21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e...

12
De esquerda a dereita e de arriba cara a abaixo: Olimpia Valencia, Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas as que son, pero aquí hai 21 científicas galegas que marcan o camiño da excelencia investigadora Por Victoria García - 05/03/2020

Transcript of 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e...

Page 1: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

De esquerda a dereita e de arriba cara a abaixo: Olimpia Valencia, Ángeles Alvariño,

Antonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade.

21 científicas galegas que tes que coñecer

Non están todas as que son, pero aquí hai 21 científicas galegas que marcan o

camiño da excelencia investigadora

Por

Victoria García

-

05/03/2020

Page 2: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

Como se adoita dicir, non están todas as que son, pero si son todas as que están.

Para celebrar este 8 de marzo, en GCiencia compilamos 20 nomes de mulleres de

ciencia en Galicia cuxa vida e traxectoria cómpre coñecer. Referentes que

marcaron e aínda marcan o camiño na excelencia investigadora, máis tamén na

reivindicación de dereitos.

Ángeles Alvariño

(Serantes, Ferrol,1916-La Jolla, California, 2005). É unha

mulleres de ciencia máis importantes da historia de Galicia. A súa carreira

investigadora comezou en Vigo, pero a desenvolveu logo nos Estados Unidos, con

estudos de fonda repercusión.

Ao longo da súa carreira, Alvariño descubriu doce novas especies

de quetognatos e nove de sifonóforos. Os uns e os outros, cos seus nomes

raros, son minúsculos depredadores que forman parte do plancton. Tamén

describiu unha nova especie de medusa. En total, Ángeles Alvariño atopou 22

novas especies para a ciencia. Tal foi a súa relevancia que desde 2012 un buque

do Instituto Español de Oceanografía leva o seu nome.

Page 3: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

María José Alonso

A catedrática de Farmacia e

Tecnoloxía Farmacéutica da USC María José Alonso.

(Carrizo de la Ribera,León, 1958). Graduouse en Farmacia pola Universidade de

Santiago de Compostela en 1981 e obtivo o seu doutoramento en 1985. É

catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC e dirixe o MJ Alonso

Lab. En 2014, xunto a Alicia Estévez, foi a primeira muller en ingresar na Real

Academia Galega de Ciencias despois de case 25 anos.

É a científica española máis citada en Ciencias da Saúde, con preto de 15.000

mencións, e recibiu numerosos recoñecementos internacionais, alén de asesorar a

revistas de alto impacto e ao Goberno español.

Manuela Barreiro Pico

(Viveiro, 1877-Madrid, 1953). “Perde o tempo quen ten o mal gusto de enviar á súa

filla ao laboratorio”, dixeron dela nas revistas dela. Mais aproveitou o tempo e foi

pioneira. Foi a primeira muller en Galicia en recibir un título de Bacharelato e a

primeira licenciada en Farmacia. Entre 1903 e 1933 rexentou a súa propia botica

en Ribadeo.

Page 4: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

Mar Capeáns

(Santiago de Compostela, 1967).

Desde 1992, xusto despois de terminar a súa tese de doutoramento en Física na

USC, traballa no CERN, entre Francia e Suíza. Foi a primeira muller española en

formar parte da plantilla do gran experimento, e hoxe dirixe o departamento de

Tecnoloxía de Detectore, sendo unha das científicas con maior responsabilidade

nun equipo de miles de persoas.

Así explicaba o seu traballo nunha entrevista con GCiencia: “Digamos que os

detectores son como as cámaras de fotos que rexistran as colisións das partículas

que inxectamos no LHC. Pois ben, os detectores teñen que ser os mellores, os

máis precisos, para detectar todos eses movementos que se producen a escala

subatómica, e obter así os resultados que nos levaron, por exemplo, a atopar o

Bosón de Higgs”.

Tarsy Carballas

(Taboada, 1934). É unha das científicas que máis coñece o solo de Galicia.

Licenciouse en Farmacia en 1958 na Universidade de Santiago de Compostela, e

pouco despois xa era profesora adxunta interina de Bioquímica e profesora

axudante de Termodinámica e Mecánica Estatística. Tamén estudou Ciencias

Químicas, que rematou, con premio extraordinario de licenciatura, no ano 1963.

Co seu traballo, Carballas converteuse na pioneira dos estudos da xénese,

clasificación e cartografía dos solos da zona húmida e temperada de España e no

aproveitamento de materiais orgánicos residuais como fertilizantes. Pero sobre

todo, a figura de Tarsy está enfocada ao estudo dos efectos da erosión producida

polos incendios forestais, da que ten alertado en moitas ocasións como un dos

graves problemas que afectan aos solos en Galicia.

Page 5: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

Alicia Estévez

(Pontevedra, 1955). Licenciada en Bioloxía e Farmacia e catedrática de

Microbioloxía da USC desde 1991. É unha autoridade internacional nas patoloxías

dos peixes con aproveitamento acuícola.

En 2018 recibiu o premio María Wonenburger en recoñecemento á súa traxectoria.

Alén de moitos outros recoñecementos, tamén é membro da Real Academia

Galega de Ciencias (RAGC), sendo unha das dúas primeiras mulleres, xunto a

María José Alonso, en incorporarse á institución despois de case 20 anos sen

novos ingresos femininos.

Antonia Ferrín

Antonia Ferrín.

(Ourense, 1914-Santiago de Compostela, 2009). Foi a primeira astrónoma

galega. Tamén, a primeira muller que leu unha tese doutoral en España

sobre astronomía. E fixo interesantes achegas ao estudo das estrelas dobres. En

1930, entra na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, onde cursa a

especialidade de Química.

De 1934 a 1936 dá clase na Física e Matemáticas da Facultade de Ciencias,

mentres estudaba Farmacia e realizaba cursos de ciencias exactas. En 1937, foille

aberto un expediente de “depuración” tras recibirse unha denuncia anónima sobre

a súa ideoloxía política. A consecuencia deste proceso, foi sancionada e apartada

da docencia universitaria. Co apoio de Ramón María Aller, segue investigando ata

converterse na primeira doutora en Astronomía de España en 1963.

Page 6: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

Carmen García Mateo

Carmen García Mateo é catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións na

Universidade de Vigo. Licenciouse no ano 1987 na Universidade Politécnica de

Madrid e doutorouse en 1993. Desde os anos 90 é profesora titular na Escola de

Enxeñería de Telecomunicación, na Universidade de Vigo, onde tamén ten

desempeñado o cargo de vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea,

entre os anos 2006 e 2010.

En 2014 recibiu o premio María Wonenburger en recoñecemento ao seu labor,

nunha disciplina, a de Telecomunicacións, na que a fenda de xénero é aínda

notable.

María Teresa Miras Portugal

(O Carballiño, 1948). Estudou a licenciatura de Farmacia, primeiro na USC e logo

na Complutense, onde se doutorou. É catedrática de Bioquímica e Bioloxía

Molecular nas universidades de Oviedo, Murcia e Complutense de Madrid. Foi

presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia, a primeira muller na historia.

Está especializada no estudo dos receptores de nucleótidos e a súa repercusión

en doenzas neurodexenerativas. Foi premio María Wonenburger en 2009

Minia Manteiga

(Negreira, 1963). En 2018, esta profesora da Universidade da Coruña converteuse

na primeira catedrática de Astrofísica de Galicia. Estudou Física na USC e

continuou a súa traxectoria na universidade de La Laguna, ao abeiro do Instituto

de Astrofísica de Canarias.

Actualmente compaxina a docencia na Escola de Náutica na Coruña coa

investigación, e traballa coa Axencia Espacial Europea no proxecto Gaia, na

cartografía máis ampla feita ata agora da Vía Láctea.

Page 7: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

Inmaculada Paz Andrade

Inmaculada Paz Andrade. Imaxe:

culturagalega.org.

(Pontevedra, 1928). É doutora en Física pola USC (1963) e catedrática de Física

Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa longa

traxectoria acabou converténdose nunha referencia mundial en Microcalorimetría,

Termoxénese e Calorimetría Diferencial de Barrido. En 1983 foi a primeira

catedrática de Física Aplicada e preto de tres décadas despois sería tamén a

primeira investigadora recoñecida coa medalla de ouro da Real Sociedad Española

de Física. En 2008 recibiu o primeiro galardón María Wonenburger e en 2018, foi

nomeada doutora honoris causa pola UVigo.

Peregrina Quintela

(Vigo, 1960). É licenciada en Matemáticas pola USC (1982) e doutora en Ciencias

Matemáticas pola Universidad Autónoma de Madrid. É catedrática de Matemática

Aplicada na USC. Presidenta da Rede Española Matemática-Industria (math-in) e

directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). En

2016 recibiu o premio María Wonenburger.

Page 8: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

Ángela Ruiz Robles

Ángela Ruiz Robles, inventora da Enciclopedia

Mecánica.

(Villamanín, León, 1895). Foi mestra e pasou a maior parte da súa vida en Ferrol.

A súa idea máis brillante materializouse en 1949, cando patentou un libro de texto

para os estudantes que funcionaba cun sistema mecánico de aire a presión, ao

que se podían engadir diferentes carretes correspondentes ás distintas materias,

e ao que deu o nome de Enciclopedia Mecánica. Unha especie de predecesor do

libro electrónico que a fixo pasar á historia.

Marisol Soengas

(Agolada, 1968). A científica galega dirixe o grupo de Melanoma no Centro

Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), e é unha autoridade internacional

na investigación do cancro de pel. Licenciouse en Bioloxía na Universidade da

Coruña, aprendeu máis sobre Bioloxía Molecular na Universidad Autónoma de

Madrid e doutorouse ao tempo que tiña a oportunidade de traballar con Margarita

Salas no laboratorio do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa.

Ramona Vaamonde

(Santiago de Compostela, 1907-1997). Foi premio extraordinario da licenciatura de

Farmacia en 1930, con 12 sobresaíntes e matrículas de honra. Durante a Guerra

Civil traballou e obtivo o título de Enfermería no Laboratorio de Farmacia Militar de

Santiago. Exerceu despois de axudante nas clases de Microbioloxía, foi nomeada

profesora adxunta da materia en 1956 e leu a súa tese de doutoramento en 1957,

Page 9: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

despois do cal se dedicou a docencia desta disciplina e de Parasitoloxía. Tivo un

papel clave para detectar o virus do cólera en Santiago en 1975, evitando unha

epidemia.

Olimpia Valencia

Olimpia Valencia.

(Ourense, 1898-Vigo, 1987). Foi unha das primeiras licenciadas en Medicina de

Galicia. Fíxoo cun expediente académico brillante, que inclúe 19 matrículas de

honra e premio extraordinario. A discriminación de xénero obrígaa a optar pola

xinecoloxía fronte a súa primeira opción, a neumoloxía, xa que estaba mal visto

que as mulleres atenderan aos homes.

Na Segunda República apoiou ao Partido Galeguista, o que lle valeu un arresto en

1937 durante a represión franquista. Despois mantivo a súa consulta no centro de

Vigo (onde hoxe ten unha rúa), e foi unha das fundadoras da Alianza

Francesa en Vigo. Desde 2017 tamén leva o seu nome o edificio Centro de

Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo.

Begoña Vila

(Vigo, 1963). Esta astrofísica viguesa traballa no novo gran telescopio que

explorará o espazo, o James Webb da NASA. Vila comezou a estudar Física na

USC e logo especializouse en Astrofísica no Instituto de Astrofísica de Canarias.

Realizou o seu doutoramento no centro Jodrell Bank de Manchester, onde

investigou sobre galaxias espirais, e fixo o posdoutoramento na universidade de

Cardiff.

Page 10: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

Máis tarde mudouse a Canadá, desde onde empezou a traballar coa NASA

no James Webb a través dunha empresa canadiana. Comezou como analista,

ascendeu a enxeñeira de sistemas e, finalmente, foi designada como encargada

técnica do Fine Guidance Sensor, o dispositivo que guiará a viaxe do gran

telescopio, onde lidera a un equipo dun milleiro de persoas. Foi premio María

Wonenburger en 2017.

María Wonenburger

María Wonenburger xunto ó seu

colega Paul Halmos, na Universidade de Indiana en 1967.

(Oleiros, 1927-A Coruña, 2014). Naceu en Montrove no seu dunha familia

propietaria dunha empresa de fundición. Licenciouse en Matemáticas en 1950 na

primeira promoción da Universidade Central de Madrid. Foi a primeira española

en conseguir unha bolsa Fulbright, o que lle permitiu estudar na universidade

de Yale. Alí doutorouse nunha rama das matemáticas da que se converteu en toda

unha experta mundial: a teoría de grupos. Tamén foi coñecida polos seus

desenvolvementos en álxebras de Lie, que se usan en estudos de xeometría en

espazos vectoriais.

Tivo unha vida de recoñecementos en Estados Unidos mentres aquí ficaba no

anonimato. Regresou en 1983 á Coruña pola enfermidade da súa nai, e só nos

seus últimos anos chegaron as homenaxes en Galicia. En 2010 foi a primeira

científica investida doutora honoris causa pola universidade da Coruña. E

a Xunta de Galicia creou en 2007 o premio que leva o seu nome.

Page 11: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

Isabel Zendal

(Ordes, 1773-Puebla, México, n/c). En 1803 partiu da Coruña unha expedición que

sería controvertida o día de hoxe, pero que salvou moitas vidas. Un médico

chamado Francisco Xavier Balmis convenceu ao rei Carlos IV para financiar unha

idea revolucionaria: infectar nenos orfos coa varíola e utilizalos para levar a vacina

a América, onde a enfermidade, levada en 1518 polos primeiros colonos españois,

tiña efectos devastadores. A bordo desta expedición ía a enfermeira Isabel Zendal,

reitora do Hospital da Caridade da Coruña, foi a gran protagonista que coidou

dos cativos na súa viaxe.

Eugenia Pereira

Retrato de

Eugenia Pereira.

Page 12: 21 científicas galegas que tes que coñecerAntonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade. 21 científicas galegas que tes que coñecer Non están todas

Foi unha galega pioneira no eido da farmacia. Porque Eugenia Pereira

Rodríguez (O Carballiño, 1895-Barcelona, 1984) destacou como unha das

primeiras alumnas da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago. Foi a

primeira licenciada galega en obter unha bolsa de estudos no estranxeiro. E

destacou como enóloga e na industria farmacéutica, onde cos seus Laboratorios

Pereira lanzou antibióticos, cosméticos ou o primeiro deterxente líquido que se

comercializou en España.