Lucy Copia

Post on 01-Jul-2015

535 views 2 download

Transcript of Lucy Copia

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECAACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

“E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS”CONMEMORACIÓN DO ANO DARWIN

CURSO 2009-2010

“tras os pasos de lucy”

A EVOLUCIÓN HUMANA

Un metro de estatura, 30 quilos de peso… Lucy era baixiña, pero muy mona.

Viviu hai 3,2 millóns de anos na sabana africana.Andaba ergueitaNon usaba ferramentasNon era quen de falar coma nos, nin era moi intelixente.

Morreu sendonova e algúnsdos seus fillosnon chegarona adultos .Pero moitossobrevivirone todos nos somos herdeirosda súa liñaxe.

Os detectives da historia humana, os paleoantropólogos,

encargáronse de averigua-lo

O 4 de novembro de de 1974 un

paleoantropólogo, Donald Johanson,

descubriu en Hadar(Etiopía) os restos de

Lucy e outros 12 homínidos, constituíndo

o que se chamou a “primeira famillia”.

Esta nova especie foi bautizada co nome

de “Australopithecusafarensis”

(mono do sur) O achado foi publicado na

prestixiosa revista “nature”

Púxoselle o nome en honor á canción dos BEATLES:

“Lucy in the sky whith diamonds”

O 10 de decembro do ano 2000 atopáronse en

Etiopía os restos máiscompletos dunha nena

de tres anos de Australopithecus

afarensis. Chamóuselle“ a nena de Dikika”

Homo habilis(“home mañoso”)

xa que apareceron

ferramentas

líticas fabricadas

por el. Tamén

fabricaba chozas.

Viviu hai 2,5 millóns

de anos.

Homo ergaster

(home traballador)

Viviu hai 1,8 millóns de anos en África.

Coñecía o lume

É o primeiro homínido que sae de Africa

Homo erectus

(home ergueito).

Restos de hai 1 millón de anos atopados en Java.

Eran cazadores e moiparecidos a nos.

Homo antecessorAtapuerca (Burgos)

Viviu hai 800.000 anos.Hoxe en día é o homínido máis antigo de Europa.Eran individuos altos e fortes con faccións modernas aínda que o cerebro era máis pequeno que o actual.

Na Serra de Atapuerca, na provincia de Burgos, atópaseun dos xacementospaleontolóxicos máisimportantes do mundo, con restos fósiles de homínidos que viviron nese lugar aolongo de máis dun millón de anos. No ano 2000 foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade.

Miguelón

Serra de Atapuerca (Burgos)

Homo heidelbergensis

Viviu hai 500.000 anos.

Os primeiros restos atopáronse

en Heidelberg (Alemania)

Homo neanderthalensisViviu hai 300.000 anos

Eran cazadores

Vivían en grupos

Enterraban aos mortos

Probablemente se entendían por xestos ou unha

linguaxe articulada.

Semellábanse a nos pero eran máis fortes.

Homo sapiens (home que pensa)Apareceu hai 150.000 anos en África

Adquiriu unha nova habilidade: pode falar.Dominaba as técnicas de caza.Practicaban ritos relixiosos.Podía representar a realidade mediante pinturas e esculturas.

Covas de Altamira(Cantabria)

Dende África o Homo sapiens estendeuse por todo o mundo

Ata aquí chega a nosa historia, o legado de Lucy. Percorremos un longo camiño, con

moitas dificultades e evolucionamos ata o que agora somos. Mereceu a pena!

LEMBRA!:

• África foi o noso berce.• Alí demos os nosos primeirospasos de humanos.• Dalí viñemos.

“Sinto verdadeiramente que a conclusión fundamental á que chega este libro, isto é, que o home descende dunha forma inferiormente organizada, resulte a moitos altamente desagradable”.

Charles Darwin:

” A orixe do home”.

24 de febreiro de 1871.

Darwin foi malinterpretado,ridiculizado e caricaturizado.

“Por moito que un home valga, xamais terá

valor máis alto que o de ser home.”Antonio Machado. Juan de Mairena.

MOITAS GRAZAS!