Post on 19-Jul-2015
TERESA LOSADA RODRÍGUEZ (CCSS ESO)
PLAN PROXECTA COOPERACIÓN GALEGA: O MUNDO QUE QUEREMOS
CIENCIAS SOCIAIS ED. SECUNDARIA CPI VIRXE DA CELA.MONFERO CURSO 2013-14
1º TRIMESTRE.
Durante a segunda quincena de setembro de 2013 desenvólvese no noso
centro unha exposición sobre “O cambio climático” organizada por Climántica
a que acuden os alumnos de ESO e PCPI que contribúe a sensibilizar o noso
alumnado sobre a importancia da conservación do medio ambiente e a
necesidade de reflexionar sobre os riscos provocados pola acción humana e os
problemas que xera a explotación dos recursos naturais.
O día 25 de novembro de 2013 ten lugar un obradoiro onde, Cooperación
galega : O mundo que queremos, a través dunha dinámica de grupo e cun
xogo de rol preséntanos o proxecto e distribuíronse as tarefas.
Dende a materia de Ciencias Sociais se fomenta a participación do alumnado
de 1º a 4º de ESO xa que os seus contidos coinciden co proxecto encamiñado a
incidir nas causas que perpetúan a pobreza no mundo, a traballar a igualdade
de oportunidades, a defensa do medio ambiente, a cobertura das necesidades
básicas, o respecto dos dereitos humanos...
O alumnado de 4º de ESO comeza na 1ª avaliación e ata o final do curso un
traballo que ten como protagonistas ás mulleres ao longo da historia. “A
historia con nome de muller” recolle , cunha visión non androcéntrica da
historia, a loita pola igualdade de dereitos mantida por Olimpia de Gouges
durante a revolución francesa ata os esforzos actuais de Carmen Parrado no
Perú para acabar coa pobreza e a malnutrición como explica na entrevista que
realizaron dúas alumnas de 4º
(http://agoraccss.blogspot.com.es)(http://cpivirxedacela.blogspot.com.es)
Os alumnos de 3º e 1º de ESO ó final do primeiro trimestre comezan a
traballar a variedade de vías que ofrecen os ODM e que se relacionan cos seus
contidos. Relación de contidos de 1º:
-O planeta Terra: características fundamentais e a súa conservación
-Principais unidades paisaxísticas en Galicia, España, Europa e o planeta como
resultado das interaccións entre clima, relevo, augas e vexetación
En 3º de ESO se abordan dende os seguintes contidos:
A actividade económica e o espazo xeográfico:
-Observación e identificación das principais paisaxes xeográficas derivadas da
actividade humana
-Toma de conciencia do carácter esgotable dos recursos e da necesidade de
racionalizar o seu consumo. O impacto da actividade económica: riscos e
problemas ambientais. Medidas correctoras e políticas de sustentabilidade
-Disposición favorable para contribuír á racionalización no consumo e ao
desenvolvemento humano de forma equitativa e sustentable
Contidos relacionados con 4º de ESO
-Localización no tempo e no espazo dos acontecementos e procesos
históricos máis relevantes do mundo contemporáneo. Identificación dos
factores que interveñen nos procesos de cambio histórico, considerando as
súas interrelacións. Diferenciación de causas e consecuencias e valoración do
papel dos homes e as mulleres, individual e colectivamente, como suxeitos da
historia.
-Procura, selección e obtención de información de fontes escritas, obtida
segundo criterios de veracidade e pertinencia, diferenciando os feitos das
opinións e as fontes primarias das secundarias. Contraste de informacións
contraditorias e/ou complementarias a propósito dun mesmo feito ou situación.
–Valoración dos dereitos humanos e rexeitamento de calquera forma de
discriminación ou de dominio. Visión crítica ante as situacións inxustas e
valoración do diálogo e a procura da paz na resolución dos conflitos.
2º TRIMESTRE.
Dende o día 30 de xaneiro a ata o 7 de febreiro de 2014 ten lugar unha
exposición de Amnistía Internacional sobre “ Os dereitos das mulleres”, nos
corredores do noso centro, integrada por paneis alusivos a situacións de
desigualdade e violencia de xénero en distintas partes do mundo.Como
consecuencia da visita a esta exposición os alumnos de 1º e 3º de ESO
realizan distintos traballos denunciando a vulneración dos dereitos das mulleres
en distintas partes do planeta. Tratamos de promover así a igualdade de
oportunidades fomentando o respecto dos dereitos humanos e transmitindo
valores de respecto e igualdade de xeito que se favoreza a prevención de
actitudes e situacións inxustas (fomento dunha educación non sexista baseada
na igualdade).Tamén se aborda a problemática do traballo infantil e a
explotación laboral das nenas e das mulleres.
O día 11 de febreiro de 2014 Cooperación Galega: O mundo que queremos
trae ao grupo de teatro “Cen tolas” que representa “A viaxe de Ana” dentro da
corrente Teatro do oprimido dando a coñecer a problemática dos inmigrantes e
transmitindo valores de respecto e igualdade e rexeitamento de situacións
inxustas
O día 1 de abril de 2014 visitannos tres mozos de Radio Tehuacán da
República de El Salvador na terceira sesión das actividades de Cooperación
Galega : O mundo que queremos. O alumnado coñecerá como funciona unha
radio comunitaria, poderá acercarse a outras realidades sociais, culturais e
económicas e descubrirá a forza que teñen os medios de comunicación para
mellorar situacións de inxustiza e desigualdade
Os contidos de 3º de ESO son os relacionados co bloque 2: Actividade
económica e espazo xeográfico
-A actividade económica. Necesidades humanas e recursos económicos.
Conceptos, axentes e institucións básicas que interveñen na economía de
mercado e a súa relación coas unidades familiares. Cambios recentes no
mundo do traballo e o seu impacto espacial: a deslocalización.
En 1º de ESO os contidos están relacionados coas oito competencias básicas
e relacionados co apartado de contidos comúns:
-Obtención de información de fontes diversas (iconográficas, arqueolóxicas,
escritas, proporcionadas polas tecnoloxías da información, etc.) e elaboración
escrita da información obtida
Os materiais elaborados polos alumnos atópanse pendurados no blogue
(http://cpivirxedacela.blogspot.com.es)
3º TRIMESTRE
A HISTORIA CON NOME DE MULLER Este material, realizado polo alumnado de 4º de ESO en Ciencias Sociais, tenta corrixir no posible a visión androcéntrica da historia transmitida a través da maior parte dos textos. Ademais dos obxectivos xerais da área introducimos ás mulleres como protagonistas da Historia tratando de fomentar, actitudes de solidariedade, respecto e tolerancia no camiño da igualdade real entre os dous sexos. Na historia contemporánea hai aspectos moi coñecidos da incorporación da muller ó espazo público nos séculos XIX, XX e XXI pero o avance para que a situación das mulleres mellorase procede fundamentalmente das ideoloxías que deron lugar á Revolución Francesa e dos cambios económicos que produce a Revolución Industrial. Aínda que ata o século XX as mulleres teñen sido case sempre discriminadas polo feito de o seren xogaron un papel moi importante na historia do mundo. Na revolución francesa as mulleres participaron de forma activa nos acontecementos da revolución e reivindicaron os mesmos dereitos civís e políticos que os homes. Malia a súa loita pola igualdade, na Constitución de 1791, negarónselle moitos dos dereitos que reivindicaban.Non tiñan ningún dereito político, tiñan que estar sometidas ós homes, pedir permiso aos seus maridos para pedir créditos, podían ser maltratadas....Malia isto lonxe de se renderen, moitas mulleres, mantiveron nunha loita aínda máis forte. Pero aínda tardaron moitos anos ata que as mulleres se situaron en igualdade cos homes, e aínda hoxe hai países onde as mulleres están en inferioridade legal, civil, educativa, económica... Grazas a Olympe de Gouges redactáronse os Dereitos das Mulleres e das cidadás, outras como Madame Roland reivindicaron o dereito á liberdade, igual que Victoria Kent e moitas outras... Aínda que hoxe en día vivimos nunha sociedade igualitaria, na teoría, segue a haber desigualdades entre homes e mulleres. As diferenzas, por pequenas que sexan, sempre son moi grandes. Moitas das mulleres que loitaron e reclamaron os seus dereitos foron detidas, agredidas, incomprendidas ou mesmo axusticiadas...Na actualidade nos países mais desenvolvidos,vivimos nunha sociedade igualitaria pero noutros seguen existindo situacións de desigualdade entre homes e mulleres e algunhas seguen loitando para ser motor do cambio como é o caso de Anna Ferrer na India e de Mª del Carmen Parrado en Perú. Este material, realizado polo alumnado de 4º de ESO en Ciencias Sociais,
tenta corrixir no posible a visión androcéntrica da historia transmitida a través
da maior parte dos textos.
Ademais dos obxectivos xerais da área introducimos ás mulleres como
protagonistas da Historia tratando de fomentar, actitudes de solidariedade,
respecto e tolerancia no camiño da igualdade real entre os dous sexos.
Na historia contemporánea hai aspectos moi coñecidos da incorporación da
muller ó espazo público nos séculos XIX, XX e XXI pero o avance para que a
situación das mulleres mellorase procede fundamentalmente das ideoloxías
que deron lugar á Revolución Francesa e dos cambios económicos que
produce a Revolución Industrial.
Aínda que ata o século XX as mulleres teñen sido case sempre discriminadas
polo feito de o seren xogaron un papel moi importante na historia do mundo.
Na revolución francesa as mulleres participaron de forma activa nos
acontecementos da revolución e reivindicaron os mesmos dereitos civís e
políticos que os homes. Malia a súa loita pola igualdade, na Constitución de
1791, negarónselle moitos dos dereitos que reivindicaban.Non tiñan ningún
dereito político, tiñan que estar sometidas ós homes, pedir permiso aos seus
maridos para pedir créditos, podían ser maltratadas....Malia isto lonxe de se
renderen, moitas mulleres, mantiveron nunha loita aínda máis forte.
Pero aínda tardaron moitos anos ata que as mulleres se situaron en igualdade
cos homes, e aínda hoxe hai países onde as mulleres están en inferioridade
legal, civil, educativa, económica...
Grazas a Olympe de Gouges redactáronse os Dereitos das Mulleres e das
cidadás, outras como Madame Roland reivindicaron o dereito á liberdade, igual
que Victoria Kent e moitas outras...
Aínda que hoxe en día vivimos nunha sociedade igualitaria, na teoría, segue a
haber desigualdades entre homes e mulleres. As diferenzas, por pequenas que
sexan, sempre son moi grandes.
Moitas das mulleres que loitaron e reclamaron os seus dereitos foron detidas,
agredidas, incomprendidas ou mesmo axusticiadas...Na actualidade nos países
mais desenvolvidos,vivimos nunha sociedade igualitaria pero noutros seguen
existindo situacións de desigualdade entre homes e mulleres e algunhas
seguen loitando para ser motor do cambio como é o caso de Anna Ferrer na
India e de Mª del Carmen Parrado en Perú
Os alumnos de 1º de ESO desenvolven fundamentalmente o ODM7amparados
na UD Sociedade e ambiente e realizan presentacións en power point e
exposicións na aula sobre os problemas de contaminación na súa contorna.
En 3º de ESO se traballan os ODM 1, 7 e 8 porque neste período é o bloque IV
Transformacións e desequilibrios no mundo actual o que imos desenvolver.
Neste curso fan presentacións de todos os ODM e outros documentos en
formato dixital, por parellas, que son expostos na clase como traballo final:
A relación entre a Natureza e sociedade, Os fenómenos migratorios, Impactos
ambientais, A globalización e a desigualdade, Auga, Desenvolvemento sostible
e xestión de residuos…
En 1º de ESO os contidos traballados enmárcanse en:
-Valoración do impacto da acción antrópica na transformación da paisaxe
-Os problemas ambientais do entorno rural e urbano
-O desenvolvemento sostible
-Identificación dos residuos que se producen nos fogares e na actividade
agrícola
-Descripción de fotografías sobre aspectos da degradación ambiental
No que se refire os contidos de 3º de ESO para o terceiro trimestre conforman
o bloque 4 da materia Transformacións e desequilibrios no mundo actual e
concretánse nos seguintes:
-Interdependencia e globalización. Movementos antiglobalización
-Desenvolvemento humano desigual: indicadores e evolución recente. Actitude
crítica fronte cos desequilibrios no desenvolvemento. Políticas e organismos
de cooperación
-Tendencias, causas e consecuencias dos grandes desprazamentos de
poboación no mundo actual. Análise da situación en Galicia, en España e en
Europa
ENLACES PARA CONSULTAR OS TRABALLOS E ACTIVIDADES
BLOGUE ÁGORA CCSS:
Memoria final CCSS “Cooperación Galega: O Mundo que Queremos”:
http://agoraccss.blogspot.com.es/2014/06/memoria-ccss-cooperacion-galega-o-
mundo.html
Historia con nome de muller:
http://agoraccss.blogspot.com.es/2014/06/a-historia-con-nome-de-muller.html
A arquitectura popular na nosa contorna. O Feismo.
http://agoraccss.blogspot.com.es/2014/06/a-arquitectura-popular-na-nosa-
contorna.html
Memoria fotográfica da saída a Betanzos
http://agoraccss.blogspot.com.es/2014/03/memoria-fotografica-da-saida-betanzos.html
Visita a Betanzos do alumnado de 1º de ESO:
http://agoraccss.blogspot.com.es/2014/03/visita-betanzos-do-alumnado-de-ed.html
Diario da viaxe a Betanzos, 4º ESO:
http://agoraccss.blogspot.com.es/2014/03/diario-da-viaxe-betanzos.html
BLOGUE MONFEROSOLIDARIO:
Diario de Abordo “Cooperación Galega: O Mundo que Queremos”:
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/2014/06/diario-de-bordo-cooperacion-
galega-o.html
Violencia sexual nos países nórdicos:
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/2014/02/violencia-sexual-nos-paises-
nordicos.html
Nenas traballadoras en Haití:
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/2014/02/nenas-traballadoras-en-haiti.html
Formación escolar en Irak:
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/2014/02/formacion-escolar-en-irak.html