— como antano o latín asimilou a língoa que se falaba en Galiza, da que sóio poderán

atoparse restos nas toponimias; pero falar de asimilación de Galiza e cantarlle o responso á

nosa fala é unha vaidade propria de casteláns. A verdade está xustamente no contrario do que

aseguran os “catedráticos de secano”, pois Galiza sigue falando galego porque ten unha

cultura máis forte que a dos casteláns. O feito de que o galego chegase a ser —como eles

din— unha língoa rústica é un delito que se lle pode achacar á hexemonía política de Castela,

que o desterrou das escolas e das solemnidades cibdadáns; pero afortunadamente a nosa

língoa está viva e frorece en Portugal, fálana e cultívana máis de sesenta millóns de seres que,

hoxe por hoxe, aínda viven fóra do imperialismo hespañol. Poden os Estados Unidos de

América —citemos este exemplo— rebaixar o castelán de Porto Rico á triste categoría de

língoa rústica, porque esto é doado con sóio ensinar o inglés nas escolas; pero do

imperialismo yankee protestan os intelectuaes casteláns…

Seríamos parvos se non reaccionáramos contra os finxidos partidarios da

cordialidade hespañola, cando supeditan esta cordialidade a un sometimento do galego á súa

tradicional intransixencia. Nós non podemos esquecer que dende a Escola, a Cátedra, o

Púlpito, a Tribuna, o Tribunal, a Oficina e o Coartel, o dedo erguido do Estado hespañol

Page 173: Castelao - Sempre en Galiza

impoñía silencio aos que intentaban falar galego. ¿Que non se impoñía o castelán?… Eu vin

a un Presidente de Audiencia prohibirlle a un avogado que interrogase a un labrego en

galego, fundándose en que o labrego entendía o castelán i el (o Presidente) non entendía o

galego; pero é indiscutible que as declaracións traducidas in mente polos testigos non son

testemoios íntegros, e que, polo tanto, nin se concibe un xuez en Galiza que non seipa o

galego nin se concibe que un avogado non poida interrogar a un testigo na súa propria língoa,

aínda que sexa rústica… Podíamos encher moitas páxinas con relatos de feitos semellantes,

nos que se vise cómo a costume, convertida en lei, foi unha arma violenta, cuia violencia

chegou a ser irracional cando as língoas rústicas renascían literariamente. Xa morrera

Rosalía, Curros e Pondal, o creouse en Madrid unha “Cátedra de Língoa e Literatura

galaico-portuguesa”; pero esta mesma Cátedra foille negada á Universidade de Galiza, que

era onda debía eisistir. Non imos falar dos tempos da monarquía nin dos de agora; pero

cómpre decir que o Goberno provisional da República fíxose o xordo cando Galiza

demandou un decreto a prol do bilingüismo escolar semellante ao que se lle concedeu a

Cataluña, e o Ministro de Instrucción Pública contestou a tódolos telegramas que nós lle

dirixíramos coa mesma fórmula revellida: “Este Ministerio estudia con sumo interés el caso

que ustedes le plantean”. Eu recibín por tres veces a promesa de que se crearían Cátedras de

galego nas Escolas Normaes de Galiza, e na derradeira conquerín autorización para

comunicalo á prensa; pero eran promesas falsas. ¿Podo eu esquecer cómo as Cortes

constituíntes desbotaron unha enmenda que eu presentei e defendín, na que somentes se

pedía liberdade para as língoas hespañolas nos termos en que xa estaba concedida para o

catalán? Tamén pode decir un intelectual da República que non se prohibeu o uso do galego;

pero abonda coñecer o artigo 4° da Constitución para saber que, de feito e de dereito,

sobrevivía no novo réxime a intransixencia monárquica: “E1 castellano es el idioma oficial

de la República. Todo español tiene obligación de saberlo y derecho a usarlo, sin perjuicio de

los derechos que las leyes del Estado reconozcan a las lenguas de las provincias o regiones.

Salvo lo que se disponga en leyes especiales a nadie se le podrá exigir el conocimiento ni el

uso de ninguna lengua regional”. Velaí os termos en que a República liberal e democrática

resolvía o problema das língoas. Pode decir un intelectual castelán que o galego sería libre en

canto Galiza demandara esas leis especiaes; pero é que nós demandámolas e non fomos

atendidos. Con todo, xa podemos amostrarlle aos intelectuaes casteláns unha proba

documental da imposición de Castela, pois se a Constitución da República se mostrou

xenerosa, abrindo posibilidades que antes non eisistían, é porque intentou unha reforma

xurídica —reforma que somentes se compreu para Cataluña— tendendo á liberdade das

língoas.

Poden os intelectuaes casteláns enorgullecerse pola súa hexemonía oficial e poden

citarnos aos cofrades galegos que somentes usan a língoa do Estado; pero non poden decir

que o seu idioma matou aos demais idiomas hespañoes, porque aínda siguen vivos na boca do

pobo, que é quen crea o sostén as língoas. Así, eu digo que a nosa língoa rústica vive porque

aínda temos moito que decir nela.

Page 174: Castelao - Sempre en Galiza

XXV

Xa imos costa abaixo, cara Bos Aires, e recoñezo que todo canto escrebín a bordo é

un dos varios soaces que busquei para consumir as horas da travesía. Agora síntome con

arelas de filosofar porque veño de ter unha leria cun grave cosmopolita, incapaz de

comprender a variedade humana, anque el perteñece a un pequeno grupo de imbéciles que

hai en tódalas bandas do mundo.

Disque o home é superior ás bestas porque fabrica ferramentas e aparellos (creo que

foi Carlyle quen o dixo). O home, pois, progresa e os animaes, non. Un burro de hoxe, poño

por caso, é, idéntico a un burro de fai mil anos e tódolos seus descendentes serán tan burros

coma el. En troques, un home de hoxe fai cousas que non facían os seus avós. ¿Víchedes

algunha vez a un animal que voase sen ter azas? Pois ben; o home inventou o avión e voa

mellor que ningún paxaro. Todo esto quer decir que a nosa intelixencia vainos erguendo da

miseria igoalitaria, e que imos ascendendo cara a perfeición por camiños que nós mesmos

inventamos. Gracias á liberdade de pensar, non ficaremos resiñados antramentras non

cheguemos a ser deuses.

A organización das abellas e das formigas será perfeita para certos homes que non

teñen esprito e que gostan baixar pola escada zoolóxica en vez de rubiren ao ceo, con

aparellos ou coa simple maxinación. Queren ser felices e de eiquí provén o seu anceio de

retornaren á vida das formigas e das abellas.

A este respeito podemos lembrar o drama do Paradiso e interpretalo. A serpente

aconsellounos que fóramos deuses, que non nos aviñésemos a vivir na caótica e informe

ánima multitudinaria. Según o mito bíblico (non esquezamos que veu de Ourente, a patria de

tódalas resiñacións) a serpente dounos un mal consello; pero, ¿é que as desventuras do home

proveñen da súa intelixencia e da súa liberdade? Non sei se abolindo os anceios de

superación animal chegaríamos a ser máis felices; pero nunca máis diños da divinidade. O

conto é que o home —botado do Paradiso por non querer ser animal— abreu camiños, creou

culturas e civilizacións e aínda hoxe está moi lonxe do fito terminal. Aínda estamos no mito

da torre de Babel, cando as greas de homes comezaron a falar língoas diferentes e non se

entendían. ¿Pode estimarse esta aparente desventura como un castigo de Deus? De ningunha

maneira. A variedade de culturas, de língoas, de modos de vivir e de pensar, son xeitos de

superación, e pola loita que impoñen —ás veces sanguiñenta—, imos arredándonos do

Paradiso. As relixións —que veñen de Ourente— pretenden un imposible: que retornemos ao

Paradiso, porque sóio alí se atopa a felicidade. Mais para un oucidental esta felicidade é unha

renunciación ao que o home ten de divino. Así, pois, nós seguiremos alonxándonos do

Paradiso, tal e como está marcado no noso destino, falando língoas diferentes, creando

culturas diferenciadas e civilizacións cada vez mellores. ¡Ai, cando xurdirá unha relixión que

nos dea azos para ascendermos e chegarmos a Deus!

Un aldeán ruso díxolle a Gorki: “Vós quixéchedes voar como os paxaros e

voáchedes; vós quixéchedes nadar como os peixes o nadáchedes; pero aínda non

deprendéchedes a vivir enriba da terra como viven os homes”. Este aldeán decía unha gran

verdade. Aprendamos, pois, a vivir enriba da terra, como deben vivir os homes; pero

procuremos non rebaixar a nosa grandeza humana. Aqueles que baixan pola escada animal e

ademiran a organización social das formigas renuncian á grandeza humana, basada na nosa

superior intelixencia. Xa fomos formigas e leóns; pero xa somos homes, e cómpre que

Page 175: Castelao - Sempre en Galiza

aceptemos tódalas desventuras, coa seguridade de acabar con elas. Algún día chegará en que

este “val de bágoas” se torne, pola nosa sabiduría, en cibdade de paz.

A loita nobre e leal das ideias é o que asegura o progreso. A uniformidade que

degoiran algúns sóio se logra coa morte; e non hai dúbida de que os termos do lema “Liberté,

Fraternité, Égalite” son antitéticos, pois antramentras haxa liberdade eisistirán loitas que

impiden a igoaldade pero que aseguran o ascenso cara a perfeición, na que será posible a

fraternidade.

A teima universalista ou a degradada imbecilidade dos cosmopolitas é tan absurda

como desexar que desaparezan os negros. Podían decir tódalas constitucións políticas do

mundo “Prohíbese a eisistencia dos negros”, e podían matarse a tódolos seres desta raza; pero

xurdirían outra vez no crisol dos trópicos. O que non se pode facer, hoxe por hoxe, é convertir

a un negro en branco. Non hai máis que un sol para todos; pero este sol único fai negros en

África e loiros en Escandinavia. Aceptemos, pois, as realidades que nós non podemos abolir

e respetemos as que, podendo ser abolidas, foron creadas pola nosa natural condición de

homes. E o máis respeitable é a variedade, porque nela reside o acervo común, como na loita

reside a orixe da ascensión humana cara Deus.

Hai xentes que renegan do seu proprio idioma cando non lles sirve para andaren polo

mundo i entendérense coa xente doutros pobos. Esta é, en efeito, unha desventura necesaria,

e, polo tanto, non hai razón para que un home renegue do seu idioma ou dos idiomas que el

non comprende. Dendes que saímos do Paradiso terrenal ficamos sometidos por lei de

natureza á variedade de língoas e de culturas. Cando éramos felices porque vivíamos como

animaes, sóio cantábamos o “himno da nosa especie” —un ouveo que nos servía de lingoaxe

para as nosas reducidas e invariables necesidades—. (Teño dito moitas veces que os probes

animaes aínda están no idioma universal).

Unha língoa non nasce por vontade dos homes senón por necesidades do seu

progreso, e non está queda anque así o decidan as leis do país e se organicen Academias para

fixala. A evolución das língoas é inevitable e a política sóio pode entorpecer e violentar o

desenrolo lingüístico dun país, sempre con perxuízo da potencia creadora do pobo. Pode

unha língoa imporse violentamente e conquerir un imperio; pero antramentras non

desaparezan as língoas sometidas este imperio será mudo para o arte e calisquera outra

creación do esprito, e dispois de trunfar totalmente a língoa imperial fica sometida a unha

descomposición e, por ende, á morte. Eu agora estou escrebindo nun latín descomposto e

defendendo esta língoa contra outro latín descomposto que se fala en Castela e de alí se

irradia, como idioma de Estado, dende fai máis de catro séculos. Pode, pois, decirse que o

latín descompúxose e morreu, como se descomporá e morrerá o castelán que se fala nas

Américas. Calquera pode apreciar que o inglés dos Estados Unidos xa non é a língoa que se

fala en Inglaterra, e co tempo non poderá entenderse un inglés cun norteamericán. Todo esto

é certo e inevitable, e cando algún home fala da língoa universal non sabe o que di.

Agora ben, podemos e debemos aspirar a que eisista unha língoa internacional coa

que poidamos andar polo mundo i entendernos coa xente de tódolos pobos. Esta sería unha

segunda língoa deprendida obrigatoriamente en tódalas escolas por acordo antre tódolos

países; pero —enténdase ben— sería unha língoa ausiliar, deprendida como asignatura. Os

homes aspiramos a este ben por lei natural, da mesma maneira que non renunciamos á

variedade de idiomas. Ningún traballo nos custaría deprender no tempo escolar unha língoa

internacional dispois de saber ben a nosa, a materna. Xustamente, este anceio natural e

sentido por todos, está violado pola teima imperialista dos grandes Estados. Non é dificultoso

comprender que o obstáculo para chegarmos ao establecimento dunha língoa internacional

Page 176: Castelao - Sempre en Galiza

está producido pola ambición das catro ou cinco língoas que puñan para chegaren á

hexemonía cultural do mundo, cuio anceio vai xunguido ás arelas de predomiño, é decir, de

sometimento i escravitude dos pobos endebles.

Como conclusión, dirémolle aos galegos que pola variedade de língoas chegamos

primeiro á língoa internacional, e así como nós falamos galego e castelán (o galego que

mamamos no leite e o castelán que nos impuxeron na escola) máis nos valería deprender ben

a nosa língoa e deprender dispois a que se falase en todo o mundo, coa que nos entenderíamos

—en igoaldade de culturas— cos demais hespañoes. Así os casteláns non presumirían de

falar mellor que nós… Esto, claro está, vai dito no terreo da lóxica e para demostrar que

razoando non é dificultoso desembocar no arredismo.

Page 177: Castelao - Sempre en Galiza

XXVI

Cerro este segundo libro —revolto e alporizado, a semellanza do meu ánimo— cando

imos rematar o viaxe de Nova York a Bos Aires. Hoxe é día 16 de xulio e mañán abrazarei a

moitos irmáns que nos agardan en Montevideo.

Este segundo libro foi escrito a golpe de ondas que saían da miña memoria sen orde

previsto, e por eso semella todo el unha confesión máis que un guieiro político. “¡Adiante!”

—decíame— e por seguir o vieiro do sol chegaba sempre ao crepúsculo. E así tódolos días

dendes que comecei esta teoría de discursos. Eu levaba intención de furgar cara o futuro, e

non fixen outra cousa que furgar no pasado. Coidaba que a forza de cavilar cunha pruma na

man, chegaríamos a ver algunha luz; pero nin tan siquera se albiscaron síntomas de

alumbramento. Un paso atrás para dar o pulo e non fixen outra cousa que afincar os pés no

chan, porque nunca vin onde podía caer. Hoxe todos andamos a cegas e os demócratas

hespañoes carecemos de fe, ao desembocarmos fatalmente no problema terrible do mundo. E

non hai maneira de aillar o noso problema. ¿Pudo acaso o mundo aillar o incendio de

Hespaña e salvarse das nosas chamas? Pois entón deámonos á ventura ou desventura dos

demais. A guerra está no comezo e hoxe sóio é doado que nos preparemos a recibir o que

veña, pois nin tan siquera se trata de adiviñar quén vai vencer militarmente, e, de por parte, xa

sabemos que, após do armisticio, é posible que imperen as ideias do derrotado e non as do

vencedor. O mundo non se rixe pola lóxica dos homes, e o futuro de tódolos pobos depende

do parto a que estamos asistindo, parto de non se sabe qué.

Din que a humanidade anda ao redor dun circo e que cai sempre no punto de partida;

mais xa se dixo que todo é según se miren as cousas, porque o certo é que seguimos unha

espiral, ascendendo cara a perfeición. Tamén se dixo que en cada volta hai tres períodos —o

de iniciación, o desenrolo e o de decadencia—, e que as voltas están comandadas, cada unha

delas, por un siño de fatal civilización. Os vixiáns do futuro fartáronse de anunciar a

decadencia da nosa época, i eu quero esplicar ao meu xeito a espranza que hai alén do actual

pesimismo: a espranza que eu vexo e que me sostén.

Acollámonos á división vulgar da hestoria e pensemos que a humanidade obra por

determinacións inexorables (a formiga é libre, máis non o formigueiro). Pois ben; Exipto,

Grecia e Roma compoñen unha volta, que, ao tronzarse pola invasión dos bárbaros dá entrada

a outra volta de siño diferente: a da Edade Meia, Renascimento e tempos modernos. Exipto,

pois, é un período de iniciación, dominado polo sentimento relixioso, e o seu equivalente, na

volta que sigue, é a Edade Media. (Exipto deixou as pirámides e a Edade Meia deixou as

catedraes). Grecia é un período de desenrolo, caracterizado polo enfriamento relixioso e por

unha eclosión da outa cultura, equivalente ao Renascimento (ambos deixaron obras

insuperables da arte e do pensamento). Roma é un período de decadencia espritual e, ao

mesmo tempo, de progreso utilitario, onde morre o sentimento relixioso e arrufían as

entrañas da cultura. Roma equival aos tempos en que estamos vivindo agora, e ambos a dous

períodos deixarán camiños e pontes…

Se o devandito ten algunha forza de verdade podemos creer que a guerra actual é unha

equivalencia da invasión dos bárbaros e que, polo tanto, estamos asistindo ao fin dos tempos

modernos, en cuio remate perecerán os principios avanzados que, en realidade, non sexan

máis que eclosións do ambente materialista e positivista, pois se a lei se comprise

retornaremos ao imperio do esprito, como Exipto, como a Edade Media. Estamos fatalmente

Page 178: Castelao - Sempre en Galiza

abocados a un período de iniciación, comezo dunha nova volta, no que xurdirán sentimentos

relixiosos, cicais nutridos por anceios inéditos, a moita distancia das resiñacións que viñeron

de Ourente. E achegando máis o ceo á terra, os homes e as greas xa non loitarán polo benestar

senón pola felicidade. Velaí a espranza que me alumea; e se a liberdade é consustancial co

esprito relixioso, xa non debemos temer ao futuro, porque entón desaparecerán as doutrinas

de odio e de dominación.

Comecei a escrebir este libro dispois de percorrer, de punta a punta, a illa de Cuba e

de cruzar os Estados Unidos, dende Niágara a Miami e dende Nova York a California.

Escribino, como se ve, dispois de facerlle cruz e raia ás Américas que deixamos.

Agora cabía ben eiquí a impresión que me deixaron os emigrantes galegos que eu

tratei. Conservo na miña man dereita o estruchamento de milleiros de mans galegas

endurecidas polo traballo e moitas amolecidas pola folganza miserable. Vin o trunfo e a

derrota de moitos galegos; pero endexamais ollei a súa felicidade. A miña man douse aos

fogoneiros, peóns, taberneiros, obreiros e lava-pratos de Nova York; aos mariñeiros de

Filadelfia e de Boston; aos obreiros de Chicago, de Detroit e de Lackawanna; aos mineiros do

West Virginia; aos artesáns e camareiros de San Francisco; aos tabaqueiros, empregados e

demais traballadores da Habana; aos cafetaleiros de Guantánamo e Mayarí; aos carboeiros e

comerciantes de Morón i Esmeralda; en fin, aos galegos que viven, traballan ou folgan en

tódolos lugares de Cuba e nos centros fabriles de Norte América. Creo que vin a todos e que

apreixei as súas mans. Podía, pois, formular unha sentencia basada en boas razóns; pero

resérvome para cando coñeza aos galegos da Arxentina e do Uruguay, pois a emigración

galega constitúe unha parte do noso problema económico-social, cicais o máis acedo, e non

sería cordo que nos limitáramos a cantar ou chorar como poetas xudeus, porque aínda temos

territorio e azos para buscarmos a felicidade nos eidos nativos. O grave problema da

emigración seméllame hoxe un sarillo de moitos fíos, e non sería de bo xuízo encetar o que

estou a punto de coñecer enteiramente; mais é ben decir xa que a nosa emigración paréceme

o erro máis terrible que cometeu Galiza, se é que se trata dun movimento conscente e non dun

impulso involuntario e fatal. E ogallá que dispois nos sexa dado disculpar aos proprios

emigrados, que, a pesares do seu fracaso, turran por outros emigrantes, falando de

prosperidades que nunca cataron. Este tema pode encher un libro.

Vai para coarenta e cinco anos que un mariñeiro galego me amostrou, ao navegarmos

por esta mesma roita e neste mesmo lugar (golfo de Santa Catarina), o ceo do Sul, con

estrelas noviñas para os meus ollos de neno; mais eu daquela sóio arelaba chegar a Bos Aires

e ver a meu pai —un pai que nunca vira— e pouco se me daba do resto. Hoxe o ceo está

empochado, como din os gauchos, e non podo albiscar o “cruceiro do Sul” que descobriron

os navegantes portugueses. Agora non veño con miña nai; veño coa miña muller, a nai do

meu fillo morto. I en ningún intre puden ver con máis claridade as estremas da miña vida, que

me semellan simétricas. Fai coarenta e cinco anos era eu un emigrante sen máis anceio que o

de atopar a meu pai; agora son un refuxiado político a quen lle negaron toda carta de

cibdadanía. En ámbolos casos non interveu a miña vontade; mais agora traime ás Américas

unha fada descoñecida. Creo que veño a envellecer onde me criei. E ¡ogallá que retorne de

novo algún día, por estas mesmas augas, para morrer onde nascín!

Nova York e buque “Argentina”, xaneiro-xulio de 1940

Page 179: Castelao - Sempre en Galiza

Libro terceiro

Cántalle cantos ousados,

que esforzado o peito fan;

cántalle o que xa cantara

o nobre bardo Gundar:

¡A luz virá para a caduca Iberia

dos fillos de Breogán!

EDUARDO PONDAL

Page 180: Castelao - Sempre en Galiza

I

Fai dous anos que arribei á República Arxentina, onde vivo en constante polémica, e

como se me alongan indefinidamente as espranzas dunha repatriación honrosa, xa se fixo

necesario engadir algúns discursos máis a esta prosa, que non sei se debo conservar en

memorias manuscritas ou debo levala de camiño a unha imprensa. Cada vez fáiseme máis

dooroso eliminar deste libro os estados do meu ánimo, e, sen querelo, vou caendo en modos

impolíticos que me alonxan do comercio español, inclinándome ao separatismo. Non é, non,

que eu sexa separatista —nin por sentimento, nin por ideoloxía—; pero é o certo que cada

vez vexo afondar máis as fronteiras moraes que nos diferencian do resto da Hespaña. O

desterro vai idealizando mainamente as miñas nocións de Patria, e hai intres en que xa non

sei se Galiza eisiste na realidade ou sóio latexa no meu corazón.

“Hai que reintegrarse á terra de un, so pena de que nos sintamos embafados pola door

do desterro; e hai que repousar para sempre no lugar onde se amasou a nosa carne e se

modelou o noso esprito”. Esto decía Nóvoa Santos, a cavilar no problema trascendente da

morte, cando presinteu a proisimidade da súa rendición e acabamento, cando se decatou de

que era un emigrado que lle furtara gran parte dos seus pensamentos e do seu traballo á terra

que o dera, que o criara e que o formara. Nóvoa Santos atopouse no perigo de morrer lonxe

do berce orixinal, e sinteu unha “especie de remordimento”, que el chamaba “morriña”,

porque a “morriña” dos emigrados que trunfan non é máis que unha “especie de

remordimento”. E Nóvoa Santos, como Valle Inclán, foi morrer á terra nativa, para pagar, co

seu nome grorioso e cos seus restos mortaes, unha deuda inmorrente, que endexamais será

pagada. Pero eu non son un emigrante, porque non saín voluntariamente de Galiza, mundo

adiante, á cata de tesouros e de grandezas.

A min abondábame un curruncho galego e a ledicia de ver a nosa paisaxe i escoitar o

noso idioma. Eu creo, e repito con Heine, que dende a máis pequena fiestra pode

contemplarse a inmensidade do ceo coma dende a máis pequena terra se pode comprender a

grandeza do mundo. Endexamais tiven vocación de emigrante. E dispois de ter percorrido

moitos camiños estraños en contra da miña vontade, declaro que o nascer, vivir e morrer

nunha mesma terra é a sorte máis grande que se lle pode desexar a unha criatura; pero a

condición de que na terra nativa haxa liberdade e xustiza, pois sen estes dous bens tamén hai

desterro na propria terra.

A luz que agora entra polo ancho ventanal deste apartamento e que se envorca sobor

da miña mesa de traballo, traime unha sensación de paz e de benestar case que inconcebibles

nestes tempos de barbarie. E aínda que fose lícito gorentar esta pracidez, sabendo que están

en chamas os centros vitaes da civilización, eu daría o caudal lumioso deste ancho ventanal

por un pequeno vidro embafado de choiva galega. Teño morriña; pero a miña door non é,

non, unha “especie de remordimento”, porque nunca lle furtei á miña Terra nin os meus

pensamentos nin o meu traballo. Por eso quero retornar a Galiza; mais non para morrer,

senón para vivir. Eu non penso na morte nin creo que me ande rondando, porque a penas

acabo de entrar na primaveira da vellez, que é cando un comeza a saber o que di; e non me

sosteñen os recordos senón as espranzas, porque creo no retorno á miña Terra, que será un

retorno á vida e, por ende, á loita. E se a vida se me acabase no desterro sen poder devolverlle

o meu corpo á terra que mo emprestou, aínda había de ser para Galiza o meu derradeiro

alento.

Page 181: Castelao - Sempre en Galiza

Con todo, é preciso confesar que hai un drama no meu desterro, semellante a unha

cruz, que abre os seus brazos aos catro ventos para abranguer a door do mundo, pero que

gravita sobor da miña concencia e a concencia dos “bos e xenerosos”, esmagando as ilusións

que podiamos fundar nunha repatriación próisima e vitoriosa. Ese drama, que é a miña

pesada cruz, está enxendrado pola intersección contraditoria de dous sentimentos terribles:

un deles impídenos perdoar aos asesinos e verdugos do noso pobo i empúrranos á venganza;

o outro non nos permite acoller a ideia dunha xustiza instintiva, exercida direitamente polo

pobo, e inclínanos á resiñación. Problema arrepiante, porque seguirá sendo unha cruz para

moitas xeracións de galegos. Galiza non está no mesmo caso doutras terras hespañolas, onde

correu de abondo o sangue dos dous bandos e pode xurdir unha reconciliación. Na nosa Terra

sóio un miragre de bondade poderá restablecer a paz dos espritos, pois aínda que pensaramos

unicamente nunha xustiza estrita e irrecusable á luz dos Códigos, esta xustiza terá tales

dimensións que sóio un perverso arelaría un posto de xuez o día do xuízo. Se tódolos galegos

créesemos en Deus podiamos encomendarlle a El o castigo dos crimes cometidos en Galiza;

pero é que os sentimentos cristiáns están moi debilitados en toda Hespaña dendes que alí se

invocou o nome de Deus para matar…

As mágoas do meu desterro non proveñen de temores persoaes nin de desesperanzas

patrióticas, porque estou ben convencido de que unha nova vida —máis xusta e mellor que a

pasada— vai xurdir das cinzas da guerra mundial, e creo que Galiza será, na paz que se

aveciña, un peirán de Europa, unha antena do mundo; pero, máis que ningunha outra cousa,

será un faro da civilización atlántica. A vida senlleira de Galiza cos seus poderosos

sentimentos e a súa nobreza moral, dará, por fin, unha nova espresión da súa orixinalidade.

Galiza non sabe decir derradeiras palabras, porque sempre fuxeu do mundo material,

cangado de egoísmos e de vana intelixencia; pero, eso si, sabe decir primeiras palabras en

períodos universaes de iniciación e de sosego creador, cando as almas comungan en ideias de

pura beleza e de puro ben. Eu creo na resurreición do noso xenio celta e no renovo das ocultas

virtudes da nosa raza. Galiza xa non será, nunca máis, un curruncho apartado do comercio

humano, un Fisterre, “onde a terra se acaba e o mar comeza”. En Galiza comezará Europa nas

súas relacións con América, debido á mudanza xeográfica do progreso. Galiza vai ser un

centro de enerxías internacionaes na calma venturosa que xurdirá dispois da guerra; pero nós

non seremos pousadeiros cosmopolitas, ao xeito de certas nacións escollidas para cita de

diplomáticos i esperantistas… E nós debemos dispor o noso ánimo para sermos señores

dunha patria aberta e xenerosa, outra volta convertida en nó de camiños… Mais todo esto

viranos pola liberdade que reine no mundo.

A loita que agora se nos presenta, a moita distancia, cos falanxistas, requetés e

monárquicos hespañoes, pide que nos axuntemos ao resto dos republicanos eisilados en

amalgama circunstancial; pero é que os galegos non nos conformamos con retornar á falsa

democracia do ano 31, para “continuar a hestoria”. “España —díxonos Xoán Viqueira— é un

baldeiro abstracto. Non é unha suma de concretos: Galiza, máis Asturias, máis Vasconia,

máis Castela, máis Cataluña, máis outros países hespañoes, máis… ¡quen sabe qué máis!

Hespaña non é un feito; é algo que se fai (algo que debe facerse, engado eu): ¡enxérguese ao

lonxe a federación Ibérica! Único xeito de traballar polos concretos que a forman, e dos que

ela é —como din os matemáticos— unha función”. Non aceptamos que se nos sinale a obriga

de loitar pola República hespañola “porque ela vai ser a que nos conceda o Estatuto

autonómico”, como din os republicanos de secano, pois somos nós, xunto cos vascos,

cataláns e demais pobos hispanos, os que crearemos a unidade superior de tódolos hespañoes,

é decir, a República. O totalitarismo que se impuxo a Hespaña non é outra cousa que a

Page 182: Castelao - Sempre en Galiza

reimplantación da hexemonía de Castela —na língoa, na cultura, no dereito—. ¡Castela

venceu a Hespaña! Pero é que a maor parte dos republicanos hespañoes teñen unha vocación

castelanista, por non decir totalitaria, que decote se enfrenta co noso hispanismo. E para eles

escribo este libro, pois cos usurpadores da legalidade nin tan siquera pretendo polemizar.

Page 183: Castelao - Sempre en Galiza

II

Comezo a escribir esta terceira parte dispois de comprobar por enésima vez a

intransixencia española frente a calquera problema renovador do Estado. A inhumanidade da

Hespaña nacionalista, empeñada en afogar o estremecimento dos particularismos hespañoes,

non é precisamente o reverso da República que perdemos na guerra civil. E o que máis nos

doe é que os compañeiros de desterro siguen soñando coa República do 31, causa indirecta da

nosa door.

En calquera época de tiranía ou de troque de réxime sempre abondaron os fuxitivos

hespañoes. Eles eran acollidos con respeito en calquera país liberal, e a súa vida sublimábase

tanto que no retorno aseguraban un prestixio personal que, ao mellor, non merecían. Hoxe os

fuxitivos contámonos por centos de miles, e cando atopamos asilo compartimos a door do

desterro cunha moitedume incalculable de europeos, estes mellor considerados que nós i en

competencia con nós para gañaren a subsistencia. Así, a vida dos fuxitivos hespañoes é máis

triste e doorosa do que nunca foi para ninguén. Somentes en América algúns atopamos

traballo remunerado ou a quentura de vellos e xenerosos amigos; pero no mundo que

circundaba a Hespaña sóio a fame, a miseria e a morte recibiron aos nosos fuxitivos. Non é,

non, que o mundo actual sexa máis ruín; é que nesta hora do “sálvese quen poida” non hai

lecer para ternuras nin para romanticismos. O caso é que todos pensamos retornar en canto

poidamos e que a maor parte dos desterrados coida que seremos recibidos con palmas e

aclamacións do pobo. Eu, polo menos, non o creo así. Moito máis que nós —os que vivimos

en América— está sofrindo a xente de Hespaña, que non ten pan, nin roupa, nin sosego, nin

liberdade. Calquera dos que viven en cadeas ou dos que agonían perseguidos, teríase por moi

feliz o día que poidese traspor a fronteira española. Millóns de hespañoes están sufrindo máis

que nós, envexando a cativa sorte dos desterrados (non hai pior desterro que aquel que se

sofre no proprio país). Esta é a crúa verdade. E, polo tanto, nós debemos afogar os

pensamentos vaidosos i entregarnos a serias cavilacións, porque seremos xuzgados

duramente e teremos que responder do que fixemos e do que non fixemos. Eu non

comprendo que os republicanos hespañoes retornen a Hespaña sen levaren consigo o froito

maduro do seu ensame de concencia e os plans dunha reconstrución da democracia capaz de

matar tódolos futuros xermes do desbaraxuste. A min poden pedirme contas de todo canto

fixen ou deixei de facer, e sempre responderei con homildade, se quen mas pide sofreu máis

que eu; pero confío en que ninguén me considere mal galego e mal republicano, indiño de

retornar á miña Terra. E con esta espranza quero levar este libro, como prenda das miñas

preocupacións e testemoio do meu amor a Galiza.

Os galegos estamos enlazados aos republicanos hespañoes porque con eles sofrimos

os rigores da guerra civil e dispois os rigores do eisilio, como agora estamos enlazados a

tódolos demócratas do mundo —incluso aos que nos traicioaron— porque do porvir deles

depende o noso proprio porvir. Pero é que os republicanos hespañoes non se dispoñen a

retornar a Hespaña levando consigo un plan de reorganización política, económica e social

que responda ao sentir dos desterrados. Fuxen de toda discusión útil e proveitosa para

entregárense a disputas de índole personal ou de grupo personalista. Manifestan que “os

problemas vitaes de Hespaña teñen de ser planteados en Hespaña, porque é alí onde poden

acadar solucións axeitadas mediante a espresión da vontade popular”. Esta teoría

demagóxica é capaz de levalos á ideia de reemprazaren as eleicións por sorteos, e de

Page 184: Castelao - Sempre en Galiza

formaren o futuro Goberno por un turno de rigurosa antigüedade antre certos profesionaes…

Esa ideia de que todo se verá dispois semella un temor á renovación que necesitamos. Non

hai maneira de facerlles ver que os refuxiados temos dereito a poñernos de acordo para

levarmos a Hespaña un plan ben meditado e capaz de merecer os alaudos do pobo. E como

eles se privan de toda discusión proveitosa, queren que os galegos, os vascos e os cataláns

imitemos o seu proceder, por non chamarlle nugalla e inercia. A discusión que máis temen é

a que se refire aos feitos diferenciaes e á conseguinte estrutura do Estado de mañán. Aprazan

esta discusión para cando se vexan en campo proprio e asistidos polo ambente da rexión

maoritaria. Non lles convén discutir con nós en campo neutral i espostos a confesar o seu

empedernido centralismo. Resúltalles máis cómodo discutir con nós en Madrid e gañarnos

unha votación no Parlamento… Galiza, por mediación dos seus emigrados, está agora máis

perto dos xerifaltes da República que cando estes mandaban dende Madrid. Agora é cando

poden medir o grado da nosa vontade política, comparándoa coa das demais rexións a través

dos emigrados. ¿Por qué non se aveñen a discutir agora con nós? ¿Ou é que resulta máis

xusto que nós teñamos que ir a Madrid para discutir con eles?

Ninguén pode dubidar de que a vontade dos cibdadáns de Hespaña, en réxime

democrático, primaría sobor dos acordos que agora tomásemos os refuxiados; pero é que

dende os órgaos que utilizan os refuxiados dáselle á vontade hespañola unha estensión

totalitaria. Chegan a decir que o problema galego, igual que o vasco e catalán, depende da

solución que acorde a maoría dos hespañoes… ¡Estabamos aviados! Non; a vontade dos

hespañoes debe consultarse para resolver os problemas xeraes de Hespaña; pero, en xustiza,

sóio Galiza debe resolver os seus asuntos privados, como é dona de tomar a posición que se

lle antoxe frente á dos demais hespañoes. A vontade dos cibdadáns debe supeditarse á

sabiduría política, pois pode a vontade maoritaria de Hespaña negar a Galiza o self

governement, pero esto equival a trunfar pola violencia, i entón Galiza —que non cree en

fórmulas convencionaes— ensumiríase nun silencio rencoroso ou adoptaría unha acción

perturbadora. ¿Convenlle esto a Hespaña? A paz permanente que todos arelamos depende

dun troque de concepcións xeraes capaz de tronzar a inercia pública. A sementeira de ideias

uniformistas creou en Hespaña unha opinión maoritaria que a todas luces resulta perxudicial,

e, polo tanto, é necesario confiscar as vellas ideias e adicarnos ao cultivo doutras mellores.

¿Non se trocaron os sentimentos monárquicos de Hespaña en sentimentos republicanos,

gracias á sementeira de novos ideaes? ¿Ou é que os republicanos, fillos do liberalismo, non

teñen dereito a influír na opinión pública? Nós non somos tan parvos que vaiamos a creer

agora na sinceiridade demagóxica dos políticos eisilados, porque nos comezos da súa

actuación pública nadaron moitas veces en contra da corrente e nunca deixaron en paz a

vontade hespañola nos periodos eleitoraes. O que pasa é que non queren tronzar a opinión

unitaria —se aínda privase— en opinión federal, porque eles son unitarios e centralistas e

non queren interrumpir a hestoria de Hespaña. Para eles o vencello nacional procede da

subordinación de toda Hespaña ao esprito prusianista de Castela (Castilla über alles). Se

agora recomendan silencio ao redor do noso problema, deixándoo librado a futuras decisións,

é porque confían na inercia pública…

Sabemos que o sentimento de liberdade e de independencia, que tódolos hespañoes

conservan amorosamente, non é un reflexo das ideias revolucionarias de Franza difundidas

polo liberalismo; é un eco lonxano das tradicións hespañolas confiscadas pola monarquía

absoluta, pois en Hespaña o réxime democrático é moito máis antigo que o despotismo. As

liberdades de Hespaña —as que deixaron ronsel e que a reo agroman no esprito popular—

foron exercidas polos gobernos libres e representativos das varias nacionalidades. Os

Page 185: Castelao - Sempre en Galiza

mártires da liberdade chámanse Pardo de Cela en Galiza, Padilla en Castela, Lanuza en

Aragón, etc. O absolutismo violou as tradicións democráticas de Hespaña para que tódolos

asuntos foran dar ao despacho do monarca, como única autoridade, e non hai dúbida de que o

proceso absolutista consolidou o centralismo que impuxeran os déspotas e alonxou a

Hespaña do seu proprio ser. Un falso perfeicionamento do Estado, somentes burocrático,

afogou a vida nacional, e os prometidos dereitos do home degradaron de tal maneira ás masas

que hoxe os máis ardidos liberaes sóio deberían pensar na unión da liberdade coa sabiduría,

salvando deste xeito a Hespaña das consecoencias do individualismo, é decir, do

seudoliberalismo. O concepto da liberdade en Hespaña non é froito das doutrinas do

oitocentos, e a esencia pura da democracia cómpre buscala nos fondos anteriores á unidade

española. Así, pois, as arelas galegas, vascas e catalanas, son hespañolísimas.

Se eu me atopase ante un grupo inmenso de hespañoes e berrase ¡Viva la libertad!,

todos eles ceibarían un ¡Viva! abrouxador, porque a verba “liberdade” é a que chega máis

adentro dos seus sentimentos. Pero se eu berrase ¡Viva Castilla, Cataluña, Euscadi y

Galicia!, somentes responderían os cataláns, vascos e galegos. E non embargantes ese “viva”

sería un eco da tradicional democracia hespañola e a mellor espresión de hespañolismo.

Certo que tódolos hespañoes aman a liberdade: pero é que os casteláns non se conforman con

ser libres (eles falan a súa língoa e cultívana, practican o seu dereito e mellórano, etc.); eles

queren absorber aos demais. Na concencia castelán priva o feito hexemónico, porque o seu

feito diferencial está ben garantizado (o Estado hespañol é a fórmula imperialista de Castela).

Aman a liberdade, pero restrínxena ao seu favor. E son capaces de negala aos demais.

Eu maxínome a carraxe dos altivos casteláns cando se viron asoballados polos

funcionarios flamengos que Carlos I lles impuxera; pero agora os flamengos son eles. Eu

maxino, así mesmo, a carraxe que acometería aos casteláns —agora tan hespañoes— se o

feito diferencial de Cataluña, poño por caso, chegase a ser hexemónico e se lles impuxese o

catalán como única língoa do Estado. ¿Soportarían os casteláns unha Hespaña catalana i

empeñada en catalanizar a Castela? Estou ben seguro de que abominarían dunha Hespaña

que non fose súa, e de que serían arrabeados separatistas. Pois ben; se os demócratas

hespañoes saben da vontade fortísima de Castela e cantan a proverbial altiveza dos casteláns,

igoalmente deben recoñecer o inespuñable carácter dos pobos que resistiron catro séculos de

coacción asimilista e hoxe reclaman o dereito á liberdade, que é o dereito á eisistencia.

Tódolos antigos reinos de Hespaña foron máis ou menos imperialistas e todos

trataron de ensanchar as proprias fronteiras; pero Galiza contentouse con vivir na súa casa, e

as armas galegas somentes serviron para defender o patrio territorio. Da falla de ambición

provén cicais o decaimento político de Galiza; pero ningún pobo hespañol, nin a mesma

Castela, soupo gardar con tan amoroso coidado as características nacionaes. Somos tan

galegos hoxe como éramos no século XV, antes de sermos asoballados polos Reis Católicos.

A nosa galeguidade provén da forteza do esprito, e aínda que carecemos de vontade ofensiva,

somos inespuñables na resistencia, e, sobor de todo, na resistencia a Castela. É doado afirmar

que Galiza estivo sempre aberta ás correntes ideolóxicas do mundo e que foi decote unha

célula de universalidade; pero endexamais concordamos con Castela. A hestórica antipatía

que nos separa vive latexante en nós i en eles. Xurdeu, espontánea, no “rexionalismo” de

Brañas e nos versos de Rosalía. A evidencia deste sentimento aparece a todas horas, e máis

influencia exerceu en nós a castelanización de América que a castelanización que nos

impoñía o Estado Español. Os galegos non soportamos a endoudecida soberba dos homes do

Centro, idéntica á dos funcionarios flamengos… Cómpre decir que a superación do

“rexionalismo” elevou a puntería das nosas ideias; pero eu quero baixala outra vez, pois

Page 186: Castelao - Sempre en Galiza

seríamos hipócritas combatindo o centralismo sen mencionar a Castela.

Neste terceiro libro deixarei en liberdade absoluta os meus sentimentos.

Page 187: Castelao - Sempre en Galiza

III

Quero eisaltar o nobre ruralismo de Galiza frente á retrasada urbanidade de Castela.

Non é necesario recurrir aos xeógrafos antigos —Avieno identificaba os habitantes

de Galiza cos de Bretaña— para saber que antre os países nórdicos de Europa e a nosa Terra

eisiste un parentesco étnico que se revela e perdura no xeito de vivir e de pensar. Abonda

percorrer os cabos oucidentaes do vello mundo —os Fisterres— para ver en todos eles un

inxénito ruralismo, que se manifesta no espallamento das vivendas, no afán de vivir a carón

da natureza e no amor aos eidos nativos; pero en contraste co individualismo físico e moral

que alí reina, observaremos unha solidaridade humana, que se esterioriza en pactos

inquebrantables para rexir a economía e o dereito. As costumes son perfeitas e veñen de

tempos inmemoriaes, dando a sensación de que endexamais foron interrumpidas. Diríase que

a estensa familia dos Fisterres viveu decote confinada en ribeiras de paz ou que foi insumisa,

indómita e insobornable. E sexa polo arredamento dos dramas ou pola virilidade dos homes,

alí a vida floreceu nunha atmósfera de confianza. ¿Será necesario insistir no “fondo

primitivo” que xungue aos Fisterres? O que agora cómpre decir é que ese “fondo primitivo”

acaba nos lindeiros de Galiza, frente a Castela, e que do seu influxo máxico provén o carácter

distinto e inasimilable da nosa alma.

Eisiste en Galiza unha homoxeneidade de carácter tan secularmente autóctono, tan

contrario á alma castelán, que a miúdo caemos en tentacións antipáticas, tales como a de

proclamar que nós somos arios e os demais semitas. Con todo séxanos permitido decir con

Portela Valladares: “Os confusos lindeiros de raza destácanse en Galiza de rara maneira,

porque celtas, suevos, normandos, pelengrinantes, cantos alá foron veñen dun tronco común,

repiten o mesmo sangue, como o repiten os iberos, os fenicios, os árabes e bereberes, os

almohades e os almorábides noutras zonas da Península. En canto é posible,

indubidablemente, posuímos unidade etnográfica”. Pero a permanencia do “fondo

primitivo”, do substractum inasimilable —terra ou raza—, ficará de abondo esplicada pola

impermeabilidade das nosas fronteiras e, principalmente, pola insumisión ao domiño

sarraceno, que nunca foi posible en Galiza. En verdade, os lindeiros esprituaes de Galiza

aseméllanse en todo ás murallas romanas de Lugo.

A cencia certa nada se sabe dos galegos primitivos; pero os achádegos arqueolóxicos

da nosa prehistoria permítennos afirmar que vivían en grandes poboacións concentradas e

definidas por murallas e foxos. Estas eran as citáneas que tan a reo se atopan na Galiza.

Cicais por efeito dunha prolongada seguridade, os homes das citáneas baixaron aos vales e

asentáronse en predios rústicos sistematicamente organizados para a esplotación agrícola, e

así se iniciou a estrutura vital e orgánica do noso pobo, endexamais interrumpida. Cada clan

ou tribu tiña un castro —atalaia, defensa, centro e símbolo—, onde se refuxiaba nos intres de

perigo ou se axuntaba nos soaces festeiros. Agora ben; as citáneas —castros

permanentemente habitados— non representaron a forma definitiva do noso país, como as

cibdades de hoxe en día tampouco a representan. O número e distribución dos castros e

citáneas poñen de vulto a supremacía do campo sobor da cibdade e descobren a tendencia

ancestral do noso ruralismo. A raza dos castros, anterior á provincia romana, cobreu a nosa

terra, e, como diría Otero Pedraio, “nun entrar da paisaxe no home e do home na paisaxe,

creouse a vida eterna de Galiza”.

Desque a civilización romana se impuxo, as Urbes e Foros irradiaron un evidente

Page 188: Castelao - Sempre en Galiza

progreso a través dos camiños empedrados. O xenio adeministrativo de Roma creou alí unha

nova sociedade, respeitando e aproveitando a vocación ruralista dos galegos. Organizouse a

propriedade rústica según o tipo latino da Vila, e se os castros non probaran unha dispersión e

cantonalismo inmemoriaes, creeríamos que foi Roma quen obrigou aos moradores das

citáneas a baixar ao val e adicárense ao trato coa terra. Tal é o influxo que lle concedemos á

romanización dos celtas galegos no desenrolo da agricultura, e, sobor de todo, na ordenación

comunal de Galiza.

Os donos das vilas —romanos ou galegos— non podían adicar os seus latifundios ao

cultivo estensivo, e, cicais por esta razón, tiñan o costume de asentar en parcelas aos labregos

probes, reservando para si, unicamente, unha sección labrada por servos. O tempo

encarregouse de ir esnaquizando as vilas, e, pouco a pouco, a estirpe celta que antano baixara

das citáneas amuralladas atopou na Eirexa un novo castro, máis nobre, máis ledo, máis

seguro. Os colonos da vila pasaron a seren feligreses (filius ecclesiae, fillos da Eirexa), e así

xurdeu a feligresía ou parroquia, que aínda hoxe perdura como entidade fundamental de

poboación, dentro das mesmas estremas da vila, e conservando, moitas veces, o nome

romano do antigo proprietario. Dinos o erudito portugués Alberto Sampaio, que a vila

conviveu coa parroquia, porque aquela foi unha propriedade, en todo o rigor da verba, i esta

era simplementes o recoñecimento da comunidade agrícola para os efeitos relixiosos. Pero a

vila romana deixou de eisistir, comesta polo tempo, e a parroquia trocouse en célula de

goberno e de adeministración: “unha especie de comuna sen carta, organizada ao redor do

campanario”.

Galiza sofreu o influxo da civilización dominante, e o seu “fondo primitivo” absorbeu

esencias estrañas; pero non hai dúbida de que a raza asentada nos campos é a mesma que

baixou das citáneas, e que o abrollar do romance galego, diferente aos demais romances

hispanos, siñifica unha renascencia da rara e intransferible personalidade de Galiza. Non se

pode negar que fomos conquistados a fondo por Roma; pero dispois ningunha invasión

chegou coas súas raíces ao cerne do noso esprito. O Reino Suevo —un episodio que durou

cento setenta e seis anos (409-585)— non produxo mudanzas radicaes na vida sedentaria de

Galiza, pois, en verdade, os invasores resultaron conquistados polos invadidos e trunfou a

insularidade étnica e cultural do noso país. Alí os suevos abrazaron o cristianismo e crearon

un reino á parte, que foi o primeiro reino católico da Península, de tipo feudal para a nosa

desventura (Galiza non precisaba do feudalismo para organizarse, porque xa estaba

organizada en cofradías agrícolas); pero non se pode negar que os suevos eran xentes do

Norte, e que o seu inxénito ruralismo achegounos máis á estirpe celta dos castros que á

católica urbe romana, entón, como agora mesmo, en divorcio espritual co rus.

O derradeiro rei de Suevia foi despoxado por Leovigildo e rematou a súa vida no

servizo da Eirexa, como dispois o rei García de Galiza había de morrer apreixado no castelo

de seu irmán Alfonso VI (tal é sempre a infelicidade política do noso país); pero a

incorporación de Galiza ao reino godo de Toledo foi meramente eclesiástica. Conservou o

esquema de Estado e non se alteraron as demarcacións da propriedade rústica. O Código

visigótico respeitou as formas sociaes de Galiza e tratou de impolas, máis ou menos, ao resto

de Hespaña. Neste período frorece a vida monástica, e ben nos di Otero Pedraio cómo a

latexante paganía galega absorbeu o arrecendo que espallaban os santos cenobios. Así,

Galiza pudo entrar na Edade Media dona xa dunha tradición e chea de grandes enerxías, que,

a decir verdade, foron desaproveitadas pola cibdade capital. Foi no tempo suevo e visigodo

cando a ordenación aldeán de Galiza, con “verdadeiro fogar e patria sepultura”, produxo a

dispersión dos órgaos superiores do saber, e se dispois nos faltou a vontade de

Page 189: Castelao - Sempre en Galiza

independencia, foi porque o sepulcro de Santiago concentrou ao seu derredor a vida suprema

de Galiza, e a cibdade —aínda que se chame Compostela— non podía saber da potente

realidade galega. Os períodos xermanos, pois, non removeron os limos xerminativos do noso

carácter nacional, sempre ruralista.

¿Sería cordo apreciar neste lixeirísimo ensame as invasións musulmanas? En

primeiro lugar non alcanzaron a toda Galiza. O fundamental do antigo conservouse entón tal

e como agora se amostra, inalterable. Dispois do choque desapareceron as incertidumes, e,

como di Otero Pedraio, de seguida se iniciou o traballo de repoboación, ledamente, coma se

os homes daquel tempo se decataran de vivir nunha alborada. Nefeito; ao reconstruírmos

totalmente a vida dos agros, xurdeu unha Galiza espléndida “no mañán da época románica”.

A invasión sarracena, pois, redúcese a un simple episodio guerreiro, morto nas páxinas da

hestoria.

Valle Inclán, na súa Lámpara maravillosa, deixounos unha comparanza xenial antre

a cibdade eterna de Galiza e as moreas de entullos que forman as cibdades de Castela; pero

nós, dispois de axoenllarnos ante a grandeza pétrea de Compostela, decimos que a alma de

Galiza non mora no seu recinto. E se, patrioticamente, renegamos da cibdade, é porque esta

endexamais quixo abrirse aos ideaes que a circundan, e, pechada na prosapia do seu orixe,

sempre fixo desprezo da humanidade que baixou das citáneas e que vive e traballa a rentes da

terra. A cibdade, dende adentro, é como unha illa que despreza o mar e sóio agarda o arribo

de barcos ventureiros; pero, dende fóra, ten maxestade e nobres feituras, porque, realmente,

xurde da entraña galega, como granito en fror. Non é que en Galiza a cultura renegue da

civilización. Os galegos aldeáns respeitan a cibdade e saben o que ela garda ou oferece; pero

é que os habitantes da cibdade aínda non saben en qué país están vivindo, nin o que os

aldeáns gardan ou oferecen. A cibdade cree que fóra dela non hai máis que paisaxe, patacas,

e leite…; iñoran que tamén eisiste unha cultura nobre, antiquísima e insobornable. Non sabe,

poño por caso, que a persistencia de Galiza, dispois do domiño catro veces secular de

Castela, sóio se lle debe á inespuñable cultura dos aldeáns; pero aínda que a cibdade o

soupera non o agradecería, porque é alleeira. Agora ben; nós agardamos que toda Galiza se

convirta nunha soia cibdade (cultura e civilización xunguidas por un íntimo afán) para que a

alma insobornable dos agros encarne nun corpo incorrupto e poderoso, capaz de impor

respeito.

Page 190: Castelao - Sempre en Galiza

IV

Sen meternos no neboeiro das orixes, foinos doado albiscar a permanencia e

continuidade da nosa raza a través de dous milenios. Vimos que dende o abrente da nosa

hestoria endexamais se interrumpeu o aproveitamento da terra e o ensanchamento dos homes

que a cultivan. Vimos que a “terra de granito coberta de carballos” e os homes que se

formaron á súa semellanza, sóio coñeceron superficialmente as invasións. E agora

quixeramos ponderar o ruralismo característico de Galiza frente ao urbanismo retardado de

Castela; pero… a decotío tropezamos con “prófugos do sacho” que renegan da súa orixe

aldeán e repiten, como papagaios, esta frase: “¡Deixémonos de lirismos!”. Iñoran que o

ruralismo de Galiza enxendrou unha cultura nobre, europea, humana, e non saben o que o

lirismo representa para nós.

A xénesis do lirismo, como característica inasimilable e diferencial de Galiza, na súa

máisima estensión de provincia romana ou de reino suevo, despertou un “orgullo portugués”

cando en realidade debe ser “orgullo galego”, pois nunca se veu que as terras dominadas se

envanezan daquelo que é proprio das dominantes e que non pode ser obxeto de traslado. Ben

está que a patria do lirismo non se deteña na fronteira miñota, porque unha gran parte de

Portugal é “un retallo saído da Galiza” e vai máis alá; pero ao falarmos de características

indelebles non lle damos entrada ao Alentexo, poño por caso de rexión portuguesa, no berce

común da nacionalidade. E así chamaremos “galego” ao que decote se chama

“galaico-portugués”.

Hoxe sabemos que Castela foi unha illa épica rodeada de lirismos —o galego, o

árabe, o catalán— xunguidos antre si e con tendencia a formaren unha unidade basada na

supremacía artística de Galiza. A Castela imperial pudo negar durante moito tempo as

aptitudes poéticas de Galiza; pero a descoberta dos Cancioneiros galegos ergueu, de súpeto, o

creto que nos correspondía. E agora xa se sabe que nos séculos XIII e XIV eisisteu unha

poesía lírica popular, nacida en Galiza, e unha poesía épica, de nación castelán. Agora ben; o

dualismo literario presupón un dualismo de caracteres étnicos, e na comparanza resulta o

galego máis antigo e profundo que o castelán. E aínda diremos que no choque dos dous

caracteres prodúxose un fenómeno de ósmosis á nosa conta, pois así nolo fai ver Menéndez y

Pelayo cando di: “Creemos firmemente que la epopeya castellana nació al calor de la antigua

rivalidad entre León y Castilla, rivalidad que ocultaba otra más profunda: la del elemento

gallego y castellano”. Aquela orixe i esta rivalidade póñense de manifesto na Leyenda de los

Infantes de Lara, ao enterarnos por Menéndez Pidal, da eisistencia hestórica do pai dos

Infantes e da orixe galega do seu nemigo Ruy Velasques. Polo tanto, quedamos sabidos de

que a épica de acción —non de cantar— dos galegos, provocou a poesía épica de Castela;

pero Galiza contaba xa cunha poesía lírica nacida anteriormente, en séculos de paz, i esenta,

por ende, de temas bélicos. Se non abondase o carácter pacífico da nosa poesía, en contraste

co balbordo guerreiro da Edade Media, para proclamar o seu enxebrismo e prioridade, temos

a declaración dos máis ilustres romanistas europeos. Para estes a lírica galega é a máis antiga

de Hespaña e unha das máis arcaicas de Europa.

Non hai máis que un pobo capaz de disputarnos a primacía lírica de Hespaña: é o

pobo andaluz. O problema está claramente planteado polo erudito Rivera y Tarragó. Parece

ser que a lírica europea en língoas vulgares (provenzal, alemán, italiano, etc.) apareceu

dispois da lírica vulgar dos musulmáns andaluces, e cree Rivera y Tarragó que a clave para

Page 191: Castelao - Sempre en Galiza

esplicar o mecanismo das formas poéticas do lirismo europeo na Edade Media, está no

Cancioneiro de Abencuzmán e na literatura andaluza a que perteñece. Este Cancioneiro —di

o mesmo autor— presupón unha lírica romanceada andaluza anterior ao século X (hipótesis

que non se comprobou), ou unha lírica galega, antiquísima, levada a Andalucía. Agora ben; o

crítico portugués señor Rodrigues Lapa demostrou de abondo a influencia galega na

Andalucía dos tempos islámicos, non somentes polos metros e ritmos empregados na lírica

romanceada andaluza, alleos á métrica e rítmica árabes, senón tamén pola concurrencia de

escravos cristiáns galegos ao mercado de Córdoba, onde se estimaban e preferían polos seus

modos de cantar. E que nós tiñamos unha lírica autóctona e antiquísima ficou asegurado por

Menéndez y Pelayo dispois das descubertas do padre Sarmiento: “… de los celtas galaicos

sabemos, por testimonio de Silio Itálico, que ululaban cantos bárbaros en su patria lengua, y

consta asimismo por varios cánones de Concilios… que conservan, después de convertidos al

Cristianismo, supersticiones más o menos poéticas y canciones profanas”. Non hai, pois,

razón para que se nos dispute a primacía lírica de Hespaña; e se fose certo que Hespaña dou a

semente dos lirismos europeos, sóio de Galiza pudo saír.

Ante o problema do lirismo galego, Menéndez y Pelayo fai as siguentes perguntas:

“¿Quién podrá sorprender sus primeros infantiles pasos? ¿Se trata de un fondo étnico común

a todos los pueblos del Mediodía de Europa, o de algo propio y característico del pueblo

gallego? ¿Por qué amaneció allí la poesía lírica con caracteres más populares que en

Provenza y con un cierto fondo de melancolía vaga, misteriosa y soñadora?”. Nestas

perguntas vai implícita unha definición. O lirismo galego marca unha divisoria étnica —na

vida, nos sentimentos e no pensamento— que lle sirveu a Menéndez Pelayo para esplicar a

aclimatación da “materia bretona” en Galiza e, por ende, o berce inspirador do Amadís de

Gaula, que é a primeira novela idealista de España; pero, á parte dos mandados do sangue,

teñen os nosos Cancioneiros un arrecendo bucólico descoñecido no resto da Península, que

nos transporta a unha patria feliz e confiada. Nos Cancioneiros todo é zume da terra, celme da

tradición, alento de ocultas orixes, escenario húmedo e fresco. “O ideal que reflexan —dinos

Menéndez y Pelayo— corresponde a un pobo de pequenos agricultores dispersos en caseríos,

e que ten por principal centro de reunión santuarios e romerías”. Tamén o castelanista señor

Menéndez Pidal entende que o lirismo nasceu do ruralismo, e sinala o patrio lar dos

Cancioneiros ao ver que “tódolos santuarios mencionados nas Cántigas de amigo que teñen

como fondo a romería, sexan santuarios perteñecentes á rexión oucidental do Douro; é decir,

a Galiza na súa máisima estensión romana”.

A estrutura rural de Galiza desempeñou, sen dúbida, un rol decisivo na xénesis dos

Cancioeiros, que son fillos lexítimos das trobas que se deprendían á volta das romerías e das

cántigas que acompasaban o traballo labrego. Certo é que a poesía galega non nasceu en

berce de ouro nin choutou en molidas alfombras; foi nada en céspede frorido e arrolouna o

queixume dos bosques e o marmurio das fontes. Por eso é unha poesía ao ar libre, con

paisaxes de infinida fremosura, e para ser comparable a outra Arte foi necesario que nascese

a pintura de Flandes; mais a vida rural que se evoca na lírica galega está chea de civilización

(figuras de Botticelli en paisaxes de Patinir). Si, o lirismo é fillo do ruralismo; pero as

ininterrumpidas creacións do pobo rústico —dende a primaveira do romance galego até os

nosos días— levan sempre o cuño dunha cultura definitiva. ¿Que outra cousa pode siñificar a

sátira e humor das cántigas galegas? Así foi que o lirismo galego, con tan cativo berce

—cativo para os casteláns—, reinou sobor das outras literaturas españolas e o mesmo Rei

Sabio lle prestou vasalaxe. Certo, certísimo, que a literatura galega, xunto coa língoa, caíron

feridas pola hexemonía política —non cultural— de Castela no intre crítico do noso

Page 192: Castelao - Sempre en Galiza

desenrolo; pero como é inmortal sigue vivindo nos agros e rexurde a decotío en tódolos

poetas. Ninguén logrou superar o lirismo inxénito de Galiza, i esto abonda para o noso

orgullo.

Cómpre destacar o carácter democrático da poesía lírica dos Cancioneiros, onde á

beira dos temas vulgares xurden fórmulas de estética pura, e onde os poetas son de moi

diferentes condicións e temperamentos. Tampouco se adicou esclusivamente ao trato coa

terra, pois dende moi cedo se puxo a interrogar as ondas do Océano. Andou por castelos e

pazos, pero os seus cultivadores non eran unha falanxe cortesán ao servizo de intencións

políticas ou guerreiras. O orgullo dos nosos poetas consisteu en formar unha escola lírica

insuperable, porque viviron en remansos de paz, e para faceren a guerra non necesitaban

cantala; pero aos que falan da incapacidade de Galiza para a poesía épica, lembrarémolle que

conservamos ademirables treitos deste xénero e que o sangue e xenio de Camões eran

galegos. O que pasa é que os sentimentos inesplicables de Galiza, no seu máis outo “criterio

relixioso”, ou sexa na Saudade, non nos consinten creer que a poesía épica sexa unha forma

suprema da Arte.

O silencio de Galiza —si é que o tivo— no ciclo da poesía heroica española, fíxolle

ver aos casteláns que a epopeia era síntoma de virilidade e que o lirismo respondía a

sentimentos enervados e decaídos. Esqueceron, adrede, que o amañecer da epopeia castelán

foi orixinado pola rivalidade antre Castela e Galiza, na que os galegos se mostraron belicosos

en demasía. Pero se a épica castelán medrou cos avances da Reconquista é preciso lembrar

que nós fomos os menos sumisos ao domiño árabe e que non nos tolleu o medo ante as armas

sarracenas. Diremos máis: Castela non podía fuxir do drama, pero nós fomos a el aínda que

nada tiñamos que reconquistar porque nada perderamos. E xa que a gesta e o gesto da

Reconquista consagraron o carácter heroico de Castela, será ben decir agora que nós

tomamos unha grande parte no “esforzo continental contra África”, metida xa en Hespaña, e

que Compostela, en nome de Galiza, cometeu o grave erro de empurrar o Centro contra o Sul,

torcendo así os proprios destinos i escoándose mortalmente nunha ofensiva que soio

redundaría en proveito e groria de Castela. Nefeito; o “¡Santiago y cierra España!” da

cruzada —máis que hespañola, europea— contra os mouros, quer decir que Compostela foi a

fonte das enerxías e dos ideaes que mantiveron a ofensiva; o foco que chamou á Cristiandade

do Oucidente en axuda de Hespaña; a base para alimentar os oito séculos que se consumiron

na Reconquista. Así, os historiadores árabes chaman “galegos” aos seus nemigos e, para eles,

o Cid era un “perro gallego”. Ben di Portela Valladares que foi nas terras reconquistadas

onde, por influxo atávico dos tempos de mourería, se iniciaron os ataques de Castela contra o

noso nome. (Así paga o demo a quen ben o sirve). O caso foi que coa toma de Granada e fin

da Reconquista apagouse a estrela de Santiago, cerrouse o camiño luminoso que nos unía a

Europa e comezou a decadencia de Compostela. E coa decadencia da cibdade que tan mal

emprego fixera das nosas enerxías, entrou Galiza enteira nunha noite de catro séculos na que

aínda vive.

¡Que ningún galego diga “¡Deixémonos de lirismos!”, porque é unha frase

antigalega! En troques cómpre decir esta outra: “¡Deixémonos de epopeias!”

Page 193: Castelao - Sempre en Galiza

I

Acabamos de ver cómo do fondo ruralista galego xurdeu un dos moimentos literarios

máis ademirables do mundo, e xa viramos no libro primeiro cómo a hexemonía política de

Castela produxo, en detrimento de España, o silencio tres veces secular de Galiza. Vexamos

agora se a morfoloxía social de Castela merece ser amostrada como exemplo aos efeitos

dunha unidade nacional.

Dixemos que a “parroquia” galega non é máis que a cristianización da primeira célula

agrícola, que, a través de moitos séculos, chegou a nós como legado da civilización das

citáneas e a cultura dos castros, en constante melloramento e superación, antes de que

Castela se interferise politicamente na vida de Galiza. A “parroquia” é, sen disputa, a máis

antiga entidade local de España, i esta forma de “comuna sen carta” ten vitalidade de abondo

para ser a base fundamental de calquera xerarquía adeministrativa que se estableza no noso

país. E dende logo, cando non se conta coa “parroquia” non se conta con Galiza. Agora ben;

se das vertentes oucidentaes da Península rubimos ás planuras do Centro (lar da chamada

“nación española”) ollaremos nos módulos demográficos e nas institucións que alí rixen a

vida social, o motivo máis profundo de diferenciación antre galegos e casteláns. E ficaremos

asombrados de que aquelas formas orixinaran o ideal asimilista do Dereito en España,

antramentras que os módulos galegos viven ao marxe da Lei e sometidos a un proceso

violento de castelanización. Galiza conserva unha morfoloxía social antiquísima e propria,

estable e definitiva, non recoñecida polo Estado; pero a rexión señora de España perdura nas

estruturas medievaes, que a turbulencia e o sobresalto impoñían, e a súa vida responde á

impureza de varias infiltracións estrañas. Así, os tan cacareados municipios casteláns

—células da vida hespañola— son pobos defendidos por murallas ou acurrucados ao redor de

vellos castelos. A xente aínda teme á soedade dos campos, e recóllese e axúntase, pola noite,

igoal que os galegos das citáneas, e o seu urbanismo é a tendencia máis anacrónica que hoxe

eisiste, porque non responde a ningunha necesidade actual. Ben di Senador Gómez que

“debéndose a nascencia das cibdades do Centro a necesidades estratéxicas e non a

necesidades mercantís dun pobo desconcertado e pastoril que cáseque descoñece o comercio,

tiña de caer en canto rematase a Reconquista”. Calquera se pode decatar de que a nosa

maneira de vivir e a nosa estrutura social —en comparanza coa dos casteláns— corresponde

a un grado superior de evolución, pois non é certo que os homes tendan a vivir apretados

cando teñen trato coa terra. O urbanismo é un efeito do medo se non responde ás tristes

necesidades da industria e do mercado modernos —aínda non sentidas en Castela—, e sóio

por estas necesidades xustificamos nós o progreso de Vigo, que non ten contornos precisos

de cibdade medieval, pois confúndese amorosamente coa base agraria e mariñeira en que

froreceu o lirismo de Martín Códax. Sabemos que a ninguén máis que a nós mesmos se debe

o desprazamento político e cultural de Galiza, por desandarmos a roita dos proprios destinos

e meternos en corpo e alma na reconquista do que outros perderan; pero ben mirado sóio

dende a nosa Terra, intacta e organizada, se debía irradiar o pulo constitutivo da unidade

hispana, sen violencias asimilistas e sen modos inquisitoriaes.

No perigo en que viveu Castela durante os longos e obscuros séculos da Reconquista,

era natural que aquela rexión preferise a riqueza móbil a calquera outra riqueza; e desto

provén que os casteláns se adicaran ao pastoreo, aínda que tivesen naturaes condicións para o

exercicio da agricultura. Máis aínda: o gando non era estable senón trashumante, porque soio

Page 194: Castelao - Sempre en Galiza

se mantiña con herbas ventureiras, e debía ser desprazado dunhas terras para outras según a

estación. Este movimento migratorio do gando creou problemas económicos de primeiro

orde e así xurdiron códigos durísimos, que, no andar do tempo —cando variaron as

condicións de vida—, afogaban o progreso e impedían o cultivo da terra. Os ricos gandeiros

do Centro, fillos dos conquistadores, estaban amparados por vellas institucións de dereito e

dispoñían de tribunaes de xustiza creados para rexiren a vida pastoril. O que se chamaba

“Honrado Concejo de la Mesta de Pastores” impedía o albor da agricultura en Castela e

impoñía o arrasamento dos caseríos, dos albres e dos mesmos homes, con tal de preservar a

vida das ovellas. Esta política de ovellas contra homes, de lan contra pan, foi protexida polos

Reis Católicos e chegou vigorosa até o século pasado. Para calificala escoitemos a

Jovellanos, no seu informe á Lei agraria e contra o réxime pastoril: “Una costumbre bárbara

nacida en tiempos bárbaros, y sólo digna de ellos, ha introducido la bárbara y vergonzosa

prohibición de cerrar las tierras, y menoscabando la propiedad individual en su misma

esencia, ha opuesto al cultivo de la tierra uno de los estorbos que más poderosamente

detienen el progreso”. E do pastoreo en contra da agricultura chegaron até os nosos días e os

da segunda República os latifundios incultos do Centro e Sul de España —aínda en poder dos

aristócratas— para provocar a guerra civil. Pensando como se queira, ao comparar as terras

de Galiza e do Norte da Península co ventre arrasado que se baña no Mediterráneo,

comprendemos que as diferencias, perpetuadas polos séculos, non proveñen dunha simple

rivalidade de veciños, e neste punto renegamos do pulo unitario que se irradiou dende

Castela.

Galiza adiantouse en moitos séculos á revolución que os campesiños de Castela,

Andalucía i Estremadura quixeron realizar nos meses que precederon á guerra civil. Nefeito;

a institución galega dos “foros” foi benfeitora nos seus orixes e siñifica un avance social

inconcebible cando se compara coas institucións pastoríes de Castela e co sistema inhumano

dos latifundios hespañoes. O “foro” non era máis que unha forma liberal de arrendamento a

perpetuidade, para asentar os labregos nas terras que viñan cultivando, concedéndolles así un

comezo de propriedade; evitou o latifundismo i estableceu o cultivo intensivo. Cómpre decir

que este sistema de arrendamento, atribuído ao feudalismo, convivía coa pequena

propriedade rústica e coa tradicional “compaña familiar”, ou sexa, cos patrimonios

consistentes en vivenda, horta, labradío, prado e monte (un mundo económico). Agora ben;

os señores galegos instaláronse na Corte —por propria vontade ou desterrados so pena de

morte— e foron asimilados pola dureza moral que alí reinaba, e para conservaren e acreceren

as galas do seu señorío —cada vez máis costosas— desfiguraron con viles e torpes

maquinacións a nobre orixinalidade dos “foros”, xa convertidos en fontes de ingresos i en

causa de inxustizas. A Lei única de España pervirteu de tal maneira a institución galega dos

“foros” que a non ser pola Pragmática de Carlos III non sei a onde chegaríamos; pero este

monarca sóio estabilizou o dereito dos perceptores e pagadores de rendas, sen abrir ningunha

posibilidade á redención forzosa das terras, deixando nas mans de Deus, e non do Estado, a

doada liquidación do problema. O Código Civil non mellorou a Real Previsión de Carlos III,

e o proiecto de Apéndice, que recollía o dereito consuetudinario de Galiza, está perdido nos

arquivos do Ministerio de Xustiza. Nestas condicións era natural que o problema dos “foros”

fose unha bandeira política; pero as promesas liberaes nunca se compriron en España, e os

nosos labregos arranxáronse como poideron para redimir ou non pagar esas rendas. Agora o

problema xa non ten peso e a bandeira dos “foros” xa non sirve para engaiolar labregos.

¿Hai, por ventura, algún motivo para que nos sintamos agradecidos ao réxime

unitario e centralista? ¡Non! E vendo a primorosa estrutura social de Galiza —hoxe en perigo

Page 195: Castelao - Sempre en Galiza

de desaparecer— en contraste cos módulos retardados de Castela, non concebimos que na

xestación unitaria de España se lle negase o voto en Cortes a Galiza e que Zamora tivera que

falar no noso nome…

Percorramos con ollos galegos o arrais da nosa Terra e veremos alí mesmo o que, para

nós, siñificou e siñifica o Estado hespañol nascido en Castela. A enorme estensión dos nosos

montes, denantes poboados de albres (foi Felipe II quen ordenou a derradeira tala),

amóstranse agora enteiramente calvos i “en maldita esterilidade” cando podían constituír a

nosa fonte principal de riqueza. Neses montes está presente o ideal arrasador de Castela,

nemiga dos albres e dos paxaros. Frente a eles facemos noso canto di Portela Valladares no

seu libro Ante el Estatuto: “Non hai que perguntar a quén perteñecen, qué dono é ese que

acapara a terra para furtala ao traballo. Son montes catalogados, de propriedade do Estado,

que arramblou con eles sen reparar nos tiduos que pobos particulares ostentaban,

obrigándoos a seguir inacabables espedentes para reivindicalos e acudindo, a pesares da

sistemática resolución adversa, ao pleito contencioso. Eses montes na particular facenda

estarían repoboados, serían venero de riqueza para todos, para o Estado mesmo. Prevalece o

anceio avaro de detentar a fortuna para que outro non a disfroite. A única propriedade que,

por antisocial, por inxusta, por bárbara, merece ser espropriada en Galiza, é a que o Estado se

atribuía nos nosos montes”. Non é, pois, necesario saír de Galiza para ver a Castela e para

comprender o mal que esta causou a Hespaña no proceso de unificación nacional. É absurdo

dictar unha mesma lei para dúas posicións totalmente opostas; pero esta lei é irracional cando

se axusta aos ideaes da parte máis retrasada e menos progresiva. E se a unificación fose

comenente, ¿non sería máis cordo galeguizar a Castela que castelanizar a Galiza?

A constitución social da nosa Terra responde a institucións inmemoriaes e sempre

xustas. Podemos decir que en Galiza a Nación antecedeu ao Estado antramentras que en

Castela o Estado antecedeu á Nación (se é que alí houbo Estado algunha vez). Castela

fundouse e dilatouse pola guerra e o acto sistemático da Reconquista. Nas chairas desertas,

resecas e calvas da Meseta, somentes ao redor dos castelos vixiantes podían vivir os homes

en relativa tranquilidade e sosego. Por eso, e nada máis que por eso, Castela é máis urbana

que rural; pero é indubidable que outro tanto se podía decir de nós cando vivíamos nas

citáneas e nos tempos prehistóricos. Galiza endexamais foi arrasada totalmente e permanece

fidel ao “fondo primitivo” en que se criou, nunha continuidade dos seus paisaxes hestóricos e

na posesión de esencias eternas. Así, o ruralismo galego, coa súa froración lírica, representa

un avance vital aínda imposible en Castela. Galiza creou a primeira monarquía española e

xuntouse ao redor dos seus monarcas; pero é doado decir que Galiza nunca foi predio de reis,

porque denantes de eisistiren estas xerarquías xa os galegos cobrían a súa terra en amorosa

posesión e practicaban o principio que en 1931 recolleu o programa galeguista: “A terra para

o Traballo; o traballo para a Terra”. Pode decirse que Galiza foi república antes de ser

monarquía. E cando os nosos labregos xa tiñan folgado acceso á propriedade rústica, os

casteláns aínda vivían nunha patria abstracta, sen chan seguro. As terras de Castela —tense

dito moitas veces— perteñecían ao Rei, porque as atopara desertas ou porque as gañara para

si e para os seus varóns, e nun réxime de avance estremo rematarán en poder do Estado e

sometidas á esplotación colectiva; pero estas posibles mudanzas non atravesarían de grado a

fronteira galega. Velaí outra diferencia.

En fin; o ruralismo galego venceu o “terror clásico”, que nos axexaba dende o bosque

e dende o mar —hoxe trocado en supersticións de infmida poesía—; pero Castela, sen

bosques nen mares, vive aínda nas citáneas, nun urbanismo creado polo medo e mantido por

epopeias vanidosas, dentro dun Estado-poder que nunca será un Estado-nación.

Page 196: Castelao - Sempre en Galiza
Page 197: Castelao - Sempre en Galiza

VI

Os nosos ollos —non os da carne senón os do esprito— viron a Castela como a podía

ver un francés ou un inglés: vivindo nun período equivalente ao da Galiza protohistórica,

cando a nosa poboación se concentraba nas citáneas amuralladas. Non é doado vela doutro

modo sabendo que sofreu oito séculos de sobresalto e que aínda fai pouco que pudo afastar os

ollos do Ceo para poñelos no chan; é decir, para comezar o aproveitamento da terra e o

ensanchamento da xente. Neses oito séculos remudouse o “fondo primitivo” dos casteláns e o

país, dispois de ser arrasado, retornou á virxinidade dos tempos xeolóxicos… Galiza, en

troques, oferece ás olladas intelixentes unha continuidade de vida que, por estar modelada en

sustancias eternas, parece sempre nova.

Si; Galiza foi modelada en sustancias eternas. Comparemos o Pórtico da Groria do

Mestre Mateos —que con ser do século XII aínda está intacto— con outros Pórticos de pedra

castelán e de séculos máis próisimos ao noso —todos eles cacarañados e sen que ningunha

das súas figuras conserve o nariz—. Esta comparanza sírvenos para decir que en Galiza nada

parece vello aínda que sexa antigo, antramentras que en Castela todo parece antigo aínda que

sexa moderno. Os ollos da carne, cando fitan a Galiza, sofren o mesmo trabucamento dos

sachadores que atopan alfaias de ouro perteñecentes á cultura dos castros, e non creen que

semellantes orfebrerías foran fabricadas e soterradas antes do nascimento de Xesucristo. I é

que non abondan os ollos da carne para chegarmos ao segredo das cousas e das xentes que

teñen sustancia de eternidade; pero na literatura xogamos tanto coas sensacións que o mesmo

decimos que o sol se afunde no Atlántico que pomos en Castela o berce da vida hespañola. E

ás veces os tópicos literarios embafan os ollos do esprito e non deixan ver a verdade nas

cousas e nas xentes. ¿Non temos acaso nós algúns homes de cencia que de boa fe se deixan

invadir por falsos tópicos literarios? Lembremos que o mesmo Nóvoa Santos eisaltou o

carácter femenino da nosa paisaxe, proclamado por Unamuno, coma se non tivese ollos para

afondar no segredo das cousas, e non vira que así se xustificaba, dende Galiza, un

malintenzoado tópico castelán —un dos moitos que inventou a literatura de secano—. ¡Afetá

que a paisaxe galega é femia porque ten formas redondeadas!… Pero, ¿non ven que eso se

debe á dureza granítica do chan, co que o tempo e os axentes atmosféricos non puderon

modelar as alarmantes escenografías que os turistas ademiran noutras paisaxes de España?

Galiza é un país moi serio e moi redondo, como é o mundo; sen arquiteituras de escaiola e sen

ceos de añil barato.

Xusto é que lle chamemos Nai á nosa Terra (tódalas Terras son Nais); e

ademitiríamos que Castela fose “macho” —tal arelan os casteláns— se non estivéramos

vendo a súa estraordinaria fecundidade; pero non creemos que un pobo sexa máis macho que

outro polo feito de volver dunha guerra e amostrar o seu coiro cheo de cicatrices. Aos pobos

e ás terras hai que xusgalos en toda a fondura que teñan, e non cabe dubidar que a Galiza

presente comeza nas edades prehistóricas, así como as formas actuaes de Castela —incluso a

paisaxe— teñen a súa nascencia nos derradeiros períodos da Reconquista. Maxinemos unha

resurreición dos mortos de fai mil anos: un galego recoñecería a súa terra; un castelán non

sabería decir onde estaba. E cada pobo obedece ao pulo xenésico que o enxendrou e necesita

moitos séculos para saír da súa vaidosa infancia. (Ben mirado Castela non ten máis de tres

séculos de antigüedade sobor das nacións de América). Comparemos, por exemplo, as

picotas da cibdade castelán cos cruceiros da parroquia galega. ¿Non se marca nestes sinxelos

Page 198: Castelao - Sempre en Galiza

moimentos a diferencia que vai do temor á confianza, do dereito á xustiza? As cicatrices

recentes de Castela son as marcas do fórceps que a trouxo ao mundo, e xustifican os seus

Códigos e os seus “cantares de gesta”; pero na redonda integridade de Galiza reinan as

costumes xurídicas e frorece o lirismo máis requintado de Europa. E se algunha vez Galiza se

deixou embeber pola epopeia non foi certamente a do romance castelán que cantaba os

episodios da Reconquista, senón a moi anterior dos ciclos carolínxeos, é decir, a que non

xurde da hestoria senón da lenda. Incluso a verba “mouro” non soa de igoal modo nas dúas

Terras; os “mouros” da epopeia castelán son seres auténticos e verdadeiros, de carne e óso,

que eisistiron i eisisten e os “mouros” da nosa literatura popular son seres míticos ou

lexendarios, que sóio viven nos “contos de pasar camiños”. En fin; circunstancias

imprevisibles —alleas ao intrés do conxunto hispano— concentraron na soberanía dunha

descaracterizada Castela tódalas demais soberanías, incluso a das comunas casteláns; e

fixeron dun pobiño sen hestoria nin arte a cabeza metropolitana que hoxe coñecemos co

nome de Madrid; pero á Vila e Corte de España faltoulle sempre o peso que ten París en

Franza, Londres en Inglaterra, Roma en Italia, porque a xerarquía verdadeira non se logra por

unha superación heroica senón pola profundidade do carácter. Por eso Castela dende o solio

madrileño manifestouse coa intransixencia e fanatismo dos neófitos, e non somentes se

impuxo ás correntes descentralizadoras da República senón que agora volve a impor o “quero

e mando” das monarquías absolutistas.

Podemos afirmar con verbas de Otero Pedraio, que “se no mapa da concencia

moderna Roma é a forza, París a escola, Florencia a gracia e Londres o orde, Santiago é a fe”;

mais dispois pergunto eu: ¿Que representa Madrid na concencia do mundo? A resposta

formúlase cun simple “nada”. I esto é o que fai da Hespaña centralista un módulo político

inconsistente, inestable e perigoso, sempre próisimo ao descreto; pero tamén podemos decir

que se Compostela (centro de anceios universaes) non foi a cabeza de Hespaña soio se debe a

que non soupo ser a cabeza dunha nación, é decir, a capital de Galiza. Non importou que en

Compostela se falasen tódalas língoas do mundo e que en galego se poideran absolver

tódolos pecados, pois axiña lle roubaron a primacía eclesiástica e non sei cómo conservou os

ósos do Apóstolo. Afincárase Compostela no ser indestruíble de Galiza e soupera impolo, e

hoxe a Península hispánica sería unha fortísima unidade política, mirando ao mar das futuras

posibilidades.

Dinos Murguía que Galiza foi poboada por dúas razas guerreiras, que, ao

enraizárense nun país tan alonxado das grandes loitas, fixeron inúteis as súas condicións,

sofrindo así un castigo igoal ao de Prometeo. Galiza, separada do resto do continente polo

Océano e as outas montañas que o limitan, non podía ser máis que escenario de guerras

civíes; pero as virtudes dunha raza non se perden nin se borran, e os galegos buscaron a

ocasión de amostrar a súa inxénita virilidade, sempre fóra da patria e baixo outros ceos. E

sería miope o historiósofo que ao albiscar a Galiza non vira alí “a contradición dun pobo

militar en perpetua paz”. Engade Murguía que os celtas, duros como a machada de bronce de

que se servían, mesturaron o seu sangue cos feros xermanos, e que ambas razas son as donas

do noso fertilísimo e máis que fremoso país. Pois ben; eu non me sinto tan orgulloso como

Murguía das fazañas dos nosos varóns, que se marchaban a loitar por Castela polo parvo

degoiro de mostrarse fazañosos á beira dos casteláns. Eses varóns fixeron de Galiza o

afluente máis caudaloso de Castela, sen proveito nin honra para o seu país. Así, mentras

Alfonso Raimúndez —nado, educado e coroado en Compostela— foi erguido por Xelmírez

ao solio da monarquía soxuzgadora, seu curmán Alfonso Henríquez —con menos letras e

máis patriotismo— fundaba o reino portugués sobor dun anaco de terra galega. Os galegos

Page 199: Castelao - Sempre en Galiza

ademiramos o talento caciquil de Xelmírez; pero non estamos tristes por iñorar a data da súa

morte e a sepultura en que xace, porque traicionou os nosos anceios e desviou as nosas

enerxías, creando un Emperador para Toledo en vez de formar un Rei para Compostela. Aos

Condes e Prelados galegos nada lles debe Galiza, porque ningún deles camiñou pola roita dos

nosos destinos, e non somentes son culpables da división do patrio territorio senón de teren

axudado aos casteláns en contra dos portugueses, afondando criminalmente a división. Así é

que se nos sentimos obrigados a lembrar a Paio Gomes Charino —poño por caso de varón—

será polas trobas que compuxo, é decir, pola súa incorporación ao xenio lírico de Galiza;

mais non porque fora almirante e tomase a Sevilla “siendo de moros”, porque este feito

impórtanos o mesmo que a lealdade de Fernando de Castro ao rei Don Pedro o Cruel ou a

lealdade de Montero Ríos a Doña María Cristina. Ningún varón fazañoso escoitou a voz da

concencia primitiva e inasimilable de Galiza, e se o seu sangue provén da ponla sueva

¡amaldizoados sexan os suevos e a camada de onde proceden!

O ser nacional de Galiza era poderoso e tiña folgos de sobra para imporse ao resto de

Hespaña; pero no ánimo dos nobres e na testa eclesiástica de Santiago sóio medraban os

egoísmos de caste, e por eles Galiza cometeu grandes desvaríos i estivo a piques de morrer

asimilada. Afortunadamente contabamos co poder máxico da terra e do pobo, que fixeron

posible a perduración da nosa nacionalidade. Certo que os nobres usurparan a mesma

soberanía real até o punto de cobraren impostos, que dispois se trocaron en rendas foraes;

pero deste xeito os cautos vasalos fixéronse libres e capaces de liberdar do cautiverio as terras

que traballaban; e hoxe os bens dos señores están en poder dos labregos. Así, pois, as

aparentes endeblezas con que figura o pobo galego nas crónicas escritas a xornal, fican de

abondo desmentidas polos avances sociaes a que chegou o noso país. ¿Eisiste acaso en

Hespaña outro pobo capaz de facer unha revolución semellante á dos irmandiños do século

XV? ¿Hai no Centro e Sul da Península algún pobo máis “macho” que o noso? Pois agora

maxinemos aos nobres de Galiza afincándose no instinto vital do pobo e aproveitando as súas

enerxías, tal e como absorberon o xenio poético vulgar para superalo en trobas insuperables:

¡Que grande sería hoxe Galiza! ¡Que grande sería hoxe Hespaña!

A todos nos consta que o romance galego —obra de arte creada polo noso pobo— foi

a língoa que preferían os decidores, trobadores e xograres de toda Hespaña; pero, ademais,

sabemos que avanzaba naturalmente sobor dos outros romances até chegar a verse o seu

resplandor dende Aragón e Cataluña. A língoa galega sería hoxe o idioma hespañol se os

avances da Reconquista non tronzaran polo punto máis endeble a comunicación dos idiomas

estremos, é decir, do galego e catalán, pois sóio á espansión guerreira de Castela se debe a

espansión do seu romance. Pois ben; o noso xenio creador —na súa espresión máis popular,

ou sexa no idioma— marcáballes aos varóns fazañosos de Galiza o camiño que debían

seguir, i este non era outro que o de xuntarse a Portugal en vez de axudar a Castela. A

grandeza hestórica de Portugal fainos ver hoxe o que siñificaría para Hespaña unha

restauración da antiga unidade galaica —a dos tempos romanos e suevos—, pois arestora

estarían coordinadas as variedades hispánicas nun Estado europeo, principalmente atlántico.

De Castela e dos módulos casteláns sóio podía saír a Hespaña que estamos vendo e

padecendo.

Page 200: Castelao - Sempre en Galiza

VII

Ganivet, no seu Idearium Español, di o que sigue: “Hemos tenido, depués de

períodos sin unidad de carácter, un período hispano-romano, otro hispano-visigótico y otro

hispano-árabe; el que les sigue será un período hispano-europeo e hispano-colonial, los

primeros de constitución y el último de expansión. Pero no hemos tenido un período español

puro, en el cual nuestro espíritu constituído ya, diese sus frutos en su propio territorio; y por

no haberlo tenido, la lógica de la historia exige que lo tengamos”. Ben claro di Ganivet que os

períodos de unidade hispana corresponden á invasión doutros tantos caracteres estraños e

poderosos —o romano, o godo e o árabe—, que co seu color eisótico tinguiron os “fondos

primitivos” de España; é decir, da súa variedade. Pero cando superpoñemos os mapas das tres

influencias estranxeiras, ollaremos que endexamais poderían constituír un carácter

homoxéneo, porque ningunha das tres invasións alcanzou o domiño total da Península (sirva

como exemplo a influencia de Roma, que con ser tan imperiosa non pudo atacar a língoa

euzkera, e orixinou varios dialectos, dos que aínda quedan tres: o castelán, o catalán e o

galego). E se ademitiramos unha completa absorción dos caracteres indíxenas, de modo que

estes xa nunca máis agomaran, entón é doado proclamar que ás tres grandes influencias se

debe o que Ganivet afirma noutro treito do seu Idearium: “España, como nación, no ha

podido crear todavía un ambiente común”. Aceptamos, eso si, o período espansivo

hispano-colonial que levou alén dos mares a fala de Castela e, por ende, os instintos

insubordinados que destrozaban e aniquilaban a Metrópolis. En canto a crear un período

nidiamente español, é posible que a lóxica da hestoria nos eisixa que o teñamos; pero esa

mesma lóxica pídenos que, para logralo, eliminemos previamente a hexemonía castelán.

O mesmo Ganivet combate o andacio unificador do seu século, e califica de

mentecatos aos que violentan o instinto dos homes: “si creemos que tienden a la unidad, no

nos molestemos y tengamos paciencia y fe en nuestras ideas; si creemos que tienden a la

separación, no cerremos los ojos a la realidad ni marchemos contra la corriente”. En canto ao

centralismo cultural de Hespaña, di que é móbil e incoherente, sen puntos de afincamento nin

forza de escola: “Por un error inexplicable se ha creído que la anarquía proviene de las

literaturas regionales siendo éstas, al contrario, esfuerzos en pro de la disciplina”. Pois ben;

todos sabemos que a partir do século de ouro da literatura castelán, tanto Cataluña como

Galiza, fixeron os imposibles para matar o seu proprio idioma. A cortesía catalana de que fala

Cervantes, é unha mostra evidente de rendición espritual, e na nosa Galiza non eisisteu

durante tres séculos máis que o afán suicida de imitar a Castela. Pero a fachendosa e

desaforada política dos Madriles non podía soportar a mansiña converxencia que se estaba

producindo ao calor da literatura castelán, e sen máis nin máis pasou o rebolo aplanador

sobor dos accidentes de Hespaña, e dun plumazo decretou a unidade nacional obrigatoria.

Claro está que abortaron os esforzos tres veces seculares de Castela e que frente ás violencias

asimilistas xurdiron os inevitables separatismos. Abondou o influxo dunha moda literaria

—o Romanticismo— para que renaceran as língoas de Cataluña e Galiza. E detrás das

renascencias literarias viñeron os feitos diferenciaes co seu grave cortexo de problemas.

Hoxe o centralismo está en crisis e para subsistir sóio conta cos procedimentos coactivos do

Estado-poder, cos mesmos procedimentos que arredaron a Portugal e manteñen os

separatismos. Agora xa non valen retóricas nin charangas nin valería un novo século de ouro

para convertir a España en nación castelán; e se xa non son válidos os engados sedutores,

Page 201: Castelao - Sempre en Galiza

menos valerán as violencias, pois é doado creer que Franco mate o réxime unitario como

Primo de Rivera matou a monarquía. Con todo, aínda é posible o anceio de Ganivet; é decir,

o anceio de crear un período hespañol puro; pero este feito sóio acaecería dispois de

consagrar politicamente a variedade hispana, garantizando así o libre desenrolo das varias

língoas e culturas, ou, por decilo doutro modo, cando a mesma Castela se convencese dos

males que causou a España, e de boa fe se aviñese a unha coordinación superior de varias

soberanías, na que ela fose unha nación como as demais.

Un país sóio é nación cando descansa sobor de bases firmes e ten unha alma común,

diferente ás demais e incapaz de deixarse asimilar; pero a realidade fatal e inevitable dun

pobo, por moi poderoso que sexa, sempre será compatible coa idea dunha coordinación

superior —tanto política como económica— e nunca terá dereito a crear ou fomentar

antagonismos irredutibles con outros pobos, igoalmente diferenciados, que viven na órbita

do seu proprio intrés e destino. Sabemos que hai nacións imperialistas e asoballadoras; pero

sempre será necia calquera violencia asimilista exercida sobor de pobos antigos e civilizados.

(Inglaterra sería quen de convertir a España en colonia británica, mais non intentaría que os

hespañoes se convertiran en ingleses). Pero Castela rompeu, sen darse conta, a unificación

hispana que se estaba formando espontaneamente, e hoxe é o gran obstáculo para que

cheguemos á unidade pactada; creou resentimentos incurables en Portugal e Cataluña, e

dispois de catro séculos de torpezas, exercidas sobor de Euscadi e Galiza, aínda hoxe

pretende que tódolos hespañoes sexamos casteláns. Si; a vontade soxuzgadora de Castela

fíxose alma do Estado, e ás veces é tan ademirable que se contenta co imperio da nada, con

tal de que a nada fale castelán. En troques é xusto creer que unha hexemonía galega

(enténdase no senso galaico-portugués) provocaría, cos seus modos antigos e

compaxinadores, unha coordinación superior das varias Hespañas. Os galegos non

desbotamos a ideia do portugués Antonio Sardinha, que nos identifica con aquela primeira

unidade de poboación que, un pouco en todas partes, eiquí e acoiá, descobren os eruditos na

Península, baixo os sedimentos deixados pola superposición das invasións sucesivas; pero

resulta evidente o carácter ancestral de Galiza e, así mesmo, a homoxeneidade da súa alma e

autoctonía dos seus módulos, e, de creer no suposto de Antonio Sardinha, representaríamos

nós o grupo étnico máis hespañol, de onde debía partir o impulso unitario e de onde, en

verdade, parteu.

Para que non haxa dúbidas encol dos nosos pareceres —ao cabo somos galeguistas—

recurriremos a Menéndez Pidal, tan pouco amigo de Galiza que a miúdo lle chama

“portugués” á língoa galega, aínda que se refira a períodos anteriores á eisistencia do

Portugal de hoxe. Nos tempos visigodos e até o século XIII falábase na maior parte da

España unha língoa bastante uniforme nos seus caracteres principaes. Esta língoa formaba un

anelo ao redor do romance castelán, tan sóio interrumpido pola disidencia vasca. O romance

de Castela difería dos demais romances hispanos en que estes estaban máis a rentes do latín.

A fala andaluza asemellábase aos dialectos estremos. O galaico-portugués e o leonés

achegábanse polo Norte ao aragonés e catalán; pero polo Sul e o Centro xunguíanse a través

dos romances que se falaban en Toledo e Andalucía. Así é como se esplican as sorprendentes

afinidades do catalán e o galego, a pesares do arredamento en que hoxe viven. Pois ben; o

proceso de unificación lingüística (base primeira para chegar á unidade integral), non foi

interrumpido por ningunha acción da periferia, senón pola espansión militar e social do

Centro. Velaí as verbas de Menéndez Pidal: “el empuje que Castilla supo dar a la

Reconquista y a la literatura, propagó el dialecto castellano, antes insignificante, dilatándose

por el Sur, de donde desalojó al empobrecido idioma de los mozárabes, rompiendo así el lazo

Page 202: Castelao - Sempre en Galiza

que antes existía entre los dos extremos oriental y occidental”. Adrede apañamos a opinión

do castelanista Menéndez Pidal para poder decir que Castela non somentes deixou de realizar

a unidade hispana senón que impideu a súa realización, interpóndose de Norte a Sul antre a

converxencia dos elementos estremos. A toma de Granada, con que Castela dou remate á

Reconquista, non siñifica, en modo algún, o comenzo da unidade hespañola, pos nin se abreu

xenerosa aos pobos irmáns nin logrou castelanizalos. Certo que absorbeu unha gran parte da

Península, arrasando de raíz os dialectos intermedios; pero na eisistencia estatal portuguesa e

na diferenciación catalana, galega e vasca, ponse de vulto a súa fanada obra. Esquezamos que

Granada tomouse para Castela, como América se descobreu tamén para Castela; pero decir

que Isabel e Fernando lograron realizar a unidade nacional hespañola é tan ridículo como

negar que en España se falan catro idiomas e que hai catro nacionalidades.

Castela afincouse en conceptos cerrados, omnipotentes, intanxibles; fulminou

pauliñas i escomunións; impuxo un catolicismo máis intolerante que o de Roma; declarouse,

por meio da Inquisición, proveedora xeral da felicidade ultraterrea; suprimeu sempre que

pudo as soberanías alleas; usurpou o patriotismo, poñendo na man dos seus reis un poder

superior a tódolos poderes; pospuxo, en fin, a posibilidade de fusión ou acoplamento das

realidades —língoas, culturas, dereitos, tradicións, facendas— co propósito de ser dona e

señora de Hespaña. A unidade, polo visto, non estaba en harmonizar todo canto fose

hespañol, é decir, proprio dos diferentes pobos que habitan a Península; estaba na imposición

de todo canto fose castelán e proprio dos casteláns. E como Castela foi enxendrada e parida

no estrondo guerreiro da Reconquista, sempre considerou indiño da súa prosapia o manexar o

arado e fecundar o chan, iñorando que a grandeza dos pobos tiña o seu orixe no nobre

exercicio da agricultura. Xustamente para Castela e non para Galiza, escrebeu o P. Feixoo a

siguente sentencia: “Los azadones transformados en espadas son ruina de la provincia; las

espadas convertidas en azadones hacen la abundancia y riqueza de los pueblos”. Pero

Castela, dona e señora de Hespaña, recibeu en herdo inesperado a mitade de Europa e gañou,

por unha descoberta casual, o mundo fabuloso das Américas. Ningún pobo antigo conquireu

un imperio tan grande nin tropezou con tantos tesouros. ¿Tivo, acaso, necesidade de traballar

e de educarse na disciplina do traballo? Pois ben; a España centralista perdeu todo canto

conquerira, despilfarrouno, destragouno, e nin tan siquera soupo preservar a integridade da

Península. Non hai dúbida de que Castela foi grande; pero a costa da miseria e cativeza dos

hespañoes. E na hora fatal da súa agonía aínda ten folgos para berrar ¡Arriba España!

Voltemos os ollos á nosa Terra. A língoa e literatura galega formouse na época

prehistórica dos demais romances hespañoes, e o seu apoxeo precedeu en trescentos anos ao

século de ouro castelán. Foi, polo tanto, na época heroica de Castela e non na súa época

cultural, cando a nosa língoa tivo que retroceder aos patrios lares, para que dende alí

acompañase aos navegantes e conquistadores portugueses. De comprirse o destino da nosa

língoa —chamada a ser o idioma hespañol— iría detrás dela todo canto á Hespaña lle faltou

para ser grande na súa grandeza: o amor á vida e a ledicia do vivir, o apego á terra e ás

tradicións do traballo, a comunión de bens familiares e os pactos de axuda labrega, o

atractivo do Atlántico e os afáns mariñeiros, a tolerancia das crenzas e a liberdade para sentir

e pensar, os modos corteses e os actos ben meditados, a intuición e o trasacordo para

rectificar os erros cometidos… Se a unidade hespañola saíra de Galiza non estaría hoxe a

Península dividida en dous Estados irreconciliados, que morren por non xuntárense e que non

se axuntan para non pelexaren como cans. Pero… a oportunidade de Galiza pasou, para non

volver, e agora sóio cabe abolir a hexemonía de Castela; e non para suplantala, senón para

suprimir todo motivo de conflito interior e chegarmos á paz por concordia, que os hespañoes

Page 203: Castelao - Sempre en Galiza

necesitan.

Page 204: Castelao - Sempre en Galiza

VIII

García Martí (escritor pouco galeguista) no seu libro Una punta de Europa, bota de

menos en Galiza o tono declamatorio que usan os casteláns. Os galegos falan sempre en tono

menor, sen énfasis nin voluptuosidades, sen acentuación teatral. O silencio literario de

Galiza, causado pola imposición do idioma de Castela, produxo un encollimento do ánimo, e

todo galego (como todo catalán ou vasco) vese forzado a traizoar o xenio natural da súa

espresión e ten de ir axeitándose e desfigurándose ao servizo da língoa forasteira, sen chegar

endexamais á perfeición dos que inconscentemente i espontaneamente usan a língoa propria,

“la que mamaron en la leche”, como decía Cervantes. En Galiza, inda as mesmas xentes que

non saen de alí, as xentes do pobo que se sirven da súa língoa, como queira que esta, durante

moito tempo, pasou a ser o idioma das clases inferiores, teñen sempre un pouco de rubor ao

falaren, coma se a concencia os acusara de empregaren un instrumento vil ou envilecido. Non

hai que decir que ese rubor chega ao máisimo cando empregan o castelán. Dá mágoa que

falte ese vigoroso tono nun país tan rico en intimidades esprituaes, porque así como a

declamación nas terras casteláns resulta algo puramente esterno, oco e monótono, no chan

galego, máis fecundo en matices, tería de ser máis completa e intresante. O galego é home de

matices, fecundo en aspectos sentimentaes, e se poidese espresar os seus sentimentos con

fleisibilidade e domiño do instrumento verbal, tería unha grande avantaxe sobor do home de

Castela. Todo esto dío García Martí, e pon o dedo na chaga ao facer derivar da hexemonía

lingüística de Castela o apoucamento espresivo dos galegos e a súa falla de acentuación

decorativa e teatral. Nós non damos bos actores de teatro nin sabemos colocarnos en primeiro

plano… Pero non se trata de competir cos casteláns na espresión enfática e retórica da vida,

nin en saber colocarse ante unha máquina fotográfica, non; os galegos somos pudorosos e

incapaces de bulrar as sentencias que nos dita o proprio xuízo —un xuízo moi antigo e moi

nobre—. Aos galegos fainos rir a ousadía dos que non teñen pudor e a toda costa se colocan

diante de nós, en actos de pura vaidade; pero non tódolos galegos se sinten partículas de

Galiza e representantes da súa diñidade, pois ás veces envexan aos casteláns e tratan de

imitalos… Non nos alarma o complexo de inferioridade, que nalgúns alleeiros chega até o

envilecimento; pero alármanos que homes de tan clara intelixencia como García Martí

endexamais escrebiran na fala do seu país e preferiran vivir xunguidos a Castela por

vencellos de vasalaxe. Se a escravitude da língoa produce o encollimento do noso ánimo é

xusto que os galegos superiores falen i escriban na língoa do pobo. Ningún galego culto debe

consentir que a fala do seu pobo —unha fala de príncipes, que aínda é señora en Portugal e

Brasil— sexa escrava no patrio lar, sen dereito a ir á escola nin a presentarse como igoal do

castelán. ¿Galiza é un pobo encollido, tímido, homilde? Non, por certo, pois fala o seu

idioma aínda que sempre lle dixeron que o castelán era mellor. Encollidos, tímidos,

homildes, son os galegos que falan en castelán e que literariamente endexamais recurren ao

galego.

Non sabemos se a língoa é un eco dos sentimentos intransferibles dun pobo ou se na

fala se modelan os pensamentos e o ser moral da nación. Sabemos, eso si, que de tódolos

vencellos sociaes dunha nación, a fala é o primordial i esencial porque aglutina e caracteriza

aos elementos do grupo e mantén a potencialidade do feito nacional. O apagamento dunha

língoa corresponde á dexeneración do pobo que a fala e á rendición da súa nacionalidade,

pois desprezar a língoa materna é renunciar a sacratísimos dereitos, que sóio se declinan

Page 205: Castelao - Sempre en Galiza

cando a diñidade está anestesiada. Galiza é, sen dúbida, un pobo viril, porque conservou a

súa fala en condicións totalmente desfavorables, demostrando con este soio feito a firmeza e

nobreza do seu carácter, pois ningún outro pobo español foi tan espritualmente rexo, baril e

resistente; pero non abonda que un pobo fale a súa língoa se os elementos máis cultos non a

diñifican, cultivándoa literariamente e falándoa nos intres máis solemnes. E así como a

Galiza dos traballadores sempre obedeceu ás verdades do sentimento, non podemos decir

outro tanto dos que intentan rexir a cousa pública e mandar no pobo, falando sempre en

castelán, por ser a língoa soxuzgadora, e desprezando a língoa do pobo que eles pretenden

rexir. Iñoran que o cultivo e diñificación da língoa corresponde a un grado superior da

concencia política e social, e que, por ende, a postura galeguista —digámolo dunha vez—

provén dunha capacitación para dirixir, ordenar e gobernar en Galiza. ¿Concíbese que un

home en Galiza poida ser “alguén” cando non sabe ou non quer falar a língoa do pobo? As

verbas casteláns, en boca de galegos, son case que sempre verbas envilecidas, incapaces de

resoar na concencia dos auténticos galegos; pero tamén hai concencias envilecidas por

complexos de inferioridade, sóio capaces de ademiración ante poses decorativas e lingoaxes

de teatro. E xa é hora de decir que Galiza será forte en Hespaña cando se negue a falar

castelán e fale fortemente a súa língoa. Un galego pode falar o castelán co mesmo intrés con

que fala calquera outra língoa estranxeira; pero en canto un galego fale o castelán como

língoa propria deixa de ser galego sen que por eso chegue a ser castelán.

Os argumentos que lanzan os casteláns contra o noso idioma non revelan, certamente,

un gran enxeño; pero si, unha grande impudicia. Decir —poño por caso— que endexamais se

prohibeu o emprego e cultivo do galego cando sempre se nos impuxo a língoa de Castela

¿non é acaso unha impudicia? Pero hai máis desvergoña nos que fan “chistes” a costa da

natural semellanza dos romances, coma se o galego fose, por esa semellanza, unha imitación

ridícula do castelán e o castelán non poidera ser unha imitación do galego. Nós non decimos

que o castelán sexa o galego moderno, como acabo de leer nun periódico; pero menos

podemos ademitir que o galego sexa unha corrupción do castelán, pois se filoloxicamente

ningún romance procede doutro, e todos eles son fillos do sermo vulgaris, non hai dúbida de

que, literariamente, o castelán débelle moito ao galego antramentras que o galego non lle

debe nada ao castelán. Tamén adoitan a rifar connosco cando publicamos libros de intrés

xeral en língoa galega, e a cada paso sacan a relocir o escaso valor bibliográfico da nosa

língoa. Parécelles moi mal que escrebamos o galego, pero búlranse de nós cando non o

escrebimos. Eles espulsaron das escolas o xenio do lingoaxe galego e agora andan a decir que

o galego é unha língoa rústica e inculta. Agás Menéndez y Pelayo non hai no Centro de

España un soio investigador que non se poña impudicamente ao servizo do feito hexemónico

e non trate de furtar ou amingoar os merecimentos lingüísticos e literarios de Galiza. O

galego, para eles, foi o galaico-portugués; pero agora sóio eisiste o portugués, porque o

galego xa non é unha língoa… A política centralista manexou de tal maneira os vocablos

“idioma” e “dialecto” —aplicando o primeiro somentes á língoa do Estado— que a xente

iñorante chegou a creer que o galego proviña do castelán; pero cando esta iñorma xa non

corría como válida entón rebaixábase a categoría do galego decindo que era un dialecto do

portugués. E semellante ideia, saída de España, sigue correndo antre estranxeiros de poucas

letras. Ben saben os centralistas que a dominación de Galiza endexamais será efectiva

antramentras fale un idioma diferente do castelán.

Agora será ben reproducir algúns razoamentos que xurden dende o fondo do século

XVIII, antes da renascencia literaria de Galiza, e que son do padre Feixoo: “Que a língoa

lusitana ou galega debe considerarse dialecto separado da latina, e non subdialecto ou

Page 206: Castelao - Sempre en Galiza

corrupción do castelán, próbase coa evidencia do maior parentesco que ten aquela que esta

coa latina”. Non hai dúbida —di o padre Feixoo— de que as voces latinas dexeneraron

menos no galego que no castelán. Esto non sería así se a língoa galega fose corrupción ou

subdialecto do castelán, pois canto máis se arreda unha língoa da fonte máis se arreda da

enxebreza do seu orixe. Se polo maior parentesco que ten un dialecto coa súa língoa orixinal

tiveramos de medir a categoría que lles corresponde aos varios dialectos da língoa latina,

daríamoslle a preferencia ao italiano e colocaríamos en segundo lugar ao galego ou

portugués. Claro está que por este principio non se debe facer xuízo da calidade dos

dialectos, porque incluso unha fala pode ser moito mellor que aquela de quen procede; pero

no tránsito con que solermiñamente a língoa orixinal vai declinando ao dialecto, no seu

desvío, márcanse os grados da súa enxebreza. Podemos, pois, afirmar que o galego é máis

enxebre que o castelán, porque se fixou prematuramente, moito antes de fixarse o castelán, e,

polo tanto, non se pode decir que o galego proveña do castelán. Podíamos mellorar o discurso

do padre Feixoo engadíndolle outros do padre Sarmiento; pero abondan as razóns do noso

primeiro erudito. Pola miña conta discurro e digo, sen ser erudito, que se nas voces galegas

está o siño indeleble da súa enxebreza e se a nova forma do latín en Galiza chegou a un estado

sensible de permanencia cando en Castela seguía corrompéndose, nin tan siquera é verdade

que os romances hespañoes nasceran ao mesmo tempo. O galego é a forma máis antiga das

língoas neolatinas de España e a primeira que alcanzou un pleno desenrolo literario. ¿Non é,

pois, unha impudicia negarlle ao galego o carácter de idioma cando non se lle regatea ao

castelán?

O mesmo padre Feixoo demostrou que a língoa galega non é distinta da portuguesa

por seren pouquísimas as voces en que discrepan unha língoa da outra; pero non hai dúbida

de que o arredamento político fixo declinar o romance orixinal en dúas formas dialectaes que

se prestan a falsas interpretacións. En verdade o portugués é o ramo máis vizoso e fecundo;

pero a língoa que fala o pobo galego é o mesmo tronco do albre. O padre Feixoo discurre que

o portugués e o galego son un mesmo idioma porque nasceu nos tempos suevos, cando

ambos pobos formaban unha soia nacionalidade, separada de tódalas demais provincias e

baixo a dominación duns mesmos reis, e polo tanto, era preciso que ao corromperse alí a

língoa romana xurdira un dialecto uniforme. “En fin —sigue razoando o padre Feixoo—

diremos, en honor da nosa patria, que se o idioma de Galiza e Portugal non se formou

promiscuamente a un tempo nos dous reinos, senón que de un pasou ao outro, debe

discurrirse que de Galiza comunicouse a Portugal, non de Portugal a Galiza. A razón é

porque durante a unión dos dous reinos no Goberno suevo, Galiza era a nación dominante,

respeito de ter nela seu asento e corte aqueles reis. Polo que así os escritores hespañoes como

os estranxeiros chaman aos suevos absolutamente reis de Galiza, atribuíndolle a

denominación á coroa pola provincia dominante, coma denantes da unión con Aragón

chamaban absolutamente reis de Castela aos que, xuntamente con Castela, rexían outras

moitas provincias de España. E o mesmo diremos dos reis de Aragón respeito das demais

provincias unidas a aquela coroa. Sendo, pois, durante aquela unión o reino de Galiza asento

da coroa, é claro que non pudo tomar o idioma de Portugal, porque endexamais a provincia

dominante o toma da dominada, senón ao contrario”.

Page 207: Castelao - Sempre en Galiza

IX

Díxonos Castelar que cando el ouvía o doce idioma de Galiza parecíalle estar tocando

as táboas do berce da nacionalidade española. Mellor sería que en vez de decir “táboas do

berce” dixese “táboas do ataúde”, porque aquela unidade hispana que se estaba formando

baixo a hexemonía do noso romance, foi detida na súa espansión por outra língoa menos

culta e máis ousada. A poderosa particularidade de Castela frustrou a nacionalidade hispana

iniciada nos tempos visigodos, e a língoa galega, con tódalas súas disposicións culturaes

—lirismo, humorismo, criticismo, saudosismo—, tivo que retornar aos patrios lares, onde

aínda vive ao marxe desa entelequia que se vén chamando “nación española”. O poder

abusivo de Castela pudo formar unha estensa nacionalidade central que impuxo os seus

módulos ao Estado hespañol; pero esa nacionalidade non é a nosa, porque non fala o noso

idioma nin concorda con nós en ningún atributo natural de soberanía. E, polo tanto, nin a

língoa galega é o berce da “nación hespañola”, que Castela non foi capaz de formar, nin

consentimos que se use o apelativo “hespañol” para desiñar o particularismo castelán.

Lembremos a Teoría do Nacionalismo Galego, escrita por Risco en 1920, cando

Risco era alguén. Por esta teoría sabemos que o Estado hespañol que herdamos do antigo

réxime é unha creación das doutrinas do Dereito Romano, sacado de antre o refugallo dos

séculos polos xuristas de Bolonia, devanceiros da noxenta praga avogadesca que xa somentes

en Hespaña se padece. Eles fixeron do Dereito unha redución da vida a fórmulas metafísicas

para afogar a liberdade e a vitalidade dos grupos naturaes. Mais o Dereito que invocaban os

xuristas non aplanou os accidentes da realidade hespañola; e dende a renascencia da

variedade cultural de Hespaña, producida polo romanticismo (o romanticismo foi a primeira

insurreición do esprito atlántico contra do esprito mediterráneo) algúns avisados políticos

comezaron a falar dun “rexionalismo ben entendido”; pero ese “rexionalismo” somentes ten

da “rexión” un concepto xurídico e sóio reclama algunhas liberdades no orde

adeministrativo. Así, a “rexión” non é nada fóra da vida anterior do Estado a que perteñece. E

dito queda que o “rexionalismo” non resolve máis que a parte cativa i egoísta do problema.

En troques, o “nacionalismo” quer, por riba de todo, crear unha vida e unha

civilización proprias en cada nacionalidade. O seu concepto da nación é un concepto

hestórico e non filosófico, da máis sensible realidade e independente do concepto de Estado.

Unha nación pode ser tal sen autonomía de ningunha caste, sempre que o sentimento que a

diferencia resulte inasimilable, sempre que se manteñan vivos os atributos que a caracterizan.

Tanto é así que a máis completa e integral autonomía, a mesma independencia política, non

abondan para formar ou manter os caracteres dunha nación. Un Estado pode, inclusive,

causar a desnacionalización dun país. Unha cousa é a personalidade político adeministrativa,

que unha terra calquera pode reclamar en xustiza, co fin de resolver, de por si, os seus

problemas económico-sociaes, e outra cousa é a personalidade que ten unha nación, viva

libre ou asoballada por outra.

Os galegos non discutimos o dereito de Galiza a ser unha nacionalidade, porque

Galiza xa é unha nacionalidade. Discutimos o dereito que como tal se lle debe, i exercemos

un deber cando reclamamos ese dereito. Galiza, pois, pode enfrentarse co Estado hespañol,

en demanda dos dereitos que Castela lle usurpou e usurpa, porque os necesita para pór a

producir tódolos atributos da propria nacionalidade e crear a civilización que a súa cultura

determina. Se os dereitos das nacionalidades están hoxe recoñecidos pola concencia

Page 208: Castelao - Sempre en Galiza

internacional é porque tamén se lle acordan deberes indeclinables a prol da civilización.

Eiquí é doado que un castelán nos pergunte se Galiza non ten deberes que comprir con

Hespaña, e nós responderíamos que si, pero cando o Estado hespañol respete a personalidade

e os dereitos naturaes da nación galega. Porque se Galiza ten deberes que comprir con

Hespaña, tamén ten deberes que comprir coa Humanidade, e os galegos somos universalistas

primeiro que todo. Galiza ten o deber de contribuír á civilización universal e as súas obrigas

esceden do marco do Estado a que perteñece. E somentes preservando as nosas enerxías

autóctonas, a nosa capacidade creadora, é como poderemos contribuír á civilización

universal incorporando a ela as nosas creacións inéditas. Esto imponnos a obriga de sermos

cada vez máis galegos. O “enxebrismo” ren este outo senso de humanidade que non saben

ver eses homes mediocres do “rexionalismo ben entendido” e pancistas, os do “primeiro

hespañoes e dispois galegos”. O noso deber nacional obríganos a conservar e a desenrolar a

tradición galega na fala, na arte, no pensamento, no dereito, no traballo, e a botar abaixo

tódolos impedimentos que se opoñan a elo, sexan os que foran.

Velaí o que Vicente Risco nos ensinou fai 22 anos, cando era xefe dos nacionalistas

galegos. Dous anos antes (17 e 18 de novembro de 1918) celebrárase en Lugo a xuntanza dos

galeguistas para redactaren o seu primeiro programa, e previamente acordaron o siguente:

“Tendo Galiza tódalas características esenciaes dunha nacionalidade, nós nomeámonos hoxe

para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle tódalas

aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”. Calquera que nos lea a nós

ou a calisquera galeguista comprometido na acción política dos derradeiros tempos notará

que o “galeguismo” anda dando voltas ao redor do “nacionalismo” sen atreverse a entrar

abertamente nel; mais tamén é doado ver que sempre consideramos a Galiza como nación e

que decote propugnamos por un movimento político reivindicador dos dereitos naturaes de

Galiza. Non nos chamamos “nacionalistas” porque esta verba fíxose odiosa nos beizos de

quen así se chama e non o é; pero nós seguimos sendo tan “nacionalistas” como en 1918.

En Política deixamos de chamarnos “nacionalistas” porque non pretendemos

convertir a Galiza nun Estado independente, e de antemán facemos uso da autodeterminación

que a toda nacionalidade lle corresponde, para oferecer dos nosos dereitos todo canto sexa

necesario en favor da unión hespañola; pero se Galiza é unha “nacionalidade hispana” que

cede gran parte dos seus dereitos políticos até reducirse practicamente ao grado xurídico

dunha simple “rexión”, non pode, en troques, eludir un soio punto dos seus deberes moraes,

da súa independencia espritual, porque é un ser vivo e non ten dereito a suicidarse. Cando

entramos na esfera do esprito (do noso esprito) sentímonos cada vez máis “nacionalistas”, é

dicir, máis arredados do esprito de Castela. Somos xenerosos ante Hespaña e seriámolo

moito máis ante un Estado peninsular organizado en réxime federal; pero somos

intransixentes ante Castela. Somos, en fin, verdadeiros “nacionalistas”.

A intransixencia, con sernos antipática, é un deber de todo “nacionalista galego”,

cando ve que a Galiza se lle negan as garantías que necesita para desenrolar libremente a súa

cultura i elevala, se pode, á categoría de civilización. Nós non tememos que Castela asimile a

Galiza e mate a cultura multisecular do pobo galego; pero non consentimos que Castela nos

impoña a súa civilización, impedíndonos que nós formemos a nosa. ¿Con que dereito se nos

obriga a deprender a língoa de Castela e non se obriga aos casteláns a deprender a nosa? ¿Con

que dereito se prescinde do idioma galego nas escolas de Galiza para que os galegos non se

afagan a leelo e non seipan escrebilo? Unamuno díxonos nas Cortes Constituíntes do 31 —na

mesma sesión en que eu defendín a cooficialidade de tódolos idiomas hespañoes—: “… el

castellano es una lengua hecha, y el español es una lengua que estamos haciendo”. Pois ben;

Page 209: Castelao - Sempre en Galiza

se aínda non eisiste unha língoa española e cómpre formala para que sexa o vehículo social

de tódolos hespañoes, xusto sería que non se mantivese unha Academia oficial para “fixar,

conservar e dar esplendor” ao idioma de Castela, xa feito, e logo impoñelo como idioma

único, como idioma de todos.

A hexemonía política de Castela fixo medrar a súa retrasada cultura, até poñela, de

súpeto, por riba da nosa, como a independencia de Portugal trocou en frores de xardín

(civilización) as frores ventureiras (cultura) do noso lingoaxe; mais é o certo que por culpa de

Castela perdeu Hespaña canto nós podíamos darlle, e vendo a nosa cultura frorecida en

Portugal podemos medir o ben que Galiza i Hespaña perderon. De todos xeitos non é a

hexemonía política de Castela o que máis nos magoa; é a imposición do seu idioma e, polo

mesmo da súa cultura, e máis que nada da súa civilización. O ensino esclusivo impide o

cultivo das demais língoas e, por ende, o desenrolo das outras culturas. Así, é doado que

Castela se amostre superior, cando non permite ningunha competencia. Unamuno ergueuse

nas Cortes Constituíntes para impornos o deber e o dereito de falar castelán —a língoa oficial

da República— recalcando que a ninguén se lle poidese esixir o uso de ningunha língoa

rexional. E para probarnos que era moi comprensivo, pronunciou estas verbas: “Toda

persecución a una lengua es un acto impío e impatriota”. Pero ¿non é impío e impatriota o

consentir que os mestres en Galiza falen unha língoa diferente á dos seus alumnos, ou que un

testigo teña que modelar o seu pensamento en castelán para facerse entender por un xuez

forasteiro? A impiedade e antipatriotismo dos casteláns claro está que non se exerce con

preceptos brutaes, condenando a morte aos galegos que se atrevan a escrebir versos na língoa

que mamaron no leite… ¡Non faltaba máis! A impiedade e antipatriotismo delátase de

abondo nos procedimentos coactivos de asimilación, incluso na proposta de Unamuno. Nin

os casteláns da nosa República foron capaces de confiar a un libre xogo das varias culturas e

língoas españolas a consagración definitiva do feito hexemónico de Castela, gañado xa en

lances irrevisables; e para os seus anceios asimilistas non lles abondaba o influxo natural da

súa superioridade sobre o que eles consideraban inferior, particular, rexional. Era preciso,

polo visto, o proseguimento da política opresora da monarquía, encamiñada a matar por

asfisia todo canto non fose castelán. Era preciso que as língoas e culturas rexionaes

(somentes é nacional a língoa de Castela) viviran en campos de concentración ou sometidas

ao xeneroso trato que a política liberal de Norteamérica concede aos seus indios…

Frente á política asimilista dos casteláns non nos queda máis que un recurso: opor

unha rexa acción nacionalista. A intransixencia dos galegos frente á intolerancia de Castela, é

un acto de indeclinable diñidade.

Page 210: Castelao - Sempre en Galiza

X

O concepto sociolóxico da “nación” está embafado por elucubracións

político-filosóficas, capaces de facernos dubidar do que vemos, ouvimos e apalpamos; pero

non hai nada tan doado de comprender e definir cando consideramos o feito nacional como

unha fatalidade biolóxica, independente do ser político, que se basa na vontade dos homes. O

escurecimento dun concepto provén, a miúdo, das misturas que con el facemos; e o neboeiro

en que se envolve a ideia de “nación” prodúcese cando discurrimos encol dos atributos

xurídicos que lle son esenciaes. Pero a “nación”, para nós, é un grupo humán etnicamente

diferenciado, que cobre un territorio característico, que fala unha língoa propria e rixe a súa

vida moral e física por tradicións e costumes peculiares. Esta “nación” pode ter unha

soberanía civil independente ou disminuída; pode convivir con outras nacionalidades e

formar con elas unha soia vontade política; pode, en fin, vivir asoballada por outra “nación” e

sometida a un Estado opresor. O envrullo ármase cando a nacionalidade —que é un ser

natural— pasa do sentimento dos seus fillos á súa vontade política; é decir, cando a Nación

quer constituír un Estado.

Ortega y Gasset perguntou en algures: “¿Quién, hablando en serio y rigurosamente,

cree saber lo que es una nación?”. Nós creemos sabelo, cando á nación lle atribuímos unhas

certas características; pero se nalgúns casos dubidáramos porque as características

diferenciaes dun pobo foran imprecisas e imponderables ou porque a leitura dalgúns tratados

de cencia política —incluíndo a Duguit— nos deixara atiaxados para coñecermos a este ser

colectivo até o punto de poder decir “esta é unha nación”, nós sabemos perfeitamente o que

non é unha nación. Sabemos, por exemplo, que Hespaña nin ten idioma único, nin cultura

única, nin costumes homoxéneas, nin unidade étnica, nin formación hestórica común, nin

necesidades confluentes. Sabemos, polo tanto, que Hespaña non é unha nación senón

conxunto de “grupos humanos etnicamente desunidos”, sen comunidade de tradicións, de

aspiracións, de necesidades, e a pergunta de Ortega y Gasset vai contra os centralistas, que

proclaman o carácter nacional de Hespaña, pero non contra nós, que o negamos. Cando se dá

por certo que a ideia da nación leva como anexo a ideia de Estado —esencial atributo

xurídico— de camiño aparece a tinta dos “sabios políticos” para embafaren a luz que esta

ideia proiectaría sobor dunha nova forma de vida pública en Hespaña. A nós non nos custa

traballo separar o concepto de “nación” do concepto de Estado, e para evitarmos o enrullo

avogadesco decimos, de antemán, que somos unionistas e que non pretendemos organizar a

nación galega en Estado independente. Pero se ademitiramos que unha nacionalidade non ten

dereito á súa independencia política (como principio xeral non debemos ademitir semellante

absurdo) nós seguiriamos afirmando que un Estado endexamais ten dereito a esterilizar o

xenio das varias nacións que o compoñen, impondo as características dunha delas a tódalas

demais, para que, deste xeito, a indivisible Nación garantice unha indivisibilidade do Estado.

Nós non discutimos ao Estado como principio de unión política antre tódolos hespañoes, e o

ideal conciliador que sustentamos perturbará menos a vida futura de Hespaña que esa crenza

vella e probe dos que aínda opinan que o Estado forzosamente debe ser unha Nación. Contra

esa crenza alzaranse sempre os separatismos.

Os “nacionalistas galegos” saímos do “rexionalismo” por consideralo impreciso e,

por ende, favorable a toda caste de envrullos i estravíos; defendemos, como principio xeral, a

soberanía de tódalas nacionalidades e reclamamos para Galiza as garantías do seu libre

Page 211: Castelao - Sempre en Galiza

desenrolo e da súa fecundidade; denunciamos ao Estado español como instrumento da

política absorbente de Castela e como perturbador da vida pública; negamos que a unidade

española fose, no seu orixe e desenrolo, establecida pola vontade hestórica de tódolos grupos;

afirmamos que a heteroxeneidade das forzas étnicas de Hespaña son a mellor riqueza para un

Estado capaz de estimalas e aproveitalas. Os “nacionalistas galegos” vemos que o Estado

hespañol é unha organización teórica, un ente abstracto sen pés nin cabeza e que a nosa Terra

necesita reconstituírse como “nación española” ¿Erramos no concepto que nos merece

Hespaña e no amor que sentimos por Galiza? Nós oferecemos a nosa mellor vontade para

crear, cos demais pobos da Península, un novo Estado hespañol, autenticamente democrático

e afincado nas realidades nacionaes, na vontade de tódolos grupos étnicos e para servir ao

intrés esclusivo da síntesis que se forme (somentes a tiranía pode empurrarnos ao

separatismo); pero namentras Hespaña sexa un cono burocrático e vexamos na cima do Poder

o “mando y ordeno” de Castela, nós “os nacionalistas galegos”, seguiremos eisaltando a

personalidade nacional de Galiza e a vontade de loitar polos seus dereitos, porque primeiro

somos galegos e dispois hespañoes.

O Estado —“obra da vontade hestórica de convivir”— non ten dereito a matar, violar

ou esmagar os feitos etnicamente desunidos; pero tales feitos —“obra da fatalidade

biolóxica”— teñen dereito á convivencia estatal, e cando alcanzan a categoría de

nacionalidades poden, incluso, reclamar a súa total independencia. Nalgúns casos unha

nación necesita un sóio Estado (lembremos a Polonia); pero un Estado non necesita unha

nación única (lembremos a Suíza). E nesta indiscutible verdade afincamos o noso anceio e a

nosa espranza, como galegos e como hespañoes. Sabemos que o feito hexemónico de

Castela, coa súa política asimilista, mantén os resentimentos de Cataluña, Euscadi e Galiza, e

que a tiranía actual somentes reduce os feitos diferenciados a un silencio rencoroso da

concencia, de moito máis perigo para o Estado que os discursos e arengas “nacionalistas”.

Vimos que unha simple concesión de autonomía rexional calmou o resquemor de Cataluña e

republicanizou a Euscadi. Podemos, pois, maxinar a que sería unha Hespaña federal, basada

no moderno concepto das nacionalidades. Teñamos por ben sabido que a Hespaña non lle

convén a hexemonía de Castela —nin a hexemonía de ningunha outra nacionalidade—, e que

nin a Cataluña, nin a Euscadi nin a Galiza lles convén unha independencia absoluta (Portugal

é unha proba de ambas afirmacións: separouse por non morrer asimilado i esmorece agora

por non axuntarse ao resto da Península). A hexemonía de Castela pode aínda producir novas

secesións e novas desventuras, e os galegos quixeramos que antes de que ficase ela soia, a

chorar na súa triste parameira, pensara no ben de Hespaña e no ben de si mesma. Os galegos

arelamos convivir con Castela dentro dun mesmo Estado; pero, eso si, reclamamos para a

nosa nacionalidade unha máisima soberanía, a soberanía da súa fala, da súa cultura, do seu

esprito, das súas costumes.

Todos sabemos que os Estados europeos eran a resultante do dereito de conquista ou

do dereito de sucesión monárquica, e que sóio dispois das guerras napoleónicas se sinteu, por

primeira vez, o estremecimento das nacionalidades, tal e como agora se conciben. Os liberaes

aplaudiron os anceios de independencia nacional cando se manifestaban con heroísmo e a

distancia do seu Estado…, tratando de compaxinar as súas concepcións uniformadoras coa

lexitimidade de particularismos alzados en rebeldía. Para eles as nacións non eran seres

hestóricos e naturaes, senón feitos creados pola vontade popular. Fillos ou fillastros da

Revolución francesa, aínda hoxe son incapaces de comprender o grave problema de

Hespaña, e cando intentan resolvelo recurren á ideia dos plebiscitos… coma se os atributos

xurídicos foran o único anexo das nacionalidades. Non; as nacionalidades hespañolas non

Page 212: Castelao - Sempre en Galiza

pretenden independizarse, pero tampouco lles abonda cunha simple descentralización

político-adeministrativa. O que queren é abolir o falso ideal común, creado artificialmente, e

arelan paralizar e deter a destrución sistemática dos seus particularismos, que lle dá a

Hespaña unha aparencia de nacionalidade xa constituída. Non queren, poño por caso, que

dende as escolas se siga decindo que os hespañoes somos da mesma raza, da mesma língoa,

da mesma cultura e civilización, e que nos xuntemos amorosamente nunha patria única para

conservar e transmitir este herdo ancestral, porque semellante mentira ten por obxeto a

castelanización de Galiza, Euscadi e Cataluña. ¿Podemos, acaso, xustificar e consentir que se

maten as língoas nacionaes —o atributo máis esencial— para sustituílas por unha língoa de

Estado? En ningunha doutrina liberal se coloca o Estado por enriba da nación; pero é o certo

que os liberaes hespañoes cometen esta impiedade. A eles nos diriximos os “nacionalistas

galegos”, para decirlles que as nacionalidades son seres creados pola natureza e

independentes da vontade dos homes; pero se o Estado é un feito de vontade nacional fáltalle

ao Estado hespañol a vontade sinceira dos cataláns, vascos e galegos, e faltaralle mentras

perdure a política absorbente de Castela.

Co Estado e a Patria tamén se arma un envrullo de mil demos, cando se sabe que

Hespaña aínda é un organismo artificial, composto de varios grupos humanos, que nada

teñen de común como non sexan as loitas que antano sostiveron os uns contra dos outros.

Chégase ao estremo de chamarnos “impatriotas” cando diñificamos a língoa do noso país e a

consideramos máis nosa que a língoa de Castela. A fobia dos casteláns contra Cataluña

provén de que algunha vez foron a Barcelona e viron alí que falaban todos en catalán. “Os

vascos —din eles— serán separatistas, pero en Bilbao fálase o “idioma nacional”. O idioma

é o que máis lles preocupa, i esto proba que por riba do intrés de Hespaña poñen sempre o

intrés da nación castelán, é decir, do feito hexemónico. A este propósito cómpre lembrar o

que algunha vez dixo Azorín —un dos poucos escritores que saben estimar a variedade

hespañola—: “E nun Estado en que coeisisten varias nacións ¿como poderemos falar dun

idioma nacional? Se cada unha destas nacións ten a súa língoa todas serán igoalmente

nacionaes. Outra cousa será o idioma do Estado, o idioma que sirva para a boa e doada

marcha da vida política e adeministrativa do conxunto. Non atino a ver relación ningunha

antre o patriotismo e a libre, libérrima vida dos idiomas nacionaes dentro do mesmo Estado”.

Nós, si, atinamos a ver unha estreita relación antre o sentimento de patria e o amor ás língoas

nacionaes, porque aquel que despreza o idioma do seu país é, realmente, un “impatriota”. Os

cataláns, os galegos e os vascos serían antiespañoes se lle impuxeran o seu modo de falar á

xente de Castela; pero son “patriotas” cando aman a súa fala e non se aveñen a trocala por

outra. Nós comprendemos que a un galego, a un vasco ou a un catalán que non queira ser

hespañol se lle chame “separatista”; pero eu pergunto cómo debe chamárselle a un galego

que non queira ser galego, a un vasco que non queira ser vasco, a un catalán que non queira

ser catalán. Estou seguro de que en Castela a estes “impatriotas” chámanlles “bos

hespañoes”, “modelo de patriotas”, cando en realidade son traidores a si mesmos e á terra que

lles dou o ser. ¡Estes si que son separatistas!

O caso dos casteláns é verdadeiramente singular na súa intransixencia. Semellan ser

os mellores hespañoes e poñen a Hespaña por enriba de todo; pero a condición de que a súa

fala, a súa cultura, o seu dereito, a súa mentalidade, se impoñan dende o Poder aos demais

grupos. Cando topamos cun castelán que non trata de conferir ao Estado hespañol os

atributos de ningún particularismo e non fulmina anatemas contra ninguén entón nós

propoñémoslle que nos entendamos; pero el dirá que nós somos galeguistas, que queremos

falar galego, e que así non podemos ser hespañoes, i en definitiva deprenderemos que el se

Page 213: Castelao - Sempre en Galiza

ten por máis hespañol que nós porque fala castelán. Cando topamos cun castelán orgulloso,

capaz de decirnos que a súa Terra non ten par no mundo, nós propoñémoslle que nos

entendamos, porque así —eles como casteláns, nós como galegos e os demais coma o que

son— formaríamos unha Hespaña verdadeira; pero axiña nos dirá que el é hespañol por

enriba de todo e que o noso galeguismo é un crime. Non hai maneira de comprometer aos

casteláns para unha acción conxunta de tódolos hespañoes, porque eles somentes queren

entenderse con nós a través do actual Estado, que é obra deles, feitura deles e amparo deles,

anque con semellante hexemonía sexan unha grea emprobecida e depauperada. Saben que a

omnipotencia do Estado non é outra cousa que omnipotencia de Castela, e así provocaron os

acedados ataques de Costa e a compaixón denigrante do Senador Gómez.

Page 214: Castelao - Sempre en Galiza

XI

Acabamos de follear de novo algunhas obras de Costa e retornamos ao noso discurso

con grave desalento. Non nos importa que o historiósofo e mestre do Dereito consuetudinario

vexa o pasado de Hespaña como un “pingajo de león” nin que o que os hespañoes creían

nación de bronce se lle antoxe a el unha “caña hueca”. Costa carece do sentido estético de

Ganivet, e fóra do talento i erudición con que se adorna, resultounos menos hespañol que

calquera “separatista”. El asemella o pasado de Hespaña a un testador que na súa manda non

deixa aos herdeiros máis que embargos e trampas, e que despois de morto aínda se reserva o

dereito de aparecérsenos de noite “poniéndose moños”. Tamén nos di que a Hespaña

instaurada no abrente do século XIX foi obra de escenógrafos que ergueron sobor do solar

baldeiro das dúas Cámaras unha nación de teatro, boa para representar, e que non ben se

esqueceu do que era e quixo tomarse a si mesma en serio, achegándose ás nacións de

verdade, desplomouse con tódalas súas bambalinas e veuse a terra sen estrépito. O terrible

ibero ama os seus eidos nativos e cree que eso é Hespaña, e, ao discurrir sobor do futuro, non

sobrepasa os modos daquel socialismo que somentes pedía máis xornal e menos traballo. E

despois de decirnos nalgunha parte que non se precisan “homes que seipan leer i escribir”

senón “homes”, dinos noutra o que sigue: “Un artículo de la Constitución declara que todo

español está obligado a defender la patria con las armas en la mano; y lo que ahora hay que

decir es que todo español está obligado a servir y defender la patria con los libros en la

mano”. Pois ben; nós creemos que nin lendo as obras completas de Costa chegaríamos a crear

o ideal colectivo que Hespaña necesita, porque o mundo en que imos entrar cicais non estea

previsto na inxente morea de idearios escritos.

Se algunha vez o pensamento de Costa considerou o “rexionalismo” foi para

concordar con Royo Villanova. E1 tratou de inquirir o que había de lexítimo ou de ilexítimo

nas demandas do rexionalismo e o que debía permitirse ou prohibirse ás rexións. O seu

pensamento reclamaba unha certa descentralización: “apretar os vencellos da unidade

política e afloxar os vencellos da unidade administrativa”. E todo porque albiscaba un

“peligro de vulto”, porque os homes de Hespaña non eran de distinta pasta que os de Cuba, e

non faltaban yankees en Europa… Costa decía esto en 1900, a dez anos de distancia do que

dixera i escribira o noso Alfredo Brañas para concretar en doutrina política os anceios

imprecisos das rexións; e para o hespañolísimo Costa as rexións con personalidade natural e

histórica eran as seguintes: “Navarra, Viscaya, Asturias, Cataluña, Aragón, etc.”. Nós

creemos que o “león de Grau” ocultou adrede a Galiza detrás do etcétera pola carraxe que lle

inspiraba Montero Ríos…

Outro home ben diferente a Costa é o andaluz Ganivet, tan distante dos galegos como

Andalucía dista de Galiza en todo, pero a quen entendemos perfeitamente. Ganivet amou con

tolería de poeta a súa belida Granada, e añorou os tempos en que alí podían vivir núcleos

intelectuaes con zume proprio e abondoso. Para Ganivet a clave da política hespañola debía

ser o ennobrecimento das cibdades e a formación da polis autónoma, onde os cidadáns

poideran vivir en familia, quen sabe se paseando en mangas de camisa e filosofando baixo a

dirección dun Aristóteles. ¡Que ben comprendo eu este anceio ao lembrarme de Ourense e

Pontevedra! Despois de protestar contra os gurripatos que fuxen do seu pobo natal para ir á

metrópolis e morrer alí no anonimato, el asegura que o día que haxa nas diversas cibdades de

Hespaña homes adicados ao estudo dos verdadeiros intereses e aspiracións da comarca, e

Page 215: Castelao - Sempre en Galiza

seipan fundamentalos nun plan de acción nacional, deixarán de eisistir esas entelequias ou

enxendros de gabinete con que hoxe se nos goberna i entraríamos na realidade política. No

seu libro El porvenir de España atopamos este treito: “Yo, que soy andaluz, declaro que

Andalucía políticamente no es nada, y que al formarse las regiones habrá que reconocer dos

Andalucías: la Alta y la Baja”. En efecto: Andalucía perdeu os atributos de nacionalidade e

sóio conserva un pobo diferente do castelán, e falar con acento proprio unha lingua que non é

a súa, e varias cibdades desemellantes entre si: Granada, Córdoba, Sevilla, Málaga, Cádiz…

Ganivet, pois, discurre como un verdadeiro andaluz; sinte a súa cidade e pide para ela unha

polis autónoma, pero non pode pensar coma nós. Fora el galego i entón pensaría como

Alfredo Brañas.

Ganivet ve que os hespañoes viven no ar e considera o movimento rexionalista como

un impulso do noso instinto que nos leva a buscar realidades en que poidamos afincar os pés.

Declárase rexionalista ao seu modo, e claro está que non acepta as rexións tal como

eisistiron. Atopa borrosos os lindeiros das antigas rexións e non ve xustificado que se

marquen de novo. Nin cree que deba sustituírse a centralización actual por oito ou dez

centralizacións, nin que se amplíe o artificio parlamentario con novos e non mellores centros

parlantes. O credo fillosófico-económico, familiar e relixioso de Ganivet, según propria

confesión, é un socialismo-anárquico-nirvánico, i este é un reflexo do carácter andaluz. E

polo tanto, nós pensaríamos como Ganivet se fósemos andaluces.

O andalucismo de Ganivet faille decir: “España es una nación absurda y

metafísicamente imposible, y el absurdo es su nervio y su principal sostén. Su cordura será la

señal de su acabamiento”. O diagnóstico é razoable, pero a nosa mentalidade galega

induciríanos a formular un prognóstico contrario, porque aborrecemos os símiles quixotescos

anque sexamos Quixotes. Mais o Ganivet de Granada é un home estraordinario, que sóio

concibe unha maneira de chegar á fraternidade humana (nós podemos entender “fraternidade

hespañola”) i este non é o de unir aos homes baixo unha organización artificiosa, senón o de

afincar a personalidade de cada un i enlazar as ideias diferentes pola concordia, e as opostas

pola tolerancia. Velaí, pois, que Ganivet califica de tiránica toda organización humana onde

non exista a concordia e a tolerancia, e que sabería comprender o noso amor a Galiza e a nosa

maneira de reivindicar os dereitos que lle corresponden. Nas Cartas Finlandesas ve que as

loitas que perturban a paz das nacións (el decote chama así ao que nós chamamos estados)

nace da cuestión tan debatida das nacionalidades, porque non houbo maneira de organizar as

nacións de tal sorte que cada unha delas comprenda unha nacionalidade, é decir, un núcleo

perfeitamente característico por rasgos proprios: raza, lingua, relixión, tradicións e costumes.

Cada entidade política ten o problema dentro da casa, porque as nacionalidades loitan sempre

contra o poder unificador, que se empeña en anulalas. E Ganivet conclúe: “Júzguese, pues, si

sería útil tener reglas fijas para arreglar pacíficamente estas cuestiones, y si hay que estar

agradecidos a los hombres generosos que se calientan los cascos con ideas teóricas

enderezadas hacia tan humanitarios fines”. Nós creemos que se Ganivet vise a súa patria cos

ollos con que veu as patrias europeas, comprendería que tódolos disturbos e guerras que

perturbaron a paz de Hespaña proveñen do uniformismo que el mesmo acusa cando ao ver as

estacións do ferrocarril que o levaba de San Sebastián a Granada, esclamou: “¿Esta es una

nación o un hospicio?”

Sigamos con Ganivet polo puro pracer de camiñar en boa compaña. E1 ve que as

nacionalidades fortes tratan de asimilar as endebles. Non acepta, claro está, os procedimentos

violentos, e por eso se declara federalista, pero con tal de ir cara á unidade, pois, según el, a

federación non vai a ningures. Entende que se as nacionalidades que coeisisten dentro dun

Page 216: Castelao - Sempre en Galiza

Estado viven en perfeito equilibrio, sen mirárense as unhas ás outras, ou a máquina social

está parada i é inútil, ou está parándose e a piques de chegar á disolución. O federalismo de

Ganivet é dinámico, non estático, e ten por obxecto a fin e a unidade; pero se as

nacionalidades chegasen a fundirse en contra da vontade dos partidarios da federación,

“habería que separalas a cañonazos”. Ganivet desexa que se chegue a unha amalgama

perfecta, pois, en canto quede en estado puro un forte núcleo, este acaba por dominar a quen

pretenda dominalo, porque ten da súa parte, “o amor á terra, a compenetración coa alma do

país, a tenacidade e a fe que somentes poden ter os homes que sinten os pés moi firmes enriba

do seu terruño”. Se Ganivet non comparte os anceios federalistas de Pi i Margall é porque

non ve as antigas rexións, nin cree que sexa cordo voltar á Edade Media para andar dúas

veces o mesmo camiño; pois, según el, á Hespaña sóio lle falta un pouquiño para conquerir a

unidade. Os pensadores como Ganivet non son discutibles porque falan en nome de ideias

purísimas que xurden do corazón, i eles mesmos se contradicen; mais é xusto proclamar que

ningún hespañolista do século XIX nos é tan caro para leer e meditar. Politicamente

concordamos máis con Blas Infante —o mártir do andalucismo— que con Ganivet; pero en

Ganivet atopamos o mellor repertorio de argumentos para combatir o centralismo.

¿Queixaríamonos de que os pensadores hespañoes non seipan que eisiste Galiza?

Tampouco ven a Hespaña nin é posible que ao atravesar un país alcancen a velo na súa

profundidade. Calquera di, poño por caso, que Franza conquireu a súa completa e total

unidade nacional; pero eu andiven cinco meses por Bretaña e topei alí con moitísimos homes

que nin siquera entendían o idioma francés. Por consiguente, eu sei que Franza non é aínda

unha unidade nacional. Calquera pode ver que o Tanto Monta da federación

castelán-aragonesa formou unha nacionalidade central que conqueriu a hexemonía política

de Hespaña; pero nin os cegos deixan de ver os feitos diferenciaes que compoñen a periferia

da Península e rodean a Castela. Por eso non concebimos que se fale de Hespaña como unha

nación; pero si, entendemos que Hespaña eisiste e que debe crearse un estado de harmonía e

de convivencia. ¿Pode alguén proclamar que este anceio somentes é lexítimo cando vai

encamiñado á formación dunha unidade nacional? Pois nós decimos que nin así sería xusto

que a unidade se formase por asimilación coactiva, porque neste caso atenderíamos o

consello de Ganivet e desfaceríamos a convivencia. Creemos que o primeiro de todo é

coñecer a variedade hespañola, estudala a fondo e deprender a estimala, pois a iñorancia das

realidades vivas é o que conduce ás “entelequias ou enxendros do gabinete”. Por certo que

desta iñorancia é doado acusar até aos nosos amigos. Abonda decir que Rovira i Virgili omite

a Galiza no seu libro a prol das nacionalidades ibéricas, e que nun libro vasco encol do

problema lingüístico de Hespaña somentes se ocupa do vasco e do catalán.

Cando en Hespaña —di Ganivet— se afundeu o poder absoluto, debía terse presente

que o poder dos reis non se fixera absoluto por un golpe de Estado, suprimindo unha

Constitución, senón abolindo sucesivamente o réxime foral. E o lexítimo era volver ás

liberdades que suprimeu o absolutismo, sempre máis tanxibles e corpóreas que as liberdades

consiñadas na Constitución. Non se fixo así —sigue dicíndonos Ganivet— e ao reaparecer

despois a ideia xa non foi liberdade comunal, foi federalismo; xa non foi réxime vario, senón

réxime simétrico. E aínda que Ganivet non se aveña ao réxime simétrico nin ao federalismo

rexionalista, nós estamos seguros que as realidades hespañolas somentes se aveñen a unha

unidade pactada.

Page 217: Castelao - Sempre en Galiza

XII

O absolutismo dos reis estranxeiros asoballou as liberdades locaes e corporativas

—que representaban a forza, a sabiduría e a prudencia de Hespaña— para mellor impornos

calquera moda política ou para enfrentarnos co mundo enteiro… O caso foi que os pobos

hispanos, cansos do desbaraxuste a que foran levados polos nobres, eisaltaron o poder real

sobor dos demais poderes, e viron na testa dos monarcas o resplandor da Providencia. O

mesmo Cervantes se burlou, con terribles ironías, do ideal cabaleiresco e ve con bos ollos o

sometimento da vella nobreza ao xugo absolutista. A entrega do pobo aos reis absolutos

estaría xustificada se viramos hoxe a eficacia práctica do pasado réxime, do centralismo,

revelándose nunha superación ou, polo menos, preservación da grandeza hispana. Non

vemos máis que probeza e apoucamento. Pero aquel constitucionalismo que impuxeron os

liberaes hespañoes, non foi máis que unha burda mistificación da liberdade, unha tapadeira

dos métodos absolutistas; pois se os reis eran alleos ao país e non auscultaban os profundos

anceios da xente, as directivas do liberalismo residían fóra dos patrios lindeiros e somentes

servían para agrandar os abusos do poder frente ás realidades, os intereses e a vida do

conxunto hespañol. ¡Que máis dá absolutismo que centralismo! ¡Que máis dá feudalismo que

caciquismo! A monarquía de dereito divino entregoulle os seus poderes a un estado absoluto,

rexido por homes de clase media, que en vez de iren ao pobo imitaban á nobreza. Para estes

mandóns da política constitucional escribeu Almeida Garret o treito que sigue: “Eles

sustituíron aos vencidos en todo canto puderon menos no respeito popular, porque o pobo

que ollaba con veneración os armiños e cotas de armas das familias, nunca tomou en serio os

blasóns dos novos condes, e ríase a cachón da económica pelexa de gato branco que o

poupado burgués puña aos seus ombros de vilán para arremedar á nobreza antiga e vestirse

baratiño de grande señor”. Se a Hespaña tradicional fixo unha política enteiramente contraria

aos intreses do país foi porque lle faltou o prudente consello das nacións peninsulares, pero a

Hespaña liberal conxestionouse con ideias improprias, bebidas á présa en libros franceses, e

por eso non foi endexamais hespañola. Imperialismo católico, monarquía absoluta,

despotismo ilustrado, constitucionalismo francés, liberalismo centralizador, republicanismo

anarquista, federalismo estadounidense…; todo eso é palla morta. O período absorbente que

vai da camisa suxa de Isabel á camisa perfumada de Isabel II deixounos unha Hespaña

inconstituída e sen sentido común, inepta politicamente, pero capaz das máis tolas violencias.

Podemos decir que Hespaña carece de historia política porque non se pode considerar como

tal unha serie de actos condenados fatalmente á ineficacia. E a pesares de tanta arbitrariedade

e desconcerto, aínda hoxe se nos quer prohibir que pensemos nunha Hespaña nova, asentada

nas realidades nacionaes que lograron sobrevivir ao desbaraxuste.

Para nós non existe a Hespaña dos reis absolutos nin a constituída nas Cortes de

Cádiz e transmitida, de papel a papel, polas demais Constitucións; pero eisiste a Hespaña dos

cataláns, vascos e galegos, que pode entenderse cos hespañoes casteláns e castelanizados, en

canto estes queiran entendernos. Non somos separatistas da Hespaña verdadeira nin tan

siquera da falsa e ficticia, se é que esta nos permite creer na súa transformación; é decir, se

nos deixa manifestar os nosos pensamentos en réxime de liberdade. Por eso somos ardidos

defensores da República e dunha democracia asentada na liberdade. A proba está en que os

máis calificados separatistas de Cataluña, Euzkadi e Galiza defenderon a República

hespañola e, por defendela, sufriron marteiro, escravitude ou desterro. Agora ben; nós

Page 218: Castelao - Sempre en Galiza

sentímonos separatistas da Hespaña que nos impón a renuncia dos nosos dereitos naturaes.

Se eu agora tivera nas mans a posibilidade de independizar a Galiza non dubidaría en aceptar

esa posibilidade para salvar a miña Terra do terrorismo falanxista e para decirlles a tódolos

hespañoes desterrados: “Vinde a este anaco de terra hispana para vivirdes en liberdade”. E

como sabemos que hai no grupo democrático hespañol bastantes patrioteiros que

condenarían o noso pensamento, é forzoso que nos sintamos tan arredados deles como de

Franco, pois ningún principio democrático nos obriga a matar o particularismo galego —así

lle chaman eles— para entregarnos ao particularismo castelán. ¿Podemos acaso permitir de

bo grado a persistencia dun absurdo político que fracasou na proba escesiva dos catro séculos

derradeiros e que é responsable da miseria e agonía de Hespaña? ¿Sería xusto que

aprazáramos nalgunhas centurias máis a estruturación racional de Hespaña sóio por non

abolir o ideal anacrónico de Castela?

Castela —díxonos Ortega y Gasset, en La España invertebrada— tomou ao seu

cárrego a misión de axuntar os diversos pobos da Península, aproveitando a forza aglutinante

dos seus ideaes (nós diriamos exclusivamente católicos) para crear unha Hespaña única. En

Castela converxían tódolos pobos hispanos porque naquel intre os propósitos casteláns

enchían o anceio colectivo; pero en canto foron cumpridos, abandonados ou fracasados (nós

diriamos que eran ineficaces para unha acción política), a obra de integración quedou

interrumpida antes de ser acabada, e non tardou en producirse o proceso de desintegración. O

mesmo Ortega y Gasset nos dixo que os gobernantes casteláns, que quixeron castelanizar a

toda Hespaña para deteren o proceso desintegrador, somentes conseguiron acentualo, porque

frente ao particularismo castelán que trataban de impor, era natural que xurdiran os demais

particularismos. E o mesmo tiduo do libro de Ortega y Gasset nos obriga a pensar na

estruturación dunha Hespaña que Castela non foi quen de constituír.

Díxose mil veces que o ideal colectivo que pode levarnos á creación dunha Hespaña

grande non pode ser outro que o de restaurar a comunidade ibérica; pero deste propósito

fuxen todos aqueles que se consideran incapaces de atraer a Portugal ou indignos de merecer

a estimación dos portugueses. Creeríanse deprimidos e defraudados se propuxeran a ideia da

unión peninsular, pactada de potencia a potencia, porque aínda non son testamentarios da

antipatía hestórica que separou Portugal de Castela, e por orgullo renuncian á grandeza de

Hespaña con tal de prolongar —non sei con qué caste de espranzas— a política asimilista.

Pero tamén hai hespañoes que renuncian á ideia da unión pactada en Portugal porque a

consideran imposible; i están no certo cando non aceptan a nova teoría nacionalista. O

mesmo Ganivet sóio pensa na unidade intelectual e sentimental ibérica, cicais porque fía no

asimilismo cultural de Castela, e despois de falarnos dunha “unión de nacionalidades

distintas en una sola nación” (nós non vemos a distancia que vai dunha nación a unha

nacionalidade) ofrécenos a siguente proposta: “para impedir que Portugal busque apoyos

extraños y permanezca apartado de nosotros, hay que enterrar para siempre el manoseado

tema de la unidad política y aceptar noblemente, sin reservas ni maquiavelismos necios, la

separación como un hecho irreformable”. Tamén Ganivet califica de parvos aos políticos

que, para atraeren a Portugal, pensan en “disolver la nación española, resucitar las antiguas

regiones y fundar la unidad sobre algo parecido a una confederación”. Neste cariz da política

ibérica o linguaxe de Ganivet é actual para os centralistas hespañoes, que ao xogaren con

verbas e conceptos do século XIX discurren loxicamente ben, pois non hai dúbida de que a

separación de Portugal é un feito irreformable se intentamos convertir a Península nunha soia

nacionalidade, como sería absurdo pensar nunha resurreición das antigas rexións, disolvendo

a nación hespañola polo gosto de instaurar un Estado federativo a ver se dese xeito

Page 219: Castelao - Sempre en Galiza

atrapábamos a Portugal… Os homes de hoxe non deben falar dunha nación hespañola que

non chegou a formarse e que, polo tanto, non eisiste; nin poden resucitar as antigas rexións

que xa están absorbidas por Castela e cuia eisistencia sóio perciben os historiadores; nin sería

asisado creer que Portugal se xunte a Elespaña para constituír a nación ibérica. Pensar e falar

ao xeito oitocentista implica un renunciamento ao ideal colectivo que necesitamos. Pero se os

xerifaltes da democracia hespañola abriran os ollos á realidade e viran cómo a Península está

dividida en dous Estados complementarios que esmorecen por non unirse, e se, ao mesmo

tempo, consideraran a Hespaña non como unha nación —claramente frustrada— mais como

un conxunto de nacións (así o viron, por certo, os escritores clásicos) é seguro que nos

entenderíamos axiña. Non hai dúbida: o problema da unión ibérica está empantanado porque

os centralistas discurren con verbas inadecuadas, que provocan conceptos evidentemente

falsos.

O problema interno de Hespaña e a Península non terá solución antramentras os

políticos sigan usando, adrede, verbas improprias, pois o seu modo de confundir a Nación co

Estado non se debe a iñorancia senón a táctica perversa e nós somentes creeremos que estarán

preparados para entender o día que se aveñan a empregar outro linguaxe, pois saben que non

é delito falar das varias nacións de Hespaña cando así falaban Cervantes, Lope, Gracián, etc.

O que ocurre é que un recoñecimento implícito das varias nacionalidades hespañolas

provocaría un pleito contra o Estado que as ten asoballadas, ou polo menos, descubriría a

sinrazón do réxime unitario e centralista. Os políticos de hoxe saben que as nacionalidades

son obxetos de obrigación e suxetos capacitados para reclamar o self government, porque o

principio que os ampara constituíu a base doutrinal do Tratado de Versalles, fíxose axioma

do Dereito internacional i está afmcado na concencia democrática do mundo. E por evitaren

os compromisos que se derivarían dunha estimación das realidades, eles siguen falando da

nación hespañola, única e indivisible, sabendo que así minten dobremente, porque nin

Hespaña é única nin hai máis separatismo que o que eles manteñen encol dos portugueses.

¿Minten acaso para que non se produza unha disolución da Hespaña actual? Se así fose terían

disculpa; mais eles están fartos de saber que o pleito catalán, vasco e galego ficaría

enteiramente resolto coa garantía dunha organización federativa, que, ao ser aplicada con

lealdade, cicais nos levase á unión con Portugal, e, polo tanto, á grandeza de Hespaña. Non;

eles non minten por patriotismo hespañol senón por nacionalismo castelán.

Para que ninguén nos chate lixeiramente de separatistas, cómpre afirmar que nos

sentimos ben hespañoes, pero que non queremos ser casteláns; que arelamos unha Hespaña

grande, formada polo libre consentimento das nacionalidades que a integran, unidas, ou, polo

menos, aliadas con Portugal; que o federalismo que nós propugnamos non coincide coa

concepción estadounidense, nin co rexionalismo pimargaliano, nin co réxime de Estatutos

establecidos pola Constitución do 31; en fin, que non nos deixaremos engaiolar polos

políticos hespañoes que sigan falando de Hespaña como nación única. Nós somos hespañoes

dunha Hespaña plurinacional, organizada en Estado único e capaz de rexir os destinos da

Península Ibérica.

Page 220: Castelao - Sempre en Galiza

XIII

Xa é hora de que abramos o testamento de Isabel a Católica para defendelo frente aos

que proclaman no seu nome a intanxible unidade nacional de Hespaña. Nós recurrimos á letra

dese testamento en canto se refire á liberdade dos pobos, aínda que a Raíña Católica, “de su

proprio motu e cierta ciencia e poderío Real absoluto de que quiso usar y usó”, decretase a

doma e castración de Galiza, so pretesto de abolir as inxustizas que viñan cometendo os

Señores galegos, pero, en realidade, para engrandecer a autoridade real e vengarse

maquiavelicamente do amparo que a nosa Terra tiña prestado á Infanta Doña Xohana. Os

galegos non debemos esquecer que mantivemos doce anos de loita por defender os dereitos

da „Tscelente Señora Doña Xohana”, a quén a Raíña Católica, a súa tía, lle usurpara a coroa,

valéndose da intriga e da mentira. Así, pois, Isabel a Católica non foi nosa Raíña, pero

recoñecemos a sabiduría que encerra o seu testamento.

Aos hespañoes que, a barullo, se proclaman compridores da manda de Isabel será

cordo decirlles que no famoso testamento non eisiste o afán de unificar politicamente a

Hespaña. Somentes se albisca o imperialismo castelán do que se fai gala no siguente treito:

“… el dicho Reino de Granada, e las Islas Canarias e Islas de Tierra Firme del Mar Océano,

descubiertas e por descubrir, ganadas e por ganar, han de quedar incorporadas en estos mis

Reinos de Castilla e León” (para eso lle foran concedidas por Bula Apostólica de Alexandro

VI). Nin o Tanto Monta revela unha unidade de Estado e moito menos de Nación, pois a

Raíña Católica sóio lle cede á Coroa de Aragón a mitade das novas rendas, por “habernos…

ayudado… a cobrar estos mis Reinos, que tan enajenados estaban al tiempo que yo en ellos

sucedí”. Castela e León, pois, eran a metrópoli dun Imperio, claramente confesado por Isabel

sen a hipócrita declaración de unidade hespañola, que, baixo a pouta dos Austrias e Borbóns,

se trocou en „pingajo de león”.

Vexamos os tiduos de soberanía que Isabel a Católica invoca na Carta testamentaria,

como tiduos proprios ou anexos ao seu matrimonio: Reina de Castilla, de León, de Aragón,

de Sicilia, de Granada, de Toledo, de Valencia, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de

Cerdeña, de Córdoba, de Córcega, de Murcia, de Jaén, de los Algarves, de Algeciras, de

Gibraltar e de las Islas Canarias, Condesa de Barcelona e Señora de Vizcaya e de Molina,

Duquesa de Atenas e de Neopatria, Condesa de Rosellón o de Cerdaña, Marquesa de

Oristán e de Gocéano. Eiquí se ve que Isabel foi Raíña de Galiza —non certamente a gosto

dos galegos—; mais pola declaración que xa vimos, Galiza non era serva de Castela senón

membro adherido, como pode selo agora calquera Estado libre da Comunidade Británica. A

Coroa de Castela non tiña máis atribucións das que Felipe II ostentou máis tarde sobor de

Portugal, cando ante as Cortes de Tomar, en 1583, xurou “gardar os foros e costumes da

nación portuguesa, e que o seu goberno, adeministración i economía marcharían separados

do resto das de Hespaña”. Galiza, polo tanto, seguía en liberdade, eisistindo de por si e con

máis categoría que o Señorío de Vizcaya ou o Condado de Barcelona, posto que era un

Reino. O que non se pode decir é que Isabel fose Raíña de Hespaña, aínda que nunca houbera

eisistido unha Hespaña máis grande e máis verdadeira, e así resulta parvo crear un ideal

hespañol unitarista baixo a advocación da Raíña Católica e do seu testamento.

Isabel miraba polo ben común dos seus Reinos e Señoríos e polas obrigas que como

Raíña e Señora deles lles debía, e por eso coidaba perigoso que os seus herdeiros violaran a

liberdade dos pobos e que, por ende, perderan o amor e a lealdade con que, según ela, fora

Page 221: Castelao - Sempre en Galiza

servida. Por eso Isabel ordena que os cárregos e oficios que leven anexa calquera xurisdición

nos Reinos e Señoríos “no se den a estranjeros (eran estranxeiros nun Reino os naturaes de

outro), así porque no sabrían regir ni gobernar según las leyes e fueros e derechos e usos e

costumbres de estos mis Reinos, como porque las ciudades e villas e lugares donde los tales

extranjeros hubieren de regir e gobernar, no serán bien regidas e gobernadas, e los vecinos e

moradores de ellos no serían de ello contentos, de donde cada día se recrecerían muchos

escándalos e desórdenes e inconvcnientes Véxase como a letra do testamento de Isabel

declara que cada Reino ten leis, foros, dereitos, usos e costumes proprios e diferentes, e que,

poño por caso, un castelán en Galiza é un estranxeiro, incapaz de rexirnos a dereitas e

culpable, polo tanto, dos desordes e descontentos que alí se produxesen. ¡Xurdia leición de

moral política para os que mandan funcionarios públicos a Galiza sen coñeceren, tan siquera,

o noso língoaxe! ¡Xurdia leición para o absolutismo dos Reis ou da Gaceta, que pretenden

gobernarnos dende Madrid! ¡Lástema que tan santos e prudentes preceptos —no que toca a

Galiza— foran consellos póstumos dunha grande pecadora!…

Non se pode negar que Isabel preveu o que dispois había de suceder na Hespaña dos

Austrias ao casar a súa filla con Felipe el Hermoso “… e viendo como el Príncipe, mi hijo,

por ser de otra nación e de otra lengua, si no se conformase con las dichas Leyes e Fueros e

costumbres de estos mis Reinos, e el e la Princesa, mi hija, no les gobernasen por las dichas

Leyes e Fueros e usos e costumbres, no serán obedecidos como deberían… e non tenerles el

amor que yo querría que les tuviesen…; e conociendo que cada Reino tiene sus Leyes e

Fueros e usos e costumbres, e se gobierna por sus naturales… ordeno y mando que de aquí en

adelante no se den las dichas Alcaldías e Tenencias de Alcáceres, ni Castillos, ni Fortalezas,

ni gobernación, ni cargo ni oficio que tenga en cualquier manera aneja jurisdicción alguna, ni

oficio de justicia ni oficio de ciudades ni villas ni lugares de estos mis Reinos e Señoríos, ni

los oficios mayores de los dichos Reinos e Señoríos, ni los oficios de la Hacienda de ellos, ni

de la Casa o Corte, a persona ni personas algunas de cualquier estado o condición que sean,

que no sean naturales de ellos; e que los Secretarios ante los que hubieren de despachar cosas

tocantes a estos mis Reinos e Señoríos e a los vecinos e Moradores de ellos, sean, naturales

de los dichos mis Reinos e Señoríos… E mando a los dichos Príncipe e Princesa, mis hijos,

que así guarden e cumplan, e no den lugar a lo contrario”. Xa se sabe con qué modos e

maneiras foron compridas as ordes da Raíña Católica, dendes que o seu neto Carlós I entrou

nas terras hispánicas, acompañado de insolentes forasteiros, para abolir, coa decapitación dos

vencidos de Villalar, a política tradicional de Castela. “Con la España austríaca —dinos

Cánovas del Castillo— pereció la verdadera, la antigua, la gran España de los Reyes

Católicos, no quedando más que el odio, que, a causa de lo pasado, nos han profesado hasta

ahora unánimemente los extranjeros”.

Os hespañoes que ven no testamento de Isabel o Evanxeo da unidade hespañola,

pretenden que o uniformismo das terras casteláns se estenda a toda Hespaña. Non ven que os

nosos anceios autonomistas caben folgadamente nos preceptos da Carta testamentaria de

Isabel, pois ela somentes estableceu a relixión católica como base común, como pensamento

unificador; pero en ningunha ordenanza real se defende con máis ardor a variedade política e

adeministrativa de Hespaña. Velaí a súa manda: “e que guarden e hagan guardar… a todas las

ciudades e villas e lugares de los dichos mis Reinos e Señoríos, todos sus privilegios e

franquías e mercedes e libertades e fueros e buenos usos e buenas costumbres que tienen de

los Reyes pasados e de Nos, según que mejor e más cumplidamente les fueron guardados en

los tiempos hasta aquí”. Os que adoran a figura de Isabel I de Castela terían dereito —se os

deixaran— a impornos o catolicismo como base da felicidade humana e como fin do Estado,

Page 222: Castelao - Sempre en Galiza

tal como na URSS se impón o socialismo; pero dispois de restauraren a Santa Inquisición

para ben da unidade católica e para temor dos herexes terían de conformarse cunha unión

pactada de tódolos pobos que integran a Hespaña, abolindo de raíz o centralismo que nos

regalou a impía Franza, e deixando que cada pobo se rexise con absoluta independencia no

que fora proprio da súa personalidade. Este sería o modo de dar comprimento á Carta

testamentaria de Isabel.

Nin que decir ten que os republicanos non podemos comprometernos a tan sagro

mester, aínda que as estatuas dos Reis Católicos estiveran presidindo as Cortes republicanas

e o Presidente da República ostentara, como insinia suprema, o Collar de Isabel la Católica.

Como demócratas e liberaes sóio nos era doado puñar cos tradicionalistas (así se chamaban

os bulradores da tradición) e decirlles que íamos restaurar a Hespaña civil e verdadeira, a que

xace soterrada por catro séculos de estranxeirismos, baixo dunha morea de fracasos. Este

sería o modo de actualizar a sabiduría de Isabel; estabelecendo unha República federal, con

hespañoes íntegros, de antigo carácter e modernos pensamentos, tan seguros da súa razón e

das súas intencións como aqueles que antano, para xuraren fidelidade ao Rei, comezaban o

seu xuramento con estas verbas: “Nós, que somos tanto coma vós e que xuntos valemos máis

que vós…” ¿Non eran estas verbas, acaso, unha fórmula de unión pactada?

Corre como certo que os Reis Católicos fundaron, co seu casamento, a unidade de

Hespaña; pero é máis certo que cada un deles rexía separadamente os bens anexos á súa

coroa, e dispois de morta Isabel aínda volveu a casarse Fernando, en busca dun herdeiro que

anulase o compromiso do Tanto Monta, é decir, o dobre e forzoso reinado que recaería en

Juana la Loca, e somentes á esterilidade da segunda muller de Fernando se debe a soldadura

de Castela e Aragón. A proba de que non eisistía unha unidade hespañola está en que o cerre

da Reconquista compreuse coa incorporación de Granada á coroa de Castela, ficando a coroa

aragonesa desvencellada deste novo aporte. Somentes Felipe II creeu ter consumado a

unificación política da Península ao sentarse no trono portugués. Este feito singular

ensanchou politicamente a realidade federalista anterior, convertíndose nun réxime

confederal, que se reflexa no prudente tiduo de “Rey de las Españas” adoptado por Felipe II e

os demais Felipes até a separación de Portugal. Así, pode decirse que os Reis Católicos

comezaron a unión dos pobos hispanos, cuia unión levou a cabo Felipe II o Prudente…; pero

a unidade hespañola, ou sexa, a Hespaña única, comeza en 1640, coa perda de Portugal e o

robustecimento do pulpo madrileño. Dispois veu o demais.

Nós atopamos no testamento de Isabel algo que debe ser respeitado e que pode ser

comprido. Somos federalistas e non esnaquizadores da realidade hespañola, i en acatamento

dos feitos que o tempo creou, xa non discutimos que a Capital de Hespaña estea no Centro ou

que a língoa do Estado sexa o idioma de Castela. O que negamos é o Estado unitario e

centralista, sen porvir de xustiza nin asomos de normalidade, cuio poder sóio se presenta aos

hespañoes en figura de guarda-civil ou de recaudador de contribucións. E con permiso de

Doña Isabel de Castela reclamamos a liberdade integral de Galiza para que poida unirse

voluntariamente e cordialmente ao resto de Hespaña.

Page 223: Castelao - Sempre en Galiza

XIV

A “República Federal” que agora nos andan a oferecer algúns inconsolables rexidores

do réxime perdido, consistiría na restauración dos Estatutos autonómicos de Cataluña i

Euscadi e cicais na promulgación do Estatuto galego, deixando abertas as posibilidades deste

mesmo dereito para calisquera rexión que o reclamara. Eu non quero entrar a furto na

intención dos inconsolables; pero é doado presumir que se a República foi federable polo

feito de dispoñerse a conceder autonomías rexionaes, en canto estas foran concedidas xa

sería, para eles, unha “República Federal”. Mais eu digo que non era federable, aínda que

creéramos na sinceiridade dos gobernantes provisionaes daquela República, porque para

chegar a ser federal sería necesario escrebir unha nova Constitución.

Retornemos ao inicio das Cortes constituíntes, cando a República foi calificada de

federable. Para os valedores do novo réxime era compromiso de honor, ineludible, a

promulgación do Estatuto catalán, e para curárense de inculpacións —ben doadas de

prever—, acordaron incrustar na Carta do Estado certos preceptos de carácter xeral, pois en

concencia ían conceder un privilexio… Así, o dereito que se abría para Cataluña, abríase,

posiblemente, para Euscadi; pero non alcanzaría a Galiza, porque, según eles, alí non había

problema… Non era posible que vencera os trámites estatuídos (trámites inventados por

Catalufia, para demostrar o seu poderoso “feito de vontade”), e por outra banda, o Goberno

non consentiría que se lle creasen novos problemas á República… Ocurreu que os valados da

Constitución non eran inespuñables. Galiza venceunos e conquireu o mesmo dereito que lle

fora concedido a Cataluña, e tal acontecimento fixo caducar as intencións republicanas do

ano 31. Pero nin dando creto á nova tendencia dos inconsolables —xustificativa de

hipocresías anteriores— aceptaríamos o carácter federal da República que agora nos

oferecen.

Cando as Cortes constituintes se dispoñían a romper os moldes unitarios, abondou

que Sánchez Román invocase o dogma xurídico da Soberanía para que os grupos

gubernativos abrazaran, con auténtico alborozo, os principios filipescos. Certo é que se abría

unha brecha no uniformismo borbónico, pero apuntalábase a política dos Austrias e trunfaba

o categórico castelanismo. Os máis ardidos revolucionarios recuaron de medo, ante a

responsabilidade de instaurar, por primeira vez no mundo, un réxime federal… O caso foi

que as Cortes declaráronse unitarias. E agora pergunto eu: ¿pode ser federable unha

República que acaba de negarse a ser federal por non romper a “sagra unidade da patria”?

¿Ou resulta que a soberanía sóio é intanxible no período constituínte? Non; a verba federal

que agora anda na boca dos inconsolables, responde á mesma hipocresía con que se

pronunciou a verba federable en 1931.

No gran discurso de Azaña, a prol dos Estatutos autonomistas, deixou incrustada

unha pequena frase, marca do seu orgullo de castelán. Dixo que Castela non necesitaba

Estatuto, porque tiña que falar en nome de todos. ¡Grave declaración, abofé! Parece mentira

que unha frase tan pequeniña encerre tamaña grandeza de miras, e ben fixo en pronunciala se

o asentimento da Cámara foi unánime. Maxinémos o que Azaña quixo decir: “Nun réxime

francamente unitario é certo que desaparece Cataluña, Euscadi e Galiza, pero tamén pode

desaparecer Castela, por amalgama de tódolos grupos, e pode ocurrir, así mesmo, que nun

curruncho calquera de Hespaña xurda unha cultura estraordinaria e unha asoballante riqueza,

capaces de arrumbar a hexemonía castelán; pero co réxime de autonomías rexionaes,

Page 224: Castelao - Sempre en Galiza

concedidas a tódalas rexións menos a Castela, a Meseta conságrase como señora de Hespaña,

identifícase co Estado, e as rexións autónomas pasan a ser colonias do imperio castelán”.

¿Interpretamos a dereitas o pensamento íntimo de Azaña? Pois entón nós decimos que os

cataiáns non deberon entregar as armas cando Azaña rematou o seu discurso.

Os cataláns tiñan daquela unha gran influencia; pero estaban satisfeitos co seu

Estatuto, seguros de que unha República federal non aumentaría o número de atribucións nin

o grado de liberdade que o Goberno e as Cortes se dispoñían a concederlles. O que lle

importaba aos cataláns era o ovo e non o foro. Por eso Alcalá Zamora calificou,

impunemente, de federable a unha República condenada a ser unitaria e, por ende, inestable.

E Cataluña recibeu un ovo choco, estéril…

A meu xuízo os cataláns actuaron alegremente, aceptando un Estatuto a todas luces

precario. Non se trataba, non, de conquerir un dereito que xa fora tomado polo pobo catalán e

ademais acatado e consagrado polo Goberno provisional da República (Decreto de 21 de

abril do 1931). O que necesitaba Cataiuña era unha garantía dese dereito, un seguro contra

calisquera trasacordo da República hespañola e contra calquera ofensiva do seu Goberno. E

non hai dúbida de que somentes recibeu unha autonomía baixada de Madrid i escrita en papel

mollado, un documento provocador, tal vez, de novas inquedanzas. Ben sabido está que o

dereito sen garantías non sirve para nada; así, por exemplo, os meus dereitos de home están

garantizados polo xendarme da esquina e polo xuez de máis alá; pero eu pergunto: ¿quén

garantizaba o Estatuto catalán? ¿Creouse algunha institución independente para asegurar a

liberdade das rexións autónomas? Todos lembramos cómo Lerroux suspendeu o Estatuto

catalán, e volvería a ser suspendido no decorrer do tempo, e cicais con piores modos e máis

graves resultas. ¿Non é acaso certo que Cataluña recibeu o Estatuto por gracia do Estado?

Pois entón o Estado que llo dou pode quitarllo cando queira, en virtude da súa soberanía ou

do seu supremo intrés. Non se trataba, principalmente, de discutir o número de atribucións e

o grado das liberdades inscritas no Estatuto, cando por seren considerables provocaban

maores tentacións; o que conviña era reclamar garantías para o dereito que a Cataluña se lle

pensaba conceder e que en verdade xa se lle debía. Maxinemos que as Cortes recoñeceran, en

principio, a soberanía de Cataluña; neste caso os cataláns debían tomar a barato semellante

acordo, antramentras a libre disposición de Cataluña non se vise amparada por institucións de

dereito ou de forza. A boa fe dos cataláns contrastaba coa cautela dos seus fmxidos amigos, e

así vimos que os conflitos de competencia antre o Estado e Cataluña serían xuzgados por un

Tribunal composto de once estatistas contra un soio catalán (Tribunal de Garantías

Constitucionaes). Certo é que os diputados cataláns carecían de forza para impor naquelas

Cortes a vontade íntegra do seu pobo; pero nada fixeron para sumar votos á ideia federalista,

nin para que se estendese o seu dereito a Euscadi e Galiza, co que, de seguro, triplicaban o

valimento de Cataluña. E que ninguén avale a sinceiridade dos repúblicos, porque un deles,

sendo ministro, chegou a decirme en segredo: “Cataluña devolverá el Estatuto, pagando

multa”.

Non se pode chegar á “República Federal” polo camiño iniciado en 1931, e aínda que

prosperase o réxime de Estatutos sobor da ideia federalista, sóio se concibe que nos

ofereceran unha terceira República, co propósito firme de revisar a Constitución. Non

iñoramos que os Estatutos de Cataluña, Euscadi e Galiza erguerían en Hespaña unha nova

tendencia, capaz de pór en perigo a hexemonía de Castela; pero frente aos Estatutos alzaríase

o proprio Estado, e o perigo máis temible sería para nós. Agora ben; nós queremos convivir

con Castela dentro de Hespaña, en réxime de nobre democracia, afmcada na liberdade, e,

polo tanto, eisiximos que nunca se poidan limitar, intervir ou suspender as autonomías

Page 225: Castelao - Sempre en Galiza

concedidas. Que os repúblicos inventen as garantías indispensables de convivencia —que

nós aínda non vemos fóra do federalismo— i entón comezaríamos a entendernos.

¿Que diferencia eisiste antre unha Federación e un réxime de autonomías concedidas

por gracia do Estado? Xa se sabe que a diferencia non está na cantidade de atribucións

particulares; reside, eso si, na calidade orixinaria desas atribucións e nas defensas de que

están rodeadas. Todos sabemos que o Poder Superior dunha Federación —dende os EE.UU.

á URSS, pasando por Suíza— está compartido por dous órgaos lexislativos, ou sexa, que á

beira da Cámara dos cibdadáns eisiste a Cámara dos pobos federados, todos eles con igoal

peso. Cómpre engadir que ambas Cámaras teñen o dereito de iniciativa para lexislaren; pero a

Lei saída dunha delas non pode promulgarse até que sexa aprobada pola outra. Velaí a

garantía que necesitan os pobos autónomos. Agora ben; nós permitiríamos que os repúblicos

discurriran canto quixeran a prol da Soberanía, porque non creemos en pantasmas…

Permitiríamoslles que adoraran a soberanía de Hespaña, somentes encarnada na

nacionalidade castelán. Pero, eso si, demandariamos un Senado con esclusiva representación

dos pobos autónomos. Non nos importaría que Castela renunciase a ter un Estatuto, con tal de

que renunciase tamén ao poder dese Senado; pero, no suposto de establecer semellante

garantía, axiña veriamos a Castela organizarse en réxime de autonomía e provocando a

mesma situación nas varias rexións que asimilou —rexións satélites e sen vida propria—.

Neste caso caeríamos na proiectada República do 73, cando a “Nación” se dividía en

dezasete Estados, con igoal número de representantes no Senado “sea cualquiera su

importancia (a dos Estados) y el número de sus habitantes”. I este falaz sentido de igoaldade

é, xustamente, o que nos arreda do hestórico federalismo hespañol, importado de América,

porque non se trata de creer nunha Hespaña única para asegurar a hexemonía de Castela,

senón de crear o Estado único, o Estado que á variedade de Hespaña lle corresponde.

Nin a República do 31 era federable nin se pode chamar federal a unha República que

deixe en desamparo as autonomías particulares; pero tampouco aceptaríamos que á par de

Cataluña, Euscadi e Galiza poidera erguerse unha Castela multiplicada, repetida nas varias

rexións de fala castelán, porque esta iñorna falsearía groseiramente as garantías federaes.

Nós sóio aceptamos o federalismo auténtico, axeitado ás auténticas realidades do país en que

se instaure. E tratándose de Hespaña non se concibe máis que a federación de Castela,

Cataluña, Euscadi e Galiza. Outra cousa siñificaría un retorno ao desbaraxuste ou á ditadura.

Conste que o noso federalismo xurde dos sentimentos democráticos e liberaes que

animan o noso credo.

Page 226: Castelao - Sempre en Galiza

XV

Refugamos, en principio, calquera sistema violento de goberno, e xa se ve que por

fidelidade á democracia estamos hoxe desterrados de Hespaña; pero non temos saudades

dunha República que, a barullo, regalaba liberdades aos homes intolerantes e frente aos

pobos mantíñase usurpadora e absorben te; é decir, unitaria e centralista. Non abonda que a

ditadura nos separase de Hespaña para que choremos pola cibdadanía perdida, pois a

restauración das liberdades cibdadáns, asentadas no réxime unitario e centralista,

devolveríanos ao perigo de novos desbaraxustes seguidos de ditadura e, polo tanto, de novos

desterros. Diremos lealmente que a nosa condición de “separados” está próisima a trocarse

en enerxía “separatista”, porque nin os demócratas hespañoes queren comprendernos.

Todos asistimos ao rexurdimento de moitas nacionalidades europeas, aguilloadas por

novas doutrinas políticas, e semellante feito non foi desprezado polos demócratas de ningún

país multiforme. Somentes os hespañoes e os franceses seguiron a teima uniformista do

século XIX, apuntalando a finxida e aparente unidade nacional en que creían os seus avós.

Polo que toca ao liberalismo hespañol diremos que sóio estima as teorías que caen en desuso;

así, aceptou o provincialismo nos tempos rexionalistas e o rexionalismo cando xurdeu unha

nova concepción das nacionalidades. Calquera vivo afán descentralizador, é severamente

condenado por “separatista”, pois neste cariz da política somentes se aceptan os afáns que

morren. Sírvanos como exemplo de retraso, á deriva, a Constitución autonomista do 31. Non

hai dúbida de que nos imos achegando á forma máis avanzada de secesión por culpa dos

demócratas e liberaes de Hespaña; pero eu dígolles que no fondo das varias demandas que

presentamos latexou sempre un mesmo anceio. Non é certo que o provincialismo fose menos

eisixente que o rexionalismo, nin que este sexa menos perigoso que o nacionalismo. Antolín

Faraldo —que era provincialista— propuxo a independencia de Galiza na sonada asamblea

liberal de Lugo en 1843, atrevimento que non tivo ningún rexionalista. Estamos

indubidablemente na derradeira e insuperable fórmula de concordia, e sería gran loucura que

os republicanos non a estimasen, porque xa non nos quedaría máis recurso que o da

separación.

Recoñecemos a eisistencia real de Hespaña (unha realidade que comprende a

Portugal, porque abrangue a Península enteira) i entendemos que esta unidade debe

plasmarse politicamente en forma de Estado plurinacional, o máis forte posible, a fin de que

logremos o asentamento permanente e defmitivo da paz e da convivencia. Queremos que

Hespaña sexa forte para crear un outo intrés común, harmonizando nunha coordinación

superior as varias nacionalidades que a compoñen e defendendo a soberanía de cada unha

delas; é decir, a integridade funcional dos órgaos que lle han de dar vida. Comprenderedes

que estamos falando dunha República federal basada no concepto novísimo das

nacionalidades e á outra banda do federalismo americano que tanto ademiraban os repúblicos

do 73.

No derradeiro perigo de secesión que correu NorteAmérica, os sudistas decían que a

Unión estaba integrada por Estados soberáns e que, polo tanto, podían separarse cando

quixeran, porque a Constitución non o impedía; en troques, os nordistas declaraban que a

Unión era a nai dos Estados Unidos e “que todos xuntos formaban unha soia Nación”. A

banda do Norte estaba no certo, porque o pacto dos Estados fixérase para plasmar

politicamente o que xa era unha realidade nacional ou estaba en vías de selo. Por eso Lincoln,

Page 227: Castelao - Sempre en Galiza

ao posesionarse da Presidencia en marzo do 1861, declarou que a Unión era indivisible. En

contraste coa República Norteamericán —federación nacional de varios Estados libres—

invocaremos a Unión de Repúblicas Soviéticas —organización estatal de varias

nacionalidades independentes— para ver cómo en ambas se consideraba intanxible o “ser”

nacional. Nefeito; a Constitución dos Sóviets di no seu artigo 17: “Cada República federada

(alí as Repúblicas son as Nacións) conserva o dereito de separarse libremente da URSS”.

Pois ben; o que á Hespaña lle falta en estensión territorial i en virxinidade etnográfica,

sóbralle en fondura hestórica, en variedade de sedimentos insobornables, en cristalización

poliédrica do carácter; e, polo mesmo, non nos atopamos no caso das Américas. Se o

territorio hispano estivese coberto por un soio pobo non teríamos máis problema que o da

unión dos dous Estados en que está dividido, e, neste caso, serviríanos a concepción

norteamericana; pero, á parte do problema unionista que se plantea de seu ao vermos dividida

a Península, eisiste o problema secesionista, planteado dentro do Estado hespañol polas

nacionalidades asoballadas. Este problema —de Nacións e non de Estados— aseméllase ao

da Rusia zarista i eisixe unha estrutura política basada na libre federación das nacionalidades.

Claro está que non somos partidarios do divorcio, porque quixeramos que o amor fose

inquebrantable en toda unión; pero consideramos necesaria unha “lei de divorcio” para

remediar, en parte, a posible desavenencia dos que se axuntan e dispois resulta que non se

aman. Da mesma maneira nós non somos separatistas; pero, en principio, queremos que as

nacións teñan dereito a separarse do Estado a que perteñecen cando non sexan felices dentro

del, pois endexamais poden renunciar á súa soberanía. En resume: declarámonos partidarios

de toda unión pactada, sempre que se garantice a soberanía das nacionalidades.

No caso de Hespaña non se trata de axuntar os anacos dunha nación rompida cando

propugnamos por unha unión con Portugal, nin se trata de desmenbrar a nación hespañola

cando arelamos un réxime federal, posto que tal nación non eisiste. Do que se trata é de abolir

os propósitos absorbentes de Castela e de declaralos fracasados, recoñecendo a eisistencia de

varias Hespañas e dándolles a oportunidade de que se axunten para comprir coa súa unión o

destino que á Península lle corresponde.

Tense dito moitas veces, sen escándalo, que todo bo hespañol é fatalmente

rexionalista; pero a infusibilidade dos caracteres hespañoes é absoluta nalgunhas rexións e

relativa noutras. Todo depende dos grados que teña o carácter diferencial en relación con

Castela. Se unha rexión (nós decimos “rexión” como derivado de “rexir”) conservou, dispois

de catro séculos, os atributos do seu antigo carácter e todos eles, xuntos, compoñen unha

categoría natural tan respeitable como a de Castela, entón é necesario que se cancele a

violencia asimilista inutilmente exercida sobor desa rexión. Imos, pois, a discurrir como

galegos e como hespañoes; pero non como casteláns.

Galiza é unha auténtica nacionalidade. Ten un idioma proprio, fillo do latín, irmán do

castelán e pai do portugués, cultivado literariamente cando a língoa de Castela andaba a

gatas; ten un territorio delimitado naturalmente, de formas doces i entrañas duras, que foi

unha illa de pedra cando Hespaña xacía no fondo dos mares formativos; ten problemas

peculiares de tan rara orixinalidade que sempre ficaron ao marxe das leis liberaes de Hespaña

e das arrepiantes preocupacións do mundo capitalista; ten unha cultura autóctona,

manifestada en arte e sabiduría popular, tan insulares como foi a nosa Terra nos tempos

xeolóxicos; ten predisposicións psicolóxicas que nos fixeron inasimilables á cultura e dereito

de Castela, coma os bretóns na Franza e os escoceses na Inglaterra; ten, se quixeramos —que

non queremos—, características diferenciaes de raza, pois somos predominantemente celtas.

Galiza, pois, é unha nacionalidade hispana, tan respeitable como Castela, e tódolos seus

Page 228: Castelao - Sempre en Galiza

atributos son igoalmente diños de respeito.

Non sendo posible negar a perduración dos atributos nacionaes de Galiza —xa

ensaminados, un a un, no libro I— é doado estimar a súa soberanía natural, i esta xerarquía,

anterior e superior ás formas políticas, non pode satisfacerse con atribucións precarias e

restrinxidas, concedidas por gracia do Estado unitario, é decir, pola ineisistente Nación

hespañola, representada nas Cortes de Madrid; porque Castela e as súas rexións satélites son

maoría no conxunto hespañol, e co seu peso manteñen o carácter subordinado dos demais

“seres” nacionaes, producindo unha antinomia antre a democracia e o íiberalismo (o

problema das nacións é liberal). Non; a gracia do Estado sóio enche as necesidades dunha

simple rexión, particularizada nalgúns atributos da nacionalidade a que perteñece. Así pois, o

sistema de Estatutos autonómicos é inadecoado e até ofensivo para os cataláns, galegos e

vascos. Galiza, como Cataluña i Euscadi, é unha nación, e, por consiguente, ten dereito a

federarse con outros pobos igoaes a ela; e non recoñecerlle o dereito de autodeterminación

—inclusive para vivir con absoluta independencia— será sempre un acto tiránico e

antiliberal. Agora ben; nós queremos ceder da nosa natural soberanía todo canto cedan as

demais nacionalidades hespañolas, a fin de constituírmos un Estado rexido pola máis pura

democracia (democracia fundada na liberdade), onde sexa imposible o privilexio e a

servidume. Somos, pois, federalistas e arelamos para Hespaña unha estruturación axeitada ás

súas realidades sensibles e non a teorías estériles e contraproducentes, importadas de países

eisóticos.

Do mesmo modo que non ademitiríamos de grado a restauración de institucións

anacrónicas —poño por caso, a Inquisición— tampouco apreciaríamos a personalidade,

simplementes hestórica, dalgúns antigos reinos de Hespaña, aos efeitos de pactaren

connosco, porque non tódolos pobos con propria hestoria alcanzan arestora a categoría de

nacionalidades, e, polo tanto, eses pobos non teñen dereito a federarse. Non negamos a

xurdia personalidade dalgúns antigos reinos, poñamos por caso Aragón; pero é que, por

incorporárense ao pensamento unificador, deixáronse asimilar por Castela e hoxe teñen

menos atributos que Andalucía. Abondará con saber que en Hespaña sóio se falan catro

idiomas, vehículos doutras tantas culturas, para que a Federación non escedese de catro

membros: Castela, Cataluña, Euscadi e Galiza.

Eliminado, por escesivo, o criterio rexionalista dos vellos federaes, esto non quer

decir que nós deixáramos de defender a descentralización político-adeministrativa no grado e

medida que as rexións necesitasen de liberdade para rexir a súa vida privada e solucionaren

os seus peculiares asuntos. E defenderíamos o sistema autonomista, incluso a concesión de

Estatutos, sen eisixir das rexións ningún plebiscito, ningunha proba da súa vontade de ser,

pois abonda que sexan diferentes para que se lle dea asistencia legal. Pero, eso si, a ningunha

simple rexión lle concederíamos o dereito a exercer o poder do Estado dun modo

independente, pois somentes a soberanía natural dun pobo ten dereito a esteriorizarse en

soberanía política. E velando pola integridade das nacionalidades non se lle pode outorgar ás

súas rexións tamaña xerarquía.

Dispois do devandito sóio nos resta engadir que se os demócratas hespañoes nos

considerasen separatistas non teríamos máis remedio que selo realmente; pero no entanto

debemos defender a lexitimidade das nosas ideias, amostrándolle aos galegos apoucados a

estrela das nosas espranzas.

Page 229: Castelao - Sempre en Galiza

XVI

Neste terceiro libro andamos a facer unha política ideolóxica, basada en fondas

realidades e ao marxe das ficións xurídicas que nos impuxo a segunda República.

Discurrimos coma se viviramos nas vísporas dun novo período constituínte, tan alonxado do

leguleísmo republicano de onte coma do constitucionalismo monárquico de antonte.

Non queremos lembrar agora os acordos da Asambleia Nacionalista Galega de Lugo

(17 e 18 de novembre do 1918), depurados en sucesivas Asambleias, até a creación do

Partido Galeguista, en Nadal do 1931. O galeguismo empezou coas “Irmandades da Fala”,

demandando a soberanía da nación galega dentro dun bloque estatal de tódolos pobos

ibéricos, e rematou sometido ás ficións xurídicas da derradeira Constitución, en espera dun

simple Estatuto autonómico. E non imos á nosa ideoloxía porque esta foi patrimonio dunha

élite política discutida polos partidos hestóricos e polos grupos que tomaron ao seu cárrego a

gobernación da República; pero iremos buscar amparo nas espontáneas manifestacións do

republicanismo galego, cando aínda era capaz de decir o que sentía. Así se verá que a ideia

federalista era a sustancia do republicanismo galego nas vísporas do trunfo.

Arrancaremos do ano 1907, no apoxeo do agrarismo galego e baixo a acción dun

movimento antidinástico, de carlistas e republicanos, con Salmerón e Vazquez de Mella,

iniciado en Cataluña. Vexamos o que decía o Catecismo Solidario, imbuído polas formas

ruralistas do famoso Catecismo Labrego de Lamas Carvaxal: “¿Que vén a se-la

Solidaridade? Pois eso: a xuntanza, a unión. Así como nas parroquias xúntanse tódolos

veciños pra lle face-la labor á probe viúda cangada de familia ou pra mata-lo lume que arde

nun pinar ou nun mato, así deben de se xuntaren todos para o ben de todos. E así como non

preguntades, nin vos importa, se o que morreu era conservador, carlista ou liberal, se compría

ou non co preceuto, e a axuda a facedes por caridade e porque foi voso veciño; así pra face-la

solidaridade non debedes de perguntar cómo pensan os que se asocian. Esta asociación non é

pra proveito de un, senón pra proveito de todos; quer decire, pra facer nós o que o Goberno

non fai e pra que sendo nós quen pagamos os trabucos, seamos tamén nós quen gastemos ese

diñeiro en proveito da parroquia; pois agora ben sabedes que pagar pagamos, pero do noso

diñeiro quen dispón, se non é o cacique, non sabemos quen é, que nosoutros non somos”.

Velaí xa unha ideia descentralizadora, dirixida ao intrés egoísta dos labregos i espresada no

seu idioma; pero ao final do Catecismo Solidario aparecen unhas verbas que marcan un

rumbo confluente coa doutrina de Brañas: “As nogueiras e castiñeiros que dan hoxe noces e

castañas non as prantáchedes vosoutros. Foron vosos avós. Eles o fixeron acordándose de

vosoutros e para vosoutros. Tendes a obriga de face-lo mesmo. E se ademais de árbores que

dean froito deixades en herdo aos vosos unha terra libre e rica, dentro do Estado español,

faredes unha santa e redentora obra”. Aquel movimento fugaz deixou na masa labrega moito

máis do que se pensa.

Vexamos agora o que se decía no manifesto da “Organización Republicana Galega

Autónoma” (ORGA), redactado por un antigo solidario, que tantas ilusións despertou na

nosa Terra e nas colectividades galegas de América. Aquela organización —a máis punxente

de Galiza— creouse en 1930 como “unha forza republicana galega que, colaborando con

tódolos correlixionarios de Hespaña, conserve a súa personalidade e a súa autonomía nunha

organización que non dependa disciplinariamente dos partidos hestóricos”. Transportemos as

afirmacións de máis vulto: “A eclosión dunha Galiza grande, puxante na súa destacada

Page 230: Castelao - Sempre en Galiza

personalidade, debe ser obra de homes liberaes. E para comprir semellante misión nasceu a

ORGA”; “quixeramos facer da nosa Galiza un emporio de riqueza e de cultura. Precisamente

así, percurando cada rexión superarse i engrandecerse polo seu proprio esforzo, é como

poderemos chegar a crear unha Hespaña poderosa, e irmandados con Portugal, poder

conseguir que Iberia erga a súa nobre figura nos futuros Estados Unidos de Europa. Non

desexamos separar o unido, senón que, polo contrario, aspiramos a trabar vencellos de

fraternidade cada vegada máis apertados antre as diversas nacionalidades”. “A nosa

organización, por ser galega —galega nos seus elementos e galega no seu esprito— ten unha

grande misión que comprir, i é axudar a forxar a concencia colectiva de Galiza”. “Cego será

o que non vexa cómo o sentimento racial, que tantas veces fixo latexar xuntos aos corazóns

galegos, se está transformando nunha concencia colectiva. A personalidade de Galiza

—idioma, usos caracteres, problemas— defínese, cada vez máis vigorosamente. Pasaron os

tempos en que afirmala era un xesto e afincala unha campaña. Hoxe cada galego sinte tan

fondo o clamor da raza e de tal maneira se solidariza coas custións da súa terra, que xa non se

contenta con sentila e amala, senón que se apresta a defendela. Galiza ten hoxe, a máis dunha

personalidade, unha concencia dela e da súa misión no mundo”, “porque arelamos que os

elementos violentamente unidos se comprendan e xunten ao cabo en coordinación santa e

libre, é polo que somos federaes a rajatabla e republicanos a machamartillo”. “Para nós foi i

é razón de eisistencia a instauración en Hespaña da República Federal. Non queremos máis;

pero tampouco ademitimos menos”.

Non temos a man as conclusións do pacto liberal firmado en Barrantes,

absolutamente autonomista e case que republicano (alí houbo de todo); pero dispois de

lembrar o manifesto da “Orga” imos transcrebir de camiño algún treito do sonado pacto de

Lestrove (16 de marzo do 1930): “A Federación Republicana Galega está feita. Forxámola en

nome de tódalas organizacións republicanas de Galiza e acordamos este documento. Agora

chegou o intre de que Galiza demostre querer ser libre e puxante”. O manifesto —obra de

moitos pareceres— está inzado de vaguedades; pero no tocante á estruturación do novo

Estado non oferece dúbidas: “É urxente o entronizamento da Liberdade na nosa vida

política… E a República terá de ser federal, porque tal é o sentir dos republicanos

hespañoes, conscentes de que o federalismo achega o Goberno ao pobo, axéitase ás

peculiaridades rexionaes, tan varias pola hestoria e o carácter do pobo hespañol, e garantiza a

liberdade”. A Federación Republicana Galega foi a que, en maio do 1931 convocou a magna

Asambleia da Cruña para redactar as bases do Estatuto, e velaí o seu primeiro artigo: Galiza é

un estado atónomo dentro da República Federal Hespañola.

Coas declaracións citadas xa non se pode negar que o republicanismo galego era

federalista e incompatible co herdo unitario da monarquía. Nós, polo tanto, podemos

afincarnos naqueles anceios xeraes e axeitalos ao ideal galeguista, porque coñecemos a fondo

as cousas da nosa Terra e ninguén coma nós fixo tantas calicatas no esprito das nosas xentes.

A calquera galego lle será familiar o ideal que defendemos e somentes algún republicano

hespañol será capaz de mostrarse estrañado ou sorprendido ante a nosa doutrina.

Vexamos se é lícito falar de federalismo cos hespañoes republicanos e se os galegos,

unha vez tomado en consideración o ideal federalista, temos ou non dereito a poñer as ideias

en claro. Collamos un treito do discurso que pronunciou Martínez Barrio no “Centro

Español” de México, o día 30 de maio derradeiro: “Creo que ha fracasado el ensayo de la

República federable. Es decir, creo que en España fracasó el régimen de Estatutos. El

restablecimiento de la Constitución del 31, momentáneamente, pondrá en pie todas las

instituciones del Estado que permite y crea esa Constitución. Los Estatutos también. Pero si

Page 231: Castelao - Sempre en Galiza

más adelante se abordara el problema de la reforma constitucional, si prosperaran criterios

cual el que yo apadrino, el régimen de Estatutos, es decir, ia República federable,

desaparecerá. La experiencia me ha enseñado que hay que volver a las viejas fuentes

pimargalianas: a la República federal. Yo estoy divorciado en absoluto (tomen nota de ello

quienes dentro de la política nacional ocupan sitio distinto a aquel en que yo me hallo), yo

estoy definitivamente separado y alejado del centralismo. No creo en la posibilidad de que

nuestro país reorganice su vida económica y social con un régimen centralista (Enorme

ovación)”. Collamos agora un treito do discurso de Méndez Calzada, pronunciado no

“Centro Republicano Español” de Bos Aires, o día 15 de agosto derradeiro: “Un sentido

federalista. ¿Por que? En las Constituyentes de 1931 se dijo con error por Ortega Gasset y por

otros que no es menester federar lo que ya está unido. Gravísimo error porque si algún país

está hecho por la Naturaleza de tipo federal es España, donde es federal… (Grandes aplausos

que impiden oír al orador)”. Conste que reproducimos esas opinións non por seren luces

virxinaes que veñan a alumear o ideal federalista con novos argumentos, anque procedan de

quen proceden e foran espostas en concursos desconectados pola distancia —eso sóio

daríalle moito valor—. O que nós queremos revelar é a ovación que cerrou eses párrafos,

tanto en México como en Bos Aires; ovación que se repite sempre que un orador acomete,

ante unha asamblea de republicanos hespañoes, o tema federalista. Non importa que con eso

poñan en tea de xuízo a bondade das institucións republicanas defendidas heroicamente polo

pobo, porque sóio queren que se restauren para poder superalas. Para un hespañol a

Liberdade ten un sentido anterior e superior aos principios filosóficos da revolución francesa,

da mesma maneira que a República (res-publica, cousa do pobo) ten de garantizar a

Liberdade, ou non é cousa diña de respeito; e os hespañoes demócratas saben que a segunda

República fallou nos seus resortes esenciaes e básicos (por algo eses hespañoes están agora

desterrados) e pensan no que deixou de facerse, é decir, volven ao federalismo, arrepentidos

da súa fraqueza. ¿Son efectivamente partidarios dunha República federal? ¿Saben de certo o

que esto siñifica? O que sabemos nós é que agora é lícito falar de federalismo, anque

contraveña os preceptos da Constitución do 31, i eso é o que facemos.

Agora ben; a prol da doutrina federalista temos falado de abondo; pero aínda non

dixemos o que a instauración dese réxime siñificaría para Galiza, no suposto de que

chegasemos, por meio da autonomía, á restauración do noso xenio creador, e por meio da

Unión Ibérica, á irmandade con Portugal. A nosa ambición galeguista creémola compatible

co republicanismo hespañol; pero desconfiamos de que nos comprendan aqueles que,

chamándose federaes, siguen defendendo a soberanía de Castela como base moral do Estado,

e, polo tanto, de Hespaña.

Page 232: Castelao - Sempre en Galiza

XVII

Dixemos que o noso concepto da “nación” eisixe como complemento esencial a

soberanía do xenio autóctono, porque en camiño de perfeición aspiramos a erguelo á

categoría de valor universal; pois no xenio está potencialmente, e non nas convencións

políticas ou económicas, a enerxía vital de calquera rexurdimento da “nación”. Natural é que

o “nacionalismo galego” sexa intransixente para defender as proprias fontes de creación

—non por seren proprias senón por seren únicas, insustituíbles e intrasferibles—; pero cando

se trata de accidentes hestóricos, ben sexan políticos ou económicos, buscamos

afanosamente a solidaridade de tódolos hespañoes e de tódolos homes. Somos “separatistas”

cando defendemos os valores sustantivos da nosa nación e somos “unionistas” cando

consideramos a necesidade de coordinar os nosos valores relativos cos valores relativos do

resto de Hespaña e do mundo. Galiza non tivo endexamais a vontade de imperio e somentes

tivo a vontade inquebrantable de ser i eisistir, e velaí a diferencia que nos separa de Castela.

Comprendemos que o pobo soxuzgador, dispois de impor brutalmente a sóa forza, trate de

absorber, con astucias políticas, a enerxía moral dos pobos soxuzgados, pois ningunha

conquista será efectiva antramentras os pobos vencidos refuguen a língoa, a cultura, as

tendencias e o temperamento do pobo vencedor. Comprendemos, así mesmo, o intrés de

Castela en impornos o seu ser nacional para non deixar inconclusa unha obra que comezou

no século XV coa decapitación de Pardo de Cela; pero non comprendemos que os

aragoneses, andaluces, estremeños, asturianos e levantinos fagan causa común cos homes da

Meseta i en detrimento da concordia hespañola e, polo tanto, da paz que todos necesitamos.

Nós, cos vascos e cataláns, formamos unha forza de oposición a Castela porque non

queremos renegar da nosa verdadeira nacionalidade; pero buscamos a maneira de convivir co

resto dos hespañoes nun réxime de franca cooperación política i económica. Negámonos a

ser casteláns e quixéramos poder chamarnos hespañoes. ¿Por que non se nos axuda?

Concordamos con Murguía cando di que a vida de Galiza foi más interna que esterna,

que non se deixou conquistar nin domeñar, pero que tampouco foi nin conquistadora nin

domeñadora. O trazo peculiar do seu carácter é o da resistencia: por eso non tivo influxo

algún sobor dos demais pobos da Península. Agora formasen a súa poboación os rústicos

burgos do celta, agora os conventos xurídicos do romano lle trouxesen algo da requintada

cultura da metrópoli, xa nos días da reconquista, xa nos da súa grandeza, xa nos da súa

decadencia, este país foi sempre un. Non esperimentou alteracións notables na súa estrutura

social, sigueu sendo enxebremente agrícola e mariñeira, nunha verba, primitiva. Desprezou

os grandes centros, as grandes riquezas, as grandes escenas, contento coa súa medianía, coa

súa casa no meio do campo, coas súas ricas ou probes herdades, co ar natal grato ao corazón

do campesiño. Así foi doado perpetuar as proprias institucións, pero tamén os xugos que lle

impuxeron. Diseminada a poboación, sen vencellos que xunguisen intimamente aos seus

habitantes, como cómpre a un pobo que sinte as mesmas necesidades e aspiracións, tivo unha

vida modesta, calada, pero inqueda. O cadro que nos presenta Murguía sirve para

diferenciarnos do resto de Hespaña e para identificarnos con calquera dos pobos celtas,

inasimilables ao influxo de potencias espritoalmente máis fortes que Castela. Somos como

Bretaña en Franza ou Escocia en Inglaterra. Pensen, pois, os hespafioes castelanizados se é

doado insistir na política asimilista que exerce Castela sobor de nós a través dun Estado

unitario, e vexan cánto máis ótil sería contar coa satisfacción de Galiza dentro dunha

Page 233: Castelao - Sempre en Galiza

Hespaña multiforme.

A oposición a Castela salva os ataques que poidéramos dirixirlle a Hespaña, cuio

nome tivemos que humedecer cunha letra de máis para facelo respeitable aos nosos ollos,

pois do seu goberno sóio se nos ocurre decir que é máis odioso por hipócrita que por tiránico.

Sacámolle á verba España todo canto ten de prosapia castelán (abonda engadirlle unha H

para derivala de Hispania) e con ela abranguemos a Península enteira, facéndoa sinónima de

Iberia. Hespaña para nós ábrese ao futuro coa mesma siñificación que lle concedían tódolos

habitantes da Península antes do primero acto constitutivo do Estado que agora se chama

secamente “España”. Esa España inconclusa, unitaria e centralista, siñifica unha

consagración da hexemonía de Castela sobor das demais nacionalidades hispanas, e mal pode

abaiar o noso corazón de galegos; pero a Hespaña que deriva de Hispania identifícase cun

ideal amado por todos, inclusive polos portugueses. O noso separatismo, se eisiste, non é por

oposición a Hespaña senón a Castela, coa que, por outra banda, arelaríamos convivir en

réxime de igoaldade. Así pois, o separatismo galego —igoal que o vasco e o catalán— ten

unha doada curación, porque é relativo e transitorio. Creouno Castela co seu imperioso así

mesmo e mantendo esa entelequia nacional que se chama España. ¿Non é acaso certo que a

maor parte dos hespañoes renegan do Estado? Pois se a España que nos queren impor como

nación aínda non é máis que o Estado, permítasenos a nós renegar do que todos renegan.

Azorín escrebeu, fai bastantes anos, o siguente treito: “Hespaña é o país da

diversidade. Diversos o seu chan, a frora, a língoa, as costumes, os tipos. Nacións diversas,

ben defmidas, son Castela, Vasconia, Cataluña, Galiza, Andalucía, Valencia, Estremadura.

¿Para que reducir violentamente á unidade o que é diverso, vario e vivo? Sen esa violenta

unidade, matadora de todo xérmolo espontáneo, Hespaña non tería seguido o curso

desastroso da súa hestoria. Coa diversidade respeitada, fomentada, Hespaña, no presente,

sería grande e próspera. E coa diversidade camíñase máis axiña —contra do que semella a

primeira vista— cara o grande e benfeitor ideal dunha humanidade planetaria. ¿Chegará un

día en que Hespaña poida revestir a súa verdadeira forma étnica e xeográfica? Sóio sendo

grandes, prósperas, autónomas, as nacións contidas no chan de Hespaña, Será grande

Hespaña. De „nacións‟ se ten falado decote polos escritores clásicos, no século XVII, ao

mentaren o que hoxe chamamos „rexións‟. Non nos asustemos do nome. Non sexamos máis

coitados que os nosos denantecesores de fai tres ou catro séculos. O importante é desexar a

grandeza de toda Hespaña e pór dispois, sen carraxes nacionalistas, sen rencores raciaes, a

Humanidade por riba da Patria”. Véxase neste treito de Azorín o mesmo lingoaxe que nós

empregamos, lingoaxe que os responsables da política hespañola —monárquicos ou

republicanos— condenarían con saña de inquisidores, pois para eles o noso concepto da

“nación” é unha terrible herexía.

Non é o mesmo decir español que hispano, nin val o mesmo decir hispanismo que

españolismo; pero non hai dúbida de que tódolos pobos da Península se sinten hispanos e que

serían igoalmente hespañoes se os casteláns non se atribuíran a posesión omnímoda deste

nome. O mesmo hispanismo, que aparentaba representar o anceio de unión ibérica e que,

trasplantado a este continente, debía incluír ao Brasií no conxunto de pobos hispanos, resulta

que se fixo consustancial coa língoa e o esprito de Castela e xa se trocou en españolismo. A

hispanidade data do tempo das Españas e agora intenta trocarse en sentimento único e

centralizado en Castela. E se os republicanos non aceptan o módulo actuai da hispanidade

(infiltrado de doutrinas antidemocráticas) xusto é que consideren o noso modo de ser

hispanos i hespa ñoes. Para eso abondaría con que afonden un pouco nos sentimentos

portugueses para veren o mal que causou a centralización. Portugal loitou contra o pantasma

Page 234: Castelao - Sempre en Galiza

inquisitoriai e absorbente de Castela, pero sempre se considerou como nación hespañola. O

gran Almeida Garret, ardido nacionalista portugués, di que os portugueses sempre foron

hespañoes. Portugal e as demais nacións ibéricas, é decir, as Españas, “éramos —di el—, por

proprios i estraños, chamados „hespa ñoes‟. I engade: “hespañoes somos e de hespañoes nos

debe mos prezar cantos habitamos esta Península”. O hespañolis mo portugués márcase de

abondo con sóio contar as veces en que interviñeron os portugueses para evitar que os reis de

Castela usurparan o tiduo de españoles cando non eran reis da Península enteira, pois

calquera das outras nacións podía aplicarse a si mesma ese nome se non quixera usar do seu

proprio. No Portugal acabado de ¡iberarse do cetro filipesco, Fr. Francisco Brandao, cronista

do reino, pedíalle ao seu rei Xohan IV que recusase a Felipe IV o tiduo de Rey de España

porque xa se lle desunira Portugal “que he huma parte tam principal de Hespanha”, e o

capricho dos reis de Castela en nomeárense reis de Hespaña era unha ofensa que se lles facía

aos portugueses.

Ensaminemos, de pasada, o hispanismo de Camões, fillo do xenio de Galiza. O amor

que o gran poeta sentía pola súa nación ponse de vulto na carta que antes de morrer enviou a

un seu amigo, na hora en que Felipe II consumara a unión peninsular: “E así acabarei a vida e

verán todos que fun tan afeizoado á miña patria, que non somentes me contentei de morrer

nela, mais de morrer con ela”. Pois ben; Camões, que tanto amou a independencia de

Portugal, sentíase orgullosamente hespañol, vestíase ao modo hispano e presentaba aos

portugueses como “unha xente fortísima de Hespaña”. No Canto terceiro de Os Lusiadas fala

da nosa Península como non falou ningún castelán. Nese canto el percorre o vello continente

i esclama ao traspasar coa maxinación os Pirineus:

Eis aqui se descobre a nobre Hespanha Como cabeça ali de Europa toda,

E ve a Península engrandecida por un conxunto de nobres nacionalidades ao decir que

Com nações diferentes se engrandece Cercadas com as ondas do Oceano,

Todas de tal nobreza e tal valor

Que qualquer d'ellas cuida que he milhor.

¿E cales eran para Camões as nacións hispanas?

Tem o Tarragonés, que se fez claro Sujeitando Parthénope inquieta,

O Navarro, as Asturias, que reparo Já Forão contra a gente Mahometa;

Tem o Galego cauto, e o grande e raro Castelhano, a quemfez o seu planeta

Restituidor de Hespanha e senhor d’ella Betis, Lião, Granada com Castella.

E para Camões a súa patria non é máis que unha nación integrante de Hespaña:

Eis aqui quasi cume da cabeça

De Europa toda o Reino Lusitano,

Onde a terra se acaba e o mar começa E onde Phebo repousa no Oceano.

Non nos fartaríamos de citar testemoios do hespañolismo portugués; pero co dito

abonda para demostrar que Portugal endexamais se sinteu separado de Hespaña e que sóio se

independizou para salvarse do perigo absorbente de Castela. Os galegos estamos seguros de

que un centralismo portugués produciría os mesmos males que produxo a centralización

castelán, pois non é certo que Madrid sexa pior que Lisboa, nin que unha hexemonía

portuguesa —que sería en certo modo hexemonía galega— produxese a paz permanente de

Hespaña. Nós creemos, eso si, que as fondas diferencias, que eviraron a unidade peninsular e

que aínda nos ameazan con novas secesións, poden ser superadas. Ennobrecendo as catro

nacións hispanas, que aínda eisisten porque son inasimilables e insobornables, trocaríamos

os defectos que hoxe nos separan en virtudes que nos xuntasen. En fin; a unidade hespañola

Page 235: Castelao - Sempre en Galiza

será efectiva cando se respeite sinceiramente a variedade de caracteres.

Nós queremos ser hespañoes, pero a condicion de que este nome non nos obrigue a

ser casteláns.

Page 236: Castelao - Sempre en Galiza

XVIII

Cómpre buscar na variedade incontrovertible da Península unha harmonía dos

caracteres diferentes, espresión do ideal común, indivisible e proprio de tódolos pobos

hispanos. Busquemos, pois, o sentido moral e superior da unidade hispana, capaz de ser

politicamente tan poderoso como foi a ideia católica no período da Reconquista. Pero a paz e

saúde de Hespaña sóio virá coa integración de cada individo á súa propria terra e co respeito

á variedade dos caracteres nacionaes. Cómpre decir que os galegos non provocaremos loitas

destrutoras, das que estamos ben aborrecidos; mais, si, provocaremos a realización do

hispanismo patrimonial dos dous Estados da Península e das varias nacións que integran

Hespaña. Somos ardidos defensores da unión ou alianza ibérica, porque no fondo

insobornable da nosa alma bule o anceio de achegarnos a Portugal e de confundirnos con el;

pero primeiro arelamos dar remate feliz á nosa obra hespañola (a obra do pacto de

“Galeuzca”). Nalgún intre da decadencia de Hespaña eisisteu o perigo de levar até o Ebro a

fronteira francesa, entregándolle Galiza a Portugal e dividindo a Península en dous Estados

de igoal peso. Pois ben; nós, os galegos “nacionalistas”, imos facer unha declaración ben

meditada: “Loitaremos sempre en contra de calquera pensamento que amingoe as

posibilidades dunha Hespaña grande”. Nós queremos abolir a hexemonía de Castela porque o

noso nacionalismo é predominantemente cultural, e xa dixemos que a única solución que nos

prace é a do federalismo ibérico, porque así o noso esprito, agora oprimido, confundiríase co

portugués na misión conxunta de crear para o mundo atlántico unha nova civilización.

Vexamos, pois, até que punto nos sentimos unidos a Portugal, pois non todo ei nos

atrai amorosamente. Alguén dirá que a frontera miñota xa é un abismo insalvable, e nós

decimos que os homes non crean imposibles nin contraveñen definitivamente os desiños da

natureza. Poñamos un exemplo: Os romanos torceron o curso do Sil e fixérono pasar por un

túnel con obxeto de sacaren o ouro que había no leito do río. A nosa xente confiaba tanto na

inxeñería dos romanos que se aventurou a facer casas no canle antigo do Sil, coma se o río

poidera esquecerse do seu natural destino. O Sil, entretanto, sospiraba polo velio canle, e un

bo día, ao cabo de moitos séculos, afundeuse o túnel do Monte Furado e as augas do río

apoderáronse do que lles pertenecía, e hoxe volven a correr por onde corrían antes. Esta

leición —avisada no refrán que di: “ao cabo dos anos mil as augas van por do soían ir”—

ensínanos que o artificioso desvío de Portugal non é tan seguro como creen os casteláns e os

mesmos portugueses. Calquera día afúndese a inxeñería política e os portugueses e galegos

volvemos a falar e cantar no mesmo idioma; pero tamén se poden restaurar fronteiras que

foron demoídas…

A nosa Terra, na súa estensión de provincia romana e de reino suevo, conservou a súa

integridade até o final do século XI en que Alfonso VI tivo a ben dividila en dous Condados

irmáns. Así nasceu Portugal: nun anaco de terra galega, antre o Miño e o Douro, separado de

Castela polo inespuñable macizo de Traz-os-Montes. O Condado portucalense chegou a ser

reino separado pola decisión coraxuda dun Príncipe sen semellante… O solio de Alfonso

Enriques —fundador do reino portugués— non cabía en tan pequeno recinto e buscou a súa

espansión cara o Sul, tomando “terra de mouros” e desprazándose dos patrios lares; é decir,

de Galiza. Algúns portugueses din que Portugal marchouse á guerra e que Galiza ficou

tecendo saudades á beira do Miño, a sospirar, namorada do noivo ausente. ¡Bonita figura,

abofé! Pero quen sospira é Guimaraes, vendo a capital portuguesa en “terra de mouros”…

Page 237: Castelao - Sempre en Galiza

A reconquista que iniciaron os portugueses foi privativa deles, independente da que

sostiñan os casteláns. Ambas forzas podían atoparse e chocar antre si nas terras gañadas ao

nemigo, alén da Galiza, onde desaparecen as montañas divisorias; pero Castela desviábase de

Portugal, en direitura do Mediterráneo, de Italia ou de Flandes, e na soedade desértica das

Estremaduras foi posible estabelecer unha fronteira. A incomunicación dos dous reinos

dispois da conquista de Granada, consolidou a independencia de Portugal e forxou o

dualismo estatal que hoxe se acata como inevitable; pero a Portugal faltoulle Galiza e nunca

chegou a ser unha nación tan forte como Castela. E dende Lisboa non se ve nin se sinte a

necesidade de Galiza, porque tampouco está alí o berce de Portugal, do Portugal

inasimilable.

A “sede insensata de infinido” envorcou a enerxía enteira dos portugueses nas anchas

augas do Atlántico, e navegaron “por mares nunca de antes navegados”. As fazañas

mariñeiras de Portugal corresponden á grandeza lírica que caracteriza o etnos galaico.

Portugal, “non movido de premio vil”, realizou a ilusión cósmica de Galiza, creada no cabo

Fisterre, onde a alma viaxeira do mundo antigo se asomaba ao Misteiro. As fazañas foron

portuguesas; a ilusión que as guiou era galega. E o desprazamento da metrópoli, levada de

Guimaráes á cabeza das Estremaduras, siñifica unha suplantación da lírica pola épica e un

alonxamento das fontes orixinaes, que, ao final, habían de trocar en inútil traxedia o esforzo

dos navegantes. ¡Portugal é pequeno! Díxose que os portugueses foron navegantes e non

conquistadores como podía decirse que a influencia céltica era neles máis forte que a cristián;

pero Portugal non podía soster un Imperio faltándolle a forza, o traballo, a pacencia, a

serenidade, a masa humana de Galiza. A potencia era galega; a impotencia provén da

desintegración galaico-portuguesa. Maxinemos o que sería unha integración das dúas patrias

nunha soia nacionalidade i entón o Imperio portugués sería hoxe algo máis que unha

espresión retórica, sublimada por Camões.

Cando o autor de Os Lusiadas oferecía ao seu rei o mundo dilatado dos navegantes

… cujo alto Imperio

O Sol logo en nascendo vê primeiro,

Vê-o tambem no meio do Hemispherio,

E quando dece o deixa derradeiro.

E cando se dixo que “o sol non se poñía nos domiños da Hespaña”, xurdeu na nación

saída de Galiza unha certa semellanza con Castela, a pesares da antipatía hestórica que se

avulta en Aljubarrota, Toro, Montijo… O “perigo castelán” para os portugueses e o “perigo

portugués” para os casteláns enxendrou unha política de alianzas dinásticas, sempre

compatible coas estocadas e aldraxes que mutuamente se propinaban. As dinastías

portuguesas, enlazándose por meio das súas mulleres coas de Castela, fixeron posible o

reinado dos Felipes en Portugal (Felipe II sentouse no trono de Afonso Enriques como

sucesor do Maestre de Avis, aínda que detrás del axexasen as armas de Castela). Así, o

dualismo Político da Península —causa e orixe da hexemonía castelán en Hespaña— foi

decote unha anécdota matrimonial, inzada de adulterios, na que Castela era o varón e

Portugal a femia… Esta é a política de cooperación hispana que gaban os cronistas, servida

con patadas por debaixo da mesa… ¿E que se conta dos amores galaico-portugueses? Os

cronistas condenan a Doña Tereixa, namorada do noso Conde Fernán Peres de Traba, e a

Doña Leonor, namorada do outro noso Conde Fernandes de Andeiro; pero a nós antóxasenos

que semellantes amores son o símbolo da política integralista que debeu scguir Portugual. E

o fundador do “integralismo portugués”, Antonio Sardinha, luxou a lenda de Doña Inés de

Page 238: Castelao - Sempre en Galiza

Castro, a muller galega, “que dispois de ser morta foi Raíña”; mais é cordo afirmar que o

reinado póstumo de Doña Inés é o símbolo do noso reinado moral no alén-Miño —un reinado

tan sublime como foi o do poético Don Sebastián, porque se funda no xenio que nos

identifica e que algún día nos axuntará de novo—. Os amores galaico-portugueses sempre

foron tráxicos, verdadeiros, e non se borra o sangue que os afogou. Ese sangue trocouse en

fronteira de moito proveito para Castela e de moitos males para Portugal e Galiza.

Díxose que Deus non quer ver xuntos aos portugueses e casteláns e que San Francisco

de Asís, estando en Portugal, profetizou que endexamais se xuntarían as dúas nacións; mais é

o certo que os portugueses padeceron cincoenta e sete anos de cautiverio filipesco e que

probaron nese tempo —dígase o que se diga— as avantaxes dunha “unión pactada”. Nefeito;

Portugal conservouse independente de Castela no goberno, adeministración, economía,

dereito e costumes; tiña Cortes proprias para determinar a cuantía dos impostos e

contribucións; acuñaba moeda súa; conservaba nas súas mans as armas de mar e terra; o seu

emblema eran as quinas e non o león e o castelo; o portugués era o idioma oficial; en fin,

estaban gobernados como portugueses e non como casteláns, “coas súas mesmas leis, estilos

e lingoaxe”. A autonomía era tal que os naturaes dun reino reputábanse como estranxeiros no

outro, e as diñidades eclesiásticas, gobernos civíes, mandos do exército e da mariña e

funcionarios de todas clases, eran alí portugueses. Tense declarado repetidamente que aquel

período de alianza hispana coincideu coa época de prosperidade e de máisima espansión do

xenio portugués. Así, pois, non foi Portugal tan escravo de Castela baixo o cetro dos Felipes;

pero coñecendo a soberba e intransixencia dos casteláns, faltáballe aos portugueses a

seguridade en si mesmos, no peso e na forza da súa nación. Atrevémonos a decir que os

portugueses, arrimados ao séquito femenino dos reis hespañoes, usaban e abusaban da língoa

de Castela obedecendo a un complexo de inferioridade que se repiteu máis tarde co

afrancesamento das clases superiores. Non foi recíproco o influxo lingüístico, pois en Castela

non se usaba o portugués nin para lisonxear ás Princesiñas portuguesas, que máis estimaban a

língoa estranxeira que a propria. ¿Por que unha alianza luso-castelán pon en perigo a

integridade moral dos portugueses anque non eisista unha intención asimilista por parte de

Castela? Simplementes, porque Portugal sen Galiza resulta pequeno, reducido i endeble á

beira de Castela, e o premio dunha alianza non pode calmarlle o medo de ser absorbido.

Cómpre lembrar que os lisboetas (especie de andaluces que falan galego cos dentes

pechados) fartáronse de aldraxarnos durante o seu cautiverio, nada máis que por facérense

gratos aos casteláns, iñorando que se aldraxaban a si mesmos (a orixe deses aldraxes está na

pauliña dos Reis Católicos, pola defensa que fixemos da Beltraneja). Diremos máis: os

lisboetas bulrábanse igoalmente dos portugueses do Norte, porque estes eran galegos. Nos

séculos XVI e XVII os portugueses empregaban o castelán co evidente favor con que os

casteláns do século XII e XIII empregaron o galego-portugués, e se no período dos Austrias

non eisistira o divorcio moral e cultural antre portugueses o galegos, é cordo pensar que as

influencias serían recíprocas e que a unión ibérica sería garantía de benestar e grandeza

mutuas. Agora ben; a nosa actual separación será cicais unha continxencia política inevitable

no prazo mortal dos homes que agora vivimos; pero a compenetración galaico-portuguesa é

unha fatalidade inescusable, que debe fomentarse, a non ser que os portugueses se resiñen a

vivir en constante simulacro de soberanía, mediatizados por potencias estrañas á Península.

Probadas para Portugal as avantaxes dunha alianza ou unión hispana, sería ben doado

esvaer os temores da súa absorción por Castela o día en que Hespaña abrazase o réxime

federal, cando Galiza fose autónoma e se abrise, de par en par, a frontera miñota aos efeitos

da língoa, da cultura, da arte, do esprito… En fin; cando creásemos un período equivalente ao

Page 239: Castelao - Sempre en Galiza

dos Cancioeiros.

Page 240: Castelao - Sempre en Galiza

XIX

Seríanos doado albiscar a prosperidade que Portugal alcanzou no período de alianza

hispana (período que inaugurou Felipe II como pudo ser inaugurado por un monarca

portugués que se sentase no solio de Castela); e tamén nos sería doado lembrar a endebleza

sentimental e intelectual dos varóns portugueses á beira dos casteláns e o perigo que, por

ende, correu a personalidade hestórica da súa nación ao poñerse a carón da potencia

absorbente de Castela. Naquela época non era posible un equilibro práctico das dúas forzas

aliadas, porque Portugal, desterrado e centralizado no estremo oposto a Galiza, xa non

contaba coa enerxía étnica orixinal que modelara o seu esprito e que lle dera unha vida

independente; e ao sentirse superado por Castela era natural que caese nun mimetismo

degradante, anexo a toda situación de desmedro. Os portugueses, que a decir de Camões xa

estaban metidos “no gosto da cubiza”, aproveitáronse das avantaxes da unión con Castela,

case que dispostos a entraren na iñorancia de si mesmos, como entraron os estremeños da

Hespaña; pero tiñan concencia da súa capitidisminución, e o complexo que os levaba a

preferir os modos e maneiras casteláns, mantíñaos, así mesmo, en alarma e desconfianza

constantes. O mimetismo emparellábase coa suspicacia, inventando pretestos para que non se

consolidase a unión convida. Claro está que se xuzgamos aquela época cun criterio

positivista non é doado ademitir as queixas que posteriormente eisalaron os portugueses;

pero aínda que a fórmula xurada por Felipe II nas Cortes de Tomar fose tan equitativa como

foi a do Tanto Monta de Aragón e Castela, faltáballe a Portugal a seguridade e garantía que,

en fin de contas, sóio repousa na propria forza. Pero a forza dunha nacionalidade reside na

enteireza dos seus atributos moraes, e Portugal cometeu un erro ao refuxiarse detrás dunha

muralla política que o separaba igoalmente de Galiza. O separatismo político salvouno do

“perigo castelán”, pero tamén é certo que a separación de Galiza condenouno a ser unha

nacionalidade pequena e impotente. Di Teixeira de Pascoaes que “as nacións pequenas sóio

poden opor ás tendencias absorbentes das grandes nacións, como defensa da súa

independencia, o carácter, a orixinalidade do seu esprito activo e creador, a autonomía

moral”. Esta é unha grande verdade, que sóio se vería comprida nun renascimento

galaico-portugués garantizado por unha coordinación estatal de tódalas nacionalidades

hispanas.

Cando cavilamos encol da decadencia portuguesa que sigueu ao período épico, ou no

afrancesamento debilitante que sucedeu á súa restauración política, creemos que a causa está

no alonxamento de Galiza. Aos portugueses, desterrados en Lisboa, faltoulles a potencia

biolóxica que mana do chan nativo e a asistencia bucólica que enxendrou o idealismo

sentimental común a portugueses e galegos. Agora ben; quedáballes a alma lusitana —unha

especie de alma en pena, con estigmas xudaicos, de pobo en eisilio—, e con esta simple

enerxía Portugal foi capaz de crear un anceio mesiánico, que se sublimou no mito de Don

Sebastián, o Encoberto, que había de voltar algún día para devolverlle á súa Patria o reino

perdido. O sebastianismo foi o motor patriótico dos portugueses, o que os salvou do

caudverio en 1640, na hora en que Felipe IV, obedecendo á política centralista do

CondeDuque de Olivares, quixo trocar o reino portugués en provincia hespañola. A verdade

é que o dualismo restaurado en 1640, tanto como á vontade portuguesa obedeceu a unha ideia

europea de oposición a Hespaña, provocada pola torpeza de Olivares e aproveitada pola

listeza de Richelieu; i en definitiva todos sabemos que a independencia de Portugal repousa,

Page 241: Castelao - Sempre en Galiza

principalmente, no intrés de Inglaterra, quen —según frase de Oliveira Martins— botou

sobor dos portugueses o manto defensor do seu protectorado… Xohan IV non encheu, non, a

misión do Encoberto, e o anceio mesiánico dos portugueses morreu desesperado de tanto

esperar. Foi inútil o consello de Camões:

Fazei, senhor, que nunca os admirados

Alemães, Gallos, Italos e Ingleses

Possão dizer que sao pera mandados,

Mais que pera mandar, os Portugueses.

Porque Portugal non é hoxe moito máis dono de si do que foi durante o cautiverio

filipino, e a nación sigue na “apagada e vil tristeza” con que un día se eclipsou en

Alcazarquivir. Cando a quimeira imperialista de Os Lusiadas desaparece na persoa do Rei

Don Sebastián, é Felipe II quen, á par da soberba de Castela, representou ao altivo e

intransixente Portugal, realizando así, mal ou ben, a custodia do “intrés peninsular”. En

troques, o dualismo restaurado en 1640 ensumeu a Portugal nunha situación de dependencia

denigrante, a mercé de potencias eisóticas, sen esvaer definitivamente o “perigo castelán”.

Este “perigo” é a única razón que aconsella o separatismo portugués; mais é certo que

semellante separatismo —que tamén foi repudio para Galiza— sóio podía conducir á

insiñificancia en que agora se debaten os afáns de Portugal e de Hespaña.

Un día perguntaba Cambó —o político máis lóxico e, por ende, o máis fracasado—

cál tería de ser hoxe a sorte de Portugal se no século XVII non se arredara de Hespaña; e

como exemplo de total evidencia sinalaba o caso de Catalu ña. “Haberá —decía Cambó—

quen poida creer que un soio portugués estea nunca disposto a resiñarse a tal situación por

grandes i evidentes que fosen as avantaxes de orde material que se Ile poideran oferecer?”

Mais nós intuímos que Portugal alcanzaría dentro de Hespaña un progreso superior ao de

Cataluña, e que a forteza e benestar dos portugueses enxendraría un problema nacionalista

moito máis agudo que o dos cataláns e dos vascos, porque o seu fondo étnico é totalmente

diferente ao de Castela e porque, ademais, contaría co ánimo insobornable de Galiza, erguido

en decisión política. A nacionalidade soxuzgadora veríase, ao fin, obrigada a capitular,

sitiada por un anelo apretado de forzas contrarias; e co esmorecimento da hexemonía central

evitaríase o perigo de absorción que tanto temen os portugueses. Sabemos que o Portugal

saído da nación galega soupo loitar e vencer a Castela (enténdase “hexemonía castelán”), e

sendo verdade que o dualismo restaurado en 1640 causou a insiñificancia de ambos Estados e

que somentes no ideal ibérico reside a posibilidade de recobrar a categoría perdida, xusto é

que nós non aplaudamos o separatismo portugués. E non o aplaudimos porque o arredamento

de Portugal sóio favoreceu o feito hexemónico de Castela e, por ende, a implantación dunha

Hespaña única e uniformada, caída na insiñificancia; pero deixando vivo e latexante o

“perigo castelán”, que xurdirá en canto Inglaterra se durma ou desmaie. “A nemigo que fuxe,

ponte de prata”, pudo decir Castela ao ver que Portugal fuxía sen disputarlle a Galiza. ¿Non

era acaso Galiza o lar da nacionalidade portuguesa, o anaco máis prezado da súa autonomía

moral? ;Podía marcharse sen levala consigo? A Portugal, dentro dunha Hespaña grande

—chamémolle Iberia para maxinar mellor a súa grandeza—, sobraríanlle forzas para

proscribir a política absorbente de Castela e, no pior dos casos, sempre contaría cunha base

lexítima para reivindicar as avantaxes do pacto xurado por Felipe II ou da fórmula liberal que

sempre se lle acredita ás verdadeiras nacionalidades.

Todos sabemos que Hespaña recobraría, ipso facto, a categoría de gran potencia, con

libre opción para calquera concerto internacional, o día que recobrase o señorío político da

Page 242: Castelao - Sempre en Galiza

Península; e, polo tanto, eisiste para os portugueses un latente perigo de invasión hespañola,

que sóio poden conxurar renunciando para sempre á efectividade da súa independencia.

¿Non é acaso verdade que sóio se libran do cautiverio hespañol entregándose ao cautiverio

inglés? Se nunha Hespaña consagrada ao ideal ibérico poidera sobrevivir a política de

absorción, o cautiverio de Portugal sería hoxe igoal ao cautiverio de Cataluña i Euscadi; pero

cheo de espranzas, porque ao desapareceren as fronteiras interiores identificábanse as dúas

beiras do río Miño, e o renascimento galaico-portugués crearía un feito diferencial moito

máis poderoso que o do Cataluña e, por consiguente, un anceio autonómico de insospeitables

enerxías. Non hai portugués “desnaturalizado por tódalas leicións de compraventa, farto de

ludibrios e vexámenes” (esta é frase de Fialho de Almeida), que envexe a situación dos

cataláns, vascos e galegos; pero ningún portugués se sinte satisfeito da servidume en que

hoxe vive a súa patria; e por eso dende Portugal xurden voces de auténtico patriotismo para

condenaren o desvío de Hespaña, que é, sen dúbida, o desvío da propria grandeza. Nós

creemos, con Oliveira Martins, que a única maneira de conxurar o “perigo hespañol”

—perigo de conquista seguida de absorción— está nunha inquebrantable alianza peninsular e

no robustecimento da nacionalidade portuguesa. Agora ben; o robustecimento da

nacionalidade portuguesa, frente ao castelanismo da actual Hespaña, somentes é posible

cunha renascencia galego-portuguesa, ou sexa, co ensanchamento das forzas moraes que

sonteñan a vocación autonomista de que tanto se alardea en Portugal; e no tocante á

pretendida alianza dos dous Estados peninsulares, non hai dúbida de que terá a súa máisima

garantía nunha fórmula de tipo federativo ou confederativo. E nós, os “nacionalistas

galegos”, oferecémolle a Portugal a enerxía étnica da nosa Terra, pero a condición de que

Portugal non se manteña divorciado de Hespaña.

Non temos por qué colocar o mapa da Península co Oeste para riba e o Norte á

dereita, tal e como nolo amostrou Camões, para ver a Hespaña como “cabeza de Europa” e a

Portugal e Galiza como cerebro da Hespaña… Tampouco é necesario que Alfonso Lopes

Vieira nos incite de novo con aquela sonada poesía “¡Deixa Castela e ven a nós!”. Os galegos

non aspiramos a confundir politicamente a nosa Terra co Portugal rexido dende Lisboa, e non

necesitamos saír de Hespaña para opoñernos á hexemonía de Castela e loitar pola nosa

liberdade. Pero dentro de Portugal quedounos a mitade da nosa terra, do noso esprito, da nosa

língoa, da nosa cultura, da nosa vida, do noso ser nacional; e nunca recoñeceremos, de grado,

o dereito dos portugueses a pedirnos un pasaporte cando atravesamos o Miño nin o dereito de

Hespaña a impedir que os portugueses entren libremente en Galiza. Queremos vivir unidos

como vivimos nos séculos que seguiron á primeira e verdadeira independencia de Portugal. E

para eso é necesario que se resolva previamente o magno problema da Península.

“A independencia de Portugal —dinos Portela Valladares— é intanxible, porque a

queren os portugueses, porque para nós debe ser sagrada, porque a hestoria nimbouna de

eternidade. Pero, ;non debemos prever o día en que sexa posible a cooperación de Portugal i

Hespaña? ;Non debe irse detrás desto, de percuralo para que chegue a callar froito? O tránsito

obrigado nesta empresa de longo alento é Galiza, o neiso único está en Galiza, na afirmación

de Galiza, no noso réxime de completa e firme autonomía”. Ben di Portela Valladares que

Galiza é a clave do gran problema hispano, i, en rara coincidencia, se ten feito a mesma

afirmación en Portugal. Eu mesmo a fixen no Parlamento da República hespañola i en

presencia de Azaña, no cume do monte de Santa Tegra; pero é forzoso confesar que os

casteláns escoitan esta verdade co ceño fruncido… Os casteláns comprenden que na unión

pactada dos dous Estados peninsulares reside a posibilidade dunha futura grandeza; pero

temen a identificación cultural de Portugal e Galiza, porque nesta identificación reside o fin

Page 243: Castelao - Sempre en Galiza

da hexemonía de Castela. E co fin da hexemonía de Castela remataría o “perigo hespañol”

que tanto temen os portugueses.

Page 244: Castelao - Sempre en Galiza

XX

Imos discurrir encol da potencia creadora da nosa nación para afirmarnos aínda máis

no rol que nos está atribuído en relación con Castela e Portugal.

Da mesma maneira que un home adulto xa non pode mudar a fonética do seu idioma

materno, aínda que deixe de falalo para adoptar unha língoa estranxeira, así un pobo adulto

conservará o mecanismo sonoro do seu antigo lingoaxe aínda que mude totalmente de

léisico; e no ton e no son das novas verbas perdurarán as características musicaes do vello

falar. Somentes os pobos sen fondura tradicional se asemellan aos nenos na inconsistencia

das formas físicas e moraes; e velaí por qué un pobo capaz de mudar a súa rítmica e a súa

tonalidade, a súa pronunciación, o seu acento, será un pobo infantil, que aínda non traspasou

a primeira fase da nacionalidade. A este respeito podemos decir que a romanización de

Galiza non pode tomarse como siño de inconsistencia, pois se perdeu o seu léisico primitivo

non perdeu os elementos sonoros da súa orixinalidade, que se transparentan no idioma actual

e nas superiores manifestacións do xenio lírico.

Se o ritmo é o elemento primoxénito de tódalas artes, o que mellor caracteriza o xenio

lírico dos pobos, ben podemos decir que a rítmica galega denota unha continuidade de vida

autóctona, en contraste coas mudanzas rítmicas, e polo tanto vitaes, que no decorrer do tempo

sofreu Castela. Non coñecemos, pode decirse, ningún ritmo proprio dos casteláns, i en

troques podemos afirmar que o ritmo que comandou a poesía dos Cancioeiros

galaico-portugueses é o mesmo que agora move a “muiñeira”. A periodicidade rítmica que se

adoita en Galiza, nascida para dinamizar as vellas danzas e os vellos himnos, perdura na

música, na poesía e na oratoria de hoxe en día, e seguirá dinamizando tódolos nosos actos

estéticos. Ese vellísimo ritmo, que os músicos chaman anapéstico, de “gaita galega” ou “de

muiñeira”, é o mesmo que antano moveu a poesía de Arte Mayor, predominante en toda

Hespaña até o fin da Corte literaria dos Trastámaras, e que saíra de Galiza xunto coa súa

língoa.

O atraso da paleografía musical de Galiza pouco nos deixa entrever do pasado; pero á

beira do “ritmo libre”, de carácter gregoriano e medievalista, eisistiron, sen dúbida ningunha,

os ritmos periódicos destinados á danza, tan característicos de Galiza que non é necesario

velos anotados en pergameos para decir que eisistiron e que eran antiquísimos e orixinaes.

¿Non se reflexan acaso na métrica dos vellos versos? ¿Non son acaso a lei que rixeu a nosa

poesía trobadoresca? ¿Non teñen por ventura unha proiección de vida nacional nas

“muiñeiras” e “pandeiradas”? Con razón Murguía se afinca nos versos de Silio Itálico,

Barbara nunc patriis ululantem carmina linguis

Nunc pedis alterno percussa verbere terra

Ad numerum resonas gaudentem plandere cetras, etc.

para decir que tal é “la descripción del antiguo baile nacional de los gallegos, del que

es hija legítima nuestra alegre y varonil muiñeira”.

Se “no principio foi o ritmo” e se a rttmica galega xurde dos fondos primitivos da raza

sen deberlle nada a ninguén, xusto é que nos sintamos orgullosos da nosa fonda orixinalidade

—orgullo que non lles toca desta vez aos casteláns—. Os casteláns foron tributarios da

rítmica galega nas “envenciones sotiles e graciosas y dulces palabras” con que a nosa poesía

reinou en Castela, e ben nolo di o Marqués de Santillana: “Y después hallaron esta Arte, que

Page 245: Castelao - Sempre en Galiza

Mayor se llama, y el Arte común creó en los Reinos de Galicia y de Portugal, donde no es de

dudar que el ejercicio de estas ciencias más que en ningunas otras Regiones y Provincias de

la España se acostumbró; en tanto grado, que no ha mucho tiempo cualesquier decidores e

trovadores de estas partes, agora fuesen Castellanos, Andaluces o de ia Extremadura, todas

sus obras componían en Lengua Gallega o Portuguesa”. Como se ve foi na nosa nación onde

se inventou o gozoso exercicio de versificar en língoas vulgares (“Entonces era Castiella un

pequeño rencón”) i esta Arte, filla do antiquísimo ritmo que hoxe chamamos de “muiñeira”,

eisisteu e practicouse en Galiza moito antes de que se escrebise, e, polo mesmo, antes de que

poidera ser recollida en Códices. A métrica galega imperou como Arte Mayor na Corte

soxuzgadora até que as modas literarias da Franza e da Italia desprazaron o xenio de Galiza

aos lares nativos, de onde fora levado en trunfo polos reis casteláns que nós educábamos i

ensinábamos. Non hai dúbida de que Castela mudou de ritmos —que é o fundamental—

porque endexamais chegou a ser unha nación adulta, dona de fondos insobornables; mais… é

forzoso que derivemos este discurso cara o tema galaico-portugués en que agora andamos.

Imos supor que houbo dúas Galizas —a que se foi e a que se quedou, a que se axuntou

con Castela e a que enxendrou a Portugal—; pero é indubidable que ambas as dúas tiñan un

mesmo mecanismo sonoro, un mesmo xeito tonal e rítmico, unha mesma língoa, unha mesma

arte e unha mesma cultura; en fin, unha mesma alma patria, e, polo tanto, a división de

Galiza en dous Condados, que dispois se convertiron en Reinos diferentes, non autoriza a

distinguir dúas modalidades creacionistas, según estas se produxesen nunha ou noutra beira

do río Miño, pois a nación galega chegaba até o Douro, e todo canto se veu chamando

“galaico-portugués” é realmente e unicamente “galego”. Don Dinis de Portugal non era, de

certo, un rei de Galiza; pero como trobador foi tan galego como seu avó, o Rei Sabio de

Castela, cando este compuxo as “Cántigas”. O que pode decirse é que a Galiza que Portugal

(o Portugal de antre o Miño e o Douro) estendeu por terra de mouros, máis alá dos patrios

lares, foi traspasada, de embaixo a enriba, polos fondos primitivos —cicais turdetanos— que

alí permanecían en actividade, da mesma maneira que en Andalucía se alterou a Castela

invasora por un fenómeno natural de ósmosis i endósmosis; pero tamén se pode decir que esa

perturbación do “galego” en Portugal non se limitou á zona invadida e que ao refluír sobor da

terra bracarense orixina unha perturbación da propria nacionalidade, como lle ocurriría a

Castela se trasladase a capital do seu Reino a Andalucía. O esceso de ornamentación fonética

e ortográfica que dende a zona austral avanza no portugués falado, escrito e cantado, é un

síntoma típico de decadencia e de crisis. Estamos vendo cómo dende o Mediodía lusitano se

irradia unha especie de andalucismo que desvirtúa a orixinalidade galaico-portuguesa, base

da autonomía moral, pois de ningunha maneira se pode acoller como “portugués” o que se

diferencia de Galiza senón o que se diferencia do resto de Hespaña. Con razón o esgrevio

poeta de Amarante, Teixeira de Pascoaes, verdadeiro irmán dos galegos, nos deixa

transcrebir esta frase: “A alma patria encóntrase verdadeiramente subterrada e

adormecida… Chega a parecer estranxeira na propria terra natal, tan descoñecida é dos

portugueses!” Hai hoxe en todo Portugal un ar, un acento, unha pronunciación, que xa nos

diferencia de abondo; pero aínda que os ouvidos galegos estrañen as voces portuguesas, non

por eso deixan de ser voces nosas, voces galegas. Sóio cómpre que portugueses e galegos

xuntemos as nosas almas como están xuntas as nosas terras, obedecendo ao logos que nos

formou, i entón desaparecería de Portugal a carne morta que o envolve en tristuras i

escepticismos. En fin; se a nación portuguesa necesita recobrar o endurecimento que antes

tiña e ao que lle debe a súa eisistencia política, ten de restaurarse moralmente a partir do

“retallo saído da Galiza”.

Page 246: Castelao - Sempre en Galiza

Escoitade unha “muiñeira”, aínda que a súa melodía proveña de recentes

asimilacións, e veredes cómo está gobernada polo ritmo primitivo e orixinai de Galiza, que

xurde da terra e do noso corazón; escoitade dispois un “fado” portugués e aínda que a súa

melodía vos conmova até facervos chorar, comprenderedes que se trata dunha música sen

esqueleto, de ritmo amolecido en bágoas, como nascida no desterro. Esta comparanza

permítenos decir que Galiza é aínda unha fonte de orixinalidade para Portugal, pois conserva

algunha carne viva sobor dos ósos, e os seus ritmos vitaes son os mesmos que antano

dinamizaron á nación portuguesa, os que poden dinamizala novamente. O cautiverio de

Galiza contrasta coa liberdade política de Portugal, a cuio acorro acudeu moitas veces o noso

xenio —por eso “alí podemos leer páxinas que antre nós foron aniquiladas”—; pero Galiza

deprendeu a repudiar moralmente o que se lle impoñía dende Casteia, e tódolos galegos

sabemos distinguir o que é noso do que é alleo. En troques, Portugal é cativo de si mesmo,

como adoecido de osteomalacia…, coa súa forte musculatura en inúteis contraccións.

Page 247: Castelao - Sempre en Galiza

XXI

Portugal saíu das entrañas de Galiza e non hai razón para que os portugueses e

galegos sigamos iñorándonos ou mirándonos de reollo, “como as torres temporalmente

nemigas de Tui e Valen^a, de Salvaterra e Monzón”, porque desa cega indiferencia ou

arredamento esmorecen as enerxías étnicas de Portugal e retrásase a liberación de Galiza.

Concordamos cos portugueses en que a Galiza moderna non dou obras requintadas como

deron eles, desas grandes obras que, ao mellor, son as derradeiras labaradas dunha

nacionalidade… Desgraciadamente as posibilidades creacionistas de Galiza están afogadas

polo enseño oficial —non gratuíto, mais si, obrigatorio— que lle dá o Estado hespañol, en

servizo do imperialismo de Castela; pero é que o pobo galego, con ser educado para que

renegue da súa personalidade, non sóio soupo manter en constante tensión as forzas

defensivas do carácter e soupo gardar en constante alarma o herdo espritual dos seus maores,

senón que para renascer abóndalle con calquera lampo de espranza. Galiza sóio logrou dar

obras sinxelas e primarias, que anuncian períodos hestóricos que dispois non se abren, pero

que algún día se abrirán; e se perdéramos os frenos da serenidade diríamos que preferimos

contar cunha literatura vital a envanecernos cunha literatura en conserva… A língoa galega

no século XVIII —en vida do padre Sarmiento— sóio nos servía para falar e cantar, i, en

troques, a portuguesa estaba desenrolada pola escritura i enriquecida pola importación de

voces alleas. Esta diferencia orixinou un orgullo portugués frente á cautela ruralista de

Galiza; pero encol da riqueza leisicográfica do portugués decía o padre Sarmiento: “dudo que

en cuanto a voces radicales y primitivas haya esceso alguno (refírese ao portugués), pues hay

muchas voces de estas en el idioma gallego hablado, que no se hallan en el portugués escrito,

ni en sus diccionarios… Y si hoy se quisiese escribir, tanto como en Castilla y en Portugal, es

el idioma gallego capaz de todo, agregándose las mismas voces extrañas que se han aplicado

aquellos dos dialectos; pues Tropico, Paralaxe, Cosmografía, Liturgia, Synopsis,

Anthropóphago, etc., siendo puras griegas y pronunciables en gallego, no sé por qué, con

exclusiva, se han de llamar portuguesas, francesas o castellanas”. Estas nocións, espostas un

século antes da renascencia literaria de Galiza e sen coñecerse os grandes Cancinoeiros,

proban que o silencio literario dun pobo endexamais se pode tomar como impotencia, e moito

menos tratándose dun pobo cautivo, que mantén a súa língoa e as súas tradicións artísticas.

O padre Sarmiento reforzou o discurso do padre Feixoo a prol da primacía lingüística

de Galiza sobor de Portugal, e puxo de vulto a orixinalidade galaica do lirismo común aos

dous reinos. As razóns e as verbas do padre Sarmiento son tan claras que con recurrir a elas

xa temos de abondo para proclamarmos unha vez máis a nosa ascendencia literaria, non sóio

sobor dos casteláns senón tamén sobor dos portugueses. “Antes del Conde D. Henrique de

Portugal (o padre Sarmiento refírese á escisión da nosa nacionalidade), o antes del año 1090

todo se escribía hacia Galicia… únicamente en idioma latino. No se escribía entonces ni en

portugués ni en galiego, y el idioma vulgar que se hablaba era el primitivo gallego, que se iba

extendiendo hacia Mediodía, según se iban expeliendo los moros”. Pero se nós lle demos a

Portugal o noso falar podiamos non terlle dado a lírica cortesán, de que tanto se gaban os

portugueses. A este respeito é doado afirmar que se a poesía escrita en portugués

—chamémolle así— se adiantou en meio século á poesía escrita en castelán, resulta evidente

que a escrita en galego foi señora na Corte de Castela antes de selo na de Portugal. E na

cronoloxta das escolas literarias será sempre a escola galega anterior á galaico-castelán o á

Page 248: Castelao - Sempre en Galiza

galaico-portuguesa.

O padre Sarmiento transcribe de Duarte Nuñez de León o siguente treito, referido ás

língoas galega e portuguesa: “As quaes ambas eráo antigamente quasi hüa mesma nas

palavras et nos diphtongos et pronunciaqáo, que as outras partes da Hespanha náo tem”. E

visto que o mesumo Duarte declara que Don Dinis de Portugal (1279-1325) foi “quasi o

primeiro que na língoa portuguesa sabemos screver versos”, e ademais di que nesto imitaba a

seu avó, o Rei Sabio de Castela (1220-1284), xa non hai dúbida de que foi en Galiza onde se

creou a escola orixinal. O mesmo padre Sarmiento, dispois de emitir a súa sentencia encol

dos poemas galegos do Rei Sabio, recolle un ditame de Zúñiga, no que se di que este monarca

escrebeu “en la poesía de aquellos tiempos y en dialecto más conforme al de Galicia”, e outro

ditame do padre Papebroquio: “Descripta rhythmo non Castellano, sed Callaico, sive

Gallaeco”. Mais para non dubidar de que o libro das Cántigas está escrito en galego e non en

portugués, abonda saber que o Rei Sabio se educou en Galiza, como se educara o seu pai San

Fernando, o seu avó Alfonso IX —este tamén poeta galego— e outros máis vellos

devanceiros do esgrevio monarca; e, polo tanto, mal se pode supoñer que o Rei Sabio

mamase a língoa das súas Cántigas en Portugal, mais si en Galiza. I este é o avó real e

literario de Don Dinís.

A carta do Marqués de Santillana —dada a coñecer primeiramente polo padre

Sarmiento— descobreu o señorío da nosa poesía onde di que os poetas da súa nación “todas

sus obras componían en lengua gallega o portuguesa”; pero é que o Marqués de Santillana

(1393-1458) vivía no tempo en que Portugal xa era un reino á parte e a soberanía de Galiza se

tiña por antigoada. Por eso eisistía o compromiso —inerte compromiso— de chamarlle

“portugués” á língoa que se falaba en Portugal, aínda que ninguén fora capaz de diferenciala

do “galego”. (Nesto o inerte compromiso que se irradiou á América mantense fidel a Castela,

pois a língoa que se fala en Hispano-América chámase “castelán”). “Los gallegos —di o

padre Sarmiento— por deferencia a la lengua castellana dominante, hacían o recibían los

instrumentos públicos en vulgar castellano… No así los portugueses, pues como tenían

monarca propio, introdujeron en las escrituras públicas y privadas aquel vulgar y primitivo,

que era común a las dos clases de gallegos, lucenses y bracarenses, el cual, con el tiempo y

con el ejercicio de escribirse, se hizo como dialecto distinto y es el que hoy llamamos

portugués, si bien aun tiene tanta semejanza con el vulgar gallego que hoy se habla, que no

todos los saben discernir”. E por falla de discernimento chegou a denominarse “portugués” o

que somentes era “galego”, e a creerse que eran portugueses os galegos que escrebían na

propria língoa nativa. Tanto é así que Macías o Namorado pasou por fillo de Portugal a causa

das súas poesías galegas. A este respecto escrebe Argote de Molina: “y si a aiguno le

pareciese que Macías era portugués, esté advertido que hasta los tiempos del Rey Don

Enrique Tercero, todas las coplas que se hacían comunmente, por la mayor parte, eran en

aquella lengua”. Vede eiquí cómo Argote confirma o ditame do Marqués de Santillana a prol

da hexemonía do noso lirismo, se é que non trata de agachar, adrede, o berce da escola, pois

non era en “portugués” senón en “gaiego” que se escrebían esas coplas en Hespaña. Contra

semeliante confusionismo replica o padre Sarmiento nestas verbas: “Siendo como ha sido el

célebre enamorado poeta Macías gallego de nación… no necesitaba escribir en portugués

pudiendo escribir en gallego… y las (coplas) que pone Argote no son portuguesas sino

gallegas, como asimismo lo son las del Rey Don Alfonso el Sabio, y las de otros”. Decíase

todo esto denantes da invención dos Cancioneiros da Vaticana e de Colocci-Brancuti; pero en

canto a erudición moderna descobreu a orixinalidade lírica de Galiza e ficou comprobado o

que o padre Sarmiento sospeitaba, os críticos deron en falar da “escola galaico-portuguesa”,

Page 249: Castelao - Sempre en Galiza

disimulando así, en parte, a verdadeira orixe, que está en Galiza e non en Portugal.

“La lírica de los trovadores gallegos —dinos Menéndez y Pelayo—, de Galicia pasó a

Portugal con todos los demás primitivos elementos de la nacionalidad portuguesa,

condecorada con el pomposo nombre de lusitana para disimular sus verdaderos orígenes, que

en Galicia y León han de buscarse”. Estas verbas non ademiten réplica cando se sabe que o

tipo xenuíno do lirismo galaico-portugués andou primeiramente en beizos galegos, cantado

por xograres e segreles que regalaron os ouvidos de Fernando III o Santo, e que respondían,

sen dúbida, a unha tradición poética de inmemoriaes orixes. A lírica popular galega abreuse

paso no gosto aristocrático das Cortes, que daquela pendían xa para a imitación dos artificios

franceses, e se dispois pasou de moda aínda hoxe persiste no xenio galego, para mostrarnos a

fonte de todo canto foi e pode volver a ser. E que a fonte do lirismo galaico-portugués está en

Galiza ben se apalpa na seguinte observación do padre Mouriño: “el número de los

trovadores gallegos incluidos en el Cancionero de la Vaticana es de setenta y cinco, once del

resto de España y treinta de los cuales unos son dudosos de ser portugueses o gallegos y otros

que son portugueses”. Agora ben; se os hespañoes poetizaron en galego e non en portugués e

se dos trinta dubidosos aínda nos toca unha parte, ben pouco lles queda aos portugueses para

que sigan considerándose copartícipes do noso lirismo, pois case que merecerían idéntica

consideración os hespañoes que aportaron o seu xenio á nosa escola, “agora fuesen

castellanos, andaluces o de la Extremadura”.

“¿De onde lles vén agora aos galegos este orgullo de aristócratas arruinados? —dirá

cicais calquera portugués afeito a creer que o nome de “galego” é unha inxuria en Portugal,

tal como foi para Camões e Sá de Miranda, esquecidos de que lle debían a Galiza o seu

sangue e o seu xenio—. E nós replicamos dende o fondo das nosas orixes: “Estamos

orgullosos porque na língoa dos labregos e mariñeiros de Galiza acaba de cantar un poeta

como Rosalía de Castro, que é o Corpo Santo da Saudade”.

Page 250: Castelao - Sempre en Galiza

XXII

¡A Saudade! Veiaí o sentimento que abrangue a Portugal e a Galiza nunha soia

eternidade.

Cicais “o momento divino en que a alma portuguesa encarnou no corpo homilde

dunha palabra” estea nos versos de Don Dinis; mais o sentimento saudoso xa estaba revelado

no corpo vivo da poesía, nas cántigas de Bernaldo de Bonavai, de Airas Nunes, de Eanes de

Cotón, de Pero Meogo, de Charino… Ben di Cabanillas que a Saudade é o molde que dou

forma ao noso lirismo. Mais… ¿que é a Saudade? Plácido R. Castro recomenda que nos

resiñemos a sentila. “E case que —di el— debemos aledarnos de non comprendela porque as

persoas e os pobos que se comprendan a si mesmos deben ter moi pouco que comprender”.

En canto ao saudosismo (nome que Teixeira de Pascoaes dou á relixión da Saudade) está

creado no campo do soño e da arte; así o gran poeta escoileu como icono simbólico da

Saudade o “Desterrado” de Soares dos Reis. Pola miña banda chego a creer que o saudosismo

(non a Saudade) é un estado morboso do Portugal de Camões e da Galiza de Rosalía, creado

poia soedade en que vivimos os galegos e portugueses, e que terá curación o día que se borre

a fronteira que riscou Alfonso VI: o día que os galegos e os portugueses volvamos a

xuntarnos para faiar e cantar nun mesmo idioma.

Para Teixeira de Pascoaes a Saudade é un estigma dc raza. O sangue ario, que creou o

culto da Forma, mesturousc co sangue semita, que creou o culto do Esprito, e a mestura dos

dous ramos étnicos produxo unha síntesis moral inespli cable, que vén ser a fisonomía

propria da raza portuguesa, revelada nunha palabra intraducible, cuio siñificado sóio coñecen

os portugueses e galegos. “Hai na alma portuguesa —di o poeta— un sentimento que a

cingue toda i é a súa mesma esencia; sentimento que nasceu do casamento do Paganismo

greco-román co Cristianismo xudaico, e que tomou na nosa língoa unha forma verbai sen

equivalente nas outras língoas: a Saudade”. O desexo e a door son os elementos da Saudade.

Polo desexo a Saudade descende do sanguc ario; pola door descende do sangue semita. A

door espritualiza o desexo, e o desexo, á súa vez, materializa a door. A Saudade, polo desexo,

é Espranza; pola door, é Lembranza. Así: a Saudade, pola espranza e o desexo, é Venus; pola

door e a lembranza, é a Virxe María. Vede cómo Teixeira de Pascoaes, a golpe de xenio

poético, sóio acerta a descobrir na Saudade o dualisrno relixioso e metafísico da súa Patria, o

Norte e Sul da súa Nación: “unha aurora e un poente á mesma hora”.

Para Nóvoa Santos a Saudade é o bafo da terra galega transmutado en carne i en

esprito. “Está na íntima comunión do home coa paisaxe e na tendencia do home a revertirse á

mesma terra que modelou a súa carne e a súa alma”. Na Saudade —di o médico— entra a

melanconía, a lembranza, a tenrura, a desilusión, o abandono de si mesmo, e, ás vegadas, o

desexo de esvaerse no remanso da morte. A visión da paisaxe crepuscular é o mellor estímulo

da Saudade. O anceio saudoso dos galegos entraña unha profesión mística, que non é a de

volver a Deus —propria do misticismo castelán—, senón a de volver ao agro que presenciou

a nosa emersión. A vontade de retornarmos aos eidos nativos cando estamos lonxe deles,

intensifícase e culmina no “instinto da morte”, que é a forma suprema de reversión á terra.

“Saudade do porvir —remata Nóvoa Santos— non é outra cousa que a mesma intención

creadora da morte, que, ao insinuarse vagamente na alma, invítanos a devolverlle á terra todo

canto dela recibimos. Anceio de acougar no fecundo cariño da nosa terra, do noso agro, da

nai de todos, coma os místicos aspiran a recollerse en Deus”.

Page 251: Castelao - Sempre en Galiza

Para o poeta de Amarante a Saudade é a esencia do esprito portugués, que asolaga

nun oculto e transcendente sentido as cousas que se ven. Para o noso médico a Saudade é

unha enerxía da terra, que se transmite aos homes por meio dos elementos misteirosos e

interrogantes da paisaxe.

Se quixeramos diferenciar o esprito galego do esprito castelán diríamos que están

representados nas lendas de Don Ero e do padre Navarrete. Nós somos o monxe que ficou en

éistasis polo canto dun paxaro; eles son o monxe que mandou calar aos paxaros para

entregarse á meditación. Como se dixeramos: a libre e verde ledicia terrestre que vai ao

Parnaso e o sagrificio escuro e dooroso que vai ao Paradiso. Dúas concepcións trascendentes

que se prolongan en misterios contrarios: Paganismo e Cristianismo. E cuia unión e sínteses

se espresan en versos saudosistas de Teixeira de Pascoaes:

E Venus, n'uma névoa etérea e vaporosa

Elevou-se na luz da tarde lacrimosa

E para o Olympo azul, en lágrimas, subia,

Projectando na terra a sombra de Maria…

Velaí reflexado na emoción dun grande poeta o dualismo metafísico que caracteriza a

sensibilidade de tódolos portugueses. Por eso en Portugal a Saudade está ensombrecida por

un estraño dramatismo, descoñecido na poesía galaico-portuguesa, pero tan avultado na obra

pictórica de Nuno Gonçalves e demais primitivos lusitanos, que alí se inicia o famoso

dramatismo da arte hespañola. Este dramatismo é un froito do Sul portugués, que, ao refluír

sobor da terra orixinaria da nación, invade de tristuras escesivas a poesía saudosa de Antonio

Nobre, tinguida de impurezas que non ten Rosalía de Castro. Di Teixeira de Pascoaes que “o

único pobo que sente a Saudade é o pobo portugués, incluíndo, talvez, o galego, porque a

Galiza é un bocado de Portugal sob as patas do leáo de Castella”. Galiza, nefeito, vive un

cautiverio; pero a sensibilidade galega xurde nidiamente dos fondos ances traes, esenta de

contaminacións mediterráneas e plena dc desexos saudosos. Galiza aínda é a fonte máis pura

da Saudade, o Norte das ourentacións.

Dado que a Saudade é un sentimento inesplicable, que vén das nosas orixes, haberá

que buscala no corpo revelado da poesía celta. Esta angueira foi comprida por Plácido R.

Castro ao percorrer o moderno lirismo poético de Escocia e Irlanda para comparalo co noso.

Así, ficamos convencidos de que a Saudade é un sentimento proprio dos Fisterres, onde se

mantén unha indeclinable fidelidade á fremosura da espranza, onde se persiste na rebeldía

contra o despotismo dos feitos, onde se sigue no empeño de facer o mundo máis complexo,

máis marabilloso, máis habitable. A Saudade ten Além i endexamais pode conducirnos á

desesperanza, porque coa ilusión do “máis alá” fuximos do mundo real e chegamos aos

mundos ensoñados; podemos crear países de fadas, paradisos de felicidade, até confundir a

nosa Terra co Ceo. En fin; os pobos saudosos non soportan o desespero, e por eso prefiren

encher os ocos con door a deixalos baldeiros. Certo é que en Irlanda se iniciou unha reacción

en contra da escola poética de Yeats, ou sexa do “crepúsculo celta”, como podía xurdir en

Galiza contra das vaguedades de Rosalía ou en Portugal contra das tristuras de Nobre; pero

aínda que os novos poetas preferisen morar en casas de vecindade a viviren en países de

ensoño, endexamais lograrán fuxir de sí mesmos e dos limos étnicos que rixen o seu instinto.

Por eso para Plácido R. Castro a Saudade do porvir non provén do “instinto da morte” senón

do “instinto da vida”, porque non é individual, egoísta, senón “sentimento instintivo da

colectividade”. Si; a Saudade é unha sede insaciable de algo que, ás veces, non se sabe o que

é.

Page 252: Castelao - Sempre en Galiza

En Galiza corre como propria a verba “saudade”; pero os galegos aínda adoitamos a

decir “soedade” ou “soidade” para espresarmos o mesmo sentimento. Temos, ademais, unha

verba galega: “morriña”, que siñifica un estado especial da Saudade. Mais… ¿que diferencia

hai entre a Saudade e a Morriña? Imos decilo cun exemplo: maxinemos que unha vella

descobre un “non sei qué” na face dun meniño orfo de nai. Se a criatura ten dous meses, a

vella dirá: “Este neno ten soedades da súa nai”. Se a criatura ten dous anos, a vella dira: “Este

neno ten morriña da súa nai”. A Morriña, pois, é a Saudade en estado de concencia; é o

desexo, posible ou imposible, de recobrar o que se perdeu; é a devoción a algo que está na

lonxanía do tempo ou do espazo. A Morriña é o anceio dooroso de retornar á patria, ao fogar,

á xuventude, á cousa ou criatura lonxana. Sempre xurde de ausencias que nos magoan até

chegar a matarnos. E Cabanillas ten razón ao decir que “a Morriña é a Saudade fisicamente

doorosa”.

A Saudade que non é Morriña pode sentirse en presencia do que se ama. Velaí un

exemplo da Saudade pura, espresado por un poeta:

Perder a unidade que encerra

O meu corpo mortal, e liberado,

Antre o ensoño vivir arrandeado

Na brétema sotil da miña terra.

A Morriña é unha Saudade do que está lonxano na lonxanía. Exemplo:

Ouh, dime o que viches no camiño, vento norte tormentoso.

Ao vires zoando da terra que está sempre no meu pensamento.

Acabo de refrescar nun libro de Sardinha a impresión que me causara unha

conferencia da poetisa rumana Adrio Val, á que asistín en París, no ano 1921. Naquela

conferencia deprendín que as cántigas populares de Rumanía chámansc Doinas, porque son

fillas da Dor (verba intraducible que non se comprende e soio se sinte). Adrio Val díxonos

que as Doinas xurden da alma rumana antes que dos seus pensamentos, e que a Dor é a

espresión do mesmo país, que a penas ten equivalencia na Saudade dos “irmáns

portugueses”. A Dor, pois, é a Saudade, ou mellor, a Morriña. Nefeito; sabemos que a Roma

de Trajano levou ao Dacio moita xente da nosa Terra, que en meio dunha feira de razas

deixou na actual Rumanía o cuño imborrable do noso esprito. Por eso ao cabo de tantos

séculos sigue laiándose a Morriña galega no desterro das soedades balcánicas. A mesma

conferenciante nos dixo que Elena Vacaresco, durante unha noite de xiada de inverno, topou

cun vello aterecido, que murmuraba sen cesar: “Pai Trajano: Por qué nos trouxeches eiquí?”.

Este testemoio permítenos afirmar que a Morriña non é un sentimento universalmente

estendido, como é a nostalgia, o mal du pays, o homesick…, porque estes sentimentos

morren en cada individuo, antramentras que a Morriña dimana dos fondos insobornables da

raza, e somentes se apagará na morte do seu derradeiro membro. Así, a espresión rumana

“Doru de tara mea” ten un valor de tan punxente tristura, de tan desventurada ausencia e

soedade, que sóio debe traducirse como “Morriña da rniña Terra”. E quen sabe se a Saudade

—orixinariamente “soedade”— non será máis que a Morriña! A este propósito lembraremos

que alguén quixo esplicar a Saudade como unha lembranza esquecida da remotísima tristura

que nos causou o afundimento da Atlántida…

Sexa o que sexa, a Saudade eisiste, e portugueses e galegos somos escravos dela. E

aínda que Portugal e Galiza non tiveran outros vencellos étnicos nin outros estímulos comúns

que os do lirismo saudoso, abondaríanos para que cesase o arredamento en que vivimos,

Page 253: Castelao - Sempre en Galiza

morréndonos de soidade morriñosa. Nesta zozobra do mundo, Portugal e Galiza deben

sentirse animados por unha decisión inédita e confluente, rectificando os erros da hestoria e

transfigurando novamente a Saudade en Acción. Sóio así ouviremos bater as azas da Vitoria

sobor das nosas Terras.

Page 254: Castelao - Sempre en Galiza

XXIII

Deica fai pouco tempo as relacións de Portugal e Galiza reducíanse a visitas

académicas de tunos e profesores. A Universidade castelán que o Estado hespañol sostén en

Sant-Iago de Compostela, ben podía entenderse coa Universidade de Coímbra —“esse

terrível foco desnacionalizador, por cruel ironia situado no meio da mais estranha paisagem

quinhentista”— sen comprometeren o artificio cultural e político en que vivíamos. Os

visitantes universitarios de alén-Miño esmerábanse en falarnos nun castelán risible, i

endexamais deixaron un soio libro portugués posto á venda nas nosas libreirías.

Consideraban natural que os galegos sóio poideramos mercar obras portuguesas traducidas

infamemente ao castelán, porque non sabían que podíamos leelas no idioma de orixe.

Lémbrome que no ano 1906 fun eu a Coímbra nunha Tuna académica e os estudantes

lusitanos asañábanse cando eu lles falaba en galego, coma se con eso lles lembrase calquera

orixe bastardo. Non lles importaba que xuntos connosco, nunha unidade superior ás

continxencias políticas, tiveramos creado moimentos literarios que son fitos da civilización

oucidental, nunha língoa que eles depuraron e axigantaron, pero que nós soupemos manter en

prístina enxebreza e no estado eminentemente popular daquela literatura. Para eles Galiza

estaba no Norte, envrullada en neboeiros i en choivas… e os estudantes portugueses toleaban

coas zarzuelas madrileñas e soñaban con amores sevillanos… E contai con que daquela

primaban en Coímbra os ideaes republicanos.

Emparellados co torpe arredismo que os portugueses sostiñan frente a Galiza, nós

oferecíamos un cadro moito máis lamentable que o deles. Os estudantes galegos —señoritos

educados na iñorancia de si mesmos— bulrábanse da melurosa cortesía dos portugueses, de

importación francesa, e da música bisbiseante do seu lingoaxe, e ao voltaren das Tunas

puñaban uns cos outros no arremedo da oratoria e da xentileza con que foran agasallados en

Portugal. Neste mester os tunos recurrían a toda caste de bufonadas con tal de faceren rir aos

seus compañeiros. Lembrábanse dos pés de cabalo, dos contos de reis, do viño verde… e, ás

veces, do amor frenético dalgunha serventa mulata…; pero era seguro que non meteran o

nariz nunha cátedra, nin se asomaran a ningunha libreiría, nin deprenderan o nome de ningún

escritor (esto sería portugués para os futuros médicos, avogados e boticarios). Pero non todos

eramos estudantes da Casa da Troya.Algúns volvíamos de Portugal cos ollos preñados de

fremosura e co corazón fendido de saudades, moi ledos de termos visto alí o noso proprio

xenio en liberdade. Tamén algún de nós traía libros de versos e deprendíaos de memoria. E

non era raro que de volta de Portugal un estudante, que ben podía ser o autor deste libro,

ficase máis galego que antes e con ánimos de desentoller as posibilidades dunha Galiza ceibe.

“Na nosa Terra —dixo Risco— podíase ser mestre, bachiller, profesor, médico,

funcionario, maxistrado, notario, coengo, bispo, obter os máis outos grados e os máis outos

cárregos sen saber ren de Galiza. O Estado concede gratuitamente o dereito a iñorala.

Veleiquí o modo absurdo que se ten de culturizar o noso país: forzándoo a iñorarse a si

mesmo”. ¿Podía eisixírselle aos galegos que coñeceran a Portugal cando nin os estudantes

universitarios coñecían o pasado e o presente de Galiza? Naquel tempo acababa de morrer

Alfredo Brañas e os seus discípulos enterraron solemnemente o seu cadavre e con el as ideias

rexionalistas. Pero ben axiña xurdiron institucións de cultura galega ao marxe do Enseño

oficial, impulsadas por unha superación do vello rexionalismo político. A enorme laboura

realizada pola revista Nós, o Seminario de Estudos Galegos e as numerosas obras literarias e

Page 255: Castelao - Sempre en Galiza

de investigación que se publicaban en idioma galego, non sóio galeguizaron o clima

intelectual da nosa Terra, senón que, ademais, ergueron orgullosamente o natural galeguismo

do noso pobo. Foi entón cando en Galiza se produxo un grave e sentido intrés polas cousas de

Portugal.

Se da esfera das especulacións do esprito baixamos ao terreo das realidades políticas

é doado lembrar que até nos programas de acción estaba presente o intrés que nos inspiraba

Portugal. Así, na primeira “Asambleia Nacionalista Galega” (Lugo, novembro de 1918)

fixemos a siguente declaración: “Creendo na accidentalidade das formas de goberno,

intrésanos aclarar que non apelamos por ningunha; mais simpatizaremos, dende logo, con

aquela que se amostre máis doada para chegar á federación con Portugal”. Cómpre decir que

no inicio das actividades galeguistas convivían as máis estremas e opostas tendencias do

país, a semellanza da fenecida “Solidaridade Galega” e obedecendo ao mellor dos seus

preceptos: “Xa que un soio nada pode, debemos e podemos facelo todos xuntos”. Por eso é de

ademirar que o noso sector dereitista fora capaz de abrazar o republicanismo con tal de que

así chegáramos á unión con Portugal. Hoxe os galeguistas somos ardidamente republicanos e

ardidamente partidarios da Unión Ibérica.

¿Con que caste de argumentos podemos defender o noso anceio unionista e cales son

as avantaxes que se deducirían para todos? Non recurriremos ás razóns que manan do sentido

común político, proiectadas cara o xogo das grandes potencias, pois abonda con decir que a

Unión Ibérica recuperaría para Hespaña e para Portugal a categoría que ambos Estados

perderon ao separárense. Nós circunscribimos o noso discurso ao interés nacional, é decir, á

base de tódolos poderes do Estado. Supondo que o ideal ibérico non pode ser proclamado sen

que Hespaña renuncie previamente á política de asimilación e que, así mesmo, acepte a

fórmula federalista, para articular as naciónalidades que a integran, nós decimos que Galiza

sóio pode ver na unión de Hespaña e Portugal o xeito de franquear a fronteira miñota, aos

efeitos da língoa e da cultura. Unha Galiza autónoma cultivaría os atributos, agora puramente

rústicos, da súa personalidade, e non tardaría en erguelos até o nivel portugués, nunha

inevitable coincidencia de xenios. Abriríase, deste modo un novo ciclo galaico-portugués,

que —ouh, manes de Antonio Sardinha— “tenderían a facilitar a realización do hispanismo

como sinónimo da civilización que, abranguendo o Atlántico no seu formidable abrazo,

permitiríalle convertilo, certamente, nun mare nostrum”. Cando Sardinha espresou este

pensamento xa Risco nos tiña dito que a Atlántida afundida nas augas do Océano, era un

símbolo da nosa civilización céltica, escurecida e asoballada polo predomiño mediterráneo, e

que era preciso restaurala en esprito i en verdade, ou sexa en civilización. “Para eso

—decíanos Risco— imos nós, os nacionalistas galegos, apurar tódalas posibilidades da terra

e da raza, i adonarnos axiña do presente, até que poidamos chamar ao Atlántico mare

nostrum. O noso anceio, polo tanto, non tende a unha disociación, como temía Sardinha, “en

que todos nos consumiríamos gastados en anárquicas discordias intestinas i en loitas

destructoras do porvir que nos espera”. Tampouco pretendemos afloxar os vencellos que nos

xunguen a Hespaña, a pesares de que, como dixo Risco, ela “intentou roubarnos a nosa

língoa, o noso carácter, a nosa fartura e a nosa liberdade”. Queremos convivir con Portugal

sen arredarnos do estado que Castela formou, sempre que dentro del poidamos vivir con

autonomía. A nosa intención creadora —que sóio poderá comprirse cando Galiza se

confunda en esprito i en verdade con Portugal— trae aparellado un equilibrio hispano,

absolutamente necesario para o estabelecimento dunha paz permanente, pois Portugal e

Galiza pesan tanto como a Hespaña castelán, e non hai dúbida de que, axuntadas, anularían o

centralismo, que, dígase o que se queira, é o causante das guerras civíes, das discordias

Page 256: Castelao - Sempre en Galiza

intestinas e dos separatismos. Aventurámonos a decir que as nosas arelas ascenden, en

derradeira instancia, até un ideal auténtico de hispanidade, pois o fortalecimento moral e

político da Península Ibérica e a unión cordial das súas varias nacionalidades, incluso

trascendería, como exemplo, aos estados de raíz hespañola e portuguesa de América —hoxe

espostos a calquera discordia pola diferencia idomática—. Entón a Arxentina e o Brasil

—poñamos por caso de pobos veciños e arredados— confluirían nunha mesma matriz

orixinaria, “donde no sólo hallarían las fuentes más puras de su tradición y de su espíritu, sino

apoyo para su defensa”. Vede, pois, cómo as arelas conciliadoras de Galiza son a clave dunha

Hespaña máis grande.

Vexamos agora cómo as nosas arelas tamén son salvadoras de Portugal. Se a Patria

portuguesa rexe coa ingrávida groria das súas epopeias ultramariñas, hoxe resulta

escesivamente pequena i endeble para rexir de por si un vasto imperio como o que aínda

conserva no meio da máis arrepiante inmoralidade internacional. Inclusive é doado creer que

nin xunguíndose Portugal a Hespaña para constituíren unha gran metrópoli con soberanía

efeitiva, poidera esta Unión conservar aquel vasto imperio sen aliarse cos xendarmes

marítimos, pero entón as alianzas serían pactos basados na mutua comenencia e realizados

por libre i espontánea opción. A Portugal pois, convenlle entrar no seo da familia hespañola,

unha vez estruturada esta en réxime federativo, para liberarse da hipoteca que hoxe pesa

sobor da súa soberanía e para deixar de ser un espectro de independencia. ¿Medo a unha

absorción? Xa dixemos que Galiza é a garantía con que Portugal debe contar para a súa

supervivencia, garantía superada, ademais, coa vontade de Cataluña i Euscadi. Se unha

nacionalidade pode caer en degradante mimetismo pola superación dunha cultura próisima

sobor da propria, calquera comprende que Portugal debe procurar a aneisión do xenio galego

como única maneira de equipararse de novo a Castela e reconfortar así a súa concencia

interior, en trance de decaer. O desenrolo da cultura galega, identifícada, en esencia, coas

creacións portuguesas, erguería no oucidente da Península un bloque cultural poderoso,

capaz de enfrentarse co de Castela, non para sustituílo na hexemonía política do Estado

común, senón para volatilizar a fachenda madrileña e harmonizar as varias voces

peninsulares nun acorde magnífico. (Contai que non anotamos a identidade económica e

social do aquén e do alén Miño, traducida mañán, coa autonomía de Galiza, nunha identidade

de Dereito). O ingreso da cultura galega no mundo portugués fortalecería de tal xeito a alma

patria de Portugal que, dentro da Península, imporía respeito ás nacionalidades irmáns, de

modo que xa nada terían que temer a banda de Hespaña, pois a restauración do feito cultural

e diferencial galaico-portugués habería de trocarse, por fatal simpatía, nunha reserva de

vontades con peso de abondo para esvaer calquera perigo, así de invasión como de absorción.

Aos galeguistas sempre se nos incitou a que falásemos claro, pensando que

agachabamos algún propósito inconfesable para predispor contra nós aos detentadores do

patriotismo hespañol. ¿Que non falamos claro? Pois ben; os galeguistas decimos que

antramentras en Hespaña non se poida establecer unha paz permanente defenderemos a

independencia de Portugal, e se os hespañoes non queren atender as nosas demandas é

posible que se acabe, por fin, a indecisión amorosa de Galiza antre Portugal e Castela. Se nin

os republicanos hespañoes comprenden a necesidade dun réxime federativo para vencellar os

dous Estados peninsulares —de cuia unión Galiza é a clave— e vemos que o “perigo

hespañol” sigue obrigando ao Estado portugués a hipotecar a súa soberanía en detrimento da

nosa propria seguridade, podemos nós, os galegos, crear para o resto de Hespaña un “perigo

portugués” con soio arrimarnos en esprito i en verdade a Portugal. Os galeguistas xa temos

ganas de decirile ao Olimpo hespañol, remedando ao antigo trobador Xohán Airas:

Page 257: Castelao - Sempre en Galiza

Se a xustiza non me val

Ante Rei tan xusticeiro

Ireime ao de Portugal.

Page 258: Castelao - Sempre en Galiza

XXIV

Dixo Camões que os portugueses naceron para mandar e non para seren mandados, e

os casteláns aplicáronse moitas veces esta grave crenza de si mesmos; tanto é así que un

poeta totalitario acaba de glorificar a golferancia e o señoritismo da capital de Hespaña,

afirmando que “Madrid es el campamento de la meseta. Que vive sin Industria y sin

Agricultura. De gobernar a los demás”. Mais esta fachenda non é privativa de ninguén nin de

ningures; é un vezo anexo á debilidade humana, que se alporiza nas vísporas da impotencia.

Todos sabemos en qué vai parar a fachenda dos homes e dos pobos. Cando un golfo ou

señorito perde as “regalías do vivir sen traballar” abaixa os ollos i estende as mans para

exercer, humildemente, a profesión de mendigo. I é xusto que nós eisecremos a fachenda dos

hespañoes e dos portugueses, capaz de levar a Península a un estado de perdurable

indixencia.

Non ten disculpa que os dous Estados, un en frente do outro, se sintan celosos e

fachendosos dunha independencia que non é efectiva e que, ademais, carece de potestade

para reconquerir, por separado, nin chisco das grandezas perdidas. No que toca aos

portugueses, resulta triste que a fachenda sóio lles sirva para fuxiren da “tiranía dos feitos” e

que o arredamento de Hespaña sexa, somentes, un efeito da propria debilidade. “Ouh, a dor

que me acomete —decía Sardinha— sempre que aos evidentes froitos do noso achegamento

a Hespaña se opón —¿por que calalo?— o covarde tema, o suicida argumento da nosa

debilidade”. En efecto; esa concencia da propria debilidade sería un bo argumento para

abolir, mais non para soster, o arredismo fachendoso de Portugal, e ben o dixo o vello

político hespañol: “Portugal separado de Galicia, que es carne de su carne, y desarticulado de

la unidad geográfica, que es la Península Ibérica, sufre, por esa doble causa, de debilidad”.

Velaí a verdade.

Os galegos, eisentos de fachenda, non comprendemos que Hespaña se resiñe a non

conquerir a categoría de gran Potencia; pero menos comprendemos que Portugal se empeñe

en manter feramente a súa “debilidade”, so pretesto dunha diñidade imposible. E nós

decimos unha vez máis que Hespaña e Portugal sóio poden salvarse contando con Galiza,

porque alí reside a clave da reconciliación e da concordia, da paz e da grandeza, en fin, do

sentido común hispano.

Todo canto levamos dito a prol da unidade natural galaico-portuguesa e do esprectro

que a tolle e asombra, está inspirado no máis nobre patriotismo, e desemboca no conseguinte

anceio de unión peninsular. Con todo, xa é hora de decir que de tódalas arelas do galeguismo

militante, a de inclinarnos en espírito a Portugal despertou o enoxo do Olimpo madrileño

(lembrade os ataques de que fomos obxecto por unhas declaracións que fixemos os diputados

galeguistas nun banquete da Bombilla, en xulio do 1931). E nós creemos que o rol máis

trascendente que os republicanos hespañoes debían atribuírlle a Galiza, como membro

autónomo do Estado e como órgao esencial da hispanidade, era o de fomentar a

compenetración do pobo galego co pobo portugués, sofocando, co fortalecimento moral da

nación portuguesa, as prevencións que alí se manteñen polo temor dunha absorción e debido

á súa debilidade. Abolido en ambos Estados o réxime monárquico, xa non cabía ningunha

fórmula hipócrita de acomodo, tal como aquela de Cánovas del Castillo, “viniendo una

dinastía portuguesa a sentarse en el trono español”, ou a que, por burla, corría polos Madriles:

“Dejemos que nos invada Portugal y después…”. Pero a República hespañola estaba

Page 259: Castelao - Sempre en Galiza

obrigada a iniciar unha política de colaboración peninsular, esvaendo, a forza de

xenerosidades, a ideia lusitana de “oposición de Hespaña”, pois xa non cabía a espranza

dunha unión ou alianza basada no proceso anacrónico dos enlaces dinásticos, pero ficaba en

pé o “ideal ibérico” suscitado poios republicanos hespañoes e portugueses, e do que a clave

estaba, está i estará sempre en Galiza.

Díxose que Hespaña é prisioneira de Portugal, pola ocupación da gran fachada do

Atlántico e a posibilidade dunha guerra en que as costas portuguesas facilitaran un

desembarco para invadir o territorio hespañol. Esto abondaría para non deixar a Portugal

ceibe de compromisos con Hespaña; pero conformámonos con compartir, gratuitamente, a

subordinación portuguesa… Ocurre que a maior parte dos hespañoes desconfía do Estado

hespañol (atribuise a Cánovas a frase de que “son españoles los que no pueden ser otra cosa”)

e por eso non lles preocupa o arredismo portugués, pois así como a porta aberta de Portugal

poidera servir para atacar a Hespaña (referímonos ás costas…) algunha vez ten servido para

salvala, e aínda agora hai ilusos que cavilan neste xeito de salvación… Dixérase que os

hespañoes necesitamos ter a man un refuxio e que o noso Goberno non se entenda co veciño,

por se algún día necesitamos desterrarnos… Non hai que decir que nós estamos en discordia

cos hespañoes que soñan con invadir ou absorber a Portugal; pero refugamos igoalmente a

fachendosa indiferencia de Hespaña ante o arredismo portugués, porque o desvío dese

bocado tan importante da Península crea unha Xibraltar que sóio estorba, ofende e apunta aos

hespañoes. A nós arrepíanos a irresponsabilidade dunha Hespaña que se cree cerrada e ten

aberta, de par en par, a porta principal do seu domicilio.

Faremos unha declaración final para remachar os conceptos espallados nestas páxinas

encol da nosa misión ibérica, que nós preferimos chamar “hispánica”. Os galegos sempre

pensamos en resolver os problemas privativos de Galiza dentro do Estado hespañol, dentro

dunha Hespaña que sexa, por igual, o acorro de tódolos pobos peninsulares, sen privilexios

nin servidumes. Non é posible, claro está, que aceptemos a política asimilista da actual

Hespaña, porque sabemos que ela causou a separación de Portugal i está enxendrando outras

separacións, indeclaradas pero sentidas. Sóio por fachenda, que é consustancial coa

decadencia de Castela, se pode aspirar á confiscación dos feitos diferenciaes, en vez de

fomentalos e harmonizalos como compoñentes venerables do acervo común. E calquera que

nos lea sen prexuízos verá que os galegos non queremos arredarnos de Hespaña en canto nos

alumee a esperanza de vela engrandecida para a nosa grandeza, xunto con Portugal e libre do

centralismo que a empobrece i empequenece.

Ningunha outra nacionalidade hespañola —nin Cataluña, nin Euscadi— ofrecen un

porvir tan estenso como Galiza, cando pensamos que a nosa lingua sirve para comunicarnos

con máis de setenta millóns de almas e cando, xunguidos en espírito i en verdade a Portugal,

podemos instaurar unha fórmula irrecusable de imperio, todo luz e todo humanidade. A

Hespaña ofrecémolle a nosa cidadanía e tódalas posibilidades do noso progreso material

xunto coa ledicia do noso benestar e os servizos que a súa grandeza reclame de nós, porque

Hespaña será o Estado; pero a Portugal ofrecémolle o noso xenio creador e tódalas

posibilidades da nosa renacencia espiritual, xunto coa ledicia da nosa liberdade e os esforzos

que a súa autonomía moral reclame de nós, porque Portugal será a Nación. Non poderíamos

repartir con máis equidade o proveito que agardamos do réxime privativo de Galiza. Se nos

versos de Calderón de la Barca e por boca do Alcalde de Zalamea fala o Evanxeo de Cristo

para condicionar o deber dos hespañoes encol do Estado (ao César o que é do César e a Deus

o que é de Deus):

Al Rey la hacienda y la vida

Page 260: Castelao - Sempre en Galiza

se han de dar; pero el honor

es patrimonio del alma

y el alma sólo es de Dios…

resulta que o Estado pode eisixirnos a vida e a facenda cando ese Estado nos protexe

e sabe curar do noso porvir, porque as vidas e facendas individuaes deben sacrificarse ante o

ben das nacións; pero se o individuo ten dereito a preservar a súa alma, que é a súa liberdade,

non creemos que o Estado poida eisixirlle a un pobo o que non debe eisixirlle aos individuos

que o compoñen. Así, nós decimos que o Alcalde de Zalamea é o Evanxeo hispánico, nós

preservamos a alma de Galiza —que é o xenio revelado na língoa e na cultura— para

ascender con el até o derradeiro grado de perfección. Nós, polo tanto, oferecémolle a

Hespaña todo canto pode pedirnos o Estado; pero non a honra colectiva, que é patrimonio da

Nación.

Se os galegos nos deixaramos absorber culturalmente por calquera país estranxeiro a

Hespaña, os casteláns terían dereito a chamarnos desleigados; pero nós somentes

demandamos liberdade para o noso xenio, que é tan hespañol como pode selo o castelán, e se

nos atrai a cultura portuguesa é porque vemos nela o reflexo da nosa propria alma e as

posibilidades da nosa autonomía moral. Non nos negamos a asimilar os froitos de calisquera

cultura allea, aínda a máis eisótica, con tal de non matar a nosa orixinalidade. Non se trata,

pois, de declararnos impermeables á cultura castelán porque sexa castelán, senón de

evitarmos a política de absorción, para correxir así a impermeabilidade de Castela ante a

cultura dos demais pobos hespañoes. E se dun xeito natural i espontáneo algún día se chegase

a formar unha cultura única e común, patrimonio de tódolos pobos hispánicos, nós nada

teríamos que obxectar.

O que non se pode defender é o imperio moral de Castela, exercido dende unha

metrópoli embebida de golferancia e señoritismo. En algures xa nos mostramos doídos pola

desfiguración do “esprito portugués”; e ¡que diremos do “esprito hespañol” que hoxe corre

como xenuíno e representativo! O que o mundo distingue como “hespañol” xa non é o

“castelán”; é o “andaluz”, que tampouco é andaluz senón gitano. A este respecto cómpre

decir que non negamos a fondura cultural de Andalucía, somentes comparable á nosa; pero é

que alí os fondos antigos e de maior civilización están afogados pola presencia dunha raza

nómada e mal avenida co traballo. “Estos son unos hombre errantes y ladrones” —decía o

padre Sarmiento—; e se nós non apoiamos tan duro xuízo, amostrámonos satisfeitos de non

contarmos con ese gremio na nosa terra. O caso é que os gitanos monopolizan o sal e a gracia

de Hespaña e que os hespañoles tolean por pareceren gitanos como denantes toleaban por

seren godos. A cousa está en consagrar como hespañol todo canto sexa indiño de selo. Xa no

tempo de Sarmiento Hespaña comezaba a agitanarse: “Como están tolerados en España

estos gitanos y ya se meten a aquella vida muchos castellanos foragidos, se comunicó

insensiblemente al idioma castellano foragidos, mucha peste de sus voces bárbaras”. Mais…

¿que é a golferancia e o señoritismo senón un remedo da gitanería? ¿Que é o flamenquismo

senón a capa bárbara en que se asolagaron os fondos tradicionaes de Hespaña, a tona imperial

e austríaca, os farrapos piollosos da delincuencia gitana? Hoxe o irrintzi vasco, o renchillido

montañés, o ijujú astur, o aturuxo galego e o apupo portugués están vencidos polo afeminado

olé… Pois ben; os galegos escorrentaremos do noso país a “praga de Exipto” aínda que se

presentara con recomendacións…, porque somos a antítesis da golferancia e do señoritismo,

da gitanería e do toureirismo.

Que resucite a Castela asesinada en Villalar. Que Castela deixe de ser o que Antonio

Page 261: Castelao - Sempre en Galiza

Machado lle botou en cara: “Castilla miserable, ayer dominadora, envuelta en sus andrajos,

desprecia cuanto ignora”. Entón Castela sería cicais unha Hespaña, e con ela nos

entenderíamos. Cos golfos e os señoritos, non.

Page 262: Castelao - Sempre en Galiza

XXV

Xa temos declarado a nosa posición nacionalista, é decir, cultural, frente á política

castelanizadora de Hespaña e ao arredismo portugués; pero aínda cómpre que apuremos

algúns argumentos a favor da autonomía integral de Galiza, empezando por acusar a

ruindade con que fomos tratados e a parva defensa que fixemos dos nosos dereitos, tanto no

pasado coma no presente. Aínda non está de máis o lembrar certos feitos hestóricos,

reveladores de consiñas non revocadas, para que os galegos nos dispoñamos a fortificar o

noso enxebrismo. E xa que a hestoria non nos oferece máis que desilusións, sírvannos estas,

tan siquera, de aviso proveitoso para non reincidirmos nos mesmos erros, pois a todo se pode

dar de lado menos á experiencia.

Iremos primeiramente ao século XV para ensaminar a revolución dos irmandiños e as

fataes resultas que nos deixou. Mandaban daquela en Galiza sete señores feudaes, todos eles,

por igoal, altaneiros de carácter, belicosos de xenio e duros de corazón: Andrade, Pardo de

Cela, Camiña, Monterrei, Altamira, Ribadavia e Lemos. Non tiñan máis lei que a súa vontade

nin máis voz interior que a da súa desmedida ambición. Vivían en loita constante os uns cos

outros, opóndose ao poder temporal da Eirexa e sen respeitaren o poder divino da monarquía.

Sóio atendían ao ensanchamento dos seus estados e a enriquecérense cos despoxos do

veciño. Cada señor quería ser único e indiscutido, e así Pedro Madruga (o de Camiña)

aseguraba que con quedar en Galiza a súa casa en pé xa quedaba de abondo. Aquela anarquía

proviña da eisistencia de moitos caracteres poderosos, determinados polo logos da época. Os

mesmos prelados, en vez de pregaren a paz, empuñaban a espada e alcendían a guerra civil. A

insubordinación era tan grande que os mesmos plebeus participaban, por reflexo, da rebeldía

dos seus señores, e opoñíanse a eles bravamente. Así foi que Juan II, Enrique IV e despois

Isabel I, para fanaren a soberba dos nobres galegos, fomentaron o esprito popular,

organizando Irmandades de viláns (esto era o que hoxe chamaríamos política demagóxica).

Non hai dúbida de que aquel caos, tan condenado polos hestoriadores, era un proceso

violento e necesario, chamado a enxendrar unha ideia xerárquica de Galiza, e de prolongarse

un pouco máis, sen interferencias estrañas, é seguro que se concentraría, ao fin, nunha

individualidade suprema ou nunha forma regular, propria e pacífica de goberno.

O primeiro alzamento dos irmandiños acaeceu en 1431 reinando Juan II. O señor de

Andrade, o Mao, facíase insoportable i entón os seus vasalos, organizados en Irmandade,

formaron un exército de moitos homes para non consentir máis goberno que o deles mesmos,

e tomaron por capitán a Roi Xordo, “home agudo, prudente e valeroso e de grande

autoridade”. O de Andrade non foi quen de resistir o asalto dos irmandiños e a gatas pudo

salvarse da morte. Os sublevados —“xente miúda e tola”— víronse libres do señorío de

Andrade i, enceguecidos polo trunfo, levantaron máis exércitos e alongaron a guerra contra

os demais señores, chegando a pór cerco á cibdade de Sant-Iago. A obra revolucionaria

consistía en derrubar os castelos, fortalezas e pazos, pois sóio a pedra dos valados era capaz

de deter o seu empuxe. A forza dos irmandiños era tal que o mesmo Juan II tratou de

apacigoalos, anque non atentaban ás rendas nin ás xustizas do rei. A todo esto a nobreza,

considerándose perdida, depuxo as diferencias que a dividían e recabou axudas do

Correxidor de Galiza e dos prelados para abateren o pulo irmandiño. Entón xurdiron

diferencias no seo da Irmandade, e as tropas reaes i episcopaes, postas ao servizo dos nobres,

acabaron axiña coa revolución. Cómpre decir que Andrade, o Mao, morreu naquel mesmo

Page 263: Castelao - Sempre en Galiza

ano; pero os seus vasalos —vencidos e apouvigados— tiveron que someterse a unha

escravitude máis dura que a de antes, porque ao Mao sucedeulle un fillo que era pior.

Precisamente, o Concello e veciños de Ferrol, véndose criminalmente maltratados polo novo

Andrade, enviaron un procurador á Corte de Castela, para querellarse ante o rei, polos

“muchos males e daños, cóhechos, depechamientos e arronzonamientos e muertes de

hombres e prisiones e despoblamentos e prisiones de hombres e mujeres e fuerzas e

desaguisados que les asi fueron hechos”. Por certo que o valente procurador tivo de

contentarse con leer a protesta que levaba escrita —según el mesmo declara— “aquí, ante las

puertas del palacio donde pasaba nuestro Señor el Rey, por cuanto non puedo haber su

presencia”. Este feito ocorreu o día 18 de xaneiro de 1432 —como para que os galegos

confiaran na protección dos reis.

A segunda sublevación dos irmandiños estalou no ano 1467, reinando Enrique IV.

Galiza estaba en plena descomposición dos seus elementos superiores, que guerreaban e

pleiteaban sen consello do proprio xuízo, descarregando a súa xenreira común no lombo das

clases serviles. O descontento xeral tomou corpo viril nas Irmandades, baixo o lema de

“Deus Fratesque Galleciae”. A xente das vilas e cibdades libres confradouse cos campesiños

para formaren un grande exército e abateren os señoríos. Os confradados non podían rexirse

máis que por eles mesmos, según rezaba na Carta fundacional que o rei lles outorgara; pero…

a pesares de tanta democracia buscaron o comando de fidalgos das menores casas, como eran

Aionso de Lanzós, Diego de Lemos, Pedro Osorio… (mesmamente como pasou catro

séculos máis tarde, cando as Sociedades agrarias buscaron o comando dos señoritos

políticos). Os nobres atopáronse en moura soedade polas loitas que mantiveran antre si e cos

prelados e concellos, e para salvaren a vida non lles restaba outro recurso que o de fuxir ou

agacharse. Galiza, pois, quedou a mercé dos revolucionarios. A Irmandade, en pulo

libertario, adicouse a derrubar castelos a eito, convertíndoos en fogueiras. Aquel alzamento

popular prosigueu os seus desmáns vengativos guiado unicamente pola carraxe, que, ao non

atopar resistencia, facíase insaciable. Faltáballes un ideal concreto e positivo, e por eso non

sabían qué facer coa vitoria. A forza e unidade dos irmandiños dimanaba dos éisitos

destrutivos; pero en canto albiscaron a necesidade de crear unha nova vida social xurdiron

desavenencias e discordias no seo do comando. Os fidalgos que capitaneaban a segunda

Irmandade eran inferiores a Roi Xordo, “verdadeiro e único heroi das liberdades galegas”. O

aturuxo das greas sublevadas aínda seguía resoando aos catro ventos da nosa Terra; pero a

todo esto a nobreza comezaba a entenderse e a xuntarse. O Conde de Camiña entrou en

Galiza con xente de Portugal o derrotou ao groso da Irmandade en Framela, antramentras que

o de Lemos desfacía as milicias do Bierzo. As forzas reaccionarias non tardaron en

desbaratar as derradeiras defensas da libertade. E así finou, por falla de ideias construtivas i

esceso de odio, unha revolución social que pudo causar o asombro do mundo.

Nin que decir ten que os pecheiros galegos volveron a un estado de servidume i

escravitude moito máis duro que antes do levantamento, véndose obrigados a erguer as casas

e muros que derrubaran. Os señores volveron a ser donos absolutos do país, pero con máis

xerarquía e máis ínfulas. 1 ben se ve, por este tristísimo exemplo, cómo non se debe aspirar

ao poder cando non se conta con ideias previsoras, enraizadas en sentimentos lícitos, é decir,

con ideaes. Porque os nobres galegos —duros, impíos, malvados, ruíns, tal e como aquela

época eisixía— tiñan, polo menos, o afán de impor a súa vontade, que, tomada como lei, era

idéntica á dos monarcas de Castela, pero sen hipócritas demagoxías. Cómpre engadir que as

Irmandades, creadas por vontade dos reis casteláns, obedecían á mesma política que nos

tempos modernos consinteu e até alimentou e fomentou o terrorismo en Barcelona. En Galiza

Page 264: Castelao - Sempre en Galiza

tratábase de abater o fume dos señores; en Cataluña o fume das industrias, base do orgullo

catalán. E todo demostra que o pobo sóio se salvará o día que deixe de ser masa…

Os reinados de Juan II i Enrique IV decorreron para Galiza nun espantoso

desconcerto, no que se malgastou a enerxía acumulada en séculos de paz e confianza. Os

nobres galegos mudaban de amigos e de nemigos asegún conviñese á hexemonía das súas

casas, e na hora da morte trataban de gañar a Deus con finxidos arrepentimentos. Xa non

gostaban da fronteira dos mouros, porque xa tiñan máis ambición que a de serviren a un rei de

lonxe. Cada cabaleiro galego era un rei. Para eles a fidelidade era cousa de cans; por eso non

a practicaban, pero impoñíana. Nas súas obscuras concencias puñaba o alborexo dunha nova

diñidade galega, cicais tan baril como a que enxendrou a Portugal. Empezaban a sentirse

galegos por enriba de todo. Pero estes nobres —fillos doutros nobres, afeitos a sentaren

príncipes da súa confianza no trono de Castela— viron que os casteláns desposuían á

lexítima herdeira de Enrique IV, e, de súpeto, rebuleulles no sangue o afán intervencionista

—entón xa suicida— dos seus maores. E velaí que os cabaleiros galegos alzáronse contra

Doña Isabel, a Usurpadora, e defenderon ardidamente os dereitos da “escelente Señora Doña

Xohana”, a Beltranexa. Xa era tempo de que o corazón dos nosos nobres dera unha mostra de

amor e xenerosidade; pero esta recaída sentimental da nobreza galega e a súa intervención

nos negocios casteláns sóio lles sirveu para labraren a desventura de Galiza.

Os Reis Católicos, ante a rebeldía dos señores galegos, decretaron a doma e

castración do reino de Galiza. Para executaren o castigo mandaron a Ladrón de Guevara con

moita tropa de casteláns; pero endexamais vencerían a coraxuda resistencia dos nosos nobres

se a hipócrita demagoxía daqueles reis non contase coas resultas da revolución dos

irmandiños, que souperon aproveitar creando novas Irmandades. O señorío galego seguía en

divorcio co pobo, co episcopado e cos concellos; e por este desconcerto foi posible organizar

en Galiza o que hoxe chamaríamos o quintacolumnismo, ao que, dito sexa de paso, se debeu,

igoalmente, a groriosa toma de Granada… Cómpre decir que a nobreza galega superou a súa

conxénita bravura e “se algunha vez se amostrou grande, foi en tan supremo momento”, pois

non somentes loitaba cos invasores —soldados e letrados implacables— senón tamén coa

inquina terrible dos plebeus, que, por vingárense de pasadas inxurias, axudaban aos

casteláns. O Mariscal Pedro Pardo de Cela e Pedro Alvares de Soutomaor (o de Camiña),

eran os dous grandes partidarios da Beltranexa, e moi homes debían ser cando deixaron un

ronsel de ademiración nas lendas populares de Galiza. Un deles polo Norte e o outro polo

Sul, combatiron rexamente ao exército real, e antramentras o vello Conde de Lemos andaba

indeciso, a cibdade de Sant-Iago (señorío eclesiástico) franqueaba as súas portas ao invasor

proclamándose polos Reis Católicos. En fin; cando os nobres se viron acosados por nemigos

estranxeiros e denunciados polo paisanaxe das súas terras, aínda tiveron azos para facerse

fortes en máis de sesenta castelos, nos que serían invulnerables se contaran coa simpatía dos

servos ou coa fidelidade dos criados. Así e todo a guerra durou anos e decaeu co tristísimo

episodio de Mondoñedo onde se puxo de manifesto a vileza e crueldade dos que sempre

complican a Deus nas súas fechorías. Coa decapitación de Pardo de Cela —17 de Nadal do

1483— obscureceuse a nobre xerarquía de Galiza.

Non é certo, non, que os Reis Católicos buscasen o sosego e o benestar da plebe,

abatendo a tiranía dos señores coa piadosa intención de aseguraren a paz en Galiza, porque a

paz que os servos necesitaban sóio podía chegarlles por camiños de liberdade. Non era

posible a emancipación do pobo galego —do proletariado, diríamos hoxe— cando Galiza

caía en escravitude, gobernada i esplotada por estranxeiros. O noso pobo foi vítima do

maquiavelismo castelán, pois era capaz de levantarse contra os seus señores i endexamais

Page 265: Castelao - Sempre en Galiza

pudo sacudir o xugo con que el mesmo axudou a someter á súa patria. Porque os nobres

salváronse moi logo da pauliña dos reis; pero a plebe nunca pudo erguer a súa frente

sudorosa. E daqueles erros e desventuras ficou Galiza enferma de escepticismo.

Page 266: Castelao - Sempre en Galiza

XXVI

Quen somentes coñeza o testamento de Isabel, a Católica, onde se asegura que “cada

Reino tiene sus Leyes e Fueros e usos e costumbres, e se gobierna por sus naturales”, creerá

que Galiza foi un Reino incorporado á Coroa castelán coma outro calquera; pero non foi así.

Galiza ficou sometida a un réxime de colonia conquistada e indina de exercer dereitos

políticos. Os Reis Católicos domaron a nobreza e castraron ao pobo para trocaren deste xeito

unha forza de touros en forza de bois.

Vexamos nalgúns documentos a política con que Castela gobernou a Galiza, en

demostración de que non fomos tratados como hespañoes. En 1475 os Reis Católicos

nomearon Presidente e Gobernador do Reino de Galiza a un tío seu, o Conde de Alba de

Liste, e velaí algúns treitos da cédula real: “mandamos… que el dicho Conde tenga, por Nós

e en nuestro nombre… la gobernación e administración del dicho nuestro Reino de Galicia…

e cuando… a esas dichas ciudades e villas e lugares fuere o enviare los recibades e acojades

como a nuestras personas mismas”. Tratábase, pois, dun Virrei con poderes absolutos,

obrigado a facer xustiza estraordinaria: “e de aquí en adelante… así por simple querella como

por grado de apelación… que las pueda oir e determinar, el o el que su poder hubiere…

sumariamente, de plano, sin escritura o figura de juicio… aunque sean tales e de tal calidad

que requieran judicial iuduce y conocimiento”. “Otrosí: porque pueda proceder por vía de

Inquisición en cualesquier delitos contra cualesquier malhechores (eran malfeitores os que

alzaran o pendón da Beltranexa) aunque sea en caso que de derecho no haya la dicha

inquisición”. Os Reis Católicos ordenaban que todo canto pedise o Gobernador —homes,

cabalos, armas, pertrechos, mantenimentos, etc.— “que lo enviéis luego a los lugares o a los

plazos que el vos dijere o mandare o enviare decir o demandar… so las penas que el vos

pusiere e mandare poner, aunque sean de perdimiento de oficios o confiscación de bienes”.

“… que pueda mandar salir de las dichas ciudades e villas e lugares… a cualesquier

caballeros e personas de cualesquier estado o condición, preeminencia o dignidad”. Como se

ve, os Reis Católicos trataron a Galiza e ao noso pobo pior que ás Indias e aos indios.

Di Zurita que “En aquel tiempo se comenzó a domar aquella tierra de Galicia, porque

no sólo los señores y caballeros de ella pero toda la gente de aquella nación, eran unos contra

otros muy arriscados y guerreros”. I engade dispois o P. Mariana: “los gallegos, por ser gente

feroz, todavía no sosegaban”, e, por semellante rebeldía, os Reis Católicos mandaron a

Galiza dous maxistrados, que, “con ajusticiar al Mariscal Pardo de Cela y otros hidalgos”

deixaron a autoridade real no seu punto. Nefeito; os Reis Católicos crearon en 1480 a sonada

Audiencia de Galiza, “para gobernar e mantener nuestros pueblos en toda quietud”,

encomendándolle a pacificación do noso país a dous xueces forasteros —Fernando de Acuña

e López de Chinchilla— os caes pesaban sobor da aristocracia, a teocracia e a democracia

galegas, “conociendo —esto decía a cédula real— de las dichas causas, breve y

sumariamente, sin estrépito ni figura de juicio”. Pero en realidade non foron estes xueces os

que domaron a Galiza, aínda que se facían acompañar por moitas lanzas casteláns, “todas a la

gineta”. Non; os que impuxeron a Xustiza do rei foron as varas de Alcalde —pintadas de

rechamantes coores—, repartidas antre os irmandiños…

En 1489 os Reis Católicos nomearon “Alcalde Mayor de Galicia” ao licenciado

Antonio Cornejo, tamén forasteiro, “porque ese dicho Reino esté proveído de justicia e haya

en el persona que la administre…” Supoñemos que esta frase será capaz de alporizar aos

Page 267: Castelao - Sempre en Galiza

galegos que a lean, e por ela decataranse do que foi a Audiencia territorial de Galiza nos seus

orixes. Pero aos dez anos andados —en 1500— os Reis Católicos sentíronse xenerosos e

mandaron afloxar os torniquetes da xustiza. Velaí algúns treitos da Ordenanza que enviaron

ao Gobernador e Alcaldes maores de Galiza: “por virtud de los poderes que de Nós tenéis

podéis conocer e conocéis de todos los negocios e causas que ante vos vienen así en grado de

apelación como de primera instancia e que de las sentencias e determinaciones que dais,

suplican ante vos mismos”. “… ordenamos e mandamos que de las sentencias o

determinaciones que vos… diéredes… puedan, si quisieran, suplicar ante vosotros mismos…

e que la sentencia que diéredes e que la determinación que hiciéredes sea habida como si se

diese en grado de revista por el Presidente e oidores de la nuestra Audiencia…”. “Que los

dichos gobernador e alcaldes mayores hayan cuatro escribanos receptores, los cuales sean los

que Nós nombraremos por nuestras cédulas”. Os treitos que vimos de transcrebir poñen de

manifesto a xustiza que os Reis Católicos estableceron na nosa Terra, pois sóio ao cabo de

vintecinco anos de tutela xurídica se deciden a deixar algún rastro dos seus procedimentos e

sentencias.

Non negamos que Galiza sofría unha terrible convulsión social —polo despertar das

clases serviles e os escesos que a nobreza cometía en defensa dos señoríos—; e se

quixéramos identificar aquela hora coa das liberdades alemanas, sóio bota ríamos de menos a

eisistencia dun Lutero galego… O noso país vivía nunha noite de incendios, agardando pola

alborada, e os Reis Católicos apagaron os incendios i ensumiron a Galiza nunha noite de

séculos, que algúns cronistas chaman de paz e sosego. ¿Disculparíamos hoxe a quenes, por

impoñeren a paz, tronzaran a revolución inglesa ou a francesa? Pois os galegos decimos que

os Reis Católicos tronzaron a nosa gran revolución, a que, co benestar social, nos daría

independencia política. Os Reis Católicos coñecían o vello adaxio “Ca tuvo Galicia reyes

antes que Castiella leyes” e mal podían considerarnos como un Reino incapaz de rexirse por

si mesmo. E ante a hestoria son responsables dun grave delito.

Con ser tan ruín o imperio político de Castela sobor de Galiza, consideramos pior o

seu imperio relixioso. A catolicidade da raíña Isabel foi a ganzúa con que Castela entrou a

furto en Galiza, sometendo a nosa Eirexa á súa tutela e impóndonos, dende o altar, a língoa, a

cultura, a intransixencia e o fanatismo dos casteláns. A nación en que se instaurou a primeira

monarquía católica de Hespaña; a que gardaba o sepulcro de Sant-Iago, “o sepulcro máis

grorioso de tódalas nacións do mundo”; a que sinalou Carlomagno como matriz moral e

material da Reconquista; a que soupo crear a Salve Regina Mater, que é o cántico máis

sublime da Eirexa; a que visitara, en penitencia dos seus pecados, o Conde Fernán González,

o fundador de Castela; a que fora patria de Eteria, Paulo Orosio e Itacio; a que recibeu en

pelerinaxe aos fundadores San Francisco, Santo Domingo e San Ignacio; a que tiña foro

apostólico para perdoar na súa propria língoa os pecados máis graves; a que confortaba a

todo canto había de grande ou de santo na Cristiandade; a que orixinou, a forza de fe, a

primera e única unión de Europa; en fin, esa Terra tan fondamente cristián, foi sometida

espritualmente e disciplinariamente a Valladolid. Coma se a intolerancia brutal que

decapitou a Prisciliano encarnara nos reis de Castela, Galiza foi de novo perseguido até o

fondo da súa concencia. E a decapitación de Pardo de Cela ou o asesiñato do Conde de

Camiña, como actos de crueldade, non son nada comparados coa dependencia eclesiástica de

Galiza a Valladolid, porque a Eirexa foi o instrumento con que Castela decapitou á nación

dos irmandiños…

A raíña Isabel ordenaba no seu testamento aos sucesores da súa coroa "que no

presentasen en Arzobispados, ni Obispados, ni Abadías, ni Dignidades, ni otros beneficios

Page 268: Castelao - Sempre en Galiza

eclesiásticos, ni algunos de los Maestrazgos e Priorazgos, a personas que no sean naturales de

estos mis Reinos”, porque, según ela entendía, “son mejor regidos e gobernados por los

naturales de los dichos Reinos y Señoríos e las Iglesias mejor servidas e aprovechadas”.

Sabido é que Isabel e Fernando conculcaron arreo esta manda; pero imos ver cómo Castela

rixeu dende Valladolid a Eirexa de Galiza… Imolo ver no pouco material hestórico de que

dispoñemos.

En 1599 a Xunta do Reino de Galiza (non se crea que esta Xunta eisistía no tempo dos

Reis Católicos) tomou o siguente acordo: “Item, por cuanto por la mayor parte los prelados

del Reino, cuales el Arzobispo de Santiago y los Obispos de Lugo, Mondoñedo, Orense y

Tuy, no son naturales del Reino, y los naturales, habiendo descendido de los que dotaron y

edificaron la mayor parte de las dichas iglesias, se quedan sin premio y por esto no se dan a

las letras; que se suplique a Su Santidad mande se provean los dichos beneficios, prebendas y

dignidades a los naturales del Reino, que con esta se aplicarán a las letras y a los estudios,

para lo que escribe el Reino a Su Santidad y al Señor Conde de Lemos”. ¿Sairía de algún país

unha súplica tan triste como esta?

Vexamos como eran os prelados que nos impoñía Castela, a xuzgar por un escrito que

o Cabildo de Catedral de Sant-Iago dirixeu ao seu Arzobispo, Don Juan de San Clemente, en

1597: “en las misas y vísperas de entre año a que V. S. asiste, se contente con que los

ministros de ellos hagan a V. S. las ceremonias, genuflexiones y humillaciones que el

Pontífice manda, y no otras”. ¡Que vaidoso! “Considerando la mucha renta de este

Arzobispado y lo poco que V. S. trae a él de las que tiene en Castilla y Andalucía, parece a

muchos que muy poca de la que V. S. tiene se gasta con los pobres de este Arzobispado,

siendo los que más derecho tienen a todo ello”. ¡Que tacaño! “Su hermana… es cosa cierta

que estaría mejor en su casa á parte que en la de V. S. por muchos inconvenientes… que han

resultado… con personas de su servizo” ¡Que inmoral! “así en este Arzobispado como en el

Obispado de Orense, que antes tuvo V. S. … se dieron los mejores beneficios de ellos no sólo

a los de Reinos extraños pero a los que penetibus ignoraban la lengua gallega” ¡Non sóio era

necesario ser estranxeiro; era obrigado iñorar o noso idioma! “por que fuesen causa la

pobreza de los jueces para hacer más pobres los vasallos, V. S. después que es Prelado en esta

Santa Iglesia, casi hizo lo contrario, porque ha dado la mayor parte de los juzgados y

merindades a hombres forasteros muy pobres y necesitados y no les da salario ninguno, los

cuales, para, mantenerse, es fuerza que hayan de sacar su sustento de la sangre de los pobres

vasallos”. Estes eran os místicos casteláns, escomulgadores do noso Fonseca…

Chegamos ao ano 1824, cando aínda estaba quente a sabiduría de dous freires

galegos: o P. Sarmiento e o P. Feixoo. E a unha petición do Abade Prior de Sobrado, pedindo

autorización para consagrar a doce monxes naquel mosteiro, contesta, dende Valladolid, o

“General Reformador de la Regular observancia de N. P. S. Bernardo, Orden del Císter en

estos Reinos de Castilla y León” o siguente: “…los que según el equitativo reparto

correspondiente al presente estado, deberán ser: cinco de la porción de Castilla la vieja,

cuatro de la de Castilla la nueva, dos de la de Galicia y un Riojano…”. Así se comprende que

a fala das Cántigas xa non servise para dirixirnos a Deus, porque non a entendían os seus

ministros…

Non abondaba que Galiza estivese rexida e gobernada por déspotas casteláns e que os

galegos non tivéramos representación en Cortes, nas que falaba Zamora por nós e sen o noso

consentimento (esta anomalía proviña xa do reinado de Alfonso XI, que nas Cortes de Alcalá

do 1348 limitou a dezasete o número de diputados). Era preciso, ademais, que en nome da

santa relixión de Cristo se nos alonxara de toda disciplina moral e cultural, impóndonos

Page 269: Castelao - Sempre en Galiza

prelados que perseguían o idioma galego e considerando equitativo nomear, para un mosteiro

de Galiza, a dez monxes casteláns por sóio dous galegos.

E nin así se castelanizou a Galiza; pero non hai dúbida de que así se degradou na súa

cultura e no seu esprito.

Page 270: Castelao - Sempre en Galiza

XXVII

Os Reis Católicos —“falsificadores de Bulas apostólicas”— aferrollaron a Galiza

valéndose de artimañas innobres, e para evitaren novos accesos de rebeldía esterilizáronlle as

entrañas. O primeiro que fixeron foi levaren a Castela, furtándollo a Galiza, todo canto

siñificaba riqueza, valimento e poderío. Para someternos á triste condición de país protexido

conviña non deixar alí máis que unha informe masa de servos. Así ocurreu que os Reis

Católicos, estando de visita en Sant-Iago, ordenaron aos grandes señores de Galiza

—Andrade, Monterrei, Lemos, Altamira— “que se fuesen tras ellos a Castilla… dentro de

corto tiempo, so pena de muerte”. Esto nos di Vasco da Ponte, coma si se tratase dun castigo;

pero en realidade foi porque os Reis Católicos comprobaron o empuxe daqueles aristócratas e

quixeron aproveitalos. A política arteira e maquiavélica do Tanto Monta non era, non, tan

despreciadora dos nosos varóns, pois para levalos á guerra de Granada chamábanlle “muy

Nobles, muy Leales y muy Esforzados caballeros”. Por certo que según sacamos dunha

referencia oficial, os galegos “contribuyeron con sus vidas y haciendas (as facendas eran de

Galiza e as vidas tamén) en la conquista de aquel Reino, repartiéndoles varias tierras,

especialmente a los jefes de los tercios de tropa que con los apellidos de Moscosos,

Saavedras, Vázquez, Tobares, Dávilas, Ulloas, Casales, Monterrosos y Montenegros, se

establecieron en aquellos países, dejando larga descendencia”. Sábese ben como a nobreza

galega dou ao imperio católico moi grandes capitáns, até chegar a igoalarse un Fernando de

Andrade co gran Gonzalo de Córdoba, este fillo da nosa raza. E a contribución dos feroces

galegos foi tal que, moito dispois, pudo decir Lope de Vega: “Galicia, nunca fértil en poetas,

pero sí en grandes capitanes”. Pero non hai dúbida de que a Galiza convíñalle máis ter dado

poetas que capitáns.

En verdade sería inxusto atribuír a desventura de Galiza á tiranía dos seus derradeiros

señores, pois se a nosa Terra sofreu a un Andrade o Mao, tamén gozou dun Andrade o Boo,

quen, ademais de mandar construír, do seu peculio, sete eirexas, sete hospitais o sete pontes,

mandou escrebir en galego a Crónica Troiana e outros códices. Se un Alonso de Fonseca non

foi trigo limpo, ninguén negará que fundou o Colexio que leva o seu nome. Se o Conde de

Monterrei foi un gran pecador, non por eso nos é doado negar que a el lle debemos a

importación da primeira imprenta. Se Pardo de Cela comía o obispado de Mondoñedo e

Pedro Madruga comía o de Tui, tamén é certo que ambos defenderon a diñidade da nosa

patria. Non; a desventura de Galiza iniciouse co ausentismo dos señores, imposto polos Reis

Católicos para engrosaren a grandeza de Castela e, de paso, eliminaren as nosas arelas de

independencia. ¿Sería acaso posible asegurar en Galiza o sosego dos Xustizas casteláns

estando alí presentes os grandes señores? ¿Sería doado eliminar aos naturaes de Galiza dos

obispados e diñidades, das audencias e correximentos, das comisións e adeministracións de

rendas reaes, trocando aos galegos en feudatarios de Castela? Eso soio foi posible cando se

atoparon, frente a frente, a forza absoluta dos monarcas e a relativa dos municipios, é decir, o

lobo e as ovellas.

O que os nobres galegos fixeron en Castela —que foi moito e moi bo— deixaron de

facelo en Galiza; pero non nos doi tanto o que perdemos con eles coma o que eles nos

custaron, o que eles levaron. Ao instalárense na Corte, á beira dunha aristocracia hostil,

medrou neles o afán de superación, montando as súas novas casas cun luxo desmedido, a

costa, claro está, dos probes servos galegos. Así vemos que no repertorio nobiliario de

Page 271: Castelao - Sempre en Galiza

Hespaña brillaban fastuosamente os tiduos galegos á cabeza dos máis grandes, sen que por

eso se decidisen a vindicar o inxurioso concepto que, por consiña castelán, corría naquelas

terras en contra da nosa nación, a súa patria de orixe. Non hai dúbida de que a nobreza galega

foi axiña domesticada no desterro, e que os fillos dos desterrados ademitían que os seus

maores foran bandidos, salvaxes e malfeitores; mais non por esto deixaban de cobrar os foros

que os seus maores instituíran, por que eran as rendas necesarias para runflaren na Corte.

Eles gastaban en Castela o froito do noso traballo, escoando a economía de Galiza,

zugándolle o zume vital e dotando de aberracións xurídicas o usual dereito do noso país. A

política parasitaria de Castela contou coa descendencia dos nosos grandes señores, trocados

en zamezugas, e deste modo a pauliña dos Reis Católicos caíu enteiramente sobor do pobo

traballador.

Como ilustración do que decimos abonda leer a famosa carta do Conde de Gondomar,

enviada dende Londres a Don Andrés de Prada, en 1614: “Y sobre todo lo que no sabemos

haga otra nación en el mundo, hace la nobleza de Galicia, pues todos los señores naturales

sacan la subsistencia de sus vasallos y de su patria para illa a gastar en las extrañas, en servizo

de Dios y de su rey. De que tomó origen el proverbio de „Gallego traedor‟ y nosotros mesmos

por donaire añadimos el „i‟ algunas veces, diciendo „traidor‟”. Cómpre decir que o donaire

sóio se cata nas verbas do Conde de Gondomar —fidalgo aldeán, enfermo de morriña— pois

os traedores do proverbio eran verdadeiros traidores e non merecían outro alcuño.

Xa que andamos en donaires, será ben que reivindiquemos unha virtude galega que

se nos nega por sistema: a virtude do desprendimento. Nós somos, para os casteláns, unha

xente tacaña e angurrenta, des que os galegos traedores, por unha banda, e os forasteiros

levadores, pola outra, nos deixaron ensumidos na miseria. Para desfacermos esta inxuria

citaremos, por donaire, unha orde dos Reis Católicos, dirixida ao Reino de Galiza por meio

do Gobernador e Alcaldes maores, da que sacamos os siguentes treitos: “… sepades que Nos

somos informados que en ese dicho Reino los caballeros, escuderos e hidalgos e labradores e

otras personas cuando habedes de casar vuestros hijos e hijas, hermanos e hermanas, criados

e criadas, o cuando han de recibir bautismo vuestros hijos o cuando algun clérigo quiere

cantar misa nueva o cuando hacéis alguna cosa nueva, convidáis para los tales autos e fiestas

a muchos hombres e mujeres… en los cuales autos e fiestas diz que se hacen en esto mayores

gastos de los que buenamente pueden sufrir e se hacen pobres o menesteresos… e porque

todo esto redunda en deservizo de Dios e Nuestro e daño de los pueblos e de la república de

ese dicho nuestro Reino… mandamos… que no sean osados de llamar ni convidar para los

tales autos e fiestas salvo los parientes e parientas e afines dentro del tercer grado”. Como se

ve, os Reis Católicos non consentían que os galegos botásemos a casa pola ventán —cousa

que nunca se fixo en Castela—, porque así non a podían envorcar na arca do fisco. A piedade

de Isabel e Fernando asañábase ante semellante despilfarro, do que, por certo, aínda non

estamos curados. Ben dixo Unamuno que “no hay más rumboso, ni menos avaro, ni más

alegre que un aldeano gallego”. O caso é que a costume de convidar aos veciños, amigos e

parentes nas festas de familia nasceu, de fixo, en épocas de fartura; é decir, cando non

dependíamos de Castela. ¿Podía acaso xurdir dispois? A nós non nos custa ningún esforzo o

creermos que os gastos que se orixinaban nas festas tradicionaes de familia xa eran escesivos

dispois de alcanzar a Galiza o reparto da miseria hespañola; pero non se pode negar que se

facían a costa propria e para ledicia propria. E o que a piedade dos Reis Católicos debía

impedir era o luxo que mantiñan os nobres galegos na Corte castelán, a costa dos probes de

Galiza.

Dígase o que se queira, o ausentismo dos grandes señores representou para Galiza

Page 272: Castelao - Sempre en Galiza

naqueles tempos unha perda irreparable de riqueza e diñidade, porque ao non seren abolidos

os señoríos, aqueles nobres non deixaron de pesar dende lonxe sobor da nosa economía, e

con eles marchouse a rebeldía, o orgullo, a insumisión da patria galega. En troques

quedounos unha moitedume de fidalgos da ínfima nobreza, impotentes e vaidosos, ao frente

dun pobo bulrado, abatido, roubado e sen ningunha espranza de salvación.

Supoñemos que un demagogo calquera, ao leer estas páxinas, arelará perguntarnos se

a nosa Terra necesitaba dos seus aristócratas. Nós responderíamos que si, porque tódolos

pobos necesitaron unha aristocracia como agora necesitan unha élite —aristocracia non

vitalicia nin hereditaria—. E por eso decimos que o desterro dos grandes aristócratas galegos

foi un acto alevoso, proprio dos Reis Católicos, que así decapitaban a unha nación sen que a

mesma nación se enterase, bulrando ao mesmo tempo o xuízo da hestoria.

O reinado de Isabel e Fernando, “con sus intrigas tan astutas, sus deslealtades, su

carencia de escrúpulos, su habilidad para conseguir los objetivos de su retorcida política”, diz

que foi a materia que inspirou as cínicas teorías de Maquiavelo, e, polo tanto, nós temos

dereito a creer que a nosa Terra foi un dos máis vellos escenarios do maquiavelismo. Nefeito;

os Reis Católicos afondaron o divorcio do pobo cos seus aristócratas, para trocaren as

Irmandades en policía indíxena, ao servizo do imperium e soberanía de Castela. Apuntalaron

a estrutura feudal —xa carcomida— do noso país, e levaron consigo aos señores galegos para

usufructuaren o seu poder e as súas rendas, convertindo, deste xeito, a Galiza en nación

proletaria, esplotada por Castela. Impuxeron a lei do “pau e tente teso” por meio dunha

audencia montada con xueces casteláns, para que a paz, que forzosamente había de suceder

ao desorde revolucionario, fose a paz que conviña a Castela, a paz dos mortos. Confiscaron

de novo a voz e o voto de Galiza en Cortes, para que ninguén escoitase as nosas queixas; pero

tiveron bo coidado de asegurar as rendas da Coroa e a cobranza dos repartimentos,

obrigándonos ao que Zamora acordase no noso nome e sen autorización nosa. E para que en

Galiza non poidera xurdir unha élite natural capaz de sustituír a nobreza do sangue cegaron as

fontes patrimoniaes do noso esprito e da nosa cultura, someténdonos á reitoría moral de

Castela. ¿Non é todo esto maquiavelismo?

Page 273: Castelao - Sempre en Galiza

XXVIII

Certo que os Reis Católicos venceron aos nobres galegos; pero dispois non quixeron

privalos do domiño feudal, asimilando os antiquísimos señoríos de Galiza ás propriedades

basadas en recentes conquistas e usurpacións, trocando así os anacrónicos impostos en

rendas ben saneadas. Os Reis Católicos máis ben se esmeraron en contentar aos nobres

vencidos, conquerindo a súa adhesión, para utilizalos nas empresas do imperio. Ocurreu que

os monarcas casteláns, en vez de premiaren ao pobo galego polos servizos que lles prestara,

“reavivaron a condición feudal con que viña constituída a propriedade”, trocando deste xeito

a precaria tiranía dos señores en perdurable e irreprimible tiranía do Estado. E nesto consisteu

a verdadeira doma de Galiza. “Sobor do probe campesiño galego —di Murguía— caeron a

bao, non sóio os impostos o os diezmos, senón tamén as cárregas señoriaes, engadidas ás que

xa pesaban sobor da propriedade”. Quer decirse que Galiza foi vítima do imperio

económico-fiscal de Castela, a tiduo de dependencia política, e do seu terrible Dereito, a

tiduo de protección; polo que o pobo chan de Galiza (o proletariado) mal podía emanciparse

como clase ficando sometido, como pobo, a unha Coroa entrampada e a unha Lei ditada por

parásitos. Ben se pode afirmar que o diñeiro que Castela nos cobrou para protexernos saíu

enteira-mente do traballo, pois a propriedade sóio sirveu para manter na Corte o luxo dos

señores vencidos e a clerecía estranxeira que nos impoñía Valladolid.

Ensaminemos, de pasada, o resultado da sumisión de Galiza aos Reis Catóticos, ou

sexa a Castela, e vexamos os males que nos acarreou a lei castelán no que toca ao problema

agrario.

Os señores galegos, sendo tan inhumanos como se conta, daban terras aos

campesiños en condicións que, ben mirado, levaban en si mesmas un certo principio de

liberdade para o futuro, pois o canon foral que percibían non era como renda da terra senón

como imposto, e a posesión e sucesión de calquera caste de bens rústicos non necesitaba de

escrituras para ser respeitada por todos. Os señores galegos non celaban as terras dos seus

estados como se fosen obxetos de renda; celábanas como base de señorío, pois daquela non

estaban aínda imbuídos do concepto civil da propriedade que sempre primou e prima en

Castela. Digámolo en romance castelán: “Era por el fuero y no por el huevo”. A propósito

desto lembraremos un famoso pleito que chegou á chancillería de Valladolid en tempos de

Carlos I. Os freires bernardos de Monte de Ramo (xa desgaleguizado aquel convento)

reclamáronlle ao señor de Maceda unhas terras, que, según eles, estaban comprendidas nunha

súa carta de privilexio, é decir, que os freires reclamaban a propriedade dunhas terras que

nunca posuíran, a tiduo de dereito civil e aos efeitos da renda, que era o único que lles

intresaba. A propriedade empezaba a loitar en contra da posesión. Por certo que o abade de

convento pideulle ao señor de Maceda que amostrase os tiduos de perteñencia daquelas

terras, e o señor de Maceda respondeulle así: “¿E eu que tiduo hei de amostrar máis que

habelas herdado de meu pai e meu pai de meu avó e meu avó dos nosos antepasados, que as

posuíron dendes que o mundo foi mundo? Vós e San Bernando —que era da Franza— e a

puta que vos pariu, que tendes que ver coa miña facenda, por uns poucos de papeis

derrocadeiros que presentades?”. Neste pleito a vella loita dos aristócratas contra o poder

temporal da Eirexa toma un novo cariz, pois os prelados siguen con potestade de señorío, e os

mosteiros —fundados e dotados por señores galegos— están en poder de frades casteláns e

rexidos dende Valladolid, convertidos en acaparadores da propriedade i en parásitos do

Page 274: Castelao - Sempre en Galiza

traballo. Cos frades casteláns entrou en Galiza o sentido castelán do Dereito, “reducindo a

vida a fórmulas metafísicas, para afogar a liberdade e a vitalidade dos grupos naturaes”. As

terras qus os frades ían tomando aos señores furtábanse ao comprimento daquel vello refrán

que decía: “Os bens dos señores van a mans de labradores”. Porque os frades traballaban para

a inmortalidade dos seus conventos, asegurando as propriedades que acadaban con

firmísimas escrituras. Así os bens dos señores amingoaban, e os dos frades medraban. Foi

deste xeito que a posesión da terra, aínda que viñese de tempos remotos, valía menos que un

papel interpretado na chancillería de Valladolid.

Asegura Senador Gómez que ninguén defende o concepto civil da propriedade

territorial como non sexa aquel que ten un intrés directo en defender a renda. Esto non é

verdade en Galiza, nin o foi nunca, pois alí o valor en renda é moi inferior ao valor en venda,

i esto proba que a terra galega ten un valor inmaterial e imponderable, ben calificado de

antieconómico á luz do sistema capitalista. O que todos sabemos é que as terras de Galiza

están, estiveron sempre, cultivadas primorosamente, gracias á institución dos foros, que a

tutela castelán trocou en rémora.

Os nosos labregos, a comezos do século XVI, vendo que a lei imposta confundía

lamentablemente o domiño do señor co domiño do proprietario, e tocados, ao mesmo tempo,

da iñorma xurídica dos frades, demandáronlle aos seus señores os tiduos de perteñencia das

terras de que se decían donos, tratando así de faceren valer os seus dereitos á posesión dos

fundos que viñan cultivando dende antigo. Ai, o que era direito para os frades era torto para

os labregos galegos! Nin que decir ten que os nosos labregos endexamais deberon recurrir a

xueces estranxeiros. “Pasou entón —di Murguía— unha cousa sen nome. A xustiza (a de

Castela), aténdose á falsa letra dos contratos, non tendo en conta as condicións e costumes

dos tempos en que tiñan sido feitos, declarou caducados unha chea de foros, devolvéndoos

aos donos do domiño direito, é decir, aos señores, i estes despoxaron aos míseros labregos,

ou impuxéronlle un novo canon, tan subido que se facía imposible o traballo da terra en

Galiza”. Non é dificultoso maxinar o trastorno que esta cega determinación causou á nosa

agricultura e, por ende, á sorte dos nosos campesiños. Se os Reis Católicos liberaran ao pobo

galego do señorío feudal, xa que decretaran a súa doma, ou se Galiza poidera seguir

rexíndose por proprias leis, usos e costumes, é seguro que o noso campesiño daría o prototipo

da xustiza social que en Hespaña se necesita, en vez de ser unha vítima constante dos usos,

costumes e liortas de Castela. Pero, a decir verdade, o noso país era dono de fondas tradicións

e mal podía caber no Estado vandálico que crearon os Reis Católicos.

Sabido é que por Bula de Urbano VIII, dada en 1641 e a petición dos “Caballeros

Hospitalarios del Priorato de Castilla”, era doado entregar terras en foro (censo enfitéutico,

que din os avogados) pola vida de tres reis e vintenove anos máis. ¿Sabedes vós, por acaso,

que esta Bula chegase a crear unha institución de dereito en Castela e demais reinos da súa

soberanía? Sóio sabemos que en Galiza vivía xa, con anterioridade, a costume de dar terras

en foro e por tempo ilimitado pero en virtude da inútil incitación apostólica resultaron aínda

máis comprometidos os labregos galegos, pois no imperio latifundista tomouse a Bula de

Urbano VIII como fundacional dos nosos foros. Neste intre os fillos dos señores galegos que

conservaban o domiño directo —case que todos eles residentes na Corte— decatáronse de

que as terras aforadas acreceran o seu valor en renda, debido, claro está, ao traballo dos

foreiros, i entón trataron de deshaucialos, para trocaren os antigos foros en modernos

arrendamentos. O resultado das demandas foi tan espantoso que de aí provén, de fixo, a nosa

tola emigración. O clamor da miseria producida en Galiza polo egoísmo dos aristócratas e a

torpeza das leis hespañolas chegou a furar o tímpano do monarca. Cómpre decir que a Real

Page 275: Castelao - Sempre en Galiza

Provisión de Carlos III, dada en 1763, sóio deixou en suspenso a tramitación i execución das

demandas e, polo mesmo, debemos considerala como unha nova estala xurídica, pois lonxe

de abolir a inxustiza que pesaba sobor de Galiza, equiparou os dereitos anacrónicos do

señorío feudal aos vixentes da propriedade. E non se diga que o problema tivo solución na

época constitucionalista e liberal. Sóio a pasaxeira República do 73 tocou no problema,

concedéndolle aos foreiros os dereitos de libre redención; pero esta promesa republicana foi

axiña anulada pola lei monárquica do 20 de febreiro de 1876. ¿E que di o Código Civil? Ah,

o Código Civil encomenda a solución do problema dos foros a unha lei especial que

endexamais se promulgou (xa temos falado da sorte que se lle fixo correr ao Apéndice que

Galiza presentara nas Cortes do 1915). ¿E que fixo a República do 31? Nós cedemos ao xuízo

que fai Portela Valladares: “En todas partes, dende Inglaterra, que invirteu catro mil millóns

de pesetas ouro para liberar as terras dos irlandeses, até Rumanía, os problemas agrarios

resolvéronse con intervencións e sacrificios de Goberno. En Hespaña presentouse unha lei

capaz de transformar a estrutura campesiña, de dar a terra ao que a traballa, de constituír a

clase agrícola que nos faltaba. E o Goberno non dubida en gastos ante o magno proiecto. Sóio

Galiza fica co seu problema, esceptuada daquelas universaes medidas. Galiza, onde a crisis é

máis doada de resolver i está tinguida de maores inxustizas”. ¡Cantas bágoas, cantas

inquedanzas, cantas miserias, cantos traballos e cantas agonías leva sofrido a nosa Terra por

este pleito! Pensar que os nosos labregos —eles soios— foron capaces de alixeirar a cárrega

das súas terras énchenos de confianza para encararnos o futuro; pero endexamais nos

consolaremos de ter caído baixo o xugo e as flechas de Isabel e Fernando.

Como remate deste artigo e para xustificar a desconfianza que nos inspiran os

políticos de secano, anque se chamen republicanos, lembraremos un feito recente. Ao

reorganizarse a Comisión Xurídica Asesora, por decreto de 20 de febreiro do 1935, o

Goberno non lle concedeu un vocal aos Colexios de Avogados de Galiza, concedéndollo ás

demais rexións foraes: Baleares, Cataluña, Aragón, Navarra i Euscadi. Cómpre decir que, á

parte dos coñecidos anceios autonomistas, Galiza estaba recoñecida oficialmente como país

de Dereito privativo, e, xustamente por non ser aínda Lei o proiecto de Apéndice ao Código

Civil que tiñamos presentado dende o ano 1915, non se podía escluír a Galiza desa Comisión

Xurídica. ¿Por que se fixo? Porque Galiza vive anestesiada e aínda hai moitos galegos

capaces de condenaren, poño por caso, o meu nacionalismo. Lembramos a protesta

respetuosa, do Partido Galeguista —a única que saíu do noso país— “Galiza, Señor, é

Rexión diferenciada do resto da Hespaña pola súa estrutura social e xurídica, particularmente

na súa demografía non urbana, que tradicionalmente vén alentando un dereito peculiar, que,

non por ser consuetudinario, e por elo esencialmente democrático, deixa de ser tan diño de

atención como calquera outro dereito escrito ou recopilado, etc., etc.” Non é necesario decir

que a nosa protesta foi despreciada, como serán despreciadas sempre en Madrid as protestas

respetuosas que eleven os galegos.

Galiza sóio merecerá respeito cando abandonemos a nosa mansedume, dispois de

saber o que fomos, o que deixamos de ser e o que seríamos con vida independente. E por eso

agora eu, vencendo engullos i escrúpulos, ando a remexer o máis triste período da nosa

hestoria.

Page 276: Castelao - Sempre en Galiza

XXIX

Din que Galiza foi un Reino independente —unhas veces con rei proprio e outras

alleo— até o século XV, e que dispois gozou das ventaxas do réxime autónomo até ben

entrado o século XIX. Pois ben; calquera tradicionalista pode aconsellarnos que nos

contentemos con restaurar a “Xunta do Reino de Galiza” baixo as mesmas prerrogativas que

a Raíña Católica nos outorgou. En primeiro lugar a “Xunta do Reino de Galiza” non foi

creada polos Reis Católicos; mais para responder aos tradicionalistas cómpre que seipamos

o que representou aquel aparello.

Os Reis Católicos entendían que gobernar era mandar, e que un país estaba ben

gobernado cando os seus habitantes obedecían cegamente, é decir, cando a paz e sosego dese

país era inalterable. Para esa maneira de gobernar crearon unha Audencia en Galiza, con

letrados casteláns e presidida polo Gobernador —dispois Capitán xeral—, en quen estaba

presente a vontade absoluta da Coroa; e como complemento indispensable da Audencia, o

Gobernador soía “axuntar o Reino”… Chamábase así a un xuntoiro de procuradores elexidos

polos concellos de cabeza de provincia, nos que se consideraba representado o país enteiro,

aos efeitos de dar comprimento ás reaes cédulas e provisións, ou sexa ao que Castela

demandase de Galiza: diñeiro, soldados, abastos, etc… De modo que os Reis Católicos

consideraban que Galiza estaba de abondo representada na vontade de cinco concellos e con

cinco concellaes… E de que estes xuntoiros eran insuficentes para daren satisfacción a certas

eisixencias materiaes da Coroa dá fe unha carta do Gobernador, dirixida en 1552 ao Ministro

de Carlos I, na que se disculpa de non ter axuntado o Reino, porque “las ciudades por sí ni

tienen tierras ni es nada todo lo que pueden servir”, por cuia razón el avisa que “estas

ciudades son muy diferentes de las de Castilla y así cuando se le mandase a este Reino que

sirva, no es menester tratar que las ciudades pueden cosa sin sus provincias”.

Corre como certo que a “Xunta Xeral do Reino de Galiza” xurdeu como órgao

subordinado da primeira Audencia, i que, polo tanto, se lle debe aos Reis Católicos; pero en

ver dade sóio tomou nome, como corporación permanente, ao inaugurarse o reinado de

Felipe III. De todos xeitos a cousa non variou no esencial, anque variase como símbolo

representativo, pois no feito de axuntar aos procuradores das cibdades ou dispoñer dunha

Xunta permanente destes mesmos procuradores, sóio nos é doado apreciar unha mesma e

oprobiosa política.

O xuntoiro do Reino constituíase con tantos persoeiros como provincias tiña Galiza, i

era obrigado que todos eles fosen rexidores saídos dos concellos das capitaes, un por cada

cabeza de provincia. No reinado de Isabel e até os promedios do século XVI, sóio había cinco

provincias —Sant-Iago, Betanzos, Lugo, Mondoñedo e Ourense— e, polo mesmo, a

representación do Reino compoñíase de cinco procuradores. Dispois do reinado de Carlos I e

até o ano 1833, data da presente división territorial e morte da Xunta, esta compo ñíase de

sete procuradores, correspondentes ás sete provincias que se simbolizan nas sete cruces do

escudo do Reino, a saber: Sant-Iago, A Cruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui

(nótese que o orde en que pomos as provincias responde ao turno de preeminencia que os

procuradores gardaban antre si nas ceremonias, de modo que no de Sant-Iago, por ser

primeiro, estaba á cabeza da Xunta). Cómpre decir que os procuradores —caballeros

capitulares— eran, polo regular, xente fidalga e de resesos pergameos, cicais escesivamente

pagados do seu triste papel, pero incapaces, eso si, de soportaren unha descortesía nas súas

Page 277: Castelao - Sempre en Galiza

persoas.

Consta que na sesión celebrada en Sant-Iago o día 2 de xulio do ano 1528, “después

de platicado en que se cumpla con toda brevedad lo que Su Magestad manda por sus

provisiones e cédulas Reales, sobre que han sido llamados e ayuntados”, tomouse o acordo

de celebrar sesións anuaes ordinarias en cada día 15 de marzo, o cal siñifica unha toma

importante de atribucións; pero é o certo que sempre que topamos algunha referencia das

xuntanzas, estas son arreo convocadas polo Gobernador ou Capitán xeral, e sempre por

cédula do rei. Tamén se di que os procuradores acordaban, de antemán, ónde habían de

celebrar a siguente sesión, que podía ser en calisquera cibdade ou vila; pero é o caso que no

ano 1599 —en tempos de Felipe III e xa eisistindo a Xunta do Reino de Galiza— carecían os

procuradores de semellante atribución, como se ve nos acordos que tomaron, pedindo cédula

e licencia do rei “para que las provincias del Reino se puedan ayuntar en los lugares que les

pareciere, para tratar las cosas del servizo de Dios y del Rey y provecho y utilidad del bien

público”. A intromisión do Poncio era tal que nunha acta do ano 1702 aparecen estas verbas:

“Y asimismo, con la reverencia debida, protesta el Reino y en su nombre el señor Diputado

de la ciudad de Santiago, a Su Exa., el que se sirviese dejar al Reino en libertad para poder,

por si solo, hacer las juntas y conferencias necesarias”; e consta que “se levantó Su Exa. y

dichos señores diputados, y puestos en la forma en que habían entrado, se salió Su Exa.,

cortejando al Reino hasta la puerta” (nesta ocasión o rei pedíalle a Galiza unha leva de miles

de homes para os tercios de Flandes e non era cousa de disgustar aos “cabaleiros

capitulares”).

Antramentras o vulgo castelán e os seus escritores nos aldraxaban sen medida, para

serviren as consiñas imperialistas, dábase o caso de que os monarcas de Castela —máis tarde

de Hespaña—, dende Isabel I até Felipe V, outorgaban tiduos cada vez máis escelentes ao

noso Reino, simbolizado na Xunta, porque cada vez nos eisixían maores contribucións,

trocándose así os tiduos honoríficos en bulras inxuriosas. Velos aí van en ringleira sucesiva:

“Muy Alto y muy Valeroso”, “Muy Noble y muy Fiel”, “Muy Fiel, muy Noble e muy

Esforzado”, “Alteza serenísima”, “Muy Alto Señor”, “Muy Ilustre, muy Fiel y muy

Valeroso”, “Excelencia”, “Fidelísimo Reino”, “Excelentísimo y Fidelísimo, Muy Noble y

Leal Reino”. Consta, ademais, que a tropa de tercios hespañoes estaba obrigada a rendirlle

honores, abatendo tres veces a bandeira en presencia da Xunta, coas tres cortesías que sóio se

prestaban aos príncipes da casa reinante… En fin; cando trazamos un paralelo antre

semellantes etiquetas e o diñeiro e o sangue, as levas e os tributos estraordinarios que nos

cobraron por elas, ficamos asombrados da nosa serenidade de xuízo…, porque non é posible

que nos sintamos hespañoes dispois de follear as páxinas derradeiras da nosa hestoria, pois

para sentirnos hespañoes é preciso que confiemos moito no porvir.

Imos ver en qué consisteu a autonomía de Galiza. A Casa de Austria recibira en herdo

dos Reis Católicos o antigo Reino de Galiza coma se fose unha colonia de salvaxes

amansados, sóio apta para obedecer. A proba da nosa escravitude está en que carecíamos de

representación en Cortes, téndoa os demais reinos e que, ademais, estabamos na obriga de

acatar a voz estraña de Zamora coma se fora a nosa propria voz e aínda que os procuradores

da cibdade de Zamora falaran sen autorización da Xunta de Galiza, pois esta sóio nos

representaba dentro do país e aos efeitos de verificar as derramas con que a Coroa nos

estruchaba. A Xunta, pois, era o consabido órgao que aínda hoxe se utiliza por comodidade

nalgunhas colonias para enchufar nel o tubo absorbente do imperio… Si; Galiza non foi

tratada como un anaco integrante de Hespaña, e para confirmalo abondará con arrancar das

actas da Xunta algunhas queixas formuladas no decorrer da súa agonía.

Page 278: Castelao - Sempre en Galiza

Pasemos por riba de certas protestas, tales como a de pedir ao Real Consello de

Castela que “no entren en este Reino paños de Pedrosa ni de Viguera (Logroño) por ser falsos

y podridos”. Fixémonos no que ocurría co sal. A Xunta protesta en 1599 da súa impotencia

para correxir os abusos dos proveedores de abastos —todos eles forasteiros—, que facían

escasear o sal para cobralo dispois a prezos desmedidos. E sesenta anos máis tarde a Xunta

quéixase dos impostos con que a Real Facenda recargaba o prezo do sal en Galiza, até o

estremo de que os probes non podían mercalo e valíanse da salsa do mar “para el pan y otras

cosas del mantenimiento de cada día”, por cuio delito eran vexados e apreendidos… ¿Non é

este un caso típico de coloniaxe?

As levas de homes en Galiza facíanse por orde do rei contra as súas proprias Reales

Órdenes e sen respeitar o capitulado na Xunta do Reino. Así, por exemplo, en 1639 “en la

Armada Real que llevó a Flandes Don Antonio de Oquendo, el Gobernador de Galicia

embarcó por fuerza veintiocho mil labradores”. Este mesmo Poncio embarcou pola forza aos

labregos das milicias que foran á Cruña para gardaren aquela praza, “siendo todos casados y

con familia”; por certo que, para armar novas milicias e termos con que defender o país, a

Xunta levantou 25 000 ducados “y estando en poder de los Depositarios se valió su Majestad

de ellos y hasta ahora no se ha dado satisfacción”. Somentes na guerra de Portugal (xa

falaremos desto) “se consumieron las vidas de más de doscientos mil hombres” “… y se

perdieron muchas casas, que no se han vuelto a restituir”. En fin; por efeito das levas —según

os libros de Contaduría do Reino—, a poboación de Galiza baixou en quince anos —dende

1628 a 1643— de cento vintecinco mil famiiias a oitenta mil. ¡Coarenta e cinco mil familias

desaparecidas! “¿Por que a bravura galega non se sublevou?” —dirán algúns—. “Porque

carecíamos de armas” —respondemos nós—. E senón leede este treito dunha acta do 1643:

“por todo lo cual es necesario se suplique a Su Magestad se sirva mandar traer armas a este

Reino y que se entreguen a los naturales de él, como está capitulado en otra Junta, en virtud

de lo que se hizo repartimiento para dicho efecto y está cobrado y entregado en el arca de Su

Magestad”. Pero as armas endexamais chegaron…

Tamén Galiza pagou unha escoadra para defensa das súas costas e a Xunta concedeu,

para conservala e mantela, os arbitrios do peixe, que se arrendaron en 40 000 ducados anuaes.

Pois ben; esa Armada —pagada, abastecida e tripulada por galegos e para servizo de

Galiza— levouse, por orde do rei, a Guetaria, onde se queimou, “y sin haberla vuelto a

formar, se continuaron las pagas de dichos arbitrios y las invasiones de los enemigos…”

Galiza chegou a non poder pagar os tributos ordinarios, asentados e concedidos pola

Xunta, e aínda en tal calamitoso intre o rei da Hespaña eisixía do noso pobo unha

contribución estraordinaria, non eisixida aos demais Reinos. E contai con que daquela xa

tiñamos voto en Cortes, pagado ao prezo que veremos máis adiante, pois será ben decir que

non houbo dereito ou mercede do rei que Galiza non pagase con moi crecidas sumas de

diñeiro. Para ver cómo se estruchaba a Galiza diremos que en 1685 o Duque de Veragua, en

persoa, saíu por Galiza adiante, arrapañando de todos, ricos e probes, o pouco diñeiro que

acababa de entrarnos polos portos, “quedando los naturales cargados de débitos y

empeñados, y que por esto, huyendo a las ejecuciones, han dejado muchos sus casas y

familias”.

Acabamos de pintar con trazos verídicos o coloniaxe de Galiza baixo as poutas

austríacas, e o que a Xunta do Reino representaba como corporación autónoma. Certo é que a

Hespaña castelán ficou, así mesmo, convertida en páramo deserto, poboadas as súas cibdades

de mendigos; pero pouco máis era antes, no tempo de Isabel a Católica. Galiza, en troques,

pasou da fartura á miseria, da liberdade á escravitude, do ser ao non ser.

Page 279: Castelao - Sempre en Galiza

Cando ollamos a nosa Terra sen eisistencia legal, esnaquizada en catro provincias

absurdas, que non poden unirse oficialmente nin mancomunarse para defenderen aos que

temos intreses e sentimentos comúns, é posible que entón se nos ocurra lembrar a Xunta do

Reino, porque, mal ou ben, representaba a unidade da nosa personalidade; pero… non por

eso intentaríamos resucitala.

Page 280: Castelao - Sempre en Galiza

XXX

De tódalas ofensas que se lle inferiron a Galiza ningunha tan oprobiosa como a de

declarala satélite de Zamora, obrigándonos a seguir o parecer e o voto dos seus procuradores

en Cortes. Ben decía o Conde de Gondomar na súa famosa carta: “¿Ni que nación

conquistada sufre… lo que sufre Galicia, que ha sido la conquistadora de todo lo que hoy

posee la monarquía de España, pues sobre aquel cimiento y de Asturias se extendieron los

reinos y se fueron ganando a los moros por tierras de Portugal y por tierras de León? ¡Y esta

cabeza y matriz conquistadora es gobernada, en lo espiritual y temporal, por forasteros… y

los naturales, tan llenos de valor y de nobleza, y sangre tan pura y limpia, siendo feudatarios

de las naciones y reinos que han conquistado!…”. Estas non son verbas dun separatista de

hoxe; son dun Embaixador de Felipe III, en exercicio das súas funcións diplomáticas.

Verdade é que non estaba soio, pois, según se conta, o Conde de Lemos —aquel que foi virrei

de Nápoles e protector de Cervantes— desaprobou algúns actos de Felipe III “y entre ellos el

de negarse este monarca a conceder a Galicia voz y voto en Cortes”. Cómpre decir que

aquela merma da nosa personalidade oficial caía especialmente sobor da nobreza galega,

porque o pobo estaba moi lonxe do poder político e comezaba a sofrir o terrible complexo de

inferioridade que aínda hoxe pesa sobor dalgúns galegos e que provén da secular escravitude

en que vivimos. ¡Lástima grande que o pobo e a nobreza estivesen divorciados!

Sendo Galiza o reino máis antigo de Hespaña, negóuselle capacidade para asistir ás

Cortes, i esta é unha ofensa imperdoable; pero máis ofensa foi a de someternos a Zamora

—unha cibdade fundada por galegos, pero arredada xa do noso reino e diferenciada

etnicamente de nós—. Con razón o eisaltado Vicetto escrebeu estas verbas: “¿E quen lle

negaba (a Galiza) ese dereito de igoaldade e solidaridade antre os demais pobos

peninsulares?… Negáballo a canalla mestiza de galegos e mouros, que constituía os

modernos pobos de Castela, Estremadura, etc.; negáballo, en fin, esa raza de impuro,

adulterado sangue”.

Todos sabemos que Carlos I convocou a Cortes en Sant-Iago, antes de embarcarse

para Alemania. Pois ben; estas Cortes abríronse o día 31 de marzo de 1520, e nelas foron

eliminados os procuradores de Galiza, estando presentes os do resto de Hespaña; e, coma se

esto fose pouco, obrigábase ao noso país a respeitar e acatar o que Zamora acordase por nós.

Tódalas cibdades de Hespaña tiñan voz e voto nas Cortes de Compostela menos a propria

Compostela e demais cibdades galegas, pasando pola infame degradación de ver chegar ao

procurador de Zamora para representarnos ao seu antoxo. Tamaño aldraxe alporizou aos

galegos que presenciaban aquel acontecimento, e foi entón cando tres nobres —Alonso de

Fonseca, o Conde de Benavente e Fernando de Andrade— irrumpiron no local en que se

estaban celebrando as Cortes e con moita altiveza formularon a súa protesta, reclamando a

restauración do dereito que tiña Galiza nas antigas Cortes de Castela. Con este motivo

Fernando de Andrade —o heroi de Seminara, vencedor dos vencedores do Gran Capitán—

cruzou verbas violentas co procurador de Burgos, das que despois resultaron xestos de

rebeldía para o mesmo monarca. E de pórse en armas o arcebispo Fonseca e o conde de

Benavente, como quería Andrade, é seguro que en Galiza tería remate a fachenda dos

flamengos, aforrándose o sangue castelán que máis tarde había de correr en Villalar.

Este feito provocou a sonada xuntanza dos nobres galegos convocados por Fernando

de Andrade, que tivo lugar en Melide i en novembro do mesmo ano de 1520, de cuia

Page 281: Castelao - Sempre en Galiza

asambleia existe unha acta, publicada en Galicia Diplomática, que agora non temos a man.

Pero énos doado reseñar eiquí a instrución que o Consistorio de Betanzos dera ao seu

delegado Ares Pardo para asistir á xuntanza de Melide: “Primeiramente: que muestre a sus

señorías el privilegio original que lleva sobre la preeminencia que esta ciudad de Betanzos

tiene de nombrar y enviar procurador a las Cortes… y que procure que sus señorías tengan

forma que el Rey… lo mande guardar… porque redunda en honra y provecho del Reino de

Galicia, de manera que el procurador de Zamora no tenga voto en las cosas tocantes a este

Reino…”. Por esta verídica referencia vemos que a pauliña dos Reis Católicos non lograra

matar de todo a diñidade de Galiza; pero a nosa diñidade xa era impotente.

Eisiste unha capitulación firmada ante escribano en Valladolid, en 1557 (reinado de

Felipe II), polos rexidores de Sant-Iago, A Coruña, Betanzos, Lugo e Mondoñedo, que “en

nombre de las dichas sus ciudades y provincias de ellas habían tratado con su Magestad e los

señores sus contadores mayores de su Real Consejo de Hacienda, hiciese bien y la merced al

dicho Reino de Galicia e a las dichas ciudades… admitirles que tengan voto en las Cortes…

como lo han y tienen los otros Reinos… E los dichos señores han declarado que… para ayuda

de las grandes necesidades… se le ofrecen con veinte mil ducados…”. Os correxidores

galegos chamábanlle “privilexio” á reparación dunha inxustiza, pois somentes pedían o que

tódolos outros Reinos disfroitaban, e chamábanlle “mercede” ao que querían mercar por

vinte mil ducados… obrigándose de antemán “con sus personas e bienes muebles e raíces

habidos e por haber… todo lo en su nombre por ellos y cada uno de ellos hecho e outorgado

en esta escritura… e para ello hacían de deuda ajena deuda propria”. Como se pode notar,

faltaban alí os rexidores de Ourense e Tui para que estivesen representadas as sete cabezas de

Galiza (eiquí se ve que daquela aínda non eisistía a Xunta do Reino) i esta falla preveuse no

compromiso que andamos a referir: “… si las ciudades de Orense e Tui, que ahora non entran

en esta concordia ni en la compra de la merced del dicho voto quisieran entrar… pueden

hacerlo… supliendo e pagando lo que les cupiere… de los dichos veinte mil ducados, costas

e intereses”. ¿E se Ourense e Tui non quixeran pagar ese voto? Ah, tamén esta falla está

prevista no compromiso: “… si por acaso las dichas ciudades de Orense e Tui… no quisieren

entrar en esta concordia… en tal caso no gocen de la dicha merced”. Así, un rexidor de

calquera cidade galega, en nome da súa provincia, podía tronzar a sagra unidade da nosa

nación, como a decotío están tronzándoa hoxe as provincias do novo réxime; e por eso

dixemos que a Xunta do Reino, con ser un organismo subordinado, mantiña en símbolo vivo

a eisistencia legal de Galiza. Cómpre decir que Felipe II fixo ouvidos xordos á referida

concordia, cicais porque estimaba en maior suma de ducados a súa real mercede; pero coa

intentona dos correxidores norteños non sóio perdeu Galiza o creto proverbial da súa forteza

senón tamén o da súa sutileza, pois ofertarlle diñeiro a Felipe II en pago dunha mercede era

declarar que aínda non estaba esgotada a capacidade contributiva de Galiza.

Corenta e dous anos máis tarde, reinando Felipe III i eisistindo a “Xunta Xeral do

Reino de Galiza”, os nosos procuradores axuntáronse na Cruña, “por mandado del

Gobernador e Oidores del Reino, para tratar de los negocios tocan tes al servizo de Dios

Nuestro Señor y de su Magestad el Rey”, e acordaron mandar dous delegados á Corte con

obxeto de redimir o voto en Cortes e xestionar outros asuntos. Velaí algunhas das instrucións

que a Xunta lles dou aos delegados: “Llegados a la Corte de Su Magestad visitarán y besarán

las manos, de parte del Reino, a las personas para quienes llevan cartas de él, para que les den

favor con Su Magestad y sus consejos le hagan la merced del voto que se pretende… y si

fuese necesario lo pondrán en conciencia a Su Magestad por vía de su confesor (o confesor

era Fr. Antonio de Soutomaor, fillo de Galiza) y de otros personajes que les pareciere y

Page 282: Castelao - Sempre en Galiza

pidiendo favor al Sumo Pontífice para que escriba acerca de ello al Rey por medio del Conde

de Lemos” (o Conde de Lemos era entón Presidente do Consello de Italia); “si no se pudiere

redimir el dicho voto por vía de gracia y merced… en tal caso procurarán ofrecer a Su

Magestad o a alguna persona, alguna cantidad de dinero por que le den el voto perpetuamente

en sus Cortes, teniendo consideración a prometer lo menos que pudieren por la pobreza del

Reino”. Como é doado notar, xa non eisistía en Galiza un Fernando de Andrade; e os nosos

procuradores eran xente municipal e liorteira, non eisenta de sotileza, pero caída na vil

sumisión dos modernos diputados. A Xunta contentábase, en derradeiro caso, con que o rei

lle consentise soster “un agente que el Reino tenga perpetuamente en la Corte”. ¡Até para

esto pedían licencia! Non hai dúbida de que un século de cautiverio abondou para encorvar o

noso altivo carácter; pero endexamais transiximos con vernos representados por Zamora. I

contra esta inxustiza reclamaba a Xunta nos siguentes termos: “Item: protestarán contra los

procuradores de la ciudad de Zamora no hablen en las Cortes que se celebraron en nombre de

este Reino cosa ninguna, y si la concediese no esté el Reino obligado a cumplirlo y todo se

venga a pagar a costa de la dicha ciudad de Zamora y no de este Reino, porque queriendo el

Rey nuestro Señor hacer merced al Reino de admitirle a sus Cortes, él le serviría con mejor

título y con más larga mano, fidelidad y amor que otro ninguno”. Felipe III tamén fixo

ouvidos xordos ás nosas demandas e Galiza rebasou así o primeiro centenario do seu

coloniaxe.

Por fin Galiza veu restituído o seu voto en Cortes alá polo ano de 1623 e reinando

Felipe IV, ao cabo de douscentos setenta e cinco anos da inxusta confiscación e dispois dun

século de reiteradas demandas. A concesión fíxose por consello do primeiro ministro de

Felipe IV, que era o Conde de Monterrei, para afogar con este favor o desasosego que se

sentía en Galiza por contaxio de Portugal. Pode, pois, decirse que a concesión do voto evitou

unha sublevación en Galiza e, por ende, a súa independencia. E velaí cómo Felipe IV esplica

o favor que nos fixo, na súa Real Cédula de 5 de abril de 1625: “… teniendo consideración a

que el nuestro Reino de Galicia era muy extenso y dilatado, y a los muchos y grandes

servizos que sus naturales habían hecho a nuestra Corona Real, y a que estaba en él el cuerpo

del glorioso Apóstol Santiago, a quien tenemos particular devoción y por Patrón y abogado, y

por haberse esforzado a servirnos con cien mil ducados para fabricar seis navíos de armada,

precisamente necesarios en aquella costa, hicimos merced al dicho Reino de concederle voto

en Cortes, para que le tuviere en ellas perpetuamente para siempre jamás”. Non se nos

devolvía un dereito confiscado arteiramente; outorgábase como favor especialísimo, dispois

de cobralo a prezo de ladróns… Pero do que nos custou o voto en Cortes falaremos no

capiduo siguente.

Page 283: Castelao - Sempre en Galiza

XXXI

Para calcular as melloras que o voto en Cortes nos proporcionou, imos dar de seguida

unha referencia das instrucións que a Xunta do Reino dou aos seus diputados en 1633, dez

anos dispois da redención do voto. Velas aí: Quéixase o Reino de que os monxes bieitos e

bernardos vivan como avogados a carón da Audencia para defenderen esclusivamente os

seus pleitos, en vez de valerse de procuradores e solicitadores laicos, “en lo que los pobres

sufren opresión y molestia”; e pídese que “la Audiencia no consienta que los religiosos anden

en esto”. Quéixase o Reino de que os ditos frades teñan tanta xurisdición seglar, da que fan

mal uso, “viviendo fuera de sus conventos, en sus granjas y prioratos, con grande nota y

escándalo y gran opresión de los súbditos y vasallos”; e pídese que “se recojan a sus

conventos y no anden vagando… con tanta libertad y escándalo”. Quéixase o Reino de que os

forasteiros sigan acaparando as rendas eclesiásticas, “que atesoran y juntan para llevar a sus

tierras”, habendo no país tantos cregos probes, virtuosos e letrados; e pídese que os

beneficios colativos de concurso non se provean con coterráns, parentes o criados do prelado,

senón con persoas naturaes do Reino, a imitanza do que se fai en Burgos, Calahorra,

Valencia, etc. Quéixase o Reino de que “por cuanto las más de las haciendas (de Galiza) son

de foros de enfiteusis eclesiástica y seglar” e que os labregos son os que melloran e

aperfeizoan os bens; pídase que o domiño directo non lle saque as terras a quen as traballa,

para quedarse con elas ou dalas a un terceiro, sendo así que pola nosa lei están obrigados a

renovaren os contratos como se fai e respeita en Portugal. Quéixase o Reino de que habendo

en Galiza moitos homes ricos e nobres, que son bos letrados e de moita cencia e moita

esperencia, somentes os forasteiros teñan postos nos tribunaes de xustiza; e pídese que na

Audencia haxa, polo menos, dúas prazas de Alcaldes maores para proveer con naturaes de

Galiza, “por las noticias que tienen de las costumbres y haciendas y tratos del Reino, con

que… se alentarán a servir a Su Magestad… y los pobres tendrán de quien ampararse”. Como

se ve, a nosa Terra, dispois de redimir o voto en Cortes, hipotecado na cibdade de Zamora,

seguía ensumida no oprobio, a pesares de “hallarse cerca de S. M. ministros tan obligados a

procurar el bien de este Reino… con un confesor de S. M., natural de él, y tan aficionado a su

patria”.

O traballo, a enerxía e o entendimento dos galegos a nada podía aspirar dentro da

propria nación. Certo que os nosos homes chegaban a ministros, a virreis, a gobernadores, a

prelados e abades noutros territorios da Hespaña; pero na súa patria natural sóio lles era

permitido servir homildemente aos axentes casteláns, foran estes bispos, diñidades, capitáns,

maxistrados, xueces ou simples cobradores de impostos, alcábalas e sisas. Na Galiza do

seiscentos seguían os forasteiros exercendo despoticamente as súas funcións de autoridade,

suxetos a ordes especialísimas do Consello de Castela, tales como esta: “… se tiene noticia

que los alcaldes mayores de esa Audiencia visitan a los vecinos… y tienen con ellos más trato

y comunicación de lo que convendría… y que se abstengan de las dichas visitas… y que

adviertan a sus mujeres que las visitas que hicieren sea con moderación”. Deste xeito os

casteláns non se contaxiaban coa nosa humanidade. Para saber de qué maneira eran tratados

os nosos homes cando ocupaban algún posto democrático (chamémolle “municipal”),

citaremos unha acta do Concello da Cruña, na que, se ve que encontrándose na rúa un togado

da Audencia con dous rexidores da cibdade (chamémoslle “concellaes”), “y habiéndole

hecho éstos la correspondiente cortesía, los puso en la cárcel, porque no le fueron

Page 284: Castelao - Sempre en Galiza

acompañando y sirviendo hasta su casa como criados”. Para decatarnos da independencia

que gozaban os municipios, abonda decir que un Capitán xeneral de Felipe IV mandou tropas

á casa consistorial da Cruña para que encerrasen alí aos rexidores en prisión, antramentras

non deran comprimento a unha orde súa. E a todo esto a xente da cibdade (chamémolle

“irmandiños”), que seguía iñorando a causa das súas desventuras, amaldizoaba aos rexidores

e seguía berrando a todo berrar ¡¡Viva El Rei!! Tamén a todo esto a xente labrega

—diezmada polas pestes e o servizo militar, i estruchada polos trabucos, os diezmos e os

foros— sofría o asoballamento moral e, temporal das congregacións de Valladolid, tan

metidas no mundo que ás veces vendían ou mercaban lugares, con tódolos habitantes, a razón

de tantos ou cantos maravedises por cabeza… Ben sabido está que os frades casteláns non se

ocuparon da instrución dos feligreses galegos, aos que sóio lle ensinaban a rezar, e de aí que

as nosas xentes non seipan o que din nas súas oracións. E como en Hespaña non se organizou

a instrución primaria, como servizo público até o ano 1825, podemos asegurar que o pobo

galego era totalmente e absolutamente analfabeto en tempos de Felipe IV. Co ausentismo dos

grandes nobres e a imposibilidade de crear unha élite, o noso pobo andaba ás baroutas, con

terra nos ollos e no entendimento. A preeminencia do idioma castelán en boca dos

soxuzgadores, que mandaban en nome de Deus e do Rei, degradaba o lingoaxe dos

soxuzgados, que temían á cadea e ao inferno… E foi nestas condicións de vida que Galiza

renunciou a loitar pola súa independencia, á beira de Portugal e Cataluña, coidando que co

voto en Cortes deixaba de ser escrava.

Non imos discurrir agora encol do que Galiza pudo gañar tomando parte na

sublevación portuguesa en vez de mercar un voto en Cortes que non restituía o decoro e

diñidade da nosa nación. Afirmamos, eso si, que o bo servizo de dous cortesáns galegos —o

ministro e o confesor de Felipe IV— enervou a fermentación rencorosa que se estaba

producindo en Galiza. O voto en Cortes foi estimado polos nosos valedores —incluso polo

Conde de Gondomar— como unha fórmula de reconciliación, e os cen mil ducados que de

presente abonamos por este favor foi á conta das grandes espranzas que a grandeza da Coroa

nos oferecía… O certo é que o voto de Galiza en Cortes non sóio sirveu para fortalecer o

centralismo e, por ende, as cadeas que nos xunguían a Castela; sirveu para que nos roubasen

con máis visos de legalidade. E para demostrar esta afirmación imos facer contas…

Nas Cortes do ano 1659, os procuradores de Galiza, “postrados a los reales pies de Su

Magestad”, pediron que o prezo do sal baixase a once reás a fanega, e que os arrendamentos

das rendas reaes se deran ás cibdades e vilas en vez de dalos aos particulares; e para

conqueriren este inusitado favor invocaron os servizos que Galiza levaba prestados á Coroa

dendes da concesión do voto. Os nosos procuradores din no seu escrito: “Que el dicho Reino

desde el principio del glorioso Reinado de V. M., además de los servizos, contribuciones y

tributos con que han servido los demás Reinos y Provincias de la Corona de Castilla, en que

ha contribuido también el dicho Reino, en particular ha hecho los servizos siguientes: E1 año

1624 sirvió a V. M. con cien mil ducados por la merced que se le hizo del Voto en Cortes. E1

año de 1628 sirvió con dos navíos que se juntaron con seis que se fabricaron con los cien mil

ducados del dicho servizo…”, etc. Sigue así unha longa cadea de donativos, feitos en diñeiro,

navíos, fortificacións, soldados, pertrechos e abastecimentos que Galiza ofrendou á Coroa,

tendo en conta as estreiteces da real facenda i en agradecimento pola concesión do voto en

Cortes; pero estaba capitulado que semellantes servizos sóio debían utilizarse en defensa do

territorio de Galiza, e o escrito dos procuradores denuncia “que ni aun la décima parte de lo

que montan se ha aplicado a ella”. Como exemplo de informalidade abonda decir que os oito

galeóns construídos para defensa das nosas costas —en cuia escoadra levabamos gastado

Page 285: Castelao - Sempre en Galiza

máis de 800 000 ducados— sacáronse de Galiza, por orde do rei, para defender as costas de

Guipúzcoa, i en Guetaria se queimaron, alá polo ano de 1635Por certo que no escrito dos

procuradores que andamos a comentar figura unha partida de 20 000 ducados que Galiza

abonou en 1636 —dispois de perderse a escoadra— á casa Quincoces, construtora dos

galeóns, con cuia casa seguimos en deuda e pagando réditos aínda en tempos de Carlos III. E

por certo, tamén, que Galiza xa pagara con esceso esa deuda cando en 1760 a Xunta do Reino

elevou un mensaxe ao dito monarca pedíndolle que se nos liberase de semellantes cárregas,

“en premio de haberlas contraído en servicio de la Real Corona y para ocurrir a sus

diligencias”. En fin; a Coroa de Castela, sen restituírnos a escoadra nin coidarse dos corsarios

e piratas que asoballaban o noso litoral, non somentes deixou sobor de Galiza o pago das

deudas contraídas pola formación da escoadra, senón que, ademais, sigueu cobrando e

usurpando os arbitrios que se crearan en Galiza para soster e conservar a tal escoadra. E así se

demostra que á Coroa de Castela —hoxe Estado hespañol— non se lle pode oferecer un dedo

sen espornos a perder unha man.

A devandita relación non cifra en diñeiro tódolos servizos estraordinarios que por

resultas da mercede do voto fixera Galiza no período de 1624 a 1659; pero eisiste unha conta

do mesmo período e axustada aos antecedentes que obran nos arquivos do Reino, na que se

especifican tódolos gastos. Por ela vemos que os trabucos ordinarios con que Galiza

contribuíu xunto co resto de Hespaña, ascenden a doce millóns e meio de ducados,

antramentras que os donativos estraordinarios feitos esclusivamente por Galiza, ao marxe do

deber xeral, ascenden a máis de dezaoito millóns. A esta anomalía podemos engadir que o

noso pobo pagou sempre con tal puntualidade os trabucos ordinarios (aínda seguimos

pagándoos) que “no pudo aprovecharse de los perdones que se hicieron de débitos atrasados

en favor de las provincias morosas; y vio distraerse en remediar necesidades ajenas el

producto de los arbitrios que ella misma solicitaba para subvenir a las suyas”. Galiza, pois, a

pesares da súa probeza, regaláballe á Coroa de Castela, xunto co usufructo dos foros

señoriaes, tres veces máis do que pagaban os outros pobos hespañoes. E o tributo económico

corría parellas co tributo de sangue, pois é sabido que, á parte da escoadra, Galiza sostiña

entón un exército que sóio se armaba cando lle conviña ao rei, é decir, cando era levado á

morte… Ese exército custounos, no tempo dito, máis de trece millóns de ducados e máis de

sesenta e oito mil homes, sen contar, claro está, os que levaba o rei a tódalas fronteiras de

guerra (somentes para Portugal servimos á Coroa con 258 000 soldados). Os gastos

medraban co tempo, e así vemos que no fin do período xa nos custaba vestir e atender aos dez

mil infantes que compoñían as nosas milicias, máis de novecentos mil ducados en cada ano; e

conste que Galiza pagaba tamén o armamento das súas milicias, pero endexamais as veu

armadas, como non fose cando estaban na fronteira e destinadas a non volver… Ben sabía o

rei que non conviña entregar armas aos galegos, e que era mellor distraelos na fortificación

das prazas ribeireñas, en cuios trabailos gastou Galiza por riba de dous millóns de ducados.

En fin; a relación que temos diante dos ollos remataba cun balance demostrativo da nosa

servidume. No lado dos servizos especiaes e de escepción, feitos á Coroa de Castela, figuran

estas dúas cifras:

Hombres: 68 000

Ducados: 18 191 000

E no lado dos favores que Galiza recibira da Coroa de Castela en premio da súa

xenerosidade, sóio figuran estas verbas cangadas de triste ironía:

Mercedes: Las que el Reino de Galicia y sus naturales esperan recibir de la grandeza

Page 286: Castelao - Sempre en Galiza

de Su Magestad.

E se prolongásemos esta conta até os nosos días sóio colocaríamos un cero no lado

dos favores, porque nunca os recibimos.

Page 287: Castelao - Sempre en Galiza

XXXII

Tronzamos eiquí o fío que viñamos seguindo, porque non queremos denunciar a

miseria e degradación a que chegou Galiza baixo as poutas do derradeiro Austria e dos

primeros Borbóns. Non queremos xustificar agora aqueles versos de Rosalía de Castro:

¡Probe Galiza! Non debes

Chamarte nunca hespañola,

Que Hespaña de ti s'olvida.

Sóio diremos que a conta dos nosos inúteis sagrificios foi medrando en progresión

xeométrica e inversamente foron decrecendo as nosas liberdades políticas. Tanto é así que

Galiza veuse na obriga de pagar enteiramente, antre outras obras estrañas, a longa estrada do

Guadarrama, coma se este camiño público non atravesara o territorio de Castela ou como se a

unión de Madrid con Galiza fose unha mercede especialísima, un favor nunca visto, un

privilexio cotizable. E semellante pago foille pedido á Xunta de Galiza cando se transferían a

Castela tódalas soberanías de Hespaña para constituír un Estado de tipo francés, unitario e

centralista, sobor das múltiples realidades hespañolas.

Dinos Murguía, con sobrado optimismo, ao xuzgar as funcións da “Xunta Xeral do

Reino de Galiza”: “Gozando de tódalas ventaxas do réxime local viveu Galiza até o século

XIX. Nos tempos máis groriosos para Hespaña —séculos XVI e XVII— vivían as

nacionalidades hespañolas baixo un goberno proprio de cada unha. Aínda tendo elas Exército

e Armada rexionaes; tendo Tesouro de seu, autonomía completa para tódolos servizos

públicos, non houbo en ningún intre perigo da vida do Estado hespañol. E verdadeiramente

non sabemos que deixara de gañarse a batalla de Lepanto porque na Capitana de Galiza

estivera erguida, cal o estaba, a bandeira galega en vez da de Castela”. E Risco repite o

mesmo concepto coas siguentes verbas: “Galiza tiña Tesouro de seu, leis proprias, Audencia

con Ordenanzas especiaes, e máis unha Armada súa, pagada e abastecida por ela, tripulada e

mandada por galegos, que asisteu á batalla de Lepanto levan do a bandeira galega erguida na

Capitana”. O da bandeira e certo; pero o do Tesouro… é un decir… Xustamente, para

evitarmos que estes conceptos, tan optimistas, poidan influír nas previsións do futuro

autónomo de Galiza, é polo que nos demos a revisar algúns documentos vellos —publicados

alá— co ánimo de emitir dispois o noso xuízo, pois non permitimos que os tales conceptos

sigan pesando nas espranzas fundadas en calisquera forma de autonomía —Xunta do Reino

ou Estatuto— concedida por gracia do Poder Central. Xa sabemos o que foi a Xunta do

Reino. Agora ben; o Estatuto implicaba o recoñecemento xurídico de Galiza como rexión

diferente, e non era cordo desaproveitar a oportunidade que a República nos oferecía, dentro

do seu réxime liberal e democrático; pero ben sabíamos nós que toda mercede 011 favor

baixado de Madrid a Galiza é cousa precaria, insuficente, confiscable. E así un galeguista

conscente, libre de apre mios políticos, sóio con carácter transitorio pode aceptar unha

autonomía con hipoteca, pois calquera institución galega que non xurda da propria soberanía,

implicará subordinación, dependencia i escravitude. Ben demostrado quedou nos capiduos

anteriores a servidume económico-fiscal de Galiza e a nulidade das súas liberdades políticas

cando dispoñía dunha corporación representativa e dispois de restaurar o voto en Cortes.

Entón a personalidade de Galiza aínda non fora abolida polo seudoliberalismo hespañol

—pior que o absolutismo, no que se refire ás autonomías colectivas—; pero é que os feitos

Page 288: Castelao - Sempre en Galiza

diferenciados estaban baixo a tutela do feito hexemónico castelán, e os galegos, por sermos

diferentes, subsistíamos con permiso de Castela e pagando moi caras as súas mercedes. Sirva

como exemplo o rescate do voto en Cortes, polo que oferecemos vinte mil ducados a Felipe II

e pagamos cen mil a Felipe IV; pero ao coñecerse a nosa degradante homildade sacáronnos

máis de dezaoito millóns no primeiro envite. Por esto Galiza entrou no réxime común

despreocupada do que perdía, coa espranza de vivir mellor, pero ao cabo dalgúns anos todos

soupemos que Galiza non podía ser Castela, e que, polo tanto, non podía sacar proveito do

réxime común. I entón algúns ilustres galegos sofriron saudades do tempo ido, sabendo que

foi ruín, e sentíndose capaces de superalo. Pero nós decimos que sóio caben dúas formas de

salvación: acabar coa hexemonía de Castela ou proclamar a independencia de Galiza; a

federación ou a secesión.

Nos tempos en que escrebeu Murguía e Risco aceptaríamos ledamente a fusión das

catro provincias galegas nunha soia provincia e até seríamos capaces de propor a

Mancomunidade das Diputacións provinciaes con tal de que a verba Galiza volvese a fígurar

nos documentos públicos, pois sóio finxindo descoñecer a constitución social de Galiza,

dándoa por morta, se nos pudo aplicar o artificio provincial e municipal de Castela. O

recoñecimento do feito galego daríanos azos para entablar dispois outras demandas. Así foi

que no tempo da República fomos capaces de loitar polo Estatuto coa mesma enerxía con que

os nosos avós loitaron polo rescate do voto en Cortes. Non é que o Estatuto enchese o nosos

anceios; pero, como fillos de Galiza e membros da familia hespañola, confiábamos nunha

transformación posterior do Estado en sentido federalista. Os galegos non medía mos a

bondade da República polo volume das mercedes que se oferecían na súa Carta fundamental,

pois o Estatuto presentábase tan desprovisto de garantías como a vella Xunta do Reino, e mal

podía satisfacernos unha seudoautonomía que, a forza de agresións e intromisións do

Goberno central, podía ser desustanciada e desacreditada; pero tamén podía ocurrir que os

pobos autónomos desustanciasen e desacreditasen a hestórica hexemonía do Centro. Unha

loita xorda, de imprevisibles resultados, era, pois, o que, nós prevíamos no réxime de

Estatutos, e de aí que, pensando en Galiza i en Hespaña, sóio aceptemos con verdadeira

ledicia o réxime federal. Visto que o Estado hespañol está feito a medida da nación que

orixinou a unidade política de Hespaña, e que os galegos non podemos ser casteláns anque o

quixeramos ser, porque Galiza é intransferible; visto que os pobos casteláns, rexidos

directamente polo Estado central, serían, decote, pobos de privilexio, porque acaparan a

soberanía do conxunto hespañol, usando máisimo poder e dispoñen de garantías inviolables

antramentras que os pobos non casteláns, rexidos por Estatutos indefensos, vivirían como as

minorías de calquera organización democrática, a mercede de incalculablcs continxencias;

visto que a paz permanente de Hespaña e a restauración da unidade peninsular sóio é doado

acadalo dentro dun réxime igoalitario i equitativo dos diferentes pobos que haberán de

compor o Estado común; e visto que non podemos decir que Galiza sexa a nación máis

escelente de Hespaña, pero que é lícito traballar para que o sexa, nós propomos o federalismo

como única fórmula de harmonía. E propómolo a tódolos grupos da democracia hespañola.

Neste intre hestórico, nós declarándonos separatistas da Hespaña, anque o noso

separatismo sexa ineficaz e impotente, pois un ideal non sempre se basa en cálculos de

estratexia militar ou revolucionaria. E se algún demócrata hespañol se asañase por esta

confesión lembrarémolle que preferimos morrer no desterro a vivir sometidos ao artificio

gubernativo da actual Hespaña, de modo que o noso desterro é unha venturosa salvación.

¿Non coincidimos con tódolos demócratas hespañoes no repudio da actual Hespaña? Pero

nós creemos que a Hespaña de hoxe é filla dos imponderables hestóricos, da inercia

Page 289: Castelao - Sempre en Galiza

absolutista do Centro, e considerándoa como a realización máis acabada do centralismo,

incluso no modo de confundir a Patria e a Relixión co Estado; pero é que os nosos

compañeiros de eisilio creen que a Hespaña de hoxe é un feito anormal, estraño e transitorio,

fillo dunha loucura pasaxeira, diño de ser tomado como ineisistente, e por eso falan da

Hespaña franquista como dun país invadido e sen goberno proprio. Chegan a falar de

“independencia” como se falaba en 1808… Pois ben; discurramos agora co criterio

independentista do ano 1808, cando desaparecera o artificio hestórico do Estado e a

verdadeira e tradicional Hespaña resucitaba nas súas varias nacionalidades: Na mal chamada

“Guerra de Independencia” (para un liberal o que perdíamos cos franceses non era senón o

que gañáramos cos flamengos) os hespañoes piaban por Fernando VII (ese foi o gran erro)

como agora piamos pola República democrática (esa será a nosa salvación se baixamos a

puntería). En 1808 desaparecera até a noción uniformista do Estado, é decir, o centralismo, e

os mesmos casteláns trataban de desprenderse da súa hestórica hexemonía. Ilustraremos de

camiño esta afirmación cunha referencia documental. O día 10 de agosto do 1808 firmouse

na Cruña un tratado de unión antre Castela e Galiza. Dunha parte figuraba a “Xunta Suprema

do Reino de Galiza” e da outra figuraba Don Tadeo Manuel Delgado “del Consejo de S. M.,

Alcalde del Crimen de la Real Chancillería de Valladolid, y su Diputado en la Corte, con

Comisión especial para este tratado”. Vede algúns artigos do convenio: “1° Los Reinos de

Galicia, Castilla y León… en defensa de su libertad, emplenarán toda su fuerza y poder…

“5°… Quedará depositada su autoridad (a do rei) en una Junta Soberana que será obedecida

como el mismo Monarca”. “6° La Junta Soberana se formará por parte de Galicia… (eiquí os

sete nomes que compoñían a nosa Xunta, co bispo de Ourense e tres membros máis) y por la

de Castilla y León… el Presidente de la Suprema Junta de dichos Reinos, de tres Individuos

de ella y una de las Provincias en qui están divididas sus respectivas Intendencias”. “9°…

habrá un Presidente que por primera vez será nombrado indistinta mente… de los tres

Reinos, cuya duración no pasará de un mes y turnará entre las tres Naciones por el orden con

que son denominadas en los títulos reales (nótese que se lle chama Nacións aos Reinos) ”.

“10° Por ahora se fijará la Junta Soberana en la Ciudad de Lugo…”. “14° E1 presente tratado

se ratificará por la Junta Suprema de Castilla y León en el preciso termino de ocho días

(nótese que ambos Reinos tiñan una Xunta común, correspondente á súa unidade nacional)”.

Damos bastantes detalles do contrato para que se vexa cómo en 1808 a desfeita do Poder

central provocou un pacto federativo antre nacións hespañolas, declarándolle a guerra a

Napoleón, “sin embargo de sus omnipotentes atributos”, con mentes de ampliar dispois o

pacto ás demais nacionalidades da Coroa. Pero é cousa de ver cómo un delegado de Castela

foi a Galiza para dar cima a unha especie de Triple Alianza en términos de estrita igoaldade,

porque naquel intre folgaban as hexemonías e os privilexios artificiaes. Lembramos,

ademais, este documento para que os demócratas hespañoes fiquen moralmente invalidados

para seguir fulminando anatemas contra “Galeuzca”, que é un pacto de nacións tan

asoballadas como Castela en tempos de Don José I (un rei preferible a Fernando VII). En fin;

nós advertimos que a incomprensión de moitos demócratas hespañoes dimana de que agora

Hespaña non está invadida por estranxeiros, senón por absolutistas hespañoes, que viñeron a

remachar a hexemonía de Castela baixo o siño brutal do “totalitarismo”. E por eso os

casteláns non veñen agora a nós como en 1808, porque agora sóio hai inxuria nacional para

vascos, cataláns e galegos, que perderon até os Estatutos.

Page 290: Castelao - Sempre en Galiza

XXXIII

Se ensaminamos o primeiro período da nosa escravitude política —dende Isabel I a

Felipe IV— foi para decatarnos do que siñificaría para Galiza un Estatuto autonomista con

cedido por gracia e mercede do Estado hespañol, en inercia xurídica de fontes estrañas á nosa

nación. Unha autonomía desprovista de garantías para sancionar a responsabilidade do Poder

central, cando este contrariase o dereito escrito no Estatuto ou o usual e recopilado da rexión,

sería unha liberdade precaria e moi perigosa. Nós evocamos con xusteza o rol desempeñado

pola “Xunta Xeral do Reino de Galiza” para prever os riscos que correría Galiza co Estatuto

presentado ás Cortes da segunda República se puxéramos nel a mesma confianza que os

nosos avós puxeron na redención do voto en Cortes de Castela. A nosa autonomía, para ser

efectiva e fecunda, eisixe unha transformación do Estado hespañol.

O Estado que vén representando aos hespañoes coma se fósemos unha colectividade

homoxénea e provista de con cencia común, non ten ningunha base que realmente se poida

chamar “nacional” no conxunto de seu territorio, a non ser que se chame así ao vencello

procedente da subordinación de varias nacionalidades hispanas ao imperium castelán, ou

sexa ao ser metafísico que orixinou ese Estado, é decir, á “vontade de poder” que aínda hoxe

sobrevive na agonía de Castela. Non tratamos de ferir aos casteláns no seu ser nacional e

moito menos na súa íntima concencia de homes, pois son hespañoes coma nós; e prácenos

recoñecer a penosa, baril i enérxica tarefa que realizou Castela en pro da unidade hespañola;

pero xa fai moito tempo que a súa matriz non dá máis de si i é xusto pedir que un imperium en

estado de menopausia —raíña caduca da nosa colmea— renuncie á súa absorbente soberanía,

permitindo a transformación de Hespaña como Estado-poder en Estado plurinacional, que é o

que reclamamos para o noso engrandecimento e o da comunidade hespañola. Con esto os

galeguistas sóio pedimos o que xa está vigorosamente estabrecido nunha gran parte do

mundo.

Os reparos a Castela non van máis alá do grado que a nosa diñidade de galegos

reclama para que poidamos chamarnos hespañoes. Pensamos como Brañas:

Os de Castela son casteláns,

Os de Galiza galegos son;

Pero non somos, como hespañoes,

Ni eles amos nin servos nós.

E o noso anticastelanismo xurde do noso federalismo, pois non sendo Hespaña única

e indivisible, tampouco pode ser único e indivisible o seu poder público, a súa soberanía.

Esto, a non ser que tomemos o todo por unha parte e nos entreguemos a teorías francesas que

nunca foron aplicables á Hespaña.

Os demócratas sobreviventes da segunda República hespañola arelan, sen dúbida,

unha transformación a fondo da vida social i económica de Hespaña, cara un fito

revolucionario que erga o Estado hespañol á outura das máis prestixiosas organizacións

políticas. Eles precuran a paz, a xustiza, o orde, a liberdade, o progreso e demais bens

universaes en que nós tamén pensamos; pero eles creen que Hespaña xa é unha nación

definitivamente constituída como para ser a base dun Estado integral e capaz de acadar

aqueles adiantos cunha República parlamentaria, na que a potestade lexislativa resida nunha

soia Cámara. Nós poderíamos creer que a vontade popular, exercida polo Congreso dos

Page 291: Castelao - Sempre en Galiza

Diputados, non sóio é unha espresión de soberanía senón tamén de infalibilidade; pero

estamos vendo que non sempre a opinión maoritaria de Hespaña coincide coa de Galiza,

Cataluña i Euscadi, e de aí que a vontade da maoría numérica dos individos hespañoes, na súa

representación política, deba sei controlada pola vontade dos elementos nacionaes

autónomos, exercida, en réxime de igoaldade, por unha segunda Cámara. Nós opinamos que

para conquerir os avances sociaes i económicos que demanda o republicanismo hespañol, é

preciso formar un novo ser metafísico de Hespaña, crearlle unha nova fisonomía, darlle

concencia común, coordinar as varias enerxías nacionaes nunha vontade efectivamente

hespañola. Todo menos sacrificar as positivas realidades de Hespaña en aras da artificiosa

soberanía que defendeu nas Cortes do 31 un pontífice da xuridicidade, coma se os Estados

máis prósperos e democráticos do mundo non estiveran proclamando a decotío o fracaso da

“soberanía única, indivisible e inalienable”…

A representación política lograda polo sufraxio universal pode ser efectiva i eficaz en

cada un dos grupos nacionaes, supondo que a vontade xeral teña capacidade para elexir e

xuzgar ou negando que o ditame máis acertado poida xurdir do xuízo das minorías; pero a

opinión maoritaria dun conxunto de pobos desigoaes, convertida en único poder lexislativo

do Estado por vontade dos individuos, trastornará moitas veces a vida dos grupos

diferenciados que son minoría numérica de eleitores no corpo político do conxunto.

Queremos decir que a Constitución republicana do 31 asegura o predomiño da nación

castelán, que é maoría, sobor das demais nacións hespañolas, máis non por eso debemos

refugar a potestade dunha Cámara popular como Poder lexítimo do Estado, cando nela

figuran representantes de Galiza, Euscadi e Cataluña. Prescindindo de que cada

nacionalidade hespañola, pola peculiaridade dos seus problemas sociaes i económicos, sóio

pode conquerir a súa paz, a súa xustiza, o seu orde e o seu progreso por meio do seu Dereito

positivo —a variedade lexislativa é o que nivelará os avances universaes de Hespaña así

como a Lei única é o que os desnivela—, cómpre establecer os deberes da liberdade rexional

en aras do ideal solidario que o Estado necesita para a súa efectividade e grandeza. A

efectividade lograrase por un control recíproco de dúas Cámaras, ao xeito dos Estados

federaes, e a grandeza de Hespaña será froito da efectividade do seu Estado.

Sabido é que a República do 31 organizou as garantías do home frente ao Estado:

pero esqueceuse de organizar as garantías da rexión autónoma ou sometida frente ás demais

rexións e ao Estado. E se a “soberanía nacional” tiña un límite ante os dereitos naturaes da

persoa humana, tamén debía telos ante os dereitos naturaes do grupo nacionalmente

diferenciado, é decir, das varias i evidentes nacionalidades que integran a Hespaña, pois

como ben dixo Renán “unha nación asiste con máis perfecto o perdurable eisistir que o

individo”, e ten, polo tanto, dereitos superiores e anteriores aos do mesmo Estado.

“Soberanía nacional”, si; pero onde hai varias nacións hai varias soberanías. “Vontade

nacional”, si; pero cando se trata dun conxunto de varias nacionalidades organizadas en

Estado, a representación política que se logra en eleicións xeraes sóio será unha espresión da

vontade dos homes, nunca das nacións. En semellante caso a “vontade nacional” somentes

pode residir nunha Cámara en que as varias nacionalidades estiveran representadas por igoal.

O principio social da “soberanía do home” debe reflexarse nun Poder lexítimo do Estado;

mais o principio político da “soberanía nacional”, comprado na representación das

nacionalidades ou rexións, debe reflexarse, así mesmo, noutro Poder lexítimo do Estado. A

enerxía simpática da Cámara popular e a enerxía frénica da Cámara nacional asegurarían a

viabilidade dunha República parlamentaria.

A vontade da maoría dos individuos como espresión de soberanía, vai cedendo hoxe á

Page 292: Castelao - Sempre en Galiza

representación proporcional dos partidos políticos. Tamén por influxo do movimento

sindicalista vai abríndose paso o sistema de representación profesional, outorgándolle ás

clases organizadas unha representación política. O profesor Duguit pon o seu pensamento na

organización política de Franza e declara: “Non tardará o día en que das dúas Cámaras que

compoñen o Parlamento, unha delas sexa elexida por sufraxio directo e universal, e a outra,

elexida tamén por sufraxio directo e universal, con representación dos grupos profesionaes”.

Supondo que esta sexa a organización ideal do poder político da Franza ou de calisquera

Estado-nación, non o é para un Estado plurinacional, nin para unha Unión de Estados, onde é

preciso garantizar a personalidade das comunidades-membros. Este sistema podémolo

aceptar para Galiza, mais non para Hespaña.

A nosa ideia hespañolista busca solucións viables nun máis alá da Constitución do 31,

cuio orixe democrático nos impón o respeito debido, anque, en verdade, ela saíra dun criterio

impulsado por teorías universaes e pareza escrita, de encargo, por xuristas estranxeiros. Non

é a Constitución o que nos preocupa maormente. O que pedimos aos republicanos hespañoes

é que organicen a representación política de Hespaña de modo que, incluso, fora doado

prescindir da Constitución. ¿Ten acaso Constitución a poderosa e ademirable Inglaterra? O

que cómpre é asentar a democracia hispana sobor de poderes eficaces i efectivos,

coordinando os deberes e dereitos da Liberdade tanto para os homes como para os seres

colectivos. Queremos, en fin, unha Federación hespañola.

Page 293: Castelao - Sempre en Galiza

XXXIV

O desacorde antre as realidades múltiples de Hespaña e a súa lexislación unitaria

produxo sempre un enorme desbaraxuste, anque máis desbaraxuste produciría unha Lei

múltiple despachada en Madrid con destino ás chamadas “rexións de dereito foral”. Arrepía

pensar que dende Madrid se quixeran resolver os problemas proprios de Galiza; pero tamén

nos alarman as reformas xurídicas de aplicación xeral, ditadas por principios revolucionarios,

que andan a bulir no maxín de certos demócratas hespañoes.

Deteñámonos nun sóio propósito, que correu como xusto no ambente parlamentario

da República do 31.

Supoñamos que mañán se quixeran convertir os arrendos rústicos en censos

reservativos, trocando aos levadores en proprietarios, e que a base do canon censal fora o

“líquido impoñible”, é decir, a mesma base de tributación ao Estado. Esto determinaría, na

práctica, unha falla de equidade en Galiza, porque as nosas terras están amillaradas ao

máisimo do seu valor en renda —valor que atende ás posibilidades de produción máis que

aos froitos que producen—, antramentras que as terras incultas ou mal cultivadas do Centro e

Sul de Hespaña gozan do favor que sempre se lle dispensou aos grandes terratenentes.

Queremos decir que os leñadores galegos pagarían máis que os casteláns ao identificarse o

canon do censo co canon do fisco. Esto, sen contar con que dentro da rutina actual as terras

latifundistas darían un maor premio ao traballo dos seus levadores, porque nunca foron

cultivadas a fondo; pero as terras de minifundio están intensa e secularmente traballadas, sen

potencia para acreceren o seu rendimento. Cómpre engadir que o dito propósito aínda sería

menos equitativo dispois de xuzgar o dereito á propriedade en Galiza en comparanza co do

resto de Hespaña. Nefeito; se tomamos como tipo de capitalización o intrés legal do diñeiro

ao cinco por cento, resulta que a propriedade rústica en Galiza non é instrumento de renda nin

obxeto de lucro, porque somentes produz o un e meio por cen do seu valor en venda. Falando

en termos económicos, o capital que representan as leiras galegas non dá nunca un intrés

remunerador, e, polo tanto, sería inxusto aplicar aos proprietarios galegos a medida que ben

merecen os do resto de Hespaña. Na Hespaña do Centro e Sul o dereito de propriedade vai

xunguido ao celo do lucro, sen os estímulos imponderables da posesión e do amor que a terra

oferece a quen a traballa ou a quen a estima como compañeira de vida, como berce nativo,

como patria sepultura. O feito de que en Galiza o valor en venda das terras sobrepase con

moito ao seu valor en renda é un motivo de fonda preocupación para nós, e ben quixeramos

eliminar as causas aleatorias desta plusvalía, deste carácter antieconómico; pero cando a

superación de valores se funda en estímulos de tipo moral, en sentimentos amorosos, ben

merece o respeito dos xuristas por moi revolucionarios que sexan. Non; as reformas que

Galiza necesita sóio poden ser ditadas en xustiza poia súa representación política, polo seu

Parlamento.

Supoñamos que o Estado (lembremos os propósitos de Carner en 1932) ordenase un

novo amillaramento das fincas rústicas, pero xa non a base do seu valor en renda, senón do

capital que representan en potencia. Sabido é que a mor par te das terras hespañolas, á parte

de non compriren a súa obriga social, dan escasa contribución á Facenda pública, non sóio

por estaren amillaradas a base dos escasos froitos que producen senón porque o seu líquido

impoñible está escandalosamente rebaixado. Sería lóxico, pois, que a propriedade rústica

tributara con arreglo ás posibilidades de produción, que, en xeral, se poderían atribuír ao seu

Page 294: Castelao - Sempre en Galiza

valor en venda, e que, a este efeito, se ordenase unha escrupulosa fiscalización. Semellante

medida cicais fose xusta en Castela, pero trocaríase en arrepiante inxustiza ao ser aplicada no

noso país, pois se as terras galegas tributaran en razón do seu valor en venda non chegarían os

froitos que producen para pagar as contribucións, estando, como están, adicadas a un intenso

cultivo. Non é un segredo a ocultación de valores nas transmisións da propriedade rústica en

Galiza (alí non hai quen reciba unha leira tiduada no seu verdadeiro valor); mais esta

ocultación non obedece a un convenio ilícito de contribuíntes con finalidades de furto, non;

obedece a unha necesidade social, a unha defensa orgánica das propriedades, para non

tributar máis do debido e para liberarse das inxustizas da Lei. Ilustremos este aserto co

mesmo exemplo que nos amostrou Rivaia Riaño, sacado, ao azar, de antre moitos contratos

de arrendamento, en demostración de que as fincas galegas están amillaradas en xustiza, pero

non en lei. Trátase dun casal labrego ao que se lle dou un valor de 3700 pesetas, con 185 de

líquido impoñible e cuia renda anual non pasa de 200; mais é que o valor en venda desta finca

chega doadamente a 20 000 pesetas, que darían, polo tanto, un líquido impoñible de 1000 e

moito máis de 200 de contribución. Neste caso, coma noutro calquera que buscásemos, as

rendas non chegarían para pagar as contribucións, e velaí por qué a nosa propriedade rústica

vive fóra da Lei, como unha herba ventureira. Así, nós decimos que Galiza debe zafarse, en

redondo, da inercia xurídica de Hespaña.

Sabemos que o Parlamento único da segunda República “lexislou para unha Hespaña

varia cunha Lei uniforme” e cónstanos que Galiza seguiría decote ao marxe da pública tutela.

Para demostrar que nin se lexislou para os máis e os mellores abonda decir que a Reforma

Agraria non afectaba, na práctica, a 32 provincias. Pero aquela Reforma custaba 50 millóns

de pesetas en cada ano, e os galegos non nos librabamos de pagar a décima parte, aínda que a

Lei non nos alcanzase. ¡Maxinade a Reforma que se podería facer en Galiza con cinco

millóns! Non, irmáns galegos: Galiza necesita desenrolar a súa economía dentro dun orde

xurídico que debe saír dela mesma porque nunca baixará de Madrid.

Senador Gómez, citando a Castela, asegura que alí ninguén defende o actual concepto

civil da propriedade como non teña un intrés directo en defender a renda. Xa dixemos que

esta afirmación non é aplicable a Galiza, onde se defende a posesión da terra como

instrumento de traballo que asegura o pan de cada día, ou como obxeto amoroso de

imponderable valor. Non; Castela e Galiza non caben na mesma Lei. ¿Pode acaso mesturarse

o aceite coa auga? Pois entón que cada pobo se rixa polo seu Dereito, e todos xuntos

formaremos unha Hespaña eficaz, democraticamente constituída.

Alén da representación política, e para que a equidade reine en Hespaña, será preciso

organizar a Xunta de Aranceles e Valoracións, o Consello da Economía Nacional e demais

organismos reguladores da industria e do comercio de importacións i esportacións, a base dos

elementos autónomos e con igoal número de representantes ou delegados por cada rexión.

Somentes así desaparecería o imperialismo económico interior, a esplotación dun pobo por

outro ao socaire do réxime proteccionista.

Deteñámonos un bocadiño no arancel protector… ¿Está protexida Galiza ou tan

siquera compensada? Todos sabemos que a nosa Terra é librecambista por natureza e que

non necesita nin lle convén o réxime arancelario. Maxinade —decía Vilar Ponte— que por

un fenómeno sísmico-político se derrubaran, de improviso, as portas aduaneiras de Hespaña:

do cataclismo xeral sóio Galiza sairía gañando. Esta é unha verdade mil veces proclamada.

Xustamente por culpa do arancel vive Galiza sometida ao mercado hespañol, onde ten de

comprar todo a prezos recargados e vender todo a prezos de irracional competencia, co que a

nosa economía se vai entrampando e afundindo sen remisión. A salvagarda do mercado

Page 295: Castelao - Sempre en Galiza

hespañol corre a costa esclusiva de Galiza, a quen se lle impón a probeza como premio do

traballo, pois sendo a única que merca caro e vende barato por culpa do arancel, ben se pode

decir que é a que paga co seu diñeiro a protección dos demais pobos de Hespaña. Galiza vese

obrigada a pagar con estraordinario recargo (máis do 130 por 100 sobor do valor real das

mercancías), os ferros, os tecidos, o carbón, o trigo, o zucre, o aceite, etc., tendo que vender

os seus produtos a prezos non remuneradores, polo que os dereitos de aduana supoñen para

nós, e somentes para nós, un imposto máis, un supertributo sen ningunha compensación.

¿Podemos consentir tamaña iniquidade? ¿Pode acaso algún demócrata hespañol desexar o

aniquilamento de Galiza? Se non é cordo pedir o réxime de fronteiras abertas para toda

Hespaña, dénselle a Galiza, polo menos, as debidas compensacións.

Por falla de estadísticas a xeito non é posible aquilatar en números precisos a

servidume económica de Galiza; pero é doado creer que a realidade esceda a tódolos

cómputos que se fixeron. Supoñamos —di Portela Valladares— que cada galego non gastara

máis de cen pesetas por ano nos diversos produtos que alí entran do resto de Hespaña.

Multiplicando esa cifra polo número de habitantes censados no noso país, ascendería a

douscentos cincoenta millóns de pesetas o prezo total das nosas compras; pero desa cantidade

sóio cen millóns corresponden ao valor real das mercancías, pois os outros cento cincoenta

son recargo arancelario, tributo de protección á industria nacional… Cómpre decir que o

diñeiro furtado anualmente a Galiza sobrepasa con moito a este cálculo.

En Castela produce gran escándalo a protección que se lle dispensa aos industriaes de

Cataluña; pero imos ver nós a que lle dispensamos aos trigueiros casteláns… Xa no século

XVI Galiza protestou ante o Consello de Castela da tasa que arbitrariamente se lle poñía alí

ás fariñas, polo que o pan era inaccesible aos “pobres que lo han menester”. Pero a invención

do arancel creou un estraordinarlo e tácito imposto que nós soios pagamos para soster a

nugallenta agricultura de Castela. Ben o di Senador Gómez: “Así el arancel del trigo fue

saltando de tres a ocho pesetas. Por otra parte el arancel de 1882 tenía 302 artículos. E1 de

1892 tenía ya 369 artículos con 410 rúbricas. En 1912 el número de rúbricas era de 718.

¡Setecientos dieciocho grupos de cosas a prezo recargado para robar a los que no tienen qué

comer!”. O noso vasalaxe púxose de vulto na notable conferencia de Rodrigo Sanz, dada no

Ateneo de Madrid o ano 1910, na que demostrou que Galiza pagaba anualmente a Castela,

polo dereito de comer pan —o prezo do pan á parte—, a cantidade de cen millóns de pesetas.

Este cálculo foi corroborado moito dispois, en 1932, por unha nota oficial do Director de

Agricultura: “Los señores Matesanz i Cánovas del Castillo no impugnan mi afirmación de

que la protección a las comarcas trigueras puede evaluarse en unos mil millones de pesetas

anualmente; antes bien, de las razones expuestas por dichos señores se desprende, bien a las

claras, la certeza de mi afirmación”. E deste ditame toma pé o noso Portela Valladares para

decir que dos mil millóns que cobran as comarcas cerealistas correspóndenlle a Galiza cen

millóns de pesetas por sei a súa poboación a décima parte da de Hespaña, pero aínda fica

escaso este cálculo porque Galiza é o país de máis déficit trigueiro e onde, polo tanto, a

importación do trigo é maor “Cando a Castela lle convén —decía Risco— entran carnes

conxeladas de América ou gando de Portugal, anque se perxudiquen os labregos galegos,

todos eles pequenos proprietarios; pero, en troques, hai que asegurar aos trigueiros de Cas

tela, todos eles grandes proprietarios, non somentes un prezo remunerador senón un

sobreprezo a costa dos consumidores galegos”. Sabido é que o arancel protector de Castela

non sóio nos estrucha como consumidores senón como produto res, pois oprime as fontes da

nosa riqueza principal, que é a gandeiría. Non é dificultoso concordar con Rof Codina cando

di que as 107 000 hectáreas, que adica Galiza ao cultivo do millo, debía adicalas á produción

Page 296: Castelao - Sempre en Galiza

de forraxes, trevos e plantas gramíneas, como fai Holanda e Dinamarca, pois resultaríalle

moito máis barato mercar en América o millo e demais pensos concentrados que adicar as

súas terras a se mellante cultivo. O millo en Galiza é materia prima tansformable en carne,

como a lan e o algodón en Cataluña se transforman en tecidos, e non hai dúbida de que a

franca importación do millo acrecería o rendimento da gandeiría galega. Vede, pois, cómo a

hexemonía de Castela pesa sobor da nosa economía en incalculable cantidade de pesetas. E

deixamos de contar cómo pesan as outras rexións…

En fin; co dito abóndanos para pedir que os organismos rectores da “economía

nacional” deben fórmarse, si, con representantes corporativos e técnicos, pero sempre

delegados das comarcas ou rexións naturaes, pois somentes así se poderán coordinar os

diversos intreses de Hespaña cara unha superación vital e total.

Page 297: Castelao - Sempre en Galiza

XXXV

Chegou a hora de dar publicidade a estes discursos, cando estabamos mellor

preparados para decir moitas cousas que aínda non dixemos e que nos servirían para chantar

os fitos terminaes do noso galeguismo.

Agora é cando debíamos combatir con argumentos incontrovertibles a subordinación

da democracia gálega aos partidos centralizados en Madrid, porque as varias ideoloxías

modernas poden servirse, e seren servidas, dende Galiza e para Galiza, deitando as súas

inquedanzas no corpo político de Hespaña; pero sería parvo falar de autonomía galega se non

estivéramos dispostos a organizar a nosa representación política a base de partidos proprios,

integramente autónomos, pois unha dependencia dos elementos de Galiza a xefaturas e

disciplinas estrañas ao noso país supón a renuncia dos dereitos e deberes da liberdade que

demandamos e, como ben decía Risco, equival á hipoteca de voto en Zamora.

Agora é cando podíamos discurrir sobor dos cómputos feitos en diferentes períodos

por Asdrúbal Ferreiro e Alexandro Bóveda, en demostración de que Galiza se basta a si

mesma economicamente para o seu goberno e de que nunca recibeu regalos do Erario

hespañol, porque das cantidades que o Estado recauda en Galiza sobran máis de vinte millóns

de pesetas en cada ano, dispois de deducir o que gasta con nós e o que en xustiza nos toca

pagar por atencións xeraes. Con números da propria Facen da hespañola demostraríamos

dúas cousas: que a tutela do actual Estado resulta escesivamente cara para nós e que nos

sobra capa cidade económica para vivir con independencia.

Agora é cando podíamos esclarecer o problema da emigración galega, demostrando

que é unha dádiva sen recompensa posible, e aquilatando, con cifras e razóns, a merma que

nos causa en potencial económico, en enerxía social, en pulo creacionista, porque Galiza é

unha rexión inédita, chea de reservas e posibilidades, que ao desprenderse dos seus homes

—que son os axentes de toda riqueza— renuncia ao progreso colectivo e trócase en parásito

dos fillos ausentes… Non; Galiza debe ser algo máis que un criadeiro de carne humana para

a esportación, que amasa en bágoas acedas o pouco diñeiro que recibe… Ante semellante

drama sóio se nos ocurre berrar con Lousada Diéguez: “¡Basta de vida entrampada feita a

conta dos emigrantes!”

Agora é cando podíamos falar do dereito de Galiza a ser atendida como base principal

do comercio de Hespaña con América, pero máis aínda como peirán atlántico de Europa i

estación avanzada do tráfico intercontinental, pois se antano Galiza non lle sirveu a Castela

para zugar as riquezas do seu lonxano imperio —o monopolio destas funcións exerceuno

Sevilla e Cádiz— non hai dúbida de que arestora sóio é doado estimar a posición xeográfica

de Galiza como roita dun novo ideal e para servir a unha política de decoro e diñidade

hespañola. E para que Galiza poida salvarse e salvar a Hespaña cómpre dotala de escelentes

obras de porto e de modernas estradas; pero, sobor de todo, é preciso abrir un camiño de ferro

direito á fronteira pirenaica, é decir, unha nova vía de europeización, un novo camiño

francés.

Agora é cando podíamos estudar a inxuria que o Estado hespañol lle infrinxe a Galiza

interferíndolle as súas tradicións xurídicas, tan de vulto marcadas no informe de Pérez Porto

ao Apéndice galego do Código Civil, porque os problemas da nosa agricultura e da nosa

gandeiría, postos en chaga viva nas Asambleias agrarias de Monforte (1908, 1910 e 1911)

como así mesmo os da pesca, sóio poden acadar solucións viables e xustas o día que teñamos

Page 298: Castelao - Sempre en Galiza

unha “política galega” e dispoñamos de liberdade para lexislar con luces proprias sobor das

completas realidades do noso país. A este respeito non sóio debíamos estruturar un programa

de acción gubernativa senón que, ademais, debíamos discurrir a prol dun sistema ruralista de

goberno e da correspondente diseminación dos seus varios órgaos no territorio galego, a fin

de conquerir unha harmonía total pola evitación dos antagonismos que axiña xurdirían en

canto unha Urbe se convertise en cabeza i estómago do Poder…

Agora é cando se aglomeran no bico das nosas intencións políticas os temas que aínda

non encetamos, e que xa podían ser esclarecidos á luz desta hora crucial. Pero… mañán será

outro día.

Acabamos de pronunciar un discurso comprometedor no acto que realizaron os

republicanos hespañoes no Stadium Centenario de Montevideo, o día 18 de abril. Velo aí:

Demócratas:

Pesa sobre nuestro dolor de expatriados una cruz que alarga sus brazos a los cuatro

vientos para sentir y abarcar todo el dolor del mundo, y nuestra esperanza se vuelca en la

esperanza de los pueblos que luchan por la Libertad. Estamos bien seguros del triunfo de los

Aliados, y nos parece tan absurdo creer que las potencias del Eje puedan ganar esta guerra

como que Hitler sea capaz de apagar la luz de las estrellas soplando desde Berlín (ovación);

pero esta misma fe la tenemos depositada en el heroísmo y martirio del pueblo español, que

ha luchado, antes que nadie, por la propria causa de los Aliados, sin esperar premios ni

medir sacrificios. Y con el triunfo de la Democracia en el mundo habrá de resucitar,

quiérase o no, la República española, fortalecida con una experiencia que no podía tener el

día 14 de abril de 1931. Preparémonos, pues, para ser dignos de regresar a la Patria, y para

ello comencemos por ser dignos de nosotros mismos, hablando con sinceridad y enseñando

el fondo mismo de nuestras convicciones políticas.

Para hablar de un aspecto fundamental del problema español sólo dispongo de diez

minutos, y voy a hacerlo con el reloj en la mano.

La inmensa mayoría de los españoles tal vez no tenga idea de lo que es la España

oficial; pero, en cambio, tiene imágenes entrañables de patria, capaces de engendrar

sentimientos poderosos, y para ellos España se reduce a la tierra en donde han nacido; es

decir, a su nación. Y digo “nación” empleando el mismo lenguaje de los escritores clásicos

castellanos, que han hablado siempre de “nación” cuando se referían a los diferentes

pueblos de nuestra península; es decir, a Las “Españas”.

Pero sobre los recios y variados caracteres españoles que surgen por imperativo de

la historia y de la geografía, hay en España muchos hombres que viven en perpetuo milagro

de Levitación, sin tocar pueblo ni tierra, y que al abrazar la política pretenden reducir la

vida española a fórmulas metafísicas. Estos españoles, sí, tienen idea terminante de lo que es

España como Estado unitario o como unidad nacional obligatoria; pero para ellos la

imagen de España se reduce a un mapa dividido en cincuenta provincias, teñidas de

diferentes colores.

Claro está que yo no voy a fulminar anatemas contra los españoles que todo lo

aprenden en Los libros, porque son útiles en ciertas disciplinas intelectuales; pero si estos

españoles vuelven a sentarse en el Olimpo de nuestra República es preciso gritarles que

España no es una entelequia jurídica, sino realidad tangible; que no es un vacío abstracto,

sino función de concretos. Castilla, más Cataluña, más Euscadi, más Galicia. Y si estos

españoles se titulan republicanos, entonces es preciso recordarles que el republicanismo

español ha nacido federal; que tiene la obligación de luchar contra el cesarismo unitario y

centralista, importado en España por déspotas extranjeros, de los cuales sólo Franco

Page 299: Castelao - Sempre en Galiza

merece ser representante; y que las instituciones republicanas habrán de ser

verdaderamente españolas cuando sobre la cabeza de nuestros legisladores descienda el

espíritu de don Francisco Pi y Margall.

Tampoco voy a exaltar a los españoles que no tienen idea ni conciencia de lo que es o

de lo que debe ser el Estado español; pero afirmo que sólo en un entrar del hombre en el

paisaje y de la tierra en el hombre se forjan los atributos morales de una nacionalidad. Y por

eso vengo a este acto republicano y españolísimo, como diputado de Galicia e intérprete del

sentir y pensar de la inmensa mayoría de gallegos, para proclamar que somos españoles

porque somos gallegos, pues si no fuésemos gallegos no seríamos nada. Galicia tiene una

personalidad intransferible, que se revela en su morfología social y económica, en su

derecho consuetudinario y, por ende, democrático, en su lengua, en su cultura y, también, en

su voluntad de existir, manifestada a través de muchos siglos y últimamente en el plebiscito

autonomista del día 28 de junio de 1936 y en un segundo plebiscito, el plebiscito trágico de

muchos, muchos miles de mártires. Y los gallegos no seríamos leales con nosotros mismos si

para proclamarnos españoles y republicanos olvidáramos el hecho diferencial de nuestra

Tierra.

Despreciar la variedad nacional española equivale a despreciar el auténtico ser de

España, porque allí la variedad es tan natural, tan rica, tan admirable, que de pueblo a

pueblo hasta el pan varía de forma, de sustancia y de sabor, y como el pan varía la carne y el

espíritu de los hombres. No es cierto, no, que España sea única e indivisible y de ahí vienen

los peligros de desintegración cuando el Poder se concentra en una provincia, en una ciudad

o en un hombre. El separatismo en España es consecuencia de la política absorbente,

uniformista, totalitaria. ¿Que acaso no es lícito que yo me sienta separatista de Franco? Ah,

yo pudiera en estos momentos separar a Galicia de la España totalitaria (ovación) lo haría

sin vacilar, aunque más no fuese que para decirlo a los españoles expatriados: “Aquí tenéis

una España en donde se puede vivir en libertad”. Pero de una República legalmente

constituida por la voluntad del pueblo y mentada sobre las realidades españolas jamás

podríamos sentirnos separatistas (muchos aplausos). Y para defender esa República no hay

ni puede haber diferencias entre los españoles auténticamente republicanos (muchos

aplausos). El centralismo es lo que convierte al Estado español en la “piel de zapa” de que

nos habló don Manuel Azaña o en la “caña hueca” de que nos hablara don Joaquín Costa,

porque sólo en una España surgida de los fondos primitivos y unida bajo el signo de la

libertad se puede establecer una convivencia inquebrantable, una paz permanente. Sólo con

un sentido entrañable de la variedad se engrandece la idea republicana de España, porque

lo “español” verdadero no es patrimonio exclusivo de un organismo susceptible de

descomposición, por no decir ya descompuesto y mutilado. ¿Queréis un ejemplo? Ahí va uno

entre mil que podría citar: En plena guerra separatista de 1640, provocada por la política

absorbente del Conde Duque de Olivares, el Portugal restaurado protestó de que Felipe IV

se titulase rey de España, porque ya no era rey de Portugal, y “Portugal es una porción

importantísima de España”. Ved aquí, en este hecho, revelada ya la pequeñez del

hispanismo que proponen los centralistas, incluso al proyectarlo sobre los pueblos

americanos de nuestro origen, mando lo reducen no sólo a la ficción de una raza o de una

religión sino, incluso, de una lengua. ¿Es que el Brasil no es un pueblo hispano por el hecho

de no hablar en la Lengua de Castilla? ¡Cuidado! Porque para ser hijo de las entrañas de

Hispania le basta con hablar portugués, como le bastaría con hablar catalán, vasco o

gallego. Y ya que he tocado a eso que se llama la “hispanidad” será bueno advertir que en

las costuras de la camisa de Isabel, que Franco pretende enarbolar sobre América, no viene,

Page 300: Castelao - Sempre en Galiza

no, el alma de España: vienen, en cambio, escondidos y agazapados, nuevos piojos godos de

una terrible virulencia (ovación).

Se me acabaron los diez minutos. ¡Y qué gusto da hablar en esta tierra, bajo la

protección de Batlle y Ordóñez, que no ha muerto ni morirá jamás! (muchos aplausos).

Este discurso foi pronunciado ante unha moitedume afervoada, e con el poñemos

agora o ramo a este libro. Pero seipan os galegos todos que o noso afán de concordia

hespañola afíncase nos puntos siguentes: a) Respeito á Constitución do 31 en canto é

obrigado respeitar o seu orixe democrático. b) Promulgación do Estatuto Galego en canto se

volva á legalidade republicana e ao mesmo tempo que sexan restaurados os Estatutos de

Cataluña i Euscadi. c) Constitución próisima do Estado hespañol en réxime federal.

Cicais o paso que acabamos de dar resulte inútil; pero endexamais se dirá que os

galeguistas negamos o noso concurso aos demócratas activos tanto da Hespaña coma do

mundo.

En fin; abonda por hoxe. Mañán será outro día.

Bos Aires, 1943

Page 301: Castelao - Sempre en Galiza

Libro cuarto

Page 302: Castelao - Sempre en Galiza

I

Hoxe é o día 25 de xullo do 1947. A miña imaxinación anda por Galiza, en festa de

saudades, pero corporalmente aínda estou na Franza, dispois de perder eiquí un ano enteiro

de imposibles afáns. E hoxe retornarei coa miña muller a Bos Aires, onde nos espera unha

Galiza ideal, capaz de consolarnos de non poder morrer na Terra que nos dou a vida, na Patria

que sempre está no noso corazón. Hoxe daremos un paso máis cara o fin…

Esta mañán despertei nun hotel de Marsella, no filo do amañecer. E antramentras os

bruídos da cibdade non rachan o silencio da noite, convertindo a morna alborada en sol

ardente, púxenme a relembrar un discurso de Otero Pedraio, pronunciado nun teatro de Vigo,

van alá dezaseis anos. Claro está que non me foi posible reconstruír as súas verbas, pero

puden gozar novamente daquela xubilosa evocación. E velaí como saíu da miña memoria:

“Se no abrente deste día poidéramos voar sobor da nosa Terra e percorrela en todas

direccións, asistiríamos á marabilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo inzadas

de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do

Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas de

entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de

Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de

Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. O día de festa comeza en Sant-Iago.

A torre do relox tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo día, e de seguida

comeza unha muiñeira de campás repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a

tódolos campanarios da cibdade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis

que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos

marabillosos de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma

Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez,

dun culto panteísta, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra-nai, alzada

simbolicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo, e por lámpada

votiva o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos. Por eso a muiñeira

de campás, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de coto en

coto, dende os campanarios pimpantes de beiramar até as homildes espadañas da montana. E

o badaleo rítmico das campás —de tódalas campás de Galiza, en leda algarabía— semella o

troupeleo dos cabalos astraes que veñen pola vouta do ceo, turrando do carro de Apolo, que

trai luz ao mundo en sombras. Hoxe é o día de Galiza, e así comenza!”

Así dá comenzo a Festa Maor de Galiza, a festa de tódolos galegos; pero ninguén

pode sentila coma nós, os emigrados, porque en tal día coma este reviven as nosas

lembranzas acumuladas, e na moita distancia agrándase o prodixio da Patria. Hoxe asistimos

a tódolos lances xubilosos do día, que reaparecen dentro de nós mesmos. Así podemos ver o

noso país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros, aturuxos e

foguetes. Así podo eu evocar o xúbilo desta xornada, hora a hora, minuto a minuto, dende o

repique matutino das campás até o “mitin das arengas” que os galeguistas celebrabamos en

tal día como este, ás doce da noite, na Quintana dos mortos, de Sant-Iago. Pero, ¡como se

tornan tristes as alegrías evocadas no desterro! ¡Como doen as ledicias arrancadas do recordo

da nosa mocedade! E como para min é certo o que dixo un gran poeta da nosa estirpe:

Sen ti perpetuamente estou pasando

Nas mores alegrias, mor tristeza.

Page 303: Castelao - Sempre en Galiza

En espera do embarque consumín un bocado de tempo na Catedral de Marsella, a

cavilar sobor da siñificación que para nós ten o día do Apóstolo, convertido en Día de Galiza

por ser a mellor afirmación do noso universalismo, pois sendo tan galega esta festividade non

caben os seus motivos no estreito marco dunha soia patria. O seu carácter relixioso provén do

misticismo cabaleiresco da Edade Media, francamente europeo, atlántico e oucidental; o seu

carácter patriótico dimana da ofensiva oito veces secular iniciada en Galiza contra o Islam; e

o seu carácter civil provén da confluencia dos camiños de Europa en Compostela e da

irradiación do xenio de Galiza a través deses mesmos camiños. Tamén se poden sinalar tres

pulos espirituaes a esta festividade —o europeo, o hispano e o galego— que se revelan nos

tres emblemas distintos da devoción xacobea; o camiño de estrelas, que guiou aos pelengrís

cara Galiza; a cruz en forma de espada, que os cabaleiros de Sant-Iago usaban como siña

relixiosa; e a cuncha purificadora e testifical, que os romeiros recollían nas praias galegas.

Pero a triple siñificación deste día márcase máis nidiamente nas tres formas iconográficas do

Apóstolo Sant-Iago; a forma europea, a forma hispana e a forma galega. Europa representou

ao Apóstolo Sant-Iago a semellanza dos seus pelengríns: con esclavina e chapeu cobertos de

cunchas-vieiras, un bordón na man direita e un libro na esquerda; os pés descalzos i en

actitude de andar, tal como se ve no cume da torre Saint Jacques, de París, a modo de Santo

protector dos camiños, símbolo da alma viaxeira de Europa, a tal estremo que nas artes e na

literatura o pelengrín santiaguista chegou a confundirse co Xudeu errante. Hespaña

representou ao Apóstolo Sant-Iago á semellanza dos guerreiros da Reconquista: montado

nun cabalo branco e brandindo unha espada, terror de sarracenos, xa vencidos e derrubados

no chan, tal como foi descrito por Alfonso, o Sabio, na súa referencia da batalla de Clavijo.

Este é o Sant-Iago Matamouros, que se venera nas irexas hispanas a modo de Patrón

providencial, o Patrón das Hespañas, como sempre se dixo: único caso dun Apóstolo de

Cristo representado en forma pouco evanxelizadora. Galiza representou ao Apóstolo

Sant-Iago a semellanza dos Patriarcas: sentado en maxestade, un bastón na man esquerda e

un pergameo na direita, a cabeza erguida, os ollos enfiados cara o iñoto Oucidente e os beizos

a repetiren aquel psalmo de David: “No mar están os teus camiños e nas moitas augas as túas

sendas”. Así o representou o mestre Mateo e así o esculpeu no Pórtico da Groria, con réplica

no altar maor, para recibir aos antigos visitantes da súa Catedral e decirlles que a mundo non

acaba en Galiza, que Galiza non era un Fisterra senón un peirán avanzado de Europa cara o

continente que aínda estaba por descobrir. Estas tres advocacións do noso Señor Sant-Iago

—o pelengrín europeo, o guerreiro hispano e o patriarca galego— corresponden a tres feitos

de suma trascendencia: pola virtude dos camiños que conducían a Galiza, onde os diversos

pobos da cristiandade se axuntaban e chegaron a cantar un mesmo himno, fíxose posible a

unidade espiritual de Europa, a única concencia moral europea que no decorrer dos séculos se

pudo rexistrar. Polos ideaes cabaleirescos da Edade Media, creados polo xenio celta e

nutridos pola fe que o sepulcro apostólico inspiraba, cerrouse Hespaña á marea sarracena e

pudo salvarse a civilización oucidental. E polo desexo de proseguir o camiño de Sant-Iago

alén do cabo Fisterra, venceuse o Mar tenebroso e fíxose posible o descobrimento de

América. Velaí as tres sendas, os tres espritos e os tres feitos en que é doado afincar a groria

deste día, un día tan grande que non hai outro que teña raíces máis fondas no sentimento

popular galego, nin categoría universal máis elevada. Cicais fose posible escoller outra data

máis íntima e privativa das moitas que a nosa hestoria rexistra, pero ningunha superaría o

prestixio e trascendencia que o día de hoxe ten.

Xa estamos no Mediterráneo, a navegar polo charco latino. A noite cerrouse ao redor

Page 304: Castelao - Sempre en Galiza

do barco, e por unha rendixa do noso camarote o vento está susurrando a Negra Sombra de

Montes, que me sostén en vixilia. E así podo eu maxinar unha Santa Compaña de inmortaes

galegos en interminable procesión. Alí vexo as nobres dinidades e os fortes caracteres que

dou Galiza no decorrer da súa hestoria. Todos camiñan en silencio, coa faciana en sombras e

o mirar caído na terra dos seus pecados ou dos seus amores, agachando ideias tan vellas que

hoxe nin tan siquera poderíamos comprender, e sentimentos tan perennes que son os mesmos

que agora bulen no noso corazón. Algúns van revestidos con ricos panos e faiscantes

armaduras, e os máis deles van descalzos e nus, cos osos prateados polo fulgor astral.

Ao frente de todos vai Prisciliano o heresiarca decapitado, levando a súa propria

caveira nunha arqueta de marfín e afincándose nun longo caxato que remata coa fouce dos

druídas, a modo de báculo episcopal. Siguen a Prisciliano moitos adeptos, varóns e mulleres.

Detrás veñen dous magnates, que cicais sexan Teodosio, o grande Emperador de Roma, e

San Dámaso, o Sumo Pontífice da cristiandade, seguidos ambos por unha hoste de soldados i

eclesiásticos. Ollamos dispois unha ringleira de mortos esclarecidos, que portan os atributos

da súa dinidade ou profesión. Alí distinguimos á virxe Eteria, con túnica de branco liño e

camiñan do con arfado compás. Ao hestoriador Paulo Orosio, discípulo de San Agostiño, que

marcha pensatibre, cun rolo de pergameos na man. Ao bispo e cronista dos tempos suevos,

Idacio, que alumea o camiño cunha lámpada de bronce. A San Pedro Mezonzo, o autor da

Salve Regina Mater, o cántico e a oración máis fermosa da Eirexa, cunha fragante azucena

nos beizos. Ao fundador San Rosendo, que sostén liturxicamente a custodia do noso escudo

tradicional. E moitos, e moitos mais, que é dificultoso recoñecer. Logo vemos ao primeiro

Arzobispo de Compostela, o gran Xelmírez, revestido de pontifical, con aurifulxente cortexo

de mitrados e coengos. Após do perlado vén Alfonso VII, o Emperador, con cetro na destra,

espada na sinestra e coroa de ouro e pedrerías nas sens. Siguen ao Emperador o Conde de

Traba, seu aio, e demais vultos da soberba feudal de Galiza. Ollamos dispois aos monxes

letrados, en longa ringleira, con velas acesas e libros abertos. Vén dispois o Mestre Mateo o

Santo dos Croques, co Apocalipsis debaixo do brazo, encabezando unha grea de arquitectos e

imaxineiros que portan as ferramentas das súas artes. De seguida aparece unha moitedume de

xograres e trobadores, en mistura de tipos e atavíos. Algúns asemellan ter sido monxes;

outros calzan esporas de ouro en sinal de que foron cabaleiros; pero os máis deles van

esfarrapados, con vellas cítaras, laúdes e zanfonas ao lombo. Alí recoñecemos a Bernaldo de

Bonaval, Airas Nunes, Eans do Cotón, Pero da Ponte, Pero Meogo, Xohán de Guillade,

Meendiño, Xohán Airas, Martín Codax, Paio Gomes Charino, Macías o Namorado, e moitos

máis, todos con lume no peito. Non tardan en aparecer as dúas belidas irmáns, Inés e Xohana

de Castro, a que reinou en Portugal dispois de morta e a que foi raíña de Castela nunha soia

noite morna de vran, como dúas rosas murchas, levando en bandexas de prata as coroas do

seu efímero reinado. Veñen de seguida os moitos varóns altaneiros de Galiza, os señores

feudaes, que non souperon vivir en paz nin consigo mesmos, todos eles montados en bestas

negras, dende Andrade o Bo, seguido por un porco montés, símbolo totémico da súa casa, até

o valente Pedro Madruga, que leva o puñal da traición espetado nas costas. Como grupo

singular destácase o Mariscal Pardo de Cela, xunto cos seus compañeiros de marteiro

inxustamente decapitados, que sosteñen con entrambas mans as proprias cabezas, aínda

frescas, que deitan sangue e piden xustiza. Tamén ollamos unha boa representación do

feudalismo eclesiástico, e nel distinguimos aos tres Arzobispos Fonseca, pai, fillo e neto,

seguidos por unha mula cangada coas obras de Erasmo. E detrás de tanto señorío feudal, vén

a pé o seu mellor cronista, Vasco da Ponte. De seguida recoñecemos a imponente tropa dos

irmandiños, que arrastran cadeas, con bisarmas e fouces mangadas en paus levando por

Page 305: Castelao - Sempre en Galiza

abandeirado a Rui Xordo, que sostén en outo un facho de palla acesa e fumeante.

Eiquí comenza a decaer a categoría do fúnebre cortexo, como decaíu Galiza ao

trocarse en pobo sometido. Pero sigue dando individualidades como Sarmiento de Gamboa e

os Nodales, que camiñan xuntos, portando astrolabios, atlas e cunchas estrañas; o filósofo

escéptico, Francisco Sánchez, con muceta de doutor; os virreis de Nápoles e das Indias,

Conde de Lemos e Conde de Monterrei, que serviron lealmente a quen non merecía ser

servido por ningún galego; os tres grandes embaixadores felipescos, Zúñiga, de Castro e

Gondomar, que inutilmente derrocharon talento, sabiduría e artes diplomáticas; os escultores

Moure e Ferreiro, xunto cos arquitectos Andrade e Casas e Nóvoa, que ceibaron de cadeas a

nosa orixinalidade oprimida; o P. Sarmiento e o P. Feixoo, que remediaron o retraso cultural

de Hespaña coa súa poderosa erudición e o seu xenio enciclopédico. Vén axiña Nicomedes

Pastor Díaz, coa súa lira de nacra, abrindo a renascencia literaria de Galiza e seguido polos

poetas Añón, Rosalía, Curros, Pondal, Ferreiro, Lamas, Amado Carballo, Manoel Antonio e

tantos outros, todos con estrelas sobor das súas frentes; os hestoriadores Vicetto, Murguía e

López Ferreiro; os patriotas Faraldo e Brañas; a pensadora Concepción Arenal, a escritora

Pardo Bazán e, por fin, o gran don Ramón, aínda non ben descarnado.

Acabo de citar algúns vultos da Santa Compaña de inmortaes galegos; pero nos dous

mil anos da nosa Hestoria os vultos cóntanse por milleiros. Di Oliveira Martíns que na

Hestoria non hai máis que mortos, e que a crítica hestórica non é un debate, senón unha

sentencia. Mais eu digo e aseguro que os mortos da hestoria son inmortaes, porque resucitan

e mandan sobor dos vivos, como digo e aseguro que a mellor sentencia é a que se dá dispois

dun debate. Por eso poño a debate a nosa Hestoria —non a nosa Tradición—, porque se ben é

certo que se pode compor unha gran hestoria de Galiza con sóio recoller as crónicas dos seus

grandes homes, tamén é certo que ningún deles, nin todos eles xuntos, foron capaces de

erguer a intransferible autonomía moral de Galiza á categoría de feito indiscutible e

garantizado. Por sorte, Galiza conta para a súa eternidade, con algo máis que unha Hestoria,

como axiña me foi permitido ver…

En canto a Santa Compaña dos inmortaes se perdeu na espesura dunha froresta, vin

xurdir da terra da nosa Terra, saturada de cinzas humanas, unha infinida moitedume de

luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos

xuntos forman o substractum insobornable da patria galega. Esas ánimas sen nome son as

que crearon o idioma, a cultura, as artes, os usos e costumes, i, en fin, o feito diferencial de

Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio,

infundíndolles a tódalas cousas que na paisaxe se amostran o seu proprio esprito, co que pode

dialogar o noso corazón antigo e panteísta. Elas son as que gardan e custodian no seo da

terra-nai os legados múltiples da nosa Tradición, os xermes incorruptibles da nosa futura

Hestoria, as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas

representa o pobo, que nunca nos traicionou; a enerxía colectiva, que nunca perece; a

espranza celta, que nunca se cansa. Esa infinida moitedume de luciñas e vagalumes

representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre.

Dispois, a miña saudade aínda quixo visitar devotamente os moitos cimeterios de

Galiza, onde durmen os derradeiros mártires da Liberdade, en número incontable. A miña

imaxinación veu unha fogueira en cada cimeterio, como outros tantos clamores de xustiza.

Pero no de Pontevedra veu unha labarada que chegaba até o ceo. Era o lume do esprito de

Bóveda que non figura na Santa Compaña dos inmortaes, porque non pertenece á Hestoria

senón á Tradición, en arume de Lenda. Bóveda terá de ser nun mañán próisimo ou lonxano a

bandeira da nosa Redención.

Page 306: Castelao - Sempre en Galiza
Page 307: Castelao - Sempre en Galiza

II

O noso barco xa deixou atrás o estreito de Xibraltar, agora navegamos poias augas do

Atlántico, i eu síntome invadido por unha sensación de liberdade, ao saírmos do

Mediterráneo. A miña razón sabe que nos alonxamos de Hespaña, onde Galiza fica

engarfada, para buscar o “cruceiro do Sul”; pero as distancias afectivas non sempre

concordan coas distancias xeográficas. Dispois de todo, a presencia das costas meridionaes

de Hespaña non son como para seducir a un patriota galego, porque nelas descobrimos a

fisonomía dun estado moruno, moi distante da nosa Patria. Por eso, ao perdelas de vista,

ganei en alivio cordial tanto como me pesaría deixar as costas de Galiza en tempos mellores

que os presentes.

Cando eu non era separatista do Estado hespañol, porque alí aínda se podía vivir i

esperar, non deixei por eso de sentirme menos desterrado en Madrid do que dispois me sentín

en Bos Aires; pero agora acharía en calisquera parte de Hespaña, incluso en Galiza, algo

moito pior que o desterro: acharía o insulto, a cadea ou cicais a morte, en pago do meu natural

patriotismo. Velaí porque a presencia de Hespaña se me fixo engullosa. Debo rexistrar que

durante a miña estada en París sentíame arredado de Galiza por un abismo insalvable —o

abismo que hoxe representa o Estado hespañol—; pero en Bos Aires sentireime novamente

incorporado a unha Galiza libre, representada por moitos miles de compatriotas, que

manteñen, a tanta distancia xeográfica, os elementos moraes da nosa nacionalidade. Nada de

estraño ten, pois, que un patriota galego prefira vivir en América a vivir como un lacerado en

Galiza, e que renegue dunha Hespaña que lle impide respirar en paz os aires da súa propria

terra.

O barco en que navegamos vén cheo de fuxitivos de moi diversas nacións, galgando

en bonanza sobor do mar da Liberdade. Ningún intre máis axeitado que o deste viaxe para

esclarecer o noso problema nacional en meio de tantas língoas que van a perderse na

emigración. Os días son longos para meditar.

Empecemos a discurrir ao xeito dos internacionalistas, tomando como modelo a Jean

Jaurés. Para este autor, a patria universal non pode realizarse máis que a base das nacións

autónomas e reconciliadas. Querer suprimilas de raíz para formar unha sociedade única, sería

o mesmo que fuxir da vida e da natureza, caendo en verdadeiras abstraccións. ¿En que ponto

afincaríamos o cómbate social e cal sería o resultado da vitoria se a patria única non contase

máis que con almas mortas e sensibilidades apagadas? Non; o internacionalismo eficaz non

deserta das patrias, senón que as transforma en órgaos dunha nova humanidade. Pasou a hora

dos ilusos, que consideraban a futura organización do mundo como resultante dos seus

desexos, ao marxe das realidades hestóricas e das sustancias nacionaes. Esta negación do

pensamento socialista nin os ascetas cristiáns serían capaces de abrazala. Así o

internacionalismo abstracto semella un novo Icaro, máis ficticio que o da mitoloxía grega.

Dígase o que se queira, a sociedade futura terá de crearse pola conxunción das sociedades

presentes, de modo que o Estado mundial leve o cuño das patrias que o integren. Porque a

patria non ten por fundamento esclusivo as categorías económicas, apreixadas no estreito

marco dunha propriedade de clases, pois conta con outra fondura orgánica e outra meta

ideolóxica.

As condicións da vida humán sobor da codia terrestre tardaron moitísimo tempo en

facer posible unha sociedade común, porque o noso planeta era meirande que a humanidade,

Page 308: Castelao - Sempre en Galiza

e o seu grandor impuxo a lei de dispersión. Pero non esquezamos que as primeiras patrias xa

eran vastos agrupamentos humanos, nos que a vida social escedía das simples relacións de

familia. Estes agrupamentos sociaes viviron arredados entre si ou en loita cos grupos veciños,

formándose en cada un deles un tipo especial de vida común e unha concencia colectiva

diferente. Os individuos de cada grupo, mesmo das clases máis opostas e castes máis

distantes, viviron xunguidos por un fondo indivisible de sentimentos, lembranzas e

aspiracións comúns. Tan é así que o individo de hoxe en día a penas percibe o que na súa

alma entrou da vida social anterior. Abonda decir que os individos de cada grupo hestórico,

aínda para aldraxárense antre si, utilizaban o mesmo idioma, que é un distintivo da patria.

Cómpre afirmar que a presencia do esprito colectivo en cada alma individual enxendra un

estraño engrandecimento. As almas individuaes acrécense nas crisis de door ou de gozo

colectivo. Este misteiro ou prodixio das almas faise patente nos intres de paixón nacional,

cando se remove toda a profundidade i estensión do grupo hestórico. De súpeto

desencadéanse as forzas acumuladas da patria, e a solidaridade social sobrepasa en grado

infinido á enerxía das concencias ailladas. Resulta, pois, evidente que sóio no aprendizaxe da

vida colectiva e da sensibilidade humana se pode afincar a ideia dunha sociedade superior.

Para Jean Jaurés non hai máis que tres maneiras de evadir a lei das patrias, ou

desintegrándoas en grupos minúsculos, absolutamente independentes, sin vencellos nin

lembranzas nin posibilidades de refacer a unidade anterior; ou ben realizando a unidade

humana pola subordinación de tódalas patrias a unha soia, é decir, estabrecendo un cesarismo

monstruoso, un imperialismo abominable. O terceiro modo consistiría na libre federación das

nacións autónomas repudiando as empresas de forza e someténdose voluntariamente a regras

xeraes de dereito, co que cicais se poidera realizar a unidade humana. Esto, en resume, ben a

ser o que nos di Jean Jaurés, no seu libro L’Armée nouvelle, a prol das patrias, que non trata

de suprimir, senón de superar.

De Jean Jaurés pasemos a un demócrata cristián dos nosos días, Raymond Silva, autor

do libro Au service de La Paix. Para este autor o Estado deixou de ser a “sociedade perfeita”

cando non recoñece máis limitacións da súa soberanía que aquelas que el mesmo se impuxo.

Porque se o Estado goza de plena autoridade para manter a paz, a xustiza e o orde dentro das

súas fronteiras, ten de contar con outros Estados na esfera dos negocios esteriores, cousa

obrigada pola crecente interdependencia de tódolos pobos do mundo. ¿Esto vén a ser o que se

chama “internacionalismo”? Non cabe dúbida algunha; pero é preciso entendelo ao xeito dos

pseudo-pacifistas, para quenes o internacionalismo supón a morte das patrias, convertindo

así o mundo en campo único onde a loita de clases reemprace aos antagonismos nacionaes.

Preferimos a verba “universalismo”, que respeita os valores culturaes que distinguen aos

diversos grupos hestóricos. Os universalistas non renegamos do amor á patria nin á

humanidade, compaxinando ambos amores en perspectivas posibles, en froitos de paz. As

nacións faltarían ao seu deber se non cultivasen con sagro egoísmo os elementos

constitutivos do seu xenio permanente; pero como membros da familia humana, están

obrigados a integrarse nun organismo de rango superior. Esta breve referencia sóio ten por

obxeto descobrir o receio que os sectores de emoción espritual siguen mantendo en contra da

doutrina materialista, aplicada ao internacionalismo.

Retornemos agora aos eidos proprios do noso problema, e lembremos que o Partido

Galeguista declarou ao nascer, como principio invariable, a universalidade da patria galega,

avogando polo federalismo internacional, o anti-imperialismo e o pacifismo. Velaí unha

coincidencia feliz antre o movimiento autonomista galego e o pensamento socialista

internacional. Claro está que o galeguismo non é cousa esclusiva de ningún partido, senón

Page 309: Castelao - Sempre en Galiza

patrimonio común de tódalas forzas da democracia galega, menos daquelas que non saben ou

non queren recoñecer o feito diferencial de Galiza e negan, por ende, o seu problema de

liberdade. De todos xeitos resulta inconcebible que haxa galegos dispostos a impedir o

melloramento moral e material de Galiza en nome da fraternidade universal; pero no noso

país aínda quedan algúns internacionalistas que atenden ás comenencias económicas, de

estómago, desentendéndose dos problemas de diñidade nacional, como se a nosa Terra

carecera de alma, é decir, de idioma, cultura e concencia. A este propósito será ben rexistrar

eiquí unha anécdota que pon de vulto a inconsistencia do internacionalismo mal dirixido:

chegamos unha vez ás minas do West Virginia, nos Estados Unidos, onde traballaban moitos

galegos. Un deles avisounos que non consentiría que alí propagásemos o “galeguismo”,

porque para el non había máis patria que o mundo, pero fixémolo chorar ao lembrarlle a

fermosura das nosas paisaxes, a beleza dos nosos moimentos, a ledicia das nosas festas, a

dozura das nosas cantigas, a sabiduría dos nosos refráns, a quentura dos nosos fogares, a

bondade das nosas mulleres, a xustiza das nosas reivindicacións, a humanidade do noso

esprito… E aquel terrible internacionalista acabou por confesarnos que Galiza era o mellor

país do mundo. Nós, que vimos a Vandervelder —o cabezaleiro da Segunda Internacional—

ao frente dunha manifestación en Amberes, demandando, antre outras cousas, a oficialidade

do idioma flamengo e a flamenguización da Universidade de Gante; nós, que sabemos cómo

Pablo Iglesias defendeu, nun congreso socialista de Londres, a liberdade dos pequenos

pobos, adheríndose á causa dos separatistas cubanos; nós, que choramos a desaparición de

Xaime Quintanilla, porque era un gran patriota galego, a pesares de militar no campo

socialista; nós, en fin, que confraternizamos cos partidos de clase en Galiza, para reclamar

democraticamente o dereito da nosa Terra a vivir en réxime de liberdade, non atopamos

contradición algunha de fondo antre o autonomismo galego e o verdadeiro

internacionalismo, porque ambos persiguen un fito que lles é común: a concordia de tódalas

patrias. Os homes libres dos pequenos pobos libres, calisquera que sexa o seu orixe, a súa

língoa e cultura, a súa tradición e costumes, saben gardar como ninguén o sentido reverencial

da patria, e dispois de mantérense fideles a si mesmas, independentes e soberáns, non teñen

máis remedio que aliarse cos outros pobos se queren verse libres do axexo imperialista dos

grandes Estados. Agora ben; os grandes Estados, orixinados pola coacción e a violencia, non

por eso carecen de tiduos para seren órgaos proveitosos dunha nova humanidade; pero con tal

de que non opriman ás nacións ou minorías nacionaes que manteñen incorporadas dentro de

si, porque mal pode cooperar lealmente a unha harmonía esterior quen non arela harmonizar

primeiro as diferencias do seu interior. Un país de contrastes violentos, organizado en Estado

unitario, non ten dereito a figurar no concerto das Democracias, porque non é seguro que o

seu Goberno reflexe a vontade dos seus diversos pobos, que son as fontes do deber colectivo,

as garantías da responsabilidade estatal. Nós queremos decii que un Estado incapaz de

comprender as ventaxas do federa lismo para dar acougo ás rivalidades nacionaes que reinan

dentro das súas fronteiras, non está preparado para ingresar na Federación Internacional. Con

esto aludimos a Hespaña.

Vexamos agora o que declaran os socialistas hespañoes no seu programa vixente

acordado en Madrid, no mes de xullo do ano 1918: “E1 Partido Socialista Obrero Español

considera necesario para realizar su aspiración obtener las siguientes medidas políticas y

económicas: Confederación republicana de las nacionalidades ibéricas, reconocidas a

medida que vayan demostrando indudablemente un desarrollo suficiente, y siempre sobre la

base de que su libertad no entrañe para sus ciudadanos merma alguna de sus derechos

individuales ya establecidos en España y de aquellos que son patrimonio de todo pueblo

Page 310: Castelao - Sempre en Galiza

civilizado…”. Agora ben; unha confederación de nacionalidades implica un convenio de

patrias libres e independentes, incluso baixo a garantía dunha lei de divorcio, por se o

casamento non chegara a consolidarse por falla de moderación e respeito mutuo. Cómpre non

esquecer os incidentes que o dito acordo provocou, para que podamos medir a

responsabilidade que hoxe pesa sobor dos socialistas de Hespaña. Foi Teodomiro Menéndez

o autor da proposición, e foi Besteiro quen mellor soupo defendela. As verbas de Besteiro

superaron a todo canto dixera Jean Jaurés en defensa das patrias, condenando a política

coactiva do Estado hespañol e decindo que os socialistas non terían dereito a combatir tan

siquera os movimentos de secesión, se tal feito se produxese pola vontade dos pobos

oprimidos. Debemos engadir que o profesor Verdes Montenegro —un vello socialista,

partidario das autonomías rexionaes, ao xeito das que dispois concedeu a República—

opúxose á ponencia de Teodomiro Menéndez, polemizando con Besteiro; pero resultou

vencido no debate e na votación subsiguente. Verdes Montenegro non estaba conforme co

moderno principio das nacionalidades, nin moito menos co estabrecimento dunha

Confederación Ibérica fundada na eisistencia legal de varias nacións hispanas; e douse de

baixa no Partido Socialista. Velaí un caso exemplar de decencia política, revelador dun

carácter enteiro; pero non podemos decir outro tanto dos socialistas que adoran o Estado

unitario e bulran as declaracións básicas do seu Partido. Calisquera republicano, mesmo

pimargaliano, pode colocarse frente a frente de nós; pero ningún socialista ten dereito a

impoñernos como tope ideolóxico a Constitución do 31, cos seus restrinxidos preceptos de

autonomía concedida por gracia do Estado. Pero, en verdade, a declaración dos socialistas do

ano 18 somentes respondía a unha eisixencia doutrinal, de tan improbables consecuencias

que non valeu a pena de ser sopesada en concencia. Era un principio de imposible realización

en Hespaña, e como tal se aprobou. Pero a repentina caída do réxime monárquico puxo en

entredito a hexemonía de Castela dentro do Estado unitario, presentándose a oportunidade de

realizar a República confederal, i entón o Partido Socialista volveu do seu acordo e aferrouse

á postura de Verdes Montenegro, esquecendo a luminosa dialética de Besteiro. Esta conduta

pode tomarse como un fracaso ideolóxico do socialismo en Hespaña, porque na hora de

realizar un principio declarado pola forza da lóxica, apareceron na palestra os compromisos

anteriores e superiores, contraídos por un sentimento atávico de irresistible empuxe.

Queremos decir que o Partido Socialista Hespañol respondeu á vontade imperialista dos

elementos casteláns que predominan no seu campo. E así Hespaña foi vencida outra vez polo

sentido hexemónico de Castela.

Carles Cardó, no seu recente libro Histoire Espirituelle des Espagnes, ve a Península

Ibérica como un conglomerado de diversas nacionalidades que aspiran e necesitan vivir en

paz e harmonía; pero todas elas, menos Castela, refugan o sistema unitario. Xurde, pois, o

federalismo como única meiciña capaz de curar as tendencias disgregadoras, facéndose

posible a renascencia dunha Hespaña definitivamente pacificada. No centro dos

individualismos rexionaes presentouse Castela coa bandeira da unidade, pero tratando de

someter o resto de Hespaña ás modalidades do seu xenio nacional. Non se pode descoñecer a

enerxía despregada por Castela, pero a súa empresa resultou imposible, pois hoxe vemos a

Península dividida en dous Estados independentes, e no interior de Hespaña rebulen os vellos

antagonismos. Así, resulta de toda evidencia o fracaso da política asimilista que o Estado

hespañol sigue mantendo con todo rigor; pero non é menos contraproducente o secesionismo

dos pobos non casteláns. O grande erro dos grupos periféricos non foi o defenderen a súa

personalidade, nin o de Castela consisteu en erguerse como elemento aglutinador; o erro de

todos estriba en que levaron as súas ambicións a límites estremos e imposibles, en vez de

Page 311: Castelao - Sempre en Galiza

axuntárense nun todo harmónico. Polo esprito común de independencia logrouse cerrar

Hespaña á invasión sarracena, nunha reconquista que durou máis de sete séculos, e

semellante feito demostra que non é posible organizar unha Hespaña firme e segura baixo a

violencia de uns e a desconfianza dos demais; pero tamén se demostra cómo é posible chegar

a unha unión de todos polo camiño da tolerancia, a transixencia e o respeito mutuos. Velaí a

solución que Cardó oferece ao problema máis grave de Hespaña, solución mil veces

aconsellada por outros autores.

Sabido está que un conglomerado de pobos diversos, como son as Hespañas, non ten

máis remedio que organizarse en Estado federal, de modo que tódolos seus membros

dispoñan de idénticas atribucións e que cada un deles se sinta servido e defendido polo Poder

central. Co federalismo hespañol curaríanse os trastornos da diversidade interior e

suprimiríanse os motivos da diverxencia portuguesa. Esto comprendíano ben os partidos

anti-monárquicos, dende os socialistas, que avogaban por unha República confederal, até os

republicanos específicos, criados e amamantados polo federalismo pimargaliano; pero nas

Cortes constituíntes da segunda República todos resultaron unitarios. Chegouse ao estremo

de consiñar no artigo 13 da Constitución o siguente aviso: “En ningún caso se admite la

Federación de regiones autónomas.” Así facíase imposible o adveñimento federal polo

camiño das autonomías rexionaes, reafirmándose unha vez máis a hexemonía de Castela,

como dona e señora do Estado, porque antramentras os pobos non sexan recoñecidos como

suxetos de dereito para estabreceren unha verdadeira democracia, prevalecerá o voto e o veto

dos casteláns, que son maoría de eleitores no conxunto político de Hespaña. As autonomías

rexionaes fortalecían o señorío hespañol de Castela e por eso se concederon, a condición de

que nunca se poidera organizar, por vía federal, unha forza igoal á súa. Está visto que o

“patriotismo hespañol” non é outra cousa que “patriotismo castelán”, tan forte nos sectores

atrabiliaros coma nos que presumen de internacionalistas.

E se o federalismo internacional recoñece a igoaldade das patrias, non pode recibir no

seu seo a unha Hespaña que non sabe ser hespañola, porque non sabe ordenar as súas diversas

partes nun todo harmónico.

Page 312: Castelao - Sempre en Galiza

III

Seguimos avanzando a través do Océano. Xa non nos persiguen as gaivotas. Agora o

vasto mar é campo de ninguén, onde a concencia se purifica, lonxe da terra e preto do ceo.

Eiquí o mundo interior ten inmensa fondura, como a eternidade. E algo nos di que imos

navegando por riba da Atlántida submerxida. Pero as grandezas sensibles ou maxinadas deste

escenario contrastan coa humanidade que bule dentro do barco. Os meus compañeiros de

viaxe, de tan diversas língoas e países, non me deixan creer na próisima realización dunha

patria única. Sigamos, pois, meditando encol do noso problema nacional.

¿Por que no desterro a verba “patria” é, para nós, máis emotiva que a verba “nación”?

¿Será que a patria emerxe do puro sentimento e a nación non pasa de ser unha realidade

obxetiva? Dende logo, a patria sentímola dentro de nós mesmos e acompáñanos no desterro;

pero a nación está na terra lonxana, nas rexións do recordo e a espranza. A nación é o obxeto

amado; a patria é o amor que a nación nos infunde. De tal modo, que sin a concencia nacional

non se comprende o sentimento patriótico. A patria represéntase con símbolos —tremeluce

nas coores dunha bandeira i eisáltase nos himnos cantados a coro—; pero a concencia

nacional a penas se desperta diante dun mapa, porque a nación é un complexo de lugar,

tempo e raza, ou de terra, hestoria e pobo. A ideia nacional sóio cobra maxestade cando se

transfigura en ideal patriótico. Agora ben; ningún galego iñora que a súa “terra” é Galiza,

pero non todos identifican a terra coa nación, obxeto de patria. Hainos que aínda siguen

tomando en serio aqueles cromos baratos da escola oficial, onde a imaxe alegórica de

Hespaña se lles metía polos ollos en forma de domadora de leóns…

Para estes galegos, a patria é o Estado hespañol, a quen serviron como soldados ou de

quen fuxiron por vérense libres de servila. En fin; para os emigrantes galegos a terra nadal é o

único que lles causa a morriña, delatando que no amor a Galiza axúntase a ideia nacional co

sentimento patriótico; pero algúns sóio se atreven a decir que Galiza é a súa “pequena patria”,

como se ela non fose o que máis queren no mundo. Cómpre, pois, que tódolos galegos

seipamos ben o que é unha nación, porque así saberemos que a nosa patria é Galiza, aínda

que a noso Estado siga sendo Hespaña.

Para Renán a nación é unha alma, un principio espritual que se afinca no pasado e no

presente, no herdo indivisible que recibimos e na vontade de conservalo e acrecelo. A nación,

a semellanza do individo, é a resultante dun longo proceso de esforzos, sacrificios e

abnegacións. De aí que o culto dos avós sexa o máis lexítimo, porque nós somos tal como

eles nos fixeron. Un pasado grorioso é o capital social das nacións presentes. Ter sofrido,

gozado i esperado xuntos é moito máis valedeiro que as aduanas e fronteiras. E aínda resulta

de mellor proveito o ter sofrido xuntos, porque a door liga máis que o pracer e crea deberes.

Unha nación, pois, implica unha grande solidaridade, constituída polo sentimento dos

sacrificios que se fixeron e dos que aínda están por facer. Por eso a eisistencia dunha nación é

un plebiscito de tódolos días, como a eisistencia do individo é unha afirmación perenne da

vida. Esto resulta menos metafísico que o dereito divino i menos brutal que o dereito

hestórico. No orde das ideias, unha nación non ten mellor dereito que un rei para decirlle a

calisquera provincia: “Ti pertenécesme e tómoche.” Porque unha provincia non é nada sen os

seus habitantes, e, a ese respeito, merecen ser consultados. As nacións, polo tanto non teñen

dereito a tomar ou reter ningún país sen contai coa vontade dos homes que o habitan.

Cómpre, pois, esvaír as abstraccións metafísicas ou teolóxicas da política en uso, porque

Page 313: Castelao - Sempre en Galiza

aínda eisisten os homes, cos seus desexos e necesidades. Alguén poderá creer que a

disgregación sería o resultado do sistema plebiscitario, que somete os organismos nacionaes

ao voto caprichoso dos individos; pero dispois de todo, as nacións non son cousas eternas.

Elas comezaron: elas acabarán. Cicais a Confederación europea fose capaz de unificar os

diversos países que compoñen esta parte do mundo; pero tal ensoño non responde á lei do

século presente. Hoxe por hoxe a eisistencia das nacións é boa e necesaria. Elas son a

garantía da liberdade, que perdida estaría se o mundo non tivese máis que unha lei e un amo.

Pola diversidade de potestades, decote opostas, as nacións están servindo á obra común da

civilización, e todas aportan o seu tesouro espritual ao gran concerto da humanidade. Claro

está que se un individo tomase para si as grandezas da súa nación, inflándose de vaidades,

resultaría un home insoportable; pero esta diverxencia desaparecería no conxunto das

virtudes humanas. Un vasto agrupamento de homes, bariles de esprito e quentes de corazón,

crea unha concencia moral, que é o que se chama unha nación, e namentras esta concencia

moral temple a súa forza no sacrificio que eisixe a renuncia do individo en ben da

comunidade, a nación é lexítima e ten dereito a eisistir. E se algunha discordia aparecese

dentro das fronteiras dunha organización nacional, sería xusto e prudente consultar aos

habitantes que a promoven. Esto cicais faga surrir aos políticos trascendentes, que pasan a

vida trabucándose. Estimarán como simpleza o querer sustituír a diplomacia e a guerra por

unha consulta ao pobo. Pero dispois de moitos tanteos infrutuosos é posible que se acollan ás

nosas solucións empíricas. Velaí o que nos di Renán, na súa famosa conferencia “Qu'est-ce

qu'une nation?”, abondando na escola filosófica francesa, pero con certas remanencias de

xenio celta-bretón e unha dosis regular de romanticismo, frente ao Estado infundido pola

Revolución.

Denantes da Revolución francesa, ningún Estado civilizado considerou en perigo a

súa eisistencia e unidade polo feito de que no seu territorio se falasen varias língoas e viviran

varias costumes xurídicas de tipo privado. O asimilismo xurídico e lingüístico compríase de

modo natural, polo prestixio dunha cultura sobor das demais ou por influxo da rexión en que

se asentaba o poder do Estado. O proceso asimilista era evolutivo e raramente se apelaba á

violencia. Foi a Revolución francesa quen cortou aquel tránsito pacífico, poñendo a natureza

e as súas obras por debaixo dos sistemas pantasiosos do home. Perante o poder do Estado non

eisisteu, dende entón, máis que o individo abstracto, é decir, o “cibdadán”. Foi así como se

inaugurou, por razóns filosóficas, a violencia asimilista sobor dos pobos diferentes do núcleo

central. Os principios uniformistas da Revolución francesa provocaron varias reaccións, das

que cómpre destacar o romanticismo. Este movimento opúxose ao desinio de abolir o pasado,

tratando de restaurar todo aquelo que dera sentido, estilo i eficacia á persoa humana

verdadeiramente eisistente. Ao romanticismo se debe que reapareceran as culturas

medievaes, poñendo en activo as língoas autóctonas e os estudos dese mundo que o

Renascimento e a Revolución daban por morto. Tamén por influxo romántico xurdeu a ideia

da nación natural como feito biolóxico, e de tal descobrimento pasouse á reivindicación dos

dereitos que a cada ser nacional lle corresponden. Velaí unha clara referencia, que tomamos

do libro de Cardó, para poder aplicar o criterio de Renán á custión hespañola.

Se a cultura é o mellor froito da nación, será preciso recoñecer que non hai vida

nacional única onde eisistan diversas culturas. Cómpre engadir que se un Estado, en varios

séculos de política asimilista, non foi capaz de disolver as diferencias culturaes e lingüísticas

do seu territorio, non ten dereito a ser considerado como unha nacionalidade. Tal o caso de

Hespaña, onde sobreviven catro culturas perfeitamente definidas: a castelán, a galega, a

catalana e a vasca. Destas catro, somentes a de Castela está servida e protexida polo Estado,

Page 314: Castelao - Sempre en Galiza

en detrimento das outras tres, que viven miragrosamente, en oprobioso cautiverio. Hai, polo

tanto, en Hespaña, tres almas opresas e aferrolladas: a de Galiza, a de Cataluña e a de

Euzkadi. Renán xustifica, en parte, o asimilismo sobor dos grupos raciaes e lingüísticos que

integran o Estado, en canto sexa consentido pola vontade dos seus habitantes. Tamén nós

xustificaríamos a coacción e violencia do Estado hespañol nos primeiros tempos, se a súa

obra consistise en moer as diferencias rexionaes para formar con todas elas unha

nacionalidade común; pero cando se trata de adoptar o esprito dunha soia parte para

impoñerllo ás outras, e vemos que, ao cabo dos séculos, aínda perduran tres almas nacionaes

distintas da oficial, non hai razón que xustifique a contumacia do imperialismo de Castela,

servido por un Poder que se chama Hespañol. Cando un Estado abrangue unha realidade

heteroxénea ten a obriga de recoñecer e protexer, por igoal, a tódalas partes nacionaes que o

compoñen, para suprimir os motivos de conflito, en ben da súa eisistencia e unidade. A

hestoria sofrida ou gozada en común creou a Franza e a Hespaña dos nosos días; pero a

hestoria hespañola é unha serie non interrumpida de frustacións, ficando en evidencia o

fracaso da súa política centralista, que produxo a separación de Portugal i evitou que o Estado

chegase a ser plenamente representativo e moralmente lexítimo. A vontade dos individos de

cada grupo debe ser respeitada, cando por un plebiscito de tódolos días mantén e sostén a

independencia do seu xenio, reflexada en cultura, língoa i esprito proprios. Podería o Estado

hespañol opoñerse aos separatismos políticos; pero baixo a condición de recoñecer a

sobrevivencia dos seus varios grupos lingüísticos e culturaes, como así o facían os Estados

civilizados antes da Revolución.

O esprito dos hespañoes está imbuído por teorías francesas até o estremo de non

comprender outro linguaxe. Pero Franza é o país máis homoxéneo de Europa, antramentras

que Hespaña é un dos máis heteroxéneos do mundo. En Franza pode creerse que o Estado é

capaz de crear a nacionalidade; pero en Hespaña érguense diversas nacións para desmentir a

crenza francesa. Sabido está que despois do romanticismo, que se negaba a confundir o

Estado coa nacionalidade, xurdiron outros criterios menos empíricos, pero máis

perturbadores. Frente á ideia francesa da cultura e a vontade, apareceu a ideia alemana da

raza, o chan e a hestoria como determinantes da nacionalidade. Velaí o que, en resume, nos di

Th. Ruyssen no seu libro Les minorités nationales, a propósito da querella suscitada por

entrambos criterios: aseguran os alemáns que no desenrolo das nacionalidades xoga moi

pequeno papel a vontade dos individos e, por ende, a dos grupos. As leis da natureza son as

únicas que determinan a xénesis e desenrolo das nacionalidades. A nación é, por escelencia,

un tipo de fenómeno “inconscente”. O chan, pola súa configuración, os seus produtos e as

súas dimensións é quen, fatalmente, garantiza o carácter homoxéneo da populación; o idioma

é a forza que guía ao individo, como di Fichte. Estas son as determinantes que, en conxunto,

perpetúan o fado hestórico da nación; do que é valedeiro concluír que as nacións non se

poden someter ao capricho dos individos, se ben dependen do Estado, que é o único

competente para aprezar as necesidades, esclarecer os dereitos e proveer os recursos de cada

país, pola cencia dos seus hestoriadores, xeógrafos, etnógrafos, economistas e xuristas. O

Estado é, pois, o técnico da organización nacional, o titular da supre ma autoridade. Non é

posible descoñecer —di Ruyssen— a forza concreta que o Estado e a nación conquiren con

semellante doutrina. Con ela condénanse os movimentos separatistas ou mesmo

descentralizadores. A custión, polo tanto, está en saber se a teoría xermana é tan realista

como de primeiras semella. A raza e as fronteiras do territorio non sempre resultan

definibles; pero a tradición e a língoa —elementos importantísimos da nacionalidade— non

son de orde tan inconscente como é o territorio e a raza, pois aseméllanse ao hábito, que mora

Page 315: Castelao - Sempre en Galiza

nos lindeiros do conscente e o inconscente. De modo que a nacionalidade, no que ela ten de

esencial, discorda do determinismo en que a quer apreixar a concepción alemana. A teoría

francesa procede por vía diametralmente oposta. Ela xurde do individualismo relixioso da

Reforma e do criterio individualista da soberanía de Rousseau. Ela transfire do individo á

colectividade o dereito a dispoñer da súa persoa. O pacto social depende do acordo das

vontades, e, polo tanto, a vinculación estatal fica subordinada ao libre consentimento dos

grupos étnicos. E da mesma maneira que un individo pode deixar unha nacionalidade por

outra, as nacionalidades á súa vez teñen dereito de refugaren o sistema político a que están

suxetas, para integrárense na comunidade que prefiran. Non hai dúbida, pois, que a teoría

erudita sirve aos desinios da autoridade, en tanto que a teoría electiva sirve, de feito e de

dereito, aos desinios da democracia.

Con esto ben se comprende que a nacionalidade non estea claramente definida. O

Estado, co seu instinto absorbente e centralizador, trata de involucrar o feito nacional no feito

político, até o estremo de confundírense ambos termos no lingoaxe corrente, como se fose

doado non distinguir unha entidade natural dun ente xurídico, é decir, a vida e atributos dun

pobo e a organización dos seus servizos públicos. Non, o Estado non é a nacionalidade, e

menos aínda se pode confundir coa nación. Pero unha nación non é somentes unha alma; é,

si, unha alma, pero encarnada nun corpo. Ten, polo tanto, corpo e alma. O corpo é a terra en

que se asenta o pobo; e alma é a vontade, a intelixencia e a memoria do pobo. As nacións,

pois, son agrupamentos de homes afincados nun mesmo territorio e ligados entre si por un

parentesco espritual que os fai diferentes, dispoñan de institucións políticas proprias ou vivan

sometidos a un Poder alleo. Non é preciso insistir sobor da fixación do home ao chan nativo,

porque sóio na edade sedentaria se puderon formar as nacións. Insistiremos, si, sobor do

parentesco espritual, porque neste ponto é onde reside a confusión. Según Maurice Haurion

(Précis de droit constitutionnel), o vencello espritual nos grupos primitivos foi enxendrado

polo parentesco cosanguíneo, a longa cohabitación sobor dun mesmo territorio e a

comunidade do lingoaxe e as crenzas. De aí se desprende que as nacións sexan de índole

espritual, o que non quer decir que sexan puramente voluntarias, se atendemos ao seu orixe.

Os grupos de formación habitual e territorial asimilan aos inmigrantes doutros grupos e razas

cando son en maor número, e poden comunicarlles o seu esprito e os seus costumes, a favor

da convivencia e o mestizaxe. Así, a diversidade de razas non impide o parentesco espritual,

que non é un negocio esclusivo da vontade. Agora ben; a populación é simplemente a materia

da nacionalidade; mais para chegar ao estado nacional requírese un traballo de séculos. En

resume, a nación deixa de ser unha entidade larvada cando cobra vida e potencia gracias á

ideia do Estado. Quer decirse que unha nacionalidade somentes acada un desenrolo completo

cando dispón dunha organización política propria. Ao saír deste envrullo botamos as mans á

cabeza e perguntamos: ¿Cales poden ser os atributos que caracterizan a unha nación natural?

Porque queremos saber se Galiza é ou non é unha nación. Xa temos dito que o era, anque non

dispoña de independencia política; pero agora volveremos a decilo de xeito máis evidente.

Galiza ten unha língoa propria, criada no berce doutra anterior —probablemente céltiga—,

que é filla do latín, irmán maor do castelán e nai do mal chamado portugués, en cuia língoa se

produxo un dos moimentos líricos máis ademirables de Europa. E se a língoa non fose un

distintivo nacional, porque non respeita fronteiras e vemos que unha mesma língoa pode

servir de linguaxe común a diversas nacións, xusto será recoñecer que, polo menos, o idioma

galego —hoxe falado en varias partes do mundo— é natural de Galiza, porque alí nasceu, alí

se criou e alí se fixou literariamente.

Galiza ten un territorio proprio, delimitado por fronteiras naturaes, de formas doces i

Page 316: Castelao - Sempre en Galiza

entrañas duras, que foi unha illa de pedra nos tempos xeolóxicos e que hoxe semella unha

inmensa esmeralda engarzada no estremo da cordilleira cantábrica: cabo do mundo antigo e

peirán avanzado cara o novo. E anque a nación non fose máis que unha alma, como dixo

Renán, capaz de espandirse por riba das montañas, dos ríos e dos mares, conservando a súa

unidade en diversos climas e rexións, xusto será recoñecer que a Terra galega é única e

diferente do resto de Hespaña. “O lugar onde se amasou a nosa carne e se modelou o noso

esprito”, como ben dixo Nóvoa Santos.

Galiza ten unha morfoloxía social i económica proprias, de tan rara orixinalidade que

non hai ecoación posible antre os seus problemas vitaes e a lexislación única do Estado

hespañol, polo que alí se siguen practicando as vellas costumes xurídicas a forto da lei

irradiada dende Madrid con carácter obligatorio. E se Galiza, en longas centurias de traballo,

chegou a formar un cadro compreto da súa vida privada e social que non encaixa na

organización uniformista de Hespaña, xusto será recoñecer a necesidade dunha política

estatal galega.

Galiza ten unha cultura propria, en todo diferente da dos demais grupos hispanos, que

se revela nas artes plásticas, na sabiduría popular, na música e instrumentos, nas danzas e

cantigas, nos estilos da arquitectura civil e relixiosa, no lirismo da poesía oral i escrita, no

ritmo das espresións literarias e musicaes, na filosofía dos refráns, no sentido saudoso do

amor e no sentido trascendente da vida e da morte. E se a cultura galega xurde de fondos

primitivos e insobornables, como a de Bretaña na Franza e a de Escocia en Inglaterra, ben se

advirte na alma de Galiza un refinamento europeo, que se denota en rasgos de tolerancia, de

crítica, de humor, de trasacordo e de cautela, calidades que non sobresaen nos pobos de fala

castelán.

Galiza ten un carácter étnico proprio, que provén dos poboadores celtas que

constituíron o seu primeiro organismo habitual e territorial, podendo afirmarse que todos

cantos alí chegaron dispois procedían do mesmo tronco e repetían o mesmo sangue. E se a

raza fose, nefeito, a determinante do carácter homoxéneo dun pobo, sen que por así creelo

incurrísemos en pecado, ben podía Galiza enfrentar a súa enxebreza co mestizaxe do resto de

Hespaña, atribuíndolle ao sangue árabe a indisciplina, a intolerancia e a intransixencia con

que os hespañoes se adornan.

Galiza, pois, conta con tódolos atributos hestóricos-naturaes que caracterizan ás

verdadeiras nacionalidades; pero fáltalle algo moi importante para ser perfeita: fáltalle a

independencia política, o goberno proprio, que toda sociedade humana necesita.

¿Que Galiza non é unha nación por non ser un Estado independente e soberán? Se tal

defeito nos fose imputado por hespañoes, nós sentiríamonos incitados ao separatismo; pero

en verdade sóio aspiramos a unha autonomía integral dentro da libre federación de tódolos

pobos peninsulares. Galiza non necesita máis, pero non pode conformarse con menos.

Page 317: Castelao - Sempre en Galiza

IV

Pasamos a rente das illas Canarias, que forman parte da chamada “nación hespañola”,

pero que non integran o seu territorio. Agora estamos en Dakar, onde a populación negra vai

inxerindo a língoa francesa; pero este pobo endexamais chegará a confundirse coa nación

gala. Logo arribamos ás costas do Brasil, onde os seus habitantes falan un idioma nascido e

criado en Galiza, anque todos se empeñen en chamarlle portugués. Non hai dúbida de que a

língoa, como vehículo de cultura ou como elemento de invasión política, ten máis

importancia que ningún outro atributo da nacionalidade, polo que convén ponderar o

valimento dos idiomas, distinguindo aqueles que teñen rango mundial dos que, con seren moi

respeitables, non saíron endexamais do berce nativo. A este respeito cómpre insistir sobor da

importancia do noso idioma —hoxe aínda pleno de vida popular, pero botado das escolas

casteláns que o Estado mantén no país galego—, pois coa denuncia da opresión lingüística e

cultural que sofre Galiza xustificaremos o noso nacionalismo, ben entendido que hai

nacionalismos lexítimos e ilexítimos, según se afinquen nun anceio de liberdade ou se movan

por afáns absorbentes.

O señor Menéndez Pidal, no seu libro El idioma español en sus primeros tiempos, di

que a língoa máis corrente no reino visigótico non posuía os caracteres que hoxe distinguen

ao idioma hespañol (chámalle así ao castelán), senón que, polo contrario, asemellábase ao

galego e leonés e ao aragonés e catalán. Di que nas provincias principaes do reino visigótico

falábase unha língoa bastante uniforme, que agora nos esplica o parentesco que, frente ao

castelán, atopamos antre o portugués e leonés por un lado e o castelán e aragonés polo outro.

Di que a fala toledana, usada polos nobres e o pobo da corte do rei Rodrigo, parecíase máis

ben ao galego, ao asturiano ou leonés oucidental que ao castelán. Di que o romance que a

partir da dominación musulmana se falaba en Andalucía, Zaragoza e Toledo, parecíase ao

galego-portugués e ao leonés. Di que no mapa lingüístico de Hespaña, dende o século XIII,

os dous estremos dialectaes, oriental e oucidental, ficaron en absoluto aillados antre si pola

interposición do castelán. Di que denantes os estremos lingüísticos non sóio se achegaban

máis polo Norte, estreitando a zona castelán e vasca, senón que se apuntaban e confundían

polo Centro e o Sul a favor da língoa dos mozárabes de Toledo, Badaxoz, Andalucía e

Valencia, análoga á dos estremos. Di que as coincidencias do galego e leonés ao Oucidente,

co catalán e aragonés ao Levante, e co mozárabe no Centro e o Sul, poden revelarnos cómo

era aquel romance bastante uniforme que se falaba na Península antes da invasión árabe. Di,

en fin, que a rebeldía separatista de Castela encerraba unha radical disidencia lingüística, e

que, a partir dos tempos do Cid, nos séculos XI e XII, a espansión militar e social daquel

pequeno curruncho de Hespaña e o empuxe que soupo darlle á reconquista e á literatura,

propagaron o dialecto castelán, denantes insiñificante, mesturándoo intimamente co leonés e

o aragonés, i espandíndoo cara o Sul, de onde desprazou ao empobrecido e moribundo

lingoaxe dos mozárabes. E así foi cómo se desfixo a confluencia idiomática dos dous

estremos da Península, Galiza e Cataluña, que agora aparecen estrañamente arredados.

O señor Menéndez Pidal é moi dado a mirrar o prestixio que se lle debe a Galiza,

erguendo a fala leonesa e asturiana, hoxe absorbidas na masa lingüística de Castela, como se

ambos modos de falar non fosen simples variantes do galego. Tamén é moi afeizoado a

retrotraer a importancia que hoxe ten o portugués ao tempo en que Galiza exercía señorío

sobor dos reinos afíns, especialmente sobor de Portugal, e non por hexemonía política senón

Page 318: Castelao - Sempre en Galiza

por imperio do esprito. A este respeito ben se ve que os grupos idiomáticos estremos, ao

retraérense polo avance da língoa, foron a vivir e resistir en Galiza e Cataluña, probando que

eses eran os seus lares nativos. De todos xeitos, a sabiduría do señor Menéndez Pidal

permítenos proclamar dúas verdades: a primeira é que, no caos das língoas romances, parteu

de Galiza un movimento unificador, que avanzou polo corpo da Península até confundirse o

galego co catalán nas terras de Aragón e Valencia, sen máis tropezo que o da pequena

Cantabria, á parte da disidencia vasca; de modo que, de consolidarse aquel movimento

espontáneo, eisistiría hoxe unha alma única encarnada na unidade peninsular; é decir,

teríamos arestora unha nación hispana. A segunda verdade é que Castela, co seu afán

absorbente, sóio logrou unificar a estensa brecha producida pola dominación árabe,

tronzando a comunidade lingüística dos tempos visigóticos e deixando a Península dividida

en catro familias diferentes: a galaico-portuguesa, a catalana e a vasca. Castela, pois, non

unificou, senón que tronzou a unidade que Galiza estaba a ponto de realizar.

Cómpre que agora ponderemos o xenio idiomático e cultural de Galiza, seguindo a

don Marcelino Menéndez y Pelayo no seu libro Historia de la poesía castellana en la edad

media. A primitiva poesía lírica de Castela escribeuse primeiro en galego que en castelán, e

ambas língoas coesistiron durante século e meio na poesía épica e na prosa. O galeguis mo

dos casteláns non foi meramente erudito, senón que trascendía nas cántigas do vulgo. O

mesmo pobo que cantaba na língoa de Burgos as súas xestas heroicas, valíase do galego

noutros xéneros de poesía. Así, o feito de ter composto en galego tódolos seus versos o

patriarca da prosa castelán, vén a confirmar unha lei hestórica xeral, pois non se pode

concebir unha tan grande perfeición da língoa e ritmo das Cantigas do Rei Sabio, sen un

longo cultivo anterior da poesía galega, cuios primitivos moimentos desapareceron. Non é

doado aventurar conxeturas sobor dos tempos en que a poesía das língoas vulgares comenzou

a emanciparse da latina; pero coidamos que o despertar poético de Galiza coincideu con

aquel breve treito de esplendor que dende os fins do século XI até a mitade do XII parecía que

ía darlle á raza habitadora do Noroeste da Península o predomiño i hexemonía sobor das

demais xentes dela. Durante o reinado de Alfonso VI, de Doña Urraca e do Emperador

Alfonso VII, o esprito galego, encarnado na colosal figura de Xelmírez, erguíase con

incontrastable pulo, comprindo, ao seu modo, unha obra civilizadora, acelerando o

achegamento de Hispania a Europa. A homilde i heroica monarquía asturiana, abrazada aos

restos da tradición visigótica, non era de abondo para satisfacer as necesidades novas. Mais,

por Toledo entrou a cultura semítica, que de alí levou ás escolas de París, Oxford e Padua, en

tanto que incesantes oleadas de pelegríns, saídos do Centro e Norte de Europa, levaban a

Compostela os xermes da cencia escolástica e a semente da nova poesía. Non coidamos que a

lírica dos trobadores entrase directamente en Portugal, senón que de Galiza pasou ao reino

veciño con tódolos demais elementos de nacionalidade portuguesa, condecorándoa logo co

pomposo nome de lusitana para disimular os seus verdadeiros orixes, que sóio en Galiza e

León poden buscarse, e non no decantado cruzamento cos mozárabes de Estremadura,

convertidos por Theóphilo Braga en pantásticas lendas. Certo é que nas derradeiras

publicacións deste infatigable hestoriador recoñécense como de orixe galego os elementos

máis puramente líricos dos Cancioneiros de Roma. E nada máis lonxe hoxe do pensamento

de T. Braga que inventar unha raza portuguesa, pois terminantemente declara que aquela

nacionalidade fundouse pola tendencia separatista dos antigos Estados da Península, e que as

língoas galega e portuguesa non sóio son idénticas na súa esencia, senón que as formas

arcaicas e populares usadas polos mesmos escritores da época clásica deben calificarse de

verdadeiros galeguismos, que resistiron o influxo cultural erudito e aínda viven nos beizos da

Page 319: Castelao - Sempre en Galiza

xente do Miño e da Beira.

Por denunciar con testemuños alleos a política que pesa sobor do noso país, vémonos

privados de repetir agora os discursos incontrovertibles do P. Sarmiento e do P. Feixoo en

demostración de que o portugués non é outra cousa que o galego, pois de Galiza pasou a

Portugal, como máis tarde se confirma no ditame de don Marcelino. Esta custión fica resolta

con sóio trascrebir aquela sobada frase de T. Braga: “Portugal nasceu dun retallo saído da

Galiza”. Mais o que agora cómpre avultar é que T. Braga (prólogo do libro Iberismo, de

Ribera i Rovira) non deixa de ter razón ao decirnos que houbo tres reconquistas, que

corresponden ás tres nacionalidades orgánicas sobreviventes: a galaico-portuguesa, no

Poente, a castelán no Centro, e a catalana en Levante, debendo sinalarse que as restauracións

oriental e oucidental precederon con moito á central, iniciada polo grupo astur-cantábrico.

Para este autor, os novos reinos de Asturias e León —formados por ausencia dos invasores,

que andaban polo Sul entretidos en loitas intestinas— chegaron a impoñerse a favor do máis

audacioso absolutismo monárquico, dando o espectáculo noxento de crimes e usurpacións

dinásticas, que sóio tiñan por fin o refacer a unidade imperial gótica, como así se realizou ao

fundírense ambos reinos con Castela. Esto que nos di T. Braga é verdade; pero, en xeral, a

Reconquista debe entenderse como unha puña de dúas civilizacións, sostida pola Hespaña

europea e atlántica en contra da Hespaña oriental e mediterránea, loita de galegos e árabes.

Así se esplica que os invasores islamitas chamasen Galiza ao territorio habitado polos

cristiáns independentes, en tanto que, para estes, a voz “Hespaña” era sinónima de “terra de

mouros”. De aí que os escritores árabes chamasen “galegos” aos seus nemigos; e daban no

certo, porque Galiza foi o motor da Reconquista, por instinto racial e desinio europeo. Agora

ben; Galiza tiña moito que perder e, por ende, moito que gardar no seu territorio, pois era

rica, culta e ben poboada. Por eso axudou e protexeu, como cousa propria, aos Estados que lle

servían de fronteira, dándolles o seu sangue, o seu esprito e a súa riqueza. E por non ver que

se quedaba detrás de todos, educando príncipes estraños —corvos que lle sacarían os ollos—,

perdeu a ocasión de facerse dona e señora de Hespaña. Castela, en troques, nada tiña que

gardar nin que perder. Nasceu a cabalo —así di Sánchez Albornoz—, no fragor da batalla,

sen máis riqueza que a mestura esplosiva dos seus diversos sangues. Si; o hibridismo castelán

fixo esplosión nun campo previamente arrasado, con tan estraordinario empuxe que sóio as

leis da xenética poderían esplicarnos agora o feito hexemónico de Castela e o apagamento

biolóxico en que arestora xace, pois tal é o comenzo e o fin dos seres híbridos. Non se pode

negar o heroísmo de Castela; pero, a decir verdade, os casteláns non foron tan acérrimos

contraditores dos árabes como decote se asegura, pois á semellanza do Cid, pasaba meia vida

en servilos e a outra meia en combatilos. Por eso a Reconquista durou oito séculos. Dígase,

pois, o que se diga, Galiza nin é floxa nin voluble, porque soupo manter en vilo os elementos

primitivos da súa nacionalidade, e polo tanto, ten dereito a desenrolar libremente a súa

cultura; pero sobor de Galiza érguese a entelequia dun Estado hespañol, herdeiro do

fatalismo musulmán, que se empeña en amostrarnos o cadavre insepulto de Castela como

único exemplo de vida…

Nós xustificaríamos a preponderancia política do idioma de Castela se o Estado

hespañol respeitase as demais língoas peninsulares e contribuíse a ennobrecelas, en vez de

condenalas a vil cautiverio, pois ben dixo Maragall:

Que si por llei d'amor l'Iberia es una,

Per la llei del parlar es una e trina.

O gran poeta catalán refírese ás tres língoas romances, que son a triple alma da

Page 320: Castelao - Sempre en Galiza

Península, se é que somentes as “língoas sabias” son factores da nacionalidade. E Maragall

volve a decirnos: “Que con recoñecimento deste feito podería arribarse a unha política

peninsular, que, de seguro, daríalle a Hespaña o acougo e a groria dos pobos que viven

conforme á súa natureza.” Velaí un desexo que Galiza comparte sen escluír a língoa vasca. A

este propósito cómpre coñecer a opinión doutro escritor catalán: “Se houbese no mundo

tantas língoas cultas como hai dialectos falados, a Babel desta confusión sería pior que a

Babel bíblica… Esto acaba de decir Cardó, proclamando que non se debe fundar ningunha

reivindicación nacional sobor das língoas plenas de vida folclórica pero mortas

culturalmente, en tanto que non acaden a categoría de língoas sabias. E como a língoa de

Cataluña conserva, mesmo no ostracismo político, a diñidade de língoa sabia, merece ser

reivindicada. Pois ben; nós arelamos a liberación da alma catalana tanto como desexamos a

nosa propria liberdade, e de aí provén a distancia que nos separa de Cardó. ¿Por que

—perguntamos— non deben recoñecerse e cultivarse tódolos lingoaxes vivos? Eso cicais

obrigase a estabrecer unha segunda língoa, de rango internacional, para superar o

confusionismo babilónico. En canto ao empeño de non ver dentro do Estado hespañol máis

que a Cataluña e Castela, será necesario lembrar que os galegos falamos un idioma

representativo da Hespaña oucidental, estenso e culto, e que os vascos falan unha língoa de

gran valor arqueolóxico, que conserva o son dos primeiros metales e que revela un carácter

nacional incontaminado. E, según nos enseña o proprio Cardó, a primeira língoa literaria de

Cataluña non foi precisamente o catalán, senón o provenzal. O catalán é un dialecto da língoa

de Oc, que sóio chegou a frorecer no século de Raimundo Lull, manténdose vivo e nobre,

pero sin saír a penas do patrio territorio. En troques, o galego, nascido, criado o frorecido en

Galiza, foi língoa literaria nos reinos veciños, igoal que o provenzal en Cataluña,

impoñéndose para sempre en Portugal, de onde saíu polo mundo. En fin, o galego non

somentes é fillo do latín, senón primoxénito, e, según Menéndez y Pelayo, “o primeiro

istrumento da lírica peninsular”; pero, sobor de todo, é falado por máis de sesenta millóns de

almas e ten dereito ao respeito das xentes cultas.

Sería parvo discutir a estraordinaria importancia do castelán; pero debe recoñecerse

así mesmo a diñidade idiomática de Galiza, que non amíngoa o prestixio de Hespaña, senón

que o acrece, posto que o galego integra o acervo cultural da Península. O P. Luis Fullana

recoñece a importancia filolóxica do galego no seu discurso de ingreso na Real Academia

Española (2 de febreiro do 1928) coas seguintes verbas: “Estudo e cultivo do galego… ten de

servir necesariamente para o estudo da língoa castelán nas investigacións filolóxicas, posto

que o filólogo pode tomar o galego como ponto de partida de moitas custións referentes á

hestoria evolutiva do idioma castelán. E as mesmas língoas mediterráneas, catalán,

valenciano e mallorquín, forzosamente se teñen que servir da fonética e morfoloxía galegas

como clave oportuna para poder esplicar moitos fenómenos evolutivos polos que pasaron

estas língoas, así como para darse conta do seu estado actual e poder encauzar con maor

solidez as orientacións que necesariamente terán de seguirse nos tempos vindeiros”.

Parécenos inútil axuntar eiquí os moítisimos xuízos que se publicaron en favor da nosa

língoa, como básico elemento da língoa de Castela, porque non nos importa que deixe de

enseñarse nas Universidades de Hespaña. O que nos preocupa e indina é que o galego sexa un

idioma proscrito das escolas primarias de Galiza.

Según di Oliveira Martíns, na súa Historia de civilização Ibérica, a formación

espontánea das língoas romances da Península próbanos o carácter non tradicional que tería

unha nación hispana. As língoas da Península foron diversas dende o principio. Moitas

atrofiáronse no seu desenrolo, por falla de independencia política, e pasaron á condición de

Page 321: Castelao - Sempre en Galiza

dialectos; outras, como a galega e a catalana, mantéñense nun estado de cultivo literario; pero

somentes o castelán e o portugués acadaron un completo desenrolo, por seren língoas

oficiaes. Ao estudar as causas da decadencia latina e a xénesis dos romances, vemos que o

castelán e o galego aparecen dende o primeiro intre como idiomas distintos; pero ademais,

formáronse outros romances, especialmente no Sul de Hespaña, con maor ou menor

aportación de voces árabes, que morreron por achaques hestóricos e políticos. Non ocurreu

así co galego e o castelán —língoas nacionaes das dúas monarquías da Península—, pois se

ben o galego literario decaíu na rexión integrante de Hespaña, mantívose en todo auxe como

língoa culta de Portugal, cuio berce orixinario foi a Galiza comprendida antre o Miño e o

Douro. A importancia do galego na Hespaña dos séculos XI e XII foi preponderante na corte

de Oviedo; e a independencia ocasional que tivo Galiza en certas etapas frente a León e

Castela doulle á súa língoa un forte pulo de constitución, tamén independente. E hoxe, ao

estudar os documentos daquelas edades, recoñecemos a posibilidade de que o galego chegase

a ser o adoptado pola monarquía de León e Castela, suplantando ao castelán. Como se ve,

Oliveira Martins reforza o ditame de Menéndez y Pelayo ao recoñecer que as dúas língoas

políticas da Península son: o galego para Portugal e o castelán para Hespaña. Así mesmo

concordan ambos autores en que o galego estivo a ponto de ser a língoa común dos dous

Estados da Península. Agora ben; o ilustre Menéndez Pidal enseñounos que o galego e o

castelán estaban unidos intimamente, e que a Reconquista permiteulle a Castela romper

aquela unión na parte máis floxa, suplantando a fala dos mozárabes, xa esmorecida polo

predomiño da língoa árabe; pero de adoptarse o galego como língoa da monarquía central,

non sóio sería hoxe o idioma político dos dous Estados peninsulares, senón a língoa popular

da Península, pois xa estaba confundida co catalán e nin custaría traballo regaleguizar o

campo recuperado, nin fundir o galego co castelán, como espontaneamente se veu facendo

até a morte do gran rei San Fernando. E agora perguntamos: ¿gañouse algo coa interposición

idiomática de Castela na confluencia do galego e o catalán? Non, por certo; pois a unidade

lingüística crearía unha alma única, superando as diferencias rexionaes, pola virtude dunha

simple descentralización político-adeministrativa, i evidenciando así mesmo a sinrazón dos

separatismos políticos. Hoxe sería Hespaña unha nacionalidade máis uniforme que a mesma

Franza; e a língoa hespañola sumaría as rexións casteláns coas galaico-portuguesas actuaes, é

decir, sería un idioma preponderante no mundo civilizado. Unha língoa única na Península

acrecería en América o caudal anímico da hispanidade, pola incorporación do Brasil aos

grupos de fala castelán. A este respeito será ben repetir unha frase de Antonio Sardinha: “O

hispanismo non sóio espresa un desexo de Portugal i Hespaña, senón tamén das nacións

hispano-americanas incluíndo o Brasil, que un „latinismo‟ hipócrita nos intenta roubar.” Pero

velaí que os hespañoleiros, tanto de dereita como de esquerda, afincan a hispanidade no

distintivo idiomático, negando a procedencia “hispana” do Brasil polo feito de non falar a

língoa de Castela. Para eles o Brasil é tan estraño como Norte-américa. Diríase por esto que

acatan a diferencia de língoas como diferencia de nacións; pero dentro de Hespaña impoñen

o dogma da “nación única e indivisible” anque vexan que alí se falan catro idiomas

diferentes. E podendo reivindicar para si a groria que a Galiza lle cabe por ser a nai dunha

língoa de rango superior, non sóio tratan de regalarlle a Portugal esa groria, senón que, ao

cabo de tantos séculos de inútil asimilismo, aínda manteñen a espranza de borrar o ronsel do

noso xenio lingüístico e cultural para non darlle nin patria sepultura.

Co dito abonda para poñer de vulto a política devoradora do Estado hespañol, sempre

ao servizo esclusivo da alma castelán, e de paso xustificar que Galiza se sinta resentida e

capaz de abrazar o separatismo. Claro está que os galegos non quixeramos romper os

Page 322: Castelao - Sempre en Galiza

vencellos multiseculares que nos unen a Hespaña, pero a nosa transixencia está chegando ao

seu límite.

Page 323: Castelao - Sempre en Galiza

V

Hoxe pasamos a liña ideal do Ecuador, que divide o mundo en dous hemisferios. O

tránsito do Norte ao Sul celebrouse a bordo cunha mascarada aburrida, infantil, porque as

persoas maores sóio pensabamos no tránsito de Europa á América, do Leste ao Oeste.

Din que os alarifes da paz futura queren restablecer a liña que denantes arredaba o

antigo Oriente, cangado de civilizacións estáticas, do xoven Oucidente, trubado por

concepcións dinámicas; pero moito me temo que sexa o Atlántico a fronteira que se anda

buscando, porque a Europa dos dereitos do home e dos gobernos de discusión está invadida

de orientalismos, con ganas de repousar. O levante avanza sobor do Poente, e as civilizacións

van seguindo a marcha do sol. Por eso non hai fronteira fixa antre o Leste e o Oeste, porque

os centros civilizadores da humanidade non son tan fixos coma os Polos xiados da Terra.

Permitamos, pois, que as Américas sexan o novo Oucidente e que nos trasatlánticos de

mañán se celebre con ledas mascaradas o paso do meridiano divisorio.

América é un crisol de razas, un conglomerado de pobos en evolución, onde a

vontade dos homes está forxando poderosos organismos políticos, con almas tan noviñas que

aínda non falan ningún idioma culto que poida chamarse proprio. Europa, en troques, é un

conglomerado de vellas nacionalidades que non se trasluce no mapa dos seus Estados,

porque alí a división política endexamais se axustou á vontade dos pobos, nin á língoa que

falaban, nin tan siquera ao intrés do conxunto, senón á lei que impuxo cada vencedor nas

múltiples guerras que leva sofrido. En Europa os feitos nacionaes son estables, permanentes,

en tanto que os Estados son cada vez máis artificiosos, e… polo tanto, resulta parvo buscar o

equilibrio europeo no respeito da súa diversidade política. Non sabemos qué transformación

vai sofrir o mundo dispois do caos presente; pero en canto aos imperialismos que hoxe se

debaten sobor da vella Europa, tal vez non sexan outra cousa que os verdadeiros espasmos

dunha época en agonía. O pouco aprezo en que alí se ten a vida dos homes, denantes

divinizados, cicais sirva para estabrecer o dereito das nacións naturaes, até o de agora

desprezado; pois se os moralistas e lexisladores do século XIX se puxeron dacordo para

abolir a propiedade dos homes sobor dos homes é lóxico esperar que unha nova moral

política acabe algún día coa propriedade dos pobos. Perteñecendo as nacións ao orde natural

—hoxe recoñecidas como seres vivos espritualmente formados no decurso de moitas

centurias—, non é xusto que se sigan violando e torturando, so pretesto de agrandar os

Estados, que sóio deben ser o complemento esterno das nacións. Agora ben; este problema a

penas se cata desde América, onde os feitos políticos sóio delinquen cando non se respeita a

vontade dos habitantes; pero en Europa é preciso consultar, ademais, os antecedentes

hestóricos de cada grupo territorial. Non hai dúbida de que a cooperación dos habitantes dun

mesmo territorio e os seus programas de Goberno sirven para realizar o progreso moral e

material da colectividade, que é cousa de suma importancia; pero unha nación é algo máis

que un agrupamento de individuos: é un ser orgánico, real e permanente, rexido por leis

dunha bioloxía semellante á do home. Nos pobos xa maduros pesa máis a continuidade das

xeracións e o vencello social do lingoaxe que os convencionalismos igoalitarios e as

monsergas cosmopolitas, como así mesmo se ve que para ser patriota cómpre mellor vivir do

pasado e para o futuro, que aferrarse ao presente. A patria, como diría Augusto Comte, non se

basa en instintos egoístas, senón altruístas. Por eso dá mágoa ver que se os dereitos do home

foron proclamados dispois dun longo e dooroso aprendizaxe da liberdade, non se fixese outro

Page 324: Castelao - Sempre en Galiza

tanto co dereitos da nación natural, que siguen iñorándose ou trafulcándose dentro dos

Estados europeos. E non se trata de que Europa renuncie agora ao progreso, estancando a súa

vida nun grado de cousas antigo; pero si estabilizándoa politicamente sobor das realidades

que souperon resistir os embates do tempo, pois se en América os Estados están creando, a

ollos vistos, nacións de gran porvir, en Europa os seres nacionaes son anteriores aos Estados

e teñen dereito a gozar da mesma liberdade civil que teñen os seus cibdadáns. Xa vai sendo

hora de tomar moi en serio a ideia dos Estados Unidos de Europa, cuia ideia sóio poderá

realizarse con bos froitos dispois de abolir o sistema centralista, se os particularismos

rexionaes se conforman cun simple Estatuto de autonomía concedido por gracia do Estado;

pero alí onde o pleito sexa máis fondo, porque proveña de antagonismos hestóricos en perigo

de secesión, será preciso aplicar o federalismo, sobor da fe xurada e o carácter sagro do

pacto, pois sóio así poderían soldar os pobos que nasceron diferentes. Este primeiro paso

estase dando en Europa contra os restos maléficos do totalitarismo, a pesares de que alí se

deron cita os máis opulentos e corruptores imperios, que repiten o mal anterior, pois as ideias

totalitarias veñen inflamando aos Estados e sóio poden evitarse coa liberdade e transixencia

dos homes e dos pobos. “O totalitarismo co federalismo están hoxe frente a frente”, acaba de

decirnos Raymond Silva, e o escenario máis visible desta antinomia está en Hespaña.

Non falaremos da inmoralidade que preside a política internacional, nin das

distancias xerárquicas que gardan antre si os Estados, según sexan grandes o pequenos, ricos

ou probes, poderosos ou endebles. Pero aínda cómpre insistir encol da irritante desigoaldade

que sofren os pobos dun mesmo Estado, pois ben ás claras se ve que hai grupos señores e

grupos servos dentro das organizacións que se teñen por máis civilizadas. Salvando a

comunidade suíza, que pola virtude do sistema confederal pode gabarse de ser a democracia

máis vella do mundo, non queda na Europa oucidental ningunha sociedade política basada no

dereito igoal dos pobos. O corrente é que nos Estados de base heteroxénea se adopten os

elementos nacionaes dunha parte para impoñelos ás demais, de modo que a soberanía estatal

non resulte patrimonio de todos, senón do núcleo privilexiado e opresor. Así, a única nación

visible é a que o Estado toma como modelo para realizar a uniformidade do conxunto, e as

outras fican engruñadas na súa natureza espritual. A nación que se ten por fundadora do

Estado impón a súa alma a tódalas demais e considera monstruoso que se discuta a súa patria

potestade. Ela fai do conxunto político unha especie de familia primitiva na que oficia de

supremo maxistrado, baixo unha estreita moral doméstica que obriga ao resto dos pobos a

pensar e falar tal como ela pensa e fala. De aí que os habitantes da nación hexemónica se

teñan por superiores, porque a súa língoa é a única oficial, a única que se cultiva, enseña e

protexe, e os fillos das nacións subordinadas acaban por falar en voz baixa, apouvigados por

un complexo de inferioridade. Vemos, pois, que os pobos que nasceron diversos, pero que

por lei da natureza teñen igoal dereito á vida e á liberdade, están hoxe en pior condición que

os cibdadáns, pois estes, polo menos, soázanse coa lembranza dos seus dereitos consagrados

en Filadelfia e París… A este respeito será ben anotar que o home convencional pode sentirse

orgulloso da nobreza que se lle concedeu nos Estados que se chaman democráticos; pero non

así o home natural, o verdadeiro home, que corre a sorte da súa nación. Por eso estimamos

que non hai democracia completa onde os pobos non sexan tan suxetos de dereito como son

os homes. Xa sabemos que o mellor sería completar a eisistencia e independencia natural de

cada nación coa eisistencia e independencia política que lle corresponde en boa xustiza,

como sabemos que hai principios político-filosóficos para defender os movimentos

separatistas, pois se é ilícito dividir unha nación natural non o é dividir un Estado composto,

cando non respeita os seres nacionaes que o integran. Desgraciadamente, o que necesita o

Page 325: Castelao - Sempre en Galiza

separatismo é forza e non argumentos. Por eso estimamos que non se trata de facer de cada

pequeno pobo un Estado soberán, un ser civil independente, para velo dispois convertido en

satélite de calisquera gran potencia, escravo de intreses forasteiros. Trátase, si, de que cada

pobo preserve a súa alma, que é indivisible e intransferible, por meio dun Estado proprio, se

ten forza de abondo para facerse respeitar; pero nada mellor que asociarse a outros pobos

limítrofes, sacrificando parte da súa soberanía, a fin de constituír un gran Estado común, pois

sóio deste xeito poderá defender a súa vida, manter a súa liberdade, garantizar o seu

desenrolo económico, afirmar a súa unidade social e promover o ben de todos. Velaí o cadro

en que pode encaixarse o problema étnico de Hespaña e a súa solución política.

Nos Estados de base plurinacional a política imperialista provoca separatismos

larvados, de índole sentimental, dos que o separatismo efectivo sóio é custión de

oportunidade. Moitas veces os pobos diferentes do núcleo absorbente acaban por habituarse á

servidume; pero esto non quer decir que se deixen asimilar e que a unidade política arrase

fatalmente a diversidade natural. Alguén dixo que non hai pobos pequenos, senón pequenos

homes; e de aí provén a desgracia de moitas patrias europeas, que sofren por culpa dos seus

fillos, pero que nin por eso se mata ou morre a vontade. Tamén as xentes de antano se

sometían gostosamente ao desinio absolutista dos reis por fuxiren das tiranías feudaes,

coidando que a xustiza de lonxe era mellor que a de perto, e daqueles erros remanesceron

estas falsas unidades de hoxe en día; pero nunca se veu que os pobos e os homes prefiran ser

escravos a seren libres, e sempre volven das pasadas equivocacións, empurrados polo anceio

de liberdade. Está visto que unha nación natural, mesmo escrava i en trance de agonía, tarda

tantos séculos en fenecer como séculos necesitou para formarse, de modo que a política

uniformista resulta un mal negocio para quen a practica. Así mesmo se ve que unha terra de

contrastes violentos sóio pode vivir en paz cando sabe harmonizar as diversas partes de que

se compón. O centralismo nivela, mestura, limita e faise materialista, non ofrecendo aos

pobos máis que a súa autoridade, namentras que o federalismo repousa sobor do

compromiso, a lealdade, a transixencia, a moderación i é, polo tanto, de índole moral. Por eso

é tan dificultoso convertir pacificamente o centralismo en federalismo; pero sempre queda o

recurso de petar na alma das moitedumes até promover un estado de opinión revolucionaria,

pois en intrés do sistema democrático é tan esencial esta mudanza como pasar do absolutismo

ao constitucionalismo, da monarquía á república, da opresión á liberdade. Velaí un tema que

decote preocupou a Hespaña nos períodos prerrevolucionarios, cando se pretendía

reorganizar o Estado sobor de bases máis xustas e democráticas, pero que sempre foi

aprazado ou esquecido nas revolucións trunfantes, cicais porque alí o Poder corrómpese

coma o viño que se bota nun odre acedado.

¿Será preciso alaudar o sistema federal até que ninguén dubide das súas virtudes?

Dende logo, o federalismo ten a fraxilidade dos sistemas democráticos, cando nin os homes

nin os pobos queren ser transixentes. De por parte, o federalismo conta cunha perigosa

contradición interior: os particularismos locaes, que tenden á desobedencia, e o poder central,

que tende ao acaparamento; pero ambas forzas acaban por estabrecer un equilibrio

marabilloso antre o todo e as partes, como pode comprobarse en calisquera Federación de

longa data. Onde o vencello estatal teña forteza i elasticidade de abondo para conservar a

independencia dos varios poderes e a ordenación rigurosa do conxunto, nada se pode temer

dos particularismos locaes, que se convirten, á larga, en fonte de tódalas garantías. Cicais se

nos recorde que unha nación natural ten a obriga de manterse fidel a si mesma, libre o

soberán, e que, polo tanto, debe aspirar a unha independencia absoluta; pero se os pobos

endebles non queren ser devorados polos fortes, teñen de reprimir os seus instintos

Page 326: Castelao - Sempre en Galiza

separatistas, axuntándose a outros baixo condicións estipuladas i escritas por convenio de

todos nunha Constitución política. ¿Que un pequeno Estado pode buscar o apoio das grandes

potencias e conquerir así o respeito universal? Este apoio deshonra e degrada, porque non se

estabrece en condicións de igoaldade; pero, ademais, está ben demostrado que a política de

alianzas contractuaes sóio sirve para dividir o mundo en bloques adversos e mantelo en

constante zozobra. En troques, o federalismo é un recurso nobre e comenente. As forzas

xeográficas, políticas, económicas e sociaes dun Estado federai suman maor enerxía que a do

mesmo territorio dividido en comunidades independentes ou organizado en réxime unitario.

Con esto abondaría para preferir o federalismo ao separatismo, visto que sirve para mellor

goce da liberdade, e para non perdela. En canto á desconfianza en que os pobos federados

deben manterse, non está de máis lembrar un poema de Walt Whitman, dirixido aos grupos

autónomos do seu país: “Coa obediencia indiscutida vén axiña o ficar plenamente

escravizado. Unha vez plenamente escravizado, xa non hai Nación nin Estado, anque dispois

se recupere a liberdade”. Ten moita razón o gran poeta norteamericano, porque alí os pobos

non son outra cousa que seres políticos (por algo se chaman Estados); pero na vella Europa os

pobos son seres nacionaes, con língoa e cultura autóctonas, e poden permitirse o luxo de ser

xenerosos politicamente, se con elo garantizan mellor a independencia e desenrolo da súa

orixinalidade moral, que é o sustantivo nas verdadeiras nacións. Pensando tan

xenerosamente, alguén argüirá que se pode conseguir a liberdade das língoas, e, por ende, das

culturas, sen necesidade de tronzar os Estados unitarios e centralistas, porque a

independencia que se require neste caso sóio é para servir aos valores esprituaes; pero ben

sabido está que se necesita unha autonomía integral que atinxa a tódolos fins da vida pública,

anque sóio se pretenda preservar a alma das nacións. Se a coeisistencia legal das dúas língoas

de Bélxica sigue sendo un motivo de pleitos, débese, de fixo, a que o seu réxime político é

unitario; pero, en troques, as catro língoas de Suíza viven e conviven en perpetua paz pola

virtude do seu réxime confederativo. Tamén a unificación económica se troca en fonte de

graves querellas ou en base firme de harmonía según o Estado sexa unitario ou federal,

porque sen control direito faise máis doado favorecer a uns pobos en perxuízo dos outros, en

tanto que a ligazón ben controlada dos intreses locaes afirma os compromisos políticos e

chégase a un Estado de confianza xeral, intimamente sentida. Tanto é así que nas Federacións

soe reforzarse a unidade económica, cicais porque a democracia é mais directa, e, según se di,

a papeleta eleitoral ten máis peso na man dos votantes. Así mesmo, por influxo da

diversidade, que impón a tolerancia e a transixencia de todos, o federalismo faise moderado,

conservador no senso máis nobre da verba; e do hábito de vivir en paz interior propéndese a

unha meirande harmonía nas relacións esteriores. Nin que decir ten que o federalismo

necesita un poder central forte e fortes autonomías para os homes e os' pobos. Deste xeito, os

gobernos e parlamentos locaes manteñen o fogo patriótico e son o mellor laboratorio das

esperencias, xa non digamos políticas e adeministrativas, senón hestóricas. Non

comprendemos, pois, cómo hai hespañoes, mesmo de fala castelán, que cerren os ollos ás

ventaxas do federalismo dispois de sofriren as continuas frustracións do réxime unitario,

sabendo, ademais, que o amor á independencia é a razón de ser de tódolos homes e pobos de

Hespaña.

O moito sangue que os hespañoes levan derramado xuntos nas guerras de

independencia sería de abondo para crear unha eterna unión dos seus pobos, se a política

alleeira non houbese torcido a roita que levaban. Prefireuse unha Hespaña única e indivisible

a unha Hespaña múltiple e unida; pero hoxe non eisiste, en verdade, ningunha das dúas. Alí

nada tende á unión, pero moito menos á fusión. ¿Que facer, pois? Ao noso xuízo, abrazar o

Page 327: Castelao - Sempre en Galiza

federalismo, senón se quer fomentar o separatismo. Velaí unha disxuntiva mil veces

preferible á que en Hespaña se vén aceptando como fatal, esto é, a ditadura dos militares ou o

desbaraxuste democrático. En realidade, o Estado hespañol vén manténdose miragrosamente

polas consabidas reaccións pendulares, que, a forza de bandazos, acabarán por poñer en

perigo a independencia que tanta sangue custou. A neutralidade que Hespaña mantivo nas

dúas grandes guerras do noso tempo, debeuse unicamente á súa situación xeográfica de

privilexio; mais para acadar o recoñecimento mundial desa neutralidade ou independencia,

será preciso engadir á situación xeográfica unha situación política respeitable, como a de

Suíza, como a de Suecia. Hespaña pode trocarse nun refuxio de valores humanos, cando

aprenda a traballar en sosego, homildemente, sen parvos delirios, como reclaman a natureza i

esperencia dos seus pobos. Felizmente, aínda se pode perpetuar a independencia de Hespaña,

pero a condición de recoñecer a variedade que a distingue, organizándose según os principios

do bo federalismo. E para esa mudanza de réxime ningún pobo sería tan firme como Galiza.

Page 328: Castelao - Sempre en Galiza

VI

Con esta xa van alá sete veces que paso por Río de Xaneiro. Os monstros xeolóxicos

que gardan a baía son os mesmos de sempre, pero de cada vez que os vexo semellan outros.

Tamén as ideias máis firmes toman o tinte das novas circunstancias. Fai un ano nada máis

que pasei por eiquí, en direitura de Franza, para incorporarme ao goberno estraterritorial da

República Hespañola, e agora retorno a Bos Aires polo mesmo camiño, no mesmo

trasatlántico e cangado coas mesmas ideias que levei; pero ¡que distintas se me representan!

Porque agora comprendo mellor que nunca o desinio suicida dos hespañoes e o falso

liberalismo dos seus repúblicos. E hoxe non teño mellor luz que a que me vén do instinto

galego.

A min paréceme que a futura política de Hespaña terá de saír de Galiza para que sexa

salvadora, porque ben ás claras se ve que o orde imposto pola forza dende Madrid, sóio

asegura unha paz preñada de tempestades, como sabemos que os privilexios económicos de

calisquera pobo de Hespaña non son mellores que a hexemonía política de Castela, cando se

trata de acadar un orde supranacional. Díxose moitas veces que a paz nasce do orde, pero

agora é corrente decir que a única fórmula san e duradeira da democracia é a que nasce dunha

paz lograda dende abaixo e pola virtude do federalismo. E como Galiza é un pobo antigo

eisento de egoísmos, con el terá de contarse para salvar a Hespaña. Porque todo se lle pode

negar a Galiza, menos a súa cordura, o seu anceio autonómico e a súa vontade federalista.

Non falaremos da vida que levou a nosa Patria dende os Reis Católicos até a división

provincial do 1833, pola que se suprimeu a “Xunta Suprema do Reino de Galiza”, que viña

coordinando a xestión adeministrativa das vellas provincias e simbolizando a unidade

galega. Tampouco falaremos do rexurdimento iniciado no noso país polos seus grandes fillos

do século XVIII: Sarmiento, Feixoo, Cornide, Cernadas e outros máis. Daremos de lado,

inclusive, á laboura reconstrutiva dos anos do Fomento, que provocou intres de verdadeiro

galeguismo, cando, na guerra de Independencia, Galiza se sinteu libre e dona de si.

Falaremos somentes dalgúns feitos acaecidos a partir dos primeiros anos do século XIX, co

que abondará para poñer de vulto a vontade autonomista e federal de Galiza, endexemais

adormecida. En 1808, durante a invasión napoleónica, firmouse na Cruña un tratado de

Federación perdurable antre Galiza e Castela, como primeiro paso dun propósito máis

ambicioso, concebido pola nosa Xunta Suprema. O Conde Toreno e Pi i Margall recolleron o

feito, pero ninguén deles dixo que naquela Federación entraban as provincias do Norte de

Portugal e as de Oviedo e León, co que se pretendía restaurar a Galiza dos tempos romanos,

ampliándose dispois co ingreso voluntario dos demais pobos de Hespaña, a medida que se

fosen liberando dos franceses. Galiza, pois, concebeu e tiña a meio realizar a Federación dos

Pobos peninsulares moito antes de que en Hespaña apareceran os teóricos do federalismo,

influídos por Proudhon. Aínda será ben lembrar o “Pacto galaico-asturiano” celebrado na

Cruña con estraordinaria pompa en 1869, de cuio alborozo quedou a “Rúa do Pacto Federal”,

que naquela cibdade se commemoraba. En moitísimas oportunidades se revelou en Galiza

unha indecisión amorosa antre Castela e Portugal, sempre por motivos de diñidade ofendida.

Pero a insufrible tiranía de Fernando VII produxo no noso país xa non dúbida amorosa, senón

o franco desexo de arredarse de Hespaña para ingresar en Portugal. Nun importante libro,

escrito por Lord Carnavon, en 1827, recóllese o feito de que os constitucionalistas galegos

pedían a Deus que Galiza entrase canto antes en Portugal. “Os galegos, —di Carnavon—

Page 329: Castelao - Sempre en Galiza

estaban desexosos de trocar unha grande e antiga monarquía por outra máis pequena e

comparativamente insiñificante”, con tal de que poideran participar das ventaxas dun réxime

constitucional. Esta ideia botou raíces no ánimo galego e resucita en intres desesperados,

cando en Portugal hai máis liberdade que en Hespaña.

No Boletín do 6° Corpo do Exército (Lugo, 1811) acusábase a eisistencia dun “cierto

provincialismo” galego, e non se pode negar o sentimento de nacionalidade que caracterizou

a renascencia literaria de Galiza, iniciada en 1837. Mentras Nicomedes Pastor Díaz

descobría, co seu “esprito europeo”, as marabillosas posibilidades do noso idioma, Neira

Mosquera atopaba o sentido hestórico da nosa vida. Así ocurreu que nas páxinas da revista El

Recreo Compostelano, aparecida en 1842, xa se botaban as bases do rexionalismo galego de

tan convincente maneira que en 1843 fíxose posible que a Xunta Central de Galiza, reunida

en Lugo, puxese a votación a procedencia de discutir “si debía ou non este antigo Reino

declararse independiente”, cuia proposta, presentada por Faraldo, perdeuse por un sóio voto

de diferencia. Neste feito revélase o esprito revolucionario e independentista dos galegos de

1843.

En 1845 empezou a publicarse en Compostela o periódico El Porvenir, “órgao da

mocedade galega”, romanticamente liberal, no que os seus redactores se doían de non poder

declarar en lingoaxe intelixible “a fórmula que ensine aos galegos todo o que necesitan

coñecer”, porque “hai frases que serían unha sentencia de morte para os seus autores”. Tal era

o silencio que o Goberno ditatorial de 1845 impoñía ás tendencias liberaes e democráticas;

pero aínda así, aqueles mozos arriscáronse a publicar frases como estas: “non queremos ser

máis que galegos”, engadindo que o esprito que os animaba era “o grito de Varsovia contra

os rusos de Madrid”.

O clima de hostilidade contra os gobernos centralistas dou lugar á revolución galega

do 1846, considerada como a única de esencia rexional. No manifesto da Xunta

Revolucionaria, escrito por Faraldo e publicado no periódico La Revolución, decíase que

Galiza, ensumida no oprobio e convertida en colonia da corte madrileña, “vai erguerse da súa

homillación e abatimento”, rematando coas siguentes verbas: “Que a espada de Galiza faga

inclinar unha soia vez a balanza en que se pesan os destinos de Hespaña.” Ben sabido está

que aquel movimento rexionalista fracasou por xunguirse a unha subversión militar (alentada

por un príncipe da casa reinante) que acabou en traxedia cos fusilamentos de Carral.

Na primaveira do 1856, xa renascidas as espranzas galegas dispois da fracasada

revolución, celebrouse o famoso banquete de Conxo, no que os estudantes e artesáns de

Sant-Iago se axuntaron e abrazaron como representantes do traballo e a intelixencia, baixo as

frondas dunha carballeira cercada por soldados e policías. Alí nada ocurreu que xustificase o

temor das autoridades; pero foi un dos actos que maor recordo deixaron en Galiza. Tratábase,

simplementes, de buscar na solidaridade de tódalas clases sociaes de Galiza o trunfo das

ideias que denantes se malograran pola trabucada táctica de fiar en pronunciamentos

militares. No banquete de Conxo proclamouse de novo a unidade galega, e nada máis; pero

nos brindis poéticos de Aguirre e Pondal brillou o anceio da liberdade e democracia que

aínda hoxe alumea o galeguismo. Xa no 1855 aparecerá na Cruña El Clamor de Galicia,

dirixido por Vicetto, en defensa da nosa personalidade nacional e dos dereitos que

naturalmente nos corresponden; pero semellante ourentación acadou un desenrolo completo

no periódico El Miño, fundado en Vigo no ano 1857 e inspirado por Murguía. Será ben anotar

que da imprensa deste periódico saíron en 1863 os Cantares Galegos, de Rosalía, que foron

saudados dende Cataluña como un grito de guerra lanzado por Galiza contra Castela. Tamén

cómpre rexistrar que as Hestorias de Murguía e Vicetto foron a base do nacionalismo galego,

Page 330: Castelao - Sempre en Galiza

acusado como tal polo académico señor Sánchez Moguel en 1888. En fin: a “custión galega”,

dispois da “boa nova” de Faraldo, xa convertida por Vicetto e Murguía en ideal patriótico,

reforzouse coa laboura dos irmáns La Iglesia, que fundaron a “Revista universal deste reino”,

Galicia (1860 a 1866), para aliar o intelectual co político nunha plena renascencia das nosas

letras. E no ano 1861, por iniciativa do patricio López Cortón, celebráronse os primeiros

Xogos Froraes de Galiza, que nos deixaron de recordo o Álbum da Caridade, nutrida

antoloxía dos nosos poetas, en língoa galega e castelán. Cómpre lembrar a revista O Vello do

Pico Sagro, toda ela escrita en galego, que empezou a publicarse na Cruña en 1861, e A

Fuliada, en 1881, coroándose todo este movimento galeguista coa fundación da “Real

Academia Galega”, e o seu Boletín, que aínda hoxe perduran dende o 1905.

O día 22 de xullo do 1873, a pouco de instaurarse a primeira República, foi celebrada

en Sant-Iago, por convocatoria do seu Alcalde, unha Asambleia popular na que se aprobou

por aclamación o siguente acordo: “Unha vez pranteada en Hespaña a forma republicana

federal de goberno, resolvemos exercer o dereito de iniciativa para organizar política e

adeministrativamente o noso territorio”. Daquela xuntanza, cuia acta firmaron quiñentos

coarenta e cinco cibdadáns, xurdeu un Directorio en constante actividade, que lanzou un

manifesto autonomista ao país galego, recollendo, en información pública, moitas e valiosas

adhesións. Tan foi así, que non faltaron cregos que secundasen o desexo de constituír un

Estado galego dentro da Federación hespañola, sumándose en calidade de simples cibdadáns,

xa que como cregos estáballes prohibido adherirse a unha forma estatal divorciada da Eirexa.

Debemos engadir que o Presidente da Asambleia e do Directorio era Sánchez Villamarín, o

autor dun “Plan de Facenda cantonal para Galiza”, trazado a raíz da revolución do 1868.

Velaí un claro exemplo de concencia política federalista, como non se veu en ningún outro

pobo de Hespaña.

Tamén realizou Galiza outra demostración única na hestoria política do oitocentos

hespañol. Revélase no Proiecto de Constitución ou Pacto Fundamental para o futuro Estado

Galego, que precedeu á Constitución Federal aprobada en Zaragoza, cuio proiecto foi

presentado polo “Consello Executivo da Rexión Galega” o día 24 de maio do 1883 e

definitivamente discutido, votado e sancionado pola “Asambleia Federal do Territorio”

reunida en Lugo o día 2 de xullo do 1887. O seu artigo segundo di así: “Esta Rexión eríxese

en Estado Autónomo e Soberán, e adopta a forma democrática-republicana federal para o seu

goberno… Así mesmo aspira á Confederación Ibérica, e dende logo contrae a obriga de

coadxuvar incesantemente para recadar da Nación Portuguesa unha eterna alianza pactada

sobor da base do mutuo consentimento e a vontade de entrambos pobos”. Non estará de máis

reproducir o telegrama que Pi i Margall dirixiu aos asambleístas de Lugo: “Galicia quiso ya

durante la guerra con Francia establecer el sistema federal. Pláceme verla ahora ocupada en

discutir su futura Constitución. Por el unitarismo van perdiendo todas las regiones su

iniciativa, su personalidad y su vida; sólo por la federación cabe salvarlas; trabajemos todos

por realizar esta última esperanza de los pueblos.”

Nin que decir ten que o Ministro galego Eduardo Chao foi un dos redactores do

proiecto de Constitución Federal da República do 73, coidándoa necesaria para salvar e

mellorar a vida económica e social de Galiza, e defendéndoa coa mesma exemplar decisión

con que defendeu a República (véxase a biografía de Chao, escrita por Curros Enríquez).

Deixemos adiantado que tal precedente influíu no ánimo do Ministro galego da segunda

República, Casares Quiroga, para que votase dende o “banco azul” a favor do sistema federal

nas Cortes constituíntes do 1931.

Tense dito moitas veces que o federalismo dou contido doutrinal ao sentimento da

Page 331: Castelao - Sempre en Galiza

galeguidade; pero a ideia da libre unión dos homes e dos pobos está no noso íntimo modo de

ser. Lembremos que o libro de Brañas El Regionalismo, impreso en 1889, foi o primeiro

compendio doutrinal do autonomismo galego, cando nin Prat de la Riba nin Sabino Arana

Goiri deran a luz ningún escrito que hoxe se poida citar (según confesión de Cambó, Brañas

influíu nas directrices do movimento catalán). Así foi que cando Pi i Margall visitou Galiza,

no outono do 1892, díxolle a Brañas que o seu rexionalismo galego aventaxaba ao

federalismo hespañol en que de por si xa era un sistema político. Nefeito, Brañas esclarecerá,

mellor que ningún líder federal, a tendencia independentista dos pobos hispanos, sentando as

bases xustas e posibles dun Estado harmónico para toda Hespaña. Pero Brañas fixera algo

máis que escribir un libro: fundara un periódico, La Patria Gallega, para difundir os ideaes

autonomistas; pronunciara discursos e conferencias a eito, dentro e fóra de Galiza; e no seu

discurso universitario de apertura de curso (1892-93) concretara en dezaseis pontos todo un

programa de goberno galego. E todo esto ocurría no mesmo ano en que Cataluña formulaba

por primeira vez o seu programa concreto de reivindicacións, por meio das famosas Bases de

Manresa.

En 1889 os galegos da Habana editaron El Regionalismo Gallego, de Murguía, no

que quedou ben sentado que Galiza era unha lexítima nación con dereito a vivir a súa vida en

completa liberdade. Como adhesión á valente doutrina de Murguía, saíu a luz, na mesma

cibdade, un documento firmado por máis de mil douscentos emigrados, no que se acusaba ao

Estado hespañol de ser un “organismo mostruoso”, causante de que “os galegos non poidan

vivir na súa terra”. O lema dos galegos de Cuba era este: “Sexamos rexionalistas e teremos

Patria.” Así se comprende que a bandeira azul e branca da nova Galiza ondease por primeira

vez no Centro Galego da Habana e que alí se cantase tamén por primeira vez o himno que

hoxe tódolos galego escoitamos con reverencia.

O anceio político de liberación tomou novos rumbos a partir da “Liga Galega” do

1897, creada na Cruña para defensa de Galiza, con reglamento escrito en idioma autóctono;

sigueu avante nas campañas de “Solidaridade”, nas que se usou a nosa língoa como elemento

de propaganda oral i escrita, tendo como órgao a revista Galicia Solidaria (190819097

Solidarismo Gallego e Solidaridad Gallega (1908) e cuio “Catecismo”, dirixido aos

labregos, era unha incitación ao estabrecimento dunha política esclusivamente nosa;

afincouse con motivo das Asambleias agrarias de Monforte do 1910, que abriron anchas

luces no problema máis fondo de Galiza; axitouse coas prédicas de Basilio Álvarez, á cabeza

de “Acción Galega”. Pero se o provincialismo foi sustituído polo rexionalismo gracias aos

“precursores” e se a doutrina nacionalista foi xa esbozada por Brañas e Murguía, non hai

dúbida de que foron as “Irmandades da Fala”, iniciadas por Antón Vilar Ponte, en 1916, as

que abriron o novo ciclo de reafirmación galega. As “Irmandades da Fala”, a “Irmandade

Nazonalista” e, por último, o “Partido Galeguista” (este creado en 1931 como vangarda do

galeguismo dentro da República), marcan as tres evolucións dun mesmo movimento de

liberación galega que se caracterizou pola súa eficacia, tanto no terreo da política coma no da

cultura. Os galeguistas celebraron asambleias memorables: en Lugo (1918), Sant-Iago (1919,

1932, 1933, 1934 e 1935), Vigo (1920), Monforte (1921), A Cruña (1922 e 1930) e

Pontevedra (1931). Ben se pode asegurar que nunca se coordinaron as varias ideoloxías, os

varios esforzos e as varias ambicións de Galiza até que apareceron os “galeguistas”. E a

proba da súa eficacia está no Estatuto presentado ás Cortes da República.

Co dito abonda para probar que a vocación autonomista e federal de Galiza vén de

moi lonxe e de moi adentro. Cicais Cataluña se pronunciase con máis potente voz dende a súa

gran Barcelona, rival de Madrid; pero ningún pobo do Estado hespañol marcou con tanta

Page 332: Castelao - Sempre en Galiza

claridade e tanta constancia os seus anceios políticos. O dualismo Galiza-Hespaña dos

séculos da Reconquista, non se borra doadamente, como non se borra o feito de ser a nosa

Patria o berce lingüístico máis importante da península. E coa súa milenaria esperencia

permítese aconsellar a Hespaña e decirlle que leva o camiño torcido.

Page 333: Castelao - Sempre en Galiza

VII

O vento pampeiro funga nas cordas e fai ovellas no mar. O inverno entrou de súpeto

no barco, e o pasaxe correu a cobrir as súas nudeces. A vida de abordo fíxose máis grave.

Agora todos pensamos no término do viaxe. Porque o “veraneo” acabouse. Confeso que

nunca viaxei tan abstraído das cousas que me arrodean e que os días nunca pasaron máis

leves. Chegou, pois, o intre de poñer fin a este deslabazado discurso. No devandito deixamos

apontadas algunhas facetas do noso pensamento encol da Patria, a Nación e o Estado. Demos

a entender que as conceicións federalistas de América non poden axeitarse ás realidades da

vella Europa, polo que a Unión Europea toma carácter singular e diferente da Unión

Mundial, anque Churchill, Blum e demais unionistas de ocasión finxan iñoralo. Dixemos que

a Península Ibérica é a parte de Europa mellor dotada para constituír un órgao federativo e

que, dentro de Hespaña, sóio Galiza ten o sentido de independencia e de unión

indisolublemente xunguidos nun anceio único e xa secular. Non importa que Cataluña e o

País Vasco fosen autónomos antes que Galiza, porque nós preferíamos unha República

Federal ao réxime de autonomías rexionaes concedidas por mercede do Estado, e de aí

provén o noso retraso. E por se algunha dúbida eisistise, probaremos que o Estatuto de Galiza

non foi un reflexo dos Estatutos catalán e vasco, como adoitan a decir os nosos nemigos,

senón un documento elaborado por propria e calculada decisión dos galegos, que en artes i en

cencias políticas nada teñen que adeprender dos demais hespañoes.

No outono do ano 1929 fundouse a ORGA (Organización Republicana Galega

Autónoma), e no seu primeiro manifesto decía cousas como estas: “Hoxe cada galego sinte

tan fondo o grito da raza, e de tal maneira se solidariza coas custións da súa terra, que xa non

se contenta con sentila e amala, senón que se apresta a destacala e impoñela. Galiza ten hoxe,

a máis dunha personalidade, unha concencia dela e da súa misión no mundo”; “… para nós

foi e sigue sendo razón de eisistencia a instauración en Hespaña da República Federal”; “…

poderemos chegar a unha Hespaña poderosa, e, irmandándose con Portugal, poder conseguir

que Iberia erga a súa nobre figura nos futuros Estados Unidos de Europa”. Neste Partido

militaron unha boa parte dos galeguistas da primeira hora.

O día 16 de marzal do 1930 celebrouse a sonada xuntanza de tódolos republicanos

galegos, en Lestrove, firmándose un pacto, no que se decía: “… chegou a hora de que Galiza

demostre querer ser libre e puxante”; “… e a República terá de ser federal, porque tal é a

vontade dos republicanos, conscentes de que o federalismo achega o goberno ao pobo,

axeitándose ás peculiaridades rexionaes, tan varias pola hestoria e o carácter”. O pacto de

Lestrove sirveu para desiñar a Casares Quiroga como representante de Galiza na xuntanza

republicana de San Sebastián, onde reclamou para o noso país o mesmo trato que se lle dese

a Cataluña.

O día 25 de setembre do 1930 celebrouse unha xuntanza de personalidades galegas

(moitas delas xa declaradas republicanas), no Pazo de Barrantes, que firmou un documento

no que se estamparon afirmacións coma estas: “Estamos certos e seguros de que a causa de

tódolos males e doores de Galiza está no centralismo chuchador das enerxías rexionaes,

levado, por desprezo e malquerencia, a un esquecimento dos nosos lexítimos anceios. Ao

centralismo debe Galiza o seu estado de ruína, o seu atraso e o seu encadeamento”; é forza

declarar que o rexurdimento de Galiza está pendurado do recoñecimento da súa

personalidade rexional, de acordo coa hestoria e co esprito da nosa terra: unha completa

Page 334: Castelao - Sempre en Galiza

autonomía política e adeministrativa, que dispoña de meios de abondo para lograr o seu

engrandecimento”.

Ao presentirse o adveñimento da segunda República hespañola, o “Seminario de

Estudos Galegos” propuxo aos republicanos de Galiza un proiecto de Estatuto autonómico,

que saíu á luz o día 6 de maio do 1931, aos poucos días de ser derrubada a Monarquía; e o seu

primeiro artigo decía así: “Galiza é un Estado libre dentro da República Federal Hespañola.”

Este proiecto de Estatuto foi o primeiro que se formulou en Hespaña aos efeitos de exercer o

dereito de iniciativa, conforme ás boas normas do federalismo. Ao mesmo tempo, a “Sección

de cencias sociaes, políticas i económicas” do Seminario presentou á pública consideración,

como anexo do proiecto estatutista, un estudo da custión económica-fiscal, formulado por

Bóveda, no que se demostraba, con números irrebatibles, que o réxime de autonomía integral

era comenente para Galiza e que non perxudicaba aos demais pobos de Hespaña.

Aínda o Goberno provisional da República non convocara a Cortes constituíntes

cando a “Federación Republicana Galega” convocou a unha magna Asambleia de tódolos

grupos i elementos afectos ao novo réxime en Galiza. Esta Asambleia levouse a cabo na

Cruña, o día 20 de maio do 1931, con estraordinaria concurrencia. Alí se discutiron e

aprobaron as “Bases para o Estatuto Galego”, cuia primeira parte comeza coas siguentes

verbas: “Galiza é un Estado autónomo dentro da República Federal Española.” Con este acto

volveu a manifestarse, por enésima vez, a vocación federalista de Galiza, e o documento alí

aprobado foi o mandato moral e político que os diputados de Galiza levaron ás Cortes

Constituíntes.

En Maio do 1931 o “Segredariado de Galiza en Madrid” presentou ao xuízo do país

galego unha Aportación ao estudo do seu Estatuto rexional. Tamén contou Galiza coa

considerable aportación do “Instituto de Estudos Galegos”, da Cruña, dirixido por Casás, que

elaborou un proiecto completo de Estatuto. Ao mesmo tempo Labor Galega, de Pontevedra,

destacábase, coas súas ponencias, no afán de aperfeizoar o documento básico da nosa

autonomía. O Estatuto preocupou favorablemente a tódolos elementos galegos, mesmo aos

que non recibiron con agrado a caída da monarquía. Como se sabe, a República nin foi

federal, nin “federable”, como se dixo, pois o artigo 13 da Constitución non o consentía.

Quedaron, pois, fanados os proiectos federalistas do Estatuto galego escritos no período

preconstituínte da segunda República; pero en canto as Cortes estabreceron as competencias

do Estado e das Rexións autónomas, formouse unha Comisión parlamentaria, elixida polos

diputados das catro provincias de Galiza, para redactar un novo proiecto de Estatuto,

axeitado á Lei fundamental da República. Elaborouse un novo proiecto, que os diputados

levaron á Cruña e depositaron nas mans do Presidente da Diputación Provincial. O seu

primeiro artigo decía así: “Galiza é unha Rexión autónoma dentro da República Hespañola.”

Coincidindo coa aprobación da Carta constitucional da República, fundouse o Partido

Galeguista (6 de nadal do 1931) para velar polos intreses moraes e materiaes de Galiza dentro

da nova Lei. A súa declaración de principios foi a siguente: “I. Galiza, unidade cultural:

Afincamento das características da personalidade galega: língoa, arte, esprito. II. Galiza,

pobo autónomo: Autodeterminación política de Galiza dentro da forma de goberno

republicana. III. Galiza comunidade cooperativa: A terra para o traballo; o traballo para a

terra. IV. Galiza, célula de universalidade: Antiimperialismo, federalismo internacional,

pacifismo”.

Decorreron algún meses de indecisión, e no día 27 de abril do 1932, o Concello

Municipal de Sant-Iago tomou a iniciativa de convocar a tódolos Axuntamentos galegos a

“unha Asambleia rexional desas corporacións populares, a fin de que concurrindo os seus

Page 335: Castelao - Sempre en Galiza

representantes con plenitude de poderes, poida elaborarse e aprobarse o Estatuto de Galiza,

para sometelo dispois a plebiscito e, unha vez aceptado polo pobo, envialo, como espresión

xenuína da vontade xeral do país, á sanción constitucionalmente obrigatoria das Cortes

xeraes do Estado hespañol”. Este foi o arranque dun movimento circunstancial, que tivo por

obxeto dar estado xurídico ao problema autonomista de Galiza, sempre negado pola

monarquía e moi mal comprendido pola República.

A Municipalidade de Sant-Iago fixo honor ao seu acordo. O día 3 de xullo do 1932

celebrouse no Paraninfo da Universidade compostelana unha Asambleia preparatoria na que

estiveron representados os elementos políticos, administrativos, económicos e culturaes que

integraban a vida social de Galiza. Alí nomeuse unha Comisión de técnicos, encarregada de

redactar un novo anteproiecto de Estatuto, harmonizando as varias tendencias dos proiectos

anteriores, suxetándose aos preceptos da Constitución e tendo en conta os debates producidos

no Parlamento ao ser discutido o Estatuto de Cataluña. Os técnicos deron cima ao seu

traballo, que someteron a unha información pública, na que calisquera galego tiña dereito a

emitir o seu xuízo; e logo de refacer en algún estremo a primeira ponencia, redactaron a

definitiva que tería de ser a base de discusión na Asambleia rexional dos Axuntamentos.

A dita Asambleia levouse a efeito en Sant-Iago nos días 17, 18 e 19 de nadal do 1932,

e a ela concurriron, ademais dos Axuntamentos, tódalas forzas vivas do país. Alí se discuteu,

artigo por artigo, a ponencia formulada pola Comisión de técnicos, producíndose debates

acalorados e de grande outura, nos que se puxo de manifesto a vontade férrea e o talento

luminoso de Bóveda, heroi daquelas xornadas.

E dispois de tres días de discusión ficou comprido o primeiro trámite constitucional,

erguéndose tamaño entusiasmo que poderíamos ir axiña ao plebiscito coa plena seguridade

de gañalo. A sesión de clausura foi trasmitida telefonicamente aos emigrados galegos de Bos

Aires.

Cómpre decir que Galiza tiña solicitado un decreto do Goberno da República que lle

permitise realizar as dúas probas eisixidas polo artigo 12 da Constitución, tal como lle fora

concedido a Cataluña e ao País Vasco; pero Galiza sóio recibeu a calada por resposta. A

pesares desta incorrección do Goberno, que delataba unha pésima vontade, os Axuntamentos

galegos compriron a primeira eisixencia constitucional por meio dos seus representantes na

Asambleia de Sant-Iago e, ademais, por acordo solemne das respectivas corporacións

municipaes. Pero Galiza non podía levar a efeito a segunda proba, ou sexa a do referendum

plebiscitario, porque ningunha das súas entidádes xurídicas tiña atribucións para convocar

aos eleitores. Foi, pois, o Goberno de Madrid quen tivo a culpa de que Galiza non fose

autónoma ao estalar a guerra civil.

O “Comité Central pro Autonomía de Galiza”, en nome dos Axuntamentos, dirixeuse

de novo ao Goberno da República, en demanda do decreto que permitise realizar o plebiscito,

e dispois de insistentes pedidos, incluso por meio de rogos parlamentarios e por unha

resoante interpelación, o Goberno da República diñouse conceder un decreto serodio e

caprichoso, dado en Madrid a 21 de maio de 1933 e aos sete meses de serlle pedido con

urxencia. O decreto rompía o procedimento que sentara xurisprudencia nos decretos

anteriores, concedidos a Cataluña e a Euscadi, pois en ningún deles se estabrecera ningunha

caste de intervencións. Pero no de Galiza, si; como se ve no decreto: “Podrán designar

interventores en las mesas electorales los Ayuntamientos y Diputaciones de la región, las

Cámaras Oficiales, los Colegios profesionales oficialmente reconocidos, la Universidad de

Santiago, la Academia Gallega y las Asociaciones patronales y obreras legalmente

constituidas en la fecha de esta convocatoria”. O rigor reservado para Galiza correu parellas

Page 336: Castelao - Sempre en Galiza

coa iñorancia revelada no escrito ministerial, xa que do dereito de intervir no plebiscito

quedaban escluídas as Sociedades Agrarias, porque os nosos agricultores, según a lei

hespañola, nin eran patróns nin obreiros, anque foran e sigan sendo os que máis traballan e se

afanan sobor da nosa desventurada terra.

Axiña entrou a República hespañola no chamado “bienio negro”. Os primeiros intres

foron tan duros que a verba “Estatuto” siñificaba o desterro para quen a pronunciase no noso

país. Os elementos da ORGA ingresaron no partido de Azaña, deixando aos galeguistas

como únicos abandeirados da “política rexional”. ¿Que facer, pois? Os galeguistas

xuramentáronse para gardar absoluto silencio sobor do decreto plebiscitario, a ver se o

Goberno se esquecía de derogalo, pois o primeiro trámite xa estaba cumprido e contando con

aquel decreto podía celebrarse o plebiscito cando soprasen ventos mellores. O Partido

Galeguista, no entanto, púxose á fala cos dirixentes da Izquierda Republicana, e a fins do

1935 chegaron ambas agrupacións a comprometerse nun pacto de alianza, firmado por

Azaña, sobor de cláusulas como estas: “Republicanización de Galiza”, que comprometía aos

galeguistas, e “Autodeterminación política de Galiza”, que comprometía aos azañistas.

En febreiro do 1936 celebráronse en Hespaña as derradeiras eleicións de Diputados a

Cortes. O pacto de Frente Popular en Galiza —no que os galeguistas entraron como aliados

de Izquierda Republicana— contiña o compromiso de ir inmediatamente á celebración do

plebiscito; e, unha vez ganadas as eleicións, pudo realizarse, gracias a dispoñer dun decreto

esquecido até polo proprio redactor. Como ben se sabe, o plebiscito levouse a cabo no día 28

de xunio do mesmo ano, e o resultado sobrepasou en todas e cada unha das provincias

galegas ao porcentaxe que a Lei eisixía. O trunfo estaba descontado polo compromiso de

tódolos partidos integrantes do Frente Popular e pola falla de oposición dos sectores da

dereita, que acordaron non facer uso do intervencionismo estabrecido no decreto. Galiza,

pois, compreu de maneira insuperable os trámites constitucionaes e pudo presentar o seu

Estatuto ás Cortes da República o día 15 de xullo de 1936, tres días antes de estalar a guerra

civil.

Votaron a favor do Estatuto 993 351 eleitores. Votaron en contra 6161. E votaron en

branco 1451. Téñase en conta que o número de eleitores galegos, inscritos no Censo, era de 1

343 135 e que o quórum necesario para gañar o plebiscito, según a Lei, era de 895 423; e,

polo tanto, houbo un esceso de 97 927 votos favorables, co que quedou definitivamente

aprobado o Estatuto proposto polos Axuntamentos de Galiza en 1932. Debemos remarcar

que en ningún intre do acto plebiscitario se produxo a menor reclamación ou protesta, de

modo que o intervencionismo estabrecido no decreto ministerial foi unha de tantas ofensas

inferidas a Galiza sen máis motivo que “a mala lei que nos teñen”; pero ese decreto sírvenos

agora para valorizar a documentación que Galiza entregou ás Cortes da República. Cómpre

engadir que os galegos emigrados tamén espresaron a súa vontade autonomista nun

plebiscito que dou en chamarse “sentimental”. En Madrid, por exemplo, recolléronse máis de

trinta mil firmas a favor do Estatuto, e cincoenta e cinco entidades de Bos Aires enviaron ao

Comité pro Autonomía de Galiza o siguente cablegrama: “Sociedades galegas de Bos Aires,

que agrupan cento cincoenta mil asociados, reunidas por Centro Galego para unificar ideias

encol plebiscito autonomista rexional, acordaron asumir representación colectividade

radicada en Arxentina e pedir ese Comité divulgación por tódolos meios posibles dos seus

ferventes desexos de que irmáns de aí se inspiren no máis erguido patriotismo para levar a

Galiza outos destinos ao votarse plebiscito en demanda da súa autonomía”.

O Estatuto de Galiza, entregado ao Presidente do Congreso o día 15 de xullo de 1936,

tomou estado parlamentario na memorable sesión de Cortes celebrada en Monserrat o día 1°

Page 337: Castelao - Sempre en Galiza

de febreiro do 1938. Certo que a guerra civil podería xustificar tanta tardanza no

comprimento deste simple requisito; pero, en verdade, non foi a guerra, senón a eterna manía

de impedir, ou polo menos retrasar, calisquera acto de xustiza que a Galiza se lle deba. Velaí

as verbas con que o dito acto se consiña no Diario de Sesións: “E1 señor Presidente: Ha sido

presentado a la Mesa, cumpliendo todas las formalidades reglamentarias, el Estatuto de la

región gallega. Los señores representantes de los distintos grupos parlamentarios

manifestarán en momento oportuno las personas que habrán de constituír la Comisión

correspondiente.”

Anos máis tarde, creouse o Goberno estraterritorial da República hespañola,

presidido por Giral; e na declaración que fixo ante as Cortes axuntadas na cibdade de

México, o día 7 de novembre do 1945, lembrouse do noso dereito coas siguentes verbas: “Por

último, Galicia dejó expresado su voluntad de autonomía en el texto del Estatuto plebiscitario

y aprobado por el pueblo gallego, que en su día tomó estado parlamentario y quedó pendiente

del examen y aprobación de las Cortes.” Na terceira xuntanza de Cortes en México (día 9 do

mesmo mes e ano) propúxose o nomeamento da Comisión de Estatutos, dándose lugar a un

longo debate que consumeu a xornada enteira.

Falaron moitos diputados, e non todos con boa fe; pero ningún deles —nin o mesmo

Indalecio Prieto, promotor do inútil debate— se atreveu a discutir o dereito gañado por

Galiza. Ao final ficou constituída a “Comisión del Estatuto Gallego” gracias á forte

solidaridade dos parlamentarios galegos, que impuxeron un respeito xeral e gañaron a

simpatía do ambente. E por resultas desto eu veño de ser Ministro do Goberno que presidía

Giral.

Despois de mostrar a vocación unionista de Galiza e ver cómo se lle regateou en vida

da República un dereito de autonomía precaria, xa concedido a Cataluña, aínda foi preciso

que no desterro —onde tódolos dereitos son simbólicos— seguise en todo apoxeo a

incomprensión dos repúblicos hispanos, que se negaron a equiparamos aos cataláns e vascos,

sabendo que realizamos idénticos deberes constitucionaes. Si; custa moito creer que os males

Políticos de Hespaña teñan remedio. Pero nós somos galegos; xente prudente e de bo sentido,

liberal e pacifista, entusiasta até o lirismo, segura de que “a luz virá para a caduca Iberia dos

fillos de Breogán”. Non temos ningunha fe nos hespañoes; pero témola en nós mesmos e nas

ideias que profesamos. Estas ideias poden concretarse nos catro principios siguentes:

a) Autonomía integral de Galiza para federarse cos demais pobos de Hespaña.

b) República Federal Hespañola para confederarse con Portugal.

c) Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea.

d) Estados Unidos de Europa para constituír a Unión Mundial.

Paquebote “Campana”, xullo-agosto do 1947

Page 338: Castelao - Sempre en Galiza

ALFONSO DANIEL MANUEL RODRÍGUEZ CASTELAO. Nado en Rianxo o 30

de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está

considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa

terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo,

debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do

século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu

pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de

2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural.

Page 339: Castelao - Sempre en Galiza