23 de abril - 2011 Día Mundial do Libro · 2011. 5. 13. · Unha laranxa do paraíso. Unha pousada...

2
23 de abril - 2011 Día Mundial do Libro Agradecemos a Carlos Negro o seu poema, un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor / 2011 hp://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog O lugar da lectura

Transcript of 23 de abril - 2011 Día Mundial do Libro · 2011. 5. 13. · Unha laranxa do paraíso. Unha pousada...

Page 1: 23 de abril - 2011 Día Mundial do Libro · 2011. 5. 13. · Unha laranxa do paraíso. Unha pousada no inferno. Unha man e unha fouce. Unha carapucha vermella. Unha bufanda colorada.

23 de abril - 2011Día Mundial do Libro

Agradecemos a Carlos Negro o seu poema, un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor / 2011

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog

O lugar da lectura

Page 2: 23 de abril - 2011 Día Mundial do Libro · 2011. 5. 13. · Unha laranxa do paraíso. Unha pousada no inferno. Unha man e unha fouce. Unha carapucha vermella. Unha bufanda colorada.

Unha illa de luz na xema dos dedos.

Unha porta sempre entreaberta.

Unha duna cara ao vento.

Unha nube sobre a herba.

Unha casa encantada.

Unha laranxa do paraíso.

Unha pousada no inferno.

Unha man e unha fouce.

Unha carapucha vermella.

Unha bufanda colorada.

Unha alfombra no ceo.

A pulga e o xigante.

A rosa e o cravo.

A serpe e a mazá.

A fonte e o cervo.

A flor da candea.

A fenda do espello.

A lúa na boca.

A tona do tempo.

A pedra e o canto.

A voz e o silencio.

O lugar da lectura.

Carlos Negro