valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do...

16
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE AMBIENTAL, SOSTIBILIDADE E CAMBIO CLIMÁTICO San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela Parque eólico Castrove. Código do proxecto: 2021/0119 Consideracións ao documento de inicio. Don/Dona ________________________________ con DNI. Número ________________________, con domicilio a efectos de notificacións en ________________________, municipio de _______________, provincia__________________, teléfono ________________________________. EXPÓN: Á vista do expediente arriba referenciado relativo ao proxecto eólico Castrove, por medio do presente escrito realiza as seguintes ALEGACIÓNS: 1.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres. “Artigo 2 1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado. 2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”. “Artigo 6 1. Con respecto ás zonas especiais de conservación, os Estados membros fixarán as medidas de conservación necesarias que implicarán, no seu caso, adecuados plans de xestión, específicos aos lugares ou integrados noutros plans de desenvolvemento, e as apropiadas medidas regulamentarias, administrativas ou contractuais, que respondan as esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats naturais do Anexo I e das especies do Anexo II presentes nos lugares. 2. Os Estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, a deterioración dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que 1

Transcript of valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do...

Page 1: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE AMBIENTAL, SOSTIBILIDADE E CAMBIO CLIMÁTICO

San Lázaro s/n,

15781 Santiago de Compostela

Parque eólico Castrove. Código do proxecto: 2021/0119

Consideracións ao documento de inicio.

Don/Dona ________________________________ con DNI. Número ________________________, con domicilio a efectos de notificacións en ________________________, municipio de _______________, provincia__________________, teléfono ________________________________.

EXPÓN:

Á vista do expediente arriba referenciado relativo ao proxecto eólico Castrove, por medio do presente escrito realiza as seguintes ALEGACIÓNS:

1.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres.

“Artigo 2

1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.

“Artigo 6

1. Con respecto ás zonas especiais de conservación, os Estados membros fixarán as medidas de conservación necesarias que implicarán, no seu caso, adecuados plans de xestión, específicos aos lugares ou integrados noutros plans de desenvolvemento, e as apropiadas medidas regulamentarias, administrativas ou contractuais, que respondan as esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats naturais do Anexo I e das especies do Anexo II presentes nos lugares.

2. Os Estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, a deterioración dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivasen a designación das zonas, na medida en que ditas alteracións poidan ter un efecto apreciable no que respecta a os obxectivos da presente Directiva.

3. Calquera plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para a mesma, poida afectar de forma apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en cuenta os obxectivos de conservación do devandito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao

1

Page 2: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

disposto no apartado 4, as autoridades nacionais competentes só se declararán de acordo con devandito plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública”.

2.- Impactos ambientais severos.

Afección severa aos recursos hídricos. Vulneración flagrante da Directiva Marco dá Auga (DMA). AUSENCIA DUN ESTUDO HIDROLÓXICO E HIDROXEOLÓXICO QUE GARANTA A NON AFECCIÓN AOS ACUÍFEROS E A CALIDADE DAS MASAS DE AUGA TANTO SUPERFICIAIS COMO SOTERRADAS.

O río Rons pasa pola parroquías de Campañó e de Alba (Santa María), polo lugar de San Caetano, e por prados e bosques de ribeira. A partir de San Caetano pasa a formar parte do río Gándara, que desemboca nas marismas de Alba e xa co nome de Gándara desembocan na maior zona húmida do municipio de Pontevedra: as marismas de Alba, que forman parte do parque da Xunqueira de Alba.

Afección severa a algúns afluentes do río Umia como o Saiar, o Lobeira e pola dereita o río Canón e o rego Armenteira que drenan toda o cara norte do Monte Castrove. Tamen resultan afectados varios regos innominados que a promotora obvia. Cómpre por tanto, a realización dun estudo hidrolóxico serio e rigoroso e tamen un estudo hidroxeolóxico que garanta a non afección aos acuíferos e o mantemento da calidade das masas de auga.

NON SE GARANTE A INTEGRIDADE DOS ACUÍFEROS NEN A CALIDADE DAS MASAS SUSPERFICIAIS E SUBTERRÁNEAS.

Afección severa ás masas de auga soterradas, acuíferos e captacións de auga para consumo humano e as explotacións:

non avaliado pola promotora.

Afección ás zonas protexidas de auga potable (ZPAP) lineais e poligonais:

non avaliado pola promotora.

Afección severa e prexuizos significativos para humidais, charcas e brañas:

impacto non avaliado pola empresa promotora a pesar da existencia de charcas permanentes, lagoas e humidais.

Afección severa a Hábitats prioritarios e de interés comunitario:

4030. Brezais secos europeos 4020* Brezais húmedos atlánticos de zona templadas de Ericaciliaris e Erica tetralix 7110* Turbeiras altas activas 91E0*. Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus 9230. Bosques galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica.

Prexuizos significativos para o Lobo. Plan de Xestión do Lobo de Galicia. O proxecto afecta directamente a zonas de encame e puntos de encontro da especie. Falla de avaliación por parte da promotora. Hai que ter en conta que a corta de matogueira e a ocupación do terreo ten impactos significativos para a especie.Non se siguen os criterios dos expertos que indican:“• Recoméndase que na fase de planificación dun novo parque eólico (fase proxecto) consúltense as fontes dispoñibles acerca da presenza de mandas de lobos na zona. Desta maneira, tendo en conta os requirimentos da especie e o que se coñece do efecto dos parques eólicos sobre os lobos, poden minimizarse, e mesmo, evitarse impactos negativos sobre este cánido.• É conveniente que durante a planificación dun parque eólico identifíquense as principais manchas de vexetación arbustiva e evítese, na medida do posible, a súa fragmentación e destrución”.

2

Page 3: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

A totalidade das infraestruturas eólicas fragmentan os hábitats das especies producindo prexuizos significativos para unha especie de marcado carácter territorial. Os lobos son TERRITORIAIS, e os lobos que nun territorio alleo no que non estean abertos a aceptar elementos novos, serán eliminados. O 70% dos lobos que morren por causas naturais o son por esta causa. O Convenio de Berna relativo á Conservación da Vida Silvestre e o Medio Natural de Europa, foi asinado en Estrasburgo (Francia) en 1979. Este convenio incluíu ao lobo no Anexo II “Especies de fauna estritamente protexidas”, constando as prohibicións correspondentes no seu art. 6. Este Convenio debe o seu valor a tres características fundamentais: o seu carácter xeneralista, a concepción da lista 9 única de especies e a incorporación da política conservacionista na planificación económica, especialmente no relacionado coa protección dos hábitats (artigos 3 e 4). O artigo 56 da Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade establece a protección para todas as especies amparadas por tratados e convenios internacionais, como o de Berna, ratificado por España, polo que en caso de non ter dita consideración estariamos ante un incumprimento flagrante das obrigacións derivadas do Convenio de Berna, e da subseguinte Directiva Hábitats 92/43/CEE, en relación a unha especie protexida e de interese comunitario como o Lobo.

FALLA DE AVALIACIÓN DO POSIBLE ÉXODO POBOACIONAL E O DESPOBOAMENTO DO RURAL COMO CONSECUENCIA DÁ IMPLANTACIÓN MASIVA E DESORDENADA DE PARQUES EÓLICOS SOBRE O MESMO TERRITORIO.

Falla de avaliación do sector forestal e madereiro da área de afección do proxecto, como fonte de ingresos importante para as economías familiares. Ausencia de valoración do papel económico, social, cultural e ecolóxico dos montes da zona e das explotacións madereiras e forestais.

PREXUIZOS SIGNIFICATIVOS PARA AS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS, AGRÍCOLAS E FORESTAIS DA ÁREA DE AFECCIÓN DO PROXECTO. INCOMPATIBILIDADE DO PROXECTO COA LEI 7/2012, DO 28 DE XUÑO, DE MONTES DE GALICIA.

A empresa promotora recoñece a importancia das plantacións forestais do ámbito de afectación do proxecto, pero obvia o impacto socioeconómico do proxecto sobre as mesmas e sobre a economía dás familias que viven e habitan nos núcleos rurais afectados:

“Un área muy importante de la zona de estudio se encuentra dedicada a usos forestales, aunque estos aprovechamientos se iniciaron en períodos diferentes. Podemos distinguir, en el área del parque eólico, fundamentalmente repoblaciones de pino (Pinus pinaster)”.

O monte galego é un sector estratéxico na economía galega.

Ausencia de avaliación do sector forestal da comarca e a súa relevancia na economía dos municipios de afección do proxecto eólico, como complemento dos ingresos das economías familiares e subministrador de madeira para as carpinterías e aserradoiros da zona.

O proxecto fragmentará as explotacións forestais e madereiras que constitúen unha importante fonte de ingresos que complementa ás economías familiares.

Por outra banda, e tendo en conta o marcado carácter forestal destes municipios e a relevancia dos rendementos madereiros e das explotacións forestais como complemento das economías domésticas, cómpre lembrar que a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia indica na súa exposición de motivos que:

“Pero a importancia do sector forestal non reside só nas cifras macroeconómicas, claros expoñentes da súa importancia, senón que, como xa indicamos, desempeña unha función básica na fixación da poboación no rural. En comarcas como as de Lugo, A Fonsagrada, A Terra Chá, Bergantiños, Fisterra, A Limia ou Verín, a forestal figura entre as tres primeiras actividades industriais por emprego xerado, pois o 70 % destas

3

Page 4: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

empresas aséntase en poboacións de menos de 5.000 habitantes. En consecuencia, un dos obxectivos prioritarios desta nova norma é colaborar e impulsar a organización do territorio galego, equilibrando os usos do solo, permitindo un adecuado aproveitamento dos recursos e, ao mesmo tempo, colaborando no mantemento das explotacións agrarias existentes, axilizando a súa posibilidade de crecemento e consolidación como factor básico que minimice, na medida do posible, o abandono do rural e consiga frear o envellecemento demográfico e o despoboamento, posibilitando a fixación da poboación. Esta lei xorde nun momento en que o abandono agrario segue a tendencia ao incremento da superficie forestal. Neste contexto, e co obxectivo de consolidar e mellorar as superficies forestais, é importante acadar o equilibrio de usos, eliminando en gran parte o risco de desaparición e, con iso, a imposibilidade de realizar un adecuado aproveitamento racional e multifuncional”

“No ámbito forestal, Galicia ocupa, no conxunto do territorio nacional, un lugar esencial. É, sen lugar a dúbidas, a maior potencia forestal de España e unha das más importantes de Europa. A súa superficie forestal arborada representa o 48 % da totalidade da Comunidade Autónoma, superando as 1.400.000 hectáreas e cunha alta produción de madeira, próxima ao 45 % da produción nacional. Esta é a razón pola cal o incremento da masa arborada en cantidade e calidade constitúe un obxectivo básico, non só do sector forestal en particular, senón da sociedade galega do século XXI no seu conxunto, garantindo o aproveitamento continuado dos recursos forestais, especificamente da madeira, que segue a ser, nestes momentos, o segundo produto deficitario na Unión Europea –tras o enerxético–, o que pode supoñer unha vía de ordenación territorial que posibilite un freo ao abandono sistemático das explotacións do rural de Galicia e permita, a través do desenvolvemento de explotacións e industrias forestais, a fixación da poboación, co cal se evitaría o despoboamento e a crise demográfica que atenazan o mundo rural galego.

Para aquilatar a importancia actual do sector forestal na economía galega, non sempre adecuadamente ponderada, é necesario indicar que a contratación de servizos externos que realizan os propietarios e os xestores forestais dá emprego estable en Galicia, directo e indirecto, a un colectivo superior ás 15.000 persoas, formado por cuadrillas propias no monte, persoal técnico e administrativo das asociacións profesionais, viveiristas, consultoras de enxeñaría, empresas de traballos silvícolas, empresas de aproveitamentos forestais e transportistas especializados. A facturación dos propietarios forestais galegos supera os 300 millóns de euros anuais entre produtos madeireiros e non madeireiros.

Pola súa parte, a facturación conxunta da industria de transformación da madeira supera na nosa Comunidade Autónoma os 1.600 millóns de euros anuais, proporciona emprego directo a máis de 22.700 traballadores e constitúe o sector industrial que maior emprego xera na comunidade, cun 12 % da poboación laboral activa. A industria de primeira transformación produce o 60 % da produción nacional de taboleiros, o 40 % da madeira de serradoiro e o 20 % da pasta de papel, o que totaliza o 3,5 % do PIB da Comunidade Autónoma.

O monte, ademais da importancia económica e social referenciada en Galicia, ten unha función medioambiental que se recoñece e acrecenta progresivamente. A relación da sociedade galega co monte evolucionou considerablemente desde o último terzo do século pasado, xerando unha nova configuración baseada na esixencia do desenvolvemento sustentable e do aproveitamento racional dos recursos forestais. Así, os bosques aparecen como un elemento básico da estratexia ambiental como reservorios e depósitos de fixación de carbono, que chegan a fixar hoxe máis de 42 millóns de toneladas, o que os converte en piares fundamentais para o cumprimento dos compromisos adquiridos no protocolo de Quioto.

O monte é, ademais, un espazo que determina a paisaxe e a identidade da nosa comunidade, ao tempo que ten un compoñente social de recreo, de lugar de encontro, lúdico e de gozo dos cidadáns. A lei trata de

4

Page 5: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

compatibilizar a funcionalidade medioambiental, social e estética do monte, cuxos beneficios intanxibles son aproveitados por toda a sociedade, e uns lexítimos beneficios directos que corresponden aos seus titulares. De aí que a lei persiga, como un dos seus obxectivos fundamentais, adaptar a realidade forestal galega ás esixencias, cada vez maiores, dunha sociedade, madura e moderna, como a de Galicia, que debe cohonestarse cos dereitos á percepción de rendas, froitos e utilidades dos propietarios forestais e dos silvicultores”.

As plantacións forestais forman parte da economía dás familias dos núcleos rurais afectados pola estación eólica

A presencia de gando no monte e as explotacións agro –gandeiras contribúen ás economías dás familias que residen nos núcleos afectados pola estación eólica

5

Page 6: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

Brezáis húmidos atlánticos, hábitat prioritario presente na área afectada polo proxecto

Prexuizos significativos e irreversibles para a Paisaxe. Incremento do Feísmo paisaxístico e afección severa ao turismo. Vulneración do Convenio europeo da Paisaxe.

* Mirador Monte Castrove: Trátase da máxima altura da península do Salnés, en Meis, cos seus modestos 609 metros, proba da suavidade do relevo, final do escalonamiento que en Galicia descende desde as súas lonxitudes Este.

Nun día claro son moi bonitas as vistas sobre a ría de Arousa, a península do Salnés e as ladeiras do suroeste, onde se atopa (monte Escusa) o campo de Golf de Meis, e máis abaixo o mosteiro bernardo da Armenteira.

No alto do Castrove hai asadores, bancos, mesas e unha área recreativa de gran beleza.

Monte Castrove: Compre salientar as increíbles vistas sobre a ría de Arousa. Nos días moi claros pode verse dende Finisterre ata as illas Cies.

Prexuizos irreparables para o turismo. Impacto incompatible co desarrollo turístico:

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/castrove/

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/armenteira/

https://vinosalbarino.com/turismoyrural/golf.html

https://www.youtube.com/watch?v=KXCwGepGWl4

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/a-escusa-monte-castrove-27771771

6

Page 7: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

Prexuizos significativos para os núcleos de poboación afectados e afección severa ao benestar dás familias que viven, traballan e residen neles:

Non avaliado pola mercantil promotora.

Afección á Rede Natura 2000. Ausencia dun estudo das repercusións sobre a RN.

ENIL XUNQUEIRA DE ALBA ao sueste da instalación, a ZEC e ZEPVN RÍO LÉREZ, ao sueste da a instalación e o ZEC, ZEPVN E ZEPA COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O Grove A LANZADA, PUNTA CARREIRÓN E LAGOA BODEIRA ao oeste da instalación.

Prexuizos significativos e irreparables para Hábitats prioritarios e de interés comunitario:

4030. Brezais secos europeos

4020* Brezais húmedos atlánticos de zona templadas de

Ericaciliaris e Erica tetralix

7110* Turbeiras altas activas

91E0*. Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus

9230. Bosques galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pirenaica

Afección severa e incompatible coa avifauna:

• Pernis apivorus

• Circus pygargus

• Circus cyaneus

• Circaetus gallicus

• Falco peregrinus

• Lullula arborea

• Caprimulgus europaeus

• Alcedo athis

• Lanius collurio

• Sylvia undata

Inclúense no Decreto 88/2007, do Catálogo Galego de especies ameazadas, modificado polo Decreto 167/2011, como especies “Vulnerables” ANEXO II, as seguintes:

• Alosa alosa

• Chioglossa lusitanica

• Ra iberica

7

Page 8: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

• Myotis myotis

• Rhinolophus hipposideros

• Rhinolophus ferrumequinum

• Circus pygargus

• Circus cyaneus

Impacto severo sobre o patrimonio cultural. Descontextualización do patrimonio.

Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección afectadas polo ámbito das obras proxectadas serían a ermida e Castelo de Monte Castrove (viario de acceso a aeroxerador CAS01) e o vial de acceso ao parque que estaría dentro do ámbito da mámoa de Monte Escusa.

http://patrimoniogalego.net/index.php/19794/2012/05/ermida-e-castelo-do-monte-castrove/

Campañó é unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petróglifos e cerámicas. Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó. Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI. A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.

Prexuizos significativos e incompatibles coa promoción e catalogación do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade:

O camiño de Santiago, "Camiño Portugués", máis próximo sitúase a máis de 3,5 km ao leste das infraestruturas proxectadas do Parque Eólico Castrove.

Vulnerabilidade e risco de incendios:

A área afectada polo proxecto sufriu incendios no pasado, feito non avaliado pola mercantil promotora, polo que a recalificación urbanística que pretende a promotora non é posible.

Falla de avaliación da relevancia do sector forestal segundo a Lei 7/2012, de 28 de xuño

O monte e as plantacións constitúen o medio de vida de moitas das familias que viven e residen nos núcleos de poboación afectados

Patrimonio cultural inmaterial: sen avaliar

FRAGMENTACIÓN DE HÁBITATS E PERDA DE BIODIVERSIDADE. AUSENCIA DE AVALIACIÓN DOS IMPACTOS ACUMULADOS CON OUTRAS INFRAESTRUTURAS DA ENTORNA.

Sen avaliar pola mercantil promotora.

3.- Vulneración normativa:

**Artigo 59 da Lei 7/2012, de 12 de xuño. Cambio de uso forestal 1. O cambio de uso forestal dun monte, cando non veña motivado por razóns de interese xeral, e sen prexuízo do disposto no artigo 28.2 desta lei e da normativa ambiental aplicable, terá carácter excepcional e requirirá informe favorable do órgano forestal e, de ser o caso, do titular do monte. 2. A Administración forestal competente poderá regular un procedemento máis simplificado para a

8

Page 9: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

29 autorización do cambio de uso naquelas plantacións forestais temporais para as cales se solicite unha reversión a usos anteriores non forestais. 3. En terreos afectados por incendios forestais, non se poderá producir un cambio de uso en trinta anos. Con carácter singular, poderanse acordar excepcións sempre que, con anterioridade ao incendio forestal, o cambio de uso estiver previsto: a) Nun instrumento do planeamento previamente aprobado. b) Nun instrumento do planeamento pendente de aprobación se xa foi obxecto de avaliación ambiental favorable ou, de non ser esta esixible, se xa foi sometido ao trámite de información pública. c) Nunha directriz de política agroforestal que recolla o uso de pastos ou agrícola extensivo en montes incultos ou en estado de abandono que non estean arborados con especies autóctonas.

A normativa vixente impide a recalificación urbanística dos terreos incendiados como é o presente caso.

**DECRETO 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia . 4.2.4.3. Parques eólicos. DX.20. Os proxectos mediante os cales se materialicen os parques eólicos atenderán ás seguintes directrices: As liñas de evacuación cara á rede de transporte planificaranse de forma conxunta co parque eólico, procurando buscar os mellores trazados, de acordo cos criterios sobre liñas eléctricas. Dentro das AEIP delimitadas no Catálogo das paisaxes de Galicia, estudarase a viabilidade de soterrar as liñas de evacuación.

**Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres. “Artigo 2 1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado. 2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”

4.- Prexuizos significativos para os chans e o medio ambiente:

O chan é un recurso natural non renovable e finito cuxo proceso de formación tómase centos de anos. Son unha parte fundamental no equilibrio dos ecosistemas: funciona como filtro e amortiguador ao reter substancias, protexe as augas subterráneas e superficiais contra a penetración de axentes nocivos e transforma compostos orgánicos descompoñéndoos ou modificando a súa estrutura conseguindo a mineralización.

A implantación dos eólios proxectados do parque eólico Castrove alteraría os ciclos bioxeoquímicos dos chans. A degradación que sofren os chans supón unha ameaza á capacidade deste recurso para satisfacer as necesidades das futuras xeracións.

A materia orgánica do chan ou humus é fundamental para manter a estrutura do chan, reter a auga necesaria, actuar como reserva nutritiva e imprescindible para manter a produtividade dá terra. Certos usos do chan, como as cimentacións eólicas, diminuen de forma drástica o contido de materia orgánica do chan. As remocións de toneladas de terra que esixe a implantación do parque eólico proxectado non é cuestión baladí e eses chans non se van a recuperar polo que nun futuro, no caso de implantarse, teremos unha gran área de chan desertificada e erosionada de terro infértil.

Coa implantación das cimentacións dos parques, as excavacións e remocións de toneladas de terras durante a súa instalación, elimínase a materia orgánica dos chans e pérdese a produtividade destes. Non só se produce un cambio de usos (agrícolas de cultivo, de pasteiros ou forestais). Tamén se produce unha transformación urbanística non amparada legalmente, ao quedar os chans erosionados e perder de forma irreversible a súa produtividade orixinaria.

9

Page 10: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

A Lei do chan de Galicia aposta na súa exposición de motivos pola protección territorial e, en particular, pola defensa e respecto do chan rústico, xa sexa pola afección ao dominio público ou pola presenza de valores merecedores de especial salvagarda. Así o indica literalmente:

“A Lei do chan aposta pola protección territorial e, en particular, pola defensa e respecto do chan rústico, xa sexa pola afección ao dominio público ou pola presenza de valores merecedores de especial salvagarda”.

O artigo 31 dá citada lei referido a “Concepto e categorías” establece:

“1. Terán a condición de chan rústico:

a) Os terreos sometidos a algún réxime de especial protección, de conformidade coa lexislación sectorial de protección do dominio público marítimo-terrestre, hidráulico ou de infraestruturas, ou coa lexislación sectorial de protección dos valores agrícolas, gandeiros, forestais, paisaxísticos, ambientais, naturais ou culturais”.

Así o artigo 34 dá Lei 2/2006 do chan de Galicia indica respecto ao “Chan rústico de especial protección” que:

“4. Cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico, aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria”, pero entendendo en base ao indicado na exposición de motivos da lei, que no caso de non poder complementarse prevalecerá aquel que máis protexa o chan rústico e en ningún caso, aquel que poida alterar de forma irreversible a funcionalidade deste como é o caso dás infraestruturas eólicas proxectadas.

De feito, o artigo 35.2 indica que: “Os restantes usos en chan rústico son usos prohibidos”, sobre todo aqueles que alteren de forma irreversible a súa funcionalidade, como é o caso das remocións de terra descritas no proxecto eólico Castrove.

Conclusión:

O proxecto eólico Castrove proxectado é incompatible cos usos e a fertilidade actual dos chans. As cimentacións do parque xunto coa remoción de toneladas de terra previstas para a súa implantación, altera de forma irreversible a cuberta vexetal e os recursos hídricos, producindo erosión da cuberta vexetal e a medio e longo prazo desertificación da área afectada, xa que a perda dá cuberta vexetal e dos humidais converte aos chans nun recurso natural non renovable e finito perdendo a súa funcionalidade e aptitude agrícola, gandeira e forestal actual de xeito irreversible.

Afección moi severa sobre a avifauna incompatible co parque eólico:"O impulso da enerxía eólica debe planificarse evitando toda posíbel interferencia para a ampliación da Rede Natura, salvando o impacto visual dos parques eólicos nas proximidades do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), sen que poidan situarse os parques eólicos e logo pretender ampliar a Rede Natura cando as especies aprotexer non entenden de planeamentos ou fronteiras, polo que as zonas ecoloxicamente relevantes deben obter unha protección íntegra, sen que poda haber espazos protexidos rodeados de muíños". SENTENCIA: 00311/2020, de 11 de decembro de 2020 do TSXG (PROCEDIMIENTO ORDINARIO nº 0007342 /2019).

5.- A prevalencia da protección ambiental da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

“Artigo 2. Principios.

Son principios que inspiran esta lei:

a) O mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, apoiando os servizos dos ecosistemas para o benestar humano.

10

Page 11: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

b) A conservación e restauración da biodiversidade e da geodiversidad mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. As medidas que se adopten para ese fin terán en conta as esixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais.

c) A utilización ordenada dos recursos para garantir o aproveitamento sostible do patrimonio natural, en particular, das especies e dos ecosistemas, a súa conservación, restauración e mellora e evitar a perda neta de biodiversidade.

d) A conservación e preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais, da diversidade xeolóxica e da paisaxe (…).

f) A prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e os supostos básicos da devandita prevalencia.

g) A precaución nas intervencións que poidan afectar a espazos naturais ou especies silvestres”.

En virtude do anterior,

SOLICITA:

1.-O rexeitamento do proxecto eólico Castrove e a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais e paisaxísticos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licencia social.

2.-SIRVAN AS PRESENTES ALEGACIONS COMO NOTIFICACION PREVIA DESTE ASUNTO, QUE VAI A SER OPORTUNAMENTE RATIFICADA PARA O CASO DE PROGRESO DA SOLICITUDE RELATIVA AO PARQUE EÓLICO CASTROVE (CÓDIGO 2021/0113) E PROGRESO DA MESMA, DEBENDO OS PROMOTORES ENFRENTARSE AOS PROCEDEMENTOS XUDICIAIS QUE SE INICIEN (CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVOS E PENAIS), ASI COMO, ÁS INDEMNIZACIONS QUE PROCEDAN, CON RESPONSABILIDADE SUBSIDIARIA DE QUEN AUTORIZA SEN TER EN CONTA OS DEFECTOS DOS QUE SE LLE PON EN COÑECEMENTO.

3.- Téñase en conta que esta parte non puido acceder ao Inventario de Humidais de Galicia por estar en tramitación e inconcluso e que unha parte importante dos parques eólicos en tramitación prevese a súa instalación sobre espazos húmidos como este caso. Téñase en conta que ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e acumuladores de carbono.

4.- Téñase en conta que o Plan Sectorial Eólico de Galicia é un regulamento que non está adaptado a actual normativa de avaliación de impacto ambiental e que está desfasado, caduco e obsoleto, que carece de avaliación ambiental estratéxica e cuxo texto non chegou a ser publicado no Diario Oficial de Galicia.

5.- Teñan en conta que en consoancia co anterior estase a vulnerar unha manchea de normativa que xera indefensión para a cidadanía como:

Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso do público á información ambiental e o Convenio de Aarhus de 1998 sobre o acceso á información, a participación do público e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que garanten o acceso público a información ambiental que obre en poder das autoridades públicas ou doutras entidades no seu nome, tanto cando se lles solicite como mediante divulgación activa.

Decisión 2005/370/CE do Consello, do 17 de febreiro de 2005 sobre a celebración, en nome da Comunidade Europea, do Convenio sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 124 de 17.5.2005, pp. 1-3)

11

Page 12: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 27. · Os elementos do patrimonio etnográfico na contorna arquitectónica dentro da área de 200 m de prospección

Regulamento (CE) nº. 1367/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de setembro de 2006, relativo á aplicación, ás institucións e aos organismos comunitarios, das disposicións do Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 264 de 25.9.2006, pp. 13-19)

Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.

6.- Que por parte do Consello da Cultura Galega, máximo órgano asesor da Xunta de Galicia en materia de cultura, se informe sobre da compatibilidade do proxecto da estación eólica Castrove cos valores culturais, paisaxísticos e ambientais da área de afección do parque eólico, isto é, a superficie que abrangue a súa poligonal.

7.- Que por parte da Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e á luz da exposición de motivos e o artigo 5 da Lei 7/2012, de 28 de xuño se informe sobre a prevalencia do uso forestal sobre o uso eólico e a incompatibilidade deste, dentro da superficie afectada pola poligonal do parque eólico Castrove, en tanto en canto como ben di a exposición de motivos da referida lei, o monte galego é unha fonte de riqueza que xera emprego estable, descarboniza a economía, cumpre co protocolo de Kioto e realiza unha contribución importante ao PIB galego.

10.- Publique a relación de axudas públicas e contías solicitadas, pendentes de recibir e recibidas pola empresa promotora deste parque eólico para o desarrollo deste parque eólico.

11.- Que por parte do ICOMOS se informe sobre o grao de compatibilidade deste parque co Camiño de Santiago de Compostela, declarado pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.

Castrove, 27 de xullo de 2021

Asdo.- ________________________

12