updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de...

19
CONCELLO DE CUALEDRO Unhas pinceladas do Concello O seu particular emprazamento permite diferenciar dúas grandes unidades: unha zona montañosa que recorre o seu territorio de norte a sur; os seus pés a “penechaira” que se estende cara o este. A primeira está formada polo bloque granítico da Serra de Larouco e as súas estribacións, que se elevan de forma maxestuosa, constitúe unha liña de cumios, divisoria de augas e límite municipal. Dende o sur (1397m en Farrelo), cara o norte a altitude descende ata 849m. no alto das Estivadas, destacando os montes de Baldriz que forman a división de augas entre as concas do Limia e do Támega, nos cumios, enormes bolas de granito, resultado da diaclasación, emerxen como xigante que dominan a segunda unidade do releve diferenciado, o altiplano que, na súa caída cara o val de escaso caudal limita o seu poder erosivo e forman pequenos vales abertos, configurando unha fisionomía alumada. O territorio funciona como unha área de diverxencia de augas que veñen a tres concas: a do Limia (Caseiro, Porto e Tarañeira); a do Támega (río Baldriz cun encaixado val); e a do Búbal (Pinchos e Muíños). Dada a altitude o clima é frío e desapacible en inverno e fresco no verán. Os incendios forestais acaban coa vexetación orixinaria, formada por carballos, castiñeiros e bidueiros, aínda que se conservan extensas manchas, coexistindo cos pinares. Limita ó norte con Laza e Sarreaus, ó leste con Laza Foto: vistas dende o alto das Estivadas

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de...

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

CONCELLO DE CUALEDRO

Unhas pinceladas do Concello

O seu particular emprazamento permite diferenciar dúas grandes unidades: unha zona montañosa que recorre o seu territorio de norte a sur; os seus pés a “penechaira” que se estende cara o este. A primeira está formada polo bloque granítico da Serra de Larouco e as súas estribacións, que se elevan de forma maxestuosa, constitúe unha liña de cumios, divisoria de augas e límite municipal. Dende o sur

(1397m en Farrelo), cara o norte a altitude descende ata 849m. no alto das Estivadas, destacando os montes de Baldriz que forman a división de augas entre as concas do Limia e do Támega, nos cumios, enormes bolas de granito, resultado da diaclasación, emerxen como xigante que dominan a segunda unidade do releve diferenciado, o altiplano que, na súa caída cara o val de escaso caudal limita o seu poder erosivo e forman pequenos vales abertos, configurando unha fisionomía alumada. O territorio funciona como unha área de diverxencia de augas que veñen a tres concas: a do Limia (Caseiro, Porto e Tarañeira); a do Támega (río Baldriz cun encaixado val); e a do Búbal (Pinchos e Muíños). Dada a altitude o clima é frío e desapacible en inverno e fresco no verán. Os incendios forestais acaban coa vexetación orixinaria, formada por carballos, castiñeiros e bidueiros, aínda que se conservan extensas manchas, coexistindo cos pinares.

Limita ó norte con Laza e Sarreaus, ó leste con Laza e Monterrei, ó oeste con Baltar, Xinzo de Limia, Trasmiras e Sarreaus, e ó sur con Montalegre, en Portugal.

As vías de comunicación máis importantes coa cidade de Ourense son a autovía A-52 e a estrada N-525, que teñen accesos á capital do

Foto: vistas dende o alto das Estivadas

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

municipio nos lugares de Lamas e As Estibadas, respectivamente. Atópase a 62 Km aproximadamente da cidade.

O municipio conta con vinte entidades singulares distribuídas en dez parroquias:

A Xironda (San Salvador): A Xironda e a Pedrosa.

Santa Baia de Montes: Montes, San Martiño e Lamas.

Santa María de Cualedro: Cualedro. Lucenza (Santa María): Lucenza e a Saceda. Rebordondo (San Martiño): Penaverde e Rebordondo. Atás (Santa María): Atás, Estivadas e as Corvaceiras. San Millao (Santa María): San Millao. Baldriz (San Bartolomeu): Baldriz e as Mercedes. Vilela (Santiago): Vilela, Moimenta e Lamalonga. Carzoá (San roque): Carzoá.

Unha mirada atrás

No Concello de Cualedro a historia máis remota, a das orixes, xorde con toda a forza.

Cualedro, o mesmo que a súa comarca, estivo densamente poboada dende antigo, e así o evidencian os abundantes filóns megalíticos e castrexos. Durante o medievo, o mosteiro de Celanova e as Ordes militares exerceron sobre o territorio municipal a súa xurisdición prioral. Xa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano -portuguesa.

Os primeiros vestixios de presenza humana nestas terras datan entre os 4500 e 3500 anos e consisten en enterramentos tumulares chamados mámoas ou dolmens, encóntranse na marxe dos termos de Saceda e de Lucenza.

No lugar da Xironda atópase a gran vila romana de O Viduedo e tamén e moi coñecido o castro de San Millao, seguen toda clase de vestixios coma O Madorriño, Pedra Mouriña, Cortiñas da casa da neve, Bendeiro e Farrelo, multitude de igrexas e importantes restos arqueolóxicos.

Foto: escudo do Concello

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

Pódense citar como rutas culturais a parroquia de Lucenza, que ten vestixios de habitacións alfar de tipo medieval, na Saceda podemos atopar un magnífico castro e tamén restos de murallas, de vivendas, alimentos, moedas, etc... Na Xironda, a citania "Cidá de Grou", e un magnífico forno comunal moi ben conservado, que sirve de mostra de arquitectura popular, un belo "peto de ánimas" perfectamente labrado e unha igrexa digna de visitar.

Onde perderse

Xoias naturais.

Área recreativa.- Entre as localidades de Baldriz e Santa María das Mercedes, atópase unha área recreativa; un lugar que permite disfrutar do entorno natural, dispoñendo ó mesmo tempo dos servizos necesarios, de tal

forma que o uso destes evite o habitual deterioro do

medio nas zonas libres. Está

ubicada nun fermoso piñeiral con espazos abertos, dispondo de fontes de auga potable, grellas e mesas. Abundantes pistas e camiños circundan a Área Recreativa.

Conxunto granítico Pena da Muller.- Pola estrada de Portugal, pouco despois de Cualedro, a serra de Larouco realiza a súa chamada. É difícil non deter

a vista nas impresionantes formacións graníticas que a culminan. É o conxunto granítico Pena da Muller (950 m de altitude). Nel salta a vista, entre outras, a forma antropomórfica dunha dama de liñas un tanto picassianas xurdida do material máis nobre da comarca: as bolas graníticas da serra, froito da

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

diaclasión –fractura- das rochas como consecuencia dos movementos tectónicos que no terciario configuraron a zona. É un dos máis evocadores conxuntos graníticos galegos.

Tesouros arquitectónicos.Igrexa de Santa Baia de Montes.- Igrexa parroquial, de estilo barroco,

muros de perpiaño e planta rectangular con presbiterio; na fachada porta adintelada con molduras no dindel e na parte inferior das xampas, pequena espadana. Torre con arcos de medio punto sobre impostas.Salientable o reloxo de sol.

Igrexa de Santa María de Cualedro.- Igrexa nova de Cualedro: a fachada reproduce a planta basilical de tres naves; está dotada de tres fornacinas. Campanario de dous pisos con arcos de medio punto rematado en cruz.

Igrexa de San Salvador da Xironda.- Igrexa parroquial: S.XVII e XVIII, de estilo manierista e barroco, muros de perpiaño en seco e planta rectangular con presbiterio, en fachada, porta de arco de medio punto de grandes dovelas encadrada por dúas columnas de fuste estriado sobre basas paralepípedas que enlazan un frontón rústico de corte clásico con orificio circular no tímpano. Espadana dun corpo de dous arcos xemelgos con arquitrabe en terzo superior prolongado en ángulo agudo con vano en arco. A igrexa parroquial conserva un excelente retablo, obra do

mercenario verinés Pedro Pascual García.

Igrexa de Santa María de San Millao.- S.XIX. Muros de perpiaño e presbiterio máis elevado, fachada con porta adintelada e arco de descarga de medio punto, sobre o ático, espadana de dous arcos xemelgos con banda baixo o cimacio, con cruces e pirámides de bola.

Igrexa de Vilela.- Igrexa do Século XIX de planta rectangular, con presbiterio máis elevado.

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

Igrexa de Santa María de Penaverde.

Igrexa de San Martiño de Rebordondo.- Igrexa parroquial: S.XVIII-XIX. Neoclásico. Muros de perpiaño con encintado, planta rectangular e presbiterio máis elevado, fachada con porta adintelada con banda lisa, espadana dun corpo de dous arcos xemelgos con remates en cruz e pirámides de bolas.

Parroquia de Atás (Santa María).- O Cruceiro da Saúde, que data do S.XIX, construído sobre rocha, pedestal rústico e varal cilíndrico con estrías, capitel de dous corpos e cruz de perfiles rectangulares con crucificado.

Igrexa de Carzoá.- Igrexa do S. XIX, neoclásico, con muros de perpiaños con planta rectangular e presbiterio máis elevado (é posterior), en fachada porta de arco de medio punto de grandes dovelas, sobre ático espadana de arcos xemelgos con arquitrabado no terzo superior prolongado en frontón agudo con vano e remate de cruz de pedra.

Igrexa de San Bartolomeu de Baldriz.- Igrexa do S.XIX, con planta rectangular, presbiterio máis elevado, porta adintelada e aletóns e espadanas de dous corpos.

Igrexa de Santa María de Lucenza.- Igrexa parroquial do S.XVIII, Neoclásico, muros de perpiaño isódomo e planta rectangular con edificio moderno. No muro sur apréciase unha porta de arco de medio punto cun gran bocel e banda apeando en impostas con banda rectilínea a modo de alfiz con arquitrabado superior, encima unha fornacina. Espadana dun corpo con dous arcos xemelgos arquitrabados no seu terzo superior e prolongado nun frontón con vano en arco.

O Concello de Cualedro ademais de igrexas tamén conta coa existencia de capelas. Unha  capela  é un templo relixioso, xeralmente de menor tamaño que unha igrexa convencional. Pode estar construída no interior dunha  igrexa, xeralmente anexa á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia.

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

Componse esencialmente dun  retablo, ou  altar  e  columnas  ou piares pequenos. O teito non adoita rematar cunha cúpula ou  bóveda.

Ermida da Saúde.- S.XVII-XIX, formada por muros de perpiaño e planta rectangular, ábside lateral semicircular, porta adintelada na fachada, sobre pequena espadana rústica con arquitrabes no arranque da volta do arco e remate de cruz de pedra. Situada na parroquia de Atás.

Capela de grandes proporcións con tres corpos claramente diferenciados: atrio, nave principal e ábside. De orixe probablemente románico. Destaca, ó exterior o atrio cuberto e flanqueado por dúas columnas de fuste liso. O entorno da capela considérase un espazo apto para o descanso e o ocio.

Capela da Saceda.- Muros de perpiaño e planta rectangular, fachada con porta adintelada, orificio en forma de cruz grega.

Capela de San Ciríaco.- S. XVIII. Muro de perpiaño irregular e planta rectangular con presbiterio, no muro sur porta de arco rebaixado, en fachada, porta adintelada e espadana sobre ático elevado, dun arco con remates de pirámides de bolas e cruz de pedra. Está ubicada na Pedrosa. (Imaxe á esquerda)

Capela de Santa Baia, S.XIX, muro de mampostería, de planta rectangular, en fachada, porta adintelada con ventanucos laterais, sobre ático espadana de arco con machóns grosos ata un arquitrabe e más finos no arco, remate de cruz de pedra.

Capela de Santa Marta.- sita en Lucenza, ó lado do xacemento máis coñecido e importante da comarca, o que evidenciaría unha temperá cristianización da zona.

Capela de San Martiño.- ano 1841, neoclásico, con muros de perpiaño e planta rectangular, na fachada porta adintelada, sobre pequena espadana

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

rústica con arquitrabes no arranque da volta do arco e remate de cruz de pedra.

Casa reitorais no Concello de Cualedro.- As casas reitorais (popularmente chamadas  a casa do cura) é o nome co que se coñece á vivenda asignada ó  sacerdote  cristiá  dunha  parroquia. A casa non lle pertence a el, senón que é titularidade da  Igrexa, que llela asigna mentres oficia o sacerdocio nese lugar.

En  Galicia, as casas reitorais están habitualmente construídas ó carón das  igrexas, sendo frecuente atopar na mesma zona a igrexa, a casa reitoral e o  campo da festa, formando o punto de encontro tradicional nas vilas e pobos galegos. Co despoboamento do rural a asignación de varias parroquias a un sacerdote, moitas casas reitorais atópanse a día de hoxe en estado de abandono.

A Casa Reitoral de Atás.- S.XVIII-XIX, preséntanos muros de perpiaño en seco e planta en escadra en torno a un patio que se pecha con cerca de sólidos perpiaños e portalón con cornixa e remates de cruz e pirámides, con vertente a catro augas, fortín en ángulo e escaleiriña exterior de pedra.

A Casa Reitoral de Santa Baia de Montes.- Casa reitoral, S.XIX, muros de mampostería e perpiaño, de planta rectangular, restos de balcóns sobre piares con ménsulas de perfil ondulado.

O Concello de Cualedro conta tamén coa existencia de cruceiros. Un  cruceiro  é un monumento  relixioso  constituído por unha cruz de  pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha  columna  asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de  camiños, adros de  igrexas,  etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos  pagáns  á  natureza .

Imaxe: Lucenza

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura  galegas, intimamente vencellado á  paisaxe  rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en  prazas,  xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis.

Cualedro posúe dous cruceiros, un de eles corresponde ó S. XIX, e consta de pedestal cúbico, varal cilíndrico, capitel xeométrico e cruz sinxela de extremosescincidos.O outro, do S.XVIII, manierista, sitúase sobre unha grada, consta dun pedestal con inscricións, varal cilíndrico e capitel xónico, piedade na cruz de brazos cilíndricos.

Outra das mostras da arquitectura relixiosa son os petos das ánimas, que son manifestacións materiais do culto ós  mortos e da devoción polas ánimas. No concello de Cualedro salientan fundamentalmente o de San Martiño e os Da Xironda.

Peto de ánimas da Xironda.- Realizado en pedra de gran fino, permite un releve de luces e sombras de gran creación plástica. Posúe dos corpos. No corpo principal ábrese unha fornacina de medio punto enmarcada por pilastras, todo profusamente esculpido con motivos decorativos como almofadilados, triglifos e metopas decoradas con rosetas ó remate de pináculos. Dentro da fornacina atópase a Virxe do Carme co hábito da Orde, portando escapularios. Na

zona inferior aparecen dúas ánimas e a ambos lados as figuras dun bispo e un Papa recubertas por las chamas do Purgatorio.

Na localidade da Xironda atópase outro peto de ánimas, tal e como se pode observar na imaxe da dereita.

Peto das ánimas de San Martiño.- Presenta unha sinxela estrutura arquitectónica desenrolada en sentido vertical, na que se abre unha fornacina de medio punto sobre unha repisa; remata nunha cornixa en cima recta sobre unha cruz de pedestal cúbico. O panel de ánimas substituíuse por una táboa de madeira con cruz metálica. O monumento presenta inscrita a data da súa construción con grandes carácteres: "ANO D 1817".

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

Centro de Interpretación dos Castros

Avda de Portugal, 35, Cualedro

Telf: 988424004 (Concello)

Entrada gratuita. De luns a venres: 8,30- 14,30 h

Riqueza histórico- cultural.

O Centro de Interpretación dos Castros.- O Centro de Interpretación dos Castros é punto natural de partida para entender o patrimonio deste Concello, o máis relevante da comarca cando de historia máis distante se trata. O concello de Cualedro conta cuns 50 xacementos arqueolóxicos dos que 7 son castros. Os máis relevantes son os da Saceda e San Millao, e o xacemento romano de Lucenza. Os tres quedan de camiño ó sur e os tres viviron o seu período de esplendor contra os séculos I a.C- I d.C. a Saceda e San Millao son, ademais, decisivos para entender a cultura castrexa da Galicia meridional, caracterizada por complexos sistemas defensivos.

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

O Neveiro do pozo dos Mouros.- No mesmo Larouco, 300 m antes, o neveiro do Pozo dos Mouros (s. XV) resulta un exemplar único na comarca. Dá conta da ilimitada capacidade do ser humano para imaxinar e aproveitar recursos alá onde se atopen. Merece a visita: non deixará indiferente. Apréciase de xeito nítido a súa

estrutura e profundidade (3 m), destinada a conservar o maior tempo posible a neve nos cumios lo Larouco para abastecer de xeo no verán á corte dos condes de Monterrei, a quen pertencía.

Xacemento romano de Santa Marta, en Lucenza.- Foi unha vila romana de notable importancia, como o evidencian as estruturas descubertas e a lauda sepulcral de Vermudus, un crente do s. VI que evidenciaría unha temperá cristianización da zona. É o xacemento máis coñecido e importante da comarca.

Castro de San Millao.- (720 m de altitude, s. II-V d. C.), para ir ata el, soidade, alturas montesías e unha breve pista de terra. E ó chegar, un mundo de pedras repletas de historia circundadas por un leve regato de montaña, o Castro. O seu sistema defensivo é o máis característico. Conserva reveladores restos das grandes murallas impoñéndose á vexetación que loita por ocultalas. Cualificadas estas por algún historiador como ciclópeas, polas súas antigas proporcións e o tamaño dalgúns bloques, destaca tamén a gran extensión de “pedras fincadas” verticais coas que contou para fins defensivos, das que se conservan distintos exemplos e que son características da zona meridional galega.

San Millao estivo

vinculado a unha ruta de comunicación e a criadores de gando. O achado máis coñecido nel descuberto é unha falera romana (unha especie de broche) moi ben conservada. É de bronce (10*9 cm.) e está no Museo Arqueolóxico de

CORTIÑAS DA CASA DA NEVE “POZO DOS MOUROS”

“NEVEIRO”, construción para conservar a neve ou xeo de maneira natural. Aproveitábase a caída da ladeira adaptando a estrutura para conservar e almacenar o xeo. Pertenceu a casa de Monterrei, e segundo o seu escavador D. Antonio Rodríguez Colmenero, pode datarse no século XV.

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

Ourense, como outras significativas pezas arqueolóxicas da comarca. Apareceron tamén restos de útiles metálicos, nalgún caso destinados á gandería, muíños circulares e cerámica. Os veciños da zona, fieis á mítica dos castros como misteriosos espazos urbanos dun tempo ignorado nunha Galicia tan rural durante séculos, aluden a el como “a Cidá do Castro” ou “Cidá de Grou”, como se coñece a zona onde se sitúa.

En síntese, este Castro foi declarado Monumento Nacional. É un impresionante castro con murallas ciclópeas e reforzadas as súas defensas coas denominadas "pedras fincadas", sendo dos poucos castros que presentan esta característica. Taboada Chivite xunto con Cuevillas comezaron o estudo deste castro no ano 1952.

Castro da Saceda.- (800 m de altitude). Chaman a atención a distancia dos seus recios muros defensivos. Xa estaría habitado no s. V a.C., e sobreviviría ata os primeiros momentos do s. I a.C. Pouco romanizado e relacionado coa tribo dos bíbalos, está pechado por un conxunto de murallas defensivas e de contención do propio terreo que o definen e caracterizan.

Cara ó leste, o sistema de defensas refórzase con fosos e unha prota de acceso formada por dúas rochas en posición vertical. Esta parte sería a máis antiga, como o evidencian as vivendas de planta circular. Da última etapa, obsérvanse cabanas con muros de pedra cunha altura de 80 Cm, coas cociñas no exterior. Apareceron restos de sementes de fabas, centeo, trigo e nabos. Tamén se acharon moedas romanas de prata e fragmentos de cerámica.

Fornos.- Servizos da vida rural tradicional resolvíanse nuns elementos comunais como poden ser os fornos,

nexos de unión dos veciños dos pobos.

Reloxo antigo de sol.- ubicado na igrexa de Santa Baia, co que é quizais o mellor exemplar de reloxo solar –un sol con rostro humano de reminiscencias mitolóxicas- dos moitos da comarca.

Foto: A XirondaForno: As Mercedes

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

Muíños en Santa María das Mercedes.- Un  muíño  é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o  trigo  e o millo, para obter  fariña.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ó xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase  moa.

Para mover a pedra utilizábase neste concello fundamentalmente a enerxía hidráulica.

O conxunto de muíños das Mercedes. Son 5 muíños, sobre o río Baldriz, afluente do Támega, que se diseminan por unha ribeira que descende entre un paraxe de castiñeiros e bidueiros cara a localidade. Están en proceso de formar unha singular área etnográfica da cultura da auga duns 300 metros de lonxitude.

Estes cinco muíños son coñecidos como: Tío Luis, Tío Berto, Tío Mateo, Tío Serafín e Alejos. A continuación ofrécense unhas imaxes destes muíños en moi bo estado de conservación:

(de esquerda á dereita, Tío Berto, Tío Serafín, Alejos e por último Tío Mateo)

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

Os miliarios de Lamas.- Trátase de dous miliarios anepígrafos –sen información gravada- da vía romana secundaria que unía a gran cidade romanizada de chaves (Portugal) con Xinzo de Limia. Seguía tras deixar Oímbra, un percorrido semellante ó da actual autovía A-52; de feito estes dous exemplares apareceron durante as súas obras de construción, nos noventa, a uns 150 m de onde hoxe están colocados e expostos con información explicativa.

Outras cousas que ver.

Tamén polas rúas das distintas localidades do Concello atopamos prazas e fontes de máis recente creación como poden ser as que se amosan a continuación:

Algunhas curiosidades históricas.- Un apunte para unha das tradicións máis arraigadas da localidade: o carnaval. O Entroido de Cualedro foi, xunto co da Xironda, moi destacado en tempos non distantes, ata que o franquismo e o empuxe dos concellos veciños case rematan coa tradición. Recentemente, a partir das testemuñas dos máis vellos e dos traxes conservados, iniciouse a recuperación.

Se a Xironda, ten nas “mázcaras” o seu principal personaxe, Cualedro capital cumpre co rito do “zarramanculleiro”, no que o nome sería unha deformación da zamarra (látego) típica do Entroido da comarca. Moi semellante a súa vestimenta á do cigarrón de Verín, o zarramanculleiro diferénciase daquel porque a súa máscara vai adornada con motivos vexetais e a chaquetiña cun gran rosetón na parte posterior. Tampouco levan pano ó pescozo.

Foto: Atás Foto: San Millao

Foto: Montes

Foto: Baldriz

Foto: As Mercedes

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

No concello de Cualedro, cara Portugal atópase a Serra do Larouco, salpicada de aeroxeneradores. O seu perfil, moi definido e que marca os límites das concas dos ríos, vai medrando de norte a sur ata acadar a máxima altura no monte Farrelo (1397m).

Ademais a vista panorámica cara o Larouco, serra de carácter sagrado, e magnífica e, as veces, no cumio da serra faise unha romaría o "Deus Larouco" de gran interese etnográfico.

Un alto no camiñoUnha mostra da cultura dos pobos son as súas festas. Co cal sería moi

interesante visitar o Concello e facer unha parada nalgunha destas festas populares. No concello de Cualedro tódalas localidades teñen o seu día grande, no que salientan entre outras as de:

13 de xuño, San Antón (Montes e Cualedro) 24 de xuño, San Xoán (Rebordondo) 29 de xuño, San Pedro (Penaverde) 16 de xullo, Virxe do Carme (A Xironda) 25 de xullo, Santiago Apóstolo (Vilela) 29 de xullo, Santa Marta (Lucenza)

5 de agosto, Virxe das Neves (Atás) 8 de agosto, San Ciriaco (Pedrosa) 15 de agosto, Virxe da Asunción (Cualedro) 16 de agosto, San roque (Carzoá) 19 de agosto, Virxe da Guía (San Millao) 24 de agosto, San Bartolomeu (Baldriz) 31 de agosto, San Ramón (Lucenza) 24 de setembro, Virxe das Mercedes (Santa María das Mercedes)

Tamén pasa por este municipio o CAMIÑO DE SANTIAGO, concretamente ven dende o Concello de Albarellos de Monterrei, pola súa localidade de Infesta, de alí entra no municipio de Cualedro e pasa polos lugares de Rebordondo e Penaverde, seguindo despois cara As Estivadas, deixando o municipio para continuar cara Xinzo de Limia.

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com...  · Web viewXa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano

Entroido en Cualedro: A figura principal é o Zarramanculleiro, personaxe similar ó cigarrón de Verín ou ó Peliqueiro de Laza; a diferenza da careta onde sempre aparece decorada con imaxes florais. A súa primeira saída realízase o 5 de xaneiro (feira de Reis), e no Entroido sae o domingo e o martes. Todo elo acompañado dunha tradicional churruscada.O Entroido remata o mércores de cinza, día no que se queima o Meco, cheo de petardos, e con unha gran sardiñada.A data dos Entroidos varía cada ano.

Feiras en Cualedro: tódolos días 5 e 18 de cada mes.

Existen varios lugares para repostar forzas:

Onde comer

- Restaurante La Paella, na Autovía A- 52 Km 173, en Lamas de Cualedro.

- Restaurante Pío, preto da Casa do Concello de Cualedro.

Tamén no Concello de Cualedro existen varios bares e cafeterías, entre eles:

- Cafetería Estrella, en Lucenza 26.- Cafetería Mari Carmen, na Crta de Xinzo 34, en Cualedro.- Bar Amaranta, Pza da Picota S/N, na Xironda.- Bar Pilar, Avda de Portugal 20.- En Montes, salientan os Bares Elena e o Xardín.- Bar do Chapulín, na Pza da Alameda, en Cualedro.

Onde durmir

Turismo rural- Casa do Cruceiro

Sita na Pza da Picota, na localidade da Xironda S/N, 32689, Cualedro.

Dispón de cinco habitacións, co cal sería convinte reservar nos seguintes números de teléfono: 988424678/ 660009227.