A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media

2
1 A FRAGMENTACIÓN DO MUNDO ANTIGO E O INICIO DA IDADE MEDIA 1.- OS REINOS XERMÁNICOS ● Tras a caída do Imperio romano de Occidente (476), os pobos xermánicos formaron reinos independentes (reinos xermánicos) como: os reinos ostrogodo, visigodo, franco, o burgundio, alamano e o anglosaxón. ● Os pobos xermánicos organizáronse en monarquías, que conservaron ou asimilaron elementos romanos como o latín, o dereito e o cristianismo. A Igrexa foi gañando importancia e poder e a cultura quedou nas súas mans. ● En Occidente iniciouse un período de inseguridade debido as razzias e saqueos que cometían os pobos bárbaros, o que levou á ruralización da sociedade: O comercio e a artesanía diminuíron o cal provocou o despoboamento das cidades. A agricultura converteuse na actividade dominante e a poboación refuxiouse nas aldeas. 2.- O IMPERIO BIZANTINO (476-1453) ● O Imperio romano de Oriente, tamén denominado Imperio bizantino ou Bizancio, con capital en Constantinopla (actual Estambul), logrou frear as invasións xermánicas e sobreviviu ata o 1453. ● A época de maior esplendor coincidiu co reinado de Xustiniano (527-565), que se propuxo restaurar o Imperio romano expandíndose polo Mediterráneo occidental. Recompilou as leis romanas (Código de Xustiniano) e mandou construír a Basílica de Santa Sofía. Nos séculos seguintes Bizancio repregouse sobre a zona oriental. ● O emperador (basileus) gozaba dun poder absoluto e considerábase o xefe da cristiandade. O Papa de Roma non aceptaba a súa autoridade relixiosa polo que se rompeu a unidade do cristianismo co Cisma de Oriente (1054). Os cristiáns de Oriente denomináronse ortodoxos, e os cristiáns de Occidente, católicos (perdura na actualidade). ● O Imperio bizantino desapareceu cando no ano 1453 Constantinopla foi conquistada polos turcos. 3.- O REINO VISIGODO DE TOLEDO Este reino representou o primeiro intento de unidade política da Península Ibérica. No ano 409 penetraron en Hispania os suevos, vándalos e alanos. No 416 os visigodos, aliados de Roma, acudiron á Península e expulsaron os vándalos e alanos e acantoaron aos suevos en Galicia. ● A mediados do século V, os visigodos formaron o reino de Tolosa formado polo Sur da Galia e parte de Hispania. No anos 507, derrotados polos francos na batalla de Vouillé, foron expulsados da Galia e espalláronse por Hispania e organizaron un reino con capital en Toledo. O rei visigodo Leovixildo expulsou aos suevos (585), conquistoulles numerosos territorios aos bizantinos que ocuparan o Sur peninsular (572-624) e detivo os francos.

description

Apuntes sobre a fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media.

Transcript of A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media

Page 1: A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media

1

A FRAGMENTACIÓN DO MUNDO ANTIGO

E O INICIO DA IDADE MEDIA

1.- OS REINOS XERMÁNICOS

● Tras a caída do Imperio romano de Occidente (476), os pobos xermánicos formaron reinos

independentes (reinos xermánicos) como: os reinos ostrogodo, visigodo, franco, o burgundio, alamano e o

anglosaxón.

● Os pobos xermánicos organizáronse en monarquías, que conservaron ou asimilaron elementos romanos

como o latín, o dereito e o cristianismo. A Igrexa foi gañando importancia e poder e a cultura quedou nas

súas mans.

● En Occidente iniciouse un período de inseguridade debido as razzias e saqueos que cometían os pobos

bárbaros, o que levou á ruralización da sociedade:

O comercio e a artesanía diminuíron o cal provocou o despoboamento das cidades.

A agricultura converteuse na actividade dominante e a poboación refuxiouse nas aldeas.

2.- O IMPERIO BIZANTINO (476-1453)

● O Imperio romano de Oriente, tamén denominado Imperio bizantino ou Bizancio, con capital en

Constantinopla (actual Estambul), logrou frear as invasións xermánicas e sobreviviu ata o 1453.

● A época de maior esplendor coincidiu co reinado de Xustiniano (527-565), que se propuxo restaurar o

Imperio romano expandíndose polo Mediterráneo occidental. Recompilou as leis romanas (Código de

Xustiniano) e mandou construír a Basílica de Santa Sofía. Nos séculos seguintes Bizancio repregouse sobre

a zona oriental.

● O emperador (basileus) gozaba dun poder absoluto e considerábase o xefe da cristiandade. O Papa de

Roma non aceptaba a súa autoridade relixiosa polo que se rompeu a unidade do cristianismo co Cisma de

Oriente (1054). Os cristiáns de Oriente denomináronse ortodoxos, e os cristiáns de Occidente, católicos

(perdura na actualidade).

● O Imperio bizantino desapareceu cando no ano 1453 Constantinopla foi conquistada polos turcos.

3.- O REINO VISIGODO DE TOLEDO

● Este reino representou o primeiro intento de unidade política da Península Ibérica.

● No ano 409 penetraron en Hispania os suevos, vándalos e alanos. No 416 os visigodos, aliados de Roma,

acudiron á Península e expulsaron os vándalos e alanos e acantoaron aos suevos en Galicia.

● A mediados do século V, os visigodos formaron o reino de Tolosa formado polo Sur da Galia e parte de

Hispania. No anos 507, derrotados polos francos na batalla de Vouillé, foron expulsados da Galia e

espalláronse por Hispania e organizaron un reino con capital en Toledo.

● O rei visigodo Leovixildo expulsou aos suevos (585), conquistoulles numerosos territorios aos bizantinos

que ocuparan o Sur peninsular (572-624) e detivo os francos.

Page 2: A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media

2

● Os reis converteron en hereditaria a coroa (deixou de ser electiva) e propuxéronse unir a todos os seus

súbditos, fosen visigodos ou hispanorromanos, baixo unha mesma lei (o Liber Iudiciorum con Recesvinto) e

relixión (catolicismo con Recaredo).

● No 711 un exército musulmán, procedente do norte de África, invadiu a Península Ibérica e derrotou ao

derradeiro monarca visigodo, don Rodrigo, na batalla de Guadalete.

● A economía hispánica en tempos dos visigodos foi agrícola e de subsistencia e a nobreza visigoda

converteuse no grupo social privilexiado.

4.- O REINO SUEVO DE GALICIA

● No ano 409 os suevos penetraron na Península Ibérica debido a un pacto (foedus) cos romanos, e no ano

411 foron illados polos visigodos na Galicia actual e mais no Norte de Portugal.

● Os suevos eran un pobo orixinario do mar Báltico e estableceron a súa capital en Bracara Augusta (Braga,

Portugal), creando cara ao 420 un reino propio que no 586 pasou a mans dos visigodos.

● Os suevos foron os que estableceron unha entidade administrativa que pervive na actualidade: a

parroquia, concibida na súa orixe como unha división eclesiástica do reino.

5.- O IMPERIO CAROLINXIO

● Os francos eran un pobo de orixe xermánica que expulsou aos visigodos da Galia e se instalou no

territorio da actual Francia.

● Un nobre franco da dinastía dos merovinxios, Carlos Martel, freou aos musulmáns na batalla de Poitiers

(732).

● O seu sucesor, Pipino o Breve, converteuse en rei dos francos e fundou unha nova dinastía, a carolinxia.

O seu fillo Carlomagno (Carlos o Grande, 768-814) creou un imperio con capital en Aquisgrán que

abranguía case toda a Francia actual, o Leste de Alemaña, o Norte de Italia e a actual Austria, coa idea de

reconstruír a antiga unidade do Imperio romano de Occidente.

● Dividiu o Imperio en condados gobernados por un conde e creou unhas zonas defensivas nas súas

fronteiras que denominou marcas gobernadas por un marqués ou comes marcae (exemplo: a Marca

Hispánica nos Pireneos).

● O día de Nadal do ano 800, Carlomagno foi coroado Emperador polo Papa León III. Un obxectivo

prioritario de Carlomagno foi a conversión ao cristianismo de todos os pobos baixo o seu dominio: Unión

entre o poder político do Emperador e a autoridade relixiosa do Papa.

● O Imperio de Carlomagno coñeceu unha gran vitalidade cultural: foi o Renacemento carolinxio.

● Á súa morte, a coroa pasou ao seu fillo Ludovico Pío (Luis o Piadoso), que máis tarde dividiu as terras do

Imperio entre os seus tres fillos (Luis o Xermánico, Carlos o Calvo e Lotario) polo Tratado de Verdún (843).

● O poder dos reis debilitouse cada vez máis e víronse obrigados a ceder gran parte da súa autoridade a

condes e marqueses para obter o seu apoio, converténdose en poderosos señores nos territorios que

administraban: Nacía así o Feudalismo.