Download - Perfil número 15 (2013)

Transcript
Page 1: Perfil número 15 (2013)
Page 2: Perfil número 15 (2013)

PERFIL NÚMERO 15 Depósito legal: PO-139-96

DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA Ano escolar 2013-2014

Debuxo portada

Editorial

Tras os pasos de Díaz Castro 1ºESO

Cartas de amor

Excursión a Compostela PCPI

Obradoiro de teatro do PCPI Rosana Villagrasa

A nosa dieta 3º ESO

A saída a Madroa Iván Montenegro

Bibliotecas viventes Antía, Ana e María

Feira do libro no IES Lourdes Costas

Colaboración IES Audiovisual Departamento de Imaxe Persoal

Xornadas de perruquería Departamento de Imaxe Persoal

Marcos Calveiro Mauro e Jennifer

Fina Casalderrey Departamento de Lingua Galega

Historias para non durmir Nerea Martínez Pérez

Recuperación bestial Cris Pavón

A entrevista Paula Louzao, Sonia Daponte e

Vera Álvarez

Carta aberta Jérémy Thomas

Regueifando Esteban e Paola

Enredando 1ºESO

Page 3: Perfil número 15 (2013)

Á familia docente acaba de nacerlle un novo membro. Debe ser a única

familia que medra nestes tempos de suicidio demográfico. Bautizaron esta nova criatura co nome de LOMCE (alguén preguntará polo estado do padriño o día de autos). Os que a visitaron para coñecela non lle chamaron bonita, pero puxéronlle un des (porque causa descontento, desconcerto, desconfianza, desánimo e non falta quen a considere un desatino). Sosteñen as malas linguas que ten as feituras do proxenitor. E este, como non pode ser doutro xeito, móstrase orgulloso do seu enxendro e sostén que arranxará de vez este decadente e inútil sistema de ensinanza que non logra outra cousa que tirar montes e moreas de diñeiro público polo sumidoiro. Levamos xa tempo en que cada ministro do ramo está empeñado en sacar

adiante a súa criatura. Semella unha cuestión persoal. Calquera intento de colaboración considérase idea criminosa. É ben sabido que a sospeita de paternidade compartida sobe a taurina a niveis patolóxicos. Perdóenme a animalada, pero hai quen prefire ter un fillo parvo a un xenio compartido. Polo que nos toca aos súbditos docentes, sabemos que temos de agarimar a

criaturiña mesmo descoñecendo detalles importantes do seu carácter a estas alturas de curso. Hai quen se queixa de que nos están aplicando a política do supositorio. Tal tratamento ten dous principios activos básicos: 1. Aplícase cun golpe de autoridade; o importante é que se saiba quen manda, non quen goberna. 2. Con este método, a absorción é máis rápida e eficaz. E velaquí estamos, a punto de comezar un novo capítulo, corrixido e

aumentado, sobre a identidade do docente: a contradición. Se unha autoridade quixese identificar un docente, no canto de lle pedir o dni podería dicirlle:

−Muéstreme su contradicción, haga el favor. [Unha autoridade non debe falar galego; perdería prestancia]. E, daquela, podería facer reloucar o axente cun fermoso mostrario de

contradicións xerais, concretas, de recuperación, de reforzo, de transversalidade... Pídesenos que formemos cidadáns pensantes, reflexivos, críticos, capaces de entender e controlar o mundo no que viven. Facemos coma o gato diante do espello, que asoma o bigote (sen depilar) por detrás do azougue por se descobre algo novo, pero colaboramos cun sistema que nos converte en peixes planos, apegados ao chan e cos dous ollos na mesma perspectiva. Gastamos unha lingua que barbea, pero obedecemos coma ovellas. Valoramos a imaxinación, pero non damos saído de programas e protocolos. Proclamamos rigor e esixencia, pero tragamos o fracaso que outros sabios nos cociñan... E co que nos vén enriba, ¿as nosas contradicións mellorarán adecuadamente?

Page 4: Perfil número 15 (2013)

letras galegas 2014

4

PENÉLOPES

Penélope non quere mais a obriga manda Ela unha vez casou agora casar non quere Por iso cose e descose para nunca rematar espera ao seu Ulises que a guerra marchou na barca

María Fdez Taboada

PENÉLOPE Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol como unha uva; pro tí envólveste en sabas de mil anos i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron: Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús-María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono o tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

ESMERALDA Herba pequerrechiña que con medo surrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿por qué de ser pequena te me avergonzas ti? O Universo sería máis pequeno sin ti!

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

OS POETAS DE 1º ESO ESMERALDAS

Teño medo de que o Sol se encha de amargura de que na herba se derrame sangue dos que loitaron por nós

. Jenni Valois Diana Longa

Eu teño medo perder a túa boca pequena, éche todo o que teño, pequerrechiña. Sen ti, non hai universo.

Ana Beltrán Joel Fdez

A pequena nena soa no universo, soa compoñendo un verso. O sol reclámalle un beixo ela tumbada sobre a herba pensa no seu noivo e berra: Sol non te deites, é moi cedo A nena sente medo

William Pérez Jessica Laso

Na lonxanía dos mares un mozo navega. O barco afástase e de vista se perde Ulises está lonxe Penélope non o esquece Algún día desa illa volverá e alí a encontrará.

Xián García

Penélope cose e descose coa intención de non casar. Onde está ese Ulises que a ía salvar?

Marta Santaclara

NIMBOS Se é que o poema é só un nimbo de lus que os ollos cegos póñenlles ás cousas soñadas, ou amadas nas teebras, das cousas que xa foron e se foron pro siguen sendo e non se van xa máis, das sombras que, xogando cos meus ollos, na miña vida en lume se enxeriron, eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza de rosas que onte encheron de perfume o mundo, morto xove, dalgún soño

Page 5: Perfil número 15 (2013)

letras galegas 2014

5

Ana Beltrán

�imbos Se é que o poema é só un nimbo de lus como o que leva Deus na cocorota

calva ou peluda, non sei.

Eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza dos avós que morreron e vagan polo noso mundo para sempre.

No monte da Guía a secta manda,

con coidado has de andar se a casa queres voltar, sen sangue derramar.

Ninguén sobe, ese monte dá canguelo e os que entran desaparecen sen deixar

rastro. As trampas abundan facendo que todo

sexa moi perigoso e tenebroso. Mauro Santiago

�imbos Se é que o poema é só un nimbo de lus que resplandece no campo das letras

galegas, con amor feitas, sobre soños con flores, fentos e carballos vellos;

dos bosques frondosos nos que a luz da lúa non chega. Eu deixo aquí os nimbos,

auréolas de lus resplandecente que rodea a cabeza dos anxos

Antía Collazo

�imbos Se é que o poema é só un nimbo de lus que os nenos observan con admiración e vaise marchando polo vento e a calor. Ás veces as cousas non saen como un quere, pero, fai coma os nenos, inténtao ata que saia e esteas cheo de suor e traballo ben feito. Eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza que se espalla polo vento da mañá que logo desaparecerá.

Marta Santaclara

Esmeralda Herba pequena pequerrechiña, non teñas medo ao sol poderoso

eu sei que che quita o teu verde precioso, que es moi pequena comparada con el,

que ti podes morrer co sol, pero tamén sei que a auga te axuda,

aproveita a primavera, hai moita auga, e ao te carón verás moitas flores, con olores,

escoitarás moitos paxariños piadores. Herba! pequena neste universo xigante,

que sen o sol ou sen a auga non estarías aquí, cobre a nosa terra co teu verdor

Jairo Tejada.

Page 6: Perfil número 15 (2013)

6

Cartas gañadoras do concurso.

1º PREMIO: Iván Montenegro Vasto instrumento de pel e cerne, voz de merlo e corazón de aceiro, eu che entrego a ti a miña mente, e ti a min o teu sopro fero. De color sostida e bemol sentimento, enfeitízasme o oído con sons tan belos que con gozo febril na túa melodía sobreviven as notas da miña inqueda vida. E nun ruído deplorable se converte calquera outra música que nos teus acordes ledos intentando ascender só esvaece. Venerado por moitos- eu incluído- pero cedido a moi poucos o teu don, ti es, ouh piano, do noso gozo a razón, non ese inxel adestrador de mans que ao público engaiola con toques de teclado. Digno de ser idolatrado. Digno de sentirte vivo. Digno de seres quen ti es: de todos os instrumentos digno rei e señor. Digno, en fin, de neste mundo existires.

2º PREMIO: Gabriel Rodríguez Millos Dende o día en que te vin cativoume a túa fermosura e no máis fondo do meu ser arraigou alí a miña loucura O meu corazón febril sen ti non sobrevivía e cando ao teu lado estaba a latexar se poñía coma se fin non houbese. Ogallá foses -pensaba- o meu templo extraviado, templo na selva perdido, para te adorar nos bosques e te idolatrar nos ríos Por estar a soas contigo, custase o que me custase, ata o fin do mundo iría, e o mesmo demo, se do caso se tratase, eu por ti veneraría Pero nos teus beizos un día un angustioso adeus percibía; eu de xeonllos pedíache: “non te vaias, por favor, deplorable será a miña vida se comezas a túa partida. Agora que ti non estás, agora que no meu esquecemento habitas, intentei de ti acordarme, mais tan lonxe o recordo está que evocar xa non podo o tempo en que sen ti morría

Page 7: Perfil número 15 (2013)

7

4º PREMIO: EriK Alonso Preciosa pata miña, miña patiña de xamón : Acción deplorable parécecheme a min sacarche unha lasquiña. Venerando eu tanto a túa substancia como o teu cheiro, sexa na tapa ou no bocadillo. Eu adórote febrilmente porque estás feita perfectamente; tanto a túa carne como o teu pezuño son perfecta dozura, pois o negro e o marrón son unha grande composición. Gusto de saborear e de sentir no meu padal o teu gusto salgado ou de belota, coma o da túa nai e non doutra. Eu deséxote coma o mellor dos queixos desexa un francés ou un bo sushi un xaponés ou un chinés. O teu sabor e olor non son moi normais, pois cara atrás bótanme facéndome sufrir de gozo. Cada vez que te chucho, ganas éntranme de máis e parar non podo. Ai patiña que te me vas!

3º PREMIO: Yerlenys �icole T

Brillante bágoa miña, direiche que...

Desexaría para-lo tempo e que nunca marchases, abrazarte fortemente e que o lume de ti manase.

Desexaría se-la persoa que ti sempre botas de menos, compartir malos momentos e gozar dos bos.

Desexaría ser quen de te mirar ós ollos e berrar que te idolatro, pero vivo e morro só.

Desexaría se-lo pano que enxugase o teu pranto, ser motivo de ledicia nos teus días grises e cansos Desexaría que fóse-la dona do meu universo e que ti formases parte do meu extenso firmamento

Desexaría que a nosa vida fose un florido xardín, e entre rosas e caraveis declara-lo meu afecto por ti.

Desexaría se-lo home co que compartes tristezas, curarche as feridas con cariño e non con falsas promesas. Desexaría se-lo poeta que che escribe fermosos versos e dedicarche mil cancións con tódolos meus sentimentos. Desexaría que soubeses que daría por ti todo, secuestrar algunha estrela ou converter lama en ouro. Desexaría que entendeses que contas sempre comigo, pero máta-la miña ilusión ó chamarme bo amigo. Contémplote e venérote aínda que en ti Morfeo espreita, quen tentando con apertas soñando a morrer condena. Soñar non custa nada, o que custa é levantarse, pararse a pensar se vale tanto a pena arriscarse.

Deploro non ter escrito estas palabras antes e agora febrís avanzan as agullas do reloxo matándome a esperanza chegar onda o meu sol. Da miña ledicia e desgraza es ti, en fin, a causa e aínda que sei que vou sufrir as lapas da miña paixón non calan anhelando con porfía sempre outra dose de ti

1º PREMIO: Maia CATEGORÍA C( En Vigo, un día de abril. Pídesme que te acompañe nunha aventura sen tempo, máis antiga cós homes; que probemos sorte nun xogo no que ninguén gañou nunca, sen regras, sen árbitros, sen posibilidade de trampas. Esperas que esqueza séculos de recordos, de feridas, de medos arcanos. Disme que a vida é breve, que hai que aproveitar o momento e romper as barreiras... que me arrisque contigo, que me deixe arrastrar pola paixón que me brindas. Ai Deus!, que me atreva. Nada menos. Que me atreva!!! Acaso non me coñeces? Nada teño que ofrecerche. A miña vida baleira, as miñas esperanzas frustradas, este monótono sucederse de días e noites. O febril estado en que me atopo. Nada Tería tanto para ofrecerche! Se tivese paciencia. Se soubeses ler en silencios e olladas, en palabras non ditas entre tantas palabras. Se puideses intuír, neste vacilante corazón meu, o devezo que sinto. Porque eu morro por ti, aínda que dubide e o negue. Aínda que te confunda e te tolee. Eu morro por ti. Adoro a túa compañía, a túa voz, a túa mirada. Venero a túa tenra presenza e a solemne seriedade coa que falas. Eu morro por ti. Idolatro o teu corpo e idolatro a túa lama. E tamén está...a maxia, permíteme que empregue esta estraña palabra. Esa incrible maxia que latexa entre nós, coma unha lapa. Eu morro por ti e por esta maxia. Pero... que podo ofrecerche? E se non abondan os fráxiles materiais cos que alimento os meus soños? E se mañá o meu calor no che basta? Como podo explicarcho? Non soporto perderte, pero teño medo da entrega. Confío en ti plenamente e, aínda así, temo ver chegar ese día en que este feitizo desapareza. Desexo renderme, claro que si, non vexo o momento en que derribes as miñas defensas. Mais, sen embargo, síntome vulnerable, abraiada, perdida, exposta... tan terriblemente asustada. Que deplorable espiral esta, a dos sentimentos. . Vida miña, case non me atrevo a pedircho, espera. Dáme tempo, ten paciencia. Alimenta este lume, ti non te rendas. A miña debilidade non ten consistencia e necesito saber que es forte, se non... que me espera

3º PREMIO: Yerlenys �icole T

Brillante bágoa miña, direiche que...

Desexaría para-lo tempo e que nunca marchases, abrazarte fortemente e que o lume de ti manase.

Desexaría se-la persoa que ti sempre botas de menos, compartir malos momentos e gozar dos bos.

Desexaría ser quen de te mirar ós ollos e berrar que te idolatro, pero vivo e morro só.

Desexaría se-lo pano que enxugase o teu pranto, ser motivo de ledicia nos teus días grises e cansos Desexaría que fóse-la dona do meu universo e que ti formases parte do meu extenso firmamento

Desexaría que a nosa vida fose un florido xardín, e entre rosas e caraveis declara-lo meu afecto por ti.

Desexaría se-lo home co que compartes tristezas, curarche as feridas con cariño e non con falsas promesas. Desexaría se-lo poeta que che escribe fermosos versos e dedicarche mil cancións con tódolos meus sentimentos. Desexaría que soubeses que daría por ti todo, secuestrar algunha estrela ou converter lama en ouro. Desexaría que entendeses que contas sempre comigo, pero máta-la miña ilusión ó chamarme bo amigo. Contémplote e venérote aínda que en ti Morfeo espreita, quen tentando con apertas soñando a morrer condena. Soñar non custa nada, o que custa é levantarse, pararse a pensar se vale tanto a pena arriscarse.

Deploro non ter escrito estas palabras antes e agora febrís avanzan as agullas do reloxo matándome a esperanza chegar onda o meu sol. Da miña ledicia e desgraza es ti, en fin, a causa e aínda que sei que vou sufrir as lapas da miña paixón non calan anhelando con porfía sempre outra dose de ti

Page 8: Perfil número 15 (2013)

8

A finais do mes de abril o alumnado e as titoras dos tres PCPI do Instituto (Informática, Estética e Peiteado) fixemos unha saída a Compostela. O programa incluía a visita á Escola Galega de Consumo onde participamos en tres talleres: Publicidade no punto de venta, Linguaxe publicitaria e Compras seguras por internet.

De tarde, visitamos a exposición do Gaiás, Agua doce. Unha mostra de distintos obxectos, cadros, mosaicos, esculturas... que amosan a importancia esencial que ten este elemento nas nosas vidas dende a antigüidade. Foi un día moi intenso porque tivemos que madrugar moito (as nosas clases rematan ás 22h). Pero que pagou a pena. Houbo a quen lle gustou máis a actividade da mañán e quen gozou máis pola tarde. En todo caso, foi unha experiencia instructiva e divertida. Para o alumnado e para as profesoras. Estamos a preparar unha nova saída. Para despedir ben o curso!

Page 9: Perfil número 15 (2013)

9

Este ano, coa colaboración do departamento de lingua e o equipo de normalización lingüística, levamos adiante un obradoiro de teatro no que traballaron alumnos de 2º de PCPI. Montamos a peza Na memoria. Antígona. A súa posta en escena foi o día 20 xuño no salón de actos do IES de Teis, coincidindo coa programación de fin de curso.

O obradoiro foi moi gratificante, o alumnado gozou durante dúas horas á semana mentres traballaba aspectos relacionados coa comunicación, a relación entre os membros do grupo e o coñecemento persoal. Queremos dicir que, aínda que todo marchou dun xeito enriquecedor tanto para alumnos/as como profesores/as, o tempo adicado foi curto, xa que empezamos en abril e as sesións, que terían que ser polo menos de 2 horas, víronse reducidas a unha hora escasa. A maioría das veces, cando empezabamos a improvisar ou a ensaiar, tocaba o timbre e tiñamos que deixalo para retornar ás aulas.

Para a montaxe partimos da Antigona de Sófocles. Antígona adquire unha importancia decisiva no noso tempo. Foi estudada por

Goethe, Hegel, Kierkegaard,

Steiner… Así como tamén foi motivo de inspiración para moitas versións, como a de

Holderling, Cocteau, Anouilh, Brech, etc. Aínda

hoxe hai moitas postas en escena baseadas nesta obra. Así, en Mérida no ano 2011 houbo tres postas en escena de distintas adaptacións de Antígona: Antigona s. XXI na proposta de Isidro Timón na dirección de Emilio del Valle, Antígona de Mauricio Garcia Lozano e Antígona de Mérida de Ernesto Caballero na dirección de Helena Pimenta. Interesantes versións que se poden ver no youtube.

Se buscamos os arquetipos humanos na traxedia de Antígona, vemos que xunto aos personaxes centrais Creonte e Antígona hai uns personaxes secundarios de grande amplitude psicolóxica: Ismene, Hemón, Tiresias, o gardián, o coro... nos que atopamos as formas do ser do home.

Fixemos unha adaptación de Antígona interpretando a lectura dende unha perspectiva moderna e vendo unha relación entre os conflitos que se amosan na obra e os que existen na actualidade. Conflitos entre vivos e mortos, entre vellos e mozos, entre homes e deuses e entre o individuo e o estado. O que máis nos interesou determinar foi que facer ante unha lei inxusta. ¿Debemos obedecela?

Para a súa adaptación utilizouse ademais da Antígona de Sofócles, a canción de Barricada Los Maestros, así como versos de Carmen Krunenberg, Marta Dacosta, Roxana Villagrasa.

Queremos dicir que este traballo é unha colaboración do PCPI coa Universidade de Vigo.

O teatro é xogo e xogando aprendemos a coñecernos a nós mesmos e aos demais á vez que coñecemos ó mundo no que vivimos.

Esperamos teñades gozado da función

Roxana Villagrasa

Page 10: Perfil número 15 (2013)

10

É saudable a nosa dieta?

No grupo de 3º de ESO A, durante os primeiros meses de curso fixemos un traballo no que intentamos seguir as etapas de calquera investigación científica. Os pasos que demos foron os seguintes:

1º Recollida de datos: Cada un dos compañeiros e compañeiras trouxemos a lista de alimentos que inxerimos nun día, coas cantidades aproximadas en gramos. Logo agrupamos eses datos en dous menús tipo. Para completar a información, procuramos os datos nutricionais dos alimentos do menú: calorías, proteínas, fibra e colesterol. Eses datos buscámolos en guías de alimentación e en Internet.

2º Formulación de hipóteses: Neste caso a nosa hipótese é que “a nosa dieta será saudable e axeitada se cumpre as recomendacións marcadas para calorías, fibra, proteínas e colesterol”.

3º Contrastación de hipóteses: Nesta etapa tocaba comparar os valores das nosas dietas tipo cos valores médicos aconsellados.

Para facelo calculamos o noso metabolismo basal e os gastos enerxéticos diarios que faciamos segundo as nosas actividades. Así podiamos comprobar se gastamos realmente as quilocalorías que inxerimos ó longo do día.

Por outra banda tamén comparamos os valores de fibra, proteínas e colesterol cos que viñan nas guías dietéticas. Alí vimos que as quilocalorías diarias aconselladas para a nosa idade e actividade son aproximadamente 3.200 para rapaces e 2.700 para rapazas. Os valores para proteínas eran de 65g/día, a fibra de 25 a 30g/ día, e o colesterol ó redor de 300mg/día.

4º Conclusións: Ó facermos todas as comparacións que dixemos antes, atopamos que:

• Consumiamos en xeral unas 500 quiilocalorías de máis, pero que iso non tería por que importar moito neste momento, sempre e cando fagamos unha vida activa e practiquemos algún deporte.

• Inxeriamos fibra nunha cantidade apropiada.

• Tamén sobrepasabamos a cantidade media de proteínas diarias, pero no caso de practicar algún deporte (cousa que facemos algunhas persoas da clase), eses 150g de proteínas diarios que consumimos si que son necesarios para manter a masa muscular.

• Con respecto ó colesterol viamos que ó consumir salchichas, exceso de queixos, carnes e salsas fortes os valores subían moito, polo que non deberiamos abusar destes alimentos e alternalos con outros.

De todos os xeitos, para que o noso traballo fose máis científico e máis fiable teriamos que ter traballado cos datos de polo menos 30 días , e non só cos de 1 día, e tamén recollido información de máis persoas e non só das 16 da nosa aula. Con todo, a idea coa que nos quedamos é que a nosa dieta é mais ou menos aceptable para a vida que levamos neste momento. Se algún día deixamos de facer deporte ou pasamos a ter menos actividades, a nosa dieta tería que cambiar moito

As alumnas e alumnos de 3º ESO A

Page 11: Perfil número 15 (2013)

11

A saída ao Monte Da Madroa Este ano fomos ao monte máis popular de Teis: O monte da Madroa. Este gran monte conta cunha gran diversidade de fauna e flora. Hai moita xente que se preocupa de coidar o monte e de conservar a súas paisaxes naturais. Estas persoas guiáronnos polos avesos camiños do monte. A Madroa conta cun miradoiro, onde se poden observar unhas impresionantes vistas de: a ponte de Rande, de Vigo, as Illas Cíes, a ría e o casco urbano de Vigo. No noso percorrido puidemos ver as distintas zonas do monte. Algunhas eran moi húmidas e tiñan unhas especies distintas ás das zonas secas como, por exemplo, a píntega. O monte conta con moitas especies autóctonas como o sabugueiro ou o castiñeiro, e outras que non son autóctonas, como o eucalipto. Tamén están presente as chamadas “especies invasoras” como a acacia negra. A comunidade de montes participou en

numerosos proxectos, como: a plantación de especies como os castiñeiros, o acivro ou o loureiro -entre os anos 1999 e 2000-; a práctica de apicultura e eliminación de piñeiros e acacias; o proxecto realizado coa axuda de Greenpeace; o proxecto da vacaloura ou o da conservación da píntega rabilonga... Na Madroa, infraestruturas como as torres eléctricas provocan un forte impacto sobre o medio ambiente,. Neste monte habitan especies animais moi difíciles de ver, coma civetas ou os porcos bravos. Aínda que non vimos case ningún exemplar, puidemos ver marcas dos porcos bravos na terra e moitas árbores e flores. Na saída a este monte observamos como a natureza pode chegar a ser: había árbores caídas que nos dificultaban o paso, un desprendemento dunha roca xigantesca que acabou contra unha árbore, enfermidades que afectaban ás árbores... Se non coidásemos o monte, perderiamos moitas marabillosas zonas cubertas de vexetación e de especies nosas, de Galicia. Agradecémoslle á Comunidade de Montes de Teis o que está facendo para conservar o. monte da Madroa e tamén que nos invitase a coñecelo mellor. Grazas Iván Montenegro Vázquez 2ºA

Page 12: Perfil número 15 (2013)

12

.

Bibliotecas Viventes. A nosa mestra de galego falounos de participar nuha biblioteca vivente, nós non sabiamos o que era. Bibliotecas Viventes non son bibliotecas normais e con libros, son persoas que contan historias que viviron eles mesmos, son libros que se escoitan, é, outra forma de ler. Na páxina de Xandobela cada un de nós escolleu tres libros dos doce que había no catálogo, eliximos tamén a hora de lectura, era preciso reservar a sesión. Uns días máis tarde tivo lugar a excursión ao Verbum, que era o lugar no que se encontraba a

biblioteca. Pasámolo ben xa no autobús, falando e cantando. Unha vez alí o primeiro que tivemos que facer foi ir ao salón de actos escoitar a explicación das Bibliotecas Viventes e onde se atopaba cada libro. Cada un duraba media hora. Ao final fomos a opinoteca poñer a nosa opinión. Antes de marcharmos chegaron dous xogadores do Celta que viñan do adestramento para falar con nós. Puidemos facerlles preguntas, Mauro parecía un xornalista deportivo, enganchaba unha pregunta na outra. Foi unha excursión moi boa e interesante.

Antía Castillo, Ana Beltrán e María Fernández 1ºESO

Page 13: Perfil número 15 (2013)

13

Este ano organizamos no IES de Teis unha feria do libro usado para conmemorar o día do libro. A iniciativa que xurdiu dentro da Biblioteca do centro dun xeito totalmente espontáneo, tivo unha grande acollida por parte de tódolos membros da nosa comunidade educativa: alumnos, profesores, persoal de limpeza...Durante os tres días que marcamos de feria fun mirando como esta ía collendo enerxía e como precisaba de estar aberta incluso no horario de nocturno. Foi como se cobrase vida propia grazas sobre todo á colaboración desinteresada e ó entusiasmo de moitos alumnos/as. Moitos foron tamén os que simplemente se achegaron a mirar os libros, preguntando por este ou por aquel libro e contribuíndo a encher este pequeno espazo do patio cuberto de comentarios sobre a lectura e os xéneros literarios: “gárdame este por favor”, “e non hai cómics”, “pois a min este gustoume moito”, “eu con este quedaba a durmir”...Fíxome moita ilusión comprobar que temos entre o noso alumnado grandes lectores, lectores fieis que tanto axudan a carrexar libros, como prestan libros

desinteresadamente, como botan unha man na biblioteca do centro. Houbo tamén outros “espontáneos” que aportaron anécdotas moi divertidas, como a dona da limpeza que ‘pasando por alí’ atopou un libro que lle gustaba e enseguida topou quen llo regalara; ou moitos compañeiros que pedían non libros, senón os carteis de atrezzo que incansablemente ía traendo Anxo día tras día; o anónimo (xa que non sabemos quén foi) que non puido resistir a tentación de levarse o pequeno Asterix que tiñamos en cartón e deixando a Obélix en completa soidade, etc... En definitiva, podo dicir que estamos moi contentos non so co resultado da feria deste ano, senón que esperamos próximas edicións onde os libros que quedaron en depósito (que foron moitos) poidan volver a coller vida entre nós e topar un novo fogar no que vivir. A nivel persoal, teño que agradecervos a todos (alumnos, compañeiros, etc...) esta oportunidade de organizar unha actividade que me fixo gozar como non facía desde hai tempo. GRAZAS

Lourdes Costas

Page 14: Perfil número 15 (2013)

14

participaron na elaboración dun calendario sobre series de televisión famosas realizando o peiteado e a maquillaxe dos actores e actrices no IES de Audivisuais de Bouzas

Pouco despois de iniciado o ano escolar un grupo de once alumnas, seis do CM de Estética Persoal Decorativa e 5 do CM de Peiteado e Cosmética Capilar xunto coas profesoras Mercedes Pose e Toñi Fernández,

Page 15: Perfil número 15 (2013)

15

Dirixidas ao alumnado de 2º de Peiteado e Cosmética Capilar, celebramos os días 24, 25 e 26 de marzo de 2014 no instituto unhas xornadas complementarias do noso labor docente. Nelas diferentes casas comerciais realizaron demostracións de técnicas en recollidos, corte e cor e xestión na empresa.

Estas xornadas teñen como obxectivo, motivar ao alumnado dándolle a oportunidade de ver a diferentes profesionais, realizar técnicas e propostas de actualidade na mundo da perrucaría..

Page 16: Perfil número 15 (2013)

16

O pasado 31 de xaneiro viu o escritor galego Marcos Calveiro a dar unha charla ao IES deTeis. Isto foi grazas ao departamento de galego do instituto. O escritor viu falar sobre a súa vida e tamén sobre os seus libros. Catro alumnos de bacharelato fixeron unha pequena introdución. Marcos falounos da súa vida: de como eran as tardes na súa vila, dos xogos aos que xogaban, dos libros que lía, de que os seus avós tiñan unha taberna e que nela oíu moitas historias.

Tamén nos falou do seu oficio de escritor, ten unha carpeta con notas, recortes de prensa, fotos... que lle chaman a atención e algúns deles acaban finalmente formando parte dalgunha das súas novelas. Unha vez que ten unha idea, pasa a documentación e finalmente a redacción.

De todos os libros que publicou nós escolleramos para ler: O pintor do sombreiro de malvas, Palabras de auga, ,Festina lente e Todos somos Natalia.

Despois da súa charla chegou o momento das cuestións onde os alumnos estiveron moi activos. E así foi a visita de Marcos Calveiro ao IES Teis.

Mauro Santiago e JenniferValois

Page 17: Perfil número 15 (2013)

17

O día 3 de abril,ás 12 da mañá, Fina Casalderrey presentou no Ies de Teis a súa obra literaria para todo o alumnado da ESO e Bacharelato. A escritora e académica galega foi convidada polo Seminario de Galego e pola Dinamización cultural do Instituto dentro actvidades programadas no presente curso, para achegarnos á autora e promocionar así o gozo de ler, e en galego. O alumnado permaneceu engaiolado co seu xeito natural de contar e de unir o

vivido coa imaxinación, baixo un ton modulado e expresivo que fixo proxectar a fantasía nos asistentes. Desde a súa nenez, lembrada con cariño , o inicio casual de escritora " díxome un amigo: escribes moi ben, móstrallo a unha editorial". Fina presentou a súa extensa obra adicada á literatura infantil e xunenil, á gastronomía, e a súa actividade na Academia e foi descubríndos a súa tenrura e entrega do seu traballo. Durante máis de hora e media creouse o silencio preciso para gozar da súa máxica presenza. O acto rematou coa proxección da súa curtametraxe " Dúas letras", tan premiado no festival de Cans, entre outros, que está editado nun libro DVD. "Canto se aprende en pouco tempo", comentaba o alumnado. Fina , coa súa clase maxistral, gustou ,engaiolou e animou aos amantes da literatura e do galego a transmitir a nosa cultura, ás veces, tan esquecida coa modernidade dos tempos. Ela é a perfecta amante das palabras galegas e a muller entregada a súa terra, e así o transmitiu en Teis.

Page 18: Perfil número 15 (2013)

18

HHHHiiiissssttttoooorrrriiiiaaaassss ppppaaaarrrraaaa nnnnoooonnnn dddduuuurrrrmmmmiiiirrrr Estas historias foron escritas a partir da novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno e publicadas no blog LINGUA NAI, en homaxe a este grande escritorI

Iván, Xoán e Lucas eran tres amigos aos que lles gustaba a

adrenalina, encantáballes sentir medo.

Nunha fin de semana, que non tiñan nada que argallar,

decidiron ir a unha casa abandonada onde o antigo dono

morrera torturado pola súa muller, logo esta suicidouse.

Os rapaces chegaron á casa, e logo de andar fisgando nas

ruínas, sacaron un taboleiro para invocar os mortos. Estiveron

máis dunha hora intentándoo, pero nada pasaba. Ao aburrirse

decidiron liscar daquel lugar en ruínas e fedorento. Cando

procuraban saír da habitación pechouse a porta e comezaron a

caer obxectos ao chan. Gritos, oíanse gritos, e cando

conseguen prender a lanterna , Xoán está morto, atravesado

por unha barra de ferro no pescozo.

Comeza a formarse un furacán no cuarto. Iván e Lucas voan

no teito pola forza do vento e, de repente, o ambiente cálmase

e caen os dous ao chan. En canto poden, érguense e saen

correndo daquel lugar sen falar en ningún momento do

sucedido.

Pasan algúns días e deciden verse para falar sobre que van

facer coa lea que teñen. Cando están charlando Lucas e Iván

miran a Xoán camiñando coa barra de ferro no pescozo.

Os rapaces, atónitos, miran un para o outro. Están petrificados,

non saben que facer e deciden fuxir de alí aos seus fogares.

Iván está na casa, só no seu cuarto, xa que nin se lle ocorre

falar cos seus pais sobre o tema. Pero o problema non se

resolve tan doado, xa que volve ver a Xoán no seu cuarto de pé

coa barra de ferro no pescozo. Iván aterrado bérralle:

-Que queres de min? Eu non che podo axudar! Ti soíño fuches

con nós! -vese un bafo na ventá e comeza a aparecer escrito

"axúdanos a saldar as nosas contas".

Iván chama a Lucas.

- Lucas, tío, estás ben?

-...

- Lucas estás aí?

Comezan a soar os mesmos berros que cando Xoán morrera.

Mentres, Lucas decátase de que perdeu o teléfono; búscao por

toda a casa, pero non o atopa; cánsase e bótase na cama. Está

moi canso, leva uns días moi duros e somérxese nun sono

profundo.

Lucas está nun lugar moi húmido e escuro. Despertou aí, dóelle

moito o lombo polo que supón que debeu caer aí. É un pozo de

moita altura. Lucas pretende trepar para poder saír de alí, pero

cae e só consegue bater máis forte onde xa lle doe. De repente

ve o seu amigo morto no alto do pozo, non está só; hai máis

coma el.

- Axúdanos a saldar as nosas contas.

- Non vos podo axudar! Eu non che fixen nada, tío! Déixame

saír de aquí!

- Só ti e Iván nos podedes axudar.

Lucas esperta suorento e canso.

-Uf... soamente foi un soño -pensa el. Ao seu carón está o

teléfono e sorpréndese.

Lucas decide darse unha ducha para aclarar ideas, pero non

contaba con que ao saír estivese escrito no espello "axúdanos

ou sufriras as consecuencias”. Non aguanta máis vai correndo a

casa de Iván.

Page 19: Perfil número 15 (2013)

19

-Iván, ábreme a porta xa, é urxente!

-Xa vai, xa vai!

-Non vas crer o que me pasou.

-Xa sei de que me falas. Queren a nosa axuda. Pero non teño

nin idea de que falan.

-Non sei, quizais deberiamos buscar máis información sobre esa

casa.

-Non sei, eu non quero meterme onde non me chaman. Pode

que o mellor que poidamos facer é esquecer toda esta merda.

-Estás parvo? É que non o entendes? Non nos deixarán ata

que os axudemos!

Os rapaces, cansos das preocupacións que lles quitaban o

sono, decidiron buscar información. A súa sorpresa foi cando ao

buscala non aparecía en ningures.

-Xa sabes o que debemos facer, non? -dille Iván coa voz

tremente.

-Non, non teño nin idea. Que estás argallando? -responde

Lucas con preocupación.

-Teremos que volver a casa e invocar os mortos de novo, para

que nos podan dicir que facer.

-Ti toleaches. Alí morreu Xoán. Nós seremos os seguintes.

Lucas ponse nervioso.

-Tes ti algunha idea mellor? Pensa que non podemos facer

outra cousa.

Os amigos póñense de acordo para ir na próxima fin de

semana.

Chegan á entrada da casa, páranse a contemplala, míranse;

nas súas miradas pódese ver que están mortos de medo, coma

se fosen presos camiñando polo corredor da morte. Pero non,

hoxe non morrerán.

Entran na casa e volven ao cuarto onde o fixeran a outra noite.

Comezan a chamar por Xoán e el aparece. Senta no mesmo

lugar onde sentou a noite na que morreu e colle aos seus

amigos, do mundo dos vivos, das mans. Mostrándolles así a

dramática historia da casa. Logo escríbese na parede: "Se non

poden descansar en paz todas as almas mortas nesta casa,

non poderemos descansar ningún".

Esta vez non hai mortos, nin agresividade. Ao rematar de

informarlles, os rapaces fóronse. Xa tiñan algo co que comezar.

Esa noite non houbo aparicións, nin soños estraños, nin frases.

Esa noite poderían durmir tranquilos. Pero non, quen podería

durmir despois do sucedido estes días? Procuraban pensar

cousas que axudasen para que esas almas descansasen. Os

dous póñense a pensar no maldito día que decidiron ir a facer

parvadas onde non debían; se non se meteran nesa casa agora

non terían ningún problema.

A muller que torturou o seu marido e despois se suicidou

estaba totalmente tola. Criouse nunha familia onde se pasaba

moita fame, non tiñan recursos e aqueles tempos de guerra non

eran moi bos. Para sobrevivir a familia enganaba a persoas e

logo comíanas. A muller non se suicidara, iso era o que todo o

mundo pensaba. A muller comeu o seu marido e logo morreu

envelenada. O marido xa sabia que o comería e envelenouse.

Quen saberá cantísimas almas morrerían alí de forma tan

terrorífica. Todas esas persoas que morreron papadas nesa

casa andaban perdidas polo mundo, en forma de almas, en

busca de vinganza. Teñen que irse ao seu lugar, pero sen

axuda, moitas non poden irse. Iván e Lucas tiñan que

encargarse de axudalas, pero se non o fan as almas os levarán

con elas.

- Lucas, ti como cres que poderemos atopar todas esas almas?

- Non sei, Iván. Pero eu non teño cartos para percorrer todo o

mundo buscando algo que nin sei o que é.

- Non, ten que haber outra forma... Non sei, quizais volvendo á

casa e invocar outra vez os mortos.

- Non quero volver!

- Non sexas testán! Sabes que é a única forma. Xa pasamos

por isto.

- Van en busca de vinganza, ou nos levan as almas ou nos

matan na casa.

- E non queres nin intentalo? Ti fai o que queiras; eu vou

procurar salvar a miña vida esta noite.

- Non podes ir só. Tes razón, só temos esa saída.

- Xa o sei. Imos á biblioteca, alí poderemos buscar algo sobre

como axudar as almas.

- E se non piden que matemos a alguén?

Os rapaces volven estar na entrada desa casa terrorífica. Ao

contrario, esta vez non tiñan medo. Eles sabían que se

encontraban ante fortes almas en busca de vinganza. Inda así

non tiñan medo. Os acontecementos sucedidos os anteriores

días preparounos para este momento.

- Ti estas listo, Lucas?

- Non, pero cando se está para isto?

- Sabes o que tes que facer, non?

- Seino. Imos?

Page 20: Perfil número 15 (2013)

20

Saltan o muro e entran na casa. Todo está tranquilo. Séntanse

no cuarto onde xogaron a invocar mortos as outras veces. Xoán

esta no cuarto, pero non se move, só quere ver o que fan.

- Pois empecemos, canto antes rematemos este pesadelo,

mellor.

- Iván... se Xoán non se senta con nós, non servirá.

-Xoán, suplicámoscho, senta con nós.

Empeza a facer moito frío no cuarto. Xoán quere advertilos

dalgunha cousa. Pero non teñen nin idea de que. Xoán

desapareceu.

- Oíches, Lucas, ao mellor deberiamos liscar de aquí axiña.

- Non amoles, Iván, xa estamos aquí. Nos imos quedar a

arranxar isto dunha vez.

- Oh, meu deus! Iso é unha nena pequena con sangue na boca!

- Axiña, axiña! Salta pola ventá!

-Viches, Lucas? Tiña razón. Deberiamos ter liscado de alí!

Estivemos a piques de morrer polos teus enredos.

-Polos meus enredos? Que eu saiba non foi culpa miña que

todo isto pasara. Teremos que matar a nena.

-Pero como vas matar unha cativa? Seica toleaches?

Chamaremos a policía e que eles se encarguen.

-Esquecícheste de que unhas almas perdidas nos matarán se

non matamos a rapaza.

-E como pensas matar unha nena? Como poderás vivir cos

remordementos?

-Non é unha nena, é un monstro!

Os rapaces camiñan aos seus fogares, o camiño de ida fáiselles

eterno. Iván chega á casa, non hai ninguén. Esta só. Bótase no

sofá e prende o televisor.

-Outra vez está esta merda escagallada -pensa Iván. No

televisor soamente se ven raias negras e brancas. Na esquina

da sala aparece Xoán.

-Tiñamos un trato -dille Xoán

-Tío, non me fagas dano. Mañá mesmo nos encargaremos da

nena.

-Tedes os días contados.

Xoán esvaece.

Lucas está a fumar un cigarriño na ventá do seu cuarto. Está só

pensando en todas as cousas que están a pasar. Empeza a

notar como alguén intenta empurralo pola fiestra.

Os dous rapaces saben que mañá deberan enfrontarse ao seu

temor.

Lucas e Iván atópanse hoxe, por última ve nas súas vidas,

fronte á casa. Hoxe non están sós, van acompañados polo cura

da súa parroquia. Entran na casa e van pola nena. Non tardan

moito en atopala e atala a unha cama. O cura empeza a

facerlle algo parecido a un ¨exorcismo¨.

- Non sei que lle pasa, non responde a auga bendita, nin aos

crucifixos -di o cura.

-Ao mellor non está posuída, ao mellor só é unha nena. Pode

que a súa nai lle ensinara a comer persoas -di Lucas.

-O cura tense que ir. As almas non aparecerán se non estamos

sós, e sen elas non saberemos o que facer. Suxire Iván.

-Eu non vos podo deixar sós aquí agora que sei o que pasa.

-Sabémonos coidar entre nós.

Vaise o cura do cuarto e os rapaces volven invocar os mortos

unha última vez máis.

- Que queres que fagamos? Axudarnos a axudarvos, por favor!

-di Lucas.

No cuarto comezan a aparecer todas as almas cruelmente

devoradas nesa casa. Escoitase moi baixiño unha voz que lles

fala, pero non a entenden.

-Non entendemos nada -di Iván.

No teito pódese ver como se debuxan letras na cotra: ¨Axudade

a nena e desfacervos desta casa.¨ Tiñan que levar a nena

algún centro e queimar a casa.

Os rapaces foron á cociña e abriron o gas, colleron unha lata

de gasolina e vertérona polas estancias da casa, colleron a

nena e mentres saían daquel horrendo lugar vertían gasolina.

Tiraron un mixto ao regueiro de gasolina e correron todo o que

puideron. Acto seguido chegou a policía, tarde coma sempre.

Os rapaces tiveron que cumprir dous anos de condena por

incendiar a casa,

a nena entrou nun

centro psiquiátrico

e recuperouse co

tempo e as almas

seguiron o camiño

que deberían ter

seguido hai moito

tempo.

Page 21: Perfil número 15 (2013)

21

Cris Pavón

Levo horas diante da pantalla e de socato quedei sen internet. Vaites! Reinicio o router. Nada. Vou chamar aos de R, tampouco hai liña. Dende o móbil logo. Sen cobertura. Polo menos hai luz, dígome, pero mellor aproveito para saír a estirar as pernas un pouco. Nada máis poñer un pé na rúa sorpréndome. Asústome. Hai un vento tolo, algúns edificios están a esboroar aos poucos, cae unha varanda aquí, unha cheminea acolá, voa un teito máis aló. Hai alarma na xente da rúa. Unha cicloxénese das gordas non será, que sempre o avisan. O ceo escurécese e aclárase, axiña e sen pausa, nun ciclo estraño. Hai que andar espelido para que non che caia algo enriba, pero iso xa parece un problema menor cando vexo que máis aló, diante do bazar chinés, hai unha fenda profunda na beirarrúa. E agora este ruído! Tremeu a terra ou fun eu? Acubillada nun portal tento chamar a alguén pero non hai cobertura. Pasa diante miña un grupo andando con presa e aceno moi serio. – Que pasa? Onde ides? –pregúntolle a un deles, o da ferretería Carabobo. – Onde? Onde non haxa asfalto, está a rachar por moitos sitios. Óese outra vez ruído baixo o chan. Serán as augas non canalizadas, o escorrentar dos regatos eses de sempre... Dubido que facer, volver a casa ou intentar saber que pasa. Asómanse moitos ás fiestras e berran cousas incomprensíbeis dende os pisos máis altos da Travesía. A xente bota a correr, non acabo de entender por qué, e amais fano en varias direccións. Síntome arrastrada por un grupo grande que pasa ao meu carón e subimos á Guía mentres escoitamos ruídos espantosos e alí, dende o primeiro tramo do paseo de tileiros, vemos como entra na ría un pedazo de monstro descomunal, unha especie de Godzilla con saias. Quedamos xeados de espanto. Anda entre as bateas, tira dunha, e doutra, pon as cordas ao redor do pescozo coma o colar de Kali a destrutora, con mexillóns no canto de caveiras. Algún din que lle imita moito a teutona señora Merkel. Outro que se é máis ben unha especie de Mazinger Z manexado por control remoto. O medo déixanos paralizados, e

agachados ao abeiro das tuias non lle quitamos ollo. Move unha gadaña con soltura e desaprensión, coma a máis lizgaira maiorette que cun golpe de bastón pode cortar mil cabezas. Namentres se achega fai ondas grandismas que estragan os peiraos e paseos de beiramar a ambos os dous lados da ría. Témola xa moi preto. Confiemos que sexa coma os tiranosauros e non nos vexa ao estarmos quietos. Agora empréndea cos guindastres de Guixar, arrinca un e facendo molinetes con el lánzao cunha forza impresionante que nin se ve onde vai parar. A Marín polo menos. – Haberá máis coma este? –penso en alto. As miradas dos outros fanme calar de vez. Sobrepasa a nosa posición e perdémola de vista un intre. Non vai durar moito a ponte de Rande se segue adiante, pero non imos quedar a velo, compañeiros, verdade? Pois si, imos a outra aba do monte a ver que pasa. – Temos que liscar, non imos quedar aquí coma parvos. Lisquemos, si, pero ... espera... deus! O monstro sae da auga e dun pisotón esmaga medio instituto de Teis! O restaurante Siete Torres librou polos pelos. Xesús xesús. O zunido dun helicóptero que vai aterrar no hospital do Meixoeiro atrae a atención da besta, que se dirixe cara alá co pisar contundente que a caracteriza. – Veña, aproveitade, bulide! Si, pero cara onde? Onde pode un meterse, como librarse disto? Baixamos da Guía conmocionados. Óense ruídos por baixo do asfalto outra vez, que raio será iso? Enfiamos Sanxurxo Badía e vemos que aló adiante, case en García Barbón, abriuse outra fenda, esta moito máis grande, da que saen ducias e ducias de zombis fedorentos que replican as caras de ministros e conselleiros. Avanzan co típico abaneo, sen presa e sen pausa, levan a mirada baleira e as carteiras cheas de disposicións mortíferas. Non semellan agresivos, mais cando atrapan a alguén, como xa fixeron co da tenda de deportes, lévano entre varios ao buraco... e ninguén se atreveu a ir ver que pasa alí.

Page 22: Perfil número 15 (2013)

22

Diante da panadería Sánchez García, veciños a facer unha barricada con coches, contedores, bombonas baleiras, para deterlles o paso e defender os pequenos negocios e vivendas. As vidas. Unha meniña escápalle á nai para recoller a moneca Monster High que lle caeu tras da barricada. A nai bérralle, a nena non atende e segue a correr pola boneca. Un zombi con cara de Wertz, avisado polos berros, bule cara ela e agárraa!! Ai deus, non podo mirar iso!!! Pero que pesadelo é este? E agora, que é iso que ven polo ar? Un cepelín posto de pé? Un globo aerostático de vixilancia? É unha cousa flotante coma un 'muñecolate' xigante en sotana, e ten dúas caras, por un lado a de Rouco Varela e pola outra a de Gallardón. O globo inmenso mesmo parece inofensivo até que se achega o suficiente, e entón dispara crucifixos, e ben afiados. Dispara con moita mala hostia e boa puntería, e algúns veciños quedan no chan con crucifixos cravados no peito, na gorxa, nun ollo. A nave episcopal descende sen tocar o chan e dela desembarcan axentes eclesiásticos con roupas talares de vivas cores espectaculares. – Coidado! –advírtenos un home ensanguentado e con cara de ter visto demasiado– Estes xa os mirei no Castro, que veño de alí. Collen reféns femininos, as que están empreñadas retéñenas, e as demais cósenlles... cósenlles... Murmura algo case inaudíbel, pero aínda así entendémolo arrepiados. – Queee? – Con punto de Cruz! Blasfemo preventivamente e, ala, a correr! Metín tal acelerón que non sei onde quedaron os que estaban comigo. Subo por Aragón e vou vendo o panorama arrepiante. Aínda me custa crer o que está a pasar, pero as vítimas e os estragos están aí, imposíbel non os ver.

Chego até ao Calvario. Parece que a cousa acougou un intre. Que pasaría en Ceboleira? E nas Travesas? E en todos lados? Sento a coller folgos diante dunha tenda de electrodomésticos e intento chamar a casa, pero segue sen haber cobertura. Nun dos televisores que están acendidos vexo, na banda de texto da parte inferior da pantalla onde unha tipa expende telecaridade, a noticia en maiúsculas: A CRISE REMATOU. Interrompen o programa para daren detalles da nova coa importancia que lle corresponde. Leo tamén nos movementos labiais do locutor_monicreque: A crise rematou. – Rematou, si. Connosco –di unha muller que ven andando penosamente e cae no chan diante miña. É Susana, ex-caixeira do Eroski de Travesía. Creo que está morta. Escoitase un atronar de consigna en megáfonos: A crise rematou. Retírense das rúas. A crise rematou. Volvan todos ás súas casas. – A casa? A que casa, ladróns? –brama un vello cunha escopeta e unha carraxe hipotecaria máxima. A crise rematou, insisten. Como se a nova fose o sinal do ataque definitivo, séntese un ruído dunha gravidade nunca oída e un tremor arrepiante que remata cun estourido enxordecedor. Aló polo cruce de Colón con Policarpo Sanz –NCG– o asfalto levántase coma se os vermes de Arrakis cheiraran especia canda nós, e leva por diante a ducias de viandantes. Mais non son vermes o que sae do inmenso buraco feito, senón un tropel de cascudas privatizadoras xigantes con antenas ansiosas e mandíbulas famentas de beneficios, dispostas a non deixar nin un residuo por apañar, humano ou bancario. A crise rematou. Xa logo veñen as rebaixas. A grande liquidación.

Page 23: Perfil número 15 (2013)

23

A entrevista Sonia, e Paula acompañadas por Vera unha case recén chegada, (só estudiou en Teis os dous cursos do bacharelato) despídense do IES TEIS con esta entrevista ao que foi o seu profesor de lingua e literatura galega en 3º da ESO. Retranca e bo humor para coñecermonos un pouco mellor.

Por qué e cando decidiches adicarte ao ensino ?

Iso pasoume por non facerlle caso a miña nai. Ela dicíame: “escolle unha profesión decente, home”. E como cando lle dan a un estes consellos nunca se lles fai caso aos pais, pois acabei metido no ensino. O que pasa é que cando o escollín, o ensino era unha profesión na que sabías que non ías morrer rico pero era cómoda; os clientes xa estaban motivados; agora cambiou moito. Pero foi unha arroutada: tira por aí que non parece mal choio. Sabemos que no teu tempo libre traduces obras, que é o que máis che interesa da tradución?

Pois o máis bonito é facer falar en galego a xente moi estraña que nin sabe que o galego existe, ou incluso morreu sen saber que existía; outros aínda están vivos e xa o saben. Pero o mais bonito é iso. O segundo máis bonito é o desafío que propón toda tradución; o obxectivo é que soe coma se o orixinal fose o galego. Escolles ti as obras que traduces ?

Non, iso é o malo. As veces veñen cousas moi interesantes e agradables; outras, non tanto. A cantas linguas traduces?

Traduzo todo o que me boten para o galego, se coñezo a lingua orixinal. En ocasións en que non, teño axudado a outro tradutor a darlle un aire para que o traballo resultase máis familiar a un galego.

Cal é o numero de libros que traduciches?

Non sei, creo que uns 15… 16 libros. Tamén fixen a versión dalgúns artigos para revistas especializadas. Sabemos que tes un blog que se chama “A Revolta da Freixa”. De onde vén ese nome? Ven de que é o lugar onde se atopa o instituto. É un microtopónimo que creo obedece a ese

cadoiro de auga que aínda se pode ver entre casas e muros dende as ventás que dan ao leste. E tamén se pode sentir o cantaruxar do regueiro que pasa a carón nosa e percibir o seu cheiro. Así que, como o centro está nesta revolta, pareceume un nome acaído para o blog. Onde descubriches que se chamaba así esta zona? Falando con veciños. Que finalidade ten ese blog? É un blog de aula; serve para abrir ventás á aula porque o blog non está constrinxido por paredes nin horarios. O que resulta máis triste do blog é que os seus clientes non son os mellores usuarios; o máis agradable é que hai xente doutras parroquias que o visitan: len unhas cousas, collen outras e mesmo escriben comentarios ou mandan cartas na procura de recursos urxentes (“Oe, tes por aí un resumo de tal obra, que estou algo apurado!!” Adícaslle moito tempo ao blog? Se te pos, cómeche moito tempo; pero tampouco non lle adico tanto porque non é un blog no que haxa moitas publicacións a diario. En papel andaría

Page 24: Perfil número 15 (2013)

24

polas 500- 600 páxinas. Moitos post soportan ben o paso do tempo; outros son efémeros e vounos substituíndo. Tamén sabemos que tes blogs de aula, como “A Horta de María”, escolles ti os nomes? A horta de María déranlle dous premios no programa prensa escola. Os nomes dos blogs dos grupos saen normalmente dunha proposta que aceptan os usuarios, ou polo menos non se opoñen. Este blog ten no nome algo que atrae. Os blogs de grupo forman parte do proxecto de normalización lingüística do instituto e, á parte de traballar a lingua, tamén pretenden fomentar o traballo colaborativo. Tes algún tipo de formación informática? Nadiña, dentro dese mundo estou na época dos romanos. Non coma vós que sodes máis novos cós aparellos que utilizades. Cal é a túa opinión sobre o barrio de Teis e a evolución do Instituto? Con respecto ao barrio, na miña opinión non cambiou moito; aínda non lle melloraron o futuro, nin sequera co photoshop. O instituto si que cambiou: pasou de ser centro de FP exclusivamente, a ser un

centro con infinidade de variedades educativas; e tamén pasou de ser un centro ocupado unicamente por especies autóctonas a ser un centro onde resultan visibles especies exóticas. Tocante ao alumnado, estades os que envexaría calquera instituto VIP, pero tamén os que ninguén daría un pataco por eles. Atendendo a especialidades e réximes, case que podemos falar de tres institutos.

Así que se este totum revolutum de culturas, razas, linguas e niveis educativos comparten edificio sen conflitos relevantes, cómpre concluír que non é un mal instituto. É un centro bastante agradable, malia a estética de ministerio e estar situado na peor leira da contorna. Nisto non foxe da tradición escolar española. Se non mo credes, lede a Luis Bello.

Tampouco debe ser moi coñecido no barrio. A min téñenme preguntado aí na cancela que a que se dedicaba esta fábrica. E cando abriron o ambulatorio aquí ao lado, achegábase xente os primeiros días á conserxería para pedir cita médica. ¿Que lle iamos receitar aquí? Como non fose un funil para a cabeza... Que pensas facer cando chegue a túa xubilación?

Nada. De feito diso se trata, non? O que teño claro é que as excursións do imserso non son unha opción: demasiado dinamismo. Gustaríame adicarme a algo tranquilo, como montar o meu propio invernadoiro, por exemplo Está nos teus plans seguir traducindo libros? E escribir unha obra propia? Se mo propoñen, si; aínda que con isto da crise… Con respecto ó de elaborar unha obra, non me vexo capacitado. ¡Quen che me dera!

SOLUCIÓNS AOS ENREDOS Revoltallo I: ovella,año, porca, bacoriño, cabra, cabrito,cadela,cachorro, egua, poldro, loba, lobeto, vaca, xato, galiña, pito, coella, cazapo Revoltallo II: carpeta, regra.libros, cadeira, sacapuntas, mochila, pupitre, estoxo, xiz, rotulador, tesoiras, goma, lapis, bolígrafo, ficheiro Xeroglífico: lingua galega Diferenzas

Page 25: Perfil número 15 (2013)

25

CARTA ABERTA DO LECTOR DE FRANCÉS Cuando veo a la mayoría de los alumnos de la ESO, me veo a mi

mismo a su edad. Aun no tienes idea de lo que podrá ser tu futuro

y pronto tendrás que elegir un camino.

Yo elegí el camino de los idiomas y creo que

fue una de las mejores elecciones de mi vida.

¿Por qué los idiomas ?

Pues porque no se me daban mal, y me

parecían una asignatura entretenida y muy

interesante para aprender.

Pronto descubrí que era una llave que me

podría abrir muchas puertas en diferentes

sectores. Algo muy importante para alguien que no sabe que camino

escoger.

Yo por ejemplo empecé estudiando en la universidad francesa algo que se

llama lenguas extranjeras aplicadas al comercio internacional y acabé

teniendo la oportunidad gracias a las lenguas, de venirme a España, en

este bonito instituto de Vigo durante un año, para trabajar como auxiliar de

conversación de francés.

Y ¿qué pasó ? Pues que me encantó la experiencia mucho más de lo que me

imaginaba, por lo que decidí repetir un año más y cambiar de vía para

dedicarme a la enseñanza del francés.

Hace unos años no me imaginaba estar en el mundo

de la enseñanza, viviendo feliz en Galicia y no querer

marcharme, aunque me resulta inevitable no sentir

morriña por mi país.

Esto es lo que pasa cuando estás lejos de tu casa y de

tu familia por mucho tiempo, pero también es lo que

te hace madurar y crecer mucho. Para mi el estar

fuera de casa me ha servido para valorar mucho más

todo lo que allí tenía, las relaciones con mi familia y

amigos, la cultura, las comidas típicas etc…

Aquí os dejo un enlace donde podréis conseguir la

receta de la masa de crêpes que es muy famosa en

mi Bretaña natal, y que tanto me gusta, junto con

muchas de las comidas típicas. http://www.recettes-

bretonnes.fr/crepe-bretonne/recette-crepe.html

Ya para finalizar, me gustaría decir que este tipo de

experiencias, son unas oportunidades increíbles y los

idiomas pueden dar esas oportunidades, por lo que

creo que hay que valorar mucho su aprendizaje

mientras no tenéis muy claro la carrera que queréis

hacer, y no estoy hablando solo del francés sino de

cualquier idioma que os guste y os atraiga

. Con mucho cariño,

Jérémy

Page 26: Perfil número 15 (2013)

26

O 21 de marzo os alumnos de 2º e 3º de ESO foron representados no Certame escolar de regueifas por Esteban Martínez e Paola Angel, os mellores regueiferos de Teis.

Entre estes dous debuxos debes atopar 5 diferencias (William Pérez 1º A)

Page 27: Perfil número 15 (2013)

27

Neste revoltallo perdéronse oito femias coas súas crías (María 1ºB)

Nestoutro agóchanse 15 obxectos fáciles de atopar nunha aula (Andrea e Amanda 1ºB)

G U T A N R X O B H Y A Ñ O E

M N B A C O R I Ñ O R S X D I

W Z H D R V O E L L O B E T O

Q Ñ G X Ñ E G P H V A P Y G P

C A B R A L B T O L B L Q G O

P S H T P L E B L R X V W B L

C R M O C A D E L A C A X V D

E G U A K T O H M H Z A M G R

T O D L Ñ C Y C Z O Q F T A O

P I T O L O G X A F P H F L G

T D O B U P H Ñ C B V A D I S

V A D A R X A T O Y R J Z Ñ G

Ñ A R C A C H O R R O I U A Y

D O C G H D T R U P M N T D C

A V C A G X A B A R I X S O A

C A R P E T A Q R T S O L G F

V D G R E G R A S F A T A F I

D L U P O Y A P E D R E P Q C

G I O G E M L U I I T S I O H

C B E U S N I P O Z Y O S P E

V R S V C A H I T G A I L Ñ I

P O T X Q A C T S F V R Ñ O R

E S D E T H O R A L I A R F O

T T E X I G M E O B F S K A C

C A D E I R A S R P P O M R V

E R O Z H R E T P N G O O G N

T Z R R L P A O V K G P I I M

M Q E Y I U E X I Z T U R L Ñ

R G E O S G R O D A L U T O R

S A C A P U N T A S A U I B O

xeroglífico XÍAN 1ºB

Nós falámola

liza

Page 28: Perfil número 15 (2013)

28