Santiago de Compostela | Unha cidade con Historia

7
Santiago de Compostela Unha cidade con Historia

description

 

Transcript of Santiago de Compostela | Unha cidade con Historia

Page 1: Santiago de Compostela | Unha cidade con Historia

Santiago de CompostelaUnha cidade con Historia

Page 2: Santiago de Compostela | Unha cidade con Historia

Santiago de Compostela é un concello da provincia da Coruña, perten-cente á comarca de Santiago da cal é capital. Con 96.041 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popular-mente «picheleiro».

Santiago de Compostela constitúe a capital política de Galicia, radicando polo tanto nesta cidade o goberno autonómico da Xunta de Galicia. Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal amais do destino das diferentes rutas que conforman o camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, dis-tinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso, ao sur, con Teo, Vedra e Boqueixón, ao leste, co Pino e Touro e ao oeste, con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela.

Page 3: Santiago de Compostela | Unha cidade con Historia

A Berengela, a torre máis fermosa

A Torre do Reloxo, tamén cha-mada da Trindade ou, non con toda xustiza, a Berenguela, atópase na intersección da praza das Pra-terías e a praza da Quintana. Tra-dicionalmente considérase que se iniciou a súa construción en 1316, a instancias do arcebispo Rodrigo de Padrón, como torre de defensa e trala súa defunción continuou coa obra o seu sucesor, o arcebispo Berenguel de Landoria, aínda que algúns autores sosteñen que eses datos poden non ser correctos.

Cando foi nomeado mestre maior da catedral, Domingo de Andrade proseguiu a súa constru-ción e entre 1676 e 1680 elevouna dúas plantas máis e coa utilización de diversas estruturas conseguiu un conxunto harmonioso e orna-mental cun coroamento en forma piramidal e unha lanterna como remate final (en cuxo interior per-manecen acesas, permanentemen-te, catro lámpadas de incandescen-cia). Elévase ata os setenta e cinco metros de altura.

En 1833 colocouse un reloxo de catro esferas (unha por cada cara da torre), realizado por Andrés Antelo e que fora un encargo do arcebispo Rafael de Vélez. Como parte do seu mecanismo conta con dúas campás, a das horas, chamada Berenguela, e outra máis pequena que marca os cuartos, as dúas fun-didas en 1729 por Güemes Sampe-dro; a Berenguela ten un diámetro de 255 cm e unha altura de 215 cm, cun peso aproximado de 9.600 quilos, e a dos cuartos pesa 1.839

quilos cun diámetro de 147 cm e unha altura de 150 cm. Ambas campás sufriron un agretamento que obrigou a súa substitución; as réplicas actuais fundíronse en As-ten (Países Baixos) pola casa Eijs-bouts en 1989 e foron colocadas na catedral en febreiro de 1990.

Berenguel de Landoria

Segundo fillo dos condes de Ro-dez, criouse nunha das cortes máis importantes da época, que cultiva-ba con gran éxito a poesía trobado-resca e demais artes. Ao imporse o morgado, viuse obrigado a pórse ao servizo da igrexa. Berenguel ascendeu rápido polas entrañas da igrexa ata facerse íntimo amigo de Xoán XXII.

O 15 de xullo de 1317 foi no-meado arcebispo de de Santiago de Compostela, aos 55 anos. Once meses despois emprendeu o cami-ño cara a Santiago para facerse car-go do seu posto. Tratou de entrar na burgo, catro veces das cales tres foron emboscadas. Este planeou as tácticas de ataque no seu castelo da localidade coruñesa de Padrón e Noia aliándose con outros nobres. Até 1322, non puido tomar pose-sión do cargo, pois existía un rival galego. Residiu algún tempo en Noia, onde celebrou un sínodo. O seu triunfo foi cruento. Iniciou im-portantes traballos na Catedral de Santiago de Compostela, e trouxo varias reliquias.Dedicóuselle unha torre da catedral compostelá, a Be-renguela, utilizada primeiro como torre vixía e despois como campa-nario.

Page 4: Santiago de Compostela | Unha cidade con Historia

O Parador de Santiago, tamén coñecido como Hotel dos Reis Ca-tólicos e Hostal dos Reis Católicos e, hoxe, como Parador Museo San-tiago, é un hotel pertencente á rede de Paradores Nacionais de Turis-mo do Reino de España, alberga-do nun edificio de estilo plateresco construído por orde dos Reis Ca-tólicos para dar acubillo a aqueles que requirían auxilio médico ao fi-nalizar o Camiño, e deseñado polo arquitecto real Henrique Egas.

Está situado na Praza do Obra-doiro de Santiago de Compostela. É o lateral curto, o do lado norte, do paralelogramo que constitúe a praza, formado pola Catedral, o Colexio de San Xerome, o Pazo de Raxoi e el mesmo.

Tras unha visita realizada a San-tiago polos Reis Católicos no ano 1486, decidiron erixir un Gran Hospital Real na cidade do apósto-lo, para atender aos peregrinos que na época percorrían o Camiño de Santiago. A raíz da conquista do Reino de Granada en 1492, e dos ingresos obtidos pola vitoria, no ano 1499 doaron un terzo das ren-

das do Voto de Santiago para levar a cabo a empresa.

O arquitecto real, Henrique Egas, foi o encargado de realizar a traza e dirixir a construción do hospital, que se realizou entre os anos 1501 e 1511, salvo a fachada, que é lixeiramente posterior e que se reformou no século XVII. Cén-traa unha portada renacentista, contratada polos mestres france-ses Martín de Blas e Guillén Colás en decembro de 1519. Anos des-pois, como protección da fachada, o concello cedeu un terreo que se delimitou por grosas cadeas en-garzadas en piares renacentistas.

Trátase dun edificio excepcio-nal, moi diferente aos grandes hos-pitais de planta rectangular, usuais na Idade Media (a pesar de que a Egas se lle recomendara que tivera en conta o Hospital Real de Bur-gos, pero aínda estaba lonxe dos proxectos de influencia italiana de planta en forma de cruz grega.

Os dous claustros iniciais foron modificados en estilo renacentista por Rodigo Gil de Hontañón. En

1678 Frei Tomás Alonso, o mesmo que consistiu as balconadas barro-cas que que sustentan o coro de San Martiño Pinario, a causa dun posíbel derrubamento, reforma a fachada renacentista introducin-do unha gran balconada apoiada sobre grandes ménsulas profusa-mente adornadas coa característi-ca exuberante decoración vexetal, e tres novas ventás.

O espazo da horta posterior ocúpase, no século XVIII, con dous novos patios, configurando así a actual cruz grega con catro patios.

O edificio utilizouse como hos-pital até mediados do século XX. O ano 1953, o Instituto Nacional de Previsión, dependente do Ministe-rio de Traballo, constrúe un novo edificio na rúa Galeras, a onde o Hospital se traslada ese mesmo ano, abandonando o antigo edifi-cio, que se transformou no Hostal dos Reis Católicos, despois deno-minado Hotel dos Reis Católicos, integrado na rede de Paradores de Turismo, e denominado na actua-lidade Parador Museo Santiago.

As cadeas do tempo.

Page 5: Santiago de Compostela | Unha cidade con Historia

La peregrinación de Francisco de Asís a Santiago se sitúa en el marco de la recon-quista cristiana de la península ibérica y de su afán por anunciar el evangelio a los musulmanes, con la palabra y sin la vio-

lencia de los Cruzados. Los reyes de España pidieron al Papa Inocencio III su bendición para una Cruzada contra El-Mumenin, ‘Miramamolín’, emir de los al-mohades, con capital en Sevilla. En 1212 Ximénez de Rada fue a Roma a pedir al Papa la aprobación de una Cruzada en Occidente contra los almohades, que él mismo predicó en toda Europa como gran amenaza para la Cristiandad. En Pentecostés de 1212 Inocencio III impuso en Roma un ayuno de tres días por la vic-toria de los cristianos en España. Pocos meses antes Francisco de Asís vio frustrado su intento de embar-car hacia Siria; y enseguida le surge otra oportunidad de ‘luchar’ contra los musulmanes. Aunque no será hasta su tercer intento, en 1219, cuando por fin con-siguió anunciar su PAZ al Sultán de Egipto Melek el Kamel, nieto de Saladino, durante la Quinta Cruzada.

Los lugares que guardan tradición de su presencia en España marcan un itinerario que bien podría diri-girse hacia Sevilla hasta que en algún lugar Francisco comprendió la imposibilidad de su proyecto y desde Ciudad Rodrigo se encaminaría hacia Compostela bien por devoción a Santiago, -como afirman los do-cumentos del siglo XIV-, bien por tomar el camino de regreso más conocido de la Cristiandad.

En cambio, la tradición llegada a nosotros, y la es-crita a partir del siglo XIV, dice que Francisco de Asís, en su intención de llegar a tierra de musulmanes, tomó el Camino de Santiago por ser la vía que todos los europeos tomaban.

Dos hechos que sitúan a Francisco de Asís en Italia enmarcan el plazo de tiempo en el que pudo realizar su peregrinación: La Pascua de 1213 cuando recibe la donación del Monte Alvernia, y Noviembre de 1215 cuando asiste al IV Concilio de Letrán. Aún con esta amplitud de tiempo sería muy difícil aceptar todo el recorrido fundacional o misionero que marcaría el conjunto de todas las tradiciones locales existentes. Proyecto franciscano

Lo que no admite duda es que la Peregrinación Ja-cobea fue un proyecto de la primera generación fran-ciscana en su programa de expansión y en la necesi-dad que la Iglesia tenía de hombres fieles y santos para combatir las herejías. Una primera expedición fue en 1217 al mando de Bernardo de Quintavalle. Y en 1219 Juan Parente encabeza un envío de 100 frailes, por en-cargo del Capítulo General. De esta misión saldrían la mayoría de las fundaciones que hoy en día se dicen fundadas por Francisco de Asís en 1214, cuando aún se resistía a que sus frailes se establecieran en conven-tos y abandonasen la vida itinerante.

Piedras del s. XIII que hablan de Francisco de Asís

Francisco de Asís entraría en España por el camino aragonés según la tradición de que durmió en Undués de Lerda y de allí pasó a Sangüesa La tradición local de Sangüesa la Vieja cuenta que San Francisco llegó a la capilla de San Bartolomé donde puso paz entre los vecinos. Y en ella fundaría el primer convento fran-ciscano en España. Rocaforte sería, según Gonzaga, el lugar en el que Francisco, camino de Santiago, pidió a Bernardo de Quintavalle que se quedara cuidando un enfermo. Olite La iglesia de Santa María la Real de Olite datada en el s.XIII cuenta en su fachada gó-tico-románica con cuatro capiteles historiados. Una de las escenas presenta a tres franciscanos, uno de los cuales sostiene una filacteria con este texto: ‘Francis-cus Penitens’. No necesariamente están diciendo que Francisco pasó por aquí; podría tratarse de una ad-miración personal del cantero a un Francisco de Asís que conoció o del que tuvo orden de esculpir.

Cañas Las monjas cistercienses de Cañas guarda-ban dos tradiciones orales: memoria del lugar don-de se hallaba el sepulcro de la abadesa Urraca López de Haro, muerta en olor de santidad en 1262 con 92 años. Y la amistad entre dicha abadesa y San Francis-co de Asís, peregrino a Santiago, que aquí se hospedó. En 1898 excavaron y encontraron el sepulcro según la tradición. En el sepulcro de piedra se hallan tallados los asistentes a su entierro, entre los cuales dos fran-ciscanos que, según la tradición conservada en la me-moria, San Francisco había dejado el encargo a quie-nes con él peregrinaron, de que asistieran al entierro de esta mujer en atención a su amistad.

SANTIAGO DE COMPOSTELA Los datos sobre la presencia de San Francisco en Santiago darían para muchas páginas. El monasterio benedictino entregó a Francisco un solar, en el lugar de Valdedeus, para el asentamiento de su convento. A cambio Francisco se compromete a que sus hermanos paguen una cesta de peces cada año en concepto de renta, tradición que se mantuvo hasta el s. XIX. Y la tradición más fuerte es la del carbonero Cotolay, que vivía en el Monte Pedroso, junto a la ermita de San Paio. Cotolay habría acogido a Francisco y ayudado a construir el convento. Está muy documentada la presencia en Compostela de la familia de D. Pedro Cotolaya, cuya estirpe no sería de humildes carboneros sino de hombres acaudalados, y ennoblecidos. Cotolay, por tanto, pudo haber sido un burgués compostelano que ofreció ayuda a los pri-meros frailes menores y al mismo Francisco. En la er-mita de San Paio se conservó hasta hace un siglo una imagen de San Francisco, datada en el siglo XIII que habría sido una imagen del hombre que conocieron en este lugar.

Pie de la estatua de San Francisco de Asís, al lado del convento de la orden francisca-na con dicho no,bre, en Santiago de Com-postela.

El camino de un Santo

Page 6: Santiago de Compostela | Unha cidade con Historia

No territorio que actual-mente ocupa a catedral de Santiago existía un poboado romano que

se tende a identificar coa mansión romana de Aseconia (esta man-sión existiu entre a segunda me-tade do século I e o século V). O poboado desapareceu pero perma-neceu unha necrópole que tivo uso quizais ata o século VII.

O nacemento de Santiago, como se sabe agora, está ligado á presumi-ble descuberta dos restos do Após-tolo Santiago entre o 820 e o 835. O seu desenvolvemento débese á elevación ao rango relixioso dos restos, á Universidade e, na actua-lidade, á capitalidade de Galicia.Na Concordia de Antealtares apa-rece por primeira vez (1077) a tradición medieval segundo a cal o eremita Paio, alertado por luces nocturnas que se producían no bosque de Libredón, avisou ao bis-po de Iria Flavia, Teodomiro, quen descubriu os restos de Santiago o Maior e de dous dos seus discípu-los, no lugar no que posteriormen-te se levantaría Compostela, topó-nimo que podería vir de Campus Stellae, isto é “campo de estrelas”; ou máis probabelmente de Com-posita Tella, “terras ben axeitadas”, eufemismo por cemiterio; ou mes-mo de “[Ja]Com[e A]postol[u]”. O nome tamén se ten relacionado co hipocorístico Compostela, corres-pondente ao antropónimo Com-posta. A descuberta propiciou que Afonso II, necesitado de cohesión interna e apoio externo para o seu reino, fixera unha peregrinación ao lugar. A nova que dela fixo, tanto no seu reino como fóra del, axudou a que Compostela apare-cese como un novo lugar de pe-regrinación da cristiandade, nun momento no que a importancia de Roma decaera e Xerusalén non era accesible por estar en poder dos musulmáns.

Pouco a pouco foise desenvolven-do a cidade. Primeiro estableceu-se unha comunidade eclesiástica permanente a carón dos restos atopados, formada polo bispo de Iria e os monxes de Antealtares. Espontaneamente asentouse unha poboación heteroxénea, a maioría procedente das aldeas próximas, que foi aumentando ao tempo que crecía por todo o occidente penin-sular a peregrinación a Composte-la, reforzada polo privilexio con-cedido por Ordoño II no ano 915 polo que se establecía que calquera que permanecera corenta días sen ser reclamado como servo, pasaba a ser considerado como un home libre con dereito a residir en Com-postela.

Lugar de coroación de monarcas do Reino de Galicia e do Reino de León, a cidade foi destruída por Almanzor o 10 de agosto do ano 997 quen tan só respectou o sarte-go do apóstolo. Tras a volta dos ha-bitantes comezou a reconstrución. A mediados do século XI o bispo Cresconio dotou á cidade dun cin-to de foxos e dunha muralla como medida defensiva. No ano 1075 o bispo Diego Páez deu comezo á construción da catedral románica.

O incremento da peregrinación fai de Compostela un importan-te lugar de referencia relixiosa en Europa, aumentando tamén a súa importancia política. Durante o pontificado do Arcebispo Diego Xelmírez, en 1120, a igrexa com-postelá viuse recompensada coa concesión da categoría de me-tropolitana. Tamén en tempos de Xelmírez tiveron gran repercusión na cidade unha serie de revoltas urbanas, en 1116 e 1136. Entre os séculos XII e XIII foise artellando a rede de rúas dentro do recinto amurallado.

Page 7: Santiago de Compostela | Unha cidade con Historia