xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf ·...

12
xenia inxenia as mulleres na ciencia p.2 telexenia Investigadoras no estranxeiro p.10 conxenia carreiras máis aló do xénero p.6 xenialidades vidas de ciencia p.4 MULLERES E CIENCIA MAIO 2008

Transcript of xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf ·...

Page 1: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

xeniainxenia

as mulleresna ciencia

p.2

telexeniaInvestigadoras

no estranxeiro

p.10

conxeniacarreiras máis aló

do xénerop.6

xenialidadesvidas de ciencia

p.4

MULLERES E CIENCIA

MAIO 2008

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

Page 2: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

Tras rematar obacharelato, os mozose mozas atópanse cunnovo reto académico,quizais un dos máisimportantes das súas vidas, xa que ao escoller os seusestudos universitariosestán a determinarunha gran parte do seu futuro.

P or razóns moi diversas e a pesardos aparentes avances que seproduciron en relación coa

igualdade entre homes e mulleres, nanosa sociedade séguense a reprodu-cir os estereotipos de xénero e a elec-ción da carreira por parte das rapazase dos rapaces non é unha excepción:as mulleres son hoxe maioría en casetodas as áreas universitarias, pero se-guen sen escoller ramas técnicas quederivan en profesións mellor conside-radas e remuneradas, concentrándo-se en opcións relacionadas co ámbitodo benestar e da educación.

Este afastamento das mulleres dosestudos técnicos pouco ten que vercunha libre escolla (aínda que esta interpretación é quizais a máis estendi-da), na medida en que dende a fami-lia, a escola, os medios de comunicación,e t c .

se lles vai ensinando sutilmente ás ne-nas que a tecnoloxía non é “cousa demulleres”: transmítese un currículo quefacilita o acceso dos homes ás destre-zas e habilidades técnicas e que entor-pece e dificulta o acceso das mulleres.Esta separación de roles, que se pro-duce dun xeito inconsciente, ten unsefectos poderosísimos, tal e como expli-ca Carme Adán Villamarín, secretariaxeral da Igualdade e presidenta da Uni-dade de Muller e Ciencia de Galicia:“Moi poucas veces potenciamos asdestrezas científicas e tecnolóxicas dasnenas. Os modelos que perciben sonfundamentalmente masculinos, homesen bata branca traballando en labora-torios ou recibindo o Premio Nobel. Noné só un currículo oculto e sutil, senónabsolutamente explícito, o que se vive

todos os días.A tecno-

loxía

Coas mans nas probetas

inxeniamulleres na ciencia

O 70 % dos grupos deinvestigación están

dirixidos por homes.

2

Page 3: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

é propia dos mozos e cando as rapa-zas acceden a ela, por exemplo a tra-vés dos xogos que lles ensinan a sernai ou veterinaria, seguen a reproducir oestereotipado rol de coidadora”.

No sistema universitario galego ven-se claramente estas separacións de xé-nero á hora de optar por unha ou outracarreira: así, na área de humanidades apresenza feminina correspóndese, se-gundo as estatísticas, co 70 por centodo alumnado; nas ciencias xurídicas esociais representan arredor do 65 porcento; na área de ciencias da saúde, aporcentaxe elévase ata o 75 por cento;mentres que nas ensinanzas técnicasas mulleres só representan o 33 porcento do total de estudantes. As desi-gualdades non se ven só reflectidas nasdistintas áreas de formación. Mentresque as rapazas son maioría como es-tudantes nas aulas universitarias, haimáis profesores ca profesoras, máis ca-tedráticos (máis do 86 por cento) ca ca-tedráticas, así como moitos máis direc-tores de grupos de investigación (70 porcento, aproximadamente) ca directoras.Porén, esta tendencia está a cambiar,xa que cada día son máis as mozas queson conscientes das súas capacidadese que non dubidan en decan-tarse polas carreiras quemáis lles atraen.

Na actualidade, a investigación, xun-to co desenvolvemento tecnolóxico e ainnovación, constitúe un dos principaismotores de desenvolvemento social eeconómico dun país, polo que non sepode desaproveitar a capacidade dametade da poboación. Esta idea reflíc-tese nas verbas de Elena Vázquez Cen-dón, profesora de Matemática Aplica-da na USC e vogal da Unidade de Mu-ller e Ciencia de Galicia, quen aseguraque “a oportunidade que hoxe temos,e que debemos compartir coas mozasque están a decidir o seu futuro, resideen que a ciencia e a tecnoloxía é e seráun ámbito estratéxico tanto na xera-ción de emprego como para o avanceda sociedade”.

Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ªJosefa Wonenburger, entre outras, fo-ron pioneiras no noso país, nun tempono que a ciencia estaba destinada aoshomes. Mais aínda queda camiño porpercorrer. As mozas galegas teñen queconfiar nas súas posibilidades e, lonxede seguir mantendo os estereotipos dexénero, apostar polas carreiras que máislles gusten. Deste xeito, deixará de ha-

ber carreiras para homes e paramulleres.

Nas ensinanzastécnicas en Galiciaas mulleres son o 33 %.

“...Moi poucas veces potenciamosas destrezas científicas

e tecnolóxicas das nenas...”Carme Adán Villamarín. Secretaria xeral da Igualdade

3

Edita Unidade de Muller e Ciencia de GaliciaCoordinación Secretaría Xeral da IgualdadeSupervisión Belén Puñal Redacción Mª José FernándezFotografía Eva DomínguezDeseño gráfico Lía Santana(Grupo Revisión Deseño)Depósito legal:C 1259-2008

AgradecementosA todas as mulleres e homes que nospermitiron participar da súa experienciaprofesional. Ás universidades da Coruña, Santiago de Compostelae Vigo e a todas as persoas que nosaxudaron a poñernos en contacto cos e coas protagonistas da nosa publicación.

Page 4: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

xenialidades

4

En que consiste o traballo que estása realizar na actualidade? Imparto clases de Física da At-mosfera na universidade e, aomesmo tempo, fago investiga-ción científica sobre climatoloxíae variabilidade climática. O gru-po de investigación de Física daAtmosfera e o Océano da Uni-versidade de Vigo, ao que per-tenzo, conseguiu unha das pou-cas prazas do Programa de Con-solidación e Estruturación deUnidades Competitivas da Xun-ta de Galicia, dadas só a gruposde gran calidade investigadora.Atopaches algunha dificultade en-gadida polo feito de seres muller? A dicir verdade, a min non mesupuxo ningún problema o feitode ser muller. Que che achegou traballar no ámbi-to científico, tanto a nivel persoalcoma profesional?En primeiro lugar, moitas satis-faccións, xa que estou a realizarun traballo que me gusta. Poroutra banda, dáme a oportuni-dade de viaxar a moitos lugaresgrazas ás bolsas e aos proxectose, deste xeito, de coñecer outraxente de todo o mundo cosmesmos intereses.Con que argumentos animarías asrapazas que agora están a piques deescoller carreira a embarcarse nun-ha carreira científica?As carreiras científicas non sontan difíciles como a xente di.Pode que ao principio pareza unpouco complicada, pero real-mente non é así. E para animalasa introducirse na traxectoria in-vestigadora, diríalles que non sóé necesario un expediente aca-démico moi bo, senón ilusión,curiosidade e paciencia. Se vosgusta, adiante.

oavidas de ciencia

Laura de la Torre

Doutora en Físicas

É unha moza cunha longa e exitosa traxectoria por diante. Acabou a súalicenciatura en Física no2000. Ao seguinte ano,comezou a impartir clasesna área de Física daAtmosfera na Universidadede Vigo e, en 2003, recibiu o premio extraordinario dedoutoramento desa mesmauniversidade. Recentemente,foi contratada como doutora.A pesar da súa xuventude,ten 21 artigos publicados en revistas incluídas no“Science Citation Index”,máis de 50 contribuciónspresentadas a conferenciascientíficas internacionais e participou en 16 proxectose oito accións decooperación internacional.

Premio extraordinario de doutoramento pola súatese en Físicas, incorporouse,en 1991, á Universidade da Coruña, onde coordina o grupo LIDIA (Laboratorio de Investigación eDesenvolvemento enIntelixencia Artificial).Ademais, é directora en funcións do Departamentode Computación da Facultadede Informática da UDC.Publicou numerosos artigos en revistas internacionais e en actas de congresoscientíficos e participou en 39 proxectos de investigación.

Amparo Alonso Betanzos

Doutora en Físicas

En primeira persoa

Page 5: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

Atopou algunha dificultade engadida, ao longoda súa carreira, polo feito de ser muller? No meu caso, os primeiros atrancos apa-receron ao ser nai. Como o tema da con-ciliación non está resolto, veste na nece-sidade de retardar algo a túa carreira, via-xar menos, ir a menos congresos e reu-nións, etc. Como o meu traballo funcionamáis ben por obxectivos, e ademais é untraballo en equipo, esta demora no tra-ballo de investigación soluciónase cun-ha organización bastante estrita do tem-po. Distinto é o tema de cargos acadé-micos, pertenza a comités, tribunais, etc.porque, moitas veces, veste obrigada anon aceptar por falta de tempo. A situación está cambiando?Os indicadores que se manexan na UE een España indican que este cambio seestá a producir moi lentamente. Tanto aEU como os distintos países que formanparte dela están a desenvolver certas me-didas, pero certamente, non está cambian-do a situación de desigualdade tan rápi-do como sería desexable. Penso que esteé tamén un problema de educación. Precí-sase un tempo para que todas e todosaprendamos e interioricemos a necesida-de de igualdade de oportunidades entreambos os sexos, e a necesidade de queos homes asuman máis responsabilida-des reais dentro do coidado da casa e dafamilia. Ademais, deben darse tamén cam-bios sociais que lles permitan ás mullerescompatibilizar con máis facilidade o exer-cicio da súa profesión e a maternidade.Con que argumentos animaría as rapazas aescoller carreiras do ámbito científico?Penso que o primeiro é asumir que os ar-gumentos deben ser os mesmos para asmulleres e para os homes. Quizais a divul-gación da ciencia é pouco atractiva parao alumnado, incídese moi pouco na re-percusión que algunhas das teorías quese explican teñen na nosa vida diaria. Poroutra banda, as opcións científicas paraas e os estudantes de letras son case ine-xistentes, mentres que ao estudantadode ciencias se lle dá unha formación máiscompleta (no sentido ciencias-letras) e,polo tanto, pode que o alumnado a perci-ba como máis difícil. Finalmente, no temaespecífico das mulleres, ademais da ne-cesidade do cambio de mentalidade nasociedade, como mencionei anteriormen-te, tamén pode influír na falta de voca-ción a ausencia de modelos mediante oscales as rapazas poidan verse reflectidasno mundo científico.

Con que dificultades se atopou ao longo dasúa traxectoria profesional?Conciliar a vida profesional e familiar éimposible mentres non existan outras po-líticas sobre o tempo e o espazo, e ta-mén novas políticas económicas que evi-ten a discriminación por xénero, idade,etnia e renda. As novas políticas sobre acidade deben contemplar: a vida cotiácomo xeradora de formas; a vivenda, édicir, políticas de alugamentos e novasformas de vida; o transporte, que sexaadecuado en tempos e traxectos; a saú-de, en canto a prevención e atención ataa fin e seguridade e prevención da vio-lencia. Precisamos formulacións políti-co-filosóficas onde a vida sexa o valorfundamental en termos de integridade fí-sica, mental e emocional. Compartir otraballo non remunerado da casa e aatención familiar alivia, pero non solucio-na os conflitos que se xeran no ámbitopúblico a través de políticas absoluta-mente inadecuadas para a construciónda vida familiar e da cohesión social. Asdiscriminacións sempre teñen un custopersoal. Superalas sempre é grazas aoutras persoas que tamén queren outromundo mellor.Dende o punto de vista dunha muller cun-ha carreira tan destacada como é a súa,como animaría as mulleres a interesarsepolo eido científico?Cada muller, cada persoa, debe ir a ondea leve a paixón de facer e de ser. Recibi-mos un legado e transmitimos outro mo-dificado, na medida en que somos ca-paces de inserir nel vivencias e desexos.A identidade é un proceso en constru-ción ao longo do tempo. Ser unha mes-ma é ser en cada momento, en cada eta-pa da vida. Cambiamos e o mundo cam-bia con nós, pois somos partícipes docolectivo como vivencia e como feito. Aactividade profesional forma parte davida cotiá. O desexo de cambiar o mun-do tamén forma parte do cotián. Na vidasempre hai que asumir riscos, escollen-do, en ocasións, camiños non revelados.Debemos desarticular discursos autori-tarios, introducir verificacións propias e,no xa establecido, buscar novas mira-das, iniciar aproximacións ao diferentee ao aparentemente contraditorio. Rom-per os mandatos sociais que nos sitúanen espazos e roles non escollidos libre-mente. E, sobre todo, comprender, re-coñecer e deixarse abraiar polo feito devivir. O científico, o filosófico e o poéti-co son partes dunha mesma realidade.Realidade sempre inconclusa, sempreporta doutra realidade.

Unha investigadora de granprestixio e coa súa carreiratotalmente consolidada,licenciouse en arquitecturapola Escola TécnicaSuperior de Arquitecturade Barcelona, en 1966. Ataa actualidade, ten exercidoa súa profesión por libre,actividade que, dende1982, compatibiliza co seu labor como docente na Escola Técnica Superiorde Arquitectura da Coruña.Dende 1996, é catedráticaneste mesmo centro.Ademais, Pascualadedícase ao estudo da relación existenteentre o espazo e o xénero,ao teatro espontáneo e ao psicodrama e,como ela mesma explica,“á vida familiar e amigable”.

PascualaCampos

Catedrática de Arquitectura

Page 6: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

conxenia

6

carreiras máis aló do xénero

ilar González Casado, estudante deEnxeñería Industrial na

Universidade de Vigo,pensa que as carreiras nonestán estereotipadas e que“agora a xente escolle acarreira que máis lle gustaou que ten máis saídas”.

Como moitas outrasrapazas galegas destestempos, Pilar non tivo en conta osroles de xénero á hora de escoller carreira:“Cando tiven que elixir estudos universitarios,optei polo que máis me gustou. Estudar unhacarreira non é cuestión de ser rapaza ou

rapaz, simplemente de escoller o que che guste. E se é o que queres

facer, pois adiante”, explica. A desaparición das diferenzas de

xénero na carreira de Industriais vénseproducindo dunha maneira paulatinaao longo do tempo, tal e comorecoñece esta estudante: “Temos

moitos máis profesores que profesoras,porque seguramente cando estudaron si

que había unha maior diferenza entrecarreiras de homes e de mulleres. Porén,agora, en primeiro de carreira hai moitas máismulleres que cando eu empecei e imaxinoque a tendencia se vai seguir mantendo”.

PPilar

González CasadoEstudante de

Enxeñería Industrial

eregrina Quintela Estévez é catedrática de Matemática Aplicada na Universidade deSantiago de Compostela, onde se incorporou

como mestra no ano 1986. A súa investigación oriéntaseás aplicacións industriais da análise numérica. Ao longo da súa traxectoria profesional, atopouse conalgún que outro impedimento por cuestión de xénero. “O feito de ser muller dificulta o acceso aos postos deresponsabilidade. Na miña experiencia, esta dificultadedebeuse ás decisións propias de limitar a presenza no traballo fóra de horario para garantir un tempo para a educación e crianza persoal dos meus fillos. Isto levoume a etapas de traballo moi complicadas nas

que a xornada como investigadora-profesora continuabaen calquera tempo libre que tiña na casa, mesmo fins de semana ou noites. Porén, Peregrina pensa que no eido no que traballa se está a experimentar un grande avance: “A ninguén se lle oculta que naactualidade aínda son máis os varóns os que ocupan

os postos de nivel máis alto, pero estase a conseguir un incremento notable

da presenza de mulleres, sobre todo naquelas áreas de investigación nas que foiposible a incorporación de novosinvestigadores e investigadoras”.

PeregrinaQuintela Estévez

Catedrática de

Matemática Aplicada

As carreiras técnicasseguen, na actualidade,a contar cun maiornúmero de homes que de mulleres,cunhas porcentaxes que acadan case o 70% para os rapaces etan só arredor dun 30%para as rapazas, aínda que as diferenzas vandesaparecendo a medidaque pasa o tempo.

P

Page 7: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

olanda Dubra Bello, licenciada da Mariña Civil(Sección Náutica), nunca dubidou na súa escolla,

a pesar de que é unha carreira que inicialmente e de forma inconsciente se asocia aos homes:“Pareceume atractiva dende o primeiro momento.Ningunha carreira, nin as súas perspectivas laboraisposteriores, me parecían interesantes. Porén,atraíanme moito varias materias de Mariña Civil”.

Durante a etapa de formación, o feito de ser mullernon lle supuxo a esta moza ningún problema, xa que“non se facía diferenciación entre homes e mulleres,recibiamos o mesmo trato por parte do profesorado, e taméncos compañeiros o trato era de igual a igual”. Esta situaciónde igualdade vese un pouco alterada á hora de atopar untraballo ou facer as prácticas, xa que “existe o problema de

que algunhas compañías, afortunadamente unha minoría, non embarcan a mulleres”. Non obstante, á hora de

embarcar de oficial non tivo ningún problema.As rapazas que están a piques de

escoller os seus estudos universitarios, que tomen boa nota dos requisitos que hai que cumprir para cursar a Licenciaturaen Náutica: “O máis importante é que

che guste e esteas interesada no ámbitomarítimo, xa que o fundamental para

estudar esta carreira é ter vocación, tanto se es home, coma se es muller”.

Segundo Yolanda, “quen se decante por estes estudos non se atopará con ningunha dificultade engadida polo feito de ser muller”.

Enxeñería Informática é outra das carreiras nas que a presenza masculina é bastante superior á feminina. Julia González Dopazo está a realizar

un programa de doutoramento chamado “Tecnoloxíasavanzadas para o desenvolvemento de software intelixente”.A media de alumnado na clase é de seis ou sete, dos calessó unha ou dúas son mulleres. Esta mesma diferenza dáse entre o profesorado, xa que está formado por once mestres e cinco mestras. No momento de escoller carreira, Julia tiña claro que íaestudar o que lle gustaba a pesar de que,como ela mesma di, “algúns dos meuscoñecidos desaconsellábanme escollerunha carreira para homes”. Tras a súa elección, a estudante, durante

os cinco anos de carreira, non se atopou con ningunhadificultade polo feito de ser muller e o trato con compañeirose profesorado sempre foi cordial. Na súa experiencia,comenta Julia, o único que pode resultar un pouco curioso é que moitas veces non sei se dicir que son enxeñeirainformática ou enxeñeiro informático, porque parece que a primeira non soa ben, e iso debe ser porque se oe pouco”.Como a maioría das rapazas que se decidiron por estudarunha carreira “para homes”, Julia recoméndalles a todas

a mozas “que non nos asuste o que vaia pensar unfuturo xefe á hora de contratarnos. Non teñamos a sensación de que o feito de ser muller vai influír, xa que deste xeito, nós mesmas estaremosfavorecendo que isto ocorra. Se facemos

o que realmente nos gusta, farémolo ben”.

7

Yolanda Dubra BelloLicenciada

da Mariña Civil

Julia González Dopazo

Estudante

de Informática

Saber sen etiquetas

Y

A

Page 8: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

ando Iago Estévez Couceiro rematou o bacharelato,o que máis valorou á hora de decidir estudarenfermería foi, por unha banda, as saídas

profesionais da carreira e, pola outra, os consellos de súa nai, enfermeira de profesión, sen ter en contase se trataba ou non dunha carreira feminizada. O feito de ser só 10 homes, fronte ás 40 mulleresque hai na súa clase, non supuxo, nin supón a díade hoxe, ningún problema para Iago, quen aseguraque “a relación co profesorado é boa, agáscontadas excepcións, e entre o alumnado, poderíadicir que o cento por cento nos levamos máis ou menosben, aínda que con algunha xente tes máis relación,independentemente de se se trata de rapaces ou rapazas”.

Tampouco se lle presentou ningún problema á hora de realizar as prácticas da carreira “que se fan, de forma

obrigatoria, os tres anos que estás estudando, en períodos de catro meses”, explica.

Dende a súa experiencia, da que está moisatisfeito, xa que “a enfermería é unha carreirabonita, que che gusta cada vez máis, e osoldo base das enfermeiras e enfermeiros non está nada mal”, Iago fai unhas pequenas

advertencias a todos os que se inclinen por estaopción académica: “O que está claro é que para

traballar en calquera cousa relacionada coa sanidadenon se lles pode ter medo ás agullas e ao sangue, nin pánicoaos hospitais, como lle pasa a moita xente”.

ván Fontão Bestilheiro é licenciado en Tradución e Interpretación (inglés-galego), pola Universidade de Vigo.

Durante o primeiro curso, entre as catrolicenciaturas que existen nesta área deformación, estudaban 15 mozos e arredor de 100 mulleres e, aínda que o alumnado foidescendendo a medida que pasaban os cursos,esta proporción mantívose durante toda a carreira .

En canto á súa elección, Iván asegura que “non era unhacarreira que quixera estudar dende os sete anos nin entreipor casualidade”. El explica así os motivos principais que o levaron a seguir estes estudos: “Sempre gustei das linguas e esta carreira ofrecíame a oportunidade de estudarcatro diferentes –inglés, alemán español e galego– e era

das carreiras de letras que máis saídas laborais tiña”.A día de hoxe, está totalmente satisfeito coa

súa elección e anima os rapaces a que estudenTradución, insistindo no ambiente agradable da facultade e en que “non hai discriminaciónpor razóns de sexo, nin na universidade nin

no ámbito laboral ou, polo menos, eu non o apreciei”. A este respecto só apunta unha

curiosidade: “Tiñamos un profesor que se dirixía sempre a nós en feminino”.

A única condición para que os rapaces poidan estudaresta carreira é, segundo as súas propias verbas, “que nonlles teñan medo ás mulleres e que poidan manter con elasunha relación normal, así como ser bos en linguas e termoito interese e vontade de aprender”.

C

I

8

Iago Estévez Couceiro

Estudante de

Enfermería

Iván Fontão Bestiheiro

Licenciado

en Tradución e

Interpretación

conxeniacarreiras máis aló do xénero

Page 9: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

osé Manuel Rego García diplomouse en EducaciónPrimaria e Educación Infantil e, naactualidade, é mestre de nenos

e nenas con idades comprendidasentre os tres e os cinco anos. Dendeque iniciou a súa carreira, tiña claroque o seu era a docencia, polo que o feito de que na súa aula, candocomezou na escola de Maxisterio,houbese 15 homes e 85 mulleres, non o fixodubidar da súa vocación. Formar parte dunha minoría nonsupuxo para José Manuel ningún problema xa que, como el mesmo explica, “o trato entre compañeiros e compañeirassempre foi cordial, respectuoso cara á miña persoa e o desempeño da miña función docente”.

En canto á existencia de estereotipos e roles de xénero na súa profesión, asegura que “os segue habendo, aínda que cada día son menores e vanse reducindo pouco a pouco”.Asume que os mestres e mestras teñen a súa parte de responsabilidade en que as diferenzas desaparezan. As anécdotas que viviu por pertencer a unha minoría sonmoitas, pero entre todas José Manuel destaca a seguinte:

“Un día pola mañá chaman á porta dous homes quetraballaban para o concello, encargados do mantemento das escolas unitarias. Ao saír a abrir a porta, vinos con cara desorpresa e preguntáronme: —Vostede é...? Despois dun brevesilencio e, ao ver que non dicían nada máis, respondinlles:

—– Si, son un home! Os dous puxéronse a rir”. Explicáronlle que era a primeira vez que no concello había un home titor dunha aula de infantil.

osé Ramón Garrido Cousillas non decidiu estudar a carreira de Turismo por casualidade.Anteriormente, fixera servizos de restauración

nunha escola de hostalería e considerou axeitadocontinuar coa súa formación no eido vinculado a esesector. O feito de pertencer a unha minoría non supuxoningún inconveniente para este mozo, máis ben todo ocontrario: “O trato coas miñas compañeiras e cos meuscompañeiros foi sempre moi bo, e incluso podería dicir que serminoría me beneficiou, xa que elas axudábanme en materiasque eu levaba peor, e viceversa”.

Cando José Manuel se incorporou ao mundo laboral, a situación tampouco se lle complicou, a pesar de seguirsendo menos homes: “Ao rematar de estudar, non tardeimáis cás miñas compañeiras. É máis, penso que aínda tivenmáis sorte que algunha e atopei traballo antes e, aínda que

seguía rodeado de mulleres, sempre me trataron estupendamente”.

Dada a súa boa experiencia, José Ramón recoméndalle a calquerarapaz que estea interesado nesta carreiraque non dubide na súa escolla. Facendo

fincapé nos bos recordos que garda detodos os seus compañeiros e compañeiras

e na necesidade de ver a todo o mundo por igual, mira para a súa etapa universitaria e séntese moi feliz: “Para min o máis importante nesta vida é chegar a esegrado de relación no que ves a todos e a todas comopersoas, indiferentemente da identidade sexual que teña cada un, gozando das distintas épocas que se chepresentan na vida. Teño moi bo recordo daquel períodograzas ás persoas que coñecín, maioritariamente mulleres”.

J

J

José Manuel Rego GarcíaDiplomado en

Educación Infantil

José RamónGarrido Cousillas

Diplomado en

Turismo

9

Saber sen etiquetas

Page 10: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

Deixando a un lado os estereotipos e os roles sociais, as investigadoras galegas atópanse por todo o mundo. Ademais de realizar un traballo que as enche, gozan da posibilidade

de coñecer diferentes culturas que as enriquecen persoalmente.

telexenia

A s investigadoras galegas ató-panse por todo o mundo, alíonde están a desenvolver o seu

traballo. A súa capacidade e prepara-ción sitúaas, nas máis variadas discipli-nas, en diversos proxectos con granprestixio e recoñecemento.

As súas traxectorias profesionais co-mezaron no momento no que, lonxe depensar en estereotipos e roles sociais,decidiron estudar a carreira que máis llesgustaba e, a día de hoxe, ven totalmen-te recompensados os seus esforzos.Non só gozan dun traballo que as en-che, senón que teñen a posibilidade depoder coñecer de cerca diferentes cultu-ras que as enriquecen persoalmente.

Beatriz Mouriño é licenciada e dou-tora en Ciencias do Mar pola Univer-sidade de Vigo, onde traballa na ac-tualidade. Participou en dezaseis pro-xectos nacionais e internacionais, es-cribiu numerosas publicacións e tomouparte en doce campañas oceanográ-ficas. Dende o primeiro ano de carrei-ra, interesouse pola investigación e co-

mezou a colaborar en diferentes estudos. A súa ocupación actual

chegaría anos máistarde, cando re-

matou o ter-ceiro curso,como pre-mio á súainquedan-za por sa-

ber e a súapaixón polo

mar: “A miña pri-meira misión oceano-

gráfica foi dende Inglaterraata as Malvinas e, dende en-

tón, pouco a pouco, funme me-tendo en temas de investigación vin-

culados co papel do fitoplancton nosciclos bioxeoquímicos”.

Na súa traxectoria, rodeada maio-ritariamente por compañeiros va-róns, Beatriz non atopou nin-gunha dificultade derivadados roles de xénero aíndaque, tal e como ela ex-plica, “en moitos ca-sos percíbese unhafalta de naturalida-de por parte datripulación e doresto do equipo,xa que, polo fei-to de ser muller,trátante mellorque os outroscompañeiros”.

No que se re-fire á súa expe-riencia, a oceanó-grafa destaca, a ni-vel profesional, o fei-to de ter traballadocon moita xente distin-ta, “da que puiden apren-der moito, así como pórlles

cara a científicos que coñecía a travésde publicacións”. A nivel persoal, aín-da que recoñece que “viaxar tanto faique leves unha vida un pouco desorde-nada”, asegura que “vivir fóra, con cul-turas diferentes, ábreche moito a men-te e, o mellor de todo, ofréceche a po-sibilidade de facer moitos amigos eamigas dos lugares aos que vas”.

Esta idea é compartida por Ana BelénFernández, licenciada e doutora en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, que traballoucomo docente en lugares tan diversoscomo Uruguai, Brasil, México, Chile eCosta Rica. Pensa que “o feito de viaxaré moi enriquecedor

Un mundo de cienciaOlaia

NaveirasLicenciada

en Medicina

BeatrizMouriño

Doutora en Ciencias do Mar

10

investigadoras no extranxeiro

... o máis importante

é ter inquietude por comprender

o mundo que nos rodea

...

Page 11: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

e debería ser obrigatorio, xa que abrir-se ao mundo é fundamental para co-ñecer diferentes culturas e saber valo-rar a nosa vida e o noso contorno, tan-to para ben como para mal”.

Na actualidade, esta investigadora,directora da Área de Extensión Cultu-ral e Estudantes do Vicerreitorado dePontevedra, está a realizar un estudoacerca do coñecemento que os uni-versitarios e universitarias das dúasbeiras do Miño teñen sobre a Eurorre-xión Galicia-Norte de Portugal. Parapoder desenvolver mellor o seu traba-llo e influída polo feito de atopar aoprofesor Fernando Pessoa, especialis-ta en estudos de marca nos mozos emozas, non dubidou en trasladarse a

vivir ao país luso.Ana Belén gozaco seu traba-

llo, polo quedefende queo máis im-portante é fa-

cer o que chegusta. Asegura

que a investiga-ción pode serunha boa al-ternativa “pa-ra a xente coni n i c i a t i v a , paciencia,moita moti-vación e in-quietude porcomprobarcomo funcio-

nan as cousas,actitudes, pen-

samento e co-rrentes, xa que é

innovadora e permí-teche afrontar un novo

reto, cada día”.

A seguintecientífica lé-vanos ata Esta-dos Unidos. Na Univer-sidade de Harvard atópase Olaia Na-veiras, que estudou Medicina na Uni-versidade Autónoma de Madrid. A súainquietude pola investigación biomé-dica xurdiu cando tan só tiña quinceanos, nunha conferencia do doutor Ma-nuel Elkin Patarroyo, onde segundo assúas verbas “quedou tremendamenteimpresionada”. O seu traballo levounaa recibir o premio Hauser 2007, polosseus estudos sobre as células nai san-guíneas a partir de células nai embrio-narias. Este recoñecemento supuxopara ela “unha gran sorpresa, unhagran honra, e o mellor regalo que llepodía dar ao meu pai e á miña nai poloseu apoio incondicional”.

A pesar de que Olaia non atopou nasúa traxectoria profesional ningún atran-co polo feito de ser muller, pensa que“desgraciadamente si que existen es-tereotipos, pero as mulleres non nos da-mos conta ata que chega o momentode chamar á porta dos círculos de maiorresponsabilidade, tendo en conta que,aínda que hai tantas mulleres coma ho-mes nas carreiras de ciencias e nos pro-gramas de doutoramento e incluso a ni-vel de investigación posdoutoral, amaioría de xefaturas de laboratorio e depostos directivos nas institucións cien-tíficas danse a homes”.

O problema principalpara que isto ocorra, segundo Olaia,non se debe á falta de capacidade doxénero feminino, senón a que “nomundo científico, os 30 e os 40 anoscoinciden coa etapa determinantepara gañar un posto de responsabili-dade e, ao mesmo tempo, co momen-to no que as mulleres son nais e to-man a decisión de quedarse atrás porser incapaces de lles facer fronte aosseus competidores sen cargas fami-liares”. Para que esta situación cam-bie, “as rapazas deberían estudar ca-rreiras de ciencias sen deixarse con-vencer polos estereotipos e ser sim-plemente pragmáticas, xa que non setrata dun problema de xénero, senóndun problema de comprensión e tole-rancia no lugar de traballo e de repar-timento de responsabilidades familia-res na parella”, explica.

A pesar dos inconvenientes que sepoidan atopar no camiño escollido po-las investigadoras, Olaia ten claro queo máis importante é “ter inquietude porcomprender o mundo que nos rodea,ilusión e ganas de traballar”.

Son só tres exemplos de investiga-doras galegas que traballan e que triun-fan no estranxeiro, pero hai moitasmáis. E de seguro que, en pouco tem-po, o número será moito maior.

... vivir fóra,

con culturasdiferentes,

ábreche moito a mente.

...

Ana BelénFernández Doutora en

Publicidade e Relacións

Públicas

11

... a investigación pode ser unha boa alternativa

para a xente coniniciativa...

Page 12: xenia - S.X. da Igualdadeigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/XENIA1.pdf · Científicas da valía de Tarsy Carba-llas, Inmaculada Paz Andrade ou M.ª Josefa Wonenburger,

Como se denomina o premio co que cada ano a Unidade de Muller e Ciencia de Galiciarecoñece a traxectoriadunha científica galega?

Participa e gaña un MP4 enviando a túa resposta a [email protected] Premiaranse as 10 primeirasrespostas correctas recibidas.http:www.mullereciencia.org

Vivimos nun mundo onde a ciencia e atecnoloxía desempeñan un papel fundamental.

Se efectivamente apostamos pola innovación e odesenvolvemento, debemos garantir o acceso igualitario ásoportunidades que a sociedade do coñecemento representa.

O principio de igualdade entre homes e mulleres debe ser un dos obxectivos da investigación

en ciencia e tecnoloxía.A publicación Xenia, elaborada dende a Secretaría Xeral da Igualdade no seo

da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia,quere contribuír ao dito fin achegando o mundo

da ciencia ás rapazas e rapaces que teñen por diante o reto de construír un futuro en igualdade.

Carme AdánPresidenta da Unidade de Muller e Ciencia

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓNE INDUSTRIADirección Xeral de Investigación,Desenvolvemento e Innovación

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓNE INDUSTRIADirección Xeral de Investigación,Desenvolvemento e Innovación

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓNE INDUSTRIADirección Xeral de Investigación,Desenvolvemento e Innovación