Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera...

80

Transcript of Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera...

Page 1: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 2: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 3: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Maside en CompostelaO testamento pictórico do mestre

Page 4: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 5: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Maside en CompostelaO testamento pictórico do mestre

Sede Afundación Santiago de CompostelaDo 29 de xaneiro de 2014 ao 30 de agosto de 2015

Page 6: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

CATÁLOGO

Textos:Antón Baamonde Encarna Otero CepedaMercedes Rozas Suso de Toro

Todos os textos están tirados polos seus respecti-vos relatores e relatoras do ciclo de conferencias «Arredor de Carlos Maside», que tivo lugar na Sede Afundación de Santiago de Compostela do 2 de abril ao 11 de xuño de 2014.

A Plataforma Cidadá Carlos Maside agradécelles a súa desinteresada colaboración.

Edición, maquetación e corrección:Depto. de Publicacións de Afundación

Colaboran:Concello de Santiago de CompostelaPlataforma Cidadá Carlos Maside

Impresión:Tórculo Comunicación Gráfica, S. L.

© Carlos Maside, VEGAP, Santiago de Composte-la, 2015

© Afundación, 2015ISBN: 978-84-96982-69-7D. L.: C 158-2015

EXPOSICIÓN

Produción:Concello de Santiago de CompostelaAfundación

Montaxe:Afundación

Transporte e gráfica:JEGA

Seguros:Seguros ABANCA

O papel deste catálogo é 100 % reciclado e foi producido baixo unha xestión forestal responsable.

Page 7: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Foto de estudio nos anos trinta, ca. 1933

Page 8: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 9: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais do progreso pictórico ga-lego e integrantes do movemento renovador: Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Laxeiro, Artu-ro Souto e Carlos Maside, o membro do grupo de máis idade e a quen Afundación decidiu homenaxear coa mostra, realizada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, «Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre».

O período transgresor en que Maside desenvolve a súa plástica está caracterizado, nomeada-mente para a súa xeración, polo iconoclasta manifesto Máis alá!, publicado en 1922 por Álvaro Cebreiro e Manuel Antonio, o indiscutible poeta de vangarda con quen Maside compartira aulas de debuxo en Padrón. Aínda sen asumir de xeito íntegro os alicerces dese transgresor escrito, Maside si aborda a renovación da plástica que nel se propón afastándose do enxebris-mo e mais da saudade rexeitados, non só polo poeta de Asados, senón tamén severamente criticados por Rafael Dieste, con quen o artista compartiu innumerables encontros nos seus xa senlleiros faladoiros. A ruptura de Maside con esas ataduras materializouse na adopción dos presupostos «internacionalistas, por convencemento, e universalistas, por natureza», pero sempre con cerne en Galicia, defendidos por Castelao. Xa que logo, o estudo das novas correntes que daquela abrollaban en Europa, que Maside coñeceu de primeira man como bol-seiro, contribuíu ao xurdimento dunha etapa artística en que os ismos vangardistas se aplica-ron a unhas obras de visible esencia galega. Nos cadros pertencentes ao Legado Maside, ese conxunto pictórico que o autor considerou indivisible e representativo da súa produción, dis-tínguese a homenaxe que, fuxindo das propostas bucólicas do rexionalismo, o artista realiza do seu país e da súa xente, nomeadamente, das mulleres. De feito, Carlos Maside outorga aos personaxes femininos dos seus cadros unha valentía e unha dignidade análogas ás que, dé-cadas antes, gabara Rosalía de Castro nas súas Follas novas desas «viúvas de vivos e mortos».

A produción de Carlos Maside resulta imprescindible para analizar o avance da plástica ga-lega do século xx. O seu fondo interese pola representación da cuestión social mediante o emprego de técnicas e ferramentas contemporáneas fan del un dos artistas de referencia no panorama cultural galego que, como consecuencia, quizais, da súa reclusión nun longo exi-lio interior, permaneceu afastado dos recoñecementos que sen dúbida merece. Afundación, como entidade que procura a difusión do coñecemento a través da cultura e que centra en Galicia o seu foco de actuación, asume esta exposición como a homenaxe pendente a Carlos Maside. No catálogo homónimo que a complementa, que conta coa participación de Mercedes Rozas, Suso de Toro, Antón Baamonde e Encarna Otero, debúllanse as diversas facetas que converten a Maside no artista polifacético e multidisciplinar admirado como un mestre polos seus contemporáneos.

Page 10: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

10

Afundación agradece a colaboración do Concello de Santiago de Compostela na realización desta proposta cultural. Así mesmo, destaca as valiosas achegas e o esforzo dos familiares de Carlos Maside e mais da Plataforma Cidadá Carlos Maside. Por outra banda, cómpre salientar a colaboración da Xunta de Galicia como institución prestataria. Este traballo conxunto pon de relevo que o marco de cooperación entre entidades é, sen dúbida, un eficaz instrumento para converter en realidade proxectos que, coma este, son de indiscutible interese para Galicia.

Miguel Ángel EscotetPresidente de Afundación

Page 11: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

A incuestionable figura do pintor Carlos Maside (Pontecesures, 1897 – Santiago de Compos-tela, 1958), a súa sensibilidade, o seu bo facer e a súa modernidade fan del un dos pintores e intelectuais máis relevantes da cultura galega.

Santiago de Compostela presume de ser a cidade de Maside, enmarcando a súa figura no estudio definitivo, con vistas á catedral, na rúa do Vilar número 42. Tamén neses paseos con Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, García Sabell, Adolfo Gallego Díaz, Xosé Eiroa, etc., nomes do círculo íntimo de amigos que conforman o mundo do artista, ou nos lugares comúns e espazos compartidos como a Alameda, as rúas e prazas que percorre con eses amigos e inte-lectuais da época, xunto a quen participa en faladoiros no Café Derby ou xa no Café Español, a principios dos anos cincuenta.

A exposición «Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre», na que se exhibe obra pictórica do seu legado —xunto a outros préstamos— foi posible grazas á colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e Afundación, cuxa sede na rúa do Vilar a alberga.

A través desta mostra dedicada a Carlos Maside, o Concello de Santiago continúa coa súa intención de incidir no protagonismo e na presenza da arte galega nas liñas da súa progra-mación cultural.

Queda, finalmente, agradecer publicamente a resposta favorable da familia Maside que per-mite a Santiago de Compostela gozar da obra dun dos imprescindibles da historia da arte do noso país, referente para tantas xeracións de creadores.

Agustín Hernández Fernández de RojasAlcalde do Concello de Santiago de Compostela

Page 12: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 13: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

O paradoxo do artista e intelectual Carlos Maside

Mercedes Rozas

Page 14: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 15: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

15

Sen ningún xénero de dubida, Carlos Maside foi un intelectual comprometido co seu tem-po e un artista clave da vangarda en Galicia, importante para enfiar o discurso político de preguerra e imprescindible para compoñer o mapa artístico da súa época. Pero así e todo, hoxe en día, non é unha figura reivindicada nin polas últimas xeracións de artistas nin, salvo contadas excepcións, lembrada por críticos e comisarios. As causas desta ingratitude poden ser diversas, subxectivas sempre, expostas ao debate e, moi probablemente tamén, derivadas doutras que atinxen á sociedade en xeral.

Un deses motivos supeditaríase ao que coñecemos como crise de referentes, que non é allea ao mundo da arte actual, ámbito no que as invocacións das vangardas quedan reducidas a nomes simbólicos e reverenciados, e fundamentalmente vinculados a creadores e tendencias que xorden a partir dos anos cincuenta e sesenta do século pasado. Unha razón esta á que lle hai que sumar nos últimos tempos a falta de aprecio polas humanidades. Os recentes progra-mas universitarios, emparentando a calidade do ensino a modelos dirixidos a unha especia-lización produtiva levan consecuentemente a unha desatención polas expresións artísticas e culturais.

É obrigado aclarar que cando se fala de referencias faise pensando en connotacións históricas que merecen a consideración do seu estudo, non en acepcións ás que haxa que subordinarse. O artista non pode vivir mirando só o pasado porque a arte non é unha expresión petrifica-da, necesita renovarse continuamente con novos argumentos e novos rexistros. Polo tanto o artista actual non debería crear como Maside, pero debería coñecelo e interesarse por aquela modernidade transgresora, conquistada pola xeración de preguerra á que el pertencía. É ben sabido que modernidade non é o mesmo ca contemporaneidade; non obstante, a segunda non tería existido se non tivese existido a primeira. Os creadores non son fillos tan só do seu tempo, senón tamén do patrimonio entregado.

Habería que engadir que desde hai décadas concorre, así mesmo, unha obsesión por un sig-nificado moi concreto: o culto á novidade. O máis venerado é sempre o máis recente; prefe-rencia que non tería nada de malo se non comportase ao mesmo tempo unha reserva cara a todo o anterior. O psiquiatra Luis Ferrer i Balsebre, despois de analizar a perda hoxe en día da credibilidade de discursos pasados, non necesariamente moi afastados no tempo, afirma que nestes primeiros pasos do século xxi o que acaece no ámbito das novas xeracións é que todo o novo acaba por converterse no único verdadeiro. Este punto de vista coincide co do filósofo e xermanista francés Marc Jiménez cando fala no ámbito da arte contemporánea do que el chama «frenesí polo novo», unha moda que ten sempre o risco de acantoar deliberadamente pegadas transcendentais da nosa historia e, con elas, algunhas das súas meritorias e provei-tosas leccións.

Page 16: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

16

No caso que nos ocupa, o de Carlos Maside, prodúcese unha afectación que se sustenta nun prexuízo franquista, aquel no que se tendía a menosprezar todo o que tivese que ver co mun-do rural, un territorio marxinado no modelo de desenvolvemento da época. Abonda lembrar a forma de ridiculizar o paisano na figura do pailán en películas da época ou na imaxe da empregada doméstica, case sempre de procedencia galega. Desgraciadamente, esa herdanza segue pesando e termina por transmitirse de xeración en xeración e de tópico en tópico. A imaxe que se quere ver nos cadros de Maside é, en moitas ocasións, a dunha sociedade rural, rancia, atrasada e ignorante, vinculada a un afastado pasado co que xa se perderon todo tipo de nexos.

Moitas poden ser, pois, as razóns polas que autores como Carlos Maside, ou mesmo Colmei-ro, Torres, Souto, Laxeiro... son esquivados por profesionais do ensino e a arte, para os que, entendo que equivocadamente, a vangarda galega non é máis que un reduto localista, teste-muña dunha tradición provinciana e conservadora.

De aí, desde esas posibles circunstancias transcende o gran paradoxo de Carlos Maside. Un intelectual comprometido, que empuña calidades dun home de esquerdas, un artista que non dubida en acomodar a arte máis vangardista á realidade que vive, loitando contra todo for-malismo decadente, pero que, non obstante, é rexeitado por xeracións posteriores que per-ciben nas súas tendeiras ou lavandeiras só o relambido argumento do costumismo. Por iso debemos pensar que quizais o motivo principal deste gran paradoxo que rodea a Maside non sexa outro que o descoñecemento da súa figura.

É por iso que unicamente afondando nas súas revoltas vitais e artísticas será posible rebater esa opción de silencio á que en certos ámbitos se lle somete. Algúns aspectos territoriais, ideo-lóxicos e artísticos de Maside sérvennos para contextualizar a obra deste pintor, que responde á perfección ao coñecido aforismo do poeta portugués Miguel Torga: «o universal é o local sem paredes».

A xeración á que pertence Carlos Maside toma o pulso á realidade desde un escenario concre-to: a Compostela de hai agora máis ou menos un século, cunha sociedade que se modernizaba lentamente, impulsada polos cambios que favoreceron a chegada do ferrocarril, os primeiros tramos da canalización da auga ou a iluminación pública, pero unha cidade na que aínda a esencia rural prevalece sobre a urbana. Aínda era habitual atoparse coas leiteiras e queixei-ras que chegaban desde os arredores, escoitar o balbordo en torno á feira do xoves en Santa Susana e descubrir as mulleres nas fontes do Pombal, San Lourenzo, Cervantes e Praterías cargando as sellas para levar auga ás casas ou no Sarela lavando e tendendo roupa.

A súa poboación asentábase na diversidade social: había paisanos, algúns pequenos burgue-ses, que mantiñan moitos dos negocios arredor da catedral, militares, profesores, relixiosos... Na arteria principal da cidade e ágora de encontro que era a rúa do Vilar os cafés de moda máis frecuentados eran El Gran Café Español e o Saboy, e tamén o cenáculo intelectual da imprenta de Ánxel Casal. No círculo concreto desta minerva urdiuse a personalidade dun grupo de mozos, entre os que estaba Maside. Alí, segundo conta Fernández del Riego, «falába-

Page 17: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

17

se de todo canto se relacionaba con Galicia, coa súa política, coa súa vida intelectual, coa súa historia máis recente […]». Eran estudantes, escritores e pintores con ambicións renovadoras, asociados ao Seminario de Estudos Galegos, mozos que necesitan afastarse do pasado inme-diato, personificado no modernismo dunha xeración maior: a xeración Nós.

Seoane foi o que acoutou teoricamente a definición da plástica deste grupo coñecido como Os Novos, dentro do que el considerou «unha temática e linguaxe galegas que levan a cultivar formas con raíces na escultura popular do románico e do noso barroco. Formas plásticas que toman para si a esencia creativa do pobo». Esta recuperación das fontes populares, reivindi-cada polo grupo, habería que asociala a un espazo xeopolítico español, representado por un sabor local e cun enaltecemento da identidade particular que é asumido con distinta intencio-nalidade plástica nas diferentes rexións, fundamentalmente a vasca e a catalá.

Este é o escenario que vive Maside. Aquí comeza a representar o seu mundo, un mundo com-prometido coa situación política e o ámbito do cotián. No número 42 da rúa do Vilar vive e traballa. Desde o seu balcón verá transcorrer a vida dunha cidade en cernes, contemplando as luces e as sombras da historia: os momentos máis creativos e frutíferos de preguerra e os máis tráxicos da contenda civil.

Neste ámbito local órdese tamén o seu escenario ideolóxico. Os que o coñeceron din que nun-ca renunciou aos seus ideais. Maside implicárase con entusiasmo a defendelos nos comezos da década dos trinta, cando asina o Manifesto republicano de decembro de 1930, que o leva ao cárcere durante uns meses, cando secunda un escrito dirixido ao presidente da República solicitando o indulto para os condenados á pena capital ou cando traballa a favor da Fronte Popular nos meses previos ao comezo da guerra.

A percepción que ten entón da actualidade trasládaa en primeiro termo ás súas colaboracións en publicacións da época como Resol, Cristal e a editorial Nós. Os seus debuxos confirman a función social da arte, «cada viñeta —explica a súa biógrafa, María Esther Rodríguez—, era un paso adiante na comunicación de certos principios cívicos, na reflexión de determinadas situacións políticas, nun afán didáctico, divulgador e informativo, positivamente orientado a crear criterios e a formar condutas».

O concepto das súas ilustracións é moi próximo ao que ten Castelao. Do mesmo xeito, pódese afirmar que as ilustracións do noruegués Gulbransson e o xermano George Grosz servirán de modelos. Coñece o traballo de ambos os dous autores grazas á información publicada, pero é moi probable que en concreto a obra de Grosz, artista que representa con sarcasmo os tremores da guerra e o derrubamento da sociedade de entreguerras, a contemplase Maside de primeira man en París, cidade á que viaxa en 1926. Ese ano, segundo conta Luís Seoane na biografía dedicada ao artista alemán, realízase unha exposición dos seus debuxos e óleos «que foi todo un acontecemento».

Na capital francesa amplíase dalgún xeito a mirada artística cando percibe a importancia da estampa oriental e as escenografías dos ballets rusos e se familiariza cos ismos de moda,

Page 18: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

18

especialmente co expresionismo e a nova obxectividade. O expresionismo achegara o ingre-diente das emocións, a forza dos sentimentos, que propicia a afirmación do individual e do particular, o que, á súa vez, conducirá a que nas primeiras décadas do xx, nun contexto so-ciocultural determinado, este movemento se converta nun adaíl ideolóxico con implicacións políticas.

Derivada do expresionismo, xorde unha nova corrente estética que nace como consecuencia do terrible período de entreguerras, entre 1917 e 1939, a nova obxectividade, chamada tamén realismo máxico. Unha aposta que o seu teórico Franz Roh sinala como «a volta á orde», asu-mindo a figuración como receita contra o caos e o retorno á representación da figura humana e do obxecto. Nalgún caso é, así mesmo, unha mirada cara ao pasado, cara á tradición grega ou mesmo románica ou gótica.

Maside aglutina parte dos compromisos desta tendencia, como a linguaxe obxectiva do rea-lismo e a gran nitidez visual con contornos ben marcados e trazos áxiles e vigorosos. Faise eco destes compromisos pero lévaos ao seu terreo particular, que non é o mesmo que o doutros países de Europa. Aquí son anos trémulos, atrapados entre, por unha parte, a pegada da tradi-ción e, por outra, unha contemporaneidade que se fai paso pouco a pouco. Era manifesto, que xa nestes prolegómenos seculares, modernidade e vangarda non tiñan o mesmo significado.

Maside suma as leccións da existencia, as vitais e as artísticas, e vainas pegando ao cadro, que ao final resulta ser a vida debuxada en liñas e cores. «O realismo —escribe no seu artigo en torno á fotografía popular—, nacido, acaso, do espanto seguro de estar mañá morto, aspira a apresar a vida mesma, a aprehendela no seu devir e retela inmutable».

O artista funciona, como advertiu Díaz Pardo, como «un verdadeiro laboratorio de análise da vida». A través da súa mirada enfócase desde o presente a Compostela daquelas primeiras décadas de século. O artista «pinta o que ama, o que desexa posuír, o que o asalta, o que se lle crava nas entrañas», e transmítenolo coa mestría dun pintor crible e familiar.

A plataforma Carlos Maside reclama a súa obra para Compostela. Eu únome á súa pretensión, pero pido, ademais, que a súa figura non sexa silenciada, que se lle recoñeza como o que foi: un artista e un intelectual comprometido con este país. Este texto non ten outra finalidade que demandar que a obra de Maside se manteña viva. Aprópiome dunha frase moi coñecida de Otero Pedrayo, que ben podería servir de síntese e argumentación para este desexo: «Non hai cousas vellas nin novas, simplemente hai cousas vivas e mortas, e non as determina a idade, senón o sopro interior que as anima».

Page 19: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Maside dura en nós

Suso de Toro

Page 20: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 21: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

21

O que eu podo ofrecer sobre Carlos Maside non son outra cousa que meras consideracións dun autodidacta en todo e mestre de cousa ningunha. Quen coñece son outras persoas, no-meadamente María Esther Rodríguez Losada, pois cando a intelixencia se xunta co entusias-mo, gáñase o coñecemento.

Debo comezar constatando que nun libro que me publicaron hai pouco, no que figuran trinta retratos de personaxes cos que quixen deseñar unha liña de talento e capacidades no curso da historia ao servizo dun país chamado Galiza, non estaba a estampa de Carlos Maside. E como foi unha figura á que lle dei voltas conforme avanzaba no libro e finalmente non o incluín, terei que responderme a esa pregunta: por que non incluín ese retrato do gran retratista? Intentarei responderme.

Quen debuxa a figura pública das persoas que se expoñen aos demais, é o caso dun artista, é o país e a época. E que país e que época lle corresponderon a Maside?

Os anos da República e as súas expectativas dun país e dun tempo sen límites son os que fun-dan o artista, reúnense entón a xuventude do artista e unha época de esperanzas e Maside expándese, viaxa, coñece xente, está seguido presente na imprenta galega e madrileña... Po-rén, está aínda nesa primeira parte da súa carreira cando triunfa a sublevación militar contra a República na Galiza e a súa vida fica máis que partida, destruída. Como a guerra e o Réxime varreron absolutamente toda a época anterior, esa súa vida primeira desapareceu por com-pleto, como se todo fose un soño seu que ninguén máis compartiría, en adiante só ficou o impe-rio da maldade máis absoluta. Por diante, o resto da súa vida, non habería xa esperanza para el.

Ese novo tempo de destrución, como había retratar a Maside? Foi practicamente invisible para o seu país e para si mesmo. A consigna da nova época foi matar todo o que era Carlos Ma-side, e foi como se non existise. Pasou medo, ben xustificado, pola propia vida, mais zafouse desa morte física e ficou condenado ao limbo. A súa foi unha vida de artista non realizada.

Que máis puido facer para existir? Puido exiliarse e en América atoparía un lugar para existir el en liberdade e para desenvolver unha obra e unha carreira artística, como fixo o seu queri-do amigo Luís Seoane. Mais Carlos ficou aquí. Sen dúbida, nese momento tivo que afrontar un dilema, e tomou a decisión de ficar. Por que? Acho que foi simplemente pola forza da liga-zón entre Maside e a Galiza. E que era a Galiza para el? O país cos seus lugares e cidades, Vigo, Compostela, os amigos, as lembranzas, a xente, mesmo os animais..., e a súa nai. O vencello entre Carlos e a súa nai debeu de ser determinante para non marchar, optou pola lealdade absoluta. Maside tiña que ficar aquí, non podía marchar, abandonar. E pagouno entregando a liberdade e a vida.

Page 22: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

22

A guerra e a instalación do Réxime formulan o dilema de ficar ou marchar, ese é o momento no que se parte a vida do artista, cando chegou o golpe fendeu aquela pedra que xa tiña unha laña dentro, Maside sempre foi un home partido. Un artista escindido entre a terra e o tem-po, un tempo que lle abría horizonte e unha terra que o ataba, unha terra na que vivía a súa nai. Nai e terra. Era un moderno daquel tempo dunha Europa frenética, porén nunca deixou de ser un paisano. A súa formación e a súa obra, mentres puido facela, eran a dun artista do século xx, con formación nas vangardas europeas, que vivía nos faladoiros madrileños, vigueses e composteláns, que cultivaba as artes que permiten a reprodución masiva, como o gravado ou o debuxo nos xornais, que facía traballos industriais... Mais a súa lealdade profun-da ao mundo do que procedía, o mundo nai, levouno ao compromiso político coa esquerda e o galeguismo.

Entendo que ese xogo de tensións contrarias de seguro influíu esteticamente tamén na súa obra, determinándoa. Mesmo en situacións de normalidade histórica, nunca había de ser un artista que se abandonase de vez á experimentación formal sen límites, á abstracción, era moi forte a súa paixón ética e entendo que o seu compromiso social o mantería nos límites da representación recoñecible das persoas e as cousas. A súa natureza era a dun pintor figurati-vo, para el o mundo que o rodeaba estaba cheo de vida e esa vida que resplandecía era a que quería retratar.

Desde a guerra a súa vida foi tráxica e só puido sobrevivir grazas ao cariño de amigos, familia e a compañía distante dos amigos lonxe, como o Luís Seoane que sempre tivo claro que un museo da arte moderna galega tiña que chamarse Museu Carlos Maside.

Houbo que gañar a memoria prohibida, mais finalmente temos literatura e historia que narra o drama dos nosos exiliados, drama sen esperanza; é unha estampa heroica. Porén, a traxedia dos que ficaron e tiveron que sobrevivir baixo os verdugos, vivir unha vida humillada e de- sesperada, esa é unha historia invisible, vivida dentro de cada un. Por iso non é unha historia exemplar. Comprendo agora por que non incluín a Maside cando tecín esa galería de figuras que ilustran un devir da Galiza na historia: Maside pertence ao relato invisible, ao envés da historia, á Santa Compaña das almas en pena.

E, con todo, cando, hai décadas disto, unha entidade bancaria fixo un calendario con imaxes das súas pinturas, acabaron enmarcadas e penduradas nas paredes de moitas casas galegas. Por que os galegos instintivamente gustamos tanto da pintura de Maside? Porque hai aí un sentimento cálido e un cariño cara á xente e ás cousas e cara a todo o que entendemos noso. Tiña razón Seoane, e Maside dura no que hai en nós de familiar e amado, dura en nós.

Page 23: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Despoxado de vaidadeou modestia…

Antón Baamonde

Page 24: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 25: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

25

I

Quen era Carlos Maside? Toda xeración compón o seu propio tecido de tipos humanos e, aín-da que cando enterramos alguén debemos sempre musitar a vella advocación romana «Que a terra che sexa leve», cómpre sermos conscientes de que con ese ser enterramos unha concien-cia que leva consigo a experiencia dunha xeración, os seus avatares, alegrías e sufrimentos. Cada ser é único, no sentido de decantar un período histórico nun odre peculiar. Afírmase que a natureza humana é sempre a mesma, máis alá das épocas, pero creo que é unha verdade con moitos matices. Unha das lecturas que a min máis me agradaron noutra época foi a das páxinas do Idiota da familia, o intento, por parte do Sartre xa iniciado na aventura marxista, pero aínda marcado pola constatación da continxencia da existencia, de comprender a Flau-bert. Que podemos entender dunha vida particular? Esa é a pregunta á que debemos buscar unha resposta.

Pero se aquel a quen intentamos comprender é un pintor, debemos entender que o que se perdeu con el foi un modo de ver. Non só unha indagación sobre as formas, a perspectiva ou o plano, senón unha mirada moral que está composta dos innúmeros escintileos que se apro-ximan á vida de cada un de nós, case sen dármonos de conta de como o noso eu, a nosa iden-tidade, está marcada polo feito de estarmos arroxados a un dado momento, con todas as súas incitacións, dúbidas, decisións e prohibicións. Cada época vincula aquilo que lle é máis propio con aquilo outro que lle resulta impensable, máis alá de toda posibilidade de percepción.

Debo dicilo. Eu lamento a perda de tantas persoas que coñecín non só por elas mesmas, tan valiosas para min, senón pola aguda consciencia de que con elas se ía todo un mundo. É unha experiencia que todos estamos obrigados a repetir, e nós mesmos formamos parte da roda do mundo.

Os seus coetáneos deixáronnos as súas impresións. De Ramón Piñeiro a Luís Seoane ou Sal-vador García Bodaño. Dirixíndose a un público no que debían de abundar xentes que tiñan un vivo recordo de Maside, Rafael Dieste dicía:

Moitos dos presentes lembramos a súa fasquía señoril e, ao mesmo tempo, modesta, a súa fa-ciana tan transparente, imaxe da máis fonda lealdade, o seu xesto comedido, por veces, vaga-mente doloroso, mais sempre amigable e mesmo risoño, o seu parsimonioso falar, a súa busca da palabra xusta, a súa distinción nativa, a actitude sempre cortés, raramente alporizada.1

1 Dieste, Rafael: «A estética de Carlos Maside», conferencia en Textos e crítica de arte, Vigo, A Nosa Terra, 1995.

Page 26: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

26

Luís Seoane, no texto que lle dedicou no momento de morrer, emitido por radio o 29 de xuño de 1958 no programa «Galicia emigrante» de Bos Aires, rememoraba:

Lembrámolo polas rúas da súa cidade, no seu lento vagar, señorial, co xesto sereno, portan-do na man dereita o álbum de apuntamentos xunto ás luvas e o bastón, e na esquerda, o seu cigarro sempre unido a unha longa boquiña. Lembrámolo dirixirse cara á feira onde trazaría unha e outra vez a liña que definise a forma dun ser, un home, un cabalo ou unha vaca, que logo serviría á estampa, ao gravado ou ao cadro.2

Algúns dos que o coñeceron xa na última fase dan unha versión del máis marcada pola irrita-ción circunstancial, mesmo por un certo dogmatismo. Así, Rodríguez Mourullo. Non impor-ta. É fácil entender as dúas cousas: o cansazo do vello que ha de soportar a confirmación cotiá da súa derrota, a natural incomprensión, mesmo vaidade, de cada xeración a respecto da dos seus predecesores, sobre todo cando veñen dun mundo que ao adolescente no só lle importa pouco, senón do que, sobre todo, el non ten a chave ou o código que lle permitiría descifralo con máis xustiza.

Máis comprensivo cara a el se mostra un novo Antonio Bonet Correa, máis tarde, un dos po-pes da historia da arte en España —hoxe é o presidente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando—, que nos ofrece unha imaxe de home cauto e impresionante

Teño que mencionar que moi importante foi o meu contacto asiduo co pintor Carlos Maside, personaxe moi reservado e circunspecto que, republicano silencioso, trataba só as persoas que lle merecían confianza. Vestido de escuro e cun gran sombreiro negro de alas anchas, tiña una facha impoñente. Na súa casa da rúa do Vilar mantiven con el longas conversas, que hoxe lamento non ter recollidas por escrito. Entre outros libros, Maside puxo nas miñas mans por primeira vez o exemplar do Realismo mágico - Postexpresionismo, de Franz Roh, edi-tado pola Revista de Occidente.3

No seu discurso de doutoramento honoris causa, que lle foi concedido en Santiago en xu-llo de 2013, tamén o recordaba: «Maside era moi intelixente e reflexivo, falábame dos anos trinta, de política e de vangarda».

2 seoane, Luís: Arte galega e deseño, Vigo, A Nosa Terra, 1994.

3 Bonet Correa, Antonio: Ser moderno o el testimonio personal de una educación sentimental bajo el signo paradigmático de la vanguardia, Scripta Vetera (edición electrónica da Universitat de Barcelona).

Page 27: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

27

É unha versión de Carlos Maside que casa coa que nos legaron os seus coñecidos, pero tamén coa que suxire, nunha carta a Seoane, o propio Maside: «estou case despoxado de vaidade ou modestia» (carta 98, a Luís Seoane, Santiago 10 de decembro de 1953). Certamente Maside sempre dá a impresión, cando un le as súas cartas, de ser cauteloso —sabía que podían ser revisadas pola omnipresente policía— e, ao mesmo tempo, de ser home curado das afeccións da arrogancia, se algunha vez as tivo. Parece sempre sereno, aínda nos momentos máis tristes e de desesperanza. En carta a Seoane, a 76, datada en Santiago o 15 de agosto de 1952, escribe:

Desde hai algún tempo sinto renacer en min un intenso fervor espiritual que me liberou do longo marasmo que as circunstancias externas e as miñas persoais facían pesar sobre min. Aínda que nin as unhas nin as outras cambiaron, sinto coma se un sol tépedo comezase a na-cer, medrando mil brotes aterecidos que se desentumecen e alumean a atmosfera. E, porén, vexo claro que o tempo é curto, curtísimo, e o espazo reducido; pero non importa.

II

Carlos Maside naceu nos tempos do desastre de 1898, e o arco da súa vida máis intenso e brillante —con independencia de que algunhas das súas obras máis emblemáticas se corres-pondan coa era franquista— é o que comprende o lapso que chega ata 1939, coa derrota da República e o fracaso dos continuados intentos de rexeneración de España. Os últimos vinte anos de Maside, nos que seguiu investigando e aprendendo a ver a través da pintura, estive-ron marcados pola cautela e a diabetes. Por unha saúde quebradiza e polo enorme illamento do país respecto ás correntes artísticas e culturais en boga no exterior, pero censuradas e per-seguidas no interior. Pensar en Carlos Maside é pensar en todo o que Galicia puido chegar a ser de non mediar a guerra civil. É pensar nos inmensos logros da Galicia e da España das tres primeiras décadas e pico do século, pero tamén na frustración das posibilidades non realiza-das. Por iso, investigar a Carlos Maside é non só facer reconto do tesouro que nos legou, senón tamén das riquezas do espírito das que se viu privado —e con el, todos nós—. Carlos Maside significa a incorporación da pintura galega ás grandes correntes europeas, pero tamén é o nome que simboliza o que non tivo dereito nin oportunidade de seguir evolucionando.

Eses corenta anos que median entre 1898 e 1939 supuxeron un descomunal esforzo por rom-per co peso morto do pasado e por incorporar España ao ritmo das sociedades modernas.

Page 28: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

28

Gabriel Tortella demostrou como o século xix foi o punto de maior distancia económica entre España e Europa. Cando a finais dese século as grandes potencias europeas se dispoñían a repartirse África, os restos do Imperio otomán e da China, España facía o ridículo en Cuba e nas Filipinas, enfrontándose cos Estados Unidos, a potencia emerxente, nunha guerra que sabía que non podía gañar. O ano 1998 foi a derrota dunha potencia colonial que non soubo manexar as ansias de autonomía dos territorios de ultramar, e que, por tanto, abocou estes á independencia. A sombra que ese desastre deitou sobre a sociedade española conduciu a case tres décadas nas que o vello e o novo disputaron entre si sen alcanzar unha crise de resolu-ción, que só tería lugar no momento en que se proclama a República, en abril de 1931. Como precisa o historiador Francisco Romero Salvado, o sorprendente é que a crise de 1998 non dese lugar a unha crise de Estado. «Os mesmos partidos turnantes coas súas eleccións amañadas e gobernos fabricados seguirían no poder vinte e cinco anos máis. Pero desde 1898 a oligarquía dominante xa non puido ocultar detrás da posesión dun imperio a corrupción administrativa imperante nin o retraso socioeconómico de España». A xeración do 98 non fixo senón súa a interpretación nacionalista da derrota «creando un pasado mítico, nostálxi-co e irreal das pasadas grandezas de España, identificando España con Castela, e creando así a imaxe dun imperialismo centralista castelán baseado na pura demagoxia».4 Só a xeración do 14, Ortega y Gasset, pero, sobre todo, Azaña, conseguiu formular un programa político que ía máis alá dos lamentos patrióticos para incorporar España ao concerto da civilización.

En Galicia ese período estivo marcado polo agrarismo, en torno, en particular, á cuestión dos foros, e o despegue dun incipiente crecemento económico que tivo o seu reflexo no incremen-to da urbanización, no medre das clases medias e, en fin, nun débil proceso de moderniza-ción que a guerra civil coutou de raíz. Foron anos nos que o cooperativismo agrario desmen-tiu o tópico do individualismo antisocietario, nos que os emigrantes financiaron escolas, nos que se desenvolveu o mercado e a industria —sobre todo a conserva—, nos que a exportación de gando a Inglaterra puxo sobre a mesa a oportunidade do librecambismo, nos que Cruz Ga-llástegui crea a Misión Biolóxica, e nos que saen á rúa publicacións periódicas como Galicia, impulsada por Paz Andrade, e El Pueblo Gallego, financiado por Portela Valladares, perento-rios exemplos de cambios na esfera da opinión pública. Non todo era atraso.

No político, ademais dos débiles intentos iniciais de Solidaridad Gallega, de Acción Galle-ga ou da Mancomunidade en tempos de Primo de Rivera, a aparición do galeguismo como movemento abertamente político no tempo das Irmandades da Fala —en 2016 cúmprense cen anos da súa fundación— non se debe esquecer que a voz cantante era levada por outros segmentos políticos, ligados á Restauración ou á tradición do republicanismo federal. Os no-mes de Montero Ríos, de Portela Valladares, de Calvo Sotelo, de Casares Quiroga dan fe das

4 romero salvaDó, Francisco J.: «La lenta quiebra del sistema de la Restauración. Hacia una desmitificación del 98», Berceo (Logroño), núm. 135 (1998), pp. 9-24.

Page 29: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

29

perspectivas dominantes no poliedro galego da época. Así como a Restauración tiña sólidos apoios en Galicia, a través do caciquismo secular, A Coruña era cidade abonada para o re-publicanismo federal. Naturalmente, quen non dirixa a mirada ao papel da Igrexa perderá boa parte do panorama relevante. Esa foi a época de Carlos Maside. Unha época de grandes transformacións que no mundo exterior se concentraron na Gran Guerra, na revolución de 1917 e na crise de 1929. Foi o tempo de Proust, de James Joyce, de Franz Kafka, de Rainer Maria Rilke, de Thomas Mann, de Robert Musil. Tamén de Nijinski, Diaghilev, Alban Berg, Mahler, Schönberg ou Stravinsky. E, naturalmente, de Freud. Foi, talvez, o momento espiritualmente máis intenso nos últimos cen anos.

Na arte, a aparición da fotografía imprimira maior velocidade á emancipación da pintura verbo da representación. Os ismos sucedíanse sen cesar. Do impresionismo ao fauvismo, e do cubismo ao futurismo. Matisse, Kandinsky, Klee, Franz Marc, Marcel Duchamp, Oscar Kokoschka, Filippo Marinetti eran só algúns dos nomes que estaban transformando o sen-tido do que era pintar e ver. O que se ten chamado a desintegración da forma nas artes era signo das transformacións revolucionarias que vivía Europa. Había unha corda tensa que ligaba a Cézanne con Picasso, para referir dúas das influencias maiores que recibiu Maside. Ninguén pode hoxe, explica nalgún momento Luís Seoane, entender o impacto que o cubismo tivo nos seus coetáneos:

Debo aludir ao cubismo por ser algo que nos intrigou e engaiolou a todos. Levado por Fernández Mazas estivo en Vigo un gran crítico polaco, Patzkievich, que romperá os pinceis polo abraio que lle causaran as obras mestras. Os seus xuízos e deslindes foron de grande utilidade para todos nós. Nós queriamos entender o seu hermetismo. Foi Maside quen me deu a ler os libros daquela máis soados, os de Ozenfant e Jeanneret —Le Corbusier—, o de Metzinger e o de Gleises.

Carlos Maside viviu intensamente a súa época. Dous elementos deben ser tomados moi en consideración cando se pensa en Carlos Maside. O primeiro, que Maside sería inintelixible sen ese pano de fondo histórico e, en particular, sen o desenvolvemento da prensa, da opinión pública e da mobilización política de entreguerras. El pertence ao período en que a figura do intelectual comprometido viviu o seu maior apoxeo. Maside transformarase co tempo nun pintor, pero o seu facer comeza pola prensa. A súa biografía está inextricablemente unida, ata que a guerra acaba con todo, á historia de El Pueblo Gallego. O xornal de Portela Valladares —unha das figuras máis interesantes da Galicia do século xx, tamén ela inxustamente prete-rida, ben estudada por J. A. Durán— é un dos grandes fautores do momento en Galicia —che-gou a vender trinta mil exemplares— e un exemplo para o xornalismo galego de todas as épo-

Page 30: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

30

cas. Nas súas páxinas recalaba o máis destacado do talento da época. As viñetas, estampas, gravados que Maside realiza para as páxinas de El Pueblo Gallego marcarán época, talmente como as de Castelao, introducindo elementos de reflexión e de propaganda política. O deseño das súas obras está pensado para medios de comunicación de masas: para ser reproducidos e, por tanto, chegar a milleiros de fogares que tiñan, naquelas páxinas, acceso ás novas formas dunha vangarda axeitada ás posibilidades do medio. En Maside a pegada expresionista é moi visible nos seus gravados, estampas e viñetas, especialmente cando narra de modo visual os episodios máis dramáticos. A aura, ese elemento de culto característico da obra artística, multiplicábase nas páxinas dos periódicos, colábase nos bares e nas cociñas, saía das galerías e os museos. Que sensación para un artista!

O segundo elemento a tomar en consideración é a súa insubornable conciencia de esquerdas. Non é só que fose encarcerado no Cárcere Modelo de Madrid con motivo da sublevación de Jaca —era amigo de Fermín Galán, con quen colaboraba en La Nueva España, revista afín ao Partido Radical Socialista—, senón, de modo máis certeiro e consistente, que todos os que o coñeceron destacaron o seu carácter «alleo a toda gloria e beneficio». Un carácter que, máis adiante, o levou a non adaptarse ao réxime, como tantos outros fixeron. Non era un ideólo-go, aínda que tiña o nivel de formación dun intelectual, pero cando conforma con Manuel Antonio e Dieste o grupo que se dará en chamar Os Novos xa estaban establecidas as vigas mestras das que serían as súas actitudes posteriores. Eran, desde logo, galeguistas, pero non no sentido moito máis conservador e dereitista do grupo que se formara en Ourense arredor de Vicente Risco, e, por suposto, eran de esquerdas, influídos polas esperanzas depositadas no movemento obreiro e na súa conxunción cunha nova cultura. Estaban lonxe de Barrés e de Maurras, da teosofía e de Madame Blavatski, pero preto de Malévich, Huidobro ou Jean Epstein.

Por volta de hai cen anos, Maside e a súa xeración pugnaban por expresar unha carga mag-nética cun selo propio. Sabían o que había que facer coa tradición do país: non mantela en formol, senón interpretala para poñela ao día. E querían facelo desde a conciencia prometeica que caracterizou o seu tempo. Buscando a transformación do mundo. Como tantos, estaban influídos pola revolución rusa e «pola xenial transferencia que algúns intelectuais marxis-tas fixeron dos atributos de Deus á clase obreira».5 Tomaban parte nese intenso proceso de galvanización e modernización de Galicia que se modelou naqueles anos. Ademais dos seus colegas pintores, de Souto e de Colmeiro, ou do seu mestre —Castelao—, abonda con men-cionar algún dos seus interlocutores: Manuel Antonio, a fenomenal vangarda poética do seu tempo, morto prematuramente de tuberculose, Rafael Dieste, un dos intelectuais máis finos e completos que deron Galicia e España; Bal y Gay, o musicólogo que será, exiliado en México, grande amigo de Stravinsky; Rof Carballo, introdutor de Freud en España —coñecérao na súa

5 Billington, James H.: El icono y el hacha. Una historia de la cultura rusa, Madrid, Editorial Siglo xxi, 2012.

Page 31: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

31

estancia en Viena—. Son só algunhas mostras do extenso catálogo de talentos que paseaban polas nosas rúas naquel momento que tiña algo de aurora.

III

Cando Maside veu ao mundo, a pintura e a arte galegas, como case todo, estaban moi deter-minadas polo centralismo. Centralismo quere dicir que non había un mercado autóctono que puidese alimentar un gusto local. A burguesía galega, como todo o mundo sabe, era provin-ciana, é dicir, centralista e conservadora. Adoraba o que triunfaba en Madrid, que considera-ba o centro do mundo. Ignorábase que, salvo os núcleos intelectuais de rigor, existise o menor desexo de orixinalidade, diferenza ou criterio distinto do marcado pola capital do Estado. Así foi sempre e, talvez, non cambiamos moito, mesmo a pesares das vantaxes dos voos low cost que lle permiten a un non ter a obriga de supoñer que o que se pensa nos diarios de Madrid é a vara de medir, o patrón ouro co que calibrar todo valor e prezo.

Se un toma como referencia os pintores galegos máis característicos do xix e principios do xx observará que son magníficos artistas, pero que, nas coordenadas da época, dados os impon-derables do mercado, non podían senón pensar na vila e corte como alfa e omega da súa ac-tividade. O asunto, resumindo, era triunfar en Madrid, na Academia de San Fernando. Para dicilo en palabras da historiadora da arte María Villalba, na súa tese sobre José Francés, o máis reputado crítico de arte de principios do xx, que exercía nas páxinas de La Esfera, revista ilustrada de corte modernista, «Madrid erixíase como centro por ser o lugar habitual de cele-bración das exposicións nacionais de belas artes».6

Ese fora o caso dun pintor tan extraordinario coma Pérez Villaamil, formado, a principios do xix, no espírito do romanticismo, especialmente baixo a influencia do escocés David Roberts, ou, máis preto de Maside, Álvarez de Sotomayor, o académico por excelencia, direc-tor que foi do Museo do Prado, con vea marcada polo simbolismo. Foi autor dun inspirado retrato de Franco, pero, moito antes, nas primeiras décadas do século, resultou ser o autor canónico do rexionalismo pictórico, con pinturas como Voda en Bergantiños. Naturalmente, non todos responderon a ese patrón. É o caso de Serafín Avendaño, pintor de gran mestría a quen Murguía se refire en Los precursores como avanzado dunha arte galega. Avendaño, dun-

6 villalBa salvaDor, María: José Francés, crítico de arte, tese de doutoramento, 2004, uCm.

Page 32: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

32

ha excelente familia viguesa próxima ao galeguismo, viviu boa parte da súa vida en Italia. Amigo de Verdi, estivo vinculado aos macchiaioli, movemento pictórico afín e coetáneo ao im-presionismo.

Moito se ten dito sobre o vínculo entre Castelao e Maside, e hai que afirmalo fervorosamente, dado que o rianxeiro favoreceu a concesión dunha bolsa da Deputación de Pontevedra para que Maside ampliase estudos en París —o que sucedeu en 1926— e dado que os dous afiaron as súas armas no terreo da caricatura, do debuxo e da estampa na prensa do momento: no Faro de Vigo, no Galicia e no El Pueblo Gallego. Pero, o primeiro vínculo, o que lle dá énfase á de-claración de Castelao «Maside é o meu fillo espiritual e artístico» está na defensa dunha arte galega. Como o declarou Luís Seoane (a continuidade natural, ou, se se quere, o fillo espiritual á súa vez de Maside): «A preocupación fundamental de Maside era chegar a realizar unha pintura representativa de Galicia». Madrid xa non era o Omphalos. Abríase unha nova etapa.

Referíndose aos derradeiros anos do século xix e aos primeiros do xx, o crítico Rafael Calvo Serraller escribe:

Cataluña e, ata certo punto, o País Vasco poden ser ambas periferia dun centro europeo que ten diversos focos (Viena, París, Londres ), mentres que Andalucía, Asturias e mesmo Galicia se comportan como periferia artística de Madrid, un centro que, no paso dun século a outro, nin sequera era periferia de Europa. 7

En España convivían nese momento a pintura de historia, o academicismo, un costumismo de herdanza romántica e un naturalismo que empeza e terá breve vida: en definitiva, España vivía nun enorme atraso respecto das tendencias europeas. Para dicilo dun modo contunden-te, como o fai Valeriano Bozal: «España era a fins do xix un marasmo artístico social».8

E así era. Abonda pensar en Rusiñol, Casas, Nonell, Joaquim Mir ou Hermen Anglada i Ca-marassa, nos artistas cataláns, para confirmar o aserto. O cosmopolitismo foi moi frecuen-temente —probablemente como un xesto de distancia respecto ao casticismo español— un sinal da identidade catalá. Dun modo máis comedido, tamén a pintura vasca se movía nunha lonxitude de onda diferente á madrileña. Zubiaurre, Arteta, Zuloaga, pese a non ser vasquista en absoluto, ou Darío de Regoyos —este pese a non ser vasco— poderían ser testemuñas da distancia estética respecto ao referente madrileño. En definitiva, citando outra vez a María Villalba, «Cataluña e o País Vasco constituíanse como as dúas rexións máis cosmopolitas que, ao tempo, reivindicaban a súa identidade cultural».

7 Pintura regionalista 1900-1930 [catálogo], Madrid, Galería Multitud, 1975.

8 Carmen Pena et al. Sobre o período pode consultarse tamén o catálogo da exposición Centro y periferia en la modernización de la pintura española 1880-1918, palacio de Velázquez de Madrid e Museo de Bellas Artes de Bilbao, 1993-1994, Ministerio de Cultura.

Page 33: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

33

En «Sobre a arte galega», publicado no primeiro número dos Cuadernos del Laboratorio de For-mas de Galicia, e, máis recentemente, en Arte galega e deseño (Vigo, A Nosa Terra, 1994), o sempre indispensable Luís Seoane efectúa a síntese do momento:

Cando noutros países europeos, e en Cataluña, intentaban novas fórmulas e ideas artísticas, en Galicia f lorecía unha arte académica moi de acordo coa de Madrid. Gustábase da repre-sentación naturalista folclórica, a que se reproducía nas tapas de La Esfera e, nos casos máis avanzados, facíase un falso impresionismo e modernismo atenuado pola Academia de San Fernando. Sotomayor, Taibo, Corredoyra, Llorens, González del Blanco, Imeldo Corral, So-brino, etc., eran case todos eles bos pintores, tiveron unha inquedanza galega, mais ningun-ha estética, e non comprenderon, ou non quixeron comprender, os movementos que nacían e se desenvolvían nestoutros países. Eles fixeron a arte que o público consumidor quería ter […]. Había profesores de belas artes que sostiñan que Goya non sabía debuxar, e que o Greco padecía un defecto de vista. Non digamos o xuízo que lles merecían Picasso, o cubismo ou o futurismo. Descoñecían o expresionismo dos alemáns ou dos belgas, os construtivistas de Rusia ou os do grupo De Stijl de Holanda. Aínda polo ano 1920 admitían rosmando o impresionismo.

Nese ano fíxose a exposición de debuxos do álbum Nós de Castelao, no Círculo de Artesáns da Coruña. Foi a primeira afirmación da posibilidade dunha arte galega diferencial e unha aber-tura ás novas inquedanzas. Castelao exemplificou a conferencia que pronunciou con debuxos sociais, e elevaba a caricatura a unha categoría estética que xamais se aceptara en España. Fa-cendo afirmación sobre unha arte caracteristicamente galega, pronunciaron outras conferen-cias, no transcurso da exposición de Castelao, Xaime Quintanilla, Vicente Viqueira e Vicente Risco. Mais os mellores exemplos dunha arte diferenciada presentáronse arredor de dez anos despois con obras de Maside, Souto, Colmeiro, Fernández Mazas, etcétera. Denantes, tamén arredor dos vinte, desenvolvéranse exemplos de art nouveau, menos importantes que os de Ca-taluña, pero moito para Galicia e apenas estudados: Bello Piñeiro, Camilo Díaz, Bujados...

Esa emancipación respecto de Madrid, incipiente en Galicia, é a que fará exclamar a Rafael Dieste, un dos amigos e compañeiros de aventura intelectual de Carlos Maside: «Na provin-cia tamén podemos non aplaudir». É moi significativo que esas palabras consten nunha re-flexión sobre o centralismo artístico publicada o 14 de setembro de 1924 nas páxinas do Ga-licia vigués.9 De feito, Maside é o home clave á hora de poñer en hora o reloxo da arte galega. Outra vez citemos a Seoane, referíndose agora a Maside en concreto: «Foi con formas novas

9 Textos e crítica de arte, Vigo, A Nosa Terra, 1995.

Page 34: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

34

e seguindo as inquedanzas universais, e non en xeral de Galicia, como se efectuou esa irrup-ción, e como se iniciaron novos camiños para todos os da xeración que seguimos». As súas calidades, de feito, destacaron xa desde o inicio. En 1923, José Francés, o crítico de La Esfera, a revista madrileña que decidía o who s who artístico da capital escribe «A revelación foi a de Maside, debuxante que nos era coñecido pola súa colaboración na prensa periódica de Vigo, pero cuxas tres estampas revelan, ademais, un ilustrador e un colorista de positivas calidades».O labor de Maside foi responder ás incitacións do seu tempo —o cubismo, o fauvismo, o ex-presionismo— para construír unha pintura galega. Se quixésemos definilo cun mot d’ordre diriamos que Maside é a expresión dunha modernización non vangardista. É un labor que outros farán ao seu carón —Souto e Colmeiro—. Noutra xeración, o propio Seoane pode com-prenderse nese epígrafe. Se é posible atopar en Maside un certo eclecticismo, o máis decisivo na súa obra é a concepción da pintura como unha forma de indagación. Lendo as súas cartas parece como se Maside pasase a vida intentando esclarecer que clase de cousa era a pintura e intentando investigar as técnicas apropiadas ao sentido do misterio que el quería non escla-recer, senón seguir mantendo como tal.

Maside era un pintor culto, reflexivo, na busca da arte. Rafael Dieste describe ben a actitude de Maside cando puntualizaba que: «Un pintor é aquel que dubida e ve». Toda a súa vida, tamén na ditadura, cando as fontes das que podía beber se viron coutadas polos horribles límites da seca espiritual do franquismo, Maside investigará que clase de «misterio dentro do misterio» é a pintura —esas son as súas palabras, que fan eco a Kandinsky—. Maside bebeu en Otto Dix, en Grosz, en Concharova, en Matisse ou Delaunay, en Cézanne ou Gauguin, nos gravados xaponeses ou nos primitivos. Seoane cita, como influencias moi específicas, o gra-vador Masereel, a Rossing e a Demetrio Galanis. Como pintor que dubida, tivo momentos de exaltación destrutiva. É moi singular o episodio de 1932 cando, levado polas dúbidas, destrúe cadros seus dunha exposición en Vigo.

Con todo non hai que esquecer os artistas galegos do momento: Castelao, en primeiro lugar. Tampouco os ilustradores, Federico Ribas, o extraordinario publicista, autor de celebradas campañas como a de Perfumerías Gal, tan art nouveau —que impulsou a Maside na súa carrei-ra—, ou Manuel Bujados. Os escultores Francisco Asorey —«escultor que aprende do románico e que representa a renovación en Galicia desde o apego ao popular»—, segundo José Francés; Eiroa ou Bonome. Ou o impacto da fotografía de Ksado. Algúns entre eles comportan un con-torno iconográfico que intentará darlles forma a uns trazos de estilo recoñecibles como galegos. Neste punto vale a pena deterse nas reflexións que Carlos Maside deitou no seu ensaio sobre a fotografía popular:

Page 35: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

35

A composición ordénase simetricamente, rexida por unha sinxela xeometría (que se evidencia na aliñación das cabezas); e na súa mesma elemental simplicidade reside a súa forza. […]. Ver-ticalidade, frontalidade, simetría únense en perfecta coherencia e imprímenlle o seu carácter hierático.

Pero non só o escorzo: o ademán, o xesto están suprimidos; toda actitude naturalista, toda sen-sación de movemento, de instante, de tempo foron eliminados. Inmobilidade e silencio súman-se a aqueles caracteres e subliñan a súa forza. O seu vigor e coherencia descartaron toda frivoli-dade, toda anecdótica ou pueril actitude que contradiga o seu austero realismo. Unha atmosfera de rito, de misterio, emana destes retratos.

Esa Tetu exipcia, que inquietante parentesco garda coas nosas fotografías?

Non hai, na suxestión hipnótica dese mosaico de Rávena, algo máis que unha casual analoxía con esa foto?

Esa virxe románica, coincide só por azar na disposición das figuras coa mai e o fillo da nosa fotografía?

Que maxia única irmanda este expresionista retrato de Picasso con aqueles retratos?

Poderiamos ampliar estes paralelos, da arte negra a Grecia, de Van Eyck a Mantegna, de Zurba-rán a Solana.

Iso levaríanos, quizais, a irmandar aqueles egrexios artistas coa obra do noso escuro artesán.

A esas palabras podería, con toda naturalidade, facerlles eco esta apreciación de Seoane «das severas liñas trazadas hai máis de oitocentos anos polo Mestre Mateo, xurdiron as formas propias, persoais, das obras de Maside». Efectivamente, Maside bebe da súa contemporanei-dade, pero utilízaa con gran tino para interpretar a propia tradición, da que f lúen tamén valiosas fontes de inspiración e para constituírse el mesmo no iniciador dun curso de aconte-cementos que outros provocaron ao seu carón. A obra de Carlos Maside inscríbese na lóxica do modernismo, dunha concepción universalista do canon estético que, porén, se realiza nas específicas condicións dunha certa periferia. O modo en que describe Maside os trazos da fo-tografía popular ben puidese ser usado para referirse a algúns dos seus óleos máis represen-tativos, pero o mesmo Maside mostra ata que punto é posible detectar hibridacións e conti-

Page 36: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

36

nuidades entre a arte popular e a alta cultura, entre a arte dos primitivos e a contemporánea. Ese foi o seu labor: servir á vez de modelo e de polen, de laboratorio e de crisol. El falou nunha sorte de idioma móbil, indagando unha multiplicidade de fontes, dialogando cos modelos centrais sen repregarse na tradición, nin pregarse a un canon xerárquico. As súas cartas con Seoane mostran, unha e outra vez, a conduta reflexiva dun pintor que, ata a fin dos seus días, quixo apreixar o anxo íntimo, sutil, da verdade visual.

Page 37: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Mulleres de Carlos Maside. O traballo, o lecer, a vida, a

política

Encarna Otero Cepeda

Page 38: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 39: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

39

As mulleres na obra de Carlos Maside ocupan case todo o espazo da súa pintura. Mulleres no mundo do traballo, labregas, obreiras das fábricas e do mar, criadas de servir, costurei-ras, vendedoras nas feiras, nos mercados, nas tendas, mais tamén señoritas vilegas de clases acomodadas. En todas as idades, de todas as cores e con todo tipo de actividades, as súas mulleres destacan pola súa dignidade e calidade humana posta en valor a través dos tecidos coloridos que as visten.

Nesta visión do seu traballo, Carlos Maside coincide coas vangardas europeas e mundiais, coas que conecta perfectamente na temática e calidade da súa obra que cultivou todos os xéneros pictóricos: se as mulleres en Galiza, país de emigración maioritariamente masculina, ocupan todos os espazos da vida e do traballo, cómpre pintalas a elas. Quizás a súa nenez nunha tenda familiar de tecidos, a súa nai, persoa moi querida por Carlos Maside e a quen pintou en numerosas ocasións, e o seu traballo con 15 anos nos almacéns de Simeón en Vila-garcía para axudar a manutención da familia, tras a morte do seu pai, explican tamén esta calidade e querenza que o pintor vai plasmar nos seus panos, nas cores, na calidade e mesmo na textura do cadro ou do gravado, podendo, cos ollos, diferenciar batistas, percais, piqués, sedas, brocados, veludos, mantóns orientais, panos de oito puntas nun longo etcétera de luz e cor.

O mundo do pobo, as mulleres de Galiza son o cerne da inmensa obra de Carlos Maside, per-soas que o pincel do artista tenta retratar porque «siente la imperativa necesidad de insuflar a sus imágenes un hálito vital, que ha de extraer de su propio espíritu, para que ellas vivan, también en su plano espacial y su tiempo inmóvil, su propia vida, inmutable».1

O tempo vital, primeira metade do século xx, e a formación de Carlos Maside explican moi ben o porqué da súa obra. Fórmase nas vangardas de Galiza, con Manuel Antonio, cos republica-nos e galeguistas dos anos trinta (Arturo Cuadrado, Ramón Otero Pedrayo, Luís Seoane…). As bolsas de formación da Deputación de Pontevedra permítenlle viaxar e coñecer as vangardas europeas en París no ano 1926 e tamén no Madrid de 1930, onde o soño republicano triunfará nun primaveral 14 de abril de 1931. Vive os tempos das loitas feministas a prol do dereito ao voto, tanto en Europa coma no Estado español. No período de entreguerras, a incorporación da muller ao traballo asalariado na Galiza que se industrializa, sobre todo na conserva, vai ser importante. Nesta época, unha muller, Alexandra Kollontai, vai ser ministra por primeira vez na historia (na urss). Na Galiza, as mulleres sufraxistas e republicanas reclaman o dereito ao voto apoiando a Clara Campoamor, e as mulleres das Irmandades da Fala e do Partido Gale-guista, como María Miramontes, Ampara López Jeán, Elvira Bao, Pilar Castro, etc., reclaman dereitos para as mulleres e para Galiza. As mulleres libres dos grupos anarquistas na Coruña e Vigo loitan pola liberdade persoal e sexual.

1 masiDe, Carlos: En torno a la fotografía popular.

Page 40: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

40

Toda esta vida política, toda esta busca de cambio, toda esta transformación vital ilumina e fornece o contido da obra de Carlos Maside.

Os seus debuxos para a campaña do Estatuto de Galiza de 1936, tanto en carteis como en cola-boracións na prensa e, asemade, as viñetas de opinión política en boca das mulleres, manifes-tan claramente a capacidade de opinión política e de decisión que as mulleres foron quen de acadar en 1931, na constitución republicana, que lles recoñecía o dereito ao sufraxio. Ben certo é que Carlos Maside, igual que o resto dos debuxantes e políticos que animaban as mulleres a votar o Estatuto, facíano desde unha visión paternalista e dirixista reclamándolles a elas «votar como un só home o Estatuto de 1936».

A calidade dos tecidos de Gustav Klint, os cadernos da vestimenta dos ballets rusos, os debu-xos de Castelao para as máscaras e tecidos da representación de Os vellos non deben de namorar-se, as feiras e os comercios das vilas galegas (cheas de teas coloradas como a vida nesta época), as cantigas das costureiras e a ledicia da roupa no clareo do sol mollan os pinceis de Carlos Maside e explican esa beleza e esa luz que sae da súa obra.

Nin a feroz represión de 1936, da que as mulleres tamén van ser vítimas aparecendo tiradas nas gábeas, paseadas nos muros e asasinadas; nin o asasinato dos seus amigos e compañei-ros, cos que traballou na Imprenta Nós (Ánxel Casal, Camilo Díaz Valiño e un longo e inmenso etcétera); nin o exilio apagarán a calidade e a luz pictórica de Carlos Maside. Mesmo, represa-do e afastado da docencia, con traballo escaso como retratista e publicista en industrias pes-queiras en Vigo, vivindo un exilio interior dunha inmensa dureza na Compostela franquista e do nacional-catolicismo da cruzada, onde quizás a única luz estea na súa correspondencia con Luís Seoane, minguadas as súas capacidades físicas pola enfermidade que o acompa-ñou día a día desde a súa mocidade, o pintor será quen de seguir dándolles luz ás mulleres, ao seu traballo, ás súas teas, ao seu sorriso, ás súas mans ata o ano 1958, mantendo sempre, coa súa pintura, o soño e utopía do futuro dun mundo mellor onde homes e mulleres, iguais na súa diferenza, fosen capaces de traballar, de amar, de vivir nunha Galiza e nun mundo xusto e con igualdade, fundidos nunha aperta, como pintou no seu cadro de Os noivos.

Por iso, a obra pictórica de Carlos Maside debe ter un lugar escollido en Santiago de Com-postela, cidade que el tanto quixo e á que tanto lle deu a través dos seus cadros e da súa vida.

Bibliografía

• Galegos, 10-II (2010)• masiDe, Carlos: «En torno a la fotografía popular», Grial (Galaxia), núm. 2.• Murguía: Revista Galega de Historia, núms. 7 e 8 (2005).• roDríguez losaDa, María Esther: A época da Segunda República vista por Carlos Maside, San-

tiago de Compostela, Consellaría de Educación, Xunta de Galicia, 1989.

Page 41: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Catálogo

Page 42: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

42

Nena con galo (Estreliña no ceo),* 1926 Tinta chinesa sobre pergameo, 26 x 22 cm

Familia Maside

* Segundo M. ª Esther Rodríguez Losada, biógrafa do artista, esta ilustración recibe tamén o título Estreliña no ceo, ao estar inspirada no conto de Rafael Dieste «Na morte de Estreliña», publicado en Dos arquivos do trasno (1926).

Page 43: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

43

Maternidade, ca. 1931Tinta chinesa sobre pergameo, 26,5 x 17 cmFamilia Maside

Page 44: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

44

Muller sentada, 1930Óleo sobre lenzo, 90 x 70 cm

Legado Maside

Page 45: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

45

Paisaxe de Compostela, 1931Óleo sobre lenzo, 46 x 38 cmLegado Maside

Page 46: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

46

Tenda, 1933Óleo sobre lenzo, 66 x 49 cm

Legado Maside

Page 47: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

47

Rapaz a xantar, 1936Óleo sobre lenzo, 65,5 x 52,5 cmLegado Maside

Page 48: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

48

Autorretrato, 1937Pastel sobre papel, 47,5 x 31 cm

Legado Maside

Page 49: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

49

A Berenguela, 1940Óleo sobre lenzo, 100 x 70 cmFamilia Maside

Page 50: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

50

Cesto e froiteiro de cristal, 1940Óleo sobre lenzo, 61 x 50 cm

Legado Maside

Page 51: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

51

Cacharreira, 1942Óleo sobre lenzo, 40 x 52,5 cmLegado Maside

Page 52: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

52

Nena en pardos, ca. 1942Óleo sobre lenzo, 33 x 24 cm

Legado Maside

Page 53: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

53

Neno en pardos, ca. 1942Óleo sobre lenzo, 35 x 27 cmLegado Maside

Page 54: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

54

Rapaza con man no peito, ca. 1942Acuarela sobre papel, 31 x 24 cm

Legado Maside

Nena con moneca de cartón, ca. 1943Pastel sobre papel, 34 x 24 cmLegado Maside

Page 55: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

55

Nena sentada con libro aberto, ca. 1944Acuarela sobre papel, 31 x 24 cm

Legado Maside

Dúas nenas, 1942 - 1944Acuarela sobre papel, 31 x 24 cmLegado Maside

Page 56: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Bodegón con pan (pementos verdes), 1943Gouache sobre lenzo, 50 x 65 cm

Legado Maside

Page 57: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

57

Page 58: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

58

Costureira, 1945Óleo sobre lenzo, 75 x 60 cm

Legado Maside

Page 59: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

59

Flores e buguina, 1945Óleo sobre lenzo, 46 x 38 cmLegado Maside

Page 60: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Xardas, ca. 1945Gouache sobre lenzo, 37,5 x 49,5 cm

Legado Maside

Page 61: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

61

Page 62: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

62

Retrato de Xulio Maside, 1946Óleo sobre lenzo, 46 x 38 cm

Familia Maside

Page 63: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

63

Dúas paisanas, ca. 1946 - 1948Gouache sobre lenzo, 42 x 36 cmLegado Maside

Page 64: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

64

A res, ca. 1948Óleo sobre lenzo, 65 x 81 cm

Legado Maside

Page 65: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

65

Paisaxe da Estrada, 1950Óleo sobre lenzo, 46 x 61 cmFamilia Maside

Page 66: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Mercado (praza de abastos de Compostela), 1950Óleo sobre lenzo, 73 x 100 cm

Legado Maside

Page 67: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

67

Page 68: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

68

Peixeira, 1952Óleo sobre lenzo, 44 x 41 cm

Familia Maside

Page 69: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

69

Rapaza, 1952Óleo sobre lenzo, 31,5 x 22,5 cmFamilia Maside

Page 70: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

70

Porto de pescadores, 1952Óleo sobre lenzo, 60 x 50 cm

Familia Maside

Page 71: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

71

Page 72: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

Lavandeiras (de Galeras, en Compostela), 1953Óleo sobre lenzo, 50 x 65 cm

Legado Maside

Page 73: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

73

Page 74: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

74

Os noivos, 1956Óleo sobre lenzo, 69 x 59 cm

Xunta de Galicia

Page 75: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

75

Mesa de cociña, 1957Óleo sobre lenzo, 52 x 67 cmFamilia Maside

Page 76: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 77: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais

En Tanxil, na casa dos Baltar, facendo un deseño, 1933

Page 78: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 79: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais
Page 80: Maside en Compostela · As vangardas históricas da pintura en Galicia, encadradas na frutífera Época Nós (1916-1936), están intrinsecamente xunguidas a cinco persoeiros fundamentais