Lic Carballido

Post on 11-Apr-2017

188 views 0 download

Transcript of Lic Carballido

ESPAZOS NATURAISLIC Carballido

É un espazo repartido en dúas zonas nos vales dos ríos Rodil e do Bidueiro, ambolosdous afluentes do Eo que forman profundos vales nos que se conservan fragas atlánticas de grande naturalidade, cunha flora e fauna moi variadas.Destaca tamén polo seu valor paisaxístico e etnográfico.

SITUACIÓN: Cunca do Eo, ao nordeste da provincia de Lugo (comarcas da Fonsagrada, A Mariña Oriental e Meira)SUPERFICIE: 4.828 ha CONCELLOS: A Fonsagrada, A Pontenova, Ribeira de PiquínVALORES NATURAIS: fragas, bosques de ribeira, río...

PROTECCIÓNLIC (29 de decembro de 2004)ZEC (31 de marzo de 2014)Forma parte da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Atlántico de media montaña

CLIMA

Ocupan a parte sur do vale do río Bidueiro e o val do seu afluente Reigadas (co río do Mazo); nas abas dos montes Coto de Frades (960 m), ao nordeste; Caramelo (906 m), ao leste; Cruz da Graña (877 m) e Cruz de Contumil, ao sur; e Serra de Fontangordo, ao oeste. As rochas máis destacadas son as lousas e os xistos. Son unha das fragas máis grandes e mellor conservadas de Galiza.

FRAGAS DE SAN XES e DE REIGADAS OU DO CABANAL

Fraga de San Xes

Fraga de San Xes

Fraga de San Xes

Fraga de Reigadas

Fraga de Reigadas

FRAGA DE CARBALLIDOEstá situada nos caborcos excavados en xistos polo río Rodil e os seus afluentes Veiga de Logares, Muíños, Pontigón, Vaovello, Santo Estebo... en terreos dos concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín.Está rodeada dunha serie de pequenas serras entre as que destacan o monte de Vilar de Calvos (717 m) ao norte, e o Corno do Freixo (745 m) e o Corno de Cervo (Cruz do Pito, 849 m) ao sur.

Fragas de Carbalido

Fragas de Carbalido

Fragas de Carbalido e val do Rodil

SERRA DO CORNO DO CERVOCon orientación NE-SO, situada no concello de Fonsagrada, e rodeada polos profundos vales do río Rodil e os seus afluentes. O punto máis alto é a Cruz do Pito, con 849 m. As abas que dan ao río Rodil están ocupadas por carballeiras moi ben conservadas que forman parte do espazo “Carballido”.

REDE FLUVIALO espazo articúlase arredor dos vales de varios afluentes do Eo: o Rodil, ao Sur e o Bidueiro ao norte.

O Rodil nos Vaos

RÍO RODILNace na Serra do Invernal e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo. Recibe pola dereita o Rego de Queixoiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares e A Pontiga. Pola esquerda o Esteiro (ou Esteleiro), Santo Estevo e Vao Vello.

Atranco no Rodil (Os Vaos)

Cavorco do Rodil nos Vaos

Cavorco do Rodil en Vilarpescozo

RÍO DO BIDUEIROUn afluente do Eo que nace entre o Chao do Caramelo e o Coto de Frades e percorre terreos dos concellos da Pontenova e A Fonsagrada. Os principais afluentes son o Bounote, pola dereita e o Reigadas, pola esquerda

Fervenzas de San XesO río do Bidueiro forma varios saltos no interior da Fraga de San Xes.Bogo (A Pontenova)

Pozo da ChamosaRego Reigadas (Bidueiro)Bogo/Vilaboa (A Pontenova)

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.-Queirogais secos europeos-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Soutos-Bosques galería de Salix alba e Populus alba-Sobreirais-Aciñeirais

FLORAA maior parte do espazo está ocupada por fragas atlánticas moi ben conservadas de ambiente sombrizo e húmido. As árbores máis comúns son os carballos, carbas (Quercus petrae) bidueiros, freixos, acivros, capudres, pereiras bravas, estripos, cerdeiras, teixos, algún lamagueiro... e nas zonas próximas ás poboacións soutos, nogueiras e piñeiros de repoboación. O sotobosque está formado por arandeiras, xilbarbeira, herba salgueira, silveiras, fentos, onfalodes, herba chaveira, leiteira, roseiras...Na beira dos ríos hai tamén amieiras e salgueiros acompañados de plantas de ribeira (fentos, pé de boi, herba salgueira…) e acuáticas. Nas partes altas hai mato de breixos e carqueixas.

Interior da fraga

Carballos

Amieira na beira do Rodil (Os Vaos)

Froitos de avelaneira (Corylus avellana)

Capudre (Sorbus aucuparia) con froitos.

Saxífragas e brións

Os fentos e as silvas son as plantas máis comúns no sotobosque.

Flores de arando (Vaccinium myrtillus)

Paxariños (Linaria triornotophora)

FAUNAA fauna é a característica das fragas húmidas: píntega común, saramaganta, pintafontes (común, palmado e verde), sapos (comadrón e común), rá vermella, lagartixas (da serra, galega e dos valos), cobras (lagarteira común e de colar), víbora de seoane, ourizo cacho, rato de almizcle, furafollas, esquío, lobo, raposo, corzo, leirón rilón, martaraña, gato bravo, lontra (nos ríos)... numerosas aves (azor, gabián, tordos, picas, papuxas, picafollas, carriza, chascos, lavercas, ferreiriños, piquelo azul, ouriolo, cuco, pimpíns, bicotorto, curuxa, bufo, moucho...) e insectos. Ocasionalmente a fraga de carballido é visitada polos osos.

Os furafollas (Sorex sp.) son os mamíferos máis pequenos. Aliméntase de insectos e miñocas entre as follas caídas do bosque.

Gato bravo (Felix sylvestris). Nestes lugares pouco alterados atopan refuxio as especies máis vulnerables da fauna.

Nas áreas de Carballido crían numerosas aves: miñato abelleiro (Pernis apivorus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), e avelaiona (Strix aluco), pícidos (Picus viridis e Dendrocopos major), gabeador azul (Sitta europaea), gabeador común (Certhia brachydactyla), estreliña riscada (Regulus ignicapillus), estreliña do norte (Regulus regulus), ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus), páridos (Parus spp.), cardeal (Pyrrhula pyrrhula), gaio (Garrulus glandarius). Nos leitos fluviais crían o merlo rieiro (Cinclus cinclus), e a lavandeira real (Motacilla cinerea). En áreas abertas citouse a nidificación do escaso picanzo real meridional (Lanius meridionalis).

O ferreiro bacachís (Parus caeruleus) aproveita o enorme número de eirugas que viven e se alimentan das follas das árbores da fraga.

Gabeador común (Certhia brachydactyla)

Ra patilonga (Rana iberica). Vive preto dos regatos limpos con correntes e abundante cobertura vexetal.

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE

InvertebradosCerambyx cerdoEuphydryas auriniaGomphus grasliniiLucanus cervusMacromia splendensOxygastra curtisiiGeomalacus maculosus

PeixesChondrostoma polylepisRutilus arcasii

AnfibiosChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoi

RéptilesLacerta schreiberi

MamíferosBarbastella barbastellusGalemys pyrenaicusLutra lutraMyotis emarginatusMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Bacaloura (Lucanus cervus), o insecto máis grande de Europa. Pasa varios anos en estado larvario alimentándose da madeira morta das árbores vellas. Na actualidade é unha especie protexida debido á reducción dos seus hábitats.

ACTIVIDADESAgrogandeiría, forestal, turismo.

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALO territorio conserva núcleos tradicionais, igrexas hórreos, muíños ferrerías...

Ferrería de Bogo, no Rego do Bidueiro. Conxunto etnográfico restaurado formado por unha ferrería e un muíño.

Bosque autóctono e plantacións de coníferas en Carballido.

PROBLEMAS-Repoboacións con especies foráneas-Abandono do rual-Incendios forestais

Ferrería de Bogo

PUNTOS DE INTERESE-Ferrería e conxunto etnográfico de Bogo-Os Vaos: paisaxe, área de lecer, amieiras-Fervenzas de San Xes (río Bidueiro) e Pozo da Chamosa (Rego das Reigadas)-Nas proximidades: O Trobo (carballo) e Carballido (teixos)

Muíño na fraga de San Xes

Teixos de Carballido (A Fonsagrada). Dous exemplares situados a carón da igrexa. Miden 14 e 11,5 m de altura, 4,50 e 4,14 m de perímetro e teñen arredor de 150 anos.

Montaxe e fotos: Adela Leiro e Mon DaportaAgosto 2016