17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

24
VERÍN Páx.5 ALLARIZ Páx.11 XINZO Páx.8 Número: 5 - Ano: IX - Setembro 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.20 PROVINCIA Páx.16 O triatlón de Allariz coroa a César Montes e Mar Villar O Rei Felipe VI charla cos alumnos de catro anos do CEIP Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar./RAMSÉS. A choiva marca a 12ª feira de artesanía “Arte de man” A Denominación de Orixe Monterrei empeza a vendimar 13 obradoiros de emprego formarán 339 desempregados O MAGRAMA executará as obras de mellora da depuradora [páx. 14] Entrevista ao presidente da Mancomunidade Terras de Celanova [páx. 2-4] Os Reis inauguran o curso en Ourense

description

A visita dos Reis a Ourense para inaugurar o curso escolar, tema de portada deste número de setembro de Barrios.

Transcript of 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

Page 1: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

VERÍN Páx.5 ALLARIZ Páx.11XINZO Páx.8

Número: 5 - Ano: IX - Setembro 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.20PROVINCIA Páx.16

O triatlón de Allariz coroa a César Montes e Mar Villar

O Rei Felipe VI charla cos alumnos de catro anos do CEIP Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar./RAMSÉS.

A choiva marca a 12ª feira de artesanía “Arte de man”

A Denominación de Orixe Monterrei empeza a vendimar

13 obradoiros de emprego formarán 339 desempregados

O MAGRAMA executará as obras de mellora da depuradora

[páx. 14]

Entrevista ao presidente da

Mancomunidade Terras de Celanova

[páx. 2-4]

Os Reis inauguran o curso en

Ourense

Page 2: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

� BARRIOSSetembro de �014

TEMA DO MES

Redacción

O CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio será un dos 5� centros educativos de todo o Estado español que participen este curso nun proxecto de aplicación di-dáctica das tecnoloxías, o “Samsung Smart School”, ao abeiro dun convenio asinado entre esta com-pañía e o Ministerio de Cultura, Educación e De-porte.

O obxectivo do proxec-to é impulsar a aprendi-zaxe do alumnado a través das novas tecnoloxías, centrándose na ruptura da fenda dixital, nos casos de centros que se vexan afec-tados por circunstancias desfavorables como o fei-to de estar situado no rural, ter unha alta taxa de aban-dono educativo temperán ou contar cun entorno eco-nómico cunha alta ratio de desemprego. A iniciativa

A urbanización dos accesos ao novo colexio de Allariz rematarase ao longo deste mes4 As clases comezaron no novo edificio de Edu-cación Infantil do CEIP Padre Feijoo.

Obras de urbanización no contorno da ampliación do CEIP Padre Feijoo de Allariz./P.LODEIRO.

P. Lodeiro

O CEIP Padre Feijoo de Allariz comezou o novo curso escolar estreando o novo edificio que acolle ao alumnado de Educación In-fantil.

Con todo, os traballos de urbanización do vial que une os dous centros do-centes estenderanse aínda durante todo setembro. Se-gundo explicou o alcalde, Francisco García, “as obras marchan sobre o previsto”, e non se puideron execu-tar antes debido ás propias obras de ampliación do colexio, pois a uns días do comezo do curso aínda se estaban rematando as co-nexións de subministros, electricidade e gas.

A urbanización completa da zona leva consigo a li-mitación a sentido único do vial, con entrada no colexio e saída na rúa Fonte Nova, comunicando coa estra-da de Xunqueira. “Queda unha calzada de 4 metros, de sentido único, con beira-rrúas de 3,5 metros, pasos

elevados, mobiliario ur-bano, arbolado (tilos) e un manto vexetal no talud ao carón do pavillón”, enume-raba o rexedor alaricano.

Lévase a cabo, ademais, a instalación de pluviais, media e baixa tensión, e a pavimentación con adoquín no tramo que cruza os dous edificios escolares e que comunica co pavillón de deportes.

AparcamentoPor mor das obras, desde

o colexio informan que só os autobuses do transporte escolar poderán estacionar ao lado do novo edificio, quedando a explanada do pavillón reservada para os docentes.

Por iso, recomendan aos proxenitores que aparquen os seus vehículos parti-culares ben na estrada de Xunqueira ben na estrada da Acea para non obstacu-lizar a chegada e saída dos autobuses escolares, porque estes, unha vez deixan os alumnos de Infantil deben ir ao colexio antigo a deixar os de Primaria. O alcalde de Allariz indicou que, trala urbanización da rúa, “cara a Acearrica haberá posibili-dades de aparcamento”.

Esta división en centro de Infantil e centro de Prima-ria no Padre Feijoo tamén

obriga a un cambio no ho-rario escolar: os alumnos de 3 a 6 anos comezarán e rematarán as súas clases cinco minutos antes que os de Primaria.

Arranxos no antigo centro

A petición da dirección do colexio, o Concello de Allariz tamén realizou melloras no antigo centro, como a división de aulas ou o pintado. Todas es-tas obras fináncianse con cargo a unha partida orza-mentaria de 60.000 euros.

ValoraciónFrancisco García, alcal-

de de Allariz, valoraba “o gran esforzo” realizado nos últimos anos “para que Allariz tivera un ensino de calidade”, tanto en insta-lacións educativas e de-portivas, como en servizos complementarios, como a aula de espera (comezará a funcionar en outubro) ou o transporte escolar non obrigatorio. Nesta liña, o rexedor nacionalista in-dicaba que “temos aínda terreos nas inmediacións, miraremos a posibilidade de completar estas insta-lacións cun patio exterior que permita incrementar a zona de xogos do colexio de Infantil”.

desenvolverase nos cursos de 5º e 6º de Primaria du-rante o curso �014/�015 e ten previsto chegar a máis de 1.000 escolares e a uns �00 docentes.

A implantación do ‘Sam-sung Smart School’ no CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio suporá a insta-lación no centro de dúas aulas con cadansúa tableta por profesor. Ademais cada estudante terá a súa propia tableta, que terá instalado un software especial de xestión de aula e incorpo-rará o espazo Abalar e as aplicacións educativas das que dispoña o Ministerio. A dotación completarase con dous carriños de carga e seguridade e con dous dis-positivos para a proxección wireless desde as tabletas.

Formación do profeso-rado e avaliación

O proxecto leva consigo ademais un programa de

formación do profesorado que combina as modali-dades en liña e presencial. Así, durante o primeiro tri-mestre deste curso o profe-sorado implicado realizará un curso a través do que deseñarán un proxecto para empregar a tecnoloxía Sam-sung co alumnado. A partir dese momento, Samsung ofrecerá no propio centro sete sesións presenciais de formación técnica e sobre a aplicación pedagóxica ds ferramentas.

Ao longo do programa mediranse tanto a acepta-ción e o uso da tecnoloxía como a incorporación de dinámicas colaborativas e o uso de contidos. Destas avaliacións sairán as pau-tas para elaborar o ‘Libro Blanco da Smart Education en España’, destinada a ser unha guía para os centros que desexen incorporar este tipo de tecnoloxía nas súas aulas.

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, xunto a responsables do seu departamento e do proxecto “Samsung Smart School”. /CEDIDA.

O CEIP de Vilar de Barrio implantará un proxecto piloto de uso de novas tecnoloxías4 Repartiranse tabletas ao alumnado e profeso-rado de 5º e 6º de Primaria.

Desde o centro recomendan aos proxenitores non obstaculizar a chegada e saída dos autobuses

Redacción

A escola infantil de Vilar de Santos estreará, a partir do segundo trimestre deste curso, unha Escola de Pais e Nais aberta a todas as fa-milias do municipio. Unha psicopedagoga e a mestra

da escola infantil serán as encargadas de coordinar a Escola de Pais e Nais, que se reunirá quincenalmente “para proporcionar infor-mación sobre o desenvolve-mento evolutivo e o coidado dos nenos e nenas destas idades e ofrecer un espazo

de reflexión onde expresar e canalizar as preocupacións e experiencias persoais”. Ta-mén achegará asesoramento educativo e psicopedagóxi-co.

Escola infantil municipalA escola infantil de Vilar

de Santos atende, no seu se-gundo ano en funcionamen-to, a 13 cativos de 0 a 3 anos. De titularidade municipal e xestión directa por parte do Concello, a gardería perma-nece aberta de luns a venres de 8 a 16 horas.

Vilar de Santos estreará unha escola de pais e nais

Page 3: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

3TEMA DO MES

Redacción

Este mes de setembro comezaron o curso 33.000 alumnos nos centros es-colares da provincia de Ourense.

O 10 de setembro 19.�06 nenos de educación In-fantil, Primaria e Especial volveron ás aulas nos 116 colexios ourensáns.

Segundo a Consellería de Cultura e Educación, a matriculación en Infantil cífrase en 6.111 escolares, en Educación Primaria son 1�.973 os matriculados na provincia, e en educación Especial a provincia ouren-sá conta con 1�� matricula-dos.

Durante a xornada in-augural de curso o delega-do territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou o CEIP Curros En-ríquez de Celanova para compartir cos nenos as pri-meiras horas do curso esco-lar.

Rogelio Martínez, acom-pañado pola xefa territorial da Consellería de Cultu-ra e Educación, Mercedes Gallego, e polo director e membros do equipos docen-te percorreu as instalacións do centro, que ten matri-culados �73 rapaces e que conta con �5 profesores.

A práctica totalidade dos centros iniciaron a súa acti-

vidade sen incidencias, agás o de CEIP de Manzaneda no que os alumnos non asisti-ron ás clases por decisión dos seus pais, como pro-testa pola determinación da Xunta de retirar o cociñeiro do colexio e substituílo por un cátering externo.

Obras de melloraCómpre lembrar que o

departamento autonómico que dirixe Xesús Vázquez destinou � millóns de euros para reformas dos centros educativos da provincia du-rante o verán, co fin de non interferir na actividade aca-démica.

Educación Infantil Segundo os datos pro-

visionais da Xunta, 6.111 alumnos de Educación In-fantil comezaron o curso, fronte aos 6.307 matricu-lados o curso pasado, o que supón un descenso do 3,1%, derivado da progresi-va caída na natalidade.

Deles, 447 están matricu-lados na comarca de Verín, 403 en colexios da Limia, �43 de Allariz e 179 das Te-rras de Celanova.

Así mesmo, a maioría das matrículas producíronse en centros públicos (3.960).

PrimariaPor outra banda, en Pri-

maria iniciaron as clases

1�.973 nenos. Nesta eta-pa educativa advírtese un lixeiro incremento de ra-paces que se cifra en 191 matrículas, o que supón un 1,4% máis ca no curso pa-sado.

Deses case 13.000 cati-vos, 958 son da comarca de Verín, 819 da Limia, 489 de Allariz e 46� das Terras de Celanova. Ademais, 8.503 deles recibirán clases en centros públicos.

Educación Especial No que atinxe á Educa-

ción Especial, o número estimado de matriculados na provincia é de 1��, dos que 83 cursarán en centros públicos.

Este 10 de setembro ta-mén empezaron a funcionar

O curso comeza con descenso na matrícula en todas as ensinanzas salvo primaria4 En Infantil diminuiron nun 3,1%, en ESO nun 0,4% e en Bacharelato nun �,1%. Pola contra, en Primaria aumentaron nun 1,4% respecto ao curso pasado.

En Manzaneda os cativos non foron ao colexio por decisión dos pais, como medida de protesta ante a retirada do cociñeiro do centro

Rogelio Martínez visitou o CEIP Curros Enriquez de Celanova no inicio de curso.

os servizos de transporte e comedor xestionados dende a Consellería.

Educación SecundariaMáis de 14.000 estudan-

tes iniciaron o 15 de setem-bro o curso en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e ensi-nanzas de réxime especial nos centros educativos da nosa provincia.

Segundo os datos provi-sionais da Xunta, un total de 8.669 alumnos come-zaron o curso nos centros ourensáns que imparten a ESO, fronte aos 8.703 es-tudantes do ano pasado, o que supón un descenso na matrícula do 0,4%. Deles, 731 pertencen á comarca de Verín, 510 á Limia, 339 a

Allariz e 311 a Celanova. Nesta etapa educativa o

alumnado non nacionaliza-do español, diminúe lixeira-mente cifrándose en 401, o que supón 16 alumnos me-nos que no curso pasado.

Bacharelato ordinarioTamén comezaron as cla-

ses os 3.104 alumnos ma-triculados en Bacharelato ordinario, fronte aos 3.170 matriculados o curso pasa-do.

Nesta etapa educativa ta-mén se rexistra un lixeiro descenso de estudantes, que

se cifra nun �,1% menos. Este ano cursarán Bacha-

relato na comarca de Verín �30 rapaces, 177 farano en Xinzo, 108 en Allariz e 98 en Celanova.

Segundo a titularidade dos centros, os públicos acollen o maior número de alumnos, un total de �.55� alumnos fronte os 55� que cursan estes estudos en cen-tros privados (concertados ou non concertados).

Ademais, o alumnado non nacionalizado español, aumenta respecto do cur-so pasado. Este ano están matriculados 55 estudan-tes, mentres que no curso �013/�014 foron 49.

Outras ensinanzasAsí mesmo, deron co-

mezo as clases nos ciclos formativos de Formación Profesional, pero os seus datos de matriculación non se coñecerán ata dentro de varias semanas, unha vez remate o prazo de inscri-ción de alumnos na segun-da adxudicación do período extraordinario de admisión.

Tamén chegaron ás aulas os estudantes de educación especial e os matriculados en ensinanzas artísticas. Nestas disciplinas desta-can os 901 matriculados en Ensinanzas regradas de Música.

No que atinxe ás ensinan-zas para adultos, estímase que na provincia de Ouren-se as cursarán un total de 1.403 persoas. Das que 84 están matriculadas en ensi-nanzas básicas de nivel I e II, 617 en Educación Secun-daria para adultos, �58 en Bacharelato presencial e 444 no Bacharelato semi-presencial ou a distancia.

En ensinanzas especiais destacan os 900 matriculados en Música. Ademais, 1.400 ourensáns cursarán ensinanzas para adultos

Page 4: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

4 BARRIOSSetembro de �014

TEMA DO MES

Paula Lodeiro

Este 16 de setembro será un día para recordar para os �34 escolares do CEIP Ben-Cho-Sey do Pereiro de Aguiar, centro que foi elexido polos Reis de Espa-ña para inaugurar de xeito oficial o curso escolar.

Logo de descubrir unha praca conmemorativa que recordará a visita das súas maxestades ao centro, Fe-lipe VI e dona Letizia vi-sitaron tres aulas: unha de Infantil e dúas de Primaria. Tras pouco máis de media hora no interior do colexio, os Reis e o resto da comiti-va saían ao patio para com-partir unha pequena charla informal e unha foto oficial cos estudantes e os seus profesores.

O acto oficial de apertu-ra do curso escolar �014/15 desenvolveuse con poste-rioridade no pavillón de

deportes, ante un público integrado por autoridades políticas e membros da co-munidade educativa ouren-sá e galega. Interviron o alcalde do Pereiro, Eliseo Fernández, o director do centro, Antón Gómez, o mi-nistro de Educación, José Ignacio Wert, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e finalmente, o Rei Felipe VI. Nos discursos dos poñentes, que combi-naron galego e castelán, houbo referenzas ao padre Feijoo –natural do Pereiro – e ao escritor Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben-Cho-Shey”, que dá nome ao centro; así como recoñe-cementos á escola pública e do rural. Felipe VI ta-mén referiuse á necesidade de aumentar a calidade da educación e amosou o seu agradecemento ao labor dos mestres: “tedes nas vo-sas mans o futuro de moitas

persoas ás que axudades a construir o seu mellor por-vir”.

Ao remate do acto, e tras escoitar a interpretación da peza “O son do ar” por par-te de sete alumnos do CEIP, os presentes degustaron unha selección de produtos autóctonos.

Protestas no exteriorMentres durou todo o

acto, no exterior, e for-temente custodiados por axentes da Garda Civil, manifestábase un grupo de persoas, convocados por sindicatos e a Plataforma en defensa do ensino público. Coreando consignas como

“Ben-Cho-Shey que Galiza non ten rei”, “Ensino gale-go, laico e gratuíto” ou “os cartos dos Borbóns, para a

Os Reis inauguran o curso escolar en Ourense4 No colexio Ben-Cho-Shey, do Pereiro de Aguiar, do que se destacou o seu carácter rural e público.

educación”, amosaban as súas críticas aos recortes en educación, á Lomce, e á vi-sita real a Galicia.

Non foron as únicas rei-vindicacións que se escoi-taron no colexio, pois nada máis chegar Felipe IV e dona Letizia, membros da ANPA entregáronlles dúas cartas: unha coas necesi-dades do colexio, como a ampliación do comedor e a modificación do horario es-colar, e outra coas deman-das da coordinadora galega de ANPAS.

Os Reis abandonaron o CEIP ourensán entre aplau-sos de veciños e pais aos que saudaron, e apupos dos ma-nifestantes, cando xa esta-ban no seu vehículo oficial.

Foto oficial da visita dos Reis ao Ben-Cho-Shey, xunto aos alumnos./RAMSÉS.

No seu discurso, Felipe VI referiuse á necesidade de aumentar a calidade da educación e amosou o seu agradecemento ao labor dos mestres

Page 5: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

5

Arranca o programa ‘Kero-Informática’Redacción

A Escola de Familia municipal de Verín pon en marcha o proxecto ‘Kero-Informátika’, destinado a menores de 4 a 10 anos, para que se familiaricen cos recursos educativos que ofrece o mundo virtual.

Na mesma liña que outras iniciativas como ‘Kero-Kolo’ ou “Kero-Kedar’, esta proposta da Escola de Familia nace co obxectivo de crear un espazo de conciliación familiar apostando pola coeducación. A través do uso dos materiais que ofrece a sociedade da comunicación e informa-ción, marcaranse as pau-tas para fomentar unha utilización responsable, pedagóxica, lúdica e cul-tural do mundo dixital.

O proxecto arrincou este martes 16 de setembro e finalizará o 14 de outubro. Desenvólvese todos os martes á tarde, con dous grupos segundo as idades dos participantes.

[+ info no 988 414 776]

O IES García Barbón de Verín comeza o curso �014/�015 cunha oferta educativa moi diversa e con aproximadamente 300 alumnos.

As liñas prioritarias de traballo pedagóxico, entre outras, son as que se deta-llan:

- Mellorar o uso educa-tivo das TIC (Tecnoloxías da Información e da Co-municación).

O centro presta unha especial atención ao uso educativo das novas tec-noloxías nos diferentes niveis educativos e ofrece unha importante presenza de recursos propios en in-ternet (páxina web, blogs e redes sociais). A nosa meta é potenciar decidi-damente o uso entre a co-munidade educativa dos nosos recursos na web.

- Continuar e mellorar o traballo de información e orientación académica,

profesional e laboral do alumnado. Por unha banda, mediante o uso informado de internet como ferramenta de orientación académica e, por outra banda, realizando charlas de antigos alumnos (Proxecto ATEI –A Túa Ex-periencia Interesa-) como xa se fixo no curso anterior con notable éxito.

- Facilitar ao alumnado apoio pedagóxico, median-te a realización de entrevis-tas de titoría grupal e indi-vidualizadas que permiten unha axuda, guía e orienta-ción ao alumnado ao longo do curso escolar. Tal ma-neira de proceder –xa reali-zada no curso anterior- foi valorada moi positivamente polo alumnado. A titoría in-dividualizada que realiza o Departamento de Orienta-ción é unha tarefa que com-plementa o esencial traballo do titor ou titora.

- Fomento planificado da cultura avaliativa solici-

tando a opinión dos nosos mozos e mozas sobre o funcionamento do centro. Queremos saber o grao de satisfacción do alumnado en relación con moitos as-pectos do funcionamento do instituto para poder dar a coñecer a súa opinión ao conxunto da comunidade educativa e servir de base para a toma de decisións por parte do equipo direc-tivo.

- Temos solicitada a participación no Progra-ma Educativo Europeo “Erasmus +”

Datas de matrículaA matrícula en Forma-

ción Profesional Básica e �º curso do PCPI debe realizarse ata o 19 de se-tembro, e en Formación Profesional de grao medio e superior do �4 ao �6 de setembro.

[+ info: http://bitly.com/barbontic]

As prioridades educativas do IES García Barbón de Verín para o curso 2014/2015

A D.O. Monterrei comeza a vendimar4 As �4 adegas da denominación agardan colleitar ao redor de �,5 millóns de quilos de uva.

Vendimadores nas viñas da adega Gargalo, recollendo uva mencía./M.REJO.

P. L.

O venres 1� de setem-bro comezou oficialmente a vendima na Denomina-ción de Orixe Monterrei, con dúas adegas, aínda que o groso das adegas empezarán a colleitar a partir da vindeira fin de semana.

As estimacións do Con-sello Regulador son reco-ller ao redor de �,5 milló-ns de quilos de uva, unha cantidade lixeiramente su-perior a �013. O aumento débese non tanto ao incre-mento da produción das vides, senón á incorpo-ración dunha nova adega (a número �4) na D.O., o que fai que as hectáreas inscritas alcancen as 450. De feito, segundo indica un técnico do Consello Regulador, “este ano nó-tase unha pequena merma nas uvas godello e treixa-

dura”. Este mesmo técni-co explica que a calidade fitosanitaria das uvas de Monterrei é neste momento “perfecta, sen incidencia de enfermidades”.

En función da climato-loxía, a vendima estendera-se entre 15 días e un mes.

Distincións GallaeciaNoutra orde de cousas, 11

viños da D.O. Monterrei (7 brancos e 4 tintos) obtive-ron unha Distinción Gallae-cia na cata final realizada pola Asociación galega de sumilleres Gallaecia os pa-sados 1 e � de setembro.

A calidade fitosanitaria das uvas de Monterrei é “perfecta, sen incidencia de enfermidades”

VERÍN E COMARCA

Page 6: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

6 BARRIOSSetembro de �014

VERÍN E COMARCA

Redacción

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas, Ethel Váz-quez, mantivo unha reunión

Xunta e Confederación do Douro mellorarán as augas dos nove municipios desta conca4 Este mes comezarán as obras de mellora da ETAP de Verín.

co presidente da Confe-deración Hidrográfica do Douro, José Valín Alonso, na que acordaron colaborar para mellorar a situación de abastecemento e saneamen-

to dos nove concellos gale-gos que se integran na Con-ca Hidrográfica do Douro.

Son Verín, Laza, Mon-terrei, Riós, Oímbra, Cas-trelo do Val, Vilardevós, A

A conselleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión co presidente da Confederación Hidrográfica do Douro en presenza do alcalde de Verín./CEDIDA.

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas licitou por ��3.000 euros as obras de mellora na rúa Jacinto Santiago, en Vilardevós.

Esta actuación execúta-se no marco dun convenio asinado entre a Consellería e este concello, que conta cun investimento de preto de �56.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achega practicamente a totalida-de, �35.398 euros, é dicir, o 9�%, e o resto a admi-nistración local.

O obxecto do acordo é o arranxo da rúa Jacinto San-tiago, a principal conexión entre as estradas Verín - Soutochao e Vilardevós

-Riós, situándose no casco histórico de Vilardevós. A rúa, cuxo deseño ten unha antigüidade superior aos 100 anos, posúe un marcado carácter comercial, funda-mentalmente de servizos de hostalería e comercio.

Aos pavimentos actuais, realizados en distintas épo-cas, fáltanlles as definicións nas pendentes lonxitudinais e transversais, que permi-tan o drenaxe superficial, ocasionando acumulacións de augas en días chuvio-sos. Para a reforma da rúa proponse utilizar pavimen-tos de granito, similares aos existentes no contorno. Ademais, proxéctanse bei-rarrúas de anchura variable, segundo o permitan as fa-chadas das edificacións.

Licitada a mellora da rúa Jacinto Santiago, en Vilardevós4 A rúa ten un marcado carác-ter comercial.

Mezquita e A Gudiña, que suman unha superficie de 1.134 metros cadrados con preto de 30.000 habi-tantes e case 170 núcleos de poboación no ámbito do río Támega, principal afluente do Douro nesta comunidade.

Depuradora de VerínNeste eido, a conselleira

informou de que este mes-mo mes se iniciarán as obras de mellora da ETAP de Verín, destinadas a in-crementar a eficacia do tratamento das augas. Con estes traballos solu-cionaranse os problemas de turbidez que se veñen producindo, sobre todo en época de chuvias, xa que se colmatan os filtros da estación.

Vázquez salientou o compromiso da Xunta co saneamento e o abastece-mento destes concellos, re-cordando os investimentos acometidos desde �009. Nestes anos, Augas de Galicia levou a cabo obras por un importe de case ca-tro millóns de euros.

Page 7: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

7

Só teñen asegurada a venda a prezos aceptables as patacas baixo contrato

VERÍN COMARCA / XINZO E COMARCA

A ludoteca de verán recada 1.500 euros

para ValeriaOs participantes na ludote-

ca de verán de Verín recada-ron 1.500 euros na campaña solidaria “Valeria, a túa loita é a nosa loita”, para obter fondos para o tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha peque-na de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada.

Os cativos obtiveron estes cartos a través da venda das manualidades que elabora-ron durante o campamento urbano.

Os participantes na ludoteca de verán de Verín recadaron 1.500 euros para a campaña solidaria “Valeria, a túa loita é a nosa loita”. /CEDIDA.

Redacción

A área de Servizos So-ciais do Concello de Verín promove, con motivo do Día Mundial do Alzhei-mer (�1 de setembro), o concurso “Dona un Re-cordo”.

O obxectivo do concur-so é invitar a todas as per-soas que desexen expresar pensamentos, opinións, experiencias e vivencias sobre os recordos prefe-ridos, escollendo o for-

Recordos para celebrar o Día do Alzheimer 4 Ata o �1 de setembro, aberto o prazo para participar.

mato que prefiran: relatos, contos, poesías, cancións, contos, vídeos, pinturas ou entrevistas.

As propostas poden entre-garse ata o �1 de setembro en [email protected], na Casa da Xuventu-de ou por correo ordinario (avda. Portugal, 11, bis, 3�600 Verín).

Os tres gañadores verán publicadas as súas expe-riencias na páxina web mu-nicipal e recibirán o libro “Hilos de Colores”.

O SLG prevé unha crise na pataca4 Pide a intervención de Medio Rural para paliar a previsible baixada de prezos no sector.Redacción

O Sindicato Labrego Galego demanda da Con-sellería de Medio Rural que reúna ao sector da pa-taca para afrontar a crise de prezos que se aveciña. O SLG explica que os produtores de Castela e León, onde a colleita ten lugar cunhas semanas de antelación con respec-to a Galicia, xa están a sufrir as consecuencias da boa colleita de pataca en Francia, que propicia “que o país veciño aso-lague, unha vez máis, o Estado Español cos seus excedentes”.

Isto prodúcese no con-texto do veto ruso aos produtos agrarios comu-nitarios e dun incremen-to global da superficie sementada nos principais produtores de pataca da Unión Europea. Ao au-mento da superficie cul-tivada hai que engadirlle o bo rendemento na co-lleita deste ano, polo que a produción estase a dis-parar. En Castela-León, A Mancha e Andalucía, por exemplo, moitas ex-plotacións deixaron per-der ao sol a colleita para

non incorrer en máis gastos diante dunhas cotizacións (ao redor de 5 céntimos o quilo) que non chegan nin para cubrir os custos de produción, alertan desde o sindicato.

Primeiros síntomasSegundo o SLG, os pri-

meiros síntomas desta crise estanse comezando a notar na Limia, onde os almace-nistas están a mercar moi pouca pataca. Este ano pre-vese unha boa colleita e de calidade tamén na comarca limiá e, polo de agora, só te-ñen asegurada a súa venda a uns prezos relativamente aceptables as patacas baixo contrato. O resto da colleita “é moi probable que se teña que vender a prezos mise-rentos, xa que os almacéns estanse a fornecer de pata-ca francesa barata; cousa que tamén fan as principais distribuidoras comerciais”, denuncian.

Page 8: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

8 BARRIOSSetembro de �014

XINZO E COMARCA

Redacción

O Ministerio de Agricul-tura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Con-federación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), xunto coa Xunta de Galicia, fi-nanciarán e executarán as obras de mellora da depu-radora de Xinzo de Limia, cun investimento de 1,5 millóns de euros. A CHMS achegará o 80% do orza-mento e a Xunta o �0% res-tante.

A actuación mellorará a calidade das augas do río Limia e o estado ecolóxico do encoro das Conchas, con problemas pola achega de nutrientes e proliferación

de cianobacterias.

Características A CHMS executará unha

instalación para mellorar a explotación da actual depu-radora de Xinzo de Limia, deseñada nos anos 90, po-sibilitando a mellor elimi-nación de nutrintes (fósforo e nitróxeno), o que re-dundará no incremento da calidade das augas do río Limia. Para iso, deseñouse unha reforma integral da EDAR, con capacidade de tratamento de 3.360 metros cúbicos ao día e para unha poboación de 16.�50 habi-tantes- equivalentes.

A nova instalación con-sumará uns parámetros de vertedura adaptados á Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) na que se sitúa, e minimizarase o consumo de reactivos, prio-rizando a eliminación de nutrintes, sobre todo o fós-foro, por vía biolóxica.

Por outra banda, a nova EDAR introducirá avances que proporcionarán unha considerable diminución do custo enerxético.

Execución das obrasCo obxecto de minimi-

zar e evitar riscos de ver-tedura durante o período de execución das obras, manterase a explotación da EDAR actual.

Por último aproveita-rase, no posible, a obra civil existente, mantén-dose como oficina e edi-ficio de control.Un novo edificio albergará parte do tratamento biolóxico, os cadros eléctricos e o novo grupo electróxeno de emerxencia.

As administracións agardan que as obras da depurada comecen duran-te o primeiro semestre do próximo ano, para garantir o seu remate antes de final de �015.

O subdelegado do Goberno, a conselleira de Medio Ambiente, o delegado do Goberno en Galicia, e o alcalde de Xinzo./RAMSÉS.

O MAGRAMA executará as obras da depuradora de Xinzo4 Investiranse 1,5 millóns de euros.

Coa actuación búscase mellorar a calidade das augas no río Limia e no encoro das Conchas

Redacción

O delegado de Novas Poboacións Zona Norte de Gas Natural Distribu-ción, Arsenio Talavera, presentou aos veciños de Xinzo de Limia o proxec-to de gasificación que per-mitirá que, nos próximos anos, ao redor de 3.500 vivendas, comercios e in-dustrias do núcleo urbano e do polígono industrial do municipio poidan dis-por das comodidades que ofrece esta enerxía. Gas Natural Galicia investi-rá máis de �,8 millóns de euros en Xinzo para construír máis de 13 qui-lómetros de rede de dis-tribución e ofrecer a sub-

DKV Seguros achégase á xente de XinzoA axencia Campo, comercializadora de DKV en Xinzo, quixo achegarse aos seus ve-

ciños e posibles clientes saíndo á rúa o pasado 14 de agosto. Os que pasaron polo stand informativo instalado na a esquina das rúas Ladeira e Dous de Maio puideron participar no sorteo dunha cafeteira, que finalmente lle tocou a unha veciña de Rairiz de Veiga, Cristina Campero.

A oferta de seguros da axencia Campo abrangue desde os seguros de saúde (son es-pecialistas), ata seguros de decesos, fogar, accidentes, vida, ou baixa e hospitalización para autónomos. Como Funeraría Campo contan con 35 anos de experiencia, presenza en Baltar e Xinzo, posúen Velorios Polígono nesta última localidade e son socios funda-dores de Tanatorio As Burgas en Ourense, que vén de abrir o Tanatorio Crematorio As Burgas II no polígono Barreiros.

Gas Natural preséntase aos veciños de Xinzo4 A súa previsión é poder ofrecer a conexión de gas natural aos primeiros clientes antes de final de ano.

ministración de gas natural antes de final de ano.

Na primeira fase de gasi-ficación de Xinzo de Limia, que se ía iniciar este mes, está previsto canalizar a marxe dereita da avenida de

Ourense e avenida de Ma-drid (dirección Madrid), así como as rúas Mato, Alexan-dre Bóveda, Río Arnoia, Sil e Miño. Aproveitando obras municipais, tamén canaliza-rán a rúa Curros Enríquez.

Público asistente á charla informativa de Gas Natural en Xinzo./CEDIDA.

Page 9: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

9XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

Redacción

O Concello de Allariz e a Asociación ADEGA (Asociación para a Defen-sa Ecolóxica de Galiza), asinaron un convenio de colaboración para o desen-volvemento dun proxecto de recollida separada de residuos orgánicos e a súa posterior compostaxe nun centro de experimentación ambiental.

Este novo proxecto, que se porá en marcha en xa-neiro de �015, inclúe, nun-ha primeira fase, o pro-grama “Porta a porta”que impulsará que os veciños que teñan hortas ou xar-díns reciclen os seus pro-pios restos orgánicos para a elaboración de abono caseiro. Neste senso, pro-moverase un plan piloto

no que 300 familias máis os establecementos de hos-talería comprometeranse a reciclar residuos orgánicos que xeren as súas viven-das. Necesitan, polo tanto, anotarse nunha lista, que se abrirá nos vindeiros días nas dependenzas municipais. Unha vez posto en marcha o programa, os restos deposi-taranse en contedores espe-ciais distribuídos polo casco urbano, para facer compost no novo centro ambiental.

Taxa do lixoPara premiar este esforzo

aos veciños, o Concello de Allariz aplicará unha conxe-lación da taxa do lixo duran-te 5 anos.

O obxectivo do programa, segundo explicaba o alcalde, Francisco García, é “ reci-clar correctamente os nosos

residuos e reducir, así, o número de contedores nas rúas” prevendo no futuro cambiar o sistema de re-collida actual por unha re-collida selectiva na mesma porta dos domicilios nuns días e horas determinadas.

ADEGA, pola súa par-te, informará e asesorará tanto a poboación alarica-na como ao Concello nas pautas a seguir no desen-volvemento deste proxec-to. Como contraprestación polos seus servizos, a aso-ciación recibira unha ache-ga económica de 6.000 euros.

Allariz desenvolverá un proxecto de recollida separada de residuos4 Coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA.

O alcalde de Allariz, Francisco García, e a presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, asinaron o convenio./CEDIDA.

O Concello conxelará a taxa do lixo aos que participen no proxecto

4 Convocatoria para participar no FIXA 2015

A convocatoria para participar na edición �015 do Festival Internacional de Xardíns de Allariz está aberta ata o próximo 15 de novembro. Para o ano que ven, o tema central do festival será “A música no Xardín.”

As bases da convoca-toria, aberta a todas as persoas que desexen par-ticipar, están dispoñibles na páxina web do festival. En decembro, un xurado formado por expertos en paisaxismo, asociacións sectoriais e o Concello de Allariz, elixirá os 10 proxectos seleccionados. Os elixidos terán a opor-tunidade de construír o seu xardín.

O FIXA �014 estará aberto ata o 9 de novem-bro. En setembro abre de tardes entre semana e de 11 a 14 e de 16 a �0:30 ho-ras en fin de semana.

4 Obras en catro estradas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infra-estruturas iniciou as obras de mellora de catro estradas da provincia de Ourense, encadradas dentro da Rede Primaria e Secundaria da Xunta por un importe de case 490.000 euros.

As actuacións abran-guen tramos concretos das estradas OU-3�0 nos municipios de Allariz, Sandiás, Taboadela e San Cibrao; na OU-301 ao seu paso por Xinzo e Porquei-ra; na OU-304 en Xinzo e Baltar; e na OU-531, en Xinzo, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e A Bola.

EN BREVE

Redacción

A Consellería de Cultu-ra está a restaurar a igrexa de Santa María do Vilar, en Ponte Ambía, no concello ourensán de Baños de Mol-gas, cun investimento de preto de 6�.000 euros.

A día de hoxe xa están totalmente concluídos os labores de reparación da cu-berta do presbiterio e a san-cristía, ao que se destinaron 19.500 euros.

Por outra parte, os téc-nicos de Patrimonio están acometendo os traballos de restauración do retablo maior e do sagrario orixinal do templo. Trátase dunha actuación na que a Conse-llería inviste 4�.300 euros.

Os traballos abranguen actuacións concretas en-camiñadas a protexer a policromía e os volumes antes da súa desmontaxe así como a asentar as zonas policromadas gra-vemente alteradas e que presentan perigo de des-prendemento.

No que atinxe ao sagra-rio, está prevista a recupe-ración da zona da predela correspondente ao mes-mo, e a restauración do sa-grario orixinal que estaba desubicado.

Na súa visita ao templo, o conselleiro Xesús Vázquez salientou o compromiso do seu departamento coa con-servación e o mantemento do patrimonio cultural.

Cultura restaura unha igrexa en Baños de Molgas4 A de Santa María do Vilar.

O conselleiro observa as actuacións de rehabilitación./M.R.

Page 10: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

10 BARRIOSSetembro de �014

especial EMPRESAS

Máis do 70% das viven-das en Galicia teñen máis de �0 anos*, e moitas delas presentan unha deficiente conservación da cuberta.

Un mal estado do tella-do fai que aumente o gasto enerxético dos fogares: ca-lefacción, aire acondicio-nado, deshumidificación, etc. A rehabilitación da cuberta con tella cerámica supón un notable aforro enerxético, mellora o con-fort da vivenda cun inves-timento de baixo custo, de longa duración e escaso mantemento. A tella Verea, correctamente instalada, seguindo as recomenda-cións do seu sistema de instalación, permite man-ter a casa fresca no verán e quente no inverno.

Verea asegura unha ade-cuada rehabilitación do tellado mediante o seu sis-tema de colocación, Verea System, cuxas característi-cas principais son:

- Imper-meabilidade ga-rantida.

- Execución en seco que garante a auto-ventilación (imprescindible para asegurar a resistencia á xeada das tellas)

-Elimina patoloxías orixinadas por colas e morteiros (eflorescencias; roturas, perda de adheren-cia...)

- Fácil montaxe.

- Óptimo illamento tér-mico e acústico.

A parte estética dunha vivenda tamén é importan-

te para Verea, por iso, ofrece todos os formatos de tellas cerámicas: curvas, tellas S e planas nunha ampla gama de cores. E desenvolveu as pezas es-

peciais para que o tellado quede perfecta-

mente rematado.Así mesmo, Verea co-

mercializa os accesorios de tellado necesarios para

a execución do Verea Sys-tem: espuma de poliureta-no (para substituír os ce-mentos e colas), ganchos, perfilería de cumbrera. To-dos estes elementos foron deseñados, seleccionados e testados por laboratorios propios e independentes, sendo os recomendados para a correcta instalación do tellado.

O investimento nun tellado Verea é un in-vestimento rendible, xa que ofrece unha garan-tía de 35 anos.

[*Fonte: Instituto Galego de Estatística, datos de �010]

REHABILITACIÓN DE TELLADOS CON TELLAS VEREA

A tella plana Verea que foi lanzada recentemen-te, está a ter unha gran acollida entre os clientes tanto do mercado nacio-nal como de exportación. Os seus principais puntos fortes son o seu acabado totalmente liso, a facilida-de de instalación e a súa adaptabilidade a calquera tipo de cuberta, sen es-quecer a calidade que ca-Vivenda unifamiliar con tella Verea S.

racteriza a todas as tellas Verea, número uno en re-sistencia ás xeadas.

As tellas Verea comer-cialízanse a través de al-macéns de construción. Toda a información nece-saria, tanto para particu-lares como instaladores, está dispoñible en www.ceramicaverea.com ou directamente no teléfono 981 687 053.

A tella plana VereaUn tellado con tella plana Verea.

Pazo da Pena en Manzaneda, tella 40x15 vermella.

Page 11: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

11ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

Paula Lodeiro

A choiva marcou a 1�ª edición da feira de arte-sanía “Arte de man” que se celebrou en Allariz o pasa-do domingo 14 de setem-bro. Unha forte tromba de auga a mediodía provocou que o número de visitantes fora menor do agardado. De todos os xeitos, entre os �4 artesáns presentes, había disparidade de opinións de como fora a feira: uns es-taban “contentos, salvando o tempo”, como o coruñés Félix Pérez, responsable do taller Puntadas Desca-radas, outros, como os ar-tesáns alaricanos de Moa Esmalte, ou Carmen, que realiza encaixe de bolillos en Bande, tildaban a feira de “regular”, e había quen a cualificaba de “floxiña”, como un artesán chegado de Soutomaior (do stand Lume), quen non circuns-cribía esta valoración só ao tempo, senón tamén á “eco-nomía”.

O que si resaltaban algúns dos artesáns é que, ademais de vender in situ, a feira tamén facilita que despois a clientela se achege polos

seus talleres. “É unha forma de promocionarse e despois vender”, dicían os respon-sables de Moa Esmalte, especialistas en obras de esmalte ao lume en metal (fundamentalmente cadros, pero tamén complementos). “Algunha vez ten saído al-gún encargo para tendas, vodas…”, apuntaba o ar-tesán de Lume (traballos en madeira), na súa primeira vez na feira alaricana. Ta-mén era a primeira vez para

Colorina, un posto de ela-boración de aneis, colares, pulseiras, diademas e todo o que un pode imaxinar en macramé. “É unha técnica a base de nós, traballo cun fío encerado e algo de lá”, explicaba a artesá.

Xunto a eles, outros pos-tos de cerámica, debuxos e gravados, pintura, téxtil, coiro, xoiería, encaderna-ción, pedra, xabóns, vi-drieira, artesanía con papel reciclado, xoguetes de ma-

A choiva marca a feira de artesanía “Arte de man”4 O número de visitantes do mercado viuse reducido.

Posto de elaboración de tocados na feira de artesanía de Allariz./P.LODEIRO.

Na feira viuse unha ampla variedade de produtos: téxtil, coiro, cerámica, xoias, xoguetes ou gravados, entre outros

deira e artesanía en madeira completaban os �4 postos de artesáns instalados en pleno casco histórico de Allariz o pasado domingo. 14 eran artesáns locais e outros 10 chegaban doutros puntos de Galicia, seleccionados pola organización atendendo a criterios técnicos.

Demostracións ao públi-co de diferentes técnicas artesanías completaban o programa deste even-to, coorganizado entre o Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns da localidade.

Obradoiros de tocados e cestaría

O responsable de Punta-das Descaradas era o en-cargado de impartir ao pú-blico un dos dous talleres previstos na xornada, o de elaboración de tocados. O seu non era un obradoiro ao uso, máis ben o que fixo foi trasladar á praza do Concello de Allariz parte das ferramentas e materiais que emprega no seu taller e seguir rea-lizando alí o seu traballo cotián. Pérez destacaba a oportunidade de que “a xente vexa como se fan as cousas, levan as súas ho-ras, non saen dous tocados iguais, e valórano moito máis”.

Tamén se realizaron demostracións no stand da Escola de Cestaría de Santa Mariña. A media tarde, un grupo de nenos (e algún maior) afanában-se en elaborar o seu pro-pio cesto ante as atentas indicacións das expertas cesteiras.

De feira en feiraEn Allariz non cesan as iniciativas para atraer visitantes á vila e dinamizar o seu

comercio e hostalería. Se en agosto a vila alaricana acolleu a Festa da empanada, en setembro foi o turno da 19ª Feira do doce, amendoado e melindre, e da 1�ª Feira de artesanía. Para os vindeiros meses aínda quedarán atractivos como as Xornadas de degustación de carne de boi (en outubro) e a Feira do outono (en novembro).

Clientes escollendo unha empanada durante a feira que se desenvolveu en Allariz o pasado 24 de agosto./RAMSÉS

A Escola de Cestaría de Santa Mariña ensinou a elaborar cestos ao público da feira./P.LODEIRO.

Novo horario na Casa da Mocidade

Desde o 9 de setembro a Casa da Mocidade de Allariz pasa a funcionar en horario de inverno. Así, abrirá xoves de 19 a �1 horas e venres de 19 a �� horas.

As instalacións, de 600 metros cadrados, serven de punto de encontro para mozos e mozas de entre 13 e 35 anos, aos que se lles ofrece a posibilidade de xogar ao futbolín, ao billar, ao ping pong ou con consolas de última xe-ración, amais de participar en actividades formativas.

A Casa da Mocidade dispón dunha sala de usos múltiples, unha sala de audiovisuais, un telecen-tro con �0 ordenadores e un local de ensaio. No exterior, conta desde este verán con porterías e ca-nastras.

4 Concurso fotográfico

A asociación Avinza GDR 15 amplía ata o 30 de setembro o prazo de presentación de fotogra-fías e curtas ao seu con-curso “Pon a chimenea a funcionar” .

Nesta ampliación de prazo, ábrese a posibilida-de de presentar fotografías ou vídeos procedentes de calquera punto de Galicia.

Concederase un premio de 300 en cada categoría. O fallo do xurado darase a coñecer o 15 de outubro.

4 Curso na asociación Andrea

A asociación Andrea de Allariz vén de abrir o pra-zo de inscrición para un novo curso especializado de “Coñecemento, ma-nexo e comunicación coas asnos para programas te-rapéuticos educativos, de ocio e ambientais” que se desenvolverá, en San Sal-vador dos Penedos, do �6 ao �8 de setembro.

O curso, organizado en colaboración coa Faculta-de de Ciencias da Educa-ción da Universidade de Vigo, está dirixido a pro-fesionais e poboación en xeral interesados en tra-ballar cos asnos de xeito terapéutico, educativo, de ocio e ambiental.

Page 12: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

1� BARRIOSSetembro de �014

CELANOVA E COMARCA

Redacción

O escritor e xornalista Manuel Rivas recibiu o pasado 7 de setembro o XXX premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’

No acto de entrega, que estivo marcado pola choi-va, que impediu poder realizar a ofrenda floral a Celso Emilio Ferreiro prevista, o conselleiro de Cultura, parafraseando

a Curros, definiu ao ga-lardoado como “xornalei-ro do porvir”, destacando del o sentido da xustiza, o compromiso coa realidade e a súa capacidade crítica. Engadiu que a súa é “unha obra dignificadora e hu-manista, que cómpre reco-ñecer, pero que sobre todo cómpre ler”.

Na entrega do premio tamén estiveron presentes o presidente da Fundación

Curros Enríquez e alcalde de Celanova, José Luís Fe-rro Iglesias; o presidente da Real Academia Galega, Xe-sús Alonso Montero; e o mú-sico e escritor, Xurxo Souto, encargado das palabras de gabanza ao premiado.

O premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’ ten como obxectivo homenaxear a un galego que destaque pola súa defensa dos valores cul-turais de Galicia.

Manuel Rivas recibe o premio “Celanova, Casa dos Poetas”4 O conselleiro de Cultura, que presidiu o acto de entrega, afirmou que a súa é “unha obra digni-ficadora e humanista”.

Manuel Rivas recollendo o premio da man do alcalde de Celanova, José Luis Ferro./S.N.

Cruz Vermella despide as súas actividades de verán O voluntariado das asembleas de Cruz Vermella de Monterrei e Celanova despediu

os campamentos de verán organizados para encher de diversión os momentos de lecer e tempo libre propios da época estival.

En Celanova �5 nenos e nenas gozaron de talleres de manualidades, saídas á piscina, andainas, xogos ao aire libre e visitas á residencia de persoas maiores, onde comparti-ron ilusión e boas experiencias. Os participantes deste campamento despediron o verán convertíndose en mimos por un día, protagonizando a peza “Mimos en Danza” na Praza Maior da vila.

En Verín, os menores que participaron na ludoteca de verán de Cruz Vermella tiveron unha cita na Praia fluvial, onde se transformaron en auténticos romanos, coñecendo xo-gos e costumes da época dunha forma divertida.

Rapaces das actividades de Celanova protagonizaron a peza “Mimos en Danza”. /CEDIDA.

Page 13: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

13PUBLICIDADE

Page 14: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

14 BARRIOSSetembro de �014

CELANOVA E COMARCA

“Se algún alcade tratase de acadar fins partidistas claro que influiría na Mancomunidade. Pero acá nunca houbo problemas”, asegura Pérez

Silvia Nieto

José Antonio Pérez, alcal-de de Quintela de Leirado, coñece ben a fondo o fun-cionamento da Mancomu-nidade Terras de Celanova. É o seu presidente dende 1995, pero o seu concello formou parte da mesma den-de o momento en que esta se constituíu.

Logo de máis de dúas dé-cadas de vida, Pérez resalta a importancia do formato de mancomunidade para asegurar unha boa calidade de vida a todos os veciños, principalmente os dos nú-cleos máis pequenos. Este é un claro exemplo de cando a unión garante a igualdade de oportunidades.

Cando se creou a Man-comunidade Terras de Ce-lanova?

José Antonio Pérez: “Creouse en 1991. A primei-ra presidenta foi a alcaldesa de Ramirás e a vicepresiden-ta a de Cartelle. No 95 saín eu elixido como presidente e ata agora fun renovando cada catro anos. Unha vez son as eleccións municipais, renóvase o órgano completo da Mancamunidade”.

Que concellos a forman actualmente?

J.A.P.: “Celanova, Mer-ca, Cartelle, Ramirás, Go-mesende, Pontedeva, Quin-tela e Verea. Cando naceu estaba A Bola tamén, pero decidiu marchar; e non es-taba Pontedeva, que entrou máis tarde”.

É complicado de xestio-nar?

J.A.P.: “Si, porque é un órgano de servicio. Tes que estar enriba, porque nos en-cargamos da recollida do lixo, servizos sociais, bom-beiros, mantemento das ga-vias e beirarrúas, temos téc-nicos de emprego, atención

á muller, e ao consumidor, etc. Se o queres facer ben require o seu traballo”.

Son servizos coordina-dos entre os concellos?

J.A.P.: “Si, se non sería unha duplicidade. A reco-llida do lixo, por exemplo, é común para os oito con-cellos, tanto orgánica como selectiva, papel e cartón, aceite…

Servizos sociais tamén é conxunto, hai persoal diaria-mente na sede da Mancomu-nidade en Celanova, pero a maiores hai varias asistentes sociais que van percorrendo os concellos diversos días á semana segundo a dimen-sión do mesmo. Por exem-plo, Quintela ten dous días á semana, e Cartelle catro. Ademais, ofertamos axuda a domicilio, para o que te-mos traballando a unhas �3 persoas, que son controladas polos técnicos para supervi-sar que o servizo se realice como se debe. En menos de 48 horas proporcionamos este servizo a quen o pre-cise. E isto ten todo o cus-to duns 500.000 euros, que son achegados pola Manco-munidade, e ademais polo propio veciño que precisa a atención, xa que en función da súa economía paga unha porcentaxe.

Ademais, temos o pro-grama de Galicia Saudable, dentro dos servizos sociais, e hai uns técnicos que van aos centros de saúde para dar información sobre obe-sidade e pautas de vida sau-dables. De feito, funciona moi ben, o ano pasado pasa-ron polos centros de saúde a controlarse da orde de �.500 persoas.

Tamén levamos o plan de droga, asistencia a mulleres maltratadas e familias des-estruturadas. E toda clase de expedientes dos que nos in-

forman: humidades, etc. Así mesmo, facemos a re-

cadación de sete concellos, menos Celanova que a ten encargada a unha empresa.

Ademais, xestionamos o servizo de bombeiros as �4 horas ao día para os oito concellos, e ademais presta-mos este servizo de urxencia á Bola e Padrenda, pedíndo-lles que acheguen a parte proporcional que achega-mos os demais concellos.

Tamén temos técnicos de emprego para orientar aos veciños. E talleres diver-sos: manualidades, cociña, informática… E facemos actividades en colaboración co IES e os colexios, e para os rapaces en verán”.

Ao prestar tantos servi-zos, precísase tamén a co-laboración dos veciños?

J.A.P.: “Si, por exemplo co lixo deixamos unha pega-tina co teléfono para que nos avisen se hai algunha defi-ciencia. Porque nos é impo-sible estar en todos os lados. E así eles chaman se teñen algún obxecto específico para retirar, como neveiras ou colchóns. Ademais, en verán como veñen emigran-tes e hai máis festas tamén se o precisan imos recoller a basura cando nolo pidan aín-da que nese momento non lle toque a ese concello. De

feito, en Celanova nas festas recollémola a diario”.

Cando naceu a Manco-munidade foi por algunha carencia concreta?

J.A.P.: “Si, naquel mo-mento foi pola necesidade da recollida do lixo. Só tiñan un servizo habitual Celano-va, Cartelle, Gomesende…aqueles concellos nos que o alcalde chegara a acordos concretos ao respecto. De-cidiuse crear a Mancomu-nidade para economizar ese servizo ao contratalo entre todos”.

Co paso dos anos foise ampliando o número de servizos que se prestaban.

J.A.P.: “Si, fómonos adaptando ás necesidades dos veciños e logrando un equilibrio nos prezos dos servizos, que saen moito máis baratos”.

Canto achegan os conce-llos á mancomunidade?

J.A.P.: “75 euros por ha-bitante. Coas achegas da Xunta e a Deputación o pre-zo total ascende a 110 euros por veciño.

E iso está moi ben porque podemos manter prezos ase-quibles. De feito, ante a suba de SOGAMA a Mancomu-nidade non variou o prezo, porque o que tratamos é de rendabilizar a entrega dos residuos.

En total os gastos da Mancomunidade ao ano son de 1.783.400 euros. Dos cales os concellos po-ñen 1.�45.000. E o resto é proporcionado polas axu-das da Xunta e Deputación. Ademais, hai que dicir que a pesar dos axustes, na Man-comunidade non os notamos demasiado nas contribucións destes organismos”.

Hai algunha asignatura pendente para a Manco-munidade?

J.A.P.: “Hai un servizo que se podía dar en común e que hoxe temos por sepa-rado: o de arquitecto ou apa-rexador. Poderiamos organi-zarnos para compartilo e que o custo fose inferior, porque, ademais, neste momento, o volume desta actividades baixou moito e non creo que houbese problema en telo en común e organizarnos para que visitase cada concello”.

É posible que entren máis concellos?

J.A.P.: “É bastante com-plicado tanto entrar como saír da Mancomunidade. Por exemplo, o concello que queira marchar ten que acadar o apoio unánime dos demais, pagar a parte dos créditos que temos, non son moitos, pero ten que seguir contribuíndo. Ademais, durante un ano ten que seguir pagando o 50%

dos servizos.E para entrar o mesmo.

Necesítase unanimidade e hai que reformar os estatu-tos. Non é sinxelo”.

As diferencias políticas entre os partidos condi-ciona o funcionamento da Mancomunidade?

J.A.P.: “Si, se algún dos alcaldes tratase de buscar fins partidistas claro que influiría nos demais. Pero acá nunca houbo problemas e houbo concellos do PP, o PSOE e o BNG. Aínda que neste momento somos todos do PP. Non se poden ter mi-ras partidistas, o importante é prestar servizo aos veci-ños, hai que gobernar para todos. Acá nunca miramos o partido, de feito eu fun elixi-do presidente co apoio de alcaldes doutras formacións políticas”.

E as subvencións da Xunta variaron en función de quen a gobernase?

J.A.P.: “Non. De feito o bipartito, concretamen-te Anxo Quintana, sempre puxo á Mancomunidade de Celanova como exemplo e referente deste modelo. E como nos seus anos de go-berno a economía estaba mellor hai que sinalar que foi a época na que máis nos axudaron”.

Despois de 23 anos fun-cionando, que valoración fai do funcionamento da Mancomunidade?

J.A.P.: “Totalmente posi-tiva. Creo que se non existi-se a Mancomunidade ningún dos oito concellos, inclusive Celanova, sería capaz de prestar todos os servizos que se están prestando, ou polo menos coa eficacia coa que se dan e de maneira tan económica. E para os máis pequenos xa sería absoluta-mente imposible telos todos. Poño de exemplo a Quinte-la, a min seríame imposible poder ter servizo de bombei-ros, recollida do lixo axeita-da e así todo. De feito, por iso a nosa Mancomunidade está tan afianzada agora mesmo. É moi necesaria”.

ENTREVISTA AO PRESDIENTE DA MANCOMUNIDADE TERRAS DE CELANOVA

José Antonio Pérez: “Se non existise a Mancomunidade ningún dos oito concellos sería capaz de prestar todos

estes servizos, con tanta eficacia e de xeito tan económico”4 O presidente da Mancomunidade Terras de Celanova, José Antonio Pérez, achéganos aos distintos servizos que proporciona aos oito concellos que a integran.

José Antonio Pérez, presidente da Mancomunidade Terras de Celanova./S.N.

Page 15: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

15especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente do Círculo de Xóvenes Em-presarios de Ourense, Lois Babarro Alén, e co vice-presidente deste colectivo, Diego Novelle, con que analizou temas relaciona-dos co emprendemento, a economía e o emprego na provincia de Ourense. Na xuntanza comentaron tamén as liñas de colabo-ración que se establecerán en �015 entre o Inorde e o Círculo de Xóvenes Em-presarios de Ourense para axudar ao desenvolvemento de actividades do colectivo empresarial.

Outros dos ámbitos de cooperación entre ámba-las dúas entidades será o Observatorio Económico Ourensán, ofrecemento que tamén estendeu o presiden-te provincial ao Plan Termal e as accións relacionadas co

A Deputación aproba axudas sociais e culturais por importe de 417.000 euros

A xunta de goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, resolveu a concesión de sub-vencións para a realización de servizos sociais e activi-dades culturais por un im-porte total de 417.�84 euros.

No que atinxe a servizos sociais, a xunta de goberno resolveu a convocatoria de subvencións a asociacións e fundacións para proxec-tos relativos a �014, con-cedendo a 71 entidades a cantidade total de 337.�84 euros, mentres que en ma-teria cultural a xunta de goberno resolveu a convo-catoria de concurso público para a concesión de sub-vencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas, correspondentes ao exerci-cio �014. As entidades be-neficiarias das axudas son 17 e o importe total ascen-de a 80.000 euros.

A Deputación de Ouren-se programou este verán actividades sostibles para difundir boas prácticas medioambientais en 19 concellos da provincia de Ourense, que foron os que participaron na campaña enmarcada no Plan Parti-cip@, unha iniciativa pio-neira en Galicia que lidera a Deputación de Ourense, e que ten como obxectivo o desenvolvemento sostible dos concellos e a difusión entre a cidadanía de inicia-tivas que melloren o medio ambiente, aforren auga e enerxía e permitan a correc-ta xestión dos residuos.

A “Rede de Municipios Ourensáns cara á Sostibili-dade” está integrada, nesta primeira etapa que abran-gue ata o ano �015, polos concellos de A Bola, A Gu-diña, A Merca, Baltar, Car-telle, Celanova, Gomesen-de, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Lei-rado, Rairiz de Veiga, Ra-mirás, Sandiás, Sarreaus,

A provincia de Ourense será escenario os próximos días �0 e �1 de setembro dunha das probas deporti-vas máis vistosas e esixen-tes de cantas se disputan na modalidade de carrei-ras: o running extremo. Baixo o título de “Desafío 4�”, esta proba, patroci-nada pola Deputación de Ourense, consiste en tres carreiras que os atletas disputarán nas localidades de Ribadavia, Nogueira de Ramuín e Ourense cidade, percorrendo as seguintes distancias: circuíto asfal-to-terra Ribadavia-Beade-Leiro-Beade-Ribadavia, de �1 km, que se disputará o �0 de setembro ás 10.00 horas; circuíto asfalto-terra de Nogueira de Ramuín, de 11 km, que se correrá o �0 de setembro ás 19.30 horas, e o circuíto asfalto-terra de Ourense cidade, de 10 km de percorrido, carreira que se disputará o �1 de setembro, ás 11.00 horas.

A presentación da pro-

cooperativismo e o autoem-prego no medio rural que, dentro do Plan “Transfor-ma Ourense”, desenvolve a Deputación de Ourense. Precisamente, referido ao Plan “Transforma Ouren-se”, Manuel Baltar comen-tou o acordo asinado coa Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria polo cal se desti-nan máis de �00.000 euros para o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que melloren a competitividade das empresas ourensás e para un programa de bol-sas para titulados univer-sitarios. “Isto permitirá darlle un pulo importante ás pequenas e medianas empresas da provincia de Ourense, coa finalidade de mellorar a innovación das pemes e incrementar a súa competitividade, así como favorecer a creación e con-solidación de empresas de base tecnolóxica e poten-

Baltar analiza co Círculo de Xóvenes empresarios de Ourense temas de emprendemento e emprego

ciar o tecido empresarial ourensán”, explicou Baltar.

Plan de internacionali-zación

Outra das liñas de tra-ballo do Plan “Transforma

Ourense”, da que tamén poderán ser partícipes os xóvenes empresarios, é o Plan de internacionaliza-ción e axuda ás empresas de Ourense que está a levar a cabo o Inorde co obxec-

tivo de analizar diferentes países nos que poidan exis-tir oportunidades de nego-cio para empresas ourensás en mercados en crecemento e cunha forte demanda de produtos e servizos.

Trasmiras, Xinzo de Limia e Verea, e a ela poderanse acoller a partir de �015 to-dos os municipios da pro-vincia que avoguen polo desenvolvemento sostible e por unha xestión local máis transparente.

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, afirma que hai que apostar por unha “econo-mía verde” e para iso é necesario “desenvolver iniciativas que fagan máis eficientes o uso dos recur-sos medioambientais nos nosos concellos”. Baltar destaca que a Deputación de Ourense lidera unha iniciativa medioambiental “en rede” a prol do desen-volvemento sostible dos concellos, “por medio da cooperación e do consen-so político e social, o que permitirá abordar os pro-blemas do medio ambien-te de maneira conxunta e con máis eficiencia e afo-rro, pensando no benestar dos cidadáns do presente e do futuro”.

ba tivo lugar no Mosteiro de San Clodio (Leiro), acto que contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Leiro, Francis-co José Fernández; o direc-tor técnico da proba, José Ramón Rey, e o asesor de

Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino Gon-zález.

Nesta primeira edición do “Desafío 4�”, que se co-rrerá por terras do Ribeiro, A Ribeira Sacra e a capital ourensá e que conta coa colaboración da empresa

Move, haberá 3.000 euros en premios para os primei-ros corredores na clasifica-ción xeral e local, así como trofeos e obsequios para os primeiros de cada catego-ría. Tamén se sortearán ob-sequios dos colaboradores entre todos os participantes.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, entre o vicepresidente do Círculo de Xóvenes Empresarios, Diego Novelle, e o seu presidente, Lois Babarro./ALBERTE PAZ.

19 concellos desenvolveron actividades sostibles este verán dentro do Plan Particip@

A proba de running extremo “Desafío 42” reúne en Ourense os mellores especialistas

O director técnico de “Desafío 42”, José Ramón Rey, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, na presentación da proba.

Page 16: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

16 BARRIOSSetembro de �014 OURENSE PROVINCIA

Dous dos concellos que terán obradoiro de emprego este ano son os de Verín e Vilardevós, que puxeron en marcha o obradoiro de emprego ‘San Antón’ para formar �0 persoas desemprega-das de ambos municipios, nas áreas de xardinería, albanelaría e carpintería.

Este obradoiro, de seis meses de duración, ten por obxecto formar e favorecer a inserción la-boral dos participantes, que terán ademais a posi-bilidade de obter o título de ESO no caso de non posuílo. Os alumnos en-cargaranse de rehabilitar

a capela do San Antón e acondicionar o seu contor-no, rehabilitar parcialmen-te a antiga escola de Be-rrande para convertila en centro social e manter as áreas recreativas fronte ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas municipais descubertas da Granxa.

Rehabilitación da cape-la de San Antón

Na capela de San Antón perséguese a súa rehabili-tación, o acondicionamen-to da súa contorna, e a re-valorización do patrimonio artístico, cultural, arquitec-tónico e arqueolóxico exis-tente na zona. Para acadar este cometido levaranse a cabo diferentes actuacións sobre a edificación, realiza-das polos módulos de car-pintería e albanelaría como a substitución da cuberta

e a preinstalación de elec-tricidade e iluminación. O módulo de xardinería será o encargado de acondicio-nar o contorno inmediato mediante o desbroce, lim-peza, pavimentación, colo-cación de bancos de pedra e valados.

Centro social para Be-rrande, Vilardevós

Mentres que no referente á antiga escola de Berran-de o obxecto primordial da intervención é dotar a esta localidade do municipio de Vilardevós dun centro so-cial. Por este motivo, efec-tuarase a rehabilitación parcial desta antiga escola, coa mellora da rede de sa-neamento, colocación de novo pavimento, colación de portas e fiestras e ade-cuación de novos espazos.

Nestas dúas actuacións

4 En Verín o obradoiro recuperará o contorno da capela do San Antón

Redacción

A Conselleria de Traba-llo e Benestar vén de po-ñer en funcionamento os 13 obradoiros de emprego que a provincia acolle nas comarcas de Celanova, Carballiño, Viana, Verín, Valdeorras, A Limia, a Baixa Limia e Ourense. En total son 40 os concellos nos que se desenvolverán estes cursos teórico-prácti-cos, para os cales a Xunta destina preto de �,3 millóns de euros.

A consecución destas ini-ciativas en materia de crea-ción de emprego beneficia-rán a un total de 339 persoas en paro: �63 alumnos, 13 directores, 13 administrati-vos e 50 técnicos docentes. Estes programas mixtos, que teñen unha duración de seis meses, combinan a ac-tividade formativa co des-envolvemento dun traballo remunerado, e ofrecen for-mación aos participantes en ramas laborais como a carpintaría, a albanelería, a

Trece obradoiros de emprego formarán 339 persoas paradas na provincia4 En 40 municipios.

xardinería, a asistencia do-méstica, a atención xeriátri-ca ou o viveirismo.

Celanova, Allariz, Verín e A Limia

O obradoiro da Manco-munidade de Celanova “Te-rras de Celanova III” ofre-ce formación a �1 parados en asistencia doméstica e atención xeriátrica, mentres que o consorcio Río Arnoia (composto por A Merca, Cartelle, Ramirás) formará �1 desempregados en vivei-rismo, xardinería e albane-lería.

Os concellos de Celanova, Bande e Verea colaboran no obradoiro de emprego “San Rosendo segue o camiño”, que forma o seu alumnado (�0 prazas) en xestión de márketing e comunicación, en implementación e anima-ción de espazos comerciais, a creación e xestión de mi-croempresas, e a creación e xestión de viaxes combina-dos e eventos.

Pola súa banda, a man-comunidade Conso Frieiras

Participantes no obradoiro de emprego de Padrenda.

(A Gudiña, Riós e Vilariño de Conso) desenvolve un obradoiro nas especialida-des de xardinería e axuda no fogar, para �0 persoas desempregadas.

O obradoiro “As Veigas” que presentan os concellos de Porqueira, Calvos de Randín, Rairiz de Veiga e Os Blancos forma �0 alum-

nos en xardinería e asisten-cia doméstica.

E o obradoiro “Alta Limia II”, que une aos municipios de Sarreaus, Trasmiras, Sandiás e Vilar de Barrio, está especializado en xardi-nería e albanelería, ao igual que o obradoiro “Xinzo e Baltar polo emprego”. En ambos casos son �0 prazas

Os obradoiros forman en albanelería, xardinería, carpintaría, asistencia doméstica, entre outras ramas laborais

para desempregados.Visita institucionalO delegado territorial da

Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou recente-mente un destes obrado-iros, denominado “Ruta

dos Muíños II”, que des-envolven conxuntamente os municipios de Padren-da, Pontedeva e Cortegada. Son �0 desempregados os que aprenderán aquí traba-llos especializados en alba-nelería e xardinería.

Durante a súa visita, o delegado salientou as van-taxes que os obradoiros de emprego ofrecen, tanto aos propios alumnos como aos concellos que os acollen, “dándolles, por unha ban-da, a oportunidade aos seus participantes de optar a un posto de traballo, e por outra a posibilidade aos concellos de realizar obras ou desen-volver servizos de interese para a comunidade”.

Martínez destacou, á súa vez, a importancia da cola-boración institucional do Goberno autonómico coas entidades locais para “ase-gurar unha continuación do traballo levado a cabo nos obradoiros cara á in-serción futura no mercado laboral”, recordando que, “segundo as estatísticas da Consellería de Traballo e Benestar, preto dun 70% dos participantes poderán obter unha inserción real no mesmo”.

participarán os 9 alumnos de albanelaría, 6 de carpin-taría e 5 de xardinería. Es-tes últimos tamén realiza-rán labores de mantemento das áreas recreativas fronte

ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas mu-nicipais descubertas de A Granxa, nas que se replan-tará o céspede e especies vexetais en mal estado, e

realizaranse traballos de poda, mantemento dos pavimentos de xabre e restauración de valado de madeira de zona infantil existente.

A antiga escola de Berrande srá convertida en centro social

Os alumnos deste obradoiro de Verín e Vilardevós tamén se encargarán do mantemento das áreas recreativas sitas fronte ao campo de fútbol José Arjiz./M.R.

Page 17: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

17OURENSE PROVINCIA

Redacción

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, presidiu as sesións dos plenos ordinarios dos consorcios contra incendios e salvamento de Verín e da Limia, reunións nas que ta-mén participou o director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e os alcaldes e representantes dos conce-llos que engloban os con-sorcios.

Na orde do día de ambas as dúas xuntanzas deuse conta da liquidación do orzamento de �013 e da aprobación da conta xeral

correspondente a dito exer-cicio. Ademais, acordouse prorrogar o contrato de con-cesión da xestión indirecta do servizo de intervención en emerxencias destes con-sorcios, e polo que respecta ao consorcio da Limia pre-sentouse tamén a memoria de �013.

CoordinaciónA Deputación de Ourense

está a impulsar a coordi-nación dos consorcios dos parques de bombeiros da provincia para mellorar a

súa xestión tanto admi-nistrativa como técnica e de intervención a través da unificación deste entes no Consorcio Provincial de Incendios. “Esta uni-dade de acción permitirá incrementar a eficacia na xestión integral, redimen-sionar custes e mellorar a coordinación de actua-cións, tendo sempre en conta que o primeiro é velar pola seguridade das persoas e do medio am-biente”, afirma Manuel Baltar.

Alcaldes da comarca da Limia xunto ao presidente da Deputación e ao director xeral de Emerxencias, na reunión do consorcio contra incendios./ALBERTE PAZ.

Os consorcios contra incendios de Verín e A Limia analizan orzamentos e temas organizativos 4 Acordouse prorrogar o contrato de xestión indi-recta do servizo de intervención en emerxencias.

A Deputación quere unificar estes entes no Consorcio Provincial de Incendios

O PP elixe os presidentes locais en Xinzo e Calvos de Randín4 Antonio Pérez e José Manuel Andrade foron escollidos co 97 e o 96% dos votos dos compro-misarios, respectivamente.

Membros do PP que asistiron ao congreso local de Calvos de Randín./ALBERTE PAZ.

Redacción

Antonio Pérez Rodrí-guez e José Manuel An-drade Rodríguez son os novos responsables locais do Partido Popular en Xinzo de Limia e Calvos de Randín, despois de se-ren elixidos nos seus res-pectivos congresos locais no mes de setembro. O único candidato a presi-dir o PP de Xinzo obtivo o 97,6% dos votos dos compromisarios, mentres que José Manuel Andrade conseguiu o 96% dos vo-tos en Calvos.

A mellora nas infraestru-turas e a posta en marcha de proxectos en colabora-ción co resto de adminis-tracións foi un dos eixos do discurso do presidente local electo en Xinzo, Antonio Pérez. En clave orgánica de partido, Pérez recalcou a importancia de “fomentar a incorporación da xente nova á política, sobre todo reforzando as Novas Xera-cións de Xinzo de Limia”.

En Calvos de Randín, José Manuel Andrade Ro-dríguez márcase como obxectivo “gañar as vindei-ras eleccións municipais”,

para o que propuxo, a elec-ción consensuada entre to-dos os militantes e afiliados da cabeza de cartel. “Cal-vos de Randín precisa dun goberno que saiba aprovei-tar os recursos propios do municipio e que pense nas persoas como obxectivo prioritario”, afirmou.

Próximo congreso: VereaA rolda de congresos lo-

cais do PP continúa en Ve-rea o próximo �6 de setem-bro. Juan Antonio Martínez González é o único can-didato a presidir o partido nesta localidade.

Redacción

Expourense incorpora ao seu calendario feiral de �014 dúas novas citas ven-celladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción. En estreita colaboración coa Asocia-ción de Concesionarios de Automóbiles de Ourense,

ACAUTO, organizan para o vindeiro mes de outubro o que será xa o 6º Salón do Automóbil - Vehículo Novo (a fin de semana do 3 ao 5) e o 6º Salón do Auto-móbil – Vehículo de Oca-sión (do día 10 ao 1�).

Está confirmada a parti-cipación como expositores nestas citas de todos os concesionarios da provin-

Vehículos novos e de ocasión citaranse en Expourense4 A cita coas últimas novidades no sector da auto-moción será do 3 ao 5 de outubro; e cos vehículos usados do 10 ao 1�.

Ramón Seijas, Alejandro Rubín e Santiago Garza durante a sinatura do convenio.

Participarán máis de 30 marcas de vehículos

cia asociados a ACAUTO. En total participarán unha vintena de empresas que engloban máis de 30 mar-cas de vehículos.

O obxectivo é presen-tar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes.

Desconto de 6.000 eurosPara animar aos visitan-

tes a axilizar o proceso de decisión, a organización

sorteará entre os que pe-chen a compra dun autómo-bil nestas citas un desconto de 6.000 euros.

Page 18: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

18 BARRIOSSetembro de �014 DEPORTES

4 Casado faise coa Nocturna de Maceda

O pasado �3 de agosto celebrouse en Maceda a primeira edición da ca-rreira nocturna de Mace-da. Unha proba que per-corre o pobo e discorre polo entorno do castelo macedán.

Nesta primeira edición o vencedor foi un atleta da localidade, José M. González Casado (Vía XVIII Maceda), que em-pregou un tempo de �0 minutos e 31 segundos en percorrer os 5.800 metros que compoñían a proba.

O atleta do Ourense Atletismo Jorge Silva foi o segundo clasificado, a 17 segundos de Casa-do (�0:48). Terceiro foi Juan Carlos Díaz (Run-ning Sarria), a máis de dous minutos do pimeiro (��:38).

En mulleres, a máis rápida foi Sonia Teijeiro (Ourenrunning) cun tem-po de �6 minutos e un se-gundo. A segunda clasifi-cada foi a súa compañeira de equipo, Vicky Losada Perez (�7:51), e terceira foi a atleta independente Ainhoa Oliva Senderos (�9:03).

4 O COB xoga en Verín

Este xoves 18 de se-tembro, o Club Ourense Baloncesto disputa un partido de pretempada en Verín. O encontro terá lugar ás �0.30 horas no complexo deportivo da Granxa e os ourensáns mediranse co Marín.

Este será o cuarto parti-do da pretempada para os homes de Gonzalo García de Vitoria.

Redacción

Maceda acolleu a media-dos de agosto a VI BTT de Maceda, última proba pun-tuable para o Open Galego de BTT XC. E para o Club Ciclista Maceda o resulta-do non puido ser mellor, xa que acadou seis podios, dos cales catro foron vitorias.

Xiana Conde en cadete, Raúl González en júnior, Iván Feijoo en cadete e Xulio Conde en M40 fo-ron os vencedores das súas probas, mentres que Saúl López foi segundo en elite e José Manuel, segundo en M50.

Repaso á tempadaO final de tempada en

Maceda tan só e unha pe-quena mostra do gran ano que realizaron os compo-ñentes do Club Ciclista Maceda cunha gran canti-dade de vitorias e podios.

Tanto Saúl López (elite) coma Iván Feijoo (cadete) proclamáronse campións galegos nas súas catego-rías no Open Galego �014. Feijoo venceu en todas as probas disputadas do cir-cuíto.

En júniors, Raúl Gonzá-lez rematou segundo, e en cadetes Román Saa, ter-ceiro. Tamén acabaron en podio na final, Xulio Con-de, segundo en máster 40, e José Manuel, terceiro en máster 50.

A participación ourensá nos campionatos galegos foi moi exitosa logrando os títulos de campións de Galicia Raúl González (jú-

nior) e Iván Feijoo (ca-dete). A isto, hai que en-gadir os subcampionatos de Saúl López en sub �3 e de Eva Álvarez en eli-te. Álvarez tamén logrou ser subcampioa nacional en sub �3 no seu primei-ro ano na categoría (con vitoria na última proba do Open de España). Pola súa banda, Saúl López foi quinto en sub �3 no pasa-do campionato de España celebrado en Panticosa.

Selección galegaCatro corredores ma-

cedáns acudiron aos di-ferentes campionatos de España formando parte da selección galega. Un éxito inapelable que está refrendado as máis de �0 vitorias logradas en todo o ano, sumadas aos in-contables podios.

Saúl López foi o gañador da elite no Open de Gali-cia.

Catro vitorias na casa, broche final de tempada4 Na VI BTT de Maceda.

Redacción

O Concello de Verín xa ten aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas Municipais. As actividades darán co-mezo o 1 de outubro e rematarán o �8 de maio de �015, e divídense en dúas especialidades: es-colas infantís-xenéricas e escolas de especializa-ción deportiva.

As actividades infan-tís-xenéricas son pe-quexogos, psicomotrici-dade e xogo e deportes. As de especialización deportiva son fútbol sala, aeróbic infantil, danza oriental, tenis, urbano infantil (hip-hop e bailes modernos), urbano xuve-nil (cramp, hip-hop, po-pping, funky), acrosport, atletismo e baloncesto.

O proceso de inscri-ción débese realizar no pavillón municipal de

O Concello de Verín abre o prazo de inscricións das Escolas Deportivas4 Allariz tamén abre o período para inscribirse en variadas actividades.

deportes (luns a venres, de 10 a 14 e 17 a �0 horas), no teléfono 988 41 11 40 ou no correo electrónico [email protected]. Ata o 19 de setembro inscribi-ranse os antigos alumnos e a partir do �� os que o fagan por primeira vez.

Piscina climatizadaTamén está aberto o

prazo para inscribirse nas actividades deportivas ofertadas na piscina cli-matizada do Concello de Verín.

Os socios que queiran participar nalgún curso deberán anotarse o 19 de setembro; os novos so-cios deberán facelo entre o �� e o �3 de setembro (os empadroados en Verín ou eurocidadáns) e os que non están empadroados en Verín nin son eurocida-dáns e queiran inscribirse nalgún curso deberán fa-celo entre os días �4 e �5

de setembro.

Escolas deportivas allariz

O Concello de Allariz oferta para os nenos unha ampla variedade de acti-vidades deportivas para o curso �014/�015, entre as que se atopan fútbol, baloncesto, piragüismo, natación, equitación e pre-deportivas.

Todas as escolas depor-tivas comezarán a partir do mes de outubro. Para máis información, os in-teresados deben dirixirse á piscina municipal, ao teléfono 988 44� 083 ou escribir ao correo elec-trónico [email protected].

No referente a fútbol e baloncesto, os nenos interesados deberán in-formarse e inscribirse no club correspondente, no Seixo ou no Pavillón municipal.

As inscricións nas actividades da piscina climatizada de Verín deben facerse do 19 ao 25 de setembro.

EN BREVE

Page 19: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

19PUBLICIDADE

Academia Proxecto fiel a su línea de trabajo en el campo formativo: calidad (tanto en el profesorado como en los temarios, los simulacros de examen, test de autoevaluación...) pro-fesionalidad, trato perso-nal (adaptación máxima a las necesidades del alum-no (horarios, precios,…) y tutorización personal permanente por todos los profesores del centro, ini-cia un nuevo curso.

Rocío Seara Carrera, encargada de la gestión del centro, nos informa de las últimas informaciones al respecto de las diferen-tes convocatorias de opo-siciones para el año 2015:

“Según las últimas infor-maciones, a día de hoy, pa-rece ser que se elevará la tasa de reposición del 10% actual al 50% en 2015 y se plantea la posibilidad en las próximas fechas la elimi-nación de dicha tasa en 2016, en diferentes cuer-pos como el de docentes, justicia o penitenciarias. Al menos así lo ha comuni-cado a las Comunidades de forma verbal el organismo que dirige el ministro Cris-tóbal Montoro. La oferta de empleo público fue prác-ticamente reducida a cero con la llegada del Ejecuti-vo de Rajoy como medida para contrarrestar el ele-vado déficit público. Para

determinados servicios bá-sicos, como la educación, se estableció entonces una tasa de reposición del 10%, es decir, sólo se cubría una de cada 10 vacantes que dejaran los docentes jubi-lados. De hecho, este año aún sigue vigente el 10%, porcentaje que se elevará al 50% en 2015, según ha comunicado el Ministerio de Hacienda a las Comu-nidades”.

“En nuestro centro con-tinuamos con la prepara-ción en varios grupos ya existentes y en septiem-bre ponemos en marcha los grupos relacionados con las especialidades de Magisterio con vistas a la

oferta del año �015, que se espera que sea importante en relación a la de estos últimos años, o las oposi-ciones al cuerpo de Jus-ticia. Así abrimos grupos nuevos para la preparación de oposiciones a Policía Local en sus diferentes ámbitos de convocatorias, conjuntamente con Policía Nacional y Guardia Civil, con una fórmula novedosa adaptada a los tiempos que corren.

Iniciamos la preparación al cuerpo de Ayudante de Instituciones Penitencia-rias para la oferta de em-pleo del �015, con una me-todología de preparación innovadora, que completa

nuestra forma de enfocar estas oposiciones y que estamos seguros resultará para los alumnos de nuestro centro un plus en su prepa-ración.

Y por último abrimos un grupo para las oposiciones del Sergas, dentro de la categoría de Enfermería. Fuentes sindicales nos han

EL CENTRO ACADEMIA PROXECTO INICIA UN CURSO ACADÉMICO

informado que la intención de la Xunta es publicar la convocatoria en octubre, una vez que se aprueben en Mesa Sectorial. Las con-vocatorias incluirán, como en ocasiones anteriores, las bases, los temarios y el ba-remo. Las oposiciones po-drían ser para la primavera del �015.”

Rocío Seara Carrera, encargada de la gestión del centro

Page 20: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

�0 BARRIOSSetembro de �014 DEPORTES

Os participantes escolleron entre unha ruta curta de 33 km e unha longa de 46 km

A BTT 4Picos de Celanova reúne máis de cen ciclistas4 Venceron Raúl González e Gabriel Pereira.Redacción

Máis de cen ciclistas, entre eles, unha muller, participaron o pasado do-mingo 7 de setembro na III BTT 4Picos de Celano-va. A choiva marcou esta competición, que rematou coa vitoria de Raúl Gon-zález do Clube Ciclista Maceda na ruta longa (de 46 quilómetros) e de Ga-briel Pereira, do Clube Ci-clista NSB Celanova, na ruta curta (33 km).

González empregou un tempo de � horas �� mi-nutos e 44 segundos para cubrir un circuíto no que destacaba un desnivel po-sitivo acumulado de 1.475 metros. Pola súa banda, o gañador da ruta curta, que tiña un desnivel acumula-do positivo de 900 metros, fixo o percorrido nunha hora 57 minutos e 38 se-gundos.

Dous participantes durante a ruta BTT por Celanova.

A Sociedade Ciclista Alaricana (ASOCIAL) vén de anunciar o cambio de data da BTT de Allariz do sábado �0 ao domingo �1 de setembro. A organi-zadora do evento atende así a petición de diversos clubs da contorna e nume-rosas persoas que queren-do participar neste evento non podían por coincidir con outros e pola dificul-tade para formar equipos.

A saída da ruta, que será finalmente de modalidade individual non competiti-va, terá lugar ás 9:30 ho-ras. Os participantes po-derán escoller entre cubrir unha ruta curta de 30 km ou unha longa de 55 km.

A participación é gratuí-ta e as inscricións poden realizarse no Facebook de ASOCIAL. Ao peche des-ta edición xa roldaban os cen inscritos.

4 A BTT de Allariz, o día 21

Redacción

O Fluvial de Allariz foi profeta na súa terra e ven-ceu na cuarta xornada da Copa Deputación de pira-güismo. O fluvial de Allariz quedou primeiro na clasifi-cación por equipos, segui-do de Avión e Fontefría de

O Fluvial de Allariz, profeta na súa terra4 Venceu na cuarta xornada da Copa Deputa-ción de piragüismo.

Muíños, segundo e terceiro respectivamente.

Clasificación por cate-gorías

Por categorías os vence-dores foron Agustín Segura e Javier Rodríguez, e Paula Segura e Ánxela Bruquet, en alevíns; Javier Pereira

Piragüistas na proba de Allariz./RAMSÉS.

e Andrés Tamayo, e Sara Vide e Lucía Cota, en in-fantil; Santiago Álvarez e Marielena Márquez, en cadete; en xuvenil, Cris-tian Lage; en júnior, Sa-bela Conde; en veteranos Carlos e Mónica Piñeiro, e en sénior, Pablo Feijóo e Kissi Torres.

R.T.

O corredor do Atletis-mo Arenteiro, Luis Igle-sias Raña, foi o vencedor da XVIII carreira popular de Cartelle desbancando a Saturnino González (At-letas Veteranos Ourense), gañador das últimas edi-cións.

Como cada ano desde fai 18 celebrouse a Carrei-ra Popular do Concello de Cartelle, proba que come-zar en Cartelle e remata en Outomuro tras 10 quiló-metros de percorrido. Nas últimas edicións Saturni-no González vencía con

comodidade nunha proba que ten un percorrido moi esixente, ao que se suman as altas temperaturas tipicas da época do ano en que se disputa. Este ano, Saturnino volvía ser un dos favoritos de cara ao triunfo final, pero entre os inscritos atopábase un Luis I. Raña que ía loitar pola vitoria.

Finalmente foi o atleta do Carballiño o que se impuxo ao da capital por case un minuto de diferenza. 34:50 minutos foi o tempo empre-gado por Raña, polos 35:49 de González. No terceiro caixón do podio acompa-ñounos Alejo Fernández

Raña desbanca a González na popular de Cartelle4 Despois de varios anos lo-grando a vitoria nesta cita.

(36:47 minutos) do Atletis-mo Arenteiro.

MulleresEn mulleres, a atleta de

Baños de Molgas, Cristina López Casado (Ourenrun-ning) foi a primeira clasifi-cada cun tempo de 51 minu-tos e 53 segundos. Segunda rematou a atleta de Pereiro de Aguiar, Sira Cebreiros Iglesias. En terceira posi-ción finalizou a local María del Carmen Pérez Calviño.

Luis Iglesias Raña.

Redacción

César Montes e Mar Vi-llar saíron coroados na �5ª edición do Vila de Allariz. Montes -A Coruña- e Mar Villar -O Morrazo- foron os vencedores da edición do triatlón popular alari-cano, que reuniu 150 de-portistas de toda Galicia e de fóra da Comunidade Autónoma.

O triatleta coruñés venceu, cun tempo de 1:11:09, aventaxando en oito segundos a Fady Hout Varela (segundo) e Juan Fernández Moldes (terceiro). Os tres depor-tistas cruzaron a liña de meta cunha diferenza de 15 segundos entre o pri-meiro e o terceiro.

En categoría feminina, Mar Villar gañou clara-mente ao completar as tres probas nunha hora, �3 minutos e 41 segundos. Segunda foi Sonia Parien-te (1:�5:58) e terceira Va-nesa Díaz (1:�8:17).

O triatlón de Allariz coroa a César Montes e Mar Villar4 Na �5ª edición do Vila de Allariz.

PúblicoComo cada ano as beiras

do río Arnoia enchéronse

Participantes do triatlón na transición da proba de nata-ción e de ciclismo. /RAMSÉS

de público, que non quixo perderse unha nova edición do triatlón popular de Alla-riz. Familiares, curiosos e afeccionados deste deporte non deixaron de animar a todos os participantes, re-compensándoos con aplau-sos cando estes percorrían os últimos metros da proba a pé.

A liña de meta estivo abarrotada de público

Page 21: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

�1PUBLICIDADE

Page 22: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

�� BARRIOSSetembro de �014

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Amigo

Coa alma ferida non é doado xuntar verbas, e máis cando van dedicadas a un amigo especial.

Non podía ser doutra forma, e sen facer barullo, quixeches voar ceibe, co sinal inconfundible dun fermoso sorriso, e deixan-do no aire, para nós, o teu lema preferido, “apura a xogada da vida, non deixes para o final, e goza o día que se poña por diante”. Así foi a túa, a toda máqui-na, rachando as ondiñas atrevidas, que quixeran voltear a dorniña con rum-bo á felicidade.

Ata o derradeiro intre, fuches o gran capitán, xe-neroso, noble e sobre todo valente, sen medo á gran tempestade, que, de súpe-to, apagou a túa alma.

Quero imaxinarte, no ceo do que sempre falaches, xuntándote cos amigos de toda unha vida, ateigada de cousiñas inesquecibles, das que sempre nos lem-bramos con satisfación. Agora, só nos queda rebo-binar, unha e outra vez a mellor película que xamais

puidemos ollar, as andanzas que pasamos xuntos, e que, sen dúbida, quedarán no co-razón.

Querido amigo, segues camiñando ao meu carón, non hai recuncho desta que-rida vila onde non te sinta, segues presente cunha forza incrible. Os amigos deixaron bágoas doces por ti, e deron as apertas máis fermosas que xamais puideras imaxi-nar, auténticas, sen trampas, as que se cravan de verdade; eles son o teu tesouro, un patrimonio único, que non é doado xuntar.

A inercia da vida segue o seu ritmo, sen pausa, mais coido que, nalgún intre, te-rás ocasión de ollar, dende o máis alto, o fermoso camiñar da xente que te quere e que dalgunha forma quedamos marcados coa túa inconfun-dible ironía, da que fixeches sempre gala, con harmonía e cariño.

En Cabreiroá, florecerá de novo o outono gris, que coa túa inmensa luz non permitirá que as follas das árbores borren o camiño da esperanza.

A praia gaditana da Victoria ficará coa marea baixa e o levante en calma, para que olles as pegadas na area, esas pegadas que deixaches perpetuas, e que serán o faro que nos guíe, sempre cara aos teus ollos.

En Buenos Aires soará o teu tango preferido, ao mesmo tempo que brilarán as estrelas da Champións Ligue no novo San Ma-més.

Acá, nesta columna, onde cada mes brotan os meus sentimentos, non po-día faltar a túa homenaxe, aínda que coa alma ra-chada, e coa pena de non poder abrazarte e darche grazas, por ser o meu ami-go fiel, cómplice e leal, e sobre todo, o máis fermo-so, por ser o meu pai. Ata sempre, Rayito.

Miguel A. Prieto “Chita”

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

A mestura do mel con canela pode curar a maior parte de doenzas, segundo científicos occidentais.

Doenzas de corazónFaga unha pasta de mel

e po de canela e aplíquea no pan. Úsea, regularmen-te, no almorzo. Esta mes-tura reduce o colesterol nas arterias, evita ataques cardíacos, alivia a perda da respiración e fortalece

as batidas do corazón.

ArtriteOs pacientes desta po-

den tomar, diariamente, de mañá e á noite, 1 cunca de auga quente con � cullera-das de mel e 1 culleriña e po de canela. Esta carpeta tomada, regularmente, pode curar a artrite crónica.

Colesterol� culleradas de mel e 3

culleriñas de canela, mestu-radas con medio copo de té, son capaces de reducir un 10% o nivel de colesterol no sangue en dúas horas. Como o mencionado para pacientes artríticos, se se

toma dúas veces ao día, axuda a curar o colesterol crónico. Alén diso, mel puro mesturado con comi-da alivia reclamacións de colesterol.

Infeccións de vexigaTome � culleradas de po

de canela e 1 culleriña de mel disoltas nun copo de auga morna. Esta mestura destrúe os xermes.

EstómagoO mel tomado co po de

canela alivia dores de úl-ceras de estómago. Tomar dúas veces ao día, despois das principais comidas.

João Damião

Beneficios do mel con canela

“A mestura do mel con canela pode curar doenzas”

4AXENDAExposicións- Ata o �8 de setembro –

Exposición de Narciso Cu-rral – Sala de exposicións “A Fábrica” de Allariz

- Ata o �5 de setembro - Exposición “180 anos de historia provincial” - Sala de Exposicións de Verín

- Ata o 11 de outubro - Expo Arte �014 - Sala de Exposicións de Verín

- Ata o 19 de outubro - Exposición “Sequienzas” - Centro de Artes Nadir Afonso (Chaves)

Feiras- Todos os xoves - Cela-

nova- 18 de setembro e 4 de

outubro - Cartelle- 18 de setembro e 4 de

outubro - Cualedro- �0 de setembro e 4 de

outubro - Maceda- �0 e �1 de setembro -

Romaría da Saínza - Rairiz de Veiga

- �1 de setembro - Ra-mirás

- �3 de setembro - Rairiz de Veiga

- �3 de setembro, e 3 e 11 de outubro - Verín

- �4 de setembro - Xun-queira de Ambía

- �6 de setembro - A Merca

- �7 de setembro- Xinzo- 1 e 15 de outubro -

Allariz- � de outubro - Baños

de Molgas e Calvos de Randín

- 4 de outubro-Porqueira- 5 de outubro - Sandiás- 6 de outubro - Sarreaus- 7 de outubro - Vilarde-

vós- 8 de outubro - Baltar- 9 de outubro - Oímbra- 9 de outubro - Vilar de

Barrio- 9 de outubro - Xun-

queira de Espadañedo- 13 de outubro - Pader-

ne de Allariz

Outros- 19 de setembro - En-

trega de premios do colec-tivo Arraianos – 18.30 h – Lobios

- Ata o �4 de setembro - Novena na honra da Virxe da Merced - Varios hora-rios - Igrexa dos RR.PP. Mercedarios (Verín)

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

“Nesta columna non podía faltar a túa homenaxe, para darche as gracias por ser o meu amigo fiel, o meu pai”

4 Entrega de premios de Arrainos

O colectivo Arraianos realiza este 19 de setembro, a partir das 18.30 horas en Lobios, os actos de entrega dos premios “Arraiano Uni-versal” e “Arraiano Maior da Raia Seca �014”.

O primeiro destes galar-dóns recibirao Lois Soto, “polo seu traballo constante en defensa das liberdades e da democracia e o seu exem-plo de integridade e servizo ao país”, segundo explica-ron dende Arraianos.

E o premio de “Arraiano Maior” será nesta edición para o colectivo Porta Treze, “pola súa intensa actividade de dinamización cultural e por ser un referente no mo-vemento desfronteirizante na raia galaicoportuguesa”, adiantou Álvarez.

4 O espectáculo “Moulin Rouge” chegou a Verín

Este 19 de setembro, ás 10.30 horas, o Pavillón Mu-nicipal de Deportes de Verín acollerá a segunda represen-tación do musical ‘Moulin Rouge’, a cargo de alumnos do IES Taboada Chivite.

A esta representación, na que participan un cento de alumnos do centro educati-vo, ademais do público en xeral tamén acudirán estu-dantes de colexios de toda a comarca, que gozarán dun espectáculo musical que naceu no pasado curso da man de alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, combinando escenas tea-trais, cancións e coreogra-fías, ademais de decorado e vestiario únicos.

4 A Biblioteca Máxica

O xoves 18 de setembro, de 18 a 19.30 horas, a Bi-blioteca Pública Municipal de Verín acollerá a iniciativa ‘A Biblioteca Máxica’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura.

EN BREVE

A mesma está destinada a un máximo de �0 nenos so-cios da instalación, de entre 3 e 9 anos; e consistirá na realización de contacontos e como manualidade elabora-rán un cartel para a porta da súa habitación.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no telé-fono 988 414 776.

4 Inscricións na Escola da Banda de Música de Allariz

A Escola da Banda de Música de Allariz abre o prazo de inscrición, do 15 ao 30 de setembro, para o curso �014/�015.

A Escola ofrece clases se-manais de linguaxe musical, iniciación (6 anos), frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, tuba, bombardino, percusión, banda infantil e pianista acompañante.

[+ info no 617 65� 047]

4 Novos cursos na Fundación González Ferreiro

A Fundación Ramón Gon-zález Ferreiro comeza o mes de setembro organizando novos cursos, continuando, así, co seu labor formativo.

Inglés e francés para adultos (de outubro a maio) así como un curso de mer-meladas e conservas (18 e 19 de setembro) son as iniciativas formativas que ofrecen dende a fundación alaricana para o novo curso �014/�015.

[+ info no 988 436 18�]

4 Escolas Culturais de Allariz

As escolas de Pintura e Música de Allariz comezan novo curso en outubro.

Música en movemento e linguaxe musical ademais da aprendizaxe en instru-mentos como piano ou gui-tarra, e os máis tradicionais como gaita, pandeireta e canto e danza galega, son as actividades que imparte a Escola de Música.

[+ info no 988 44 08 59]

Page 23: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014

�3CLASIFICADOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 14�-�014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz

Nº5 - Ano: IX - Setembro �014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 35�.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

[Envíanos os teus clasificados ao correo

[email protected] ou chámanos ao

tel. 988 045 352]

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDAAlúganse dúas naves de 4�� e 454 m�. Xuntas ou separadas no Polígo-no de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15. (fronte a Codisoil). Telf. 639 67 74 3�.Alúgase piso en Portonovo para todo o ano, con garaxe. Tel. 6�6 �97 504.Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e � habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 �7 19 16.Alugo apartamento amoblado, � habitacións, baño, garaxe pecha-do, próximo a Igrexa de Fátima. 370€ + comunidade. Telf. 988 22 �1 79.Compro casa vella, palleira, ade-ga ou galpón, máximo a 10 kms de Ourense. Prezo máximo aprox. 3.500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Compro terreo, máximo 500-1000 m� preto de Ourense, máxi-mo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Vendo apartamento en Vigo, � habitacións, 1 baño con coci-ña americana, trasteiro e garaxe. Praia América. Bo prezo. Tel. 607 �7 19 16.Alugo piso amplo, 3 habitacións, cociña, � baños, salón, buhardilla, garaxe pechado e adega. Próximo á Igrexa de Fátima. 400€ + comu-nidade. Tel. 988 �� �1 79.Alúgase praza de garaxe en Edi-ficio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301.Alúgase praza de garaxe pecha-da na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel. 649 �55 033.Vendo piso na avenida de Portu-gal (zona Couto) a 5 minutos do centro de Ourense. Ascensor e ca-lefacción central. Opción de praza de garaxe. Teléfonos: 988 �� 39 3� / 657 40� 184.

EMPREGOClases a domicilio en Ourense. Especialidade Matemáticas xe-rais. Todas as etapas. Diversos grupos de materias. Recupera-cións - Verán. Con certificado de formador e CAP. Ampla ex-perencia. Económico. Tel. 636 619 589. E-mail: clasesadomici-lio�[email protected]écese señora de 50 anos para limpeza de pisos familia-res, que se atopen pechados ou sexan utilizados con escasa fre-cuencia, para mantelos limpos e ventilados. En Xinzo de Limia ou localidades próximas. Sala-rio a convir. Posúo preparación profesional. Respectuosa, seria e responsable. Con desempeño e valores de confiabilidade. Posúo documentos legais. Tel. 611 353 009 ou [email protected] cubano católico, con preparación cultural e pro-fesional, busca emprego como coidadores de personas maio-res, acompañantes, xardinería, traballo doméstico. Coidamos de enfermos ou de persoas con discapacidade física, e realiza-mos traballo en residencias da terceira idade.Podemos traballar internos ou por horas, en cal-quera zona. Tel. 611 353 009.Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, orga-nización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516.Señora de 50 anos con curso de formación en bebés ou ne-nos maiores dun ano ofrécese en Xinzo para ser nana ou coi-dar nenos desde un ano de vida ata tempo a convir polo empre-gador, instruíndoos a través de xogos, lectura e diálogo infantil. Tamén levalos á escola. Tel. 611 353 009 ou [email protected]ózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 5�1 448.Ofrécese modista para particu-lares. Bo prezo. Calidade e pun-tualidade. Tel. 988 �55 30�.Academia de debuxo e pin-tura María Pinal Trashorras en Ourense. Clases de debuxo, pintura, manualidades e debuxo técnico impartidas por licenciada en Belas Artes a grupos de nenos e adultos. Tel. 669 603 414

CONTACTOSMozo de 34 anos, atractivo e ben dotado, ofrecese para mulle-res de 45 a 65 anos e para des-pedidas de solteiras na provincia de Ourense. Corpo cultivado en ximnasio. Tel 66� �81 31�. Pre-zo anticrise.

VENDASVendo tablet a estrear. 70 euros. Tel. 698 174 374.Vendo sensores de aparcamento con pantalla led que indica distan-cia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantido por 40 euros. Tel./Whatsapp 667 830 310.Vendo coche de neno Casual Play, pouco uso, �50 euros. Tel. 609 8�� 076Vendo un ciclomotor, unha presa pequena para sidra e un canón ne-bulizador. Tel. 686 54 00 87.Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cris-tal dobre Climalit. medidas: 5�cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44Vendo 2 portas de aluminio bran-co con cristal sen marco. Medidas: �35cms de alto por 78cms. A porta pódese adaptar facilmente ao facer o marco. Ten pechadura con chave. 80€ cada unha. Telf. 687 19 33 44.Véndense apéndices Durvan a 10 euros novos sen desprencitar. Tel. 988 60 70 75.Vendo rodas de coche. 185/80/R14. Tel. 663 376 00�.

Page 24: 17 de setembro - Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova)

BARRIOSSetembro de �014