Unha historia sorprendente

6
rubén, amal, laura

Transcript of Unha historia sorprendente

rubén, amal, laura

Nun pobo grande e alegre de Lugo había unha casa vella, grande, coas ventás sucias e os balcóns agrietados. As tellas movidas tan a punto de caerse que, cando sopraba o vento, facían ruídos estranos. Ao seu carón había unha palmeira e unha roseira con tres flores brancas.

Un día nubrado e ventoso, con temperatura media de primavera, chegou unha familia de pantasmas coa intención de vivir alí. Eran o pai, a nai, os avós paternos e os maternos, tres nenos e dúas nenas.

O pai chámase Gus; é gordo, un pouco baixo e o máis divertido de toda a familia ( e iso que os seus fillos son moi gamberros).

A nai chámase Nana; é guapa, alta, delgada e a máis traballadora.

Os adultos empezaron a desfacer as maletas mentres os nenos corrían por toda a casa para ver todo.

Despois dunhas horas viñeron uns nenos e entraron. Viron cousas brancas voando e asustáronse moito.

Empezaron a correr e berrar mentres fuxían. Agocháronse detrás da palmeira, todos abrazados e tremendo.

pasou o que eles pensaron que era unha eternidade, oíron un sssshhh, sssshhh, ssshhh que se ía achegando cada vez máis.

Case se facían pis do medo pero estaban moi caladiños. O maior atreveuse a mirar e viu que os pantasmas estaban xa moi preto deles. Mandoulles escapar aos pequenos para detrás da casa e el prantouse no medio para defender aos seus irmáns.

Os seus irmáns estaban observando, desDe o seu escondite, todo o que pasaba.

Os nenos pantasmas tamén estaban observando desde a ventá da casa e baixaron a ofrecerlles a Coca Cola.

Foron achegándose uns a outros moi despaciño. un paso eles, un paso as pantasmas... tentaron chocar as mans pero non poideron porque as pantasmas son transparentes.

Trouxéronlles o refresco e algo de comida da súa casa, Comeron todos xuntos. os nenos sorprendéronse ao ver pasar a comida por dentro do corpo das pantasmas. EmpezaroN a rirse e así fixéronse amigos.

a nosa inspiración para escribir este conto foi o cadro "diálogos calados", do pintor xoán guerreiro.

4º de ed. Primaria - Ceip de vite

Santiago de compostela - febreiro 2015