A miña planta de laranxa lima

19
editorial presenta

Transcript of A miña planta de laranxa lima

Page 1: A miña planta de laranxa lima

a editorial

presenta

Page 2: A miña planta de laranxa lima
Page 3: A miña planta de laranxa lima

[…]-Tiííño…-¿Que, meu fillo?Empuxou os anteollos cara á punta do nariz. Como fai toda a xente vella.-¿Cando aprendiches a ler?-Máis ou menos ós seis ou sete anos.¿E alguén pode ler ós cinco anos?-Poder pode. Pero a ninguén lle gusta facer iso cando aínda é moi pequeño -¿Como aprendiches a ler?- -Como todo o mundo, na cartilla. Dicindo “B” máis “A”:“BA” -¿Todos teñen que facelo así?- - - Que eu saiba, si. - ¿Pero todos, todos? […]

O DESCUBRIDOR DAS COUSAS

Page 4: A miña planta de laranxa lima

[…]-Zezé, ¿vasme levar ó Xardín Zoolóxico? Hoxe non ameaza choiva. ¿non é certo?Era gracioso oír cómo pronunciaba todo sen equivocarse.Aquel neniño ía ser alguén, chegaría lonxe.[…]

O XARDÍN ZOOLÓXICO

Page 5: A miña planta de laranxa lima

UNHA CERTA PLANTA DE LARANXA LIMA […] -¿Pero ti falas de verdade? -¿Non me estás escoitando? E riu baixiño Casi saín berrando pola horta. Pero suxeitábame a curiosidade. -¿Por onde falas? -As árbores falan por todas partes. Polas

follas, polas pólas, polas raíces. ¿Queres Ver? apoia o teu oído aquí no meu tronco e vas escoitar os latexos do meu corazón. Quedei medio indeciso, pero vendo o seu

tamaño perdín o medo. Apoiei a orella e sentín unha cousa afastada que facía tic…tac…tic…tac… -¿Viches? -Pero dime ¿todos saben que falas? -Non. Só ti. -¿De verdade? -Podo xuralo. Unha fada díxome que cando un neno igual a ti se fixese amigo meu, eu podería falar e ser moi feliz. […]

Page 6: A miña planta de laranxa lima

[…]Collín o caixón, coloqueino no ombro e fun andando a modiño. Ese día non tiña forzas nin para ter rabia.[…]

OS FRACOS DEDOS DA POBREZA

Page 7: A miña planta de laranxa lima

[…]Sentei e deitei a cabeza no seu tronco.-¿Que é o que imos esperar Zezé?-Que pase unha nube ben bonitapolo ceo.-¿Para que?-Vou soltar o meu paxariño. Si, Vouno soltar; xa non o preciso.Quedamos ollando o ceo.-¿É esa Minguiño?A nube viña caminando a modiño,ben grande, como se fose unha folla branca toda recortada.…Voa, voa meu paxariño. Ben alto.Sube ata pousarte no dedo de Deus. El levarate ata outro neno evas cantarlle bonito, como sempre cantaches para min. ¡Adeus, meu paxariño lindo![…]

O PAXARIÑO, A ESCOLA E A FLOR

Page 8: A miña planta de laranxa lima

[…]Paraba e anunciaba:-Folletos de todos os prezos, desde centavosata catrocentos reis ¡Sesenta cancións novas! Os últimos tangos.[…]

NUNHA CELA HEI DE VERTE MORRER

Page 9: A miña planta de laranxa lima

[…]-¡Agora ou nunca, Minguiño!Dun salto xa estaba pegado á roda, con todas as forzas que me dera o medo. Sabía que ata a Escola a distancia era enorme. Xa comenzaba a saborear a miña vitoria ante os ollos do meu compañeiro…[…]

O MORCEGO

Page 10: A miña planta de laranxa lima

[…]-Polo visto mancácheste moito ¿non?, ¿Que foi?Funguei un pouco antes de responder.-Un anaco de vidrio.[…]

A CONQUISTA

Page 11: A miña planta de laranxa lima

[…]-Totoca, se fago soíño un globo, ¿ti fasme a abertura?-Depende.Xa estaba el querendo facer negocios. Meter man nas miñas bólas ou na colección decromos de artista de cine que “ninguén comprendía como aumentaba tanto”.[…]

CONVERSAS DE AQUÍ E DE ALÁ

Page 12: A miña planta de laranxa lima

[…]Entón, tolo de furia, ergueuse do mexedor. Desabotoou o cinto, aquel cinto que tiña dúas fibelas de metal, e comezou a insultarme apopléctico.[…]O cinto asubiaba terrible sobre min. Parecía ter mil dedos que me acertaban en calquera parte do corpo. Estaba seguro de que me ía matar. Aínda puiden oír a voz de Gloria que entraba para salvarme. […]

DÚAS TUNDAS MEMORABLES

Page 13: A miña planta de laranxa lima

[…]Gloria preguntaba polo meu mundo de fantasías.-Non están. Marcharon lonxe…[…]

SUAVE E ESTRAÑO PEDIDO

Page 14: A miña planta de laranxa lima

[…]-¡Que bonito! ¡Que sitio máis bonito! Cando atope a Buck Jones voulle dicir que as campiñas e chairas súas non lle chegan ós pés ás nosas.Acariñoume a cabeza.-Así te quero ver sempre. Vivindo bos soños e non con argalladas na cabeza.Baixamos do coche e axudeino a descargar as cousas ata a sombra das árbores.[…]

DE ANACOS E ANACOS FAISE A TERNURA

Page 15: A miña planta de laranxa lima

[…] Falaban do Mangaratiba.-¿Colleu algún coche?-Un cochazo. Aquel famoso do señor Manuel Valadares.Vireime aparvado[…]

O MANGARATIBA

Page 16: A miña planta de laranxa lima

[…]-Zezé…-Hum…-¿Onde está a pantera negra?Era difícil recomezar todo sen crer nas cousas. Tiña desexos de contarlle o que en realidade existía. “Parviño, nunca existiu a pantera negra. Apenas era unha galiña negra e vella, que eu comín nun caldo”.-Só quedaron as dúas leonas, Luís. A pantera negra foi pasar as vacacións á selva do Amazonas.

SON TANTAS AS VELLAS ÁRBORES

Page 17: A miña planta de laranxa lima

A CONFESIÓN FINAL

[…] Fuches ti quen me ensinou a tenrura da vida,meu Portuga querido.

Hoxe son eu quen intento distribuír as bólas e os cromos,porque a vida sen tenrura, non vale gran cousa. Ás veces son feliz na miña tenrura, outras veces engánome,o que é máis frecuente. […]

[…] A verdade, meu querido Portuga, é que a min contáronmeas cousas moi cedo.

¡Adeus!

Page 18: A miña planta de laranxa lima
Page 19: A miña planta de laranxa lima