O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 1
O seguimentode efectivos de paspallás na comarca da Limia
(Ourense), anos 2003-2007
CréditosRealización:ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L.
Redacción:Rafael Salvadores RamosFrancisco Arcos Fernández
Cartografía:Javier César Aldariz
Fotografías:Rafael Salvadores Ramos
D. Legal:C 2118-2008
Maquetación e impresión:GRAFISANT, S.L.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 5
Agradecementos ....................................................................... 7
Introdución ............................................................................... 9
1. O paspallás ............................................................................ 11
1.1. Introdución ............................................................................................. 11
1.2. Un estratega do r .................................................................................. 13
1.3. A vida en movemento ........................................................................ 14
2. Caza e conservación do paspallás ..................................... 17
2.1. A situación do paspallás en Europa ............................................. 17
2.2. O paspallás como recurso cinexético ........................................ 20
2.3. A Limia e a caza do paspallás ........................................................... 21
2.4. As aves migradoras e a caza ............................................................ 26
3. Seguimento de paspallás na Limia: obxectivos e métodos 29
3.1. ¿Para qué monitorizar? ....................................................................... 29
3.2. Machos cantores e censos durante a sega ............................... 31
3.3. Monitorizando o medio .................................................................... 35
4. Resultados do seguimento, anos 2003-2007 .................. 37
4.1. A abundancia de machos cantores.............................................. 37
4.2. O paspallás, o rendemento cinexético e as choivas ............ 42
5. Conclusións .......................................................................... 45
6. Bibliografía ........................................................................... 47
ÍNDICEii
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 7
Agradecementos
Arcea Xestión de Recursos Naturais S.L. agradece ao persoal,
técnicos e gardería da Delegación en Ourense da Consellería
de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a súa axuda
na recopilación de información cinexética. A Manel Puigcerver
e Domingo Rodríguez-Teijeiro, pola súa colaboración desde as
etapas iniciais do proxecto. A todos os traballadores do campo
da Limia que facilitaron as tarefas de mostraxe durante estes
cinco anos.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 9
Introdución
O coñecemento profundo das especies migradoras que visitan
o noso territorio, resulta tan necesario como dificultoso, dado
o carácter nómade das súas poboacións. As viaxes tanto de ida
como de retorno, están condicionadas por circunstancias tan
incontrolables, que as veces resulta moi arduo o seguimento das
mesmas. Esta dificultade maniféstase dun xeito máis acusado
no caso do paspallás,dado que a entrada non se produce nunha
soa vez, senón ao longo de varios meses, realizando así mesmo
movementos a outros lugares, o que supón unha complicación
para o control dos exemplares que se tiñan detectados.
En calquera caso, as técnicas utilizadas para o seguimento dos
machos cantores, das femias e das niñadas, os que se xuntan os
avistamentos feitos dende as máquinas colleitadoras e o propio
control cinexético, dan unha idea bastante aproximada dos niveis
poboacionais desta especie, que si ben rexistra un maior índice
numérico nas chairas da antiga Lagoa de Antela, a especie ten
unha importante presenza noutros lugares da nosa xeografía.
10 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible,
realiza dende hai uns anos,un seguimento do paspallás na
comarca onde se sitúa a Lagoa de Antela, non soamente polo
extraordinario interese que ten este pequeno galiforme dende a
perspectiva do estudio e do coñecemento da nosa biodiversidade,
senón tamén polo interese cinexético que presenta para un bóo
número de cazadores españois..
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 11
i1.1. O paspallásii
1.1. Introduciónif
O paspallás (Coturnix coturnix), é un galiforme que pertence
á familia dos faisáns e as perdices (familia Phasianidae). Este
grupo de especies, amplamente distribuídas polo Vello Mundo,
caracterízanse por seren moi terrestres e boas camiñantes,
alimentándose e nidificando no chan, presentando ademais unha
gran tendencia á vida gregaria. O paspallás reprodúcese na maior
parte de Europa, Asia central e occidental, e diversas rexións de
África, recoñecéndose catro subespecies diferentes (Del Hoyo
et al., 1994). Cara o oriente, a area de distribución do paspallás
limita coa do paspallás xaponés (Coturnix japonica), especie á que
pertencen os paspallás que son criados industrialmente para
produción de ovos e carne. En Galicia, o paspallás é un nidificante
máis ou menos común na maior parte do territorio, aparecendo
de forma máis abundante nas comarcas agrícolas de relevo suave
do interior, como a Ulloa, a Terra Cha ou a Limia, e máis dispersa
nas áreas costeiras máis poboadas (Martí & Del Moral, 2003).
12 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
O paspallás é de pequeno tamaño, en torno aos 100 gr de peso
e 18-19 cm de lonxitude corporal. A plumaxe presenta un
aspecto xeral pardo claro misturado de raiado crema e castaño,
ofrecendo unha camuflaxe adecuada nos medios que frecuenta.
Cando adquiren a plumaxe de adultos, machos e femias
diferéncianse polo deseño da gorxa (clara nas femias e cun
debuxo en forma de áncora anegrazada nos machos) e do peito
(pálido con pencas negras nas femias e dun uniforme ton crema-
alaranxado nos machos), caracteres que non son recoñecibles
nos exemplares novos.
Amante dos medios abertos, o paspallás prefire sobre todo
terreos con pouca pendente e despexados, incluíndo todo tipo
de herbais naturais ou seminaturais e unha gran variedade de
cultivos agrícolas, con preferencia polos cultivos cerealeiros
como trigo, centeo ou cebada (Gallego et al., 1997). A vexetación
debe ofrecerlle cobertura suficiente para ocultarse, xa que os
paspallás evitan exporse e confían na súa camuflaxe ante os
depredadores. A dieta dos adultos é moi variada, dominando
os vexetais (sobre todo sementes) fóra da época de cría e os
invertebrados durante a reprodución (Guyomarc’h, 2003). A
excepción dos voos migratorios, realizados durante a noite,
a especie é de hábitos exclusivamente diúrnos, e dificilmente
a poderemos observar salvo cando é espantada pola nosa
presenza; nestes casos, normalmente levanta case diante dos
nosos pés nun voo rápido e directo. En contraste con tan discreto
comportamento, o canto dos machos é un sonoro e repetitivo
reclamo de tres “sílabas” que delata a súa presenza e que se
reflicte no nome que se lle atribúe á especie en varias linguas.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 13
1.2. Un estratega do rif
Na vida do paspallás non existe a territorialidade, nin sequera
en época de cría. Os machos emiten intensamente o seu canto
para atraer femias, frecuentemente agregándose en sectores
concretos (os denominados “núcleos de reprodución”, Aubrais et
al., 1986); unha vez que se emparellan, a actividade cantora decae
ou desaparece. No paspallás, o concepto de parella é difuso; a
fase de emparellamento é moi breve, e finaliza cando remata
a posta dos ovos ou incluso antes, tras o cal a femia e o macho
sepáranse definitivamente (Guyomarc´h et al., 1998a). Ademais,
os machos emparéllanse sucesivamente con diferentes femias
ao longo da tempada de cría, mentres as femias poden incluso
emparellarse con varios machos distintos durante unha mesma
posta (Rodríguez-Teijeiro et al., 2003).
O ciclo vital do paspallás parece unha acelerada carreira por
producir a máxima cantidade de descendentes no mínimo
tempo. De feito, a especie ten un rápido desenvolvemento,
é sexualmente precoz e presenta unha elevada fecundidade.
As femias fan postas dunha media de 8-12 ovos, que incuban
durante 16-17 días. Os pequenos paspallás xa son capaces de
facer curtos voos aos 10 días de vida, independízanse ao mes,
completan o seu desenvolvemento ás 6-7 semanas e acadan
a madurez sexual ás 12-15, o que resulta en que sexan capaces
de reproducirse ata 2 ou 3 veces no seu primeiro ano de vida
(Guyomarc’h et al., 1998a; Guyomarc’h, 2003).
Estratexias vitais como esta son as máis adecuadas para sacar
partido a medios moi variables e pouco predecibles, e a ecoloxía
14 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
as denomina estratexias do r. En hábitats tan cambiantes
como os cultivos agrícolas é crucial aproveitar o momento e
reproducirse rapidamente e en cantidade, e tamén é importante
que a especie poida dispersarse amplamente para localizar as
zonas favorables e evitar as pouco atractivas, aspecto no que a
especie está grandemente especializada.
1.3. A vida en movementoif
O paspallás presenta un marcado e complexo carácter
migratorio, comportamento que se solapa con outros tipos de
desprazamentos e que en conxunto determinan unha enorme
mobilidade. Aínda hoxe, a migratoloxía do paspallás presenta
aspectos enigmáticos e pouco coñecidos. Basicamente, a especie
é estival en Europa, onde se reproduce desde marzo até o outono,
e invernante en África, aínda que en parte da bacía mediterránea
o paspallás é de presenza case permanente durante todo o ano
(Guyomarc´H, 2003).
O impulso migratorio é moi variable entre os individuos,
coexistindo migrantes de curta e de longa distancia, e tamén
exemplares case sedentarios. Os migrantes de longa distancia
invernan principalmente na África subsahariana e acadan o sur
de Europa a partir de marzo e abril, época na que os migrantes
de corta distancia e os subsedentarios están xa en plena fase
de cría nas rexións meridionais do continente e no norte de
África; mentres parte dos efectivos poden quedar neses sectores
toda a tempada de reprodución, outros comezan sucesivos
asaltos migratorios cara o norte, envolvendo a aves adultas pero
tamén aos novos nacidos nese ano, exemplares que comezarán
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 15
novos intentos de cría até os meses de xullo e agosto, acadando
o extremo norte da área de distribución, xa preto do Ártico
(Guyomarc´h, 2003). A migración outonal de retorno cara ao
sur ten lugar principalmente entre agosto e setembro, e na
península Ibérica parece estar precedida por desprazamentos
internos dos machos previamente á migración (Sardá-Palomera
et al., 2006). Xunto a este complexo carácter migratorio, coexiste
unha importante compoñente nomádica nos seus movementos,
xa que alcanza as áreas de cría (principalmente zonas agrícolas
moi cambiantes) cando o medio é idóneo e as abandona cando as
condicións son desfavorables (Puigcerver et al., 1989). Ademais, os
machos, que non colaboran na incubación nin na cría da rolada,
poden realizar movementos dispersivos en busca de novas
femias unha vez que remata o emparellamento (os denominados
desprazamentos “donjuanescos”, Puigcerver et al., 1997). Estes
comportamentos, xunto co intenso impulso migratorio de gran
parte da poboación, determina que exista unha elevadísima taxa
de renovación de machos nas zonas de cría, de até un 95% en
15 días (Rodríguez-Teijeiro et al., 1992), e que o balance de sexos
estea descompensado a favor dos machos segundo se ascende en
latitude e avanza a tempada de nidificación (Guyomarc´h, 2003).
En Galicia, como no resto de Europa, o paspallás é
fundamentalmente un visitante estival, escoitándose os
primeiros machos desde mediados de marzo, raramente antes.
A presenza invernal, entre novembro e febreiro, parece escasa,
se ben son obvias as dificultades de detectar á especie fóra da
época de cría. Porén, xa desde a década de 1950 existen repetidos
rexistros de exemplares en inverno en zonas costeiras e tamén
16 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
do interior (Caballero, 1956), e evidencias de seren cazados
ocasionalmente en certa abundancia na comarca da Limia no
mes de novembro.
Nas últimas décadas parece existir certa diminución da fracción
máis migradora da especie en Europa (Guyomarc´h, 2003), cunha
tendencia á sedentarización nas áreas meridionais (Fontoura &
Gonçalves, 1995), documentándose tamén avances nas datas
de chegada dos migrantes primaverais (Rodríguez-Teijeiro et
al., 2005), feitos que teñen sido relacionados con cambios nos
medios agrícolas na súa área de distribución, a contaminación
xenética co paspallás xaponés ou o quecemento climático
global.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 17
2. Caza e conservación do paspallásii
2.1. A situación do paspallás en Europaif
A elevada mobilidade da especie e os seus peculiares hábitos
reprodutivos complican enormemente a estimación do tamaño
da poboación a calquera escala. Esta complexidade pode
ilustrarse coa situación que se pode producir en primavera en
moitas localidades do sur de Europa, cando é posible atopar
no mesmo momento aves que invernaron e se reproducirán
no lugar, aves que invernaron no lugar pero que se preparan
para migrar ao norte, aves que invernaron no norte de África
e que se reproducirán no lugar e por último aves en paso entre
cuarteis de invernada meridionais e áreas de cría setentrionais
(Gonçalves et al., 2001). Este escenario, que se repite no outono
pero en sentido migratorio inverso, determina que sexa difícil
definir núcleos poboacionais perfectamente estabilizados no
tempo e no espazo.
A península Ibérica atópase no eixo migratorio principal da
i2.
18 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
que se denomina metapoboación atlántica ou occidental do
paspallás, que englobaría fundamentalmente ao conxunto
de aves que nidifican en Francia, España, Portugal e Marrocos
e que chegarían durante a invernada a Mauritania e Senegal
(Guyomarc´h, 2003). Este grupo de poboacións estarían máis
ou menos segregadas dos efectivos centroeuropeos (que
migrarían por Italia) e dos do oriente europeo e parte de
Rusia, que o farían por Oriente Medio. Para o conxunto de
paspallás nidificantes en Europa existen estimas que oscilan
entre os 1,3 e os 3,9 millóns de parellas (Guyomarc´h, 2003;
Birdlife International, 2004). Segundo os datos dispoñibles,
España acollería unha boa fracción destes efectivos (en torno
a 320.000-435.000 parellas segundo Gallego et al., 1997), e o
groso da metapoboación atlántica, non existindo datos acerca
do tamaño poboacional en Galicia.
A nivel xeral, os efectivos de paspallás teñen amosado
historicamente acusadas fluctuacións interanuais, rexistrándose
puntualmente anos de excepcional abundancia, sen un patrón
claro de regularidade e distribución (Gallego et al., 1997). A pesar
diso, considérase que a especie sufriu un marcado declive en
Europa durante 1970-1990, particularmente no centro e leste,
polo que se lle atribúe un estado de conservación desfavorable,
clasificándose provisionalmente coa categoría de “Esgotada”
(Depleted), debido a que o tamaño da poboación probablemente
se manteña por debaixo do nivel que precedía ao seu descenso
(Birdlife International, 2004). En España, a falta de información
precisa impide avaliar se se atopa ameazada, incluíndose na
categoría de “datos insuficientes” no Libro Vermello, sosténdose
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 19
non obstante que a especie parece manter uns efectivos estables
(Puigcerver et al., 2004); con todo, os datos recollidos polo
programa SACRE de seguimento de aves comúns en España
reflicten unha acusada tendencia negativa, significativa e
constante, do número de machos cantores entre os anos 1998 e
2006 (SEO/BirdLife, 2007). En Galicia non existen datos precisos
sobre a súa tendencia, a pesar de que se lle ten atribuído un lento
e progresivo declive (SGHN, 1995).
Son varios os factores que se teñen relacionado co descenso
xeral do paspallás en Europa, destacándose principalmente os
cambios na agricultura (Gallego et al., 1997). Considérase que o
incremento no uso de biocidas reduce a diversidade florística
dos cultivos, a cobertura e protección fronte a depredadores e
os recursos alimenticios dispoñibles para os adultos e as roladas
(Guyomarc´h, 2003). A intensificación agrícola implica ademais
un maior manexo dos cultivos (laboreo da terra, fertilización,
regadío, tratamentos fitosanitarios) e un acurtamento dos
ciclos das colleitas, deixando menos oportunidades para
completar con éxito a crianza dos polos. Por outra parte,
determinadas prácticas cinexéticas sinálanse como perniciosas
para a especie, en particular a apertura temperá da tempada de
caza cando afecta a aves en reprodución e novos (Guyomarc´h,
2003; Puigcerver et al., 2007). Finalmente, menciónase
tamén entre os factores de ameaza o risco de contaminación
xenética co paspallás xaponés e os seus híbridos, de reducido
impulso migratorio. A solta cinexética de paspallás híbridos
criados en granxa é unha práctica estendida en varios países
mediterráneos, entre eles España, onde anualmente se liberan
20 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
por miles antes do período da caza e en cotos intensivos. A
hibridación destes exemplares cos paspallás salvaxes é un feito
comprobado, aínda que aparentemente con baixa incidencia na
actualidade (Puigcerver et al., 2007). Non obstante, a situación
podería cambiar de forma rápida e imprevista no futuro,
como acontece en moitos casos de invasións biolóxicas, o que
podería implicar cambios incertos na ecoloxía e distribución do
paspallás a escala global (Derégnaucourt et al, 2005; Puigcerver
et al., 2007).
2.2. O paspallás como recurso cinexéticoif
Como outras especies de faisáns e perdices, o paspallás é un
importante recurso cinexético. Existe unha longa tradición da
súa caza en toda a área meridional europea e na beira sur do
Mediterráneo, que até se recolle nos textos bíblicos do Vello
Testamento. Os hábitos migratorios do paspallás e a tendencia
a concentrar aves en paso en determinadas épocas e lugares
(como illas ou oasis) incentivou o desenvolvemento de múltiples
métodos de captura ademais da caza con escopeta, como
diversos tipos de redes, a cetrería, a caza nocturna con lanternas
ou o uso de cans especializados (Guyomarc´h, 2003). Algunhas
destas técnicas aínda perduran, sobre todo no norte de África e
Oriente Medio, sendo algúns considerados métodos de captura
masivos e insustentables ou mesmo ilegais baixo a lexislación da
Unión Europea, como a caza en primavera nas illas de Malta e
Chipre.
A pesar da relevancia deste recurso cinexético, os datos sobre
a cantidade de paspallás cazados anualmente son imprecisos
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 21
ou inexistentes en numerosos países europeos, situación que
se agrava ao sur do Mediterráneo; mesmo en Italia, Francia e
España, que concentran boa parte das capturas, a información
dispoñible é moi parcial, ou aporta confusión ao incluírse nas
estatísticas as capturas de paspallás xaponeses e híbridos
procedentes de soltas en cotos intensivos de caza. En calquera
caso, en España as capturas de paspallás son só superadas polas
de perdiz e coello, recolléndose nas estatísticas do Ministerio
de Agricultura, Pesca e Alimentación cifras de 1,2-1,4 millóns
de pezas abatidas anualmente entre 2000 e 2003 (últimos datos
dispoñibles).
A parte das capturas producidas en cotos intensivos,
correspondentes a aves criadas industrialmente, a caza de
paspallás autorízase en varias comunidades autónomas durante
a denominada “media veda”, período especial que abarca parte
dos meses de agosto e setembro, no que está permitido abater
determinadas especies cinexéticas. En Galicia, o paspallás
considérase especie cazable no período hábil xeral, someténdose
ademais a un réxime cinexético especial na comarca da Limia
(Ourense).
2.3. A Limia e a caza do paspallásif
A chaira da Limia é unha comarca de carácter agrícola que ocupa
unhas 30.000 ha de extensión, repartidas entre nove concellos
do centro e sur da provincia de Ourense. Situada entre os 600 e o
700 m de altitude, a Limia é unha depresión tectónica de relevo
practicamente chan encaixada entre as elevacións das serras do
Xurés e o Larouco polo sur e os contrafortes do Macizo Central
22 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
Ourensán polo norte, constituíndo a cabeceira da bacía do río
Limia (Mapa 1). A comarca emprázase nos límites da rexión
bioxeográfica eurosiberiana, preto da transición á mediterránea
(Rivas-Martínez et al., 2002), dominando na actualidade os
terreos agrícolas (cultivos de trigo e pataca principalmente),
con presenza secundaria de prados, pasteiros e matogueiras.
Salvo no sector sudoccidental da Limia (nas veigas da Saínza
e Congostro), hoxe en días as superficies forestais continuas
son minoritarias, sendo comúns non obstante os exemplares
dispersos e pequenos rodais de carballo (Quercus robur) e rebolo
(Q. pyrenaica). Nas ladeiras de transición ás serras dominan
matos de ericáceas e toxo, reboleiras e carballeiras. Dentro da
comarca, só o L.I.C. (Lugar de Importancia Comunitaria) Veiga de
Ponteliñares (160 ha) está proposto para formar parte da rede
Natura 2000, mentres se atopa en tramitación a declaración da
figura de Z.E.P.A. (Zona de Especial Protección para as Aves) de
parte da Limia.
A pesar de que a tradición agrícola e gandeira é secular na
comarca, os cambios acontecidos na Limia nas últimas décadas
foron radicais, nun proceso de profunda transformación
empezado a finais da década de 1950 co desecamento da
lagoa de Antela, que ocupaba unhas 4.000 ha de superficie
(Martínez Carneiro, 1997). Tras a posta en cultivo destes terreos,
executáronse durante as seguintes décadas numerosos proxectos
de concentración parcelaria no resto da comarca, que implicaron
a desaparición doutros humidais menores (principalmente veigas
estacionais) e unha importante redución da cobertura forestal,
creando unha paisaxe aberta dominada polo cultivo de cereal en
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 23
secaño (aproximadamente o 50% da superficie total das terras
agrícolas) e a pataca en regadío (aprox. 20%). Recentes proxectos
de modernización do regadío na comarca, en funcionamento ou
estudo, poderían optimizar a produción deste cultivo, ou mesmo
fomentar outros actualmente minoritarios como o millo.
Foto 1. A caza do paspallás é na actualidade un dos principais recursos cinexéticos da Limia.
24 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
Na actualidade, a paisaxe agrícola limiá parece ofrecer varios
atractivos para o paspallás, como un medio aberto e extenso
con escasos obstáculos, certa diversidade nos cultivos, un
tamaño de parcelas non demasiado grande ou a dispoñibilidade
de auga en época estival. Nada se sabe sobre a evolución da
abundancia da especie na Limia desde os tempos da lagoa de
Antela, pero no presente, a comarca constitúe probablemente
o principal núcleo reproductor do paspallás en Galicia. Existen
datos noutras rexións da súa área de distribución que indican
que transformacións agrícolas tan profundas como as da
Limia poden supoñer escenarios atraentes para o paspallás
(Guyomarc´h, 2003).
Foto 2. A chaira limiá é unha das comarcas agrícolas máis singulares de Galicia.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 25
Desde o verán de 1999, está
autorizada a caza do paspallás en
varios TECOR da Limia nun período
de varias semanas comprendido
entre agosto e setembro, cun
calendario subordinado ao
desenvolvemento da colleita de
cereal, e baixo diversas restricións
de número de cazadores e pezas
abatidas por xornada. Desde
a implantación deste período
especial, a caza do paspallás
na Limia tense convertido nun
gran atractivo para cazadores
da comarca e de fóra dela. Na
tempadas dos anos 2001-2007
foron cobradas na comarca da
Limia baixo este réxime unha
media de 7.307 pezas (máx. 8.670,
mín. 5.958; datos do Servizo de
Conservación da Natureza da
delegación provincial de Ourense
da Consellería de Medio Ambiente
e Desenvolvemento Sostible).
Fotos 3-5. O cultivo en rotación de cereais e pataca domina a paisaxe da Limia.
26 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
2.4. As aves migradoras e a cazaif
A s aves migradoras son un dos mellores exemplos de que,
realmente, a natureza non coñece fronteiras. A s rolas, as
anátidas, as arceas ou os paspallás realizan regularmente
extraordinarios des pra zamentos entre as súas áreas de cría
e de invernada ou de muda, utilizando diferentes zonas de
paso e recalando en distintas áreas de descanso, cruzando
regularmente as fronteiras administrativas de países e incluso
continentes. Estas aves migratorias constituíron desde a
antigüidade un enorme recurso natural aparentemente
inesgotable, aproveitado cinexéti camente até nosos días tanto
por subsistencia como por recreo. En moitas ocasións, a caza de
aves migradoras é o soporte dun valioso legado sociocultural
de longa tradición e de lexítimas actividades económicas,
pero noutras este aproveitamento recorre a métodos de
captura masivos ou non selectivos, converténdose nunha caza
abusiva baseada no principio de que o que non se cace aquí
cazarase no país do lado. Nos tempos actuais, razoamentos
coma estes non son xustificables, porque conducen de forma
segura ao esgotamento do recurso, e porque é tarefa de todos
actuar de forma responsable na súa xestión. Neste sentido, o
aumento dos coñecementos sobre moitos aspectos da vida
das aves migradoras, cada vez maiores e máis compartidos,
contribúe a desfacer a idea de que a ninguén corresponde a
súa conservación, cómoda postura na que en moitas veces se
ampara a súa explotación indiscriminada.
O paspallás presenta proba blemente un dos patróns migratorios
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 27
máis complexos das aves europeas,
sometido ademais a dinamismos
inducidos por cambios climáticos
e a continua mutación da paisaxe
agrícola de moitas rexións de
Europa e África. Este panorama
recomenda máis aínda a prudencia
e o control no aproveitamento do
paspallás como peza de caza, ante
a posibilidade real de que os novos
escenarios non resulten favorables
para a especie.
A sí, os convenios asinados polo
Estado, así como a lexislación
comunitaria, dictan que o
a p ro v e i t a m e n t o c i n e x é t ico
do paspallás, e outras aves
migradoras, debe realizarse
garantindo a conservación do
recurso e desde a perspectiva da
coordinación e a cooperación
internacional. O Convenio sobre
especies migradoras (Convenio
de Bonn) inclúe ao paspallás no
seu Anexo II (especies nun estado
de conservación desfavorable),
e promove a realización de
acordos internacionais para a
Fotos 6-8. O ciclo de cultivo dos cereais (trigo e centeo), desde a sementeira á colleita, condiciona moitos aspectos da vida das aves da Limia, como a do paspallás.
28 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
súa monitorización e manexo e a restauración e conservación
do seu hábitat. Ademais, o paspallás figura tamén no Anexo III
(especies protexidas) do Convenio sobre a conservación da vida
silvestre e do medio natural en Europa (Convenio de Berna),
regulamentándose o seu aproveitamento baixo diversas premisas
que perseguen garantir a súa conservación. Finalmente, a especie
está incluída no Anexo II/2 da Directiva 79/409/CEE do Consello,
de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres
(Directiva Aves), sinalando os principios que deben rexer a súa
captura en varios países da Unión Europea.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 29
i3.3. Seguimento de paspallás na Limia: obxectivos e ii
métodos
3.1. ¿Para qué monitorizar?if
O seguimento do estado das poboacións de fauna cinexética
é unha ferramenta fundamental para a correcta ordenación
do seu aproveitamento e a conservación do recurso, sendo
especialmente útiles as series temporais longas de datos obtidos
con métodos consistentes e sistemáticos. Segundo o exposto
anteriormente, as especies cinexéticas migratorias como o
paspallás, precisan dun especial esforzo de investigación e
monitorización, no que a coordinación internacional resulta
imprescindible. Se ademais se obteñen datos de variables
ambientais clave, facilítase a interpretación dos cambios
observados e a predición da evolución futura dos índices
poboacionais sometidos a seguimento, resultando tamén
fundamentais estatísticas fiables e rigorosas do aproveitamento
cinexético ao que están sometidas as poboacións.
30 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
No caso do paspallás, estas necesidades son prioridades que
se recollen no documento que senta as bases dun plan de
manexo da especie a nivel europeo (Guyomarc´h, 2003). Baixo
estas premisas foi deseñado o programa de monitorización do
paspallás na Limia comezado no ano 2003, tendo en conta a
relevancia deste recurso cinexético na comarca e a singularidade
da mesma no contexto galego e ibérico.
Desta forma, o obxectivo que persegue o programa de
monitorización é o seguimento a medio e longo prazo da evolución
do rendemento cinexético e a súa relación coa evolución de
indicadores poboacionais, como a abundancia relativa de machos
cantores ao longo da tempada de cría, ou a densidade de aves
durante a colleita do cereal, determinando a relación de todos
eles con variables ambientais potencialmente explicativas da súa
variación interanual e tendencia a máis longo prazo, como poden
ser as características do medio (tipos e superficies de cultivos
presentes, grao de desenvolvemento, lonxitude de lindes...) ou o
nivel de precipitacións. O éxito do proxecto radica na consecución
dunha serie temporal o suficientemente ampla e un tamaño de
mostra anual axeitado como para poder chegar a modelar con
precisión a relación do rendemento cinexético con algunha das
variables sinaladas, construíndo a expresión matemática que
permita realizar predicións no futuro que contribúan á xestión
sustentable da especie.
Finalmente, cumpre sinalar que xunto ás tarefas de
monitorización e seguimento dos efectivos na comarca, resultan
tamén indispensables tarefas de investigación que afonden
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 31
en aspectos aínda pouco coñecidos da bioloxía e ecoloxía do
paspallás, como moitas facetas da migratoloxía da especie e o
grao de conexión existente entre as diferentes poboacións, ou a
selección de hábitat en época de cría na Limia.
3if .2. Seguimento de machos cantores e censos durante a sega
Como se puxo de manifesto anteriormente, o complexo patrón
reprodutivo e de movementos do paspallás e a elevada cobertura
vexetal dos medios que frecuenta dificultan grandemente o
emprego de métodos tradicionais de censo. Estes condicionantes
recomendaron a selección dunha batería de métodos de
seguimento complementarios abarcando todo o ciclo reprodutor
na Limia. Estes métodos centráronse na obtención dun índice de
abundancia de machos cantores ao longo da tempada de celo e a
realización de censos directos de aves durante a sega do cereal, coa
intención, neste último caso, de aproximar unha estima do total
de efectivos da especie presentes na comarca ao final da época
reprodutora, entre xullo e agosto, utilizando as metodoloxías
que se describen a continuación e que constituíron os métodos
estandarizados de mostraxe das tempadas 2003 a 2007.
O seguimento da abundancia de machos cantores é o método máis
estendido na monitorización da especie en época reprodutora
(Fontoura et al., 1996; Guyomarc’h et al., 1998b; Guyomarc’h,
2003; Puigcerver et al., 1997), posto que se beneficia da elevada
detectabilidade dos machos en celo e presenta diversas vantaxes
prácticas respecto ao uso de cans ou batidas. Este método considérase
o único índice dispoñible para monitorizar os cambios anuais dos
efectivos da especie no período de nidificación (Guyomarc´h,
32 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
2003), a pesar de que presenta limitacións que deben ser tidas en
conta á hora da interpretación dos resultados. Así, a abundancia de
machos cantores non reflicte con exactitude o número de machos
totais, xa que os machos emparellados só ocasionalmente emiten
o canto (Guyomarc’h et al., 1998b), e ademais, tampouco se pode
relacionar de forma directa co número de femias presentes, xa
que é coñecido que a razón de sexos durante a época de cría está
máis descompensada a favor dos machos segundo se ascende en
latitude e avanza a tempada de nidificación (Guyomarc´h, 2003). A
pesar disto, Moreau (1956) asocia o número de machos cantores co
número de niños atopados, e Guyomarc´h (2003) determina, con
datos de varias localidades en Francia, unha correlación positiva
entre a densidade media de machos cantores no período entre
maio e a primeira quincena de xuño e a densidade de adultos a
finais de agosto tras a colleita.
Foto 9. A sega é un momento crítico para o paspallás, reducindo drasticamente a dispoñibilidade de hábitat.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 33
Para obter un índice da abundancia de machos cantores
de paspallás presentes na comarca da Limia en primavera
e verán, entre os meses de abril e agosto, seleccionáronse
estratificadamente ao azar 20 estacións de mostraxe distribuídas
dentro dos límites da área de estudio (Mapa 2). En cada tempada
de estudo, entre os anos 2003 e 2007, realizáronse 10 xornadas
de mostraxe espaciadas cada 11-16 días entre finais de abril
e finais de agosto. En cada xornada de mostraxe realizáronse
todas as estacións de escoita por orde consecutiva en horario
de 11:30 e 16:30 (hora oficial), período do día no que a actividade
vocal dos machos é relativamente constante e intensa (Mur,
1994), evitándose o amencer e o solpor, momentos de máxima
actividade pero breve duración, e os períodos de mañá e de tarde
que os preceden, de reducida actividade vocal (Mur, 1994). Para
a realización das mostraxes evitáronse no posible as condicións
meteorolóxicas adversas por choivas ou ventos fortes. En cada
estación efectuouse un período de escoita de 5 minutos de
duración, durante o cal tratouse de identificar o maior número
posible de machos que cantaban espontaneamente, tentando
de discriminar aos distintos individuos en base á dirección
e distancia estimada de emisión do canto. Tras rematar este
período de escoita emitiuse unha gravación dixital dun reclamo
de femia durante 20 segundos, cun aparello reprodutor de 10 w
de potencia a máximo volume. A continuación desta operación
realizouse un novo período de escoita de 2 minutos de
duración, tratando de contabilizar novos machos cantores non
escoitados anteriormente que respondían ao reclamo emitido,
considerados como machos con canto inducido. Os resultados
34 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
exprésanse en aves escoitadas por estación, descartándose a
súa transformación en datos de densidade, tendo en conta as
dificultades para coñecer con precisión a área efectivamente
abarcada por cada estación de escoita.
Por outra parte, durante a colleita do cereal en parcelas
emprazadas na área de estudo efectuáronse prospeccións
dirixidas a contabilizar o número de exemplares de paspallás
baseando o método de censo no seguimento minucioso do
proceso de segado de cada parcela por tres observadores
simultaneamente. Así, dentro da cabina da máquina colleitadora
situouse un observador mentres outros dous acompañaban
polos lindes da parcela ou a ambos lados da máquina o seu
avance; cando non foi posible emprazar un observador na
máquina, os tres seguían no campo o traballo da colleita. Os
observadores anotaban o número de exemplares espantados
pola colleitadora e seguían o seu voo ata perdelos de vista. Só
cando os exemplares abandonaban a parcela ou pousaban en
sectores xa colleitados eran contabilizados como aves diferentes,
para o cal os observadores contrastaban en todo momento as
súas observacións por medio do uso de walkie-talkies. Neste
proceso procurábase tamén evitar contabilizar máis dunha
vez aves que, pousando en zonas segadas, entraban de novo
en sectores sen segar da parcela. Estas mostraxes tiveron lugar
todas as tempadas entre 2004 e 2007, en datas dos meses de
xullo e agosto, cun total anual de parcelas e superficie que se
recollen na Táboa seguinte:
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 35
2004 2005 2006 2007
Parcelas 44 30 42 44
Superficie (ha) 57,51 47,83 57,66 53,34
3.3. Monitorizando oif medio
Paralelamente ao seguimento dos efectivos de paspallás na
Limia, realizáronse ao longo das cinco tempadas de estudo
mostraxes encamiñadas a coñecer a evolución de diversas
variables ambientais de potencial relevancia para comprender
as relacións da especie co entorno.
Desta forma, en cada tempada de estudo foi caracterizada
a superficie englobada nun radio de 250 m arredor das 20
estacións de escoita de machos cantores, asignando cada parcela
a un tipo de cultivo ou medio e unha clase de altura, realizando a
inspección de campo durante a segunda quincena do mes de
maio.
Ademais, coa intención de coñecer o desenvolvemento dos
labores de sega na comarca ao longo das datas de censo do
paspallás, entre 2004 e 2007 monitorizouse o estado da colleita
na superficie englobada nun radio de 250 m arredor de 28
puntos de mostraxe, delimitándose con axuda de fotografía
aérea e visitas de campo as superficies dedicadas ao cultivo
de trigo, centeo e cebada, inspeccionando cunha frecuencia
aproximada de 15 días entre mediados de xullo e finais de agosto
se cada parcela fora ou non segada. Esta información serviu para
acoplar os censos ás fases temperás da colleita, evitando así en
36 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
gran medida a posible concentración de aves nas parcelas non
segadas segundo avanza a colleita do cereal.
Por outra parte, obtivéronse os datos de precipitacións diarias
da estación meteorolóxica de Xinzo de Limia (7º 43´ 27´´ W, 42º
3´ 40´´ N, alt. 600 m s.n.m., Instituto Nacional de Meteoroloxía)
nos anos 2003 a 2007, e tamén se acadou información sobre o
número de paspallás abatidos en cada tempada, datos facilitados
pola Delegación Provincial de Ourense da Consellería de
Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Finalmente, a
información cinexética foi transformada de xeito que, para
cada data de mostraxe e cuartel de caza, e en períodos de mañá
e de tarde por separado, dividiuse o número de pezas cobradas
polo número de cazadores, que posteriormente foron sumados
para obter un valor diario do rendemento cinexético por
cuartel, cos que se calcularon as medias anuais utilizadas para as
representacións gráficas e análises correspondentes.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 37
i4.4. Resultados do seguimento, anos 2003-2007ii
A pesar do curto periodo temporal abarcado polo programa
de seguimento do paspallás na comarca da Limia, que limita
as conclusións que del se poden obter, é posible destacar
algúns comentarios de gran interese, que a continuación se
desenvolven.
4.1. A abundancia de machos cantoresif
O número de machos cantores que se detectaron en cada
punto de mostraxe oscilou entre os cero e os oito exemplares.
A súa abundancia increméntase gradualmente desde finais de
abril, acadando o seu máximo no mes de xuño, coa excepción
do ano 2003, no que aparece un segundo máximo na segunda
quincena de agosto. A actividade cantora dos machos rexistrada
durante as mostraxes diminúe de forma máis ou menos brusca
até desaparecer a mediados ou finais do mes de agosto, data esta
última na que en ningún dos 5 anos se teñen rexistrado aves con
canto (Figura 1).
38 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
As diferenzas do número medio de paspallás entre datas de
mostraxe dentro dunha mesma tempada, así como a abundancia
media total anual entre tempadas diferentes, relaciónanse
significativamente coa cantidade de precipitacións rexistradas
na primavera e verán (meses de abril a xullo), de forma que unha
maior cantidade de machos cantores coincide cun incremento
das choivas (Figura 2).
Figura 1. Evolución do número medio (± e.s.) de machos cantores por estación (n=20) para cada xornada durante o período de estudo nas tempadas de 2003-2007.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 39
En termos absolutos, nos últimos cinco anos só se detectaron
diferenzas na abundancia total de machos cantores entre 2007 e
os restantes anos, do que se podería deducir a existencia dunha
tendencia fundamentalmente estable para o período temporal
analizado. O incremento da abundancia de machos cantores
en 2007 relaciónase coas precipitacións extremadamente
abundantes acontecidas na primavera e verán deste ano, máis
que cun posible cambio nos usos arredor dos puntos de mostraxe,
á vista da evolución das superficies ocupadas polos principais
cultivos na comarca, cereal e pataca, que permaneceron estables
(Figura 3).
Figura 2. Relación entre o número medio de machos cantores de paspallás (± e.s) por tempada e o nivel de precipitacións acumuladas entre os meses de abril a xullo na comarca da Limia entre os anos 2003 e 2007.
40 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
Os resultados obtidos ao longo das cinco tempadas de mostraxe
poñen de manifesto tamén algunhas das relacións existentes
entre a abundancia de paspallás cantores e o ciclo do cereal na
comarca. Foi posible establecer que a abundancia acumulada de
machos cantores nos meses de abril e maio (principios da época
reprodutora) está relacionada positivamente cunha altura do
cereal superior aos 20 cm medida na segunda quincena de maio
(Figura 4), xa que se estima que as parcelas con cultivos crecidos
deben proporcionar alimento e maior cobertura e protección
ante depredadores. O cereal que en maior medida ofrecería estes
recursos ao principio da época de cría sería fundamentalmente
o cereal de inverno (trigo e centeo), sementado uns 5-6 meses
Figura 3. Evolución das superficies de cereal e de pataca (media ± e.s) arredor das estacións de escoita de paspallás (n=20) na comarca da Limia entre os anos 2003 e 2007.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 41
antes, ao medrar máis que o sementado en marzo e abril. Non
obstante, este cereal de primavera ou trimesino tamén podería
aportar cobertura axeitada ao paspallás nesas datas,
principalmente en ausencia de precipitacións primaverais
abondosas que retrasen a sementeira e demoren o seu
desenvolvemento. Con todo, son necesarios máis datos para
analizar con maior precisión a influencia das precipitacións e
outros factores na sementeira e crecemento do cereal, para
avaliar a importancia de cada tipo de cultivo na abundancia de
machos cantores de paspallás a principios da época reprodutora
na comarca.
Figura 4. Evolución do número medio (± e.s.) de machos cantores de paspallás acumulados (censos de abril e maio) por estación de mostraxe (n=20) e a superficie en hectáreas de cereal de altura superior aos 20 cm (± e.s.) nun radio de 250 m arredor dos puntos de mostraxe, para os anos 2003 a 2007.
42 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
4.2. O paspallás, o rendemento cinexético e as choivasif
Como cabería esperar, as capturas diarias de paspallás por
cazador na Limia experimentaron variacións interanuais, nalgúns
casos notables e estatisticamente significativas, destacando
os anos 2005 e 2007 como aqueles de maior rendemento, con
valores medios superiores aos 6 exemplares por cazador e día
(Figura 5). Con todo, non foi posible establecer unha relación
entre as capturas e as precipitacións de primavera-verán (Figura
5), relación que si foi detectada por Puigcerver et al. (1999) na
provincia de Tarragona, aínda que estes autores utilizaron unha
serie temporal de 14 anos e os datos do número de exemplares
abatidos por dous cazadores entre os meses de marzo a xullo.
Figura 5. Evolución anual das capturas diarias medias de paspallás por cazador (± e.s) e o nivel de precipitacións (acumuladas para os meses de abril a xullo) para o período 2003-2007.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 43
Aínda que de forma provisional, polo limitado número de anos
analizados, a información dispoñible si permite establecer
unha relación entre as aves cazadas e a densidade media de
exemplares de tamaño adulto durante a sega (segundo o que
se reflicte na Figura 6), o que parece sinalar a bondade deste
método de mostraxe como indicador da abundancia da especie
previamente á apertura da tempada de caza.
Figura 6. Evolución da densidade de paspallás (aves/ha ± i.c. 95%) durante a sega, e das capturas diarias por cazador (aves/cazador ± e.s) entre os anos 2005-2007 na comarca da Limia.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 45
i5.5. Conclusiónsii
O programa de seguimento de paspallás implantado na comarca
da Limia (Ourense) desde o ano 2003 constitúe un sistema de
monitorización de fauna cinexética pioneiro en Galicia, e un dos
escasos proxectos dirixidos particularmente a seguir a medio e
longo prazo a dinámica poboacional desta especie.
As metodoloxías empregadas baseáronse na obtención dun
índice de abundancia de machos cantores e no cálculo de
densidades de exemplares durante os labores da sega do cereal
na comarca.
Os resultados obtidos nos primeiros cinco anos de seguimento
(2003-2007) apuntan cara a estabilidade do índice de abundancia
de machos cantores, cunha única tempada, a de 2007, amosando
un incremento significativo con respecto a todas as restantes.
Detectouse unha relación positiva e significativa entre
a abundancia de machos cantores en cada tempada e as
precipitacións rexistradas na primavera e verán (meses de abril
46 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
a xullo), mentres as superficies adicadas aos principais usos do
solo na comarca, os cultivos de cereal e pataca, permaneceron
estables.
Os resultados obtidos esbozan algunhas das complexas relacións
existentes entre a abundancia da especie, os usos agrícolas e as
precipitacións. Así, defínese un acoplamento positivo entre a
abundancia de machos cantores e a altura do cereal, que está
influenciada polas datas de sementeira e o ciclo de cremento da
colleita. Ademais, o censo de aves durante a sega parece definirse
como un método adecuado para predecir os resultados do
rendemento cinexético.
Os previsibles cambios futuros nos usos agrícolas na Limia, a
necesidade de monitorizar o estado deste recurso cinexético e
o interese de comprender os factores que modulan a presenza
do paspallás na comarca, apoian a continuación do seguimento
desta emblemática especie da caza menor galega.
Finalmente, destácase a importancia de poder contextualizar
os datos recabados con información semellante obtida noutros
sectores da área de distribución da especie, o que se considera
un aspecto imprescindible de cara á necesaria coordinación
internacional na xestión dunha ave migradora de carácter tan
móbil como o paspallás.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 47
i6.6. Bibliografíaii
AUBRAIS, O., HEMON, y.A. & GUyOMARC’H, J.C. (1986). Habitat
et occupation de l´espace chez la caille des blés (Coturnix
c. coturnix) au début de la période de reproduction. Gibier,
Faune Sauvage, 3: 317-342.
BIRDLIFE INTERNATIONAL (2004). Birds in Europe. Population
estimates, trends and conservation status. Cambridg, UK,
BirdLife International (BirdLife Conservation Series No.
12).
CABALLERO, O. (1956). Codornices invernantes en Galicia. Ardeola,
3: 303.
DEL HOyO, J., ELLIOT, A. & SARGATAL, J. (1994). Handbook of the
birds of the world. Vol. 2, New World Vultures to Guineafowl.
Lynx Edicions, Barcelona.
DERÉGNAUCOURT, S., GUyOMARC’H, J.C. & BELHAMRA, M.
(2005). Comparison of migratory tendency in European
48 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
Quail Coturnix c. coturnix, domestic Japanese Quail Coturnix
c. japonica an their hybrids. Ibis, 147: 25-36.
FONTOURA, A.P.& GONçALVES, D., (1995). Sedentariness of
European Quail (Coturnix c. coturnix) in Portugal. Proceedings
of the XXII IUGB Congress, Sofia :7-12.
FONTOURA, A.P. & GONçALVES, D. (1996). Contribuição para o
conhecimento do estatuto da codorniz Coturnix c. coturnix
L. 1758 em Portugal. Ciência e Natureza 2: 79-87.
GALLEGO, S., PUIGCERVER, M. & RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D.
(1997). Quail Coturnix coturnix. En Hagemeijer, E.J.M. &
Blair, M.J. (Eds.): The EBCC Atlas of European Breeding Birds:
Their Distribution and Abundance. T & A D Poyser. London.
GILBERT, G., GIBBONS, D. & EVANS, J. (1998). Bird Monithoring
Methods. RSPB, Sandy.
GUyOMARC’H, J.C. (2003). Elements for a Common Quail
(Coturnix c. coturnix) management plan. Game and Wildlife
Science, Vol 20 (1-2), p. 1-92.
GUyOMARC’H, J.C. , COMBREAU, O. , PUIGCERVER, M. ,
FONTOURA, A.P. , AEBISCHER, N. & WALLACE, D.I.M.
(1998a). Quail Coturnix coturnix. BWP UPDATE. The Journal
of Birds of the Western Paleartic 2, 27-46.
GUyOMARC’H, J.C., MUR, P. & BOUTIN, J.M. (1998b). La Méthode
de recensement des cailles des blés au chant. Bulletin
Mensuel de l’Office National de la Chasse 231: 4-11.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 49
MARTí, R & J.C. DEL MORAL (Eds.) (2003). Atlas de las Aves
Reproductoras de España. Dirección General de Conservación
de la Naturaleza-Sociedad Española de Ornitología.
Madrid.
MARTíNEZ CARNEIRO, X.L. (1997). Antela. A memoria asolada. Ed.
Xerais Vigo.
MUR, P. (1994). Contribution à la gestion des populations paléarctiques
de cailles des blés (Coturnix c. coturnix) dans la phase
européene de son cycle annuel. D.D.R. en Sciences ; Univ. Fr
Rennes, Nº973 ; 186 pp.
PUIGCERVER, M., RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D. & GALLEGO, S.
(1989). ¿Migración y/o nomadismo en la codorniz (Coturnix
c. coturnix)?. Etología, 1: 39-45.
PUIGCERVER, M., GALLEGO, S. & RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D. (1997).
Avances en el conocimiento de la codorniz (Coturnix
coturnix) en España. Jornadas Técnicas sobre la codorniz en
Castilla y León. Burgos, maio 1997. Junta de Castilla y León.
PUIGCERVER, M., RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D. & GALLEGO, S. (1999).
The effects of rainfall on wild populations of Common
Quail (Coturnix cotutnix). J. Onithol. 140, 335-340.
PUIGCERVER, M., RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D. & GALLEGO,
S. (2003). Factores clave en la gestión de la Codorniz
Común (Coturnix coturnix). II Seminario Caza Menor. Real
Federación Española de Caza-Escuela Española de Caza.
Castillejo de Robledo (Soria), 2-4 de maio 2003.
50 O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia
PUIGCERVER, M., RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D. & GALLEGO, S.
(2004). Codorniz Común Coturnix coturnix. En, A. Madroño,
C. González & J.C. Atienza (Eds.): Libro Rojo de las Aves de
España, pp. 189-193. Dirección General de Conservación de
la Naturaleza-Sociedad Española de Ornitología. Madrid.
PUIGCERVER, M., VINyOLES, D. & RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D.
(2007). Does restocking with Japanese quail or hybrids
affect native populations of common quail Coturnix
coturnix?. Biological conservation, 136: 628-635.
RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D., PUIGCERVER, M., RODRIGO-RUEDA
F.J. & GALLEGO, S. (1992). Mating strategy in the European
Quail (Coturnix c. coturnix) revealed by male population
density and sex ratio in Catalonia (Spain). Gibier Faune
Sauvage, 9: 377-386.
RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D., PUIGCERVER, M., GALLEGO, S.,
CORDERO, P.J. & PARKIN, D.T. (2003). Pair bonding and
multiple paternity in the Polygamous Common Quail
(Coturnix coturnix). Ethology, 109: 291- 302.
RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D., GORDO, O., PUIGCERVER, M.,
GALLEGO, S., VINyOLES, D. & FERRER, X. (2005). African
climate warming advances spring arrival of the Common
Quail. Ardeola, 52 (1): 159-162.
RIVAS-MARTíNEZ, S., DíAZ, T.E., FERNÁNDEZ-GONZÁLEZ, F., IZCO,
J., LOIDI, J., LOUSÁ, M. & PENAS, A. (2002). Vascular plant
communities of Spain and Portugal. Itinera Geobotánica 15
(1): 5-432.
O seguimento de efectivos de paspallás na comarca da Limia 51
SARDà-PALOMERA, F.; RODRíGUEZ-TEIJEIRO, J.D.; PUIGCERVER,
M.; PONZ, C. & VINyOLES, D. (2006). Common Quail
autumn pre-migration movements in Spain. J. Ornithol. 147
suppl.:243-244.
SEO/BIRDLIFE (2007). Tendencias de las poblaciones de aves
obtenidas con el programa SACRE, Codorniz común
(Coturnix coturnix). URL: http://www.seo.org / programa_
seccion_ficha.cfm?id Programa=3&idArticulo=1446
(consulta 24/10/07).
S.G.H.N. (1995). Atlas de Vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves.
Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
Top Related