María Wonenburger

1
N ace en Montrove-Oleiros (A Coruña) o 19 de xullo de 1927. Aos catro anos empeza os seus estudos no Colexio Francés da Coruña, e desde pequena sinte inclinación polas Matemáticas. Logo estuda no Colexio do Anxo e no insti- tuto coruñés Eusebio da Garda, onde termina os seus es- tudos de bacharelato en 1944. Trasládase a Madrid para cursar estudos universi- tarios na Universidade Central (hoxe, Complutense). Pertence á primeira promoción de Licenciados en Ma- temáticas cunha carreira de cinco anos, pois ata ese momento a denominación era Ciencias Exactas e a du- ración da carreira era de catro anos. Terminou os seus estudos en 1950. DOUTOURADO María Wonenburger foi a primeira española que recibiu a destacada bolsa Fullbright para realizar o doutoramento en matemáticas, partindo o 15 de Xullo do 53 rumbo a Norteamérica en barco desde Xibraltar. O seu primeiro destino foi a cidade de Nova Ior- que, mais, tras un curso preparatorio, é en- viada a Yale a estudar con Nathan Jacobson. María Wonenburger leu a súa tese de doutoramento en Yale en 1957, dirixida por Jacobson, e titulada "On the group of simili- tudes and its projective group". MARÍA EN TORONTO (CANADÁ) O coñecido matemático Israel Halperin, por mediación de Jacobson in- vita a María a colaborar con el e propónlle solicitar unha bolsa para viaxar á "Queen University" en Ontario (Canadá). Os colegas canadenses propóñenlle as vantaxes de quedar alí como docente e in- vestigadora e ofrécenlle tra- ballo en Toronto, deste xeito María Wonenburger permane- ce en Canadá durante seis anos. Nese momento é a única muller que ocupa un posto de profesora de matemáticas na universidade. VOLVE AOS EE.UU. A profesora Wonenburger decide, posteriormente, trasladarse aos EE.UU, primeiro permanece un ano en Buffalo e, a seguir, establécese na Universidade do Estado de Indiana. Até ese momento pasara por ocupar os postos de Assistant Professor en Toronto, Associate Professor en Buffalo ata lograr a máxima categoría profesional: Full Professor. O SEU TRABALLO DE INVESTIGACIÓN María Wonenburger ten publicado numerosos artigos en destacadas revistas do campo matemático, dirixiu diversas teses de doutoramento. Destaca o elevado número de citas que aluden ao seu traballo investiga- dor, ademais de ser citada en numerosos traballos da súa especialidade, tanto en anos precedentes como na actualidade, tamén é citada en varios libros de matemáticos de prestixio como no de "Fundamentos de Xeome- tría" de Coxeter (onde ademais o autor agradece as correccións e suxe- rencias feitas por ela) e mais no libro "A xeometría dos grupos clásicos" de Jean Dieudonné, un dos membros do famoso grupo Bourbaki; tamén aparece referenciada en libros de autores recentes publicados pola Ame- rican Mathematical Society. Ela foi a creadora e a nai da teoría das "álxebras de Kac-Moody", que se iniciou da man de M. Wonenburger na tese de Robert Moody. Esta teoría xoga un papel fundamental en Física e Ma- temáticas dende os anos se- tenta , e é realmente des- tacable o interese tan am- plo que acada este tema. Este feito é facilmente con- trastable se se observa o ele- vado número de publicacións científicas e os distintos con- gresos relacionados con este campo. Tamén é unha especialista nas Álxebras de Clifford como se pode ver na bibliografía dos seus traballos, estas álxebras non só teñen que ver coa teoría dos grupos clásicos, senón que, ademais, acadan gran interese polas súas aplicacións en Física. En 1983, por razóns familiares, regresa á Coruña. María Wonenburger é “unha muller que rompeu cos costumes e prexuízos da súa época”, como a elección da carreira ou a decisión de saír ó estranxeiro para realizar a súa tese. Para a docente coruñesa, a dedicación á súa carrei- ra científica e as súas decisións persoais sitúana “como un modelo de muller innovadora, adiantada á súa época, unha referencia na investigación en álxe- bra e un exemplo a seguir para os que comezan a súa carreira docente e in- vestigadora”. M M ARÍA ARÍA JOSEFA JOSEFA W W ONENBURGER ONENBURGER P P LANELLS LANELLS PREMIO “MULLER CIENCIA-ARTEDA UNIVERIDADE DA CORUÑA SOCIA DE HONRA DA REAL SOCIEDADE MATEMÁTICA ESPAÑOLA O PREMIO MARÍA WONENBURGER, CREADO POLA XUNTA DE GALICIA, PREMIA ÁS MULLERES GALEGAS QUE DESTACAN NA CIENCIA E NA TECNOLOXÍA Ana Tarrío Tobar FOTO DA ORLA MARÍA WONENBURGER, NA SEGUNDA FILA Á ESQUERDA, NO CONGRESO DE KINGSTON CON ALGÚNS DOS SEUS DISCÍPULOS, EN BANFF (2001). Á DEREITA CON STEPHEN BERMAN COAS PROFESORAS ALICIA PEDREIRA E MERCEDES SAMPAYO NA FEIRA MATEMÁTICA 2007 CON ALUMNOS E PROFESORES DO IES MONELOS NA FEIRA MATEMÁTICA 2007 Fotografía de Enrique Pujales NA RADIO GALEGA DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS DO IES MONELOS (A CORUÑA)

description

Poster sobre a vida de María Wonenburger

Transcript of María Wonenburger

Page 1: María Wonenburger

N ace en Montrove-Oleiros (A Coruña) o 19 de xullo de 1927. Aos catro anos empeza os seus estudos no Colexio Francés da Coruña, e desde pequena sinte inclinación polas Matemáticas. Logo estuda no Colexio do Anxo e no insti-tuto coruñés Eusebio da Garda, onde termina os seus es-tudos de bacharelato en 1944.

Trasládase a Madrid para cursar estudos universi-tarios na Universidade Central (hoxe, Complutense). Pertence á primeira promoción de Licenciados en Ma-temáticas cunha carreira de cinco anos, pois ata ese momento a denominación era Ciencias Exactas e a du-ración da carreira era de catro anos. Terminou os seus estudos en 1950.

DOUTOURADO

María Wonenburger foi a primeira española que recibiu a destacada bolsa Fullbright para realizar o doutoramento en matemáticas, partindo o 15 de Xullo do 53 rumbo a Norteamérica en barco desde Xibraltar. O seu primeiro destino foi a cidade de Nova Ior-que, mais, tras un curso preparatorio, é en-viada a Yale a estudar con Nathan Jacobson.

María Wonenburger leu a súa tese de doutoramento en Yale en 1957, dirixida por Jacobson, e titulada "On the group of simili-tudes and its projective group".

MARÍA EN TORONTO (CANADÁ) O coñecido matemático Israel Halperin, por mediación de Jacobson in-vita a María a colaborar con el e propónlle solicitar unha bolsa para viaxar á "Queen University" en Ontario (Canadá). Os colegas canadenses propóñenlle as vantaxes de quedar alí como docente e in-vestigadora e ofrécenlle tra-ballo en Toronto, deste xeito María Wonenburger permane-ce en Canadá durante seis anos. Nese momento é a única muller que ocupa un posto de profesora de matemáticas na universidade.

VOLVE AOS EE.UU.

A profesora Wonenburger decide, posteriormente, trasladarse aos EE.UU, primeiro permanece un ano en Buffalo e, a seguir, establécese na Universidade do Estado de Indiana. Até ese momento pasara por ocupar os postos de Assistant Professor en Toronto, Associate Professor en Buffalo ata lograr a máxima categoría profesional: Full Professor.

O SEU TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

María Wonenburger ten publicado numerosos artigos en destacadas revistas do campo matemático, dirixiu diversas teses de doutoramento. Destaca o elevado número de citas que aluden ao seu traballo investiga-dor, ademais de ser citada en numerosos traballos da súa especialidade, tanto en anos precedentes como na actualidade, tamén é citada en varios libros de matemáticos de prestixio como no de "Fundamentos de Xeome-

tría" de Coxeter (onde ademais o autor agradece as correccións e suxe-rencias feitas por ela) e mais no libro "A xeometría dos grupos clásicos" de Jean Dieudonné, un dos membros do famoso grupo Bourbaki; tamén aparece referenciada en libros de autores recentes publicados pola Ame-rican Mathematical Society.

Ela foi a creadora e a nai da teoría das "álxebras de Kac-Moody", que se iniciou da man de M. Wonenburger na tese de Robert Moody. Esta teoría xoga un papel fundamental en Física e Ma-temáticas dende os anos se-tenta , e é realmente des-tacable o interese tan am-plo que acada este tema.

Este feito é facilmente con-trastable se se observa o ele-vado número de publicacións científicas e os distintos con-gresos relacionados con este campo.

Tamén é unha especialista nas Álxebras de Clifford como se pode ver na bibliografía dos seus traballos, estas álxebras

non só teñen que ver coa teoría dos grupos clásicos, senón que, ademais, acadan gran interese polas súas aplicacións en Física.

En 1983, por razóns familiares, regresa á Coruña.

María Wonenburger é “unha muller que rompeu cos costumes e prexuízos da súa época”, como a elección da carreira ou a decisión de saír ó estranxeiro para realizar a súa tese. Para a docente coruñesa, a dedicación á súa carrei-ra científica e as súas decisións persoais sitúana “como un modelo de muller

innovadora, adiantada á súa época, unha referencia na investigación en álxe-bra e un exemplo a seguir para os que comezan a súa carreira docente e in-vestigadora”.

MMARÍAARÍA JOSEFAJOSEFA WWONENBURGERONENBURGER P PLANELLSLANELLS

PREMIO “MULLER CIENCIA-ARTE” DA UNIVERIDADE DA CORUÑA SOCIA DE HONRA DA REAL SOCIEDADE MATEMÁTICA ESPAÑOLA

O PREMIO MARÍA WONENBURGER, CREADO POLA XUNTA DE GALICIA, PREMIA ÁS MULLERES GALEGAS QUE DESTACAN NA CIENCIA E NA TECNOLOXÍA

Ana Tarrío Tobar

FOTO DA ORLA

MARÍA WONENBURGER, NA SEGUNDA FILA Á ESQUERDA, NO CONGRESO DE KINGSTON

CON ALGÚNS DOS SEUS DISCÍPULOS, EN BANFF (2001). Á DEREITA CON STEPHEN BERMAN

COAS PROFESORAS ALICIA PEDREIRA E MERCEDES SAMPAYO NA FEIRA MATEMÁTICA 2007

CON ALUMNOS E PROFESORES DO IES MONELOS NA FEIRA MATEMÁTICA 2007

Fotografía de Enrique Pujales

NA RADIO GALEGA

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS DO IES MONELOS (A CORUÑA)