Post on 03-Aug-2020
TAREFA FINAL DO CURSO 2019/2020.
CORREO: Oscarmalln@yahoo.es
Bos días nenas e nenos. Pois chegamos ao final dun curso atípico e moi estraño e nesta última
semana o equipo de mestras e de mestres do CEIP Virxe do Mar propoñénvos unha actividade
voluntaria para facer: unha caricatura da vosa mestra/mestre “favorito”.
Como sabedes algúns mestres e mestras non van a continuar con vós o ano que ven e queren ter
un recordo voso e que mellor forma de lembrarse dun que cun debuxo-caricatura feito polos nenos
e nenas da escola. Tedes a continuación unha serie de vídeos explicativos que vos ensinan a
grandes rasgos cómo facer unha caricatura. Elexide a foto da vosa titora ou mestre e…a debuxar!
Se queredes podedes facer unha pequena redacción “inventando” unha vida desa mestra ou
mestre. Por exemplo, no caso do mestre de plástica:
“Nun lugar de Narón do cal non lembro o nome vivía o mestre lambón Oscar que non paraba de
comer lambetadas todo o día…” ou
“Moitos anos despois, perante o pelotón do maratón de Cambados, o mestre Borja ía lembrar
aquela tarde remota na que a aula de 6º de primaria non lle fixo ningún caso (…)
Poñede a voar a imaxinación a ver que vos sae e lembrade sempre a ilusión que lles fai as vosas
mestras e mestres saber de vós, ver como medrades e aprendedes e a dedicación e o esforzo que
puxéchedes neste último trimestre.
TITORIAIS de caricaturas:
1º) Na web YOUTUBE existe unha canle: Lápiz y Papel onde ensinan a facer caricaturas paso a
paso:
Deixo aquí o enlace: https://practicarte.com/blog/como-aprender-dibujar-caricaturas/ Se pinchades
no cadro anterior xa vos sae
2º) No mesmo YOUTUBE, existe un blog de “ivanevsky el grande” que ensina como facer
caricaturas partindo dun eixe de simetría
Podedes atopalo no seguinte enlace: www.youtube.com/watch?v=WC1DTyh0ZHs
3º) Aquí xa vos ensinan como facer unha caricatura a partir dunha fotografía tamén en YOUTUBE
Deixo aquí o enlace tamén: https://www.youtube.com/watch?v=oCLSw2qtGuQ
Jorge Vidal
ORIENTADOR
E aquí vos deixamos os rostros das mestras, mestres e Armando. Podedes elixir un/ha ou varios.
Oscar Mallón
Mestre de Plástica Marta Díaz
Titora 2ºA
Sabela Casal
Titora de 2º B
Luz Casal
Mestra de Música-Titora de 1º
Cris Bustabad
Mestra de Audición e Linguaxe
Lily Martínez
Titora 5º A
Chus López
Mestra Pedagoxía Terapeútica
Borja Dopico
Mestre Educación Física
Laura Casteleiro
Mestra Pedagoxía Terapéutica
Mary Loureiro.
Directora. Titora de 1º Rocío Cano
Titora de 6º
Pilar Saavedra Otero
Titora de 5º B
Carmen Noval
Mestra de Inglés
Marta Rodríguez
Titora 4ºA
Lucía Carracedo Fraga
Titora de 3º
Mar Couceiro
Titora 4ºB
Armando Rebollar
Conserxe
Dolores Castro
Relixión