Vangardas-1

16
Autoría: Lourenço Álvarez Ruiz IES MANUEL GARCIA BARROS (A ESTRADA)

description

caracteristicas xerais das vangardas europeas. escrito en lingua galega. Continúa en AS VANGARDAS GALEGAS

Transcript of Vangardas-1

Page 1: Vangardas-1

Autoría: Lourenço Álvarez RuizIES MANUEL GARCIA BARROS (A ESTRADA)

Page 2: Vangardas-1

AS VANGARDAS

Movemento estético que produce, no inicio do século XX,unha profunda renovación nos distintos campos artísticos.

Movemento fragmentario: numerosos grupos, diversas propostas: os “ismos”

FUTURISMO

CUBISMO

DADAÍSMO

CREACIONISMO

ULTRAÍSMO

SURREALISMOIMAXINISMO

EXPRESIONISMO

Page 3: Vangardas-1

CRONOLOXÍA

Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da década de 1920.

As denominacións vangardismo / vangardista, porén, pervivenhoxe en día nos fenómenos artísticos co significado de...

experimental, innovador, rupturista...

LOCALIZACIÓN

En distintos países e cidades da Europa Occidental(París, Zurich, Londres, Italia, Alemaña, España, chegando os seus ecos até os Estados Unidos)

Page 4: Vangardas-1

FUTURISMO

CUBISMO

DADAÍSMO

HILOZOÍSMO

ULTRAÍSMO

SURREALISMO

IMAXINISMO

EXPRESIONISMO

ITALIA

ZURICH

PARÍS

INGLATERRA

ESPAÑA

GALIZA

ALEMAÑA

Page 5: Vangardas-1

SENTIDO ORIXINARIO DAS VANGARDAS

ARTE ENTENDIDA COMO RE-PRODUCIÓN DA REALIDADE

O ideal artístico é a apro-ximación total ao modelo

ARTE ENTENDIDA COMO REIN-TERPRETACIÓN DA REALIDADE

A arte recrea, deforma, sub-virte, transforma a realidade

A tradición

As vangardas

“A arte e a realidade son dúas cousas ben diferentes” P. Picasso

Page 6: Vangardas-1

CARACTERÍSTICAS COMÚNS AOS MOVEMENTOS DE VANGARDA

1.- RUPTURA RADICAL COA TRADICIÓN

2.- RENOVACIÓN DA TEMÁTICA

3.- A ARTE TEN SENTIDO EN SI MESMA

4.- ARTE CEREBRAL, ANTISENTIMENTAL, ANTIRROMÁNTICA

5.- EXPRESIÓN HERMÉTICA

6.- ELABORACIÓN DE MANIFESTOS PROGRAMÁTICOS RADICAIS

Piston chaudière piston chaudière pisssstton pissssttonn pisssston

Premier piston de joie chaude PENETRER dans l´huile frirerire frirerire sa nostalgie graaasse, graaasse, graaasse

Un día dirase as lágrimas as vosas lágrimas onde están se cadra rillaron o espazo até as uñas da tumba as nosas maternas primaveras investiron tantas andoriñas en acompañar os latexos do corazón conducentes ao cadafalso que a paisaxe louca de ás arrinca sen descanso os seus regos

Page 7: Vangardas-1

Manifesto, 1909. Marinetti.

O valor, a audacia, a revolta han ser elementos esenciais

da poesía. Até hoxe, a literatura exaltou a inmobilidade pensativa, a éxtase e o soño. Nós

queremos exaltar o movemento agresivo, o insomnio, o paso lixeiro, o salto mortal, a labazada e a pancada.

Nós afirmamos que a magnificencia do mundo enriqueceuse dunha nova beleza: a beleza da

velocidade. Un automóbil de carreiras co seu capó adornado de grosa tubaxe semellante á serpe... un

automóbil bradante que parece correr sobre a metralla, é máis belo que a Vitoria de Samotracia. Nós

queremos cantar o home que suxeita o volante...

o futurismo

Manifesto-síntese. Marinetti

Arte vida explosiva. Antimuseo. Anticultura. Antiacademia. Antilóxica.Antigracioso. Antisentimental. Contra as cidadesmortas. Modernolatría.Relixión dunha nova orixinalidade velocidade.[...] Estética da máquina.[...] Destrución da

sintaxe. Imaxinación sen fíos. Sensibilidade xeométrica e numérica.Palabras en liberdade ruidistas. Cadros palabras

libres sinópticos colorados.

Algunhas características deste movemento

► Destrución absoluta da sintaxe► Emprego do verbo en infinitivo► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”)

► Substitución dos signos de puntuación por sím- bolos matemáticos (+ — < > = ...)

► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e ta- m maños de letras, uso de chaves, espazos en branco...► Abundante léxico de tipo técnico

Page 8: Vangardas-1

o futurismo - textos

Deus vehemente dunha raza de aceiro automóbil ebrio de espazo que pisas con angustia, co freo nos dentes estridentes! Oh formidábel monstro xaponés de ollos de forxa alimentado de chamas e aceites minerais famento de horizontes e de presas siderais desencadeo o teu corazón de cacharro diabólico e xigantes pneumáticos para a danza que fas polas brancas estradas do mundo Solto finalmente as tús rendas metálicas e ti lánzaste embriagado cara ao infinito liberador...

MarinettiÁLVARO DE CAMPOS(FERNANDO PESSOA)

O binómio de Newton é tão belo como a Vénus de Milo. O que há é pouca gente para dar por isso. ó ó ó ó - ó ó ó ó ó ó ó - ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó ó (O vento lá fora)

ÁLVARO DE CAMPOS(FERNANDO PESSOA)

nh

h

hhnn bah

nba

0

Page 9: Vangardas-1

o CUBISMO

“Os sentidos engánannos; a intelixencia ilumínanos”

Algunhas características deste movemento

► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade► Mestura de linguas e material heteroxéneo

► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística

► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os CALIGRAMAS

Page 10: Vangardas-1

o CUBismo - textos

As crêpes estaban exquisitasA fonte manaVestido negro como as súas uñasÉ completamente imposíbelAquí está señorO anel de malaquitaO chan está estrado de serradurasDaquela é verdadeA criada roiba foi raptada por un libreiroUn xornalista que coñezo por outra parte moi vagamenteEscoita Jacques é moi serio o que che vou dicir

MANUEL ANTONIO

JOAN SALVATPAPASSEIT

MANUEL ANTONIOG. APOLLINAIRE

viventeOllar super

vidente

arrandearAquel d´o acordión

adormentar

G. APOLLINAIRE

Page 11: Vangardas-1

o DADAÍSMO

“Dadá é o diluvio despois do cal todo recomeza”André Gide

Algunhas características deste movemento

► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior

► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estéti- ca, destrúen toda estética imperante► Humorismo, gusto polo ridículo

Page 12: Vangardas-1

DADA é un microbio virxe

DADA está contra acarestía da vida DADA

sociedade anónima para a explotación das

ideas DADA tén 391 actitudes e cores

diferentes segundo o sexo do

presidente. Transfórmase

-afirma- di ao mesmo tempo o contrario –sen importancia- berra -

pesca con cana.DADA é o camaleón do cambio

rápido e interesado.DADA está en contra do futuro. DADA está morto.

DADA é idiota. VIVA DADA. DADA non é

unha escola literaria, ouvea Ouvea ouvea

ouveaOuvea ouvea ouveaOuvea ouvea ouveaOuvea ouvea ouveaOuvea ouvea ouveaOuvea ouvea ouvea

Page 13: Vangardas-1

o DADAÍsmo - textos La niña llama a su padre: “Tatá, dadá”. La niña llama a su madre: “Tatá, dadá”.

Al ver las sopas,la niña dijo:

“Tatá, dadá”.Igual al ir en tren,

cuando vio la verde montañay el fino mar.

“Todo lo confunde”, dijosu madre. Y era verdad.Porque cuando yo la oía

decir “Tatá, dadá”,veía la bola del mundo

rodar, rodar, el mundo todo una bola,y en ella papá, mamá,

el mar, las montañas, todohecho una bola confusa,el mundo: “Tatá, dadá”.

“Protesta con todos os puños do ser en acción destrutiva: Dadá, abolición da lóxica, danza dos impotentes da creación: Dadá, abolición da memoria : Dadá, abolición da Arqueoloxía: Dadá,

abolición dos profetas: Dadá, abolición do futuro: Dadá, Liberdade: Dadá, Dadá, Dadá,

ouveo das cores crispadas,entrelazamentos dos contrariose de todas as contradicións, dos grotescos, das

inconsecuencias: a vida”

“Escribo un manifesto e non quero nada; digo, con todo, certas cousas e estou por principio contra todos os manifestos”

TRISTAN TZARA

RECEITA PARA FACER UN POEMA DADAÍSTA

Tome un xornal e unhas tesoiras. Corte un anaco dun artigo que teña a extensión prevista para o seu poema.Recorte cada unha das palabras e métaas nunha bolsa.Mestúreas suavemente. Extraia despois cada unha daspalabras ao chou. Cópieas concienzudamente. O poema

aparecerá. E verase Vde. convertido nun escritor inmensamente orixinal e dunha sensibilidade encantadora,

aínda que incomprendido polo vulgo.PEDRO SALINAS

Page 14: Vangardas-1

o surrealISMO

Algunhas características deste movemento

► Negación do mundo real como materia para a arte;

antirrealismo

► A creación ten como punto de partida o mundo onírico

► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica

► A “escrita automática” como expresión da liberación

da razón

► Expresión hermética e multisignificativa

“O POETA TRABALLA”

(Cartel colocado na porta do cuarto de durmir)Saint-Pol Roux

Page 15: Vangardas-1

Ampáreme un autobús a motor de andoriñasentre esta bruma rechea de miolo de violíne aínda máis precavida que un prexuízo de castaagora que o corazón do turismo palpitasuavemente escondidoe o universo se enche de olladase de puchos a cadros

Que asfixias nos teus ollos de aeródromo asomadoa un antefaz escurecido de suspirosollame estenderme sen esforzopegado á paredementres os meus cabelos se limitan a aplacar as fendasdeste horizonte tan mudo e xa tan meu

22 de xaneiro marcan as follas dunha lúa crecidana ribeira dun cego moderado de cisnes [...]

La aurora de Nueva York tienecuatro columnas de cienoy un huracán de negras palomas que chapotean las aguas podridas.La aurora de Nueva York gimepor las inmensas escalerasbuscando entre las aristasnardos de angustia dibujada.La aurora llega y nadie la recibe en su bocaporque allí no hay mañana ni esperanza posible.A veces las monedas en enjambres furiosostaladran y devoran abandonados niños.Los primeros que salen comprenden con sus huesosque no habrá paraíso ni amores deshojados:saben que van al cieno de números y leyes,a los juegos sin arte, a sudores sin fruto.La luz es sepultada por cadenas y ruídosen impúdico reto de ciencia sin raíces.Por los barrios hay gentes que vacilan insomnescomo recién salidas de un naufragio de sangre.

o SURREALismo - textos

J. LARREA

 

Illa: oco insumiso,infantil xogo:

xa non estásentre a túa mesma luz.Xa rodas lonxe, dobregada en todo,¡que perfeita e que descoñecida!illa.

A. CUNQUEIRO

F.GARCÍA LORCA

Page 16: Vangardas-1

A ARTE CONTEMPORÁNEA É HERDEIRA DAS VANGARDAS