Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5....

32
O libro Lingua +, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana, S. L. U. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Sagrario Luna Rodríguez Luísa March Soler Xavier Molina Martí Iñaki Moral Elola Sonia Sellés Soler Afonso Toimil Castro ILUSTRACIÓN Marta Colomer Laura Miyashiro Lu Paul EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades deste libro non se deben realizar en ningún caso no propio libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos que se deberán trasladar a un caderno. PRIMARIA 6 Tarefas e destrezas comunicativas

Transcript of Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5....

Page 1: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

O libro Lingua +, para sexto curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana, S. L. U. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Sagrario Luna Rodríguez Luísa March Soler Xavier Molina Martí Iñaki Moral Elola Sonia Sellés Soler Afonso Toimil Castro

ILUSTRACIÓN Marta Colomer Laura Miyashiro Lu Paul

EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIALDE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades deste libro non se deben realizar en ningún caso no propio libro. As táboas, os esquemase outros recursos que se inclúen son modelos que se deberán trasladar a un caderno.

PRIMARIA6

Tarefas e destrezas comunicativas

Page 2: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

Presentación

é o novo proxecto de Obradoiro/Santillana destinado aos profesores e ás profesoras que buscan un novo xeito de ensinar Lingua.

presenta un ENFOQUE FUNCIONAL da aprendizaxe, de carácter máis comunicativo, que se centra nas destrezas básicas (falar, escoitar, ler e escribir). Proponse un traballo por tarefas que facilita este enfoque, xa que os alumnos e as alumnas saben o que están facendo e para que o fan.

ten unha ORGANIZACIÓN FLEXIBLE, que lle permite ao profesorado decidir cando, que e como ensinar. O material estrutúrase en bloques de tarefas e en obradoiros, que se poden combinar libremente.

Os bloques de tarefas constitúen o elemento central do material, xa que apuntan aos aspectos esenciais da área. As bandas de cor situadas na marxe indican a súa distribución no libro:

COMUNICACIÓN ORAL

COMPETENCIA LECTORA

ESCRITURA

COMPETENCIA LITERARIA

Nas tarefas do bloque de Comunicación oral inclúense actividades de comprensión que se van realizar escoitando as gravacións dispoñibles en e.evocacion.es. Estas actividades identifícanse no libro cunha icona.

As tarefas do bloque de Competencia lectora permiten traballar a comprensión sobre un amplo banco de textos de distintos tipos e extensión, en que se inclúen contos, poemas, textos teatrais, noticias, entrevistas, biografías, textos informativos...

No bloque de Escritura, a través da realización de actividades eminentemente prácticas, guíase os alumnos e as alumnas para que sexan capaces de escribir distintos tipos de textos de uso frecuente: noticias, contos, anuncios, carteis, descricións…

No bloque de Competencia literaria preséntanse os contidos esenciais de literatura e propóñense actividades prácticas e de creación a partir da lectura de textos literarios.

Os obradoiros desenvólvense en fichas de traballo prácticas e sinxelas que serven de complemento ás tarefas. Neste curso ofrécense o Obradoiro de vocabulario, o Obradoiro de gramática e o Obradoiro de ortografía.

favorece unha APRENDIZAXE ACTIVA, en que a motivación e a emoción son premisas fundamentais. Por iso, Obradoiro/Santillana ofrece un material onde se mesturan o traballo oral e o escrito, o individual e o colectivo, o xogo e a creatividade…; un material que vai máis alá da lectura e da resolución de actividades: o alumnado falará en público, realizará as súas propias producións escritas e poderá gardar algúns dos seus traballos nun porfolio ou carpeta persoal.

Page 3: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

Táboa de contidos

COMUNICACIÓN ORAL COMPETENCIA LECTORA ESCRITURA

TAREFA 1. Conversar por teléfono

TAREFA 2. Describir un personaxe

TAREFA 3. Contar un suceso en primeira persoa

TAREFA 4. Participar nunha discusión

TAREFA 5. Elaborar hipóteses

TAREFA 6. Producir unha noticia

TAREFA 7. Vender un produto

TAREFA 8. Facer unha cuña publicitaria

TAREFA 9. Enriquecer unha noticia

TAREFA 10. Predicir resultados

TAREFA 11. Dar unha clase

TAREFA 12. Dar as indicacións dun itinerario

TAREFA 13. Participar nunha rolda de prensa

TAREFA 14. Narrar en directo

TAREFA 15. Dar instrucións

TAREFA 16. Facer a crítica dun espectáculo

TAREFA 1. Relato mitolóxico: Aracné

TAREFA 2. Texto expositivo: Nunha vella cidade maia

TAREFA 3. Autobiografía: Eu son Malala

TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro

TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre

TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

TAREFA 7. Cartel: Biblioteca pública municipal

TAREFA 8. Conto: Muuu!

TAREFA 9. Aviso: A Axega presenta catro pautas para…

TAREFA 10. Artigo de divulgación: O porqué da vitalidade e da enerxía de nenas e nenos

TAREFA 11. Bases dun concurso: Bases do concurso infantil de cociña

TAREFA 12. Correo electrónico: Estimada presidenta da Comisión Europea

TAREFA 13. Conto: O caso do estraño empregado

TAREFA 14. Texto expositivo: A Calzada dos Xigantes

TAREFA 15. Texto expositivo: Charles Chaplin, un xenio do cine

TAREFA 1. Confeccionar un cómic

TAREFA 2. Elaborar o cartel dun animal perdido

TAREFA 3. Participar nun foro

TAREFA 4. Escribir a entrada dun blog de opinión

TAREFA 5. Redactar un texto preditivo

TAREFA 6. Compoñer a portada dun xornal escolar

TAREFA 7. Elaborar un slogan publicitario

TAREFA 8. Preparar un anuncio publicitario

TAREFA 9. Escribir un artigo de opinión

TAREFA 10. Facer unha predición meteorolóxica

TAREFA 11. Preparar un traballo

TAREFA 12. Facer unha reclamación

TAREFA 13. Facer unha entrevista

TAREFA 14. Fixar unhas normas de funcionamento

TAREFA 15. Elaborar a crítica dunha película

Page 4: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

* Ao final do Obradoiro de gramática inclúense modelos de verbos irregulares.

COMPETENCIA LITERARIA OBRADOIROS

TAREFA 1. A casa dos libros • Os xéneros

literarios

TAREFA 2. Poesía porque si • O verso

e a estrofa

TAREFA 3. Con rima e con ritmo • A rima

TAREFA 4. Máxima expresividade • Os recursos

literarios

TAREFA 5. Isto era e non era • A narración

e os seus elementos

TAREFA 6. Non perder o fío da historia • A estrutura

da narración

TAREFA 7. Conto contado… • O narrador.

Tipos

TAREFA 8. Arriba o pano! • O teatro.

Texto e representación

TAREFA 9. Puro teatro! • O teatro.

Acto e escena

TAREFA 10. Entre bambolinas • O teatro.

Equipo artístico e equipo técnico

Vocabulario Ortografía

FICHA 1. Formación de palabras: a prefixación e a sufixación

FICHA 2. Sufixos diminutivos e sufixos aumentativos

FICHA 3. Formación de palabras: a composición

FICHA 4. Eufemismos e palabras tabúFICHA 5. Palabras polisémicasFICHA 6. Palabras homónimasFICHA 7. Palabras parónimasFICHA 8. Palabras sinónimasFICHA 9. Palabras antónimasFICHA 10. A precisión léxicaFICHA 11. As frases feitasFICHA 12. As siglas e as abreviaturasFICHA 13. Os neoloxismosFICHA 14. Os estranxeirismos

Gramática

FICHA 1. O grupo nominal: substantivo, adxectivo e artigo

FICHA 2. Os demostrativosFICHA 3. Os posesivosFICHA 4. Os numerais e os indefinidosFICHA 5. O verbo (I)FICHA 6. O verbo (II)FICHA 7. O verbo (III)FICHA 8. Os pronomes persoaisFICHA 9. O adverbio. As locucións

adverbiaisFICHA 10. Os enlaces: preposicións

e conxunciónsFICHA 11. Os enunciados. A oración.

O suxeitoFICHA 12. O predicado nominal.

O atributoFICHA 13. O predicado verbal.

Os complementosFICHA 14. Clases de oraciónsFICHA 15. As linguas de España.

O galego

FICHA 1. O uso das maiúsculas

FICHA 2. Repaso de acentuación

FICHA 3. Casos especiais de acentuación

FICHA 4. O acento diacrítico

FICHA 5. Palabras con cc e con ct

FICHA 6. Grupos consonánticos con l ou r

FICHA 7. Por que, porque e porqué. Se non e senón

FICHA 8. Palabras con dificultades ortográficas (I)

FICHA 9. Palabras con dificultades ortográficas (II)

FICHA 10. A coma e os dous puntos

FICHA 11. O punto e coma e os puntos suspensivos

FICHA 12. As parénteses e as comiñas

FICHA 13. O guión e a raia

Page 5: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

CO

MU

NIC

ACIÓ

N O

RAL

TAREFA 1. Conversar por teléfono

1 Quen precisa necesariamente usar o teléfono? Por que? Escolle e xustifica a elección.

Comenta co compañeiro ou coa compañeira outras situacións en que sexa indispensable o uso do teléfono.

2 Escribe unha vantaxe e un inconveniente de comunicarse por teléfono.

VANTAXE INCONVENIENTE

Comparte a túa resposta coa clase e buscade entre todos e todas solucións a cada inconveniente.

3 Quen é? Escoita e escribe no caderno M (Martiño) ou V (Violeta).

Fai a chamada. Propón un plan para o sábado pola tarde.

Sabe falar romanés. Suxire convidar a Malak, a nova compañeira.

Falou con Chang. Viviu a experiencia de se integrar nun lugar novo.

4 Escoita a información sobre o obradoiro e complétaa cos datos que faltan.

Que vos parece esta iniciativa? Gustaríavos participar nela? Por que? Comenta cos compañeiros e coas compañeiras.

Teño que dicirlle a mamá que mañá vén o técnico.

Quero saber como lle van as cousas a Roi por Lisboa.

Teño que avisar o veciño de que mañá hai reunión.

XUNTANZAS CADA NO CENTRO DO BARRIO

SABELABREIXOANTÍA

OBRADOIRO

1

Page 6: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

Preparación e intervención. Mantén unha conversa telefónica cun compañeiro ou cunha compañeira durante tres minutos.

1. Decidide entre os dous cal vai ser o tema da conversa e quen a vai comezar.

2. Colocádevos de costas para non vervos as caras, como pasaría nunha conversa telefónica real .

3. Conversade durante tres minutos coma se o fixésedes por teléfono. Non esquezades expresar emocións coa voz e facerlle saber de cando en vez ao interlocutor que estades a oílo perfectamente.

Valoración e mellora. Pedídelle á clase que valore a vosa intervención.

• Iniciamos a conversa de maneira axeitada?

• Dialogamos con fluidez, respectando as quendas de palabra e mantendo a atención?

• Soubemos expresar emocións diferentes só coa voz?

TOMA A PALABRA

5 Que hai que facer cando chamas e che descolgan o teléfono? Lembra o que fai Martiño e copia.

• Saudar. • Explicar desde onde chamas.

• Dar as grazas. • Indicar o motivo da chamada.

• Identificarte. • Preguntar pola familia.

• Despedirte. • Dicir con quen queres falar.

6 En parella, analizade a situación a partir das preguntas.

• Que problema de comunicación se produciu entre Xela e Alberte?

• Por que credes que se produciu?

• De que xeito se podería evitar?

7 Relaciona cada emoticona coa emoción que expresa.

1 2 3 4 5 6 7 8

sorpresa preocupación alegría anoxo

aburrimento alivio tristeza vergoña

Escolle unha das emoticonas anteriores e di a oración «O obradoiro vai comezar ás cinco e media» expresando a emoción correspondente.

Os compañeiros e as compañeiras terán que adiviñar que emoticona elixiches.

…daquela, Rita marchou e...

Ola? Alberte? Óesme?

Si, Xela, perdón.

2

Page 7: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

FICHAS PARA A COMUNICACIÓN ORAL

Page 8: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

As nubes permiten saber o tempo que vai ir nun período breve de tempo. Fíxate nos tipos de nubes e o que anuncian. Despois observa o ceo e fai a túa predición. Que tempo vai ir nos próximos días?

1. Illado, indica estabilidade; moitos xuntos, cambio de tempo.

2. Adoita indicar fronte cálida ou pouca chuvia.

3. Se forma unha capa mesta, indica cambio de tempo.

4. Anuncia precipitacións pouco intensas.

5. Indica precipitacións a medio prazo.

06. Adoita anunciar chuvia.

07. Pode traer chuvia moi feble.

08. Indica estabilidade no tempo.

09. Anuncia bo tempo.

10. Indica fortes precipitacións.

A mediados de marzo, Xulia e Alberte botaron unhas cantas sementes de hortalizas na súa horta urbana. Fíxate nos datos e predí o resultado. Que plantas nacerán?

A horta urbana

1. Cirros

6. Nimbostratos

2. Cirrostratos

7. Estratocúmulos

3. Cirrocúmulos

8. Estratos

4. Altostratos

9. Cúmulos

5. Altocúmulos

10. Cumulonimbos

O tempo

MARZO ABRIL

Temperatura máxima 23 ºC 25 ºC

Temperatura mínima 10 ºC 12 ºC

Temperatura media 14 ºC 17 ºC

TEMPERATURA IDEAL

Leituga Entre 4 ºC e 23 ºC

Tomate Entre 21 ºC e 35 ºC

Pemento Entre 18 ºC e 35 ºC

Cebola Entre 10 ºC e 32 ºC

Apio Entre 15 ºC e 21 ºC

TAREFA 10. Predicir resultados

34

Page 9: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

CO

MU

NIC

ACIÓ

N O

RAL

Cada cinco anos, no colexio O Souto fanlles unha enquisa a cincuenta alumnos e alumnas de sexto sobre o que lles gustaría estudar no futuro. Observa os resultados das enquisas de anos anteriores e predí. Que resultados se obterán en 2025?

LENDA

ART Estudos artísticos Rapazas

HECS Humanidades e Ciencias Sociais Rapaces

CET Ciencia e Tecnoloxía 0, 1, 2, 3... Número de alumnos e alumnas

CNES Ciencias Naturais e da Saúde

O campionato de balonmánFaltan só dúas xornadas da liga de balonmán escolar e a parte alta da clasificación está moi axustada. Observa a táboa e predí. Quen gañará?

Os estudos do futuro

PUNTOS TOTAIS

PARTIDOS GAÑADOS

PARTIDOS EMPATADOS

PARTIDOS PERDIDOS

Colexio O Galo 8 3 2 1

Colexio Raíces 8 4 0 2

Colexio A Paz 7 3 1 2

Colexio Prado 4 2 0 4

Colexio A Veiga 3 1 1 4

202010

9

8

7

6

5

4

3

2

1

0ART HECS CET CNES

201510

9

8

7

6

5

4

3

2

1

0ART HECS CET CNES

201010

9

8

7

6

5

4

3

2

1

0ART HECS CET CNES

TAREFA 10. Predicir resultados

35

Page 10: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

PARA INDICAR ACCIÓNS PARA INDICAR DIRECCIÓNS

Banco de palabras e expresións

• saír • atravesar

• chegar • dirixirse

• ir • continuar

• xirar • cruzar

• desde... • á dereita

• ata... • á esquerda

• cara a... • cara arriba

• ao lado de... • todo recto

IGREXA

CONCELLO

PRAZA MAIOR

PRAZA

GRANDEMUSEO PARQUE VERDE

PARQUE NOVO

COLEXIO

AUDITORIO

HOSPITAL

PRAZA VELLA

TAREFA 12. Dar as indicacións dun itinerario

36

Page 11: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

CO

MPETEN

CIA

LECTO

RA • C

UEN

TO

45

COMPETENCIA LECTORA

Page 12: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

AracnéNunha pequena aldea vivía unha fermosa doncela chamada Aracné.

Seu pai, tintureiro de profesión, traballaba na cidade, e a rapaza moraba soa nunha cativa palloza, no cabo da aldea, preto do bosque.

Desde pequena, Aracné aprendera a fiar e a tecer e acadara tanta lixeireza nas mans e tiña tan bo gusto que o seu nome colleu sona en toda a comarca.

A popularidade de Aracné foise facendo cada vez maior, e de moitas aldeas viña xente para vela fiar e tecer. A tecedora non se gababa da súa habilidade, pero achábase segura de si mesma e recibía os eloxios como cousa natural.

No inverno tiña o seu tear dentro da palloza e, sentada á beira do lume, collía a súa roca e comezaba a xirar nos seus dedos o fuso e a la ata lograr o fío que máis lle conviña ao que estaba facendo. Na primavera poñía no xardín o seu tear e, á sombra dunha vella oliveira, tecía desde o amencer ata que o sol se poñía no horizonte, sen descanso e sen perder a súa axilidade. Era nesta época do ano cando máis visitantes tiña, os cales se marabillaban véndoa traballar e quedaban engaiolados coas obras acabadas. Non faltaban comentarios, aos que a moza non lles facía caso.

Pero un día alguén dixo:–Isto é cousa do Olimpo. A mesma deusa Atenea

debeulle de ensinar a tecer!Aracné contestou ao eloxio.–Non foi Atenea quen me ensinou; ensinoume meu pai

cando eu era meniña.Pero foi inútil. Desde entón todos dicían que as mans

prodixiosas da tecedora foran adestradas por Atenea.Isto anoxaba tanto a Aracné que unha tarde dixo:–Non quero que se diga máis que Atenea me axudou

ou me axuda. Non é certo. Ademais, sei que podo tecer mellor ca a deusa. Se viñese aquí, podería demostrarllo.

TAREFA 1

Vas ler un relato mitolóxico escrito por unha das grandes autoras da literatura galega, Anisia Miranda.

Busca información sobre ela e escribe un texto en que ofrezas datos sobre a súa vida e a súa obra.

CO

MPETEN

CIA

LECTO

RA • RELATO

MITO

LÓXIC

O

1

Page 13: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

Conta na clase algún relato mitolóxico que lembres da antigüidade.

Podes facer, previamente, un guión para non esquecer nada importante.

A TÚA ACHEGA

Chegaron as palabras do reto ao Olimpo, e a mesma Atenea, poucos días despois, convertida en velliña, presentouse onda a tecedora:

–Rapaza –dixo a suposta velliña–, oín as túas palabras e podo dicirche que Atenea podería facer ese labor con máis axilidade ca ti.

Aracné ergueu os ollos do traballo que facía, mirou a muller e contestou:

–Señora, estou disposta a manter o que dixen. Que veña Atenea para demostrarllo.

–Pois aquí a tes –dixo Atenea mentres se despoxaba do seu disfrace–. Demóstramo.

Aracné non se perturbou pola presenza da filla de Zeus. Sentía respecto pola deusa, pero estaba segura de si, da súa habilidade. Así que preparou o seu tear. E, preto do dela, dispuxo o seu Atenea e comezaron a tecer.

Atenea representou no seu tapiz as doce divindades do Olimpo. Zeus estaba no centro sentado nun gran trono. Arredor aparecían os outros deuses nos intres máis culminantes das súas aventuras. Remataba o tapiz cunha grilanda de follas de oliveira.

Aracné fixo outro tanto. Representou os doce deuses, pero ridiculizándoos. Aqueles episodios en que padeceran algunha desfeita foron aproveitados por Aracné para fixar as súas imaxes no tapiz. No remate rodeouno dun marco de hedra.

Satisfeita quedou Atenea coa obra creada polos seus primorosos dedos, mais cando viu a de Aracné, toda a carraxe que collía nos intres máis terribles apoderouse da súa cara e das súas mans. Os ollos relucíanlle coa xenreira e dun saque rachou o tapiz de Aracné.

Endexamais a tecelá fora aldraxada desa maneira. Desesperada, a moza botou a correr cara ao bosque e na súa fuxida caeu por un barranco e quedou enleada nas matogueiras e gravemente ferida.

Atenea, que non agardaba tal reacción da tecedora, foi onda ela e díxolle:

–Non morrerás, rapaza, pero tampouco has vivir coa túa vida anterior. Condenareite a tecer por toda a eternidade.

De súpeto, os brazos e as pernas de Aracné foron deformándose. A súa cabeza e o seu corpo pequerrecho cubríronse dunha pelaxe viscosa. Atenea transformouna en araña. E desde entón Aracné tece os seus encaixes nas pólas das árbores.

AnisiA MirAndA, Mitos e lendas da vella Grecia (Adaptación)

2

Page 14: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

CO

MPETEN

CIA

LECTO

RA • RELATO

MITO

LÓXIC

O

1 Conta, por escrito, os detalles persoais e familiares que ofrece o texto sobre Aracné.

2 Responde.

• Quen lle ensinou a tecer a Aracné? • Por que gañou Aracné tanta popularidade?

• Quen dicía a xente que lle ensinara? • Por que ían tantas persoas a visitala?

3 Que facía Aracné nestes lugares? Cando o facía? Explica en cada caso.

4 Explica como era Aracné. Utiliza os adxectivos que che parezan axeitados para describir o seu carácter.

orgullosa

atrevida

prudente

humilde

traballadora

soberbia

habilidosa

amable

Localiza algunhas pasaxes do texto en que se observe con claridade a maneira de ser da moza.

5 Le os datos e escribe o nome propio que corresponde en cada caso.

Morada de deuses e deusas.

Deusa da sabedoría e da intelixencia.

Rei dos deuses e de toda a humanidade.

6 Que eloxios non lle gustaba oír a Aracné? Por que? Explica.

7 Le e responde sobre as palabras que dixo a moza a continuación.

• Que dicía Aracné que podía facer mellor ca a deusa?

• A que retou Aracné á deusa?

En que actividade invitarías ti a competir a un compañeiro ou compañeira? Comentádeo na clase.

Non quero que se diga máis que Atenea me axudou ou me axuda. Non é certo.

3

Page 15: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

8 Explica o significado que teñen no texto estas palabras. Se che cómpre, utiliza o dicionario.

gababa

eloxio

carraxe

aldraxada

culminantes

perturbou

xenreira

viscosa

9 Observa e responde.

• Que lle dixo a velliña a Aracné?

• Que lle contestou Aracné?

• Quen era a velliña en realidade?

• Que fixo tras a resposta da moza?

• Como se sentiu Aracné ao ver a deusa? Por que se sentiu así?

Que fixeron despois Aracné e Atenea? Explica.

10 Describe en cada caso.

O tapiz de Atenea O tapiz de Aracné

11 Cal destas escenas non acontece na historia? Elixe e explica.

A B

Conta a reacción de Aracné e o castigo que lle impuxo a deusa.

12 Responde de xeito razoado.

• Coidas que o castigo que recibiu Aracné foi demasiado duro? Por que?

• Que outro escarmento se che ocorre a ti que merecería Aracné? Por que?

13 Comentade na clase.

• Credes que Aracné fixo ben ao retar a deusa Atenea?

• Pensades que é bo competir cos demais? Por que?

4

Page 16: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

ESCRITURAESCRITURA

Page 17: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

ESCRITU

RA

TAREFA 1. Confeccionar un cómic

Os cómics contan historias a través de viñetas en que os debuxos son os protagonistas e as palabras se escriben dentro de globos. Pon en marcha a imaxinación; colle papel, lapis e cores, e comeza a confeccionar o teu cómic.

1 Comenta cos compañeiros e coas compañeiras.

• Gústache ler cómics? Por que?

• Cando liches por última vez un cómic? Cal era o seu título? Gustouche?

• Que cómic aínda non liches e che gustaría ler? Por que?

2 Elixe o xénero do cómic que che gustaría confeccionar.

cómic de aventuras cómic humorístico cómic de terror

cómic policial cómic de ficción científica cómic fantástico

3 Fíxate no seguinte exemplo e inventa un personaxe protagonista para o teu cómic.

Non esquezas acompañar a ficha dun debuxo do personaxe.

4 Inventa a historia que lle pasa ao personaxe anterior e escríbea de forma resumida, seguindo esta estrutura.

PRESENTACIÓN Presenta o protagonista e a situación actual.

Propón un problema que desencadea unha serie de feitos. NÓ

DESENLACE Resolve o problema e acaba a historia.

NOME: Nina Fortes

IDADE: 12 anos

PROFESIÓN: estudante

TRAZOS FÍSICOS: alta / forte / morena / pelo longo

TRAZOS PSICOLÓXICOS: intelixente / valente / decidida

1

Page 18: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

5 Observa esta viñeta e relaciona cada recurso do cómic coa función que fai.

A CARTELA OU CARTUCHO

B GLOBO DE DISCURSO

C GLOBO DE PENSAMENTO

1 Reproduce palabras dos personaxes.

2 Explica información da historia.

3 Reproduce ideas que pasan pola cabeza dos personaxes.

Cal destes recursos se utiliza na viñeta anterior? Elixe.

• Liñas para indicar un movemento. • Onomatopeas para reproducir sons.

6 Fíxate no exemplo e transforma o texto empregando os elementos do cómic.

7 Confecciona o cómic sobre unha cartolina a partir das actividades anteriores.

• Estrutura a historia da actividade 4 en seis viñetas.

• Incorpora ás túas viñetas os elementos das actividades 5 e 6.

Cando remates o cómic, revísao ben para corrixir os posibles erros.

FAINO NO ORDENADOR. Se optas por escribir o texto de cada viñeta no ordenador, ten en conta que deberás usar recadros e globos, que podes atopar nas seguintes opcións.

1. Selecciona o apartado Inserir. 2. Abre a opción Formas. Formas

Aquela noite…Quen será???

Cólleo ti.

Bo día!

Pola mañá…

Será bo día!

Pola mañá, Ana saudou a Iria: «Bo día!». E Iria dixo para si: «Será bo día!».

Antes de cear, mentres Martiño pensaba: «Onde estará Xoán», Uxío preguntoulle: «Viches a Xoán?».

EXEMPLO

2

Page 19: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

COMPETENCIA LITERARIA

Page 20: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

CO

MPETEN

CIA

LITERARIA

1

TAREFA 1. A casa dos libros

1 Le estes textos e di se che gustan ou non e por que.

Reflexiona sobre o que din estes textos e contesta.

• Que cousas positivas teñen os libros abertos?

• Que quere dicir que un «libro é o cadro das palabras»?

• Cal cres que foi a intención do autor e da autora ao escribir cada texto?

Libros por todas as partes

Entrar nunha biblioteca, por pequena que sexa, é entrar en contacto con libros de todo tipo; uns contan historias, outros manifestan sentimentos, outros explican coñecementos sobre unha materia... Polo tanto, calquera biblioteca dá acceso a un mundo enorme.

A biblioteca e a literatura

Nas bibliotecas atoparemos libros de temas e de formatos diferentes. Unha das seccións máis amplas de calquera biblioteca é a dos libros de literatura, é dicir, a que reúne textos cunha finalidade estética, que pretenden crear beleza e que buscan provocar emocións nas persoas que os len.

Os libros de literatura organízanse segundo os xéneros literarios:

• Narrativa: textos literarios en prosa en que unha voz narradora conta uns feitos que lles ocorren a uns personaxes nun lugar e nun tempo.

• Lírica: textos literarios en verso que teñen un ritmo e unha sonoridade especiais, e expresan emocións, sentimentos…

• Teatro: textos literarios dialogados, destinados a ser representados perante un público nun escenario.

Libros…

Libros pechados: que soños roubados! Libros abertos: sorrisos e acertos. Libros pechados: barbeitos xeados. Libros abertos: outonos espertos. Libros pechados: mil versos calados. Libros abertos: fermosos concertos. Libros pechados: tesouros gardados. Libros abertos: abrazos ben certos.

Antonio G. teijeiro / juAn C. MArtín rAMos, Versos viceversos

As letras…

As letras son os debuxos da voz; o libro é o cadro das palabras. Unha palabra fermosa ben merece estar enmarcada ricamente e pendurada nas paredes do salón. E non aí, nos dicionarios, amoreadas e esmagadas coma pasas.

GloriA sánChez, O home

do impermeable amarelo

Page 21: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

2

2 Le e explica a que xénero literario pertence este texto.

Contesta.

• Quen conta esta historia? Polo que liches no texto, que sabes dela?

• Que segredo comparte co avó? Por que cres que di que o avó é poeta?

• Gustaríache saber máis desta historia? Por que?

3 Conversa co resto da clase sobre lecturas literarias e costumes lectores.

• Que tipo de textos literarios che gusta máis ler: poesía, narrativa ou teatro? Por que?

• Cal é o libro de literatura dos que liches que máis che gustou? Por que?

• Onde consegues os libros de literatura que les: escolles dos que hai na casa, pídelos emprestados na biblioteca, mércanchos na libraría…?

• Cando adoitas ler libros de literatura? Tes algún espazo e momento favorito para ler?

Un segredo compartido

Chámanme a Bruxa da Casa de Pedra e moi pouca xente se atreve a visitarme. […]

Desde pequena facía os pequenos conxuros que ía atopando nos libros da biblioteca. Na casa dos meus pais había poucos libros, porque o meu pai pensaba que daban dor de cabeza. Ademais, a mellor amiga da miña nai, a señora Pura, que fora secretaria do alcalde durante toda a súa vida, opinaba que os libros eran perigosos, sobre todo os libros dos estantes máis altos ou máis escuros, porque alguén escribira neles os segredos que non se podían coñecer. Eses eran os libros que eu buscaba, así que, de cando en vez, daba cun libro de maxia. Se o libro tiña un aire perigoso, levábao agochado, pechábame no meu cuarto e líao cando caía a noite, para aprender ben o que poñía. Despois, devolvíao, con cara de inocente, e ninguén sospeitaba nada… agás o meu avó. […]

Unha tarde de outono, topei o meu avó cando saía da biblioteca. Agochado debaixo da chaqueta, eu levaba un libro de maxia. Ao velo, quedei tan pasmada que o libro caeu ao chan. O meu avó achegouse, recolleu o libro do chan, beliscoume o nariz con dozura, colleume da man e levoume a dar un paseo.

—Non llo direi a ninguén —murmurou.

—O que? —pregunteille con cara de inocente.

—O teu segredo —e, cun xesto, sinalou o libro. […]

O meu avó era un poeta, por iso falaba raro. Eu aprendía del, porque para a maxia hai que saber atopar a música nas palabras, aínda que a miña avoa sempre lle berraba: «Non te entendo! Non podes falar coma as persoas normais?». […] Despois deste día, eu comecei a pasar máis tempo co meu avó, e a falar coma el. A miña avoa botaba as mans á cabeza: «Outra vaca no millo! Agora a nena tamén quere ser poeta!». Eu protestaba: «Non, avoa, eu quero ser bruxa!». […]

Paula Carballeira, Bruxa e familia (Adaptación)

Page 22: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

4 Le este texto e responde.

Alucina, son unha vampira

Son unha vampira e vivo na biblioteca da Universidade de Coímbra. E dirás ti: que fai unha vampira na biblioteca? Pois sobre todo comer. Tamén leo libros. […]

Neste lugar inmenso e antigo, cheo de andeis altísimos que cheiran a vello, viven uns bechos que son bibliófagos. Chámanse así porque papan libros, […] perforan as follas e pasan dunha a outra escavando túneles e cráteres. Son coma toupas diminutas… E non o perdas: cando teñen moita fame, tamén papan a encadernación, aínda que sexa de tampa dura. Non teñen fondo! […]

Na biblioteca existen exemplares moi valiosos, únicos no mundo, e debemos impedir que rematen nos estómagos destes insectos. […]

Hai moitos anos a unha tipa bastante lista ocorréuselle unha idea para poñer a salvo os libros. Ela pensou: «Se os insectos comen os libros, haberá que buscar alguén que coma os insectos». […] Despois de consultar diversos libros… deu coa solución: morcegos.

Eu, no tempo libre, leo todo o que podo. De feito lin todos os libros sobre a miña especie que hai nesta biblioteca. Algúns deles dúas ou tres veces. […]

Ledicia costas, Vampira de biblioteca (Adaptación)

3

CO

MPETEN

CIA

LITERARIA

TAREFA 1. A CASA DOS LIBROS

• Onde ocorre esta historia e quen a protagoniza?

• Que son os «insectos bibliófagos»? Por que cres que haberá tantos nese lugar?

• Que solución se atopou para protexer os libros do ataque destes bichos?

• Cres que esta historia é real ou fantástica? Por que?

Investiga en Internet sobre a «Biblioteca Joanina» da Universidade de Coímbra.

Busca imaxes do interior, información sobre a colonia de morcegos, curiosidades… e conta o que máis te sorprenda do que descubras desta biblioteca.

5 Coa axuda da imaxe, ou cun libro de contido literario que teñas á man, sinala onde se sitúan estas partes.

cuberta contracuberta lombo lapela

Despois explica.

• En cal destas partes aparecen o título e o nome da autora ou do autor do libro?

• Que información se inclúe na contracuberta? Para que se utiliza a lapela?

Page 23: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

Cifra da CDU que corresponde aos libros de Literatura.

Letra que indica o xénero literario do libro: N (narrativa), P (poesía) e T (teatro).

As tres letras en maiúscula do apelido do autor ou da autora.

As tres letras en minúscula do título da obra.

4

6 Le o que lle conta Breixo a Icía e, despois, responde.

• Para que serve o código CDU?

• En que parte do libro se coloca ese código?

• Por que é importante que cada libro da biblioteca teña un código de identificación?

7 Fíxate na sinatura do libro Kibuko e descifra o código da sinatura coa axuda da información que tes no cadro.

Asocia estoutros códigos ao libro a que pertencen.

8 Localiza a referencia dos textos que aparecen nas actividades 1, 2 e 4 desta tarefa e escribe unha sinatura para o libro a que pertencen.

Sigue as indicacións que tes no cadro da actividade 7.

9 Escribe un breve texto en que expliques os pasos que hai que seguir para coller emprestado un libro na biblioteca pública.

Inclúe algunhas normas que é importante respectar na biblioteca.

Sabes? A maior parte das bibliotecas públicas do mundo comparten un método para ordenar os

libros, que se chama CDU ou «Clasificación Decimal Universal». A cada libro póñenlle unha «sinatura»

no lombo, que é unha etiqueta cun código escrito. Así é doado localizar calquera libro da biblioteca.

8N

ESTkib

1

8P

SÁNdez

2

8N

JAUbosq

3

8T

SÁNnoé

A CB

Page 24: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

OBRADOIRO DE VOCABULARIO

Page 25: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

OB

RAD

OIRO

DE VO

CA

BU

LARIO

FICHA 1. Formación de palabras: a prefixación e a sufixación

1 Copia a palabra de cada parella que contén un prefixo e arrodéao.

• prexulgar / pregar • realizar / reaparecer • contradicir / contrariar

Busca no dicionario o significado dos prefixos arrodeados.

2 Volve escribir as oracións substituíndo por termos contrarios as palabras destacadas.

• A historia de Uxío era crible. • Hai que conxelar a comida.

• É posible que gañen o partido. • Esta tixola é adherente.

3 Clasifica os seguintes termos segundo o significado que lles achega o sufixo -eiro ou -eira.

castiñeiro cociñeiro betanceira oliveira barbeira rianxeiro

LUGAR DE ORIXE

PLANTA OU ÁRBORE

PROFESIÓN

Axuda o rapaz e responde a pregunta que lle fai a rapaza.

A prefixación consiste en engadir unha partícula chamada prefixo ao principio dunha palabra para formar outra. Entre os prefixos máis usados destacan os que expresan negación ou idea contraria (in-, des-) e os que indican situación, tanto no espazo coma no tempo (sub-, pre-).

A sufixación consiste en engadir unha partícula chamada sufixo ao final dunha palabra para formar outra. A maioría dos sufixos achéganlle un significado novo á palabra á que se lle engaden e poden facer que cambie de clase (por exemplo, de adxectivo a substantivo: doce dozura).

Se antepenúltimo significa 'antes do penúltimo�, que significará antesala?

PREPARÁMONOS

?

1

Page 26: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

OBRADOIRO DE GRAMÁTICA

Page 27: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

OB

RAD

OIRO

DE G

RAM

ÁTICA

1

FICHA 1. O grupo nominal: substantivo, adxectivo e artigo

Que clase de palabras son as que anota o rapaz? Razoa.

• artigos

• substantivos

• adxectivos

• verbos

Un grupo nominal é un conxunto de palabras agrupadas arredor dun substantivo.

Os grupos nominais poden estar formados por unha soa palabra ou por varias. A palabra máis importante do grupo nominal é o substantivo.

Os grupos nominais están formados por diversas clases de palabras: substantivos, adxectivos, artigos, demostrativos… Cada unha destas palabras realiza unha función determinada.

• O substantivo desempeña a función de núcleo do grupo nominal.

• Os artigos (determinados: o, a, os, as e indeterminados: un, unha, uns, unhas) son palabras que van diante do substantivo e concretan e delimitan o seu significado. A súa función dentro do grupo nominal é a de determinante.

Outras palabras que poden facer de determinantes cando van diante do substantivo son os demostrativos (este, esas…), os posesivos (miña, voso…), os numerais (terceiro, catro…) e os indefinidos (algún, poucos…).

• Os adxectivos son palabras que expresan calidades ou estados do substantivo que acompañan e que, por tanto, complementan o seu significado; por iso dicimos que realizan a función de complemento. Os adxectivos funcionan como complementos tanto se van diante do substantivo coma se van detrás del.

Tamén pode desempeñar a función de complemento un grupo nominal precedido de preposición (a, de, en…).

PREPARÁMONOS

Antón, baixa á farmacia e merca un xarope contra a tose e aqueles

caramelos de menta tan bos que teñen.

xarope

caram

1 Ordena as palabras para escribir grupos nominais e sinala o núcleo en cada caso.

A o meu regalopara ti B batido de amorodoo

C tres camisasverdes D a túa amigabelga

E algún díalibre F caderno de notasese

Page 28: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

GRUPO NOMINAL

DETERMINANTE

posesivo

NÚCLEO

substantivo

COMPLEMENTO

grupo nominal con preposición+ +

2

2 Cal dos grupos nominais da actividade anterior segue este esquema? Responde.

3 Copia todos os grupos nominais do seguinte texto.

Ten en conta as contraccións.

Unha enfermidade inoportuna

Desde que tiña sete anos practico tenis de mesa. Esta semana, xusto cando tiña unha competición importante, collín un arrefriado fortísimo e tiven que quedar na casa durante tres días enteiros. Non puiden nin saír da cama! Que mala sorte…

Copia un dos grupos nominais anteriores seguindo a estrutura indicada en cada caso.

• demostrativo + substantivo • numeral + substantivo + adxectivo

• numeral + substantivo • substantivo + grupo nominal con preposición

4 Que afirmación sobre o grupo nominal é correcta? Le e razoa.

A B C

5 De que grupo nominal se trata? Sigue as pistas e cópiao no caderno.

PISTA 1. Contén dous complementos.

PISTA 2. O núcleo é un substantivo en plural.

PISTA 3. Ten un demostrativo como determinante.

Os elementos que forman un grupo nominal

non teñen ningún tipo de concordancia.

Os adxectivos concordan en

persoa e número co substantivo.

Os determinantes e os adxectivos que fan de complemento

concordan en xénero e número co substantivo que fai de núcleo.

dous abrigos verdes con petos

aquelas montañas grandes do fondo

un remedio boísimo para a calor

o coche da nai

Page 29: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

OB

RAD

OIRO

DE G

RAM

ÁTICA

31

Os verbos irregulares

O verbo estar

Hai verbos que nalgúns tempos non se conxugan igual ca o verbo modelo. Estes verbos son irregulares.

FORMAS PERSOAIS

FORMAS NON PERSOAIS

MODO INDICATIVO

PRESENTEPRETÉRITO IMPERFECTO

(Copretérito)PRETÉRITO PERFECTO

(Pretérito)

eu estou eu estaba eu estiventi estás ti estabas ti estiveches

el, ela está el, ela estaba el, ela estivonós estamos nós estabamos nós estivemosvós estades vós estabades vós estivestes

eles, elas están eles, elas estaban eles, elas estiveron

PRETÉRITO PLUSCUAMPERFECTO (Antepretérito)

FUTUROCONDICIONAL (Pospretérito)

eu estivera eu estarei eu estaríati estiveras ti estarás ti estarías

el, ela estivera el, ela estará el, ela estaríanós estiveramos nós estaremos nós estariamosvós estiverades vós estaredes vós estariades

eles, elas estiveran eles, elas estarán eles, elas estarían

MODO SUBXUNTIVO INFINITIVO CONXUGADO

PRESENTEPRETÉRITO IMPERFECTO

(Pretérito)

eu estea eu estivese eu estarti esteas ti estiveses ti estares

el, ela estea el, ela estivese el, ela estarnós esteamos nós estivésemos nós estarmosvós esteades vós estivésedes vós estardes

eles, elas estean eles, elas estivesen eles, elas estaren

MODO IMPERATIVO

está ti estade vós

INFINITIVO XERUNDIO PARTICIPIO

estar estando estado

Page 30: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

OBRADOIRO DE ORTOGRAFÍA

Page 31: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

OB

RAD

OIRO

DE O

RTOG

RAFÍA

1

FICHA 1. O uso das maiúsculas

Que palabra debería levar maiúscula inicial? Localízaa.

A letra inicial dunha palabra escríbese con maiúscula nos seguintes casos:

• Ao principio dun texto: Todo comezou un martes 13 de…

• Despois de signos que pechan oracións, como o punto (.), o signo de interrogación (?), o signo de admiración (!), etc.: Sabes onde vive miña nai? Vive nunha casa á beira do río.

• Nos nomes propios de persoas, animais, lugares, etc.: Xocas, Laika, Vimianzo…

• Na primeira palabra dos títulos de contos, películas, cancións, etc.: Os horizontes de Adar, O Apóstolo, A saia da Carolina…

• En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, empresas, etc. formalmente constituídas: Xunta de Galicia, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia…

Non se escriben con maiúscula inicial nin os nomes dos días da semana nin os dos meses do ano.

PREPARÁMONOS

Ola, maruxa! Como che vai?

1 Despois de que signos de puntuación se escribe maiúscula? Pon exemplos do texto.

Unha maxia especial

Sabedes por que me gusta máis o teatro ca o cine? Pois é porque, cando un actor ou unha actriz sae ao escenario, está tan cerca e ten tanta presenza que me sinto coma se me estivese falando a min. É incrible! Claro que sei que o cine tamén pode ser espectacular, pero o teatro ten unha maxia especial.

2 Escribe tres nomes propios de cada clase.

Lembra que as maiúsculas tamén levan acento gráfico.

De persoas. De animais. De cidades. De ríos.

Page 32: Tarefas e destrezas comunicativas...Eu son Malala TAREFA 4. Conto: O mozo fanfurriñeiro TAREFA 5. Conto: Un susto por partida dobre TAREFA 6. Portada de xornal: Vilatoxal ao día

2

3 Sinala cal das palabras destacadas en cada oración se debe escribir con maiúscula inicial e explica por que.

• A tía rosa mercoume unha preciosa rosa na floraría.

• O meu can trono asústase moitísimo cando oe un trono.

• A cantidade de terra fértil do planeta terra é cada vez menor.

• A miña amiga mar foi de viaxe a unha vila situada na beira do mar.

4 Completa cada oración co nome propio que cumpra.

Lembra que cando unha palabra con maiúscula inicial comeza por un dígrafo, só se escribe en maiúscula o primeiro elemento deste.

Chile QuirogaLleidaGuillerme

• Os habitantes de reciben o nome de ilerdenses.

• O concello de atópase ao sueste da provincia de Lugo.

• A nova alumna di que vén de , un país de América do Sur.

• O domingo pasado fun ao cine con , o meu mellor amigo.

Ocórreseche algún outro nome propio que comece por ch, gu, ll ou qu? Escríbeo.

5 Escribe.

• O título do teu libro favorito e o nome do seu autor ou da súa autora.

• O título da túa película favorita e o nome dos personaxes principais.

• O título da túa canción favorita e o nome do grupo ou artista que a canta.

6 Escribe as seguintes oracións poñendo maiúscula cando sexa preciso.

• o consello da cultura galega organiza unha exposición sobre a emigración.

• se tes dúbidas lingüísticas podes acudir á páxina web da real academia galega.

7 DITADO. Prepara o ditado e escríbeo no caderno.

Comezan as festas da vila

Co tradicional pregón da alcaldesa, Ana Moure, comezaron onte as festas do concello da Florida. Unha das concelleiras animaba a veciñanza clamando entusiasmada: «Vide todas e todos! Esperámosvos!». Pouco despois, as rúas comezaron a encherse de xente.

Hoxe mesmo, o famoso grupo de folk Musicolandia ofrecerá un concerto na praza da Concordia. Mañá, sábado, celebrarase o concurso de baile e pasadomañá, o de canto. Seguro que non queredes vir? Aínda quedan un par de días para que rematen as festas… Dádelle unha volta!