Recursos para a lingua -...
17
Recursos para a lingua normalización_lingüística_cerceda Recursos para a lingua Recursos para a lingua, por que? O traballo nun servizo de normalización adoita ter moitas frontes abertas: respondemos consultas puntuais a respecto de termos concretos, corrixirmos un documento cuxa saída ten de ser inmediata, atendermos ao publico sobre un curso que se está a impartir ou concretarmos os últimos detalles do acto que estamos organizar. Algunhas veces, o traballo é repetitivo e adoito corriximos un texto dunha mesma persoa que ten os mesmos erros e, outras, escoitamos a mesma pregunta: “Onde podo encontrar un dicionario de...?” ou “Cal era a páxina esa do tradutor?”. Evitarmos estas situacións debe ser un dos obxectivos do noso traballo e para iso nace estes Recursos para a lingua: un xeito doado e atractivo para que as persoas usuarias do noso servizo teñan unha compilación de recursos e de ligazóns a que poder acceder dende o seu posto de traballo. Procuramos, por tanto, a autonomía das persoas no canto de dependeren dunha chamada telefónica que non se contesta, dunha nota que non atopan ou dunha páxina web que esqueceron grabar nos marcadores ou no seu Delicious persoal. Mais xa hai outros, non si? Os Recursos para a lingua non é nada novo: a Universidade da Coruña publicou o seu UDC | con lingua de noso!, a Deputación da Coruña os ses Recursos para o galego e o Concello de Santiago de Compostela unha memoria externa baixo o 1
Transcript of Recursos para a lingua -...
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Recursos para a
lingua
Recursos para a lingua, por que?
O traballo nun servizo de normalización adoita ter moitas frontes abertas:
respondemos consultas puntuais a respecto de termos concretos, corrixirmos un
documento cuxa saída ten de ser inmediata, atendermos ao publico sobre un
curso que se está a impartir ou concretarmos os últimos detalles do acto que
estamos organizar. Algunhas veces, o traballo é repetitivo e adoito corriximos un
texto dunha mesma persoa que ten os mesmos erros e, outras, escoitamos a
mesma pregunta: “Onde podo encontrar un dicionario de...?” ou “Cal era a páxina
esa do tradutor?”.
Evitarmos estas situacións debe ser un dos obxectivos do noso traballo e para iso
nace estes Recursos para a lingua: un xeito doado e atractivo para que as persoas
usuarias do noso servizo teñan unha compilación de recursos e de ligazóns a que
poder acceder dende o seu posto de traballo. Procuramos, por tanto, a autonomía
das persoas no canto de dependeren dunha chamada telefónica que non se
contesta, dunha nota que non atopan ou dunha páxina web que esqueceron
grabar nos marcadores ou no seu Delicious persoal.
Mais xa hai outros, non si?
Os Recursos para a lingua non é nada novo: a Universidade da Coruña publicou o
seu UDC | con lingua de noso!, a Deputación da Coruña os ses Recursos para o
galego e o Concello de Santiago de Compostela unha memoria externa baixo o
1
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
nome de Saborea o galego, estes dous últimos con páxina web que apoian a
campaña.
Daquela, por que estes recursos? Agás o cedé da Universidade da Coruña,
publicado segundo os termos dunha licenza libre, os outros materiais non permiten
unha distribución ou copia para o difundirmos entre o persoal dos nosos concellos.
E, aínda de o facermos (e expórmonos a unha sanción) a realidade cotiá do
traballo suxírenos que o persoal a que atendemos prestan moita máis atención e
dan máis valor a algo feito dende o seu círculo. Daquela, lanzámonos a aventura
de achegar un outro recurso non só para os traballadores do Concello de Cerceda,
senón para todas aquelas persoas que o queiran difundir no seu traballo, familia e
amizades.
Para isto, os Recursos para a lingua están publicados segundo os termos da
Licenza Creative Commons segundo a cal, todas as persoas poden distribuílo,
copialo e modificalo sempre e cando respectaren os termos desta licenza. Ao
longo das páxinas seguintes, imos ofrecer algunhas chaves para que o poidas
facer, mesmo sen uns coñecementos avanzados de informática.
Onde descargalo?
O proxecto Recursos para a lingua está albergado na Forxa de Mancomún.org
(http://arquivo.mancomun.org/proxectos/recursoslingua) , un espazo web que
serve para que persoas que están a desenvolver programas en software libre
dende Galiza poidan ter un lugar onde gardar os seus proxectos, colaborar con
outras e interactuar coa comunidade de desenvolvedores do país.
Na páxina do proxecto Recursos para a lingua podes descargar dous paquetes
diferentes: un ficheiro .ISO que é unha o formato de ficheiro para facer unha imaxe
dun cedé, para o grabares ou instalares. Un segundo ficheiro comprimido en .ZIP.
Se queres colaborar connosco coas túas achegas ou modificalo, é este o ficheiro
que tes que descargar.
Metendo as mans. Primeiro paso
Os Recursos para a lingua é un contido interactivo escrito en linguaxe html. Para o
poderes modificar, sería óptimo ter algúns coñecementos nesta linguaxe en que
están escritas algunhas páxinas web. Con todo, intentaremos dar aquí algunhas
indicacións para que poidas modificar o recurso ou para que se adapte á imaxe do
teu servizo ou traballo.
2
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Despois de descomprimir o arquivo zip e abrir a carpeta resultante, verás unha
relación de ficheiros e cartafoles. Máis adiante trataremos sobre o contido de cada
un máis polo miúdo. Agora só tes que premer dúas veces sobre o ficheiro
chamado inicio.html: aparecerá, no navegador que teñas configurado como
predefinido (Opera, Firefox, Chrome ou Internet Explorer por citarmos os máis
usados) unha imaxe como esta:
Esta imaxe, que constitúe a páxina de inicio do recurso, está formada por tres
partes principais: unha cabeceira, un menú e o contido principal de cada sección,
como podes ver no esquema:
3
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Os Recursos para a lingua está pensado para se distribuír entre o persoal do
Concello de Cerceda e, por tanto, está realizado polo servizo de normalización
deste concello. De aí a imaxe que aparece na cabeceira. Nas liñas seguintes
explicarémosche como mudar esta imaxe por algunha que identifique o teu servizo
ou o teu lugar de traballo.
Metendo as mans. Mudar a imaxe de cabeceira
É interesante ofrecermos unha imaxe visual e atractiva ao persoal para o que
traballamos e, sobre todo, que identifiquen con clareza o noso servizo. Así,
empregarmos unha imaxe institucionalizada ou do noso servizo pode ser de
grande utilidade para “vender” mellor o noso produto.
Para adaptares o recurso para o teu traballo precisas facer tres cousas. En
primeiro lugar, debes ter unha imaxe de 950 píxeles de largura por 152 de altura,
que son as dimensións da imaxe do recurso. Preferibelmente, o formato da imaxe
ten que ser PNG, aínda que tamén podes empregar outros formatos, como JPEG
ou GIF. A imaxe pode ser calquera, mais ten coidado en gardar o esquema de
cores do recurso (azuis, brancos, laranxas...). Como imaxe propomos adaptar o
noso recurso ao Concello de Ningures:
4
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Podes empregar o programa GIMP (dispoñíbel en http://www.gimp.org), un
programa para tratar con imaxes e que está integramente traducido ao galego.
Despois de termos esa imaxe (ollo, ten que ter esas dimensións de 950 x 152 de
altura), continuamos co segundo paso. Anteriormente salientamos que os
Recursos para a lingua está composto por diferentes cartafoles e ficheiros. Un dos
cartafoles é Imaxes , onde están almacenadas todas as imaxes que forman o
recurso, entre elas a de cabeceira. Ao abrires este cartafol verás diferentes
ficheiros en formato PNG ou GIF. Entre eles está o ficheiro faixa2.png que se
corresponde coa imaxe seguinte:
É nese cartafol, Imaxes, onde deberás gardar o ficheiro que acabas de crear para
personalizar os recursos. Debes poñerlle un nome doado, como faixa3.png ou
faixa2.png para así substituír o ficheiro existente.
5
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
O último paso é algo máis complicado de partida se decidiches por un nome como
faixa3.png e conservar os ficheiros anteriores. Da listaxe de ficheiros que
compoñen os recursos, tes que localizar o ficheiro cabeceira.css. Non é este o
lugar para tratarmos que é un ficheiro CSS. Só precisas saber que o podes e
debes abrir co programa Bloc de notas do Windows ou outros semellantes, como
o Notepad++ (dispoñíbel nesta ligazón e tamén integramente en galego).
Para abrir este ficheiro sen usar un navegador web, debes premer co botón
dereito do rato sobre el e elixir a opción Abrir con. Entre as diferentes opcións
que se poden presentar, elixes Bloc de notas, Notepadd++ ou o editor con que
máis frecuencia traballes (FrontPage, Macromedia...).
Ao abrires o documento CSS cun destes editores accederás á folla de estilo dos
Recursos para a lingua e verás algo semellante a isto:
De todo este código debes obviar practicamente todo agás a súa primeira parte,
que a precisamos para mudar a imaxe de cabaceira:
6
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Para o facermos só terás que mudar polo título da nova imaxe creada a parte que
está entre parágrafos, isto é url(imaxes/faixa2.png). Así, se, por exemplo,
a nova imaxe ten por nome faixa3.png, esta parte do código debería ir como
segue url(imaxes/faixa3.png) e, por tanto, ficaría como segue:
body { background: #FFFFFF url(imaxes/faixa3.png)
no-repeat; font-family: "Trebuchet MS", Arial,
Helvetica, sans-serif; font-size: 13px; color: #ffffff; text-align: justify;
Despois de faceres este sinxelo cambio, daslle a gardar as modificacións. Agora,
ao abrires o ficheiro inicio.html con calquera navegador (premer co botón dereito
do rato, abrir con e elixir o navegador -Firefox, Opera, Internet Explorer...), verás
como xa se mudou a imaxe de cabeceira.
7
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Metendo as máns 2. Mudar a páxina de ligazóns
Se xa lle botaches un ollo aos Recursos para a lingua, verías que está formado
por diferentes seccións en que se presentan ligazóns a documentos, dicionarios,
manuais, correctores... Unha destas seccións é a de ligazóns, que ten un aspecto
semellante ao seguinte:
Como ves, presentamos unha serie de ligazóns que pode resultar de interese para
o persoal a que atendemos, como a páxina do Concello de Cerceda ou o blogue
do SNL. De adaptares o cedé ao lugar en que traballas, sería conveniente
substituíres estas dúas ligazóns. Imos, por tanto, dicirche como o faceres.
Para iso precisamos, como anteriormente, un editor como o Bloc de notas ou o
Notepad++. Desta vez temos que procurar o ficheiro ligazons.html, premer co
botón dereito do rató enriba de el e elixir Abrir con. De seguirmos os pasos
anteriores, veremos na nosa pantalla algo semellante a isto:
8
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
De todo o código html que temos no editor, só deberemos centrarnos na parte
seguinte:
En principio semella algo máis complicado que a parte anterior mais veremos que
mudar unha ligazón é un paso bastante doado. Cada ligazón está composta, nesta
sección, en código html das partes seguintes:
, que se corresponde co etiqueta html que abre un elemento de lista,
• , a etiqueta que pecha a ligazóns.html•
, a etiqueta que pecha o elemento de
lista
Así, a ligazón á páxina web do Concello de Cerceda ten a estrutura seguinte
Concello de Cerceda
Se queremos escribir unha ligazón que nos leve á páxina web do Concello de
Ningures, que é o lugar onde hipoteticamente traballamos, no canto da ligazón ao
Concello de Cerceda, temos que modificar as partes que aparecen en amarelo:
Concello de Cerceda
E, por tanto, poríamos o seguinte:
Concello de Ningures
Se facemos isto, gardamos os cambios, abrimos o ficheiro incio.html e imos á
páxina Ligazóns, veriamos xa os nosos cambios, como segue:
10
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Agora tamén modificariamos as ligazóns ao Servizo de Normalización do Concello
de Cerceda, á Toponimia Oficial do Concello de Cerceda e á Unidade Técnica de
Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, polas súas correspondentes
do Concello de Ningures, por continuarmos co exemplo anterior, do xeito seguinte:
Servizo de Normalización do Concello de Ningures
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda
Servizo de Normalización do Concello de Ningures
Toponimia oficial do Concello de Ningures
Toponímia oficial do Concello de Cerceda
Toponímia oficial do Concello de Ningures
11
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación de Ningures
Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación de Ningures
A nosa páxina de ligazóns ficaría como segue:
Por último, ao mellor ves a páxina de ligazóns algo reducida e queres meter máis
ligazóns que che poidan semellar interesantes. Para iso terás que engadir as liñas
que precises, mais sempre coa estrutura anterior:
A páxina que queiras
Podes inserir as ligazóns que desexes, mais sempre antes da etiqueta
, que
é a que pecha a relación. O resto de código non nos interesa para conseguirmos o
noso obxectivo.
12
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Metendo as mans 3. Mudar o menú lateral e a páxina de contacto
A estas alturas xa percibirías que no menú lateral hai unha ligazón a unha páxina
en que se describe como contactar co SNL do Concello de Cerceda.
Se até agora seguiches os pasos anteriores, talvez desexes mudar este menú e
esta páxina para o adaptares ao teu concello ou lugar de traballo. Poñámonos
mans á obra.
En primeiro lugar, temos que abrir o ficheiro index.html como fixemos para os
casos anteriores, cun bloc de notas. Despois de o abrirmos, accederemos ao
código do noso menú lateral:
13
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
De todo este código só nos interesa, para o noso fin, a seguinte parte:
Como ves, ten unha estrutura semellante á anterior, a das ligazóns. Deste xeito,
para adaptares ao teu lugar de traballo só tes que mudar a parte de código
marcada en amarelo:
SNL do Concello de Cerceda
e adaptala ao teu lugar de traballo:
SNL do Concello de Ningures
14
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Non precisamos mudar o enderezo da ligazón, “normalizacion.html”, pois é este o
ficheiro que teremos que modificar agora. Despois de gardarmos os datos, e abrir
a páxina inicio.html co navegador xa veremos as nosas mudanzas:
Agora é cando debemos adaptar a páxina normalizacion.html para que os datos
que nela figuran sexan os do noso servizo ou unidade de traballo. Isto é, o texto
que queremos que figure sexa este:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de NinguresO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ningures está ao teu dispor para calquera cuestión que nos queiras formular. As formas en que podes contactar connosco son as seguintes:Correo electrónico: [email protected]áxina web: http://www.snlningures.galLocalización: avenida do Descoñecido, 1. 00000 Ningures, Ningures.Teléfono: 000 000 000
Para o facermos, só temos que abrir co Bloc de notas (ou o noso editor) o ficheiro
normalizacion.html. De todo o código da páxina, para o noso labor só temos que
reparar na parte seguinte:
15
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
E modificar a parte que aparece marcada en amarelo polas que antes
mencionamos
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda
O Servizo de Normalización do
Concello de Cerceda está ao teu dispor para calquera cuestión que nos queiras formular. As formas en que podes contactar connosco son as seguintes:
Correo electrónico: [email protected]
Páxina web:http://normalizacioncerceda.blogaliza.org
Localización: avenida do Mesón 21, 15185 Cerceda, A Coruña
Teléfono: 981 685 001
Despois de o facermos, a nosa páxina xa quedará lista:
16
Recursos para a linguanormalización_lingüística_cerceda
Despois de gardarmos os cambios, xa temos a nosa páxina adaptada:
17